scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Mendeleev e o xénero

Romero Castro, María José; Pedrido Castiñeiras, Rosa; González Noya, Ana María; Bermejo Patiño, Manuel Rafael; Romero, Carmen; González Louro, Lucía; Martínez, Miguel

Abstract

O presente capítulo “Mendeleev e o xénero” ten como finalidade, aproveitando o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleev, poñer de manifesto a presenza da muller na Ciencia, na Química e, particularmente, no Sistema Periódico. Como non podía ser doutro xeito, as mulleres tamén participaron e participan no descubrimento dos elementos químicos. Mais, como é de grande a contribución feminina neste campo? A resposta é clara: a presenza é moi minoritaria; pero razóns de tipo histórico e cultural poden explicar tal situación.

Full text

Nº 67 - (Marzo 2009) MENDELEEV 161 Mª José Romero, Rosa Pedrido, ana M. González-noya, Manuel R. Bermejo, Carmen Romero, lucía González-louro, Miguel Martínez, Universidade de Santiago de Compostela; M. inés García-Seijo IES Monte Castelo (Burela) MendeleeV e O XéneRO 1.- inTROduCiÓn O desenvolvemento científi co/tecnolóxico actual non é froito da casualidade. Debemos ser conscientes de que os descubrimentos acadados ata este momento non se fi xeron nunha determinada época da historia, que a Ciencia non ten xénero e que é máis un construto colectivo que o resultado de aportacións individuais. Ó longo da historia da humanidade podemos atopar exemplos que amosan o papel que desempeñou a muller na ciencia.1, 2, 3, 4 Xa desde a idade antiga as mulleres participaron no desenrolo da ciencia aportando os seus descubrimentos científi cos, aínda que os seus nomes non se deron a coñecer tanto como no caso dos homes e o seu traballo foi desprezado ou silenciado na maioría dos casos.5, 6 No ano 2007 celebrouse o centenario da morte do gran químico Dimitri Ivánovich Mendeleev (1834-1907). El foi o primeiro en establecer unha periodicidade nas propiedades dos elementos químicos descubertos ata aquel momento, intuír a súa agrupación en familias e postular a necesaria aparición de novos elementos que ocuparían os ocos que existían. Desde ese momento moitas das súas predicións foron corroboradas ata chegar a establecerse o sistema periódico actual, con 117 elementos xa descubertos.7 O presente capítulo “Mendeleev e o xénero” ten como fi nalidade, aproveitando o centenario do pasamento de Dimitri Mendeleev, poñer de manifesto a presenza da muller na Ciencia, na Química e, particularmente, no Sistema Periódico. Como non podía ser doutro xeito, as mulleres tamén participaron e participan no descubrimento dos elementos químicos. Mais, como é de grande a contribución feminina neste campo? A resposta é clara: a presenza é moi minoritaria; pero razóns de tipo histórico e cultural poden explicar tal situación. En recoñecemento á súa labor presentarase neste capítulo cales foron as contribucións das mulleres ó sistema periódico. Porque a pesar de que a maioría dos elementos descubertos foron contribución masculina, non debemos esquecer que tamén existe unha contribución feminina. Sinalaremos fi nalmente que os últimos elementos descubertos, os transuránidos e de modo particular os de Z>106, son o resultado de traballos colectivos de moitísimos investigadores onde as mulleres son maioría. Boletín das Ciencias 162 2.- diMiTRi MendeleeV e O XéneRO No século XIX a muller estaba ausente por completo das aulas universitarias. Algunhas mulleres, máis ousadas, continuaban a facer de Ilustradas e de “Salonnieres”, continuando os costumes iniciados no século XVIII; pero a case ningunha se lle pasaba pola cabeza asistir á universidade e conseguir un título universitario. É tamén certo que algunhas mulleres se acercaron ó mundo da ciencia, de modo particular a aqueles campos do saber científico que se podía cultivar desde os seus fogares e que non cumpría facer ostentación do cultivo da ciencia. Sinalemos tamén que hai moitas científicas, aínda hoxe descoñecidas, que cómpre ir sacando á luz, investigando sobre elas e recuperando os seus escritos e traballos. Esta era a situación xeral en Europa e, de modo particular, na