scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso

Rigueira Rey, Lucas; Miranda Castañón, Marta Inés

Abstract

Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rumen, do abomaso e de lactantes. Remata a materia co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún e para a patoloxía da produción. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e diagnóstico pola imaxe. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en seis horas:tres de docencia teórica e tres de prácticas clínicas.

Full text

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Clínica Médica Veterinaria II Lucas Rigueira Rey e Marta I. Miranda Castañón Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Facultade de Veterinaria 6 Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso 9788498 877762 ISBN 978-84-9887-776-2 'L[HVWLYRGHUXPLQDQWHV afeccións do abomaso 6 Lucas Rigueira Rey e Marta I. Miranda Castañón Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Facultade de Veterinaria ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 2362-2011 ISBN 978-84-9887-776-2 UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 3 MATERIA: Clínica Médica Veterinaria II TITULACIÓN: Grao en Veterinaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Afeccións cardíacas. Afeccións do endocardio. Afeccións do miocardio. Afeccións do pericardio. Enfermidades cardíacas conxénitas. Estudo clínico das arritmias cardíacas Unidade II. Afeccións respiratorias. Afeccións das vías respiratorias. Afeccións do parénquima pulmonar. Afeccións da cavidade pleural. Unidade III. Dixestivo de pequenos animais. Afeccións orofarínxeas. Afeccións do esófago. Afeccións do estómago. Afeccións do intestino. Unidade IV. Dixestivo de pequenos animais: glándulas anexas. Afeccións hepatobiliares. Afeccións do páncreas. Unidade V. Dixestivo de ruminantes: alteracións retículo-ruminais. Timpanismo. Reticuloperitonite traumática. Indixestión vagal. Acidose ruminal e alcalose. Unidade VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso Desprazamento de abomaso á esquerda (DAE), á dereita (DAD) e vólvulo (VA) Úlcera de abomaso Impactación de abomaso Dilatación-torsión de cego Unidade VII. Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes. Ruminal drinking. Abomasite. Indixestións á desteta. Diarrea neonatal ou infecciosa. Unidade VIII. Dixestivo de équidos. Cólico equino. UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 8 Os contidos ................................................................................................... 8 1. Desprazamento de abomaso á esquerda (DAE) .......................... 8 2. Desprazamento de abomaso á dereita (DAD) e vólvulo de abomaso (VA) .............................................................................. 12 3. Úlcera de abomaso...................................................................... 17 4. Impactación de abomaso ............................................................ 22 5. Dilatación-torsión de cego ........................................................... 24 Actividades propostas ............................................................................... 26 Avaliación da UD ........................................................................................ 26 Anexos ......................................................................................................... 27 Bibliografía .................................................................................................. 27 UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso» forma parte da materia «Clínica Médica Veterinaria II» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria. Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dos animais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxías cardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivas trátanse por especies. Nunha primeira parte estúdanse as patoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormente abórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado e páncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dos ruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas que imos diferenciar: patoloxías do rumen, do abomaso e de lactantes. Remata a materia co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia ten carácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de Ciencias Clínicas Veterinarias. Xustificación da unidade temática no contexto da materia e da titulación, requisitos previos e duración Unha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é a actividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento da devandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica é fundamental para a clínica do gando vacún e para a patoloxía da produción. Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das ciencias clínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamente adquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e pola aplicación de numerosos conceptos doutras materias previamente cursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía, fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía e terapéutica e diagnóstico pola imaxe. O igual que noutras materias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática. Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en seis horas: tres de docencia teórica e tres de prácticas clínicas. OBXECTIVOS O obxectivo xeral que se pretende acadar nesta unidade didáctica é coñecer as principais patoloxías do abomaso. Polo tanto ao finalizar o estudo da mesma o alumnado debe:  Recoñecer na práctica clínica as diferentes patoloxías do abomaso.  Coñecer a etiopatoxenia das enfermidades, relacionando clinicamente a información obtida do animal enfermo e recoñecer os síntomas e síndromes que padece o animal.  Propor as diagnoses diferenciais partindo dun protocolo e seleccionar as técnicas de diagnose máis axeitadas que permitan concretar a mesma. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso aínda que pode ser máis aguda si se complica cun xiro que provoque estenose: neste caso a deshidratación e o desequilibrio ácido-base vai ser máis grave, acompañada de hipovolemia e até shock (a sintomatoloxía é similar á estenose posterior da indixestión vagal). Á auscultación-percusión oiremos sons metálicos entre a 9ª-12ª costela, no terzo medio-superior do abdome dereito. Á exploración rectal: pódese palpar o abomaso dilatado e desprazado. O DAD presenta unha sintomatoloxía máis rechamante que o DAE e un prognóstico máis grave como consecuencia de que se pode complicar con VA. VÓLVULO O VA pode aparecer bruscamente ou vir precedido por DAD. As manifestacións clínicas son moito máis graves que en DAD e hai compromiso vascular. A sintomatoloxía correspóndese coa dunha obstrución aguda (que é no que consiste o VA). x O animal presenta anorexia completa e desaparece totalmente a produción láctea. É moi manifesta a debilidade, a depresión e a expresión é “moi ansiosa”. x A deshidratación é moi marcada e presentarase de forma paulatina variando entre o 5-12%. Desequilibrio electrolítico moi severo: alcalose metabólica, hipocloremia e hipocalemia moi acentuadas. A deshidratación valorarémola polo grao de afundimento dos globos oculares e a perda de elasticidade da pel, o hematocrito pode non darnos información tan exacta, sobre todo se hai melena. x O animal aparece prostrado en decúbito, cun abdome moi distendido e adoita emitir queixas (signos de dor cólica). x A frecuencia cardíaca está aumentada (100-120 ppm), e en fases avanzadas presentan hipotermia. x As feces son escasas, brandas e de cor escura (melena), finalmente o único que o animal excreta é moco. x Á palpación rectal: o abomaso dilatado e tenso adoita palparse en todo o lado dereito do abdome. (Debemos diferencialo de dilatación de cego e colon). x Á percusión-auscultación podemos oír sons metálicos en todo o flanco dereito. O cadro é moi agudo e a evolución é rápida. Caen en decúbito unhas 24 horas logo de producirse a torsión, canto máis tempo transcorre a hipovolemia e o shock son máis evidentes (senón