scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Sepultados na memoria: deseño dun proxecto transmedia

Suárez Recouso, Susana

Abstract

O presente traballo ten como obxectivo elaborar unha proposta dun produto transmedia sobre memoria histórica democrática dirixido á mocidade. Este proxecto adáptase aos hábitos de consumo dunha xeración hiperconectada que non responde ao modelo comunicativo tradicional unidireccional. É a proposta para un novo relato da memoria construído desde múltiples historias individuais e que racha co discurso oficial da equidistancia e da impunidade. O proxecto céntrase nas exhumacións das vítimas do franquismo encadradas no Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia. A partir da análise do primeiro ano de investigacións e exhumación de fosas (2021-2022) elabórase unha proposta de produto transmedia, sepultadosnamemoria.com. O proxecto recolle o mosaico de relatos que xorden a carón de cada desenterramento. É a memoria reconstruída por e para unha xeración que non viviu a represión e que ten moitas lagoas sobre esta época do seu pasado recente.

Full text

SEPULTADOS NA MEMORIA Deseño dun proxecto transmedia UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN MÁSTER UNIVERSITARIO EN XORNALISMO E COMUNICACIÓN: NOVAS TENDENCIAS EN PRODUCIÓN, XESTIÓN E DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO CURSO 2021-2022 Autora: Susana Suárez Recouso Titor: Jorge Vázquez Herrero 1 RESUMO O presente traballo ten como obxectivo elaborar unha proposta dun produto transmedia sobre memoria histórica democrática dirixido á mocidade. Este proxecto adáptase aos hábitos de consumo dunha xeración hiperconectada que non responde ao modelo comunicativo tradicional unidireccional. É a proposta para un novo relato da memoria construído desde múltiples historias individuais e que racha co discurso oficial da equidistancia e da impunidade. O proxecto céntrase nas exhumacións das vítimas do franquismo encadradas no Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia. A partir da análise do primeiro ano de investigacións e exhumación de fosas (2021-2022) elabórase unha proposta de produto transmedia, sepultadosnamemoria.com. O proxecto recolle o mosaico de relatos que xorden a carón de cada desenterramento. É a memoria reconstruída por e para unha xeración que non viviu a represión e que ten moitas lagoas sobre esta época do seu pasado recente. PALABRAS CLAVE Memoria Histórica, Memoria Democrática, Franquismo, transmedia, documental, mocidade, estudantado 2 ABSTRACT The present work aims to develop a proposal for a transmedia product on democratic historical memory for young people. This project is adapted to the consumption habits of a hyperconnected generation that does not respond to the traditional one-way communicative model. It is the proposal for a new narrative of memory constructed from multiple individual stories and which breaks with the official discourse of equidistance and impunity. The project focuses on the exhumations of the victims of the Franco regime in the Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia. From the analysis of the first year of investigations and exhumation of graves (2021-2022) a transmedia product proposal is elaborated, sepultadosnamemoria.com. The project collects the mosaic of stories that emerge next to each excavation. It is the memory reconstructed by and for a generation that has no longer lived through repression and that has many gaps about this time of its recent past. KEYWORDS Historical Memory, Democratic Memory, Francoism, transmedia, documentary, youth, student 3 ÍNDICE 1. Introdución 4 1.1 Xustificación 4 1.2 Obxectivos 6 1.3 Metodoloxía 7 1.4 Marco teórico 9 1.5 Marco sociolexislativo 15 2. Antecedentes 18 2.1. Vencidxs (vencidxs.com) 20 2.2 Libertad (laav.es/libertad) 24 2.3 A pegada dos avós (apegadadosavos.com) 27 2.4 La primavera rosa (laprimaverarosa.com) 29 3. Biblia transmedia 32 3.1 Presentación 33 3.1.1. Propósito 33 3.1.2. Usuarios 33 3.1.3. Posicionamento 35 3.1.4. Esquema do universo transmedia 36 3.2. Narrativa 39 3.2.1. Concepto creativo 39 3.2.2. Sinopse 39 3.2.3. Ton e estilo 39 3.2.4. Os relatos nos diferentes medios e plataformas 40 3.3. Produción 53 3.3.1. Equipo 53 3.3.2. Cronograma 54 3.3.3. DAFO 59 4. Conclusións 60 5. Bibliografía 61 6. Anexos 65 4 1. Introdución 1.1 Xustificación A necesidade de novos xeitos de se achegar á memoria e á historia xa forma parte do cambio do paradigma historiográfico que desde os anos oitenta se deu en practicamente todas as disciplinas das ciencias sociais e que se corresponde coa denominada posmodernidade. A crise do historiador como institución cando a memoria como fenómeno social marca a relación co pasado é particularmente notoria no coñecemento de épocas como a Guerra Civil e o franquismo. De aí, que desde xullo de 2016, diferentes grupos de investigación en Galicia, vinculados á historia, á literatura e á antropoloxía decidisen explorar un novo discurso do pasado construído xa en democracia e que tivese como fundamentos a transdisciplinariedade, a interdiscursividade e a achega interxeneracional. Despois de congresos e encontros de traballo e debate, a edición no ano 2020 dun libro colectivo, 1936 Un nuevo relato é un punto de partida desde o que empezar de novo a contar o acontecemento de maior transcendencia da historia contemporánea española e, a partir del, reflexionar sobre os valores democráticos e a defensa dos dereitos humanos. A demanda da sociedade que mira desde o presente para entender un pasado incómodo e traumático debe ser atendida non só desde as disciplinas académicas senón desde a divulgación e os ámbitos de aprendizaxe formais e non formais. Neste contexto é no que se presenta o proxecto transmedia proposto para o estudo, feito coas memorias presentes e “construídas” tal e como establecía Maurice Halbwachs hai máis dun século cando recoñecía que a memoria non é recordo senón que xorde do proceso social da transmisión. Esa é a materia prima da que parte Sepultados na Memoria (sepultadosnamemoria.com) coas voces de vidas silencias pola historiografía que expresan a súa propia reinterpretación do ocorrido. Ao longo da historia o cine foi un espazo de rexistro e construción de memoria, tanto desde o ámbito documental como da ficción histórica. Converteuse, 5 xunto coa literatura e outras disciplinas artísticas, nun vehículo da memoria que creou produtos culturais para representar o pasado. A evolución desde os seus inicios, como soporte ou arquivo de feitos históricos, ata a transformación en grandes producións activou o debate sobre a reescritura da historia que se fixo desde o audiovisual e como este pode estar ao servizo do relato hexemónico ou alternativo. O cinema deu lugar a lecturas diferentes da guerra civil e do franquismo en función da mirada de directores, realizadores e do propio público, pero moitos dos relatos transmitidos foron cando menos incompletos para podermos reconstruír a historia desde o presente. A irrupción da tecnoloxía dixital abre un campo novo nos ámbitos da creación, distribución e recepción para os relatos relacionados coa memoria, de sumo interese cando tratamos de achegarnos a temas de abordaxes complexas, de recordos, silencios, emocións, patróns de comportamento individuais e sociais e ritmos máis demorados dos que estamos afeitos nas sociedades actuais. Ofrece novos modos de representación con maior implicación de protagonistas e usuarios que permiten un amplo espazo reflexivo para o tema que nos ocupa. 