Full text
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Química Organización e Economía da Empresa Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 1 Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas 9788498 877809 ISBN 978-84-9887-780-9
$FWLYLGDGHHFRQyPLFD e empresa: o papel da FRQWDELOLGDGHHDVÀQDQ]DV 1 Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 2366-2011 ISBN 978-84-9887-780-9
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas - 3 MATERIA: Organización e Economía da Empresa TITULACIÓN: Grao en Enxeñaría Química PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade didáctica I. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas Actividade económica e empresa O papel da contabilidade na empresa O papel das finanzas na empresa Unidade didáctica II. Fundamentos de cálculo financeiro e métodos de avaliación e selección de investimentos Unidade didáctica III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables Unidade didáctica IV. Interpretación e análise da información financeira Unidade didáctica V. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos e as fontes de financiamento na empresa Unidade didáctica VI. Análise do risco económico e financeiro
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Palabras chave ............................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos ................................................................................................... 8 1. Actividade económica e empresa .................................................. 8 2. O papel da contabilidade ............................................................. 12 3. O papel das finanzas ................................................................... 13 Actividades propostas ............................................................................... 15 Avaliación .................................................................................................... 16 Bibliografía .................................................................................................. 17
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas - 7 PRESENTACIÓN A economía é unha ciencia cuxo obxeto é a administración de recursos escasos para a satisfacción das necesidades da sociedade. Estas son prácticamente ilimitadas é cóbrense mediante o consumo de bens e servizos. As empresas son organizacións que realizan unha combinación axeitada de factores de produción para proporcionar os bens e servizos que demanda e consume o mercado. Esta unidade didáctica forma parte da materia de Organización e Economía da Empresa impartida no segundo curso do Grao en Enxeñaría Química. Destínase a conceptos introdutorios da economía, a empresa e o papel que teñen nesta a contabilidade e as finanzas. Esta unidade ten un carácter introdutorio para o resto de contidos que se analizan nesta materia. Contribúe á formación do alumno ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento do mundo económico e empresarial, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5 horas expositivas e interactivas. PALABRAS CHAVE Economía, actividade económica, factores produtivos, fluxo circular da renda, empresario individual, sociedade anónima e limitada, contabilidade, finanzas, decisións de investimento e financiamento. OS OBXECTIVOS Esta unidade didáctica contribuiría á consecución dos seguintes obxectivos xerais: - Coñecer a realidade económica e empresarial. - Valorar a importancia da función da contabilidade e das finanzas na empresa. En canto aos obxectivos específicos, nesta unidade preténdese: - Coñecer o funcionamento dunha economía de mercado e dos seus axentes. - Clasificar as empresas segundo o sector de actividade, propiedade, tamaño e organización xurídica. - Comprender o papel da contabilidade e das finanzas no mundo empresarial. - Introducir as principais fontes de financiamento dunha empresa.
14 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas investidor que, por tanto, desexará maximizar. Isto implica que o valor actual dos rendementos futuros esperados teña o maior valor posible. O risco é a posibilidade de que os resultados reais difiran dos esperados. Canto maior sexa a rendibilidade esperada por un investidor, máis risco está disposto a asumir. O último elemento que afecta á toma de decisións da función financeira da empresa é o contorno. O contorno externo estaría por factores económicos, políticos, sociais, culturais, tecnolóxicos e ambientais. Pola contra dentro do contorno interno existen factores como a estrutura da empresa, a súa cultura e os seus recursos que teñen influencia nas decisións. O contorno interno e externo afecta á creación ou maximización de valor que perseguen as finanzas. As decisións de financiamento perseguen captar fondos suficientes e a baixo custo. A cada unha das formas de obtención de medios ou recursos financeiros denomínaselle fonte financeira. As fontes de financiamento clasifícanse fundamentalmente en: - Segundo a súa titularidade: o Fontes de financiamento propias. Son as que proceden da actividade da empresa (beneficios retidos) e outros recursos achegados polos propietarios (capital). Constitúen o pasivo non exixible. o Fontes de financiamento alleas. Son as que a empresa capta do mercado e que nalgún momento deberá devolver (préstamos, leasing, etc.). Constitúen o pasivo exixible. - Segundo a súa procedencia: o Fontes de financiamento externas. Son fondos captados fóra da empresa. Inclúe as achegas dos propietarios (capital) e o financiamento alleo. o Fontes de financiamento internas ou autofinanciamento: Son fondos xerados pola propia empresa no exercicio da súa actividade e comprende a retención de beneficios e a amortización acumulada. Os investimentos pódense clasificar en función do prazo en investimentos a longo (activo non corrente ou fixo) e investimentos a curto prazo (activo corrente ou circulante) Finalmente, desexamos comentar a relación entre a contabilidade e as finanzas. A contabilidade é a representación do patrimonio e do resultado xerado pola empresa. As finanzas apoiándose nos datos facilitados pola contabilidade, buscará a combinación óptima de elementos da estrutura económica e financeira da empresa (patrimonio), para a consecución do máximo beneficio (resultado).
