scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O balance

Rodríguez Gil, Luis Ignacio

Abstract

A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable, previamente elaborada, publican os estados contables. O produto final da contabilidade son os estados contables ou estados financeiros que son o resumo da situación económica e financeira da empresa. Os estados contables están formados polo balance, a conta de resultados, o estado de cambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo e a memoria. Os alumnos de terceiro curso do grao contan cos coñecementos que lles permiten estudar, medir, rexistrar os feitos económicos que é unha das parte do proceso contable. Con esta materia culmínase a última fase deste proceso que é a comunicación da información contable os distintos usuarios. Tamén permitirá a interpretación e a obtención de información a partir dos estados contables. Deste xeito, esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento contable dunha empresa, ter una visión global de todo o proceso contable, ó tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores de materias tales como Análises de Estados Contables. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.

Full text

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Administración e Dirección de Empresas Estados Contables Luís Ignacio Rodríguez Gil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 2 O balance 9788498 877366 ISBN 978-84-9887-736-6 O balance 2 Luís Ignacio Rodríguez Gil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 2090-2011 ISBN 978-84-9887-736-6 UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 3 MATERIA: O balance TITULACIÓN: Grao en Administración e Dirección de Empresas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. A comunicación de información empresarial Unidade II. O balance Obxectivos e características. Compoñentes: Activo, Pasivo e Patrimonio Unidade III. O Estado de perdas e ganancias Unidade IV. O Estado de cambios do patrimonio Unidade V. O Estado de fluxos de efectivo Unidade VI. A memoria e outros informes narrativos Unidade VII. Outras informacións Unidade VIII. A información consolidada UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos básicos .................................................................................... 9 1 Obxectivos e características ................................................................. 10 2 Compoñentes: activo, pasivo e patrimonio ........................................... 14 2.1 O activo: definición ........................................................................ 14 2.1.1 Clasificación ........................................................................... 15 2.1.2 Valoración ............................................................................... 16 2.2 O pasivo:definición ........................................................................ 16 2.2.1 Clasificación ........................................................................... 16 2.2.2 Valoración ............................................................................... 16 2.3 O patrimonio: definición ................................................................. 17 2.3.1 Clasificación ........................................................................... 17 2.3.2 Valoración ............................................................................... 17 Actividades propostas ............................................................................... 17 Avaliación da unidade didáctica ............................................................... 18 Anexos ......................................................................................................... 20 Bibliografía .................................................................................................. 