Full text
Facultade de Xeografía e Historia Grao en Historia da Arte Pistoia e Santiago de Compostela: relación e culto ao Apóstolo. María Rodríguez Senra Tutora: Marta Cendón Fernández Departamento de Historia da Arte Antiga e Medieval Curso 2022/2023
Índice Resumo ............................................................................................................................. 1 Resumen ........................................................................................................................... 1 Abstract ............................................................................................................................. 2 1. Introdución ................................................................................................................ 3 2. O apóstolo Santiago .................................................................................................. 5 2.1 A lenda do apóstolo Santiago ............................................................................ 8 2.1.1 Passio maior ............................................................................................... 9 2.1.2 Translatio ................................................................................................. 10 2.2 Representacións iconográficas de Santiago o Maior ....................................... 11 2.2.1 Apóstolo ................................................................................................... 11 2.2.2 Peregrino ................................................................................................... 12 2.2.3 Cabaleiro ................................................................................................... 13 3. O culto a Santiago o Maior en Compostela............................................................. 15 4. A peregrinación dende Italia ................................................................................... 17 5. De Santiago a Pistoia............................................................................................... 23 5.1 O culto a Santiago na cidade de Pistoia ........................................................... 24 5.1.1 Opera di San Jacopo ................................................................................ 29 5.1.2 Patrón da cidade........................................................................................ 30 5.1.3 O altar de San Jacopo ............................................................................... 31 5.2 Iconografía de Santiago o Maior en Pistoia ..................................................... 34 5.3 As tradicións populares .................................................................................... 36 6. Conclusións ............................................................................................................. 38 7. Fontes primarias e bibliografía ................................................................................ 39 8. Anexos ..................................................................................................................... 44
1 Resumo A partir do século XII, trala chegada dunha reliquia ósea do apóstolo Santiago e dunha copia incompleta do Codex Calixtinus, a cidade de Pistoia consagrouse como a “Compostela Italiana”, quedando baixo o padroado do santo e mergullada no seu culto. O acontecemento resultou tan relevante, que a cidade toscana quedou fixada coma unha das etapas fundamentais da peregrinación italiana a Santiago, xa que conseguiu conformar un novo lugar de devoción ao apóstolo no altar de San Jacopo da catedral pistoiense. Todos os intercambios socioculturais realizados nas peregrinacións italianas a Compostela foron os que axudaron a adoptar na cidade unha iconografía propia nas artes visuais e na arquitectura local, ademais de incorporar un culto xacobeo particular que estaba adaptado ao contexto propio da cidade, e que sempre se viu influído pola haxiografía, as tradicións e a cultura local compostelá. A creación deste novo centro de peregrinación cristiá en Italia foi iniciado hai nove séculos, e continúa vixente na actualidade coa presente irmandade de ambas cidades. Palabras chave: Pistoia, Santiago, Reliquia, Peregrinación, Culto. Resumen A partir del siglo XII, tras la llegada de una reliquia ósea del apóstol Santiago y de una copia incompleta del Codex Calixtinus, la ciudad de Pistoya se consagró como la “Compostela Italiana”, quedando bajo el patronato del santo y sumergida en su culto. El acontecimiento resultó tan relevante, que la ciudad toscana quedó fijada como una de las etapas fundamentales de la peregrinación italiana a Santiago, ya que consiguió conformar un nuevo lugar de devoción al apóstol en el altar de San Jacopo de la catedral pistoyense. Todos los intercambios socioculturales realizados en las peregrinaciones italianas a Compostela fueron los que ayudaron a adoptar en la ciudad una iconografía propia en las artes visuales y en la arquitectura local, además de incorporar un culto jacobeo particular que estaba adaptado al contexto propio de la ciudad, y que siempre se vio influido por la hagiografía, las tradiciones y la cultura local compostelana. La creación de este nuevo centro de peregrinación cristiano en Italia fue iniciado hace nueve siglos, y continúa vigente en la actualidad con la presente hermandad de ambas ciudades. Palabras clave: Pistoya, Santiago, Reliquia, Peregrinación, Culto.
2 Abstract From the 12th century onwards, following the arrival of a bone relic of the Apostle St. James and an incomplete copy of the Codex Calixtinus, the town of Pistoia was consecrated as the "Italian Compostela", coming under the patronage of the saint and immersed in his cult. The event was so important that the Tuscan town became one of the fundamental stages of the Italian pilgrimage to Santiago, as it succeeded in creating a new place of devotion to the apostle on the altar of San Jacopo in Pistoia's cathedral. All the socio-cultural exchanges that took place during the Italian pilgrimages to Compostela were what helped the city to adopt its own iconography in the visual arts and in local architecture, as well as incorporating a particular Jacobean cult that was adapted to the city's own context, and which was always influenced by the hagiography, traditions and local Compostelan culture. The creation of this new centre of Christian pilgrimage in Italy was initiated nine centuries ago, and continues to this day with the present twinning of the two cities. Key words: Pistoia, Santiago, Relic, Pilgrimage, Cult.
3 1. Introdución O termo “peregrinación” asóciase, nun primeiro momento, coas máis primitivas formas de desprazamento humano 1 ata a chegada da espiritualidade paleocristián, onde os sepulcros de santos e mártires comézanse a converter no centro da vida eclesiástica das rexións, permitindo así, que, xa no Alto Medievo da Europa Occidental, os bispos puidesen basear o seu poder en torno á organización destes, atraendo o influxo da peregrinaxe cara os lugares sacros, como é o caso de Santiago de Compostela e Pistoia 2 . A orixe da peregrinación a Santiago de Compostela, e da creación do coñecido Camiño, ten lugar no século IX, co descubrimento dos restos do apóstolo Santiago o Maior, fillo de Zebedeo 3 , e a posterior construción do santuario relixioso que os albergaba. No caso de Compostela, o fenómeno da peregrinación crea unha ruta que pode estenderse máis alá das motivacións relixiosas 4 , converténdose nunha das peregrinatio maior, xunto a Xerusalén e Roma 5 . O emerxente culto ao apóstolo Santiago, e o feito da peregrinación, adoptouse con importancia na cidade italiana de Pistoia ao longo do século XII, cando se consagrou, no interior da Catedral, o altar de prata que garda a reliquia do corpo do apóstolo, doada anos atrás polo arcebispo compostelán Diego Xelmírez ao bispo italiano Atto, o 25 de xullo de 1144 6 . A partir desta data é cando se da comezo ao culto xacobeo en Pistoia, consagrando a Santiago coma patrón da cidade ata hoxe en día, e relacionando á cidade coma unha das 1 Lopez, L. (2012). La imagen de Santiago de Compostela y del Camino en Italia. Una aproximación desde la geografía cultural. [Tesis de Doctorado, Universidad de Santiago de Compostela]. Repositorio institucional – Universidad de Santiago de Compostela, p. 15 2 Gai, L. (1988). Il Cammino di Santiago: Storia della devozione medioevale per l’apostolo Giacomo il maggiore, protettore della Spagna e patrono di Pistoia. Comitato di S. Jacopo, Pistoia, p. 2 3 Santos Solla, X. M. (2006). El Camino de Santiago: turistas y peregrinos hacia Compostela. Cuadernos de Turismo, (18), 135-150, p. 136 4 Ibidem. 5 Plötz, R. (2006). “El Camino de Santiago. Puente histórico de comunicación entre las naciones europeas y signo de la nueva Europa”, en Actas del VII Congreso Internacional de Asociaciones Jacobeas (pp. 35- 54). Centro de Estudios Jacobeos, p. 5 6 D’Apruzzo, A. (2016). Il culto di San Giacomo Maggiore e l’immagine iacobea a Pistoia. [Tesis de maestría no publicada]. Alma Mater Studiorum, Universidad de Bologna, p. 1
4 etapas fundamentais da peregrinación en Italia ao acoller aos pasaxeiros da vía Francíxena 7 . A chegada da reliquia á cidade toscana acompañouse tamén dunha copia incompleta do Liber Sancti Jacobi, coñecido popularmente coma Codex Calixtinus, do que se fala por primeira vez no meticuloso estudio de Lucia Gai: L’altare argenteo di san Jacopo nel duomo di Pistoia 89 . O códice é considerado o documento haxiográfico compostelán máis importante dedicado á vida do santo e está directamente relacionado co Camiño de Santiago e co culto xacobeo 10 , e a súa lectura conseguiu influír de xeito directo en Pistoia, na organización arquitectónica no espazo dedicado ao apóstolo Santiago dentro da súa catedral e na súa haxiografía local 11 . Deste xeito, aínda que o nacemento do culto xacobeo en Pistoia estivese directamente ligado á cidade de Santiago, cos anos esta puido desenvolver unha iconografía e cultura xacobea propia, adaptándose á realidade local e establecendo unhas tradicións e unha haxiografía local semellante á compostelá 12 . Con este traballo preténdese realizar unha extensa revisión bibliográfica que permita un achegamento á relación existente entre as cidades de Santiago de Compostela e Pistoia a través da figura do apóstolo Santiago e a súa devoción. Para elo, expoñerase unha análise na que se deliñará a figura do apóstolo para poder explicar a súa lenda e o conseguinte culto na cidade galega. E nunha segunda parte, procurarase revisar a chegada do culto a Santiago o Maior a Italia, centrándose especialmente na cidade toscana de Pistoia, para así poder realizar unha análise da influencia do culto xacobeo nela, na 7 D’Apruzzo, A. (2019). “Pellegrinaggio iacobeo e committenza francescana: il caso di Pistoia”, en V Ciclo di Studi Medievali (pp. 227-233). NUME, Nuovo Medioevo, gruppo di ricerca sul Medioevo latino, p. 9 8 Gai, L. (1984). L’altare argenteo di San Iacopo nel Duomo di Pistoia. Contributo alla storia dell’oreficeria gotica e rinascimentale italiana. Umberto Allemandi & C., Torino. 9 Díaz y Díaz, M. (1984). “El texto y la tradición textual del Calixtino”, en Atti del Convegno Internazionali di Studi. Pistoia e il Cammino di Santiago: Una dimensione europea nella Toscana medioevale, Pistoia 28-30 settembre, 1984 (pp. 23-56). Edizioni Scientifiche Italiane, p. 23 10 Temperán Villaverde, E. (1997). La liturgia propia de Santiago en el Códice Calixtino. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, p. 7 11 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 1 12 Ibidem.