6 1.2 Obxectivos O obxectivo fundamental deste traballo é presentar un produto transmedia que responda á transmisión dos relatos de memoria nunha sociedade dixital con hábitos de consumo multiplataforma. A partir deste obxectivo xeral de elaboración da proposta dun produto transmedia concretamos obxectivos específicos vinculados ao formato, contido, público e finalidade do proxecto: ● Definir a estrutura para un documental interactivo aberto, que se vai ir construíndo á par do desenvolvemento do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia. ● Cuestionar o modelo comunicativo tradicional como espazo dirixido e unidireccional de coñecemento fronte ás oportunidades que ofrecen os medios dixitais interactivos e colaborativos. ● Propoñer modelos de formatos dixitais onde se reconfiguren os roles de emisores e receptores, cunha posta en valor de relatos creados pola audiencia. ● Deseñar un espazo sonoro dixital que recolla a memoria oral depositada nos arquivos académicos e revisala coas testemuñas actuais para elaborar unha serie de podcast sobre a memoria en Galicia. ● Poñer as bases para unha comunidade de reflexión e aprendizaxe sobre memoria que implique docentes, alumnado e axentes sociais. ●Revalorizar as culturas colaborativas nos procesos de aprendizaxe transmedia aproveitando as posibilidades que nos dá a comunicación dixital. ● Crear sinerxias entre os espazos de investigación académica e a mocidade que permitan coñecer os axentes que estudan a memoria e responder á demanda de coñecementos do estudantado. ● Deseñar espazos de interacción sobre memoria para usuarios de redes sociais. ● Contribuír á reflexión antropolóxica sobre como retratamos a ausencia e a memoria. 7 1.3 Metodoloxía A metodoloxía empregada para a elaboración deste traballo consiste na revisión bibliográfica sobre as narrativas transmedia, a súa aplicación á educación e ao activismo e os procesos de construción de memoria e de creación de novos relatos sobre a guerra civil e o franquismo. Para isto elabórase un estudo previo dos materiais audiovisuais existentes sobre estes contidos dirixidos a unha audiencia moza, tanto dixitais como analóxicos no ámbito galego e español. Revísase a lexislación sobre o currículo escolar que abrangue esta área e as investigacións críticas sobre a súa aplicación no ensino. Por útimo realízase unha revisión e análise de proxectos transmedia vinculados coa temática de memoria en España así como doutras producións de referencia no activismo social e na participación da mocidade en produtos audiovisuais colaborativos. A partir do estudo deste material, e ante a demanda de contidos curriculares alternativos aos presentes nos libros de texto sobre a recuperación da memoria en España (Díez, 2020) elabórase unha proposta de proxecto transmedia centrada nas exhumacións que se están realizando no marco do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024 que poida axudar a solventar as carencias de coñecemento da mocidade nesta área. Esta proposta artéllase cun formato atractivo e participativo máis próximo a espazos de aprendizase non formais centrado na experimentación do alumnado. O proxecto deberá activar primeiro o interese por coñecer unha etapa da nosa historia e despois a capacidade de formar parte na reconstrución da memoria. A elección do formato interactivo, afastado dos discursos maxistrais e unidireccionais dunha aula, leva os usuarios a teren que resolver contradicións propias sobre o relato aprendido e os valores transmitidos. Trátase polo tanto de facilitar un produto que lle proporcione á audiencia unha experiencia diferente no seu contacto coa memoria e unha aprendizaxe significativa que se desenvolva tanto no espazo online como no físico. 8 O produto final debera conseguir no espectador non só unha ampliación de coñecementos sobre a represión como parte da nosa historia, senón tamén unha nova percepción sobre a relación que cada un de nós ten co pasado. 15 1.5 Marco sociolexislativo Para poder contextualizar a materia prima da que partimos ao deseñar este produto é imprescindible analizar o marco social en que se incribe e o contexto lexislativo vixente que condiciona tanto os traballos de investigación sobre memoria que se están desenvolvendo, como as posibilidades de recuperación de vítimas da represión. O 27 de setembro de 2021, o Comité contra a Desaparición Forzada da ONU insistía, unha vez máis, na necesidade de que España eliminase os obstáculos que impiden as investigacións de casos de desaparicións forzadas e busca de persoas vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista. Estímase que hai arredor de 100.000 persoas desaparecidas, e polo de agora os rexistros computan 4.265 fosas comúns. O dereito a coñecer a verdade nun contexto de violación dos dereitos humanos foilles negado ás familias e á sociedade e impediu a restitución da dignidade dos desaparecidos. Ademais evitou as investigacións xudiciais que permitirían determinar en que circunstancias se produciu a morte das vítimas. Despois de máis de 80 anos, o paso do tempo e a morte de testemuñas directas fai cada vez máis difícil o traballo de localización e investigación das fosas. As lembranzas dos arredor de 5.000 asasinatos franquistas documentados en Galicia e das 14.000 vítimas da represión esmorecen mentres os corpos continúan debaixo da terra. Ata agora as asociacións memorialistas e as familias foron as que asumiron a busca e recuperación das vítimas ante o desentendemento da xustiza e dos gobernos democráticos sen que o Estado cumprise co recoñecemento da verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición. O Proxecto de Lei de Memoria Democrática, pendente de tramitación parlamentaria, asume un novo papel activo do Estado na busca de persoas desaparecidas e exhumación de fosas aínda que non elimina os obstáculos que impiden o dereito das vítimas a obter xustiza. Despois de moitos anos de silencio e descoñecemento sobre o que ocorreu no pasado e como condiciona o presente, o 16 Estado recoñece a responsabilidade de dar a coñecer o que sucedeu e as súas repercusións, de xeito que favoreza a reflexión social sobre todo nas xeracións máis novas e distanciadas dos feitos no tempo. A responsabilidade dos medios e da escola como axentes socializadores e de difusión do coñecemento debe ser definitivamente executada sen posturas equidistantes. Neste marco é no que se encadra o proxecto transmedia Sepultados na Memoria. Segundo o recollido no proxecto de Lei de Memoria Democrática o Estado atribúese por primeira vez a responsabilidade e un rol activo en materia de busca, exhumación e identificación das vítimas de desaparición forzada. Asome que lle corresponderá esta tarefa á Administración Xeral do Estado, sen prexuízo das competencias doutras administracións públicas relacionadas con esta actividade. Para isto refórzase a colaboración entre as administracións e