scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Normativa para censos de profesores, axudantes e bolseiros nos centros

Universidade de Santiago de Compostela. Xunta de Goberno

Full text

NORMATIVA DEROGADA NORMATIVA PARA CENSOS DE PROFESORES, AXUDANTES E BOLSEIROS NOS CENTROS (Xunta de Goberno do 18 de febreiro de 1998) Os novos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela establecen, no seu artigo 86.4 que, ós efectos de formar parte das Xuntas de facultade ou escola " o profesorado, axudantes e bolseiros estarán censados soamente nun centro desta Universidade, nas condicións que estableza a Xunta de Goberno". Pola súa parte, o apartado 1.g) do mesmo artigo 86 considera membros das xuntas de facultade " o profesorado e axudantes non censados no centro sempre que a súa carga docente anual nel non sexa inferior a 9 créditos" Para desenvolver as ditas normas e determinar a pertenza ás xuntas de facultade e escola, así como coñecer o número de membros dos sectores presentes nas xuntas por representación, a Xunta de Goberno da Universidade, na súa sesión do día 18 de febreiro de 1998 acordou: PRIMEIRO Sen prexuizo do establecido nos apartados 2º, 3º e 4º, os profesores, axudantes e bolseiros con docencia no POD estarán censados naquel centro no que teñan a maior parte da súa docencia. SEGUNDO Os profesores e axudantes con 9 créditos ou máis de docencia en dous ou máis centros poderán censarse en calquera deles. Os profesores, axudantes e bolseiros con docencia no POD que non teñan 9 créditos en ningún dos centros nos que impartan docencia, poderán censarse en calquera deles. TERCEIRO Os profesores, axudantes ou bolseiros que tiveran a súa docencia nos dous últimos anos maioritariamente nun centro distinto a aquel no que agora a ten asignada, poderán solicitar da comisión electoral ser censados naquel centro, sempre que manteñan nel algunha docencia no POD. CUARTO Os profesores, axudantes ou bolseiros que desempeñen os cargos académicos de decano ou director, vicedecano ou subdirector, ou secretario nun centro estarán censados nel en todo caso. QUINTO A comisión electoral da Universidade é a encargada de publicar os censos dos centros e resolver as reclamacións ós mesmos.