scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Coordinación metabólica entre órganos/tecidos

Villamarín Cid, José Antonio

Abstract

Esta unidade didáctica denominada «Coordinación e regulación metabólica» forma parte da materia «Integración do Metabolismo», que pertence ao bloque de formación básica do Grao en Veterinaria, e se imparte no 2º semestre do 1º curso. Os seus contidos van dirixidos a estudantes do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de bioquímica, fisioloxía e anatomía veterinaria. Na materia «Bioquímica» que se imparte no 1º semestre do 1º curso do Grao estúdanse as rutas metabólicas básicas localizadas nunha célula. Non obstante, os organismos superiores son moito máis que un conxunto de células iguais. Ao longo do desenvolvemento embrionario ten lugar o proceso de diferenciación celular no que se orixinan diferentes tipos celulares. As células diferenciadas asócianse en tecidos e órganos con funcións específicas. Como é lóxico, a función do tecido condiciona o seu metabolismo, de xeito que non todas as rutas metabólicas ocorren en todas as células. Máis ben, cada tecido/órgano dun organismo animal ten un «perfil» metabólico concreto, determinado pola súa función. Para que o organismo funcione correctamente, os procesos metabólicos que acontecen nos diferentes tecidos deben estar estritamente regulados e coordinados en función do estado nutricional do animal, do exercicio físico que realiza, etc. Na materia «Integración do Metabolismo» situamos os procesos metabólicos no contexto dun organismo animal no seu conxunto (non nunha célula tipo), o que permitirá ao/á alumno/a aplicar os coñecementos sobre metabolismo adquiridos na materia «Bioquímica».