lidérase unha acción de dignificación colectiva do país. Inclúe medidas como o impulso ao mapa de fosas, o protocolo de exhumacións e o réxime de autorizacións. O capítulo IV deste proxecto de lei refírese ao deber de memoria como garantía de non repetición. A sección 3ª deste capítulo recolle, cunha finalidade pedagóxica de fomento dos valores democráticos e de convivencia, medidas relacionadas cos diferentes ámbitos educativos e de formación do profesorado. Contempla ademais a investigación, a divulgación e outras formas de sensibilización co tema. O obxectivo é promover, fomentar e garantir na cidadanía o coñecemento da historia democrática española e a loita polos valores e liberdades democráticas. A sección 4ª regula ademais os lugares de Memoria Democrática, que terán unha función conmemorativa e didáctica. A nivel autonómico, en 2008 estableceuse un protocolo de actuación para levar a cabo as exhumacións das fosas da guerra civil e da ditadura en Galicia. A universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura asinaron un acordo de colaboración polo que historiadores, arqueólogos, forenses e xenetistas constituirían un equipo de investigación que, profesionalmente, abordarían estas tarefas. Dous anos despois, o proxecto Nomes e Voces asina un convenio co 17 Ministerio de Xustiza para elaborar o Mapa de Fosas de Galicia, e a finais desa década o Parlamento de Galicia insta á Xunta a realizar as tarefas de análise e dignificación dos espazos de morte en Galicia. Con estes antecedentes en maio de 2021, e a instancias da Secretaría de Estado de Memoria Democrática, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ponse en marcha o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática de Galicia 2021-2024, que se asina en agosto dese ano cun equipo de investigación integrado polo Grupo HISTAGRA, co catedrático Lourenzo Fernández Prieto á fronte, polo Grupo de Medicina Legal para a análise xenética, tutelado polo catedrático Ángel Carracedo Álvarez e polo forense do IMELGA, Fernando Serrulla Rech, que constitúen un equipo de traballo, onde se integran investigadores da USC para levar a cabo as primeiras exhumacións realizadas en Galicia ao abeiro dos poderes públicos (Estado e Comunidade Autónoma). O principal cometido é levar a cabo as tres liñas estratéxicas fundamentais das políticas públicas de Memoria Democrática que se pretenden desenvolver ao longo do período (2021-2024): ● Localización, exhumación e identificación de vítimas. ● Divulgación de traballos efectuados e resultados conseguidos. ● Dignificación dos lugares de enterramento e promoción dos lugares de memoria Neste marco sociolexislativo e a carón deste Plan Cuadrinal da Memoria desenvolverase o noso proxecto transmedia Sepultados na Memoria. 18 2. Antecedentes No marco actual da produción audiovisual en España relacionada con memoria a maior parte de produtos existentes son filmes, ben de ficción ou documentais que non entran no formato transmedia, aínda que nos últimos anos foron xurdindo cada vez máis proxectos dixitais vinculados á educación que se aproximan a formatos menos tradicionais. Na rede creáronse espazos web de proxectos académicos universitarios e de grupos de investigación con contidos gráficos, audiovisuais, bases de datos e mapas que non foron deseñados como produtos transmedia pero si son cada vez máis interactivos. É o caso de webs de como mapasdememoria.com, ou como nomesevoces.net que vai ser a plataforma de investigación histórica á que estará vinculada o noso traballo. Estes dous exemplos parten do ámbito universitario de investigación e divulgación histórica e antropolóxica. Neste contexto, antes de comezar a desenvolver a nosa proposta de produto fixemos unha pescuda daqueles proxectos sobre memoria definidos especificamente como transmedia polos seus creadores. Revisamos tamén outros proxectos de creación audiovisual colaborativa que tivesen a mesma temática e produtos con outras temáticas sociais dirixidos a un público mozo, pensados para seren empregados nas aulas ou en ámbitos de educación non formal. Finalmente a elección de produtos que se aproximaban ao noso proxecto nalgunha das súas características respondeu a un criterio de proximidade coa idea, forma e contido da nosa proposta (Táboa 1). 19 Táboa 1: Mostra de análise Proxecto Formato Tema Formato Ano Dirección Produción Vencidxs Proxecto audiovisual Memoria Democrática Docume ntal Web Libro 2013 Aitor Fernánde z DateCuenta (Asociación sen ánimo de lucro) Libertad Documental de creación Memoria Democrática HD 2019 Chus Domíngu ez Laboratorio de antropología audiovisual experimental de León A pegada dos avós Documental de creación Memoria Democrática HD 2013 Xosé Abad EAF Producciones (produtora independente especializada en contidos de interese social) La primavera rosa Serie documental transmedia Comunidade LGTBI+ HD 2013- 2018 Mario de la Torre CRETA Producciones (produtora especializada en documentais sociais e transmedia) Fonte: Elaboración propia 20 2.1. Vencidxs (vencidxs.com) Descrición do produto que o propio equipo creativo, DateCuenta, fai do seu proxecto na web: En los años 2009-2012 logramos grabar más de 100 testimonios de los últimos defensores y defensoras de la Segunda República Española y represaliados por el franquismo. Lo hicimos sin ayudas públicas o privadas, sólo con el apoyo popular y mucho trabajo voluntario. En 2013 conseguimos estrenar un documental y publicar un libro. En 2021 conseguimos liberar todos los testimonios para que estén a tu disposición. Pero aún queda mucho por hacer. Queremos llevar estos testimonios a las aulas de secundaria. Por eso seguimos pidiendo el apoyo popular. Para que nadie pueda nunca silenciar nuestra memoria, que nunca se estudió ni estuvo en los libros de texto. Se analizamos primeiro a orixe do colectivo que hai detrás deste produto, unha asociación sen ánimo de lucro formada por un grupo de persoas comprometidas coa realidade social, vemos que é moi similar á organización desde a que parte o noso proxecto, Lentes Diverxentes1, tamén un colectivo audiovisual sen fins lucrativos. O mesmo ocorre cos obxectivos das dúas entidades: darlles importancia a colectivos minorizados ou que traballan para mellorar os dereitos humanos. Este punto de partida vai ter moita relevancia a nivel de contido e de formato do produto. As rutinas de produción de equipos que non se dedican profesionalmente ao proxecto, así como os recursos dos que se dispón van determinar as plataformas, o seguimento das historias e o plan de difusión. Observamos que Vencidxs é un proxecto comezado en 2009 e que non conseguiu desenvolverse polo de agora en todas as plataformas deseñadas. A educativa, unha das súas principais metas, aínda non se puido poñer en práctica tal e como estaba programada, 12 anos despois, como recolle Diario de la Educación en decembro de 2021. 1Lentes Diverxentes (lentesdiverxentes.com) é un colectivo audiovisual galego sen ánimo de lucro centrado na elaboración de proxectos documentais para a divulgación de conflitos sociais en defensa do medio e do patrimonio cultural, material e inmaterial. 