scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática

Varela Otero, Xurxo

Abstract

Existe literatura que investiga sobre a posible influencia do adestramento musical (AM) no desenvolvemento cognitivo do alumnado. Non obstante, apenas contamos con traballos científicos que condensen esta información e ofrezan un estudo específico exclusivo para a etapa de Educación Primaria, dende os 6 aos 12 anos. Así, o obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión bibliográfica que nos permitise coñecer en que medida o exercicio musical pode potenciar as habilidades cognitivas. Polo tanto, levouse a cabo unha busca en cinco bases de datos, relacionando as palabras chave intelixencia musical, habilidade musical e adestramento musical con termos como cognición, programas, beneficios ou nenos. O número total de artigos obtidos superou os oito mil, procedendo así a un proceso de filtrado no que finalmente permaneceron once estudos que cumprían cos criterios de inclusión e exclusión. Os resultados finais evidencian unha relativa correlación entre a práctica musical e o desenvolvemento das habilidades cognitivas dos nenos, feito que nos debe alentar á hora de defender a inclusión do adestramento musical nas aulas do país, outorgándolle maior prioridade curricular

Full text

Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Facultade de Ciencias da Educación Grao en Mestre de Educación Primaria Ano 2022 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Mestre/a de Educación Primaria. Traballo de fin de grao Modalidade 1 “Traballos de revisión bibliográfica” Xurxo Varela Otero 2 Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Beneficios del entrenamiento musical en las habilidades cognitivas del alumnado de Educación Primaria: una revisión sistemática Benefits of musical training in cognitive abilities of Primary Education students: a systematic review 3 A tódalas persoas que fixeron posible o traballo. 4 Índice Resumo .......................................................................................................................... 5 Resumen ........................................................................................................................ 6 Abstract .......................................................................................................................... 7 1. Introdución e xustificación .......................................................................................... 8 2. Método ...................................................................................................................... 11 3. Resultados ................................................................................................................ 14 3.1. Características xerais dos estudos seleccionados ........................................... 14 3.2. O adestramento musical e os procesos cognitivos básicos ............................. 21 3.2.1. A atención ............................................................................................... 21 3.2.2. A memoria ............................................................................................... 22 3.2.3. A percepción ........................................................................................... 24 3.3. O adestramento musical e os procesos cognitivos superiores ......................... 25 3.3.1. As funcións executivas ........................................................................... 25 3.3.2. A intelixencia ........................................................................................... 31 3.3.3. A linguaxe ............................................................................................... 33 4. Discusión .................................................................................................................. 34 5. Conclusións .............................................................................................................. 38 Referencias bibliográficas ............................................................................................ 38 Anexos ......................................................................................................................... 48 Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 5 Resumo Existe literatura que investiga sobre a posible influencia do adestramento musical (AM) no desenvolvemento cognitivo do alumnado. Non obstante, apenas contamos con traballos científicos que condensen esta información e ofrezan un estudo específico exclusivo para a etapa de Educación Primaria, dende os 6 aos 12 anos. Así, o obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión bibliográfica que nos permitise coñecer en que medida o exercicio musical pode potenciar as habilidades cognitivas. Polo tanto, levouse a cabo unha busca en cinco bases de datos, relacionando as palabras chave intelixencia musical, habilidade musical e adestramento musical con termos como cognición, programas, beneficios ou nenos. O número total de artigos obtidos superou os oito mil, procedendo así a un proceso de filtrado no que finalmente permaneceron once estudos que cumprían cos criterios de inclusión e exclusión. Os resultados finais evidencian unha relativa correlación entre a práctica musical e o desenvolvemento das habilidades cognitivas dos nenos, feito que nos debe alentar á hora de defender a inclusión do adestramento musical nas aulas do país, outorgándolle maior prioridade curricular. Palabras chave: adestramento musical, beneficios, habilidades cognitivas, revisión, Educación Primaria. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 6 Resumen Existe literatura que investiga sobre la posible influencia del entrenamiento musical (EM) en el desarrollo cognitivo del alumnado. No obstante, apenas contamos con trabajos científicos que condensen esta información y ofrezcan un estudio específico exclusivo para la etapa de Educación Primaria, desde los 6 hasta los 12 años. Así, el objetivo de este trabajo ha sido realizar una revisión bibliográfica que nos permitiese conocer en qué medida el ejercicio musical puede potenciar las habilidades cognitivas. Por lo tanto, se llevó a cabo una búsqueda en cinco bases de datos, relacionando las palabras clave inteligencia musical, habilidad musical y entrenamiento musical con términos como cognición, programas, beneficios o niños. El número total de artículos obtenidos superó los ocho mil, procediendo así a un proceso de filtrado en el que finalmente permanecieron once estudios que cumplían con los criterios de inclusión y exclusión. Los resultados finales evidencian una correlación entre la práctica musical y el desarrollo de las habilidades cognitivas de los niños, hecho que nos debe alentar a la hora de defender la inclusión del EM en las aulas del país, otorgándole mayor prioridad curricular. Palabras clave: entrenamiento musical, beneficios, habilidades cognitivas, revisión, Educación Primaria. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 7 Abstract There is literature that investigates the possible influence of music training (MT) on the cognitive development of students. However, we hardly have scientific works that condense this information and offer a specific study exclusively for the Primary Education stage, from 6 to 12 years old. Thereby, the objective of this work has been to carry out a bibliographic review that would allow us to know to what extent musical exercise can enhance cognitive abilities. Therefore, a search was carried out in five databases, relating the keywords musical intelligence, musical ability and musical training with terms such as cognition, programs, benefits or children. The total number of articles obtained exceeded eight thousand, thus proceeding to a filtering process in which eleven studies that met the inclusion and exclusion criteria finally remained. The final results show a correlation between musical practice and the development of children’s cognitive abilities, a fact that should encourage us to advocate for the inclusion of MT in the country’s classrooms, giving it greater curricular priority. Keywords: musical training, benefits, cognitive abilities, revision, Primary Education. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 8 1. Introdución e xustificación De acordo coa Organización Mundial da Saúde, a música (tanto na súa parte de interpretación como de escoita) aporta experiencias positivas e benestar emocional ao ser humano, independentemente da súa idade ou cultura (Fancourt e Finn, citado en Tanja et al., 2021). Fisioloxicamente, o humano é un ser musical, tanto a nivel de ritmo corporal (andamos, mastigamos, falamos...) como no que atangue ao propio ritmo fisiolóxico (respiración, latexos do corazón...) (Martins Said e Marques Abramides, 2020). Non por isto existe un fondo debate sobre a presencia que debe ter a Educación Musical nas aulas tendo en conta os beneficios que pode reportar. Historicamente, Platón (no século IV a.C.) xa consideraba que a música era unha parte primordial da educación, idea defendida tamén pola filosofía aristotélica (Jauset-Berrocal, 2018). No Quadrivium da Antiga Grecia, considerado o currículo educativo da escola de Pitágoras, a música era colocada ao mesmo nivel da aritmética, da xeometría e da astronomía; constituíndo estas catro disciplinas as denominadas “artes matemáticas” (Beer, 2005). Até o día de hoxe, a relevancia pedagóxica que os currículos lle outorgaron á Educación Musical foi, xeralmente, alta. Non obstante, apenas contamos con investigacións que constaten as contribucións do adestramento musical (AM) a nivel cognitivo. O AM trátase así dun dos obxectos de estudo fundamentais no presente traballo, considerado como “unha experiencia multisensorial que involucra múltiples funcións cognitivas e redes neurais subxacentes” (Münte et al., citado en Criscuolo et al., 2019); e que está formado por cinco procesos básicos (Bonilla, 2015; Buela Corrales, 2019; Hemsy de Gainza, 2002): - Lecto-escritura musical, consistente na interpretación ou na recreación da mensaxe musical previamente codificada mediante calquera dos sistemas de notación dispoñibles (Merchán Sánchez-Jara, 2016). - Audición activa, que implica unha escoita intencionada e focalizada, na cal o ouvinte se involucra física e mentalmente (Wuytack e Boal-Palheiros, 2009). - Educación vocal, encamiñada á aprendizaxe de obras e á realización de xogos ou improvisacións vocais de vital importancia para o desenvolvemento da musicalidade (Buela Corrales, 2019). - Interpretación instrumental, baseada na descodificación dun texto musical para facelo audible a través dun ou varios instrumentos musicais (Orlandini Robert, 2012). Trátase do proceso ao que, normalmente, se lle outorga maior relevancia nos programas de AM. - Danza, consistente no movemento rítmico do corpo dominando e gardando unha relación consciente co espazo (Dallal, 2020). Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 9 Porén, non debemos esquecer que o AM non é o compoñente exclusivo do currículo educativo da área de Educación Musical. Nesta materia aparecen outros contidos, fundamentalmente vencellados á teoría e historia da música, que non están para nada relacionados co adestramento musical e, en consecuencia, co foco de análise do presente traballo. Polo tanto, é importante recalcar que os resultados do traballo non se poden extrapolar á área de Educación Musical en conxunto, xa que nesta trabállanse outros contidos máis alá dos relacionados co que entendemos como adestramento musical. Así, a pretensión final do TFG é analizar a contribución do AM ao desenvolvemento das habilidades cognitivas, considerándoas como un conxunto de transformacións que se producen nas características e capacidades do pensamento ao longo da vida, especialmente durante o período de desenvolvemento, e polo cal aumentan os coñecementos e habilidades para percibir, pensar, comprender e manexarse na realidade (Rafael Linares, 2008). Deste xeito, antes de comezar, considero importante poñernos en contexto e mencionar as bases científicas das que partimos. Cómpre ter en conta que o interese polo estudo dos beneficios derivados do adestramento musical (máis alá dos estritamente musicais) non renaceu até a década dos 90 do pasado século, tralo estudo do investigador francés Tomatis, que deu orixe ao efecto Mozart (Azevedo et al., 2020). Este autor, cuxo achado segue a ser obxecto de investigación, afirmaba que escoitar música composta por Mozart podía curar casos de depresión. Isto constituíu un alicerce fundamental para á construción de novas crenzas sobre a relación entre o AM e as habilidades cognitivas (Azevedo et al., 2020). Falamos así dun fito histórico no referente ao estudo dos beneficios do AM máis alá dos puramente musicais. Xa na primeira década do século XXI, o interese polo estudo dos beneficios do exercicio musical foi medrando; especialmente no que respecta á influencia do AM no desenvolvemento do cerebro a nivel neuroanatómico e tamén nas potencialidades da música, por exemplo, á hora de aprender matemáticas (Beer, 2005; Kravanja, 2008; Wright, 2009). Hoxe en día, a literatura científica conta con ducias de análises e revisións sistemáticas que constatan, a maioría delas, a influencia positiva do adestramento musical nas habilidades cognitivas, lingüísticas, motoras, sociais, emocionais ou mesmo no rendemento académico (p. ex., Álvaro-Mora e Serrano-Rosa, 2019; Azevedo et al., 2020; Benítez et al., 2017; Carrillo Aguilera et al., 2017; Dumont et al., 2017; Ilari, 2020; Jaschke et al., 2013; Sala e Gobet, 2020; Tanja et al., 2021). Por este motivo, a Educación Musical gozou nos últimos tempos dunha maior relevancia pedagóxica nos distintos currículos educativos do mundo (Wineski, citado en Benítez et al., 2017). Isto non quere dicir que os resultados das investigacións sexan categóricos ou concluíntes. A ciencia avanza devagar, e é difícil saber como o adestramento musical nos modula cognitivamente, é dicir, cal é a causa dos cambios ou a que nivel se producen (Miendlarzewska e Trost, 2014). Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 16 Obsérvase tamén que a maioría de estudos levan a cabo diferentes tipos de adestramento musical namentres realizan as probas estandarizadas periódicas que van medindo a evolución dos participantes nas distintas habilidades cognitivas. Despois, estas avaliacións son comparadas coas dos grupos de control, nos que o adestramento musical é substituído por outras áreas de traballo ou directamente non se realiza ningún tipo de intervención. Na táboa 4 pódese ver os contidos vencellados co AM que traballaron cada un dos estudos lonxitudinais. Táboa 4. Compoñentes do adestramento musical traballados en cada un dos estudos lonxitudinais. Deste xeito, os estudos caracterízanse pola súa ampla diversidade. Non só en canto á idade e procedencia das mostras, senón tamén á distribución dos grupos da investigación, das habilidades cognitivas analizadas e da metodoloxía empregada. Dita información sintetízase na táboa 5 da vindeira páxina, na que se sinala, para cada estudo: - O número do artigo xunto cos autores e o ano de publicación; - O país no que se realizou a investigación; - O número de participantes no estudo (mostra); - A idade en anos ao comezo da investigación, tanto a media como o franxa de idade entre o participante máis e menos mozo; - Os diferentes procesos cognitivos analizados, tanto de orde básica como de orde superior; - Os grupos de estudo que se empregaron e o número de participantes en cada un deles; - A duración da intervención (en meses) nos estudos lonxitudinais; - E o plan de adestramento musical ou a metodoloxía utilizada nos estudos lonxitudinais para poder avaliar o progreso do alumnado. D`Souza e Wiseheart (2018) Frischen et al. (2013) Guo et al. (2018) Hennessy et al. (2019) James et al. (2020) Jaschke et al. (2018) Joret et al. (2017) Price- Mohr e Price (2021) Roden et al. (2012) Roden et al. (2014) Rose et al. (201 9) Danza • Escoita / Audición • • • • Interpretación instrumental • • • • • • • • • • Interpretación vocal • • • • • Lectura e escritura musical • • • • Estudo transversal Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 17 Táboa 5. Principais características dos estudos incluídos. Número do artigo, autoría e ano de publicación País Mostra Idade en anos (ao comezo do estudo) Procesos cognitivos analizados Asignación de grupos de estudo Duración da