scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística e a política

Regueira Fernández, Xosé Luís

Abstract

A preocupación polos modelos de lingua, especialmente os presentes na actividade pública, vén sendo obxecto de discusión nos últimos anos, baixo a etiqueta de “calidade da lingua” ou de “autenticidade”. Neste artigo arguméntase que o estudo da variación, especialmente desde a perspectiva da sociolingüística interaccional, resulta imprescindible para comprender o comportamento das persoas que están a usar a lingua no espazo público. A partir dese coñecemento a lingüística poderá realizar algunhas contribucións útiles para que as persoas que protagonizan eses espazos sociais poidan desenvolver as variedades que lles permitan alcanzar os seus obxectivos comunicativos, mais, cando menos no tocante á lingua oral, esas variedades non son susceptibles dunha planificación de arriba a abaixo como ocorre con certos aspectos do estándar escrito.

Full text

119 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística e a política Xosé Luís Regueira Instituto da Lingua Galega Universidade de Santiago de Compostela Data de recepción: 23/09/2019 | Data de aceptación: 05/12/2019 Resumo: A preocupación polos modelos de lingua, especialmente os presentes na actividade pública, vén sendo obxecto de discusión nos últimos anos, baixo a etiqueta de “calidade da lingua” ou de “autenticidade”. Neste artigo arguméntase que o estudo da variación, especialmente desde a perspectiva da sociolingüística interaccional, resulta imprescindible para comprender o comportamento das persoas que están a usar a lingua no espazo público. A partir dese coñecemento a lingüística poderá realizar algunhas contribucións útiles para que as persoas que protagonizan eses espazos sociais poidan desenvolver as variedades que lles permitan alcanzar os seus obxectivos comunicativos, mais, cando menos no tocante á lingua oral, esas variedades non son susceptibles dunha planificación de arriba a abaixo como ocorre con certos aspectos do estándar escrito. Palabras chave: variación lingüística, estándar oral, planificación lingüística, esfera pública, lingua galega. Sumario: 1. Introdución. 2. A lingua e a lingüística: a cuestión da variación. 3. Variación fónica na lingua galega: da lingua “popular” á lingua da esfera pública. 4. A lingua estándar. 5. O estándar oral e a procura da “autenticidade” fonética. 6. Conclusións. Phonetic variation, the language of the public sphere, and oral standard: between linguistics and politics Abstract: Concern over language models, especially those present in public communication, has been the subject of discussion in recent years, with the label of "language quality" or Rev Gal Filo, 2019, 20: 119-147 DOI: https://doi.org/10.17979/rgf.2019.20.0.5922 Xosé Luís Regueira 120 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 "authenticity." In this article it is argued that the study of variation, especially from the perspective of interactional sociolinguistics, is needed to understand the behavior of people who are using the language in the public space. From this knowledge, linguists will be able to make useful contributions so that the people in these social spaces can develop the varieties they need to achieve their communicative goals, but, as far as oral language is concerned, those varieties cannot be planned from top to bottom, as some parts of the written standard language do. Key words: linguistic variation, oral standard, language planning, public sphere, Galician language. Contents: 1. Introduction. 2. Language and linguistics: the variation issue. 3. Phonic variation in Galician: from traditional language to the language of the public sphere. 4. Standard language. 5. Spoken standard and the quest for phonetic "authenticity". 6. Conclusions. Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 121 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 1. Introdución Desde hai algún tempo vénse producindo unha discusión relevante sobre a forma da lingua na esfera pública, unhas veces utilizando o concepto de “calidade da lingua” (Freixeiro 2009, Sánchez Rei 2014, entre outros) e outras o de “autenticidade” (Regueira 1994, 2012). Tanto un concepto como outro están cargados de contidos ideolóxicos e non son inocuos, aínda que iso non quere dicir que a utilización destes conceptos sexa ilexítima. De feito, este artigo está baseado nunha presentación que levaba o título, suxerido pola organización e aceptado por min, de “Fonética e autenticidade lingüística” e que tivo lugar dentro do curso de verán Traballando na calidade da lingua, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña1. Volvemos, pois, encontrar os termos “calidade” e “autenticidade” convivindo nun mesmo evento. Neste traballo pretendo contribuír á clarificación dos problemas que se presentan cando diferentes persoas (non só lingüistas) mostran a súa preocupación por certos usos ou por certos modelos de lingua, así como á comprensión das resistencias que a implantación dun modelo de lingua estándar, máis ou menos purista, encontra en certos sectores da sociedade ou en certos individuos. Para ese fin, defenderei a necesidade de diferenciar o achegamento que podemos realizar desde a lingüística á variación lingüística que se observa na sociedade actual do que podemos levar a cabo desde a perspectiva da planificación lingüística. Estas dúas perspectivas a miúdo aparecen mesturadas e a lingüística utilízase para xustificar eleccións que están baseadas noutro tipo de razóns, como sinala Klaus Zimmermann a respecto de actitudes puristas: Man wird sogar sagen können, daß Sprachspezialisten, die sich dem Purismusgedanken verschreiben, dies nicht als Linguisten so tun, sondern als Mitglieder einer Sprachgemeinschaft, obschon sie manchmal so tun, als ob es sprachimmanente Gründe für den Purismus gäbe, die sie als Spezialisten herausfunden hätten2 (Zimmermann 2003: 323). Neste artigo non se vai tratar de atacar nin de defender o purismo ou a necesidade de planificar o estándar da lingua, senón de distinguir, no posible, os ámbitos de 1 O curso tivo lugar no FórumCarballo os días 18 e 19 de xullo de 2018. Agradezo ás persoas que o organizaron o convite para participar nel, así como ás persoas asistentes os seus comentarios e discusións. Quero expresar tamén o meu agradecemento a Elisa Fernández Rei polos seus comentarios e suxestións a unha versión previa deste traballo. 