21 Formatos ou plataformas empregadas para o proxecto: ● Web con 73 entrevistas editadas ● Unha película documental Vencidxs (pode verse na plataforma Filmin) ● Unha curtametraxe documental Huesos ● Libro de fotografías dos personaxes (formato físico e ebook) ● Obras fotográficas orixinais Transmedialidade: Partimos da análise realizada por Antonio Alías, (2017) sobre o papel dos novos medios audiovisuais como ferramentas para a construción de memoria a través das narrativas transmedia. O investigador destaca que o proceso de creación de Vencidxs, nunha contorna colaborativa, coa implicación de máis de cincuenta asociacións relacionadas coa memoria e cun financiamento a través de crowdfunding é xa de por si unha característica transmedia que define o produto. Valora que o elemento participativo e a denuncia política e social dos protagonistas que non se identifican, conseguen dar unha visión expandida da historia. …entendemos aquí que la transmedialidad de Vencidxs ha de ser entendida como un ejercicio de expresión política alternativa en los términos en los que Lina Srivastava (2014) entiende el Transmedia activism, esto es, como una estrategia transmedial que, lejos de establecerse en los paradigmas clásicos de la comunicación, trabaja sobre otros parámetros alrededor de la protesta y la crítica social: obtener impacto social, influir sobre las formas de percepción sobre el pasado conflictivo y construir una comunidad participativa en la construcción de otros relatos posibles. Con estos presupuestos, el proyecto se articula en una significativa narrativa transmedia, que va de la desnuda voz del testimonio real sobre el pasado histórico al relato de voces e imágenes expandidas en las que este se convierte en su producción a través de cada uno de los medios y en los que las declaraciones, en primer lugar, son capturadas como archivo audiovisual ―de carácter público, pero también destinado a la purga íntima― y, en un segundo momento, como ejercicio afectivo e intergeneracional, pues son los jóvenes ―familiares o encausados por el tema― aquí los creadores de esa memoria audiovisual que ha de llegar al espectador. (Alías, 2017: 92) 22 Antonio Alías constata a correspondencia do formato multiplataforma escollido para Vencidxs como aquel que mellor se axeita ao novo relato da memoria para poder chegar a distintos ámbitos de acción social e política. Máis aló destas consideracións, se atendemos á estrutura do proxecto, vemos que efectivamente a linearidade narrativa na web responde á elección do usuario, non así no documental audiovisual. A web presenta nestes momentos 73 entrevistas editadas que poden filtrarse pola orixe dos protagonistas ou pola súa participación ou vínculo coa guerra civil e co franquismo. O documental audiovisual, que non é interactivo, recolle unha selección destes mesmos testemuños. A información que se amplía na web é unha ficha de cada protagonista, coa bibliografía de apoio e un minutado dos temas de conversa. A navegación entre as distintas entrevistas non segue unha liña argumental específica fóra da que poida resultar do filtrado anteriormente exposto, nin hai ningún recurso de deseño que poida orientar a elección do usuario. En canto ao libro de fotografías, nos dous formatos, recolle un cento de testemuños directos que son os mesmos que aparecen na web e no documental audiovisual, así como as mesmas fichas de cada protagonista. A curtametraxe documental Huesos realizada para a Asociación para a Recuperación de Memoria Histórica responde a un formato tradicional e narra parte do traballo da Asociación na apertura de fosas. Aínda que tematicamente está relacionada co proxecto, é un produto independente que non ten puntos de interacción co resto de contidos noutras plataformas e só serve como ampliación de información sobre o traballo desta asociación concreta. Estamos polo tanto ante un proxecto que emprega tres plataformas para difundir un mesmo contido sen que se amplíen as historias, sen intertextualidade e nas que tan só a web permite a elección de navegación do usuario. Desde este punto de vista a transmedialidade do proxecto é escasa, e quedaría nunha polifonía de testemuños mostrada simultaneamente en diferentes plataformas. Non hai posibilidade de inmersión en ningún dos produtos. 23 Puntos de coincidencia co noso proxecto: ● Obxectivo: Educar para o entendemento e a democracia ● Contido: O relato da memoria ● Formato do produto audiovisual: Testemuñal, con protagonismo das historias “descoñecidas”, non hexemónicas. ● Produción: cooperación con asociacións e organizacións que traballan coa memoria. 24 2.2 Libertad (laav.es/libertad) Descrición do produto que o Laboratorio de Antropoloxía Audiovisual Experimental do Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León fai do seu proxecto na súa web: Libertad parte del testimonio oral de Josefa Castro García, grabado en 2011 cuando contaba con 90 años, en el que relata su vida marcada por la Guerra Civil y la represión de la posguerra. A partir de esta narración 17 estudiantes de los institutos Legio VII (León) y Ramiro II (La Robla), con la misma edad que tenía Josefa Castro durante la Guerra Civil, han desarrollado una propuesta cinematográfica en paralelo a su proceso de descubrimiento compartido del lenguaje audiovisual. El proyecto trata de poner en valor no solo la película resultante del mismo sino el proceso de realización, por lo que se han elaborado una de serie materiales que pretenden ofrecer un espacio para compartir los aprendizajes generados, tanto en lo referente al audiovisual como a los modos de enseñanza-aprendizaje, donde el intercambio, la colaboración y el establecimiento de relaciones no jerárquicas permiten investigar metodologías alternativas a los enfoques normativos del aula. La película se ha realizado en película de 16 mm. y todas las fases del proceso fílmico (planificación, rodaje, revelado y montaje) han sido desarrolladas por los alumnos y alumnas con la colaboración y coordinación de un equipo de creadores y docentes. Formatos ou plataformas empregadas para a difusión do proxecto: ● Documental audiovisual Libertad (2019), 46 min. Pode verse na plataforma Filmin. Formatos ou plataformas empregadas para a creación do proxecto: ● Gravación sonora do relato de vida da protagonista, Josefa ● Making off, Probas e Retratos en Vimeo ● Documento do proxecto: https://laav.es/wp-content/uploads/2019/06/Libertad_proyecto-LAAV.pdf ● Mapa interactivo do proceso do proxecto: https://laav.es/libertadmap/ ● Caderno de recortes. Lucía Pérez https://issuu.com/laav4/docs/cuaderno_lucia 31 Táboa 2: Características do relato transmedia nos proxectos analizados Fonte: Elaboración propia 32 3. Biblia transmedia Sepultados na Memoria é un proxecto de creación audiovisual transmedia que procura o coñecemento sobre a represión franquista a partir da exhumación de fosas comúns asumida desde mediados de 2021 pola Administración. En Galicia estes traballos desenvólvense de xeito profesional dentro do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática. A proposta recolle a historia recente do país contada polas xeracións herdeiras das vítimas represaliadas que recuperan o espazo público para crear un relato que adoita non corresponderse co discurso oficial establecido na equidistancia e na