scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 7-06-2016, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno da Facultade de Veterinaria

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

1 FACULTADE DE VETERINARIA Regulamento de réxime interno Facultade de Veterinaria Aprobado pola Xunta de Facultade: 17 de decembro de 2015 Ratificado polo Consello de Goberno: 7 de Xuño de 2016 2 Artigo 1. Obxecto Artigo 2. Disposición xeral CAPÍTULO I: DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 3. Disposición xeral Artigo 4. Competencias Artigo 5. Composición Artigo 6. Outras situacións Artigo 7. Convocatorias Artigo 8. Orde do día Artigo 9. Constitución das sesións Artigo 10. Adopción de decisións Artigo 11. Desenvolvemento dos debates e sistema de votación Artigo 12. Actas Artigo 13. Certificación de acordos CAPÍTULO II: DA COMISIÓN PERMANENTE E DOUTRAS COMISIÓNS DELEGADAS DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 14. Comisións delegadas. Normas xerais Artigo 15. Composición da Comisión Permanente Artigo 16. Funcionamento e competencias da Comisión Permanente Artigo 17. Comisións de títulos Artigo 18. Comisión de Calidade Artigo 19. Comisión de Asuntos Económicos, Equipamentos e Servizos Artigo 20. Comisión de Traballo Fin de Grao Artigo 21. Comisión de Normalización Lingüística Artigo 22. Comisión de Actividades Culturais Artigo 23. Comisión de Xénero Artigo 24. Comisión de Biblioteca CAPÍTULO III. ÓRGANOS UNIPERSOAIS Artigo 25. O equipo decanal Artigo 26. O/a decano/a Artigo 27. Os/as vicedecanos/as Artigo 28. O/a secretario/a Artigo 29. Elección do/da decano/a Artigo 30. A revogación do/da decano/a Artigo 31. A reforma do Regulamento Disposición adicional, Derrogación normativa e Disposición final 3 O Regulamento de réxime interno da Facultade de Veterinaria, segundo o disposto no Artigo 96 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, é a norma na que se establecen as disposicións destinadas a regular o seu funcionamento. Para todas aquelas cuestións que non estean previstas neste Regulamento, actuarase conforme aos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, ás demais normas legais e regulamentarias sobre ensino universitario, e ao previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común. 4 Artigo 1. Obxecto A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela é un centro universitario encargado do deseño, planificación da docencia, organización e xestión dos estudos conducentes á obtención de títulos académicos oficiais de grao e máster no ámbito da veterinaria. Tamén poderá impartir ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos. A Facultade potenciará e garantirá, no marco das súas competencias, o uso pleno da lingua galega en todos os ámbitos. Artigo 2. Disposición xeral Os órganos de goberno e administración da Facultade de Veterinaria son: a) A Xunta de Facultade. b) O/a decano/a. c) Os/as vicedecanos/as. d) O/a secretario/a. CAPÍTULO I: DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 3. Disposición xeral A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno da Facultade de Veterinaria, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Artigo 4. Competencias Son competencias da Xunta de Facultade as que a seguir se indican: a) A elección do/da decano/a e, de ser o caso, a súa revogación mediante unha moción de censura construtiva. b) A elaboración e aprobación do seu Regulamento de réxime interno e das súas reformas. c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas no centro, así coma a participación na elaboración daquelas outras compartidas por varios centros. e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións oficiais, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e de organización das ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos. f) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación, a supervisión e o control da actividade docente do profesorado con docencia no centro, das prácticas tuteladas e das prácticas externas contempladas nos plans de estudos e a participación nos procedementos de avaliación da calidade docente. g) A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso, que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula. h) A programación dos espazos, servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. i) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación. j) A organización de actividades de formación permanente e de extensión. 