Full text
0 FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN TRABALLO FIN DE MÁSTER Máster Universitario en profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ESTUDO SOBRE AS TENDENCIAS DE FUTURO DA INDUSTRIA TURÍSTICA: Catálogo de experiencias para os ciclos formativos de Turismo na Formación Profesional ESTUDIO SOBRE LAS TENDENCIAS DE FUTURO DE LA INDUSTRIA TURÍSTICA: Catálogo de experiencias para los ciclos formativos de Turismo en la Formación Profesional STUDY OF FUTURE TRENDS IN THE TOURISM INDUSTRY: Catalog of experiences for Tourism in Vocational Training Autora: Fernández Chazo, Nuria Directora: López Gómez, Silvia CURSO ACADÉMICO 2021 – 2022 Xullo do 2022
1 RESUMO A crise sanitaria derivada da pandemia da Covid-19 afectou a tódolos ámbitos a nivel mundial. Como seres humanos, vímonos na obriga de levar a cabo severos cambios nun curto período de tempo. Estes cambios afectaron a tódolos campos: político, sanitario, social, económico, educativo, etc. En todos eles o uso da tecnoloxía foi imprescindible para avanzar mentres o mundo enteiro se paralizaba. Este traballo ten como obxectivo recompilar as novas tendencias da industria turística a través dunha metodoloxía de análises de contido, para poñelas en coñecemento do alumnado de Turismo de Formación Profesional fronte ao desafío da pandemia da Covid-19, describindo a transformación do mercado turístico e considerando novos perfiles laborais dos futuros profesionais nesta reconfiguración da actividade onde o uso da tecnoloxía abriu novas tendencias a nivel mundial, así como novas dinámicas de aprendizaxe e escenarios para a formación en Turismo. Os resultados deste estudo revelan que as tendencias da industria turística introducen as novas tecnoloxías como elemento esencial no desenvolvemento do sector, e máis concretamente, na consecución dun turismo sostible. PALABRAS CLAVE: Turismo, tecnoloxía, Formación Profesional, experiencias, tendencias. RESUMEN La crisis sanitaria derivada de la pandemia del Covid-19 afectó a todos los ámbitos a nivel mundial. Como seres humanos, vivimos en la obligación de acometer severos cambios en un corto período de tiempo. Estos cambios afectaron a todos los campos: político, sanitario, social, económico, educativo, etc. En todos ellos el uso de la tecnología fue imprescindible para avanzar mientras el mundo entero se paralizaba. Este estudio tiene como objetivo recopilar las nuevas tendencias de la industria turística a través de una metodología de análisis de contenido, para ponerlas en conocimiento del alumnado de Turismo de Formación Profesional frente al desafío de la pandemia de la Covid-19, describiendo la transformación del mercado turístico y considerando nuevos perfiles laborales de los futuros profesionales en esta reconfiguración de la actividad donde el uso de la tecnología abrió nuevas tendencias a nivel mundial, así como nuevas dinámicas de aprendizaje para formación en
2 Turismo. Los resultados de este estudio revelan que las tendencias de la industria turística introducen las nuevas tecnologías como elemento esencial en el desarrollo del sector, y más concretamente en la consecución de un turismo sostenible. PALABRAS CLAVE: Turismo, tecnología, Formación Profesional, experiencias, tendencias. ABSTRACT The health crisis resulting from the Covid-19 pandemic affected everyone around the world. As human beings, we live in the obligation to undertake severe changes in a short period of time. These changes affected all fields: political, health, social, economic, educational, etc. In all fields, the use of technology was essential to advance while the entire world was paralyzed. This study aims to collect the new trends in the tourism industry through a content analysis methodology, to make them known to Vocational Training students in the face of the challenge of the Covid-19 pandemic, describing the transformation of the tourism market and considering new job profiles of the future professionals in this reconfiguration of tourism activity where the use of technology opened new trends in tourism worldwide, as well as new learning dynamics for training in tourism. The results of this study show that trends in the tourism industry introduce new technologies as an essential element in achieving sustainable tourism. KEY WORDS: Tourism, technology, Vocational Training, experiences, trends.
3 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN ........................................................................................................... 4 1.1 XUSTIFICACIÓN ................................................................................................................ 5 1.2 OBXECTIVOS .................................................................................................................... 7 1.2.1 Obxectivo xeral ............................................................................................................. 7 1.2.2 Obxectivos específicos .................................................................................................. 8 2. MARCO DE REFERENCIA ......................................................................................... 8 2.1 MARCO NORMATIVO - LEXISLATIVO DA FORMACIÓN PROFESIONAL ............................ 9 2.2 MARCO TEÓRICO ........................................................................................................... 12 2.2.1 Antecedentes e autorías relevantes ............................................................................. 15 3. METODOLOXÍA........................................................................................................ 17 3.1 ANÁLISE DE CONTIDO COMO TÉCNICA DE INVESTIGACIÓN. ......................................... 17 3.2 PROCEDEMENTO DE ANÁLISE DA INFORMACIÓN .......................................................... 18 4. RESULTADOS ........................................................................................................... 20 4.1 RESULTADOS A. CONTIDOS SOBRE TENDENCIAS DO SECTOR TURÍSTICO NOS CURRÍCULOS E PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DOS CICLOS FORMATIVOS DE TURISMO. ................................... 20 4.1.1 Primeira análise. ........................................................................................................ 21 4.1.2 Segunda análise .......................................................................................................... 25 4.2 RESULTADOS B. CENTROS EDUCATIVOS E ESTUDOS DE TURISMO CON NOVOS MODELOS DE APRENDIZAXE E CONTIDOS TECNOLÓXICOS. .......................................................................... 27 4.3 RESULTADOS C. TENDENCIAS DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL NO SECTOR TURÍSTICO: ÁREAS TRAVEL TECH NAS FEIRAS DE TURISMO MÁIS RELEVANTES A NIVEL MUNDIAL E OBSERVATORIOS DE TURISMO. .................................................................................................... 31 4.4 RESULTADOS D. TENDENCIAS TECNOLÓXICAS EN MUSEOS TRAS A PANDEMIA: BIG DATA, NEUROCIENCIA, VISITA EN REALIDADE VIRTUAL E AUMENTADA, E O INTERNET OF THINGS. ........ 36 4.5 RESULTADOS E. TURISLAB. ACELERADORA DE TURISMO DE GALICIA. PROXECTOS DE BASE TECNOLÓXICA. .................................................................................................................. 39 4.6 RESULTADOS F. DESTINOS TURÍSTICOS INTELIXENTES: SMART DESTINATIONS ............... 40 4.7 CATÁLOGO DE TENDENCIAS EN TURISMO TECNOLÓXICO ............................................ 42 5. DISCUSIÓN DOS RESULTADOS ............................................................................. 42 6. CONCLUSIÓNS ......................................................................................................... 44 7. LIMITACIÓNS E PROSPECTIVAS .......................................................................... 45 8. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS......................................................................... 46 9. ANEXOS ..................................................................................................................... 51
4 1. INTRODUCIÓN Este estudo pretende achegar as tendencias da industria turística ao profesorado e alumnado de Turismo na Formación Profesional, así como a todas as persoas interesadas na evolución tecnolóxica no sector turístico dende un punto de vista educativo. As tendencias atópanse moi vencelladas á tecnoloxía, nun momento no que o sector se recupera da crise derivada da pandemia da Covid-19. A linguaxe da programación é a base para construír tódalas aplicacións dixitais que se utilizan na actualidade, que á vez permitiron a creación de hardware e software para as empresas. Toda esta linguaxe de programación foi aproveitada pola industria turística mundial para realizar os seus procesos de adaptación ás tendencias actuais (Logroño, 2021). A industria turística avanza a pasos xigantescos polo que introducir as tendencias nos contidos a impartir nos ciclos formativos require de tempo de investigación e busca continua por parte dos docentes. Este estudo pretende facilitar esa labor docente, tratando de servir como ferramenta ilustrativa de experiencias, para achegar as tendencias do sector ao alumnado, poñendo en valor o uso da tecnoloxía aplicada ao turismo e divulgando a existencia de novos perfís profesionais. Preténdese que o alumnado poida coñecer o rumbo que marca a industria para aumentar as súas oportunidades laborais á vez que contribuír a un turismo máis responsable que abarca o eido empresarial, social, político e educativo. A principal finalidade consiste en elaborar unha relación de experiencias turísticas en tendencia de base tecnolóxica. Deste xeito, perséguese esclarecer as tendencias e resaltar o potencial da tecnoloxía para acadar un turismo sostible e de calidade. A estrutura deste estudo consta de cinco etapas claramente diferenciadas e necesarias que delimitan este traballo. A primeira etapa presenta a xustificación e os obxectivos de investigación. Na segunda, lévase a cabo unha revisión bibliográfica para obter información axeitada que permita delimitar o marco teórico. Para isto, revísase a lexislación en materia de Formación Profesional, deténdose especialmente na familia de Hostalaría e Turismo, sinálanse os referentes chave e recóllense algunhas das investigacións relevantes feitas por distintas autorías neste campo de estudo. Na terceira parte, sitúase a metodoloxía a empregar baseada principalmente no análise de contido. Nesta apartado explícase como se levou a cabo a busca de información e que ferramentas se utilizaron. A cuarta etapa é a máis extensa do estudo por ser a que presenta os resultados: analízanse os currículos dos ciclos formativos de Turismo, recóllense os recursos tecnolóxicos
5 máis destacables aplicados á formación turística, obsérvanse as tendencias formativas en materia de turismo tecnolóxico, recóllense as tendencias en servizos presentadas nas feiras recentes de turismo internacionais e finalmente, elabórase un catálogo de experiencias turísticas con base tecnolóxica. Para finalizar, na última etapa faise unha discusión e expóñense as conclusións, as limitacións e a prospectiva, tomando como base os fundamentos teóricos e as tendencias analizadas. 1.1 Xustificación Entre tódalas actividades económicas, poucas se viron tan afectadas pola crise sanitaria derivada da Covid-19 como a industria turística, condicionada por unhas restricións de mobilidade xeneralizadas a nivel mundial. Os datos dun estudo do Consello Mundial de Viaxes e Turismo (WTTC 1 , 2021) sinalan que a aportación do turismo ao PIB 2 mundial no ano 2019 situouse en 8,8 billóns de euros, mentres que a chegada da Covid-19 esborrallou esta cifra ata mínimos históricos, chegando a recuperarse minimamente no ano 2021 situándose nos 5,3 billóns de euros. Tras dous anos de caídas e incerteza, o turismo mundial percibe as primeiras sinais de recuperación neste presente ano 2022, seguindo o citado estudo presentado en colaboración con Oxford Economics na 21ª Cumbre Global de WTTC en Manila, Filipinas. Este informe apunta tamén a que o PIB turístico crecerá unha media de 5,8% nos próximos 10 anos, concretamente o dobre que a economía mundial que so crecerá un 2,7%. A sensibilidade da industria turística ven dada polas súas características: un sector baseado nas viaxes que quedaron prohibidas, contacto social reducido polos confinamentos, pequenas e medianas empresas que detiveron ao 100% a súa actividade durante un período de tempo demasiado longo no que os ingresos se viron reducidos a cero, mentres seguían afrontando os custes de mantemento das súas infraestruturas. Recuperar o sector turístico faise prioritario. Non obstante, neste escenario post pandemia o futuro do sector pasa por superar unha serie de retos tecnolóxicos e de sustentabilidade. Turismo e impacto medioambiental son dous termos disociables (Luque, 2020). Xa fai algúns anos que se fala de turismo sostible como aquel turismo que segue os principios da sustentabilidade minimizando o impacto sobre o medio ambiente e a cultura local, ao tempo que contribúe a xerar ingresos e emprego para a poboación. A Organización Mundial do Turismo (s.f.) defíneo como 1 Consello Mundial de Viaxes e Turismo, WTTC polas súas siglas en inglés. 2 Producto Interior Bruto.
