scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Variedades xeolingüísticas e cultivo da lingua: crítica dunha hipótese sobre as orixes da fragmentación diatópica do galego

Dubert García, Francisco

Full text

0. Introdución* Unha das series de crenzas máis difundidas entre os lingüistas profesionais, lingüistas afeccionados e polemistas das cousas da lingua galega refírese ás influencias que a falta de cultivo literario e de uso oficial exerceron sobre o proceso de fragmentación xeolectal do galego ó longo dos Séculos Escuros. Aínda que é moi fácil localizar centos de treitos que mostran a vixencia e a saúde destas crenzas, unha das súas expresións máis prístinas encontreina nun traballo de Laura Tato Fontaíña1: Esta multiplicidade de solucións [ós resultados de –ANUM / –ANAM], e por tanto de sistemas, non é gratuíta, senón que é froito das especiais circunstancias históricas en que se desenvolveu a lingua galega. O antigo galego-portugués correu unha sorte ben diferente ao Norte e ao Sur do río Miño. Mentres no Sur a independencia política do Condado de Portugal garantía unha evolución rexida por un centro irradiador de normas (Lisboa) e a fixación dun estándar a través do seu uso como lingua oficial e literaria, no Norte, baixo a órbita política de Castela, o galego-portugués evolucionaría anárquica e asilvestradamente. Privada dun centro irradiador de normas, dunha literatura e un uso administrativo que fixase o estándar, a lingua galega evolucionou e medrou non como unha árbore á que se lle van podando e guiando as pólas que a deforman e afean, senón como as silveiras das gabias. Este asilvestramento da lingua débese, por tanto, á imposición do castelán como lingua da administración e da cultura e non a unha eiva natural da lingua ou dos seus falantes. BIBLIOTECA FILOLÓXICA GALEGA | INSTITUTO DA LINGUA GALEGA | (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza. Instituto da Lingua Galega, 2004: 123-140 VARIEDADES XEOLINGÜÍSTICAS E CULTIVO DA LINGUA: CRÍTICA DUNHA HIPÓTESE SOBRE AS ORIXES DA FRAGMENTACIÓN DIATÓPICA DO GALEGO Francisco Dubert García Instituto da Lingua Galega. USC * Este traballo realizouse dentro do proxecto Estudio sociolingüístico contrastivo entre o baixo alemán e o galego, dirixido por Carme Mellado Blanco e financiado pola Xunta de Galicia (2002/PX046). 1Antes de máis, pido perdón, xa non pola lonxitude desta cita, senón pola abundancia de citas (ás veces longas) que o lector encontrará neste traballo; visto que este estudio consiste nunha análise crítica de modos de pensar, as citas sonme inevitables. 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 123 [...] O galego careceu dun estándar porque o estándar dunha lingua, o seu rexistro culto, se vai fixando ao longo do tempo a través da escrita, que escolma, de entre todos os posíbeis resultados da evolución histórica, unhas determinadas solucións; e esta escolla paraliza o libre desenvolvemento das outras, impedindo que a lingua se diversifique en múltiples variedades locais (1997: 240-241). Unha análise rápida do texto móstranos crenzas tales coma a primitiva unidade galego-portuguesa, quebrada polos aconteceres da historia; o desenvolvemento anormal do galego, producido en especiais circunstancias históricas, fronte ó desenvolvemento normal do portugués, no medio de circunstancias históricas normais; a fragmentación do galego en variedades xeolectais vencellada a esas especiais circunstancias históricas; a fragmentación como produto de causas esóxenas e non endóxenas; a evolución asilvestrada do galego; o carácter patolóxico e antiestético dos procesos de fragmentación e asilvestramento e dos seus resultados2. Con todo, será o último parágrafo o que principalmente atraerá a miña atención, pois, alén dunha visión da variabilidade lingüística como algo negativo, sostense nel a idea de que fragmentación xeolectal que coñece o galego contemporáneo é froito da falta de cultivo; ofrécesenos aquí, polo tanto, unha explicación das orixes da actual diversidade xeolectal da lingua galega que contén unha suposición implícita: se o galego coñecese cultivo, non presentaría tanta variación diatópica. Efectivamente, son feitos claros que o galego non coñeceu cultivo literario durante a Idade Moderna e que non foi empregado na Administración do Estado ata a actualidade; por esta mesma razón, todo canto se diga sobre o que lle acontecería á nosa lingua se pasase por estes procesos constitúe o que os historiadores denominan unha ucronía, i.e., unha reconstrución lóxica de feitos que poderían pasar (pero que non pasaron) se se deran unhas determinadas situacións (que non se deron). Polo tanto, unha ucronía non contén feitos históricos, nin tan sequera feitos, senón descricións fantásticas de situacións que nunca se deron. Neste breve estudio