impunidade. Son os testemuños fragmentados que ata agora foron invisibles na reconstrución do presente e que agroman desde as fosas onde se buscan as vítimas de hai 80 anos. O proxecto está centrado nun documental interactivo colaborativo que ten como soporte unha plataforma web (sepultadosnamemoria.com). Contempla: experiencias físicas nas exhumacións como espazos de cocreación de contidos dixitais; relatos sonoros a partir do arquivo da memoria de Galicia e unidades didácticas en formato documentarybook. As redes sociais servirán tamén como espazo de cocreación e de difusión de contidos. Incorpora códigos QR situados en cada unha das fosas exhumadas como vía de acceso ao produto e á súa vez estes indicadores servirán para contribuír á sinalización dos espazos de memoria. A biblia transmedia que se presenta a continuación serve de guía para o desenvolvemento dos relatos nas múltiples plataformas que deseñamos tendo en conta os recursos e as posibilidades que ofrece a era dixital. Ademais dun guión de traballo será tamén un método de avaliación dos produtos creados para poder comprobar en todo momento que responden aos obxectivos marcados. O modelo de biblia que se segue neste traballo é o proposto polo director do Postgrao en Branded Content e Transmedia Storytelling, Eduardo Prádanos, pendente de publicación, pero do que poden consultarse adiantos na conta de twitter do colectivo de investigación en novos formatos, @InnovacionAv. 33 3.1 Presentación A biblia transmedia de Sepultados na Memoria amosa a estrutura interna que vai artellar todo o proxecto: a narración das historias, a proposta de produción e consumo destas ou a colaboración e interacción co espectador. A viaxe que o usuario poderá facer polas diferentes plataformas non esixe que estea en todas para comprender os contidos porque cada relato terá entidade propia e permitirá diferentes niveis de inmersión na historia. O formato elixido parte dun eixo principal, que será o documental interactivo albergado na web. Pola propia natureza do proxecto, que se desenvolve paralelamente ao Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, o produto será fragmentado e irase construíndo, revisando e actualizando durante os próximos catro anos. Está polo tanto contemplado como un proxecto en construción ata 2025 pero iso non impide o consumo do produto case en simultáneo cos traballos de exhumación. Ao ser un proxecto prolongado no tempo o uso de formatos, ferramentas e plataformas irá mudando e adaptándose ás necesidades de cada historia segundo as esixencias das propias exhumacións e dos contextos dos protagonistas (familias, asociacións, administracións, investigadores…). A biblia recolle todos os aspectos importantes definidos nesta primeira fase do proxecto e servirá como guía para todos os axentes implicados no desenvolvemento do traballo multimedia. 3.1.1. Propósito A intención fundamental deste proxecto, transversal a todos os formatos e plataformas en que se desenvolve, será a de construír o relato das vítimas desde o lugar onde foron sepultadas a través da memoria daqueles que as mantiveron vivas. 3.1.2. Usuarios O público central ao que nos diriximos estará delimitado por un criterio de idade, entre os 16 e os 25 anos, ao entender que hai un déficit de contidos específicos sobre a memoria nesta franxa de idade. De aí que os formatos elixidos 34 para desenvolver o proxecto respondan fundamentalmente ao consumo feito pola mocidade. Isto non impedirá que o produto teña unha audiencia máis xeral habituada aos formatos dixitais. En tanto que está pensado como un proxecto educativo, o profesorado é outro usuario do produto, e non só os especialistas en Historia ou Educación en valores, senón tamén doutras materias por tratarse dun contido transversal a calquera delas. Na medida en que o Plan de Memoria parte de entidades como a Universidade e equipos de investigación vinculados a institucións académicas tamén existe un público especializado de áreas como Historia, Arqueoloxía ou Antropoloxía. O proxecto contempla ademais outro público especializado, que é todo o vinculado coas asociacións de memoria, compromiso cos dereitos humanos e movementos sociais. Na medida en que o debate da necesidade dunha Lei da Memoria e o seu contido reaparecen nos medios ciclicamente este foco de interese expándese a un público máis xeral. Se atendemos a un criterio xeográfico, o consumidor ao que vai dirixido sería, nun primeiro nivel, o do contexto da fosa. É o público máis interesado, pola propia información que xeran os medios xeneralistas durante a exhumación e a vagaxe histórica local que na maior parte dos casos recolleron previamente entidades culturais da zona ou os propios concellos. Destes consumidores agardaríase un interese en profudizar no tema derivado dos coñecementos previos da historia, dos protagonistas e das familias. En moitos casos coñecen o espazo onde se vai executar a exhumación con anterioridade e teñen a posibilidade de visitar fisicamente o lugar durante os traballos de busca. Nun segundo nivel, estableceríase un público de ámbito galego que coñecese e seguise o desenvolvemento do Plan de Memoria Democrática ou que xa tivera un achegamento ao noso proxecto nunha exhumación anterior. E nun terceiro chanzo, xa froito da colaboración con outros proxectos de investigación que se desenvolven en distintas comunidades, o produto podería ser consumido tamén fóra de Galicia 35 grazas ao subtitulado dos contidos audiovisuais. A promoción en foros de comunidades vinculadas coa memoria permitiría expandir o proxecto. Os recursos educativos adaptaranse concretamente aos coñecementos do estudantado de 4º da ESO en diante. Hai que ter en conta que o alumnado que non curse Bacharelato só terá ocasión de coñecer o que ocorreu en 1936 na materia de Historia de 4º e na información contextual de Lingua e Literatura do mesmo curso. Estes contidos estarán enmarcados dentro das medidas establecidas polo anteproxecto de Lei da Memoria Democrática que inclúe no seu artigo 45 a regulación en materia educativa e de formación do profesorado: 1. El sistema educativo español incluirá entre sus fines el conocimiento de la historia y de la memoria democrática española y la lucha por los valores y libertades democráticas. A tal efecto, se procederá a la actualización de los contenidos curriculares para Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato. 2. Las administraciones educativas adoptarán las medidas necesarias para que en los planes de formación inicial y permanente del profesorado se incluyan formaciones, actualización científica, didáctica y pedagógica en relación con el tratamiento escolar de la memoria democrática. A visita dun grupo de estudantes de bacharelato á primeira exhumación realizada dentro do Plan e o posterior cuestionario elaborado polo centro de ensino IES Arcebispo Xelmirez II constata: o interese do estudantado, as carencias que eles mesmos detectan en relación aos seus coñecementos desta etapa histórica, a falta de información sobre os traballos desenvoltos na actualidade para recuperar a memoria e o interese por “participar” e “interactuar” na reconstrución do pasado. Anexo 1. 