6 aquel turismo que ten plenamente en conta as repercusións actuais e futuras, económicas, sociais e medioambientais para satisfacer as necesidades dos visitantes, da industria, do entorno e das comunidades anfitrioas. Tecnoloxía e sustentabilidade son dous eidos estreitamente vencellados xa que a tecnoloxía será unha pedra angular coa que poder reducir o impacto medioambiental e axudar a fomentar a sustentabilidade real. A pesares de que a tecnoloxía xa estaba transformando a industria turística antes da crise sanitaria da Covid-19, tanto a robótica, como a realidade virtual, a intelixencia artificial e incluso a neurociencia serán actores principais no futuro inmediato do sector (Meneses, 2020). Actualmente hai diferentes iniciativas de investigación, formación e innovación que implican tanto a institucións educativas como a empresas, xa que o rol da tecnoloxía no turismo implica a necesidade de formación en tecnoloxía dos seus profesionais. O futuro do sector camiña con rumbo á sustentabilidade, á innovación tecnolóxica e á formación das persoas, que son as áreas de inversión para acadar un futuro resiliente (CEPAL 3 , 2020). Como sinala Pololikashvili (2021), esta crise é unha oportunidade para formularse como debería de ser o sector turístico e a súa aportación ao planeta. A recuperación pasa por desenvolver plans de modernización e reconversión, pontes cara a unha transición da industria turística que desenvolva un turismo moito máis sustentable e dixitalizado. Unha vasta maioría dos profesionais do Turismo estanse formando academicamente a través dos ciclos formativos da Formación Profesional, e espérase que nos vindeiros anos aumente considerablemente o número de estudantes que opta por estes estudos (Brunet e Moral, 2017). As razóns desta situación atenden principalmente a unha inserción laboral máis rápida en menos tempo, a un custe dos estudos menor e a unha formación máis práctica dunha ampla oferta educativa. A Formación Profesional enténdese como unha formación esencialmente práctica e completa, que inclúe as ensinanzas propias da formación profesional inicial, as accións de inserción e reinserción laboral dos traballadores, así como as orientadas á formación continua nas empresas, que permitan a adquisición e a actualización permanente das competencias profesionais. Por conseguinte, a Formación Profesional constitúe un eixo estratéxico tanto para colaborar na inserción laboral do alumnado de Turismo como para contribuír á recuperación do sector a través dunha formación adaptada á transición actual da industria turística. Precisamente parte desa 3 Comisión Económica para América Latina e o Caribe.
7 formación adaptada implica introducir as tendencias. Concretamente, a magnitude coa que se produce esa transición e o impacto que ten na industria é o que motiva a facer este estudo. 1.2 Obxectivos Este apartado presenta os obxectivos xeral e específicos que persegue esta investigación. 1.2.1 Obxectivo xeral O obxectivo xeral deste traballo de investigación é elaborar un catálogo de experiencias en tendencia turísticas en dúas áreas: formación en turismo tecnolóxico e servizos de base tecnolóxica. Deste xeito, preténdese ilustrar sobre as tendencias do turismo e resaltar o potencial actual da tecnoloxía para acadar un turismo sostible e de calidade. Esta relación de experiencias pretende ser unha ferramenta que beneficie principalmente a dous destinatarios: docentes e alumnado. Por unha banda, pretende facilitar a labor de investigación do profesorado dos ciclos formativos de Turismo permitindo levar as tendencias da industria ás aulas de Turismo, tal e como sinalan os currículos. Esta labor requiriría dunha constante busca por parte dos docentes para estar ao día no sector, xa que a velocidade á que avanza a industria é inmensa máis aínda nesta fase de recuperación da pandemia, polo que esta relación facilitaría enormemente as tarefas de investigación do profesorado, permitindo introducir as tendencias da industria de forma ilustrativa e sinxela. Ademais, os docentes poderían valerse deste catálogo para divulgar novas oportunidades laborais con base tecnolóxica entre o alumnado de Turismo na Formación Profesional. Por outra banda, o outro destinatario sería o propio alumnado. Ademais do anteriormente mencionado, esta mostra de experiencias difunde a importancia da tecnoloxía no futuro do turismo, como ferramenta indispensable na procura do turismo sostible. Finalmente, tamén se pretende aumentar as oportunidades laborais do alumnado informando de novas saídas profesionais que a industria estará a demandar nos próximos anos, ofrecendo referencias de formación en turismo tecnolóxico para fomentar a creatividade e o emprendemento do alumnado de Turismo na Formación Profesional atendendo ás propias tendencias compiladas que están transformando o mercado turístico globalmente.
8 1.2.2 Obxectivos específicos Do obxectivo xeral presentado no apartado anterior, derivan os obxectivos específicos que permitirán afondar na investigación enmarcando o seus propósitos. Sinálanse a continuación os seguintes: • Nun primeiro lugar, faise necesaria facer unha revisión dos currículos e programacións didácticas dos ciclos de Formación Profesional da área de Turismo para constatar os contidos do currículo que permiten introducir esta relación de experiencias en tendencia. • En segundo lugar é preciso elaborar unha aproximación ás empresas que apostan pola tecnoloxía como ferramenta de crecemento económico sustentable. • En terceiro punto, coñecer casos de éxito onde a realidade virtual, a robótica, a intelixencia artificial e inclusive a neurociencia aplicadas a industria turística ofrezan experiencias susceptibles de popularizarse nos próximos anos xunto cos novos perfís profesionais do sector, que sirvan de inspiración tanto a emprendedores como a empresas. • Como cuarta e última liña, percíbese como imprescindible sinalar as características máis destacables do tecido empresarial na sociedade actual onde o sector turístico se está recuperando da parálise provocada pola pandemia. É preciso coñecer os resgos que definen a oferta dos operadores turísticos máis punteiros para comprender as dimensións nas que a tecnoloxía aplicada a experiencia turística pode xogar un papel moi importante na recuperación do mercado, na diversificación como ferramenta de diferenciación e competitividade, e como oportunidade de crecemento empresarial. Acadando estes obxectivos específicos, acádase consecuentemente o obxectivo xeral, tomando a forma de catálogo de experiencias turísticas tecnolóxicas en tendencia. 2. MARCO DE REFERENCIA Neste epígrafe sinálanse dous apartados de información relevante. O primeiro apartado presenta o marco normativo - lexislativo no que se sitúa o estudo, que require de coñecer a lexislación aplicada en materia de Formación Profesional. O segundo recolle os referentes teóricos chave do estudo e presenta literatura e investigacións de autorías relevantes. Estes dous apartados perfilan o marco de referencia que delimita este traballo académico.
15 Os profesionais do turismo dun destino (empresas e axentes) deberían de saber identificar as novas formas de comunicación do turista actual e as súas necesidades para adaptarse ás novas demandas que esixe o futuro da industria turística, e deste xeito poder identificar novas oportunidades. Neste novo escenario, a capacidade de adaptación das empresas e a formación dos profesionais vólvense esenciais para non quedar fora do mercado. Lonxe de ser unha dificultade, esta necesidade preséntase como unha oportunidade estratéxica de competitividade para captar máis clientes conectados, mellorando a rentabilidade mediante o estudo dos datos a través do uso de Big Data 10 ou Internet of Things 11 , entre outras ferramentas dixitais (Simancas et al., 2020). 2.2.1 Antecedentes e autorías relevantes A percepción social que ten o alumnado de Turismo na Formación Profesional é un dato a ter en conta, así como tamén as perspectivas de futuro do alumnado á hora de rematar a súa formación. González (2021) conclúe na súa tese doutoral publicada pola Universidade de Mucia que a pesares de que os estudios de FP na familia de Hostalaría e Turismo foron considerados durante moito tempo estudos de segunda opción, esta percepción está cambiando. Actualmente os ciclos formativos están tendo unha moi boa aceptación na sociedade, o seu número de alumnado aumenta cada ano, xa que se recoñece entre a sociedade que son estudios conducentes a unha rápida inserción laboral. Sinálase que estes ciclos poñen o foco en capacitar coas competencias precisas para o desenvolvemento da actividade profesional. Porén, é unha realidade que a industria turística precisa de man de obra, postos intermedios e técnicos capacitados acordo cos datos aportados polo Ministerio de Seguridade Social (Pascual, 2022), que revelan que o sector da Hostalaría e Turismo conta con máis de 73000 empregados menos dos que tiña antes de iniciar a pandemia no 2020. O actual Informe Sectorial de Turismo (Caixabank, 2022) recolle que existe un factor estrutural causante desta situación en España, ese factor é o desacople entre os requirimentos laborais e a formación. Percíbese neste momento unha forte quebra entre a demanda e oferta de emprego, pero especialmente este informe incide en que nos postos que se require de máis cualificación e experiencia non se atopa persoal. A principal razón pola que este feito sucede é que 10 Big Data: Este termo fai referencia a conxuntos de datos tan grandes e complexos que precisan de aplicacións informáticas non tradicionais de procesamento de datos para ser tratados axeitadamente. 11 Internet of things: Este termo describe obxectos físicos con sensores, capacidade de procesamento e outras tecnoloxías que se conectan e intercambian datos con outros dispositivos ou sistemas a través de internet ou outro tipo de redes de comunicación.
