Full text
Facultade de Ciencias da Educación Traballo Fin de Grado Modalidade 2 “Traballo de iniciación á investigación de campo” Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Autora: Virginia Santabaya Carreira Titor: Dr. D. Eduardo José Fuentes Abeledo. Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil Curso 2013-2014 Convocatoria de Xullo Traballo Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Agradecementos. Non quixera deixar pasar a ocasión de agradecer a todas as persoas que fixeron posible este Traballo Fin de Grado (TFG) que aquí presentamos. En primeiro lugar, quero expresar a miña profunda e sincera gratitude ao meu titor, o profesor Dr. D. Eduardo José Fuentes Abeledo, pola súa maxistral dirección, dedicación e apoio persoal na realización desta investigación. Este TFG non sería posible sen a súa guía, axuda e corrección durante horas; todas esas horas que non son recoñecidas pola Universidade e que aquí fago constar. E como non, por ensinarme un pequeno tramo do longo recorrido que supón unha investigación. Non podo esquecerme tampouco de Ángeles Rey Pérez, gran mestra de Educación Infantil e mellor persoa, por roubar horas do seu tempo libre para colaborar nesta investigación. Ela prestouse voluntaria e desinteresadamente para a realización da entrevista, invitoume a presenciar e gravar algunhas actividades que realizou cos nenos no colexio e ensinoume material que realizou durante algúns dos seus proxectos. Debo mencionar tamén ás profesoras María Jesús Agra Pardiñas e Carol Jean Gillanders (ambas pertencentes ao Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da USC), por prestarme a súa axuda desinteresada na parte deste TFG referida á expresión artística. Quero expresar o meu agradecemento aos meus compañeiros, pola súa axuda e achega de ideas e tamén aos meus amigos e a miña familia, polo seu apoio durante toda a elaboración do TFG. Para finalizar, debo agradecerlle a todos os meus profesores e profesoras do Grado de Mestre ou Mestra de Educación Infantil e a todas as mestras, nenos e nenas de Educación Infantil cos que estiven nas prácticas que realicei. Todos eles ensináronme todo o que hoxe sei sobre a Educación Infantil. Debo facer fincapé nestes últimos, nos nenos e nenas que inspiraron a temática deste traballo e que espero, sirva para valorar a expresión plástica, musical e corporal no proceso educativo e para mellorar a calidade da educación que se ofrece nas aulas de Educación Infantil.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira ÍNDICE. INTRODUCIÓN………………………………………………………………………………………..1 CAPÍTULO 1.- O ENFOQUE DE PROXECTOS………………………………………….……….3 1.1.- Introdución…………………………………………………….…………………………………3 1.2.- Concepto de proxecto.……………………………………………………………………….…3 1.3.- Breve referencia histórica.……………………………………………………………..………3 1.4.- Principios metodolóxicos.………………………………………………………………………4 1.5.- Diferenzas coas programacións convencionais.……………………………….……………4 1.6.- O proceso didáctico nos proxectos.……………………………………………………..……4 1.7.- Funcións do alumnado e do mestre.……………………………………………………….…7 1.7.1.- Papel do alumno.……………………………………………………………………..7 1.7.2.- Papel do mestre.………………………………………………………….………….7 1.8.- Beneficios do traballo por proxectos en E.I. …………………………………………………7 CAPÍTULO 2.- EXPRESIÓN ARTÍSTICA………………………………………………...………..8 2.1.- Introdución.………………………………………………………………………………………8 2.2.- Concepto de expresión artística.………………………………………………………………8 2.3.- Expresión plástica.……………………………………………………………………….……..8 2.3.1.- Concepto de expresión plástica……………………………………………….……9 2.3.2.- Achegas da expresión plástica ao desenvolvemento integral do neno de E.I.……………………………………………………………………………………………………....9 2.4.- Expresión musical.…………………………………………………………………………..….9
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira 2.4.1.- Concepto de expresión musical. …………………………………………………10 2.4.2.- Achegas da expresión musical ao desenvolvemento integral do neno de E.I…………………………………………………………………………………………………..….10 2.5.- Expresión corporal.…………………………………………………………………………....11 2.5.1.- Concepto de expresión corporal. …………………………………………………11 2.5.2.- Achegas da expresión corporal ao desenvolvemento integral do neno de E.I.……………………………………………………………………………………………………..11 CAPÍTULO 3.- ACHEGAS DAS ÁREAS DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA AO ENFOQUE DE PROXECTOS………………………………………………………………………………..……….12 3.1.- Introdución. ………………………………………………………………………………….…12 3.2.- Achegas dos proxectos á expresión artística.………………………...……………………12 3.3.- Achegas da expresión artística ao enfoque de proxectos.………………………………..13 CAPÍTULO 4.- DESEÑO DA INVESTIGACIÓN………………………………………..………..16 4.1.- Relevancia da investigación: motivos da elección temática……………….……………..16 4.2.- Formulación de obxectivos.…………………………………………………………………..17 4.3.- Enfoque metodolóxico.……………………………………………………………..…………17 4.3.1.- Entrevista como técnica de recollida de datos……………………….………….18 4.4.- Traballo de campo.……………………………………………………………………………18 4.4.1.- Aplicación da entrevista.……………………………………………...……………18 4.4.2.- Análise de datos: establecemento de categorías e as súas dimensións…….19 4.5.- Rigor, validez e fiabilidade do estudo……………………………………………………….19 CAPÍTULO 5.- INFORME DA INVESTIGACIÓN………………………………………………. 19
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira 5.1.- Introdución.…………………………………………………………………………….……….19 5.2.- Suxeitos participantes.……………………………………………………………..…………19 5.3.- Análise categorial.………………………………………………………………………..……20 5.3.1.- Análise intratópicos. ……………………………………………………………..…20 5.3.2.- Análise intertópicos.……………………………………………………………...…31 CAPÍTULO 6.- CONCLUSIÓNS……………………………………………………………..…….32 6.1.- Introdución.…………………………………………………………………………………..…32 6.2.- Reflexións sobre o proceso de investigación…………………………………………...….32 6.3.- Reflexións sobre os resultados.…………………………………………………………...…33 6.4.- Perspectivas de futuro. …………………………………………………………………….…35 CAPÍTULO 7.- REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS……………………………………………35 ANEXOS…………………………………………………………………………………………..….41 A1.- Guión da entrevista.........................................................................................................41 A2.- Transcrición da entrevista...............................................................................................46 A3.- Autorización para a realización da entrevista.................................................................69 A4.- Proxectos e outras actividades.......................................................................................71 A5.- Bibliografía complementaria consultada…………………................................................76
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Resumo: Con esta investigación exploratoria de carácter cualitativo, propoñémonos como principal obxectivo aproximarnos á perspectiva que mantén o profesorado de E.I. en exercicio sobre as achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal desenvolvendo nas aulas un enfoque de proxectos. Realizaremos pois, unha investigación cualitativa na que como técnica de recollida de datos, utilizaremos unha entrevista. Palabras chave: enfoque de proxectos, concepcións e prácticas do profesorado, expresión plástica, expresión musical e expresión corporal. Resumen: Con esta investigación exploratoria de carácter cualitativo, nos proponemos como principal objetivo aproximarnos a la perspectiva que mantiene el profesorado de E.I. en ejercicio sobre las aportaciones de las áreas de expresión plástica, musical y corporal desarrollando en las aulas un enfoque de proyectos. Realizaremos pues, una investigación cualitativa en la que como técnica de recogida de datos, utilizaremos una entrevista. Palabras clave: enfoque de proyectos, concepciones y prácticas del profesorado, expresión plástica, expresión musical, expresión corporal. Abstract: With this exploratory qualitative investigation, we propose as principal aim to bring near the perspective that supports professorship of early Childhood Education in exercise on the contributions of plastic, musical and bodily expression areas developing in the classrooms a project approach. Therefore, we will do a qualitative research in which we use an interview with a teacher in Childhood Education as a technique of data collection. Keywords: project approach, conceptions and practices of the professorship, plastic expression, musical expression, bodily expression.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 1 INTRODUCIÓN. Como expresa o recoñecido especialista en Educación Infantil Loriz Malaguzzi: O neno está feito de cen. O neno ten cen linguaxes, cen mans, cen pensamentos, cen formas de pensar, de xogar e de falar, cen, sempre cen formas de escoitar, de sorprenderse, de amar, cen alegrías para cantar e entender, cen mundos que descubrir, cen mundos que inventar, cen mundos que soñar. O neno ten cen linguaxes (e ademais de cen, cen, cen), pero róubanlle noventa e nove. A escola e a cultura sepáranlle a cabeza do corpo. Dinlle: que pense sen mans, que actúe sen cabeza, que escoite e non fale, que entenda sen alegría (Malaguzzi, 2005, cit. en Giráldez, 2009, p. 103). Na nosa opinión, na escola as áreas de expresión plástica, musical e corporal están relegadas a un segundo plano mentres a expresión verbal cobra toda a importancia. Consideramos necesario ofrecerlle máis linguaxes aos nenos para lograr unha ensinanza de calidade que contribúa ao seu desenvolvemento integral. Este TFG tratará pois, sobre o enfoque de proxectos e aportará unha reflexión sobre as achegas da expresión plástica, musical e corporal, explorando a perspectiva do propio profesorado que aposta por dito enfoque. A modalidade de TFG escollida será a do traballo de iniciación á investigación coa que pretenderemos fundamentalmente ofrecer algunhas respostas á pregunta “que achegan as actividades de expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos?”. Este traballo permitiranos coñecer o que supón o enfoque de proxectos para que os nenos de Educación Infantil aprendan prestando especial atención ás expresións artísticas. Ademais, coñeceremos a conceptualización da expresión plástica, musical e corporal, a súa importancia para o desenvolvemento do neno de Educación Infantil e as posibles achegas ao enfoque de proxectos. Nos tres primeiros capítulos achegamos un marco teórico acorde co problema e o obxectivo da investigación. No primeiro capítulo abórdase o enfoque de proxectos. O segundo capítulo trata sobre a expresión artística nas súas tres vertentes, é dicir, a expresión plástica, musical e corporal, e as achegas destas ao desenvolvemento dun neno de Educación Infantil. Por último, no terceiro capítulo ofrecemos unha reflexión sobre as achegas da expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos e tamén unha pequena referencia ao principio do capítulo sobre as achegas de dito enfoque á expresión artística. No capítulo cuarto presentamos o estudo empírico, abordando o deseño da investigación cualitativa e baseada nunha entrevista realizada a unha mestra de Educación Infantil (E.I. de agora en diante). No capítulo quinto presentamos o informe de investigación