2 Mesmo se pode dicir que os especialistas que asumen as ideas puristas non actúan como lingüistas senón como membros dunha comunidade lingüística, aínda que ás veces pretenden facer ver que o purismo se basea en razóns inmanentes á lingua que eles descubriron como especialistas (tradución miña). Xosé Luís Regueira 122 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 actuación desde estas dúas perspectivas. En primeiro lugar farase un achegamento desde a lingüística variacionista (da que se expoñen algunhas ideas teóricas na sección 2) á situación actual do galego, con algunha referencia tamén ao español de Galicia, co foco nas realizacións do sistema vocálico, un dos principais elementos diferenciais do galego (sección 3). Na segunda parte defenderase que os estándares das linguas son construtos de natureza fundamentalmente política (sección 4) e, finalmente, na sección 5 abordaranse algúns problemas dos modelos da lingua galega da esfera pública e que están relacionados coas cuestións de “autenticidade” (ou, se se preferir, de “calidade”) e coas resistencias que os modelos propostos desde instancias académicas encontran en sectores da sociedade, incluídas moitas persoas que, en principio, presentan unhas actitudes máis favorables e unhas ideoloxías lingüísticas máis comprometidas coa defensa da lingua galega. As ideas centrais que se tratará de defender neste traballo son que a institución dunha lingua estándar é vista como un obxectivo irrenunciable, mais a exixencia dunha variedade determinada para certos usos comunicativos establece unha desigualdade fundamental entre grupos sociais segundo a súa maior ou menor proximidade a esa variedade ou o seu dominio deses recursos; constitúe, por tanto, un elemento de discriminación social, o que, desde unha ideoloxía democrática, supón unha contradición inelutable. No referente ao estándar oral, debido ás súas características diferenciais, sosterase que as variedades orais requiridas na esfera pública non poden ser planificadas por lingüistas, senón que deberán ser elaboradas e desenvolvidas polas persoas que protagonizan os diferentes espazos públicos (os medios de comunicación e a actividade política e cultural, principalmente). As persoas especialistas en lingüística poden asesorar e apoiar ese labor de elaboración mais, para poderen incidir de maneira significativa e eficaz nos usos, é preciso que teñan unha fonda comprensión do papel que a variación lingüística cumpre na sociedade e, especificamente, en cada un deses ámbitos. 2. A lingua e a lingüística: a cuestión da variación Na concepción dominante na lingüística durante o século XX as linguas son vistas como códigos de comunicación, como estruturas ou sistemas de oposicións entre unidades de diferentes niveis, que deu lugar á famosa formulación atribuída a Saussure, “un système où tout se tient” (cfr. Regueira 2016b: 25). Esta idea leva a considerar as linguas, por unha banda, como entidades autónomas, independentes das persoas que as falan, como se fai explícito no Cours de linguistique générale: “La langue, distincte de la parole, est un objet qu’on peut étudier séparément” (Saussure 1995 [1916]: 31). As linguas son, pois, obxectos que se poden situar fóra das persoas falantes, e de aí xorden percepcións como que as linguas están Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 123 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 “contidas” en gramáticas e en dicionarios, de maneira que unha palabra que non figura no dicionario autoritativo (p.e. para o español, o dicionario da RAE) non se pode usar, ou simplemente non existe. Por outro lado, as linguas son entendidas como unidades separadas e claramente delimitadas. Nunha concepción bioloxista das linguas falamos de linguas “nais”, “fillas” ou “irmás”, linguas que “nacen”, “se desenvolven” ou “morren”. As linguas, por tanto, poden numerarse separadamente, e así contabilizamos as linguas que se falan no mundo (arredor de 6000?) ou as que se falan nun territorio determinado. Esta concepción das linguas entrou en crise nas últimas décadas do século XX, especialmente a partir do desenvolvemento da sociolingüística, que se podería datar a partir dos traballos de Labov (p.e. Labov 1963, 1966). Tamén desde a lingüística histórica se puxo en cuestión esta concepción, debido a que presenta serias dificultades para explicar o cambio lingüístico (cfr. Lass 1980; Martín Butragueño 2002). Podemos encontrar exemplos da inadecuación desta idea das linguas en cuestións correntes, como a coñecida discusión de se o galego e o portugués son dúas variantes da mesma lingua ou dúas linguas diferentes. Outra mostra encontrámola á hora de determinar o número de linguas faladas na Península Ibérica: a resposta pode ser cinco (galego, portugués, español, catalán e éuscaro), seis (co aranés, cooficial no Val de Arán), sete (contando o mirandés, que goza de recoñecemento oficial), oito (co asturiano, que ten tamén certo recoñecemento oficial), nove (co aragonés).… Mais o mirandés e o asturiano, que forman parte do mesmo complexo lingüístico asturleonés, deben ser contadas como linguas diferentes ou como formas da mesma lingua? O eonaviego é unha variante do galego ou debe ser considerada unha lingua diferente, como defenden algunhas persoas? E a “fala” dos “tres lugaris” de Cáceres? A idea que pretendo defender aquí é que a lingüística non pode resolver este tipo de cuestións, porque se trata de problemas doutra natureza. Noutras palabras, á lingüística non lle podemos preguntar se dúas variedades emparentadas son unha mesma lingua ou son dúas, xa que non pode darnos unha resposta. Desde o punto de vista da lingüística, dentro do que consideramos “lingua galega” existen varios sistemas de oposicións, distintos conxuntos de regras ou diferentes xerarquías de constricións, segundo o marco teórico que esteamos a utilizar. É dicir, varias gramáticas diferentes. A lingüística pode estudar cada unha desas gramáticas ou comparalas entre si, mais non determinar cales son os límites e o alcance da entidade que chamamos “lingua galega”. De feito, é coñecido que variedades bastante distanciadas entre si son consideradas como dialectos dunha mesma lingua (exemplos recorrentes son as falas italianas, en que as do norte forman parte lingüisticamente da Romania Occidental, mentres que as do centro e sur da Romania Oriental; ou os dialectos suízos do alemán, entre outros); e por outro lado, Xosé