scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Convenio colectivo para o persoal laboral das Universidades Públicas de Galicia

Universidade de Santiago de Compostela

Full text

CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE GALICIA. (D.O.G. DO 3 DE MARZO DE 1993) CAPÍTULO I ÁMBITO, VIXENCIA E NORMAS XERAIS DE APLICACIÓN Artigo 1º As partes que concertan este convenio son a Universidade de Santiago, a de Vigo e a da Coruña, e o seu persoal representado polos respectivos Comités de Empresa, integrados polas organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO. Artigo 2º Ámbito funcional e territorial. Este convenio é de aplicación ás Universidades Públicas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os seus centros de traballo existentes actualmente e aqueloutros que durante a vixencia do convenio se poidan crear ou integrar nelas. Artigo 3º Ámbito persoal. As normas do presente convenio aplicaránselle a todo o persoal que, integrado no ámbito funcional do artigo anterior, estea vinculado ás universidades en virtude de relación xurídico-laboral, formalizada polo Rector ou órgano en que delegue, estea suxeito ó poder de dirección delas e perciba as súas retribucións con cargo ás correspondentes consignacións presupostarias de persoal laboral de administracións e servicios. Artigo 4º Período de vixencia. O presente convenio entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no DOG e terá vixencia ata o 31-12-1994. Os seus efectos económicos aplicaranse desde o 1 de xaneiro de 1992, agás aqueles que se especifican no articulado do presente Convenio. Artigo 5º Prórroga e denuncia. O presente convenio prorrogarase de ano en ano a partir do 31 de decembro de 1994 se se produce acordo expreso nese sentido entre as partes cunha antelación mínima de tres meses ó término da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas. De non se produci-lo citado acordo, entenderase denunciado automaticamente. Artigo 6º A parte económica do presente convenio será negociada cada ano en función da existencia de incrementos non previstos no Plan de Financiamento e nos aforros xerados nas partidas que repercutan no persoal laboral, a excepción dos remanentes que se produzan pola non cobertura da oferta pública de emprego e das vacantes. En todo caso, durante o período de vixencia deste convenio , as condicións retributivas fixadas nel serán revisadas anualmente con efectividade desde o primeiro de xaneiro, en virtude do incremento porcentual que determinen as respectivas leis de presupostos xerais da Comunidade Autónoma Galega, para o persoal sometido ó réxime estatutario da función pública. Igualmente, se nas referidas leis de presupostos se estableceran condicións máis beneficiosas para o citado persoal, estas faranse extensivas ós grupos correspondentes do persoal laboral suxeito ó presente convenio. Artigo 7º Compensación e absorción. As condicións económicas establecidas no presente Convenio compensarán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe e natureza. Se por disposición legal ou regulamentaria se establecesen mellores condicións económicas, só terá eficacia se, consideradas globalmente en cómputo anual resultasen superiores ás previstas neste Convenio. Artigo 8º Respectaranse, manténdose estrictamente "ad personam", as condicións particulares que, con carácter global, en cómputo anual, excedan das melloras do presente convenio e veñan derivadas da norma preexistente estatal ou da Comunidade Autónoma de Galicia. CAPÍTULO II COMISIÓN PARITARIA DE VIXIANCIA E INTERPRETACIÓN DO CONVENIO E COMITÉS INTERCENTROS Artigo 9º No prazo de un mes, contado desde a publicación do presente convenio constituirase, por iniciativa da Administración, una Comisión Paritaria que terá por funcións as seguintes: a) a interpretación da totalidade do articulado ou das claúsulas do convenio. b) a vixiancia do cumprimento do pactado. c) a facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes. A dita comisión estará composta por seis representantes das Universidades, dous de Coruña, dous de Santiago e dous de Vigo, e seis representantes dos traballadores. As reunións celebraranse, por decisión do Presidente, a petición dunha das partes nun prazo máximo de dez días naturais dende a data de presentación da solicitude; a parte solicitante fará consta-los puntos que haxa que tratar. Os acordos tomaranse por unanimidade entre ámbalas dúas representacións e serán recollidos en acta, e daráselle-la debida publicidade nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo das universidades ou, se a súa trascendencia o aconsella, publicaranse no DOG. A sede da comisión decidirase na primeira reunión desta que se celebrará na Xerencia da Universidade de Santiago. Na sesión constitutiva procederase a designar, por acordo da comisión, as persoas que exercerán a súa presidencia e a súa secretaría. Artigo 10º Cando nalgunha Universidade se dean as condicións que determinan o artigo 63.3 do Estatuto dos Traballadores, poderase constituír nela un comité intercentro, nun prazo de dous meses. Asimesmo constituirase un Comité intercentros das Universidades Públicas Galegas de doce membros. A súa composición será proporcional os resultados obtidos por cada sindicato ou agrupación nas últimas eleccións sindicais. As súas competencias serán as recoñecidas para esta representación no Estatuto dos Traballadores, sempre que as mesmas afecten a dúas ou máis Universidades Galegas. CAPÍTULO III CLASIFICACION PROFESIONAL Artigo 11º O persoal comprendido no ámbito de aplicación deste convenio clasificarase atendendo ós seguintes