5 k) A creación de cantas comisións delegadas estime oportunas e a designación da súa composición, funcións e competencias. l) A promoción de programas de intercambio e de medidas para a realización de prácticas externas. m) A manifestación da súa opinión acerca de calquera asunto relacionado coa Facultade ou coas súas actividades. n) Calquera outra competencia que lle atribúan os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela ou lle encomende un órgano competente ou a lexislación vixente. Artigo 5. Composición 1. A Xunta de Facultade estará composta por: a) O/a decano/a, que a convocará e presidirá. b) Os/as vicedecanos/as. c) O/a secretario/a, que o será tamén da Xunta. d) O/a responsable da Unidade de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos. e) O/a director/a da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. f) O seguinte persoal docente e investigador e persoal investigador en formación con docencia no centro e censado nel, así como o non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior ao 35% da capacidade docente do profesorado a tempo completo: -Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que representará o 51%. -O resto, sempre que non exceda do 10% do total da Xunta. A representación do subsector formado por persoal a tempo parcial será do 5% do total da Xunta. No caso de non haber candidatos suficientes no subsector de persoal a tempo parcial, os postos vacantes pasarán a sumarse á representación do persoal a tempo completo. g) Unha representación do estudantado do 32%. O estudantado de grao suporá o 25% e o estudantado de máster o 7%. No caso de non haber candidatos suficientes no subsector de estudantado de máster, os postos vacantes pasarán a sumarse á representación do subsector de estudantado de grao. h) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous. 2. Todos os representantes elixidos serano por dous anos, agás a representación do estudantado, que o será por un ano. As eleccións de representantes da Xunta de Facultade son convocadas e supervisadas pola Comisión Electoral Central da USC que determinará o número de representantes que cabe elixir de cada sector e subsector. 3. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación coa Facultade ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector ou subsector polo que foi elixido. Os postos de representación vacantes serán cubertos, ata celebrar novas eleccións, polos/as candidatos/as non elixidos do sector ou subsector correspondente que tiveran maior número de votos nas anteriores eleccións, e sempre que cumpran os requisitos demandados ao sector ou subsector polo que foron candidatos. Artigo 6. Outras situacións 1. Tamén poderá ser convocado para a Xunta de Facultade con voz e sen voto, todo o persoal docente e investigador que imparta docencia no centro e non sexa membro dela, sempre que o solicite por escrito ao/á decano/a da Facultade. 2. Cando a natureza dalgún punto ou puntos da orde do día o aconselle, o/a decano/a poderá convidar, con voz e sen voto, a persoas que non pertenzan á Xunta de Facultade, 6 por iniciativa propia ou dun mínimo do 15% dos membros da Xunta. Neste caso, as persoas convidadas só estarán presentes na exposición e debate do punto ou puntos para os que foron convidadas. Artigo 7. Convocatorias 1. A Xunta de Facultade reunirase con carácter ordinario polo menos tres veces durante o curso académico, en período lectivo. 2. A Xunta de Facultade reunirase con carácter extraordinario a iniciativa do/a decano/a ou a pedimento, por escrito, dun mínimo do 25% dos membros da Xunta. Neste caso, a solicitude deberá incluír o asunto que se quere tratar, que deberá ser o suficientemente explícito e concreto para que se coñeza o seu contido. A convocatoria terase que realizar o antes posible e, en calquera caso, dentro dos 10 días hábiles seguintes á presentación da solicitude no Rexistro da Facultade. 