Full text
TRABALLO FIN DE GRAO A FIGURA DO/A ENFERMEIRO/A ESCOLAR EN ESPAÑA E O SEU PAPEL NO BENESTAR EMOCIONAL DOS INFANTES Alumna: Nerea Leis Piñeiro Titor: Xulio Manuel Maside Rodríguez Colaborador: Ramón Area Carracedo Modalidade: Proxecto de Investigación Convocatoria: Xuño 2022
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermaría O Proxecto de Fin de Grao titulado: ³A figura do/a Enfermeiro/a Escolar en España e o seu papel no benestar emocional dos infantes´, foi realizado por o/a abaixo asinante. Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2022 A alumna Nerea Leis Piñeiro Fdo.: Vº Bº O titor, Xulio Manuel Maside Rodríguez Fdo.:
Abreviaturas CCAA: Comunidades Autónomas CEE: Centros de Educación Especial EpS: Educación para a Saúde EUA: Estados Unidos de América NASN: National Association of School Nurse OMS: Organización Mundial da Saúde REEPS: Rede Europea das Escolas Promotoras de Saúde
Índice de táboas Táboa 1: criterios de inclusión e criterios de exclusión ........................................................... 12 Táboa 2: Cronograma de tarefas ............................................................................................... 15 Táboa 3. Conceptos con cargo a financiación ........................................................................... 16
Índice 1. INTRODUCIÓN.................................................................................................................... 1 1.1. A Enfermaría Escolar ................................................................................................... 1 1.1.1. Contexto histórico ....................................................................................................... 1 1.1.2. Panorama actual .......................................................................................................... 2 1.1.3. Marco legal nacional ................................................................................................... 4 1.2. A saúde emocional nos infantes.................................................................................... 6 1.3. A escola humanizada ..................................................................................................... 8 2. XUSTIFICACIÓN ................................................................................................................ 9 3. OBXECTIVOS .................................................................................................................... 10 4. MÉTODOS .......................................................................................................................... 11 4.1. Deseño do estudo ......................................................................................................... 11 4.2. Ámbito de estudo ......................................................................................................... 11 4.3. Mostra, selección e retirada de participantes. Criterios de inclusión e exclusión. 11 4.4. Análise estatística ........................................................................................................ 12 4.5. Consideracións ético-legais ......................................................................................... 13 5. CRONOGRAMA DE TAREFAS ...................................................................................... 14 6. VIABILIDADE E COSTOS ............................................................................................... 16 7. RESULTADOS ESPERADOS ........................................................................................... 17 8. BIBLIOGRAFÍA ................................................................................................................. 18 9. ANEXOS .............................................................................................................................. 21
TÍTULO: A figura do/a Enfermeiro/a Escolar en España e o seu papel no benestar emocional dos infantes. RESUMO INTRODUCIÓN: Actualmente en España o papel da Enfermaría Escolar atópase en proceso de desenvolvemento e conta con moi pouca presenza no sistema educativo en comparación con outros países, tanto europeos como americanos. Este traballo de fin de grado centrarase na saúde emocional de nenos e nenas de Educación Primaria, debido aos grandes cambios aos que están expostos nesta etapa vital e que se ven reflectidos nas emocións, ademais da importancia que se lle está atribuíndo nos últimos tempos á saúde mental e emocional. Farase tamén partícipe á comunidade educativa (persoal docente e familias) co fin de potenciar a figura do/a Enfermeiro/a Escolar, ao crear relacións máis achegadas e promover deste xeito o benestar emocional dos infantes como obxectivo principal. OBXECTIVO: Determinar os coñecementos do profesorado, das familias e do alumnado pertencentes a centros públicos de Educación Primaria á hora de identificar o malestar emocional nos infantes. MÉTODOS: O método que se utilizará será a través de enquisas, calcúlase o tamaño das mostras de cada grupo poboacional e difundiranse os cuestionarios adaptados a cada un deles. As enquisas difundiranse a través dos centros educativos e acompañadas da xustificación do proxecto para fomentar a participación. RESULTADOS ESPERADOS: O proxecto producirá datos acerca da preparación do sistema educativo para responder de forma efectiva ás necesidades do alumnado con enfermidades de calquera tipo e adaptarse aos cambios forzados pola COVID-19, ademais de dar a coñecer a opinión e a necesidade respecto da incorporación da Enfermaría Escolar. PALABRAS CLAVE: Enfermaría Escolar, saúde emocional, infancia, Educación Primaria.
