Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión
Abstract
Neste volume, exploramos as relacións entre lingua e xénero, ata o de agora escasamente investigadas na nosa tradición sociolingüística. O obxectivo desta obra é debullar as diferenzas e desigualdades nos usos e valoracións da lingua que se artellan sobre esta variable sociocultural. Para isto, recorremos á revisión de investigacións precedentes e á análise de datos dos principais bancos, censos e enquisas
Full text
1
3 Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión
4 Lingua e xénero Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega María López-Sández Xaquín Loredo Gutiérrez Gabino S. Vázquez-Grandío Edita: Real Academia Galega ISBN: 978-84-17807-24-5 Depósito Legal: C 2127-2022 DOI: https://doi.org/10.32766/rag.414 © Real Academia Galega, 2022 Maquetación: Lugami Artes Gráficas
5 Sección de Lingua / Seminario de Sociolingüística Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión
6 Lingua e xénero
7 Agradecementos A realización desta investigación non sería posible sen a colaboración da Deputación de Pontevedra. O noso agradecemento vai, tamén, para o investigador Bieito Silva Valdivia e o técnico Óscar Maceiras Rodríguez encargado de revisar e adaptar as fontes secundarias utilizadas neste traballo.
8 Lingua e xénero
9 1. Bases e antecedentes A lingua e o xénero, tal como se expresan en Galicia, responden, de forma paradigmática, á noción de interseccionalidade. É pertinente detérmonos na historia deste concepto, que xurdiu entre as mulleres negras norteamericanas lesbianas e socialistas, nas que confluían múltiples exclusións, ao tomaren conciencia de que estas non actúan por separado, senón que se condicionan e entrelazan dun xeito complexo e sistémico. Na obra de Kimberlé Crenshaw (1991) acádase a súa formalización definitiva, polo que esta resulta de indubidable utilidade para comprendermos a interacción entre as discriminacións múltiples e os complexos mecanismos identitarios e, malia que raza, clase e xénero xogaron un papel central nos estudos sobre este concepto, tamén a lingua, especialmente nos contextos multilingües nos que operan distintos sistemas de xerarquización e valoración, aparece como un marcador que intersecciona cos outros elementos en xogo. Así o expresaron Collins e Bilge (2016): Intersectionality is a way of understanding and analyzing the complexity in the world, in people, and in human experience. The events and conditions of social and political life and the self can seldom be understood as shaped by one factor. They are generally shaped by many factors in diverse and mutually influencing ways (p. 2)1. A complexidade dos usos lingüísticos, particularmente nos contextos multilingües, provoca numerosas e interesantes relacións entre as condutas lingüísticas e parámetros tales como a idade, a clase social, o lugar de nacemento e residencia ou, claro está, o xénero, que marca todos os aspectos da vida e permea o funcionamento social dun xeito que só nos últimos anos estamos comezando a comprender. Este tipo de funcionamentos, atribucións e valores que conforman o imaxinario social permanecen a miúdo implícitos e, xustamente porque os interiorizamos e naturalizamos, non é inmediato nin doado tomar conciencia de todas as súas implicacións e matices. 1 A interseccionalidade é unha forma de entender e analizar a complexidade no mundo, nas persoas e na experiencia humana. Os acontecementos e as condicións da vida social e política e do eu raramente poden entenderse como moldeados por un factor. Polo xeral están moldeados por numerosos factores de formas diversas e que se inflúen de forma mutua (tradución propia do inglés).
16 Lingua e xénero While studies of the interplay of language use and gendered identity have pointed to the complex interactions between the two, and while researches have similarly considered the ways in which endangered languages of heritage serve as resources in the construction of identity in communities focused on language revitalization, the intersection of these two fields of study has only rarely been examined (Ahlers 2012, p. 259)3. Así, a confluencia da sociolingüística coa teoría de xénero pode resultar de interese en múltiples sentidos e cada unha destas disciplinas pode deitar unha perspectiva iluminadora sobre os problemas formulados pola outra. En ambos os dous casos hai un achegamento á análise da desigualdade social, as relacións de poder e a construción social das xerarquías. Os procesos diglósicos plasman situacións de desigualdade e exclusión social, mentres que, inversamente, os de normalización e revitalización poden entenderse como ligados a un proceso de inclusión no que tamén o xénero é unha compoñente de primeira orde. A defensa da lingua galega é máis clara en determinados colectivos e movementos sociais entre os que se inclúe o movemento feminista. A resistencia ou o rexeitamento aos patróns de xénero é un factor de sensibilización cara aos, igualmente culturais e arbitrarios, valores atribuídos ás linguas. De aí, daquela, que certos colectivos conflúan na defensa das mulleres e na dos dereitos lingüísticos e na loita pola dinamización e normalización da lingua. A isto súmase a feminización dalgúns colectivos profesionais, como o profesorado, particularmente activo na defensa do idioma. A análise da relación entre lingua e xénero oriéntase, fundamentalmente, á identificación, descrición e explicación das diferenzas observadas no uso e nas actitudes lingüísticas en función do parámetro xénero: que papel diferencial xogan homes e mulleres na transmisión lingüística interxeneracional; como se usa e en que contexto a lingua por parte de mulleres e homes; que distinta predisposición teñen estes colectivos a fenómenos como a converxencia ou o neofalantismo; que diferenzas existen nas competencias formais e autopercibidas etc. Contamos con traballos cuantitativos que sosteñen que, aínda que as diferenzas no uso habitual do galego non son amplas, si son regulares e mantidas no tempo, cunha presenza menor do galego entre as mulleres. Os datos dispoñibles permítennos achegarnos ás diferenzas entre 3 Aínda que os estudos sobre a interacción das prácticas lingüísticas e a identidade de xé-nero sinalaron as complexas interaccións entre ambos, e aínda que as investigacións con-si¬deraron de xeito semellante as formas en que as linguas patrimoniais en perigo de extinción serven como recursos na construción da identidade en comunidades centradas na revitalización lingüística, apenas se analizou a intersección destes dous campos de estudo (tradución propia do inglés).
17 contextos e tipos de uso, así como nas competencias. Quizais as diferenzas poderían ser máis substantivas se dispuxésemos de traballos deseñados especificamente para investigar esta relación. Suárez Fernández (2010, p. 21) sintetizou as características que se viñeron asociando á linguaxe das mulleres como parte da construción da súa identidade, enumerando e, ao mesmo tempo, problematizando “a súa maior inclinación polas formas normativas, a meirande predisposición ao cambio de lingua baixo o criterio de cortesía ou a preferencia polas variedades de prestixio”. Por outra banda, tamén documentou o temperán interese pola cuestión da lingua e o xénero en Manuel García Barros, quen, na altura de 1930, reflexionaba xa sobre as causas da maior tendencia das mulleres á adopción do castelán e a aliñarse co que “impera” ou o que se impón, por un “parvo medo ao ridículo” e, nas clases altas, como un xeito de marcaxe de distinción social. A enorme masa de datos sociolingüísticos acumulada nos últimos anos permítenos afondar na realidade da relación entre lingua e xénero para alén das impresións ou xuízos subxectivos, corroborando, coa realidade da análise cuantitativa, as intuicións que ao respecto se teñen proferido ou se sosteñen socialmente. Mais o certo é que non sempre se atendeu de forma específica á variable xénero, polo que resta, no conxunto de estudos, enquisas e traballos empíricos, por procesar, de xeito rigoroso e de conxunto, a incidencia desta variable, que constitúe o sentido último deste traballo. O noso propósito é, daquela, contribuírmos ao estudo desta intersección de máxima relevancia no contexto galego, da que cremos que se poden extraer conclusións extrapolables a análogos contextos multilingües; mais o importante é que isto axudará a unha comprensión contextualizada destes procesos en Galicia como vía para favorecermos o necesario proceso de revitalización lingüística e o avance cara á igualdade. Ese é o noso fin último, pois, como constataba Olga Castro (2010, p. 58): “na encrucillada xénero/nación, cómpre escollermos... as dúas”. 1.2. A expresión lingüística do xénero Nos últimos tempos acadou enorme relevancia social a atención á codificación lingüística de cuestións ligadas ao xénero. Por iso, malia non constituír o tema do noso traballo e estar só parcialmente relacionado con el, non podemos deixar de tomar este debate social como unha expresión da importancia que ten e o interese que esperta na actualidade a dicotomía lingua e xénero. 1. Bases e antecedentes