5 evolución da iconografía nas artes visuais e na arquitectura da cidade e nas propias tradicións populares tralo establecemento do santo coma patrón da cidade. Abordarase a realización do traballo dende as fontes primarias tales coma o Codex Calixtinus, xa nomeado, e as Sagradas Escrituras, así coma dende as súas interpretacións e traducións máis modernas. Por outra parte, farase uso da máis extensa recompilación bibliográfica posible que aborde o tema a tratar nas diferentes linguas: castelán, galego, inglés e italiano, para así explicalo con detemento dende unha perspectiva analítica e crítica contemporánea. 2. O apóstolo Santiago Santiago, fillo de Zebedeo e María Salomé, e irmán de Xoán Evanxelista, foi un dos doce apóstolos que na primavera do ano 28 d.C. decidiu renunciar a todo para seguir ao Señor 13 . “Máis adiante atopou outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello. Tamén os chamou, e eles coa mesma deixaron a barca e mais a seu pai e seguírono.” (Mt, 4:21-22). Foi comunmente chamado Santiago o Maior para así poder distinguilo do outro apóstolo chamado Santiago de Alfeo, máis coñecido coma Santiago o Menor 14 , e porque, ademais, foi o primeiro dos apóstolos en seguir a Cristo, o primeiro en sufrir o martirio, e o máis querido e parecido a Xesús 15 , segundo sinala Caucci von Saucken. Segundo o Evanxeo de san Marcos, tamén se lle coñece coma “Boanerxes”, é dicir, fillo do trono: “Estes foron os Doce que designou: Simón, a quen lle puxo de nome Pedro; Santiago, o fillo de Zebedeo e mais o seu irmán Xoán, ós que lles puxo de sobrenome Boanerxes, que quere dicir fillos do Trebón.” (Mc, 3:16-17). Isto débese 13 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Il Cammino Italiano a Compostela. Il pellegrinaggio a Santiago di Compostella e l’Italia. Università degli studi di Perugia, p. 9 14 Rafanelli, F. (2015). San Giacomo Apostolo. Diocesi di Pistoia. https://www.diocesipistoia.it/sangiacomo-apostolo/?preview=true&preview_id=4104, p.1 15 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 9
6 probablemente ao seu vehemente e impetuoso carácter e ao seu afán de difusión da fe 16 , aínda que pode relacionarse tamén co episodio narrado no Evanxeo de san Lucas: Cando se ía cumprir o tempo de que o levantase deste mundo, decidiu en firme ir a Xerusalén. Mandou mensaxeiros por diante. Entrando estes nunha aldea de samaritanos, para lle prepararen pousada, non o recibiron, porque lle coñeceron que ían cara a Xerusalén. O veren isto, os discípulos Santiago e Xoán dixeron: Señor, ¿queres que digamos que baixe do ceo un raio que os parta? Pero el volveuse e rifoulles. E foron para outra aldea. (Lc, 9:51-56). Ademais, tamén no Codex Calixtinus, fálase deste sobrenome utilizado polo Mesías para nomear aos irmáns e enxalzar as súas virtudes e o seu rotundo carácter coma evanxelizadores de xudeus 17 : Santiago e San Xoan, debido a que estaban ligados por vínculos de irmandade de carne e de espírito, non reciben nomes individualmente, senón en común, por razón da súa firmeza na fe e magnanimidade son chamados Boanerxes, isto é, fillos do trono. ¿E que trono é este, cuxos fillos foron feitos Santiago e Xoán? Indubidablemente, o que retumbou dende a nube sobre Cristo [...] ¡Oh admirable benignidade do Salvador, que converte as dotes naturais de Santiago e San Xoán en dons da graza! [...] O trono fere as nubes, emite lóstregos, fai tremer a terra e régaa coa choiva. Isto, en sentido figurado, concedeullo o Señor a Santiago e a San Xoán en maior abundancia que aos demais. E debido a que Santiago era o de máis idade, por iso a orde esixía que empezase a tronar o primeiro. Por tanto, despois da Ascensión do Señor, Santiago, cheo do Espírito Santo, feriu as nubes xudaicas coa súa predicación. Atacou a malicia dos xudeus, botoulles en cara a dureza do seu corazón e confundiu a súa envexa. A malicia, porque debendo avergoñarse dos seus pecados, non 16 Rodríguez, M. F. (2010). “Boanerges”, en M. F. Rodríguez (ed.), Gran Enciclopedia del Camino de Santiago, Diccionario de la Cultura Jacobea. (Vol. 3). Ediciones Bolanda, Santiago de Compostela, p. 99 17 Ibid., p. 100
7 só non se corrixían, senón que perseguían aos que os amoestaban, con odio implacable. (Codex Calixtinus, Libro I, Capítulo XV pp. 163- 164) 18 . É nos Evanxeos e nos Feitos dos Apóstolos onde se recollen as primeiras referencias ao santo, e onde se recollen as súas vivencias coma discípulo de Xesús, despois de responder á chamada deste mentres pescaba no lago Tiberíades xunto a Xoán, Pedro e Andrés 19 . A figura de Santiago foi moi destacable dentro do conxunto apostólico, o que lle permitiu poder asistir, xunto aos apóstolos Pedro e Xoán, a algúns dos momentos máis importantes da vida do Mesías 20 ; entre eles destaca a resurrección da filla de Xairo: “E non permitiu que ninguén o acompañase, fóra de Pedro, Santiago e Xoán, o irmán de Santiago [...] Colleuna pola man e díxolle: Talitha, qumi (que quere dicir: “rapaza, érguete”). A rapaciña ergueuse de contado, e botouse a andar.” (Mc, 5:37-42); a transfiguración de Cristo: “Seis días despois, colleu Xesús a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán, e subiu con eles sós a un monte alto. Alí transfigurouse diante deles [...]” (Mt, 17:1-2); e a agonía no Getsemaní antes de ser arrestado: “E, levando consigo a Pedro e mais ós dous fillos do Zebedeo, empezou a poñerse triste e a sentirse fondamente angustiado. E díxolles: Morro de tristura; quedade aquí, e vixiade comigo.” (Mt, 26:37- 38). Tras as palabras de Xesús previas á súa Ascensión aos ceos: “Pero recibiredes a forza do Espírito Santo, que virá sobre vós e seredes as miñas testemuñas en Xerusalén, en toda Xudea e Samaría e ata os confíns da terra.” (Feitos, 1:8), o apóstolo Santiago recibiu a súa perentoria iluminación o día do Pentecostés, e deu así comezo á súa misión coma evanxelizador xunto ao resto dos apóstolos 21 . 18 Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus. (2004), Moralejo, A., Torres, C. e Feo García, J. (trad.), Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, Santiago de Compostela. En adiante LSI. Tradución propia do texto orixinal. 19 Rodríguez, M. F. (2010). “Santiago el Mayor”, en M. F. Rodríguez (ed.), Gran Enciclopedia del Camino de Santiago, Diccionario de la Cultura Jacobea. (Vol. 16). Ediciones Bolanda, Santiago de Compostela, p. 9 20 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 19 21 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 10
