Full text
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Lingua e Literatura Españolas Lingüística II Montserrat Souto Gómez Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral Facultade de Humanidades 3 Linguaxe, mente e cerebro 9788498 877342 ISBN 978-84-9887-734-2
Linguaxe, mente e cerebro 3 Montserrat Souto Gómez Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral Facultade de Humanidades
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 2098-2011 ISBN 978-84-9887-734-2
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 3 MATERIA: Lingüística II TITULACIÓN: Grao en Lingua e Literatura Españolas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Diversidade lingüística e procesamento das linguas 1. Unidade e variedade das linguas 1.1. Homoxeneidade da linguaxe e diversidade dos usos verbais 1.2. Factores de variación lingüística 2. Variación no plano social das linguas 2.1. Diversidade idiomática e variedades dialectais 2.2. Redes sociocomunicativas e variación lingüística 3. Variación no plano neuropsicolóxico dos usuarios 3.1. Capacidade lingüística e habilidades verbais 3.2. Diversidade de procesamento verbal e tipos de lingua Unidade II. Diversidade lingüística e linguas do mundo 1. As linguas arredor do mundo. Criterios de clasificación 2. Linguas en contexto 2.1. Socioloxía das linguas: actitudes dos falantes 2.2. Linguas de comunicación e linguas de identidade 2.3. Linguas por distancia e linguas por elaboración 3. Aplicacións da Lingüística ao abeiro da diversidade multilingüe 3.1. Políticas lingüísticas 3.2. Linguas e diversidade cultural 3.3. Tradución e globalización 3.4. Planificación do ensino multilingüe 3.5. Industrias das linguas Unidade III. Linguaxe, mente e cerebro 1. A adquisición da lingua e a aprendizaxe de linguas 1.1. A adquisición da lingua: capacidade e habilidade 1.2. A aprendizaxe de segundas linguas 1.3. O plurilingüismo desde o punto de vista psicolingüístico 2. Fundamentos biolóxicos da linguaxe 2.1. O aparato bucofonador e o sistema auditivo 2.2. O asento cerebral da linguaxe 3. Os trastornos comunicativos 3.1. Os trastornos da voz 3.2. Os trastornos da fala 3.3. Os trastornos da linguaxe 4. Aplicacións da lingüística en linguaxe, mente e cerebro 4.1. Didáctica de linguas 4.2. Lingüística clínica
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 5 ÍNDICE Presentación…………...…………………………….............................. 7 Obxectivos…………………………………………………………........ 7 1. Obxectivo xeral…...…………………………………………… 7 2. Obxectivos específicos………………………………………… 8 Metodoloxía……………………………………………………….……… 8 Contidos…………………………………………………………………… 10 1. A adquisición da lingua e a aprendizaxe de linguas...………. 10 1.1. A adquisición da lingua: capacidade e habilidade…. 10 1.2. A aprendizaxe de segundas linguas……………….... 11 1.3. O plurilingüismo desde o punto de vista psicolingüístico. 11 2. Fundamentos biolóxicos da linguaxe………………………… 11 2.1. O aparato bucofonador e o sistema auditivo……… 11 2.2. O asento cerebral da linguaxe……………………… 11 3. Os trastornos comunicativos…………………………………… 12 3.1. Os trastornos da voz………………………………… 12 3.2. Os trastornos da fala………………………………….. 12 3.3. Os trastornos da linguaxe…………………………….. 13 4. Aplicacións da lingüística en linguaxe, mente e cerebro……. 13 4.1. Didáctica de linguas…………………………………… 13 4.2. Lingüística clínica……………………………………… 13 Actividades propostas…...