scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Emprego da lingua galega na documentación escrita

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

EMPREGO DA LINGUA GALEGA NA DOCUMENTACIÓN ESCRITA (RESOLUCIÓN RECTORAL DO 29 DE NOVEMBRO DE 1990) Conforme ó disposto nos artigos 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, 1, 4 e 6 da Lei de Normalización Lingüistica de Galicia, e mais 8,1 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a lingua galega é lingua oficial da nosa Universidade. Nos devanditos textos legais tamén se recolle o deber das institucións públicas de promociona-lo idioma galego. Así , os Estatutos da Universidade de Santiago, no art. 8.2, dispoñen: " A Universidade de Santiago de Compostela debe promove-lo estudio e maila utilización da lingua galega...". E vontade deste Rectorado facer efectivo o principio legal de oficialidade do idioma galego no ámbito administrativo, de xeito que se acabe convertendo na lingua empregada habitualmente na documentación administrativa desta Universidade, sen vulnera-los dereitos dos membros da comunidade universitaria, e poñendo os medios necesarios para aquel fin. Por iso, este rectorado dispón que a documentación escrita emanada dos servicios administrativos da Universidade de Santiago de Compostela, ben de circulación interna, ben dirixida ó público ou a outros organismos e institucións do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser redactado integramente en galego. O persoal de Administración e Servicios desta Universidade, en tódolos niveis e categorías, proporcionará os medios ó seu alcance, no ámbito das súas competencias e funcións, para levar á práctica os principios debanditos: lémbrase que estas medidas afectan á rotulación, membretes, carimbos, e material impreso de uso regular e oficial nesta Universidade. Existe un Servicio de Normalización Lingüística ó dispor de todo o persoal de tódolos Servicios da Universidade que ten como misión colaborar para supera-los atrancos, dúbidas e dificultades que xurdan na aplicación desta resolución. Pola súa banda, o Persoal de Administración e Servicios desta Universidade debe facilita-lo labor do persoal de