criterios: -En atención á titulación esixida ou, de se-lo caso, ás condicións xerais esixidas para o desenvolvemento do seu posto de traballo na Universidade, en cinco grupos, integrados por categorías profesionais. A clasificación por grupo determinará as retribucións básicas do persoal e a de categorías profesionais, os sistemas de acceso, translado e promoción. -En atención ás características (de xornada, dirección, responsabilidade ou xefatura) específicas ou xerais do posto de traballo ocupado, en postos singularizados e non singularizados. A clasificación por posto determinará as retribucións complementarias do persoal. Artigo 12º Anualmente cada Universidade publicará as modificacións introducidas na Relación de Postos de Traballo negociadas cos representantes dos traballadores, nas que se indicarán por unidade ou centro de traballo as características esenciais dos mesmos, os requisitos esixidos para o seu desempeño e no seu caso os complementos retributivos que correspondan ós mesmos, así como os turnos que correspondan a cada posto de traballo. Artigo 13º O persoal que teña recoñecida legalmente a diminución da súa capacidade será destinado a un traballo axustado ás súas condicións, sen reducción salarial nin profesional, dentro da dispoñibilidade organizativa de cada Universidade. CAPÍTULO IV ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E MODIFICACIÓN DAS SÚAS CONDICIÓNS Artigo 14º A organización do traballo, conforme á lexislación vixente, é facultade exclusiva da Universidade; a súa aplicación práctica correspóndelles ó Rector ou ós titulares da delegación expresa deste das súas competencias en materia de xefatura de persoal de administración e servicios, segundo o establecido nos estatutos das universidades, todo iso sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos ós traballadores nos artigos 40, 41 e 64.1 da Lei 8/19080, do 10 de marzo, do estatuto dos traballadores. Artigo 15º Cambios de quenda: Cando as necesidades do servicio o fagan necesario poderase proceder ó cambio de quenda dos traballadores, conforme co procedemento establecido no artigo 41 do E.T. Cando por baixa ou servicio haxa necesidade de proceder ó cambio temporal de quenda dun traballador, esta nunca poderá prolongarse máis de dez días. Cando non haxa ningún traballador que acepte o cambio, realizarao o de menor antigüidade na universidade destinado no centro de traballo, cambiando na seguinte vez que ocorra ó segundo e así sucesivamente, non superando nunca esta rotación o tempo de un mes. Cando un traballador teña interese por cambia-la quenda poderá solicitar da Xerencia o translado a outro centro no que exista vacante na quenda desexada, a cal resultara deserta no concurso de translados inmediatamente anterior. Destes acordos de translado daráselle información ó Comité de Empresa. Artigo 16º Traballos de superior e inferior categoría: 1.- Traballos de categoría superior. Cando así o esixan as necesidades do servicio, o Rector, logo da información ó Comité de Empresa, poderá encomendarlles ós traballadores a realización de funcións correspondentes a unha categoría ou posto singularizado superior ó que exerzan, por un período non superior a seis meses durante un ano ou oito, durante dous. Nestes casos, para a cobertura por este sistema da praza inicialmente vacante, terán preferencia os traballadores procedentes dunha lista que se establecerá por orde de puntuación en cada convocatoria de entre aqueles aspirantes non aprobados pola quenda de promoción interna. Os traballadores terán dereito á percepción da diferencia retributiva correspondente. No caso de que, sen autorización expresa do Rector, calquera outra autoridade universitaria ordene o desempeño de funcións superiores, o acto será nulo de pleno dereito e o traballador deberá poñelo en coñecemento do Comité de Empresa e demora-lo cumprimento da orde ata que sexa validada polo órgano competente. Se, superados eses prazos, existise un posto de traballo vacante da mesma categoría, deberá ser cuberto polos procedementos de provisión establecidos no convenio. Para os efectos do artigo 23.3 do estatuto dos traballadores, os procedementos de provisión de vacantes por quenda de ascenso seran os únicos que permitan modifica-la categoría profesional dos traballadores. 2.- Traballos de categoría inferior. Se por necesidades perentorias e imprevisibles fose preciso destinar un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría ou posto singularizado inferior do que exerce, os xefes das unidades poderán propoñelo á Xerencia a través dun informe motivado, á vista do cal a Xerencia poderá facelo por tempo non superior a un mes dentro do mesmo ano e comunicándoo ós representantes dos traballadores. Nestes casos, ós traballadores manteránselle-la retribución e os demais dereitos da súa categoría profesional. Artigo 17º Mobilidade Funcional. Rexerá o disposto no artigo 39 do Estatuto dos Traballadores. CAPÍTULO V PROVISIÓN DE VACANTES. SELECCIÓN E CONTRATACIÓN. I. PROVISIÓN ORDINARIA. Artigo 18 1. Translados de localidade ou centro de traballo na mesma categoría. Os traballadores pertencentes á mesma categoría, e que reúnan os demais requisitos da vacante que se debe cubrir, poderán ocupa-las vacantes producidas na súa e nas outras Universidades mediante translado. Para estes efectos, cada universidade convocará unha vez ó ano o correspondente concurso de méritos, que será resolto pola aplicación dun baremo que previamente negociarán as xerencias e os comités de empresa. Non se poderá participar en quendas de translado ata que transcorran dous anos desde a obtención do último destino definitivo, salvo que durante ese período variara a quenda de traballo da praza, o translado se solicite para cambio de localidade, se producira un cambio de destino decidido pola Xerencia en uso das súas competencias ou se acollera o traballador ó sistema de cambio de localidade por cobertura provisional. Na convocatoria respectiva, no suposto de prazas que se correspondan con perfís especificos poderá establecerse a realizacion dunha entrevista ou proba de natureza similar, co obxecto de garanti-la adecuacion do aspirante á praza que pretende ocupar. As comisións de avaliación constituiranse con representacion do comité de empresa respectivo. 