Rusia de Dimitri Mendeleev. Moi probablemente no século XIX, en Rusia, a moi poucas mulleres se lles ocorrería ir á Universidade e moito menos a unha Facultade como a de Ciencias a adquirir coñecementos e un título en Química. Esta situación, asumida pola muller da época, era o resultado do ninguneo e do desprezo intelectual que os homes da época sentían por elas. Dimitri Mendeleev foi un espírito moi libre e particular en todas as súas actuacións; quizais por elo, ou tal vez por convencemento, non compartiu as ideas do seu tempo sobre as mulleres: endexamais as desprezou senón que máis ben adoptaba o que, hoxe diríamos, unha actitude de defensa da igualdade de xénero. É certo que nunca chegou a crer na completa igualdade intelectual dos homes e das mulleres – Dimitri era un home afectado das crenzas e das contradicións da súa época – pero a pesar de todo, defendeu ás mulleres. Mendeleev sempre pensou, e defendeu, que homes e mulleres debían ser tratados en pé de igualdade, tanto no traballo como na consideración social, e que as mulleres deberían ter as mesmas oportunidades educativas que os homes. Este convencemento ideolóxico creoulle moitos e serios problemas por actuar en coherencia. Así: - Permitiu que as mulleres asistiran ás súas clases da Universidade, aínda coñecendo que era ilegal e que non tiña validez académica algunha para elas. O máis grave foi a animadversión que, tal acto, motivou no colectivo de profesores da súa Universidade e de outras da Rusia da época. O corpo docente ruso manifestouse contrario ó comportamento de Dimitri e así llo fixeron saber. Como contrapartida algúns outros compañeiros e amigos del – particularmente os discípulos do gran químico ruso Zenin, con Borodin á cabeza – solidarizáronse con el e permitiron que as mulleres asistiran ás súas clases. - Pelexou e conseguiu que nos traballos oficiais onde el tivo responsabilidade a consideración das mulleres fora de igualdade. No ano 1893 Dimitri foi nomeado director da Oficina de Pesas e Medidas de Rusia, para tratar de institucionalizar o sistema decimal en todas as Rusias. Neste cargo tomou a decisión de, oficialmente, empregar a tantas mulleres como homes e deixou constancia por escrito de que “as mulleres traballan máis e mellor que os homes, pero sobre todo son máis responsables”. Como é ben sabido Mendeleev abandonou a súa cátedra de Química da Universidade de San Petersburgo no ano 1890 –tiña tan só 56 anos– por enfrontarse ó Ministro de Educación de Rusia na defensa das ideas do movemento estudantil da época. Incorporouse á actividade privada dirixindo varias industrias e montando algunha industria no campo co seu peculio particular. Nº 67 - (Marzo 2009) MENDELEEV 163 - Nos traballos da industria que el dirixiu, ou nos que participou como asesor, conseguiu sempre que se admitiran a traballar ás mulleres e que foran tratadas tanto en consideración como en emolumentos, en igualdade cos homes. - Nas industrias e cooperativas que montou cos seus cartos estableceu que debían traballar tantas mulleres como homes en todos os postos de traballo que existían. As súas ideas socialistas levárono a fomentar e desenvolver o cooperativismo en todas cantas empresas montaba: sempre lle deu ás mulleres a mesma capacidade para participar e para dirixir que ós homes. Tendo coñecemento da preocupación amosada por Mendeleev sobre as mulleres, parecía importante explorar na súa Táboa Periódica como está tratado e como se atopa representado o xénero feminino. Ó longo deste capítulo amosarase, coma unha homenaxe máis ó aniversario de Mendeleev, en que modo está presente o feminino no Sistema Periódico dos elementos. Pretendemos expor que a muller está presente na Táboa Periódica de varios xeitos: directamente, como descubridora dalgúns elementos químicos; indirectamente, aportando o seu nome a outros elementos; ou en recoñecemento da súa contribución ó achado de novos elementos químicos. O traballo realizado polas que foron descubridoras non foi sinxelo: moitos dos elementos descubertos eran sintéticos ou de difícil illamento; a maioría deles eran inestables e radioactivos, o que dificultaba o seu manexo e implicaba riscos moi graves para a súa saúde. 