14 era un prelado de orixe grega que recibiu a aparición do santo tras regañar a uns fieis que chamaban ao apóstolo “bo cabaleiro” e non pescador 56 : [...] E o santo home de Deus levando a mal que os aldeáns chamasen ao Apóstolo cabaleiro increpoulles dicindo: <<Aldeáns parvos, xente necia, a Santiago debedes chamarlle pescador e non cabaleiro>>. [...] Pero na noite do mesmo día en que o home lembrara isto de Santiago, aparecéuselle el mesmo vestido de branquísimas roupas e non sen cinguir armas que sobresaían en brillo aos raios do sol, como un perfecto cabaleiro, e ademais con dúas chaves na man. E chamándoo tres veces faloulle así: <<Estevo, servo de Deus, que mandaches que non me chamasen cabaleiro, senón pescador; por iso aparézocheme desta forma, para que non dubides máis de que milito ao servizo de Deus e son o seu campión e na loita contra os sarracenos precedo aos cristiáns e salgo vencedor por eles. [...] E para que creas isto máis firmemente con estas chaves que teño na man abrirei mañá ás nove as portas da cidade de Coimbra que leva sete anos asediada por Fernando, rei dos cristiáns, e introducindo a estes nela devolvereilla ao seu poder>>. Dito isto desvaneceuse aos seus ollos. (LSI, Libro II, Capítulo XIX, pp. 373- 374) 57 . Xurdiu, polo tanto, unha nova iconografía propia do santo cabaleiro, que máis tarde, a partir do século XV, no contexto da caída de Constantinopla, da culminación da conquista do reino nazarí, e da alerta constante contra o mundo musulmán, denominouse como Santiago Matamouros 58 . Esta representación caracterízase pola aparición do santo sobre un cabalo branco, que suxeita cunha man a bandeira branca coa cruz vermella, e coa outra unha gran espada desenvaiñada 59 . (Figura 3) 56 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 45 57 Tradución propia do texto orixinal. 58 Barral Rivadulla, M. D. (2023). “Santiago miles-Santiago Matamoros. Caminos de su imaginería en Galicia”, en Monteira Arias, I. (coord.), Almanzor y Carlomagno. El Camino de Santiago ante el islam en época medieval (pp. 161-184). Ediciones Trea, Gijón, p. 174 59 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 28
15 3. O culto a Santiago o Maior en Compostela A lenda e a devoción polo apóstolo sobrepóñense para crear un lugar sagrado acorde ás necesidades dos fieis, e no caso de Santiago, o mito da súa orixe reside no século IX, na inventio do seu sepulcro 60 , e de dous dos seus discípulos chamados Teodoro e Atanasio 61 , en Compostela. Este descubrimento foi recollido por primeira vez nunha narratio incluída na Concordia de Antealtares do ano 1077 62 : No ano 813 o ermitán Paio, dicía os oficios sagrados aos poboadores próximos á Igrexa de San Fiz de Solovío preto de Amaía nun lugar chamado “Liberum Donum”, Libredón, cando en días sucesivos viu brillar unha estela sobre un alto carballo no medio do bosque, no momento de achegarse ao lugar escoitou cánticos espirituais. Paio comunicou os feitos ao bispo de Iría Flavia, Teodomiro, onde pertencía ese territorio, o bispo acudiu acompañado doutros sacerdotes comprobando o suceso, cortouse a maleza ata chegar a unha cova na que había un enterramento romano coas tumbas que atribuíron ao Apóstolo Santiago e aos seus discípulos. Posteriormente o bispo comunicou o achado ao rei Asturiano Alfonso II o Casto quen chegou a Libredón para observar o feito, ordenando que se construíse unha igrexa sobre o mesmo sitio do achado, consideróuselle a primeira Catedral, á que doou unha superficie de tres millas ao seu redor. Este descubrimento púxose en coñecemento do Papa León III, quen o fixo coñecer á humanidade mediante unha bula, ao mesmo tempo comunicouse ao emperador de Europa Carlomagno (788-816) na súa sede de Aquisgrán. (Concordia de Antealtares, 1077) 63 . 60 Lopez, L. (2012). Op. Cit., p. 81 61 García Iglesias, J. M. (2011). Op. Cit., p. 14 62 Rodríguez, M. F. (2010). “Concordia de Antealtares”, en M. F. Rodríguez (ed.), Gran Enciclopedia del Camino de Santiago, Diccionario de la Cultura Jacobea. (Vol. 5). Ediciones Bolanda, Santiago de Compostela, p. 166 63 Tradución propia do texto orixinal.
16 Recóllense tamén diferentes versións da chamada inventio noutras fontes medievais, coñecidas coma o Cronicón Iriense (finais do s. XI), a primeira parte da Historia Compostelá (ca. 1110) e o cartulario nomeado como Tombo A (ca. 1129) 64 . Ademais, na Historia Turpini do Codex Calixtinus, nárrase por primeira vez, de xeito previo á inventio, a presencia da tumba do apóstolo en Galicia, mediante a descrición dun soño do emperador Carlomagno, que viaxaba dende Roncesvalles ata Galicia 65 : E enseguida viu no ceo (Carlomagno) un camiño de estrelas que empezaba no mar de Frisia e, estendéndose entre Alemaña e Italia, entre Galia e Aquitania, pasaba directamente por Gascuña, Vasconia, Navarra e España ata Galicia, onde entón se ocultaba, descoñecido, o corpo de Santiago. [...] E mentres con gran interese pensaba isto, un cabaleiro de aparencia espléndida e moito máis fermosa do que pode dicirse, aparecéuselle nun soño durante a noite, dicíndolle: [...] Eu son – contestou- Santiago apóstolo, discípulo de Cristo [...] O camiño de estrelas que viches no ceo significa que desde estas terras ata Galicia has de ir cun gran exército a combater ás pérfidas xentes pagás, e a liberar o meu camiño e a miña terra, e a visitar a miña basílica e sartego. E despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar, pedindo o perdón dos seus pecados e pregoando os encomios do Señor, as súas virtudes e as marabillas que obrou. E en verdade que irán desde os teus tempos ata o fin da presente idade. (LSI, Libro IV, Capítulo I, pp. 411- 412) 66 . Aínda con pequenas variantes, causadas pola expansión do culto ao apóstolo e da necesidade dunha sede episcopal na cidade, estas fontes sempre remiten ao mesmo nacemento do culto xacobeo en Compostela baixo os reinados de Teodomiro e Alfonso 64 López Alsina, F. (1994). “La invención del sepulcro de Santiago y la difusión del culto jacobeo”, en El Camino de Santiago y la Articulación del Espacio Hispánico (pp. 59-83). Gobierno de Navarra, Pamplona, p. 65 65 Lopez, L. (2012). Op. Cit., p. 82 66 Tradución propia do texto orixinal.