2. Reingreso procedente de excedencias voluntarias. Os traballadores que soliciten o seu reingreso no servicio activo deberán participar obrigatoriamente no concurso de translados do apartado anterior. Non obstante, a Xerencia poderá adscribilos con ocasión de vacante a un destino provisorio ata a celebración do seguinte concurso. 3. Sistema de translado provisional. As vacantes que se produzan con posterioridade á resolución do concurso poderán ser cubertas provisionalmente polas xerencias respectivas no uso das súas funcións de organización do traballo. En todo caso, as prazas así cubertas deberán incluírse no concurso de translados seguinte. Por este procedemento de cobertura provisional, os traballadores poderán solicitar translados de localidade en calquera momento cando existan motivos xustificados de índole familiar ou persoal. Cando o translado implique cambio de universidade os traballadores deberán presenta-la súa solicitude ante a Xerencia da universidade na que está destinado, a que interesará a conformidade da universidade de destino. II. SELECCIÓN Artigo 19 As vacantes resultantes do procedemento descrito no artigo anterior serán ofertadas mediante convocatoria pública e a súa cobertura realizarase polos sistemas de promoción interna e acceso libre de acordo co seguinte réxime: Primeiro.- A selección farase mediante concurso-oposición, quedando exentos, os de promoción interna, dunha proba das determinadas para a quenda libre. As vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á provisión externa. Os seleccionados pola quenda de promoción terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes. Segundo.- Para os grupos IV e V establecerase unha quenda inicial de promoción para a que se reservarán a totalidade das prazas convocadas, na que poderán participar tódolos traballadores de calquera universidade e que pertenzan a categoría distinta das prazas obxecto de provisión. As vacantes non provistas por esta quenda serán provistas pola quenda libre. Neste procedemento o contido das probas de promoción e da libre será idéntico. Terceiro.- Para os grupos I, II e III establecerase unha quenda de promoción para a que se reservaran o 50% das vacantes e unha quenda libre para o resto. Na quenda de promoción poderán participa-los traballadores de calquera universidade que pertenzan a categoría distinta á das prazas obxecto de provisión e que dispoñan da titulación que os habilite para o desenvolvemento profesional das prazas a que aspiran. Cuarto.- As prazas do grupo III, IV e V poderán quedar exentas do requisito de titulación esixido para o turno libre, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa esixida preceptivamente. Artigo 20 O contido das probas selectivas e a convocatoria correspondente serán obxecto de informe polo Comité de Empresa, antes da súa aprobación polos órganos competentes establecidos nas normas estatutarias de cada universidade. Nos tribunais que xulguen as probas garantirase o respecto ó criterio de especialización. En calquera caso garantirase a presencia de representantes dos traballadores, determinados polo Comité de Empresa. Artigo 21 As universidades, de común acordo, poderán acumula-las súas ofertas de emprego e desenvolve-las probas resultantes conxuntamente. Artigo 22 Os contratos de traballo, que se formalizarán por escrito, incluirán unha claúsula de que o contrato é subscrito polo traballador con coñecemento das obrigas que se derivan da normativa de incompatibilidades e de que o incumprimento da mesma pode supoñe-la rescisión do contrato, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria que se puidese deducir no outro posto de traballo que viñera desempeñando. En calquera caso, a universidade subministrará información ó traballador, antes do asinamento do contrato, das normas sobre incompatibilidades que lle afecten. Para a fixación do período de proba, terase en conta o disposto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores. III. DA CONTRATACIÓN TEMPORAL Artigo 23 1.- O contrato de traballo presúmese concertado por tempo indefinido. Non obstante poderán celebrarse contratos de traballo de carácter temporal ou duración determinada de acordo coa lexislación vixente. Este tipo de contratos deberá formalizarse por escrito dándolle comunicación ó Comité de Empresa. 2.- Para a selección de traballadores contratados temporalmente, as convocatorias de prazas por quenda libre para persoal fixo poderán establece-la constitución de listas de espera dos aspirantes seguindo a orde da puntuación obtida. Igualmente cando non existan listas de espera dispoñibles, poderase proceder á convocatoria dun procedemento selectivo para o establecemento de listas previas. 3.