16 a formación do candidato non é acorde ás necesidades da empresa (Canalís, 2022). Ademais, moitos postos de traballo adxudícanselle a xente non formada, nun intento de dar resposta á inmediata necesidade de persoal, e iso fai que saia á luz a precariedade das condicións laborais, desprofesionalizando o sector. Un dos portais de emprego máis destacables da industria turística declara que fan falla máis titulados en FP para cubrir estes postos, pero ademais fai falla apostar por unha formación DUAL vencellada á empresa actual (Canalís, 2022). Desde un punto de vista internacional, un segundo estudo feito pola Universidade Autónoma do Estado de México (Ortega et al., 2020) aporta que as tendencias en turismo a curto prazo, no 2030, definen a perspectiva do desenvolvemento humano como punto notable no que se debería de consolidar o turismo. Unha educación pertinente marcará a diferencia para o óptimo manexo dun destino ou negocio turístico, polo que será preciso desenvolver capacidades nos estudantes para resolver problemas complexos, pero tamén fará falla pensamento crítico e creatividade, ademais de estar dotados dunha fortísima conexión coa práctica da industria turística dixitalizada. Estas autorías (Ortega et al., 2020) conclúen que a tecnoloxía cambiou a maneira de facer turismo. A forza que ten a tecnoloxía sobre a actividade redefine novos modelos de negocio e procesos na súa organización. Polo que apostando pola innovación e transformación dixital, celebrouse no 2018 a primeira competición da Organización Mundial do Turismo de Startups de Turismo, na que se propuxeron proxectos innovadores con potencial de ser disruptivos, podendo cambiar a forma na que se viaxa (UNWTO, 2018) presentando así os ecosistemas traveltech 12 que ademais de abarcar a análise, deseño, implementación e aplicación da tecnoloxía no turismo, tamén teñen como obxectivo satisfacer as necesidades do actual turista 5.0, o turista dixital, caracterizado por estar hiperconectado, informado, usando aplicacións e redes sociais para ocio e negocio, que busca interactuar para compartir as súas mellores experiencias personalizadas vividas durante a súa forma de facer turismo. Levalle e Perotti (2020), reflexionaron sobre a formación dos profesionais do Turismo fronte a pandemia da Covid-19. Nesa reflexión, concordan en que recompoñelo sector logo da pandemia requirirá de profesionais cunha formación integral e complexa capaces de monotorizar 12 Travel Tech é un térmico que fai referencia a aplicar os últimos avances da Tecnoloxía da Información e Comunicación ao sector das viaxes, o turismo e a hostalaría.
17 procesos innovadores e emprendemento. Deberán ser capaces de poñer en xogo as novas tecnoloxías, a responsabilidade ambiental, a perspectiva de xénero e o compromiso social. En Meneses (2020) indícase que o profesor Edu William, asociado da Universidade das Palmas de Gran Canaria, propón que o ecosistema turístico sempre estivo condicionado polo desprazamento, pero o que o turista busca realmente son experiencias. As pregunta son: poderá a industria turística valerse do uso das novas tecnoloxías innovadoras para mellorar a súa capacidade competitiva no mercado?, poderá ofrecer novas experiencias únicas que se poidan desfrutar inclusive desde a casa do propio turista?, chegarán a estar os profesionais do turismo preparados academicamente para afrontar esta nova era? Un estudio feito en Galicia (Juncal e Sánchez-Amboange, 2021) confirma que tanto empresas como turistas estanse adaptando á nova realidade dixital da nova era. A nivel empresarial obsérvase un gran esforzo de adaptación das empresas cara ás novas demandas dos consumidores, que modificaron os seus hábitos en canto á evolución da tecnoloxía na súa experiencia vital, feito que seguirá definindo ao consumidor do século XXI. Sinalan estas autoras que a crise do coronavirus, especialmente o confinamento domiciliario, acelerou o proceso de dixitalización das empresas e potenciou o consumo de novos produtos turísticos como os viaxes ou as visitas virtuais feitas desde o domicilio do consumidor. 3. METODOLOXÍA A análise deste estudo baséase na metodoloxía de ‘análise de contido’ de diversos materiais relativos ás tendencias da formación académica en turismo e ás tendencias dos servizos da industria turística nas que a tecnoloxía xogue un papel relevante: escritos de autores recoñecidos na materia, normas legais e plans formativos diversos. 3.1 Análise de contido como técnica de investigación. A análise de contido nun sentido amplo é unha técnica de interpretación de textos, xa sexan escritos, gravados, filmados ou calquera outra forma diferente onde poidan existir toda clase de rexistro de datos, transcricións, discursos, entrevistas, observacións, documentos, vídeos, gravacións, etc. O denominador común de todos estes materiais é a súa capacidade para albergar un contido que, lido e interpretado axeitadamente, nos abre as portas cara aos coñecementos de diversos aspectos e fenómenos da vida social (Abela, 2002).
18 Este autor concreta que o análise de contido baséase na lectura (textual e visual) como instrumento de recollida de información. Pero esa lectura, a diferencia da lectura común, debe realizarse seguindo o método científico, polo que debe ser sistémica, obxectiva, replicable e válida. A análise de contido difire das técnicas clásicas de estudo de documentos (técnicas de índole histórica, literaria, política, etc.) nas que tende a existir unha subxectividade do investigador/a. Esta metodoloxía pretende substituír a subxectividade deses estudos, por un procedemento estandarizado con obxectividade que converta en datos os contidos analizados (López, 2002). Unha das definicións máis completas da técnica de análise de contido foi a dada por Bardin (1996), citado por Abelá (2002) como: El conjunto de técnicas de análisis de las comunicaciones tendentes a obtener indicadores (cuantitativos o no) por procedimientos sistemáticos y objetivos de descripción del contenido de los mensajes permitiendo la inferencia de conocimientos relativos a las condiciones de producción/recepción (contexto social) de estos mensajes. (p.3) Na parte empírica da investigación téntase efectuar unha análise descritiva que permita a inferencia sobre cales son as tendencias da industria turística vencelladas á tecnoloxía aplicada no sector, polo que se toma en consideración toda a información recollida sobre esta técnica. Esta metodoloxía emprega técnicas cualitativas dirixidas á recollida de datos narrativos sobre diferentes eidos. Por unha banda sobre as tendencias tecnolóxicas de servizos turísticos presentes no mercado. Por outra, sobre as tendencias formativas de turismo tecnolóxico e travel tech. 3.2 Procedemento de análise da información Polas características intrínsecas deste traballo académico, este estudo está acotado en extensión e tempo. Esta limitación condiciona as áreas a investigar dentro da enorme diversificación da industria turística, que se fai imposible de analizar na súa totalidade neste estudo. Por conseguinte, a análise desenvólvese nas seguintes áreas que se consideraron relevantes pola súa natureza directamente vencellada coa industria: • Currículos dos ciclos formativos de Turismo e Programacións Didácticas. • Tendencias académicas en formación de turismo con implicación tecnolóxica. • Tendencias de transformación dixital no sector turístico: áreas travel tech nas feiras de turismo máis relevantes a nivel mundial e observatorios de turismo.