3.- aS MulleReS na CienCia e na QuÍMiCa As mulleres sempre se sentiron atraídas polo coñecemento científico. Na idade antiga, a precedente da ciencia foi a filosofía natural e escolas filosóficas como a platónica ou a pitagórica admitían ás mulleres (Aglaonike, Aspasia de Mileto,...,etc). Nesta época poderiamos destacar a Hipatia de Alexandría (s. IV d. C) que ademais de filósofa foi unha recoñecida astrónoma e matemática. A medicina e a sanación foron consideradas artes femininas pero non foron as únicas tarefas que levaron a cabo: descubriron e sementaron herbas curativas, desenrolaron técnicas para a preparación de licores fermentados, elaboraban cosméticos, xabóns, perfumes, etc. As mulleres tamén practicaron a alquimia, antecedente da química, desde o seu nacemento. Pero as bases teóricas e prácticas da alquimia débense a María a Xudea, considerada a primeira muller alquimista. Viviu en Alexandría entre os séculos I e II d. C e atribúeselle a invención de aparellos de laboratorio para a destilación (alambiques de dous e tres brazos, denominados dibikos e tribikos) empregados inicialmente para extraer aceites esenciais de plantas, así como do Kerotakis. Estes son considerados como o seu maior aporte á alquimia occidental, facilitando que esta se transformase na química moderna. Figura 1: a) María A Xudea ou A Profetisa (Alexandría, s. II d. C), b) Hipatia (Alexandría, s. IV d.C). Boletín das Ciencias 164 Durante a Idade Media, tamén chamada “idade escura”, viviuse un período de decadencia xeral por todo o Occidente, incluso no ámbito da ciencia. O clima de escurantismo afectaba en especial ás mulleres, a maioría das cales só tiñan como opción a vida monástica para acceder ó coñecemento científico. Aparecen algunhas escolas, como a Escola Médica de Salerno, nas que as mulleres podían atopar saída para os seus intereses científicos, sendo moitas as “mulieres salernitanae” formadas en dita escola. Deste xeito, ata o século XV aparecen nomes de mulleres na medicina (Agnodice, Hildegarda de Bingen, Trótula de Salerno,..., etc), pero é máis difícil coñecer as súas contribucións noutros ámbitos da ciencia. Figura 2: a) S. Hildegarda de Bingen (Alemania, 1098-1179), b) Trótula de Salerno (Italia, s. XI d. C). Co Renacemento aumentou a participación das mulleres na ciencia, pero a súa incorporación é singular logo da Revolución Científica, xa que empezaron a desenrolar a súa actividade en tódolos campos do saber. Destacaron nos séculos XVII e XVIII as Salonnieres e as Academiciennes ou damas da ciencia, mulleres intelectuais da aristocracia que formaban parte dos círculos ou reunións científicas. Aínda así se lles denegaba a súa participación nas Academias das Ciencias, feito que aínda perdurou ata ben entrado o século XX. Nesta época, as mulleres comezaron a escribir obras de divulgación científica, destacando no campo da química Marie Meurdrac (s. XVII) (“La Chymie charitable et facile en faveur des dames”, 1666) e Jane Marcet (1769-1858) (“Conversations on Chemistry”, 1806). Outras dúas mulleres que contribuíron á química experimental foron Elizabeth Fulhame (s. XVIII) e Marie Anne Paulze Lavoisier (1758-1836). Elizabeth Fulhame foi autora do libro “An Essay on Combustion” en 1794 no que reflexa os seus experimentos sobre reaccións de oxidación, propoñendo a idea de catálise. Marie Anne Paulze Lavoisier, muller de Antoine Lavoisier, foi colaboradora e asistente do seu home no laboratorio, realizou complicados e precisos debuxos dos aparatos utilizados nos experimentos para a obra “Traité élémentaire de chemie” e encargouse de difundir a investigación do seu home despois da súa morte.8 Ó longo dos séculos XVII e XVIII vanse elaborando as ciencias modernas: Astronomía, Física, Matemáticas, Química, Botánica,..., etc, sendo cada vez maior a participación das Figura 3: Portada de “La Chymie charitable et facile en faveur des dames”. Nº 67 - (Marzo 2009) MENDELEEV 165 mulleres nas mesmas ata chegar á época actual. A partir do século XIX, destacan no campo da Química ou da Química-Física algúns nomes como o de María Sklodowska (Marie Curie), Irene