Full text
Andrea Lorena Rivanera López A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xuño 2015 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía. Traballo de fin de grao
2 Resumo Na segunda metade do século XX España experimentou en conxunto un claro proceso de converxencia rexional no PIB por habitante, pero este cesou case por completo a partir da década de 1980. Desde entón fóronse sucedendo etapas de diverxencia e converxencia, nun contexto xeral de estabilidade aproximada das disparidades rexionais. Dentro desas oscilacións, a última fase de expansión económica (1995-2007) caracterizouse por unha tendencia á converxencia, apoiada nun achegamento das taxas de ocupación polo maior crecemento do emprego nas rexións menos desenvolvidas, debido principalmente ao sector da construción. O inicio da crise económica actual en 2007 vai orixinar unha ruptura desa tendencia, de modo que nos anos transcorridos da crise asistimos a unha notable ampliación das disparidades rexionais no PIBpc. A análise dos factores determinantes deste indicador pon de manifesto que a orixe desa evolución está na crecente diverxencia das taxas de ocupación por Comunidades Autónomas, mentres que na produtividade por traballador as diferenzas son menos marcadas. A extensión deste traballo é de 9.922 palabras.
3 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Índice Resumo ...................................................................................................................... 2 Índice .......................................................................................................................... 3 Índice de abreviaturas ................................................................................................. 4 Índice de táboas e gráficos .......................................................................................... 5 Introdución ................................................................................................................. 7 Planificación ............................................................................................................... 9 Desenvolvemento do traballo ................................................................................... 11 1 Crecemento económico e converxencia: conceptos, teorías e evidencia empírica 11 1.1 Crecemento económico e converxencia: principais conceptos e indicadores 11 1.2 Aproximacións teóricas ................................................................................ 12 1.3 Breve revisión da evidencia empírica: a converxencia entre países e rexións 13 2 O proceso de converxencia rexional en España; resumo das tendencias dende mediados do século XX (1950-2007) .............................................................................. 15 2.1 Caracterización das tendencias xerais ......................................................... 15 2.2 Etapas do proceso de converxencia ............................................................. 16 2.3 A dinámica das disparidades rexionais na última fase de expansión económica (1995-2007) .......................................................................................... 18 3 A evolución das disparidades rexionais en España durante o actual período de crise (2008-2013) ............................................................................................................ 20 3.1. As tendencias que indican os datos estatísticos .......................................... 20 3.1.1. Evolución das disparidades rexionais no PIBpc ..................................................... 20 3.1.2. O papel xogado pola evolución do PIB e do volume de poboación ....................... 23 3.1.3. Evolución das disparidades rexionais na renda dispoñible dos fogares ................ 25 3.2. A dinámica das disparidades rexionais no actual período de crise; aproximación aos seus factores explicativos .......................................................... 30 Conclusións e ampliación .......................................................................................... 38 Bibliografía ............................................................................................................... 40
4 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Índice de abreviaturas BRICS: Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica CCAA: Comunidades Autónomas INE: Instituto Nacional de Estatística PIB: Produto Interior Bruto PIBpc: Produto Interior Bruto per cápita RDBF: Renda Dispoñible Bruta dos Fogares RDBFpc: Renda Dispoñible Bruta dos Fogares per cápita UE: Unión Europea UEM: Unión Económica e Monetaria
5 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Índice de táboas e gráficos Índice de táboas TÁBOA 3.1. PIBpc das rexións españolas en 2008 e 2013 (media española=100) e taxa de variación do PIBpc no período 2008-2013 ................................................. 21 TÁBOA 3.2. Taxas de variación do PIB, a poboación e o PIBpc no período 20082013 nas rexións españolas .................................................................................... 24 TÁBOA 3.3. Clasificación das rexións españolas segundo a súa evolución no período 2008-2013 .................................................................................................. 25 TÁBOA 3.4. PIBpc e RDBFpc das rexións españolas en 2008 e 2011 (media española=100) ......................................................................................................... 26 TÁBOA 3.5. Saldo entre o nivel relativo da RDBFpc e do PIBpc nas rexións españolas en 2008 e 2011 (partindo dos índices, media española = 100) ............. 27 TÁBOA 3.6. Desviación típica do PIBpc e da RDBFpc en base 100 en 2008 e 2011. 30 TÁBOA 3.7. Taxas de variación do PIBpc, do ratio Ocupados/Poboación e do PIB/Ocupado no período 2008-2013 ...................................................................... 31 TÁBOA 3.8. Taxas de variación do PIB/Ocupado, do PIB e do número de ocupados no período 2008-2013 ............................................................................................. 32 TÁBOA 3.9. Clasificación das rexións españolas en función da súa evolución con respecto ao PIB/Ocupado. ...................................................................................... 35 TÁBOA 3.10. Clasificación das rexións españolas en función da súa evolución con respecto ao ratio Ocupados/Poboación. ................................................................ 36 TÁBOA 3.11. Clasificación das rexións españolas en función da súa evolución con respecto ao PIBpc. ................................................................................................... 36