vou defender que afirmar que a fragmentación diatópica se viu impelida pola falta de cultivo da lingua e que os fenómenos de variación e cambio lingüístico se verían detidos de contar o galego con cultivo constitúe, alén dunha ucronía, unha hipótese excesivamente forte. Para isto, en § 1 quero centrarme na definición de lingua, dialecto, área lingüística e das relacións entre lingua histórica e lingua estándar. En § 2 tentarei reflexionar sobre como son sentidos os cambios, a variación lingüística e as formas diverxentes do estándar na nosa tradición cultural (sempre que fale de tradición cultural referireime á alta cultura, non á cultura popular). En § 3 presentarei máis demoradamente a hipótese que quero criticar e intentarei xuntar argumentos para rebateFRANCISCO DUBERT GARCÍA 124 2Este tópico do asilvestramento aparece noutros autores: “as persoas que durante os séculos escuros, o primeiro XIX e aínda moito despois se propuxeron escribir algo en galego valíanse dunha materia prima informe, sen modelar, asilvestrada, dunha lingua conservada durante anos e anos en simple estado de fala” (Mariño 1998: 448). 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 124 la valéndome, sobre todo, da observación do que lles aconteceu ás linguas que si coñeceron o cultivo literario e político (§.2). Finalmente, en § 4 ofrecerei as miñas conclusións. 1. A unidade e a diversidade do galego A pesar do recoñecemento da existencia de variación xeolectal, unha afirmación reiterada en moitos traballos sinala que a lingua galega se mostra bastante uniforme ó longo do territorio xeográfico en que se emprega. Nesta idea, por exemplo, insiste varias veces Ricardo Carballo Calero: En realidad, lo que llama la atención en el gallego es su uniformidad más bien que su fragmentación. Lo quebrantado del terreno, la ausencia de buenas comunicaciones, el estado secular de la lengua en condiciones de abandono literario han estado lejos de producir una pulverización del idioma en dialectos. La uniformidad relativa es tan notoria que se ha negado la existencia de grupos dialectales (1979: 78). Á mesma idea volve Francisco Fernández Rei no seu canónico manual de Dialectoloxía galega: A pesar da variedade [detectada ó longo do territorio galegófono], convén salienta-lo feito de que a unidade do galego vivo é moi grande; non pode falarse de fragmentación dialectal ó non sentiren os falantes como profundas e definitorias as diferencias lingüísticas, o que non quere dicir que o estudioso da lingua galega non poida delimitar áreas lingüísticas, baseándose na combinación de fenómenos nalgunhas zonas concretas, fenómenos que as caracterizan e definen fronte ás veciñas (1990: 36). Porén, podería o lector preguntarse cómo é posible afirmar que nos territorios de fala galega non haxa dialectos e si áreas lingüísticas, cando o termo dialecto vén sendo definido como unha unha variedade dunha lingua establecida con criterios xeográficos, i.e., unha variedade lingüística falada nun territorio. De feito é así como se define dialecto en moitos manuais de lingüística, aínda que sempre se recoñeza que establecer qué é lingua é qué é dialecto sexa unha cuestión problemática: Diferenças de valor estritamente linguístico entre língua e dialecto não existem. Existem, sim, diferenças de estatuto: o dialecto é sempre uma variedade de um determinado sistema lingüístico reconhecido oficialmente como Língua. Geralmente considera-se dialecto de uma língua a variedade linguística que caracteriza uma determinada zona (Barros Ferreira et alii 1996: 482-483). Non é este lugar para tratar sobre as diferenzas entre lingua e dialecto: como ben sinala Carballo Calero, os termos lingua e dialecto “significan lo que previamente se haya decidido que signifiquen, y tal decisión es convencional” (1979: 70); o único que nos pide o sabio ferrolán é que, unha vez dado un criterio para distinguir lingua de dialecto, sigamos ese criterio coherentemente. Da lectura demorada do treito de Fernández Rei conclúese que para el un dialecto é un construto sociocultural, unha entidade emic, resultado VARIEDADES SOCIOLINGÜÍSTICAS E CULTIVO DA LINGUA 125 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 125 de como os falantes ven e explican a realidade3. Pola contra, o concepto área lingüística é para Fernández Rei unha entidade etic, creada polos lingüistas a partir dunha teoría lingüística: neste caso, unha área lingüística é unha variedade lingüística caracterizada pola posesión dunha serie de trazos lingüísticos que teñen unha distribución xeográfica4. A área lingüística é, á vez, unha ferramenta e un froito da análise científica da lingua. De feito, a propia noción de lingua funcional, definida como unha variedade lingüística resultado de cruzar unha variedade sincrónica, con outra sintópica, con