19 • Tendencias tecnolóxicas de turismo cultural e museos a nivel internacional. • Proxectos turísticos tecnolóxicos na aceleradora de turismo de Galicia. • Compoñente tecnolóxico nos smart destinations e o seus beneficios. A etapa exploratoria destas buscas levouse a cabo ao longo do Máster desde novembro 2021 a maio 2022, utilizando por unha banda diferentes buscadores académicos, e por outra páxinas web institucionais do sector turístico no ámbito investigador, informativo, académico e empresarial. Entre os buscadores académicos, os máis utilizados foron os seguintes: • DIALNET, portal de difusión científica hispana xestionado pola Fundación Dialnet e a Universidade da Rioxa creado no 2001. Inclúe revistas científicas e humanísticas, de España, Portugal e Latinoamérica, teses doutorais, libros, e outros documentos. • REBIUN (Rede Española de Bibliotecas Universitarias), catálogo colectivo que reúne máis de 95 bibliotecas, das cales 76 son universitarias, outras membros de Crue Universidades Españolas, o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), e vinte máis de bibliotecas de institucións asociadas á rede. • TESEO, repositorio do arquivo central de teses doutorais das universidades españolas xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España, activo dende o ano 2011. • REDALYC (Rede de Revistas Científicas de Latinoamérica e o Caribe, España e Portugal). Reúne 26 países, 715 institucións e 1475 revistas en liña. • GOOGLE ACADÉMICO, buscador especializado en contido e bibliografía científicaacadémica. • ERIC (Education Resources Information Center). Base de datos de ámbito internacional no campo da educación. Para determinar os estudos de turismo con novos modelos de aprendizaxe e contido tecnolóxico utilizouse a seguinte fonte: • Buscas realizadas na rede. Resultou especialmente valioso atopar no diario Hosteltur (Sanchez, 2020) a inauguración do Travel Tech School de Amadeus, como referente a nivel internacional. Para identificar as áreas traveltech nas feiras de turismo con novos modelos de aprendizaxe e contido tecnolóxico utilizouse a seguinte fonte:
20 • Buscas realizadas na rede. Resultou especialmente interesante atopar o Observatorio Travel Tech pola extensa información que contén sobre o tema de investigación deste estudo. Por outra banda, a identificación das principais feiras de turismo a nivel mundial revelou a presencia de espazos traveltech nunha vasta maioría de feiras. Para identificar as principais tendencias tecnolóxicas en museos tras a pandemia, utilizáronse as seguintes fonte: • Buscas realizadas na rede. Atopáronse un gran número de museos innovadores que ofrecen experiencias sensoriais de base tecnolóxica e visitas virtuais. Debido a extensión limitada que caracteriza este estudo, soamente se inclúe unha mostra representativa dos museos máis novidosos. • Visitas. Foron unha fonte secundaria na que se levaron a cabo dúas visitas para coñecer de primeira man a realidade inmersiva que ofrecían dous espazos recollidos nos resultados. Para coñecer os proxectos de base tecnolóxica de Turislab utilizouse soamente unha fonte: • Buscas realizadas na rede. Por último, para coñecer os destinos turísticos intelixentes utilizouse a mesma fonte: • Buscas realizadas na rede. Toda a información atopada foi resumida para poder ordenala, clasificala, e agrupala en categorías a expor no catálogo final: espazos travel tech, tecnoloxía inmersiva en turismo, aceleradoras e incubadoras e, finalmente, tendencias formativas en turismo e tecnoloxía. 4. RESULTADOS Este epígrafe presenta unha densa exposición dos resultados do estudo estruturados en sete apartados. En cada un ofrécese unha breve descrición seguida dos propios resultados. 4.1 Resultados A. Contidos sobre tendencias do sector turístico nos currículos e programacións didácticas dos ciclos formativos de Turismo. Para delimitar a revisión dos contidos impartidos nos ciclos formativos de Turismo pertencente a familia profesional de Hostalaría e Turismo, realizouse una revisión dividida en dúas fases. Nun primeiro lugar, consultáronse os ciclos formativos e fíxose unha primeira revisión dos seus currículos en busca de referencias ás tendencias de mercado, ao uso da tecnoloxía e ás súas aplicacións no desenvolvemento dos perfís profesionais de cada ciclo. En segundo lugar,
21 revisáronse as programación didácticas dos ciclos determinados de varios centros educativos para cribar os contidos que recolle a programación de cada módulo. Elixíronse para a revisión dos contidos, algúns dos centros educativos que imparten ciclos de Turismo en Galicia. Na seguinte táboa enmárcase a información relevante para esta revisión: Táboa 2. Centros educativos que imparten ciclos de turismo en Galicia. Ciclo formativo Currículo Centro educativo que imparte Ciclo Superior de Xestión de aloxamentos turísticos Decreto 55/2010, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en xestión de aloxamentos turísticos CIFP Manuel Antonio (Vigo) CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) CIFP Compostela (Santiago) IES de Villamarín (Ourense) Ciclo Superior de Axencias de viaxe e xestión de eventos Decreto 172/2010, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos IES Eusebio da Garda (A Coruña) IES Rosalía de Castro (Santiago) CIFP A Farixa (Ourense) CIFP Manuel Antonio (Vigo) Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística Decreto 167/2010, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en guía, información e asistencia turísticas CIFP Manuel Antonio (Vigo) CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) CIFP A Farixa (Ourense) CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) IES Eusebio da Garda (A Coruña) IES Rosalía de Castro (Santiago) IES Río Cabe (Monforte de Lemos) Nota: información extraída do portal da FP en Galicia. Elaboración propia. As referencias atopadas nos currículos dos ciclos revisados vencelladas as tendencias e ao uso da tecnoloxía no perfil profesional da área de Turismo, recóllense a continuación. 4.1.1 Primeira análise. Técnico Superior en xestión de aloxamentos turísticos Nunha primeira revisión do Decreto 55/2010, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en xestión de aloxamentos turísticos convén sinalar dúas das competencias profesionais, persoais e sociais, que fan mención do uso da tecnoloxía. Son a competencia “h) Propor a implantación de
22 sistemas de xestión innovadores, adecuando e empregando as tecnoloxías da información e da comunicación” (p. 5916). Tamén a competencia “m) Adaptarse a novas situacións laborais e a diferentes postos de traballo orixinados por cambios tecnolóxicos e organizativos nos procesos produtivos” (p. 5916). A prospectiva do título no sector sinala a “implantación de novos xeitos de xestión de aloxamentos en paralelo ás novas tecnoloxías” (p. 5917). Así mesmo, tamén recolle entre os obxectivos a importancia de “identificar as ferramentas asociadas á tecnoloxía da información e da comunicación, e recoñecer o seu potencial como elemento de traballo” (p. 5917). Tamén se recolle un criterio de avaliación sobre o recoñecemento do “uso das novas tecnoloxías no sector turístico e o seu impacto como elemento dinamizador” (p. 5921). Mergullándose na revisión dos contidos do currículo, destaca a “valoración das novas tecnoloxías como fonte de promoción turística” (p. 5922). Nas liñas de actuación concrétase que no proceso de ensino aprendizaxe se definen como acadar os obxectivos do módulo coa “aplicación de novas tecnoloxías e dos programas informáticos de xestión de información” (p. 5923). Máis concretamente, no módulo de Marketing turístico, sinálase un resultado de aprendizaxe para recoñecer si o alumnado “aplica as novas tecnoloxías no márketing turístico e analiza as súas aplicacións e as súas oportunidades no desenvolvemento de políticas do devandito márketing” (p. 5926). Especialmente este resultado de aprendizaxe afonda no tema central desta revisión e versa sobre a caracterización das novas tecnoloxías, valorar o uso da internet para comercializar produtos e servizos turísticos, utilizar as aplicacións ofimáticas de bases de datos e recoñecer a aplicación dunha base de datos para a investigación comercial e para crear unha vantaxe competitiva. Outras liñas de interese son o “uso das novas tecnoloxías e aplicacións informáticas de xestión de pisos, de persoal e do economato” (p. 5935); a “aplicación das novas tecnoloxías e dos novos programas informáticos de xestión de ocupación, reservas e recepción” (p. 5938); e a análise da contorna dunha proposta de proxecto de aloxamento nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural como parte da iniciativa emprendedora ensinada. Técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos Por outra banda, nunha primeira revisión do Decreto 172/2010, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos, convén sinalar tamén as referencias ao uso da tecnoloxía, que aparecen recollidas nas competencias profesionais, persoais e sociais, en concreto na competencia “i)_Aplicar asiduamente as ferramentas das tecnoloxías da información e da
23 comunicación propias do sector no desempeño das tarefas, e manter unha continua actualización nelas” (p. 17437). A prospectiva do título no sector sinala especialmente que: A intermediación de viaxes, lonxe de ser unha actividade en retroceso, experimentou un crecemento importante nos últimos anos. Pero o futuro para as axencias pasa pola especialización, o investimento en persoal cualificado, o uso da internet e o incremento das actividades de asesoría e asistencia en viaxe. (p. 17438) Deste xeito, concreta que: As axencias de viaxes deben afrontar o reto das novas tecnoloxías, aproveitándoas ao máximo, como ferramentas básicas dun servizo que debe apostar pola calidade e pola formación, para tirar o máximo partido á enorme información dispoñible tamén para a clientela. (p. 17438) Polo que se refire aos provedores, sen dúbida, a axencia segue a ser unha peza clave da súa rede de vendas e de promoción comercial. Nos criterios de avaliación, ao igual que no ciclo anterior analizado, recoñécese o “uso das novas tecnoloxías no sector turístico e o seu impacto como elemento dinamizador” (p. 17443) . Afondando nos contidos, valóranse as “novas tecnoloxías como fontes de información e promoción turística” (p. 17443). Do meso xeito que na revisión do ciclo anterior, destaca o módulo de Marketing Turístico que caracteriza precisamente polo uso e aplicacións das novas tecnoloxías, o valor do uso da internet para comercializar produtos e servizos turísticos, o uso das aplicacións ofimáticas de bases de datos, e a importancia da lexislación sobre a protección de datos. Compre sinalar un contido sobre a “identificación das tipoloxías turísticas e das súas tendencias” (p. 17443). Porén, nas súas modalidades non cita ningunha vencellada coa tecnoloxía. Outras liñas de interese son o uso das novas tecnoloxías para detectar e localizar os espazos (programas de cartografía), uso de aplicación informáticas para analizar recursos, coñecer programas de xestión específicos das axencias de viaxes, sistemas globais de distribución, terminais e programas de provedores de servizos de transporte e ofimática. No que refire á iniciativa emprendedora, sinala a innovación e desenvolvemento económico como “principais características na actividade de axencias de viaxes (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.)” (p. 17473). Tamén resalta a importancia de aprender a identificar as “axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan” (p. 17474).