6 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Índice de gráficos GRÁFICO 2.1. Relación entre o nivel inicial de PIBpc e o seu crecemento no período 1955-2012 .................................................................................................. 16 GRÁFICO 2.2. Relación entre o nivel inicial e o crecemento do VEBpc nas rexións españolas 1955-1987. Media nacional=100. .......................................................... 17 GRÁFICO 2.3. Relación entre o nivel inicial e o crecemento do PIBpc nas rexións españolas 1986-2006. Media nacional=100. .......................................................... 18 GRÁFICO 2.4. Evolución das disparidades rexionais no PIBpc en España nos períodos 1991-1999 e 2000-2008. .......................................................................... 19 GRÁFICO 3.1. Relación entre o nivel inicial e a variación do PIBpc nas rexións españolas no período 2008-2013 ............................................................................ 22 GRÁFICO 3.2. Relación entre o PIBpc (Media española=100) e o saldo no ano 2008. 28 GRÁFICO 3.3. Relación entre o PIBpc (Media española=100) e o saldo no ano 2011. 29 GRÁFICO 3.4. Relación entre o nivel inicial e o crecemento do PIB/Ocupado no período 2008-2013 .................................................................................................. 33 GRÁFICO 3.5. Valores do PIB/Ocupado no ano 2013 das rexións españolas (Media nacional=100). ......................................................................................................... 34 GRÁFICO 3.6. Relación entre o valor inicial e o crecemento do ratio Ocupados/ Poboación no período 2008-2013. .......................................................................... 35
7 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Introdución A existencia de diferenzas territoriais no nivel do produto ou a renda por habitante ten motivado o desenvolvemento de teorías económicas que pretenden aproximarnos aos factores explicativos do crecemento económico e determinar por qué ese crecemento ten lugar de forma desigual. Destas teorías despréndense, como veremos, distintas conclusións sobre un achegamento nos niveis de output per cápita entre territorios. Os diversos estudos que abordan a cuestión da converxencia a diferentes escalas territoriais indican a ausencia dunha tendencia continuada cara a redución das disparidades, existindo períodos de diverxencia, e que os procesos de converxencia que tiveron lugar en determinados momentos resultaron insuficientes para equiparar os niveis de PIBpc. A evolución das disparidades rexionais a nivel español estivo marcada por esta mesma tendencia xeral. De feito, se partimos na análise dende mediados do século XX e chegamos ata a actualidade, vemos unha alternancia de períodos de converxencia, de diverxencia e de estancamento das desigualdades. Detrás destes comportamentos atópanse unha serie de factores que é preciso determinar, pois o seu estudo permite comprender que explica a converxencia ou diverxencia territorial. Resulta evidente que os procesos de converxencia están directamente relacionados coa evolución do crecemento económico e da poboación, sendo necesario para a converxencia un crecemento económico maior ou un crecemento demográfico menor nas rexións menos desenvolvidas. Un aspecto que incide no crecemento económico é o impacto dunha crise, momento no que o crecemento se paraliza e ten lugar unha recesión. Isto tamén inflúe nos procesos de converxencia. Ante unha crise, para que teña lugar unha aproximación nos niveis de PIBpc, os territorios menos desenvolvidos deben experimentar un menor descenso do seu PIB con respecto ás rexións máis ricas. Neste sentido, tense sinalado que a crise iniciada no ano 2007 como resultado da especulación inmobiliaria que se xerou en España, foi orixe de novas desigualdades, debido ao diferente impacto que a mesma tivo nos territorios, sectores económicos e grupos sociais (Méndez Gutiérrez del Valle, 2012). O obxectivo deste traballo é, precisamente, determinar se a crise influíu na evolución das disparidades rexionais en España, e se a distinta reacción que tiveron os territorios levou a incrementar as desigualdades. Esta hipótese acabarase por confirmar trala análise dunha serie de indicadores para o período 2008-2013, que reflicten unha paralización da converxencia desenvolvida durante a última fase de expansión económica (1995-2007). Así mesmo, tamén se pretende aclarar en que medida a taxa de ocupación e a produtividade por traballador influíron na evolución das disparidades
8 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise e se as políticas redistributivas do Estado son un mecanismo efectivo para reducilas, determinando se tivo lugar algunha variación nesta redistribución no período de crise. Para realizar a análise empregáronse diversas publicacións como libros, informes e documentos de traballo, que se recollen na bibliografía. En canto ás fontes estatísticas, todos os datos utilizados nas táboas e gráficos de elaboración propia foron extraídos da Contabilidad Regional de España, elaborada polo Instituto Nacional de Estadística (Serie 2008-2013), así como da Encuesta de Población Activa e Cifras de Población. O traballo estruturase en tres apartados. No primeiro comezaremos referíndonos aos principais conceptos e teorías económicas que tratan sobre a cuestión da converxencia, finalizando cunha revisión da evidencia empírica sobre a evolución das diverxencias territoriais en distintos espazos. A partir do apartado 2 centrarémonos no caso español. En primeiro lugar, recóllese a evolución que dende mediados do século XX experimentou o PIBpc e as principais etapas que cabe diferenciar. A continuación examinaremos a dinámica das disparidades rexionais, diferenciando os períodos de converxencia e diverxencia dende mediados do século XX, cunha referencia específica á última etapa de expansión económica (1995-2007). No apartado 3 abordamos a cuestión na que se centra o traballo: a dinámica das disparidades rexionais durante a actual crise. Para isto analizamos a evolución do PIBpc por Comunidades Autónomas no período 2008-2013 e da Renda Dispoñible dos Fogares por habitante, para considerar os efectos das políticas redistributivas. O estudo complétase analizando o papel xogado na dinámica das disparidades rexionais polos dous factores nos que pode descompoñerse o PIBpc: taxa de ocupación (Ocupados/Poboación) e produtividade do traballo (PIB/Ocupado). Para rematar resumimos as principais conclusións así como posibles vías de ampliación e recollemos a bibliografía empregada.
9 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Planificación Neste apartado recóllese a forma na que se desenvolveu a organización do traballo, indicando as distintas fases mediante cores en forma de calendario. Ademais, aproveito estas liñas para agradecer o labor de Edelmiro López Iglesias, titor deste traballo, pola súa dedicación, a súa dispoñibilidade e os seus consellos ao longo da elaboración deste traballo.