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 2 coas análises realizadas sobre os datos recollidos a través da entrevista, así como as conclusións sobre a investigación realizada, no capítulo sexto. Finalizaremos este TFG coas referencias documentais e os anexos. Os obxectivos que se perseguen con este TFG son os seguintes: -Identificar as achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos, a partir dunha aproximación ás concepcións e prácticas do profesorado de Educación Infantil e da análise de fontes documentais relevantes. -Profundar no coñecemento do enfoque de proxectos e as áreas de expresión artística. -Valorar a importancia das áreas de expresión plástica, musical e corporal na E.I. -Iniciarse na investigación, máis concretamente neste caso, na de orientación cualitativa servíndonos da entrevista como técnica de recollida de datos. Con este TFG pretendemos afondar no desenvolvemento das competencias e obxectivos especificados na “Guía do TFG” da nosa Facultade e as recollidas no programa da materia pero pretendemos prestar atención prioritaria as seguintes competencias xerais e específicas: Entre outras, as competencias xerais son: G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar; G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva; G6 – onde se refire a dominar o uso de diferentes técnicas de expresión e G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes. As competencias específicas son, entre outras: E.26 - Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións; E.49. - onde se refire a recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe non verbal; E.53 - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes; E.56. - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade; E.58. - Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística e E.60. - Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 3 CAPÍTULO 1.- O ENFOQUE DE PROXECTOS. 1.1.- Introdución. Iniciamos o Marco Teórico ofrecendo unha aproximación á visión que defendemos sobre o enfoque de proxectos e, máis especificamente, a súa abordaxe na Educación Infantil. 1.2.- Concepto de proxecto. O termo “enfoque de proxectos” ou “traballo por proxectos” foi definido por un extenso número de autores, entre os que destacamos Altimir, 2012; Arias Correa e Rial Fernández, 1996; Hernández e Ventura, 1992 e Trueba, 1998. A partir das achegas de autores como os citados, elaboramos a nosa propia proposta. Así, definiremos o enfoque de proxectos como un método globalizado, aberto e creador de aprendizaxes significativas. A temática tratada parte dos intereses e coñecementos previos dos nenos, sendo estes os encargados de construír a súa propia aprendizaxe baixo a guía do mestre. A duración dos proxectos é bastante variable: dende uns días ata un curso enteiro. O enfoque de proxectos permite “respectar diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, aceptar a diversidade e a heteroxeneidade para xuntos ir construíndo coñecemento colectivo” (Valle, 2012, p. 25). 1.3.- Breve referencia histórica. Segundo afirma Trueba (1996), o traballo por proxectos foi concibido nun primeiro momento como unha técnica que foi evolucionando no seu desenvolvemento. Sabemos que o traballo por proxectos foi creado a principios do pasado século XX por W. Kilpatrick, representante americano da Escola Nova. Este enfoque baséase en que o neno aprende dun xeito global, non fragmentado e a partir de situacións da vida cotiá, xurdindo os temas a partir do interese e as experiencias propias do alumnado. Paraskeva (2006) reflicte o pensamento de Kilpatrick ao falar da necesidade de preparar ás novas xeracións para pensar por si mesmos e cambiar as propias ideas, loitando así por unha educación que potencie ás mentes críticas. Co traballo por proxectos, Kilpatrick (2006) buscaba que a educación fose parte da vida e non unha mera preparación para a vida. Para iso, os nenos tiñan que ter a oportunidade de planificar e aprendían a facer facendo, tanto individualmente como de forma grupal a partir dos seus intereses.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 10 2.4.1.- Concepto de expresión musical. A música é definida por Espejo (2006) como un instrumento de representación e comunicación entre as persoas, que se basea na ordenación temporal de diferentes sons e coa que é posible a expresión creativa. Para expresarse, a música emprega as calidades do son, manifestando deste xeito sentimentos, ideas e emocións. Ruiz (2011) afirma que a música produce nos individuos efectos fisiolóxicos, os cales dependen de diferentes elementos identificados por Willems como son “o ritmo, a melodía e a harmonía” (Willems, 1981, p. 75 ) e a súa interrelación. Así mesmo, este autor, recorda que a actividade musical, provoca sensacións e emocións e é unha forma de expresarse por si mesmo e liberar as propias emocións. Esta actividade musical debe ser entendida como un xogo e os nenos deberán observar, descubrir e experimentar. 2.4.2.- Achegas da expresión musical ao desenvolvemento integral do neno de E.I. “Todos os autores recoñecen a sensibilidade dos bebés a sons novos que se producen no entorno, e incluso como poden chegar a constituír un inicio da conciencia musical” (Bernal e Calvo, 2000, p. 21). Akoschky, Alsina, Díaz e Giráldez (2011) e Lorente (1981) coinciden tamén na importancia da educación musical temperá para o desenvolvemento do neno. A música permítelle ao neno descubrirse a si mesmo e ao mundo que o rodea, comunicarse e socializar cos demais, desenvolver a percepción auditiva, e desenvolver a imaxinación e a creatividade, ao mesmo tempo que goza con ela. Algúns beneficios da educación musical temperá son o desenvolvemento da intelixencia e de diversas habilidades como a sensibilidade, a coordinación, o traballo en equipo, a memoria e a concentración, a paciencia e a autodisciplina. Recalcan a importancia da música como unha lingua coa que se pode falar e expresar a comprensión. Ruiz (2011) identifica dous momentos importantes na música: a expresión e a percepción musical. Para Espejo (2006) a expresión pode levarse a cabo a través de medios diferentes como son a expresión vocal e o canto (é a maior forma de expresión e comunicación), a expresión instrumental (que favorece a mellora das capacidades motrices e posibilidades de expresión e movemento, a curiosidade intelectual e a necesidade de escoita) e o movemento e a danza (relacionando así a expresión musical e a corporal). En referencia a este último medio, o movemento musical permite expresar sensacións, fomentar a acción ou a calma e estar en contacto co entorno, cos demais e cun mesmo.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 11 Por outra banda, a percepción musical sensibiliza ao neno no mundo sonoro e na música. Cobra un papel fundamental o oído, que permite as relacións cos demais e proporciona ao neno novos pensamentos e vivencias. A educación auditiva é moi importante porque permite distinguir sons de calidade do ruído ou do silencio e comprender a linguaxe musical. Ao mesmo tempo, o neno irá comprendendo a linguaxe musical e desenvolvendo a capacidade de escoita activa. (Espejo, 2006). 2.5.- Expresión corporal. 2.5.1.- Concepto de expresión corporal. Bolaños (1991) define a expresión corporal como unha forma de comunicarse e transmitir actitudes e sentimentos por medio do corpo e o movemento. Resaltamos así, a importancia do movemento e dos xestos para a expresión e a comunicación, posto que proporcionan aos demais moita información da que non somos conscientes que transmitimos. Castañer (2000) identifica dous factores fundamentais nos xestos: a respiración e a relaxación. A expresión corporal permítelle ao neno coñecer e controlar o seu propio corpo e as súas posibilidades de acción, expresión e comunicación, ao tempo que experimenta sensacións e sentimentos (Vaca, 2003). Partindo da base de que os puntos máis expresivos do noso corpo son o rostro, as mans e os pés (Enguidanos, 2004), debemos realizar actividades de expresión corporal cos nenos nas que se traballen especialmente estas partes. Non podemos esquecernos tampouco do ton corporal, base da expresión citada e factor clave no coñecemento de si mesmo e das relacións que se establezan cos demais (Serrano, 2006). Para Serrano (2006), o xogo é unha das mellores actividades para traballar a expresión corporal en Educación Infantil porque nel o neno atópase en continuo movemento. Cabe integrar pois, o xogo simbólico e o xogo dramático no ámbito da expresión corporal. Non debemos esquecernos tampouco da danza, do mimo, do teatro de sombras… 2.5.2.- Achegas da expresión corporal ao desenvolvemento integral do neno de E.I. Jaritonsky (2003), Montesinos (2004) e Serrano (2006) identifican entre as múltiples achegas as seguintes: maior control do propio corpo e coñecemento de si mesmo ao establecer relacións co contorno e cos demais; mellora da psicomotricidade e da coordinación e da autoestima, comunicación na linguaxe do movemento, inicio na
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 12 improvisación, interpretación do movemento e experimentación de diversas sensacións e sentimentos. Ademais, Serrano (2006) e Schinca (2010) coinciden en que a expresión corporal favorece a imaxinación e a creatividade do neno e Castañer (2000) recolle que a expresión do corpo facilita o coñecemento, estruturación e a organización do espazo e o tempo. Con todo o citado anteriormente, poderemos afirmar que o coñecemento dun mesmo e a toma de conciencia do espazo e do tempo darán lugar á elaboración do esquema corporal, tan importante para o desenvolvemento dun neno. Realizaremos unha mención especial á danza posto que favorece as relacións do neno co espazo (orientación no espazo, a adquisición de nocións topolóxicas...) e consigo mesmo, tomando conciencia do propio corpo (Hugas i Batlle, 1996) “A expresión corporal representa, polo tanto, un dos medios máis idóneos para que os nenos poidan alcanzar un desenvolvemento óptimo do seu potencial expresivo” (Bolaños, 1991, p. 237). CAPÍTULO 3.- ACHEGAS DAS ÁREAS DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA AO ENFOQUE DE PROXECTOS. 3.1.- Introdución. Neste apartado comezaremos xustificando como o enfoque de proxectos é a mellor metodoloxía para traballar a expresión artística nas aulas de Educación Infantil. Finalmente, abordaremos a temática das achegas máis significativas da expresión artística aos proxectos. 3.2.- Achegas dos proxectos á expresión artística. Domínguez (2006) no ámbito da expresión plástica, Bernal e Cabo (2000) na expresión musical e Jiménez (2005) na expresión corporal coinciden que en que as actividades expresivas deben basearse nos principios metodolóxicos de globalización, aprendizaxe significativo, xogo, actividade, individualización e socialización. Ante isto, podemos afirmar que a mellor metodoloxía para traballar estas áreas de expresión cos nenos é o enfoque de proxectos, posto que como comentamos ao principio deste marco teórico , baséase nestes principios metodolóxicos.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 13 Martínez (2002) afirma a necesidade de globalización na Educación Infantil e as múltiples oportunidades que ofrece a educación artística para o proceso do ensino globalizado. Considera que a aprendizaxe das linguaxes expresivas se debe apoiar sobre tres piares básicos como son a globalidade, a interdisciplinaridade e o currículo integrado. Deste xeito, a globalidade é importante porque é o modo no que os nenos captan a realidade, a interdisciplinaridade refírese á interacción entre disciplinas, presente na vida real e, o currículo integrado sería a unión dos dous termos anteriores. Cremos pois, na necesidade de traballar mediante proxectos interdisciplinarios, que segundo Majó (2010) constan das mesmas fases que describimos no primeiro capítulo falando do enfoque de proxectos e fomentan as competencias transversais. Batlle e Capdevila (2013) refírense aos proxectos artísticos multidisciplinares e afirman que a arte proporciona a mestres e alumnos unha visión máis ampla do entorno, estimula a creatividade e proporciona vivencias estimulantes e múltiples maneiras de pensar e actuar. A maiores, desenvolve a sensibilidade, a intuición e a intelixencia. Constatamos así, como o enfoque de proxectos e as áreas de expresión artística se complementan perfectamente. 3.3.- Achegas da expresión artística ao enfoque de proxectos. Afondaremos agora un pouco máis nas achegas da expresión artística ao enfoque de proxectos. Eisner (2004) fala do que as artes poden achegar á educación en xeral e cremos que se pode concretar no enfoque de proxectos como veremos a continuación. Para as artes, hai varias respostas a unha pregunta e varias solucións a un problema. Este aspecto é contrario á concepción da ensinanza tradicional que só acepta unha única resposta ou solución como válida. Cremos que nos proxectos é importante que cada neno aporte a súa resposta ou solución á pregunta ou solución que se lle propón e que isto achega riqueza ao proxecto posto que cada neno proporciona o seu selo persoal. Cando dicimos algo non podemos separar o contido da forma, interprétanse mutuamente. Podemos dicir algo co mesmo contido pero de diferente forma. Consideramos que nos proxectos os nenos poden expresar a mesma idea de diferentes formas, é dicir, mediante a expresión verbal, plástica, musical ou corporal. Teremos en conta así, as diferentes formas