se resolve a morte sobrevén logo de 48-96 horas). Diagnose Polo cadro clínico e a exploración física. Probas analíticas (máis significativas en VA): UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 15 x Observamos graos variables de hemoconcentración (se hai melena o hematocrito non estará elevado a pesar da deshidratación). x Alcalose metabólica (pH sanguíneo e bicarbonato elevados) con hipocloremia e hipocalemia, e aciduria paradóxica (a hipocalemia e a deshidratación favorecen a retención de sodio e a excreción de hidroxenións a nivel renal, co que os ouriños acidifícanse). Punción de abomaso: o líquido pode ser serosanguento cando se produciu o vólvulo. Laparotomia exploratoria. Diagnose diferencial: O diagnóstico e o diagnóstico diferencial dos cadros de DADE e VA, dependen da presenza ou ausencia de sons metálicos no abdome dereito, dos achados na exploración rectal, e doutras manifestacións clínicas, incluíndo a anamnese. Debemos diferenciar os procesos que poden cursar con sons metálicos no abdome dereito. En xeral o son metálico que escoitaremos no desprazamento e torsión de abomaso será de maior intensidade (porque hai maior cantidade de líquido e de gas retido), e a zona será de maior extensión. A diferenciación basearase na localización e o tamaño: x En DAD: o son metálico escóitase entre a 9ª-12ª costelas, na zona medio-superior do abdome. x En VA: a área de sons é maior, estendéndose máis a cranial e caudal, chegando á fosa paralumbar dereita, pero sen chegar a afectala por completo. O límite ventral do son metálico é variable, normalmente é horizontal a causa do nivel de líquido retido. x Dilatación e torsión de cego: o son metálico escóitase na fosa paralumbar e esténdese cranial e caudalmente en caso de torsión. Se o colon ascendente está involucrado aumenta a área de resonancia metálica. x Dilatación do colon descendente e do recto: son metálico máis caudal. Detéctase por exploración rectal. x Obstrución intestinal: detéctanse múltiples áreas pequenas de son metálico, é característico da dilatación de xexuno e íleo causada por unha invaxinación ou vólvulo intestinal. x Neumoperitoneo: oiremos sons metálicos bilateralmente ao longo dunha ampla área do terzo dorsal do abdome. Prognóstico O prognóstico do DAD é reservado polo risco de VA, e variará dependendo do grao de obstrución que impide o baleirado do abomaso, da precocidade na diagnose e no tratamento A gravidade da torsión de abomaso pode clasificarse segundo a cantidade de líquido retido en abomaso, a concentración de cloruro sérico e a frecuencia cardíaca. Os animais con 30 L ou máis de líquido retido en abomaso, niveis de cloruro de 79 mEq/L ou menores e con máis de 100 ppm teñen moi mal prognóstico. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso Tratamento do desprazamento e vólvulo de abomaso O tratamento do desprazamento de abomaso é cirúrxico, salvo en casos leves ou moi recentes que poden resolverse sen cirurxía. A torsión resólvese cirurxicamente. TRATAMENTO MÉDICO: DAE: Para os casos leves, susceptibles de recibiren con garantías soamente tratamento médico recoméndase reposición por “volteo”, seguido dunha terapia estrita, sobre todo en canto á dieta, que de non estar seguros que se vaia cumprir por parte do gandeiro, é mellor realizar directamente tratamento cirúrxico. Redicivan nun 80% dos casos. x Reposición por “volteo”: consiste en deitar ao animal cara ao lado dereito, colócase en decúbito supino, e cunha masaxe vigorosa vaise empuxando o abomaso desde a esquerda cara á súa posición normal segundo se vai volteando o animal. Deste xeito as presións invértense, empuxando o gas cara á liña media, favorecendo a resituación do abomaso cara á súa posición fisiolóxica. Á auscultación-percusión comprobamos como o abomaso se resitúa. Logo levantarase o animal cara ao lado dereito (o animal colocarase sobre o lado esquerdo de maneira que o rumen bloquee o abomaso no lado dereito). Unha vez incorporado o animal comprobaremos por auscultaciónpercusión ao lado esquerdo que o son metálico