17 II 67 , e é a partir deste momento, coa creación da nova igrexa románica que alberga os restos do apóstolo, cando comeza o fenómeno da peregrinación a Santiago de Compostela. Desta maneira, o feito da inventio converteuse no factor elemental da expansión do culto xacobeo, xa que se expuso coma unha nova posibilidade de peregrinar ao sepulcro dun dos apóstolos de Occidente 68 , e polo tanto, conlevou tamén, á creación de novos santuarios dedicados a Santiago o Maior para aqueles que non puideran viaxar ata Compostela 69 , pero quixeran renderlle culto ao apóstolo. Por este motivo, en tempos do arcebispo Xelmírez, enviáronse a distintos sitios unha serie de reliquias corporais que tiñan como obxectivo realzar o culto apostólico 70 . Exemplo disto atópase no caso que se tratará no presente traballo co legado da cidade toscana de Pistoia. 4. A peregrinación dende Italia A peregrinación á tumba do apóstolo Santiago iniciouse enseguida, despois do descubrimento dos seus restos, polo que Compostela comezou a crecer en torno aos camiños de entrada á cidade ao mesmo tempo que se expandiu con moita rapidez a construción de hospitais para peregrinos ao longo das diversas vías que levaban cara Compostela, facilitando así, a rapidez da difusión do fenómeno por todo o mundo 71 . No caso de Italia, as súas etapas máis esenciais xa eran coñecidas en Santiago de Compostela dende inicios do século XII, como é recollido no Capítulo XVII, do Libro I do Codex Calixtinus 72 : “Hainos quen procuran que os seus servos aprendan estes enganos, e envíanos a [...], a Piacenza, a Lucca, a Roma, a Bari e a Barletta.” (LSI, Libro I, Capítulo XVII, p. 212) 73 . 67 Ibid., p. 79 68 Ibid., p. 82 69 Ibid., p. 84 70 García Iglesias, J. M. (2011). Op. Cit., p. 17 71 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 77 72 Gai, L. (1988). Op. Cit., p. 37 73 Tradución propia do texto orixinal.
18 Os peregrinos italianos que querían dirixirse a Compostela utilizaban as principais vías preexistentes e contribuían á construción doutras novas rutas que se achegaban máis aos novos santuarios e hospedaxes próximos ás estradas 74 , buscando unha maior comodidade e visita a centros de espiritualidade xurdidos ao longo da súa peregrinación. Estas rutas estaban condicionadas pola estrutura morfolóxica da xeografía terrestre e orientábanse no sentido do curso da auga, aínda que tomando sempre coma referencia unidireccional, ás cidades ou os centros de maior forza expansiva 75 . É na Historia Compostelá, onde se refire por primeira vez a un peregrino italiano en Santiago. Este acudiu a Compostela dende Roma no ano 1121 para expresar unha recomendación do papa Calisto ao bispo Xelmírez 76 trala súa solución ás tensións existentes entre a sede papal de Roma e Santiago pola hexemonía da “capital” da confesión católica 77 : “Este fiel soldado noso tiña o desexo de visitar ao benaventurado Santiago Apóstolo.” (Historia Compostelá, ca. 1110) 78 . Fálase tamén dos primeiros fieis xacobeos que chegaban a Compostela dende Italia na Acta Sanctorum e na biografía dalgúns santos 79 . Exemplo é o de san Guillerme de Vercelli, que se pensa que no século XI peregrinou descalzo ata Santiago de Compostela con tan só quince anos, e que xunto con san Theobaldo de Mondovi, foi o primeiro santo italiano en chegar á catedral compostelá 80 . A maior parte de peregrinos italianos foron rexistrados na literatura odepórica de época renacentista, xa que estes recompilaban as testemuñas das súas experiencias nas peregrinacións xacobeas a Compostela en forma de literatura de viaxes. O maior exemplo deste tipo de peregrinos odepóricos, é o de Domenico Laffi, un clérigo bolognés que peregrinou un total de catro veces a Santiago de Compostela e a Fisterra, co obxectivo de 74 Ibidem. 75 Ibidem. 76 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 78 77 Outeiral Brión, S. (2010). “Italia”, en M. F. Rodríguez (ed.), Gran Enciclopedia del Camino de Santiago, Diccionario de la Cultura Jacobea. (Vol. 10). Ediciones Bolanda, Santiago de Compostela, p. 185 78 Tradución propia do texto orixinal. 79 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 79 80 Iglesias Villaverde, X. (2010). “Guillermo de Vercelli, San”, en M. F. Rodríguez (ed.), Gran Enciclopedia del Camino de Santiago, Diccionario de la Cultura Jacobea. (Vol. 9). Ediciones Bolanda, Santiago de Compostela, p. 120
19 ver e coñecer novos lugares, e de seguir a súa motivación pola devoción cristiá que o acompañaba 81 . Na súa segunda viaxe, realizada no ano 1670, escribiu Viaggio in Ponente a San Giacomo di Galitia e Finisterre per Francia e Spagna, onde narrou detidamente os detalles do seu periplo, da hospitalidade recibida ao longo deste, e onde retratou o itinerario seguido polo mesmo. Ademais, esta obra destacou por ser unha das máis extensas no referido á peregrinación polo culto xacobeo, e foi publicada en Bolonia no ano 1673 82 . É coñecido que o século XII foi o de maior devoción xacobea en Italia, especialmente na cidade toscana de Pistoia, na que a peregrinación a Compostela foi tan frecuente que se chegou a establecer unha correspondencia entre o bispo da cidade, Atto, e o arcebispo Diego Xelmírez 83 . Neste momento foi cando se comezaron a fundar o maior número de igrexas dedicadas ao culto do apóstolo, cando se realizaron novos hospedaxes, e cando se anexionaron aos templos relixiosos hospitais para peregrinos. Toda esta nova infraestrutura constituíuse o máis preto posible das principais vías que conducían a Galicia ao longo do Camiño de Santiago, como un feito favorable á peregrinación ao sepulcro do santo 84 . O quinto libro do Codex Calixtinus, coñecido popularmente como Guía do Peregrino, tivo unha clara influencia á hora de establecer e fixar as rutas xacobeas de peregrinación dende Francia ata Compostela, e foi unha das fontes máis completas de información acerca do Iter Sancti Jacobi, ou Camiño de Santiago: Son catro os camiños a Santiago que en Puente la Reina, xa en terras de España, reúnense nun só. Vai un por Saint-Gilles, Montpellier, Toulouse e o Somport; pasa outro por Santa María del Puy, Santa Fe de Conques e San Pedro de Moisaac; un terceiro diríxese alí por Santa María de Vézelay, por San Leonardo de Limoges e pola cidade de Périgueux; marcha o último por San Martín de Tours, San Hilario de Poitiers, San 81 Outeiral Brión, S. (2010). Op. Cit., p. 189 82 Ibidem. 83 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 80 84 Ibidem.