26 UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 7 PRESENTACIÓN A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable, previamente elaborada, publican os estados contables. O produto final da contabilidade son os estados contables ou estados financeiros que son o resumo da situación económica e financeira da empresa. Os estados contables están formados polo balance, a conta de resultados, o estado de cambios no patrimonio neto, o estado de fluxos de efectivo e a memoria. Os alumnos de terceiro curso do grao contan cos coñecementos que lles permiten estudar, medir, rexistrar os feitos económicos que é unha das parte do proceso contable. Con esta materia culmínase a última fase deste proceso que é a comunicación da información contable os distintos usuarios. Tamén permitirá a interpretación e a obtención de información a partir dos estados contables. Deste xeito, esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle unha maior comprensión do funcionamento contable dunha empresa, ter una visión global de todo o proceso contable, ó tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores de materias tales como Análises de Estados Contables. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas. OS OBXECTIVOS En canto aos obxectivos xerais, o programa da materia pretende ofrecerlle ó alumno unha visión sobre os estados contables. Preténdese que os alumnos que cursen esta materia poidan: x complementar os coñecementos adquiridos nas materias contables previas; x identificar as contas anuais dunha empresa; x coñecer, identificar e aplicar as normas nacionais e internacionais que regulan a elaboración, os contidos e a forma de presentación dos estados financeiros individuais e consolidados; x comprender as relacións entre a actividade da empresa e os estados financeiros; x relacionar os diferentes estados contables; x comprender os principais aspectos da contabilidade dos grupos. Como obxectivos específicos propoñémonos que ó rematar a unidade didáctica o alumno/a será capaz de: x valorar a importancia do balance de situación como elemento comunicador da situación patrimonial; x describir e identificar a situación patrimonial da empresa; x a partir das distintas contas obtidas a través dos asentos contables (visto en cursos anteriores) elaborar un balance de situación de acordo a normativa aplicable; 14 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance. lles aplica o custo histórico hai algunhas ás que se lles aplica o valor venal ou o valor de mercado); x non reflicte valores actuais porque se adoptou como criterio de valoración o custo histórico (comentario sobre revalorizacións, modificacións na normativa contable). Tamén considera que a unidade monetaria é estable; x para a súa elaboración é preciso realizar estimacións, por conseguinte, é facilmente manipulable e determinadas partidas contan con un marcado carácter subxectivo; x algunhas das partidas son o resultado de procesos de eleccións entre distintas alternativas aplicables; x determinadas partidas por si mesmas non son perfectamente comprensibles, requiren de información complementaria; x omite certas partidas que a pesar de que teñen valor para o negocio non poden ser rexistradas (intanxibles); x o carácter estático da información que impide reflectir a actividade da empresa durante o exercicio, só ofrece saldos finais que non teñen por que coincidir cos valores medios. 2 Compoñentes: activo, pasivo e patrimonio Cando se formula un balance os tres compoñentes básicos son os activos, pasivos esixibles e patrimonio neto. As definicións de estas tres categorías conceptuais veñen recollidas no marco conceptual do Plan Xeral de Contabilidade e no que se denomina elementos das contas anuais. 2.1 O activo: definición Os activos son os bens, dereitos e outros recursos controlados economicamente pola empresa, resultantes de sucesos pasados, dos que é probable que a empresa obteña beneficios económicos no futuro. Estes elementos transformaranse en efectivo de forma máis ou menos rápida. Desta clasificación derívanse os seguintes atributos necesarios para que unha determinada partida adquira esta categoría: x recursos controlados pola empresa: esíxese o seu “control económico”, é dicir, cando a empresa dispón ou pode dispoñer para o seu uso ou goce, e non a súa propiedade legal, en consecuencia, pode haber bens como os bens en réxime de arrendamento financeiro ou leasing que se inclúen como activo aínda que non adquire a súa propiedade legal plena ata que exerce a opción de compra; x orixes en transaccións ou outros acontecementos pasados: o control debe producirse como resultado de feitos ou transaccións pasada e non como