Joliot-Curie, Ida Eva Tacke, Marguerite Catherine Perey, Dorothy Crawfoot Hodgkin, ...,etc, sendo a maior parte delas descubridoras de novos elementos químicos. Se facemos unha recompilación de cantas mulleres aportaron os seus coñecementos á ciencia ó longo da historia, desde a idade antiga (∼2000 a. C.) ata a idade contemporánea (s. XX), atopámonos cun número considerable de científicas. A Gráfica 1 amosa unha clasificación por áreas de coñecemento, desde as máis clásicas ata as máis recentes, extraendo os datos do banco de científicas que está a elaborar o noso grupo de traballo.9 Gráfica 1: Participación das mulleres nas distintas áreas de coñecemento. Esta gráfica deixa constancia de que a participación feminina é maior naquelas áreas científicas que se levan desenrolando desde a antigüidade: a astronomía e a medicina en maior medida, seguidas das matemáticas, química, física, bioloxía e filosofía da natureza. 4.- aS MulleReS nO SiSTeMa PeRiÓdiCO Tal como se comentou en apartados anteriores, algunhas mulleres aportaron o seu traballo na área da Química contribuíndo a completar o Sistema Periódico dos elementos proposto por Mendeleev. Neste apartado introduciranse os elementos descubertos por elas, facendo mención das propiedades e aplicacións máis interesantes dos mesmos. Ademais, presentaranse aqueles elementos que foron dedicados a mulleres científicas e aqueles elementos que posúen nomes relacionados con mulleres ou que semellan ser femininos. Na Táboa periódica atópanse cinco elementos descubertos por mulleres (o polonio, o radio, o radón, o renio e o francio). Imos ver como foron descubertos, quen foron as descubridoras e o difícil ou imposible que foi para algunhas das científicas obter o recoñecemento que merecían. Tamén figuran dous elementos dedicados a mulleres con nome oficialmente aceptado (o curio e o meitnerio) e un nome aínda non aceptado oficialmente (“joliotio”), dos cales farase unha revisión. Ademais non debemos esquecer que existen outros elementos químicos con nome de muller que fan referencia á mitoloxía ou ós astros: o fósforo, o vanadio, o selenio, o niobio, o paladio, o telurio e o cerio. Sobre estes elementos recóllese máis información no libro “O nome e o símbolo dos elementos químicos”10 e na bibliografía citada.11, 12, 13 Boletín das Ciencias 166 4.a) elementos descubertos por mulleres O polonio, o radio e o radón O polonio e o radio foron descubertos por Marie e Pierre Curie no ano 1898 cando estudaban a radioactividade da pechblenda, un mineral de uranio. Eles foron os primeiros en detectar a formación de radón como produto da desintegración radioactiva do radio. O polonio (Po) ten de número atómico Z= 84 e déronlle o seu nome en honor a Polonia, a terra natal de Marie Curie. O radio (Ra) posúe número atómico Z= 88. Este elemento é luminescente (da unha cor azul pálida), propiedade que lle da o nome, do latín radius (raio). O radón (Rn) é un elemento químico radioactivo que pertence ó grupo dos gases nobres e posúe número atómico Z= 86. Inicialmente, recibiu o nome de nitón do latín nitens (brillante) pero posteriormente denominouse radón por derivar do radio e ser un gas nobre. Figura 4: Marie e Pierre Curie. Figura 5: a) polonio, b) radio. María Sklodowska, científica de orixe polaco máis coñecida polo apelido do seu marido Pierre Curie, descubriu con el o polonio, o radio e o radón (1898), e os seus estudos sobre a radioactividade valéronlles a concesión do Premio Nobel de Física en 1903. Marie Curie foi a primeira muller que obtivo tal galardón. En 1906 Pierre Curie morreu de accidente e María continuou cos seus traballos, ademais de asumir a cátedra do seu marido na Universidade da Sorbona, sendo a primeira muller nese posto nos 650 anos da vida desa universidade. En 1910 demostrou que se podía obter un gramo de radio puro. Ó ano seguinte recibiu o Premio Nobel de Química en recoñecemento dos seus servizos no avance da Química polo descubrimento dos elementos radio e polonio, o illamento do radio e o estudo da natureza e os compostos deste elemento. Cunha actitude desinteresada, non patentou o proceso de illamento do radio, deixándoo