diminúa e á auscultación ao lado dereito poderemos comprobar como se vai baleirando inmediatamente o abomaso. Debe realizarse lentamente, de forma que de tempo a que o gas contido en abomaso pase a duodeno e aos preestómagos; a saída insuficiente do gas retido pode facilitar a torsión do abomaso. Tanto para casos leves (susceptibles de responder ao tratamento médico), ou como complemento a outro tipo de tratamentos recoméndase: x Dieta: só feo de boa calidade, retirando da ración os concentrados. x Fluidoterapia (valorar deshidratación) e glicosa (ou sustancias glicoplásticas) para combater a cetose secundaria. x Calcio: 500-1000 ml de borogluconato cálcico 25% IV. x Estimulantes da actividade motora do abomaso: parasimpaticomiméticos (neostigmina, carbamilcolina...), metoclopramida, purgantes salinos (sulfato Mg...). x Tratamento adicional das enfermidades simultáneas: cetose, retención placenta, metrite, etc. DAD: No DAD o tratamento cirúrxico debe realizarse canto antes, xa que é difícil diferencialo dunha fase inicial de VA. O volteo está contraindicado polo risco de VA. Non entanto, en casos precoces-leves de dilatación con trastornos sistémicos mínimos, recoméndase un tratamento médico similar ao DAI. UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 17 Algúns autores describiron un 77% de éxito en DAD cando se diagnostica antes das 48 horas da súa instauración cunha combinación de bromuro de butilescopolamina e metamizol ou dipirona (buscapina compositum: espasmolítico) máis xaxún. VA: sempre cirúrxico Tratamento médico que acompaña á ciruxía: x Fluidoterapia: antes da corrección cirúrxica é imprescindible a rehidratación do animal (xeralmente animais moi afectados rehidratanse e segundo como evolucionen opéranse ou non). Hidratarase ao animal con solucións isotónicas (soro fisiolóxico ou ringer) antes e logo da cirurxía para previr o shock. Mínimo duns 10-15 L/animal de 450 kg, en caso de deshidratación grave debemos aumentar a cantidade. As solucións equilibradas de electrólitos que conteñen sodio, cloruro, potasio, calcio e un achegue de glicosa, son suficientes na maioría dos casos; se fose necesario administrariamos de 25-100 mEq/L de KCl (ollo co K non se debe pór máis de 1 mEq/kg/hora para previr a súa cardiotoxicidade). x Antibióticos de amplo espectro: penicilina-estreptomicina (20000 UI/kg). x Terapia soporte controlar shock: corticoides e AINES. TRATAMENTO CIRÚRXICO: O tratamento para a corrección do desprazamento implica 3 pasos: descompresión da víscera, reposición e fixación. Os métodos máis utilizados son: x Omentopexia en illar dereito: con abordaxe paralumbar dereita. x Abomasopexia paramedial dereita: en decúbito supino. Sutúrase a parede do abomaso recolocado ao peritoneo parietal. x Sutura cega. Prevención Control de todos os factores de risco descritos anteriormente na etioloxía. En resumo: x Deberán evitarse as dietas moi enerxéticas e con pouca fibra. No período seco daranse dietas equilibradas, con suficiente fibra para evitar o equilibrio enerxético negativo antes do parto. x Exercicio. x Control das patoloxías puerperais. 3. ÚLCERA DE ABOMASO Son solucións de continuidade na mucosa gástrica que poden afectar a distintas capas da parede, ocasionando cadros clínicos de distinta gravidade. 18 - UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso Poden afectar a bovinos de calquera idade, e preséntanse sobre todo en vacas de leite recentemente paridas (primeiro mes posparto) e en tenreiros de cebo (é frecuente atopar en matadoiro úlceras en abomaso sen sintomatoloxía clínica). Etioloxía Úlcera primaria: x En adultos a úlcera de abomaso está asociada a estrés (manexo, cambio alimentación, transporte...) e a dietas ricas en concentrado. A íntima relación da enfermidade co parto levou a especular que a causa da úlcera en vacas leiteiras trátase dunha combinación entre o estrés do parto, o inicio da lactación e o consumo de concentrados. x É frecuente que se presenten de forma concorrente con outras enfermidades do puerperio (cetose, hipocalcemia, desprazamento