- Nos supostos de que non exista nas listas de espera nin nas previas categoría profesional para os efectos, e fose urxente a contratación de persoal laboral non permanente, solicitarase do INEM, de xeito xenérico, un mínimo de tres traballadores en situación legal de desemprego, que serán sometidos a unha entrevista ou proba de aptitude consonte as funcións requiridas. No órgano de selección estaran presentes representantes do Comité de Empresa da universidade ou universidades respectivas. IV. PROVISIÓN DE POSTOS DE RESPONSABILIDADE Artigo 24 1.- Os postos de traballo de natureza singularizada que se definan na relación de postos de traballo polo criterio de responsabilidade serán cubertos segundo estableza a respectiva relación de postos de traballo. Cando existan determinadas tarefas ou traballos de carácter temporal que supoñan a asunción dunha responsabilidade extraordinaria ou cualificación específica que comporte a percepción do plus correspondente, serán asignadas polo Rector a proposta do xefe da unidade ou centro de traballo correspondente, co visto e prace do xerente informando ó Comite de Empresa. 2.- Remoción no desempeño dun posto singularizado. Se por causas obxectivas un traballador non desenvolve axeitadamente as funcións dun posto singularizado, definido polo criterio de responsabilidade, poderá ser removido del, oído o Comité de Empresa, mediante resolución rectoral motivada e logo do trámite de audiencia e alegacións do interesado, quen poderá solicita-la realización da fase de proba. CAPÍTULO VI XORNADA E HORARIO DE TRABALLO Artigo 25 A xornada de traballo será de 1.637 horas anuais. Artigo 26 1. A xornada efectuarase, en termos xerais, de luns a venres, de forma continuada, en quendas de mañá, tarde, ou noite para a categoría de vixiantes, garantíndose o funcionamento dos servicios necesarios os sábados á mañá, logo de acordo entre a Xerencia e o Comité de Empresa, manténdose, en todo caso, os xa determinados no período de vixencia do convenio colectivo anterior. 2. O total de horas anuais realizarase cun horario de 35 horas fixas á semana, agás nos meses de xullo e agosto, que será de 25, quedando o resto, ata completa-lo total, que é de 110 horas, como horario dispoñible para a súa realización en momentos en que a acumulación de traballo o faga necesario e respectando o réxime de xornada establecido para o posto. Os xefes das unidades deberanlles comunicar ós traballadores, como mínimo cunha antelación de 48 horas, a necesidade da realización desa xornada adicional. No suposto de que tales horas teñan que utilizarse fóra do réxime ordinario de xornada, logo da aceptación do traballador, deberán ser autorizadas pola Xerencia. En calquera caso, non se lle poderán recoñecer horas extraordinarias ó persoal se non se consumiu a totalidade das 110 horas sinaladas anteriormente, ou cando existan traballadores no centro de traballo que aínda non as consumiron. Exceptúanse da limitación anterior aqueles centros de traballo nos que se determinara, con autorización da Xerencia, logo de acordo co Comité de Empresa, unha repercusión regular das citadas horas ó longo do ano. Por cada 22 horas traballadas das 110 xa indicadas o traballador terá dereito a 1 día adicional de vacacións, que se incorporará ó período ordinario das mesmas. Para estes efectos, o consumo anual das 110 horas computarase do mes de xullo de cada ano ata o de xuño do seguinte. A Xerencia informará semestralmente ó Comité de Empresa do uso deste crédito horario por traballador e centro de traballo. 3. Os traballadores terán a obriga de realizar 15 sábados ó ano como máximo e sempre que o centro de traballo no que presten servicios necesite o mantemento de servicios mínimos. A prestación de cada sábado implicará o consumo das 110 horas non repercutidas no horario ordinario e o dereito do traballador a desfrutar de un día libre, ben na semana seguinte á da prestación do sábado ou ben acumulándose ó período ordinario de vacacións anuais. Para estes efectos, os sábados realizados computaranse desde o 1 de xullo de cada ano ata o 30 de xuño do seguinte. O réxime de desfrute do día libre acordarase entre a Xerencia e o Comité de Empresa. 4. Exceptúanse do réxime ordinario de xornada os seguintes casos: a) Para os conductores, na determinación do exceso de xornada distinguirase entre o traballo efectivo, é dicir, o tempo de conducción e o tempo de presencia por razóns de espera, espectativas de servicio, avarias, comidas en ruta ou outras similares. O tempo efectivo que exceda da quenda ordinaria, computadas as 110 horas de dispoñibilidade, aboarase como horas extraordinarias. As horas de presencia que excedan da xornada ordinaria pactada ou da súa distribución segundo o réxime de quenda, non se considerarán dentro da xornada de traballo nin se computarán para o efecto do aboamento de horas extraordinarias, sendo retribuidas coa gratificación de permanencia definida no artigo 32 deste convenio. Para o control das horas de traballo efectivo, establecerase un parte de control de viaxes realizados fora da xornada ordinaria que será asinado polo responsable da viaxe. No non previsto neste convenio, aplicarase o determinado no Real Decreto 2001/1983, do 28 de xullo, no seu título III. b) Os postos de traballo que impliquen a realización da totalidade ou parte da xornada laboral en sábados pola tarde, domingos e días declarados festivos, tanto pola autoridade laboral coma polo Rectorado. A xornada destes postos será fixada pola Xerencia, logo do acordo co Comité de Empresa. En calquera caso, o cómputo das horas traballadas neses días deberá efectuarse como dobre para os efectos de determina-lo réxime de xornada. c) Os postos de traballo adscritos a servicios de laboratorios e á fonoteca universitaria e os de monitores deportivos, que, logo da aceptación do traballador, poderán ter un