aberto á investigación de toda a comunidade científica. Coñecidos os efectos perniciosos da radioactividade do radio, a súa morte achácase á manipulación deste elemento. Aínda que o polonio é un elemento de procedencia natural, non é moi abundante, xa que só está presente nos Figura 6: Marie Sklodowska Curie (1867-1934). Nº 67 - (Marzo 2009) MENDELEEV 167 minerais de uranio natural a razón de 100 microgramos por tonelada. É un metal brando, volátil, con propiedades físicas que recordan ás do talio, o chumbo ou o bismuto, e con propiedades químicas moi similares ás do telurio e do bismuto. O polonio é un elemento moi tóxico, radioactivo e de perigoso manexo. Ten ó redor de 50 isótopos inestables, sendo o máis perigoso o 210Po, extremadamente tóxico e radioactivo. Incluso en cantidades de microgramos, o manexo do 210Po é moi perigoso e require de equipamento especial utilizado baixo estritos procedementos de seguridade. O radio atópase en trazas nas minas de uranio. É o metal alcalinotérreo máis pesado; a súa cor é branca brillante pero ennegrece coa exposición ó aire, ademais de corromperse coa auga para dar o hidróxido de radio. É extremadamente radioactivo e o seu isótopo máis estable, 226Ra, transmuta dando radón. Foi deste xeito que os Curie tomaran contacto co radón no ano 1898; pero no ano 1900 Friedrich E. Dorn sería quen o estudaría. O radón é un elemento radioactivo que se presenta na natureza como 222Rn, sendo este o isótopo máis estable e abundante. Na súa forma gasosa é incoloro e inodoro mentres que no estado sólido a baixas temperaturas posúe unha cor vermella. O gas atópase na codia terrestre, desde a cal se libera a atmosfera por fendas terrestres. A inhalación radioactiva do gas fai que as partículas emitidas queden retidas no interior do organismo e provocan patoloxías diversas, dependendo a súa gravidade da cantidade de gas inhalado. Está demostrado que a exposición a grandes cantidades provoca un aumento da incidencia de cancro de pulmón. En canto ás súas aplicacións máis interesantes, o 210Po é un excelente emisor de partículas α e a elevada potencia calórica que se desprende dun gramo deste isótopo, 130 vatios, fixo que se usara como fonte lixeira de calor para dar enerxía ás células termoeléctricas de algúns satélites artificiais e sondas lunares. Por outro lado, os preparados de radio caracterízanse por ser capaces de manterse a máis alta temperatura que o seu entorno e tamén polas súas radiacións, xa que emiten raios α, β, e γ. Así pois, a maior parte das súas aplicacións derivan das súas propiedades radioactivas. Antigamente usábase en pinturas luminescentes para reloxos e outros instrumentos: moitos dos pintores de esferas de reloxos que usaban os seus beizos para moldear o pincel, morreron a causa da radiación. Así mesmo, cando se mestura con berilio é unha fonte de neutróns para experimentos físicos, e o cloruro de radio úsase en medicina para producir radón en tratamentos contra o cancro. Radioisótopos descubertos recentemente, coma os de 60Co y 137Cs, están substituíndo ó radio incluso nestes usos, dado que son máis potentes e, sobre todo, moito máis seguros de manipular. Entre os usos principais do radón figuran o seu emprego para fins terapéuticos en radioterapia e para a predición de terremotos. O renio O primeiro descubridor do renio foi o xaponés Masataka Ogawa que o chamou nipponium polo seu país de orixe. Pero logo de facer o máis complicado, a súa obtención, errou ó colocalo no sistema periódico pois pensou que tiña Z= 43 -hoxe ese elemento chámase tecneciopolo que perdeu a súa paternidade. O renio (Re) foi redescuberto no ano 1925 pola química alemá Ida Eva Tacke e o seu marido W. Noddack en colaboración con O. Berg. Andaban á procura do elemento 75, que xa fora predito por Mendeleev no ano 1871. Eles atopárono nos minerais tantalita, volframita e coulombita mediante a súa análise espectrográfica por raios X, e déronlle o nome de renio (de renus en latín) como homenaxe ó río Rihn. Boletín das Ciencias 168 Ida Eva Tacke estivo a traballar no Laboratorio de Probas Físico-Químicas de Berlín, e foi alí onde fixo os seus descubrimentos científicos