TÍTULO: La figura del/ de la Enfermero/a Escolar en España y su papel en el bienestar emocional de los infantes. RESUMEN INTRODUCIÓN: Actualmente en España el papel de la Enfermería Escolar se encuentra en proceso de desarrollo y cuenta con muy poca presencia en el sistema educativo en comparación con otros países, tanto europeos como americanos. Este trabajo de fin de grado se centrará en la salud emocional de niños y niñas de Educación Primaria, debido a los grandes cambios a los que están expuestos en esta etapa vital y que se ven reflectados en las emociones. Se hará también partícipe a la comunidad educativa (personal docente y familias) con el fin de potenciar la figura del/de la Enfermero/a Escolar, al crear relaciones más allegadas y promover de este modo el bienestar emocional de los infantes como objetivo principal. OBJETIVO: Determinar los conocimientos del profesorado, de las familias y del alumnado pertenecientes a centros públicos de Educación Primaria a la hora de identificar el malestar emocional en los infantes. MÉTODOS: El método que se utilizará será a través de encuestas, se calcula el tamaño de las muestras de cada grupo poblacional y se difundirán los cuestionarios adaptados a cada uno de ellos. Las encuestas se difundirán a través de los centros educativos y acompañadas de la justificación del proyecto para fomentar la participación. RESULTADOS ESPERADOS: El proyecto producirá datos acerca de la preparación del sistema educativo para responder de forma efectiva a las necesidades del alumnado con enfermedades de cualquier tipo y para adaptarse a los cambios forzados por la COVID-19, además de dar a conocer la opinión y la necesidad de la incorporación de la Enfermería Escolar. PALABRAS CLAVE: Enfermería Escolar, Salud Emocional, infancia, Educación Primaria.
TITTLE: The figure of the School Nurse in Spain and its role in the emotional well-being of infants. ABSTRACT INTRODUCTION: Nowadays, the role of School Nursing in Spain is in the process of development and has very little presence in educational system compared to other countries, both European and American. This final degree project will focus on the emotional health of boys and girls in Primary Education, due to the numerous changes they are exposed to during this critical period whose are reflected in their emotions. The educational community (teaching staff and families) will also be involved in order to enhance the figure of the School Nurse, by creating closer relationships and thus promoting the emotional well-being of infants as the main objective. OBJECTIVE: To determine the knowledge of teachers, families and students belonging to Public Primary Education centers when it comes to identifying emotional discomfort in infants. METHODS: Adapted surveys will be distributed throughout the chosen educational centers and accompanied by the justification of the project to encourage pDUWLFLSDWLRQDIWHUWKHVDPSOHV¶VL]H of each population group is determined. EXPECTED RESULTS: The project will be provided on the preparation of the educational system to respond effectively to the needs of students with diseases of any kind and to adapt to the changes forced by COVID-19, in addition to publicize the opinion and the need for the incorporation of School Nursing. KEY WORDS: School Nursing, Emotional Health, Childhood, Primary Education.
1 1. INTRODUCIÓN 1.1. A Enfermaría Escolar Existen diversas definicións sobre a Enfermaría Escolar, a máis recente (2017) xorde dunha revisión da anterior definición de 1999, establecidas ámbalas dúas pola National Association of School Nurse (NASN ou Asociación de Enfermaría Escolar dos Estado Unidos de América), que postula que a Enfermaría EVFRODUFRQVLVWHQXQKD³SUiFWLFDHVSHFLDOL]DGDGHHQIHUParía, protexe e promove a saúde do estudante, facilita o desenvolvemento óptimo e avanza o éxito académico. As Enfermeiras Escolares, baseadas na práctica ética e na evidencia, son as líderes que unen a atención médica e a educación, proven coordinación de coidado, promoven a atención centrada no estudante e colaboran para deseñar sistemas que permita ás persoas e comunidades desenvolver todo o seu SRWHQFLDO´ En xeral, todas as definicións atopadas acerca deste concepto fan referencia ó/á Enfermeiro/a Escolar como o/a profesional que abarca o ámbito educativo e facilita e comparte con toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente e familias) as ferramentas necesarias para mellorar o seu nivel de saúde física, mental, emocional e social, sempre en colaboración con outros recursos e profesionais do sistema sanitario (1). 1.1.1. Contexto histórico Entre finais de século XIX e comezos do XX incorpóranse por primeira vez profesionais de enfermaría aos centros escolares, case simultaneamente nos continentes europeo e americano, sendo Inglaterra e os EUA dous dos países máis precoces. É a partir de que esta especialidade comeza a cobrar importancia cando se regula a súa situación legalmente nestes países e se crean novas asociacións co fin de impulsar, mellorar e investigar sobre a súa labor (1). A primeira referencia que se atopa en España directamente relacionada ás funcións da Enfermaría Escolar data de finais do século XIX e nela ponse de manifesto a relevancia da hixiene nas escolas en relación ás enfermidades contaxiosas e os hábitos alimentarios (1,2).