3. As convocatorias das reunións da Xunta de Facultade serán enviadas polo/a Secretario/a a tódolos membros da Xunta de Facultade, por orde do/a decano/a ou de quen legalmente o substitúa. Na convocatoria deberá constar a orde do día, data, hora da primeira e da segunda convocatoria e lugar da reunión. 4. A convocatoria dunha sesión enviarase por correo electrónico aos enderezos institucionais dos seus membros; polo menos con 72 horas de antelación correspondentes a días hábiles, agás no caso dunha xunta extraordinaria, que o será cun mínimo de 48 horas de antelación. As convocatorias das sesións tamén se farán públicas na páxina web da Facultade e no taboleiro de anuncios. 5. A documentación ou información relacionada directamente cos asuntos da convocatoria que impliquen toma de decisións, deberán estar a disposición dos membros da Xunta no mesmo prazo que a convocatoria desta. 6. A asistencia ás sesións da Xunta de Facultade constitúe un dereito e un deber para todos os seus membros e débense prever as medidas que favorezan esta asistencia. Artigo 8. Orde do día 1. A orde do día será elaborada polo equipo decanal. No caso das sesión ordinarias, nela figurarán necesariamente un primeiro punto de aprobación das actas das sesións anteriores e un último punto de rogos e preguntas. 2. Os membros da Xunta poderán solicitar a inclusión de puntos na orde do día da Xunta de Facultade ordinaria mediante solicitude ao/a decano/a asinada por un mínimo do 10% dos membros da Xunta. Artigo 9. Constitución das sesións 1. A Xunta de Facultade constituirase validamente en primeira convocatoria coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, e en segunda convocatoria coa presenza de máis do 25% dos seus membros. En ambos os casos requirirase a presenza do/a decano/a e o/a secretario/a ou, de ser o caso, de quen os substitúa. De non acadarse o quórum na segunda convocatoria procederase a unha nova convocatoria da Xunta de Facultade nos vindeiros tres días hábiles. 2. As sesións da Xunta de Facultade poderán desenvolverse nunha ou máis reunións. Enténdese por sesión o período de tempo preciso para esgotar a orde do día, e por reunión o período de mañá ou de tarde en que teña lugar parte da sesión. Cada reunión non poderá durar máis de 4 horas agás que acordasen o contrario máis da metade dos membros da Xunta presentes ao finalizar ese período. Caso de ser precisa máis dunha reunión, a seguinte deberá celebrarse no mesmo día. 7 Artigo 10. Adopción de decisións 1. As decisións da Xunta de Facultade tomarán a forma de acordos, que se poderán tomar por asentimento ou por votación favorable da maioría simple dos membros presentes. 2. Exceptúanse das maiorías indicadas no apartado anterior aqueles acordos para os que explicitamente se especifiquen outras normas que sexan de aplicación. 3. Non poderá ser obxecto de acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes todos os membros e así o acorden por voto favorable da maioría. Artigo 11. Desenvolvemento dos debates e sistema de votación 1. O/a decano/a ou quen o substitúa dirixirá e ordenará o desenvolvemento dos debates, establecendo quendas de palabra e será a persoa encargada de realizar a primeira e última intervención respecto de cada un dos puntos da orde do día. Se o considera oportuno, fixará un tempo de debate para cada punto e, en función das peticións de palabra, determinará a duración de cada intervención. 2. Os membros da Xunta de Facultade teñen dereito ao uso da palabra en relación con calquera dos puntos da orde do día. Só poden ser interrompidos polo/a decano/a, para ser chamados á orde, para indicarlles que se cingan ao tema ou cando remate o tempo establecido para a súa intervención. 3. Unha vez debatido un punto da orde do día terá lugar, se procede, a votación, na que só os presentes poderán participar. En caso de dúbida, deberáselle entregar ao/á secretario/a o texto literal das propostas e este procederá á súa lectura antes de sometelas a votación. De haber máis de dúas propostas, efectuarase unha primeira votación conxunta de todas elas e, posteriormente, levarase a cabo unha segunda votación entre as dúas máis votadas, aprobándose a que acade maioría simple dos presentes. En caso de empate, despois dunha quenda de intervencións limitada a un dos promotores de cada proposta, procederase a unha nova votación. En caso de persistir o empate, decidirá o voto de calidade do/a decano/a. 4. Para axilizar o procedemento, as votacións poderán ser públicas e a man alzada, pero serán secretas cando así o solicite un mínimo de tres membros da Xunta. En calquera caso, serán obrigatoriamente secretas cando se refiran a persoas concretas. 