máis importantes. Ademais de ser codescubridora do renio, descubriu tamén o elemento 43, que ela nomeou como Masurio, pero a comunidade científica rexeitou equivocadamente o seu logro. Posteriormente, o elemento 43 foi preparado por C. Perrier e E. Segre e déronlle o nome de tecnecio, ficando Tacke sen o seu recoñecemento e maternidade. En 1934, Fermi obtivo unha serie de resultados que non era capaz de explicar ó bombardear uranio con neutróns lentos. Ida Tacke suxeriu que tivera lugar unha fisión nuclear; pero de novo a comunidade científica rexeitou o seu achado, e para cando o aceptaron, xa Fermi tiña recibido o premio Nobel. O traballo de Tacke explicando o proceso da fisión nuclear foi publicado cinco anos antes de que Lise Meitner e O. R. Frisch publicaran a explicación do mesmo proceso e o termo “fisión” fose acuñado. Ida Tacke foi o que consideramos unha perdedora: foi descubridora e pioneira en moitos campos; pero non foron recoñecidas as súas contribucións e nunca acadou o premio Nobel nin lle puxeron o seu nome, aínda, a un elemento químico da táboa periódica. O renio é un elemento moi escaso que se atopa principalmente acompañando ó molibdeno no mineral molibdenita. É un metal branco prateado brillante, dúctil e maleable, sendo, despois do volframio, o menos fusible dos metais comúns; tamén é dos máis densos, pois só o superan o platino, o iridio e o osmio. Úsase en aleacións: co volframio para preparar termopares que poden medir temperaturas por enriba dos 2000 ºC; co molibdeno forma aleacións supercondutoras a 10 K. Tamén ten aplicación na fabricación de varetas de soldadura, imáns crioxénicos, filamentos eléctricos e de flashes fotográficos, emprégase como catalizador na industria química, ...,etc. O francio O francio (Fr) é un elemento químico con número atómico 87. Foi descuberto en 1939 pola química francesa Marguerite Perey, que lle deu o nome en honor ó seu país natal. Xa en 1870 Mendeleev predicira un metal alcalino máis alá do cesio que había de ter número atómico 87. Por esta razón denominouse provisionalmente coma eka-cesio. Varios equipos de investigación intentaron localizar e illar o elemento en cuestión sen éxito. Existe constancia de polo menos catro anuncios falsos que proclamaban ter descuberto este elemento: - En 1925, o químico ruso D. K. Dobroserdov foi o primeiro: observara unha débil radioactividade nunha mostra de potasio e concluíu que o Figura 7: Ida Eva Tacke (1896-1978). Figura 8: renio. Figura 9: Marguerite Catherine Perey (1909-1975). Nº 67 - (Marzo 2009) MENDELEEV 169 eka-cesio contaminaba a mostra. Publicou unha tese sobre as súas predicións das propiedades do eka-cesio na que nomeaba ó elemento como russio, en honor ó seu país de orixe. Demostrouse que era todo erróneo. - En 1926, os químicos ingleses Gerald J. F. Druce e Frederick H. Loring analizaron unha radiografía de raios X do sulfato de manganeso (II) na que observaron liñas espectrais que creron pertencentes ó eka-cesio. Anunciaron o descubrimento do elemento alcalino máis pesado (Z= 87) e propuxeron o nome de alcalinio. Pero de novo estaban enganados. - En 1930, o profesor Fred Allison do Instituto Politécnico de Alabama anunciou ter descuberto o elemento 87 analizando polucita e lepidolita coa súa máquina magnetoóptica. Allison deulle o nome de virxinio, en homenaxe ó seu estado natal, Virxinia, e propuxo como símbolos Vi e Vm. Con todo, en 1934 o profesor MacPherson da Universidade de California (Berkeley) desautorizou a validez deste novamente falso descubrimento. - En 1936, o químico romanés Horia Hulubei e a súa colega francesa Yvette Cauchois analizaron a polucita, cun aparello de raios X de alta resolución. Observaron varias liñas de emisión febles que adxudicaron ó elemento 87. Hulubei e Cauchois anunciaron o seu descubrimento e propuxeron o nome de moldavio (Ml), en honor a Moldavia. Por fin, no ano 1939 Marguerite Perey, que traballaba no Instituto Curie de París, descubriu o eka-cesio cando purificaba unha mostra de 227Ac. O novo produto mostraba propiedades químicas propias dun metal alcalino, o que a levou a pensar que se atopaba diante do elemento 