………………………………………….... 14 1. Comentario de textos…………………………………………. 14 2. Traballo cooperativo………………………………………..…… 14 3. Comentario de vídeos…………………………………………... 15 4. Transcrición e análise de mostras de fala infantil……………. 16 5. Análise de trastornos comunicativos………………………….. 16 Avaliación da unidade didáctica………...…………………………….. 17 1. Avaliación inicial…………………………………………………. 17 2. Avaliación procesual………………………………………….. 17 3. Avaliación final…………………………………………………… 18 Anexos………………………………………………………………….... 19 Anexo I. Textos para comentar…...……………………….……... 19 Anexo II. Cuestionarios sobre os vídeos……………….……… 20 Anexo III. Mostras de trastornos comunicativos…….………... 21 Referencias………………………………………………………………... 22
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 7 PRESENTACIÓN Linguaxe, mente e cerebro é a terceira e última unidade didáctica de Lingüística II. Esta é ʊxunto con Lingüística Iʊ unha materia básica da rama de Artes e Humanidades; ten seis créditos ECTS e pertence á área de coñecemento Lingüística Xeral. A presente unidade enfócase cara á docencia de Lingüística II no Grao de Lingua e Literatura Españolas da Facultade de Humanidades*. Por tanto, os seus destinatarios son os estudantes de segundo curso de Español que estudan no campus de Lugo. Todos eles, aínda que non están obrigados a ter superada a materia Lingüística I (de primeiro curso), tiveron xa no curso anterior unha primeira aproximación aos contidos de Lingüística Xeral, e ás dúas grandes naturezas da linguaxe: a biolóxica ʊobxecto desta unidadeʊ e a social. Neste último tema de Lingüística II afondaremos nas principais cuestións relacionadas coa natureza biolóxica da linguaxe: a súa adquisición como lingua materna, o proceso psicolingüístico de aprendizaxe de primeiras e segundas linguas, as características dos individuos plurilingües, os fundamentos biolóxicos da linguaxe, os trastornos da comunicación e, finalmente, as aplicacións da lingüística neste ámbito neuropsicolingüístico. A necesidade de conxugar teoría e aplicación será unha das constantes desta unidade didáctica, posto que a natureza biolóxica da linguaxe está relacionada con dous grandes problemas reais (como aprender mellor unha lingua? e como resolver un trastorno comunicativo?) que necesitan da Lingüística ʊxunto con outras áreas de coñecementoʊ para a súa resolución. OBXECTIVOS 1. Obxectivo xeral Lingüística I e Lingüística II, as dúas materias básicas de Lingüística Xeral que se ofertan no Grao en Lingua e Literatura Españolas, teñen un único obxectivo xeral ao que responden todas e cada unha das súas unidades didácticas, incluída a que nos ocupa. Este grande obxectivo xeral, seguindo moi de preto a guía docente de Lingüística II, pode enunciarse deste xeito: «adquirir os coñecementos xerais e elementais para abordar, como usuarios reflexivos e curiosos, a análise formal e instrumental das linguas estudadas no grao en Lingua e Literatura Españolas» (Codesido García et al. 2011: 4). * Lingüística II tamén se imparte nas cinco titulacións de grao da Facultade de Filoloxía (Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas). De feito, a guía docente que serve de base para esta unidade didáctica foi elaborada conxuntamente polos profesores de Lingüística Xeral que imparten esta materia tanto en Santiago como en Lugo (cf. Codesido García et al. 2011).