24 Técnico superior en guía, información e asistencia turísticas Por último, na primeira revisión do Decreto 167/2010, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en guía, información e asistencia turísticas, non se atopa ningunha competencia que especialmente verse sobre o tema a analizar, mais si se recoñece como criterio de avaliación “o uso das novas tecnoloxías no sector turístico e o seu impacto como elemento dinamizador” (p. 17031), ao igual que nos currículos dos ciclos anteriores. Do mesmo xeito, afondando nos seus contidos, valóranse as “novas tecnoloxías como fontes de información e promoción turística” (p. 17032). No que refire ás liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo, atópase a aplicación das novas tecnoloxías e dos programas informáticos de xestión da información; a investigación do mercado turístico, xa que este é cambiante e precisa unha constante actualización das tendencias da demanda e das da oferta; recoñécese a importancia dos sistemas de distribución global e o seu impacto na industria turística, e valórase a función das feiras turísticas e doutros encontros profesionais como instrumentos de márketing. Do mesmo xeito que nos ciclos anteriores, destaca o módulo de Marketing Turístico que caracteriza as novas tecnoloxías e o seu uso, identifica as aplicacións tecnolóxicas en márketing, valora o uso da internet para comercializar produtos e servizos turísticos e utiliza as aplicacións ofimáticas de bases de datos. Outras liñas de interese son tamén, ao igual que no ciclo anterior, o uso das novas tecnoloxías para detectar e localizar os espazos (programas de cartografía), procesos da planificación interpretativa: métodos e soportes, e por último aplicacións ofimáticas para detectar e analizar os recursos. Máis concretamente, sinálase a “ofimática e as novas tecnoloxías da información aplicada ás oficinas de turismo” (p. 17051), para investigar “fontes de información sobre zonas concretas e detectar posibles recursos turísticos empregando as novas tecnoloxías da comunicación” (p. 17059). Sinálase tamén o seu uso para identificar “posibles axudas ou subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo” (p. 17059). No que refire á iniciativa emprendedora, tamén recolle a análise da contorna nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural para os proxectos empresariais, e sinala como principais características da innovación na actividade de guía, información e asistencia turísticas, os materias, a tecnoloxía e a organización da produción. Esta primeira revisión evidencia que o uso da tecnoloxía vai vencellado dende o currículo dos ciclos aos propios contidos e obxectivos de aprendizaxe, mais para mergullarse nas aulas de
31 para o sector turístico e o comercio internacional. Escola de Profesionais de Alcazarén en Valladolid e a Escola Nexian de Santander. 30 Estas escolas foron as encargadas de desenvolver o evento dirixido ao alumnado e profesorado do ciclo superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos e Comercio Internacional. Conectar o mundo da ensinanza coas empresas e as institucións para poñer en valor as oportunidades da tecnoloxía 5G, a transformación dixital para o sector turístico e o comercio internacional foi o obxectivo deste programa. A través deste proxecto financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional -UENext Generation, preténdese incentivar a inmersión do alumnado de Formación Profesional nas novas tecnoloxías, para formar a futuros profesionais do sector turístico que sexan capaces de implementar estes medios dixitais nos seu futuro laboral, fomentando a modernización e transformación dixital do sector turístico, descubrindo como a aplicación destas ferramentas mellora o funcionamentos dos establecementos, a atención ao cliente e a propia experiencia do cliente (de la Fuente, 2022). 4.3 Resultados C. Tendencias da transformación dixital no sector turístico: áreas travel tech nas feiras de turismo máis relevantes a nivel mundial e observatorios de turismo. Aplicar os últimos avances da Tecnoloxía da Información e Comunicación ao sector das viaxes, o turismo e a hostalaría faise esencial para un desenvolvemento cara a un turismo sostible. Por este motivo nas feiras de turismo máis relevantes aparecen os espazos travel tech, onde se abren oportunidades de transformación tecnolóxica e dixital para as empresas. Preséntanse os resultados: a) Observatorio TravelTech 31 O observatorio TravelTech é un proxecto colaborativo creado por Futurizable, Innovation Hub Travel Edition da fundación Mobile World Capital Barcelona y Sngular no 2019. Este observatorio analiza como se está desenvolvendo o sector turístico a nivel mundial e como isto se relaciona coa transformación dixital do turismo e das viaxes. A modo de resumo destacan as seguintes observacións: - The Valley: Informe de tendencias de turismo “El hotel como ágora” (2019). 32 Un proxecto chamado Hotel The Place to be ofrece un itinerario sectorial que recolle as aplicacións tecnolóxicas máis disruptivas nun prototipo de hotel do futuro: intelixencia 30 Ligazón: https://nexian.es/un-centenar-de-alumnos-de-turismo-y-comercio-internacional-analizan-lasoportunidades-profesionales-del-5g/ 31 Ligazón: https://www.sngular.com/es/observatorio-traveltech/ 32 Lligazón: https://youtu.be/7zhuWLDc14w
32 artificial, realidade virtual, realidade aumentada, hologramas e robótica aplicada ao establecemento hoteleiro. 33 - Programas de innovación aberta onde se conectan corporacións con startups: o Tourism Startups Competition de UNWTO 34 e Globalia. 35 Competición impulsada pola UNWTO en asociación co grupo líder turístico en España e América Latina, Globalia, para identificar as empresas emerxentes ao fronte da transformación do sector turístico e o impulso aos ecosistemas de innovación. o Iberostar y Wayra. Un concurso conxunto con Telefónica onde se promove o talento en materia de innovación turística e se premia aos proxectos das categorías propostas. Exemplo de gañadores deste concurso é Booklyng 36 . - Aceleradoras e incubadoras de startups turísticas o Hangar 51. 37 Programa de aceleración que se sitúa en Londres durante 10 semanas, que ofrece ás startups a posibilidade de testar os seus produtos con clientes. o The Journey. 38 Aceleradora que busca solucións sustentables para o sector turístico convocando ás empresas emerxentes en todo o mundo para resolver desafíos comerciais traballando con Turismo de Portugal, abordando especialmente a transición enerxética. - Outros o FuTurisme. 39 Programa de apoio á creación de empresas innovadoras e responsables no ámbito turístico promovido pola Deputación de Barcelona, o Concello de Barcelona, a Asociación de Axencias de Viaxe Especializadas e o gremio de Hoteles de Barcelona. b) Fitur. FiturTechy powered by ITH 40 A feira internacional do turismo de FITUR, celebrada anualmente no recinto de IFEMA na cidade de Madrid, coñécese por ser o punto de encontro global para os profesionais do turismo como feira 33 Check in online, wifi gratuito, mayordomo virtual, asistentes de voz, pulseiras multifunción, aplicacións coas que se pode controlar o acceso á habitación ou incluír servizos extra, etc. 34 UNWTO refire as siglas da Organización Mundial do Turismo en inglés. 35 Ligazón: https://tourismstartups.org/ 36 Ligazón: https://booklyng.com/, unha plataforma baseada na intelixencia artificial que permite a creación dun diálogo entre o hotel e o cliente na web do hotel como si estivera falando cunha persoa, servicio que permite incrementar as ventas ata nun 37%. 37 Ligazón: https://www.hangar51.com/programmes/accelerator/ 38 Ligazón: https://thejourney.pt/ 39 Ligazón: https://emprenedoria.barcelonactiva.cat/es/web/guest/home 40 Ligazón: https://www.ithotelero.com/fiturtechy/
33 líder dos mercados receptivos e emisores de iberoamérica. Fitur crea o espazo Fitur Techy impulsado polo Insitituto Tecnolóxico Hoteleiro (ITH). Fitur Techy é un foro de innovación e tecnoloxía turística que conta con catro bloques temáticos: Foro Tecnoloxía e Destinos, patrocinado por Amadeus; Foro Tecnoloxía e Futuro, patrocinado por American Express 41 ; Foro Tecnoloxía e Negocio, patrocinado por Adquiver 42 , e Foro Tecnoloxía e Sustentabilidade, patrocinado por CajaMar. 43 c) WTM, World Travel Market, Londres, Reino Unido 44 A Word Travel Market é unha outras das feiras máis importantes da industria turística na que se relacionan os profesionais do sector. Esta mesma feira celebra outras edicións anualmente en Sao Paulo, Dubai e China. A empresa líder de estudios de mercado Mintel foi a encargada de presentar nesta feira as tendencias do consumidor 2030 a través dun informe (Mintel, 2020) onde revela que a rede 5G conectará 125 billóns de dispositivos no 2030 borrando as liñas que dividen o tempo e as viaxes. Sinala que isto vai incrementar a incorporación de elementos de realidade virtual e aumentada en diferentes industrias, como o turismo e o entretemento, por exemplo os esports 45 virtuais serán rivais en popularidade cos deportes físicos. d) ITB, Bolsa Internacional de Turismo de Berlín, Alemania 46 A ITB é outras das feiras importantes a nivel europeo que se celebra anualmente en Berlín, feira que xa leva dúas edicións celebrándose virtualmente. Os tres temas principais desta feira na última edición do ano 2022 foron o traballo remoto, a flexibilidade e a dixitalización. Convén sinalar a participación dun referente a nivel mundial, líder do sector turístico en Meta (anteriormente Facebook), Jan Starcke, que sinala que o turismo atópase tan só no principio do desenvolvemento da nova era, xa que os novos mundos virtuais non se van a acender da noite á mañá, senón que hai tempo para adaptarse, polo que os emprendedores propietarios de negocios turísticos teñen tempo para implementar as novas tecnoloxías nos seus establecementos (ITB, 2022). Un exemplo serían as visitas virtuais para mostrar un inmueble de forma completamente 41 Analiza o avance da innovación tecnolóxica en turismo: intelixencia artificial, automatización, robótica e o desenvolvemento de novas formas de viaxar baseadas na experiencia 42 Mostra como a dixitalización e a robótica facilitan negocios máis prósperos. 43 Introduce o concepto de sustentabilidade turística dende o punto de vista tecnolóxico con tres eixos fundamentais: medio ambiente, sociedade e economía 44 Ligazón: https://downloads.mintel.com/private/gTGDk/files/798623/ 45 E-sports: competición de videoxogos que se converten en auténticas competicións deportivas. 46 Ligazón: https://www.itb.com/en/