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 14 de expresarse dos nenos. As artes respectan a diversidade e a individualización dos nenos, propias do enfoque de proxectos, mentres outros campos non o contemplan. Xeralmente, a imaxinación, característica da vida cognitiva dos nenos de Educación Infantil non se ten en conta no proceso de ensino-aprendizaxe. Pola contra, as artes si que valoran a imaxinación e a sensibilidade, que se poden concibir dunha maneira estética. Esta estética é fundamental posto que non se pode separar da experiencia intelectual. A imaxinación permítelle aos nenos ver as cousas dunha maneira diferente a como realmente son, tal e como o fan os artistas e científicos. “A experiencia nas artes desenvolve a iniciativa e a creatividade, estimula a imaxinación fomenta o orgullo pola destreza, desenvolve a capacidade de planificación e, nalgúns campos artísticos, axuda aos nenos a aprender a cooperar” ( Eisner, 2004, p.55). Como xa dixemos nos apartados de achegas de cada expresión ao desenvolvemento do neno, a creatividade e a imaxinación son estimuladas. Consideramos este aspecto fundamental para que os nenos acheguen ideas ao proxecto que realizan e sexan quen de dar resposta ás preguntas e problemas que se lle propoñen. Non podemos esquecernos da flexibilidade de propósito propia das artes e tamén do enfoque de proxectos. En ambos casos os obxectivos, contidos, actividades, criterios de avaliación, etc. son abertos e están suxeitos a modificacións. Por medio das artes, os nenos poden expresar, representar e compartir as ideas e os sentimentos. Referíndonos máis concretamente ao enfoque de proxectos, as artes permiten expresar os coñecementos previos sobre un determinado tema e tamén representar os coñecementos que foron adquirindo. Outra característica das artes é que ensinan a pensar dentro do marco de posibilidades e limitacións que impón calquera material ou proceso. Isto non é exclusivo das artes, posto que todos os materiais e procesos impoñen posibilidades e limitacións. A arte presta gran importancia ás relacións, é dicir, a cada parte ou elemento do material producido e a relación entre eles. Así pois, os mestres e os nenos deben ter presente a importancia das relacións, non só nas súas producións, senón tamén na planificación das actividades dos proxectos que realizan.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 15 Cabe destacar a satisfacción intrínseca propia das actividades artísticas fronte ás recompensas extrínsecas, ofrecidas polos mestres. Isto é, os nenos realizan actividades polo simple pracer de realizalas e non por condicionantes externos. Opinamos que as actividades artísticas dentro dun proxecto poden acentuar esa satisfacción intrínseca do alumnado o que fará que emprendan actividades por eles mesmos e que estean máis motivados a aprender. As actividades artísticas poden expresar e representar a comprensión dalgunha aprendizaxe. De xeito tal que non sempre é necesaria a linguaxe verbal ou escrita, ou esta non sempre permite representar todo. En Educación Infantil, onde a maioría dos nenos non saben escribir, permítenos coñecer o que aprendeu o alumno nun proxecto determinado. E é que as artes, poden expresar o que as palabras non. Ademais, o traballo mediante as artes ofrece múltiples fontes de aprendizaxe e oportunidades para seguir aprendendo, ademais de que os seus resultados son múltiples e variados. A avaliación nas artes é formativa. Avalíase todo o proceso, non só os resultados para así axudar a mellorar a aprendizaxe do neno. Este tipo de avaliación é propia do enfoque de proxectos, polo que as artes tamén aportan moito neste sentido, xa que permiten avaliar o proceso e non só o produto. Nas actividades artísticas é máis importante o proceso que o produto, aspecto importante de cara ao enfoque de proxectos. Finalmente, as artes permiten deterse, prestar atención ao que se ten diante, dedicar tempo a realizar unha actividade… Isto pode aplicarse ao exame de ideas, ao manipulalas e usalas; debemos buscar o seu valor estético. Pola súa parte, Arriaga, Madariaga e Morentin (2012) consideran que a expresión artística cohesiona, colabora e conduce os proxectos, á par que contribúe, posibilita e reforza outras formas de coñecemento e expresión ás que poden acceder os nenos de E.I. A expresión artística nos proxectos ofrece posibilidades expresivas e comunicativas e desenvolve estas capacidades. Ademais, posibilita formas de coñecemento máis accesibles para os nenos e contribúe ao desenvolvemento da memoria e a atención, a sincronización, a participación e a cooperación. Estes autores recollen tamén que cada tipo de expresión artística contribúe a integrar os outros tipos de expresións. En proxectos interdisciplinares e cooperativos, a expresión artística é un elemento aglutinador, que posibilita e reforza as diversas formas de coñecemento e expresión.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 16 Bazzanini (2013) recolle que o traballo creativo implica numerosas capacidades cognitivas posto que un neno que está realizando actividades artísticas está continuamente pensando cos seus sentidos. A arte fortalece as habilidades cognitivas, sociais, emocionais e multisensoriais. Nos nenos, inflúe no desenvolvemento do cerebro, na creatividade e na autoestima, ao tempo que favorece a interacción co entorno, a expresión e a comunicación. Martínez Vidal et al. (s.f.) xustifican o interese da educación artística para a educación integral en base a tres funcións: instrumental, expresiva e como estratexia de aprendizaxe. A función instrumental refírese a realizar accións nas que se empreguen as diferentes linguaxes expresivas, posto que estas interactúan entre si. O movemento facilita a coordinación na linguaxe plástica e vincúlase á expresión verbal. Un medio rico en estímulos provoca a necesidade de comunicación e favorece o desenvolvemento da linguaxe verbal. A función expresiva refírese a sentir e a expresarse e facilita a globalización, a proxección do mundo interior, a integración das vías cognitiva, afectiva e psicomotora e o desenvolvemento de valores (emocionais, intelectuais, creativos, imaxinativos, estéticos, perceptivos e sociais). Finalmente, como estratexia de aprendizaxe ofrece ao alumno oportunidades de investigar para a resolución de problemas. As actividades expresivas precisan das habilidades específicas de cada linguaxe pero tamén de habilidades cognitivas, asociacións, predicións, decisións… que son clave para o traballo por proxectos. CAPÍTULO 4.- DESEÑO DA INVESTIGACIÓN. 4.1.- Relevancia da investigación: motivos da elección temática. A elección do problema desta investigación débese fundamentalmente á experiencia da investigadora durante os períodos de prácticas en aulas de E.I., tanto en colexios públicos como concertados, nos que se seguían metodoloxías tradicionais. A práctica educativa baseábase fundamentalmente no traballo nos libros de textos (de “fichas” expresión habitual entre o profesorado de E.I.) que editan diferentes editoriais e a presenza das actividades de expresión artística era escasa e, en ocasións, nula. Ademais, debido a que a investigadora realiza a mención en Linguaxes artísticos, ás materias artísticas obrigatorias cursadas e á experiencia na realización de actividades deste tipo cos nenos de Educación Infantil, fixeron que nos decatásemos de cómo se pode produce unha importante mellora no proceso de ensino-aprendizaxe e na actitude dos nenos cando se traballa mediante proxectos nos que se integren a expresión artística, e da importancia destas para o desenvolvemento integral do neno.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 17 Coincidimos con numerosos autores na importancia do enfoque de proxectos e da expresión artística na educación en xeral e na Educación Infantil en particular. En base a isto, consideramos importarte preguntarnos que achegan as actividades de expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos e explorar o que pensa e fai o profesorado en exercicio sobre esta cuestión. Cremos que o enfoque de proxectos é a metodoloxía máis adecuada para utilizar na Educación Infantil e que canto máis presentes estean as actividades de expresión artísticas máis riqueza achegarán. Ademais, parécenos interesante coñecer cal é a expresión artística que máis predomina no proceso de ensinoaprendizaxe. 4.2.- Formulación de obxectivos. O principal obxectivo desta investigación é explorar a perspectiva do profesorado de E.I. arredor das posibles achegas das áreas de expresión artística á metodoloxía do traballo por proxectos. Con este propósito seleccionamos e entrevistamos a unha mestra de E.I. que ten experiencia no traballo por proxectos e que realiza actividades de expresión artística co seu alumnado. Para isto, establecemos os obxectivos que aparecen na introdución e máis en detalle, identificamos os seguintes: -Identificar as achegas da expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos. -Comparar as ideas da mestra entrevistada coas de diferentes autores sobre o tema tratado. -Coñecer e valorar as achegas da expresión artística en xeral ao enfoque de proxectos. -Explorar a entrevista como vía de análise cualitativo. 4.3.- Enfoque metodolóxico. A metodoloxía elixida para este estudo é cualitativa. Para Flick (2011), “a investigación cualitativa pretende achegarse ao mundo de “aí fóra” (non en ámbitos de investigación especializada como os laboratorios) e entender, describir e algunhas veces explicar fenómenos sociais “dende o interior” de varias maneiras diferentes” (Flick, 2011, p. 12). Segundo este autor, trátase de comprender o mundo que van construíndo as persoas, ofrecendo unha comprensión rica. Os trazos esenciais da investigación cualitativa son “conveniencia dos métodos e as teorías, perspectivas dos participantes e a súa diversidade”, “capacidade de reflexión do
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 18 investigador e a investigación” e “variedade dos enfoques e os métodos na investigación cualitativa” (Flick, 2004, p. 18). Tal e como recolle Álvarez (2003), a investigación cualitativa é indutiva. Por iso, partiremos dunhas categorías a partir das cales elaboraremos a entrevista para logo, establecer relacións e construír as categorías finais. 4.3.1.- Entrevista como técnica de recollida de datos. Seguindo a Kvale (2011), a investigación ten unha estrutura e o propósito de obter descricións, ideas e opinións entendendo o mundo dende o punto de vista do entrevistado, determinados polo entrevistador. Na entrevista de investigación cualitativa vaise construíndo coñecemento na interacción entre o entrevistador e o entrevistado. Patton establece tres tipos de entrevistas. Nós decidimos escoller a guía da entrevista ou entrevista guiada. Este tipo de entrevista caracterízase porque os temas e as preguntas están redactados de antemán pero ao mesmo tempo, pódense ir realizando outras preguntas máis concretas e ir explorando outros temas que poidan xurdir. As preguntas serán variades: de experiencia e comportamento, de opinión e valor, de sentimento, coñecemento… Seguindo a Guba e Lincoln as preguntas serán en secuencia de funil, é dicir dende as xerais ás específicas (Fuentes, 1989) Consideramos que é necesario o coñecemento dun marco teórico relacionado coa pregunta que se quere dar resposta, deseño, realización, transcrición e posterior análise da entrevista e elaboración de conclusións. 4.4.- Traballo de campo. Para esta investigación elaborouse unha entrevista na que os temas tratados son a grandes trazos, o enfoque de proxectos, as áreas de expresión plástica, musical e corporal e as achegas destas áreas a dito enfoque. O guión da entrevista pode verse no A1. 4.4.1.- Aplicación da entrevista. Toda a entrevista foi gravada posto que ao ser unha entrevista longa, podemos ter acceso a totalidade das interaccións e evitamos que se perdan datos que poden ser de grande interese. Ademais, podemos estar máis atentos ás respostas da entrevistada para
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 19 poder realizar preguntas e afondar en aspectos do noso interese. Posteriormente, a investigadora transcribiu a entrevista da maneira máis fielmente posible pero evitando castelanismos e os erros propios da linguaxe oral. A transcrición pode consultarse no A2. 4.4.2.- Análise de datos: establecemento de categorías e as súas dimensións. Unha vez que temos a transcrición da entrevista, procedemos a establecer unhas categorías para a súa análise. A análise da entrevista, seguindo a Fuentes (1998) constará de análise intratópicos, categorías e análise intertópicos, na que se ofrece unha síntese de todo o anterior. As categorías que establecemos e as súas dimensións son as seguintes: Categoría I: Razóns para integrar a expresión artística nos proxectos: trataremos de coñecer as razóns polas que se integran actividades de expresión artística nos proxectos. Categoría II: Reforzo das características propias dos proxectos: nesta categoría identificaremos que características dos proxectos son reforzadas pola expresión artística. Categoría III: Expresión e Comunicación: parécenos interesante saber en que medida as actividades artísticas permiten a expresión e a comunicación dos nenos. Categoría IV: Valores e actitudes: outro categoría serían os valores e actitudes que se fomentan nas actividades de expresión. 4.5.- Rigor, validez e fiabilidade do estudo. O rigor científico de calquera investigación precisa de validez e fiabilidade porque lle outorga credibilidade. Nesta investigación para dotala de fiabilidade e seguindo a Kvale (2011), escoitouse varias veces a gravación da entrevista no proceso de transcrición. A validez refírese a se “un método investiga o que pretende investigar” (Kvale, 2011, p. 158). Consideramos pois, que esta investigación responde á pregunta á que se pretende dar resposta. CAPÍTULO 5.- INFORME DA INVESTIGACIÓN. 5.1.- Introdución. Neste capítulo expoñeremos o resultado da análise da entrevista que realizamos en base ás categorías anteriormente descritas. 