14 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro ACTIVIDADES PROPOSTAS Imos describir aquí as actividades que xa adiantabamos ao falar da metodoloxía. Trátase de varias actividades interactivas e dun seminario de aprendizaxe cooperativa. As sesións interactivas normalmente son inmediatamente posteriores á exposición do tema teórico, pero nalgúns casos son previas ao mesmo e incluso pode haber unha certa distancia temporal entre o tratamento teórico dun tema e a práctica correspondente. Verémolo a continuación. 1. Comentario de textos A primeira sesión interactiva da unidade cumpre tres funcións: x avaliación inicial; x práctica de contidos vistos na primeira sesión expositiva; x achegamento indutivo aos contidos das expositivas 2 e 3. Os textos cos que imos traballar ao longo de 90’ tratan a adquisición da lingua materna desde distintos enfoques, a aprendizaxe de segundas linguas e as caracterización do individuo plurilingüe (cf. Anexo I, p.19). O único contido traballado na sesión expositiva previa é a adquisición da primeira lingua; os textos relacionados con esta cuestión servirán para identificar nas argumentacións de diferentes autores as tres teorías explicativas estudadas teoricamente nesa mesma semana. Os demais textos farán referencia a cuestións que serán analizadas polo miúdo na segunda semana. Porén, os estudantes, experimentadores activos da aprendizaxe de segundas linguas e do plurilingüismo, poderán chegar a análises e conclusións que nos servirán como introdución aos apartados 1.2 e 1.3. Ao mesmo tempo, o comentario desta ampla selección de textos servirá para realizar unha avaliación inicial do interese do alumnado pola psicolingüística e dos coñecementos previos obtidos en cursos anteriores (fundamentalmente en Lingüística I). Por esta razón, ademais de observar as intervencións orais do alumnado na aula, solicitaremos a entrega dun comentario por escrito no prazo dunha semana. 2. Traballo cooperativo O seminario de aprendizaxe cooperativa ocupará as sesións interactivas das semanas 11 e 12 (cf. Táboa 2, p. 9). Dedicaremos tres horas presenciais ao desenvolvemento do apdo. 2 (Fundamentos biolóxicos da linguaxe) ao mesmo tempo que traballaremos intensivamente varias competencias transversais, a saber: o traballo en equipo cooperativo, a elaboración de presentacións de diapositivas e a comunicación oral.
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 15 Formaremos grupos-puzzle de cinco persoas. Antes de coñecer os temas de traballo, esas cinco persoas terán que autonumerarse. A continuación, desfaremos os grupos-puzzle e crearemos cinco grupos de expertos xuntando aos estudantes en función do número que elixiron. Nese momento coñecerán o tema que teñen que preparar: x grupo 1: aparato bucofonador I: mecanismos subglóticos; x grupo 2: aparato bucofonador II: a larinxe; x grupo 3: aparato bucofonador III: mecanismos supraglóticos; x grupo 4: sistema auditivo; x grupo 5: asento cerebral da linguaxe. Cada grupo de expertos deberá preparar unha presentación de diapositivas (con pouco texto e moitas imaxes) para ser exposta oralmente por cada un dos seus membros dentro do seu grupo-puzzle inicial. Terá que haber, como mínimo, un ordenador por grupo, non só para preparar a presentación senón tamén para buscar información en Internet. Ademais, os estudantes terán á súa disposición fotocopias de páxinas concretas dos seguintes traballos: Bhatnagar (2008), Llisterri Boix (1996), Love & Webb (1986) e Peña Casanova (1988). Contarán tamén coa axuda da profesora para resolver todas as dúbidas que vaian xurdindo. Ao remate da primeira sesión de aprendizaxe cooperativa deberá estar rematada a presentación de diapositivas. Se non é así, o grupo terá que reunirse fóra das horas lectivas para rematar o traballo. A segunda sesión estará dedicada ás exposicións; para iso, os estudantes volverán aos seus respectivos grupos-puzzle iniciais e explicarán a materia da que son expertos dentro dese pequeno grupo de cinco persoas. Mentres tanto, a profesora irase movendo polos distintos grupos para escoitar parcialmente a exposición de todo o alumnado. Nesta tarefa serán avaliadas tanto as presentacións escritas como as exposicións orais. Os estudantes, pola súa parte, terán que reflexionar sobre as avantaxes e os inconvenientes do traballo cooperativo e farán propostas para a súa mellora futura. 3. Comentario de vídeos Durante a semana 13, cando na sesión expositiva xa empezamos a falar dos trastornos comunicativos, na interactiva volvemos a traballar o tema da adquisición da linguaxe e o sustento biolóxico da mesma. Para iso, utilizaremos dous vídeos acompañados de cadanseu cuestionario: x El mundo en pañales. El poder de la palabra (Klein & Hickm 1995: 30 min.); x El sistema nervioso (Encyclopaedia Britannica 1985: 17 min.).