de abomaso, metrite, mamite...). x En becerros adoitan deberse a cambios na alimentación (pasan de dieta líquida a dieta seca; por alimentación irregular e consumo precoz de pensos...) e corpos estraños (tricobezoares) que traumatizan a mucosa do abomaso. As úlceras de abomaso poden ser secundarias a outras enfermidades, como o linfosarcoma de abomaso, DAE, DAD, VA, retención de abomaso, indixestión vagal e outras enfermidades do puerperio (cetose, hipocalcemia, mamite, metrite...). Tamén se observan úlceras de abomaso en enfermidades infecciosas e parasitarias (diarrea vírica bovina, febre catarral maligna, ostertagia, haemonchus...). Describíronse casos asociados ao uso de AINEs, refluxo duodenal.... O mecanismo patoxénico: é similar ao da úlcera de monogástricos. Cadro clínico Clasificáronse as ulceras de abomaso en 4 tipos: (1) non perforada, (2) non perforada con perda intensa de sangue: úlceras hemorráxicas, (3) perforada con peritonite localizada, e (4) perforada con peritonite difusa. (Algúns autores clasifícanas en 5, pondo como tipo 3 a úlcera sanguenta por linfosarcoma). Tipo 1: úlcera non perforada Hai unha penetración incompleta da parede do abomaso que provoca un grao mínimo de hemorraxia intraluminal e engrosamento focal do abomaso. Cadro clínico moi leve (anorexia parcial, lixeira hipomotilidade ruminal e, á palpación profunda, poden presentar lixeira dor abdominal). O test de sangue oculto en feces pode ser positivo, pero non hai melena. Preséntanse á vez que outras enfermidades do puerperio (hipocalcemia, cetose, mamite...) e clinicamente adoitan pasar desapercibidas, e melloran ao remitir a enfermidade primaria. UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 19 Tipo 2: úlcera non perforada con perda intensa de sangue: úlcera hemorráxica Hai penetración dun vaso importante da parede do abomaso, o que dá lugar a unha grave hemorraxia intraluminal. A perda de sangue pode ser o suficientemente importante como para causar anemia e até shock hemorráxico (se afecta á gastroesplécnica pode chegar a causar a morte do animal). O cadro clínico varía segundo a intensidade e a rapidez da perda de sangue. Os achados clínicos característicos son dor abdominal, melena e palidez de mucosas. x Comeza con anorexia repentina e diminución drástica da produción láctea. x Á palpación do abomaso hai dor abdominal. x Hipomotilidade ruminal que pode chegar a atonía. x Anemia con palidez de mucosas, taquicardia pronunciada (90100 ppm) e taquipnea. x As feces son escuras, negras (alquitranadas), escasas e pastosas, cun cheiro característico de sangue parcialmente dixerido. Se a úlcera sanguenta é debida a un linfosarcoma, teremos un cadro clínico similar ao anterior, pero menos brusco. A perda de sangue é gradual e a aparición da anemia tamén. Adoita afectar a vacas maiores de 5 anos, e non necesariamente está relacionada co parto. Observamos outros signos clínicos asociados ao linfosarcoma, xa que adoita haber metástase (linfocitose, infartación ganglionar, masas uterinas, fallo cardíaco...). Tipo 3: úlcera perforada con peritonite aguda localizada Hai penetración de todo o espesor da parede do abomaso, o que provoca a fuga do contido do abomaso. A peritonite resultante é localizada no lugar da perforación pola formación de adherencias entre o abomaso e a víscera adxacente, o omento ou a superficie peritoneal. Os signos son os dunha peritonite aguda localizada. Comeza cunha baixada brusca da produción láctea e perda do apetito. Presenta dor abdominal no cadrante ventral dereito, lixeira hipertermia, taquicardia e hipomotilidade-atonía ruminal. A perda de sangue xeralmente é escasa. Esta forma é frecuente nas vacas leiteiras no período posparto. Tipo 4: úlcera perforada con peritonite difusa Hai perforación de todo o grosor da parede do abomaso, e o seu contido difúndese por toda a cavidade peritoneal. Signos de peritonite aguda difusa. Ten un cadro clínico fulminante, causando a morte por shock nunhas 24-48 horas. 