16 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise GRÁFICO 2.1. Relación entre o nivel inicial de PIBpc e o seu crecemento no período 1955-2012 FONTE: Parellada (2013). Non obstante, ese proceso tivo un alcance limitado, subsistindo na actualidade notables diferenzas no PIBpc. E máis relevante aínda é unha segunda matización: a mellora relativa que experimentou o PIBpc das rexións menos desenvolvidas non se debeu en xeral a un maior crecemento do PIB senón ao menor incremento da poboación. Isto significa que tivo lugar un desprazamento dos factores produtivos, principalmente do traballo, desas rexións cara a aquelas cun maior nivel de renda (Cuadrado e Maroto, 2008). Como resultado, as rexións menos desenvolvidas viron mellorar o nivel relativo do PIBpc ao tempo que perdían peso económico e demográfico; sucedendo o contrario nas máis ricas. En definitiva, a converxencia rexional no PIBpc acompañouse dunha crecente concentración da poboación e o produto nas áreas máis desenvolvidas (Serrano, 2005; Parellada, 2013). 2.2 Etapas do proceso de converxencia As tendencias globais que acabamos de resumir esconden dúas grandes etapas: de 1950 a 1980-85 e de 1980-85 á actualidade. Na primeira as disparidades rexionais tenderon a diminuír, mentres que o produto e a poboación se concentraban nas zonas máis avanzadas. Nas últimas décadas o proceso tende a estancarse (Cuadrado e Maroto, 2008). Concretamente, os datos recollidos por Cuadrado e Maroto (2008) amosan no período 1955-1987 unha correlación inversa entre os valores de partida do VEBpc e o seu
17 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise crecemento, cun R2 de 0,78 (gráfico 2.2), confirmando que tivo lugar un proceso de converxencia rexional. Como factores explicativos os autores destacan a converxencia na produtividade do traballo e as intensas migracións interrexionais. GRÁFICO 2.2. Relación entre o nivel inicial e o crecemento do VEBpc nas rexións españolas 1955-1987. Media nacional=100. FONTE: Cuadrado e Maroto (2008). O proceso de converxencia tende, en cambio, a frearse ou cesar case totalmente nas últimas décadas, a partir dos anos 1980, alternándose fases curtas de converxencia con outras de diverxencia e de estabilidade, pero nun contexto global de mantemento aproximado das disparidades rexionais no PIBpc. Os datos para o período 1986-2006 (gráfico 2.3) reflicten esa ralentización do proceso de converxencia, que se plasma en dous aspectos: a pesar de que a pendente da recta de regresión é negativa, o seu valor é moi pequeno (a recta é case horizontal); ademais iso esconde comportamentos moi dispares por CCAA (a calidade do axuste é baixa), como amosa o valor do R2 que é só 0,34. A orixe desa evolución está no freo que experimentou a converxencia da produtividade do traballo a partir dos anos 1990, e sobre todo no aumento das disparidades rexionais na taxa de emprego dende o decenio anterior (Cuadrado e Maroto, 2008).
18 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise GRÁFICO 2.3. Relación entre o nivel inicial e o crecemento do PIBpc nas rexións españolas 1986-2006. Media nacional=100. FONTE: Cuadrado e Maroto (2008). 2.3 A dinámica das disparidades rexionais na última fase de expansión económica (1995-2007) O freo global do proceso de converxencia que caracteriza as últimas décadas esconde, como dixemos, importantes oscilacións temporais. Dentro desas oscilacións, a última fase de expansión económica (1995-2007) caracterizouse por unha redución das desigualdades rexionais baseada nun achegamento das taxas de ocupación. Isto debeuse ao incremento do emprego, principalmente no sector da construción, e que se concentrou nas CCAA que partían de menores niveis de ocupación. Non obstante, cabería diferenciar dúas etapas: lixeiro incremento das disparidades na década dos 90, e converxencia máis clara nos anos 2000-2008 (CES, 2013). Na etapa 1991-1999 dáse en España un crecemento económico significativo, coa excepción da recesión de 1992-1994. Este concentrouse nas zonas máis desenvolvidas, o que desembocou nunha ampliación das diverxencias rexionais no PIBpc (gráfico 2.4). Esa tendencia inverteuse na etapa 2000-2008, na que asistimos a un nidio proceso de converxencia, baseado no dinamismo da demanda interna así como no sector da construción, factores que beneficiaron sobre todo a algunhas das rexións cun menor nivel de desenvolvemento (CES, 2013). Cuadrado e Maroto (2008) sinalan tamén que nestes anos as CCAA rexistraron fortes diferenzas nas taxas de crecemento da
19 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise poboación, tendendo a expansión demográfica a ser menor nas rexións menos desenvolvidas, polo que este constitúe outro factor que tería impulsado a converxencia. GRÁFICO 2.4. Evolución das disparidades rexionais no PIBpc en España nos períodos 1991-1999 e 2000-2008. FONTE: Consejo Económico y Social (CES) (2013). Villaverde (2007) indica que entre 1999-2006 a evolución das disparidades rexionais en España estivo marcada por unha mellora nos niveis de PIBpc no contexto da UE, coa excepción de Baleares e Canarias, baseada no crecemento do emprego. De feito, entre as dez rexións europeas que experimentaran unha mellor evolución neste aspecto atopábanse nove españolas. En cambio, non se aprecia un achegamento dos niveis de produtividade das rexións españolas á media da UE-27, o que indica que se estaba a crear emprego de baixa produtividade. No mesmo sentido, Cuadrado e Maroto (2008) deixan constancia do deterioro sufrido en termos de produtividade por España no contexto da UE dende mediados dos anos 90.
20 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise 3 A evolución das disparidades rexionais en España durante o actual período de crise (2008-2013) Partindo das tendencias previas que acabamos de resumir, trátase de aclarar neste apartado o comportamento das desigualdades rexionais en España durante o actual período de crise. Para isto examinamos o que nos indican os datos estatísticos, pretendendo despois determinar os factores explicativos da evolución que rexistraron neste período as disparidades no PIBpc. 3.1. As tendencias que indican os datos estatísticos 3.1.1. Evolución das disparidades rexionais no PIBpc Comezando cunha análise descritiva, os datos de 2008 (táboa 3.1) amosaban a existencia de sete CCAA cun PIBpc superior á media española (índice 100). Conforman este grupo País Vasco (129,71), Madrid (129,70), Navarra (125,39), Cataluña (115,77), Aragón (111,22), A Rioxa (110,54) e Illas Baleares (107,44). As dez comunidades restantes presentaban un PIBpc inferior á media, cos valores máis baixos en Andalucía (76,98) e Estremadura (68,43). En 2013, último dato dispoñible, a ordenación das CCAA é semellante. As que presentan un PIBpc por enriba da media son as mesmas: País Vasco (134,5), Madrid (129,8), Navarra (127,3), Cataluña (119,7), A Rioxa (113,5), Aragón (111,0) e Illas Baleares (105,2). Porén, a maioría destas comunidades melloraron os seus índices, e polo tanto distanciáronse, por enriba, da media española. As restantes rexións seguen, como en 2008, por baixo da media. Neste grupo melloraron a súa posición relativa, ao ascender un posto, Castela e León, Galicia, Canarias e Andalucía. Cantabria, Comunidade Valenciana, Ceuta e Melilla descenderon un posto. Andalucía (74,8) e Estremadura (67,4) seguen a ser as rexións cun menor PIBpc (táboa 3.1). En canto á variación do PIBpc no período 2008-2013, este diminuíu en tódolos casos, indicando que a forte recesión da economía española afectou a todo o territorio; pero con intensidades moi diversas. No lado negativo destacan Ceuta (-10,57%), Melilla (- 15,67%), Murcia (-11,99%) e Comunidade Valenciana (-10,13%), con caídas que duplican aproximadamente a media nacional (-6,62%). Mentres que o mellor comportamento correspondeu a Castela e León (-2,92%), País Vasco (-3,19%), Galicia (- 3,42%) e Cataluña (-3,45%) (táboa 3.1).