16 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro O primeiro deles mostra o proceso de adquisición da linguaxe desde o nacemento ata os seis anos; serviranos para recoñecer os diferentes estadios evolutivos establecidos nas sesións expositivas. O segundo ten como finalidade complementar o seminario de aprendizaxe cooperativa: os contidos estudados sobre o asento cerebral da linguaxe necesitan dunha contextualización algo máis ampla que explique o funcionamento coordinado de todo o sistema nervioso central e os procesos electroquímicos de comunicación interneuronal que dan como resultado as funcións superiores da mente humana, entre elas a linguaxe. Os cuestionarios que presentamos no Anexo II (p. 20) dan mostra dos aspectos nos que faremos fincapé durante esta sesión interactiva. 4. Transcrición e análise de mostras de fala infantil Na quinta sesión interactiva (semana 14) analizaremos varias transcricións de fala infantil procedentes do Corpus Koiné ao que pertencemos (cf. Grupo Koiné 2006). Nelas observaremos as características básicas de cada estadio de adquisición e compararemos coa idade dos nenos estudados. Ao analizar as transcricións, observaremos os signos básicos da transcrición do sistema Childes (cf. MacWhinney 1991). A partir da experiencia da aula, proporemos un pequeno traballo de gravación e transcrición de fala infantil para realizar fóra das horas lectivas. Recorrendo aos grupos de expertos (de cinco persoas) que mantemos desde seminario de aprendizaxe cooperativa I, cada grupo gravará 5 minutos de interacción natural con nenos de 2 a 4 anos. Se non poden realizar a gravación, utilizarán algún vídeo de Internet. Unha vez feita a gravación, deberán transcribir o fragmento segundo o sistema Childes (transcribir 5 minutos ocupa unha hora de traballo como mínimo) e logo realizarán a súa análise lingüística, tal e como fixemos na sesión interactiva. O traballo será enviado durante a semana 15 ao apartado Actividades do módulo de contidos da aula virtual para ser corrixido coa ferramenta de control de cambios e devolto por correo electrónico aos estudantes. 5. Análise de trastornos comunicativos Debido ao noso interese investigador, centrado na patoloxía da linguaxe, contamos con mostras de diferentes patoloxías da linguaxe nas que se preserva o anonimato das persoas. Esas mostras, transcritas ou audiovisuais, serán analizadas na interactiva da semana 15, xusto despois de rematar a exposición teórica do tema 3. No Anexo III (p. 21) presentamos algúns exemplos de transcricións susceptibles de ser analizadas polos nosos estudantes.
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 17 AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Os tres grandes fitos no desenvolvementos desta unidade didáctica terán a súa avaliación correspondente: inicial, procesual e final. 1. Avaliación inicial A avaliación inicial realizarase durante a primeira sesión interactiva, tal e como se expuxo na p. 14. Os instrumentos de avaliación son os comentarios de texto realizados na primeira sesión interactiva. Despois da lectura e comentario oral das ideas principais reflectidas nos textos, todos os estudantes terán que plasmar por escrito un comentario completo e exhaustivo do texto que eles elixan. Ese comentario poderán rematalo fóra das horas lectivas e subilo á aula virtual ʊao apartado Actividades do módulo de contidosʊ para que poida ser corrixido pola profesora. Falamos, neste caso, de avaliación inicial porque esta sesión de comentarios de texto é un indicador perfecto das habilidades de análise e síntese coas que contamos como punto de partida para enfrontarnos ao tema biolóxico. A partir dos datos que aquí obteñamos, poderemos reforzar algúns procedementos e corrixir certos erros comúns. 2. Avaliación procesual As seguintes sesións interactivas implican todas elas a entrega ou a exposición oral dalgún tipo de traballo, de xeito que a avaliación procesual tamén está garantida. Os resultados destas probas pasarán a formar parte do conxunto de puntuacións procedentes de traballos propostos nas sesións interactivas ao longo de todo o semestre. A suma de todas estas probas parciais terá un valor do 40%, tal e como se indica na guía da materia (cf. Codesido García et al. 2011: 12). O propio comentario de texto descrito na avaliación inicial será un traballo máis dentro desta avaliación procesual. Na seguinte táboa presentamos todas as probas parciais que se foron describindo ao longo das páxinas 14-16 e que están vinculadas ás sesións interactivas da unidade:
18 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro Táboa 3. Actividades da avaliación procesual SEMANAS SESIÓNS INTERACTIVAS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN SEMANA 10 Comentario de textos sobre adquisición, aprendizaxe e plurilingüismo Comentario de texto individual SEMANA 11 Traballo cooperativo I sobre os fundamentos biolóxicos da linguaxe (grupos de expertos) Presentación con diapositivas SEMANA 12 Traballo cooperativo II sobre os fundamentos biolóxicos da linguaxe (grupos puzzle) Exposición oral SEMANA 13 Comentario de dous vídeos (adquisición da linguaxe e sistema nervioso) Dous cuestionarios SEMANA 14 Transcrición e análise de mostras reais de fala infantil Traballo en equipo: transcrición e análise de 5 min. de fala infantil SEMANA 15 Descrición e análise ʊa partir de casos reaisʊ de trastornos comunicativos Intervencións orais na aula 3. Avaliación final E, finalmente, o exame da materia, que se celebrará na data oficial fixada pola Secretaría da Facultade de Humanidades, contará con preguntas teórico-prácticas relativas a esta unidade. Este exame pretende valorar conceptos, métodos e ferramentas aprendidos ao longo de todo o curso, de aí que as preguntas relativas ao tema 3 teñan todas ela un carácter teóricopráctico. Este exame final ten un valor do 60% (cf. Codesido García et al. 2011: 12).
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 19 ANEXOS Anexo I. Textos para comentar Presentamos a continuación unha selección de textos sobre adquisición da linguaxe, aprendizaxe de linguas e plurilingüismo que serán utilizados na primeira sesión interactiva. Texto 1. Adquisición da linguaxe Se ha considerado durante mucho tiempo la adquisición del lenguaje como un proceso de imitación y reforzamiento. Según una opinión popular, los niños aprenden a hablar copiando las emisiones que oyen en torno suyo y fortaleciendo sus respuestas con las repeticiones, correcciones y otras reacciones de los adultos. En los últimos años se ha apreciado con claridad que este principio no explicará todos los hechos del desarrollo del lenguaje. Los niños realizan muchas imitaciones, en especial al aprender los sonidos y el vocabulario, pero sólo es posible explicar de este modo una pequeña parte de su capacidad gramatical. Las limitaciones de esta concepción del lenguaje basada en la imitación y el reforzamiento condujeron en la década de 1960 a una propuesta alternativa surgida de la teoría generativa. Se propuso que los niños debían nacer con una capacidad innata para desarrollar el lenguaje: el cerebro humano estaría preparado para él, en el sentido de que ciertos principios generales de descubrimiento o estructuración del lenguaje comienzan a actuar automáticamente cuando los niños quedan expuestos a su presencia. Esos principios constituyen el dispositivo de adquisición del lenguaje (DAL) del niño. El niño emplea su DAL para comprender las emisiones que oye a su alrededor y deriva hipótesis sobre la gramática del lenguaje ʊqué es una oración, cómo se construyeʊ a partir de esos datos lingüísticos primarios. No obstante, ha resultado difícil formular las propiedades detalladas del DAL sin dar lugar a controversias, en vista de los cambios que la teoría lingüística generativa ha experimentado en los últimos años. Mientras tanto, ha evolucionado otra explicación del proceso de adquisición, la propuesta cognitiva, que aduce que la adquisición del lenguaje debe concebirse en el contexto del desarrollo intelectual del niño. Las estructuras lingüísticas surgirán únicamente si se dispone de fundamentos cognitivos establecidos. Así, antes de poder emplear estructuras de comparación (por ejemplo, Este coche es más grande que ése), los niños deben haber desarrollado la capacidad conceptual para realizar juicios relativos de tamaño (Crystal 1987: 234). Texto 2. Aprendizaxe de linguas La aparente simplicidad con que el niño adquiere su lengua materna esconde, en realidad, una exposición continuada a mensajes emitidos en condiciones reales y una ejercitación abundante, que ocupa casi por completo su actividad durante varios años. No es de extrañar, entonces, que cualquier intento de adentrarse