5. A non ser que estea regulado por normativa de rango superior, non se admitirá o voto anticipado nin o voto delegado. Artigo 12. Actas 1. A Secretaría da Xunta de Facultade será desempeñada polo/a secretario/a da Facultade que redactará acta de cada sesión. 2. En cada acta especificaranse: a) Os membros da Xunta de Facultade que asistiron á reunión e as ausencias comunicadas. b) A orde do día da sesión e as circunstancias de lugar e tempo en que se celebrou. c) Un resumo dos debates que inclúa os puntos principais das deliberacións. d) O contido íntegro dos acordos, especificando, no caso de realizárense votacións, o número de votos favorables a cada unha das propostas. 3. Na acta figurará, logo da solicitude dos respectivos membros da Xunta, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifican, ou o sentido do voto favorable. Neste caso, poderán formular por escrito o seu voto particular, no prazo de 48 horas, que se incorporará ao texto aprobado. 8 4. Así mesmo, calquera membro da Xunta terá dereito á transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, para o que será imprescindible que se lle entregue por escrito ao/á secretario/a antes das 48 horas seguintes ao remate da sesión. 5. Os borradores das actas serán enviados coa documentación da seguinte sesión ordinaria da Xunta de Facultade. Nesa sesión da Xunta aprobaranse as actas coas modificacións propostas polos seus membros e aprobadas por esta. 6. As actas, unha vez aprobadas, serán asinadas polo/a secretario/a, ou quen o/a substitúa, co visto e prace do/a decano/a, ou quen o/a substitúa. Esas actas arquivaranse e quedarán baixo a custodia do/a secretario/a da Facultade e poderán ser consultadas por calquera membro da Xunta de Facultade. Artigo 13. Certificación de acordos O/a secretario/a, co visto e prace do/a decano/a, expediralle certificación dos acordos a calquera membro da Facultade que o solicite por escrito. Con anterioridade á aprobación da acta tamén poderán emitirse certificacións sobre os acordos que se adoptaron, facéndose constar neste caso tal circunstancia. CAPÍTULO II. DA COMISIÓN PERMANENTE E DOUTRAS COMISIÓNS DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 14. Comisións delegadas. Normas xerais 1. A Xunta de Facultade poderá crear comisións delegadas que teñen como misión emitir informes, coordinar, estudar e elaborar propostas sobre os asuntos que este regulamento ou os órganos competentes de goberno da Facultade lles encomenden. 2. As comisións delegadas poderán ter carácter estable ou temporal. 3. O decano informará das actuacións da Comisión Permanente á Xunta de Facultade e das actuacións das restantes comisións delegadas á Xunta de Facultade ou á Comisión Permanente. 4. As comisións delegadas estables serán: - Comisión Permanente - Comisións de Títulos - Comisión de Calidade - Comisión de Asuntos Económicos, Equipamentos e Servizos - Comisión de Traballo Fin de Grao - Comisión de Normalización Lingüística - Comisión de Actividades Culturais - Comisión de Xénero - Comisión de Biblioteca 5. Ademais destas comisións, a Xunta de Facultade poderá crear outras de carácter temporal para tratar asuntos concretos. 6. Os membros das comisións delegadas, a non ser que estea especificado nos seus propios regulamentos, teñen que ser membros da Xunta de Facultade. 7. Estas comisións, por decisión de quen as presida ou por suxestión de tres ou máis membros (cinco no caso da Comisión Permanente), poden invitar a outras persoas a participaren nelas, con voz e sen voto. 8. Os membros electos das comisións delegadas serán elixidos polos membros do mesmo sector ou subsector que formen parte da Xunta de Facultade. A elección deses membros terá lugar lugar nunha reunión da Xunta de Facultade, seguindo o proceso establecido no Regulamento Electoral Xeral da USC.