21 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise TÁBOA 3.1. PIBpc das rexións españolas en 2008 e 2013 (media española=100) e taxa de variación do PIBpc no período 2008-2013 Comunidade autónoma PIBpc 2008 (Media nacional=100) PIBpc 2013 (Media nacional=100) Taxa de variación PIBpc 2008-2013 Andalucía 76,97 74,81 -9,25 Aragón 111,22 111,01 -6,79 Asturias 93,68 92,42 -7,87 Illas Baleares 107,44 105,24 -8,54 Illas Canarias 85,77 84,71 -7,77 Cantabria 96,88 96,73 -6,77 Castela e León 94,47 98,20 -2,92 Castela A Mancha 81,71 79,81 -8,79 Cataluña 115,77 119,69 -3,45 C. Valenciana 90,96 87,54 -10,13 Estremadura 68,43 67,44 -7,97 Galicia 88,53 91,56 -3,42 Madrid 129,70 129,79 -6,56 Murcia 85,25 80,35 -11,99 Navarra 125,39 127,29 -5,21 País Vasco 129,71 134,47 -3,19 A Rioxa 110,54 113,46 -4,15 Ceuta 87,97 84,25 -10,57 Melilla 81,65 73,73 -15,67 Media nacional 100,00 100,00 -6,62 FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España. Nunha imaxe global, destaca que nas rexións cun PIBpc superior á media as taxas de variación foron menos negativas que a media nacional, exceptuando Aragón e Baleares, polo que a maior parte desas rexións viron mellorar o seu nivel relativo de PIBpc. Aquelas que partían dun PIBpc inferior á media rexistraron taxas de variación máis negativas que a media nacional, salvo Castela e León e Galicia; polo que, con esas dúas excepcións, estas rexións viron empeorada a súa posición relativa. Por tanto, o impacto da crise provocou unha paralización do proceso de converxencia que se viña desenvolvendo durante a última etapa de expansión económica (1995-2007). Esta paralización queda patente no gráfico 3.1, no que representamos a relación entre o nivel inicial e a variación do PIBpc no período 2008-2013. Podemos observar que a recta de regresión presenta unha pendente positiva, o que reflicte un incremento das disparidades.
22 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise A maioría das rexións que partían dun PIBpc superior á media sufriron unha caída inferior á española e viron mellorar así a súa posición relativa; sucedendo o contrario na práctica totalidade daquelas cun PIBpc inferior á media. Cómpre matizar que o valor do R2 é baixo (0,31), o que indica a existencia de comportamentos moi dispares nas distintas rexións (gráfico 3.1). GRÁFICO 3.1. Relación entre o nivel inicial e a variación do PIBpc nas rexións españolas no período 2008-2013 AND ARA AST BAL CAN CAB LEO MAN CAT VAL EXT GAL MAD MUR NAV PV RIO CEU MEL y = 0,1018x - 17,401 R² = 0,3069 -18 -16 -14 -12 -10 -8 -6 -4 -2 0 60 70 80 90 100 110 120 130 140 Taxa de variación PIB pc 2008-2013 (Media nacional = -6,62%) PIB pc 2008 (Media nacional=100) FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España. A maior parte das comunidades aparecen situadas no cuadrante superior dereito e no inferior esquerdo. Así, das sete CCAA que partían dun PIBpc superior á media, cinco (País Vasco, Cataluña, Madrid, Navarra e A Rioxa) presentan taxas de variación menos negativas, polo que se afastaron da media cara arriba. A única excepción clara é Baleares; pois Aragón mantivo a súa posición relativa aproximadamente estable. Das dez rexións cun nivel de desenvolvemento inferior á media só Galicia e Castela e León presentan un descenso do PIBpc máis suave, mellorando a súa posición relativa. As oito restantes afastáronse aínda máis das comunidades ricas, ao sufrir descensos do PIBpc superiores á media (gráfico 3.1).
23 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise 3.1.2. O papel xogado pola evolución do PIB e do volume de poboación Para aclarar o papel que xogaron a evolución do PIB e da poboación imos analizar cada variable por separado. En canto á evolución do PIB ao longo do período, destaca unha notable caída en 2009 en España, amosando o impacto que a crise actual tivo no noso país no seu inicio. Posteriormente o PIB estabilízase, para caer novamente en 2012 e, en menor medida, en 2013. O resultado é que no conxunto do período 2008-2013 o PIB español sufriu unha contracción próxima ao 6% (-5,96%). Nos datos por CCAA vemos que as rexións cunha maior caída foron Asturias (-9,50%), Murcia (-9,47%) e Comunidade Valenciana (-9,40%). As taxas de variación menos negativas corresponden a Navarra (-3,86%), Illas Baleares (-3,97%), Melilla (-4,04%) e Cataluña (-4,11%). En xeral, nas rexións máis desenvolvidas o PIB tendeu a decrecer menos que a media nacional, salvo en A Rioxa e Aragón. No grupo das menos desenvolvidas o PIB decreceu máis que a media, excepto en Canarias, Castela e León, Galicia, Ceuta e Melilla (táboa 3.2). A evolución da poboación caracterizouse por un incremento ata 2012, a un ritmo cada vez menor, para entrar en taxas negativas en 2013. A nivel autonómico obsérvanse diferenzas, existindo rexións como Baleares e Canarias onde a poboación aumentou todos os anos, outras nas que a dinámica foi oscilando e Galicia, a única na que decreceu durante todo o período. En conxunto, a poboación española rexistrou no período 2008-2013 un incremento de tan só o 0,71%, con notables diferenzas rexionais: a poboación descendeu sobre todo en Castela e León (-2,49%), A Rioxa (-2,10%) e País Vasco (-2,01%); mentres que creceu notablemente en Melilla (13,85%), Ceuta (7,04%) ou Baleares (4,99%) (táboa 3.2).