consecuencia de posibilidades futuras máis ou menos certas, en resumo, o control ha de ser certo e non depender de que acontezan determinados feitos ou se cumpran certas condicións Polo tanto, as transaccións ou sucesos que se espera acontezan no futuro non dan lugar á existencia de activos; UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 15 x probabilidade de obtención de rendementos económicos no futuro: o recurso ten que ter capacidade para contribuír á xeración de rendementos, é dicir, debe ser útil e beneficioso para a empresa. A coexistencia dos tres atributos mencionados anteriormente é unha condición necesaria para que unha partida poida ser conceptuada como activo. Pero para ser incluído ou recoñecer un ben ou dereito no balance requírese (rexistro) ademais, que poida ser medido en unidades monetarias con exactitude razoable, fiabilidade, requisito de recoñecemento. Así, os activos xerados internamente (valor clientela, capacidade dos empregados, etc.,) non se recollerán no balance da empresa en base á ausencia de transacción previa e o requisito de recoñecemento. Por último, o PXC establece un requisito adicional para o recoñecemento inicial dun activo intanxible que é o que poderiamos denominar criterio de identificabilidade o que implica que o activo sexa separable (en consecuencia vendido, cedido…) ou xurda de dereitos legais ou contractuais. 2.1.1 Clasificación A clasificación realízase atendendo ó tempo que se prevé necesario para que os activos se transformen en efectivo, neste sentido, o activo debe recoller, coa debida separación, activo corrente e activo non corrente. O activo corrente está formado por: x os activos vinculados ó ciclo normal de explotación que a empresa espera vender, consumir ou realizar no transcurso deste. Con carácter xeral, o ciclo normal de explotación non pode exceder do ano, x aqueles activos, diferentes dos citados anteriormente, cuxo vencemento, alienación ou realización se espera que se produza nun prazo máximo dun ano, contado a partir da data de peche do exercicio. En consecuencia, os activos financeiros non correntes reclasificaranse en correntes na parte que corresponda; x os activos financeiros clasificados como mantidos para negociar, agás os derivados financeiros con vencemento superior ó ano; x o efectivo e outros activos líquidos equivalentes cuxo uso non estea restrinxido, para ser intercambiados ou utilizados para cancelar un pasivo, polo menos dentro do ano seguinte á data de peche do exercicio. O activo non corrente comprende todo elemento de activo que non poida clasificarse como corrente. Se os feitos nos que se basea a clasificación se producen despois do peche do exercicio, aínda que sexan anteriores á data de elaboración das contas anuais, non deben ser tidos en conta na elaboración destas, agás que se consideren relevantes para mostrar unha imaxe fiel da situación da empresa xa que, neste suposto, se deberá incluír na memoria a información pertinente para lograr ese obxectivo de presentación da imaxe fiel. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance. 2.1.2 Valoración As normas de valoración específicas para os distintos activos do balance encóntranse na segunda parte do PXC normas de valoración. 2.2 O pasivo: definición Os pasivos son as obrigas actuais xurdidas como consecuencia de sucesos pasados, cuxa extinción é probable que dea lugar a unha diminución de recursos que poidan producir beneficios económicos. Estes elementos converteranse en esixibles polo que no pasivo se entenden incluídas as provisións Desta clasificación derívanse os seguintes atributos necesarios para que unha determinada partida adquira esta categoría: x a obriga representa unha débeda no momento actual: en este senso, os acordos de compra de activos no futuro non cumprirían este requisito salvo que o compromiso fose irrevogable; x a obriga ten a súa orixe en transacción ou outros sucesos xa pasados: así non se recoñecerá ningún pasivo para facer fronte a eventuais riscos como por exemplo fenómenos naturais futuros; x que sexa probable que a entidade teña que desprenderse de activos para a súa cancelación: a obriga ha de ser onerosa para o debedor; x ó igual que no caso dos activo, para que unha obriga figure no balance esíxese que o importe se poida determinar con fiabilidade. Se unha obriga non pode estimarse con suficiente fiabilidade constitúe o que se denomina pasivo continxente. Non figuran no balance, aínda que hai que informar sobre isto na memoria. 