87. Inicialmente, Perey chamoulle ó novo elemento actinio K en vista da súa procedencia, mais en 1946, propuxo o nome de catio xa que cría que era o catión máis electropositivo. A súa supervisora, Irène Joliot-Curie, opúxose a este nome, polo que Perey suxeriu o nome de francio como homenaxe ó país no que o descubrira. Este nome foi oficialmente adoptado pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) en 1949, asignándolle o símbolo de Fa. Esta abreviatura foi cambiada pouco despois por Fr. Jean Baptiste Perrin, gañador do premio Nobel de Física no ano 1926 e mentor de Hulubei, apoiou ó moldavio como o verdadeiro eka-cesio en lugar do recen descuberto francio de Marguerite Perey. Perey, sen embargo, criticou de maneira continua o traballo de Hulubei ata que ela foi acreditada como a única descubridora do elemento con Z = 87. No seu éxito débese ter en conta o apoio permanente que lle ofreceu a súa directora de tese, Irène Joliot-Curie. O francio é o elemento menos abundante na natureza despois do astato. Pode atoparse en trazas nos minerais de uranio e de torio, pero sobre todo xérase na desintegración radioactiva do 227Ac. As súas propiedades químicas son semellantes ás do cesio e ten a electronegatividade máis baixa coñecida. É un metal alcalino altamente inestable e radioactivo que se desintegra xerando astato, radio e radón. Dada a súa inestabilidade e escaseza, non hai aplicacións comerciais deste elemento. Unicamente se usou en tarefas de investigación. Pensárase que podería servir de axuda para o diagnóstico de enfermidades relacionadas co cancro, pero esta aplicación resultou imposible. Figura 10: francio. Boletín das Ciencias 176 É un metal de cor gris metálico extremadamente dúctil e raras veces aparece en estado nativo. Trátase dun metal de transición do grupo de Pt, brando, dúctil, maleable e pouco abundante. Emprégase no campo das comunicacións para revestir contactos eléctricos en dispositivos de control automáticos. Tamén ten aplicación en odontoloxía e en xoiería, na que se mestura en pequena cantidade con ouro para conseguir ouro branco. O telurio O telurio (Te) é un elemento con número atómico Z= 52. O seu descubridor foi o inspector xefe de minería de Transilvania, Franz Joseph Müller von Reichenstein, que o atopou nun mineral no ano 1782, describíndoo como o “ouro branco azulado”. Pola súa cor deulle ó mineral o nome de Aurum Paradoxum, Metalium Problematicum e Aurum Album. Para o illamento e descubrimento do novo elemento colaborou co químico alemán Martin Heinrich Klaproth. No ano 1789, o profesor Paul Kitaibel da Universidade de Pest, redescubriu o mesmo Aurum Problematicum e chamouno Prata Molíbdica, enviándolle mostras a Klaproth. O 25 de xaneiro de 1798 Klaproth bautízao na Academia de Ciencias de Berlín como tellurium, outorgándolle a única autoría do descubrimento a Müller. Este nome de telurio procede do latín Tellus-Telluris que fai referencia á Terra, en honor á deusa romana co mesmo nome. Tellus na mitoloxía romana representaba á deidade gardiá da terra, chamada ás veces Tellus Mater (nai Terra). Era a deusa responsable da produtividade das terras de cultivo, labor que exercía xunto coa deusa do gran, Ceres. Atópase como elemento libre na natureza, formando oito isótopos estables, e asociado algunhas veces con selenio ou en forma de telururos en diversos minerais. Das propiedades do elemento destacar que reacciona con halóxenos e que os seus compostos son considerados teratóxenos. Empregouse inicialmente como aditivo do aceiro para aumentar a súa ductilidade, como abrillantador en electroprateados, como aditivo en catalizadores e como aditivo do chumbo para acrecentar a súa resistencia á corrosión. Tamén se emprega na fabricación de semicondutores, en aleacións de cobre ou ferro, na fabricación de aceiros lixeiros e na industria cerámica. O cerio O cerio (Ce) clasifícase dentro do grupo dos lantánidos, e posúe un número atómico de Z= 58. Foi descuberto no ano 1803 en forma de óxidos polos químicos J. J. Berzelius (Figura 23) e Wilhelm von Hisinger en Suecia e, no mesmo ano, por Martin Heinrich Klaproth en Alemaña. Figura 29: estatua de Palas