34 inmersiva sen necesidade de ir a visitalo fisicamente, como implementaron xa importantes portais de aluguer e venda como poden ser Airbnb, Booking ou Expedia. Consultar ligazóns. 47 e) ITB Asia. Travel Tech Asia in Singapore 48 Na feira ITB Asia, celebrarase este ano a terceira edición e o primeiro lanzamento físico do espazo Travel Tech Asia, que será un evento presencial en 2022 do mércores 19 de outubro ao venres 21 de outubro. Situado en conxunto con ITB Asia e MICE Show Asia, Travel Tech Asia é o Premier Travel Tech Show de Asia. Travel Tech Asia é onde as tecnoloxías máis recentes, as tendencias emerxentes, as principais marcas de viaxes e as startups innovadoras están nun mesmo lugar para crear as novas posibilidades das viaxes. Os temas de estudio que se desenvolven neste espazo son os seguintes: intelixencia artificial; reservas, distribución e metaverso; tecnoloxía hoteleira; voz e datos biométricos; marketing personalizado e móbil; tecnoloxía blockchain 49 ; solucións a transporte e mobilidade; noticias e tecnoloxía impensable. No ANEXO II pódese consultar unha ilustración sobre os temas de estudo. f) Tourist Expo Japan, Tokyo, Xapón 50 Esta é a feira internacional de turismo de Xapón, organizada pola Asociación de Viaxes e Turismo de Xapón (JATA), a Asociación de Axentes de Viaxe de Xapón (JNTA), e a Asociación de Axentes de Viaxes Nipóns (ANTA). É unha feira que tanto pretende atraer a visitantes difundindo as súas atraccións turísticas e culturais como tamén permite recoller información sobre o resto de destinos do mundo. Xapón, a cabeza da tecnoloxía a nivel mundial, ofrece atracción turísticas para facer un recorrido tecnolóxico polo país: restaurantes con espectáculos interactivos de robots, museos de ciencias con robots que interactuan co visitante ou concertos con hologramas, entre outros atractivos. g) Foro TurisTIC Barcelona 51 Este Foro é un encontro do sector que se celebra anualmente na cidade de Barcelona, organizado por EURECAT (Centro Tecnolóxico de Cataluña) no que se reflexiona sobre proxectos, tecnoloxía e innovación en turismo. Este foro contou na súa última edición con catro 47 Ligazón: https://my.matterport.com/show/?m=2AFCLroTuPA, https://my.matterport.com/show/?m=ei96s7Uhru2, https://my.matterport.com/show/?m=f1e4ExCL5ns 48 Ligazón: https://www.itb-asia.com/ 49 Blockchain: tecnoloxía que permite levar a cabo transaccións dixitais de forma segura sen intermediarios. 50 Ligazón: https://www.t-expo.jp/en 51 Ligazón: https://www.forumturistic.com/
35 mesas de debate: o turismo sostible, o novo turista e as redes sociais, a tecnoloxía aplicada ao turismo e por último, o metaverso e o turismo do futuro. A empresa WeAreMarketing (WAM) tras a celebración do Foro TourisTIC Barcelona, publicou un informe sobre as tendencias do sector do turismo (Ascolese y Llantada, 2019) no que sinala á intelixencia artificial, ao internet das cousas, aos bots, aos asistentes virtuais e á tecnoloxía blockchain, como parte da industria turística. h) ThinkTur. Plataforma tecnolóxica de turismo. Foro sobre tecnoloxía e innovación turística 52 Tninktour é unha plataforma tecnolóxica para o turismo. Un espazo de encontro entre destinos turísticos, provedores de servizos e entidades de investigación para fomentar a competitividade no sector mediante a difusión e a implantación da tecnoloxía, a innovación e a sustentabilidade. Entre os seus obxectivos atópase o de sinalar o impulso de accións formativas e de capacitación, crear unha rede de alianzas estratéxicas con institucións referentes en I+D ou colaborar coas Administracións Públicas asesorando sobre as principais liñas tecnolóxicas de investigación que interesan ao turismo. Cabe destacar que ofrece formación específica tanto de estudos avanzados como de capacitación en tecnoloxía aplicada ao turismo. Tras esta análise, convén sintetizar as características desprendidas do mercado turístico actual que respondendo a unha evolución da industria e ao propio desenvolvemento de novos servizos rexidos pola relación oferta/demanda do mercado, polo que se podería afirmar que as características están mudando: • Natureza intanxible => non se intercambian produtos, senón servizos pero tamén experiencias o máis personalizadas posibles. • Moita sensibilidade á contorna e os acontecementos, a pandemia marca un punto de inflexión, que lonxe de ser unha parálise, se convirte nunha oportunidade de crecemento impulsado pola creatividade como vía de actuación para atopar solucións aos desafíos da crise. • Paradigma da mobilidade humana => o desprazamento tradicional do cliente para gozar do servizo está sempre presente pero xorden novos servizos sen desprazamento para gozar desde a casa. 52 Ligazón: https://www.thinktur.org/
36 Seguindo nesta liña de análise, obsérvase que tras os avances a nivel tecnolóxico e os modelos de negocio innovadores principalmente canalizados en internet, nace unha nova era do turismo na que se pode afirmar que se implanta as novas tecnoloxías como imprescindibles cara ao crecemento empresarial da industria turística en aras de acadar un turismo sostible, porque esta revolución tecnolóxica está posta tamén ao servicio do combate do cambio climático. 4.4 Resultados D. Tendencias tecnolóxicas en Museos tras a pandemia: big data, neurociencia, visita en realidade virtual e aumentada, e o internet of things. Os museos expoñen, conservan, arquivan e protexen o patrimonio. Moitos museos e exposicións son atraccións turísticas por si mesmos, convértense en destinos turísticos importantes proporcionando actividade económica na industria do turismo (Travers, 2006, como se citou en Coll-Serrano et al., 2015). A tecnoloxía está cambiando a forma de concibir a arte, a arte está achegando aos fogares e atraendo a outros tipos de público. A tecnoloxía permite crear experiencias multisensorias de arte, experiencias inmersivas nas que o visitante pode chegar a formar parte da obra ou vela con unha luz diferente. Preséntanse os resultados desta parte do estudo: a. Museo Pescanova Biomarine Center, Pontevedra, España 53 Este innovador museo situado no Grove e inaugurado do 2021 mergulla aos visitantes a través de distintas experiencias sensoriais nas profundidades do mar e na historia da acuicultura utilizando as últimas tendencias tecnolóxicas, a realidade aumentada, realidade virtual, internet of things e a robótica. b. Museo Nacional de Ciencas Naturales de Madrid, España 54 O Museo Nacional de Ciencias Naturales ofrece dúas experiencias ao longo da súa visita. A primeira mediante a aplicación Second Canvas que permite ver imaxes dixitalizadas en alta resolución, e a segunda mediante unha aplicación que ofrece unha gymkhana polas instalacións. c. Museo Thyssen Bornemisza, Madrid, España. Aplicación ARM MUSEUM 55 Entrar nos cadros é a experiencia de realidade virtual do Museo Thyssen na súa exposición en Estados Unidos. Seleccionáronse tres obras para descubrir coa aplicación ARM 53 Ligazón: https://www.pescanovabiomarine.com/ e https://cdn.jwplayer.com/previews/9vdne5cF?exp=1657163280&sig=d0c45c7dab903a2bacf51c9799c367ed 54 Ligazón: https://www.mncn.csic.es/es e https://youtu.be/gnl68Mh3Iss 55 Ligazón: https://youtu.be/R9s_LIAWIoQ
37 MUSEUM, e aproximar virtualmente a cultura ao cidadán nun mundo no que a tecnoloxía é o futuro. d. Museo Ana Frank, Amsterdam, Holanda. Aplicación GVAM 56 O museo de Ana Frank aplica a realidade aumentada para representar feitos do pasado histórico nos espazos de hoxe en día ao longo da visita por medio da aplicación GVAM. Isto permite potenciar as historias narradas das vivencias da vida de Ana Frank durante a II Guerra Mundial e acercar a historia aos visitantes sen saír da casa. e. Museo Sorolla, Madrid, España 57 Este museo puxo en marcha una aplicación pioneira en Europa que se pode descargar de balde en dispositivos móbiles mediante a cal o propio pintor Sorolla é o propio guía que fala co visitante e explica o seus cadros. f. Albertina Museum, Viena, Austria. Aplicación ArtVive para Museos 58 A realidade virtual a través da aplicación ArtVive permite descubrir a fondura de cada obra por capas utilizando un dispositivo móbil. . g. Museo Nacional de Singapur, Singapur 59 Ofrece varias experiencias sensorias de base tecnolóxica. A primeira, descargando unha aplicación e utilizando a cámara dun dispositivo móbil para explorar as pinturas nunha instalación inmersiva chamada Story of the Forest, baseada en 69 imaxes da colección de William Farquhar de debuxos de Historia Natural. A segunda, baseada nunha visita virtual da exposición Old New World. h. The Art Galery of Ontario, Ontario, Canadá 60 Cunha aplicación de realidade aumentada e utilizando un dispositivo móbil, as obras da exposición ReBlink toman vida. i. Smithsonian American Art Museum, Washington, USA 61 56 Ligazón: https://www.annefrank.org/es/sobre-nosotros/que-hacemos/nuestras-publicaciones/la-casa-de-anafrank-en-realidad-virtual/ e https://youtu.be/OnYkGziIrJY 57 Ligazón: https://www.culturaydeporte.gob.es/msorolla/el-museo/mision.html e https://youtu.be/upObwE9nZog 58 Ligazón: https://www.albertina.at/, https://youtu.be/32T3WeCnYa0 59 Ligazón: https://www.nhb.gov.sg/nationalmuseum/our-exhibitions/exhibition-list/story-of-the-forest, https://www.nhb.gov.sg/nationalmuseum/our-exhibitions/exhibition-list/aonw-digital 60 Ligazón: https://ago.ca/, https://youtu.be/1ceyNr2No6M 61 Ligazón: https://naturalhistory.si.edu/exhibits/bone-hall, https://cdnapisec.kaltura.com/index.php/extwidget/preview/partner_id/347381/uiconf_id/43049831/entry_id/1_ kbcgfs5g/embed/dynamic
