scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Fundamentos de contabilidade e os estados contables

Durán Santomil, Pablo

Abstract

A contabilidade financeira trata de dar resposta ás necesidades de comunicación entre os distintos suxeitos interesados na situación económica dunha empresa. Estuda a evolución da situación financeira da empresa mediante o rexistro das transaccións da empresa có mundo exterior. Ao mesmo tempo, tamén cumpre coas obrigas legais de elaboración das contas anuais. Esta unidade didáctica forma parte da materia de Organización e Economía da Empresa impartida no segundo curso do Grao en Enxeñaría Química. Destínase a conceptos básicos e introdutorios da contabilidade. Unha vez realizada a introdución e manexo dos alumnos cos aspectos básicos das finanzas, nesta unidade iníciase o estudo dos aspectos máis xerais da contabilidade. Deste xeito, esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 15 horas expositivas e interactivas.

Full text

Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Química Organización e Economía da Empresa Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 3 Fundamentos de contabilidade e os estados contables 9788498 875645 ISBN 978-84-9887-564-5 Fundamentos de contabilidade e os estados contables 3 Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 266-2011 ISBN 978-84-9887-564-5 UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables3 MATERIA: Organización e Economía da Empresa TITULACIÓN: Grao en Enxeñaría Química PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas. Unidade II. Fundamentos de cálculo financeiro e métodos de avaliación e selección de investimentos. Unidade III. Fundamentos de Contabilidade e os Estados contables As grandes masas patrimoniais As contas anuais Os feitos contables e o funcionamento das contas O ciclo contable ou proceso de contabilización Unidade didáctica IV. Interpretación e análise da información financeira Unidade didáctica V. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos e as fontes de financiamento na empresa. Unidade didáctica VI. Análise do risco económico e financeiro. UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Palabras chave ............................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos ................................................................................................... 8 1. As grandes masas patrimoniais .................................................... 9 2. As contas anuais ......................................................................... 10 2.1. Estado de cambios no patrimonio neto ....................... 10 2.2. Estado de fluxos de efectivo ........................................ 10 2.3. Memoria ....................................................................... 11 2.4. O Balance .................................................................... 11 2.5. Conta de Perdas e Ganancias ..................................... 13 3. Os feitos contables e o funcionamento das contas ..................... 14 4. O ciclo contable ou proceso de contabilización .......................... 15 Actividades propostas ............................................................................... 16 Avaliación .................................................................................................... 18 Bibliografía .................................................................................................. 19 UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables7 PRESENTACIÓN A contabilidade financeira trata de dar resposta ás necesidades de comunicación entre os distintos suxeitos interesados na situación económica dunha empresa. Estuda a evolución da situación financeira da empresa mediante o rexistro das transaccións da empresa có mundo exterior. Ao mesmo tempo, tamén cumpre coas obrigas legais de elaboración das contas anuais. Esta unidade didáctica forma parte da materia de Organización e Economía da Empresa impartida no segundo curso do Grao en Enxeñaría Química. Destínase a conceptos básicos e introdutorios da contabilidade. Unha vez realizada a introdución e manexo dos alumnos cos aspectos básicos das finanzas, nesta unidade iníciase o estudo dos aspectos máis xerais da contabilidade. Deste xeito, esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 15 horas expositivas e interactivas. PALABRAS CHAVE Resultado, patrimonio empresarial, activo, pasivo, neto, feitos contables, partida dobre, Plan Xeral Contable, libro diario, libro maior, balance, contas anuais. OS OBXECTIVOS Esta unidade didáctica contribuiría á consecución dos seguintes obxectivos xerais: - Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control. - Valorar a importancia da función da contabilidade na empresa. En canto aos obxectivos específicos, nesta unidade preténdese: - Comprender o funcionamento do sistema contable. - Identificar, clasificar e rexistrar os principais rexistros contables que se dan a miúdo nunha empresa. - Identificar as contas anuais dunha empresa. - Describir a composición principal do patrimonio e do resultado dunha empresa - Recoñecer as principais Contas do Balance e da conta de Perdas e Ganancias. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables A) Operacións continuadas A.1) Resultado de explotación + Vendas e outros ingresos de explotación - Gastos de explotación A.2) Resultado financeiro + Ingresos financeiros - Gastos financeiros A.3) Resultado antes de impostos (A.1 + A.2) 17. Imposto sobre beneficios A.4) Resultado do exercicio procedente de operacións continuadas (A.3 + 17) B) Operacións interrompidas 18. Resultado do exercicio procedente de operacións interrompidas neto de impostos A.5) Resultado do exercicio (A.4 + 18) 3. Os feitos contables e o funcionamento das contas: o cadro de contas do PGC Os feitos contables son o proceso de rexistro na contabilidade dos feitos económicos da empresa que poden afectar ao seu patrimonio. O principio da partida dobre establece que todo feito contable produce un dobre efecto no patrimonio dunha empresa que medido en unidades monetarias alcanza a mesma contía. Desta forma a valoración monetaria dos empregos será igual á valoración monetaria dos recursos. Empregos – Recursos Aplicación – Orixe Entrada – Saída Debe – Haber A modo de exemplo, cando se constitúe unha compañía os cartos achegados polos propietarios representan o emprego e o recurso e o elemento patrimonial que representa a achega dos socios. Banco (Emprego) – Capital social (Recurso) Posteriormente se compramos un elemento de inmobilizado este será o emprego e os cartos cos que se paga será o recurso: Inmobilizado (Emprego) – Banco (Recurso) A conta pódese definir como un estado representativo da situación e evolución dun elemento patrimonial. O seu funcionamento resúmese da seguinte maneira: - As contas de activo rexistran o seu saldo inicial e os seus aumentos (entradas) no Debe e as súas diminucións (saídas) no Haber. UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables15 - As contas de pasivo ou neto rexistran o seu saldo inicial e os seus aumentos no Haber e as súas diminucións no Debe. - As contas de gastos rexistrarán os seus aumentos no Debe, mentres que as de ingresos fano no Haber. Cargos Aboamentos - Valor inicial e aumentos dos Activos - Diminucións dos pasivos e do neto - Gastos do exercicio - Valor inicial e aumentos dos pasivos e neto - Diminucións dos activos - Ingresos do exercicio Deste xeito as contas de activo teñen saldo debedor e as contas de pasivo e neto teñen saldo acredor. Na figura inferior móstrase o Debe e Haber dunha conta, que se representa mediante un T no que na parte superior figura o seu código e a súa denominación. Debe 101 Capital Social Haber As contas do PGC están ordenadas nunha serie de grupos máis ou menos homoxéneos. Os grupos do novo PGC son: Grupos PGC 1. Financiamento Básico 2. Activo non corrente 3. Existencias 4. Acredores e debedores por operacións comerciais 5. Contas financeiras 6. Compras e Gastos 7. Vendas e ingresos 8. Gastos imputados ao patrimonio neto 9. Ingresos imputados ao patrimonio neto Polo tanto o grupo ten un díxito, e dentro de cada grupo establécense subgrupos (2 díxitos), contas (3 díxitos) e subcontas (4 ou máis díxitos). A modo de exemplo unha maquinaria de corte que teña a empresa estará no grupo 2. Activo non corrente, subgrupo 21 Inmobilizacións materiais, conta 213 Maquinaria e subconta 2131 Maquinaria de corte. 4. O ciclo contable ou proceso de contabilización Para representar o patrimonio dunha empresa é necesaria a realización dunha serie de etapas que forman o ciclo contable dunha empresa ou proceso de contabilización. A apertura da contabilidade comeza co balance de situación inicial da empresa no que se recolle o patrimonio da empresa a comezos de ano. Ao longo dos seguintes meses rexístranse os feitos 16 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables contables no libro diario e resúmense os movementos de cada conta no libro maior. Finalmente, despois da realización dos axustes e da regularización de contas na data de peche, a empresa formulará os estados finais ou contas anuais: Data Fase Carácter 1 Xaneiro Balance de situación inicial Estático Xaneiro Diario Dinámico … Maior Decembro Balance de comprobación 31 Decembro Peche da Contabilidade Estático ACTIVIDADES PROPOSTAS Dividimos as actividades que se van realizar entre aquelas que pretenden valorar os coñecementos previos do alumnado e motivar o interese por esta unidade didáctica e aqueloutras que pretenden desenvolver os seus contidos prácticos. Actividades de coñecementos previos e motivación: 1. Busca de información na Internet e breve debate sobre o caso Enron e WorldCom. 2. Verificación de coñecementos previos mediante a elaboración dun cuestionario sobre conceptos básicos desta unidade. Actividades de desenvolvemento: 1. Citar exemplos de elementos do patrimonio dunha empresa química. 2. Identificar cada un dos elementos do patrimonio (bens, dereitos e obrigas) dunha empresa: - Ordenadores - Local propio - Facturas pendentes de cobro - Letras de cambio pendentes de pago 3. Calcular o total de activo, pasivo e patrimonio neto dunha empresa que presenta os seguintes datos: - Cartos na caixa ou no banco: 1.000 € - Local propio: 100.000 € - Mobiliario: 5.000 € - Maquinaria: 1.000 € - Préstamo bancario: 105.000 € - Existencias: 5.000 € - Facturas pendentes de pago: 2.000 € UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables17 - Letras de cambio pendentes de cobro: 1.000 € 4. Calcular tendo en conta os datos do exercicio anterior o activo corrente, pasivo corrente e o fondo de manobra da empresa. 