Full text
FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA GRAO EN HISTORIA DA ARTE RE-DESCUBRINDO A TRADICIÓN A música tradicional galega: pasado, presente, futuro? TRABALLO FIN DE GRAO Saray Alvite Sánchez Titor: Fco. Javier Garbayo Montabes Departamento de Historia da Arte (Área de Música) 2022-2023
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 1 “A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade” (Castelao, Sempre en Galiza, 1944) A todas as persoas que mantiveron e seguen mantendo vivas a nosa tradición e a nosa cultura. A elas, ás mulleres que protagonizaron a nosa historia e non recibiron recoñecemento. Á familia e á familia que se escolle. Grazas polo apio e confianza incondicional.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 2 ÍNDICE 1. Introdución _______________________________________________________ 5 1.1. Estado da cuestión ______________________________________________ 6 1.2. Obxectivos e metodoloxía _______________________________________ 11 2. O rol de xénero na música de tradición oral: a importancia do papel feminino __ 13 2.1. A pandeireta __________________________________________________ 19 2.2. O pandeiro cadrado ____________________________________________ 21 2.3. Tambor feminino ______________________________________________ 24 2.4. “Instrumentos” menores ou pobres ________________________________ 25 2.4.1. Culleres __________________________________________________ 26 2.4.2. Cunchas de vieira __________________________________________ 27 2.4.3. Tixola ou cazola ___________________________________________ 28 2.4.4. Latas de carburo e de pemento ________________________________ 29 3. “Lugares” de sociabilidade __________________________________________ 30 4. O lugar da música tradicional nos nosos días ____________________________ 35 5. Conclusións ______________________________________________________ 39 6. Bibliografía ______________________________________________________ 41 7. ANEXO INFOGRÁFICO ___________________________________________ 45
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 3 Resumo: Tomando como punto de partida algunhas das coplas froito das “recollidas” realizadas, e especialmente as que se atopan no Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, afondaremos no papel destinado á muller dentro da música tradicional galega, así como nos instrumentos destinados de xeito hexemónico a elas, destacando os de percusión considerados como “menores”, tales como cunchas, culleres, pandeireta, pandeiro, etc. A maiores, teranse en conta os lugares de convivencia propios para o desempeño desta actividade musical: as típicas foliadas, festas, pero tamén os lugares de traballo, facendo especial fincapé nos cantos vinculados a actividades de labor. A música sempre estivo presente no día a día da sociedade e segue a desempeñar un papel relevante nos nosos días; por iso, finalmente, abordaremos a situación actual na que se atopa a música tradicional galega e algunhas novas propostas de incorporación de estilos, ritmos e instrumentos (que non son propiamente galegos) a este tipo de música. Palabras chave: música vocal de tradición oral; música tradicional galega; recollidas; instrumentos de percusión; música tradicional na actualidade. Resumen: Tomando como punto de partida algunas de las coplas resultado de las “recollidas” realizadas, y especialmente las que se encuentran en el Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth y Antón Santamarina, profundizaremos en el papel destinado a la mujer dentro de la música tradicional gallega, así como en los instrumentos destinados de forma hegemónica a ellas, destacando los de percusión considerados como “menores”, tales como conchas, cucharas, pandereta, pandero, etc. A mayores, se tendrán en cuenta los lugares de convivencia propios para el desempeño de esta actividad musical: las típicas foliadas, fiestas, pero también los lugares de trabajo, haciendo especial hincapié en los cantos vinculados a actividades de labor. La música siempre estuvo presente en el día a día de la sociedad y sigue desempeñando un papel relevante en nuestros días; por eso, finalmente, abordaremos la situación actual en la que se encuentra la música
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 4 tradicional gallega y algunas nuevas propuestas de incorporación de estilos, ritmos e instrumentos (que no son propiamente gallegos) a este tipo de música. Palabras clave: música vocal de tradición oral; música tradicional gallega; “recollidas”; instrumentos de percusión; música tradicional en la actualidad. Abstract: Taking as a starting point some of the couplets that result from the “recollidas” performed, and especially those found in the Cancioneiro Popular Galego by Dorothé Schubarth and Antón Santamarina, we will delve into the role of women in traditional Galician music, as well as the hegemonic instruments assigned to them, highlighting the percussions considered “minor” such as shells, spoons, the tambourine, etc. Furthermore, the proper places of coexistence for the performance of this musical activity will be taken into account: typical “foliadas”, parties, but also workplaces, with special emphasis on songs linked to labor activities. Music has always been present in the day-to-day of society and continues today to play an important role; for this reason, lastly, we will address the current situation in which traditional Galician music finds itself as well as propose the incorporation of some new styles, rhythms and instruments (that are not properly Galician) to this type of music. Keywords: vocal music from oral tradition; Galician traditional music; “recollidas”; percussion instruments; traditional music today.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 5 1. Introdución Sen dúbida, unhas das primeiras manifestacións máis representativas que o ser humano emprega para expresar os seus sentimentos, son o canto e a danza. Así, Carpintero xa asegura: A linguaxe é limitada a hora de falar das emocións e sendo a música, sen dúbida, a linguaxe destas, sendo o mellor xeito que temos de transmitir unha emoción (...). Así, aventúrase a facer suposicións sobre o emprego de música nos inicios da civilización: Nas sociedades de grupos pequenos uns individuos dependen fortemente dos outros para a realización de moitos traballos comunais. Desde este punto de vista podemos dicir que a música xogou, e xoga, un papel extremadamente importante ao longo da evolución humana. Por esta razón nos é tan difícil pensar nunha sociedade paleolítica ou neolítica onde a música, nun sentido amplo, estivese ausente. Non poderíamos situar con certeza estas reunións de individuos do mesmo grupo social para facer música, pero pensamos que desde logo os galegos do neolítico xa as practicaron. 1 Os usos, costumes e cultura das clases populares transmitiuse de xeración en xeración por vía oral. Isto debíase principalmente a que a poboación pertencente as clases populares carecían de coñecementos de lectura e escritura, por tanto só contaban coa fala e a escoita, así como coa súa propia memoria, para manter viva a súa cultura. Deste xeito, resultaba inevitable que unha parte deste folclore se perdese para sempre. É innegable que a xeografía, e por conseguinte a paisaxe, determina non só os aspectos materiais da poboación tales como a arquitectura, senón tamén o aspecto inmaterial: costumes, cancións, bailes, etc.; deste xeito, a canción popular preséntase como un reflexo da dura vida rural xa que o contido de cada peza musical fala dunha temática popular moi concreta das rexións galegas. Así, cada unha das historias que se gardan nas coplas que chegan ata nós falan, más alá dunha cultura de contos e de tradición oral, dunha forma de pensar e de relacionarse os seus habitantes, por tanto o compoñente social nestas pezas é un aspecto clave a ter en conta. 1 CARPINTERO, P. (2010). Os instrumentos musicais na tradición galega. Consello da Cultura Galega. Ourense: DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS, SL. Apartado “Introdución”, (parág. 3) e Apartado “Cantadoras” (parág. final). Pode atoparse unha versión dixital na que consta exactamente o contido do libro (consultada para a elaboración deste traballo) na páxina do Consello da Cultura Galega, en: Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega (consellodacultura.gal). (Consultado 21/11/22).