Luís Regueira 124 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 variedades máis similares e con alta intercomprensión son consideradas linguas diferentes (checo e polaco, danés e sueco, serbio e croata, entre outros e só nos idiomas europeos). Resulta claro que os factores que levan a esta disparidade de situacións non son lingüísticos, senón doutro tipo. Nos últimos decenios veuse desenvolvendo unha aproximación á lingüística que atende ao funcionamento real da lingua nos actos de comunicación. No canto de estudar a lingua como un sistema abstracto externo ás persoas que as falan, o foco céntrase xustamente en como as persoas utilizan os recursos lingüísticos en actos de comunicación concretos para conseguir determinados obxectivos, en como as persoas se sitúan e se constrúen socialmente a través de interaccións nas que utilizan recursos lingüísticos e semióticos (Bucholz & Hall 2005). Para entender unha interacción, por tanto, hai que atender a quen fala, para quen fala, o contexto no que ese acto se produce e os obxectivos que pretende acadar con ese acto (Gumperz 1982). Desde estas perspectivas non interesan os “sistemas” abstractos, senón os “repertorios lingüísticos” postos en uso (Blommaert 2010) ou as “prácticas locais” (Pennycook 2010) que as persoas están realizando. A lingua sería, por tanto, unha función dos procesos de comunicación (Harris 1990: 50). Desta maneira, a noción lingua, tal como se concibe na lingüística a partir de Saussure, é posta en cuestión (Harris 1990, Pennycook 2010, Sabino 2018, entre outros). Roy Harris expono da seguinte maneira: “[...] linguistics does not need to postulate the existence of languages as part of its theoretical apparatus. What is called in question, in other words, is whether the concept of ‘a language’, as defined by othodox modern linguistics, corresponds to any determined of determinable object of analysis at all, whether social of individual, whether institutional or psychological” (Harris 1990: 45) A idea de que existen sistemas gramaticais compartidos por unha comunidade de individuos sería unha ilusión producida por certos procesos cognitivos (Sabino 2018). Desde unha posición menos tallante, pódese argüír, seguindo a Coulmas (2018: 20), que non se trata de negar a existencia de linguas, senón de entender que as persoas que as falan “make use of them in their own ways, using them as parts of their linguistic repertories without asking permission before transgressing any boudaries, real or imagined”. 3. Variación fónica na lingua galega: da lingua “popular” á lingua da esfera pública O sistema fonolóxico da lingua galega caracterízase por un sistema de sete vogais tónicas, con contraste entre vogais medias altas /ɛ, ɔ/ e medias baixas /ɛ, ɔ/, tal como Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 125 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 se recolle nas obras de referencia (Freixeiro 1998, Álvarez & Xove 2002, entre outras) e como foi verificado por diferentes estudos acústicos (González & Regueira 1994, Molinos 2002, Regueira 2007, entre outros). Tamén se ten notado que no sistema das vogais átonas se producen reducións, especialmente nas vogais finais, que presentan realizacións máis elevadas (pechadas) e centralizadas ca as correspondentes ás vogais tónicas (Molinos 2002, Regueira 2007). Outras características que se describen como xerais (aínda que nalgunhas variedades poden non estar presentes) e diferenciais do galego respecto doutras linguas (nomeadamente do español) son o contraste entre a nasal velar /ŋ/ e a alveolar /n/ ([ˈuŋɐ] / [ˈunɐ]) e entre a fricativa sibilante postalveolar /ʃ/ e a fricativa sibilante apicoalveolar /s/ ([ʃuˈiθɐ] / [suˈiθɐ]), mais na descrición que segue voume centrar no que toca ao sistema vocálico. A elevación (pechamento) e a centralización que aparece nas vogais finais átonas das variedades galegas vai na mesma liña da redución vocálica destas mesmas vogais nos falares portugueses, aínda que a elevación no galego é menor, e non chegan a producirse as vogais altas (pechadas) características do portugués. Na Figura 1 pode verse un contraste entre as vogais dun grupo de falantes femininas da comarca de Vilalba e as mesmas vogais en falantes femininas da área de Braga (Regueira 2007). Nese cadro apréciase que as tres vogais finais do portugués son máis elevadas ([ɨ, u]) ca as correspondentes galegas ([ɪ, ʊ]), mais tamén que ambos os grupos de falantes presentan un comportamento notablemente semellante. Resultados moi similares foran tamén encontrados por Molinos (2002) en falantes femininas de Outes e de Lousame. 200 300 400 500 600 700 800 900 1000 3000 5001000150020002500 Vil-p tón pt-S1/S2 Vil-pS1/S2 pt-p tón Figura 1. Vogais tónicas e átonas finais de palabra en interior de grupo fónico en falantes portuguesas (liña continua) e falantes vilalbesas (liña descontinua) (tomado de Regueira 2007). Valores de frecuencia non normalizados. Xosé Luís Regueira 126 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 Certamente existe variación individual e non quere dicirse que todas as persoas que falan galego presenten as mesmas realizacións, mais si que o comportamento xeral tende a ser o mesmo en todas as variedades que denominamos comunmente como “populares” (fundamentalmente de áreas rurais ou de vilas). Os resultados presentados na Figura 1 (así como os de Molinos 2002) foron obtidos por medio dun cuestionario de frases lidas, e debe terse en conta que en actos de fala diferentes os resultados poden variar parcialmente. Pode considerarse tamén, a modo de referencia, o triángulo vocálico (vogais tónicas e átonas finais de palabra en posición final e non final de enunciado) realizado a través das medicións dun número elevado de realizacións vocálicas da gravación realizada en 1975 para o cuestionario do Atlas Lingüístico Galego ao informante de Moeche, que contaba 76 anos de idade naquela altura (V. Figura 2)3. Neste triángulo destacan as 7 vogais tónicas, coas vogais medias altas e baixas ben separadas, así como as vogais átonas finais de palabra en posición final de enunciado e, de maneira máis reducida no centro do cadro, as tres vogais átonas finais de palabra en interior de grupo fónico. 250 200 300 400 450 500 550 350 600 650 700 2500 5007009001900 1700 1500 1300 110021002300 Figura 2. Vogais tónicas e átonas finais de palabra en final de enunciado (liña azul) e final de palabra en interior de enunciado fónico (liña verde) no informante de Moeche para o ALG. Valores de frecuencia non normalizados. 