5.2.- Suxeitos participantes.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 26 fronte a un coñecemento pasivo, só a nivel cerebral. Os coñecementos pasivos non se soen amosar nas creacións propias porque os conceptos que non foron interiorizados non cambiarán o debuxo por moito que se repita (Figueras, 1980). Comprobamos pois como cando os debuxos cambian, como dicía S, haberá un coñecemento e aprendizaxe activos, característica propia dos proxectos. Eisner (2004) considera que non se debe concibir unha avaliación ríxida, xa que esta pode ir en contra da individualidade. Polo tanto, débese avaliar o proceso, xa que ao longo deste dispoñemos de moitos momentos para facelo. Débese fuxir da realización dunha soa avaliación final na que se busque que o neno alcanzase o obxectivo proposto con anterioridade. Recolle a utilidade da avaliación formativa posto que axuda a mellorar a aprendizaxe do neno, a práctica do mestre e o currículo. A avaliación permite saber o que se ensinou e o que se aprendeu, dunha forma positiva de tal xeito que sempre se busca a mellora do proceso educativo. Martínez y Delgado (1983) afirman que o neno conta e informa a través das súas producións e o que nelas reflicte é a súa impresión, non a verdadeira realidade. Neste sentido podemos afirmar que estaremos avaliando a aprendizaxe do neno e o seu verdadeiro pensamento, xa que o alumno representa o concepto que el ten de algo, non como en realidade é ese algo. Pola súa parte, Abad (2006) considera que o debuxo permite comunicar as experiencias de aprendizaxe dos nenos e serven como rexistro gráfico da súa evolución. Consideramos que este tipo de avaliación propia das artes é a que debe estar presente nos proxectos realizados, polo que as artes reforzarían este aspecto. Así mesmo, cremos que as producións dos nenos permiten avaliar o que os nenos aprenderon ao longo dun proxecto, dende o principio ata o final deste. Categoría III: Expresión e Comunicación. As artes permiten alcanzar ou representar a comprensión dun determinado coñecemento ou aprendizaxe, sen recorrer sempre á linguaxe verbal ou a cuantificación. A ensinanza leva anos deixando de lado á expresión artística e centrándose na linguaxe verbal e na numérica. Aínda que estas últimas son importantes, non deben ser as únicas que se traballen, posto que non poden representar todo o coñecemento que posúen os nenos e nenas. Cabe destacar tamén a idea de que as artes ofrecen un amplo número de formas para crear, modificar e compartir significados e a información (Eisner, 2004). Neste sentido, S coincide
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 27 con este autor ao afirmar que as áreas artísticas permiten ao neno comunicarse e expresarse. Relata que o fan a través do debuxo ou cando cantan. Para Eisner (2004), as ideas que se expresan a través das artes tamén deben ser lidas e para isto é necesario unha alfabetización nestes campos para poder acceder aos contidos que se transmiten. Traballar soamente a lecto-escritura na Educación Infantil supón traballar soamente unha parte da alfabetización dos nenos. Hai que ter en conta que hai ideas ou información que non se poden expresar e transmitir mediante a linguaxe verbal polo que se demostra a importancia da expresión artística. Podemos pois, afirmar que a expresión artística proporciona diferentes medios para a comunicación e a expresión de ideas e información nos proxectos. Non podemos esquecer que a expresión plástica, musical e corporal son linguaxes intimamente relacionadas cos nenos. Ademais de ideas, mediante a expresión artística os nenos poden comunicar as súas emocións como indica S “(…) se os nenos están así como tristes e tal parece que ata non teñen ganas nin de pintar. E é certo cando din que cando o neno está triste pinta con tons escuros” (S, p.61). Martínez y Delgado (1983) comparten esta mesma idea, xa que para estes autores a arte é un medio de expresión e comunicación dos sentimentos, impresións e estados de ánimo dos nenos. Ao preguntarlle a S pola súa concepción da expresión corporal responde o seguinte: Para min é un medio de expresión de cómo están eles porque ao mellor se ese día están así un pouco aburridos ou tal pois velos que non se moven e que algo lle pasa. E que significa que eles… É un medio de expresión para eles, de cómo están (S, p. 59). Vemos unha vez máis como a expresión corporal é un medio mediante o cal os nenos se poden expresar. Se nos referimos máis concretamente á linguaxe do corpo, podemos afirmar que transmitimos moita información da que non somos conscientes, pero os demais si que o perciben. E é que a expresión corporal enriquece a información que damos verbalmente, achegando moitos máis datos. Consideramos que nas producións artísticas queda reflectido claramente como se senten os nenos. Isto permítenos coñecer se os nenos están motivados na realización do proxecto e tamén como se atopan eles. Así, as actividades que realicemos deberanse adaptar ao momento no que as realicemos e á situación dos nenos.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 28 Na mesma liña do que fomos comentando ata agora atopámonos con Lorente (1981), o cal considera que a educación a través dos sentidos, polo tanto a educación artística, desenvolve a fantasía e a iniciativa individual de cada neno, a expresión e a comunicación e a integración dentro dos grupos. En canto á fantasía e iniciativa individual consideramos que enriquece a planificación do proxecto porque os nenos irán propoñendo actividades que realizarán. A expresión e comunicación permite obter información e compartila cos demais. Así mesmo, favorécese a integración dentro dos grupos, aspecto clave no traballo por proxectos onde, como xa dixemos, se traballa en grupos cooperativamente. S afirma que a expresión artística ten carácter de linguaxe e que é tan clara como a linguaxe verbal. Podemos dicir que S valora a claridade da linguaxe verbal e a das linguaxes artísticas por igual. Cita que aínda que os nenos non digan algo si que o plasman nas producións artísticas que realizan. Amósao cun exemplo claro ao dicir que os nenos lle demostran nos debuxos que realizan que a queren aínda que non o expresen verbalmente. Aínda que este non é un exemplo dun proxecto, cremos que nel se relata perfectamente como os nenos expresan e comunican mediante as produción artísticas moita información que non expresan verbalmente. De igual xeito, poderán expresar e comunicar os resultados dos proxectos, que quedarán reflectidos nas producións artísticas que realizan. Ademais, de expresarse e comunicarse coa expresión artística, S considera que se traballa a memoria porque os nenos van compartindo a información que teñen e para iso precisan recordala. As producións artísticas axúdanlle aos nenos a comprender e recordar a información que van aprendendo no proxecto. Abad (2006) afirma que o debuxo serve para transmitir e que non se esquezan as experiencias vividas ou imaxinadas S exemplifícao ao dicir que cos planetas (producións plásticas que realizaron os nenos), estes identifican cada planeta pola súa cor. Aymerich e Aymerich (1985) insisten na necesidade de estimular a memoria dos nenos para un bo desenvolvemento xa que esta é importante ao longo da vida. Recomendan a memorización de cancións, as dramatizacións e todo tipo de xogos de expresión baseados en códigos memorizados e repeticións. Para estes autores, canto máis desenvolvida estea a memoria, máis preparados estarán os nenos para novas adquisicións e descubrimentos. Consideramos que a memoria é moi importante no coñecemento que se vai adquirindo durante os proxectos. Martínez Vidal et al. (s.f.) e S coinciden na función instrumental que ofrecen as artes, é dicir, realizar unha acción empregando as diferentes linguaxes expresivas que son a verbal,
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 29 a plástica, a musical e a corporal posto que interactúan entre si. Como citamos anteriormente no marco teórico, o movemento facilita a coordinación na linguaxe plástica e a linguaxe verbal vincúlase á acción motriz. Un medio rico en estímulos crea a necesidade de comunicación, favorecendo o desenvolvemento da linguaxe verbal. S certifica isto cando relata que durante un recreo os nenos comezaron a pintar debuxos que xa viñan feitos e que lle pedían máis a ela. Pero deixou de traerllos porque soamente era colorear, non creaban o seu propio debuxo. Entón eles decidiron realizar os seus propios debuxo e comezaron a comparalos, a interactuar entre eles, a buscar detalles… Desenvolven as súas opinións. Relata tamén como procura que as fichas para os conceptos teñan algo de debuxar e pintar para que vaian mellorando a coordinación. Categoría IV: Valores e actitudes. S considera que nas actividades de expresión artística os nenos manifestan máis a súa curiosidade innata polo que fan os seus compañeiros ao ser actividades máis abertas. Relata como os nenos miran os debuxos dos compañeiros e se lles gusta algo tamén o representan. Hai, polo tanto, unha maior interacción entre compañeiros, aspecto que non sucede nas actividades de lecto-escritura ou lóxica-matemática. Merodio (1981) destaca as avaliación que realizan os nenos cando admiran a obra do compañeiro. Consideramos que estes xuízos de valor van desenvolvendo o seu sentido da estética, é dicir, do belo. Ademais, S afirma como a expresión artística facilita que os nenos máis tímidos se expresen, tanto a través do debuxo como verbalmente cos demais. Exemplifícao dicindo que cando os nenos máis tímidos debuxan, os outros comezan a falar con eles e así vanse abrindo e falando cos demais compañeiros. Vemos pois, como a produción artística é unha maneira de expresión para moitos nenos. Podemos destacar aquí, esa función instrumental das artes da que falamos con anterioridade ao ver como mediante o debuxo os nenos van empregando tamén a linguaxe verbal. Non podemos deixar de recordar a importancia da expresión e a comunicación na metodoloxía de proxectos. S afirma como algúns dos valores ou actitudes que se desenvolven nos nenos son a creatividade, a imaxinación e a sensibilidade, coincidindo así con Eisner (2004). A creatividade podemos definila como “a capacidade de achar novas solucións a un problema” (Lorente, 1981, p.17). S considera que coas actividades de expresión artística se achega creatividade tanto aos proxectos como aos nenos. Consideramos que esta capacidade é fundamental na realización de proxectos onde se buscan respostas e
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 30 solucións novas a diferentes preguntas e problemas. Pola súa parte, Willems (1981) considera que para chegar á verdadeira creatividade é preciso pasar polas diferentes etapas das que consta a imaxinación, dende a imaxinación receptiva á imaxinación creadora. Referíndonos á imaxinación, Eisner (2004) asegura que normalmente na educación existe a tendencia de buscar a exactitude e a concreación, infravalorando os procesos imaxinativos, tan característicos da vida cognitiva dos nenos de Educación Infantil. A arte permite que a imaxinación voe, que os alumnos vexan as cousas de diferente maneira a como son e que proben cousas e experimenten. Ademais, Merodio (1981) afirma que soamente utilizando a imaxinación se poderán recoñecer os estímulos sensitivos, quedando a percepción da realidade condicionada polo subxectividade. Así, Eisner (2004) recoñece a importancia da imaxinación e de refinar e usar a sensibilidade, que se conciben dunha maneira estética. A sensibilidade está intimamente ligada á imaxinación, xa que a primeira afonda no que se imaxina, xunto co coñecemento e as aptitudes técnicas. A sensibilidade e as formas de representación contribúen ao que observamos e comprendemos. S pensa que tamén prestan máis atención ao que realizan, fíxanse no que fan os outros e no que fan eles mesmos. Figueras (1980) considera que a música desenvolve esa capacidade de atención (da que fala S) ao que se oe. Tamén Eisner, referíndose á sensibilidade, afirma que as artes invitan a prestar atención as calidades do que percibimos e para iso é necesario dedicar o tempo necesario porque estaremos enriquecendo a experiencia dos nenos. S considera que as actitudes que amosan os nenos nas actividades artísticas significan que queren seguir co proxecto. Conta tamén como se sente ela ao realizar actividades de expresión artística e di: “se vexo que aos nenos lles gusta síntome ben e con ganas de facer máis” (S, p. 63). Tanto a motivación dos nenos como do mestre ou mestra, é imprescindible, como falamos anteriormente para continuar coa realización do proxecto. Finalmente, Merodio (1981) afirma que o mestre ten que ser entusiasta para motivar aos nenos e que estes leven a cabo procesos de creación. Pola súa parte, Figueras (1980) afirma que a expresión musical achega aos nenos capacidade imaxinativa e creadora, o que dará lugar aos procesos citados sempre e cando o mestre estimule e acolla o potencial improvisador dos nenos.