scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Filoloxía Galega

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DO DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA CAPÍTULO PRELIMINAR Artigo 1 1. O Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USe) rexerase pola lexislación estatal e autonómica de aplicación e mais polo disposto nos Estatutos da use e no presente Regulamento. 2. Todo o persoal docente e/ou investigador vinculado ao Departamento de Filoloxía Galega estará suxeito ao presente Regulamento. Artigo 2 1. O Departamento de Filoloxía Galega agrupa todos os docentes e investigadores, e investigadores en formación, de acordo co establecido no artigo 34 .1 dos Estatutos da use , pertencentes ás áreas de coñecemento de Filoloxías Galega e Portuguesa, F il oloxía Románica e Filoloxía Catalá da USC. I 2. O Departamento de Filoloxía Galega é o órgano encargado, en todos os centros da Universidade, da programación, desenvolvemento e seguimento do ensino das materias propias das áreas de coñecemento que o integran, da formación do persoal docente e investigador e mais da coordinación da actividade docente e investigadora realizada polos seus membros. Artigo 3 O Departamento de Filoloxía Galega adscríbese á Facultade de Filoloxía, onde estará a súa sede. CAPÍTULO 1: DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DO DEPARTAMENTO Artigo 4 Son órganos de dirección do Departamento: a. O eonsello de Departamento b. O director ou directora c. O secretario ou secretaria •. SECCIÓN 1: DO CONSELLO DE DEPARTAMENTO Artigo 5: Composición do Consello de Departamento 1. O Consello de Departamento estará composto por: a. Os doutores membros do Departamento. b. O profesorado e axudantes non doutores a tempo completo. c. O persoal docente e investigador a tempo parcial e os investigadores ou investigadoras en formación, sempre que non excedan do 10% do total de membros. d. Unha representación do estudantado do ámbito de docencia do Departamento elixidos cada dous anos, que suporá o 25% do total dos membros do Consello de Departamento. Desta porcentaxe o 10% corresponderá ao estudantado de primeiro e segundo ciclo e o 15% restante ao estudantado de terceiro ciclo. e. Un representante do persoal de administración e servizos. 2. A elección de membros do Consello de Departamento rexerase polo establecido nos Estatutos da Universidade e pola normativa específica vixente. A condición de membro do Consello perderase ao cesar a vinculación ca Departamento ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elixido. Artigo 6. Funcións do Consello do Departamento Son funcións do Consello de Departamento: á. A elección do director ou directora e, de ser o caso, a proposta ao reitor da súa remoción mediante moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada por maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento, segundo o establecido nos Estatutos da USC. b. A planificación e coordinación da actividade docente do Departamento, así como o control do seu cumprimento. c. A validación de programas docentes e sistemas de avaliación das materias das que sexa responsable. d. A formulación das demandas de profesorado, de acordo coas necesidades docentes, dos programas de investigación e do terceiro ciclo, e a información sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza. e. A solicitude de convocatoria a concurso de prazas de carpos universitarios e persoal docente contratado, así como as propostas dos membros das comisións correspondentes, consonte a lexislación vixente. f. A proposta de contratación, ou no seu caso o informe, de lectores, profesorado visitante, profesorado emérito, así como a proposta de nomeamento de doutor honoris causa. g. A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o •, rendemento académico do seu estudantado, así coma a elaboración doutros informes que lle sexan solicitados por outras instancias universitarias en asuntos da súa competencia. h. O informe dos proxectos de teses de doutoramento e proposta das comisións xulgadoras das devanditas teses. i. A promoción do perfeccionamento da docencia. J. A distribución das cantidades asignadas e dispoñibles polo departamento. k. A creación de comisións delegadas para o mellar desenvolvemento das súas funcións. l. A aprobación da organización de seminarios, conferencias, cursos