Full text

Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Integración do Metabolismo José Antonio Villamarín Cid Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular Facultade Veterinaria 2 Coordinación metabólica entre órganos / tecidos 9788498 878790 ISBN 978-84-9887-879-0 Coordinación metabólica entre órganos / tecidos 2 José Antonio Villamarín Cid Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular Facultade Veterinaria ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1117-2012 ISBN 978-84-9887-879-0 UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos - 3 MATERIA: Integración do Metabolismo TITULACIÓN: Grao en Veterinaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización desta unidade didáctica Unidade I. Perfís metabólicos de órganos e tecidos Unidade II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos Tema 8. Regulación hormonal do metabolismo enerxético Tema 9. Interrelacións metabólicas entre órganos/tecidos UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Obxectivos .................................................................................................... 8 Metodoloxía ................................................................................................. 10 Contidos ...................................................................................................... 10 1. Regulación hormonal do metabolismo enerxético ...................... 11 2. Interrelacións metabólicas entre órganos/tecidos ....................... 12 Avaliación .................................................................................................... 13 Anexo: material para traballo do/a alumno/a........................................... 14 Bibliografía .................................................................................................. 17 UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos - 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada «Coordinación e regulación metabólica» forma parte da materia «Integración do Metabolismo», que pertence ao bloque de formación básica do Grao en Veterinaria, e se imparte no 2º semestre do 1º curso. Os seus contidos van dirixidos a estudantes do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de bioquímica, fisioloxía e anatomía veterinaria. Na materia «Bioquímica» que se imparte no 1º semestre do 1º curso do Grao estúdanse as rutas metabólicas básicas localizadas nunha célula. Non obstante, os organismos superiores son moito máis que un conxunto de células iguais. Ao longo do desenvolvemento embrionario ten lugar o proceso de diferenciación celular no que se orixinan diferentes tipos celulares. As células diferenciadas asócianse en tecidos e órganos con funcións específicas. Como é lóxico, a función do tecido condiciona o seu metabolismo, de xeito que non todas as rutas metabólicas ocorren en todas as células. Máis ben, cada tecido/órgano dun organismo animal ten un «perfil» metabólico concreto, determinado pola súa función. Para que o organismo funcione correctamente, os procesos metabólicos que acontecen nos diferentes tecidos deben estar estritamente regulados e coordinados en función do estado nutricional do animal, do exercicio físico que realiza, etc. Na materia «Integración do Metabolismo» situamos os procesos metabólicos no contexto dun organismo animal no seu conxunto (non nunha célula tipo), o que permitirá ao/á alumno/a aplicar os coñecementos sobre metabolismo adquiridos na materia «Bioquímica». Xustificación da unidade didáctica no contexto da materia e da titulación Unha vez estudados os procesos metabólicos/bioquímicos que teñen lugar nos principais tecidos/órganos dos animais (Unidade didáctica I), é preciso coñecer como se regulan e coordinan estes procesos metabólicos no conxunto do organismo animal en diferentes situacións fisiolóxicas: ciclo xaxún/alimentación, exercicio físico, lactación, etc; e tamén as consecuencias metabólicas cando hai algún fallo no proceso de coordinación, por exemplo, como consecuencia da falta de insulina. 14 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos ANEXO Material para o traballo do alumnado 1. O alumnado deberá indicar no seguinte gráfico, empregando frechas (↑ : activación; ↓ : inhibición), os efecto da insulina e o glicagón sobre os procesos metabólicos nos órganos que se indican. Amais deberá coñecer o/os enzima(s) diana e localizalos no mapa metabólico. UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos - 15 2. O alumnado deberá indicar no seguinte gráfico, empregando frechas (↑ : activación; ↓ : inhibición), os efecto da adrenalina sobre os procesos metabólicos nos órganos que se indican. Amais deberá coñecer o/os enzima(s) diana e localizalos no mapa metabólico. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos 3. Esquemas base para o estudo das interrelacións metabólicas UNIDADE DIDÁCTICA II. Coordinación metabólica entre órganos/tecidos - 17 BIBLIOGRAFÍA Libros de texto de bioquímica xeral e bioquímica clínica BAYMES, J.W. & M.H. DOMINICZAK (2006) Bioquímica médica, 2ª ed., Barcelona: Elsevier. BERG, J.M., J.L. TYMOCZKO & L. STRYER (2008) Bioquímica, 6ª ed., Barcelona: Reverté. DEVLIN, T. M., (coord.) (2004) Bioquímica: Libro de texto con aplicaciones clínicas. 4ª ed., Barcelona: Reverté. KANEKO, J.J., J.W. HARVEY & M.L. BRUSS (eds.) (2008) Clinical biochemistry of domestic animals, 6ª ed., Amsterdam: Academic Press. KOOLMAN, J. & K.H. RÖHM (2004) Bioquímica: texto e atlas, 3ª ed., Madrid: Médica Panmamericana. MATHEWS, C.K., K.E. VAN HOLDE & K.G. AHERN (2002) Bioquímica, 3ª ed., Madrid: Pearson. MCKEE, T. & J.R. MCKEE (2003) Bioquímica: la base molecular da vida, 1ª ed., Madrid: McGraw-Hill. NELSON, D.L. & M.M. COX (2009) Principios de Bioquímica (Lehninger), 5ª ed., Barcelona: Omega. STRYER, L., J.M. BERG & J.L. TYMOCZKO (2008) Bioquímica, 6ª ed., Barcelona: Reverté. Artigos de revisión específicos CAHILL, G.F.JR. (2006) Fuel metabolism in starvation. Annual Review of Nutrition, 26, 1-22. ELIA, M. (1995) General integration and regulation of metabolism at the organ level. Proceedings of the Nutrition Society, 54, 213-234. HARDIE, D.G. & K. SAKAMOTO (2006) AMPK: a key sensor of fuel and energy status in skeletal muscle. Physiology, 21, 48-60. RANDLE, P.J. (1995) Metabolisc fuel selection: general integration at the whole-body level. Proceedings of the Nutrition Society, 54, 317-327. LAGE, R., C. DIÉGUEZ, A. VIDAL-PUIG & M LÓPEZ (2008) AMPK: a metabolic gauge regulating whole-body energy homeostasis. Trends in Molecular Medicine, 14, 539-549. Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Veterinaria Integración do Metabolismo José Antonio Villamarín Cid Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular Facultade Veterinaria 2 Coordinación metabólica entre órganos / tecidos 9788498 878790 ISBN 978-84-9887-879-0