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 6 Antes da chegada da industrialización e da urbanización dos espazos, a sociedade era agraria e vivía do campo. Pero aínda hoxe, e sobre todo na época na que se comezou a poñer o foco na recuperación e preservación dos cantos e da música popular, o sistema agrario segue presente en moitas zonas de Galicia. As mulleres que cantan, porque principalmente son elas as protagonistas, falan de amoríos en segredo, de actividades cotiás, de como traballar a terra, de medos máis profundos como a chegada da morte... Naquel tempo, a pobreza e as dificultades estaban presentes especialmente nesas zonas aínda sen urbanizar, e as propias coplas fálannos de como empregaban a música para poder evadirse, máis tamén esconden unha realidade baseada en elementos ou feitos dos que non se podía falar publicamente, como é o caso da sexualidade. Deste xeito, estas pezas conteñen as historias dun tempo e duns pobos que tiñan moi pouco, pero as súas voces e unhas pandeiretas, entre outros pequenos instrumentos, bastábanlles para repartir a alegría que tanto precisaban nos seus fogares. Así, estamos ante un discurso, neste caso musical, presentado polo pobo e para o pobo que representa a visión e modo de comprender que tiña a sociedade galega tradicional o mundo no que lles tocou vivir e a realidade e cotiandade que os acompañaba, dos individuos que a conformaban, e dos roles que se establecían e se desempeñaban nesa cultura. 1.1. Estado da cuestión A música de tradición oral é aquela que, como o seu nome indica, se transmite co ensino directo e sen soportes físicos, tales como partituras, que son máis propios dos repertorios académicos. Ademais, esta música relaciónase cunha comunidade social específica. A nivel teórico pódese atopar como sinónimo de música folclórica (Randel, 1997). Realmente na actualidade falar de música de tradición oral non sería adecuado posto que a canle de comunicación quebrouse. Este termo podería ser substituído polo de música tradicional ao falar desa música nacida na tradición oral (López, 2020).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 7 A propia Dorothé Schubarth na década dos 90, anos despois de ter rematadas as investigacións que deron lugar ao Cancioneiro Popular Galego, fai unha alusión a perda da música de tradición oral, referíndose concretamente ó canto: Este feito, que afecta a case todas as entidades étnicas europeas, explícase por dúas razóns: porque moitas labores colectivas desapareceron, como as distintas fases da elaboración do liño, ou se realizan con máquinas, como a sega, e porque nas festas se prefiren as actuacións de grupos folclóricos ou de bandas. Por outra parte, en case todas as zonas rurais, a xeración intermedia emigrou e debería ser ela a que transmita a tradición oral aos seus fillos. 2 Pese a esta perda progresiva, en Galicia pódese atopar música de tradición oral ata case o remate do século XX. Realmente instrumentos populares e mesmo o canto popular, achegaron ao século XX fórmulas rítmicas, tipos de afinación, estruturas harmónicas, escalas, timbres e ornamentos máis propios da hoxe chamada música antiga 3 que os recursos propios da música aprendida nos conservatorios 4 . Isto pode verse grazas ao traballo realizado por Schubarth durante os 80 ou ó proceso de compilación desenvolvido por asociacións folclóricas e culturais que se deu a partires dos 90 e que se popularizou baixo o nome de “recollidas”. 5 Estas recollidas realizadas en Galicia a partires dos 70 e 80, e con especial forza durante os 90, poderían definirse como a realización de traballo de campo por persoas non especializadas e que tiñan como obxectivo principal compilar material audiovisual e información relacionada coa música e o baile de tradición oral. Este afastamento do contexto académico conduce a que este traballo de campo quedase reducido á fase central 2 SCHUBAR, D. (1999). “Galicia”. CASARES. E. (dir. e coord.). Diccionario de la música española e hispanoamericana. pp. 327-336. Madrid: Sociedad General de Autores y Editores. p. 327. Traducido do castelán. 3 En xeral está aceptado que a música antiga é toda aquela música occidental que foi composta e/ou interpretada no período que vai dende a Idade Media ate o ano da morte de J.S. Bach (Reyes, 2005, p. 75) 4 REYES, F. (2005). “Música Antiga e Galicia”. ADRA – Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, nº0. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego. p. 76. Dispoñible en: Revista ADRA nº 0 | Museo do Pobo Galego. (Consultado 27/11/22). 5 LÓPEZ, C. (2021). “A recompilación de música e baile de tradición oral en Galicia: as recollidas”. DIGILEC: Revista Internacional de Lenguas y Culturas, 8, pp. 36-52. A Coruña: Universidade da Coruña, p. 36. Dispoñible en: https://revistas.udc.es/index.php/DIGILEC/article/view/digilec.2021.8.0.8658 (Consultado 14/12/22).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 8 de visita ao propio campo e a súa respectiva recompilación de datos, quedando un baleiro significativo en canto á análise de resultados se refire. 6 Pódense considerar como antecedentes das recollidas aqueles procesos de compilación de música tradicional que foron plasmados en diferentes publicacións de cancioneiros que aparecen en Galicia dende finais do s. XIX. O primeiro cancioneiro do que se ten constancia é o Cancionero popular gallego: y en particular de la provincia de La Coruña de Pérez Ballesteros (1885-1886) 7 onde se recollen as letras empregadas para a interpretación das pezas; a este séguelle o Cantigueiro Popular de Marcial Valladares (publicado en 1970) 8 . Tras isto, medra o interese pola preservación deste tipo de música de tradición oral e aparecen diversos traballos que Groba (1998) divide en función do tratamento do material recollido, diferenciando entre aqueles centrados na publicación de cancioneiros e os destinados a reinterpretación das pezas. Non se pode deixar de mencionar a figura de Perfecto Feijóo e a Sociedade de Folklore gallego comandada por Emilia Pardo Bazán 9 , así como Cantos y bailes populares de Galicia de José Inzenga (1888) 10 , ou Cantares viejos y nuevos de Galicia 6 LÓPEZ, C. (2021). Op. cit. pp. 39-40. 7 PÉREZ BALLESTEROS, J. (1885-1886). Cancionero popular gallego: y en particular de la provincia de La Coruña. Madrid: Est. Tip. de Fernando Fé. 8 VALLADARES, M. (1970). Cantigueiro Popular. A Coruña: Fundación da Real Academia Galega. O Cancioneiro popular, aínda que é un dos primeiros e conta con gran relevancia (foi escrito de puño e letra polo seu autor en 1865), non chegou realmente a realizarse; foi unha acumulación de partituras dando como resultado un manuscrito, sendo publicada a súa parte literaria, pero haberá que esperar pola reedición do mesmo por parte de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim para que se inclúan partituras e a edición do facsímil: DO PICO, J. L., REI. I. (2010). Ayes de mi país: o cancioneiro de Marcial Valladares. Baiona: Dos Acordes S.L. 9 Consultar CLÉMESSY, N. (2004). “Emilia Pardo Bazán y Perfecto Feijóo. Elogio y defensa del folklore musical gallego”. La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, nº.2, pp. 65-75; e GARBAYO, F. J. (2015). “Víctor Said Armesto en el entorno de Perfecto Feijoo y Aires d’a Terra”. Villanueva, C., García, M. Santos (eds.), Víctor Said Armesto e o seu tempo: perspectivas críticas. A Coruña: Fundación Barrié, p. 261-301. 10 INZENGA, J. (2005). Cantos e bailes da Galiza. Ourense: Difusora de letras, artes e ideas. (Orixinal de 1888)
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 15 parte das ocasións, ía colocado na cabezalla da súa fila (guía), e tanto o resto dos homes como mulleres estaban obrigados a seguilo. Por tanto, o home era a figura activa que podía permitirse desfrutar do baile saltando e sacando os puntos que coincidisen co seu estado de ánimo no momento, en contraposición, a muller estaba relegada a un papel secundario estando condicionada á realizar os movementos que indicase o home, sen excesivo movemento e sendo recatada, pois ao final debía mostrarse como unha muller submisa pero con grandes capacidades de baile, debendo así impresionar as figuras masculinas. De novo, esta realidade que se vivía no momento do baile, recóllese nalgunhas das coplas que chegaron ata os nosos días (fig. 3). Pese a atoparnos nunha realidade de predominancia masculina tanto no ámbito de interpretación musical como no terreo de baile, si nos achegamos ás experiencias das compiladoras e compiladores, todos coinciden no protagonismo das mulleres como as verdadeiras organizadoras das festas así como na interpretación musical durante as mesmas. Nas xuntanzas realizadas nas propias aldeas durante o ano (a meirande parte en relación a traballos colectivos) eran elas as encargadas de preparar o lugar, así como as que logo interpretaban a música para o baile facendo uso das súas voces e instrumentos de percusión. A preponderancia feminina no canto das ruadas e pandeiradas, xunto con esta característica improvisación das coplas, resulta (...): a maior parte das coplas eran inventadas por mulleres. As mulleres galegas foron así as responsables por excelencia da maior parte da nosa tradición lírica, que cantaban acompañándose de distintos instrumentos dependendo da zona. 24 Aínda que a cita anterior só se centra no ámbito xeográfico galego, este feito non foi exclusivo de Galicia: En España la informante por excelencia es la mujer, ella ha sabido transmitir, en su integridad, toda la tradición musical de canciones y romances pertenecientes al ciclo vital del individuo; siendo 24 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Cantadoras”, (parág. 