ou congresos nos que teña algunha participación. m. A proposta ou designación, de entre os seus membros, das persoas que representen o Departamento en comisións e en actividades en que o Departamento participe. n. A elaboración e aprobación do seu Regulamento de Réxime Interno. o. O desenvolvemento e a potenciación das relacións con outros centros e institucións de estudos románicos, así como a colaboración con embaixadas e institutos culturais dos países de lingua románica, de maneira especial cos de lingua portuguesa, así como potenciar o coñecemento da lingua e da cultura portuguesas na sociedade galega. p. O impulso e o desenvolvemento da normalización da lingua galega tanto dentro da Universidade coma no conxunto da sociedade, fomentando a colaboración con outras entidades e institucións que teñan entre os seus fins o estudo e a normalización da lingua. q. Calquera outra competencia que, á marxe do establecido por este Regulamento, lle atribúan os Estatutos da Universidade ou a lexislación vixente. Artigo 7: Funcionamento do Consello do Departamento 1 . O Consello de Departamento reunirase, en sesión ordinaria, polo menos unha vez cada trimestre do ano lectivo e en sesión extraordinaria, por iniciativa do director ou directora ou por pedimento dun terzo dos seus membros. 2. As reunións do Consello de Departamento serán convocadas con polo menos 48 horas de antelación. No caso de convocatorias do Consello a pedimento dun terzo dos seus membros, a sesión celebrarase nos dez días lectivos seguintes ao dita pedimento. 3. As convocatorias do Consello coa arde do día remitiranse, por vía electrónica e/ou en papel, aos lugares habituais de traballo dos seus membros. 4. Figurarán tamén como puntos da arde do día aqueles que fosen solicitados por tres membros do Consello, como mínimo, sempre que a solicitude fose realizada con anterioridade á remisión da convocatoria. En caso contrario, figurarán na arde do día do seguinte consello ordinario. ·. 5. A documentación que proceda, correspondente aos asuntos a tratar na sesión, parase a disposición dos membros do Consello do Departamento, desde o mesmo día da convocatoria. 6. Para a constitución válida do Consello en primeira convocatoria será necesaria a presenza da metade máis un dos seus membros, debendo estar presentes o director ou directora e mais o secretario ou secretaria ou as persoas que os substitúan. De non existir quórum, o Consello constituirase en segunda convocatoria media hora despois da sinalada para a primeira, sempre que estean presentes a cuarta parte dos seus membros, incluídos o director ou directora e mais o secretario ou secretaria ou as persoas que os substitúan. De non existir quórum en segunda convocatoria, terá que realizarse unha nova convocatoria do Consello. 7. O Consello de Departamento poderá convocar, con voz pero sen voto, a calquera membro do Departamento que non sexa integrante daquel e que así o requira. Nesta circunstancia, bastará cunha única solicitude por ano académico dirixida ao director ou directora, gue avaliará se na orde do día da sesión hai algún punto de interese específico para o solicitante que xustifique a súa asistencia. O Consello tamén poderá invitar a asistir ás súas reunións para discutir asuntos específicos, con vóz pero sen voto, a persoas que poidan resultar afectadas por eles ou cuxa opinión sobre os asuntos tratados se considere de interese. Artigo 8: Réxime de acordos do Consello de Departamento 1. O Consello de Departamento e as Comisións Delegadas adoptarán os seus acordos por algún dos procedementos seguintes: a) Por asentimento. Unha proposta entenderase aprobada se, unha vez enunciada polo director ou directora ( ou poi a presidencia da Comisión, no seu caso), ningún dos asistentes manifesta reparo ou oposición á mesma. b) Por maioría simple, sen prexuízo das maiorías especiais que establece este Regulamento. 2. A votación será secreta cando afecte a persoas ou cando así o solicite calquera membro do Consello presente na sesión. Nos demais casos será pública. 3. En caso de empate, despois dunha quenda de intervención limitada a un dos promotores de cada proposta, procederase a unha nova votación. De persistir a igualdade, decidirá o voto de calidade da persoa que ocupar a presidencia. 4. Para a aprobación do Regulamento de réxime interno, proposta de planos de estudo e planos estratéxicos e moción de censura requirirase maioría absoluta. 