outra sinfásica, con outra sinstrática, resulta dun proceso de abstracción e é outro construto teórico, froito e obxecto da investigación lingüística (véxase Dubert 2000). Por outra parte, a área lingüística non ten por qué ser unha entidade homoxénea, pois abonda con que as falas nela incluída compartan os trazos que a definen; por exemplo, unha área lingüística definida pola presenza de seseo pode contar no seu interior con falas nas que se emprega muito e falas nas que se emprega moito, falas con el veu e falas con el vén, falas con queira e falas con quira, falas con estou e falas con estón... Deste xeito, é posible que os límites dun dialecto non coincidan cos límites dunha área lingüística, porque estas entidades se establecen con criterios diferentes. Como acertadamente sinalan Barros Ferreira e os seus compañeiros: Existe un contínuo dialectal que faz com que a divisão entre dialectos seja muitas vezes arbitrária, dependendo dos traços linguísticos que tivermos escolhido para esa classificação. Por esta razão, foi possível terem sido propostas várias classificações dos dialectos portugueses, baseadas em diferentes traços linguísticos (Barros Ferreira et alii 1996: 483; trazo groso no orixinal)5. E por esta razón sería posible organizar as variedades sintópicas galegas dun modo distinto a como o fixo Fernández Rei, de modo que a división do galego en áreas e bloques lingüísticos tivese unha fasquía diferente; todo depende da xerarquía que se estableza entre os trazos dialectais e de qué trazos se teñan en conta. Tamén por estas razóns, Fernández Rei non se contradí cando afirma que o galego pode dividirse en áreas ou bloques lingüísticos, pero non en dialectos. FRANCISCO DUBERT GARCÍA 126 3Máis aínda: “Constátase que non se ten idea clara de en qué consiste esa fragmentación [diatópica], polo que é raro que un falante se adscriba a un «dialecto» particular, aínda que aprecie diferencias entre a súa fala e a de lugares próximos. [...] Despois de percorrer todo o territorio lingüístico galego como investigador do ALGa e despois de ter feito investigacións posteriores en diferentes comarcas de fala galega, puiden constata-la inexistencia de adscrición a un dialecto, pero si unha clara conciencia de falar un idioma diferente do castelán e, nas zonas meridionais, un idioma distinto do portugués” (Fernández Rei 1990: 35). 4“A proba da adecuación das descricións e análises emic é a súa correspondencia cunha visión do mundo que os participantes nativos aceptan como real, significativa e apropiada. Ó levar a cabo a investigación no modo emic, os antropólogos tratan de adquirir un coñecemento das categorías e regras necesarias para pensar e actuar coma un nativo. [...] Pola contra, a proba da adecuación das descricións etic é, sinxelamente, a súa capacidade para xerar teorías frutíferas desde un punto de vista científico sobre as causas das diferenzas e semellanzas socioculturais. En vez de empregar conceptos que sexan necesariamente reais, significativos e apropiados desde o punto de vista do nativo, o antropólogo emprega categorías e regras derivadas do vocabulario da ciencia –categorías e regras que, con frecuencia, non son familiares ó nativo” (Harris 1988: 175). 5Nótese que Barros Ferreira et alii (1996) empregan a etiqueta dialecto para referirse á área lingüística. 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 126 Máis aínda, teño para min que o dialecto de Fernández Rei non podería ser obxecto de estudio da dialectoloxía, porque non é unha noción que esta xere nin que esta precise6; será máis ben obxecto da historia externa da lingua, ou da sociolingüística histórica..., ou da socioloxía. Por outra banda, nada nos impide, como se fai adoito (e.g. os mesmos Barros Ferreira et alii 1996), empregar o termo dialecto para referirse á noción evocada por área lingüística; pero de actuarmos deste xeito, perderemos un significante para expresar a noción de dialecto como construto sociocultural emic, como realidade percibida polos falantes. En todo caso, toda esta disquisición ten sentido só para recordarnos algo evidente: o galego non é de ningún xeito unha entidade homoxénea, monolítica. Máis ben ó contrario, o galego contén moita diversidade interna, como ben testemuñan o traballo de Fernández Rei (1990) para a variación xeográfica ou os traballos de Regueira (1999) e de Dubert (2002) para a variación social; incluso existe moita variedade social e xeográfica en dominios tan pequenos coma o concello de Santiago de Compostela, como xa mostrei noutra ocasión (Dubert 1999). En todo caso, cómpre subliñar que, cando neste traballo eu fale de galego7, estareime a referir a outro concepto emic, i.e., un construto sociocultural compartido pola comunidade. Dito en termos coserianos, o galego é unha lingua histórica que