5).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 16 el ámbito cotidiano el contexto donde ha convivido con la música, formando parte del quehacer de cada día, desde su infancia hasta su muerte. 25 Realmente, ao ser elas as encargadas de amenizar as xuntanzas, cando se desenvolveron os traballos de recollida de coplas non sorprende atoparse con informantes femininas xa que eran elas as que inventaban coplas improvisando, quedándose con aquelas que resultaban máis atractivas e interesantes no seu imaxinario. As súas voces e algún acompañamento rítmico servía como punto de partida para iniciar os bailes: O canto galego é unha expresión fundamentalmente feminina, sobre todo cando se trata de canto como soporte para o baile. 26 Deste xeito, ao falar de música vocal de tradición oral en Galicia, resulta imprescindible fixar a atención nas mulleres do rural que mantiveron con vida este repertorio mantendo fixadas na súa memoria estas melodías, conservándoas e transmitíndoas ao longo de xeracións. Isto que é algo lóxico, unicamente comezou a ser tido en consideración nese momento no que comezan as labores de recolleita deste tipo de pezas que sen dúbida conforman unha parte moi importante do patrimonio inmaterial galego. Tomando como exemplo a seguinte táboa 27 de coplas contrapostas, xa se pode entrever os ideais existentes en torno á feminidade e a masculinidade tradicional: FEMINIDADE MASCULINIDADE Tódolos páxaros madre naceron para volar eu tamén nacín no mundo para traballos pasar (Roade, Sobrado dos Monxes, Flérida, 1980) Volume VI, p. 216 As rapazas que lles ghustan téñenlle moit’afición pero despois que se casan andan de conversación (Callobre, A Estrada, Manuel, 1979) Volume VI, p. 326 Miña nai, miña naiciña, que traballo é ser muller |: s´é bonita é desgraciada s´é fea ninguén a quer :| (San Ourente, Outes, Manola, 1979) Volume VI, p. 178 Si canto me llaman loco y si no canto cobarde si bebo viño borracho si no bebo miserable (Roade, Sobrado dos Monxes, Antonio, 1980) Volume VI, p. 309 25 OLARTE, M. (2011). “La mujer española de los años 20 como informante en los trabajos de campo pioneros españoles sobre el ciclo vital”. TRANS – Revista Transcultural de Música, 15. pp. 3-4. Dispoñible en:. https://n9.cl/pi674. (Consultado: 18/03/23) 26 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Cantadoras”, (parág. 5). 27 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 17 Así, entre o masculino e o feminino establécese unha continua relación de poder onde o masculino aparece sempre no posto predominante; uns roles existentes como froito do contexto machista no que se desenvolve a música tradicional. Mentres que, tal e como se indicaba coa figura do gaiteiro, eles recibían recoñecemento e eran coñecidos a título individual, no caso das mulleres a súa música era vista como unha parte da cotiandade, e a maiores vense “obrigadas” a presentarse como un conxunto para verse valedoras, para poder enfrontarse á seguir cargando co maior peso da foliada (fig. 4). Igual este xeito de actuar como un colectivo responde á unha necesidade xa que no ámbito rural moitas veces quedaban soas cos fillos tendo que facerse cargo deles e da casa, algo polo que moitas veces recibían críticas (fig. 5). A maiores, en relación coa ausencia de recoñecemento, tampouco recibían ningún tipo de remuneración económica por cantar e tocar, moitas veces facían un esforzo para poder mercar un instrumento (o máis habitual era unha pandeireta) e isto non significaba que fosen a facer desa actividade unha profesión como no caso masculino (fig. 6). Toca, miña pandeireta, se non heite de partir |: que me costáche-los cartos Axúdam’a divertir :| (Mazaricos, Veciños, 1979) Volume VI, p. 46 Namoreime dunha nena porqu’ela cantaba ben aghora morro de fame e o cantar non me mantén (Morantes, Santiago de Compostela, Mª do Carme, 1981) Volume VI, p. 75 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Así mesmo, ás mulleres usaban estas oportunidades de convivencia co xénero masculino para intentar atopar un pretendente, pois o seu destino na época era procurar un marido para así sentirse completas; tendo isto en conta, en moitas ocasións eran os propios homes os que as “convidaban” a que participasen na foliada activamente para ver as súas capacidades, decidíndose a comezar o cortexo ou non: As mulleres foron, normalmente, as encargadas de achegar a música destes bailes, en que cantar era unha obriga e non unha devoción, pois as mozas o que querían era, evidentemente, bailar cos mozos. 28 28 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Cantadoras”, (parág. 3).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 18 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia 29 . Arredor desa intención de atopar un pretendente, moitas veces eran vistas como desesperadas e superficiais, unicamente preocupadas por non quedar solteiras e destinando o seu tempo e diñeiro a aquilo necesario para “enganar” aos homes (fig. 8). Empezaremos polas mozas que son as máis zalameras que pra facerse bonitas asta pintan as orellas Pintan os labios e cexas, que parez’unh’hermosura algunhas levan na cara catro quilos de pinturas (Callobre, A Estrada, Manuel, 1979). Volume VI, p. 325. 30 A maiores de superficiais, as mulleres eran vistas como débiles e queixosas por natureza, chegando incluso a asocialas coa melancolía e a tristeza, como mostran as seguintes coplas, por exemplo: Hein de cantar hein de rire hein de ser muller aleghre hein de manda-la tristesa pàr’ò demo que a leve (Añobres-Muxía, Delfina, Elisa, 1984) Volume VI, p. 27 Eu non canto por cantare nin por voluntá qu’eu teña canto por alivïare io corazón que ten pena (Carpazás, Bande, Basilisa, 1983) Volume VI, p. 215 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. En resumo, e tendo en conta todo o indicado neste apartado, grazas a estas coplas que chegaron ata os nosos días podemos asegurar a existencia duns roles ben marcados, masculino e feminino, na música de tradición oral galega, destinando para cada un deles unha forma diferente de actuar en correspondencia as relacións de poder que existen entre ese binomio masculino-feminino. Deste xeito, sempre se debe ter presente o tempo e o contexto sociocultural no que lles tocou vivir, e tentar ser obxectivos sen procurar xulgar estes feitos dende a actualidade. Nos nosos días séguese a loitar para poñer fin a esas relacións de poder preexistentes no mundo da música tradicional, pero a pesares de lograr 29 Consultar ANEXO INFOGRÁFICO. Fig. 7. 30 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Canta compañeira canta y alegra los corazones que no digan que tenemos pena por otros amores olé olé (Pereda, Candín, Dorinda, 1980) Volume VI, p. 28 Cantarei por che dar ghusto prenda do meu corazónhe cantarei por che dar ghusto que pro outra cousa nonhe (Roade, Sobrado dos Monxes, Carme, 1980) Volume VI, p. 110