3 A gravación consérvase no Instituto da Lingua Galega. Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 127 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 A diversificación social experimentada pola lingua galega nas últimas décadas, fundamentalmente no ámbito urbano, levou á aparición de novas variedades que, no tocante á fonética, se desvían dos modelos que acabamos de presentar en aspectos do sistema vocálico, así coma en certos trazos de entoación ou en diferentes puntos da gramática (nomeadamente a colocación dos clíticos persoais) (cfr. Vidal 1997, Regueira 1999, Dubert 2002). Tense asociado, de maneira específica, este modelo de galego cos medios de comunicación (“o galego da TVG”), mais esta expresión non é correcta nin axeitada. Na Televisión de Galicia, así coma nos restantes medios de comunicación oral en galego, podemos encontrar diferentes “galegos”, desde o punto de vista fonético: desde profesionais que utilizan un sistema de sete vogais ben diferenciadas ata outros que non distinguen as vogais medias altas das baixas, voces que pronuncian sete vogais tónicas mais que non reducen as vogais finais átonas, entre outras varias posibilidades. Nalgúns ámbitos, como o das dobraxes, na Televisión de Galicia levouse a cabo unha política exixente no referente á lingua, e aí podemos encontrar excelentes mostras do que poderiamos considerar un modelo de galego estándar, tanto desde o punto de vista fonético coma gramatical ou léxico. Mais no resto da programación (informativos, deportes, series, programas de variedades, concursos etc.) a variación entre diferentes voces é, xeralmente, ben perceptible. Por outro lado, a prosodia dos medios de comunicación afástase en diferentes puntos da prosodia da lingua coloquial, e os modelos prosódicos dos medios galegos están moi influídos polos medios que se expresan en español. Todo iso configura unha lingua que é percibida como diferente pola poboación galegofalante e, como está nunha posición de prestixio, é valorizada como socialmente superior, a pesar de que a lingua propia siga gozando de “prestixio encuberto” (Quinteiro 2016). Nos medios de comunicación falados non só se oen as voces do persoal profesional deses medios, senón que neles aparecen as voces das persoas que configuran a esfera pública, e particularmente a esfera política e a cultural. Un repaso polos discursos, entrevistas e outras intervencións das diferentes figuras que lideran a actividade política, sindical e social permite encontrar igualmente unha diversidade de modelos de galego, que no tocante á fonética non é menor ca nos medios. Os modelos que se asemellan ao mostrado nas figuras 1 e 2 (V. máis arriba) son escasos, e abundan en cambio os que non fan distinción entre as vogais medias. Esta situación encóntrase en persoas de diferentes grupos políticos e ideolóxicos, incluídas moitas que usan de maneira consistente o galego na súa vida diaria e fan defensa explícita da lingua galega. Isto inclúe tamén persoas que son activas na defensa de posicións reintegracionistas (cfr. Regueira 2016a e no prelo). Xosé Luís Regueira 134 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 institución que ten, segundo defenderei aquí, un carácter fundamentalmente político. Os estados lexislan sobre as linguas e sobre as formas estándar, aínda que nalgúns casos, coma no caso español e no galego, delegan en determinadas institucións as competencias para establecer os aspectos coercitivos das linguas “nacionais” (ortografía, morfoloxía, léxico). No caso galego esa delegación está feita nunha disposición adicional da Lei de Normalización Lingüística, aprobada polo Parlamento de Galicia (Lei 3/1983 do15 de xuño). É, por tanto, o Parlamento quen está en posesión da autoridade sobre o estándar lingüístico. A reforma ortográfica do alemán, acordada en 1996, é un tratado internacional asinado polos gobernos de Alemaña, Austria, Suíza e Liechtenstein. Da mesma maneira o Acordo Ortográfico do portugués é igualmente un tratado internacional dos diferentes países de lingua oficial portuguesa, que foi ratificado polos diferentes parlamentos nacionais tras longos e conflitivos debates. Despois da entrada en vigor dese acordo en Portugal, a prensa recollía as declaracións do presidente da Academia das Ciências de Lisboa, Artur Anselmo, quen afirmaba: “Academia das Ciências vai rever Acordo Ortográfico” (Público, 12.12.20175). Despois de que a Academia fixese chegar ao goberno a súa proposta de revisión, o ministro dos Negócios Estrangeiros non deixaba lugar a dúbidas: “Governo rejeita rever o Acordo Ortográfico” (Diário de Notícias, 7.02.20186). Son os parlamentos e os gobernos quen decide sobre a ortografía e sobre a forma do estándar. E isto ocorre porque a lingua estándar é unha institución, un obxecto político de primeira importancia. A “lingua nacional”, asociada ao estado-nación (unha nación, un estado, unha lingua), é unha das ideoloxías máis potentes de todos os estados europeos. É algo que se percibe cada día no estado español e que domina os debates sobre as linguas diferentes do español. Mais non é un fenómeno exclusivamente español, senón que se pode encontrar en calquera país europeo. En Francia, a propósito da polémica creada ao rexeitaren as autoridades inscribir un neno bretón co nome de Fañch, por ser “ñ” unha letra allea ao francés, o presidente Emmanuel Macron chegou a afirmar que o uso desa letra suporía, segundo recollía a prensa española, “romper la voluntad de nuestro Estado de derecho para mantener la unidad del país y la igualdad sin distinción de origen” (El Confidencial 8.07.20187). Resulta significativo que o uso dunha letra sexa visto como un perigo para a unidade da nación e para os dereitos fundamentais dos cidadáns. Esta ideoloxía tan enraizada ponse en evidencia nos 5 Accesible en: https://www.publico.pt/2016/12/12/culturaipsilon/entrevista/nos-consideramos-que-o- normal-e-o-respeito-pelas-ortografias-nacionais-1754351 (cons. setembro de 2019). 6 Accesible en: https://www.dn.pt/portugal/interior/governo-rejeita-rever-o-acordo-ortografico-5654344. html (cons. setembro de 2019). 7 Accesible en: https://www.elconfidencial.com/mundo/2018-07-08/francia-letra-n-polemica-nombre- macron-fanch_1589445/ (cons. setembro de 2019). Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 135 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 procesos de recoñecemento e de normalización de linguas diferentes da estatal, como ben se sabe no caso español. As comunidades e nacións emerxentes, como é o caso de Cataluña, Euskadi e Galicia, asumen os esquemas fundamentais dos nacionalismos estatais, coas súas ideoloxías asociadas, e entre elas a idea de que existe unha forma mellor, máis pura, de falar a “lingua nacional”. Por esa razón, Mey (1989) advirte do risco de os planificadores lingüísticos se identificaren coa ideoloxía que tratan de combater. Mais os procesos de estandarización e de extensión social dos estándares lingüísticos (a “normalización”) nestas comunidades subestatais tropezan con inconvenientes e obstáculos que veñen dados pola diferenza das situacións políticas, sociais e históricas en que se producen estes procesos respecto da imposición dos estándares estatais. Se nun caso se contou coa monarquía, o exército e toda a administración do estado absolutista da era moderna e nos séculos posteriores, no outro cóntase con institucións moito menos poderosas nun contexto político e social moi diferente. Entre as ideoloxías lingüísticas dominantes nas linguas estatais, e asumidas tamén polas linguas non estatais, está a “ideoloxía do estándar”, que o sociolingüista danés Tore Kristiansen (1998: 127) define como “the idea that there is one best, correct way of speaking the national language, and also the idea that it is necessary for a modern society to develop a standard language and enforce its use in public, in school, in business, etc.” (cfr. Regueira 2005). Esta variedade é vista como superior, aínda que, como afirma Moreno Cabrera (2000: 59) “la lengua estándar es una variedad tan perfecta o imperfecta como cualquier otra variedad lingüística [...] y [...] cualquier variedad lingüística puede dar origen a una lengua estándar”. Inevitablemente, esta ideoloxía leva á discriminación das persoas que falan variedades diferentes, e ha de terse en conta que a discriminación lingüística non deixa de ser unha forma de discriminación social. Como advirten James e Lesley Milroy, referíndose ao inglés, those who do use so-called ‘unacceptable’ grammar and pronunciation generally belong to the lower social groups; therefore, such attitudes to language can be interpreted as a kind o social-class discrimination, and it may be that political power favouring certain élite groups is exercised in part through these shibboleths. Although public discrimination on the grounds of race, religion and social class is not now publicly acceptable, it appears that discrimination on linguistic grounds is publicly acceptable, even though linguistic differences may themselves be associated with ethnic, religious and class differences (Milroy & Milroy, 1999: 3) O obxecto da discriminación non son os usos lingüísticos, senón as persoas que utilizan as formas lingüísticas non aceptadas. Xosé Luís Regueira 136 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 Non hai que esquecer que os estándares lingüísticos dos estados-nación da nosa contorna están baseados nas linguas das aristocracias e das cortes dos diferentes reinos, e constituíronse de maneira fundamental na Idade Moderna. Como di Fernando Vázquez Corredoira para o portugués: Elaborado o modelo de língua, a sociedade (os dez mil de cima) reconhece em base a ele o próprio e considera estranho ou bárbaro o que não concorda […] Longe da apologia da “língua popular”, longe do conceito romântico de “a língua ser feita pelo povo que a fala’’, o ideal de língua classicista é abertamente capitalino e aristocrático (Vázquez Corredoira 1988: 62) Nese proceso, por tanto, as clases baixas e, de maneira xeral, as mulleres, quedaron excluídas das tarefas de “purificación” da lingua e do pensamento, e esa “incapacidade” para o pensamento e a expresión “elevadas” foi considerado unha falla moral e intelectual que xustificaba a súa propia situación de sometemento (Bauman & Briggs 2003). A estas manobras de “naturalización” da desigualdade social é ao que se refire Norman Fairclough (1989: 57) cando afirma que “[t] he establishment of the dominance of standard English and the subordination of other social dialects was part and parcel of the establishment of the dominance of the capitalist class and the subordination of the working class”. Este proceso de exclusión lingüística das clases populares forma parte do que Dipesh Chakrabarty (2000: 44) denomina as “undemocratic foundations of ‘democracy’”. Con todas as cuestións sinaladas mais arriba en mente, a necesidade da elaboración dun estándar para o galego xustifícase pola presenza na sociedade dunha ideoloxía do estándar moi arraigada, dirixida a impoñer o español como lingua de máis alto prestixio e que é inculcada fundamentalmente desde o estado español por diferentes medios (educación, medios de comunicación, administración etc). Nesta situación, a existencia dunha variedade estándar permite situar o galego nunha mellor posición para o avance social, en que debe asumir as funcións que viña desenvolvendo o estándar español (cfr. Moreno 2000: 59). Por outra parte, dentro do proceso de construción nacional que se vén desenvolvendo desde o século XIX, para os movementos nacionalistas e galeguistas a elaboración do estándar é unha necesidade irrenunciable. Isto sería o que xustificaría a necesidade de emprender algún tipo de purismo proactivo (Zimmermann 2003: 324), fundamentalmente orientado á elaboración de novas variedades de lingua para necesidades específicas. Desde este punto de vista, pode afirmarse o dereito a elaborar unha variedade estándar da lingua nacional. Nese proceso as persoas especialistas en lingüística, e máis concretamente en planificación lingüística, poden ou deben tomar un papel activo, mais sen esquecer que se trata dun proceso social e político, e non estritamente lingüístico. Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 137 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 Un punto relevante a ter en conta é que os estándares orais non teñen o carácter coercitivo dos estándares escritos e non teñen o mesmo grao de formalización e de rixidez. Dicíamos máis arriba que os parlamentos deciden sobre as formas escritas das linguas, mais non o fan, cando menos directamente, sobre a forma oral da lingua. De feito, nas linguas estándar dos estados do noso ámbito non existen normativas que prescriban determinadas pronuncias, de maneira paralela as prescricións ortográficas, gramaticais ou léxicas. Os modelos de pronuncia “correcta” son presentados como descricións de determinados modelos de lingua estándar. Así ocorre nos casos do portugués, do francés, inglés ou alemán (cfr. Regueira 2010: 10-11). É ben indicativo deste proceder o que fai o español, no volume da Nueva gramática de la lengua española dedicado á fonética e á fonoloxía (RAE 2011), no que se describe o procedemento levado a cabo: “se procedió a una selección rigurosa de informantes, titulados universitarios procedentes de las capitales de todos los países del mundo hispánico. Tras analizar las grabaciones libres en vídeo de una selección de mujeres y hombres representativos del habla culta de cada país, se eligió a los que resultaron más adecuados como informantes con vistas a obtener los materiales necesarios” (RAE 2011: xx) Eses informantes foron gravados en Barcelona e en Madrid, e por tanto posiblemente se trate de residentes en España. Por outra parte, efectúase unha clara segmentación social: titulados universitarios procedentes das capitais dos respectivos países, considerados “representativos” da fala culta. Non se explica tampouco cales foron os criterios para elixir os que se consideraron máis “adecuados”. Non se trata, por tanto, de modelos neutros de fala, senón que se seleccionan uns modelos moi concretos, que son os que logo se describen. En contraste coa formación e a extensión dos estándares orais das linguas estatais, xurdidos en medios aristocráticos e difundidos a través dos territorios por medio de todo o aparello estatal, o galego era unha lingua fundamentalmente rural, e en todo caso era a lingua das clases desfavorecidas e carentes de poder. Os promotores do galego pertencían maioritariamente ás clases medias urbanas, que, como di Mariño (1998: 405), eran “individuos pertencentes a camadas sociais que colectivamente xa o rexeitaran”. Non existía, por tanto, unha “esfera pública” en galego ata tempos recentes, xa que é nos ambientes urbanos e burgueses en que este espazo social e lingüístico se desenvolve (Habermas 1962). Non puido conformarse, por tanto, unha variedade de lingua que alcanzase unha aceptación social ampla. Pode considerarse que a esfera pública en galego se inicia nos anos das Irmandades, mais foi desmantelada polo golpe de estado de 1936 e polo franquismo, e non reapareceu ata os anos 1970. Así Xosé Luís Regueira 138 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 que cando se conforma esta esfera pública a maioría dos seus integrantes proceden das clases medias urbanas que xa non falan galego, aínda que tamén hai profesionais procedentes do mundo rural, debido ao acceso crecente das clases medias e baixas aos estudos universitarios. Incorpóranse tamén mulleres, aínda sen alcanzar cotas de paridade, e isto marca outro feito diferencial respecto dos procesos que tiveron lugar en séculos anteriores, nos que as mulleres estaban excluídas. O ambiente social e cultural tamén é moi diferente, determinado polas novas formas de capitalismo e a globalización, a cultura de masas, a sociedade de consumo e, nos últimos tempos, as redes sociais. Todos estes elementos, enumerados aquí moi esquematicamente, configuran o contexto e establecen condicionantes para a conformación da variedade estándar do galego, e nomeadamente para o estándar oral. 5. O estándar oral e a procura da “autenticidade” fonética Nunha situación coma a descrita, os criterios que orienten a forma da lingua oral estándar deberían ser coherentes cos que serven de guía para o estándar escrito, e que son, en esquema (Normas 2012: 9-11): a) continuidade coa lingua falada pola comunidade b) actitude purista fronte á influencia do español c) atención á extensión xeográfica e demográfica das formas consideradas d) preferencia polas formas conservadoras fronte ás innovadoras e) harmonía coas demais linguas romances e co portugués en particular, especialmente para a adaptación de termos novos O criterio (e) implica seguir o comportamento dos estándares europeos, ou cando menos os das linguas veciñas, entre o que se atopa a dependencia do estándar oral respecto da lingua escrita e a correspondencia coas variedades faladas polas elites urbanas. No caso do galego, o problema reside na inexistencia de elites urbanas prestixiosas que falen galego. Unha alternativa sería o modelo das elites culturais e o modelo maioritario da esfera pública, que de facto tende a ocupar ese lugar. Mais eses modelos a miúdo presentan trazos fonéticos máis semellantes ao español ca aos modelos descritos para o galego (cfr. máis arriba sección 3). Non obstante, os criterios (a, b, c, d), e en boa parte tamén (e), no tocante á aproximación ao estándar portugués, levan a defender un modelo fonético que responda ao que percibimos como “acento galego”, que reuniría características como a pronuncia de sete vogais tónicas (colle [ɔ] / colle [o]), vogais átonas reducidas (máis pechadas e centralizadas ca as tónicas: bonito [bʊˈnitʊ]), contraste Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 139 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 entre /s/ e /ʃ/ (unha xuíza suíza), nasal velar [ŋ] (unha, cen, un home, en Ourense), así como unha prosodia congruente con eses modelos de galego (cfr. Fernández Rei 2005). Este modelo xa foi defendido en traballos anteriores (Regueira 2005, 2012), e aséntase en criterios como evitar os elementos tomados do español, a continuidade coa lingua tradicional e mais a aproximación ao portugués, que son amplamente compartidos entre a comunidade de persoas usuarias do estándar galego e que, por tanto, constitúen bases sólidas de lexitimidade para a súa defensa. Tamén son congruentes coas posicións defendidas por Freixeiro (2009, 2014) e Sanmartín (2009) ou Sánchez Rei (2014), aínda que os postulados ideolóxicos dos que se parte sexan parcialmente diferentes. En Regueira (2005, 2012) partíase do concepto de “autenticidade”, entendida fundamentalmente como continuidade coa lingua histórica (Eira & Stebbins 2008; Coupland 2003), mentres que en Freixeiro (2009, 2014) utilízase o concepto de “calidade” da lingua, “no sentido de a lingua ser fiel a si propia e de preservar os trazos históricos básicos que a singularizan como tal” (Freixeiro 2014: 49). Mais, a pesar de que ambas posturas representan ideoloxías lingüísticas parcialmente diferentes, os modelos fonéticos propostos son coincidentes no fundamental. Un