18 Lingua e xénero Nos idiomas con xénero gramatical onde unha categoría morfolóxica está ligada á expresión semántica de diferenzas de xénero, pero ao tempo se expande máis aló dese significado, as consecuencias simbólicas son enormes. Só a xeito de exemplo, as oposicións día-noite, Sol-Lúa, con categorías antagónicas de base animista, serviron a miúdo como base para formulacións mitolóxicas e artísticas nas que este ou aquel elemento natural se representaba, antropomorficamente, como home ou muller. Así, mentres no mundo anglosaxón a morte é maioritariamente representada como un home e referida co pronome masculino “he”, na cultura galega as figuracións da mesma prodúcense a través de formas femininas; ou mentres en alemán a Lúa se antropomorfiza como home (de acordo co xénero gramatical que lle corresponde: der Mond), en galego e as linguas nas que ten marca gramatical feminina a súa consideración mitolóxica ou antropomorfizada adquire sistematicamente esta natureza. Todo isto evidencia que o xénero gramatical ten influencias nas nosas percepcións que sobordan unha designación neutra da realidade. A lingua é unha creación cultural colectiva en constante mutación. Está continuamente adaptándose. Como resultado dun proceso histórico, codifícanse nela os valores da sociedade que a crea. A nosa cultura patriarcal intégrase, así, no idioma, enquístase nos seus diversos planos, agromando, logo, en termos e conceptos que se atopan no nivel léxico-semántico e tamén naquilo que é máis difícil de mudar e deconstruír: na propia morfoloxía, nas categorías lingüísticas e os morfemas flexivos. A dificultade para tomarmos conciencia daquilo que está xa codificado na propia estrutura lingüística deu lugar ao desacougo expresado por Carme Hermida Gulías (2010) nas conclusións do seu traballo arredor do sexismo nos dicionarios de galego. Mesmo no dicionario do que foi coautora, que contou cun equipo paritario que actuou, xa de partida, guiado por unha vontade de eliminación do androcentrismo, o sexismo persistiu de múltiples maneiras. Sen entrarmos na tipoloxía matizada da casuística pola que o androcentrismo e o sexismo marcan os traballos lexicográficos que analiza a autora no seu traballo, a sociedade, no seu conxunto, é, nestes intres, consciente das diferenzas determinadas pola oposición de xénero en termos como home público e muller pública, das asimetrías ou baleiros na oposición de xénero na designación de profesións ou esferas atribuídas a un ou outro sexo, dun xeito que permite visibilizar esta ideoloxía implícita no conxunto da poboación como parte da argumentación dun debate social vivo e, por veces, acedo (Basanta 2015). Que as propostas de modificación consciente da lingua dende unha conciencia de xénero espertasen e esperten tan acendidos debates no conxunto social e entre os especialistas dos diferentes sexos é revelador de que están en xogo dinámicas de
19 loita polo poder que se dirimen sobre o corpo da lingua. Olga Castro Vázquez explorou, para o noso ámbito, unha nova senda para avanzarmos “cara a unha outra representación de xénero na lingua”, constatando que “baixo o uso lingüístico representado como neutral e natural ocúltase en cada idioma a ideoloxía dominante” (Castro Vázquez 2010, p. 35). Así, se no uso lingüístico é posible rastrexarmos a pegada da desigualdade de xénero en mecanismos lingüísticos de invisibilización e condescendencia, tamén na propia norma lingüística hai un sexismo inherente, froi- to do proceso de construción do idioma nun contexto social determinado. O pulo do debate social arredor da linguaxe inclusiva fronte ao tradicional uso do masculino como termo non marcado, con figuras de relevancia manifestándose nun ou noutro sentido, revela as tensións que se derivan dun momento de evidente cambio social no que se cuestiona o sistema de valores tradicional que marcaba a muller (e a lingua galega) como realidades subalternas. Neste intre en que están a cambiar os piares de valoración tradicionais prodúcese un choque que metaforicamente podemos expresar como o descarrilar deses “trens simbólicos” nos que unha cadea de vagóns rural-rústico-tradicional-galego circulaba por unha vía estreita fronte a outro no que se desprazaba, coa vertixe da alta velocidade, o tren urbano-sofisticado- moderno-castelán, a bordo dos cales viaxan a lingua e o xénero. 1.3. A lingua das mulleres Os estudos da interseccionalidade entre lingua e xénero céntranse, especialmente dende que se produciu o xiro pragmático, nos usos diferenciais. Aténdese, así, a elementos esencialmente pragmáticos: quen fala, con quen, con que finalidade e con que efecto, en que contexto, a través de que canle, como constrúe a mensaxe, sobre que tópico ou como fai progresar a información e, no caso da conversación, como se producen os intercambios de palabra e a progresión temática da conversa. Préstase menor atención, pola contra, á escolla de código, que se configura, porén, coma un factor decisivo cando analizamos a cuestión nun contexto de linguas en contacto como o galego. Certamente, a cuestión da escolla de código é de enorme interese e, antes de debruzármonos sobre ela, queremos achegarnos, aínda que sexa superficialmente, aos interesantes casos de usos diferenciais de códigos, fondamente reveladores dos funcionamentos sociais patriarcais. 1. Bases e antecedentes
20 Lingua e xénero Ao longo da historia da humanidade, os códigos lingüísticos foron ferramentas de comunicación que, coas diferenzas no seu uso por parte de homes e mulleres, determinadas polas súas distintas funcións e roles sociais, eran, malia todo, compartidos. Mais tamén existiron tradicionalmente códigos de uso restrinxido polo xénero. Houbo un código específico para as mulleres na antiga sumeria, o ennesal; e, na India, estas empregaban, en paralelo ao sánscrito, un código propio (o rakrit), que compartían cos homes das castes baixas, o cal resulta revelador da xerarquización social dos xéneros. En yanyuwa, unha lingua indíxena australiana, existían dialectos distintos para os dous sexos. A separación por xéneros dos colexios para xordos en Irlanda propiciou o desenvolvemento de dous códigos de lingua de signos diferentes para homes e mulleres. Nos últimos anos, os códigos de representación escrita exclusivos de mulleres acadaron especial notoriedade. Un dos casos máis coñecido e documentado é o do nu xu, lingua escrita privativa das mulleres nunha área rural do sur da China. Curiosamente, en contraste coa escrita ideográfica do chinés, o nu xu posúe unha escrita fonética, con símbolos asociados non a fonemas, senón a sílabas (uns 600-700). O desenvolvemento do nu xu semella derivar da prohibición da aprendizaxe da escrita masculina, o nan xu, para as mulleres, que desenvolverían, así, o seu propio sistema alternativo. A este respecto é significativo que xustamente caese en desuso a partir do momento en que as nenas chinesas tiveron acceso á educación e, consecuentemente, ao código de escrita estándar. Malia que hoxe sabemos que o nu xu ten unha existencia milenaria, o seu descubrimento produciuse hai tan só 40 anos, dada a necesaria clandestinidade na que se mantiña este código de comunicación entre mulleres. Tamén no Xapón naceu un código silábico privativo, coñecido como hiragana, como alternativa ao katakana. E é interesante a etimoloxía; se nu xu significa “escrita de muller”, hiragana significa “man de muller”. A exclusión das mulleres do código escrito non é privativa da cultura chinesa. Dentro da nosa xeografía e ata entrado o século XX, documentamos indicacións a mestres por parte das familias de non ensinaren a ler ás nenas e a conquista da educación foi, como sabemos, difícil e lenta no ámbito feminino. Narciso de Gabriel (2013; 2018, p. 20) recolleu testemuños escritos de inspectores de ensino primario en Galicia nos que se constata que había pais que lles prohibían explicitamente aos mestres ensinárenlles a escribir ás nenas, por consideralo prexudicial. A autonomía que a escrita lles daría –interpreta este autor– poñería en risco a submisión e depen-
21 dencia que se agardaba delas. Non en van, no conxunto de mulleres escritoras que xurdiron no século XIX, o acceso á educación, á lectura e á escrita constitúe un tema de primeira orde; é, por exemplo, dominante na produción de George Eliot e, en Galicia, foi tamén tratado por Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán, confluíndo, na figura da primeira, como fixo ver Pilar García Negro (2010, p. 88), a contestación xenérica e lingüística. 1.4. A interseccionalidade entre lingua e xénero en Galicia O noso obxectivo é, daquela, levarmos a cabo unha análise da intersección entre a lingua e o xénero en Galicia, o que nos achega a unha fonda comprensión da importancia do parámetro de xénero na situación sociolingüística galega. Para facelo, partimos dunha revisión dos estudos sociolingüísticos realizados previamente nos que o xénero tivo un papel importante, coa idea de extraermos esta variable e podermos chegar a unha análise interpretativa focalizada no seu papel específico. O noso enfoque combina as metodoloxías cualitativas e cuantitativas de datos procedentes de fontes secundarias que non tiñan como obxectivo principal o xénero, o que pon de manifesto a necesidade doutros estudos nos que esta categoría constitúa o centro e o obxecto da análise. A incorporación de datos procedentes de estudos non só sociolingüísticos, senón tamén demográficos, débese á necesidade de termos en conta determinados aspectos relativos á poboación, particularmente, na dimensión do xénero. Así, mentres que a poboación en Galicia en 1981 era de 2811912 de persoas, 40 anos despois o número de habitantes diminuíu en case 120000, quedando en 26956454. A figura 1 reflicte ese retroceso da poboación en Galicia, que ata o 2010 mantivera un aumento progresivo, na segunda década do século XXI. Esta mesma figura destaca as diferenzas nas cifras demográficas segundo o xénero, que se manteñen ao longo do tempo. Tomando como referencia un corte temporal concreto, o do ano 2022, obsérvase que o número de mulleres contabilizadas era de 1395756 fronte a 1294708 homes. Así pois, atopámonos cunha porcentaxe de mulleres en Galicia consistentemente superior á dos homes, cunha porcentaxe que oscila entre 51,84% en 2004 e 51,88% en 2022. 4 Comparación das cifras dos Censo de poboación e vivendas de 1981 e 2021. 1. Bases e antecedentes