20 - UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso Figura 3. Úlcera abomaso perforada Figura 4. Feces anegradas por úlcera hemorráxica Diagnose A diagnose baséase no cadro clínico e na exploración física (melena, anemia, dor abdominal, signos de peritonite nas perforadas...). Probas analíticas: x A melena é proba suficiente de hemorraxia gástrica, aínda que ás veces é necesario realizar test de detección de sangue oculto en feces. x Hematoloxía: anemia (úlceras sanguentas). Linfocitose marcada en úlceras asociadas a linfosarcoma. x En úlceras perforadas: probas diagnósticas de peritonite (= RPT). Confirmar diagnóstico: Laparotomía exploratoria/necropsia. O diagnóstico adoita ser complicado, debido a que a maioría das úlceras de abomaso detectables clinicamente nas vacas leiteiras aparecen no posparto; neste mesmo tempo predominan outras enfermidades (DAE, cetose, hipocalcemia...), e as úlceras con frecuencia non se diagnostican ou se fai erroneamente. Diagnose diferencial: Úlceras sanguentas: doutros procesos que cursen con melena e dor abdominal: x Úlceras de duodeno (sintomatoloxía igual con distinta localización). x Torsión abomaso. x Parasitoses e infeccións intestinais que cursan con diarrea sanguinolenta: coccidiose, salmonelose, clostridium...(sangue fresco non dixerido). x Intususcepción ou obstrución intestinal (feces de cor vermello escuro). As úlceras perforadas con peritonite localizada clinicamente son difíciles de diferenciar da RPT, a menos que apareza sangue en feces ou UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 21 melena (cambia localización dor). Tamén se deben diferenciar de peritonite por outras causas. Tratamento O tratamento ten como obxectivos: (1) corrixir os problemas dietéticos, (2) reducir o estrés, (3) tratamento e control das enfermidades concorrentes, e (4) iniciar unha terapia específica para os problemas clínicos causados pola úlcera. x Dieta a base de herba seca de calidade ate que o animal está totalmente recuperado. En lactantes diminuír o volume de cada toma e aumentar o nº de tomas. x Terapia específica da úlcera: o Antiácidos: hidróxido de aluminio e/ou hidróxido de magnesio, bicarbonato cálcico. Fármacos antisecretores: Cimetidina (doses altas 1500-1800 mg PO/ 8 horas), ranitidina, omeprazol..... (son caros e algúns só por vía oral). O mellor é usar cimetidina IV. o Protectores: subsalicilato de bismuto, caolín+pectina. Actúan recubrindo a úlcera e diminuíndo a ulceroxénese. Os fármacos que se dean por vía oral dilúense no rumen, por iso recoméndase estimular a goteira esofáxica (vasopresina 0.25 UI/kg, solucións de sulfato de cobre), antes do tratamento. x Fluidoterapia para tratar a posible deshidratación e o desequilibrio electrolítico. x Corrixir a anemia: en animais cun hematocrito <12-14% recoméndase transfusión sanguínea (uns 4 L, aínda que ás veces é necesario repetir). x En úlceras perforadas: antibióticos de amplo espectro: penicilinaestreptomicina Tratamento cirúrxico: reservado a animais de moito valor. Os clínicos expertos non recomendan o tratamento cirúrxico, a non ser que de forma concomitante exista desprazamento de abomaso, porque se forman rapidamente adherencias e as úlceras poden ser múltiples (non dá bos resultados). Nos animais con úlceras por linfosarcoma (tumor maligno) o máis axeitado é recomendar o sacrificio, do mesmo xeito que en animais con peritonite difusa. Prevención x Control da alimentación x Control factores de estrés (manexo, destete, alimentación, transporte, animais dominantes, temperatura, etc). 