24 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise TÁBOA 3.2. Taxas de variación do PIB, a poboación e o PIBpc no período 2008-2013 nas rexións españolas Comunidade autónoma Taxa de variación do PIB no período 2008-2013 Taxa de variación da poboación no período 2008-2013 Taxa de variación do PIBpc no período 2008-2013 Andalucía -7,09 2,37 -9,25 Aragón -6,96 -0,18 -6,79 Asturias -9,50 -1,78 -7,87 Illas Baleares -3,97 4,99 -8,54 Illas Canarias -4,47 3,58 -7,77 Cantabria -6,61 0,16 -6,77 Castela e León -5,33 -2,49 -2,92 Castela A Mancha -7,77 1,12 -8,79 Cataluña -4,11 -0,68 -3,45 C. Valenciana -9,40 0,81 -10,13 Estremadura -8,11 -0,15 -7,97 Galicia -4,54 -1,17 -3,42 Madrid -5,16 1,49 -6,56 Murcia -9,47 2,86 -11,99 Navarra -3,86 1,43 -5,21 País Vasco -5,14 -2,01 -3,19 A Rioxa -6,16 -2,10 -4,15 Ceuta -4,23 7,04 -10,57 Melilla -4,04 13,85 -15,67 Media nacional -5,96 0,71 -6,62 FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España e Cifras de Población. Como síntese da análise anterior, podemos establecer a tipoloxía recollida na táboa 3.3. Das doce rexións nas que o PIBpc decreceu nunha porcentaxe maior que a media nacional, só en tres (Aragón, Asturias e Estremadura) isto debeuse a un descenso da poboación que non logrou compensar a redución do PIB. Nas nove restantes (Andalucía, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana, Murcia, Ceuta e Melilla) a caída do PIBpc por enriba da media debeuse a un descenso do PIB acompañado por un incremento da poboación. Das sete comunidades que rexistraron unha taxa de variación do PIBpc menos negativa que a media, só en dúas (Madrid e Navarra) isto tivo a súa orixe nun menor descenso do PIB ao tempo que crecía a poboación. Nas 5 restantes o PIBpc descendeu nunha menor porcentaxe que a media como resultado da diminución da poboación, combinado cunha caída do PIB menor que a media española (Castela e León, Cataluña, Galicia e País Vasco) ou semellante (A Rioxa) (táboa 3.3).
25 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise TÁBOA 3.3. Clasificación das rexións españolas segundo a súa evolución no período 2008-2013 PIBpc decrece máis que a media nacional PIBpc decrece menos que a media nacional Caída do PIB non compensada polo descenso da poboación Crecemento da poboación compensado por un descenso no PIB inferior á media Aragón, Asturias, Estremadura Madrid, Navarra Caída do PIB e crecemento da poboación Caída do PIB inferior ou similar á media e descenso da poboación Andalucía, Illas Baleares, Canarias, Cantabria, Castela A Mancha, Comunidade Valenciana, Murcia, Ceuta, Melilla Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, País Vasco FONTE: Elaboración propia. Esta evolución do proceso de converxencia en España durante a última etapa de expansión económica que se paraliza co inicio da crise, coincide coas tendencias xerais constatadas na UE. De feito, como se indicou no apartado 1.3, traballos recentes salientan o cambio de tendencia dende 2007, cando as diverxencias rexionais comezaron a incrementarse, indicando o impacto desigual que a crise tivo sobre o territorio (Rodil et al., 2012). Polo tanto, a evolución española non é singular, senón que se encadra no proceso xeral de aumento das disparidades rexionais que ten lugar na UE a raíz da crise. 3.1.3. Evolución das disparidades rexionais na renda dispoñible dos fogares En España existen políticas públicas destinadas a reducir as desigualdades na distribución da renda entre individuos, que teñen unha plasmación no plano territorial. Entre elas destacan a política fiscal e as prestacións sociais, que modifican a renda dispoñible das familias e implican unha transferencia de rendas entre territorios. Neste apartado pretendemos aclarar en que medida as disparidades rexionais en termos de PIBpc se reducen cando pasamos á renda dispoñible dos fogares, debido ás actuacións redistributivas do sector público, e que cambios se produciron durante a actual crise. Para efectuar esta análise só contamos con datos sobre a renda dispoñible dos fogares ata 2011, pero isto permitiranos coñecer o que aconteceu nos primeiros anos da crise.