22 Lingua e xénero Figura 1. Poboación galega segundo xénero entre 2004 e 2022. Fonte: Padrón municipal de habitantes. Extraído de http://www.ine.es As enquisas macrosociolingüísticas recentes aplicadas en Galicia reflicten unha situación, aparentemente paradoxal, na que a mellora das competencias convive coa ruptura da transmisión familiar interxeracional (Monteagudo e Loredo 2017) e coa diminución dos usos do galego por parte da poboación máis nova e das últimas xeracións respecto das precedentes (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016). Os traballos centrados nas actitudes amosan unha evolución das actitudes lingüísticas explícitas, que semellan mellorar co transcurso do tempo, mentres que as actitudes lingüísticas implícitas, automáticas e / ou sen control manteñen un signo negativo cara ao galego, non tanto nos aspectos intelectuais (i.e.: culto, intelixente etc.), mais si no relativo ás características de personalidade relacionadas co dinamismo (i.e.: interese en progresar, confianza en si mesmo etc.). A complexidade da valoración compleméntase co 2 680 000 2 700 000 2 720 000 2 740 000 2 760 000 2 780 000 2 800 000 2 820 000 1.280.000 1.300.000 1 320 000 1 340 000 1 360 000 1 380 000 1 400 000 1 420 000 1 440 000 1 460 000 2000 2005 2010 2015 2020 2025 Habitantes da poboación galega Habitantes da poboación galega por xénero Anos Homes Mulleres Total
23 feito de que os usos do galego están mellor puntuados na dimensión “solidariedade”, en concreto naquelas características relacionadas coa empatía e / ou atractivo social (i.e.: divertido, sentido do humor etc.). Investigacións realizadas ao longo da segunda metade do século pasado sobre o proceso de substitución do galego polo castelán describían como estes procesos de desprazamento ían da man doutros fenómenos como: i) procesos migratorios do rural cara ao urbano / periurbano, ii) urbanización e industrialización da sociedade galega; iii) presión da escola de cara a utilizar o castelán como lingua principal; iv) medios de comunicación onde prima o castelán. En definitiva, a asociación dunhas altas competencias e prácticas en castelán co desenvolvemento educativo e o progreso social tivo un gran peso na construción e no mantemento dos prexuízos contra o galego que están na base dos procesos de substitución (Subiela 2010). Malia o incremento global dos estudos de interacción entre sociolingüística e xénero, no ámbito galego esta análise específica foi moi escasa. O interese da sociolingüística galega enfocouse á análise da influencia doutras variables, como o territorio e/ou a temporalidade (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016; Monteagudo, Loredo, Nandi e Salgado 2019). Entre as razóns que poden explicar a escaseza de estudos neste eido atópase o pouco “tamaño do efecto” deste factor na sociolingüística galega. Porén, malia que foron contados os estudos que trataron de pescudar máis fondamente o efecto do xénero sobre as linguas en Galicia, si foron abondosas as hipóteses formuladas sobre este tópico, o cal reforza a necesidade de procedermos a un estudo baseado en datos que poida informar, con fiabilidade, sobre o que acontece e que explique como o xénero inflúe ou determina os usos e actitudes lingüísticas. Como xa indicamos, as dificultades polas que pasa o idioma galego relacionáronse no pasado e seguen a relacionarse actualmente con déficits na transmisión interxeracional e cuns usos decrecentes, especialmente por parte da poboación máis nova, franxa de idade que se atopa en franca regresión. Este último factor estúdase neste traballo, na medida do posible, realizando unha descomposición da influencia da idade e tratando de dar resposta a preguntas sobre a influencia da data de nacemento, a relación entre as mudas lingüísticas e o avance a través das franxas etarias, entre outras cuestións. A adolescencia foi, dende sempre, unha das cohortes de idade máis estudada pola sociolingüística, debido á súa importancia cara ao futuro e á súa suposta maior maleabilidade no referente á conduta lingüística fronte á das persoas máis vellas. Porén, os últimos estudos comezan a centrar a atención na infancia como cohorte de idade de importancia decisiva nos procesos de adquisición das competencias bilingües en Galicia (Iglesias 2018) e nos procesos de substitución do galego polo 1. Bases e antecedentes
24 Lingua e xénero castelán en infantil e primaria (Díaz 2017), pois semella que as mudas nestas etapas educativas están moi presentes como consecuencia da ampliación dos contextos de relación xunto coas fondas modificacións das redes sociais próximas dos nenos e nenas. A lingua galega enfronta numerosos desafíos, entre os que se atopa garantir a transmisión interxeracional. Xa son varias as xeracións nas que se produciu unha diminución progresiva do índice de traspaso lingüístico dos proxenitores aos fillos e fillas, nun proceso de migración do campo á cidade no que numerosos prexuízos confluíron na mesma altura, poñendo en perigo o idioma galego e a súa permanencia nas xeracións futuras. Esta creba da transmisión interxeracional foi moi importante nos anos sesenta, menos marcada nos 90 e, contrariamente ao agardado, continuou e continúa durante as primeiras décadas do século XXI. O proceso de substitución lingüística aliméntase, tamén, da incorporación do castelán ás prácticas lingüísticas dos galegofalantes a través da converxencia cara á lingua dominante determinada por factores contextuais, polo interlocutor (Monteagudo, Loredo, Vázquez-Grandío e Nandi 2022) e/ou polas normas implícitas de uso de cada unha das linguas (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016, pp. 77-93, 95-102 e 103-116). As presións sociais cara ao castelán son fortes e fanse sentir con especial intensidade nos grupos de idade máis novos (Álvarez Blanco coord. 2017). A escola ten, sen dúbida, un papel decisivo no eido formal e informal, condicionando todo o proceso (ex.: Monteagudo, Loredo, Gómez e Vázquez-Grandío 2021; Loredo e Silva coord. 2020). Os traballos precedentes non recolleron máis ca de forma parcial ou incidental a relación do xénero coas prácticas, competencias, actitudes e prexuízos lingüísticos, así como coa autoconfianza lingüística ou as motivacións. Algúns estudos incorporaron capítulos que se achegaron á influencia do xénero, como por exemplo en Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013 (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016); ou atenderon á importancia do xénero na avaliación sociolingüística, como o de Loredo, Gómez e Baldomir (2018) no CEIP Agro do Muíño; ou á importancia do xénero na delimitación do perfil competencial extraído dos estudos da avaliación das competencias bilingües (Loredo e Silva coord. 2020). Estes traballos son, pois, unha mostra de investigacións sociolingüísticas que tiveron o xénero entre as súas variables. Mais, a pesar de todo, o xénero non constituíu, en ningún dos casos citados, o centro do estudo, senón unha variable lateral e secundaria. Pola contra, neste traballo pasa a ser o obxectivo principal. O noso propósito é, pois, o de realizarmos unha análise diacrónica do parámetro de xénero na sociolingüística galega,
25 empregando para este obxectivo diversas fontes secundarias procedentes de estudos realizados previamente arredor das prácticas, competencias e actitudes lingüísticas. Este ensaio intégrase na colección Lingua e sociedade en Galicia, que se propón estudar factores sociais na súa confluencia coa lingua. Trátase dunha serie de indicadores externos á estrutura lingüística, centrados en variables como a idade, a profesión, o nivel sociocultural, o nivel educativo, a familia, a procedencia ou residencia xeográfica etc. Polo que a nós respecta, tentaremos afondar nun parámetro, o do xénero, ao que se ten atribuído un tamaño de efecto máis reducido ca o dos anteriormente mencionados, mais que se erixe, sen dúbida, como un indicador de gran transcendencia no eido da sociolingüística, acadando efectos transversais na maioría dos indicadores de xeito sostido no tempo. Dende un enfoque demográfico, indagando nos datos relativos ao xénero e tomando como punto de partida a revisión dos estudos sociolingüísticos anteriores, pretendemos levar a cabo unha segunda análise dos traballos da macrosociolingüística enfocados neste parámetro. Os tópicos analizados enfócanse na lingua inicial, nas prácticas lingüísticas, na transmisión interxeracional e nas competencias e actitudes idiomáticas e, finalmente, extraemos unha serie de conclusións globais e significativas sobre o tema. 1. Bases e antecedentes
32 Lingua e xénero Acrónimo Autoría Nome Ano Universo CE-01 Instituto Nacional Encuestas características esenciales 2001 España de Estadística de la población (ECEPOV) IGE-03 Instituto Galego Enquisa estrutural a fogares. 2003 Galicia, 5 ou máis anos de Estatística Coñecemento e uso do galego. SS-04 Seminario de Avaliación sociolingüística do 2004 Educación Secundaria Sociolingüística, alumnado de 4 da ESO de Galicia en Galicia (4º ESO) RAG MSG-04* Seminario de Mapa sociolingüístico de Galicia 2004 Galicia, 15-54 anos Sociolingüística, RAG SS-05 Seminario de Language Use and Language 2005 Alumnado de Ciencias Sociolingüística, Attitudes in Galicia da Educación, USC RAG CC-08 Consello da Situación do ensino da lingua e 2008 Alumnado de Cultura Galega literatura galega na educación Secundaria de Galicia secundaria obrigatoria IGE-08 Instituto Galego Enquisa estrutural a fogares. 2008 Galicia, 5 ou máis anos de Estatística Coñecemento e uso do galego. ICE-09 Instituto de Avaliación da competencias do 2009 Alumnado de Ciencias da alumnado de 4º da ESO nos Secundaria en Educación, USC idiomas galego e castelán Galicia (4º ESO) CE-11 Instituto Nacional Encuestas características esenciales 2011 España de Estadística de la población (ECEPOV) CC-12 Consello da Mocidade, lingua e redes sociais 2012 Mocidade galega Cultura Galega IGE-13 Instituto Galego Enquisa estrutural a fogares. 2013 Galicia, 5 ou máis anos de Estatística Coñecemento e uso do galego. CC-16 Consello da Prácticas e actitudes lingüísticas 2016 Mocidade Cultura Galega da mocidade en Galicia. MG-08 Seminario de O galego segundo a mocidade 2018 Alumnado de Sociolingüística, quince anos despois. secundaria galego RAG IGE-18* Instituto Galego Enquisa estrutural a fogares. 2018 Galicia, 5 ou máis anos de Estatística Coñecemento e uso do galego.