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 31 5.3.2.- Análise intertópicos. A análise do contido da entrevista de S amosa unha mestra á que lle gusta a súa profesión e o traballo que realiza cos nenos. No seu traballo diario, emprega a metodoloxía de proxectos posto que os nenos aprenden e gústalles, ao igual que a ela. Ademais, os nenos están máis motivados e participan activamente. Os proxectos que realizan parten dela e dos intereses dos nenos, os obxectivos que se propoñen son flexibles e a avaliación é constante. Considera que o seu papel é guiar aos nenos na súa aprendizaxe. As agrupacións do alumnado son diversas, dende o traballo individual ata a realización de actividades coa outra clase de Educación Infantil do colexio. As áreas que máis emprega no seu traballo diario son a lecto-escritura e a lóxicamatemática. Xustifica esta decisión comentando a existencia de especialistas de música e psicomotricidade no colexio. Porén, afirma que todas as áreas son importantes para o desenvolvemento integral dun neno. As actividades que compoñen os proxectos son moi variadas: actividades experimentais, orais, de lecto-escritura, de lóxica-matemática, plásticas, musicais, de expresión corporal, fichas… Estas fichas están adaptadas ou elaboradas por ela, está presente a expresión artística e realízaas para afianzar conceptos. Para S, a expresión artística é un modo de comunicación. Considera que é imposible a realización de proxectos nos que non estean presentes as actividades de expresión artística, ao igual que afirma que o traballo por proxectos é a mellor metodoloxía para traballar as áreas artísticas. A expresión artística que máis utiliza é a expresión plástica. Considera que traballa menos a música e anda a expresión corporal. Consideramos que quizais haxa un descoñecemento da concepción destas dúas últimas áreas de expresión posto que utiliza cancións, bailes, xogo simbólico, actividades de relaxación… S recoñece que aínda debe aprender máis sobre as áreas artísticas. Ademais de integrar as áreas de expresión artística nos proxectos, tamén as traballa por separado. Podemos ver algún exemplo no A4. Entre as múltiples achegas da expresión artística ao traballo por proxectos podemos citar as seguintes: creatividade, comunicación, globalización, flexibilidade, atención, satisfacción
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 32 intrínseca, imaxinación, sensibilidade, estratexia de aprendizaxe para a resolución de problemas, función instrumental, importancia do proceso sobre o produto, cooperación… CAPÍTULO 6.- CONCLUSIÓNS. 6.1.- Introdución. Neste capítulo expoñeremos as conclusións extraídas da investigación que realizamos e sobre o proceso de investigación e os resultados e expoñeremos as perspectivas de futuro. 6.2.- Reflexións sobre o proceso de investigación. Comezaremos afirmando a importancia que lle outorgamos á investigación, posto que mediante ela podemos analizar a práctica educativa e comprendela. Ante esta comprensión, podemos ir mellorando e comprendendo o proceso de ensino-aprendizaxe para mellorar a nosa práctica docente día a día. Ese debe ser o principal obxectivo da educación. Consideramos o tema da investigación clave, posto que aínda que a sociedade avanza moito, a maioría das aulas e escolas seguen mantendo unha metodoloxía tradicional na que prima a lecto-escritura e a lóxica-matemática, deixando relegadas a un segundo plano as áreas de expresión plástica, musical e corporal. Pese as vantaxes do enfoque de proxectos, esta metodoloxía non está moi presente nas aulas de Educación Infantil, aínda que a súa presenza é maior que a da expresión plástica, musical e corporal. Por iso, consideramos necesario investigar sobre ambos campos e establecer unha relación entre eles. Aínda que neste caso investigamos sobre as achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos, debemos empregar as artes na práctica educativa polo seu valor en si mesmo, e non pensando soamente nas achegas que poden proporcionar á metodoloxía que utilicemos. O marco teórico que realizamos permitiunos unha maior especialización nos campos tratados para a elaboración da guía da entrevista. Cabe citar a ampla bibliografía que hai en xeral sobre os dous temas tratados: enfoque de proxectos e áreas de expresión plástica, musical e corporal. Porén, a documentación que vincula as áreas de expresión co enfoque de proxectos é moi escasa. Opinamos que elixir a entrevista como técnica de recollida de datos foi unha boa elección porque nos permitiu obter os datos que necesitabamos para a nosa investigación, e que
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 33 posteriormente foron analizados. Se dispoñeramos de máis tempo e máis espazo para poder realizar este TFG, enriqueceríamos esta investigación realizando entrevistas a máis mestres de Educación Infantil, a mestres especializados na expresión plástica, na musical e na corporal, a nenos… Tamén se poderían analizar os diarios da mestra á que entrevistamos e realizar observacións e diarios. 6.3.- Reflexións sobre os resultados. Realizaremos neste apartado as conclusións reflexionando sobre os resultados obtidos na investigación realizada. Consideramos que as artes sempre deben estar presentes en calquera metodoloxía coa que traballemos ou calquera actividades que realicemos cos nosos alumnos. Cremos na inconveniencia de realizar proxectos nos que non estean presentes as actividades de expresión artística, xa que mediante estas actividades os nenos poden plasmar o que van aprendendo na realización do proxecto. Ademais, van tomando decisións nas actividades de expresión artística, adquirindo maior autonomía na construción da súa aprendizaxe. O espazo da aula (insuficiente para S) é un factor importante á hora de realizar actividades de expresión corporal cos nenos e nenas porque xeralmente necesítase un espazo maior para este tipo de actividades fronte ás de expresión plástica ou musical. Coincidimos en que o enfoque de proxectos é a mellor metodoloxía para traballar a expresión plástica, musical e corporal. Non esquezamos que todo un proxecto pode xirar arredor dunha destas áreas e todas as demais iranse integrando facilmente, de tal xeito que se estarán tratando varias disciplinas. O tipo de expresión artística que máis emprega S cos nenos é a expresión plástica. Quizais pode deberse isto a que segundo ela mesma afirma, os nenos xa van elaborando as súas propias creacións plásticas. É dicir, estas actividades xurdirían espontaneamente dos nenos, os cales pedirían realizar debuxos. Ademais, S considera que sempre procura que a expresión plástica estea presente nas fichas que realizan os nenos. Vendo estas fichas, puidemos comprobar que aínda que os nenos debuxan libremente na maioría delas, tamén hai outras nas que os debuxos xa veñen realizados. Valoramos negativamente este aspecto xa que o consideramos estereotipado e inconscientemente estámoslle enviando unha mensaxe aos nenos de que os debuxos dos alumnos están mellor realizados cos deles.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 34 Pola contra, o número de actividades de expresión musical e corporal integradas nos proxectos é máis reducido, o que pode deberse a un descoñecemento por parte de S nestas áreas. Recoñece que pode desenvolver algunhas actividades cos nenos pero que aínda debería aprender máis sobre estas áreas. Quizais a mestra ten un concepto equivocado do que é a expresión corporal, xa que dixo que non traballaba a expresión corporal porque xa tiña un especialista para dito efecto. Porén, falando con ela despois da entrevista para que nos amosase algunha das actividades que realiza cos nenos, contounos que realizaba bailes, relaxación, xogos simbólicos… e iso, tamén é expresión corporal. Consideramos que é necesario coñecer as tres áreas e formarse, aínda que para traballar calquera tipo de expresión cos nenos non é necesario ser un músico profesional, por exemplo. O importante é seguir formándose e manter a ilusión por mellorar a práctica docente diariamente. Cremos firmemente que a existencia de especialistas de cada área non debe ser incompatible coa súa integración nos proxectos. Máis ben, estes especialistas deberían proporcionar un apoio e un reforzo do que realizan os mestres de Educación Infantil na súa aula, polo que valoramos moi positivamente a cooperación entre ambos mestres. Pensamos que aínda que as áreas de expresión plástica, musical e corporal deben ser traballadas pola importancia que teñen por elas mesmas, tamén reforzan as características propias dos proxectos. A flexibilidade das actividades destas áreas adáptase facilmente aos proxectos e ao compartir características en común, fai que se reforcen as características dos proxectos, aspecto que non todas as actividades que realizamos nos proxectos conseguen. Valoramos máis se cabe, as actividades de expresión plástica, musical e corporal nese sentido. Ademais, as áreas ás que estamos a referirnos, proporcionan medios de expresión e comunicación aos nenos de Educación Infantil. Na maioría dos casos na escola alúdese á expresión verbal, tanto oral como escrita; porén, en poucas ocasións os neno poden expresarse nas áreas artísticas. Consideramos que estas áreas permiten que os nenos se expresen máis facilmente e en maior cantidade porque moitas das ideas que os nenos non transmiten verbalmente, si o plasman nas actividades de expresión artística, en calquera das súas vertentes. Tamén, estas actividades xeran nos nenos valores e actitudes que outras non o fan, e que son enriquecedoras para a realización dos proxectos. A pesar de todos os beneficios que achegan as áreas de expresión plástica, musical e corporal, o certo é que se seguen a traballar máis a lecto-escritura e a lóxica-matemática, deixando ver unha concepción tradicional da educación. É necesario concienciar aos
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 35 mestres de Educación Infantil da importancia de empregar as áreas de expresión artística, porque pouco importa se consideramos que todas teñen o mesmo valor, pero logo non se empregan no proceso educativo. 6.4.- Perspectivas de futuro. Consideramos que cumprimos co propósito de dita investigación, xa que coñecemos as achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal ao enfoque de proxectos dende a perspectiva dunha mestra en exercicio nun contexto concreto, e comparamos concepcións e prácticas con propostas de especialistas diversos. Así, coa realización e análise da entrevista, reforzamos as ideas que algúns autores expuxeron. Cremos que toda investigación é moito máis rica no sentido en que deixa camiños abertos polos que seguir investigando. Neste sentido, debido ás preguntas que realizamos na entrevista, consideramos oportuno seguir investigando sobre a formación que recibiu a mestra no enfoque de proxectos, nas áreas de expresión artística e na súa integración dentro da metodoloxía, a súa evolución como mestra en ambos campos tamén… Outra opción tamén podería ser afondar un pouco máis en como son os proxectos que realiza a mestra. Poderíamos establecer máis categorías de análise que se centrasen por separado no enfoque de proxectos e na expresión artística. Consideramos que este traballo resultaría enriquecido se puidésemos analizar os diarios ou a axenda da mestra para coñecer máis en profundidade como son os proxectos que realiza ademais doutras actividades. Tamén se vería completado este traballo, se realizásemos máis entrevistas a mestres especialistas nas áreas de expresión plástica, musical e corporal. Ademais, pareceríanos acertado realizar un proxecto cos nenos no que traballásemos en gran medida as áreas de expresión artística. Todas estas perspectivas de futuro tamén se poderían realizar neste mesmo traballo se se dispuxese do tempo necesario e dun maior número de páxinas. E é que estes dous factores condicionan en gran medida o traballo que realizamos. CAPÍTULO 7.- REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS. Aínda que aquí reflectimos só as referencias empregadas para o informe, no A5 recollemos outras que nos axudaron a realizar este traballo.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 42 19. Onde resides? Outros datos significativos referidos ao mestre: Tanto a ficha da entrevista como as cuestións de identificación foron extraídas de Fuentes Abeledo, E. J. (1998, pp.48-49) e posteriormente adaptadas para esta entrevista. Guión da entrevista Bloque 1: A profesión de mestra. 1.- Comezaremos falando de ti como mestre/a de educación infantil. 1.1.- Por que escolliches esta carreira? 1.2.- Gústache o teu traballo? Dime algunhas razóns. 1.3.- Como valoras o teu traballo? 1.4.- Como te describirías como mestre/a? 1.5.