22 - UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso 4. IMPACTACIÓN DE ABOMASO (Atonía, indixestión, retención, sobrecarga) É a retención ou acumulación de alimento no abomaso con fallo do transporte dixestivo. Etioloxía x Dieta a base de pastos e forraxe de mala calidade (fibra basta), raíces de plantas, etc. x En gando extensivo: inxestión excesiva de alimentos que conteñen area ou terra, ou si se alimentan sobre o terreo. x En gando estabulado: inxestión de grava ou pedra, ben porque se mesture accidentalmente co alimento (carro mesturador) ou por pica: xeosedimentación. x En becerros alimentados con lactorreemprazantes de baixa calidade que consomen obxectos estraños indixeribles, tamén por tricobezoares. Estes corpos estraños producen unha obstrución mecánica do píloro. x Tamén pode ocorrer con dietas normais asociado a outras situacións como indixestión vagal (estenose posterior), abomasite, tras corrección cirúrxica de VA, obstrucións mecánicas do píloro, etc. Patoxenia Unha vez que se produciu a retención de abomaso sobrevén un estado de obstrución subaguda. Hai unha incapacidade de paso da inxestión cara ao duodeno e sobreveñen progresivamente deshidratación, desequilibrio electrolítico (hipocloremia e hipocalemia), alcalose metabólica e inanición. Cadro clínico O inicio do cadro adoita ser lento e progresivo, no transcurso de varios días. Polo xeral os datos que observa o gandeiro son anorexia e distensión moderada do abdome. E en vacas de leite diminución da produción. Á exploración física observamos: x Rumen estático e diminución da rumia. x Defecación atrasada; á exploración rectal a ampola ten poucas feces, xeralmente secas e bastante mucus. x Abomaso: moi aumentado de volume por retención de alimento e auga, o que fai que se desprace sobre o chan da parede abdominal. Por detrás do arco costal dereito pódese palpar como unha masa firme. Xeralmente presenta dor. Á auscultación-percusión observamos un abomaso grande, dilatado e con gas. Á exploración rectal, en función do grao de dilatación pódese palpar o abomaso impactado. x Aumento da sensibilidade dolorosa á exploración física. UNIDADE DIDÁCTICA VI. Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso - 23 x A temperatura, frecuencia respiratoria e cardíaca poden ser normais nas primeiras fases, pero en casos avanzados a frecuencia respiratoria adoita estar aumentada e cando o animal está en decúbito a respiración acompáñase de queixas. A frecuencia cardíaca pode chegar ata 100-120 latexos/minuto en casos en que a deshidratación, a alcalose e o desequilibrio electrolítico son acentuados. x Segundo avanzan os días a diminución de peso será máis marcada. x Finalmente depresión do sensorio e signos de toxemia. x Na impactación de abomaso por area ou grava, o animal presenta: x Distensión ventral do abdome moi marcada e atonía ruminal. x Á palpación rectal: ampola rectal case baleira e as feces teñen area, e en ocasións podemos atopar grava (en fases iniciais, logo vanse desfacendo a area). x Dor á palpación profunda (puño) do abomaso. En ocasións poden presentar rechiar de dentes e couces de dor. Diagnose Anamnese (antecedentes dieta, terra...) e o cadro clínico. Probas analíticas: hemoconcentración, alcalose metabólica, hipocalemia e hipocloremia... Exame feces: area en feces. Para confirmar o diagnóstico: laparotomía exploratoria. Diagnose diferencial: x Retención de abomaso asociada a indixestión vagal: estenose posterior. x Obstrución mecánica do píloro (tricobezoares, corpos estraños). x Retención de omaso (os electrólitos séricos están dentro dos límites normais cando o abomaso non está afectado). x Obstrución intestinal. Prognóstico É de reservado a grave, xa que xeralmente diagnostícase en fases avanzadas e o tratamento é pouco efectivo. Tratamento Antes de instaurar un tratamento o clínico debe valorar a severidade das alteracións metabólicas e a posibilidade que ten o animal de recuperar. Nos casos de retención grave de abomaso nos que hai debilidade e taquicardia (100-120 latexos/minuto) o máis recomendado é sacrificar o animal. En casos máis leves e diagnosticados nas 1ª fases o tratamento consiste en: x Alimento facilmente dixerible (herba seca de calidade). x Fluidoterapia IV: corrixir deshidratación e o desequilibrio electrolítico e acidobase. Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Clínica Médica Veterinaria II Lucas Rigueira Rey e Marta I. Miranda Castañón Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias Facultade de Veterinaria 6 Dixestivo de ruminantes: afeccións do abomaso 9788498 877762 ISBN 978-84-9887-776-2