réxime de xornada partida, agás durante os meses de xullo e agosto. Este réxime poderá ser estendido, de forma temporal ou permanente, a aqueles casos nos que se derive da propia función do posto de traballo ou das funcións do servicio no que se encadre a necesidade da xornada partida por non existir posibilidade de facer efectiva a prestación laboral en réxime de xornada continuada de mañá ou tarde ou por ser esta claramente antieconómica. Tal extensión do citado réxime será acordada pola Xunta de Goberno de cada universidade, con base nun informe xustificativo da Xerencia, que previamente deberá ser acordado co Comité de Empresa respectivo. d) Os postos de traballo de unidades nas que se presten servicios á comunidade universitaria e nas que se recoñeza o dereito a comida, os cales poderán ter un réxime de xornada continuada que non coincida cos horarios ordinarios de inicio e fin das quendas, o cal fixará a Xerencia, logo do informe do Comité de Empresa. Neste sentido, o persoal técnico da gardería universitaria de Santiago de Compostela terá un horario de 10 da mañá a 6 da tarde, así como a obriga de asistencia fóra dese horario ás sesións de coordinación pedagóxica que se determinen, compensándoselle o exceso de xornada co desfrute dun mes máis de vacacións anuais. Igual réxime lle será de aplicacion, coas adaptacións necesarias, ó persoal de apoio da gardería nos postos en que sexa preciso. Nestes casos a compensación en vacacións será de 21 días naturais, por non ter tal persoal obrigatoriedade de asistencia a sesións de coordenación pedagóxica. e) Os vixiantes terán a xornada específica acordada pola comisión paritaria na súa sesión do 7 de xuño de 1989 en tanto a referida comisión non o modifique. Artigo 27 Horas extraordinarias urxentes. Non se terán en conta, para efecto da duración máxima de xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias utilizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou danos ou para atender necesidades extraordinarias e urxentes. Cando non existan traballadores que desexen realizalas voluntariamente, a Xerencia poderá sinalar quen teña que executalas, comunicándollo ó Comité de Empresa. As horas extraordinarias e a razón da súa urxencia seranlle comunicadas ó Comité de Empresa 48 horas antes, a non ser que non se poida prever, caso no que se comunicará nas 48 horas seguintes. CAPÍTULO VII RÉXIME RETRIBUTIVO Artigo 28 Estructura do salario. O réxime salarial pactado no presente convenio queda estructurado da seguinte forma: 1.- Retribucións básicas. - Salario base. - Pagas extraordinarias. - Trienios 2.- Retribucións complementarias. - Plus de nocturnidade. - Plus de permanencia. - Plus de perigosidade. - Plus de dispoñibilidade horaria. - Plus de dirección. - Plus de especial responsabilidade. - Plus de encargados. - Horas extraordinarias. Artigo 29 Salario base e pagas extraordinarias. A retribución anual por grupo é a que figura no anexo V, que se fará efectiva en 15 pagos, 12 mensualidades e 3 pagas extraordinarias, que se farán efectivas en xuño, setembro e decembro, de idéntica contía. O seu importe será calculado proporcionalmente ó tempo de servicios efectivamente prestados nos doce meses inmediatamente anteriores ós sinalados para o seu aboamento. Artigo 30 Antigüidade. Percibirase cada trienio coa cantidade de 4.823 pesetas mensuais, manténdose a contía dos acumulados ata o 1 de febreiro de 1988 na cantidade xa recoñecida, incrementada no 6%. Este concepto aboarase tanto nas pagas ordinarias como nas tres pagas extraordinarias. Así mesmo recoñecerase para efectos de antigüidade os servicios previos prestados á Administración, os de período de proba a aqueles correspondentes a contratacións O persoal afectado por este convenio poderá xubilarse a partir dos sesenta anos, concedéndoselle unha gratificación, por unha soa vez e polo referido feito, de acordo coa seguinte escala: EDADE GRATIFICACIÓN 70 anos 220.000 pts. 71 anos 200.000 pts. 72 anos 180.000 pts. 73 anos 145.000 pts. Artigo 52 Coa previa conformidade do traballador afectado, poderá producirse a xubilación ós 64 anos, segundo o establecido no Real Decreto 1194/1985, do 17 de xullo, naqueles. casos en que a contratación simultánea doutro traballador, esixida no citado Real decreto, sexa aconsellable por circunstancias do servicio ou da función, apreciadas pola Xerencia co informe favorable do Comité de Empresa. CAPÍTULO XIII ASISTENCIA E ACCIÓN SOCIAL Artigo 53 Cada Universidade creará no segundo semestre do ano 1992 unha comisión, constituída de forma paritaria, de asistencia e acción social, formada por 3 representantes da universidade e 3 do Comité de Empresa do persoal laboral de administración e servicios, co obxecto de desenvolver unha política nese campo. Artigo 54 Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan, manterase a efectividade das seguintes: - Ensino universitario. As Universidades habilitarán os medios para conseguir que, a matrícula nos centros universitarios dependentes das Universidades Públicas Galegas, sexa gratuíta para os traballadores activos e xubilados, para o seus cónxuxes ou persoa coa que convivan maritalmente e para fillos ó seu cargo. - Gardería infantil. Os traballadores da Universidade de Santiago terán os mesmos dereitos de admisión e réxime económico co resto do persoal da universidade no uso da gardería infantil para os seus fillos. - Incapacidade laboral transitoria. Cada universidade completará as percepcións do traballador durante a situación de ILT ata o 100 por 100 das súas retribucións mensuais durante os 18 meses da ILT. - Xubilación. Ó se produci-la