- Cales son as túas maiores satisfaccións? E as insatisfaccións? Bloque 2: Planificación e desenvolvemento de proxectos. 2.- Agora quixera que conversaramos sobre os proxectos que desenvolves co teu alumnado e me comentes como se desenvolveu algún deles, cómo xurdiu o proxecto que fases e actividades se desenvolveron…? 3.- O traballo cun proxecto leva consigo cambios na organización do tempo e o espazo en relación con outras propostas que non respondan a dito enfoque? 4.- En que te baseas para escoller un tema ou outro co que traballar na aula? 5.- Dos diferentes elementos que poden formar parte dunha proposta curricular cales consideras cando abordas proxectos? 5.1.- Como elixes os obxectivos? 5.2.- Como elixes os contidos? 5.3.- Como elixes as actividades? 5.4.- Como elixes os medios? 5.5.- Como deseñas a avaliación? 5.6.- En que principios metodolóxicos te baseas para facelo así? 5.7.- Cal dirías que é o teu papel durante o proceso de ensino-aprendizaxe? 5.8.- Cal é o papel dos nenos? Como se organizan: invidualmente, en grupo…? 6.- Cantos nenos tes na túa aula? 6.1.- Cres que sería posible traballar por proxectos en aulas con 25 nenos? 6.2.- Tiveches algunha experiencia en aulas máis numerosas? 6.3.- Como cres que cambiaría o teu método de ensinanza se o tiveses que levar a cabo en aulas máis numerosas?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 43 7.- Como te sentes traballando desa forma? Como cres que se senten os nenos? 8.- Como levas adiante o proceso didáctico con nenos con necesidades educativas específicas? Podes poñer algún exemplo en concreto. Cal cres que é a mellor forma de levar a cabo o proceso de ensinoaprendizaxe con eles? 9.- Cambiarías algo do teu traballo cos nenos? De ser a resposta positiva indica o que. 10.- O traballo dentro dun enfoque de proxectos, en que medida influíu ou inflúe coa túa evolución? 10.1.- Cando e por que comezaches a traballar por proxectos? Bloque 3.- Áreas do currículo de Educación Infantil. 11.- Como traballas as diferentes áreas do currículo? 12.- Cales son as áreas que máis utilizas para que os nenos aprendan? Cales son os motivos de que sexan esas e non outras? 13.- Cales cres que son as áreas máis importantes para o desenvolvemento integral dun neno ou nena de educación infantil? Por que o cres? 14.- Con que actividades están máis interesados e motivados os nenos? Cando prestan máis atención? En que o notas? Bloque 4.- Expresión artística. Abordaremos agora o tema da expresión artística. 15.- Entendendo por expresión artística as expresións plástica, musical e corporal, cóntame como planificas o traballo nestas áreas. 15.1.- Como abordas a expresión plástica? 15.2.- Como abordas a expresión musical? 15.3.- Como abordas a expresión corporal? 15.4.- Cales son os motivos de que o fagas así? 15.5.- Que lle aporta ó nenos? 15.6.- Cal cres que é a mellor forma de facelo? 15.7.- Que lle podería aportar ós alumnos se cambiases a esta forma? 16.- Que opinión che merecen estas áreas de expresión artística (plástica, musical e corporal) pensas que aportan algo ao desenvolvemento dun neno ou nena de educación infantil? De ser a resposta afirmativa o que? Bloque 5.- Concepción das expresións plástica, musical e corporal e achegas ao desenvolvemento do neno de Educación Infantil. 17.- Falando máis concretamente de cada unha:
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 44 17.1.- Que é para ti a expresión plástica? Que pensas que aporta a expresión plástica ao desenvolvemento dun neno de educación infantil? 17.2.- Que é a expresión musical? Que pensas que lle aporta a expresión musical? 17.3.- Que é a expresión corporal? Que pensas que lle aporta a expresión corporal? Bloque 6.- Áreas de expresión artística no enfoque de proxectos. Intentaremos vincular agora as áreas de expresión artística co traballo por proxectos. 18.- Cres que son imprescindibles no currículo que desenvolves na túa aula ou que pola contra, poderías prescindir delas? 18.1.- En que medida cres que o traballo por proxectos facilita ou dificulta o desenvolvemento de contidos ligados á area artística? 18.2.- Na túa opinión, pensas que é posible realizar proxectos sen que estean presentes as áreas de expresión artística? En que o notas? 18.3.- Pensas que as áreas de expresión artística achegan algo aos proxectos que non o fagan outras áreas? 19.- Que aspectos positivos resaltarías das áreas de expresión artística (plástica, musical e corporal) na realización de proxectos? 20.- Que aspectos negativos resaltarías das áreas de expresión artística (plástica, musical e corporal) na realización de proxectos? Bloque 7.- Formación nas áreas de expresión artística. 21.- Considéraste preparada para traballar as áreas de expresión artística con nenos de educación infantil? 21.1.- Como foi a túa formación? Como a valoras? 21.2.- Cres que hai carencias importantes? De ser o caso dime cales? Bloque 8.- Características da expresión artística. 22.- Cres que as expresións artísticas poden ser maneiras de comunicarse e expresarse? 22.1.- Cres que teñen carácter de linguaxe como a linguaxe verbal? 22.2.- Pódense expresar os nenos? De ser a resposta afirmativa de que forma o fan? 22.3.- Pensas que é posible comunicar os resultados dos proxectos mediante a expresión artística? Bloque 9.- Actividades artísticas. 23.- Utilizas as artes (arte plástica, musical e corporal) no traballo diario cos nenos? De ser o caso cales son as razóns que te levan a iso?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 45 23.1.- Cando utilizas as expresións artísticas (plástica, musical e corporal) no teu traballo de aula? Bloque 10.- Actitudes dos nenos e a mestra nas actividades de expresión artística. 24.- Nas actividades de expresión artística (plástica, musical e corporal) como ves aos nenos? 24.1.- Están os nenos máis interesados, motivados e prestan máis atención ou pola contra están máis dispersos e menos atentos? Se podes pon algún exemplo. 24.2.- Como te sentes ti cando realizas actividades de expresión artística? Bloque 11.- Formas de traballar a expresión artística. 25.- Cres que as áreas de expresión artística deben ser traballadas por separado con mestres especialistas en cada unha delas ou que se poden traballar integradas? Cales son as razóns. 26.- Hai autores que afirman que é mellor traballar as diferentes expresións integradas e para iso baséanse na función instrumental, é dicir, o movemento facilitaría a coordinación na linguaxe plástica e está vinculado á expresión verbal. Afirman pois que un medio rico en estímulos provoca a necesidade de comunicación e favorece o desenvolvemento da linguaxe verbal. Ti que como mestra realizas actividades cos nenos cres que isto é certo? De ser a resposta afirmativa en que te baseas? Bloque 12.- Achegas das áreas de expresión artística ao traballo por proxectos. 27.- Hai quen opina que as tres expresións artísticas das que falamos son unha estratexia de aprendizaxe que ofrece oportunidades aos alumnos para resolver problemas e para responder a preguntas aportando diferentes solucións e resposta. Cres que isto se ve reflectido nos proxectos? De ser o caso, en que medida? 28.- Pensas que as expresións artísticas favorecen a aprendizaxe globalizada característica dos proxectos? 29.- Cres que as expresións artísticas favorecen o desenvolvemento dalgúns valores ou actitudes nos nenos? De ser o caso, cita cales e por que. 30.- Hai autores que afirman que algúns dos valores ou actitudes que se favorecen son a imaxinación, a sensibilidade e a creatividade. Que opinas disto? 30.1.-Cres que estas actitudes achegan algo aos proxectos? 31.- Cres que as actividades de expresión artística espertan nos nenos a satisfacción intrínseca (realizan algo polo simple pracer de realizala) ou que están condicionadas pola túa aprobación? En que o notas? 31.1- Cres que esta satisfacción intrínseca achega algo aos proxectos que realizan?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 46 32.- Poden os nenos coas artes representar a comprensión de algo ou queda máis claro coa linguaxe verbal? 32.1.- Realizas actividades coas que representen a súa comprensión por medio da expresión artística? Podes poñer algún exemplo? 33.-Cres que as actividades de expresión artística son máis flexibles que outros tipos de actividades? 34.- Que cres que é máis importante nas actividades de expresión artística, o proceso ou o produto? Cales son as razóns que te levan a afirmar isto? Achega algo aos proxectos? 35.- A avaliación é un medio para saber que se ensinou e que se aprendeu. Avalías a túa ensinanza de artes e a aprendizaxe dos alumnos? De ser o caso como o fas? Cres que as expresións artísticas poden ser unha forma de avaliar o que aprenderon os nenos? Bloque 13.- Engadido sobre as achegas da expresión artística aos proxectos. 36.- Gustaríache engadir algo máis sobre as achegas das áreas de expresión artística (plástica, musical e corporal) ao traballo por proxectos? Bloque 14.- Opinión sobre a entrevista. 37.- Que che pareceu a entrevista? A2.- Transcrición da entrevista. Ficha da entrevista. Caso: 1 Sesión nº: 1 Data: 30/05/2014 Lugar: aula 6º Educación Infantil. Hora de comezo: 14:15 Hora de remate: 15:55 Duración: 40 minutos e 15 segundos Concertada o día: 27/05/2014
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 47 Notas de campo: antes de comezar coa gravación da entrevista comentóuselle á mestra o contido da entrevista que se lle ía a realizar. Solicítaselle que firme unha autorización para a gravación da entrevista e posterior análise de datos para o TFG que se realiza. Posteriormente, procédese á realización e gravación da entrevista. Finalmente, pídeselle á mestra que amose algúns dos materiais de expresión artística que utiliza na realización dos proxectos. Cuestións de identificación: CASO: 1 1.Idade: vinte e oito anos. 2.Sexo: muller. 3. Plan de estudos seguido na obtención do título de mestre/a: diplomatura maxisterio 4.Especialidade: Educación Infantil. 5. Forma de acceso á docencia en preescolar: oposición. 6.Anos de experiencia na profesión: sete anos. 7. ¿Fuches sempre mestra? Si. 8. Outras profesións: non. 9.Tempo de experiencia como docente en educación infantil: sete anos. 10. Experiencia noutros niveis: si Nivel: ciclo 0-3 anos. Tempo de permanencia: dous meses. 11. Réxime de ensino no que traballa: Educación Infantil. 12. Área socioxeográfica na que traballa: zona rural da Costa da Morte, provincia da Coruña. 13.Tipo de escola: colexio público de educación infantil e primaria. 14. Número de nenos de educación infantil cos que traballa: nove nenos. 15. Ciclo ao que pertencen: 3-6 anos. 16. Curso/s: 6º. 17. Continúas durante a educación infantil cos mesmos nenos? Si. 18.Cantos anos levas na escola actual? Tres anos. 19. Onde resides? A Picota, Mazaricos. Outros datos significativos referidos ao mestre: realizou o máster de Puericultura, talleres de cociña (que agora realiza cos nenos) e asiste a clases de pandeireta e baile galego. Ademais, realizou e realiza varios cursos do CEFORE. Tanto a ficha da entrevista como as cuestións de identificación foron extraídas de Fuentes Abeledo, E. J. (1998, pp.48-49) e posteriormente adaptadas para esta entrevista.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 48 Transcrición da entrevista. E: Comezaremos falando de ti como mestra de educación infantil. Por que escolliches esta carreira? S: Pois, segundo os profes que tiven de pequena, que un día coincidín con eles nun colexio, dixéronme que xa dende pequeniña que me gustaba xogar cos libros e facer que explicaba e facer de profe. E a verdade é que cando fixen bacharelato si que me chamaba a atención. E: Gústache o teu traballo? E se che gusta dime algunhas razóns. S: A min gústame moito o meu traballo. E de feito, cando ao mellor me levanto así e teño un día tonto e veño para o cole e me soltan calquera tontería, fanme rir e alá vai!, esquéceseme todo. Encántame. E: E como o valoras? S: Uff… E: A túa práctica docente como pensas que é? S: Que se están contentos comigo te refires? E: Si, e como cres que é o teu traballo, ou sexa, os proxectos que realizas, se cres que está mellor esa metodoloxía que outra…? S: Eu creo que lles gusta porque aparte cando traballamos así algunha cousa e eles están atentos dis ti “e estaranse acordando do que lles digo?”. Porque hai cousas que son complicadas. Agora estamos traballando o proxecto do universo e o “foguete Apolo 11” e todo iso. Bue, non se acordan e porén, o mellor ven calquera foguete e dinche “ai Apolo 11! aí foi Armstrong!”. Ou aínda que non o digan ben. Pero acórdanse e dis ti “carai pois si que se acordan!”. E iso a min gústame e vese que os nenos aprenden. E: E como te describirías como mestra?