3.1.3. Posicionamento A necesidade de construír o novo relato sobre o golpe, a guerra e a ditadura que responda aos valores do presente democrático esixe transformar o discurso dominante do franquismo de vencedores e vencidos. Por iso é necesario contribuír á creación de novas estruturas de transmisión. A valoración da memoria como un fenómeno que non se identifica co recordo dunha experiencia senón co presente, 36 coa súa interpretación dos feitos do pasado e coa súa transmisión consegue suscitar nas últimas décadas un interese polo pasado recente que non houbo nas xeracións máis próximas ao franquismo. Ese é o lugar en que nos situamos para contar a nosa historia. A narrativa e as plataformas en que se desenvolverán as historias deste proxecto van responder a este posicionamento, amparado polo anteproxecto de Lei de Memoria Democrática e o dereito a saber das xeracións máis novas e consecuentemente cunha visión desde a actualidade que lles resulte máis próxima. Figura 1: Matriz de posicionamento Fonte: Elaboración propia 3.1.4. Esquema do universo transmedia O soporte web vai ser o que se adapte perfectamente aos requirimentos deste proxecto, de aí que todo o esquema do universo transmedia xire arredor da páxina como núcleo narrativo e como soporte de contido. Incluso os eventos físicos programados nos espazos de Memoria quedarán tamén recollidos en formato dixital. 37 Figura 2: Universo transmedia Fonte: Elaboración propia Na web estará albergado o documental interactivo, marcado polo carácter fragmentario do relato e esixido polo cronograma das exhumacións que se desenvolven ao longo de catro anos. Este condicionante obriga a que moitas das historias teñan un formato aberto, con unidades creativas independentes, sen unha estrutura lineal e baixo un modelo de historia inconclusa. De feito, a lentitude que esixen trámites como as investigacións históricas ou a identificación de restos das exhumacións, poden levar a xiros inesperados nas historias ao cabo dun tempo e á reformulación destas. Esta idea é acorde á propia reflexión teórica do traballo sobre a memoria como un conxunto das múltiples reconstrucións do pasado. A serie de podcast contemplada no proxecto vén requirida polos propios materiais históricos das testemuñas de primeira xeración, xa falecidas. Son as gravacións de memoria oral albergadas no fondo Terra e Memoria da USC (terraememoria.usc.gal) as que permiten reconstruír as historias das vítimas e as que serven tamén para activar o recordo individual e colectivo arredor dunha fosa. Aproveitar este material de inmenso valor e ata agora restrinxido á investigación académica, require dun formato sonoro específico que é tamén moi acaído para entrevistas con protagonistas de idade avanzada que poden verse intimidados por 38 gravacións que esixen un despregamento de medios maior. Por iso este formato albergará relatos únicos que xa non se poden conseguir no presente. O propio anteproxecto de lei recolle a necesidade de recoñecemento e sinalización dos lugares de memoria, dentro do labor de dignificación das vítimas e promoción dos espazos. Neste sentido as actuacións do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática contemplan a instalación de paneis de sinaléctica. A achega que nós podemos facer, mediante o uso de códigos QR, permitirá completar a información sobre estes espazos cos contidos audiovisuais do noso proxecto. O consumo móbil que se fai desde estes formatos esixe formatos atractivos, áxiles e breves que poidan provocar despois un interese por profundar no tema. De aí que as pezas audiovisuais elaboradas dentro do noso proxecto sexan unha vía de entrada inicial interesante para achegarse con posterioridade a todos os materiais xa de carácter textual albergados na web do Plan, www.nomesevoces.net. No marco do recoñecemento dos espazos públicos e da dignificación das vítimas, as prácticas artísticas vinculadas á memoria son cada vez máis frecuentes e reclamadas coa finalidade de aproximar o público ao significado dos espazos de represión e integrar as historias na comunidade que as mantivo silenciadas. O proxecto estará a disposición dos actos de homenaxe, e instalacións artísticas que se organicen no marco do Plan da Memoria. As unidades didácticas de acceso restrinxido para docentes, alumnado ou educadores non formais terán tamén unha vía de entrada desde a web condicionada pola plataforma educativa na que estean albergadas. Deseñaranse conforme aos requerimentos establecidos nesas plataformas e en conxunto co equipo pedagóxico creado para o proxecto. En canto ao uso das redes sociais, ademais de teren un obxectivo de divulgación e difusión do propio proxecto, terán unha función específica dentro da área pedagóxica de Sepultados na Memoria. Instagram serán a ferramenta de creación de contidos do alumnado que, unha vez seleccionadas as producións, se incorporarán ao proxecto. 39 3.2. Narrativa 3.2.1. Concepto creativo Exhumar as vítimas do franquismo para activar a memoria de hoxe 3.2.2. Sinopse Sepultados na Memoria é un proxecto de creación audiovisual e intervención social que procura o coñecemento sobre a represión franquista a partir da exhumación de fosas comúns, que desde mediados de 2021 a Administración asumiu por primeira vez como tarefa propia. É o relato da historia recente do país contado polas xeracións herdeiras das vítimas represaliadas, que recuperan o espazo público para a reconstrución do presente. 3.2.3. Ton e estilo A decisión de definir un público mozo ao que espertarlle un interese pola memoria esixe marcar un ton e un estilo que se afaste do habitual na divulgación histórica e que permita unha maior conexión dos usuarios co produto. Require buscar a empatía de xeracións que xa non tiveron contacto coa guerra e o franquismo e crear novas conexións vitais no campo do presente sen afastarse da rigorosidade histórica. Para isto definimos unha serie de cualidades que deben marcar o ton de todos os relatos do noso proxecto aínda que o valor de cada un deles sexa diferente en función do produto e da plataforma tal e como se recolle na seguinte táboa: 40 Táboa 3: Ton e estilo do relato Ton Estilo Formal Informativo Próximo Didáctico Empático Rigoroso Testemuñal Ameno Evocador Xuvenil Emotivo Novidoso Fonte: Elaboración propia 3.2.4. Os relatos nos diferentes medios e plataformas O relato transmitido sobre as vítimas que se buscan en cada fosa e os restos rescatados permite reconstruír a historia da represión. Pero non é o mesmo o relato dun familiar, o dun investigador ou o dunha persoa que acode á exhumación. Por iso, en función do protagonista e da finalidade de cada relato haberá unha distribución das historias á hora de narralas e isto terá tamén a súa representación no proxecto final onde quedará ben definido quen son os creadores de cada contido. Sepultados na Memoria recollerá catro relatos fundamentais claramente diferenciados: ● O das testemuñas da represión (maioritariamente de arquivo) ● O das familias dos represaliados ● O do equipo de investigación da fosa ● O que se xera na propia exhumación 47 48 Podcast O arquivo de testemuñas da represión coetáneas aos desaparecidos, falecidas nos últimos anos, permite coñecer as historias de primeira xeración que xa non se poden conseguir