xubilación dun traballador que teña como mínimo 15 anos de antigüidade recoñecida en calquera das tres universidades que asinan este convenio, percibirá da súa o importe íntegro de tres mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos quince de referencia. - Indemnización por falecemento. Os herdeiros do traballador da Universidade percibirán, en concepto de indemnización por falecemento, a cantidade de 136.500, compatibles con calquera tipo de axuda por esta causa. - Instalacións deportivas. Os traballadores terán para si, o seu cónxuxe e fillos ó seu cargo, dereito á utilización das instalacións deportivas da súa universidade, nas mesmas condicións cás establecidas para o resto dos membros da comunidade universitaria. - Anticipos reintegrables. Cada universidade poderá conceder anticipos reintegrables ó seu persoal laboral nas mesmas condicións cás establecidas para os funcionarios públicos. Artigo 55 Co obxecto de financiar accións dirixidas ó persoal que se acorden na Comisión de Acción Social, ou ben que se complementen ás adoptadas nela, decididas entre a Xerencia e o Comité de Empresa respectivos, constitúese en cada universidade un fondo de acción social para o persoal laboral equivalente, cada ano, ó 1% da masa salarial do ano anterior. Tal fondo dedicarase, prioritariamente, ó: l.- Financiamento dun seguro por invalidez e morte e mais responsabilidade civil derivada do exercicio profesional para o persoal, incluíndo un seguro complementario para a compensación de accidentes en vehículos automóbiles de propiedade dos traballadores utilizados en actos de servicio. 2.- Financiamento de gratuidade no uso de instalacións e servicios da universidade. 3.- Financiamento de medidas de apoio a traballadores que teñan ó seu cargo fillos diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais. 4.- Financiamento de sistemas complementarios de axudas ó estudio. 5.- Financiamento de anticipos reintegrables. No suposto de que nalgunha Universidade se chegue a un acordo co Comité de Empresa respectivo, no senso de adicar parte ou todo deste fondo a financiar un plano de pensións, tal fondo quedaría reducido na cantidade que a universidade promotora se comprometa a achegar con caracter premanente ó devandito plano. CAPÍTULO XIV DEREITO DE REPRESENTACIÓN COLECTIVA DO PERSOAL Artigo 56 Ningún traballador poderá ser discriminado en razón da súa afiliación sindical e todos poderán expoñer libremente no centro as súas opinións sobre o particular. Artigo 57 Todo traballador poderá ser elector e elixible para exercer cargos sindicais, sempre que reúna os requisitos previstos no artigo 49 do Estatuto dos Traballadores. Artigo 58 Todo traballador poderá dispoñer de vinte horas laborais ó ano como permiso retribuído para asistir a reunións sindicais ou de entidades legalmente constituídas e relacionadas coa súa profesión e á que fose oficialmente citado. Para o uso deste dereito, daráselle comunicación á Xerencia con corenta e oito horas de anticipación e achegando a correspondente citación. Artigo 59 Sen prexuízo do disposto nos artigos 77 a 81 do Estatuto dos Traballadores, poderá ser constituída a asemblea dos traballadores de cada universidade, dun centro ou de varios centros da mesma. Deberá ser convocada polo Comité de Empresa ou por un 20% dos traballadores do seu cadro de persoal. Terán dereito a reunirse nun local da súa universidade facilitado pola Xerencia, sen presencia desta. A Xerencia debera recibir comunicación previa de corenta e oito horas e manteranse cubertos, en todo caso, os servicios mínimos. Artigo 60 No caso de estar negociando un convenio colectivo, poderá reunirse dentro do horario de traballo cun límite de seis horas no período dun mes e con só vintecatro horas de preaviso. Artigo 61 Os Comités de Empresa e os delegados de persoal poderán acumula-las horas sindicais dos seus membros en un ou en varios deles. O pedimento de acumulación deberá facerse por escrito, con autorización tanto do cedente como do cesionario, resolvendo a xerencia de cada Universidade. O crédito horario é de caracter persoal, retribuído, mensual e para o exercicio exclusivo de funcións de representación. Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas dun mes para outro. A acumulación de horas sindicais terá unha duración mínima de 6 meses, debéndose comunicar cunha antelación mínima de 20 días hábiles ó seu inicio. Non obstante, poderanse autorizar acumulacións inferiores cos mesmos requisitos para a realización de actividades concretas sempre que exista credito horario e non fose previamente acumulado. Artigo 62 Delegados sindicais. Recoñécese o dereito das centrais sindicais a seren representadas por un delegado da súa universidade. O delegado deberá ser traballador en situación de activo da universidade correspondente. Os sindicatos que aleguen este dereito deben acreditalo de modo que faga fe diante da universidade correspondente, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos. Artigo 63 Os membros dos Comités de Empresa e os Delegados/as de Persoal terán os dereitos que lle recoñece a lei e os seguintes: - Dereito á libre difusión na universidade correspondente das súas publicacións, avisos ou opinións, que lles poidan interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral. - Dereito de reunión nos locais da súa universidade nas mesmas condicións que se sinalan para a asemblea dos traballadores. - Os membros dos Comités de Empresa e os Delegados/as de Persoal dispoñerán de tempo retribuído para realizar xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal. As horas mensuais necesarias para