20 Juan d’Angély, San Eutropio de Saintes e Burdeos. O que vai por Santa Fe e o de San Leonardo e o de San Martín reúnense en Ostabat e, pasado por Port de Cize, en Puente la Reina únense ao camiño que atravesa o Somport e desde alí forman un solo camiño ata Santiago. (LSI, Libro V, Capítulo I, pp. 523-524) 85 . En Italia xorde a partir do século X, a coñecida actualmente como vía Francíxena, que permitía a unión e a fácil inserción dos peregrinos italianos ás catro vías xa nomeadas no Codex Calixtinus: a vía Tolosana, que pasaba por Toulouse; a vía Podense, que partía do santuario de Nôtre Dame de Puy; a vía Lemovicense, que atravesaba Limoges; e a vía Turonense, que debe o seu nome á cidade de Tours 86 . Adeline Rucquoi considera que realmente tan só existían dúas rutas a Santiago, a Tolosana e a Turonense, e as outras dúas referían a santuarios con reliquias importantes que non chegaban a configurar un trazado ata Compostela 87 . Esta vía Francíxena, vinculada ao camiño arlesiano ou tolosano, constituíu, ao longo de todo o Medievo, o eixo principal de comunicación entre Italia e Francia como vía natural para o peregrino xacobeo 88 . A Francíxena orixinouse a partir da denominada vía Romea, que consistía nun sistema de camiños que atravesaba Europa de norte a sur ata unha das principais metas de peregrinacións cristiás, Roma. Este camiño cambiou o seu nome cando foi recorrido tomando a cidade de Roma como punto de saída e non só como meta final do camiño 89 , unindo así, os grandes centros de espiritualidade cun dobre recorrido, que tiña coma finalidade alcanzar a Catedral Compostelá ou a basílica de San Pietro do Vaticano 90 , ademais de permitir a súa unión co Santo Sepulcro de Xerusalén, sendo Italia, deste xeito, 85 Tradución propia do texto orixinal. 86 Lopez, L. (2012). Op. Cit., pp. 213-214 87 Rucquoi, A. (2019). The Way of Saint James: A sacred space?. International Journal of Religious Tourism and Pilgrimage, 7(5), 41-47, p. 46 88 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 69 89 Lopez, L. (2012). Op. Cit., pp. 217 90 Outeiral Brión, S. (2010). Op. Cit., p. 186
21 un punto de encontro obrigatorio entre os itinerarios italianos cara Compostela e os que chegaban a Terra Santa 91 . En realidade, a vía Francíxena non era outra cousa que a vía Romea cambiada de dirección, e a suma de todo o sistema de camiños (vía Emilia, vía Cassia, vía Apia, vía Apia-Trajana...) 92 que desembocaban nela, os cales foran emprazados na Alta Idade Media sobre a antiga estrutura viaria romana 93 . Os peregrinos italianos que camiñaban ata Santiago cunha intención espiritual, acostumaban a tomar a vía Francíxena e, unha vez superados os Alpes, enlazábanse coa vía Tolosana continuando polo denominado Camiño ata o sepulcro do apóstolo, conformando así, o definido polo experto italiano en estudios xacobeos, Paolo Caucci von Saucken, como “Camiño Italiano a Santiago” 94 . Este Camiño Italiano partía, en dirección Norte, dende Roma e continuaba cara Viterbo, Siena e Lucca, creando un tramo de vía interna que pasaba polos Apeninos, o Monte Bondone a través de Fidenza, Piacenza e Pavia, e polos Alpes no Gran San Bernardo. A maior parte dos peregrinos italianos dirixíanse ata Piacenza, seguindo a antiga vía Romea 95 , e alí tomaban camiño cara Milano ou Torino para poder atravesar os Alpes no último tramado chamado Vía dos Alpes, no paso do Monginevro, e unirse, finalmente, con algunha das vías francesas do Camiño, especialmente coa Tolosana 96 , que actuaba coma a súa prolongación 97 . (Figura 4) A peregrinación italiana a Compostela podía realizarse tamén en barco unha vez fora percorrida a vía Francíxena dende Roma ata o porto de Luni, para despois 91 Stopani, R. (1995). “La via Francigena: <<Camino>> italiano per Compostela e punto d’incontro degli itinerari delle <<peregrinationes maiores>>, en Actas del Congreso de Estudios Jacobeos, Santiago de Compostela, 4 al 6 de noviembre de 1993 (pp. 665-672). Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, p. 665 92 Lopez, L. (2012). Op. Cit., p. 219 93 Gai, L. (2003). “El Camino Italiano de Santiago”, en Caucci von Saucken, P. G. (ed.), Santiago. La Europa del Peregrinaje (pp. 299-319). Lunwerg, Barcelona, p. 300 94 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 75 95 Gai, L. (2003). Op. Cit., p. 299 96 Lopez, L. (2012). Op. Cit., p. 217 97 Stopani, R. (2001). Il <<Camino >> Italiano per Santiago de Compostela. Le fonti itineraria di età medievale. Le Lettere, Firenze, p.23
22 desembarcar na vila francesa de Aigues Mortes, e emprender o Camiño pola vía Tolosana en Montpellier ata Santiago 98 . Estas peregrinacións marítimas foron referenciadas nalgunhas obras literarias, como é o caso do Libro do Rei Ruggero, escrito a metade do século XII polo xeógrafo chamado Al-Idrisi, onde expoñía con exactitude a ruta costeira que partía de Luni e paraba en Genova, Savona, Albenga, Hyères e Marsella 99 . (Figura 5) A vía marítima modificouse no século XIV ao cambiar o novo punto de partida da ruta ao porto costeiro de Pisa, facéndoo así coincidir co destinado á peregrinación a Terra Santa, e coincidindo cun novo cambio da ruta terrestre coa anexión de Firenze á vía Francíxena, e a conseguinte creación dun novo camiño alternativo chamado “ruta rexia romana” 100 . Finalmente, o porto de Pisa foi substituído polo de Livorno coma lugar de embarque de peregrinos xacobeos ao comezo da Idade Moderna 101 . O proceso evolutivo da vía Francíxena desenrolado no século XIV no territorio da Toscana contou con outras modificacións, as cales coincidiron coa expansión da fama polo culto a Santiago o Maior na cidade de Pistoia 102 . Este feito provocou a anexión á ruta da “vía Francesca della Sambuca”, que partía da cidade toscana para chegar ata o territorio bolognés cruzando os Apeninos toscano-emilianos, e así volver a retomar a ruta da vía orixinal que se dirixía cara o norte de Italia e encamiñarse cara Compostela 103 . A creación deste novo camiño provocou que moitos dos peregrinos que partían cara Santiago de Compostela seguindo a ruta Francíxena, ou aqueles que se dirixían a Roma, tomaran o desvío para pararse en Pistoia a venerar ao santo, aumentando así a fama da cidade e o influxo de peregrinos xacobeos ao ser esta unha nova meta de peregrinación en Italia, que chegou a ser considerada baixo a expresión de “Compostela Italiana” 104 . Deste xeito, a cidade e todo o territorio entorno a ela conseguiron o trazado dunha verdadeira e propia via peregrinalis, representada polos hospicios dedicados ao apóstolo Santiago o Maior, e pola presencia de topónimos como “Giaccherino”, que se 98 Ibidem. 99 Ibid., p. 22 100 Lopez, L. (2012). Op. Cit., p. 220 101 Ibidem. 102 Gai, L. (1988). Op. Cit., p. 38 103 Ibidem. 104 D’Apruzzo, A. (2019). Op. Cit., p. 11
23 atopa ao oeste da cidade sendo o lugar dende onde se pode apreciar a primeira visión de Pistoia dende a vía Francíxena 105 . 5. De Santiago a Pistoia A finais do século XII, a cidade toscana de Pistoia era xa considerada o centro de culto do apóstolo Santiago en Italia ao posuír a única reliquia auténtica do santo 106 . Este feito aparece recollido nun dos manuscritos conservados no Archivio di Stato di Pistoia, e correspóndese cunha copia de finais do século XV dun dos “dous libros de legenda sancti Iacobi apostoli”, os cales constituían, a inicios do século XIII, o primeiro documento haxiográfico xacobeo escrito en Pistoia 107 : “A capela de Santiago foi construída no ano 1145 [...] o señor bispo Atto consagrou con gran devoción [...] o altar de Santiago, o 25 de xullo, o mesmo día da festividade do apóstolo.” (Dous libros de legenda sancti Iacobi apostoli, s. XV) O culto a Santiago o Maior, polo tanto, iniciouse oficialmente en Pistoia o 25 de xullo do 1145, e xunto coa importante devoción xacobea, a anexión da “vía Francesca della Sambuca” á preexistente vía Francíxena, e a consagración do altar maior de prata que custodiaba a reliquia do santo, en poucos anos, fixeron que o apóstolo Santiago convertérase no patrón da cidade ata hoxe en día, e esta, foi considerada como a “Piccola Compostela”, establecendo así un novo centro de peregrinación cristiá xacobeo. 105 Gai, L. (1984). “Testimonianze jacobee e riferimenti compostellani nella storia di Pistoia dei secoli XIIXIII”, en Atti del Convegno Internazionali di Studi. Pistoia e il Cammino di Santiago: Una dimensione europea nella Toscana medioevale, Pistoia 28-30 settembre, 1984 (pp. 119-230). Edizioni Scientifiche Italiane, p. 189 106 Ibid., pp. 119-120 107 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 48