8 1.3. A escola humanizada ³$VLQWHUYHQFLyQVGHSURPRFLyQQDVHVFRODVDXPHQWDQDDXWRHVWLPDDVKDELOLGDGHVGDYLGDD conduta pro-VRFLDORUHQGHPHQWRHVFRODUHRDPELHQWHVRFLDO´206$DQWHULRU é unha das recomendacións instauradas pola Organización Mundial da Saúde na que deixa entrever a transcendencia que se lle atribúe á promoción da saúde mental na infancia como forma de prevención de futuras enfermidades mentais en idades máis tardías (18). Entre os obxectivos da Enfermaría Escolar no campo do benestar emocional en idade infantil figura previr o sufrimento psicolóxico, para o cal é indispensable o recoñecemento e a avaliación do alumnado que se atopa en risco de facer unha realidade dun problema potencial. A tal efecto, deben tomarse en consideración as condutas a través das cales se dan a coñecer os sentimentos relativos ao malestar, xa mencionados con anterioridade (15). No ano 2021, xorde uQ SURJUDPD SURSRVWR SROD ;XQWD GH *DOLFLD FRxHFLGR FRPR ³%HQHVWDU HPRFLRQDO´FRILQGH³SUHYLUHDWHQXDUDLQIOXHQFLDGDSDQGHPLD´SDUDTXHRVFHQtros educativos leven a cabo as actividades máis axeitadas das 24 totais que se formulan, en función de cada contexto. Neste proxecto fanse partícipes unha gran variedade de profesionais de diferentes ámbitos: académico, psicolóxico, pedagóxico e sanitario. Ademais das familias ou titores/as legais, co fin de involucrar a contorna do neno e da nena e acadar con maior facilidade os obxectivos propostos. Poñendo o foco principal no benestar emocional dos infantes é prioritario facer partícipe da intervención á comunidade educativa, xa que gran parte do tempo que os nenos e as nenas pasan fóra do fogar é na escola. Porén, para que o alumnado se enfronte aos desafíos máis significativos desta idade da maneira máis satisfactoria posible, a contorna familiar debe estar igualmente vinculada e presente en todo momento (14, 15). As actividades expostas deben ser levadas a cabo por profesionais con formación no ámbito e cos coñecementos necesarios no relativo aos aspectos que teñen repercusión na saúde emocional, así como tamén aptitudes para identificar a respostas dos/as alumnos/as e a súa evolución ao longo do tempo. Ditas intervencións fan alusión á mellora da comunicación e escoita, á identificación de emocións, ao recoñecemento dos cambios, así como tamén se traballa para lidar e saber afrontar as emocións negativas e potenciar as positivas (15).
9 2. XUSTIFICACIÓN O feito de insistir nunha boa saúde mental e emocional dende as idades máis temperás e darlle aos nenos e ás nenas as orientacións oportunas para mantela supón que os escolares teñan unha mellor calidade de vida nas etapas vitais posteriores, facendo fincapé na adolescencia, ao previr situacións que lle poden prexudicar moi negativamente. Os beneficios de educar dende pequenos neste ámbito son moi diversos, partindo dunha mellora da saúde física e mental, ata mellores aptitudes psicosociais (18, 19). Despois de ter pasado os meses máis intensos pola COVID-19, os nenos e as nenas - aínda que tamén os/as adolescentes - sufrírono especialmente: estudouse que por mor do que trouxo consigo a pandemia, os escolares son máis propensos a presentar estrés postraumático, xunto con todas as manifestacións psicolóxicas relacionadas, así como tamén acentuar trazos psicopatolóxicos que podían presentar con anterioridade. Con isto, a importancia que se lle atribúe á saúde mental e emocional hoxe en día é moito maior con respecto a épocas precedentes (20). Elixir os centros educativos como lugar de intervención para disuadir o malestar emocional durante a idade infantil débese a que se tratan de espazos nos que os nenos e as nenas mostran as súas emocións libremente e as comparten co seu grupo de iguais, polo tanto, isto implica que grazas a todos os compoñentes que conforman a contorna educativa (sen excluír aos pais, nais e titores/as legais), as escolas sexan entendidas tamén como recunchos terapéuticos (14). A chegada dun profesional da enfermaría a un centro escolar supón numerosos cambios, non só para o alumnado senón tamén para o equipo docente. Non obstante, Rodríguez-Almagro (2018) indica no seu estudo que tanto o profesorado como o resto da comunidade educativa están na maioría dos casos de acordo ca presenza dun/unha Enfermeiro/a Escolar nas escolas (21). Tras revisar bibliografía acerca do tema, nalgúns centros a persoa encargada de exercer a labor da Enfermaría Escolar é un profesional que traballa nun centro de Atención Primaria ou en varias escolas simultaneamente, por iso se pode deducir que a calidade dos servizos poderían ser de menor calidade en comparación con aqueles/as enfermeiros/as que recibiron formación especializada no terreo da Enfermaría Escolar ou se poden dedicar integramente a un único centro educativo.