intervención (en meses) Plan de adestramento musical utilizado Media Rango [1] D’Souza e Wiseheart (2018) Canadá 75 7.6 (grupo 1) 8.1 (grupo 2) 7.6 (grupo 3) 7.77 (xeral) 6.0 – 9.0 (xeral) - Memoria (a curto prazo) - Percepción (velocidade perceptiva) - Funcións executivas (cambio de tarefa, control inhibitorio e memoria de traballo) Intelixencia (non verbal) - Linguaxe (vocabulario receptivo) Grupo I. Intervención musical (n = 24) Grupo II. Intervención con danza (n = 26) Grupo III. Control (n = 25) 0.66 (3 semanas) O grupo I iníciase na interpretación vocal e/ou instrumental, ensinándolles a tocar o ukelele, a batería ou o xilófono. O segundo grupo adestra musicalmente a través dunha ampla diversidade de exercicios que traballan a danza e o movemento. Fano, ámbolos dous, no contexto dun campamento de verán, recibindo dúas horas de AM diarias durante cinco días á semana (dez horas semanais). [2] Frischen et al. (2021) Alemaña 94 6.53 (grupo 1) 6.49 (grupo 2) 6.64 (grupo 3) 6.59 (xeral) 6.0 – 7.0 (xeral) - Atención (selectiva) - Funcións executivas (cambio de tarefa, control inhibitorio, fluidez, memoria de traballo e planificación e/ou organización) Grupo I. Intervención musical (n = 27) Grupo II. Intervención con artes visuais (n = 31) Grupo III. Agarda (n = 36) 8.0 Os participantes do primeiro grupo recibiron 45 minutos semanais de aulas nas que se lles ensinou a tocar un instrumento (principalmente piano, frauta, guitarra, trompeta ou saxofón) e a ler unha partitura, co obxectivo de poder interpretar unha canción ao remate da investigación nun recital. O nivel inicial era semellante entre os participantes. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 18 [3] Guo et al. (2018) Xapón 40 7.5 (grupo 1) 7.48 (grupo 2) 7.49 (xeral) 6.0 – 8.0 (xeral) - Memoria (a curto prazo) - Percepción (velocidade de procesamento) - Funcións executivas (control inhibitorio e memoria de traballo) - Linguaxe (habilidade verbal). Grupo I. Intervención musical (n = 20) Grupo II. Control (n = 21) 1.5 (6 semanas) O grupo experimental recibiu doce sesións de 25 minutos cada unha nas que se lle ensinou ao alumnado a interpretar dúas cancións (Antagata Dokosa e Jingle Bells) dende cero, vocal e instrumentalmente, empregando a melódica, un instrumento musical moi popular nas escolas nipoas. [4] Hennessy et al. (2019) Estados Unidos 62 6.81 (xeral) Sen datos - Funcións executivas (control inhibitorio) - Intelixencia (desenvolvemento cognitivo xeral) Grupo I. Intervención musical (n = 18) Grupo II. Intervención deportiva (n = 21) Grupo III. Control (n = 23) 48.0 (4 anos) O primeiro grupo participou durante dous anos coa Youth Orchestra of Los Angeles, nun programa de adestramento musical baseado no sistema venezolano de educación. Recibiron de 6 a 7 horas semanais de aulas durante eses dous anos, nos que se traballou a práctica instrumental (violín ou viola), o canto e a escoita. [5] James et al. (2020) Suíza 69 10.22 (grupo 1) 10.12 (grupo 2) 10.17 (xeral) 9.76 - 11.19 (grupo 1) 9.7 – 10.55 (grupo 2) 9.7 – 11.19 (xeral) - Atención (selectiva) - Memoria (a curto prazo) - Funcións executivas (flexibilidade cognitiva, memoria de traballo e razoamento abstracto) - Linguaxe (aprendizaxe verbal) Grupo I. Intervención musical a través de instrumentos de corda (n = 34) Grupo II. Intervención través do canto, escoita ou teoría (n = 35) 24.0 (2 anos) Dúas sesións semanais de 45 minutos cada unha, nas que o grupo I traballou coa metodoloxía da Orchestra in Class, que tenta construír na aula unha orquestra e ensinarlle ao alumando a interpretar un instrumento. O outro grupo (control) realizou actividades de interpretación vocal, de escoita, e de lectura ou escritura musical. Táboa 5 (continuación). Táboa 5 (continuación). Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 19 [6] Jaschke et al. (2018) Países Baixos 146 6.3 (grupo 1) 6.4 (grupo 2) 6.6 (grupo 3) 6.2 (grupo 4) 6.36 (xeral) 6.0 – 7.0 (xeral) - Memoria (a curto prazo) - Funcións executivas (control inhibitorio, memoria de traballo e planificación e/ou organización) - Intelixencia (aprendizaxe verbal) Grupo I. Intervención musical sen coñecementos previos (n = 42) Grupo II. Intervención musical con coñecementos previos (n = 38) Grupo III. Intervención en artes visuais (n = 29) Grupo IV. Agarda (n = 37) 30.0 (2 anos e medio) A intervención musical baseouse no currículo educativo da Educación Primaria dos Países Baixos. O primeiro e o segundo grupo recibiron entre 1 e 2 horas semanais de AM na escola. Traballaron a escoita, o canto e a interpretación de instrumentos (non se detalla o método empregado para isto nin os instrumentos musicais empregados). [7] Joret et al. (2017) Bélxica 61 10.44 (grupo 1) 10.44 (grupo 2) 10.44 (xeral) 9.75 – 11.5 (grupo 1) 9.5 – 11.42 (grupo 2) 9.5 – 11.5 (xeral) - Funcións executivas (control inhibitorio) Grupo I. Grupo con AM (n = 30) Grupo II. Grupo sen AM (n = 31) Neste caso trátase dun estudo transversal, no que se compara, a través de probas estandarizadas, as diferenzas entre o alumnado que recibe (ou non) adestramento musical. [8] Price- Mohr e Price (2021) Reino Unido 32 7.66 (xeral) 7.0 – 7.99 (xeral) - Memoria (a curto prazo) - Funcións executivas (memoria de traballo) - Linguaxe (vocabulario e comprensión lectora) Grupo I. Intervención musical (n = 15) Grupo II. Control (n = 17) 3.0 O obxectivo era preparar ao alumnado para que fose capaz de tocar unha canción sinxela no piano coas dúas mans. Para iso, empregáronse quince sesións semanais de entre dez e quince minutos cada unha delas (aprox. catro horas). Táboa 5 (continuación). Táboa 5 (continuación). Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 20 Nota. Emprégase como fonte para a elaboración da táboa os artigos [1], [2], [3], [4], [5], [6], [7], [8], [9], [10] e [11]. [9] Roden et al. (2012) Alemaña 73 7.32 (grupo 1) 7.68 (grupo 2) 8.22 (grupo 3) 7.73 (xeral) Sen datos - Funcións executivas (memoria de traballo) Grupo I. Intervención musical (n = 25) Grupo II. Intervención a través das ciencias da natureza (n = 25) Grupo III. Agarda (n = 23) 18.0 (1 ano e medio) Os rapaces do grupo experimental foron divididos en dous grupos. Os que tiñan entre 6 e 7 anos de idade adestráronse a través do canto, o ritmo, e a escoita. Non obstante, entre os 7 e os 10 anos, os participantes adestráronse doutro xeito, aprendendo a interpretar o instrumento que previamente elixiran: a guitarra, o violín, o violoncello, a frauta, a trompeta, o teclado ou a batería. [10] Roden et al. (2014) Alemaña 50 7.36 (grupo I) 7.72 (grupo II) 7.54 (xeral) 7.0 – 8.0 (xeral) - Funcións executivas (memoria de traballo) Grupo I. Intervención musical (n = 25) Grupo II. Intervención coas ciencias da natureza (n = 25) 18.0 (1 ano e medio) Empregouse o mesmo programa que no estudo de Roden et al.[9] [11] Rose et al. (2019) Reino Unido 38 Sen datos 7.0 – 9.0 (xeral) - Memoria (curto e longo prazo) - Percepción (visual) - Funcións executivas (memoria de traballo) - Intelixencia (CI verbal, manipulativo e global ou total) Grupo I. EM só na escola (n = 19) Grupo II. EM tamén en horario extraescolar (n = 19) 12.0 (1 ano) O primeiro grupo recibiu preto dunha hora semanal de adestramento musical. Pola outra banda, o segundo, ademais disto, recibiu adestramento extraescolar durante máis dunha hora semanal, baseado na práctica instrumental. Táboa 5 (continuación). Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 21 3.2. O adestramento musical e os procesos cognitivos básicos No presente apartado realízase a análise de resultados dos estudos que avaliaron os posibles beneficios do adestramento musical nos procesos cognitivos da atención, da memoria e da percepción (na respectiva orde). Así, na última década, tendo en conta os criterios de filtrado establecidos, contamos coas achegas científicas de D’Souza e Wiseheart (2012)[1], Frischen et al. (2018)[2], Guo et al. (2018)[3], James et al. (2020)[5], Jaschke et al. (2018)[6], Price-Mohr e Price (2021)[8]; e Roden et al. (2014)[10]. A continuación, recóllense os estudos que analizaron a influencia do AM en cada un dos procesos cognitivos, comentando sucintamente: - O programa de adestramento musical empregado nos estudos; - Os instrumentos de avaliación utilizados para avaliar o progreso dos diferentes grupos e nas distintas habilidades cognitivas; - Os resultados xerais dos estudos con respecto a cada un dos procesos cognitivos. 