30 municipio de Pistoia, estando relegada por completo ao control deste 143 . A medida que proliferaba a importancia da institución, o número de Operai foi aumentando sucesivamente ata chegar a seis, dos cales debían de integrar a un notario, a un administrador e a un camarlengo, e tamén se ampliaron as tarefas destes, relacionándoos co desenvolvemento da vida da cidade, das funcións institucionais e do axuste de prezos no mercado, ademais da xa nomeada administración dos bens e do culto a Santiago 144 . O primeiro documento que fai unha mención explícita da Opera di San Jacopo recóllese no ano 1163, onde o propietario dunha canteira de pedra concédelle o dereito a utilizala ao “presbítero de Bondie, ao rector da igrexa e á Opera di San Jacopo, e viceversa para a igrexa e obras antes mencionadas” 145 . Finalmente no ano 1777, en pleno esplendor da Opera di San Jacopo, o monarca Pietro Leopoldo, da dinastía dos Medici, debido á súa educación ilustrada, aboliu por completo a principal institución do culto xacobeo, e delegou así, as súas tarefas, aos funcionarios de nomeamento gran ducal 146 . 5.1.2 Patrón da cidade O apóstolo Santiago asumiu o papel de patrón de Pistoia e da súa comunidade de cidadáns pouco despois da chegada das reliquias á cidade toscana na segunda metade do século XII, tras un proceso de apropiación deste compoñente de forza ideolóxica e política por parte do municipio de Pistoia, que transcorría en paralelo á expropiación de todo o poder da autoridade episcopal na cidade 147 . Proba disto foron as estreitas relacións desenvolvidas entre culto xacobeo e o poder civil ao longo dos séculos, as cales quedaron evidenciadas nos costumes populares que mostraban como nesta segunda metade do 1100, as estipulacións contractuais e as débedas anuais, coincidían a propósito coa festa 143 Ferrali, S. (1979). Op. Cit., p. 99 144 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., pp. 179-181 145 Diplomático, S. Jacopo, 15 xullo 1163, citado en D’Apruzzo, A. (2016), p. 55 146 Caucci von Saucken, P. G. (1984). Op. Cit., p. 182 147 Gai, L. (2020). “Santiago el Mayor patrono di Pistoia: per una rilettura storiografica”, en Caucci von Saucken, P. G. (coord.), Jacobus Patronus. X Congreso Internacional de Estudios Jacobeos (pp. 329-399). Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, p. 331
31 patronal establecida o 25 de xullo: “O costume de fixar a data de vencemento das débedas anuais para o festum S. Jacobi, o 25 de xullo” 148 . Esta imaxe do santo desenvolveuse coma unha iconografía propia que destacou sobre todo na caracterización de Santiago como patrón dos peregrinos 149 , e coa representación de patrón dos cidadáns pistoieses, asociada ata finais do século XIV co copatrón da cidade, san Zeno 150 , a quen se lle dedicou honorificamente a catedral da cidade. Dende o establecemento de Santiago coma patrón de Pistoia, a cidade pasou a estar integrada completamente na rede de itinerarios xacobeos e de peregrinación que atravesaba a Toscana medieval 151 , como xa se citou anteriormente no presente traballo, coa aparición da “via Francesca della Sambuca”, converténdose, polo tanto, nunha das máis importantes testemuñas en Europa do culto e da peregrinación polo apóstolo Santiago. 5.1.3 O altar de San Jacopo Coa chegada da sagrada cápsula que contiña o fragmento do óso do santo apóstolo á cidade toscana de Pistoia, levouse a cabo, a mans do bispo Atto, a construción dun altar de prata que albergou a reliquia, e que foi disposto orixinariamente na capela de San Jacopo, situada entre os dous primeiros tramos da nave dereita da catedral pistoiese, a cal foi consagrada no ano 1145 polo bispo, o día do martirio de Santiago o Maior, é dicir, o 25 de xullo 152 . Na actualidade o altar atópase situado na nova capela dedicada ao santo, coñecida como Capella del Giudizio, xa que a anterior foi demolida no ano 1785 153 . 148 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 54 149 D’Apruzzo, A. (2020). The importance of apocryphal sources in St. James the Greater iconography. Trivent Publishing, Università Cattolica del Sacro Cuore, Milano, p. 8 150 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 77 151 Castiñeiras González, M. A. (2019). Lucia Gai, L’altare argenteo di San Iacopo a Pistoia. Ad Limina, 10 (10), 191-192, p. 191 152 Gai, L. (2018). Un’immagine del pellegrinaggio tutta d’argento: l’altare di San Jacopo nel duomo di Pistoia. Compostela, (39), 5-36, p. 5 153 Castiñeiras González, M. A. (2019). Op. Cit., p. 191
32 Antigamente, no lugar onde se atopaba orixinariamente o altar, só tiñan permitido o acceso os Operari di San Jacopo, prohibíndolle así a entrada aos peregrinos e fieis que acudían á catedral a admirar e venerar as reliquias do santo 154 . Estes, tan só podían contemplalo a través das reixas que pechaban o recinto nas principais festas litúrxicas, xa que o resto do ano permanecía cuberto, xerando un efecto de sacralidade e de misterio 155 . O altar era o lugar de celebración do sacramento da Eucaristía e, segundo a experta Lucia Gai, funcionaba tamén coma un “punto de contacto metafísico entre a dimensión metahistórica da Xerusalén celeste e a configuración como estrutura asimilada a unha tumba apostólica (mediante a reliquia xacobea do seu interior).” (Lucia Gai, 2018, p. 5) Foi realizado entre os anos 1287 e 1456 en prata dourada repuxada, polas mans de varias xeracións de diferentes ourives, que realizaron as diferentes partes que hoxe convérteno nunha estrutura unitaria 156 . O núcleo orixinal da peza estaba constituído pola “tavola argentea” datada no ano 1287, a cal representaba a imaxe da Virxe co Neno sendo flanqueada polos doce apóstolos, simbolizando así, a alegoría da Mater Ecclesia 157 . O antependium foi saqueado na noite de carnaval do ano 1293 a mans de Vanni Fucci, como recolleu Dante no Canto XXIV do Inferno 158 : “Vida de besta praceume, non de home, como o mulo que fun: Son Vanni Fucci besta, e Pistoia foime boa cuadra [...] Eu non podo ocultar o que preguntas: aquí estou porque fun na sancristía ladrón dos fermosos ornamentos, e acusaron a outro home falsamente.” (La Divina Comedia, 1472) 159 . No decembro do ano 1316, o ourive pistoies Andrea di Jacopo d’Ognabene, realizou un novo antependium (Figura 8) destinado a adornar o frontal inferior do altar de San Jacopo 160 . Este estaba composto por quince recadros adornados por un programa iconográfico baseado no Novo Testamento e na Historia de Santiago, e posuía unha 154 Gai, L. (2018). Op. Cit., p. 7 155 Castiñeiras González, M. A. (2019). Op. Cit., p. 192 156 Ibid., pp. 191-192 157 Gai, L. (1984). Op. Cit., pp. 46, 48-71. 158 Gai, L. (2018). Op. Cit., p. 8 159 Dante Alighieri (1472). La divina comedia. Luarna Ediciones, Madrid. Tradución propia do texto orixinal. 160 Ibid., p. 10