32 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise TÁBOA 3.8. Taxas de variación do PIB/Ocupado, do PIB e do número de ocupados no período 2008-2013 Comunidade autónoma Taxa de variación PIB/Ocupado (2008-2013) Taxa de variación PIB (2008-2013) Taxa de variación Ocupados (20082013) Andalucía 11,75 -9,08 -18,64 Aragón 11,52 -8,15 -17,63 Asturias 10,07 -10,89 -19,04 Illas Baleares 2,54 -4,99 -7,34 Illas Canarias 8,64 -5,62 -13,12 Cantabria 7,29 -9,68 -15,82 Castela e León 8,96 -7,13 -14,77 Castela A Mancha 10,91 -8,25 -17,28 Cataluña 11,27 -7,74 -17,08 C. valenciana 11,66 -10,79 -20,11 Estremadura 12,57 -6,82 -17,23 Galicia 9,84 -7,98 -16,22 Madrid 11,17 -3,51 -13,21 Murcia 11,71 -8,10 -17,73 C. Foral Navarra 7,11 -6,41 -12,63 País Vasco 7,63 -6,93 -13,52 A Rioxa 8,62 -9,12 -16,33 Ceuta 5,10 -1,80 -6,57 Melilla -4,95 -1,75 3,36 Media nacional 10,70 -7,31 -16,27 FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España e Encuesta de Población Activa. En canto á converxencia entre rexións en termos de produtividade por traballador no período 2008-2013 o gráfico 3.4 amosa unha pendente negativa pero reducida, o que implica un proceso de converxencia na produtividade. Non obstante, o reducido valor do R2 indícanos comportamentos rexionais moi diversos. No gráfico obsérvase como en 2008 once rexións presentaban unha produtividade inferior á media. Dentro deste grupo, seis rexistran unha taxa de variación inferior á nacional, polo que incrementaron a súa distancia con respecto á media. Estremadura, Murcia Andalucía, Comunidade Valenciana e Castela A Mancha foron as que, partindo dun nivel de produtividade inferior á media, diminuíron a súa distancia con respecto á mesma ao contar con taxas de variación superiores á española. Das CCAA que
33 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise presentaban no 2008 un PIB/Ocupado superior á media, só Madrid, Cataluña e Aragón incrementaron a súa distancia con respecto á mesma. As restantes viron reducirse esa diferenza, ao rexistrar taxas de variación inferiores á española (gráfico 3.4). GRÁFICO 3.4. Relación entre o nivel inicial e o crecemento do PIB/Ocupado no período 2008-2013 AND ARA AST BAL CAN CAB LEO MAN CAT VAL EST GAL MAD MUR NAV VAS RIO CEU MEL y = -0,135x + 21,986 R² = 0,1482 -6 -4 -2 0 2 4 6 8 10 12 14 80 85 90 95 100 105 110 115 120 125 Taxa de variación PIB/Ocupado 2008-2013 (Media nacional=10,70%) PIB/Ocupado 2008 (Media nacional=100) FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España e Encuesta de Población Activa. Como resultado deste proceso no ano 2013 doce rexións españolas presentaban valores inferiores á media en termos de produtividade por traballador fronte ás once do 2008, como consecuencia da taxa de variación negativa en termos de produtividade de Melilla, pasando de ter unha produtividade por traballador superior á media nacional (110,18) a unha inferior (94,60). Tamén destaca o descenso en máis de sete puntos porcentuais das Illas Baleares, dun 97,38% da media en 2008 a un 90,20% en 2013, e en máis de cinco puntos porcentuais de Ceuta, dun 106,23% a un 100,86%, empeorando as súas posicións relativas, sendo estas as mudanzas máis salientables do período, pois as restantes rexións españolas variaron en 3,8 puntos porcentuais ou menos. É preciso sinalar que a media nacional se incrementa en 2013 con respecto á de 2008. Esta mudanza da media xunto coa variación que experimentan as rexións autonómicas é o que determina o cambio na súa posición relativa.
34 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise GRÁFICO 3.5. Valores do PIB/Ocupado no ano 2013 das rexións españolas (Media nacional=100). 0 20 40 60 80 100 120 140 FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España e Encuesta de Población Activa. Na taxa de ocupación obsérvase una mínima tendencia cara a converxencia (gráfico 3.6) cun R2 moi reducido, reflictindo un comportamento moi desigual nas rexións estudadas. Aquelas CCAA que presentaban en 2008 unha taxa de ocupación superior á media, salvo Aragón, experimentaron unha variación menos negativa, polo que se afastaron aínda máis de dita media. Entre elas atopamos ás máis ricas coa excepción de Cantabria. Isto significa que, exceptuando Aragón, todas as comunidades ricas presentaban taxas de ocupación elevadas en 2008 e rexistraron un comportamento relativamente favorable neste aspecto no período 2008-2013, factor que contribuíu a que o seu PIBpc se afastara, por enriba, da media española. As rexións restantes partían en 2008 dun nivel de ocupación inferior á media nacional. Neste grupo, formado por once rexións, cinco delas rexistran taxas de variación menos negativas que a media española, polo que converxeron coa media; sucedendo o contrario nas seis restantes. Media nacional
35 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise GRÁFICO 3.6. Relación entre o valor inicial e o crecemento do ratio Ocupados/ Poboación no período 2008-2013. AND ARA AST BAL CAN CAB LEO MAN CAT VAL EXT GAL MAD MUR NAV VAS RIO CEU MEL y = -0,0136x - 14,263 R² = 0,0018 -23 -21 -19 -17 -15 -13 -11 -9 -7 70 75 80 85 90 95 100 105 110 115 Taxa de variación Ocupados/Poboación (Media nacional= -16,86) Ocupados/Población 2008 (Media nacional=100) FONTE: Elaboración propia a partir de INE, Contabilidad Regional de España e Encuesta de Población Activa. Para comprender que é o que en cada caso influíu na evolución do PIBpc en cada rexión e a influencia que nesa evolución tivo o PIB/Ocupado e o ratio Ocupados/Poboación, preséntanse unha serie de cadros onde se resumen os distintos comportamentos. TÁBOA 3.9. Clasificación das rexións españolas en función da súa evolución con respecto ao PIB/Ocupado. PIB/Ocupado CCAA que parten dun menor nivel e se achegan á media nacional CCAA que parten dun maior nivel e se achegan á media nacional Estremadura, Murcia, Andalucía, Comunidade Valenciana. A Rioxa, Navarra, Pais Vasco, Ceuta, Melilla. CCAA que parten dun menor nivel e se afastan da media nacional CCAA que parten dun maior nivel e se afastan da media nacional Castela A Mancha, Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Cantabria. Aragón, Cataluña e Madrid. FONTE: Elaboración propia.