33 Acrónimo Autoría Nome Ano Universo SS-19* Seminario de Avaliación da competencia bilingüe 2019 Educación Secundaria Sociolingüística, nos idiomas galego e castelán en Galicia (4º ESO) RAG ao final do ensino obrigatorio. SS-20* Seminario de Mapa sociolingüístico escolar 2020 Alumnado do Sociolingüística, de Ames Concello de Ames RAG CE-21 Instituto Nacional Encuestas características esenciales 2021 España de Estadística de la poboablación (ECEPOV) 2. Metodoloxía
34 Lingua e xénero
35 3. Punto de partida A importancia do xénero no eido da sociolingüística galega faise patente dende os primeiros estudos. O relevante traballo realizado por Ayestarán Aranaz e De la Cueva Alonso (1974), no que se utiliza unha mostraxe composta unicamente por amas de casa da provincia de Pontevedra coa que se pretendía coñecer a relación entre lingua e sociedade galega, é revelador da premisa da que partían os grandes sociólogos daquel tempo á hora de analizaren a sociolingüística galega, segundo a cal non se outorgaba excesiva relevancia á variable xénero. Esta premisa foise modificando co paso do tempo, de xeito que a revisión dos procedementos empregados nos sucesivos estudos cuantitativos deita como resultado unha modificación das mostras ata chegarmos á consideración do “sexo”, unha variable sen a cal a mostra dun estudo non se podía considerar significativa a partir dunha determinada altura. Unha parte importante dos resultados da investigación de Ayestarán Aranaz e De la Cueva Alonso (1974), realizada hai preto de cincuenta anos, apuntaba, entre outras moitas cousas, á existencia dunha porcentaxe moi elevada de amas de casa pontevedresas bilingües (76%), sendo, a maioría delas (65%), galegofalantes iniciais. Este documento puxo de relevo a escaseza, naquela altura, do que os autores denominaban “unilingües” en castelán, que constituían unha porcentaxe residual, inferior ao 5% da mostra (Figura 2). Entre outras moitas cousas, o traballo sinalaba o impacto que tiñan os ingresos familiares na lingua na que contestaban as mulleres nos anos setenta do século pasado. Este fenómeno podíase relatar do seguinte xeito: a medida que os ingresos eran menores, a probabilidade de que as enquisadas respondesen en galego era maior, achegándose a cifras próximas ao 90% nas familias con ingresos inferiores ás 5000 pts. Este resultado retrataba a lingua galega como un marcador social decisivo que se escenificaba dun xeito moi fiable entre as mulleres.
36 Lingua e xénero Figura 2. Bilingüismo individual das amas de casa de Pontevedra. 1974. Fonte: Justo de La Cueva e Margarita Ayestarán. Enquisa a unha mostra aleatoria de 600 amas de casa. Xullo-agosto 1974 (p. 54). Este estudo, centrado nas amas de casa de Pontevedra nos anos setenta, achéganos datos que nos permiten coñecer aspectos relevantes do bilingüismo en Galicia e o xeito en que diferentes factores inflúen sobre os usos lingüísticos. As fondas mudanzas que se produciron dende entón podemos ilustralas mediante o contraste cun traballo sociolingüístico máis recente, realizado na segunda década do presente século nun concello periurbano. Recolléronse, entre outras cuestións, as prácticas lingüísticas familiares dos escolares da etapa de primaria. As diferenzas na lingua habitual entre os proxenitores e os nenos e nenas son moi significativas: o galego está máis presente nos proxenitores, chegando a falarse dunhas diferenzas entre xeracións de arredor de 25 puntos porcentuais. Mais a recollida de datos sobre as prácticas familiares no devandito traballo permite, tamén, coñecer diferenzas de uso por xénero. Así, o uso do galego entre os pais é catro puntos porcentuais superior ao das nais (Figura 3). Cómpre termos en conta, claro está, as diferenzas de metodoloxía, deseño da mostra, instrumentos e procedementos de análise utilizados no estudo dos anos setenta do século pasado e a investigación da segunda década do século actual. Porén, non se pode deixar de sinalar que a presenza do galego representada nas amas de casa dos anos setenta fronte ás nais periurbanas do estudo máis recente retrocedeu dun xeito moi importante. 65% 1 1% 16% 4% Bilingües. Lingua inicial galego Bilingües. Lingua inicial cas telán Monolingüe en galego Monolingüe en castelán
37 Figura 3. Lingua habitual das nais, pais e alumnado de educación primaria. Concello periurbano. 2019. Fonte: Monteagudo, Loredo, Gómez e Vazquez-Grandío (2020, p. 133). Mostra: familias (n=880 familias) e escolares (n=432). Así pois, pode afirmarse que, primeiro o “sexo” e, máis recentemente, o “xénero”, foron variables consideradas de xeito habitual nas investigacións da sociolingüística galega. De feito, é prescritivo nos cuestionarios recoller este ítem entre as súas primeiras cinco preguntas. Con todo, os traballos centrados especificamente nas relacións entre lingua galega e xénero foron inexistentes durante anos e continúan a ser escasos na actualidade. Probablemente a primeira obra non chegou ata ben entrado o presente século, coa publicación do volume Lingua e xénero. VI Xornadas sobre lingua e usos (Mosquera 2010). Así o expresaba o editor no limiar: Transcorreron cinco edicións até que finalmente o foro con que o SNL1 convida anualmente á comunidade universitaria e investigadora interesada, e ao público en xeral, a reflexionar sobre a lingua galega e a súa presenza nun ámbito ou espazo social concreto, deitase a súa ollada sobre un binomio que até o de agora parecía ficar á 1 Servizo de Normalización Lingüística. 3. Punto de partida 46% 44% 73% 17% 15% 12% 36% 40% 15% 1% 1% 0% 0% 25% 50% 75% 100% Nai Pai Neno/a Outra Galego As dúas Castelán
38 Lingua e xénero marxe das axendas investigadoras, dos catálogos editoriais e dos documentos planificadores feitos por e desde a lingua galega (Mosquera 2010, p. 7). As contribucións ao volume arrincan cunha revisión de traballos sociolingüísticos senlleiros focalizada nos resultados tirados polas variables “sexo” ou “xénero” ofrecida por Isabel Suárez (2010, pp. 19-32). González Veira e Seoane Bouzas (2010, pp. 63-78) fan unha achega de corte cualitativo ao redor dos prexuízos lingüísticos de xénero baseada en entrevistas a mulleres de distintos perfís. Teresa Moure (2010, pp. 147-169) e García Negro (2010, pp. 79-88) achegan cadansúa reflexión teórica sobre a desigualdade de xénero e a súa relación coa situación social de diglosia. O libro complétase con outros catro capítulos de corte máis ben lingüístico, dedicados á linguaxe (non) sexista, nos medios de comunicación e no mundo editorial, da man de Olga Castro Vázquez (2010, pp. 33-62), Carme Hermida Gulías (2010, pp. 89- 114), Robert Neal Baxter (2010, pp. 115-136) e Roi Vidal (2010, pp. 137-146). Como vemos, trátase dunha recompilación ecléctica, conformada, sobre todo, por traballos de carácter aproximativo, aínda que non por iso menos valiosos e máis aínda se consideramos que, máis de dez anos despois, semella que estas actas seguen a ser a única obra coa que contamos na sociolingüística galega centrada na intersección entre lingua e xénero. Volvendo aos grandes traballos estatísticos, o feito de que a maioría deles considerasen unha variable de xénero tampouco se traduciu sempre nun tratamento directo das diferenzas e menos aínda en que se lle dedicasen apartados específicos, sobre todo nos primeiros informes (véxase: Seminario de Sociolingüística da RAG 1994; 1995; 1996). Son as investigacións máis recentes as que con maior frecuencia analizaron polo miúdo estas variacións, incluíndo epígrafes e capítulos dedicados de xeito específico a esta cuestión (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016, pp. 173-176). Quizais por iso mesmo foron tamén estes traballos os que fixeron unha énfase máis acusada nas desigualdades existentes. Dun xeito moi superficial e resumido, poderiamos dicir que, con independencia do obxecto do proxecto (usos, competencias, actitudes lingüísticas...), estas obras debuxaron un panorama no que a disparidade entre os xéneros respecto ao seu comportamento lingüístico era consistente, aínda que pouco pronunciada. Así o expresou no seu día Suárez, na mencionada contribución: Os datos presentados permiten concluírmos que, malia non seren cuantitativamente avultadas, as diferenzas de xénero nos usos lingüísticos son reiteradas e consistentes co modelo sociolingüístico de xénero (Suárez 2010, p. 31).