problema non menor é que ese modelo fonético posúe os trazos característicos do galego falado polas clases populares e que é percibido como “rural”. Sabemos que este modelo de galego é o que goza de menor prestixio na sociedade actual, como concluía o traballo sobre as actitudes da xuventude galega diante das variedades lingüísticas citado máis arriba (González 2003), en que o acento galego, tanto nas voces que falan galego coma nas que falan español, era percibido como propio de persoas con pouco éxito social, mentres que as que falaban con “acento castelán” eran vistas como innovadoras e competentes. O galego percibido como “normativo” era asociado aos “neofalantes urbanos” (p. 186). Os prexuízos contra as variedades rurais están presentes en todo o proceso de recuperación do galego como lingua escrita (Recalde 2018). Xa desde os primeiros anos deste proceso son frecuentes as oposicións entre o galego “tosco y rudo” da xente do campo e o “culto y pulido” das “villas y ciudades civilizadas”, como establecía Vicente de Turnes en 1860 (cfr. Kabatek 1992). As excepcións son moi escasas, e entre elas cómpre mencionar a Juan Antonio Saco Arce, quen na súa gramática defende a fala dos “rústicos” como a máis pura, fronte á “abigarrada mezcla de gallego y castellano” que se usa nas cidades (Saco 1868: viii). Este prexuízo de ruralidade segue estando presente na sociedade actual e atinxe sobre todo a determinados aspectos fonéticos que se desvían da lingua das elites urbanas. Entre eles están algúns fenómenos que son discutidos (coma a gheada e o seseo), mais sobre todo a pronuncia de vogais medias moi baixas (abertas), vogais átonas moi Xosé Luís Regueira 140 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 elevadas (pechadas) ou entoacións que son sentidas como moi distantes da lingua desas clases urbanas (e do español). Precisamente algunhas desas características son as que achegan máis o galego ao portugués e que permitirían que o galego non fose percibido como pronunciado con fonética española (cfr. máis arriba sección 3). Por outra parte, este prexuízo, baseado nunha oposición que concibe o rural como periférico e atrasado fronte ao urbano como central e moderno, xa non se corresponde coa realidade actual, pois é no medio rural onde se están a producir innovacións que levan á aparición de profesionais modernos e integrados na economía da globalización, moitas veces en maior medida do que ocorre nas cidades (cfr. Fernández Rei & Regueira 2019). As actitudes lingüísticas presentes na sociedade actual, non obstante, parecen confirmar que as variedades que nos aspectos fónicos coinciden cos modelos que se propoñen como “auténticos” ou de “calidade” son as que teñen menor prestixio social. Nas conclusións dos estudos sobre as actitudes recollidos en González (2003) propoñíase “que se difundan modelos de prestixio asociados á fonética galega” (p. 186) e en Regueira (2012) sinalábanse os medios de comunicación e a actividade pública (especialmente a linguaxe política) como dous ámbitos nos que debería centrarse a atención para conseguir a presenza progresiva de modelos con esas características. Neste último traballo insistíase na necesidade de contar co coñecemento de modelos comunicativos equivalentes do portugués, como fonte imprescindible de recursos e de modelos lingüísticos e comunicativos. Mais esta meta está lonxe de ser alcanzada, posto que o contacto cos modelos discursivos do portugués, tanto no xornalismo coma na política, é moi reducidos ou inexistente. En Galicia o portugués conta cun prestixio social reducido, por máis que sexa unha lingua internacional. Así a todo, o achegamento ao portugués é visto de maneira favorable pola maioría das persoas que utilizan a lingua estándar e, ademais, figura explicitamente entre os criterios do estándar escrito oficial. O achegamento ao portugués parece imprescindible para evitar, ou cando menos reducir, a dependencia excesiva dos modelos falados en español que se observa actualmente nestes dous ámbitos. Esta dependencia é especialmente notable na linguaxe política, na que se toman ou se calcan do discurso político español elementos léxicos, expresións, metáforas e modelos discursivos completos (cfr. Regueira 2016a). Canto ás voces que poderían incorporar eses “modelos de prestixio”, nos medios de comunicación existen profesionais que gozan de recoñecemento e que foron desenvolvendo unha conciencia clara da importancia do seu papel e que xa emprenderon de maneira máis ou menos decidida ese camiño. Poderían mencionarse un número importante de xornalistas da Radio Galega, da Televisión Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 141 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 de Galicia, da Televisión Española en Galicia e dalgúns outros medios, que se incrementaría notablemente co número de actores e actrices e de profesionais da dobraxe, que levan anos traballando na mellora dos modelos comunicativos das súas áreas. Unha comparación entre as voces destes medios dos anos 1990 e das que se oen actualmente pode ser esclarecedora neste sentido. Mais, por contra, no ámbito político a situación é ben diferente, xa que non se conta con voces que incorporen de maneira clara e decidida un modelo semellante ao que se propón aquí. En todo caso, no referente aos modelos lingüísticos e comunicativos da lingua oral para os medios e para o discurso público, son as persoas expertas en cada un deses campos as que teñen a responsabilidade de asumir a elaboración das variedades lingüísticas que van utilizar no desenvolvemento das súas actividades. Non sería funcional nin adecuado que eses modelos fosen elaborados por persoas expertas en lingüística en calquera ámbito académico, pero alleo á actividade de que se trate. De feito, isto xa está sucedendo, porque non pode ser doutra maneira. Pénsese na lingua dun mitin político ou a dunha transmisión deportiva, por poñer dous exemplos diferentes. Sen dúbida as persoas expertas en lingüística podemos contribuír, mais o noso papel non é o de protagonistas, senón o de conselleiros (no sentido propio do termo) ou de asesores. As protagonistas deste proceso deben ser as profesionais que están a utilizar, e a elaborar, esas variedades coa súa actividade e co seu traballo. Nos medios de comunicación xa parece haber un certo número de profesionais que teñen unha mirada sobre esta cuestión diferente da que viña sendo habitual en tempos pasados, mais non parece ser así aínda no ámbito político. 