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 49 S: Pois eu son bastante esixente. Por un lado, gústame sacarlle o máximo partido ás súas posibilidades. Creo que son cariñosa. Non son excesivamente cariñosa pero ben, creo que si que son cariñosa con eles. Gústame que estean cómodos comigo. E: Cales son as túas maiores satisfaccións e insatisfaccións no teu traballo? S: As satisfaccións ver, escoitalos rir. Cando facemos calquera cousa e lles gusta e se rin e despois se acordan das cousas. E as que non me gustan… É que tampouco teño moitas! Por parte dos nenos, non as teño e despois o mellor a nivel de colexio, cando xorde algún conflito que che causa malestar ou cos pais… E: Pero a nivel de aula? S: Non, a nivel de aula moi ben. E: Moi ben, agora quixera que conversaramos sobre os proxectos que desenvolves co teu alumnado e me comentes como se desenvolveu algún deles, como xurdiu o proxecto, que fases e actividades se desenvolveron… Máis ou menos, un proxecto que desenvolveras que che gustara, que actividades fostes facendo e como foi xurdindo…? S: Pois… Ben, é que dos que fixen todos me gustaron eh! O ano pasado fixemos un do mar porque fomos ao aquarium á Coruña e entón aproveitamos e partimos desa visita e fixemos un proxecto do mar. E como actividades, a min no proxecto gústanme sobre todo que sexan experienciais para que eles… Acórdanse máis que das fichas. As fichas só as fago para que se acorden dos conceptos cos que traballamos. Nada máis. E acórdome que unha vez trouxéramos… Fóra ao Gadis e trouxera pescados e mariscos e pasárano pipa destripándoos e tocándoos e xogando con eles. E: E que máis actividades fixeras despois desa? S: Pois… aparte da visita e dos experimentos… Tamén cancións de Mamá Cabra que ten referidas ao mar. Víramos… que película fora? Ai, non me acordo… A Sirenita! Cando foramos no autobús. Pois nada, xa que estamos no mar… Ah no! Buscando a Nemo era! Buscando a Nemo! E despois así algunha ficha gráfica para que eles se acorden dos conceptos traballados.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 50 E: E foron xurdindo as actividades de ti ou os nenos plantexaron algunha? S: Pois mira, eles… É que agora mesmo tampouco non me acordo. Pero si que o mellor dinche cousas e dis ti “ai, pois si, vouno meter!”. Pero non me acordo se algunha… Ben, iso de destripar os pescados, non os iamos destripar todos, pero eles querían e entón destripámolos todos. E, non sei… Así, algunha máis. Nese proxecto, non moito. Por exemplo, no dos dinosauros que traballamos este ano, si que me acordo que fixemos como unha busca xeolóxica aí fóra, e escavaron e buscaron os ósos. E despois aquí na clase, empezaron a xogar con eles e nós comezamos a sacar fotos porque… E empezaron a poñerlle nomes eles aos ósos! “Pois este é do Tiranosaurus que é moi grande!”. E entón claro, puxemos fotos e puxémoslle os nomes que eles dicían. E: Vale. O traballo por proxectos leva consigo cambios na organización do tempo e do espazo en relación con outras propostas que non se corresponden con dito enfoque? Cres que cambia o espazo e o tempo, a maneira de planificalo con respecto, en relación a outro tipo de metodoloxías? S: Mira eu o primeiro ano que traballei con nenos si que había unidades didácticas e condiciónache un montón. Porque claro, se non fas os libros, os pais critícanche polos cartos que gastan… E: No tempo? S: Claro, no tempo. E aparte que te ves así como forzada a traballar iso nese tempo. E eu cos proxectos a verdade é que dis ti, ben pois se me dá tempo de facer isto fágoo, e senón ou fágoo para o seguinte trimestre ou se queda aquí o proxecto. E… E: E na organización da clase cres que cambia a forma de agrupamentos ou…? S: É que como son poucos nenos xa todos están moi ben integrados. Entón… Non eu creo que non. Nese sentido, eu creo que igual. E: E en que te baseas para escoller un tema ou outro en relación ao que fas ti cos proxectos? Como xorden os temas dos proxectos? Escóllelos ti xorde algún…? S: Este ano fixemos o dos dinosaurios porque os nenos traían moitos xoguetes cos dinosauros. Aparte a serie esta de Pepa Pig…
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 51 E: Si. S: Encántalles o dinosauro e entón como lles chama así e lles gustaba, decidimos facer ese proxecto. Algunhas veces si que tomamos de referencia así algún interese dos nenos e outras, por exemplo, o ano pasado cando traballamos o acuario, pois no terceiro trimestre traballamos a auga que estaba relacionado co acuario. E: Vale. E dos diferentes elementos que poden formar parte dunha proposta curricular… cales consideras cando abordas proxectos? Refírome aos obxectivos, á avaliación…? S: Como? E: Os diferentes elementos que poden ser dunha típica unidade didáctica ou unha proposta curricular que ten obxectivos e contidos? Como os traballas cos proxectos? Como van xurdindo os obxectivos, se xa están postos dende un principio, se van cambiando polo medio? S: Algúns están posto ao principio pero despois a medida que fas cousas e o mellor xorden cousas, adaptas os obxectivos tamén. E: E como avalías o que aprenden os nenos? S: En canto ao obxectivo, en canto ao proxecto, fíxome despois no final cando facemos unha asemblea ou cando repasamos así cousas, xa eles se van acordando. E tamén é unha avaliación constante porque claro o mellor van a algún lado e dinche “ai profe, este é non sei que!”. E: E en que principios metodolóxicos te baseas para facelo así? Os proxectos. S: Miña nai! Iso é máis teoría que práctica. Os principios, no do interese dos nenos, no tempo se vexo que lles cansa ou que lles.. Por exemplo, se traballamos calquera cousiña nese proxecto, se vexo que non lles interesa, elimínoo. Se hai algo que lles chama a atención, pois alárgoo… Basicamente no interese dos nenos. E: Moi ben. Cal dirías que é o teu papel como mestra dentro do enfoque de proxectos?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 58 S: Paréceme importante que experimenten para que coñezan os sons que producen e que os toquen tamén porque collen desenvolvemento motriz. E: Moi ben. E de expresión plástica realizas algo nos proxectos? S: Sii, píntolle os pés, as mans. Dependendo do que enfoque no proxecto si que… E: Por exemplo realizas murais nos que…? S: Si. E: Si? S: Si, si. E: E que cres que lle achega isto aos nenos? S: Mmmm. Pois mira, que día foi… Que día foi que fixemos planetas? Mesturamos as cores e ían, a ver se mesturamos este e este que cores pensas que sairán temos… e eles pensaban un e despois saíalle outro pero ben. E: E cal cres que é a mellor forma de facelo? S: Todo manipulativo. E: Todo manipulativo. E se cambiases a forma, por exemplo se só o traballasen por fichas ou así por exemplo a plástica. Cres que iso lle achega algo ou que estaría mellor…? S: Home, eu creo que se aburrirían. Se é sempre así a mesma forma de traballar. E: E que opinión che merecen estas áreas de expresión artística, refírome á plástica, á música e á expresión corporal. Pensas que achegan algo ao desenvolvemento dun neno de Educación Infantil? E de ser a resposta afirmativa, que achegarían? S: Si porque por exemplo, fíxome cando chegan en setembro e fan un debuxo que lle falta moitísimas cousas e ao ves un debuxo pobre. E porén, co paso do tempo ves que se están habituados a traballar a plástica todos os días eles van collendo interesen en traballar a
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 59 plástica e van mellorando o que queren facer, con máis detalle e iso quere dicir que eles se están concienciándose de que… Son máis perfeccionistas, que hai máis cousas. E: Vale. E agora falando máis concretamente de cada área, que é para ti a expresión plástica e que pensas que lle achega esa soa ao desenvolvemento dun neno? S: Eu creo que lle achega creatividade. E: Creatividade? S: Si. E: E a música? Que é para ti e que lle achega á expresión musical? S: Para min son dous momentos, ou de relaxación ou de festa total cos eles. E cantar, que gocen. E: Que gocen coa música? S: Si. E: E da expresión corporal? Bailes, todo o que xestualicen, non fai falta que sexa especificamente motricidade. Que é para ti e que lle achega a eles? S: Para min é un medio de expresión de cómo están eles porque ao mellor se ese día están así un pouco aburridos ou tal pois velos que non se moven e que algo lle pasa. E que significa que eles… É un medio de expresión para eles, de cómo están. E: E agora imos vincular as áreas de expresión artística co traballo por proxectos. Cres que son imprescindibles no currículo que desenvolves na túa aula ou que pola contra poderías prescindir delas? S: Non, non. Prescindir non, porque é unha maneira de plasmar tamén o que eles van aprendendo no proxecto. E: Cres que é un medio para que saibas o que van aprendendo ou o que ti lle ensinas?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 60 S: Si. Si, porque hai veces que ao mellor eles dinme “profe podo facer un debuxo?”. E fano e fan cousas do proxecto e entonces dis ti “ai, pois mira, aprendeu isto!”. E: Cres que o traballo por proxectos facilita o desenvolvemento destes contidos ligados á área artística? Que estes proxectos é a mellor forma de traballar esas tres áreas ou…? S: Para min si porque me dan resultado. E: E pensas que é posible realizar proxectos sen que ben, xa cho preguntei, sen que estean presentes as actividades de expresión artística nos proxectos? S: Non, non. E: Dixeches antes que non. S: Non. E: Pensas que as áreas de expresión artística achegan algo aos proxectos que non o fagan outras áreas? S: Si, ben, que me repito. O da creatividade. E: O da creatividade, sobre todo. E que aspectos positivos resaltarías da áreas de expresión artística (plástica musical e corporal) na realización de proxectos e cales serían os negativos? S: Os positivos que poden facer o que queiran sen limitacións de nada. Que digan… pois inventamos unha canción, inventan unha canción; fan un debuxo e fan o que eles queren… E os negativos… E: Cres que nese sentido son un pouco máis autónomos? S: Si. E: Que van elixindo?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 61 S: Si. Si, porque son eles os protagonistas. Fan o que queren, píntano como queren… Entón, eu doulles material e nada máis. E: E os negativos? Se hai algún? S: Negativos ao, que as veces non tes o material que che gustaría ter. E: Cres que non hai os suficientes medios? S: Si, ou o espazo pero ben… E: E considéraste preparada para traballar as áreas de expresión artística con nenos de educación infantil? S: Agora mesmo, mmm. Home! Poder, podo desenvolver cousas, pero creo que aínda me falta cultura nese sentido. E: Como foi a túa formación na universidade e como a valoras nesas áreas? S: Bah. Si, quedei contenta cando tiven as materias de música e de plástica. Gustoume moito eh. O que pasa é que por exemplo en música cando nós tocamos a frauta, eu a frauta para estes nenos… Tocala eu, que eles, claro, a frauta… E: E cres que hai algunha carencia importante? Dixestes antes que cres que aínda che faltaba algo. Que cres que necesitarías? S: Máis técnicas plásticas para facer máis cousas, ideas que, ao mellor búscalas en internet pero ben, claro, non todo…Por exemplo, ao mellor isto parece moi bonito, parece fácil e non o dei feito. Técnica. E: Moi ben. E cres que estas expresións artísticas son maneiras de comunicarse e expresarse para os nenos? S: Si. Si, porque se os nenos están así como tristes e tal parece que ata non teñen ganas nin de pintar. E é certo cando din que cando o neno está triste pinta con tons escuros. E: Daquela cres que expresan as súas emocións mediante…?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 62 S: Si. E: E cres que teñen carácter de linguaxe como a linguaxe verbal? Con cal cres que sería máis fácil expresarse? S: Si que se expresan cos debuxos, cando fan os debuxos dos seus amigos ou cando debuxan así algo. Aínda que eles non o digan, si que o plasman. E: E cres que se poden expresar entón con estas áreas e como o fan? S: Si, si que se poden expresar e ben, fano a través do debuxo ou cando cantan. E ao mellor hai algunha canción que recoñecen e dinche que a escoitaron en tal sitio cando foron con non sei quen e viñeron con non sei quen. E: Daquela cres que se traballa tamén a memoria a partir de…? S: Si. E: Pensas que é posible comunicar os resultados dos proxectos mediante a expresión artística? S: Si, cando plasman o que aprenderon no proxecto nun debuxo. E: E cales son as razóns que te levan a utilizar as artes, as expresións artísticas no teu traballo diario? S: Porque me gusta e porque creo que lle desenvolve a creatividade aos nenos. E: E cando utilizas as expresións artísticas no teu traballo de aula? En todas as actividades, ao principio do proxecto… ao final? S: Trabálloas ao longo do proxecto. O que pasa é que por exemplo o de pintar sempre que hai unha ficha sempre procuro que teña algo de pintar para que vaian collendo coordinación e despois propóñolle tamén algunha actividade na que fagamos algunha pintura coas mans ou cos pés. Iso si, aínda que ao mellor non teña que ver co proxecto pero si con…