3.2.1. A atención Dous dos estudos seleccionados, un realizado en Alemaña[2] e outro en Suíza[5], investigaron as posibilidades do adestramento musical para a mellora da atención. Neste caso, ámbolos dous traballos avaliaron a atención selectiva, definida como a habilidade para destacar o importante do irrelevante ante unha tarefa dada (Gluck et al., 2009). Frischen et al. (2018) levaron a cabo unha investigación con noventa e catro participantes de entre 6.0 e 7.0 anos de idade. Para comparar a atención selectiva dos grupos previa e posteriormente, empregaron o subtest de atención auditiva da batería NEPSY-II (Korkman et al., 2007). Antes do estudo, o alumnado do grupo de intervención musical fora o que peor resultado obtivera nos test. En troques, despois da investigación, este grupo foi o único que mellorou significativamente os resultados. O progreso foi moi superior con respecto aos outros dous grupos, que apenas melloraron ou fixérono de xeito insignificante. Por isto, tralos oito meses de estudo, os investigadores teutóns concluíron que o adestramento musical pode potenciar a atención selectiva dos rapaces desta franxa de idade. James et al. (2020) tamén quixeron comprobar o impacto que suporían dous anos de adestramento musical na atención selectiva dos sesenta e nove participantes de orixe helvética. Para avaliar a atención dos suxeitos antes e despois do estudo empregaron o test de atención d2 (Brickenkamp, 2012) en tres ocasións (cando comezaron as aulas, un ano, e dous anos despois). Os resultados amosaron unha clara tendencia á alza nos dous grupos, cun efecto positivo máis significativo no grupo que traballou coa xa comentada metodoloxía da Orchestra in Class, baseada no adestramento instrumental. Ademais, cómpre salientar Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 22 que, previamente, este grupo tiña unha menor puntuación media na proba. Dous anos despois, foi capaz de superar con creces ao grupo de control. Alén disto, contamos con outro estudo que, a pesares de non avaliar de xeito específico a atención, emprega probas estandarizadas nas que a atención tamén se ve implicada, e nos que se constata unha melloría tanto do proceso atencional como da concentración dos participantes tras unha intervención musical prolongada (Guo et al., 2018). Polo tanto, podemos concluír que a longa exposición ao adestramento musical supón un impacto positivo na atención selectiva. Porén, é importante subliñar que non contamos con estudos que comproben a relación entre o AM e outros tipos de atención; como a dividida, a sostida ou a focalizada; tendo en conta os mecanismos implicados nas mesmas (Ballesteros, 2000). 3.2.2. A memoria Seis dos once estudos([1][3][5][6][8][11]) investigan as implicacións do adestramento musical na memoria, tanto a curto como a longo prazo. A maioría deles fano a través das múltiples versións do DSF (Digit Span Forward), un test que require de memoria auditiva por parte do neno, para lembrar o maior número de cifras posibles na mesma orde que o examinador as le. Polo tanto, a cantidade de díxitos memorizada antes e despois das intervencións en cada un dos estudos serve para constatar a importancia do adestramento musical na nosa memoria. D’Souza e Wiseheart (2018), investigadores da Universidade de York, realizaron un estudo no Canadá con 75 participantes. Os resultados do DSF (Williams et al., 2003) non foron concluíntes. Aínda así, o grupo musical foi capaz de memorizar 0.9 díxitos máis de media; mentres que o grupo de control só incrementou o seu resultado en 0.3 díxitos. Porén, os responsables da análise non consideran que a diferenza sexa o suficientemente significativa como para falarmos dun desenvolvemento da memoria tras unha intervención musical a curto prazo. Guo et al. (2018) desenvolveron outro estudo no Xapón, no que tamén empregaron a proba do DSF (Ueno et al., 2010) para avaliar a evolución dos dous grupos. Ao igual que D’Souza e Wiseheart (2018), os investigadores nipóns demostraron, aínda cun resultado non concluínte, que o progreso foi superior no grupo que asistiu ás aulas de música, incrementando a súa capacidade de memorización en case un díxito. Cómpre dicir que o grupo de control tamén incrementou en 0.6 díxitos o seu resultado, polo que afirmaron non poder corroborar cientificamente a contribución a curto prazo do adestramento musical na memoria dos mozos e mozas. James et al. (2020), que xa avaliaran a atención (véxase apartado 3.2.1.), tamén observaron a evolución do alumnado con respecto á súa memoria. Neste caso mediron a Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 23 memoria de díxitos a curto prazo a través do DSF (Wechsler, 2005). Ámbolos dous grupos (experimental e control) foron capaces de incrementar a súa memoria de díxitos nunha porcentaxe arredor do 10 %. Non obstante, cómpre subliñar que o aumento foi superior no grupo que traballou a interpretación instrumental con respecto ao grupo que se adestrou musicalmente a través do canto ou a escoita. A través do Rey Auditory Verbal Learning Test (Schmidt, 1996), James et al. (2020) tamén avaliaron a capacidade de memoria verbal a curto e a longo prazo. Neste caso, os resultados non foron concluíntes, xa que a melloría foi pouco significativa. Jaschke et al. (2018) desenvolveron un estudo nos Países Baixos con 146 participantes, a máis numerosa das investigacións seleccionadas para a revisión. A duración da intervención foi de trinta meses (dous anos e medio). As avaliacións estandarizadas realizáronse con periodicidade bianual, aplicando así os test en cinco ocasións (T0 a T4). Neste traballo mediuse a memoria a curto prazo a través do Klingberg Short Term and Working Memory Task (Dumontheil e Klingberg, 2012). Utilizando unha matriz de puntos, a tarefa consistía en lembrar a posición dos mesmos, aumentando a dificultade progresivamente ata facelo con sete puntos. Ámbolos catro grupos incrementaron o seu resultado dous anos e medio despois. Non obstante, o grupo musical sen coñecementos musicais previos foi capaz de memorizar 6,29 puntos máis; e o grupo musical con coñecementos previos tamén incrementou a súa capacidade de lembrar as posicións en 4,33 puntos. O incremento foi moi inferior no grupo de control, que só incrementou a cifra en 3,3 (un 47,5 % menos que o grupo musical sen coñecementos previos). Price-Mohr e Price (2021) tamén investigaron a memoria a curto prazo despois dun estudo de tres meses de duración. Durante o proceso, ensinóuselle aos rapaces a interpretar unha canción sinxela no piano, facéndoo coas dúas mans sincronizadas e namentres lían a partitura. A memoria a curto prazo avaliouse de novo coa proba de memoria de díxitos cara adiante (DSF; Newton e Thompson, 1982), e os resultados foron relevantes para a cuestión que nos atangue. Antes do estudo, este grupo memorizaba un total de 7,33 díxitos de media; e o grupo de control 7,76. Despois dos tres meses, o grupo que aprendeu a tocar unha obra coas dúas mans foi capaz de memorizar 8,53 díxitos (+1.2), mentres que o grupo de agarda memorizou 8,0 (+0,24). No gráfico 1, na seguinte páxina, preséntase a evolución dos grupos en cada un dos estudos que aplicaron a proba Digit Span Forward nas súas diferentes versións. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 24 Gráfico 1. Evolución da memoria de díxitos (a curto prazo) nos estudos que empregaron a proba DSF. Nota. As cifras indican o dato medio de díxitos que os participantes foron capaces de memorizar (en números naturais). Por outra banda, Rose et al. (2019) levaron a cabo un estudo en diferentes escolas do Reino Unido, nas que compararon as habilidades cognitivas do alumnado que só recibía adestramento musical na escola co que tamén se adestraba en horario extraescolar. O primeiro grupo, polo tanto, recibía menos dunha hora semanal de música. Porén, o segundo, alén desta formación, tiña máis dunha hora de AM a maiores en horario extraescolar. Cómpre subliñar que esta hora foi dedicada exclusivamente á interpretación instrumental; namentres que o grupo que só adestraba na aula seguiu o currículo da materia, que tamén incluía outros compoñentes, ben estivesen vencellados ou non co adestramento musical (non se especifica na publicación). Os directores desta investigación empregaron como instrumento avaliativo a Children’s Memory Scale (Cohen, 2010). Mediron a memoria de díxitos a curto prazo e a memoria verbal a curto e a longo prazo, ao igual que o estudo de James et al. (2020). Con respecto á memoria verbal, volvémonos atopar con datos non concluíntes. Ámbolos dous grupos de traballo aumentaron a súa puntuación nos test de memoria despois do ano de traballo, aínda que o grupo que só practicou música na escola incluso viu diminuída a súa puntuación na memoria a longo prazo. Porén, o aumento porcentual na memoria a curto prazo é de pouco máis do 7 % para o alumnado que só recibiu instrución musical na escola (+7,07 %); namentres que os participantes que traballaron a música tamén fóra das aulas incrementárona case un 17 % (+16,68 %). 3.2.3. A percepción Os estudos de D’Souza e Wiseheart (2018)[1], Rose et al. (2019)[11] e mais Guo et al. (2018)[3] analizan as consecuencias do adestramento musical na percepción dos rapaces e rapazas, neste caso con mostras que teñen entre 6,0 e 9,0 anos de idade. 7,05 7,53 7,33 7,95 8,41 8,53 6,6 7,46 7,76 7,2 8,12 8 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Guo et al. (2018) James et al. (2020) Price-Mohr e Price (2021) Puntuación inicial do grupo experimental Puntuación final do grupo experimental Puntuación inicial do grupo control Puntuación final do grupo control Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 25 No estudo de D’Souza e Wiseheart (2018), cuxa metodoloxía foi comentada con anterioridade, avaliouse a velocidade perceptiva dos rapaces antes e despois da intervención. Empregáronse para iso baterías nas que se examinaba a percepción do alumnado con varias probas de copia e substitución de números e díxitos (Conway et al., 2002; Salthouse, 1994; Salthouse e Meinz, 1995; Williams et al., 2003). Despois das seis semanas de intervención, tanto o grupo de control como os grupos de intervención en música e danza amosaron un incremento da súa percepción. O grupo de música fíxoo nun 11.09 % e o de danza nun 7.84 %. Non obstante, o grupo de control tamén incrementou o seu resultado en máis dun 10 % (+10.10 %). Deste xeito, loxicamente, non se puido constatar empiricamente unha mellora perceptiva tralo adestramento musical. O estudo de Guo et al. (2018) tamén analizou a velocidade de procesamento, é dicir, a rapidez coa que se percibe a información. Fixérono a través do Random Automatized Naming (Norton e Wolf, 2012) Non se destacou ningún efecto significativo positivo para ningún dos grupos. Pola outra banda, no estudo de Rose et al. (2019) aplicóuselle á mostra o test Beery VP, no que se avalía a percepción visual (Beery, 2004). Con respecto a esta habilidade, tampouco se obtivo ningún dato que constatara a optimización da percepción tralo AM. 3.3. O adestramento musical e os procesos cognitivos superiores Tódolos estudos seleccionados investigaron sobre o impacto do adestramento musical en procesos cognitivos de orde superior, como son as funcións executivas, a intelixencia ou a linguaxe. Contamos así coas achegas de D’Souza e Wiseheart (2012)[1], Frischen et al. (2018)[2], Guo et al. (2018)[3], Hennessy et al. (2019)[4], James et al. (2020)[5], Jaschke et al. (2018)[6], Joret et al. (2017)[7], Price-Mohr e Price (2021)[8], Roden et al. (2012[9], 2014[10]); e Rose et al. (2019)[11]. A continuación menciono os resultados obtidos nas diferentes investigacións para cada un dos procesos implicados, seguindo a mesma estrutura que no apartado 3.2. 3.3.1. As funcións executivas Outro dos procesos cognitivos superiores son as funcións executivas, definidas por Bausela Herreras (2014) como “actividades mentais complexas necesarias para planificar, organizar, guiar, revisar, regularizar e avaliar o comportamento necesario para adaptarse eficazmente á contorna e atinxir metas”. Deste xeito, tamén se trata dun compoñente primordial que está involucrado en centos de actividades da nosa vida cotiá. Dentro das funcións executivas (FFEE) atopamos múltiples procesos: a memoria de traballo, a planificación, o razoamento, a flexibilidade cognitiva, a inhibición, a toma de decisións, o cambio de tarefa, o branching (multitarefa) ou mesmo a estimación temporal; Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 32 Namentres a puntuación do grupo de agarda (liña amarela) entre o T0 e o T4 se mantivo practicamente estable (+0,6 puntos de media); os participantes adestrados musicalmente aumentaron o seu cociente intelectual verbal en +11,2 (grupo sen coñecementos previos; liña verde) e +9,6 puntos (grupo con coñecementos previos; liña laranxa). Neste estudo, os autores falan así dun impacto salientable do adestramento musical prolongado na intelixencia verbal dos rapaces involucrados no proxecto. O estudo lonxitudinal de Rose et al. (2019), desenvolvido no Reino Unido, tamén coincidiu co que levaron a cabo os anteriores investigadores nos Países Baixos. Aplicóuselle de novo unha das probas de intelixencia elaboradas polo psicólogo romanés David Wechsler. Neste caso foi a primeira versión da escala abreviada para nenos (WASI: Wechsler, 1999). Avaliaron así as tres puntuacións básicas da escala de Wechsler: o cociente de intelixencia verbal (CIV), o cociente de intelixencia manipulativo (CIM) e mailo cociente intelectual ou global (CIT) (Amador, 2013). Os resultados obtidos recóllense no gráfico 3. Gráfico 3. Evolución do CIV, do CIM e do CIT (en puntos) nos dous grupos. Deste xeito, Rose et al. (2019) observaron unha diferenza notable entre o alumnado que só asistiu ás clases de música na escola (< 1 hora semanal) fronte ao que tamén recibiu adestramento musical extraescolar (> 2 horas semanais). O progreso no alumnado que só asistiu á materia de Educación Musical no colexio non foi capaz de aumentar o seu CI un ano despois, mantendo un rango de puntuacións que oscilou dende os 100,17 até os 109,39 puntos. Polo tanto, a súa intelixencia, segundo os criterios de interpretación clínica das escalas de Wechsler (Brenlla, 2013), é clasificada como “intelixencia promedio”. Non obstante, o grupo que recibiu adestramento musical extraescolar obtivo un cociente intelectual (nas tres probas) clasificado como “superior ao promedio”. 107,22 101,11 103,83 109,39 100,17 104 95 100 105 110 115 120 125 CIV CIM CIT 114,89 103,42 108,84 122,37 109,16 115,79 95 100 105 110 115 120 125 CIV CIM CIT Participantes que só recibiron adestramento musical na escola Participantes que tamén recibiron adestramento musical extraescolar Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 33 3.3.3. A linguaxe A participación dos cativos en programas educativos musicais semella ter tamén consecuencias na linguaxe. Para corroboralo de xeito científico, catro dos estudos aplicaron probas que permitiron avaliar a evolución deste proceso cognitivo tralas intervencións. D’Souza e Wiseheart (2018) aplicáronlle á mostra a batería Peabody Picture Vocabulary Test (PPVT; Dunn et al., 2015) para observar a súa habilidade verbal a través do vocabulario receptivo, aquel que o falante é capaz de interpretar en diferentes situacións de recepción de mensaxes (Palapanidi, 2013). Segundo os autores, cun intervalo de confianza do 95 %, os resultados indicaron que o rango de valores medios tivo un aumento considerablemente maior no grupo musical en comparación cos de danza e mailo de control. Na investigación de James et al. (2020) empregouse o Rey Auditory Verbal Learning 2 para avaliar a aprendizaxe verbal (Rey, 1964). O alumnado que traballou a interpretación musical ao longo dos dous anos mostrou unha tendencia á alza superior á do grupo de control. Polo tanto, conclúen que o proceso de aprendizaxe verbal pode verse positivamente influenciado polo adestramento musical. A través do subtest de vocabulario da WISC-IV (na versión en xaponés), Guo et al. (2018)[3] tamén avaliaron a habilidade verbal dos participantes. Non obtiveron resultados relevantes. Porén, cómpre salientar que a intervención desenvolvida no país nipón foi de moi curta duración (apenas seis semanas). Por último, Price-Mohr e