10 3. OBXECTIVOS Principal: - Determinar os coñecementos do profesorado, das familias e do alumnado de centros públicos de Educación Primaria en relación ao malestar emocional nos infantes. Secundarios: - Afondar na importancia que lle outorga a comunidade educativa á presenza do/a Enfermeiro/a Escolar co fin de identificar o sufrimento e promover o benestar emocional. - Identificar o parecer que adoptan o profesorado, as familias e o alumnado con respecto á incorporación dun/unha Enfermeiro/a Escolar nun centro educativo público de Educación Primaria.
11 4. MÉTODOS 4.1. Deseño do estudo O presente proxecto defínese como un estudo observacional de carácter descritivo e transversal, orientado á investigación da opinión dos colectivos. 4.2. Ámbito de estudo Centros de Educación Primaria de carácter público da Comunidade Autónoma de Galicia. 4.3. Mostra, selección e retirada de participantes. Criterios de inclusión e exclusión. Previamente á selección dos participantes do estudo, realizarase unha escolma dos centros de Educación Primaria representativos de toda a comunidade educativa galega, de xeito que serán incluídos aqueles pertencentes tanto a grandes e medias vilas como ao medio rural. Co fin dunha mellor representación, dita selección farase atendendo á distribución poboacional por zonas de urbanización (densamente poboadas, intermedias e pouco poboadas), habitando en cada área un terzo da poboación xeral, aproximadamente. Deste xeito, farase unha listaxe dos centros e cun xerador de números aleatorios, escolleranse dous centros pertencentes a cada zona (un total de seis centros), tendo en consideración que se estima unha participación do 30%. Por conseguinte, buscaranse escolas que excedan no triplo o número de alumnos en relación ao tamaño mostral de cada zona de urbanización (22). O cálculo do tamaño mostral farase atendendo aos seguintes aspectos: - Alumado de Educación Primaria matriculado en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso 2019/2020. N = 95.570 (23). Intervalo de confianza do 95% e marxe de erro do 5%. O tamaño mostral estimado de alumnado será de n = 383. - Profesorado de Educación Primaria en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso 2019/2020. N = 11.295 (24). Intervalo de confianza do 95% e marxe de erro do 5%. O tamaño mostral estimado de profesorado será de n = 372.
12 - Proxenitores ou representantes legais con nenos/as escolarizados en Educación Primaria (consultarase a un único proxenitor por unidade familiar). Sabendo, por un lado, que o total de alumnos/as escolarizados en Educación Primaria en escolas públicas de Galicia no ano 2019 (indicado anteriormente) e, por outro, que o índice de fecundidade nese mesmo ano é de 1,19 fillos por muller, obtemos un tamaño poboacional N = 80.310 (25). Intervalo de confianza do 95% e marxe de erro do 5%. O tamaño mostral estimado das familias será de n = 383. Para delimitar os participantes do estudo, farase unha selección tendo en consideración diferentes criterios de inclusión e exclusión (táboa 1). Táboa 1: criterios de inclusión e criterios de exclusión Participantes Criterios de inclusión Criterios de exclusión Alumnado - Estar matriculados/as nunha das escolas onde se realizará o estudo. - Ser alumno/a de Educación Primaria. - Contar coa autorización escrita do pai/nai/titor legal. Non firmar o consentimento informado. Profesorado - Profesorado da comunidade educativa da escola. - Pertencente á comunidade educativa dende mínimo 6 meses. Familias - Pai / Nai / Titor legal do alumnado de primaria. 4.4. Análise estatística Estudo descritivo: (a) Variables cuantitativas: media e desviacións típicas no caso das variables numéricas de distribución homoxénea ben medianas e cuartiles se a distribución é asimétrica. (b) Variables cualitativas: indicaranse en frecuencias absolutas e relativas. Para as comparanzas utilizaranse probas paramétricas (t de Student) e non paramétricas (Chi-cadrado de Pearson e proba U de Mann-Whitney), coa axuda dunha folla de cálculo LibreOffice e de SPSS.