5. O voto dos membros do Consello, da Comisión Permanente ou do resto das comisións é persoal e indelegable, e non se admitirá o voto por correo, o voto anticipado nin o voto delegado. ·. Artigo 9. Actas das sesións. 1. O secretario ou secretaria do Departamento levantará acta de cada sesión do Consello. De non poder asistir, o director ou directora designará a quen desenvolva a súa función. 2. As actas estarán baixo a custodia do secretario ou da secretaria, e á disposición de calquera membro do Departamento para a súa consulta. SECCIÓN 11: DO DIRECTOR OU DIRECTORA E DO SECRETARIO OU SECRETARIA DO DEPARTAMENTO Artigo 1 O. Do director ou directora 1. O director ou a directora representa o Departamento, exerce a súa dirección, preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos. 2. O director ou directora do Departamento será elixido polo Consello de Departamento de entre os seus membros, de acordo co disposto nos Estatutos da Universidade e no Regulamento Electoral Xeral da USC, e será nomeado polo reitor. 3. O director ou directora do Departamento cesará no seu cargo palas seguintes causas: a) Finalización do seu mandato. b) Dimisión. c) Moción de censura, asinada por un terzo dos membros do Consello, que debe incluír un/ha candidato/a alternativo/a e que terá que ser aprobada pola maioría absoluta dos membros do Consello. Artigo 11 . Funcións do director ou directora 1. Son competencias da dirección do Departamento: a) A presidencia e a c9nvocatoria do Consello de Departamento. b) A execución dos acordos adoptados polo Consello de Departamento e a vixilancia do seu cumprimento. c) A organización e a coordinación, de acordo co Consello de Departamento, dos medios persoais e materiais dos que se dispoña para cumprir os obxectivos investigadores e docentes. d) A execución das previsións orzamentarias. e) A proposta ao reitor do nomeamento de secretario ou secretaria do Departamento. 2. As competencias da dirección do Departamento esténdense a todos os asuntos relacionados co goberno e a administración do Departamento, de non seren atribuídos a outros órganos. . . Artigo 12. Do secretario ou secretaria 1 . O secretario ou secretaria do Departamento é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do Departamento e, como tal, ten encomendada a custodia das actas e a expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos que consten nos documentos oficiais do Departamento. Ademais, exercerá aquelas outras funcións que lle delegue o director ou directora ou lle encomende a lexislación ou os Estatutos. 2. O secretario ou secretaria será nomeado/a polo reitor, tras a proposta do director ou directora, entre o profesorado e axudantes do Departamento. 3. O secretario ou secretaria cesará por decisión do reitor, logo da proposta do dire~tor ou directora do Departamento, ou por petición propia. CAPÍTULO 11: DA ORGANIZACIÓN E DO FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO SECCIÓN 1: DA COMISIÓN PERMANENTE Artigo 13. Comisión permanente 1. A comisión permanente do Departamento estará composta por: a) O director ou directora b) O secretario ou secretaria c) Cinco membros do Consello, elixidos polo sector correspondente, repartidos da maneira seguinte: i) Dous profesores ou profesoras a tempo completo, un/ha deles/as pala área de Filoloxías Galega e Portuguesa e outro/a palas áreas de Filoloxía Románica e Filoloxía Catalá. ii) Un profesor ou profesora a tempo parcial, axudante ou investigador/a en formación. iii) Dous estudantes de primeiro, segundo ou terceiro ciclos. 2. Son competencias da Comisión Permanente: a) Aprobar asuntos de trámite. b) Pronunciarse sobre todos aqueles asuntos que o director e mais o Consello sometan á súa consideración. 3. A Comisión Permanente renovarase cada dous anos. SECCIÓN 11: DAS COMISIÓNS DELEGADAS E DOS COORDINADORES OU COORDINADORAS Artigo 14. Comisións e coordinacións 1. No Departamento constituiranse a comisión de doutoramento e as comisións de docencia de cada titulación, e nomearase un coordinador ou coordinadora •· . para cada titulación (Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica) e un coordinador ou coordinadora de doutoramento. O Consello de Departamento poderá crear as coordinacións e as comisións delegadas que considere oportunas para o mellar desenvolvemento das súas funcións. 