scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Marie Anne Paulze: as súas achegas científicas

González Noya, Ana María; Fernández-Fariña, Sandra; Bermejo Patiño, Manuel Rafael; Pintos Barral, Xoana

Abstract

Son moit@s @s científic@s que teñen amosado un interese especial pola figura e a personalidade científica de Marie Anne Paulze Lavoisier publicando as máis variadas achegas ao longo dos últimos anos (Fernández, 2000; Bermejo e Pintos, 2011; Bermejo, 2013), pero todo o feito non semella dabondo para todo canto cremos significou a súa figura na historia da ciencia moderna. O noso interese polo estudo da figura de Marie Anne Paulze levounos a participar en moitas actividades para pór no seu lugar a esta científica salientable do século XVIII. En todas estas actividades tratamos de estudar e poñer en valor a labor científica de Marie Anne (González Noya et al., 2019; Pintos e Bermejo, 2010; Pintos et al. 2016). Nesta palestra presentaremos o noso estudo sobre as achegas científicas que temos atopado e que consideramos como pertencentes a Marie Anne. No noso afán por informar, divertir e educar traemos, novamente, a figura de Marie Anne Paulze Lavoisier para presentar as súas achegas científicas cunha intención clara: reivindicar o seu papel como científica.

Full text

XXXIV CONGRESO DE ENCIGA 55 1. Introdución Son moit@s @s científic@s que teñen amosado un interese especial pola figura e a personalidade científica de Marie Anne Paulze Lavoisier publicando as máis variadas achegas ao longo dos últimos anos (Fernández, 2000; Bermejo e Pintos, 2011; Bermejo, 2013), pero todo o feito non semella dabondo para todo canto cremos significou a súa figura na historia da ciencia moderna. O noso interese polo estudo da figura de Marie Anne Paulze levounos a participar en moitas actividades para pór no seu lugar a esta científica salientable do século XVIII. En todas estas actividades tratamos de estudar e poñer en valor a labor científica de Marie Anne (González Noya et al., 2019; Pintos e Bermejo, 2010; Pintos et al. 2016). Nesta palestra presentaremos o noso estudo sobre as achegas científicas que temos atopado e que consideramos como pertencentes a Marie Anne. No noso afán por informar, divertir e educar traemos, novamente, a figura de Marie Anne Paulze Lavoisier para presentar as súas achegas científicas cunha intención clara: reivindicar o seu papel como científica. 2. A vida con Antoine Coñecemos a vida de Marie Anne desde que casa sendo unha nena cun dos máis brillantes químicos da historia, ata o momento da súa morte con 78 anos (González Noya et al., 2018; González Noya et al., 2017). Durante máis de vinte e dous anos, Marie Anne admira, idolatra, acompaña, coida, empurra, axuda, … ao seu home e, ao seu carón, compartindo absolutamente todo, realiza a aventura máis impresionante da química moderna. Cal foi a súa contribución a esta historia? Sinalemos as súas achegas nas ciencias sociais e no mundo da química. 3. Investigacións en ciencias sociais Algunhas das actuacións nas que, Marie Anne, toma parte activa no campo das Ciencias Sociais son “Os estudos na explotación agrícola de Freschines” e “Os informes realizados para a Asemblea de Orleáns”. Dentro destes últimos informes podemos atopar o manuscrito inédito titulado “Voyage d’Orleans pendant l’Assemblée provincial depuis le 17 novembre 1787 Jusqu’au 22 decembre de la meme anneé”; o Informe sobre as filaturas de algodón do industrial Jacques Constantin Perier e o Informe sobre as aceirías de Creusot. MARIE ANNE PAULZE: AS SÚAS ACHEGAS CIENTÍFICAS G ONZÁLEZ N OYA , A NA M. FERNÁNDEZ FARIÑA, SANDRA BERMEJO, MANOLO R. PINTOS, XOANA Departamento de Química Inorgánica, USC Boletín das Ciencias 56 4. As investigacións en química Por outra banda, dentro das investigacións en química recóllense a Memoria sobre “a respiración dos animais”; As XIII Pranchas do Tratado Elemental de Química e As Traducións das obras de Kirwan (1º “Ensaio sobre o Floxisto e a constitución dos ácidos”; 2º “Da forza dos ácidos e...”; 3º Portada do libro de Kirwan; As “Memoires de Chimie”; Os “Annales de Chimie”), entre outras. 5. Conclusións Todo canto estamos a expoñer representa pouco máis da metade da vida de Marie Anne, mais que aconteceu dende o punto de vista da Ciencia no resto da súa vida? Hai razóns que permitan explicar o abandono da investigación por parte de Marie? Non. Non as temos. Tan só contamos con intuicións. Por qué non fixo máis traballos, informes, enquisas, etc., no eido da economía, da agricultura ou das industrias? Tampouco o sabemos. Tras nosa virán novas investigadoras que serán quen de plantexar as novas e necesarias preguntas para poder comprender mellor a labor científica realizada por Marie Anne Paulze Lavoisier. 6. Referencias bibliográficas Bermejo, M.R. (2013). “As mulleres Científicas: esas descoñecidas da historia”. En D. MatoVázquez, R. Chao, R. Suárez (Coord.), Reflexións e Testemuñas. As mulleres nas artes e nas ciencias (Vol. 1, pp. 13-31). Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. Bermejo Patiño, M. R. e Pintos Barral, X. (2011) “Marie Anne Paulze: muller de casa, salonniere, científica ou que?” Boletín das Ciencias, 73, 139-140. Fernández, B., Comesaña, M., Fernández, I., Gómez-Fórneas, E., Bermejo, M., González-Noya, A., Pedrido, R., Bugallo, A., Lires, M. A. (2000). “A outra historia da ciencia: a alteridade”. Boletín das Ciencias, 44, 211-216. González Noya, A., Pintos Barral, X., e Bermejo Patiño, M.R.(2019). “Marie Anne e a Táboa Periódica” Boletín das Ciencias, 88, 85-86. González Noya, A., Pintos Barral, X., e Bermejo Patiño, M. R.(2018). “Os Amores de Marie Anne Paulze. Parte II: Os Amores interesados”. Boletín das Ciencias, 86, 99-100. Gonzalez Noya, A., Pintos Barral, X., e Bermejo Patiño, M. R.(2017). “Os Amores de Marie Anne Paulze. Parte I: Os Amores desinteresados”. Boletín das Ciencias, 84, 75-76. Pintos Barral, X. e Bermejo Patiño, M. R. (2010). “Marie Anne Paulze, ilustradora e deseñadora industrial”. Boletín das Ciencias, 71, 81-82. Pintos Barral, X., Bermejo Patiño, M. R., e González Noya, A. (2016). “Caroline Herschel vs. Marie Anne Paulze Lavoisier: dúas maneiras de facer Ciencia”. Boletín das Ciencias, 83, 81-82.