39 En calquera destes traballos semella que todos os indicadores amosaban tendencias similares para homes e mulleres, levemente máis favorecedoras para o galego nalgúns puntos no caso dos primeiros. Cando se procurou unha explicación, a meirande parte deles conformáronse con sinalar unha tendencia das mulleres a preferiren as variantes máis prestixiosas nas situacións de contacto lingüístico, remitíndose, dun xeito xenérico, a traballos clásicos coma o de Trudgill (1972) ou Labov (1966). Quizais por isto último, as relacións entre lingua galega e xénero foron tratadas aínda en menor medida nas investigacións de corte cualitativo. De feito, só atopamos, a día de hoxe, un traballo deste tipo centrado nas relacións entre lingua e xénero en Galicia, a compilación Muller inmigrante, lingua e sociedade (Rodríguez Salgado e Vázquez Silva 2017) e, ata onde chegan os nosos coñecementos, non existe ningún específico para as relacións entre xénero e lingua galega. Certo é que a introdución destas metodoloxías é máis recente na sociolingüística galega moderna e os estudos menos numerosos. Ademais é ben sabido que, en moitas ocasións, cando se acode a estratexias cualitativas faise na procura de explicacións e respostas a interrogantes que xorden dos resultados das grandes enquisas sociolingüísticas. Por iso, parte desta desatención podería vencellarse á limitada problematización da cuestión nos traballos precedentes. Así xustificaba Iglesias, no xa clásico Falar galego: “no veo por qué” a decisión de deixar as cuestións de xénero á marxe da súa análise2: A pesar de que unha das variables utilizadas na gran maioría dos estudos sociolóxicos é o xénero, no noso caso non a tivemos en conta, debido a que os estudios cuantitativos levados a cabo ata o de agora indican que en Galicia non introduce diferencias significativas nos usos lingüísticos e menos aínda nas actitudes. Así, por exemplo no Mapa Sociolingüístico de Galicia (1995, p. 45, nota 16) podemos ler «a diferencia do que sucede noutras comunidades con linguas en contacto, en Galicia a variable sexo non introduce diferencias importantes na lingua habitual». Esta variable considérase en moitos estudos fundamental para explicar os procesos de substitución e mantemento lingüísticos, presentándose as mulleres como pioneiras na adopción das linguas dominantes e o abandono das dominadas. Sen embargo, coincidimos con S. Romaine (1996, p. cap. 4), cando afirma que este comportamento é consecuencia da situación de sometemento da muller en determinadas sociedades. De aí que consideremos necesario reformular o seu papel, a raíz das transformacións na división tradicional dos 2 Unha explicación semellante pero máis actual podémola atopar tamén en Iglesias (2022, p. 5). 3. Punto de partida
40 Lingua e xénero xéneros nas novas sociedades occidentais, coa incorporación da muller ó mercado laboral e tódalas consecuencias que isto provoca (independencia económica, reestructuración da familia, etc.) (Iglesias 2002, p. 78). Na mesma liña, noutros casos nos que si se intentou atender a esta dimensión de modo directo, o tratamento nos datos estatísticos e a presenza limitada do tema nos traballos cualitativos precedentes aparellou dificultades para desenvolver análises máis fondas (Vázquez-Grandío 2018, p. 104). Fundamentalmente, atopámonos cunha escaseza de hipóteses claras e ben definidas, de análises estatísticas máis polo miúdo e dun desenvolvemento teórico adaptado á sociolingüística galega que permita, nos límites dos proxectos, unha boa triangulación que valide as observacións e inferencias propias deste tipo de aproximacións. Entre os traballos cualitativos máis sobranceiros, só Do estigma á estima, de Valentina Formoso (2013) e O galego segundo a mocidade (Seminario de Sociolingüística, RAG 2003) consideran o xénero como unha unidade de análise da súa investigación. O primeiro, unha análise discursiva baseada en grupos de discusión, xustifica neste interese concreto a conformación paritaria dos grupos. Aínda que a maioría de traballos procuran igualar as súas mostras, a autora é a única que o fai –ou a única que así o declara– de xeito específico para “comprobar se existían diverxencias entre o discurso de homes e mulleres” (Formoso 2013, p. 43). Mais por iso mesmo non atopamos no libro un apartado específico para tratar este tópico, senón que é no contexto da análise doutros aspectos onde Formoso introduce, de habelas, as diferenzas que atopa entre o testemuño dunhas e doutros. As súas observacións refiren principalmente as diferenzas no comportamento lingüístico e no impacto dos prexuízos lingüísticos, aínda que posteriormente volveremos sobre elas con maior detalle. Respecto ao segundo, O galego segundo a mocidade, seguramente sexa a investigación na que o xénero tivo unha importancia maior, non só no seu desenvolvemen- to, senón tamén nas súas conclusións. Centrado nas actitudes lingüísticas, trátase dun estudo de metodoloxía mixta que combina as entrevistas e os grupos de discusión coa matched-guise ou técnica de máscaras, de carácter experimental. A última demostrou que as actitudes negativas cara á lingua se exacerbaban cando quen falaba era unha muller e, asemade, que as mulleres valoraban peor as persoas galegofalantes. Segundo esta investigación, o xénero, xunto ao acento, eran os principais elementos discriminantes para adolescentes, universitarios e universitarias. Ter unha prosodia marcadamente galega implicaba unha peor valoración das falantes, sobre todo nos
41 aspectos socioeconómicos, relacionándose cun menor desenvolvemento profesional nun grao maior ca no caso dos homes: Pódese comprobar que cando a voz feminina fala con acento galego, as avaliacións dos suxeitos son máis homoxéneas que no resto dos casos. [...] Isto mesmo ocorre no caso das produccións con acento galego fronte ás que presentan acento castelán. Tal circunstancia podería ser indicativa de que os rapaces, cando avalían os falantes con acento galego, apelan a categorías sociais preestablecidas asociadas a estes colectivos, que posúen unha definición social máis potente (Giles e Ruan 1982). Polo tanto, resulta un marcador social máis forte que unha muller se exprese con acento galego, independentemente da súa lingua, que no resto dos casos, mesmo que o home se exprese nesas mesmas variedades. Partindo destes resultados a muller sería a máis proclive a sufrir discriminación pola súa conducta lingüística (Seminario de Sociolingüística, RAG 2003, pp. 67-68). Porén, a pesar de chegar a estas conclusións na experimentación, a análise das diferenzas de xénero non se estendeu ás entrevistas e aos grupos. Con todo, consideramos que o traballo constitúe un dos mellores puntos de partida para unha achega cualitativa a estes fenómenos, ao deixar patente e definir, en boa medida, a interseccionalidade entre a lingua e a fala galega e o xénero como factores de desigualdade. Isto é, polo de agora, o que atopamos se buscamos investigacións que, mediante unha metodoloxía cualitativa, indagasen de xeito activo e específico nas relacións entre lingua galega e xénero. Emporiso, si encontramos noutros traballos rexistros de distinto tipo que poderían indicar a existencia de procesos da mesma natureza ou que teñen a virtude de formularen interrogantes, convidando á análise e á reflexión. Nas entrevistas ou no traballo de campo, é bastante habitual que as persoas coas que interactuamos as investigadoras e investigadores nos acheguen as súas impresións, moitas veces intuitivas e outras quizais prexuizosas, sobre diferenzas de xénero que identifican na súa realidade lingüística cotiá. Por iso, non é infrecuente que algúns destes testemuños aparezan recollidos no verbatim das obras editadas. Noutras ocasións, aínda que non estea exposto de xeito explícito, podemos facer deducións baseadas na nosa experiencia sobre as reflexións que nos trasladan as persoas investigadoras. Recollendo isto e mais todo o anterior, o obxectivo deste apartado é facermos unha sucinta recompilación dos tópicos máis habituais nos traballos cualitativos que nos falan das relacións entre xénero e lingua galega. Presentámolos máis como preguntas ca como respostas, non pretendendo demostrar nada, senón quizais só animar ao desenvolvemento de novas investigacións que afonden nestas e noutras hipóteses. 3. Punto de partida
48 Lingua e xénero interxeracional e facilitaría o deseño de accións orientadas á reversión das dinámicas de substitución lingüística. Por último, e saíndo xa do ámbito familiar, as investigacións poñen cada vez máis de relevo a crecente importancia da socialización secundaria no desenvolvemen- to do comportamento lingüístico das novas xeracións (Monteagudo, Loredo, Gómez e Vázquez-Grandío 2020; Monteagudo, Loredo, Vázquez-Grandío e Nandi 2021). Ante isto, cómpre lembrarmos que o sistema educativo é un ámbito profesional feminizado en todos os niveis, o que conflúe coa preeminencia das mulleres en moitas das tarefas relacionadas coa normalización do galego8, todo o cal pon o foco sobre o rol do conxunto das mulleres na reprodución lingüística da sociedade. 3.2. As diferenzas no comportamento lingüístico: a predisposición á converxencia e á muda Nos grupos informais da vida social (asembleas de veciños, reunións do profesorado dun centro educativo ou intercambios lingüísticos en tendas e comercios) obsérvase que con frecuencia os homes falan galego en maior medida ca as mulleres de semellante condición social, ou cando menos que os homes contestan en galego de nos dirixirmos a eles nesa lingua en maior grao ca as mulleres (Moure 2010, p. 148). Tal como se veu sinalando, a percepción habitual de que as mulleres falan menos galego é coherente cos datos que temos sobre lingua primeira e lingua habitual dende que existen estudos estatísticos. Así e todo, descoñecemos se a estreita distancia que describen estes traballos se corresponde coa intensidade dalgunhas das impresións transmitidas polos falantes. Aínda considerando outros indicadores, por exemplo relacionados coas pautas de acomodación, as actitudes ou o cambio lingüístico, seguiriamos a precisar de información que nos explique como se dan, na práctica, as situacións que sustentan estas opinións. A teoría da acomodación procura a descrición e a explicación dos efectos do contexto e os interlocutores no propio comportamento lingüístico. A converxencia sería, neste marco, a estratexia de adaptación da fala propia –o rexistro, a entoación, o vocabulario etc.– á da persoa coa que dialogamos (Giles, Coupland e Coupland 8 Sendo xustos, poderiamos acusar unha fenda entre o masculinizado da planificación lingüística nos niveis superiores –políticos, académicos e administrativos– e o feminizado da súa posta en práctica sobre o terreo.