clasifica e agrupa un conxunto de textos, de resultados de actos de fala. Isto non impide que o galego lingua histórica inclúa tamén un ou varios diasistemas... ou que o conxunto das falas clasificadas como lingua galega poidan ser adscritas a un diasistema máis amplo (o diasistema iberorrománico occidental; véxase Dubert 2000 e Monteagudo 1997). Á fin é ó cabo, cabe outra vez recordar que unha lingua histórica, coma o dialecto de Fernández Rei, é delimitada por unha serie de medios, fundamentalmente socioculturais; e que as variedades lingüísticas e os diasistemas son delimitados por outra serie de medios, propios nese caso dunha necesidade metodolóxica da lingüística. E que unha destas entidades emic sexa considerada moitas veces lingua ou dialecto ou dialecto dunha lingua (¡todas estas cousas lle pasan e lle pasaron ó galego!) acostuma ser unha cuestión sociocultural e política, non unha cuestión lingüística8. Resulta moi ilustrativa toda a disquisición que Carballo (1979) mantén na súa Gramática sobre este tema para ver como son factores culturais, políticos e mesmo emocionais os que contan nestas divisións. VARIEDADES SOCIOLINGÜÍSTICAS E CULTIVO DA LINGUA 127 6Se facemos caso de Coseriu (1981), nin sequera o estudio interno dun xeolecto sería obxecto da dialectoloxía, pois esta estudia a distribución de fenómenos lingüísticos individuais ó longo dun territorio: “a) la dialectología es estudio de la «configuración» espacial de las lenguas, o sea la variedad diatópica y de las relaciones interdialectales, y b) [...] es esencialmente «gramática comparada»” (ibidem, p. 25). As gramáticas dos xeolectos fornecen materiais para a dialectoloxía, pero non son dialectoloxía (ibidem, pp. 18-19); por isto, o único método estritamente dialectolóxico é a xeografía lingüística. 7O mesmo vale para portugués ou para español, nomes de linguas históricas que recollen, agrupan e nomean diferentes conxuntos de variedades lingüísticas. 8Incluso as variedades máis castelanizadas de galego, como o galego urbano culto que describe Vidal Figueiroa (1997) ou o novo galego urbano de Regueira Fernández (1999) son conceptualizadas como galego, bo ou malo, pero galego. 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 127 Tamén é este lugar para insistir en que, dentro deste conxunto de variedades lingüísticas que se agrupan baixo a etiqueta lingua histórica, figura un conxunto máis ou menos homoxéneo de variedades lingüísticas que poderían ser agrupadas co termo lingua estándar (véxase unha visión máis depurada en Dubert 2002). Na nosa tradición cultural é común a identificación de lingua estándar ou lingua normativizada con lingua histórica9e, quizais máis habitualmente, a identificación de lingua escrita con lingua histórica10; con todo, calquera das gramáticas (normativas ou normativizadas) da lingua galega que hoxe se poden comprar nas nosas librarías non é outra cousa ca unha descrición dunha das variedades lingüísticas que se encontran dentro do seo da lingua histórica galega. Que o contido desas gramáticas ou que os textos que máis se adaptan ás prescricións normativas se vexan, se perciban, se sintan como os verdadeiros e únicos representantes da lingua histórica non é máis có resultado dunha especie de metonimia que os lingüistas debemos explicar, pero non necesariamente xustificar, nin moito menos asumir. E é, ó meu xuízo, o resultado desta metonimia o que explica parcialmente as crenzas mostradas arriba, como a seguir quero mostrar. 2. Os cambios lingüísticos na nosa tradición cultural Acabo de sinalar que non está mal recordar que a lingua galega presenta moita variación interna sincrónica e que cómpre insistir en que pasou por procesos de cambio lingüístico ó longo da súa historia (de feito, segue a pasar por procesos de cambio lingüístico). Como afirma Carballo Calero: “Las lenguas son realidades vivas que se mantienen en estado de perpetua fluencia” (1979: 45). Se houbese que sinalar un universal lingüístico que non teña excepcións, ese sería, sen dúbida, que as linguas varían e cambian: a “evolución é fatal: non hai un só exemplo de lingua que a resista”, dinos Saussure (1916: 148). E, variando e cambiando as variedades lingüísticas, cambian e varían de fasquía as linguas históricas que as agrupan, sen necesariamente deixaren de ser elas mesmas, pois unha lingua histórica existirá mentres os seus falantes consideren que existe. Neste sentido, é imprescindible ir xa lembrando que non só mudan as variedades non-estándar, senón tamén as estándar, só que parece que as mudanzas nunhas e noutras se producen a velocidades diferentes, sendo aparentemente máis lentos os cambios na variedade estándar. Deste xeito, por moi estraña que se queira considerar a historia do galego, este non pode ser tan anormal, nin tan especial, nin tan exclusivo que quede fóra deste principio universal: FRANCISCO DUBERT GARCÍA 128 9“A lingua é un sistema de signos dotado dunha regulamentación fixada polo uso e polas autoridades académicas” (Hermida Gulías 1999: 505; as cursivas son miñas). 