13 4.5. Consideracións ético-legais O proxecto de investigación cumpre todas as consideracións éticas recollidas na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, onde se vela pola confidencialidade e anonimato de todos/as os/as participantes do estudo (26). De acordo cas características do estudo e a lexislación vixente, requírese a autorización do Comité de Bioética da Universidade de Santiago de Compostela (USC), así como tamén se solicitará permiso á dirección dos Centros de Educación Primaria nos que se distribuirán as enquisas (Anexo I) e á Consellería de Educación por mor de tratarse dun estudo en escolas de carácter público. Tendo en conta o anterior, foi preciso a elaboración de tres documentos: por un lado, os consentimentos informados dirixidos tanto ás familias, no que se inclúe tamén a autorización por parte dos representantes legais para a participación dos menores (Anexo II), como ao profesorado (Anexo III) e a folla de información ao participante (Anexo IV). Esta última será entregada ás familias e ao profesorado previamente a asinar o consentimento informado, xa que nela consta a información necesaria sobre o proceso de investigación e desenvolvemento do estudo. A enquisa é de carácter voluntario e anónimo.
14 5. CRONOGRAMA DE TAREFAS Na Táboa 2 amósase o tempo estimado atendendo aos seguintes criterios: realización da enquisa, análise de datos e a interpretación dos mesmos e, finalmente, redacción da publicación e divulgación dos resultados obtidos nas fases anteriores. Unha das partes máis importantes para levar a cabo a realización do estudo e que os resultados sexan verdadeiramente fiables é a validación das enquisas: en primeiro lugar, expertos na materia realizarán unha análise dos cuestionarios para avaliar tanto o contido como a estrutura dos mesmos. A continuación, realizarase unha proba piloto compartindo os borradores das enquisas con persoas de características semellantes ás seleccionadas para o estudo e comprobar deste xeito que se cumpran os propósitos da súa distribución. Finalmente, e tendo en conta os anteriores elaboraranse de forma definitiva os cuestionarios para a súa posterior divulgación (27). Ademais, elaborarase un artigo científico para a posterior publicación dos resultados do estudo nun xornal científico indexado no Science Citation Index, ao tempo que se participará en actividades de divulgación.
15 Táboa 2: Cronograma de tarefas TAREFA Marzo 2023 Abril 2023 Maio 2023 Xuño 2023 Xullo 2023 Setembro 2023 Outubro 2023 REALIZACIÓN DO ESTUDO Realización da enquisa Análise e interpretación dos datos INFORME E DIVULGACIÓN DE RESULTADOS Elaboración do informe final Presentación e divulgación dos resultados
16 6. VIABILIDADE E COSTOS Na Táboa 3 móstrase o material e o persoal con cargo a financiación deste proxecto. - Costo de persoal: non se require financiación persoal para a realización do proxecto. - Costo de dietas e desprazamentos. - Material funxible: requírese para a distribución dos consentimentos informados, das enquisas do alumnado, o profesorado e familias, segundo preferencias persoais. - Inscrición congresos: para diminuír costos, realizaríase no período con menor costo de inscrición. En base ás tarifas actuais, estímase un costo entre 200-¼SHUVRDProponse a participación nun congreso internacional, incluíndo na financiación a inscrición, a viaxe a o aloxamento. - Tarifa de publicación nunha revista open access de nivel Q1. En base ás tarifas actuais estímase HQWUHH¼ Táboa 3. Conceptos con cargo a financiación Gastos Custo por concepto Total Dietas e desprazamentos ¼SRUpersoa/día a 420¼ Material funxible: tinta de impresora ¼ ¼ Divulgación de resultados - Congreso nacional - Congreso internacional de Enfermaría o Inscrición o Viaxe e aloxamento - Publicación - Inscrición custo medio por persoa - 'LHWDV¼SRUpersoa/día - ¼ - ¼ - 2300¼ ¼ ¼ ¼ ¼ TOTAL 5285¼ ________________________ a 2LPSRUWHPi[LPRTXHVHGHVWLQDUiiVXEYHQFLyQVROLFLWDGDi;XQWDGH*DOLFLDVHUiGH¼SRUNP¼SRU GLHWDFRPSOHWDSDUDRPDQWHPHQWRH¼Dmedia dieta. Se a organización recoñeceu cantidades superiores, a diferenza deberá ser asumida pola propia organización. ORDE do 2 de abril de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e convócanse. CAN. Xunta de Galicia. Dispoñible en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190423/AnuncioG0244-050419-0003_es.html