49 1991). Nas situacións de contacto lingüístico, coma ocorre en Galicia, denominamos tamén deste xeito o acto de mudar a lingua habitual propia para situarse na do outro. Trátase dun fenómeno complexo que responde a convencionalismos sociais e culturais e presenta unha gran variedade de motivacións simbólicas e materiais que non pretendemos expoñer neste apartado –recomendamos consultar para isto o citado volume de Giles et al. (1991)– mais podemos resumir a cuestión na idea de que, fronte á diverxencia, esta estratexia foi xeralmente caracterizada como un acto de achegamento, como unha procura de mellorar a impresión transmitida e, moi habitualmente, unha pauta de cortesía. Na sociolingüística galega esta idea da cortesía é xa un lugar común, moi especialmente nos traballos baseados en entrevistas. Podemos dicir, entón, que entre as galegas e galegos continúa a estar moi espallada a percepción de que adaptarse á lingua do interlocutor é unha cuestión de boa educación (Iglesias 2002; Seminario de Sociolingüística, RAG 2003; Formoso 2013; Álvarez Blanco coord. 2017). Por outra banda, é ben sabido tamén que os procesos de acomodación lingüística teñen, na práctica, un saldo claramente positivo para o castelán que, de primeiras, non sería consistente coa pauta da educación. Boa parte dos falantes, conscientes disto, atopan distintas explicacións. Polo xeral, considérase que o castelán é a lingua común e por iso sería esixible o seu uso en maior medida (Álvarez Blanco coord. 2017, p. 56). Nos traballos cualitativos, o xénero emerxe como un elemento explicativo das diferenzas nos procesos de acomodación lingüística, se ben con efectos distintos dependendo das circunstancias. Por exemplo, a converxencia cara ao rexistro dunha persoa pode ser un acto de boa educación; mais, pola contra, noutra situación a diverxencia pode ser unha estratexia para salientar a diferenza de xénero, adoptando un rexistro que se considera máis feminino ou masculino fronte ao dun interlocutor de sexo oposto (véx. Giles, Coupland e Coupland 1991, p. 33-34). De acordo con isto, poderiamos intuír que a converxencia cara ao castelán como acto cortés podería ser unha práctica favorecida entre as mulleres, sometidas a un maior control das actitudes e maneiras (cf.: Holmes 1995)9: Se un chico fala gallego, pásaselle, pero se a chica fala gallego i si aínda por riba solta un taco, daquela: da montaña pa riba polo menos! Pero eso no fondo eu creo que é machismo. 9 Partindo de observacións coma estas, Teresa Moure vai máis aló e formula a hipótese de se a desgaleguización estaría a ter un impacto maior nas mulleres favorecida pola procura dun ideal de cortesía que sentirían contraditorio co emprego da lingua galega (Moure 2010: 149). 3. Punto de partida
50 Lingua e xénero Meu abuelo sempre falou ghallegho coma min pero se ti o querías cabrear o peor que lle podía pasar era que el oíra alghunha muller decir palabrotas. A un home era ighual, que el tamén xuraba. Pero se oía unha muller, enfadábase sempre, decía que era unha maleducada. E dun home non decía nada, que el tamén xuraba sempre. El decía: «Esa rapaza é máis maleducada... si soupera que ben lle queda...!!» (González e Seoane 2010, p. 71). Isto explicaría parcialmente a maior predisposición das mulleres á converxencia cara ao castelán e complementaría o esclarecemento de por que é maior que cara ao galego en ambos os dous xéneros. Con todo, quedaría por vermos por que os homes serían máis proclives á converxencia en galego, mentres as mulleres son máis remisas (Álvarez Blanco coord. 2017, p. 79). Volvendo ás estratexias de diverxencia introducidas máis arriba, podemos pensar de novo nas ideas e actitudes que asocian en maior grao o castelán co ideal de feminidade: Como che teño que falar, en gallego ou en castellano? Porque se a cousa é fina fáloche dunha maneira e se non o é, fáloche doutra (González e Seoane 2010, p. 70). Eu tamén vivo nunha aldea, pero de tódalas rapazas da miña quinta, rapaces eran poucos, eran dous, que xa non se contan, o sábado pola noite a lingua para todos era o castelán. Entón eso é o que a min, era unha cousa que a min realmente... (5gm69). Co galego non se liga (5gh67). [...] nós estábamos alí as dúas falando unha coa outra, e se viña un rapaz así guapetón, falaba castelán (5gm69). (Seminario de Sociolingüística, RAG 2003, p. 125). Empregar o castelán pode percibirse como un modo de reforzar a impresión de sofisticación transmitida, do mesmo xeito que evitar o emprego do galego pode ser unha estratexia para non ser caracterizada da maneira oposta: OL: A min o que me molestaba sobre todo era cando alguén me falaba en galego, falarlle en castelán. Pero claro, se estaba con máis xente eu sempre falaba en castelán. Supostamente non lle ía falar en galego porque ademais dábame moita vergonza. (Rodríguez Carnota 2022, p. 66). No caso contrario, este tipo de prexuízos non só non afectarían no mesmo grao aos varóns, facilitando a posta en xogo de actitudes de converxencia baseadas na cortesía tamén para o galego, senón que mesmo poderían empurrar, en certos contextos, ao emprego desta lingua como xeito de reforzaren a súa masculinidade:
51 A informante [...] conta como ás veces é vítima dos estereotipos que pesan sobre os castelanfalantes polo uso da lingua que, nese contexto, está marcada: Pilar: y la gente me dice poque eres una pija [=eres una niña de papá y no sé que= y yo no y yo hablo castellano y simplemente por hablar castellano soy todo eso entiendes? [...] Pilar: bueno tanto a mí como a mis hermanos nos enseñaron desde pequeñitos en castellano. Mis hermanos hablan gallego y yo hablo castellano, dentro de casa hablamos todos castellano pero de la puerta para fuera mis hermanos hablan gallego y yo hablo castellano, pero porque mis hermanos andan con gente que habla gallego y mis amigas de toda la vida hablan castellano, es así, yo me acostumbré a hablar castellano. (Formoso 2013, pp. 47-48). Outra hipótese que cómpre considerarmos xorde da observación de que os castelanfalantes se adaptan en menor medida por mor dunhas peores competencias bilingües. Así, a converxencia suporía para eles un esforzo maior que para as persoas que falan galego, normalmente proclives a facela no sentido contrario (Iglesias 2002, pp. 163 e ss.). Trátase dunha visión ata certo punto realista, xa que coincide co que nos din as avaliacións das competencias bilingües, sistematicamente máis elevadas entre a poboación que ten o galego como lingua principal (Silva 2010; Loredo e Silva, coord. 2020). Ao respecto desta cuestión, algúns traballos cualitativos quixeron ver diferenzas de xénero, por exemplo cando se di: “que as nenas falan máis castelán porque elas non saben expresarse en galego e aínda que lles fales en galego, contestan máis en castelán” (Monteagudo e Bouzada 2002, p. 224). En principio isto non se correspondería co que sinalan os mencionados traballos de competencias, xa que actualmente as mulleres acadan obxectivamente mellores resultados en todos os niveis comunicativos (Loredo e Silva 2020, p. 145). Así e todo, nos datos desagregados deste traballo non atopamos o caso particular das competencias orais das rapazas castelanfalantes, que sostería a hipótese en maior medida. Por outra banda, para explicarmos a conduta resultarían seguramente máis relevantes as competencias autopercibidas e a percepción da autoeficacia ca aquelas avaliadas de xeito obxectivo10, porén non contamos ata o de agora con datos no nivel de especificidade preciso sobre este punto. 10 Respecto a isto, numerosos informes e traballos teñen salientado a tendencia das mulleres a obter mellores rendementos académicos en todas as disciplinas. Asemade, sabemos que lamentablemente isto non se corresponde necesariamente coa valoración, propia ou allea, destas capacidades. 3. Punto de partida