cubrir esta finalidade fíxanse de conformidade coa seguinte escala: TRABALLADORES/AS HORAS Campus de ata 250 35 Campus de 251 a 700 50 Campus de 701 en adiante 60 Dereito a seren informados dos asuntos da súa universidade nos termos fixados para o Comité de Empresa no Estatuto dos Traballadores, debendo observa-lo sixilo profesional recollido no artigo 65.2 do Estatuto dos Traballadores. Artigo 64 Cada universidade, na medida das súas posibilidades, facilitará un local para a actividade sindical e o material de oficina necesario. Así mesmo dispoñerase de taboleiros de anuncios reservados á libre comunicación sindical en tódolos centros onde sexan precisos. CAPÍTULO XV FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO DO PERSOAL Artigo 65 Coa finalidade de desenvolver un Plano anual para a formación e perfeccionamento do persoal créase unha Comisión de Formación para cada universidade, tendo como funcións a análise e a elaboración do Plano de Formación Profesional. Artigo 66 Os traballadores que cursen estudios oficiais de perfeccionamento profesional, dispensados por centros oficiais terán preferencia para elixir quenda de traballo, así como a adaptación da xornada ordinaria de traballo á asistencia ós cursos, sempre que as necesidades do servicio e a organización do traballo o permitan. ANEXO I DEFINICIÓNS DE GRUPOS E CATEGORÍAS ENCADRADAS NO PRESENTE CONVENIO Grupo I Nel encadraranse os traballadores titulares de postos de traballo dos que as funcións consistan no desenvolvemento de tarefas propias dunha profesión para o exercicio da cal sexa preciso posuír unha titulación habilitante de licenciado universitario ou equivalente, ou que requiran esa titulación baseándose na cualificación das funcións que se van realizar. Grupo II Nel encadraranse os traballadores titulares de postos de traballo dos que as funcións consistan no desenvolvemento e tarefas propias dunha profesión para o exercicio da cal sexa preciso posuír unha titulación habilitante de diplomado universitario ou equivalente ou requiran esa titulación baseándose na cualificación das funcións que se van realizar. Grupo III Neste grupo encadraranse os traballadores que desenvolvan funcións propias de actividades profesionais ou de oficios para os que se requira unha formación cualificada ou unha titulación habilitante de Formación Profesional de Segundo Grado ou equivalente, que estará integrado polas categorías relacionadas no anexo II Grupo IV Auxiliar técnico de biblioteca. Son as súas funcións, con independencia da potestade de organización que a lexislación vixente lles confirme ás universidades: 1.- Reproducción de encabezamentos de fichas. 2.- Intercalado de ficheiros de usuarios. 3.- Entrega, control, reclamación e renovación de empréstitos. 4.- Expedición, renovación, ordenación e control dos carnés da biblioteca. 5.- Comprobación do estado dos fondos e preparación deles para a súa encadernación, comunicando á dirección da biblioteca o que se encontra na devandita situación. 6.- Orientación ós usuarios sobre o manexo de ficheiros e información xeral dos servicios da biblioteca. 7.- Rexistro e control das fotocopias realizadas e cobranza directa, se é o caso, delas. 8.- Elaboración de estadísticas: - Empréstitos de libro en sala. - Empréstitos de libro a domicilio. - Empréstitos de revistas. - Fotocopias. 9.- Ordenación de catálogos de editoriais e librerías e control do empréstito. 10.- Reproducción e distribución do boletín de novidades e do boletín de sumarios. 11.- Signaturización de fichas e obras. 12.- Reconto de fondos documentais. 13.- Asumi-las funcións definidas para a categorías de auxiliar de servicios, área de biblioteca e de axudantes de biblioteca a extinguir, na medida en que sexa necesario para o bo funcionamento do servicio. - Especialistas de oficios. Nesta categoría encadraranse os traballadores que desenvolvan funcións propias de actividades profesionais ou oficios que non estean comprendidos noutros grupos. - Conserxes. Nesta categoría encadraranse os traballadores que desenvolvan funcións de mando, organización e supervisión en centros de traballo sobre o persoal das categorías de auxiliar de servicios da área de conserxería, vixiante, limpador e mozo de servicio, así como a supervisión do servicio de limpeza, e que desenvolvan funcións de reparacións menores e control das condicións de seguridade e mantemento de edificios e instalacións. Grupo V - Telefonistas. Nesta categoría encadraranse os traballadores que atendan servicios xerais de telefonía. - Vixiantes. Son os traballadores que teñen, ó seu cargo a custodia e vixiancia dos edificios ou espacios coutados, suplindo, se é o caso, ós conserxes e auxiliares de servicios nas súas funcións de apertura e peche de locais, e que atenden a funcións derivadas do control de instalacións de seguridade ou cumprimento de normas de uso de espacios e instalacións. - Mozos de servicio. Son os traballadores que realizan as funcións de atención e servicio de comedores, a atención e acomodamento dos locais para actividades culturais e espectáculos, a realización de traballos manuais de almacenamento e conservación de materiais, coidado, e alimentación dos animais necesarios para a experimentación, o coidado de instalacións deportivas, limpeza de material e utensilios e en xeral tódalas actividades manuais que non integran propiamente un oficio. - Auxiliar de servicios. Son as súas funcións as seguintes: - Na área de conserxería: 1.- Custodia-lo mobiliario, máquinas, instalacións e locais. 2.- Controla-la entrada de persoas alleas ó servicio, recibi-las súas peticións relacionadas con el e darlles información sobre a unidade ou oficina á que deben dirixirse. 