5. Clasificar os seguintes elementos patrimoniais: - Capital, reservas, resultado do exercicio. - Débedas a longo prazo con entidades de crédito, outras débedas a longo prazo. - Débedas a curto prazo con entidades de crédito, outras débedas a curto prazo, provedores, outros acredores. - Inmobilizado intanxible, inmobilizado inmaterial, investimentos inmobiliarios. - Clientes por vendas e prestación de servizos. 6. Clasificar coa axuda do PGC as seguintes contas patrimoniais: - Reserva legal, reserva voluntaria, capital social, subvencións oficiais de capital. - Provisións para impostos, efectos para pagar a longo prazo, obrigas e bonos. - Terreos e bens naturais, maquinaria, aplicacións informáticas, investimentos en terreos e bens naturais. - Mercadorías, materias primas, envases, produtos en curso, produtos terminados, residuos, clientes (moeda estranxeira), clientes efectos comerciais para cobrar. - Provedores, acredores por prestación de servizos, acredores efectos comerciais para pagar. 7. Calcular o resultado antes de impostos e o resultado do exercicios dados os seguintes datos (o imposto sobre beneficios é do 25%): - Amortización do inmobilizado: 1.000 € - Outros gastos de explotación: 500 € - Gastos de persoal: 2.000 € - Gastos financeiros: 500 € - Consumo de mercadorías: 1.000 € - Vendas netas: 5.000 € 8. Poñer exemplos de feitos contables que afecten a partidas de activo, pasivo, neto, ingresos e gastos. 9. Identificar o tipo de contas que interveñen nos seguintes asentos contables. - Compra dunha máquina pagándoa en efectivo. - Compra dunha máquina que se financia coa concesión dun préstamo. - Venda da máquina cobrando en efectivo. - Compra de mercadorías pagándoa en efectivo. - Compra de mercadorías quedando a deber os provedores. - Venda de mercadorías a clientes cobrando en efectivo. 18 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables - Venda de mercadorías a clientes quedando pendentes de cobro. 10. En grupos reducidos buscar no cadro de contas do PGC as seguintes contas, razoando a pertenza o seu grupo: provedores, mercadorías, materias primas, capital social, débedas a longo prazo con entidades de crédito, construcións, clientes, caixa (euros), compras de mercadorías, Imposto sobre beneficios, soldos e salarios, vendas de mercadorías. 11. Realiza as seguintes anotacións no libro diario, libro maior e elabora o balance e a conta de perdas e ganancias dunha empresa cuxo patrimonio inicial é o seguinte: Activo Importe Pasivo e Neto Importe Maquinaria 500 € Capital 1.000 € Local 500 € Débedas a l/p 1.500 € Banco 2.000 € Provedores 500 € E que ao longo do exercicio realiza as seguintes operacións: - Compra de mercadorías por 1.000 € quedando a deber aos provedores. - Venda das anteriores mercadorías por 1.500 € quedando pendentes de cobro polos clientes. - Pagamos os provedores a débeda do período anterior máis a deste ano. - Os clientes págannos a súa débeda. - Pagamos gastos de persoal por 200 €. - Pagamos gastos de subministracións (luz, auga, etc.) por 100 €. AVALIACIÓN A avaliación desta unidade didáctica será realizada en tres etapas: - Na primeira etapa realízase a avaliación inicial que tratará sobre os coñecementos previos dos alumnos para observar se estes son adecuados e suficientes. Para levar a cabo esta tarefa realizarase un debate aberto na clase o primeiro día. - A segunda etapa será a avaliación procesual. Esta será unha avaliación continua co fin de detectar as dificultades de aprendizaxe dos alumnos. O profesor supervisará os exercicios feitos na clase ou propostos para facer na casa tanto de xeito presencial na aula como a través dos recursos informáticos (correo electrónico e Blackboard). - Por último, realizarase unha avaliación final para constatar os resultados obtidos polos alumnos nesta unidade didáctica. Como se establece no programa da materia o sistema de avaliación engloba dous elementos. O primeiro, un exame final (70% da cualificación) que consistirá nunha proba escrita composta dunha parte teórica e dun ou varios exercicios prácticos. O segundo elemento son os UNIDADE DIDÁCTICA III. Fundamentos de contabilidade e os estados contables19 traballos propostos realizados en grupo e outras actividades prácticas (30% da cualificación). BIBLIOGRAFÍA LARRÁN JORGE, M. (2009): Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica, Ed. Pirámide, Madrid. ARCHEL DOMENCH, P., F.E. LIZARRAGA DALLO e S. SÁNCHEZ ALEGRÍA (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide, Madrid. REAL DECRETO 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade. Dispoñible en http://boe.es/boe_gallego/dias/2007/11/20/pdfs/A00003-00152.pdf [Consulta: 08/01/2011]. REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas. Dispoñible en http://boe.es/boe_gallego/dias/2007/11/21/pdfs/A00003-00102.pdf [Consulta: 08/01/2011] Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Química Organización e Economía da Empresa Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 3 Fundamentos de contabilidade e os estados contables 9788498 875645 ISBN 978-84-9887-564-5