36 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise TÁBOA 3.10. Clasificación das rexións españolas en función da súa evolución con respecto ao ratio Ocupados/Poboación. Ocupados/Poboación CCAA que parten dun menor nivel e se achegan á media nacional CCAA que parten dun maior nivel e se achegan á media nacional Melilla, Ceuta, Castela e León, Galicia, Canarias. Aragón. CCAA que parten dun menor nivel e se afastan da media nacional CCAA que parten dun maior nivel e se afastan da media nacional Estremadura, Asturias, Castela A Mancha, Murcia, Comunidade Valenciana, Andalucía. País Vasco, Illas Baleares, Navarra, A Rioxa, Madrid, Cantabria, Cataluña. FONTE: Elaboración propia. TÁBOA 3.11. Clasificación das rexións españolas en función da súa evolución con respecto ao PIBpc. PIBpc CCAA que parten dun menor nivel e se achegan á media nacional CCAA que parten dun maior nivel e se achegan á media nacional Galicia, Castela e León. Illas Baleares e Aragón. CCAA que parten dun menor nivel e se afastan da media nacional CCAA que parten dun maior nivel e se afastan da media nacional Estremadura, Canarias, Cantabria, Andalucía, Castela A Mancha, Asturias, Comunidade Valenciana, Ceuta, Melilla, Murcia. A Rioxa, Cataluña, País Vasco, Navarra e Madrid. FONTE: Elaboración propia. As conclusións que se extraen destes cadros son que das rexións máis ricas, Aragón e Baleares foron as únicas que se achegaron á media. No caso de Aragón este comportamento estivo motivado por un deterioro da súa taxa de ocupación acompañado por un crecemento da produtividade do traballo por enriba da media. No caso das Illas Baleares, o achegamento á media nacional de PIBpc debeuse a un
37 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise empeoramento do seu nivel de PIB/Ocupado acompañado por un incremento na taxa de ocupación superior á media. As restantes CCAA ricas se afastaron da media en termos de PIBpc. Neste grupo, o afastamento debeuse en A Rioxa, Navarra e País Vasco a un incremento da taxa de ocupación por enriba da media mentres que o seu nivel de PIB/Ocupado se deteriorou, predominando o efecto experimentado na taxa de ocupación. En Cataluña e Madrid, tanto PIB/Ocupado como taxa de ocupación contribuíron ao afastamento. En canto ás comunidades cun PIBpc inferior á media, Galicia e Castela e León se achegaron a dita media debido a que predominou un incremento da taxa de ocupación, acompañado por un deterioro no seu nivel de PIB/Ocupado. Por último, nas rexións pobres que empeoraron, situación que foi a predominante, podemos ver que en Andalucía, Estremadura, Comunidade Valenciana e Murcia, este efecto derivou dun deterioro tanto no nivel de PIB/Ocupado como da taxa de ocupación. Nos casos de Ceuta e Melilla, o afastamento estivo motivado por un descenso no seu nivel de PIB/Ocupado. Canarias, Cantabria, Asturias e Castela A Mancha empeoraron o seu nivel de PIB/Ocupado, pero na taxa de ocupación Canarias e Cantabria melloraron, mentres que Castela A Mancha e Asturias empeoraron. En definitiva, crise supuxo un forte axuste no emprego que se centrou naquelas rexións onde máis crecera no período anterior, provocando un aumento nas diferenzas en taxas de ocupación, mentres que na produtividade se reduciron as diferenzas rexionais. Polo tanto, son as diverxencias na taxa de ocupación o que explica o aumento de diverxencia no PIBpc rexional.
38 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Conclusións e ampliación A converxencia está relacionada co crecemento económico dos territorios, e pretende determinar se os espazos se achegan ou non ao longo do tempo nos seus niveis de PIBpc, indicador que se adoita tomar como un reflexo do benestar da poboación dun territorio, aínda que non sexa correcto. A converxencia non implica crecemento económico por igual. Para que esta teña lugar, os territorios menos desenvolvidos deben crecer máis que os máis ricos. No caso de España obsérvase unha tendencia cara a converxencia dende os anos cincuenta, que perdura ata os anos oitenta, e posteriormente se paraliza, cunha alternancia entre períodos de estancamento, diverxencia ou leve converxencia. Na última fase de expansión económica (1995-2007) dáse unha converxencia a nivel rexional, por un achegamento nas taxas de ocupación derivado do incremento da poboación empregada no sector da construción, que ten lugar con maior intensidade nas rexións menos desenvolvidas. Co inicio da crise actual, xerada por unha burbulla especulativa no sector financeiro, que en España se centrou no sector inmobiliario, prodúcese un desplome no sector da construción, reducíndose as taxas de ocupación e supoñendo unha ruptura nese proceso de converxencia que se viña dando no período anterior. A destrución de emprego afecta a tódalas rexións españolas, como indican os valores negativos das taxas de variación da relación Ocupados/Poboación. Este descenso da ocupación é acompañado por unha mellora no PIB/Ocupado, coa excepción de Melilla. Esta mellora na produtividade podería estar motivada por unha destrución de emprego que se centra en sectores cunha menor produtividade. A evolución das rexións españolas esconde un comportamento moi desigual, existindo distintas tipoloxías e grupos de rexións, tal e como se indicou ao longo deste traballo, o
