scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución III/2021 da xerencia de 16 de febreiro de 2021 pola que se dispoñen medidas para a aplicación da Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específivas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVIS-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Universidade de Santiago de Compostela. Xerencia

Full text

Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 1/2 INSTRUCIÓN III/ 2021 DA XERENCIA DE 16 DE FEBREIRO DE 2021 POLA QUE SE DISPOÑEN MEDIDAS PARA A APLICACIÓN DA ORDE DO 15 DE FEBREIRO DE 2021 POLA QUE SE DISPÓN A PRÓRROGA E A MODIFICACIÓN DAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS PREVISTAS NA ORDE DO 26 DE XANEIRO DE 2021, COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DO COVID-19 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. O Decreto 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV2 argumenta na súa exposición de motivos que “[...], na situación actual, na cal existe unha taxa de incidencia que se considera de alto risco de infección, resulta aínda imprescindible manter as medidas, tendentes en definitiva a limitar a interacción social e, polo tanto limitar os niveis de transmisión, con vistas a que se dean as condicións para unha apertura gradual, progresiva e segura. Por conseguinte, á vista do indicado no citado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, e tras escoitar as recomendacións do comité clínico reunido para estes efectos, a situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia exixe a o mantemento da eficacia das seguintes medidas adoptadas no Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, na condición de autoridade competente delegada, coas modificacións que se recollen no presente decreto: a) Limitacións á entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, agás certas excepcións, coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade e de conter a irradiación a outros lugares limítrofes dos correspondentes ámbitos territoriais delimitados. b) Limitación con carácter xeral, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, da permanencia de grupos de persoas, que terán que estar conformados unicamente por conviventes, en espazos de uso público e de uso privado, agás en determinados supostos excepcionais e xustificados.” Pola súa banda, a Orde da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia prorroga os efectos da Orde do 26 de xaneiro de 2021 ata as 00:00 horas do 3 de marzo de 2021. Entre as medidas adoptadas pola Orde disponse o retraso da docencia presencial e, polo tanto, a súa impartición mediante medios telemáticos ata o 1 de marzo sen prexuízo do seguimento da evolución epidemiolóxica que determinará o período de vixencia. Por outra banda, esta nova Orde modifica as restricións aplicadas a algunhas actividades de extensión universitaria polo que cómpre aclarar as medidas de aplicación na Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/982E-6B14-4512-92EC Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 982E-6B14-4512-92EC 1 / 3 Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 2/2 En calidade de Responsable COVID-19 e no uso das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a Resolución do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, DISPOÑO Primeira. 1. Modifícase a disposición Segunda.1 nos seguintes termos: “1. A actividade docente presencial nas ensinanzas oficiais e non oficiais retomarase o luns 1 de marzo de acordo co previsto polos centros ao abeiro das Bases para unha docencia presencial segura. 2. A actividade docente de títulos e cursos non oficiais así como de actividades formativas do persoal manterá á modalidade non presencial ata o luns 1 de marzo”. 2. Modifícase a disposición Sétima da Instrución da Xerencia do 27 de xaneiro de 2021 que queda redactada nos seguintes termos: “Mantense o peche ao público das instalacións deportivas da USC agás o previsto para a actividade deportiva federada de nivel nacional e autonómico.” Segunda. En todo o non previsto no apartado anterior, mantense na súa integridade o establecido na anterior instrución. En particular, a defensa de teses de doutoramento, traballos fin de grao e fin de mestrado realizarase de xeito non presencial e as bibliotecas permanecerán pechadas ao público, limitando o seu funcionamento ao préstamo e á consulta de fondos para as actividades de investigación e docencia. Disposición final. Vixencia Esta instrución será de aplicación desde a súa publicación ata as 00:00 horas do 3 de marzo de 2021, sen prexuízo das adaptacións necesarias no caso de que as medidas sexan revisadas polas autoridades sanitarias. Santiago de Compostela O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/982E-6B14-4512-92EC Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 982E-6B14-4512-92EC 2 / 3 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16/02/2021 12:38:35. CSV: 982E-6B14-4512-92EC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/982E-6B14-4512-92EC Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 982E-6B14-4512-92EC 3 / 3