Resolución da Secretaría Xeral pola que se autoriza o uso do selo de órgano para a sinatura de comunicacións relativas á convocatoria de bolsas na aplicación "Xescampus"
Abstract
Publicado no Taboleiro Electrónico o 07/05/2021
Full text
Resolución da Secretaría Xeral pola que se autoriza o uso do selo de órgano para a sinatura de comunicacións relativas á convocatoria de bolsas na aplicación "Xescampus". Por resolución da Secretaría Xeral do 12 de xullo de 2017 autorizouse o uso do selo de órgano en determinados procedementos automatizados da Universidade de Santiago de Compostela. Visto escrito da xefa do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado no que solicita a sinatura mediante selo de órgano de comunicacións relativas ás convocatorias de bolsas e de prezos públicos. Visto que esta solicitude foi informada favorablemente pola Comisión Técnica de Administración Electrónica na súa reunión do 6 de maio de 2021. Tendo en conta que o artigo 31 do Regulamento de Administración Electrónica da USC indica que Por resolución da Secretaría Xeral autorizarase a utilización de selos de órgano en determinados procedementos automatizados da USC. Por isto, resolvo: 1- Autorizar o uso do selo de órgano nas seguintes comunicacións xeradas na aplicación informática "Xescampus": a. Comunicación ás persoas titulares dunha subvención de prezos públicos para aceptar ou rexeitar a solicitude. b. Comunicación ao estudantado solicitante da bolsa xeral do Ministerio ao que lle falta documentación. 2- Publicar como anexo a esta resolución a relación actualizada de procedementos para os que se autoriza o uso do selo de órgano. A Secretaria Xeral Dulce María García Mella Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/833E-4FF6-4C10-A411 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 833E-4FF6-4C10-A411 1 / 3
Anexo Relación actualizada de procedementos para os que se autoriza o uso do selo de órgano Aplicación Procedemento Enquisas de avaliación docente Certificado de avaliación do profesorado Enquisas de avaliación docente Resolución da solicitude de anulación da avaliación nunha materia Moodle Informe de uso OIT Virtual Certificado de pertenza a programas de RRHH OIT Virtual Certificado de composición actual de grupo de investigación OIT Virtual Certificado de composición mínima de grupo de investigación OIT Virtual Certificado de pertenza a grupo de investigación OIT Virtual Certificado de beneficiario de axudas propias da USC OIT Virtual Certificado de investigadores emerxentes OIT Virtual Certificado de consolidación de grupos de referencia competitiva OIT Virtual Certificado de consolidación de grupos con potencial crecemento OIT Virtual Certificado de convocatoria de redes de investigación OIT Virtual Certificado de participación en actividades de I+D OIT Virtual Certificado de historial de grupo de investigación OIT Virtual Certificado de historial de grupo de investigación (formato corto) Xescampus Certificado de acreditación de probas de nivel de idiomas segundo o MECR Xescampus Certificado de acreditación de cursos de idiomas segundo o MECR Xescampus Certificado de titorización/cotitorización de TFG/TFM Xescampus Certificado de docencia Xescampus Certificado de participación en tribunais de TFG/TFM Xescampus Certificado académico Xescampus Certificado tipo BIR, EIR, FIR, MIR, PIR, QUIR Xescampus Certificado de título Xescampus Comunicación de subvencións de prezos públicos Xescampus Comunicación de falta de documentación (convocatoria de bolsas xerais do Ministerio) Sede Electrónica Comprobante de publicación no Taboleiro Sede Electrónica Xustificante de rexistro de saída Sede Electrónica Xustificante de rexistro de entrada Sede Electrónica Xustificante de posta a disposición de notificación Sede Electrónica Xustificante de lectura dunha notificación Xestor de formularios Xustificante de solicitude presentada Xestión Económica Autorizacións electrónicas por parte dos directores de centros de gasto Xestión Económica Emisión de facturas da USC en eSicus Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/833E-4FF6-4C10-A411 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 833E-4FF6-4C10-A411 2 / 3
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 06/05/2021 22:42:42. CSV: 833E-4FF6-4C10-A411 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/833E-4FF6-4C10-A411 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 833E-4FF6-4C10-A411 3 / 3