2. Tanto os coordinadores ou coordinadoras coma os/as representantes do Departamento nas diferentes comisións permanecerán no desempeño das súas funcións por un período de 2 anos. 3. Todas as decisións delegadas deberán ser ratificadas para a súa aprobación definitiva polo Consello de Departamento. Artigo 15. A comisión de doutoramento 1. A comisión de doutoramento estará formada polos profesores doutores do Departamento. 2. A comisión estará presidida polo coordinador ou coordinadora dé doutoramento. 3. Son competencias da comisión de doutoramento: a) Aprobar as prop'ostas dos programas de doutoramento. b) Determinar a participación do Departamento en programas interdepartamentais ou interuniversitarios. c) Propoñer ao Consello de Departamento o pedimento de profesores visitantes para impartir docencia nos cursos de doutoramento . d) Establecer os criterios de selección de alumnado de doutoramento e aprobar a súa admisión. e) Aprobar os horarios dos ~ursas f) Aprobar· a composición das comisións xulgadoras dos Trabal los de investigación tutelados (TIT) g) Propoñer a composición dos tribunais únicos de cada programa de doutoramento. h) Aprobar os proxectos de tese. i) Informar as teses de doutoramento para a súa admisión a trámite. j) Informar sobre a composición e idoneidade dos tribunais de tese de doutoramento. k) Propoñer o recoñecemento de créditos e validacións do alumnado de doutoramento. 1) Tratar calquera outro asunto por proposta do Presidente da Comisión no ámbito dos estudos de doutoramento. Artigo 16. As comisións de docencia do Departamento 1. Os membros do Departamento con encargo docente nas titulacións de Filoloxía Románica, Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa pertencen ás respectivas comisións de docencia. '7 2. O coordinador ou coordinadora de cada titulación será o encargado de convocar e presidir a reunión da comisión de docencia correspondente. 3. As comisións de docencia serán as encargadas da revisión e aprobación dos programas das materias e do seguimento do seu cumprimento, así como da coordinación da docencia e de calquera outro asunto relativo á docencia que o Consello lle encomende. Artigo 17. Os coordinadores ou coordinadoras 1. Os coordinadores ou coordinadoras das comisións de titulación e da comisión de doutoramento serán elixidos/as palas comisións respectivas. 2. Os coordinadores ou coordinadoras convocan, por iniciativa propia ou por 'pedimento do Consello ou do director ou directora, e presiden as reunións das respectivas comisións e elaboran os informes que !les sexan requiridos. SECCIÓN 111 : DAS COMUNICACIÓNS Artigo 18. Das comunicacións por vía electrónica. 1. As comunicacións de convocatorias, acordes e informacións que atinxan ao departamento e aos seus membros faranse por correo electrónico desde o enderezo electrónico oficial da Se ·cretaría do Departamento. Non obstante, as comunicacións de convocatorias e acordes seranlles remitidas en papel ao seu pasto de traballo a todos os membros do Departamento que así o soliciten por escrito na secretaría do Departamento. 2. Para aqueles asuntos que non sexan competencia directa do Consello nin dalgunha das comisión delegadas, a dirección ou a presidencia das comisións delegadas poderá consultar por vía electrónica a opinión dos membros do Departamento. CAPÍTULO 111: DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Artigo 19. Da reforma do Regulamento. 1. A reforma do Regulamento de Réxime Interno do Departamento poderá ser promovida polo director ou directora ou por tres membros do Consello de Departamento, mediante escrito motivado dirixido ao director ou directora do Departamento en que especifique o artigo ou artigas que se pretende modificar e mais o texto alternativo proposto. 2. A proposta darase a coñecer a todos os membros do Departamento, dando un prazo mínimo de quince días lectivos para a presentación de emendas. A proposta de reforma, xunto coas emendas recibidas, incluirase como punto da arde do día na seguinte sesión ordinaria do Consello. A aprobación do proxecto _ de reforma deste Regulamento requirirá o voto favorable da maioría absoluta do Consello de Departamento. Q Disposición final O presente Regulamento entrará en vixencia ao día seguinte da súa ratificación polo Consello de Goberno da use . q