33 lectura da secuencia narrativa de esquerda a dereita, e de arriba a abaixo, como un texto escrito, a cal víase interrompida no recadro do medio da primeira fila, pola representación dun cristo en maxestade con María e Santiago 161 . Entre os anos 1330 e 1340 realizouse a primeira ampliación do dosel, e no ano 1361, iniciouse a realización dos frontais laterais do altar, no que destaca o lado esquerdo, o cal conten a representación dun extenso ciclo xacobeo realizado por Leonardo di ser Giovanni 162 . O lado dereito, pola súa contra, representa a historia do Antigo Testamento, e foi levado a cabo polos ourives florentinos Francesco Niccolai e, o mesmo Leonardo di ser Giovanni 163 . Posteriormente, a obra ampliouse co retablo de Piero d’Arrigo Tedesco (1380- 1390) , que foi enmarcado no centro cun amplo nicho que gardaba a grande estatua de San Jacopo in trono (Figura 9), vestido de patrón, e realizado por Giglio Pisano entre os anos 1349 e 1353 164 . O dosel foi coroado polas representacións de Cristo bendicindo entre coros anxelicais, levadas a cabo polos ourives Nofri di Buto e Atto di Piero Braccini, e completado nos seus lados coas figuras dos Profetas, dos Doutores da Igrexa, dos Evanxelistas e dalgúns outros santos 165 , anos despois de ser consagrado en 1399 166 . Nun principio estaba previsto que o monumental Reliquiario di S. Jacopo (Figura 10), realizado no ano 1407 polo taller de Lorenzo Ghiberti, fose colocado coroando o retablo arxénteo, pero o proxecto non foi levado a cabo, e este atópase na actualidade en fronte ao altar 167 . 161 Ibid., p. 11-15 162 Castiñeiras González, M. A. (2019). Op. Cit., p. 192 163 Gai, L. (2018). Op. Cit., p. 18 164 Gai, L. (1984). Op. Cit., pp. 96-100 165 Gai, L. (2018). Op. Cit., p. 27 166 Castiñeiras González, M. A. (2019). Op. Cit., p. 192 167 Ibid., p. 192
34 5.2 Iconografía de Santiago o Maior en Pistoia As representacións iconográficas máis antigas da figura de Santiago o Maior atopadas en Pistoia, pertencen aos anos sesenta do século XII, é dicir, pouco tempo despois da chegada da reliquia compostelá á cidade e da consagración do altar dedicado ao santo no interior da súa catedral, correspondéndose principalmente coa iconografía apostólica do santo 168 . O primeiro caso atópase no arquitrabe da porta maior da igrexa de San Bartolomeo in Pantano, onde se representa a Santiago xunto aos demais apóstolos na escena da Incredulidade de Santo Tomás (Figura 11). A segunda imaxe, coetánea á anterior, volve a plasmar ao santo dentro do grupo apostólico na Última Cea, nun relevo do arquitrabe da portada principal da igrexa de San Giovanni Fuorcivitas 169 . (Figura 12) Non foi ata os últimos anos do século XII cando apareceu, por primeira vez, a representación individual do apóstolo Santiago sen os outros discípulos que o acompañaban. Foi o caso dunha estatua de mármore proveniente da igrexa de San Jacopo in Castellare, que se cre que simboliza a Misión de Cristo a Santiago, pola similitude que presentan ambos personaxes 170 . (Figura 13) Ademais da representación apostólica do santo, que foi a máis recorrente na iconografía local, Santiago adoptou un imaxinario máis amplo que abarcaba a simboloxía de patrón, e peregrino, que foron plasmadas na arte pistoiense ao longo dos séculos. No caso da iconografía de Santiago como patrón, o apóstolo adoptou unha dobre funcionalidade ao representar simultaneamente ao patrón da cidade e ao patrón dos peregrinos. Un dos exemplos máis emblemáticos, debido á súa tardía datación no culto xacobeo no ano 1582, é o que se atopa baixo o pórtico fronte á portada dereita da catedral da cidade (Figura 14). Neste caso, o santo aparece cunha man en actitude de bendicir, e coa outra sostén unha maqueta da cidade (patrón da cidade); ademais, está flanqueado a ambos lados por anxos que sosteñen o bordón e o sombreiro de ala ancha, que son claras 168 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 65 169 Ibidem. 170 Ibidem.
35 insignias da peregrinación (patrón dos peregrinos). Estas dúas connotacións mantiveron ao longo dos séculos unha importancia propia aínda que foron representadas en conxunto, axudando a reforzarse mutuamente 171 . O apóstolo case sempre aparece representado con algún atributo que fai alusión á peregrinación, e non foi ata o último cuarto do século XIII, en Pistoia, cando se comezou a representar unha iconografía propia que simbolizaba ao santo como peregrino en se mesmo. O primeiro de todos os exemplos foi o dunha estatua de pedra, probablemente proveniente do Monastero delle Salesiane, que representa a un peregrino, cos seus atributos propios (sombreiro, vieira, bordón...), e sostendo un libro na man esquerda, o cal permite diferenciar e asociar á figura coa do santo 172 . (Figura 15) Actualmente a peza atópase no patio interior do concello, e é utilizado como lapidario 173 . Esta iconografía tomou forza na cidade de Pistoia ao longo dos séculos, e foi no s. XIV cando se presentou o maior exemplo desta simboloxía do apóstolo, coa xa citada estatua de prata do altar de San Jacopo, na que o santo aparece sentado no trono portando atributos de peregrino: sandalias, bordón con zurrón sobre o que aparece unha vieira e sombreiro de ala ancha 174 . No caso de Pistoia, non existen testemuñas explícitas sobre a iconografía de Santiago cabaleiro a pesar da relación da cidade toscana coa acción antisarracena do santo. Isto débese, probablemente, á importante connotación ibérica e á relevancia de España no contexto que orixina e desenvolve a representación do Santiago Matamouros, a cal fora sancionada en Italia no ano 1559 coa Paz de Cateu-Cambrésis, que castigaba o dominio español sobre o territorio italiano 175 . Por isto, as referencias artísticas á connotación militar do santo resúmense en simples hipóteses, como é o caso da Madonna della Pergola de Bernardino Detti, do 1523 (Figura 16), que representa no fondo da composición, á esquerda do pomo do bordón de Santiago, a un armeiro e a un mouro, facendo alusión á significación cabaleiresca do apóstolo 176 . (Figura 17) 171 Ibid., p. 77 172 D’Apruzzo, A. (2017). Op. Cit., p. 65 173 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 90 174 Ibid., p. 92 175 Ibid., pp. 102-103 176 Ibid., p. 110
36 5.3 As tradicións populares As festas patronais dedicadas a Santiago formaron parte da tradición xacobea pistoiense dende o octavo decenio do século XII, pouco despois da chegada da reliquia á cidade, ata hoxe en día, coa súa celebración o 25 de xullo de cada ano 177 . Non foi ata a aparición da Opera di San Jacopo no século XIII, cando se revelaron as testemuñas máis importantes acerca das disposicións relativas á festa do patrón, expoñendo a realización das cerimonias relixiosas levadas a cabo nos días máis relevantes da celebración 178 . Exemplo é, o da gran procesión que, ao igual que na actualidade, conducía ao clero e aos fieis, dende a praza situada diante da igrexa de San Francesco, á capela dedicada a Santiago do interior da catedral de Pistoia 179 , ou o da ofrenda, por parte da Opera, de seis velas ao bispo da cidade, as cales servían para iluminar os candelabros que daban luz aos edificios sacros e ás capelas dende o século XI 180 . Ademais, ven recollido nun documento do ano 1246, a realización do “paviglione dell’Opera”, unha grande estrutura conformada diante da catedral a través dun pano decorado con moitas cores, que servía para cubrir do sol aos cidadáns, e axudaba a reforzar a importancia do espazo urbano no que se facía honra ao santo 181 . No ámbito laico da festividade xacobea do século XIII, mencionase por primeira vez o termo “palio”, que refería ao manto honorífico co que se rendía homenaxe ao altar de Santiago, e ás carreiras de cabalos que se levaban a cabo na praza da catedral 182 . A Opera di San Jacopo era a encargada de realizar dous palios diferentes, un para o vencedor da carreira e outro para o altar xacobeo, que era colocado sobre este, xunto ao de outras institucións que querían renderlle culto ao patrón ao final da procesión, e que debía de representar a importancia do santo para toda a comunidade 183 . 177 Gai, L. (1987). Le feste patronali di S. Jacopo e il palio a Pistoia. Società pistoiese di storia patria, Pistoia, p. 4 178 D’Apruzzo, A. (2016). Op. Cit., p. 119 179 Gai, L. (1987). Op Cit., p. 5 180 Ibid., pp. 5-6 181 Ibid., p. 6 182 Ibidem. 183 Ibid., p. 14