na actualidade. A posibilidade de seleccionar no fondo Terra e Memoria os testemuños vinculados a cada fosa dá pé á elaboración de relatos sonoros que en moitas ocasións nin as propias familias coñecen. O obxectivo aquí é dialogar con estes relatos e as familias para construír unha serie de podcast na que cada un teña entidade propia e poida ser escoitado como parte da serie ou no contexto de cada punto do mapa do webdoc. O modelo de referencia para estes materiais será o traballo de Isabel Cadenas no seu podcast de non ficción narrativa sobre silencios De eso no se habla (deesonosehabla.com) O relato do podcast será o das ausencias, tan presentes durante as exhumacións (sepultadosnamemoria.com/podcast/). Neste momento temos xa seleccionado todo o material do arquivo sonoro onde se referencian as vítimas das dúas exhumacións realizadas na primeira fase do plan. Estase á espera dos resultados dos restos das exhumacións para facer as gravacións sonoras coas familias. Sendo conscientes do éxito desta fórmula e do poder de seducción que ten a voz estamos negociando a posibilidade de que a condución da serie podcast a leve unha profesional da radio que lle daría un valor engadido ao produto e que o diferenciaría ademais dos arquivos sonoros do webdoc. Tamén se valora que desde o proxecto educativo poida haber propostas creativas a partir dos relatos de arquivo que se incorporen á serie podcast. Será necesario deseñar unha estratexia de posicionamento basada na calidade dos contidos, a constancia, y a fidelización dun público en lingua galega para que a canle teña visibilidade. 49 50 Redes Tamén dentro da proposta didáctica estarán os materiais elaborados para as redes sociais durante as visitas físicas do alumnado ás fosas ou aos arquivos municipais. Trátase dunha proposta educativa na rede Instagram para que o alumnado elabore a súa propia historia a partir da visita a estes lugares. Traballarase con perfís creados para a actividade, etiquetas e cancelos propios e divulgarase desde os centros educativos. O obxectivo é que, a partir deste primeiro contacto, desde unha rede na que o alumnado se manexa con asiduidade, poida xerarse unha comunidade de usuarios que interactúe con outros centros onde se desenvolvan as seguintes exhumacións. As historias compartidas nas redes configurarán novos relatos que poderán ser ampliados en diferentes formatos. Eventos O grupo Histagra ten previsto organizar un seminario en 2022 con especialistas europeos na dignificación de espazos desde o punto de vista audiovisual, plástico e arquitectónico na liña do realizado en setembro de 2021 en Múnic. O material audiovisual do equipo de Sepultados na Memoria porase a disposición deste proxecto de creación previsto para a última fase do Plan. O relato virá definido polas características do evento e das instalacións previstas. 51 52 53 3.3. Produción 3.3.1. Equipo Lentes Diverxentes é un colectivo audiovisual sen ánimo de lucro centrado na elaboración de proxectos documentais que contribúen á divulgación dos conflitos sociais, difusión do patrimonio cultural, material e inmaterial, e á defensa do medio. O colectivo conta con catro profesionais de distintas áreas do audiovisual e colabores externos para tarefas de postprodución e deseño gráfico. Constituído como asociación sen ánimo de lucro vai desenvolver este proxecto fóra da súa actividade profesional, o que condiciona, en boa medida, o seguimento da actividade do Plan de Memoria. Con todo, o equipo determina un estándar de calidade dos produtos elaborados para este proxecto equiparable ao profesional polo que a esixencia de traballo e implicación é elevada. Os traballos de produción, dirección, guión e gravación serán asumidos integramente polo equipo de Lentes Diverxentes mentres que os de deseño web e posprodución de audio e vídeo serán subcontratados. Ante as dimensións e relevancia deste proxecto Lentes Diverxentes está valorando establecer unha colaboración con outras asociacións de comunicación para o cambio social que permita dar mellor resposta a algunhas das propostas, como pode ser a educativa. A dependencia orzamentaria de axudas públicas e institucións delimita a capacidade de ampliación do equipo. Con todo, a cobertura básica do proxecto é asumible cos recursos humanos e técnicos dos que dispón o colectivo. 54 3.3.2. Cronograma O plan de traballo seguido para a realización do proxecto, en tanto que é un proceso condicionado polos tempos e as actividades desenvoltas dentro do Plan de Memoria Democrática, vai estar condicionado polo cronograma do grupo de investigación do Plan, polo menos en canto ás gravacións e recompilación de materiais. Os principios básicos que se establecen para todo o proxecto e que comparte o equipo así como os seus colaboradores serán: ● Adquisición de coñecementos previos sobre as características de cada fosa ● Adaptación aos requirimentos humanos e contextuais das exhumacións. Os recursos e ferramentas de gravación e edición estarán supeditados aos contextos en que se traballa ● Respecto máximo polas familias e achegados ás vítimas ● Capacidade para traballar coa mocidade en formatos móbiles O equipo, a partir da experiencia concreta de cada exhumación, vai ir tomando decisións sobre os contidos de interese para o proxecto, a idoneidade destes nunha plataforma ou noutra e o peso de cada historia no relato xeral. Isto implica adecuar as ferramentas ás novas necesidades que xorden e sumar en momentos concretos profesionais externos que nos asesoren sobre particularidades do proxecto. A relación establecida polo equipo cos investigadores do Plan e co profesorado é fundamental para acadar uns resultados satisfactorios tanto na parte creativa como na educativa e divulgativa. O equipo fará unha avaliación inicial para observar as posibilidades que ofrece cada nova fosa atendendo aos informes preliminares do grupo de investigadores do Plan e á participación de colectivos sociais e centros de ensino. A partir desta avaliación estableceranse uns obxectivos mínimos de cobertura (gravación), unha estimación de recursos necesarios e un cronograma. Farase ademais unha recompilación de todos os materiais previos existentes e durante as xornadas de gravación iranse definindo os formatos que mellor se axeitan aos 55 contidos xerados. Circunstancias como: a localización ou non dos restos, a aparición de novas familias que buscan vítimas non documentadas ou o grao de interacción coa comunidade onde se desenvolve unha exhumación, determinan en boa medida as posibilidades do relato e a súa translación ao produto transmedia. Este tipo de condicionantes son imposibles de definir antes de comezar unha exhumación por iso a capacidade de adaptación ás circunstancias de cada caso é fundamental. O desenvolvemento do proxecto integra as seguintes fases: PREPRODUCIÓN: ● Documentación histórica e xurídica sobre o período de estudo ● Documentación antropolóxica sobre os procesos de construción de memorias ● Documentación narrativa sobre como narrar o trauma da guerra e das desaparicións ● Análise de produtos transmedia relacionados coa transmisión da Memoria e as desaparicións ● Análise de produtos transmedia dirixidos á adolescencia e ao activismo ● Contacto co