2.2.1 Clasificación A clasificación realízase atendendo ó tempo que se prevé necesario para que os pasivos pasen a ser esixibles. O pasivo comprende, coa debida separación, pasivo corrente e pasivo non corrente. O pasivo corrente debe incluír, con carácter xeral: x as obrigas vinculadas ó ciclo normal de explotación que a empresa espera liquidar no transcurso deste; x as obrigas cuxo vencemento ou extinción se espera que se produza no curto prazo, é dicir, no prazo máximo dun ano contado a partir da data de peche do exercicio. En consecuencia, os pasivos non correntes clasificaranse en correntes na parte que corresponda; x os pasivos financeiros clasificados como mantidos para negociar, agás os derivados financeiros cuxo prazo de liquidación sexa superior a un ano. O pasivo non corrente comprende os demais elementos do pasivo que non poidan clasificarse como correntes. 2.2.2 Valoración As normas de valoración específicas para os distintos pasivos do balance encóntranse na segunda parte do PXC normas de valoración. UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 17 2.3 O patrimonio: definición O patrimonio neto constitúe a parte residual dos activos da empresa, unha vez deducidos todos os seus pasivos. Inclúe as achegas realizadas, xa sexa no momento da súa constitución ou noutros posteriores, polos socios ou propietarios, que non teñan a consideración de pasivos, así como os resultados acumulados ou outras variacións que lle afecten. Son recursos non esixibles por terceiros alleos á propiedade e o seu reintegro producirase de forma xeral á extinción da actividade empresarial. O seu importe depende do conxunto de convencións, hipóteses, principios contables e criterios de valoración utilizados para determinar os activos e pasivos. 2.3.1 Clasificación A clasificación do patrimonio realízase en función da natureza dos recursos captados. O PXC divide o patrimonio neto en tres apartado: x fondos propios: recolle as achegas dos propietarios, os resultados obtidos e as operacións con accións propias; x axustes por cambios de valor: recolle as ganancias ou perdas non realizadas derivadas de valorar periodicamente a valor razoable os activos financeiros dispoñibles para a venda, tamén inclúe as ganancias ou perdas de instrumentos de cobertura de fluxos de efectivo eficaces, así como os ingresos fiscais a distribuír en varios exercicios; x subvencións, doazóns e legados: as cantidades non reintegrables entregadas á sociedade. Se son realizadas polos socios figurarán na epígrafe A.1.VI «Outras achegas de socios» da rúbrica fondos propios. As cantidades entregadas por terceiros figurarán a subagrupación A-3 «Subvencións, doazóns e legados recibidos». 2.3.2 Valoración As normas de valoración específicas para os distintos compoñentes do patrimonio encóntranse na segunda parte do PXC normas de valoración. ACTIVIDADES PROPOSTAS Para impartir esta unidade didáctica vanse levar a cabo unha serie de actividades que pasamos a explicar. Previamente, para que vexan o interese, a aplicación práctica e para motivar, imos formular na aula unha serie de cuestións sobre a información achegada por un balance (o profesor levará un balance de unha empresa real), e un pequeno cuestionario que se resolverá a través da análise e comprensión do balance. Unha vez feito o cuestionario, entre todos na clase comentarase a información que pode aparecer e a que non pode aparecer neste documento, así como, tratar de identificar onde aparece reflectida. Nese mesmo cuestionario pediráselle o alumno que corrixa se é o caso cando a súa primeira resposta fose incorrecta, sempre deixando a resposta orixinal dada nun primeiro momento. O cuestionario será entregado ó 18 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance. profesor e serviralle tamén a este para valorar e comprobar os coñecementos previos cos que contan os alumnos. Como xa se indicou o profesor procederá a explicar as cuestións máis teóricas nas clases expositivas, utilizarase como material básico fundamentalmente o PXC en todo o relacionado