38 Dispón dunha aplicación chamada skin and bone de realidade aumentada para a exposición Bone Hall coa que utilizando un dispositivo móbil, os esqueletos das diversas especies transfórmanse en corpos completos. j. El Centro Espacial Kennedy, Washington, USA 62 A exhibición Héroes e Lendas utiliza a realidade aumentada para recrear un momento da historia. k. Perez Art Museum, Miami, USA 63 Exposición de arte de realidade aumentada chamada especies invasoras. l. Experiencia inmersiva Van Gogh, Santander, España 64 Combatendo o interese en declive polas formas tradicionais de arte, xurde esta experiencia que funde tecnoloxía, arte e música dunha forma dinámica e engaiolante, un viaxe sensorial. Ademais de todos estes museos que foron brevemente comentados, enumérase unha pequena selección, a modo de mostra, de museos coñecidos internacionalmente que ofrecen visitas virtuais permanentes no momento de escribir este traballo: Museo del Prado, Madrid, España 65 ; Museo Guggenheim, Bilbao, España 66 ; Museo del Louvre, Paris, Francia 67 ; Museo británico en Londres, Londres, Reino Unido 68 ; Museo de Arte Contemporáneo de Nueva York (MOMA), Nueva York, USA 69 ; Museo del Vaticano, Roma, Italia 70 ; Museo del Pérgamo, Berlin, Alemania 71 ; Deutsche Museum, Munich, Alemania 72 ; Museo Arqueolóxico de Atenas, Atenas, Grecia 73 ; Museo del Cairo, El Cairo, Egipto 74 ; Museo egipcio de Turín, Turín, Italia 75 ; Museo Picaso, Málaga, España 76 ; Museo de arte de Ohara, Okayama, Japón 77 ; Museo Nacional de Ciencia e 62 Ligazón: https://www.nasa.gov/centers/kennedy/home/index.html 63 Ligazón: https://www.pamm.org/es/, https://vimeo.com/259939997 64 Ligazón: https://www.vangogh.es/es/, https://youtu.be/cRFSPVK0wqs, https://youtu.be/1A7TiOJS54Y 65 Ligazón: https://www.museodelprado.es/visitas-virtuales 66 Ligazón: https://www.guggenheim-bilbao.eus/visita-virtual-interior 67 Ligazón: https://www.louvre.fr/es/visitas-virtuales 68 Ligazón: https://britishmuseum.withgoogle.com/ 69 Ligazón: https://www.moma.org/calendar/groups/58 70 Ligazón: https://m.museivaticani.va/content/museivaticani-mobile/es/collezioni/musei/tour-virtuali-elenco.html 71 Ligazón: https://g.co/arts/74dtAcuY8UY8wbz86 72 Ligazón: https://virtualtour.deutsches-museum.de/?vlon=3.81&vlat=-0.30&fov=148.3&image=13874 73 Ligazón: https://www.namuseum.gr/en/digital_exhibition/ 74 Ligazón: https://my.matterport.com/show/?m=85n8j312Ur4 75 Ligazón: https://virtualtour.museoegizio.it/ 76 Ligazón: https://www.museopicassomalaga.org/exposiciones-digitales 77 Ligazón: https://cutt.ly/sLGPNWo
39 Innovación Emergente, Tokyo, Japón 78 ; Museos de la India. Visitas virtuais 79 ;Museo de Frida Kahlo, México 80 . Toda esta oferta turística e cultural revela que o turista da nova era é un viaxeiro que goza dunha capacidade de adaptación camaleónica, atópase totalmente mergullado no uso da tecnoloxía na súa vida cotiá, polo tanto traslada este comportamento ao seu consumo turístico que se caracteriza por: • Ser un turista totalmente hiperconectado e habituado ao uso de dispositivos e aplicacións móbiles. • Uso estratéxico da tecnoloxía para dar valor á experiencia turística. • Uso cotiá de redes sociais e blogues para ocio e negocio, o fenómeno bleisure aplicado ás redes sociais e aos viaxes, fusión de ocio e negocio, flexibilidade. 4.5 Resultados E. Turislab. Aceleradora de Turismo de Galicia. Proxectos de base tecnolóxica. Turislab é a primeira aceleradora galega de proxectos turísticos innovadores especializados en turismo sostible e de alto impacto na sociedade, impulsada pola Xunta de Galicia. A primeira edición data do ano pasado 2021. No presente ano 2022 atópase desenvolvendo a súa segunda edición. Turislab ofrece servizos de networking, mentorización, formación específica muldisciplinar e inversión para os proxectos acelerados. Os proxectos que queiran participar deben encaixar nunha serie de categorías, entre as que destacan: Travel Tech (transformación dixital do turismo, das viaxes e das experiencias), Sustentabilidade (proxectos enfocados a asegurar un desenvolvemento sostible no sector turístico), Social Tech (ideas innovadoras de base tecnolóxica para conectar o dixital coa sociedade), Gastro Tech (proxectos tecnolóxicos 360º que conecten cultura, restauración, turismo e produto), Infrastructure Track (facer máis accesible o turismo extremo e crear infraestructuras). Obsérvase que de entre todas as categorías, tres son especificamente de contido tecnolóxico en tres eidos turísticos: sociedade, viaxes e gastronomía. 78 Ligazón: https://cutt.ly/OLGP9mB 79 Ligazón: https://www.indiaculture.nic.in/virtual-museums 80 Ligazón: https://www.museofridakahlo.org.mx/es/el-museo/visita-virtual/
40 Na primeira edición de Turislab houbo 83 solicitudes, 15 proxectos pre-seleccionados e 10 finalistas que completaron o programa formativo. Recóllense no ANEXO III os proxectos dos 10 finalistas. Turislab afirma que o talento innovador en Galicia non ten límites polo que a aceleradora seguirá crecendo en futuras edicións (Villar, 2022). Dos proxectos gañadores, destaca a forte presencia tecnolóxica en todos eles, especialmente vencellada coa sustentabilidade. Eficiencia, concienciación, mínimo impacto ambiental e turismo rexenerativo da man da tecnoloxía. 4.6 Resultados F. Destinos Turísticos Intelixentes: Smart Destinations O proxecto Destino Turístico Intelixente é unha iniciativa da Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), impulsada pola Secretaría do Estado de Turismo co fin de adaptar os destinos turísticos aos retos do futuro e contribuír a súa conversión nun novo modelo baseado na Gobernanza, na Innovación, na Tecnoloxía, na Sustentabilidade e na Accesibilidade. A constitución da rede de Destinos Turísticos Intelixentes (DTI) naceu no 2019, e supuxo un impulso estratéxico que está servindo como catalizador do programa DTI para a súa consolidación como instrumento clave para garantir o liderado de España no deseño e execución de políticas públicas de turismo a nivel local (Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, 2022). As grandes cidades son por si mesmas núcleos turísticos que atraen a turistas de forma constante, pero precisan adaptarse ás necesidades dos turistas que usan os recursos públicos por un espazo determinado de tempo. O desenvolvemento das cidades considerando o rol do turista actual da lugar aos Destinos Turísticos Intelixentes (Gretzel et al., 2015). Coa máis que recente estratexia dos Destinos Turísticos Intelixentes, o modelo turístico español mudou para adaptarse á tecnoloxía. A través da Plataforma Red.es (RECI) como Entidade Pública Empresarial adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través de SEGITTUR, impúlsase a transformación cara un modelo de xestión intelixente, dixital e un desenvolvemento turístico máis sostible. Son recoñecidos do distintivo de DTI aqueles destinos que obteñen unha puntuación no grao de cumprimento superior ao 80% de entre os 261 indicadores e 97 requisitos. A nivel nacional lograron estes obxectivos Benidorm, Xixón, Málaga, illa de Tenerife e Santander.
47 Ascolese, G. e Llantada, J. (2019). Estudio sectorial e informe de tendencias en la industria del turismo. https://www.wearemarketing.com/es/estudios/tendencias-turismo-mundial/ Axencia Andaluza do Coñecemento (2022). Autoinforme global de renovación da acreditación no Máster Universitario en Turismo Tecnolóxico. Universidade de Málaga. https://drive.google.com/file/d/1dvD_4WyguEnUjIuRBjnK3ha3wgA6W_0R/view Brunet, I. e Moral, D. (2017). Origen, contexto, evolución y futuro de la Formación Profesional. Universidad Rovira i Virgili. http://llibres.urv.cat/index.php/purv/catalog/download/272/307/677-1?inline=1 Buhalis, D., & Amaranggana, A. (2015). Smart Tourism Destinations Enhancing Tourism Experience Through Personalisation of Services. Information and Communication Technologies in Tourism, 1 (28), 377–389. https://doi.org/10.1007/978-3-319-14343-9_28 Caixabank Research. (2022). Informe Sectorial Turismo primer semestre 2022. https://cutt.ly/gZiuL2p Campillo, S. (2003). Evolución histórica de la Formación Profesional y las exigencias del mercado de trabajo. Revista Educar en el 2000: revista de formación del profesorado, 1 (6), 25-28. https://redined.mecd.gob.es/xmlui/handle/11162/88283 Canalís, X. (2022, mayo 26). España se queda sin camareros. Hosteltur. https://www.hosteltur.com/151665_espana-se-queda-sin-camareros.html Celdrán Bernabéu, M. A., Mazón López, J. N., & Giner Sánchez, D. (2018). Open Data y turismo. Implicaciones para la gestión turística en ciudades y destinos turísticos inteligentes. Revista Investigaciones Turísticas, 1(15), 49–78. https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/76640/6/Investigaciones-Turisticas_15_03.pdf Cohen, E. (2005). Principales tendencias en el turismo contemporáneo. Politica y Sociedad, 11+. https://cutt.ly/lZiu8ik Coll - Serrano, V., Rausell, P. & Abelendo, R. (2015). Estimación del impacto económico de los museos a través de las nuevas tecnologías de la información: el caso del museo Ene. Térmica Transinformação, 27(3), 265-275. Universidade Católica de Campinas. http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=384351521008 Comisión Económica para América Latina y el Caribe [CEPAL]. (2020, julio). Informes COVID19. Medidas de recuperación del sector turístico en América Latina y el Caribe: una oportunidad para promover la sostenibilidad y la resiliencia. https://repositorio.cepal.org/bitstream/handle/11362/45770/1/S2000441_es.pdf De la Fuente, M. (2022, febrero 7). Innovación digital en la formación profesional para transformar el sector turístico. Hosteltur. https://cutt.ly/UZiiq8u Decreto 167/2010, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en guía, información e asistencia