equipo que desenvolve o Plan Cuadrienal de Memoria democrática de Galicia 2021-2024 ● Contacto e permisos de gravación cos arquivos onde está a documentación das exhumacións realizadas en 2021 ● Contacto coas Asociacións de Memoria que recolleron información sobre os enterramentos das zonas a exhumar ● Contacto cos centros de ensino que participan nas visitas ás exhumacións ● Revisión de informes previos ás exhumacións ● Consulta da Memoria oral arquivada no proxecto Terra e Memoria da USC ● Reunións con docentes interesados na transmisión dos valores de Memoria Democrática ● Grupos de traballo con equipos de formación docente en valores democráticos ● Busca de financiamento dentro do marco do Plan e das axudas do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática destinadas a 56 actividades relacionadas coa recuperación da Memoria Democrática e as vítimas da Guerra Civil e da Ditadura ● Contacto para posibles coproducións con outras asociacións de comunicación e activismo PRODUCIÓN EN 2021-22 ● Gravación e entrevistas do equipo de investigación que desenvolve os traballos do Plan de Memoria Democrática en Galicia previos ao inicio das exhumacións ● Seguimento e gravación dos traballos de investigación, arquivos, e intervencións arqueolóxicas ● Seguimento e gravación da investigación forense dos restos humanos exhumados no IMELGA ● Seguimento da análise xenética a cargo do Grupo de Medicina Xenómica. ● Gravación durante todo o proceso da exhumación da fosa do cemiterio de Rubiáns e Vilagarcía de Arousa ● Gravación da exhumación da fosa no concello de Crecente ● Gravación de presentación de resultados do primeiro ano de traballo do Plan ● Selección de entrevistas orais do Fondo Terra e Memoria para a elaboración de podcast POSTPRODUCIÓN EN 2021-22 ● Análise de material e definición da arquitectura da información para o proxecto transmedia ● Deseño e ordenación de contido nas diferentes plataformas e funcionalidade da web ● Elaboración de maqueta da web ● Elaboración de teaser co formato audiovisual do webdoc 63 Laboratorio de Antropología Audiovisual Experimental. (2019). Libertad. Libertad. https://laav.es/libertad/ Newman, N. 2022. Journalism, Media and Technology Trends and Predictions 2022. https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/2022-01/Newman%20-%20T rends%20and%20Predictions%202022%20FINAL.pdf Organización de Nacións Unidas. Comité contra la Desaparición Forzada. (2021) Observaciones finales sobre la información complementaria presentada por España con arreglo al artículo 29, párrafo 4, de la Convención. CED/C/ESP/FOAI/R.1 https://tbinternet.ohchr.org › Treaties › CED › ESP Sánchez-Mesa, D. (2019). Narrativas transmediales. Barcelona: Gedisa. Scolari, C. A. (2018): “Introducción. Del alfabetismo mediático al alfabetismo transmedia”. En Carlos A. Scolari (Ed.), Adolescentes, medios de comunicación y culturas colaborativas. Aprovechando las competencias transmedia de los jóvenes en el aula (14-23). Barcelona: Transmedia Literacy Research Team -H2020 Research and Innovation Actions. Scolari, C., Lugo, N. e Masanet, M. (2019). Educación Transmedia. De los contenidos generados por los usuarios a los contenidos generados por los usuarios a los contenidos generados por los estudiantes. Revista Latina de 64 comunicación social. https://doi.org/10.4185/rlcs-2019-1324 https://doi.org/10.4185/rlcs-2019-1324 Scolari, C (2008) Literature Review in Informal Learning with Technology Outside School. Londres: Future Media Lab. UNESCO.Media Literacy. https://repositori.upf.edu/bitstream/handle/10230/27788/Scolari_Telos_alfa.pdf?sequ ence Sola, B. (2021). Prácticas artísticas colaborativas como propuesta metodológica para la educación artística. Estudio de caso del proyecto Libertad. Educación artística: revista de investigación, Nº12. https://ojs.uv.es/index.php/eari/article/view/20697 Vencidxs, un proyecto audiovisual de recuperación de la memoria que quiere llegar a las aulas. (2021, 1 de novembro) https://eldiariodelaeducacion.com/2021/10/01/vencidxs-un-proyecto- audiovisual-de-recuperacion-de-la-memoria-que-quiere-llegar-a-las- aulas/ 65 6. Anexos Anexo 1: Informe da visita do estudantado do IES Arcebispo Xelmírez II á fosa de Vilagarcía de Arousa. IES ARCEBISPO XELMÍREZ II – INFORME DE ACTIVIDADE – EXCAVACIÓN DE FOXA COMÚN NO CIMITERIO DE VILAGARCÍA – 8 DE NOVEMBRO DE 2021 O profesorado asistente á actividade quedou moi satisfeito con ela, tanto pola atención prestada ao alumnado, como pola calidade das explicacións ofrecidas polo persoal técnico que estaba alí. É de resaltar como se fixo un especial fincapé na multidisciplinariedade do proxecto e na necesidade de complementar as disciplinas humanísticas, sociais, empíricas e formais para poder levar a cabo os diferentes traballos na excavación. Isto que se acaba de resaltar foi moi relevante para o equipo de Stembach e para a dirección do centro á hora de solicitar a participación do alumnado na actividade didáctica. É por iso que as explicacións detalladas por parte de persoal de Arqueoloxía, Historia e Antropoloxía forense resultaron tan esclarecedoras para o alumnado que busca horizontes novos en canto a coñecemento e para o profesorado que pretende ofrecerllos. Que todo esto enmárcase dentro dun proxecto de recuperación de memoria democrática resultou especialmente importante para todas as persoas presentes. Días despois da actividade pasoúselle ao alumnado unha pequena enquisa anónima (valoración de 1 a 5, sendo 1 a valoración máis baixa e 5 a máis alta) sendo os resultados os seguintes: 66 67 Tamén se fixeron preguntas de opinión. Os tipos de respostas (anónimas) máis repetidas foron: ‐ Que foi o que máis che gustou? Por que? ● Coñecer o traballo (multidisciplinar) dos investigadores, as súas explicacións ● Ser consciente da dor das persoas afectadas, as historias do lugar e o por que da busca para que non se volveran a cometer os mesmos erros ● Os obxectos e métodos de traballo ● Coñecer cousas das que sabía moi pouco previamente ‐ E o que menos? Por que? ● Quizais demasiado enfocado á Arqueoloxía ● Quizais un pouco longa a actividade ● O non poder ver ningún resto ● Non ter feito ningunha actividade práctica ● Non me desgustou nada ‐ Que cambiarías? ● Ter actividades prácticas nas que poder participar e interactuar ‐ Suxestións / opinións: ● Levar máis preparada (con máis información) a actividade, tanto desde o contexto histórico como técnico ● Enfocar máis a charla ao contidos referidos á Guerra Civil ● Resultoume moi interesante; gustoume moitísimo; hai que facer máis actividades coma esta O resultado global desta enquisa e das preguntas é moi satisfactorio xa que sempre foi valorada ou positiva ou moi positivamente. O que parece que botaron en falta foi unha información previa que lles permitirse “ubicarse” mellor no transcurso das diversas explicacións e tamén poder interactuar eles ou realizar algún tipo de práctica no lugar. A maiores podemos sinalar que, en charlas informais, o alumnado expresou que a actividade foi moi interesante, moi instrutiva, que se lle explicaron moitas cousas que non sabían e que estaba moi ledo de ter participado en algo de tanta relevancia e do que se descoñece tanto actualmente.