co balance e tamén determinados aspectos relativos a este estado contable da norma internacional de contabilidade (NIC) núm. 1 «Presentación de Estados Financeiros». Acto seguido, nas sesións interactivas tentarase que o alumnado aplique e poña en práctica os conceptos teóricos. Para desenvolver estes contidos comentaranse unha serie de exemplos e resolveranse unha serie de exercicios prácticos, tanto nas horas de clase como por conta do alumno. Nos distintos exemplos que se utilizaran para ilustrar o tema, de forma deliberada, apareceran as partidas máis conflitivas a hora de formular un balance, co obxectivo de poder xerar debate na aula e opinións encontradas que incitarán a unha maior reflexión por parte do alumno. Os exercicios van consistir en que a partir das contas de unha empresa determinen qué modelo é obrigatorio confeccionar, formular de forma correcta un balance tendo en conta a correcta situación nos distintos apartados cos que conta un balance, para unha mesma empresa e cos mesmos datos faranse dous modelos (normal e abreviado) para que de esta forma identifiquen as diferenzas e por último identificar e comprender a información subministrada por este estado contable, vendo tamén as diferenzas que hai entre os distintos modelos. Ademais do material básico proporcionaráselle o alumno un cadro resumo dos tipos de balance cos que se pode atopar (anexo 1) e o modelo máis completo de balance (anexo 2), para un mellor seguimento da materia nas clases. Xa por último, os alumnos en grupo e fóra das horas de clase, deben analizar, tratar e revisar o balance da empresa (os distintos grupos formados elixen o principio de curso unha empresa, para traballar con ela a hora de facer os distintos traballos que se lle van pedindo o longo do curso) para responder a unha serie de cuestións formuladas. Estas cuestións tratarán sobre determinada información que pode proporcionar un balance e a misión do alumno e a súa localización e interpretación para poder responder as cuestións. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA En xeral a avaliación da materia levarase a cabo (como se indica no programa) a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teóricopráctica final. A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación. Levarase a cabo ó comezo da unidade didáctica (inicial), ó longo do seu desenvolvemento (procesual) e ó seu remate (final). A avaliación inicial terá lugar na primeira sesión e consistirá na formulación de cuestións e identificación de determinados datos que aparecen e tamén sobre outros que non aparecen nun balance, ademais de como xa se apuntou antes, a realización por parte do alumno dun pequeno cuestionario, utilizando unhas contas anuais dunha empresa real. Isto permitiranos formarnos unha idea dos coñecementos previos. UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 19 A medida que se van impartindo as distintas sesión levaremos a cabo a avaliación procesual, o obxectivo é detectar as dificultades de aprendizaxe dos alumnos, e se fose o caso, introducir os axustes necesarios. Supervisaranse os exercicios feitos na clase, os propostos para facer na casa e as dúbidas que lles poden ir xurdindo no traballo en grupo que deben entregar o finalizar o tema. A avaliación final levarase a cabo como se determina no programa da materia, que consistira nunha proba teórica-práctica final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 6 puntos na nota final. 20 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance. ANEXOS Anexo 1 Modelos de contas anuais MODELO PEMES MODELO ABREVIADO MODELO NORMAL MICROEMPRESA RESTO PEMES Balance, perdas e ganancias, estado cambios patrimonio neto, memoria Balance, estado cambios patrimonio neto, memoria Perdas e ganancias Balance, estado de cambios patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo, memoria Perdas e ganancias Condicións Durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, polo menos, dúas das circunstancias seguintes (1): Durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, polo menos, dúas das circunstancias seguintes (1): Total activo (€)  1.000.000  2.850.000  2.850.000  11.400.000 Resto Resto Importe neto cifra negocios (€)  2.000.000  5.700.000  5.700.000  22.800.000 Resto Resto N.