Price (2021) observaron o desenvolvemento do vocabulario e a comprensión lectora dos participantes no seu estudo antes e despois da intervención musical. Fixérono a través da Schonell Graded Word Reading test (Schonell, 1971). A repercusión da intervención supuxo un incremento moito maior no grupo que recibiu instrución en piano fronte ao de control, a pesares de ser nun curto período temporal. En conclusión, neste apartado atopámonos cunha ampla diversidade de resultados, dependendo, principalmente, do proceso cognitivo e do estudo que consideremos. Non obstante, as probas amosaron beneficios superiores nos grupos cos que se adestrou musicalmente con respecto aos grupos de control, ben fosen diferenzas significativas ou non. Non por isto debemos prescindir da discusión, onde se resumen os principais achados obtidos e a súa relevancia e firmeza. Para concluír este apartado, cómpre mencionar que na táboa 5 (ver anexo I do traballo) sintetízanse os resultados dun xeito máis simple e visual, indicando para cada estudo e habilidade cognitiva, e a través dun código de cores, as conclusións das investigacións. Cada unha das catro cores da táboa sintetiza os resultados obtidos en cada estudo para cada un dos procesos cognitivos, clasificándoos do seguinte xeito: Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 34 - Cor branca: o estudo non avaliou o proceso cognitivo, é dicir, non se traballou especificamente co proceso ou non se empregaron instrumentos de avaliación propios. - Cor laranxa: os resultados das avaliacións non indican unha influencia do adestramento musical nas habilidades cognitivas. - Cor verde clara: obtivéronse resultados positivos sobre a influencia do AM nas habilidades cognitivas, aínda que non foron concluíntes para os autores. - Cor verde escura: os resultados foron positivos e concluíntes, e os autores puideron constatar, por medio de distintas probas, que o adestramento musical inflúe no desenvolvemento de dito proceso cognitivo. 4. Discusión Os resultados extraídos na presente pescuda proban que o adestramento musical, tanto a curto como a longo prazo, constitúe un beneficio para as habilidades cognitivas do alumnado. Os datos reflicten que os rapaces inmersos na práctica musical (ben sexa a longo ou a curto prazo) amosan cambios na estrutura cerebral que son concomitantes ao desenvolvemento das habilidades cognitivas. Así, o presente estudo, que pretendeu recoller os derradeiros achados científicos sobre a cuestión formulada, constatou como o adestramento musical, especialmente aquel baseado na interpretación dun instrumento, incide nas habilidades cognitivas. A práctica instrumental foi o compoñente do adestramento musical que maior beneficios reportou. Non por iso debemos pensar, tendo en conta os resultados obtidos, que a danza ou a educación vocal (verbi gratia) non contribúen ao desenvolvemento das nosas destrezas cognitivas. Alén disto, as metodoloxías aplicadas foron moi diversas. A práctica totalidade de estudos levaron a cabo unha intervención na cal se traballou a interpretación instrumental. Polo tanto, os datos suxiren que este é un dos compoñentes do AM cun maior potencial á hora de desenvolver as habilidades cognitivas. Nos estudos nos cales se compararon grupos que aprenderon a tocar instrumentos con grupos que adestraron a través do canto ou a escoita; os primeiros tiveron maiores beneficios a nivel cognitivo (p. ex. James et al., 2020). O mesmo ocorreu cos estudos que compararon os resultados dos grupos con intervención instrumental cos dos grupos que practicaron danza (D’Souza e Wiseheart, 2018). Por outra banda, contamos con estudos que ratificaron que alomenos cinco dos seis procesos cognitivos sometidos á análise vense positivamente influenciados polo adestramento musical: dous básicos (a atención e a memoria); e tres de orde superior (algunhas funcións executivas, a intelixencia e mais a linguaxe). A continuación, coméntase a posible influencia do AM en cada unha deles, comezando primeiramente polos de orde básica e continuando polos de orde superior. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 35 Con respecto á atención, na última década só contamos con dous estudos científicos que analizaron o impacto da formación musical neste proceso: o de Frischen et al. (2021) e o de James et al. (2020). A pesar de que as investigacións son escasas, ámbolos dous estudos atoparon un impacto positivo na atención selectiva do alumnado do grupo experimental. Coinciden en que a atención está fortemente involucrada na música, e, polo tanto, vese reforzada polo adestramento musical. O mesmo ocorre coa memoria: tamén podemos falar dunha mellora desta no alumnado sometido a adestramento musical. Neste caso, para a memoria, contamos cunha bagaxe máis ampla de estudos que corroboren a influencia do AM. A longo prazo, tódolos estudos que analizaron o impacto do AM na memoria reafirmaron a hipótese da música como elemento fomentador da mesma (James et al., 2020; Jaschke et al., 2018; Price-Mohr e Price, 2021; Rose et al., 2019). Así, ofreceron resultados moi positivos e concluíntes á hora de afirmar que o AM favorece o desenvolvemento da memoria dos nenos de entre seis e doce anos. Non obstante, dous dos estudos amosaron efectos positivos pero que non permitiron falar dunha relación causal entre o AM e o desenvolvemento das habilidades cognitivas (D’Souza e Wiseheart, 2018; Guo et al., 2018). Cómpre dicir que isto probablemente se deba á curta intervención desenvolvida nestes estudos. Os resultados non nos permiten así falar dunha relación causal entre o adestramento musical e mailo desenvolvemento das destrezas cognitivas, alomenos a curto prazo. Deste xeito, no que respecta aos procesos cognitivos de orde básica, o único dos procesos analizados no que non se reportou ningún beneficio foi na percepción. Ben é certo que, do mesmo xeito que a atención, non contamos apenas con literatura científica que avalíe esta capacidade nas circunstancias que require a presente revisión. A evolución da percepción entre o grupo experimental e o de control foi moi semellante no estudo de Guo et al (2018). D’Souza e Wiseheart (2018) tampouco observaron melloras intergrupais. Con respecto ás funcións executivas é onde se atopou un maior impacto do AM. Tódolos estudos obteñen resultados positivos que sinalan a relevancia do AM nas FFEE. Só contamos con tres estudos nos cales os autores non son determinantes á hora de afirmar dita relación. Un deles, o de D’Souza e Wiseheart (2018), posiblemente se xustifique na breve intervención que se aplicou (ao igual que ocorreu cos procesos cognitivos de orde básica). Noutros estudos obtivéronse resultados máis favorables para os grupos musicais, aínda que os autores non ousaron concluír sobre o impacto do adestramento musical nas funcións executivas (Hennessy et al., 2019; Rose et al., 2019). O resto dos autores, como xa se mencionou, si que afirmaron que o exercicio musical dos rapaces pode carrexar consecuencias moi positivas a nivel das funcións executivas, especialmente en habilidades como o control inhibitorio ou a memoria de traballo. Non se Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 36 xustifica o motivo disto, aínda que os estudos consideran que o maior impacto do AM nestas subfuncións débese a que están especialmente involucradas na aprendizaxe musical (Frischen et al., 2021; Guo et al., 2018; James et al., 2020; Jaschke et al., 2018; Joret et al., 2017; Price-Mohr e Price, 2021; Roden et al., 2012; Roden et al., 2014). O mesmo ocorreu coa intelixencia e a linguaxe. Os estudos a curto prazo non obtiveron resultados que poidan apoiar empiricamente a hipótese de que o adestramento musical inflúe na linguaxe (D’Souza e Wiseheart, 2018; Guo et al., 2018). Non obstante, os estudos a longo prazo falan dun alto impacto do AM na intelixencia (á hora de medir o cociente intelectual) e na linguaxe (na adquisición e dominio de vocabulario, fundamentalmente). Só nun dos estudos os investigadores non puideron comprobalo empiricamente (Hennessy et al., 2019). En resumo, contamos con datos que amosan que o adestramento musical ten beneficios no desenvolvemento do alumnado máis alá dos puramente musicais. Os nenos que se exercitan musicalmente