10 “A língua, encanto instrumento, desglossa–se em diferentes linguas funcionais (Coseriu), que se reconhecem e/ou definem como realizaçons de um diassistema ou língua histórica, feita explícita em manuais e normas que dirigem a escrita correcta” (AGAL 1989: 17). 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 128 O home que pretendera construír unha lingua inmutable que a posteridade debera aceptar tal e como a recibira pareceríase á galiña que choca un ovo de pato: a lingua construída por el sería arrastrada, quixera ou non, pola corrente que abarca tódalas linguas (Saussure 1916: 148). De feito, ninguén nega que o galego mudase ó longo da súa historia. Porén, a gran cuestión que de vello máis preocupa é a orixe dos cambios que se produciron, xa que existe unha forte tendencia a pensar que os resultados duns cambios son aceptables, pois responden a cambios lexítimos, mentres que outros resultados son espurios, pois os cambios que introducen as novas formas son deturpadores. Como é lóxico supor, os castelanismos conforman a maior parte das formas clasificadas como espurias, xa que son vistos como resultados de cambios deturpadores. Máis aínda, a fisionomía actual do galego, con tantos castelanismos no seu seo, é percibida como unha proba máis da súa evolución anormal. Para fundamentar esta clasificación entre aceptable e espurio e entre lexítimo e deturpador, acódese á seguinte batería de feitos e de crenzas: a) a crenza na unidade do galego-portugués durante a Idade Media11; b) a crenza de que esta lingua medieval era uniforme (carente de variacións xeográficas, estilíticas ou sociais), normal (no sentido que hoxe se lle dá a este adxectivo na sociolingüística galega), pura (non deturpada) e autónoma (libre da presión doutras linguas); c) o feito de que o que hoxe denominamos portugués non comparta algunhas das mudanzas polas que pasou o que hoxe denominamos galego; e o feito de que algunhas das mudanzas aparecidas no galego sexan, no entanto, partilladas co castelán; e d) a crenza de que tódalas mudanzas romperon dalgún xeito aquela suposta unidade primitiva (o galego-portugués), pero que só algunhas corromperon a pureza primixenia da póla galega, violentaron a súa personalidade e afastaron perigosamente o galego da póla portuguesa (que, segundo a crenza, evolucionou normalmente, conservando mellor o xenio ou personalidade da lingua). Deste modo, Freixeiro Mato propón, entre outras, dúas probas (en principio, coherentes e adecuadas) para explicar a súa consideración da gheada como fenómeno espurio. A primeira razón esgrimida é un principio: Todo cambio lingüístico producido nun contexto diglósico na lingua dominada en dirección á lingua dominante, para acabar coincidindo total ou parcialmente con ela, en principio, e mentres non se demostre o contrario, é suspeitoso de se producir por interferencia da mesma (1998: 154). VARIEDADES SOCIOLINGÜÍSTICAS E CULTIVO DA LINGUA 129 11 Como cousa curiosa, pódese recordar que entre o XIII e mediados do XIV, época da lírica medieval, non se falaba de galego-portugués, senón de romanço ou linguage; máis aínda, a primeira denominación de galego emprégaa un catalán, Jofre de Foixà, no século XIII: “este testemuña que a denominación que recibía a lingua dos cancioneiros, cando menos nos ambientes eruditos e trobadorescos en que se movía Jofre, era a de galego” (Monteagudo 1998: 120; véxase tamén Mariño 1998: 140-152). 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 129 A segunda razón xorde como consecuencia da constatación de feitos que reclaman explicacións: A razón principal a favor da tese castelanista é a ausencia total de gheada en portugués, comportándose a fronteira política como fronteira do fenómeno lingüístico da gheada. [...] O problema estaría, pois, non só en explicar a orixe da gheada galega, senón tamén en explicar por qué non se dá en portugués (1998: 154-155)12. En todo caso, non son os cambios castelanizantes os que me preocupan agora, senón os cambios que xebran o galego do castelán e do portugués, porque, a pesar das especiais circunstancias históricas en que se desenvolveu o galego, este tamén presenta este tipo de mudanzas. Os resultados destes cambios, xeralmente cualificados de aceptables por seren vistos como o froito de cambios lexítimos, dan lugar ás variedades xeolingüísticas cando non son compartidos por tódolos falantes do territorio; e estes cambios tamén acostuman ser obxecto dos tópicos que me interesa comentar. Con todo, non quero pechar esta aliña (pois esta será a chave que me permita continuar