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas - 15 ACTIVIDADES PROPOSTAS Dividimos as actividades que se van realizar naquelas que pretenden valorar os coñecementos previos do alumnado e motivar o interese por esta unidade didáctica naqueloutras que pretenden desenvolver os seus contidos. Nestas últimas distinguimos aquelas que se desenvolveran na aula de aquelas propostas para o traballo en casa dos alumnos. Actividades de coñecementos previos e motivación: 1. Verificación de coñecementos previos mediante a elaboración dun cuestionario e debate aberto sobre conceptos básicos desta unidade. Actividades de desenvolvemento: 1. Comentar as seguinte afirmacións: - Non todas as empresas buscan os fins de lucro, existen tamén empresas que buscan o benestar social. - Nunha economía de mercado organízase e asigna a produción e o consumo de bens e servizos que xorde do xogo entre a oferta e a demanda. - O obxectivo da economía é estudar a correcta distribución dos recursos escasos (limitados) para satisfacer as necesidades do ser humano (ilimitadas). 2. Discutir no modelo do fluxo circular da renda os efectos que tería a consideración das administracións públicas. 3. Elixir en grupos unha organización xurídica de empresa, posteriormente acceder á web da Dirección General de Política de la Pequeña y Mediana Empresa http://www.ipyme.org e analizar as vantaxes, desvantaxes, etc. da mesma. 4. Formar un coloquio para sacar conclusións acerca da conveniencia de determinadas formas xurídicas en función da actividade a exercer, o número de promotores ou as necesidades económicas do proxecto. 5. Elixir en grupos unha organización xurídica de empresa, posteriormente acceder á web da Dirección General de Política de la Pequeña y Mediana Empresa http://www.ipyme.org e analizar brevemente o proceso de constitución e trámites a seguir para a posta en marcha dese tipo de empresa. 6. Establecer a área funcional encargada de: - A publicidade, o deseño da marca do produto ou a distribución do mesmo. - Obtención de recursos financeiros, rexistro de feitos económicos ou a análise de proxectos de investimento.
16 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas - Transformar a materia prima en produtos e servizos terminados. 7. Identificar que contabilidade (interna ou externa) daría resposta a preguntas como estas: - Cantos son os meus ingresos por vendas de produtos anuais? - Canto debe a miña empresa aos bancos? - A que prezo teño que vender os produtos para cubrir os meus custos? - Canto custa o que vendo? 8. Clasificar como decisións de investimento ou financiamento as seguientes: - Que activos específicos se han de adquirir? - Que proxectos concretos se han realizar? - Como financiar os activos, os proxectos? - Cales son as fontes financeiras máis convenientes? Actividades complementarias para o traballo na casa: 1. Analizar o proceso actual de tranformación das caixas de aforros. Pode consultarse inicialmente o Real Decreto - Lei 11/2010 ou a web: http://www.cajasdeahorros.es. 2. Analizar as sociedades anónimas deportivas (SAD): características e obrigacións. Pode consultarse inicialmente a web do Consejo Superior de Deportes http://www.csd.gob.es e o Real Decreto 1251/1999 sobre sociedades anónimas deportivas. 3. Analizar que tipo de empresas pode constituirse por vía telemática actualmente en España e o seu procedemento. Pode consultarse a información do Centro de Información y Red de Creación de Empresas (CIRCE) http://www.circe.es. AVALIACIÓN A avaliación desta unidade didáctica, semellante ao resto de unidades desta materia, será realizada en tres etapas: - Na primeira etapa realízase a avaliación inicial que tratará sobre os coñecementos previos dos alumnos para observar se estes son adecuados e suficientes. Para levar a cabo esta tarefa realizarase un debate aberto e cuestionario na clase o primeiro día. - A segunda etapa será a avaliación procesual. Esta será unha avaliación continua co fin de detectar as dificultades de aprendizaxe dos alumnos. O profesor supervisará os exercicios feitos na clase, os propostos para facer na casa e os exames da aula virtual. As dúbidas serán resoltas tanto de xeito presencial (na aula e nas títorias) como a través dos recursos informáticos (correo electrónico e Blackboard).
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas - 17 - Por último, realizarase unha avaliación final para constatar os resultados obtidos polos alumnos nesta unidade didáctica. O sistema de avaliación engloba tres elementos. O primeiro, un exame final (70% da cualificación) que consistirá nunha proba escrita composta dunha parte teórica e exercicios prácticos. O segundo elemento son os traballos propostos realizados individualmente e en grupos e outras actividades prácticas (20% da cualificación). As titorías representan o 10% restante da cualificación final. BIBLIOGRAFÍA LARRÁN JORGE, M. (2009): Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica, Ed. Pirámide, Madrid. BREALEY, R.; MYERS, S. E MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamericana de España.
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Química Organización e Economía da Empresa Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 1 Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas 9788498 877809 ISBN 978-84-9887-780-9