37 A relevancia da festividade veuse reflexada no 1296, nun documento que atestaba o costume de liberar a algúns carcerarios quince días antes da primeira celebración xacobea, para así ser presentados na capela de San Jacopo o día da véspera por veneración ao santo, e, as veces, para participar na procesión que chegaba á catedral: “os que lle foron “ofrecidos” a el, homes e mulleres ata seis persoas, tiveron que saír da prisión en filas de dous, con veas e cirios acesos na man” 184 . Así mesmo, comezaron a xurdir unha serie de costumes ligadas ás comidas familiares dos días das festas de Santiago, nas que os pratos principais caracterizábanse por ser os doces típicos da zona (berlingozzo e brigidine) 185 , algunhas das froitas xa maduras, comunmente chamadas “uva saiacopa” e “mazá saiacopa” polo seu período de maduración e alimento en datas xacobeas, e sobre todo, os macarróns da comida do 25 de xullo, cuxa influencia chegou ás campás de mediodía, que “sonaban a macarrón” 186 . A partir de aquí, a festa patronal vai perdendo parte da súa autonomía e da súa espiritualidade orixinal a medida que avanzan os séculos, ata chegar a actualidade, onde esta relacionase principalmente co espectáculo de fogos artificiais da noite da véspera de Santiago e coa “giostra dell’orso”, a cal pretendía recuperar a tradición municipal medieval das carreiras de cabalos, afastándose así da espiritualidade, para dar paso á simple celebración festiva 187 . 184 Gai, L. (1990). I riflessi della devozione jacobea nei comportamenti sociali. Società pistoiese di storia patria, Pistoia, p. 4 185 Rafanelli, F. (2015). Op. Cit., p. 5 186 Ferrali, S. (1979). Op. Cit., p. 123 187 Gai, L. (1987). Op Cit., p. 22
38 6. Conclusións No traballo realizado tratouse de expoñer a relación existente entre as cidades xacobeas de Santiago de Compostela e Pistoia a través dunha extensa análise bibliográfica da figura do santo, do seu culto e da súa iconografía en ambos lugares, á vez que se procurou realizar unha explicación do contexto histórico que provocou a chegada da reliquia á cidade toscana, e como influíu esta nos aspectos anteriores e na conformación dunha “Compostela Italiana”. A situación de crise eclesiástica e civil que estaba atravesando Pistoia no ano 1138 encontrou unha solución na implantación do novo culto dedicado a Santiago a través do ingreso da reliquia ósea do apóstolo e da copia incompleta do Codex Calixtinus, doados polo arcebispo compostelán Diego Xelmírez á catedral pistoiense. A veracidade deste suceso atopou fontes suficientes que axudaron a contrastalo e a chegar á conclusión de que o acontecemento resultou unha simple estratexia política por parte do bispo italiano Atto para resolver as dificultades pertinentes, que rematou conlevando á consagración dun novo centro de peregrinación cristiá xacobeo en Italia. Pistoia enlazouse a Santiago a través dun camiño que conectaba coa recoñecida vía Francíxena, convertendo a cidade nun novo lugar de culto ao santo, e nunha parada obrigatoria na ruta do Camiño cara Compostela; e adoptou, a través desta serie de intercambios, unha iconografía e cultura xacobea propia adaptada ao contexto local, que presenta grandes similitudes coa realidade compostelá. Ambas cidades comparten unha gran riqueza cultural que reforza aínda máis a apreciación das súas similitudes, xestando unha irmandade entre as dúas que comezou hai máis de 870 anos, e que continúa na actualidade, compartindo tradicións, padroado e haxiografía local a través do culto a Santiago o Maior, fillo de Zebedeo.
39 7. Fontes primarias e bibliografía Fontes primarias Dante Alighieri (1472). La divina comedia. Luarna Ediciones, Madrid. Sagrada Biblia. (1979), Nácar Fuster, E. e Colunga, A. (ed.), La Editorial Católica, Madrid. Liber Sancti Iacobi. Codex Calixtinus. (2004), Moralejo, A., Torres, C. e Feo García, J. (trad.), Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, Santiago de Compostela. Salvi, M. (1656). Delle historie di Pistoia e fazioni d’Italia. (Tomo I). Roma. Santiago de la Vorágine (1982). La leyenda dorada (J. M. Macías, Trans.). Alianza Forma Editorial. (Traballo orixinal do s. XIII) Bibliografía Barral Rivadulla, M. D. (2023). “Santiago miles-Santiago Matamoros. Caminos de su imaginería en Galicia”, en Monteira Arias, I. (coord.), Almanzor y Carlomagno. El Camino de Santiago ante el islam en época medieval (pp. 161-184). Ediciones Trea, Gijón. Caucci von Saucken, P. G. (1984). Il Cammino Italiano a Compostela. Il pellegrinaggio a Santiago di Compostella e l’Italia. Università degli studi di Perugia. Carvajal González, H. (2015). Santiago Peregrino. Revista Digital de Iconografía Medieval, VII (14), 63-75. Castiñeiras González, M. A. (2019). Lucia Gai, L’altare argenteo di San Iacopo a Pistoia. Ad Limina, 10 (10), 191-192. D’Apruzzo, A. (2016). Il culto di San Giacomo Maggiore e l’immagine iacobea a Pistoia. [Tesis de maestría no publicada]. Alma Mater Studiorum, Universidad de Bologna. D’Apruzzo, A. (2017). The Influence of Pilgrimage Routes on Local Culture and Imagination: the “Italian Compostela” as a Case Study. Almatourism, Journal of Tourism, Culture and Territorial Development, (16), 59-79.
46 Figura 1: Mestre Mateo, Santiago Apóstolo, Santiago de Compostela, Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, s. XII. Figura 2: Juan de Juanes, Santiago Peregrino, Santiago de Compostela, Museo das Peregrinacións e de Santiago, 1560-1570.
47 Figura 4: Renato Stopani, A vía Francíxena, o trazado base dos peregrinos italianos directos a Santiago de Compostela, Firenze, en Il <<Camino >> Italiano per Santiago de Compostela. Le fonti itineraria di età medievale (p. 21), 2001. Figura 3: José Gambino, Santiago Matamouros, Santiago de Compostela, Camarín de Santiago Caballero de la Catedral de Santiago de Compostela, 1775.
48 Figura 5: Renato Stopani, A vía Francíxena e os portos de embarco a Compostela, Firenze, en Il <<Camino >> Italiano per Santiago de Compostela. Le fonti itineraria di età medievale (p. 24), 2001. Figura 6: Arquitecto anónimo, Igrexa de San Jacopo in Castellare, Pistoia, s. X
49 Figura 7: Pintor toscano anónimo, Pinturas murais da igrexa de San Jacopo in Castellare, Pistoia, interior da nave central da igrexa de San Jacopo in Castellare, s. X. Figura 8: Andrea di Jacopo d’Ognabene, Francesco Niccolai, Leonardo di ser Giovanni, Piero d’Arrigo Tedesco e outros, Altar de San Jacopo, Pistoia, interior da Catedral de san Zeno, 1287-1456.
50 Figura 9: Giglio Pisano, San Jacopo in trono, Pistoia, altar da Catedral de san Zeno, 1349-1353. Figura 10: Lorenzo Ghiberti, Reliquiario di S. Jacopo, Pistoia, Catedral de san Zeno, 1407.
51 Figura 11: Mestre provenzal, Incredulidade de santo Tomás, Pistoia, arquitrabe da igrexa de San Bartolomeo in Pantano, 1160-1170. Figura 12: Gruamonte, Última cea, Pistoia, arquitrabe da igrexa de San Giovanni Fuorcivitas, 1167 ca.
52 Figura 13: Escultor toscano anónimo, Misión de Cristo a Santiago, Pistoia, Museo Cívico, anteriormente na igrexa de San Jacopo in Castellare, finais do s. XII. Figura 14: Battista Naldini e Giovanni Battista Balducci, Santiago patrón da cidade de Pistoia, Pistoia, Catedral de san Zeno, pórtico de ingreso, 1582.
53 Figura 15: Escultor lombardo anónimo, Santiago peregrino, Pistoia, Palacio Comunal, último cuarto do s. XIII. Figura 16: Bernardino di Antonio Detti, Madonna della Pergola, Pistoia, Museo Cívico, 1523.
54 Figura 17: Bernardino di Antonio Detti, Madonna della Pergola (detalle), Pistoia, Museo Cívico, 1523.