despois a miña reflexión) sen subliñar que resulta común que moitos dos cambios aceptables de iure non son aceptados de facto e, polo tanto, son tamén percibidos negativamente. As afirmacións de Laura Tato Fontaíña sobre o tronco sen podar e a fealdade da silveira das gabias van por este camiño. Outro exemplo claro destas ideas encontrámolo no traballo de Xosé Graña Núñez (1993), quen comeza un capítulo nomeado “Análise dos mecanismos de deterioro lingüístico” dicindo que o galego é a lingua románica peninsular que “ofrece un maior grao de deterioro no seu sistema a tódolos niveis” e insiste en que a lingua que hoxe empregan os galegos “está inzada de distorsións da máis diversa índole” (ibidem, p. 19). Entre as chamadas distorsións aparecen non só castelanismos, senón tamén formas coma romedio, vivire, algús ~ alguis..., resultados que, en principio, deberían ser aceptables, pois responden a cambios en principio lexítimos. A razón principal da deslixitimación das formas aceptables–pero–non–aceptadas (aínda que non a única) ten a súa raíz no resultado da metonimia a que xa me referín arriba: a lingua estándar acaba por ser a soa representante válida e verdadeira da lingua histórica, i.e., a lingua estándar é elevada a forma canónica da lingua histórica e a lingua histórica identifícase coa/pola lingua estándar; como consecuencia, todo o que se afasta da lingua estándar se afasta da lingua histórica e convértese en deturpación. Carballo Calero describe acertadamente cómo se produce o proceso devaluador nos seguintes termos: FRANCISCO DUBERT GARCÍA 130 12 No entanto, en atención a estes mesmos parámetros, Freixeiro Mato debera considerar interferencia a presenza de /T/ nas falas galegas, pois supón “unha innovación no sistema fonolóxico do galego que nos afasta máis foneticamente do portugués e nos aproxima do castelán” (1998: 162); e con esta constatación, considerar a presenza de /T/ como un resultado espurio dun cambio deturpador. E por mor disto, sorprende que Freixeiro Mato se esforce por demostrar a aceptabilidade do seseo e non dedique unha soa liña a xustificar a aceptabilidade do fonema /T/, a pesar de que é nel onde recae o peso da proba. Por outra parte, existen problemas teóricos que Freixeiro Mato esquece (véxase, para empezar, Thomason 2000). 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 130 Cabe una gramática normativa que pretenda –hasta donde lo permita la flexibilidad del idioma– fijar el esquema de un ideal lingüístico que relegue a la condición de hablas vulgares o dialectales las formas que se aparten de aquel ideal. Esta última empresa, al entrañar una selección de las realidades múltiples que constituyen una lengua, supone una simplificación de la misma. [...] Supone el propósito de fijar y limpiar el idioma, eligiendo –conforme a un criterio determinado, según un criterio ecléctico– fonemas, morfemas o sintagmas a los que se pretende canonizar, por considerarlos los más eficaces o autorizados, y rechazando como incorrectos, innobles ou inadecuados, los hábitos lingüísticos que no se ajusten al canon establecido (1979: 46). Polo tanto, as formas estigmatizadas non son vulgares nin dialectais nin incorrectas nin malas per se, senón que pasan a ser vulgares, dialectais, incorrectas ou malas a posteriori, porque así pasan a ser consideradas: porque se crean, se difunden e se xustifican esas ideas sobre as formas diverxentes; esta estigmatización é, ó meu modo de ver, un efecto non desexado (hoxe diríase un dano colateral) da planificación lingüística (véxase Valle 2000 para a carga de valores simbólicos da lingua estándar). En fin, na nosa tradición cultural, a referida metonimia pola que ese ideal lingüístico se transforma en representante da lingua histórica tórnase nunha das razóns máis fortes para que as formas diverxentes do ideal queden no rango de aceptables, sen pasaren ó rango de aceptadas; este feito de quedaren en aceptables, pero non chegaren a aceptadas, produce que as formas diverxentes do estándar non se acaben percibindo como formas non-estándar (que é o que obxectivamente son), senón como deturpacións, deterioros, distorsións... 3. Fragmentación diatópica e ausencia de cultivo da lingua na Idade Moderna Mantendo estas reflexións in mente, é xa o momento de entrar na cuestión que quero tratar. Tense afirmado reiteradamente que: a) o cultivo literario e o uso oficial do galego defenderíano ó longo da Idade Moderna da castelanización13; b) o cultivo literario e o uso oficial do galego defenderíano da fragmentación diatópica. Polas razóns que sinalei ó principio deste traballo e que agora torno a presentar, estas dúas afirmacións só poden ser consideradas hipóteses indemostrables, pois non dan conta de feitos reais, senón de feitos ideais, porque o galego non tivo cultivo durante a Idade Moderna. Por esta razón, quedaremos para sempre sen saber qué pasaría se o galego tivese cultivo. Nótese, só para ir comezando, que nada sabemos acerca de cómo sería esa lingua literaria ou esa variedade estándar. Así pois, resulta inadecuado (e con certeza acienVARIEDADES SOCIOLINGÜÍSTICAS E CULTIVO DA LINGUA 131 13 Para Carballo Calero, por exemplo, “el castellano, sobre todo a partir del Renacimiento, influyó poderosamente la lengua de Galicia, que, muy poco cultivada literariamente, no podía ofrecer entonces una resistencia eficaz” (1979: 59). 