39 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise que implica que o impacto que a crise tivo sobre estes espazos levou a diferentes consecuencias territoriais. Resulta importante seguir investigando os factores que determinan a distinta reacción por parte dos territorios ante unha crise, que é o que determina que uns territorios reaccionen mellor que outros, para poder desenvolver políticas axeitadas que permitan volver a unha etapa de crecemento. Unha vez iniciada a vía da recuperación económica, débese seguir avanzando na aplicación de medidas que impulsen o desenvolvemento das rexións máis atrasadas, o que favorecería unha converxencia territorial. Non obstante, tal e como se desprende da análise efectuada no penúltimo apartado, as disparidades rexionais se reducen como resultado das políticas redistributivas do sector público, claves para favorecer a un reparto máis equitativo, e para protexer aos colectivos máis vulnerables afectados por esta crise, dado que debemos recordar que o PIBpc é un indicador imperfecto do benestar, non reflicte cómo ten lugar o reparto da riqueza nun territorio. Como cabe esperar, durante a actual crise produciuse un incremento da porcentaxe de poboación por debaixo do limiar de pobreza relativa, dun 19,7% en 2007 a un 21,1% en 2012 e de pobreza severa, dun 4% en 2008 a un 6,4% en 2012. Neste contexto incrementouse o número de fogares que recibían algún tipo de prestación social do estado dende o inicio da crise. A pesar deste tipo de axudas, Pitarch (2013) defende que semella terse producido a nivel nacional, pero sobre todo a nivel rexional un incremento das taxas de pobreza severa dunha parte da poboación. Así mesmo, ponse de manifesto a capacidade limitada que as políticas redistributivas teñen para modificar a distribución da renda, dado que a comparación dos datos de PIBpc cos de RDBFpc amosan que a situación das rexións españolas segue a ser a mesma, de forma que só en tres casos CCAA con valores inferiores á media nacional en PIBpc pasan a superar a media en RDBFpc, amosando os valores da desviación típica unha redución das disparidades como resultado destas políticas, pero indicando que aínda seguen a existir diferenzas. Este mesmo indicador rexistra un aumento da dispersión dos valores de PIBpc en 2011 con respecto a 2008, pero tamén unha maior diminución desa dispersión a raíz das políticas redistributivas, o que indicaría que a importancia das mesmas está incrementándose. Como últimas cuestións, débese ter en conta que nun sistema capitalista coma no que estamos inmersos, non pode esperarse un crecemento ilimitado. A existencia de períodos de recesión é algo propio deste tipo de organización económica, o que nos leva a intentar buscar novas vías de crecemento e expansión, e como algúns autores defenden que está a acontecer nesta crise, este tipo de fenómenos poden desencadear nun proceso de cambio estrutural. De modo que, dado que a aparición dunha crise no modelo capitalista parece algo inevitable, a pregunta non debe ser cómo impedir unha crise, senón, como se comentaba, que é o que explica que uns territorios teñan a capacidade de soportar mellor estes procesos e saír reforzados dos mesmos.
40 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Bibliografía Alonso Santos, J.L. (2014). Industria y crisis económica en España. En J.M. Albertos e J.L. Sánchez Hernández (Eds.). Geografía de la crisis económica en España (1ª ed., pp. 141-172). Valencia: Publicacions de la Universitat de València. Comisión Europea (2014). Inversión para el empleo y el crecimiento. Promoción del desarrollo y la buena gobernanza en las regiones y ciudades de la UE. Sexto informe sobre la cohesión económica, social y territorial. Luxemburgo: Oficina de Publicaciones de las Comunidades Europeas. Consejo Económico y Social España. Informe distribución de la renta en España: Desigualdad, cambios estructurales y ciclos (Nº 03/2013). Madrid: CES. Cuadrado, J.R., Maroto, A. (2008). Convergencia regional en productividad y cambios en la estructura productiva en España. XXXIV Reunión de Estudios RegionalesAECR, Baeza-Jaen, 27-29 de novembro de 2008. Cuadrado, J.R. (2010). Política económica: Elaboración, objetivos e instrumentos (4ª ed). Madrid: McGraw-Hill. Escot, L., Galindo, M.A. (2000). Evidencia empírica de la convergencia real (Nº 3/00). Madrid: Instituto de Estudios Fiscales. Esteve, F., Muñoz de Bustillo, R. (2005). Conceptos de economía. Madrid: Alianza Editorial. Ezcurra, R. (2001). Convergencia y cambio estructural en la Unión Europea. (Nº11). Navarra: Universidad Pública de Navarra. García Delgado, J.L., Jiménez, J.C. (2001). Un siglo de España: La economía. (2ª ed.). Madrid: Marcial Pons. Guisán, M.C., Aguayo, E. (2008). Salario, empleo y productividad de la economía española en 1965-2008. Estudios Económicos de Desarrollo Internacional, vol. (8-1), 99-124.
41 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise Instituto Nacional de Estadística. Datos estatísticos da Contabilidad regional de España, Cifras de población e Encuesta de Población Activa. Instituto Nacional de Estadística (2010). Panorámica de la Industria. Recuperado 03/05, 2015, de www.ine.es/ss/Satellite?blobcol=urldata&blobheader=application%2Fpdf&blobhead name1=ContentDisposition&blobheadervalue1=attachment%3B+fliename%3DINDcap06.pdf&blobk ey=urldata&blobtable=MungoBlobs&blobwhere=637%2F236%2FINDcap06%2C0.p df&ssbinary=true Mankiw, G. (2003) Macroeconomía. (4ª ed.). Barcelona: Antoni Bosch. Méndez Gutiérrez del Valle (2012). Crisis económica y reconfiguraciones territoriales. En J.M. Albertos e J.L. Sánchez Hernández (Eds.). Geografía de la crisis económica en España (1ª ed., pp. 17-38). Valencia: Publicacions de la Universitat de València. Parellada, M. (2013). Distribución territorial de la renta. En C.M. Fernández-Otheo, J.C. Jiménez e A. Garrido (Eds.). Lecciones de economía española. (11ª ed., pp. 313324). Madrid: Thomson-Civitas. Pitarch, M.D. (2013). Desigualdades territoriales, pobreza y vulnerabilidad social en España durante la crisis (2007-2013). En J.M. Albertos e J.L. Sánchez Hernández (Eds.). Geografía de la crisis económica en España (1ª ed., pp. 201-230). Valencia: Publicacions de la Universitat de València. Rodil, O., Vence, X., Sánchez Carreira, M.C., (2012). Convergencia y divergencia regional en la Eurozona: disparidades en el patrón de crecimiento en el marco de la crisis global. Bilbao: XXXVIII Reuniones de Estudios Regionales - AECR. Serrano, J.M. (2005) Convergencia regional y polarización territorial en España. (Nº 2830). Boletín Económico ICE. Vallés, J. (2009). Economía española (2ª ed). Madrid: McGraw-Hill. Villaverde, J. (2007). Crecimiento y convergencia regional en España. (Algunas) causas del cambio. Papeles de Economia Española, 111, 240-254.