17 7. RESULTADOS ESPERADOS Este proxecto permitirá coñecer en que grao están presentes as enfermidades con maior prevalencia, tanto físicas como psicolóxicas ou emocionais. Así como a formación que ten o persoal docente e, en xeral, a calidade dos recursos (tanto materiais como humanos) dos que dispoñen as escolas para abordar e satisfacer os coidados básicos de cada enfermidade, se o/a alumno/a o precisa. Obteranse datos acerca da perspectiva ca que viven as familias a escolarización dos/as seus/súas fillos/as que padecen enfermidades. Aínda que tamén resulta oportuno poñer en coñecemento a opinión do alumnado a través dunha enquisa adaptada a este grupo poboacional, en función das capacidades intelectuais. Ao levar a cabo o proxecto, terase unha visión aproximada da repercusión da COVID-19 non só no alumnado, senón tamén na capacidade de adaptación dos sistemas que máis frecuentan as persoas en idade infantil e máis poden influír na súa saúde emocional - ou que teñen as competencias necesarias para intervir - como son o educativo e o sanitario. Podendo efectuar unha comparativa dos puntos de vista do profesorado, das familias e do alumnado. A maiores do impacto, aparentemente negativo, da pandemia sobre o benestar emocional en nenos e nenas, conseguirase información no referente á situación emocional xeral das escolas. Este último é un aspecto cun interese peculiar, xa que tendo acceso a dita información, sería máis sinxelo elaborar posibles intervencións nun futuro de cara liquidar a problemática emocional nas escolas, de habela. Da análise dos datos, poderase identificar nunha primeira instancia a información ca que conta a comunidade educativa en xeral acerca do/a Enfermeiro/a Escolar e as súas funcións, ademais de concluír a necesidade da presenza desta figura. Finalmente, todos estes resultados terán valor para a orientación de medidas na implantación da figura da Enfermaría Escolar por parte da Administración.
Anexo IV Folla de información ao participante ³6ROLFtWDVHDV~DDXWRUL]DFLyQSDUDSDUWLFLSDUQRSUR[HFWRGHLQYHVWLJDFLyQWLWXODGR³A figura do/a Enfermeiro/a Escolar en España e RVHXSDSHOQREHQHVWDUHPRFLRQDOGRVLQIDQWHV´FX[RRE[HFWLYR principal é determinar os coñecementos do profesorado, das familias e do alumnado matriculado en centros públicos de Educación Primaria á hora de identificar o malestar emocional nos infantes. Os beneficios que se esperan deste traballo consistirán en comprobar a relevancia da figura da Enfermaría Escolar (profesión bastante descoñecida no noso país) nos centros educativos de carácter público, en concreto nos de Educación Primaria, no referente á saúde emocional dos escolares. Poderase identificar a perspectiva de todos os grupos poboacionais implicados (alumnado, familias e representantes legais do alumnado e profesorado dos centros) e unha vez coñecido todo o anterior poderanse propor medidas co fin de procurar unha mellor saúde emocional nos infantes en idade escolar. O estudo realizarase dende marzo de 2023 ata outubro do mesmo ano. A participación neste estudo é totalmente voluntaria, si vostede non desexa participar no estudo, non supoñerá ningunha consecuencia negativa para vostede. En calquera momento pode retirarse do estudo sen que teña ningunha consecuencia. A resposta é completamente anónima, polo que non se dispoñerá de ningún dato que puidese identificarlle. En calquera caso, a información trátase de acordo coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. Se ten algunha pregunta sobre este proxecto de investigación, pode consultar en calquera momento á investigadora: Nerea Leis Piñeiro ao seu correo electrónico [email protected]´
Anexo V: enquisa destinada ao profesorado Enquisa destinada ao profesorado Anexo VI: enquisa destinada ás familias Enquisa destinada ás familias Anexo VII: enquisa destinada ao alumnado Enquisa destinada ao alumnado