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 19 unha serie de modificacións, no fondo séguese revelando ese pasado que condiciona enormemente o camiño para ambos xéneros, resultándolle máis doado ao home e máis complexo a muller facerse un oco neste mundo da música popular galega. 2.1. A pandeireta Se no caso masculino o instrumento por antonomasia é a gaita, no caso feminino isto acontece coa pandeireta. As pandeiretas son os instrumentos que por excelencia acompañaron o canto feminino na maior parte de Galicia durante o século XX, excepción feita das partes montañosas do oriente, onde ou ben non aparecen (caso da comarca da Fonsagrada e zonas lindeiras), ou ben esta función é desenvolta polas pandeiras 31 . Dada a extensión do seu uso, non é estraño atopar coplas que se refiren dende o material empregado para a súa construción, ata o mellor xeito de tocar o instrumento para que soe mellor (fig. 9). Como xa se indicou, as mulleres eran as encargadas habitualmente de facela foliada, e o instrumento máis empregado para acompañar o canto é a pandeireta, de aí que se asocie este instrumento habitualmente ao xénero feminino. Hoxe en día, ao preguntar a xente maior que sabe tocar o instrumento como aprendeu a facelo, practicamente de xeito unánime responden que aprenderon pola súa conta ao participar nas foliadas e imitar as que xa sabían, ou que con sorte puideron ter a mestra na casa, ensinándolles súas nais ou avoas; este feito de transmitir os coñecementos do instrumento de nais a fillas, ou por parte das aboas (sempre a liña feminina), parece que ven de antigo xa que moitas coplas fan fincapé niso, ao igual que participar na foliada sen ter coñecementos do instrumento: Sei toca-la pandereta ensinoume miña nai cando me sacou a teta (San Ourente, Outes, Beleiro, 1979) Volume VI, p. 47 |: Tendes que disimulare :| que collo a pandeireta e non a sei tocare ai la... (Agar, A Estrada, Rafael, 1979) Volume VI, p. 47 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. 31 Instumento membranófono similar a pandeireta, pero de maiores dimensións.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 20 Se como útil a súa consideración é pouca, as boas tocadoras tivéronse e téñense en grande estima e as nenas aprendían xa de moi pequenas este oficio. 32 Isto de participaren as mulleres tocando o instrumento moitas veces sen saber, trouxo cousas positivas: eran totalmente autodidactas, aprendían normalmente pola súa conta por imitación, e isto permitiu que non se perdese ese coñecemento e chegase ata os nosos días; pero tampouco podemos esquecer que levou a denigrar en certo modo este instrumento: ao ser tan “fácil” aprender a tocar os ritmos básicos, unha pandeireteira carecía do recoñecemento que podería ter un gaiteiro, por exemplo, xa que era necesaria unha certa formación no instrumento; así mesmo, era un instrumento que estaba ao alcance dun maior número de persoas xa que resultaba menos custoso que outros, por tanto existía un gran número de intérpretes, o que levou a que se tivesen que xuntar para tocar e chegar así a identificar as pandeireteiras como un colectivo. Dentro do noso sistema de cultura tradicional a pandeireta é un instrumento musical propiamente dito, pois forma o soporte rítmico do canto, aínda que a súa consideración está por debaixo da dos instrumentos melódicos como a gaita de fol (...), ou dos que a estes acompañan. É un instrumento musical apreciado polo seu son, mais como útil tense en menor consideración que outros tambores de marco como as pandeiras e pandeiros cadrados quizais debido ao seu menor prezo e duración física. 33 A pesares de ser máis doado adquirir unha pandeireta, para moitos supoñía un gran esforzo porque vivían no rural, carecían de moitos recursos, e invertir diñeiro para algo que era considerado como unha diversión, non deixa de resultar sorprendente, por iso numerosas coplas fan referencia ao que gastaron mercándoa (que curiosamente coinciden ao dicir cinco reais, polo que podería ser o prezo medio habitual que se pagaría), ou incluso de que se atopa en malas condicións pero seguen dándolle uso (fig. 10). Esta miña pandeireta cinco reás me costoue outra igual que ela no quinteiro non entroue (Santa Cruz de Montaos, Ordes, Concepción, 1979) Volume VI, p. 48 Xa non tén ferriños ferriños non tén xa non tén ferriños pero toca ben (Robido, A Rúa de Valdeorras, Unha veciña, 1981) Volume VI, p. 48 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. 32 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeireta”, (parág. 19). 33 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeireta”, (parág. 19).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 21 Como xa se indicou con anterioridade, moitas veces para as mulleres cantar era máis unha obriga que algo que facían por diversión, era o único xeito que tiñan de “impresionar” ao xénero masculino; o canto ía acompañado da pandeireta, por tanto cando podían comezar a cantar e tocar, o habitual era que o fixesen practicamente ata cansarse: Aghora que me puxeron a pendeireta na manhe se me peta na cabeza tocarei hasta mañánhe (Vila da Iglesia, Cerceda, Delfina, Elisa, 1980) Volume VI, p. 45 |: Por aquel qu’anda no baile por aquel qu’entrou ahora :| |: cantarei e tocarei anque se’a noite toda :| (Aguada, Carballedo, Sarita, 1981) Volume VI, p. 41 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Esta falta de profesionalización no instrumento, conduce incluso a que os que o tocan non conten con un nome, xa non digamos propio, senón asociado ao instrumento, aínda que por sorte “modernamente este feito cambiouse, ao igual que o asignar a pandeireta exclusivamente ás mulleres: As tocadoras e tocadores de pandeireta carecen na tradición galega de nome. Modernamente nos grupos folclóricos adoptouse o de pandereteira ou pandereteiro, son castelanismos (...) os nomes correctos serían pandeireiteiro e pandeireiteira. En Galicia é un instrumento tradicionalmente feminino, aínda que haxa zonas onde tamén os homes tocaban nela para acompañar o canto, nomeadamente nos concellos do sur de Pontevedra. Xustamente nestas zonas a pandeireta adoitaba acompañar a gaita de fol e de aquí parte, seguramente, unha tradición desenvolvida ao longo do século XX de homes que acompañan a gaita de fol con este instrumento. 34 2.2. O pandeiro cadrado Ao igual que a pandeireta, o pandeiro parece asociarse no imaxinario colectivo á uso feminino, algo que parece razoado tendo en conta as diferentes coplas que chegan ata nós. O propio coiro empregado para facer o pandeiro é un tema recorrente, pódese atopar en moitas coplas a súa mención (fig. 11). 34 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeireta”, (parág. 7, 20).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 22 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Tal e como indica Carpintero, a pelica para os pandeiros 35 debía ser resistente pois o seu tamaño considerable así o esixía, de aí que en moitas coplas tradicionais se xogue con esta característica para poñer de manifesto a opresión que exercían sobre os labregos algúns elementos do sistema como o escribán, o xuíz, o alcalde ou o cacique: Iste pandeiro que toco por moito que repinique non teñas medo que rompe qu’é de coiro de cacique (Carpazás-Bande, Veciños, 1983) Volume VI, p. 43 Ieste pandeiro que toca e por moito que repenique non teñas medo que rompa qu’é do pelico dun cacique (O Baño, Bande, Clarita, 1981) Volume VI, p. 44 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Trátase dun instrumento destinado no imaxinario colectivo única e exclusivamente ás mulleres, algo natural xa que eran elas as encargadas de facelo soar habitualmente (fig. 12): Para tocar este instrumento as mulleres sostéñeno de xeito moi semellante ao resto dos tambores de marco circulares (...), o pandeiro sostense en posición case vertical, diante do peito da tocadora. 36 Existe por tanto, un conxunto minoritario de cantares que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado por mans femininas. Ata o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou moitas prácticas rituais da sociedade preindustrial galega e, por tanto, a súa presenza no territorio ata ese momento foi extensa e homoxénea. 35 Actualmente na nosa xeografía enténdese por pandeiro unicamente o instrumento cadrado; isto non sempre foi así e podía refrir tamén a instrumentos circulares. CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeiro (cadrado)”, (parág. 1, 3). 36 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeiro (cadrado)”, (parág. 11). Este pandeiro que toco é de pelexo de ovella que morrió de murriña |: que de morriña morrera :| Ai la (Cesullas, Cabana, Eduardo, Manuel, 1980) Volume VI, p. 44 Ese pandeiro que toca e do coiro do castrónhe inda onte comeu herbas hoxe toc’a un batallónhe (Olas, Mesía, Elvira, 1979) Volume VI, p. 44