presentan, polo xeral, altas habilidades cognitivas, unha maior motivación, mellor rendemento académico e capacidade de concentración; así como un aumento do cociente intelectual (Jaschke et al., 2018). Isto tamén foi corroborado por outros estudos máis antigos ou investigacións que non se inclúen nesta revisión por non cumprir cos criterios de inclusión e exclusión (véxase Bugos e Jacobs, 2012; Costa-Giomi, 2016; Degé et al., 2011; Johnson e Memmott, 2006; Portowitz et al., 2014; Rickard et al., 2010; Schellenberg, 2004; Schellenberg, 2011; Yang et al., 2014; Zuk et al., 2014). As investigacións tamén afirman que a influencia do AM no desenvolvemento cognitivo depende, en alto grao, do tempo ao que os rapaces se sometan ao mesmo. Atopamos que aqueles rapaces cos que se interveu durante máis dun ano obtiñan mellores resultados fronte aos que tiveron unha intervención a curto prazo, especialmente en procesos cognitivos como as funcións executivas ou a memoria. No que respecta ás limitacións do traballo, cómpre mencionar varias. Primeiramente, os tamaños das mostras dos estudos seleccionados foi relativamente pequeno. Así, foi máis complicado para os autores poder xeneralizar a partir dos datos, xa que as probas estatísticas requiren dun tamaño mostral grande para asegurar unha distribución representativa da poboación e unha baixa marxe de erro. Alén disto, algúns datos probablemente estean nesgados pola inhibición da capacidade de análise obxectiva por parte dalgúns autores. Observouse que nalgúns estudos nos cales os resultados eran menos favorables que noutros, os autores, non obstante, eran máis optimistas á hora de realizar as discusións. Ademais, tamén atopamos un nesgo á hora de analizar o progreso do alumnado. Moitos dos estudos non son perentorios xa que a mellora puido verse afectada pola maduración cognitiva do alumnado, que é moi superior tralo remate das investigacións (algunhas delas até catro anos despois). Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 37 Por outra banda, a falta de estudios sólidos previos que comenten as implicacións cognitivas do adestramento musical en rapaces de 6 a 12 anos é moi grande. Namentres existen moreas de estudos sobre os beneficios emocionais e/ou sociais da música, non atopamos tantas investigacións recentes que analicen a implicación do AM a nivel exclusivamente cognitivo. Ademais, tampouco contamos con grandes manuais básicos que sirvan de consulta ou referencia, senón que debemos conformar con pequenos estudos, revisións, metaanálises ou artigos elaborados ao largo e ancho da xeografía mundial. Loxicamente, isto non quere dicir que devanditas indagacións, levadas a cabo por expertos de centos de universidades, deixen de ter enorme rigor e validez. Porén, as exixencias tampouco deben ser altas cando nin sequera hai un consenso entre a comunidade científica sobre cales son os procesos cognitivos ou como se potencian os mesmos. Outra limitación ofrécenola unha pequena porcentaxe de estudos que consideran que a participación en actividades musicais está relacionada coa cognición, pero só de maneira indirecta. Para estes autores o AM é beneficioso a nivel social e emocional; e isto é o motor que fai que, a través dunha maior disposición e motivación, o alumnado termine mellorando as súas capacidades cognitivas (Sala e Gobet, 2020). Con todo, unha das inferencias máis relevantes é que o cen por cen dos investigadores concordan na idea de que partindo dun grupo de control e doutro no que se intervén musicalmente, é máis probable que aquel que se realiza AM acade un maior incremento porcentual nas múltiples probas estandarizadas que miden as habilidades cognitivas. Polo tanto, se queremos outorgarlle maior relevancia curricular á Educación Musical nas escolas, as futuras liñas de investigación deben traballar para isto. Xa contamos con ducias de estudos que constatan os beneficios da música a nivel social ou emocional. Ademais, probablemente sexa unha nimiedade ter que corroborar cientificamente que a música está relacionada coas emocións. Non obstante, e por desgraza, o sistema educativo aínda non lle outorga demasiada relevancia ás competencias emocionais. Hoxe en día, o currículo segue a priorizar os procesos cognitivos, especialmente a memoria. Por iso a música queda relegada a un segundo plano no currículo, xa que a pedagoxía non conta con xustificacións empíricas e fundamentadas que defendan que a inmersión do alumnado no adestramento musical tamén optimiza as súas habilidades cognitivas. En definitiva, o estudo ten como fin último por un gran de area a prol da potenciación do adestramento musical na aula, non só como materia illada do currículo senón como ferramenta de aprendizaxe noutras áreas académicas. Tamén trata de darlle azos á comunidade científica ou aos futuros estudantes a levar a cabo novas investigacións e estudos experimentais cun maior número e diversidade de mostras, para así seguir construíndo literatura que constate que o AM e o desenvolvemento das habilidades cognitivas están intimamente relacionados. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 38 5. Conclusións A revisión sistemática levada a cabo permitiunos atopar once estudos que, en conxunto, nos conducen cara á determinación de varias conclusións: - A música é unha ferramenta relevante á hora de potenciar as habilidades cognitivas dos rapaces de entre 6,0 e 12,0 anos. - O cen por cen dos estudos concordan en que, polo xeral, procesos cognitivos como a memoria ou as funcións executivas vense potenciados trala inmersión do alumnado en programas de adestramento musical. - O adestramento musical inflúe tanto nos procesos cognitivos básicos como superiores. - Non se atopa ningún estudo que reporte beneficios a nivel da percepción. - O adestramento musical non reportou grandes beneficios en períodos temporais curtos. Corroboráronse dun xeito máis claro canto máis longa foi a intervención, especialmente naqueles que duraron máis dun ano. - O traballo da interpretación instrumental é o que maiores beneficios reporta a nivel cognitivo. Non por isto a danza ou a educación vocal deixan de ter potencial á hora de potenciar as habilidades cognitivas. - Aqueles rapaces e rapazas que realizan actividades extraescolares de música (especialmente de instrumentos como o piano ou instrumentos de corda) teñen, polo xeral, unha maior habilidade cognitiva. - O beneficio cognitivo do AM tamén semella afectar, segundo algúns estudos, ao rendemento académico dos rapaces. - Algúns investigadores non puideron determinar de xeito conclusivo a implicación do AM nas habilidades cognitivas. Non obstante, por pequena que fose a diferenza, a práctica unanimidade dos resultados indicaron que os grupos cos que se interveu musicalmente víronse máis beneficiados que os grupos control. - A pesar de termos unha grande bagaxe literaria de estudos que corroboren os beneficios da música a nivel social e/ou emocional, non contamos con moitos experimentos recentes que observen as potencialidades do adestramento musical para a optimización das habilidades cognitivas. - As liñas de investigación futuras teñen o reto de seguir mostrando, a través de estudos con mostras de maior tamaño e novas metodoloxías de intervención, o potencial que o AM pode ter nas aulas de Educación Primaria, tanto na propia área de Educación Musical como no resto de materias do currículo. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 39 Referencias bibliográficas Álvaro-Mora, C. e Serrano-Rosa, M. A. (2019). Influencia de la formación musical en el rendimiento académico: una revisión bibliográfica. Anuario de Psicología, 49(1), 18-31. https://doi.org/10.1344/anpsic2019.49.3 Amador, J. A. (2013). Escala de inteligencia de Wechsler para adultos-IV (WAIS-IV). Recuperado de https://docplayer.es/14872295-Escala-de-inteligencia-de-wechsler- para-adultos-iv-wais-iv.html Azevedo, S., Rato, J. e Caldas, A. (2020). Contributo da formação musical no desempenho académico e cognitivo de crianças e adolescentes: uma revisão sistemática. Revista Portuguesa de Educação, 33(2), 116-135. http://doi.org/10.21814/rpe.18506 Baddeley, A., Della Salla, S. e Robbins, T. W. (1996). Working Memory and Executive Control [and Discussion]. Philosophical Transactions: Biological Sciences, 351(1346), 1397- 1404. http://www.jstor.org/stable/3069185 Ballesteros, S. (2014). La atención selectiva modula el procesamiento de la información y la memoria implícita. Acción Psicológica, 11(1), 7-20. https://dx.doi.org/10.5944/ap.1.1.13788 Banyard, P., Cassell, A., Green, P., Hartland, J., Hayes, N. e Reddy, P. (1995). Introducción a los procesos cognitivos. Ariel Psicología. Bausela Herreras, E. (2014). Funciones ejecutivas: nociones del desarrollo desde una perspectiva neuropsicológica. Acción Psicológica, 11(1), 21-34. https://scielo.isciii.es/pdf/acp/v11n1/03_original3.pdf Beer, M. (2005). Mathematics and music: Relating science to arts. East Coast College of English. Beery, K. E. (2004). The Beery-Buktenica developmental test of visual-motor integration. NCS Pearson. Benítez, M. A., Díaz Abrahan, V. M. e Romina Justel, N. (2017). Beneficios del entrenamiento musical en el desarrollo infantil: una revisión sistemática. Revista Internacional de Educación Musical, (5), 61-68. https://doi.org/10.12967/RIEM-2017-5-p061-069 Bhide, A., Power, A. e Goswami, U. (2013). A Rhytmic Musical Intervention for Poor Readers: A Comparison of Efficacy With a Letter-Based Intervention. Mind, Brain, and Education, 7(2), 113-123. https://doi.org/10.1111/mbe.12016 Bisquerra Alzina, R. e Pérez Escoda, N. (2007). Las competencias emocionales. Educación XX1, (10), 61-82. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2490555 Bonilla, J. (2015). Los beneficios del entrenamiento musical sobre el desarrollo infantil. IV Congreso Internacional de Psicología y Educación, Ibagué, Colombia. Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 40 https://www.researchgate.net/publication/327777516_Los_beneficios_del_entrenamie nto_musical_sobre_el_desarrollo_infantil Brenlla, M. E. (2013). Interpretación del WISC-IV. Puntuaciones compuestas y modelos CHC. Ciencias Psicológicas, 7(2), 183-197. http://www.scielo.edu.uy/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1688- 42212013000200007 Brickenkamp, R. (2012). d2: Test de Atención. TEA Ediciones. Buela Corrales, L. A. (2019). Los componentes de la Educación Musical. Varona, (69). http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_abstract&pid=S1992-82382019000200022 Bugos, J. e Jacobs, E. (2012). Composition instruction and cognitive performance: results of a pilot study. Research & Issues in Music Education, 10(1). https://commons.lib.jmu.edu/rime/vol10/iss1/2/ Carrillo Aguilera, C., Viladot Vallverdú, L. e Pérez-Moreno, J. (2017). Impacto de la educación musical: una revisión de la literatura científica. Revista Electrónica Complutense de Investigación en Educación Musical – RECIEM, 14, 61-74. https://doi.org/10.5209/RECIEM.54828 Chobert, J., Clément, F., Velay, J.-L. e Besson, M. (2014). Twelve Months of Active Musical Training in 8- to 10-Year-Old Children Enhances the Preattentive Processing of Syllabic Duration and Voice Onset Time. Cerebral Cortex, 24(4), 956-967. https://doi.org/10.1093/cercor/bhs377 Cohen, M. (1997). Children’s memory scale (CMS). Psychological Corporation. Conway, A. R., Cowan, N., Bunting, M. F., Therriault, D. J. e Minkoff, S. R. B. (2002). A latent variable analysis of working memory capacity, short-term memory capacity, prcessing speed, and general fluid intelligence. Intelligence, 30(2), 163-183. https://doi.org/10.1016/S0160-2896(01)00096-4 Costa-Giomi, E. (2016). Effects of Three Years of Piano Instruction on Children’s Academic Achievement, School Performance and Self-Esteem. Psychology of Music, 32(2), 139- 152. https://doi.org/10.1177/0305735604041491 Criscuolo, A., Bonetti, L., Särkämö, T., Kliuchko, M. e Brattico, E. (2019). On the Association Between Musical Training, Intelligence and Executive Functions in Adulthood. Frontiers in Psychology, 10(1704). https://doi.org/10.3389/fpsyg.2019.01704 Dallal, A. (2020). Los elementos de la danza. UNAM Madrid. Davidson, M. C., Amso, D., Anderson, L. C. e Diamond, A. (2006). Development of cognitive control and executive functions from 4 to 13 years: evidence from manipulations of memory, inhibition and task switching. Neuropsychologia, 44, 2037-2078. https://doi.org/10.1016/j.neuropsychologia.2006.02.006 Beneficios do adestramento musical nas habilidades cognitivas do alumnado de Educación Primaria: unha revisión sistemática Xurxo Varela Otero 41 Degé, F. e Schwarzer, G. (2018). The influence of an extended music curriculum at school on academic self-concept in 9- to 11-year-old children. Musicae Scientiae, 22(3), 305-321. https://doi.org/10.1177/1029864916688508 Degé, F., Kubicek, C. e Schwarzer, G. (2011). Music lessons and intelligence: a relation mediated by executive functions. Music Perception, 29(2), 195-201. https://doi.org/10.1525/mp.2011.29.2.195 Diamond, A., Barnett, W. S., Thomas, J. e Munro, S. (2007). Preschool program improves cognitive control. Science, 318, 1387-1388. https://doi.org/10.1126/science.1151148 Dibbets, P. e Jolles, J. (2006). The Switch Task for Children: Measuring mental flexibility in young children, 21(1), 60-71. https://doi.org/10.1016/j.cogdev.2005.09.004 Dittinger, E., Chobert, J., Ziegler, J. C. e Besson, M. (2017). Fast Brain Plasticity during Word Learning in Musically-Trained Children. Frontiers in Human Neuroscience, 11(233). https://doi.org/10.3389/fnhum.2017.00233 [1]D’Souza, A. A. e Wiseheart, M. (2018). Cognitive Effects of Music and Dance Training in Children. Archives of Scientific Psychology, 6(1), 178-192. http://dx.doi.org/10.1037/arc0000048 Dumont, E., Syurina, E. V., Feron, F. J. M. e van Hooren, S. (2017). Music Interventions and Child Development: A Critical Review and Further Directions. Frontiers in Psychology, 8(1694). https://doi.org/10.3389/fpsyg.2017.01694 Dumontheil, I. e Klingberg, T. (2012). Brain activity during a visuospatial working memory task predicts arithmetical performance 2 years later. Cerebral Cortex, (22), 1078-1085. https://doi.org/10.1093/cercor/bhr175 Dunn, L. M., Dunn, D. M. e Lenhard, A. (2015). Peabody picture vocabulary test: PPVT 4. Pearson Assessments. Flaugnacco, E., López, L., Terribili, C., Montico, M., Zoia, S. e Schön, D. (2015). Music Training Increases Phonological Awareness and Reading Skills in Developmental Dyslexia: A Randomized Control Trial. PLoS ONE, 10(9), 1-17. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0138715 Friedman, N. P., Miyake, A., Corley, R. P., Young, S. E., DeFries, J. C. e Hewitt, J. K. (2006). Not all executive functions are related to intelligence. Psychological Science, 17, 172- 179. http://dx.doi.org/10.1111/j.1467-9280.2006.01681.x [2]Frischen, U., Schwarzer, G. e Degé, F. (2021). Music lessons enhance executive functions in 6- to 7-year-old children. Learning and Instruction, 74. https://doi.org/10.1016/j.learninstruc.2021.101442 García-Peñalvo, F. J. (2021). Revisiones sistemáticas y meta-análisis en Ciencias Sociales y Humanidades. Recuperado de https://zenodo.org/record/4777633#.Yo_IlpPP3Pg Anexos Anexo I. Resultados clasificados polo tipo de estudo (transversal/lonxitudinal) e valorando as avaliacións en cada un dos procesos. Anexo I. Resultados clasificados polo tipo de estudo (transversal/lonxitudinal) e valorando as avaliacións en cada un dos procesos (ver lenda). 5 Para avaliar as funcións executivas considerouse como positivo mostrar resultados concluíntes en alomenos unha das funcións. ESTUDOS TRANSVERSAIS PROCESOS COGNITIVOS DE ORDE BÁSICA PROCESOS COGNITIVOS DE ORDE SUPERIOR ATENCIÓN MEMORIA PERCEPCIÓN FUNCIÓNS EXECUTIVAS5 INTELIXENCIA LINGUAXE [7] Joret et al. (2017) ESTUDOS A CURTO PRAZO [1] D’Souza e Wiseheart (2018) [3] Guo et al. (2018) ESTUDOS A LONGO PRAZO [2] Frischen et al. (2021) [4] Hennessy et al. (2019) [5] James et al. (2020) [6] Jaschke et al. (2018) [8] Price-Mohr e Price (2021) [9] Roden et al. (2012) [10] Roden et al. (2014) [11] Rose et al. (2017) O estudo non avaliou o proceso cognitivo. Os resultados das avaliacións non indicaron unha influencia do adestramento musical nas habilidades cognitivas Os resultados das avaliacións son positivos pero pouco significativos e non concluíntes. Os resultados das avaliacións son positivos e concluíntes para os autores dos estudos. LENDA LENDA