6. Conclusións A elaboración de modelos de lingua estándar é unha tarefa asociada aos procesos de “normalización” das linguas, e na medida en que o galego pretenda converterse nunha lingua “normal” (i.e. utilizada en situacións de formalidade en que se require un modelo codificado e institucionalizado de lingua) ten que contar con esa variedade. A lingua estándar é un modelo de lingua prestixiada para determinados usos, o que Bourdieu (1982) denominaba a “lingua lexítima”. Mais ha de terse en mente que os estándares son construtos ideoloxicamente cargados, que inevitablemente representan en maior grao a lingua de determinados grupos sociais e que, en consecuencia, supón a exclusión ou a marxinación dos grupos que utilizan variedades diferentes. Na medida en que se propoñan criterios puristas (i.e., que seleccionen determinadas formas como “auténticas” ou como marcas de “calidade”) córrese o risco de considerar “inauténticas” ou de “baixa calidade” a todas as persoas que se desvíen deses requisitos (p.e. persoas que están a aprender Xosé Luís Regueira 142 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 a lingua, “neofalantes”, falantes menos escolarizados etc.). Por tanto, desde unha perspectiva democrática, debe actuarse con enorme cautela para non incorrer en discriminacións e reproducir ideoloxías de superioridade dunhas variedades sobre outras que reproducen, noutro nivel, aquelas que se está a combater. Einar Haugen (1966: 26) advertía que “Language planning is […] still more of an art than a science. Like politics, of which it is a part, it is the art of the possible”. A planificación lingüística é sempre unha cuestión política, e está mediada inevitablemente pola ideoloxía (lingüística, social, política) das persoas que a levan a cabo. Non hai posibilidade, por tanto, de establecer “cientificamente” un estándar. A lingüística pode ser unha ferramenta que axude a tomar decisións, mais estas obedecerán sempre a criterios de natureza diversa. Como advirte Klaus Zimmermann na cita que se reproduce na introdución deste artigo, os lingüistas que están implicados en operacións deste tipo actúan sobre todo como membros da comunidade de falantes máis ca como especialistas. Desde o punto de vista da lingüística non existen criterios que indiquen a superioridade dunha variedade sobre outra nin dunhas formas respecto doutras, e así o seu papel centrarase en comprender o que as persoas que falan están a facer coa lingua nas súas interaccións. No caso do galego, como se viu, a variación é moi rica, e moitos dos recursos fónicos, gramaticais e léxicos están a ser empregados por diferentes persoas en situacións comunicativas concretas para construír e negociar identidades sociais, políticas e ideolóxicas determinadas. En boa parte da sociedade actual, e sobre todo entre as persoas que utilizan de maneira frecuente a lingua estándar, especialmente na actividade pública, parece estendida a idea de que é preciso un certo “purismo proactivo” (no sentido que lle dá Zimmermann 2003) que contribúa a crear modelos de lingua que manteñan a fidelidade ás variedades históricas do galego (se preferirmos, “auténticos”) e que asemade permitan crear novas identidades sociais ligadas á modernidade e á innovación cultural e social. Mais calquera planificación que se pretenda realizar debe partir dos coñecementos proporcionados polo estudo deses usos e tratar de comprender a súa funcionalidade na interacción social. Urxe, por tanto, dirixir os esforzos da lingüística galega a estudar a variación que se pode observar ao noso arredor, nas rúas das nosas cidades, entre o alumnado das nosas aulas, nos medios de comunicación ou nas nosas comunidades de práctica. Só entendendo as funcións que os diferentes elementos lingüísticos e os diferentes repertorios están a cumprir, así como as ideoloxías que subxacen nesas prácticas, será posible tratar de realizar propostas con posibilidades de ter algún efecto. Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística... 143 Revista Galega de Filoloxía, 2019, 20: 119-147 ISSN 1576-2661 / e-ISSN 2444-9121 Referencias Abuín Soto, Manuel (1970). El castellano hablado en las Rías Bajas. Tese de doutoramento. Universidad de Oviedo. Aguete, Alba (2017). “Factores externos na variación do vocalismo galego. Estudo perceptivo”. En X. L. Regueira & E. Fernández Rei (eds.), Estudos sobre o cambio lingüístico no galego actual. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 63-97. Álvarez, Rosario & Xove, Xosé (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia. Amengual, Mark & Pilar Chamorro (2015). “The effects of language dominance in the perception and production of the Galician mid vowel contrasts”. Phonetica 72, 207-236. Bauman, Richard & Briggs, Charles L. (2003). Voices of modernity: language ideologies and the politics of inequality. Cambridge: Cambridge University Press. Blommaert, Jan (2010). The sociolinguistics of globalization. Cambridge: Cambridge University Press. Bourdieu, Pierre (1982). Ce que parler veu dire: l’économie des échangements linguistiques. Paris: Fayard. Bucholtz, Mary & Kira Hall (2005). “Identity and interaction: a sociocultural linguistic approach”. Discourse Studies 7, 585-614. Coulmas, Florian (2018). “Urbanisation and linguistic multitude”. En D. Smakman & P. Heinrich (eds.), Urban sociolinguistics. The city as a linguistic process and experience. London / New York: Routledge, 12-24. Coupland, Nikolas (2003). “Sociolinguistic authenticities”. Journal of Sociolinguistics 7, 3, 417-430. Chakrabarty, Dipesh (2000). Provincializing Europe: postcolonial thought and historical difference. Princeton / Oxford: Princeton University Press. Dubert, Francisco (2002). “Os sociolectos galegos”. Cadernos de Lingua 24, 5-27. Eira, Christina & Stebbins, Tonya N. (2008). “Authenticities and lineages: revisiting concepts of continuity and change in language”. International Journal of the Sociology of Language 189, 1-30. Fairclough, Norman (1989). Language and power. Harlow: Longman. Fernández Rei, Elisa (2005). “O estándar prosódico”. En R. Álvarez & H. Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación, 97-125. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (2019). “Cambio lingüístico, ruralidade e creación de novas identidades sociais”. Relatorio presentado no IV Simposio Internacional EDISO (Santiago de Compostela, 5-7 de xuño de 2019).