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 131 diversidade xeolectal, ó tempo que poderá localizar exemplos de innovacións: no Pindo (A Coruña) emprégase hai para a P3 Sing nas perífrases con haber (Fulano hai de vir hoxe), que non se debe, evidentemente, a castelanismo. 4. Conclusións Neste traballo pretendín comentar un dos tópicos de entre os moitos que hoxe circulan arredor da lingua galega, nomeadamente, que a fragmentación diatópica do galego se debería á carencia dun estándar na Idade Moderna e Contemporánea; e que a pose do estándar impediría, ou polo menos dificultaría, a variación e o cambio lingüístico. Pretendín demostrar que estas crenzas non só non asentan sobre bases empíricas, senón que a análise de datos provenientes doutras linguas móvenme a crer que constitúen hipóteses demasiado fortes: unha ollada ás linguas históricas con estándar consolidado móstranos que, aínda hoxe, conteñen no seu interior variación xeolingüística e sociolingüística; e que coñeceron cambios profundos cando levaban xa tempo no proceso de estandarización, sen que o cultivo nin a pose dunha escrita puidesen evitar as mudanzas; de feito, as propias variedades estándar destas linguas históricas mudaron. En consecuencia, a ausencia de estándar e de cultivo literario non determinan, nin impelen nin promoven a variación nin o cambio; e a presenza de estándar e cultivo literario non eliminan nin a variación nin o cambio (máis ben, a difusión do estándar prodúcese a través de fenómenos de variación e cambio). Variación e cambio son procesos naturais das linguas. Creo que isto me autoriza a pensar que se o galego tivese cultivo durante a Idade Moderna e todo ó longo da Idade Contemporánea, hoxe seguiría mantendo no seu seo formas de variación social e xeográfica. Discutir sobre a cantidade ou a calidade desta variación ucrónica (o que puido ser e non foi) pode ter algún proveito ideolóxico para quen llo queira ou saiba tirar (no fondo, trátase dun modo máis de xustificar por qué non gusta a lingua galega actual, tal e como a falan hoxe os máis dos galegos), pero, polo menos para min, as conclusións obtidas nesta reconstrución ucrónica carecen de interese e de valor científico. 5. Referencias bibliográficas AGAL (1989): Estudo Crítico das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego (Instituto da Lingua Galega - Real Academia Galega 1982). Ourense: AGAL. Barros Ferreira, M. et alii (1996): “Variação linguística: perspectiva dialectológica”, en I. Hub Faria et alii: Introdução à linguística geral e portuguesa. Lisboa: Caminho, pp. 479-502. Carballo Calero, R. (19797): Gramática elemental del gallego común. Vigo: Galaxia. Cintra, L. F. L. (1962): “Areas lexicais no território português”, Boletim de Filologia XX, 1/2, 273-307. Coseriu, E.: Sincronía, diacronía e historia. Madrid: Gredos, 19883. Coseriu, E. (1981) “Los conceptos de «dialecto», «nivel» y «estilo de lengua» y el sentido propio de la dialectología”, Lingüística española actual III/1, 1-32. Dubert García, F. (1995): “Algúns aspectos da morfoloxía verbal e da estructura da sílaba en galego: as vocais temáticas postónicas da C–II e da C–III en hiato”, Verba 22, 125-155 [edición dixital en: http://web.usc.es/~fgdubert/]. FRANCISCO DUBERT GARCÍA 138 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 138 Dubert García, F. (1999): Aspectos do galego de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Universidade. Dubert García, F. (2000): “¿Norma galega, sistema galego-portugués,? Aplicación dos termos de Coseriu ó «galego» e ó «portugués»”, Cadernos de lingua 22, 101-122 [edición dixital en: http://web.usc.es/~fgdubert/]. Dubert García, F. (2002): “Os sociolectos galegos”, Cadernos de Lingua 24, 5-27 [edición dixital en: http://web.usc.es/~fgdubert/]. Fernández Rei. F. (1990): Dialectoloxía galega. Vigo: Xerais. Fernández Salgado, B. e H. Monteagudo (1995): “Do galego literario ó galego común. O proceso de estandarización na época contemporánea”, en H. Monteagudo (ed.): Estudios de sociolingüística galega. Vigo: Galaxia, 99-176. Fernández, M. A. (2000): “Cuando los hablantes se niegan a elegir: multilingüismo e identidad múltiple en la modernidad reflexiva”, Estudios de Sociolingüística 1, 1, 47-58. Freixeiro Mato, X. R. (1998): Gramática da lingua galega. I: Fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. González Seoane, E. X. (1994): “Concepcións do galego estándar nos gramáticos galegos do século XIX”, en R. Lorenzo (ed.): Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas (Santiago, 1989). Vol. 6. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 75-88. Graña Núñez, X. (1993): Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Vigo: Ir Indo. Guitart, J. (2000): “Del dominio relativo de la variación estilística de los sonidos róticos del español de Puerto Rico a la luz de la teoría de las subfonologías”, Revista de estudios hispánicos, 169-182. Harris, M. (19886): Culture, people, nature. An introduction to general anthropology. New York: Harper & Row. Cito pola tradución española Introducción a la antropología general. Madrid: Alianza, 2000. Hermida Gulías, C. (1999): “Un modelo de lingua para os medios de comunicación de masas”, en R. Álvarez e D. Vilavedra (eds.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Vol. 1. Santiago de Compostela: Universidade, 501-518. Labov, W. (1972): Sociolinguistic patterns. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. Cito pola tradución española Modelos sociolingüísticos. Madrid: Cátedra, 1983. Labov, W. (1994): Principles of linguistic change. Internal factors. Oxford: Blackwell. Lausberg, H. (1962): Romanische Sprachwissenchaft. Walter De Gruyter: Berlin. Cito pola tradución portuguesa Linguística românica. Lisboa: Fundação C. Gulbenkian, 19812. Lloyd, P. M. (1987): From Latin to Spanish. Vol. 1: Historical phonology and morphology of the Spanish language. Philadelphia: American Philosophical Society. Cito pola tradución española Del latín al español, Madrid: Gredos, 1993. Lorenzo, R. (1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla (s. XIV). Vol. II: Glosario. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”. Mariño Paz, R. (1992): “O sufixo número–persoal da P5 en galego: o retroceso moderno da solución cantás”, Cadernos de lingua 5, 75-97. Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. Marle, J. van (1997): “Dialect versus standard language: nature versus culture”, en J. Cheshire e D. Stein (ed.): Taming the vernacular. From dialect to written standard language. London and New York: Longman, 13-34. Martinet, A. (1991): Éléments de linguistique générale. Paris: Armand Colin. Monteagudo, H. (1997): “Modelos de lingua. Consideracións teóricas ó fío do debate sobre a estandardización do galego”, Cadernos de Lingua 16, 5-33. VARIEDADES SOCIOLINGÜÍSTICAS E CULTIVO DA LINGUA 139 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 139 Monteagudo, H. (1998): Historia social da lingua. Vigo: Galaxia. Muljac=ic;, Z+. (1991): “Per un approccio relativistico al rapporto: lingua nazionale – dialetti”, en Giovan Battista Pellegrini (ed.): XVIII Congresso di studi dialettali italiani “Fra dialetto e lingua nazionale: realtà e prospettive”. Padova: Unipress, 247-259. Recalde, M. (2000): “Le parcours socioculturel du galicien du Moyen Âge au XXe siècle”, Lengas 47, 11-39. Regueira, X. L. (1999): “Estándar oral e variación social da lingua galega”, en R. Álvarez e D. Vilavedra (eds.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Vol. 1. Santiago de Compostela: Universidade, 855-875. Saussure, F. de (1916): Cours de linguistique générale. París: Payot. Cito pola tradución española Curso de lingüística general. Madrid: Alianza, 1983. Stern, O. (1988): “Divergence and convergence of dialect and standard from the perspective of the language learner”, en P. Auer e A. di Luzio (eds.): Variation and convergence. Berlin: Walter de Gruyter, 134-156. Tagliavini, C. (1969): Le origini delle lingue nelatine: introduzione alla filologia romanza. Bologna: Ricardo Patron. Cito pola tradución española Orígenes de las lenguas neolatinas. Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1993. Tato Fontaíña, L. (1997): “As variedades dialectais e o estándar”, en J. Leira López (dir.): O camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. A Coruña: Universidade, 237-249. Thomason, S. G. (2000): “On the unpredictability of contact effects”, Estudios de Sociolingüística 1, 1, 173-182. Valle, José del (2000): “Monoglossic policies for a heteroglossic culture: misinterpreted multilingualism in modern Galicia”, Language & Communication Vol. 20, n. 2, 105-132. Vázquez Cuesta, P. (1986): La lengua y la cultura portuguesas en el siglo del Quijote. Madrid: Espasa. Cito pola tradución portuguesa A lingua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes. Lisboa: Publicações Europa-América, 1988. Vidal Figueiroa, T. (1997): “Estructuras fonéticas de tres dialectos de Vigo”, Verba 24, 313-332. FRANCISCO DUBERT GARCÍA 140 08Dubert.qxd 13/6/04 13:24 Página 140