en una lengua ajena se convierta en un quehacer ingrato y, con frecuencia, doloroso. Lejos del camino iniciado durante los primeros años de vida, el individuo que aprende una nueva lengua adopta una decisión trascendente y asume un proceso de reeducación audio-motriz, ideológica y perceptiva a fin de superar la conformación conceptual que, en su día, le otorgara la lengua materna. De entrada, ha superado la etapa privilegiada que, para el desarrollo de estas habilidades, constituyen los primeros años de vida, tanto en el sentido neuro-biológico ʊdonde puede hablarse de un período crítico para este tipo de aprendizajesʊ, como en lo que respecta a su disponibilidad de tiempo o esfuerzo. En segundo lugar, sus motivaciones son menos profundas, por cuanto la necesidad perentoria de comunicación con el medio y está cubierta. Por fin, si al adquirir la primera lengua el niño se ampara en la repetición automática y la imitación para llegar al uso creativo, ahora cubrirá el camino inverso, obligado a hacer un esfuerzo voluntario de aprendizaje antes de conseguir el dominio inconsciente de las construcciones gramaticales. Es obvio que tantas dificultades no harán más que alimentar su inhibición (Moure & Palacios 1996: 48-49).
20 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro Texto 3. Bilingüismo Los estudios clásicos sobre desarrollo del lenguaje en niños bilingües daban por supuesto que durante una primera etapa el niño no distingue entre los dos sistemas, sino que utiliza indiferentemente palabras de uno y otro, de manera que puede hablarse de un sistema único. Así Sanders, al describir la evolución lingüística de sus hijos, cree poder distinguir tres etapas en esta evolución: hasta los dos años las palabras del niño, aunque tomadas de dos lenguas, constituyen un lexicón único. Entre los dos y los tres años se produce un proceso de diferenciación, y a partir de los tres años esta diferenciación entre los dos códigos y los dos sistemas gramaticales está claramente asumida. Taeschner (1983), de la observación de sus hijas, deduce la misma gradación: durante un tiempo tienen un léxico único constituido por palabras de las dos lenguas, e incluso cuando poseen palabras que son traducción una de otra para ellas tienen significados distintos. Pronto sin embargo empiezan a descubrir que existen palabras distintas para designar un mismo objeto, y a partir de aquí llegan a reconocer la existencia de dos sistemas lingüísticos y por supuesto que todas las palabras de una lengua tienen su equivalente en otra. Aunque para Taeschner se trata de un proceso para el que no se pueden fijar unos límites temporales precisos. La existencia del período único ha sido discutida con diversos argumentos y sobre todo ha sido negada por lingüistas de clara adscripción generativista, que la consideran incompatible con la interpretación chomskiana de la adquisición del lenguaje por el niño (Siguán 2001: 7071). Anexo II. Cuestionarios sobre os vídeos Os dous vídeos proxectados na cuarta sesión interactiva irán acompañados polos seguintes cuestionarios que os estudantes deberán contestar ao tempo que visualizan os documentais. Cuestionario 1: El poder de la palabra (Klein & Hickm 1995) 1. Pode dicirse que a linguaxe modela a nosa forma de pensar? 2. Por que se di que o neno está máis capacitado que o adulto para adquirir unha lingua? 3. Cantos sons compoñen todas as linguas humanas, aproximadamente? 4. Por que se di que o bebé que acaba de nacer é internacional? 5. Que consegue a nai co seu ton melodioso (fala maternal)? 6. É o balbucido unha forma de comunicación? 7. Que significa a afirmación de que o balbucido é unha técnica preprogramada? 8. Como denominas o recurso comunicativo de Nadia para conseguir o boneco? 9. Que vai por diante no proceso de adquisición: a comprensión ou a produción? 10. Que fenómeno se manifesta na utilización da palabra plátano (/lala/ = banana) por parte de Ayiki? 11. Por que a outra nena chama mazá a varios tipos de froita? 12. En que estadio nos atopamos cando os nenos din palabras inconexas (sobre todo nomes)? 13. Cando o neno chega a dominar unhas 100 palabras comeza a unilas. Como denominamos este novo estadio? 14. Con que finalidade os nenos imitan palabras e frases? 15. «O neno sabe a maioría das regras da súa lingua». En que corrente lingüística nos fai pensar esta afirmación?