52 Lingua e xénero Sexa como for, a cuestión da predisposición ao emprego dunha ou outra lingua é importante dende o punto de vista da normalización lingüística, especialmente se esta estivese vencellada ás competencias, xa que o carácter de oficialidade dunha lingua implica que o seu dominio sexa unha condición para o acceso en igualdade aos espazos públicos nos que é vehicular. Poñendo un exemplo do sistema educativo, apoiándose en antecedentes coma os comentados, Vázquez-Grandío recollía (2018, p. 105): [Unha nena] comeza a falar en castelán e [un compañeiro] córtaa con ton burlón dicindo “en galego, por favor”. [A profesora] dille: “se non lle sae, non lle sae”. (Nota de campo) –Acábame de falar en galego! –exclama un alumno, sorprendido pola súa compañeira castelanfalante, que nunca intervén na clase. –Moi ben! Aí estamos, vamos! –anímaa a profesora ríndose11. (Actividade grupal con 1º de BAC, colexio privado). O autor exemplifica, así, a súa impresión de que as rapazas non só evitaban converxer en maior medida coa lingua do profesorado galegofalante, senón que as súas intervencións semellaban ser menos frecuentes nas materias en galego, especialmente na secundaria e o bacharelato. Deste xeito, apúntase a posibilidade de que unha baixa autoconfianza no emprego do galego ou do castelán puidese chegar a reforzar as dinámicas de retracción das rapazas na adolescencia identificadas pola investigación feminista (Vázquez-Grandío 2018, p. 104-106). Para rematarmos coas competencias, quedaría preguntarse polo seu efecto no proceso inverso: a converxencia cara ao castelán. Respecto a isto, seguramente poidamos dicir que na actualidade, máis aló de facilitala, xogan un papel moi reducido. Isto sería así xa que, como se comentou antes, as persoas galegofalantes son, a día de hoxe, bilingües. Quizais procedería cuestionarse se as destrezas acadadas, levemente menores entre os rapaces ca entre as rapazas, poderían contribuír nalgúns casos a unha maior resistencia á acomodación por parte dos varóns: Manuel: (ri) castellano a verdá é que non se me dá nada ben, eu cando falo castellano, mimadriña, non falo case nunca castellano a verdá <...> na clase de castellano (Formoso 2013, p. 47). 11 A narración (non a transcrición das intervencións orais) é tradución nosa dende o castelán.
53 Porén, quizais poderían ser máis significativas na explicación de condutas de xeracións anteriores ou noutros momentos históricos. Neste caso, xorde a hipótese de que no pasado, en especial antes da educación universal, os homes poderían ter unha maior facilidade para aprenderen o castelán pola súa participación da vida pública, mentres as mulleres atoparían menos oportunidades de empregalo, por mor dun maior confinamento ao ámbito doméstico. Explicacións nesta liña serían consistentes con algunhas tendencias detectadas nas series históricas e que se exporán máis adiante neste mesmo volume. Ata o momento viñemos falando de eventuais diferenzas nas pautas de acomodación entre homes e mulleres e das implicacións que estas poden ter. Como fica explicado, a acomodación é entendida como un acto circunstancial de adaptación ao contexto comunicativo. Cómpre pasar, agora, a falarmos dos procesos de cambio de lingua habitual como acto individual perdurable no tempo, tamén referidos na bibliografía como “mudas lingüísticas” (Pujolar, González e Martínez 2010). O abandono do galego ou desgaleguización é un fenómeno analizado con frecuencia na sociolingüística galega, pois cando este se perpetúa no tempo considérase unha dinámica central do proceso de substitución lingüística (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016). No caso oposto, as dinámicas de regaleguización e neofalantismo, aínda que moito menos comúns12, son tamén obxecto dunha atención cada vez maior, pola necesidade crecente de incorporarmos novos falantes á lingua e polo valor destes como minoría activa, ao seren falantes comprometidos e cunha ideoloxía moi desenvolvida (O’Rourke e Ramallo 2015). As investigacións da “muda lingüística” descubriron que estes procesos están habitualmente asociados a puntos de inflexión no ciclo vital, ancorados en cambios de etapa, en desprazamentos territoriais, nas alteracións provocadas nas redes sociais ou na transformación dos obxectivos e xeitos de ver a vida (Pujolar, González e Martínez 2010; Gómez 2020). No caso galego, a educación formal –cos seus cambios de etapa, desprazamentos territoriais e alteracións das redes sociais– viuse como un contexto central do cambio en ambas as dúas direccións, destacando, especialmente, o efecto do paso pola escolarización obrigatoria na desgaleguización das nenas e nenos (Monteagudo, Loredo, Gómez e Vázquez-Grandío 2021). Tamén se teñen apuntado a chegada ao ensino secundario e, en maior grao, o comezo da etapa universitaria 12 Con datos do 2016, mentres o primeiro proceso representaría unha forca do 6,7% ao 20% da poboación, baixo a segunda etiqueta apenas poderiamos identificar o 1,8% dos galegos e galegas (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016, p. 114). 3. Punto de partida
54 Lingua e xénero como momentos de oportunidade para a regaleguización e o neofalantismo (Gómez 2020). Os traballos cualitativos ilustraron con frecuencia estes episodios nas biografías lingüísticas dos e das falantes, sinalando tamén as motivacións que os axentes lles dan: a adaptación ao contexto, a integración no grupo de pares e o medo ao rexeitamento para a desgaleguización; a reflexión da madurez, o apoderamento e a reivindicación da orixe ou a significación política detrás da regaleguización e o neofalantismo (O’Rourke e Ramallo 2015). Na liña do exposto anteriormente, preguntámonos se homes ou mulleres son máis ou menos proclives ao cambio lingüístico e, de ser así, se existen diferenzas de xénero na dirección do mesmo. Apoiándonos de novo nas tendencias que favorecen o uso do castelán entre as mulleres, podemos supor que as galegofalantes se castelanizarían en maior medida ca os varóns. O certo é que cara a isto apuntarían diversos traballos (Suárez 2010; Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016). Unha explicación podería ser o maior impacto das actitudes lingüísticas negativas sobre elas, o que faría que empregar o galego supoña un maior obstáculo para a integración das rapazas en determinados contextos. As relacións entre cambio e discriminación lingüística son analizadas en profundidade por Rodríguez Carnota, aínda que o autor só trata o xénero de maneira tanxencial. Porén, atendendo á súa mostra de entrevistas, podemos ver que as persoas que abandonaron o galego durante a escolarización infantil e primaria foron rapazas, e de feito todas as galegofalantes remataron por facelo (Rodríguez Carnota 2022, p. 58): AN Naquel tempo sempre falaba en galego, ata que certo día canseime de que a xente me mirara, entre comiñas, de maneira rara. E dixen eu: Bueno, pois xa que case todo o mundo fala en castelán, pois vou tratar de integrarme (Rodríguez Carnota 2022, p. 182). AN Cando falaba con eles (os pares) e cando formaba unha amizade, entre comiñas e por así dicilo, pois naqueles casos falaba en privado case sempre o castelán. Na maioría dos casos empreguei o castelán porque por un lado seguía o tema dese medo do que pensasen sobre min (Rodríguez Carnota 2022, p. 183). Polo contrario, os testemuños dos dous varóns galegofalantes entrevistados apuntan a que, ou ben non foron obxecto da mesma presión contextual, ou ben non lle deron a mesma relevancia:
55 AM [Había] non hostilidade, pero si un rexeitamento. E quizais incluso algunha burla. E chamáronme moitas veces Falagalego. Penso que os compañeiros propios da miña clase, non. Pero outros que non me tiñan tan próximo, si. Pero bueno, tampouco me afectaba moitísimo. [...] (Rodríguez Carnota 2022, p. 71). X No, a ver. Estabamos xogando ao fútbol e... eu que sei (facía) unha falta ou algo e (dicían): “Bah, non sei que, gallego, non sei que”. E eu (respondía): “Vale, ti non naciches en Galicia, tampouco?” Pero non é que recorde así moitos problemas con alumnos. Para nada. Igual tiven sorte, porque outros si que... A miña irmá, por exemplo, creo que o pasou bastante peor. EN De meterse con ela, ou algo? UX Non sei se de meterse con ela ou de xa non atreverse nin a falar [en galego]. (Rodríguez Carnota 2022, p. 75). Desde o punto de vista do autor, malia que estes varóns narran que foron obxecto de episodios de mofa ou presión dos pares, tratan de relativizar ou “quitar ferro” a estes sucesos (Rodríguez Carnota 2022, p. 75). Isto lévanos a nos preguntar se a construción cultural da masculinidade leva aparellada orientacións que favorezan unha maior capacidade de resiliencia reflectíndose nunha maior aptitude dos homes para resistir a presión lingüística: A converxencia das falantes do galego parece máis fácil de incitar cá dos falantes, así como se mostran máis predispostas a realizar un cambio lingüístico se a contorna o favorece, mentres eles son máis reticentes e sempre o condicionan: Dúas alumnas de 4º da ESO do colexio rural comentan o idioma no que cren que se desenvolverán cando se cambien ao instituto de Lugo, o próximo curso: —Sinceramente castelán... —Eu creo que me vai saír castelán... a min sairíame... —A min con eles [cos compañeiros lugueses] si... pero só con eles –matiza un compañeiro13. Á vez, isto podería estar relacionado con que as estudantes parecen máis preocupadas polas actitudes lingüísticas dos seus compañeiros, mentres os varóns se mostran máis desinteresados. (Vázquez-Grandío 2018, p. 104). 13 Pouco antes, no mesmo grupo, este e outros compañeiros negaban categoricamente que se fose dar o caso. Só despois de escoitar os argumentos das súas compañeiras mudaron a postura. 3. Punto de partida