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 23 O repertorio acompañado de pandeiro cadrado representa na actualidade un porcentaxe minoritario dentro do corpus de música vocal de tradición oral en Galicia. Os rexistros documentais ascenden a un total de trinta e oito, e preséntanse en formas de gravacións de vídeo realizadas entre o ano 1996 e o 2009 polo folclorista vigués Luís Prego. Estas mostras atópanse concentradas en dúas zonas moi localizadas das provincias de Ourense e Pontevedra 37 . A pesares de que chega ata nós só no sur da provincia de Pontevedra, noutros lugares seguiuse empregando ata fai pouco, caso dos Ancares 38 . A presenza do pandeiro cadrado tivo que ser máis pronunciada no territorio antes do primeiro terzo do século XX. A pesares de que non se conserven rexistros sonoros, hai testemuñas que aseguran que estivo presente en parroquias adxacentes ás documentadas con material audiovisual 39 . Carpintero xa indica que teñen recollido illadas deste instrumento en moi diversas zonas de Galicia, sobre todo nas máis arcaizantes, o que indica que noutrora debeu ser un instrumento amplamente empregado 40 . O pandeiro aparece en moitas cantigas e nos cantigueiros doutras linguas 41 . Curiosamente, e retomando a relación deste instrumento co xénero feminino, existen numerosas coplas que parecen relacionar este instrumento, o pandeiro, coa morte única e exclusivamente dunha persoa feminina no núcleo familiar, e este tipo de variantes aparecen por toda Galicia (fig. 13). Este pandeiro que toco este que teño na man era de miña cuñada da muller de möu irmánhe (Olveira, Dumbría, Mazaricos, Estrela, 1979) Volume VI, p. 43 A miña muller morreume enterreina no palleiro sete cregos a cantar eu a toca-lo pandeiro ai o le lo... (San Ourente, Outes, Manola, 1979) Volume VI, p. 210 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. 37 FEIJÓO, J. (2016). Op. cit., pp. 331, 333. 38 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeiro (cadrado)”, (parág. 12). 39 FEIJÓO, J. (2016). Op. cit., p. 334. 40 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeiro (cadrado)”, (parág. 12). 41 LORENZO, X. (2004). Cantigueiro popular da Limia Baixa.. Ourense: Deputación Provincial de Ourense, Museo do Pobo Galego, p. 107. Dispoñible en https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/download/251/251/261 (Consultado: 15/03/23)
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 24 Esta case ausencia de pezas tocadas por pandeiro cadrado, igual responde a cuestións de substitución do instrumento por outro de máis fácil acceso como pode ser o caso das latas de carburo ou pimentón, feito que analizaremos máis adiante pero que sen dúbida xurde da escaseza de recursos económicos para poder mercar o pandeiro. No noso sistema de cultura tradicional o pandeiro é considerado como un instrumento musical propiamente dito. Nos lugares onde se conserva o seu uso a súa consideración como útil e superior á das pandeiretas, seguramente porque os pandeiros eran máis caros e duraban moitos máis que aquelas. Tamén as boas tocadoras era e son tidas en grande estima, pois é un instrumento do que se poden arrincar fermosos sons. Os pandeiros pasaban moitas veces de nais a fillas, caso no que as tocadoras os consideran obxectos de alto valor sentimental 42 . 2.3. Tambor feminino Sen dúbida, ao pensar no tambor galego que acompaña a gaita de fol, instrumento por antonomasia masculino, tamén se asocia ao mesmo xénero; con todo, nas montañas do noroeste ourensán, nos concellos de Piñor, O Irixo e O Carballiño, así como no concello pontevedrés de Dozón e nas montañas dos Ancares (Lugo), documéntase o costume de tocaren as mulleres un rústico tamborete para acompañaren o canto. No norte de Ourense aparece tocado xunto con outros instrumentos como a lata e as pandeiretas, mentres que nos Ancares faino coas pandeiras. As portadoras consultadas en diversas aldeas do norte da provincia de Ourense comentaron que estes tambores eran construídos polos carpinteiros a petición das mulleres 43 . En relación a este instrumento que o propio Carpintero xa denomina como “tambor feminino” resaltando a condición de asociarse ao xénero feminino, xa indica: Organoloxicamente falando é bastante sorprendente achar un tambor batido con paus en mans de mulleres, pois son instrumentos dunha longuísima tradición masculina, polo que sospeitamos que 42 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Pandeiro (cadrado)”, (parág. 23). 43 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Tambor feminino”, (parág. 1, 2).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 31 Heiche de manda-lo57 sacho miña carrapucheiriña heiche de manda-lo sacho anque sea na cociña (Nogueira de Ramuín, Castro Caldelas, Castor, 1983) Volume VI, p. 49 |: Heiche de toca-las conchas miña carapucheiriña :| |: heiche de toca-las conchas aunque sea na cociña :| larelo... (Carpazás, Bande, Veciños, 1983) Volume VI, p. 49 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Estes lugares trátanse de verdadeiros centros de sociabilidade onde se producía de xeito habitual este tipo de reunións, xeralmente un par de veces por semana, co obxectivo principal de divertirse. Así, tratábase realmente dun encontro sociocultural onde calquera era benvido, de aí que en diferentes lugares da xeografía galega podamos atopar rexistro da mesma copla (fig. 15) sen practicamente ningunha variación, porque era aprendida ao achegarse a un destes espazos de convivencia xente moi diversa con diferente procedencia. A finalidade principal destas reunións, fóra dos traballos que nelas se podían facer, era, sen dúbida, bailar; pero tamén se cantaban historias e os mozos e mozas botaban parrafeos entre eles. A diversión incluía as típicas historias ou contos así como numerosos xogos, bailados e cantados algúns, nos que participaba toda a mocidade mentres os máis maiores fiaban, esfollaban ou realizaban outras tarefas 58 . Polo mes de Nadal comezan a ter lugar os fiadeiros, nos que as mulleres, especialmente as mozas, fían o liño e a lá cada unha co seu fuso e a súa roca. (...) Á noite, xúntanse mozas e vellas no fiadeiro que lles corresponda [íanse tendo por rolda nas casas do lugar] e comenzan a traballar namentras agardan a chegada dos mozos. Istes van aparecendo pouco a pouco (...). Compre ter en conta que os mozos non son invitados ao fiadeiro: van os que queren sen máis requisito que entraren niles. Moitas veces ao chegaren preto do fiadeiro, os mozos comezan a cantar, entoando cantigas que son contestadas polas mozas, comenzando esí un desafío ou un cortexo (...). Entón comenzan, mesturados cos traballos, os pasatempos: mozas e mozos cantan, falan, brincan e bailan deica o remate da festa, en que cada un marcha para a súa casa. 59 A preponderancia feminina no canto das ruadas e pandeiradas é unha realidade, algo evidenciado en numerosas coplas do noso folclore, e ás veces instrumentistas masculinos 57 O termo “mandar” é empregado como eufemismo de “mangar”. 58 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Cantadoras”, (parág. 7). 59 LORENZO, X. (2004). Op. cit. pp. 13-14.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 32 como acordeonistas, cegos violinistas ou frauteiros visitaban estas reunións e, se había sorte, o gaiteiro e o tamborileiro facían a súa aparición 60 . Así, un gran número de coplas fálannos dos diferentes instrumentos que se podían tocar nas xuntanzas, ou as actividades que se podían desenvolver nelas tales como o canto ou o baile: Para bailar veño eue, para cantar meu irmaue, |: para toca-lo pandeiro viva quen o tén na manhe :| (Parada, Ordes, María, 1980) Volume VI, p. 66 Hai fouliada que racha hai pandeiros hai ferreñas hai castañolas de plata (Bendimón, Roo, Outes, Boudaña, Pituca, 1980) Volume VI, p. 24 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Pero sobre todo, moitas outras delas fan fincapé na existencia de diferentes persoas que acudían a foliada sen intención de participar nela, por tanto isto podía ser obxecto en certa medida de burlas (fig. 16). Así mesmo, analizando algunhas das coplas, parece haber unha certa crítica especialmente cara as mulleres que sabían tocar algún instrumento ou cantar, actividade que como xa se indicou desempeñaban para facer, dentro do que cabe, máis amenos os traballos (fig. 17). Por tanto, a música foi un vehículo de coñecementos conxuntos dunha sociedade, unha realidade que unía a xente durante, por exemplo, longas horas de traballo no campo (fig. 18, 19 e 20), por iso en coplas se nos fala da realización de traballos concretos hasta tal punto de poder crear unha denominación para algúns deles vinculados a esta realidade, como poden ser os cantos de seitura (fig. 21 e 22), da sega (fig. 23 e 24), etc. Ademais, moitas outras dan indicacións de diferentes procesos que acontecen na realización de certo tipo de traballos (fig. 25), todos eles vinculados ao mundo dos pobos, das pequenas aldeas, onde todos colaboraban en caso necesario para finalizalos a tempo: Déixame sega.la iherba déixama poñer no feixe |: déixame deixa-lo mundo para qu’o mundo me deixe :| (Vila da Iglesia, Cerceda, Delfina, Rosa, 1980) Volume VI, p. 218 Déixame segha-la iherba e poñela na pobea non quero amores de lonxe que ios teño na ialdea (A Agrela, Parada, Ordes, Esclavitud, 1983) Volume VI, p.87 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. 60 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Cantadoras”, (parág. 5).