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 21 Cuestionario 2: El sistema nervioso (Encyclopaedia Britannica 1985) 1. Cal é o espesor do córtex humano? 2. Por que aparecen circunvolucións no córtex? 3. Cal é a función das neuronas? 4. Que medios utilizan as neuronas para cumprir coa súa función? 5. Como se denomina a fenda que aparece entre neurona e neurona? 6. Cantas neuronas poseemos aproximadamente? 7. Que ocorre no córtex humano durante a súa ontoxénese? 8. Que dous elementos inflúen na elaboración da nosa rede de conexións neuronais? 9. Como se denominan as áreas cerebrais que non teñen asignada ningunha función específica? 10. Que nome reciben as moléculas que pasan de neurona a neurona? Anexo III. Mostras de trastornos comunicativos Na sexta sesión interactiva analizaremos transcricións que reflicten trastornos comunicativos. Estes poderían ser algúns exemplos: 1. Luis (7 anos). Narra o conto de Caperuchiña Vermella Es... la niña... Caperusita... la mamá dice: a casa abela... corre, corre... lobo... malo... lobo dice ¿dónde vas?... a casa abela... ee... lobo... come abela... a la cama... pum, pum... abe pueta... uh, uh, uh, el lobo come... miam, miam... un... un casador mata lobo y abe...! bien, bien!... sale Caperusita... sale abela... todo... ya. 2. Eugenio (35 años). Describe a lámina Os Paxariños (cf. Paradis 1993) ¡Huy mamá!... un pájaro… las crías… ¿eh?... un... ¡huy mamá!... ¿eh?... ¡huy!... crías… un pájaro… un... un... árbol... pero... un señor... quiere coger las crías... ¡huy!... un... ¡huy!... un... ¡huy!... un señor… un señor cayó… del... árbol… ¿eh?... ¿eh?... un señor cayó... las crías... ¿eh?... un... ambulancia… un... una camilla... ambulancia... unos... pajaritos... ¡huy! muertos. 3. Elena (58 anos). Describe a lámina O roubo das galletas (cf. Goodglass & Kaplan 2005) Aquí (señalando con el dedo) un niño corriendo, cogiendo la larta, aquí está cogiendo una gatelitas... se las dando a la niña de abajo... la madre la señora limpando, pero se cae al suelo... los el agua guifo... se niño también se va caer se ha volcao un poco la la sillas, el est-, como se llama... la tanqueta.