3.- Custodia-las chaves dos despachos, oficinas e servicios. 4.- Recibir, conservar e distribuí-los documentos, obxectos e correspondencia. 5.- Atende-las chamadas telefónicas 6.- Manexa-las máquinas fotocopiadoras e outras análogas para as funcións derivadas da actividade administrativa dos negociados e secretarías. 7.- Manexar automóbiles cando sexa necesario para realizar calquera outra función das citadas como propias da categoría. 8.- Colaborar no mantemento ordinario das instalacións en xeral e dos seus sistemas de calefacción, electricidade, fontanería etc. facendo reparacións menores e comunicando ós superiores aqueloutras que non se poidan solucionar directamente. 9.- Atende-lo alumnado nos centros. 10.- Abrir e pecha-los locais. 11.- Realiza-las xestións que se lle encomenden no exterior do edificio tales como previsión e recepción de correo, recollida e entrega de documentación en institucións bancarias ou administrativas, etc. - Axudantes de bibliotecas "a extinguir" e auxiliar de servicios, na área de Biblioteca " a extinguir". Son as súas funcións con independencia da potestade de organización que a lexislación vixente lle confire á Universidade: 1.- Atención de consulta en sala e empréstito a domicilio. 2.- Colocar etiquetas en libros e selar estes. 3.- Recollida, transporte e colocación de libros nos seus depósitos e estantes correspondentes. 4.- Vixiancia da orde na sala e do material de publicacións prestadas. 5.- Recepción e entrega do correo da biblioteca. 6.- Recepción e entrega do material da biblioteca. (Encadernacións, material de oficina, etc.). 7.- Encadernación por medio de máquina de canoto dos boletíns informativos das bibliotecas. 8.- Realización de fotocopias dos fondos que non poidan ser reproducidos directamente polos usuarios e, se procede, cobro delas. Persoal de limpeza " a extinguir". É o encargado de face-la limpeza en aulas, despachos, servicios e demáis dependencias e recintos da institución. ANEXO II CLASIFICACIÓN POR GRUPOS E CATEGORÍAS Grupo I - TITULADO SUPERIOR - Profesor de Educación Física. - Técnico Documentación Informática. - Periodista. - Técnico en Actividades Culturais. - Técnico en Publicacións. - Técnico Normalización Lingüística. - Técnico en Orientación Estudiantil. - Asesor Técnico C.O.I.E. - Técnico de Emprego. - Analista Informático. - Médico de Empresa. - Arquitecto. - Traductor. Grupo II - DIPLOMADO UNIVERSITARIO - Técnico en Medios Audiovisuais - Auxiliar técnico en Documentación Informática. - Diplomado Servicio de Publicacións. - Diplomado Normalización Lingüística. - Arquitecto Técnico. - Diplomado en Enfermería. - Técnico de Seguridade. - Enxeñeiro Técnico. - Técnico Xestor de Sistemas. - Encargado técnico do Servicio de Radioisótopos. - Documentalista. Grupo III - Conductor. - Encargado Instalacións deportivas. - Técnicos Especialistas en Actividades Deportivas. - Técnicos Especialistas en Medios Audiovisuais. - Resonancia Magnética. - Análise Elemental. - Raios X. - Crioxenia. - Microscopia Electrónica. - Espectrometría de Masas. - Vibracional. - Herbario. - en Soprado de Vidrio. - do Museo de Historia Natural. - da Gardería. - en Electrónica. - en Cine e Luminotecnia. - en Cine e Luminotecnia da Imprenta. - en Cine e Luminotecnia da Imprenta de informática (Programadores, Operadores) - en Cine e Luminotecnia da E.U. Óptica. - Encargado de Actividades Culturais. - Oficial Administración a extinguir. - Encargado Mantemento. - Encargado Xardinería. - Protésico Dental. Grupo IV - Conserxe. - Encargado de Correos. - Encargado de Seguridade. - Monitor Deportivo. - Especialista das Unidades Deportivas. - Socorrista. - Administrativo " a extinguir". - Carpinteiro. - Cociñeiro. - Auxiliar Técnico de Bibliotecas. - Oficial de Laboratorio. - Especialista Soprado de Vidrio. - Almaceneiro. - Especialistas dos Animalarios. - Especialista Servicio de Publicacións. - Intendente da Imprenta. - Especialistas de Imprenta. - Delineante. - Conductor. - Electricista. - Pintor. - Fontaneiro. - Calefactor. - Xardineiro. - Especialista de Prácticas da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Grupo V - Auxiliar de Servicios. - Persoal de limpeza " a extinguir". - Telefonista. - Mozo de Servicio. - Vixiantes. - Calquera outra que se cree durante a vixencia deste Convenio e se encadre dentro de calquera dos grupos a través da correspondente relación de postos de traballo. ANEXO III PLUSES POR POSTO DE TRABALLO a) Pluses por especial responsabilidade: CATEGORIAS GRUPO CONTÍA ANUAL Analistas 3 568.802 Técnicos do C.O.I.E. 3 568.802 Encargados de mantemento e desenvolvemento de aplicacións 4 284.401 Técnicos Xestores de Sistemas 4 284.401 Arquitectos técnicos 4 284.401 Mestres 4 284.401 Diplomados en enfermería 4 284.401 Técnicos especialistas de informática (Programadores e Operadores) 5 113.760 Delineantes 5 113.760 Especialistas SERVIMAV 5 113.760 Telefonistas dos Servi. Xer. de Tel. 5 113.760 Conserxes 5 113.760 b) Pluses de dirección: CATEGORIAS GRUPO CONTÍA ANUAL Director do SEIN 1 1.137.604 Xefe da unidade técnica 1 1.137.604 Subdirector do SEIN 2 853.203 Xefes de mant., seguridade, obras e proxectos. 2 853.203 Responsable do servicio de medicina de empresa. 2 853.203 Xefe do gabinete de prensa 2 853.203 Director da área deportiva 3 568.802 Director área cultural 3 568.802 Director gardería 3 568.802 Director técn. serv. publicac. 3 568.802 Director técnico SERVIMAV 3 568.802 Rexente imprenta 3 568.802 Resp. Servic. Normal. Lingüíst. 3 568.802 Xefe de Servicio de tradución 3 568.802