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 33 Tendo en conta que os lugares onde se desenvolvía o traballo eran os campos e demais espazos similares, no momento non contarían con instrumentos propiamente ditos que lles axudasen no momento do canto, por tanto empregarían aqueles utensilios que neses momentos tivesen na man. Así, podemos falar por exemplo do caso concreto dos canteiros cos seus ciceis. Todo isto está de novo en relación coa existencia deses “instrumentos” menores ou pobres, dos cales a algúns xa se ten feito referencia con anterioridade. Os canteiros producían un son característico no que participaban a pedra o punteiro e a maceta. Este son era aproveitado para acompañar os cantos que os distraían durante o tedioso picar na pedra, imprimíndolles ademais un ritmo axeitado ao seu traballo. A parte dos cantos relaxados e tranquilos interpretados ao son dos punteiros e macetas, os canteiros posuían outro curioso e único tipo de canto. O traballo de erguer e colocar as pedras na construción esixía unha coordinación e simultaneidade perfectas dos canteiros de cuadrilla que manexaban a mesma pedra, posto que estar eran por veces extraordinariamente pesadas. O sistema escollido por estes homes para obter un bo grao de coordinación é moi orixinal e cadra á perfección coa musicalidade do pobo galego: interpretar cantos de ritmo libre, baseados na mestura de ordes como arriba!, puxar!, con sílabas de esforzo como ouh!, eih!, facendo tamén referencias ás propias pedras. Estas melodías ían guiadas polo capataz e respondidas polos outros membros da cuadrilla, conseguindo así imprimir un ritmo preciso e coordinar perfectamente os lugares de esforzo conxunto 61 . Toda esta realidade dos canteiros e o seu traballo, é recordado grazas a numerosas coplas da nosa tradición 62 (fig. 26). Outro contexto comunitario onde estaba presente a música eran as festas. Así, podémonos atopar conxuntos instrumentais para momentos concretos como as cuadrillas 61 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Ciceis dos canteiros”, (parág. 1, 2). 62 Faise obrigada a mención das grabacións dos traballos dos canteiros desenvolvidas por Alan Lómax, etnomusicólogo norteamericano que tras o seu paso por Galiza durante 1952 e 1953 nunha expedición etnográfica, deixa como resultado a recompilación de numerosas testemuñas deste canto. Así como GROBA, X. (2019) Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade. Santiago de Compostela: aCentral Folque; e QUIBÉN, V. L. (1957) “Cancionero y refranero de los canteros de Galicia”. Boletín de la Real Academia Gallega nº 321-326, pp. 151-164. Dispoñible en: https://2012.academia.gal/boletinsweb/paxinas.do;jsessionid=4D507046CE269411069388C65AB2E6DE?id=2493&d-447263-p=3 (Consultado: 03/04/23).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 34 de reiseiros e os cantos de reis e de nadal (fig. 27 e 28) durante esa época 63 . Pero sobre todo a figura predominante nas celebracións públicas era o gaiteiro, músico que se contrataba para as festas patronais onde, en moitos lugares, tiña que tocar na misa ademais de facer a procesión e animar o baile. Así mesmo, o gaiteiro foi parte esencial da ambientación de todo tipo de romarías; tamén se chamaba para acompañar todo tipo de danzas, ben fosen dos gremios, ben fosen danzas de antroido ou de reis; e tampouco faltou a súa participación nas vodas e noutras festas que se xulgasen de certa importancia, como nalgúns antroidos, magostos, etc. Como consecuencia deste interese por contar con un gaiteiro en cada celebración, xurdiron numerosos conxuntos instrumentais para poder participar en tantos eventos, tales como a combinación de bombo, gaita e tambor, trío moi frecuente por toda Galicia; cuartetos de gaita, clarinete, caixa e bombo, moi prodigados por toda a nosa xeografía; murgas, músicas ou charangas, frecuentes a partir de comezos do século XX, onde saxofonistas e clarinetistas tocaban coa gaita de fol, a caixa e o bombo con pratiños; conxunto de gaiteiros (dous ou tres) que interpretan as melodías a voces, usualmente por terceiras paralelas, acompañados polo tambor e o bombo; ou as bandas de gaitas que xorden en diversas vilas e cidades xa a finais do século XX. Pese á sucesión de conxuntos diferentes en que o gaiteiro se fixo rodear cada vez de máis instrumentos, este músico só, sen acompañamento, seguiu mantendo o seu espazo nalgunhas zonas afastadas e tamén en determinadas situacións rituais. Un caso foi na celebración das misas, costume que se mantivo nas comarcas orientais ata mediados do século XX; outro nos cantos asociados co ciclo de Nadal, onde coros de cantantes entoaban as súas composicións ao son do gaiteiro, sen ningún tipo de acompañamento 64 . 63 Estes conxuntos musicais saían a percorrer a parroquia de casa en casa durante as noites de Nadal, Aninovo e Reis. Despois da cea, os mozos e as mozas se así o permitía a tradición da zona, xuntábanse formando unha cuadrilla. O seu obxectivo era recadaren o aguinaldo para poder facer unha festa e quizais repartir algúns cartos. Para isto debían interpretar unhas cantarelas de letra e música xa sabida, que relataban diversos feitos relacionados co Nadal como a viaxe e adoración dos Reis Magos, o nacemento de Xesús, milagres da Virxe, etc. En CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “As cuadrillas de reiseiros e os ranchos de reis”, (parág. 1). 64 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “O gaiteiro” (parág. 2, 3, 4, 11).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 35 Así, contamos con numerosas coplas que teñen relación coa celebración destas cerimonias relixiosas, facendo alusión por exemplo ao Santo polo que se celebra a romaría, entre outros (fig. 29, 30 e 31). 4. O lugar da música tradicional nos nosos días Ao pensar en música tradicional actualmente, o primeiro que ven a mente é, tal e como xa acontecía antigamente, un grupo de gaiteiros dando “as dianas” nun pobo (tocando de casa en casa amenizando o espertar nos días de festa), e posteriormente tocando no alzado do cáliz no sacrificio da misa que se celebra con posterioridade na honra dalgún santo, acabando finalmente por interpretar un par de pezas á saída da misa no adro da igrexa. Pese a esta constante, existe unha música tradicional galega moito máis aló desta realidade, unha que se mostra encima dos escenarios de todo o mundo e esperta o interese das novas xeracións. A música e os bailes que se atopaban nas aldeas e cantaban as pandeireteiras son moi variados, contaban con diversos xéneros musicais. Así, podemos falar de ritmos como a muiñeira, e dentro del variantes do xénero como a muiñeira vella, ribeirana ou empuñada, muiñeira nova, punteada e muiñeira redonda (hoxe denominada carballesa); xa con posterioridade chegarían as xotas. Pese a contar con ritmos e xéneros propios, a música sempre estivo ligada á mobilidade e ao intercambio entre xéneros, instrumentos e músicos; así, incorporamos pasodobres, polcas, rumbas, muiñeiras corridas, etc. Eran novas músicas que podían coñecer maioritariamente grazas á chegada da radio, decidiron non darlle as costas e incorporar as correntes que estaban “de moda” no momento, unha verdadeira adaptación que contribúe ao mantemento do folclore vivo para poder así chegar ata os nosos días. Será cara a década dos 70 cando comezan a xurdir os primeiros grupos folk como Fuxan os Ventos ou Milladoiro a dominar os grandes escenarios, ambos grupos investigaron a música tradicional galega e permitiron recuperar letras tradicionais e coñecer instrumentos tales como a zanfona. Haberá que esperar a 1986 para escoitar as primeiras pandeireteiras nun disco e nos escenarios, trátase da colaboración de tres