22 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro REFERENCIAS BHATNAGAR, Subhash C. & Orlando J. ANDY (2008): Neuroscience for the Study of Communicative Disorders. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins. CODESIDO GARCÍA, Ana Isabel, Milagros FERNÁNDEZ PÉREZ, Francisco GARCÍA GONDAR, Miguel GONZÁLEZ PEREIRA,Víctor M. LONGA, Juan J. LÓPEZ RIVERA, Gabriela PREGO VÁZQUEZ, Montserrat SOUTO GÓMEZ & Luz ZAS VARELA (2011): Guía docente de Lingüística II. Santiago de Compostela: Universidade. En http://www.usc.es/fac_ filoloxia/arquivos/LINGCA/G5041201_LINGUISTICA_2.pdf [citado 7 xull 2011]. CRYSTAL, David (1981): Introduction to Language Pathology. London: Edward Arnold. Trad. esp. de María Luisa Sánchez Bernardos: Patología del lenguaje. Madrid: Cátedra. 1989. CRYSTAL, David (1987): The Cambridge Encyclopedia of Language. Cambridge: Cambridge University Press. Trad. esp. de Eleanor Leonetti & Tomás del Amo: Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge. Madrid: Taurus. 1994. ENCYCLOPAEDIA BRITANNICA (1985): El sistema nervioso [vídeo]. Barcelona: Ancora Audiovisual. FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel. FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (coord.) (2011): Lingüística de corpus y adquisición de la lengua. Madrid: Arco Libros. GALLARDO PAÚLS, Beatriz (2005): «El lenguaje y la mente». En Ángel López García & Beatriz Gallardo Paúls (eds.): Conocimiento y lenguaje. València: Universitat. GARAYZÁBAL, Elena (ed.) (2006): Lingüística clínica y logopedia. Madrid: A. Machado Libros. GONZÁLEZ GABANACH, Ramón, Lino M. CUEVAS GONZÁLEZ & María Luisa GÓMEZ TAIBO (1998): «Las dislalias». En I. María Baspino Fernández (ed.): Manual de alteraciones en la audición y el lenguaje. A Coruña: Universidade da Coruña. 255-307. GOODGLASS, Harold, Edith KAPLAN & Barbara BARRESI (2001): Boston Diagnostic Aphasia Examination Set. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins. Trad. esp. de José E. García Albea: Evaluación de la afasia y de trastornos relacionados. Madrid: Editorial Médica Panamericana. GRUPO KOINÉ (2006): Corpus del lenguaje infantil del grupo de investigación Koiné. En http://childes.psy.cmu.edu/Romance/Spanish/Koine.zip [citado: 7 xull 2011]. KLEIN, Leanne & David HICKM (dirs.) (1995): El mundo en pañales. El poder de la palabra [vídeo]. Madrid: Visual Ediciones. LLISTERRI BOIX, Joaquim (1996): «Los sonidos del habla». En Carlos Martín Vide (ed.): Elementos de lingüística. Barcelona: Octaedro. 67-128. LÓPEZ GARCÍA, Ángel (1991): La psicolingüística. Madrid: Síntesis.
UNIDADE DIDÁCTICA III. Linguaxe, mente e cerebro - 23 LOVE, Russell J. & Wanda G. WEBB (1986): Neurology for the speechlanguage pathologist. Oxford: Butterworth. Trad. esp. de Francisca Martins de Souza et al.: Neurología para los especialistas del habla y del lenguaje. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.1988. MACWHINNEY, Brian (comp.) (1991): The CHILDES Project: Tools for Analyzing Talk. Hillsdale N.J.: Lawrence Erlbaum. 20003. MOURE, Teresa & Ignacio PALACIOS (1996): «La didáctica de las lenguas extranjeras: lingüística aplicada en el ámbito académico». En Milagros Fernández Pérez (coord.): Avances en Lingüística Aplicada. Santiago de Compostela: Universidade. 47-103. PARADIS, Michel (1987): The Assesment of bilingual aphasia. Hillsdale N.J.: Lawrence Erlbaum. Trad. esp.: Evaluación de la afasia en los bilingües. Barcelona: Masson. PASTOR CESTEROS, Susana (2004): Aprendizaje de segundas lenguas: lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas. Alicante: Universidad. PEÑA CASANOVA, Jordi (1988): Manual de logopedia. Barcelona: Masson. RIVAS TORRES, Rosa María & María José FIUZA ASOREY (2002): La voz y las disfonías funcionales: prevención y tratamiento. Madrid: Pirámide. SIGUÁN, Miquel (2001): Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza. TOMASELLO, Michael (2003): Constructing a Language. A Usage-Based Theory fo Language Acquisition. Cambrdige: Harvard University Press. VEZ JEREMÍAS, José Manuel (2000): Fundamentos lingüísticos de la enseñanza de segundas lenguas. Barcelona: Ariel.