º medio traballadores  10  50  50  250 Resto Resto (1) No exercicio social da súa constitución, transformación ou fusión, as sociedades poderán formular contas anuais segundo o modelo de PEMES ou o Modelo Abreviado, se reúnen, ó peche do exercicio, cando menos dúas das tres circunstancias expresadas no cadro anterior. UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 21 Anexo 2 Modelo balance de situación normal Nº CONTAS ACTIVO NOTAS da MEMORIA 200X 200X-1 A) ACTIVO NON CORRENTE I. Inmobilizado intanxible. 201, (2801), (2901) 1. Desenvolvemento. 202, (2802), (2902) 2. Concesións. 203, (2803), (2903) 3. Patentes, licenzas, marcas e semellantes 204 4. Fondo de comercio 206, (2806), (2906) 5. Aplicacións informáticas 205, 209, (2805), (2905) 6. Outro inmobilizado intanxible II. Inmobilizado material 210, 211, (2811), (2910), (2911) 1. Terreos e construcións 212, 213, 214, 215, 216, 217, 218, 219, (2812), (2813), (2814), (2815), (2816), (2817), (2818), (2819), (2912), (2913), (2914), (2915), (2916), (2917), (2918), (2919) 2. Instalacións técnicas, e outro inmobilizado material 23 3. Inmobilizado en curso e anticipos III. Investimentos inmobiliarios 220, (2920) 1. Terreos 221, (282), (2921) 2. Construcións IV. Investimentos en empresas do grupo e asociadas a longo prazo 2403, 2404, (2493), (2494), (293) 1. Instrumentos de patrimonio 2423, 2424, (2953), (2954) 2. Créditos a empresas 2413, 2414, (2943), (2944) 3. Valores representativos de débeda 4. Derivados 5. Outros activos financeiros V. Investimentos financeiras a longo prazo 2405, (2495), 250, (259) 1. Instrumentos de patrimonio 2425, 252, 253, 254, (2955), (298) 2. Créditos a terceiro 2415, 251, (2945), (297) 3. Valores representativos de débeda 22 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance. Nº CONTAS ACTIVO NOTAS da MEMORIA 200X 200X-1 255 4. Derivados. 258, 26 5. Outros activos financeiros 474 VI. Activos por imposto diferido B) ACTIVO CORRENTE 580, 581, 582, 583, 584, (599) I. Activos non correntes mantidos para la venda II. Existencias 30, (390) 1. Comerciais 31, 32, (391), (392) 2. Materias primas e outros aprovisionamentos 33, 34, (393), (394) 3. Produtos en curso 35, (395) 4. Produtos terminados 36, (396) 5. Subprodutos, residuos e materiais recuperados 407 6. Anticipos a provedores III. Debedores comerciais e outras contas para cobrar 430, 431, 432, 435, 436, (437), (490), (4935) 1. Clientes por vendas e prestacións de servizos 433, 434, (4933), (4934) 2. Clientes, empresas do grupo e asociadas 44, [Contas 5531 y 5533 suprimidas por RD 1159/2010 art. 4.seis.1.a), BOE 24-09-2010] 3. Debedores varios 460, 544 4. Persoal 4709 5. Activos por imposto corrente. 4700, 4708, 471, 472 6. Outros créditos coas Administracións Públicas. 5580 7. Accionistas (socios) por desembolsos esixidos IV. Investimentos en empresas do grupo e asociadas a curto prazo 5303, 5304, (5393), (5394), (593) 1. Instrumentos de patrimonio 5323, 5324, 5343, 5344, (5953), (5954) 2. Créditos a empresas 5313, 5314, 5333, 5334, (5943), (5944) 3. Valores representativos de débeda 4. Derivados UNIDADE DIDÁCTICA IV. O balance - 23 Nº CONTAS ACTIVO NOTAS da MEMORIA 200X 200X-1 5353, 5354, 5523, 5524 5. Outros activos financeiros V. Investimentos financeiros a curto prazo 5305, 540, (5395), (549) 1. Instrumentos de patrimonio 5325, 5345, 542, 543, 547, (5955), (598), 2. Créditos a empresas 5315, 5335, 541, 546, (5945), (597) 3. Valores representativos de débeda 5590, 5593 4. Derivados 5355, 545, 548, 551, 5525, 565, 566 5. Outros activos financeiros 480, 567 VI. Periodificacións a curto prazo VII. Efectivo e outros activos líquidos equivalentes 570, 571, 572, 573, 574, 575 1. Tesouraría 576 2. Outros activos líquidos equivalentes TOTAL ACTIVO (A + B) N.º CONTAS PATRIMONIO NETO E PASIVO NOTAS da MEMORIA 200X 200X-1 A) PATRIMONIO NETO A-1) Fondos propios I. Capital 100, 101, 102 1. Capital escriturado (1030), (1040) 2. (Capital non esixido) 110 II. Prima de emisión III. Reservas 112, 1141 1. Legal e estatutarias 113, 1140, 1142, 1143, 1144, 115, 119 2. Outras reservas (108), (109) IV. (Accións e participacións en patrimonio propias) V. Resultados de exercicios anteriores 120 1. Remanente (121) 2. (Resultados negativos de exercicios anteriores)