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 36 pandeireteiras da asociación Cantigas e Agarimos para interpretar unha melodía do Cancioneiro Popular Galego, “Estroupelear” (fig. 32) no disco “Galicia no país das marabillas”. A partires de aquí, o escenario comezará a ser ocupado por pandeireteiras, aparecendo grupos como Leilía conformado por mulleres pandeireteiras que grazas a recollidas que desenvolveron polas aldeas, achegan esta tradición ao público, pero de maneira xa profesional. Realmente non podemos esquecer que a música tradicional, en reiteradas ocasións en relación coa música folk, conservouse sobre todo nas capas máis baixas da sociedade, mantendo os instrumentos musicais tradicionais e a temática mais tradicional 65 . Podemos dicir así que se poden distinguir dous tipos de música folk: tradicional e progresiva. O folk tradicional, evidentemente, baséase nos instrumentos tradicionais galegos tales como gaita, a zanfona ou a pandeireta e representa as pezas representativas do folclore galego. En contraposición a esta tendencia máis purista, nos últimos tempos estanse dando cada vez máis a creación de novos grupos que buscan unha fusión entre tradición e novidade, trátase de música folk progresiva con introdución de instrumentos doutros estilos musicais diferentes aos xa existentes no folclore galego como a batería, o sintetizador ou o baixo eléctrico, entre outros. Ambos estilos comparten o emprego da gaita como elemento intrínseco da música folclórica galega e o seu elemento destacable 66 . Deste xeito, podemos citar numerosos grupos dedicados á recuperación da música popular ou folclórica ademais dos xa indicados, tales como Faltriqueira, Berrogüeto, e solistas como Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, entre outros. Por outra banda, contamos con Luar na Lubre, grupo que xurde na cidade da Coruña no mesmo ano no que se interpreta esa peza “Estroupelear”, que se move entre o uso de instrumentos tradicionais (gaita e pandeireta) e instrumentos “dixitais” (teclados e guitarras eléctricas), ofrecendo así un novo cambio de aires para a música tradicional galega. 65 BOHLMAN, P (1988). The Study of Folk Music in the Modern World, Bloomington: Indiana University Press, p. IX-X. Dispoñible en: https://es.scribd.com/document/390825262/Philip-V-Bohlman-The-Studyof-Folk-Music-in-the-BookFi-org-pdf. (Consultado 27/02/23). 66 PAWLIKOWSKA, M (2019). Como preservar a memoria coa música – tradicións de Galicia e música de Luar na Lubre. Arcas Universitatis Wratislaviensis No 3940. ESTUDIOS HISPÁNICOS XXVII, Wroclaw, p. 83. Dispoñible en: https://wuwr.pl/eh/article/view/590/567 (Consultado: 19/02/23).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 37 Seguindo esta corrente de fusión entre antigüidade e novidade, hai moitos outros referentes como poden ser Uxía Senlle, cuxa música se pode resumir como unha representación da realidade cultural de Galicia que é en si mesma unha fusión de linguas, culturas, ritmos, instrumentos, etc; ou Xoan Curiel, quen ademáis pon o foco na figura feminina no seu disco “Nai”, trátase dunha fusión de ritmos e música ademáis de xénero sexual, algo que rompe co existente de forma habitual na música tradicional galega, vinculando esta relación co feminino á conexión coa terra (como matria), e así mesmo empréganse “instrumentos” menores ou pobres como tixolas e noces, entre outros, de novo facendo unha regresión ás raíces galegas. Outros nomes máis coñecidos especialmente nos últimos momentos son os de grupos como Baiuca ou Tanxugueiras, de novo fusionando tradición, electrónica e incluso trap, pero non podemos esquecer a figura de Mercedes Peón a quen moitos consideran unha adiantada ao seu tempo xa que nos 2000 xa se presentaba como unha muller gaiteira e pandeireteira mezclando as melodías máis tradicionais con efectos e ritmos electrónicos, levando así a música tradicional por todo o mundo espertando enorme interese. Sen dúbida, as foliadas foron un lugar de encontro e diversión, polo menos para os máis novos, pero ademais, Carpintero xa indica: Mais a función social destas reunións lúdicas vai moito máis aló disto, chega máis profundamente co simple lecer ou da procura dunha parella. (...) a congregación da xente da aldea para bailar e cantar axuda a establecer, manter e reforzar os lazos deste grupo social. A música cumpre en todas as sociedades humanas esta mesma función de agregación e reforzo da comunidade. 67 Tendo isto en conta, non cabe a menor dúbida de que segue a valer a pena intentar manter a celebración destas xuntanzas hoxe en día, por iso existen varias por toda a extensión da xeografía galega, pero presentan moitas diferenzas con respecto as que existían na época de nosos avós onde o habitual era que se xuntasen para tocar e bailar de forma totalmente libre e inclusiva na maioría delas. Nos últimos tempos, estase creando máis ben unha música de espectáculo onde o factor económico está a xogar un papel relevante, caso por exemplo das foliadas que se organizan no Pub/Bar Casa das Crechas de Santiago de Compostela amenizadas por un grupo formado nese lugar ex profeso denominado Banda 67 CARPINTERO, P. (2010). Op. cit. Apartado “Cantadoras”, (parág. 10).
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 38 das Crechas. Para comezar, estamos nunha cidade que vive do turismo e peregrinacións, ademais dos estudantes durante o curso escolar, por tanto funciona a modo de auténtico escaparate e escenario para os que se achegan doutros lugares; así, non hai nada máis propiamente galego que unha foliada na que se interpreta a música propia. O escenario preséntase como un espazo de poder, e no contexto patriarcal serán os homes os que se atopen na cima, por tanto é máis habitual atoparse co xénero masculino nestes espazos; así, a Banda das Crechas está formada única e exclusivamente por homes, e aínda que de cando en vez hai unha participación de xente allea ao grupo, entran en xogo roles de xénero á hora de invitar a participar na foliada: é sinxelo, de novo atopamos as mulleres invitadas para cantar habitualmente acompañadas das pandeiretas (instrumento asociado de xeito tradicional ao xénero feminino), como poden ser as Tanxugueiras, mentres que no caso masculino invítase para tocar a gaita a Manuel Budiño, por exemplo. Tendo en conta esta realidade, non pode sorprender que ao achegarse ata este tipo de foliadas a xente, e máis concretamente a pertencente ao xénero feminino, nin sequera pense en tocar a pesares de poder contar cunha formación musical no mundo tradicional, algo lóxico ao ver un grupo que parece pechado, pero que de vez en cando incorpora unha cara nova (sempre homes), e que ademais non conta con ningunha integrante feminina. Así, en lugar de desfrutar e incorporarse á interpretación como se facía na época de nosos avós, parece que é necesaria unha invitación para dar o paso e acompañar a este grupo de músicos, constatando que segue a existir un sistema patriarcal que marca unhas pautas de comportamento evidentes nestes espazos. En canto aos actos públicos, realmente as mulleres pandeireteiras eran as que conservaban as letras e os ritmos populares, pero iso apenas se parece ao que se podía mostrar neles. Por sorte, co paso do tempo, comezou a dárselle visibilidade a estas mulleres e aparece unha certa realidade nos medios de comunicación e nos palcos. Con isto refírome por exemplo, ao que sucede no ámbito do baile tradicional: acostúmase enriba dos escenarios a situar sempre unha parella de baile conformada por un home e unha muller, pero non podemos esquecer que nos pobos tendía a haber un número máis elevado de mulleres que de homes, por tanto non debería sorprender que bailasen todos xuntos indistintamente do xénero ao que pertencesen; isto, aínda que está a costar moito
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 39 mudalo, está a repararse en certa medida podendo atopar de novo dúas figuras femininas bailando xuntas, pero isto unicamente se poderá “consentir” naquelas agrupacións que non estean tan ligadas ao pasado nin conten con unha longa traxectoria, xa que as máis puristas seguen a marcan unha distinción entre xéneros. Está claro que en Galicia contamos con unha enorme riqueza a nivel da música tradicional, a sociedade mudou e con ela foi da man a música, por iso a pesar de ser coñecedores de cales son as verdadeiras raíces, nos descubrimos cunha nova forma de facer música. Existe unha enorme cantidade de festivais onde a música tradicional galega se mostra viva, ao igual que nas propias rúas alonxándose das agrupacións folclóricas, pois cada vez máis a xente simplemente quere aprender a sacar algún punto para poder bailar e desfrutar ao participar nunha foliada improvisada, e non tanto ligarse a agrupacións destinadas a realizar actuacións lucindo o traxe propio tradicional, creando case un espectáculo. Non está claro se o camiño é profesionalizar e institucionalizar a rama da música e baile tradicional galego, pero o que si é evidente é que o seu futuro está asegurado, pois hai xente nova disposta a seguir conservando esta importante parte do noso legado e non permanecer impasibles ante a posible perda dos mesmos. 5. Conclusións Ao pensar no patrimonio cultural e artístico dun pobo, acostumamos a facelo nun conxunto de bens materiais que esa comunidade creou e posteriormente conservou ao longo do tempo ata chegar aos nosos días; sen embargo, non podemos esquecer que a maiores existe un patrimonio inmaterial cunha importancia canto menos similar conformado por cancións, refráns, lendas, todas manifestacións de tradición oral, que foron transmitidas de xeración en xeración ata formar parte da nosa memoria colectiva. Sendo conscientes do valor intrínseco da canción e baile galego, herdanza dos nosos devanceiros que chegou ate nós con grandes dificultades perdéndose moita dela polo camiño, non queda máis que tentar axuntar esforzos para difundir o seu coñecemento entre principalmente as novas xeracións xa que realmente coñecer a tradición propia permite crear unha identidade do pobo e un sentimento de pertenza a el, algo que teñen