Atenea. Figura 30: paladio. Figura 31: telurio metálico. Nº 67 - (Marzo 2009) MENDELEEV 177 O elemento metálico foi illado en 1839 por Mosander. O seu nome está baseado no nome do asteroide Ceres, atopado dous anos antes do descubrimento do elemento, e que recibiu este nome en honor á deusa romana Ceres. Na mitoloxía romana, Ceres era a deusa da agricultura, das colleitas e da fecundidade (chamada Deméter na mitoloxía grega). Ceres é representada como unha muller fermosa e de gran estatura e corpulencia, cabelo louro e de cute coreado. Aparece a miúdo cun cetro ou unha fouce e dous nenos portando cornos da abundancia. Era filla de Saturno e Ops, esposa e irmá de Xúpiter, nai de Proserpina e irmá de Xuno, Vesta, Neptuno e Plutón. A súa beleza namorou ó seu propio irmán, Xúpiter, quen tivo con ela a Proserpina (chamada Perséfone na mitoloxía grega). Tivo ademais un fillo con Neptuno, chamado Arión. Figura 32: M. H. Klaproth. Figura 33: a) imaxe da deusa Ceres, b) estatua da deusa portando o corno. O cerio é un elemento metálico de cor gris, semellante ó ferro, e toma unha cor vermella en contacto co aire. É un elemento escaso na codia terrestre, sen embargo trátase do lantánido máis abundante. Pódese atopar nos minerais monacita e blastnasita. Mostra como propiedades máis relevantes as de ser un forte axente redutor e arder espontaneamente ó contacto co aire. Na natureza podemos atopar tres isótopos estábeis do cerio: 136Ce, 138Ce e 140Ce (o máis abundante de todos) e tamén un isótopo radioactivo, o 142Ce. En relación ás súas aplicacións pódese atopar cerio metálico na aleación de ferro empregada nas pedras dos acendedores. Algúns dos seus derivados empréganse na pirotecnia e como materiais cerámicos. Tamén encontra aplicación en imáns permanentes. O cerio, a pesar de que posúe certa toxicidade, vértese ó medio ambiente principalmente por industrias produtoras de petróleo, nas que se emprega como catalizador, e tamén nos restos de equipos domésticos. Deste xeito vaise acumulando gradualmente nos solos e na auga, o que fai aumentar a súa concentración nos seres vivos. A modo de exemplo, provoca danos nas membranas celulares de animais acuáticos afectando á súa reprodución e a funcións do seu sistema nervioso. Figura 34: cerio. Boletín das Ciencias 178 5.- BiBliOGRaFÍa 1.- GONZÁLEZ-NOYA, Ana et al., Guía do XIII Congreso de ENCIGA, 1999, p. 211. 2.- a) BERMEJO, Manuel R. et al, Boletín das Ciencias, Abril 2002, vol. 49, p. 81; b) BERMEJO, MANUEL R. et al, Boletín das Ciencias, Outubro 2002, vol. 50, p. 133. 3.- a) Diccionario básico de científicos, D. Millar, I. Millar, J. Millar, M. Millar, Ed. Tecnos, 1989; b) The Cambridge Dictionary of Scientists, D. Millar, I. Millar, J. Millar, M. Millar, Ed. Cambridge University Press, 1996; c) Scientists Anonimous. Great stories of Women in Science, P. Fara, Ed. Wizard Books, 2005. 4.- Páxinas web: http://www.distinguishedwomen.com; http://www.astr.ua.edu/4000WS; http://www.sdsc.edu/ScienceWomen. 5.- A. LIRES, María; COMESAÑA, Marta, Boletín das Ciencias, Xuño 2001, vol. 46, p. 51. 6.- A. LIRES, María; COMESAÑA, Marta, Anales de la Real Sociedad Española de Química, Xaneiro-Marzo 2002, vol. 1, p. 30. 7.- a) BERMEJO, Manuel R.; GONZÁLEZ-NOYA, Ana et al., Guía do XIX Congreso de ENCIGA, 2006, p. 101; b) BERMEJO, Manuel R., “Nomes e símbolos dos elementos químicos”, Revista Galega de Ensino, 1999, vol 23, p. 91. 8.- PINTOS, Xoana; BERMEJO, Manuel R., Guía do XXI Congreso de ENCIGA, 2008, p. 81. 9.- ROMERO, M. J. et al, Guía do XIX Congreso de ENCIGA, 2006, p. 121. 10.- a) BERMEJO, Manuel R.; GONZÁLEZ-NOYA, Ana; VÁZQUEZ, M., “O nome e o símbolo dos elementos químicos”, Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2006. http:// www.cirp.es; b) BERMEJO, Manuel R.; GONZÁLEZ-NOYA, Ana; VÁZQUEZ, M., “El nombre y el símbolo de los elementos químicos”, Madrid: Ed. Síntesis, 2008. 11.- GREENWOOD, N. N.; EARNSHAW, A.; “Chemistry of the elements”, Oxford: Pergamon Press, 1985. 12.- HUDSON J., “The history of the chemistry”, Londres: MacMillan, 1994. 13.- TRIFONOV, D. N.; TRIFONOV, V. D., “Cómo fueron descubiertos los elementos químicos”, Moscú: MIR, 1984