48 turísticas. (2010, 11 de outubro). Diario Oficial de Galicia No 196. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20101011/Anuncio33D56_gl.pdf Decreto 172/2010, do 23 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos. (2010, 21 de outubro). Diario Oficial de Galicia No 203. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20101021/Anuncio35CC6_gl.pdf Decreto 55/2010, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en xestión de aloxamentos turísticos. (2010, 16 de abril). Diario Oficial de Galicia No 71. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20100416/AnuncioF896_gl.pdf Fernández-González, L. (2020). Sobre la Formación Profesional. Revista de filosofía Eikasia, (99), 139-156. https://www.revistadefilosofia.org/99-06.pdf García-Cebrián, R. e Olmos, L. (2016). Estructura del mercado turístico. Paraninfo. https://cutt.ly/PZiuxn5 Giner, D., e Celdrán, M. A. (2021). El escenario Smart y sus derivadas en la estrategia de marketing online de los destinos turísticos. El caso de la Comunitat Valenciana. Investigaciones Regionales,3(51),107-128. https://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/118677/3/Giner_Celdran_2021_InvRegion.pdf Goberno de España (2021). Plan de Modernización e Competitividade do Sector Turístico. https://cutt.ly/iZiihGF González, I. (2021). Estudios de la Formación Profesional en España. Percepción social de los estudios de Formación Profesional de Hostelería y Turismo en la localidad de Ciudad Real. [Tesis de doctorado, Universidad de Murcia]. DIGITUM. https://digitum.um.es/digitum/handle/10201/105082 Gretzel, U., Hunter, W.C., Chung, N., & Koo, C. (2015). Constructivist Research in Smart Tourism. Asia Pacific Journal of Information Systems, 25(1), 105–120. https://doi.org/10.14329/apjis.2015.25.1.105 International Travel Business [ITB]. (2022, 20 de enero). ITB Berlin Convention 2022: a hight level exchange of experts views. ITB Press Release. https://cutt.ly/NZiimWq Juncal Suárez, I. e Sánchez-Amboage, E. (2021). Herramientas de marketing digital para reorientar la actividad de las oficinas de turismo de Galicia a raíz del COVID-19. RAE-IC, Revista de la Asociación Española de Investigación de la Comunicación, 8(16), 195-223. https://doi.org/10.24137/raeic.8.16.10 La Salle Innova Institute. (2020). The key soft skills of tourism professionals for post covid. https://blogs.salleurl.edu/en/key-soft-skills-tourism-professionals-postcovid
49 Lei orgánica 2/2006, del 3 e mayo, de Educación. (2006, 3 de mayo). Boletín Oficial del Estado No 106 de 4 de mayo del 2006. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2006-7899 Lei orgánica 3/2022, del 31 de marzo, de ordenación e integración de la Formación Profesional. (2022, 3 de marzo). Boletín Oficial del Estado No 78 del 1 de abril del 2022. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2022-5139 Lei orgánica 5/2002, del 19 de junio, de las Cualificaciones y de la Formación Profesional. (2022, 19 de junio). Boletín Oficial del Estado No 47 de 20 de junio de 2002. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2002-12018 Levalle, M. y Perotti, S. (2020). Turismo, pandemia ¿y después? Desafíos de la formación profesional en un nuevo escenario. Revista Temas y Debates, 24(especial), 459-465. https://doi.org/10.35305/tyd.v0i0.522 Logroño, S.I., López, C.R., Estrada, N.A. &Vasconez, V.A. (2021). Utilización de lenguajes de programación para generar plataformas informáticas en pro del desarrollo del sector turístico que ayude al Crecimiento Económico. Dominio de las ciencias, 7(3), 1627-1636. http://dx.doi.org/10.23857/dc.v7i3.2124 López, F. (2002). El análisis de contenido como método de investigación. XXI. Revista de Educación, 4 (2002), 167-179. http://rabida.uhu.es/dspace/bitstream/handle/10272/1912/b15150434.pdf Luque, R. (2020). Transformación Tecnológica de las Empresas Turísticas. El caso de Andalucia Lab [Trabajo Fin de Máster, Universidad de Jaén]. Archivo digital. https://tauja.ujaen.es/bitstream/10953.1/11933/1/TFM-Raquel-Luque.pdf Meneses, N. (2020, decembre 16). El futuro del turismo pasa por formarse en tecnología. El Pais. https://elpais.com/economia/2020/12/16/actualidad/1608126887_082772.html Ministerio de Educación e Formación Profesional. (2020). Plan para a modernización da Formación Profesional. https://cutt.ly/yZiiDQU Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. (2022). Qué es Red DTI. https://www.destinosinteligentes.es/que-es/ Mintel. (2020). Informe sobre tendencias del consumidor 2030. https://downloads.mintel.com/private/gTGDk/files/798623/ Organización Mundial do Turismo [UNWTO]. (2018). Competiciones de startups de turismo de la OMT. https://www.unwto.org/es/omt-competiciones-startup Organización Mundial do Turismo [UNWTO]. (s.f.). Desarrollo sostenible. https://www.unwto.org/es/desarrollo-sostenible Ortega, N., Medina, J.L. & Osorio, M. (2020). La formación profesional en turismo entre conexiones y redes de aprendizaje. Sinéctica Revista Electrónica de Educación, (54) https://www.redalyc.org/articulo.oa?id=99863569005
50 Pascual, R. (2022, mayo 24). El plan del gobierno para empresas que no encuentran trabajadores: que paguen más. El País. https://cincodias.elpais.com/cincodias/2022/05/24/economia/1653345196_337058.html Pololikashvili, Z. (2021, marzo 3). Guiar la recuperación del turismo. The World Toursim Organización. https://www.unwto.org/es/turismo-covid-19 Real Decreto 1128/2003, do 5 de setembro, polo que se regula o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. (2003, 18 de setembro). Boletín Oficial do Estado No 223 do 17 de setembro do 2003. https://cutt.ly/9ZiiCPi Real Decreto 1416/2005, polo que se modifica o Real Decreto 1128/2003, do 5 de setembro, polo que se regula o Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. (2005, 3 de decembro). Boletín Oficial do Estado núm. 289 do 3 de decembro do 2005. https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2005-19989 Sanchez, A. (2020, diciembre 17). Nace en canarias Travel Tech School by Amadeus. Hosteltur. https://cutt.ly/GZii1xp Segittur. (2020). Informe Diagnóstico y Plan de Acción del destino Gijón/Xixón. https://cutt.ly/jZii6Vi Simancas, M., Hernández, R. e Padrón, N. (2020). Turismo pos-Covid-19. Reflexiónes, retos y oportunidades. Cátedra de Turismo Caja Canarias-Ashotel de la Universidad de La Laguna. https://doi.org/10.25145/b.Turismopos-COVID-19.2020 Stalman, A. (2021). i-Talks Turismo 5.0 [Vídeo] Youtube. Min 19:48. https://youtu.be/ZdqIkDC7a8M Tormo, J., Zaragoci, B. e Linares, J. (2014). Potencial actual de las tecnologías de realidad virtual en Turismo: propuesta, caso de estudio y demostración. [congreso]. XVI Congreso Nacional de Tecnologías de la Información Geográfica, Alicante. https://cutt.ly/dZioly5 Universidade de Málaga [UMA]. (2022). Resultados del título. https://cutt.ly/RZiomAZ Villar, D. (2022). A aceleradora seguirá crecendo porque o talento innovador en Galicia non ten límites. Turislab Actualidad. https://cutt.ly/KZioYJy Wold Travel & Tourism Council [WTTC]. (2021, 2 de julio). Global Economic Impact Treds 2021. https://cutt.ly/xZioGXt Word Travel & Tourism Council [WTTC]. (2021, 6 de abril). EIR 2021 Global Infographic. https://cutt.ly/QZioVZ9
51 9. ANEXOS ANEXO I A seguinte figura ilustra as 14 habilitades brandas recoñecidas por un informe de La Salle Innova Institute como as prinicipais habilidades requeridas nos profesionais do turismo tras a pandemia da Covid-19. Figura 3. Habilidades brandas Nota: ilustración das 14 habilidades brandas máis demandadas en turismo según La Salle Innova Institute. Fonte: La Salle Innova Institute 2020. ANEXO II A seguinte figura ilustra os temas de estudo que se abordan no espazo travel tech da feira ITB Asia, en Singapur. Figura 2. Temas de estudo do espazo Travel Tech Asia da feira ITB Asia..
52 Nota: Fonte Travel Tech Asia. ANEXO III Recóllense os 10 clasificados da primeira edición da aceleradora de turismo de Galicia: Turislab. • SuitesNature. 1º clasificado. Cabañas sostibles e conectadas tecnolóxicamente para informar ao usuario dos seus consumos e da súa pegada no turismo de natureza. 83 • Ruta de la N-VI. 2º clasificado. Slow Travel para recuperala nacional VI entre Madrid e A Coruña atravesando 3 comunidades, 8 provincias e 70 localidades. 84 • Luxperience. 3º clasificado. Realidade virtual para poñer en valor o patrimonio cultural a través dun dispositivo electrónico, gafas inmersivas. 85 • Capptus App Turísticas. Mención especial talento. Creación dunha aplicación turística para axudar aos guías de turismo na xeolocalización de turistas e grupos con comunicación privada. 86 • Servizos Hoteleiros 360º. Servizo para establecementos hoteleiros de pequeno e mediano tamaño con atención remota continuada 24/7, adaptable ás necesidades de cada aloxamento. 87 • RoomDoo. Software para a xestión de hoteis cun modelo de negocio escalable para aloxamentos únicos ou cadeas hoteleiras. 88 • Ruteart. Viaxes en grupo sostibles con rutas lonxe dos grandes circuítos. 89 83 Ligazón: https://youtu.be/wyhew_aMVvY, https://youtu.be/yhDQkeIrC9A 84 Ligazón: https://youtu.be/86XZkgtwyk0 85 Ligazón: https://youtu.be/Q0tEacmafy0 86 Ligazón: https://youtu.be/0mz0nB1ImTg 87 Ligazón: https://youtu.be/nItFfSBay1Q 88 Ligazón: https://youtu.be/fXxjhApmqsc 89 Ligazón: https://youtu.be/a9fng_sWs2I
53 • 43º8’. Análise e predición de datos aplicados ao sector turístico. 90 • CampusSpain. Fomento do turismo académico en Galicia coa internacionalización como esencia. 91 • Nomada Travel Smart. Aplicación turística que permite xestionar o proceso completo das viaxes solucionando a fragmentación da experiencia. 92 90 Ligazón: https://youtu.be/FinKsv4uqeg 91 Ligazón: https://youtu.be/BRbScJTwzPk 92 Ligazón: https://youtu.be/IB5y4ToozNM