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 40 que seguir a sentir os máis novos para procurar seguir protexéndoa, mantendo así uns ben que están cargados de trazos de diferenciación con respecto a calquera outro lugar. Para conseguir manter esta tradición, tal e como se adaptaron antigamente aos novos ritmos e estilos que chegaban de fóra, é comprensible que teña que “actualizarse” dalgún modo a música tradicional para que poda resultar de interese para as novas xeracións. Hai que ter en conta que debido ás emigracións cara as cidades por parte dos sectores máis novos da sociedade se perdeu a cadea de transmisión oral que antes incluía aos avós, normalmente galegofalantes, que transmitían na súa cotiandade as tradicións locais; así, unha das formas máis doadas para acercarlle esta realidade que provén das aldeas a este sector civil, pode ser a recreación do tradicional usando instrumentos e medios que poidan aproximala, asegurando así deste xeito a transmisión das bases musicais tradicionais e dos contidos cos que conta. Unha das últimas tendencias de musicoloxía é a mirada feminista e a perspectiva de xénero como resposta a gran exclusión que sufriron as mulleres ó longo da historia, sobre todo no terreo musical; por isto, aínda que nas gravacións de Schubarth atopamos mulleres con nomes propios, nos últimos tempos estase comezando a reivindicar máis o papel da muller música. Sen dúbida os roles de xénero dentro da música tradicional galega é evidente que seguen impoñéndose, pero por sorte vanse dando pequenos pasos cara unha mellora desta realidade, por tanto non queda máis que seguir loitando porque queda moito camiño por percorrer e moitos estudos sobre feminismo por realizar. Así, podemos garantir que a tradición forma parte da alma da propia Galicia, unha tradición creada polo pobo deixando nela pegadas doutro tempo, mostras da realidade que lles tocou vivir, conformando así a nosa identidade como comunidade. A música sempre desempeñou un papel fundamental e relevante nos nosos días acompañándonos na nosa cotiandade, deste xeito a tradición non é pasado, é presente e sen dúbida tamén será futuro porque isto é unha constante, algo que non mudará a pesares do avance do tempo.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 47 Figura 6. Se queredes que vos cante habédesme dar diñeiro qu’esta miña gargantiña non a fixo un carpinteiro (Sarreaus, Bande, Carme, 1981) Volume VI, p. 32 Se por cantar me pagharan debía de cantar benhe pero como non me pa(gha)n hei de cnatar ó desdénhe (Lira, Carnota, Manuela, 1981) Volume VI, p. 32 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 7. Sentaivos mozos sentaivos nises bancos d’arredore non estéades mirando cual mociña é ia mellore (Bande-Beade, Basilisa, 1983) Volume VI, p. 26 Eu cäntar non cänto benhe pero teñ’unha de boa qu’o amor que me portende |: non quer muller cäntädora :| (Asaio, Santiago de Mens, Asunción, Manuela, Teresa, 1980) Volume VI, p. 33 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 8. O que ghastades en polvos con pinturas e almidón mellor vos fora metelo en pastillas de xabrón Que as que non levan camisa lévana como un carbón e de comida señores pasan a media ración (Callobre, A Estrada, Manuel, 1979). Volume VI, p. 325. 70 Figura 9. La pandereta é de coiro i as ferriñas de latón i as niñas que a tocan son de Orense natural (Carballedo-Chantada, Carme, 1981) Volume VI, p. 48 A miña pandaretiña tén os aros de noghale tócana iá miña porta resona no Carballale (Carpazás, Bande, Basilisa, 1983) Volume VI, p. 48 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. 70 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Elaboración propia.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 48 Figura 10. Esta miña panderetiña costoume cinco raiás as malas lenguas do mundo din que ma dou un rapás (A Grela, Parada, Ordes, Esclavitud, 1983) Volume VI, p. 48 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 11. Iste pandeiro que toco tén o pelaxe ghastado que llo quitei òn castrón que andaba no meu tellado (Carpazás, Bande, Veciños, 1983) Volume VI, p. 45 Este pandeiro que toco era de cuiro de can que murriu á túa porta por un bocado de panhe (Montouto, Snata Comba, Soledad, 1980) Volume VI, p. 44 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 12. Este pandeiro que toco este que teño na manhe era de miña cuñada |: da muller de meu irmánhe :| Ai la... (Cesullas, Cabana, Eduardo, Manuel, 1980) Volume VI, p. 43 Este pandeiro que toca non é meu qu’é de María |: que mo prestou esta noite para ir á romaría :| (Mazaricos, veciños, 1979) Volume VI, p. 43 |: Tocadora do pandeiro :| dádell’augha dádell’augha qu’o viño costa diñeiro (Maroxo-Arzúa, Salomé, 1979) Volume VI, p. 42 O pandeiro é de amieiro os aros son de zreixal tres meninas o tocaban na raia de Portugal (A Mezquita, Nemesia, 1981) Volume VI, p. 43 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 13. A miña muller murriume enterreina nu palleiro os meus fillos a chorar eu a tocar no pandeiro (Bazar, Santa Comba, Pastor, 1980) Volume VI, p. 210 A miña muller é vella enterreina no palleiro sete creghos a cantar e eu a toca-lo pandeiro (Vilar, Carnota, María, 1981) Volume VI, p. 210 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 49 Figura 14. Io que non canta nin bäilla qué vén facer ó serán vén oír catro mentiras para ir contar mañán (Meder, Salvaterra, Laura, 1980) Volume VI, p. 26 E vai de rondiña E vai de rondá E vai de rondiña A nuire todá A nuite todá O día tamén E vai de rondiña O día tamén (Bazar, Santa Comba, Pastor, 1980) Volume VI, p. 25 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 15. Unha volta polo medio outra polo darredore así fai o que ben baila así fai o bailador (Parada, Ordes, Carmelita, 1980) Volume VI, p. 55 Unha volta polo lado outra polo darredor así fai o que ben baila así fai o bäilador ai la... (Roo, Outes, Pelegrina, 1979) Volume VI, p. 55 |: Baila ben o bäiladore :| unha volta polo medio outra polo arredore (Agar, A Estrada, Rafael, 1979) Volume VI, p. 55 |: Unha voltiña por dentro outra polo rededor :| |: así fai o que ben bäilla i así fai-no bäillador :| (Petelos, Mos, José, 1981) Volume VI, p. 55 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 16. |: O que non canta nin baila qué vai facer á ruada :| vai ter man do paredón vai ter man de que non caia (Arcos de Furcos, Cuntis, Virtudes, 1980) Volume VI, p. 26 Io que non canta nin bäilla qué vén facer ó serán vén oír catro mentiras para ir contar mañán (Meder, Salvaterra, Laura, 1980) Volume VI, p. 26 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 50 Figura 17. As miñas mans son de ouro heinas de mandar dourare saben toca-lo pändeiro tämén saben trábällar (Seaia, Malpica, Estrela, 1983) Volume VI, p. 42 |: Sei cantar e sei bäilare tamén sei sega-la iherba :| |: o que se case conmigo non sabe qué vaina leva :| (Callobre, A Estrada, Mercedes, 1979) Volume VI, p. 237 Coa lingua non traballo coela podo cantar prä que non digha mou amo qu’eu perdo de traballar (Seaia, Malpica, Estrela, 1983) Volume VI, p. 27 Letras extraídas de Schubarth e Santamarina (1984/85). Op. cit. Elaboración propia. Figura 18. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 4.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 51 Figura 19. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 7. Figura 20. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 18.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 52 Figura 21. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 19. Figura 22. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 28.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 53 Figura 23. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 50. Figura 24. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 50.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 54 Figura 25. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 14. Figura 26. Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume I, p. 209.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 55 Figura 27. Canto de Reis Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume II, p. 29. Figura 28. Canto Noite de Nadal Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume II, p. 31.
Saray Alvite Sánchez Re-descubrindo a tradición. A música tradicional galega 56 Figura 29. Canto relixioso Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume II, p. 79. Figura 30. Canto relixioso de Xoves Santo Extraído de Schubarth e Santamarina (1984/85). Volume II, p. 48.