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 63 E: Daquela as actividades van xurdindo pouco a pouco? S: Si por exemplo no cambio de estación un mural ou nalgunha festividade que se organiza no cole. E: Moi ben. E nas actividades de expresión artística como ves aos nenos en relación a outras actividades que poidas realizar como son as de lecto-escritura ou as de lóxicamatemática? Ves diferenzas entre unhas actividades e outras na actitude dos nenos? S: Si. Cando están nas de lecto-escritura ou da lóxica-matemática é todo máis mecánico e cando están nas outras van debuxando e miran ao do lado e se lles gusta o do lado eles tamén o fan. Son actividades máis abertas. E: Cres que se desenvolve entón a curiosidade innata dos nenos? S: Si. E: Moi ben. E cres que prestan máis atención tamén ao que realizan? S: Si. Si que se fixan no que fan os outros e no que fan eles. E: E como te sentes ti cando realizas actividades de expresión artística? S: Se vexo que aos nenos lles gusta síntome ben e con ganas de facer máis. E: E cres que as áreas de expresión artística se deben traballar separadas con mestres especialistas en cada unha delas ou que se deben traballar integradas? E cales son as razóns dese pensamento? S: Home, eu se tivera un especialista… Claro, por unha parte pois gustaríame porque o mellor hai algo nalgún campo nese aspecto que se me escapa e cun especialista poderíao traballar. Pero aínda que tivera especialista eu seguiríao traballando igual porque considero que debería estar integrado porque me parece que lle desenvolve a creatividade, que ao mellor hai cousas que se che escapan e porén nun debuxo igual fanchas. E: Fanchas.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 64 S: E entón… E: Daquela cres que sempre debe haber un mestre especialista aínda que no teu traballo de aula S: Ai, se puidera si! E: Ben, esta é un pouco larga. Hai autores que afirman que é mellor traballar as diferentes expresións integradas e para iso baséanse na concepción instrumental que isto máis ou menos é o que me comentaches. É dicir, o movemento facilitaría a coordinación e linguaxe plástica e esta articulaba a expresión verbal (ou sexa que os nenos se expresarían), provoca a necesidade de expresión e favorece que os nenos a linguaxe verbal. Ti como mestra que realizas actividades cos nenos cres que isto é certo? E en que te baseas? S: Si que é certo. E baséome en que por exemplo, houbo un día que quedaron dentro porque chovía entón foron dentro e empezaron a pintar debuxos e empezáronme a pedir a min debuxos. E eu ao principio tróuxenllos pero todo era pintar, pintar e ala e xa estaba listo! Porén, non llos imprimín máis e empezáronos a facer eles e entón mirábanse “ai ti non fixestes isto!”, “ai mira eu fixen isto!”. Complétanse uns aos outros e para min iso… E falan e socialízanse, critícanse… E: Entón van desenvolvendo tamén as súas opinións? S: Si. E: Hai quen opina que as tres expresións artísticas das que falamos son unha estratexia de aprendizaxe que ofrece oportunidades aos alumnos para resolver problemas e para responder a preguntas e polo tanto, para dar diferentes solucións e respostas. Cres que isto se ve reflectido nos proxectos e en que medida? Que por exemplo cando ti lle realizas unha pregunta, que con estas áreas poden dar diferentes solucións á mesma pregunta ou responder de diferente xeito? S: Si, si iso é verdade. Cando iso, cando fas preguntas e contéstanche así ou se complementan as respostas duns aos outros. E: E cres que achega máis variedade? Que son máis diferentes as preguntas ou que máis ou menos van canalizadas polo mesmo camiño?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 65 S: Variedade achegan porque ao mellor desa pregunta xa che sae outra, vaiche xurdindo outra do que eles van dicindo. Eles saben mil historias. E: Pensas que as expresións artísticas favorecen a aprendizaxe globalizada característica dos proxectos? S: Si. Si, porque non é algo pechado. E: E pensas que… como xorden a partir desas actividades?Pensas que a partir das actividades artísticas poden enlazarse con outras e como se realiza iso? S: Si porque ao mellor, imaxínate hoxe traballamos con este tipo de ceras e eles acórdanlle que hai outros materiais aí e entón dinche “profe e cando traballamos con ese material?” e… E: Vas enlazando? S: Si, vas enlazando así algunha cousa. E por exemplo cando xa estás nun proxecto e dislle “pois hoxe imos a traballar con estas pinturas e facede tal cousa”. E: E nos teus proxectos os nenos buscan información por eles mesmos na casa ou así? S: Si. E: E cres que esas áreas lle achegan algo cando buscan a información e cando a analizan e ao traballar con ela? S: Si porque estamos traballando os planetas e en semana santa aproveitamos e levaron un planeta cada neno e trouxeron información. E entón acórdanse que Marte é vermello… e … e houbo unha nena que trouxo o Sol… E: Daquela axudaríalle a por exemplo neste caso a expresión plástica á súa comprensión? S: Si porque eles estudaron e agora ven os cores e saben de cal é cada planeta e está ben. E: E cres que as expresións artísticas desenvolven algúns valores nos nenos? E cales serían?
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 66 S: Pois, por exemplo a timidez. Que ao mellor hai nenos tímidos que están debuxando e os que están ao seu lado empezan a falar con el e dinlle “ai, mira que bonito, non sei que!”. E ves que se vai soltando. Porque eu teño unha nena que é así tímida e a través do debuxo vaise abrindo así un pouco máis cos demais. E: Ou sexa que se expresa tamén a partir de…? S: Si. E: Vale. Hai autores que afirman que os valores ou actitudes que se favorecen son a creatividade como me dixeches antes e tamén din a imaxinación e a sensibilidade. Que opinas disto? A creatividade xa me dixeches que si pero a imaxinación e a sensibilidade? S: A imaxinación tamén. E a sensibilidade eu creo que si porque oféndense moito se un compañeiro lles di que o seu debuxo está fatal. E aparte que se facemos así algún mural e pasa alguén e di “ai, que bonito!”. Eles póñense todos contentos e din que o fixeron eles. E: E cres que estas actitudes achegan algo aos proxectos? S: Si. Si porque se fan iso e con iso están contentos, é que queren seguir co proxecto. E: E cres que as actividades de expresión artística espertan nos nenos a satisfaccións intrínseca (facer algo polo simple pracer de realizalo) ou condicionados pola túa aprobación. En que o notas? S: Non, que creo que o fan porque lles gusta a eles facelo. O único que están pendentes da miña aprobación é cando hai unha ficha que lle digo se está mal ou está ben pero despois, así nos experimentos e tal fano porque lles gusta. E: E cres que a satisfacción intrínseca achega algo aos proxectos que realizan? S: Si, porque se eles, por exemplo, vexo que non están motivados ou que se paran pois eu xa non seguiría con ese proxecto. Teríame que cambiar ou a outro proxecto ou propoñelo doutra forma, claro.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 67 E: E poden os nenos coas artes representar a comprensión de algo ou queda máis claro coa linguaxe verbal? S: No, eu creo que coas artes tamén queda eh! Porque ao mellor hai algún neno que xa me ten feito debuxos e que aquí a diario non me di “que guapa” ou “quérote” e porén nos debuxos si. E: E realizas actividades coas que representen a súa comprensión por medio da expresión artística e algúns exemplo dalgúns proxecto? S: Si. Si, por exemplo cunha man fixeron a portada do proxecto dos dinosauros. E: E, cres que estas áreas de expresión artística favorecen a cooperación entre eles? S: Si. Si, porque ao mellor non teño un vermello para cada neno e din ben, “pois cando acabes déixamo a min”. E entón pois colaboran. E se ven que se ven que ti estás facendo algo e eu quero xogar contigo, espero. Entón colaboración entre eles si que hai. Ou cando ven que algún non pode, iso si que me teño fixado; non lles sae e din “ai, faime isto que a ti si que che sae”! E axúdanse así. E: Hai quen afirman que as actividades de expresión artística tamén son máis flexibles que outro tipo de actividades cres que isto é así ou por exemplo cres que as de lecto-escritura ou de lóxica-matemática. Cal cres que é máis flexible? S: No, eu creo que as artísticas son máis flexibles. As outras son un pouco máis mecánicas porque che mandan aquelas pautas e para min telas que seguir. Porén, as artísticas partes da creatividade de cada neno. Para min teñen que ser máis flexibles. E: Daquela pensas que che dan máis oportunidades ao mellor de ampliar o proxecto que non…? S: Si. E: Moi ben. Que cres que é máis importante nas actividades de expresión artística, o proceso ou o produto? S: Ai, para min o produto.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 74 -Realización dalgunhas fichas ao longo do proxecto onde recordan os conceptos traballados e nas que está presentes diversos debuxos, algúns integramente realizados polos nenos e outros nos que só teñen que colorear porque o debuxo xa vén feito.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 75 Outras actividades que realizaron nas que están presentes actividades de expresión plástica, musical e corporal son as seguintes: Unha das actividades que fixeron foi unha representación do conto “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. Os nenos realizaron as máscaras dos personaxes e durante a representación cada vez que aparecía un personaxe novo cantaban unha canción. Outra representación foi “A casa da mosca chosca”. Nesta ocasión os nenos tamén realizaron as súas propias máscaras e cantaron durante a representación do conto. Ademais, realizaron un mural da primavera.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 76 A5.- Bibliografía complementaria consultada. Outras referencias bibliográficas que foron consultadas son as seguintes: Agosti Gherban, C. y Rapp Hess, C. (1988). El niño, el mundo sonoro y la música. Alcoy: Marfil. Alsina, P. (2004). Educación musical para una educación de calidad. Eufonía, 30, 23-57. Anton, M., Fusté, S., Llenas, P., Marín, L., Masnou., F., Oller, M., Palou, S. y Thió, C. (2008). Planificar la etapa 0-6: Compromiso de sus agentes y práctica cotidiana. Barcelona: Graó. Bingham, W.V.D. (1973). Como entrevistar. Madrid: Rialp. Bonel, Mª. D. (1980). Vivir la música. Cuadernos de Pedagogía, 72, 10-11. Castañer Balcells, M. y Trigo Aza, E. (1995). Globalidad e interdisciplina curricular en la enseñanza primaria: Propuestas teórico-prácticas. Barcelona: INDE. Comas, T. (2005). La educación musical, un camino hacia la educación global. Aula de Infantil, 25, 28-30. Díaz, M. (2003). La educación musical en la etapa de 0-6 años. Aula de infantil, 16, 5-8. Díez Navarro, C. (1998). La oreja verde de la escuela: Trabajo por proyectos y vida cotidiana en Educación Infantil. Madrid: Ediciones de la Torre. Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós. Gardner, H. (1994). Educación artística y desarrollo humano. Barcelona: Paidós. Gardner, H. (1995). Inteligencias múltiples: La teoría en la práctica. Barcelona: Paidós. Giráldez, A. (2003). ¿Música en el aula o en el aula de música? Aula de Infantil, 16, 21.
Enfoque de proxectos e achegas das áreas de expresión plástica, musical e corporal. Virginia Santabaya Carreira Página 77 Gray, E., Minasian, J. & Piñon, M. (Eds.). (2009). Projects of Chicagoland: Successful Implementation of the Project Approach From Early Childhood. Recuperado de: http://www.kohlchildrensmuseum.org/sites/default/files/projects-chicagoland-2ed.pdf Kellogg, R. (1987). Análisis de la expresión plástica del preescolar. Madrid: Cincel. Martínez García, P. y Huerta Andrino, N. (2005). La música en el aula de educación infantil: una experiencia acerca del desarrollo de la sensorialidad auditiva. Eufonía, 33. Recuperado de http://magisteriomusicainfantil.wikispaces.com/file/view/la-musica-en-el-aula-de- educacion-infantil-una-experiencia-acerca-del-desarrollo-de-la-sensorialidad.pdf Martínez Lorenzo, E., Delgado Tapias, J. y Fernández Vidal, F. (1980). Ejercicios globalizados de plástica y psicomotricidad en preescolar. Cuadernos de Pedagogía, 60, 45- 47. Molas, E. y López, M. (2008). Los pintores de cuadros: arte, proyectos e infancia: Nuevas miradas para construir y compartir conocimientos. Aula de infantil, 42, 12-16. Riccardi, R. (1966). El manual del entrevistador. Madrid: Interciencia. Sanuy Simón, C. (1993). Cascabelea: Actividades de expresión oral, corporal, musical y plástica. Madrid: Narcea. Sanuy Simón, M. (1990). Música, maestro: Bases para una educación musical: 2-7 años. Madrid: Cincel. Schorderet, L. (1975). La entrevista: Su técnica. Madrid: Oriens. Torres Santomé, J. (1994). Globalización e interdisciplinariedad: el curriculum integrado. Madrid: Morata. Zabalza Beraza, M. A. (1996). Didáctica de la educación infantil. Madrid: Narcea. Zenker, I. (2003). Música y educación. Aula de Infantil, 16, 13-17.