56 Lingua e xénero Nesta conversa, nun grupo de discusión que tivo lugar na última semana de curso, o alumnado de 4º da ESO dun colexio rural reflexionaba sobre o que lles agardaría o ano seguinte no instituto de Lugo. As rapazas, baseándose nas súas experiencias previas e nas dos seus coñecidos e coñecidas, imaxinaban este contexto completamente castelanizado. Asemade, declaraban unha predisposición case total ao cambio, xustificándoa na adaptación ao contexto. Pola contra, os rapaces participantes distanciábanse na concepción deste contexto futuro no que, segundo eles, habería “de todo” –clases nas dúas linguas e rapazada que falase os dous idiomas– e rexeitaban a muda lingüística, rebaixándoa a unha posible converxencia puntual moito máis condicionada. Resumindo, podemos dicir que certamente existen indicios que apuntarían a unha maior disposición ao cambio cara ao castelán entre as mulleres, condicionada por prexuízos de xénero. Mais cómpre preguntarse, daquela, se isto leva aparellado o oposto para o galego –unha menor predisposición ao cambio cara a el– ou se trata simplemente dunha maior facilidade para o cambio lingüístico en si mesmo, con independencia da lingua de destino. Na bibliografía hai impresións recollidas, ben sobre persoas neofalantes, ben sobre regaleguizadas, que poderían apuntar cara a unha feminización dos procesos de muda, tamén en favor do galego (Vázquez-Grandío 2018, p. 104). Isto parecería inferirse tamén das mostras e casos que presentan a maioría dos proxectos de referencia neste apartado, aínda que non sexa comentado nos textos. De xeito hipotético poderíase vencellar coa relación entre o neofalantismo e outros movementos sociais reivindicativos, como o ecoloxismo ou o mesmo feminismo (O’Rourke e Ramallo 2015), as diferenzas na orientación política de homes e mulleres –como a maior preocupación polas políticas de benestar e a igualdade–, ou a participación máis activa nas actividades cooperativas e de coidado mutuo. Porén, a falta dunha análise estatística significativa impídenos levarmos estes asertos máis alá da condición de hipótese. Algúns aspectos das mostras dos traballos cualitativos poderían explicar por si mesmos estas distorsións. Primeiramente, pola propia sobrerrepresentación das e dos neofalantes respecto ao seu peso demográfico real. Dado que os proxectos procuran obter a maior diversidade de puntos de vista posibles, é habitual facer as mostras considerando, entre outras cuestións, as configuracións posibles entre lingua habitual e lingua inicial, dándolles unha meirande visibilidade. Porén, de acordo cos datos cos que contamos na actualidade, os neofalantes e as neofalantes representan escasamente o 2% do total da poboación (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2016, p. 256). Por
57 outra banda, os ambientes escolares e académicos, obxecto ou fonte de informantes de moitos destes traballos, son contextos feminizados en varios niveis, e en especial nos seus cadros profesionais. O mesmo acontece cando pensamos no ámbito profesional da filoloxía ou das letras en xeral, ao que pertencen a maioría de investigadoras e investigadores. Unha maior presenza das mulleres no grupo das persoas autorrecoñecidas como castelanfalantes iniciais faría agardar unha desproporción equivalente no grupo das e dos novos falantes de galego, sen que iso implique unha maior predisposición xeral ao cambio. Con todo, concordando no valor cualitativo outorgado a estes e estas neofalantes comprometidos comentado anteriormente, consideramos esencial considerarmos a variable xénero en futuras investigacións e na adopción de políticas lingüísticas orientadas á normalización da lingua galega. 3.3. Prexuízos e actitudes lingüísticas das e cara ás mulleres Rematamos este capítulo falando das actitudes lingüísticas e os prexuízos cara ás persoas galegofalantes: como varían segundo o xénero do emisor e como afectan de xeito distinto ao seu comportamento. Xa nos apartados anteriores vimos que existían criterios estéticos e valorativos para cada lingua e os seus falantes que se vencellaban a diferenzas nos procesos de transmisión e no comportamento lingüístico dos homes e as mulleres. Por iso, consideramos as actitudes e os prexuízos lingüísticos un elemen- to transversal das desigualdades de xénero neste terreo. As actitudes explícitas e os prexuízos estudáronse de xeito diverso na sociolingüística galega, tanto dende o punto de vista estatístico coma dende a análise discursiva e ideolóxica (Seminario de Sociolingüística, RAG 1996, 2011). Todos os traballos coinciden nos aspectos centrais, que poderiamos resumir na asociación da lingua galega á ruralidade, a un baixo nivel económico e cultural, e, agora, tamén á xente de maior idade. Por outra banda, coa posta en marcha do proceso de normalización atopamos a aparición doutros novos prexuízos, que sitúan o galego como un idioma marcado: artificial, politizado, imposto... (Freixeiro 2009). Porén, estes traballos adoitaron centrarse, sobre todo, nas actitudes cara ao código ou ao rexistro e non tanto cara ás persoas que o empregan, polo que non clarifican a cuestión de xénero: se se aplican igual ou na mesma intensidade ou se producen os mesmos efectos nas e nos falantes. 3. Punto de partida
64 Lingua e xénero galegas foi aumentando progresivamente ata acadaren un máximo na década dos oitenta (2811942 persoas), cando experimentou un punto de inflexión e comezou a decrecer. En 2022 o número de galegos e galegas era de 2691456, o que deita un retroceso superior ás 120000 persoas respecto a ese máximo. As estimacións indican que, probablemente, cara a 2031 ese retroceso ascenda a 122000 persoas. No conxunto do Estado a poboación aumentou dende 1900 en 28600000 persoas e estímase que cara a 2031 o tamaño do incremento chegue aos 32000000 de habitantes (Figura 6). Figura 6. Evolución da poboación de España e Galicia dende 1900 a 2022 e estimación a 2031. Fonte: Elaboración propia dos datos do INE. Censos de Poboación y viviendas 1900-2011 e Padrón Municipal de Habitantes 2016, 2022 e 2031. 4.2. O número de mulleres é superior ao dos homes en Galicia? O número de habitantes en Galicia contabilizado en 2021, como vimos no apartado anterior, acada a cifra dos 2695645 persoas, sendo a cifra de mulleres de 1398344 (51,87%) e a dos homes 1297301 (48,13%), polo que podemos falar de 100000 mulleres residentes máis ca homes (Figura 7). Este resultado pode facernos reflexionar sobre como a existencia de diferenzas porcentuais escasas en grandes mostras (3,74%) pode implicar diferenzas importantes cando falamos de unidades. Por outra banda, obsérvase como a distribución da poboación segundo o xénero en Galicia difire dos datos obtidos a nivel mundial. 0 500 000 1 000 000 1 500 000 2 000 000 2 500 000 3 000 000 0 10 000 000 20 000 000 30 000 000 40 000 000 50 000 000 60 000 000 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2016 2022 2031 Galicia España Anos Galicia España
65 Figura 7. Distribución do número de mulleres e homes en Galicia. 2021. Fonte: INE. Padrón Municipal de Habitantes de 2021. Data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro. En moitos países o número relativo de mulleres é inferior nas áreas rurais, mentres que nas áreas urbanas é superior ao 50%. Este índice é un indicador demográfico que expresa a razón de mulleres por homes nun determinado territorio, expresado en tanto por cento. A formula utilizada para calcular este indicador demográfico é: Ifemin= 100* mulleres/homes Atendendo á evolución do indicador demográfico en Galicia (Figura 8), obsérvase como na segunda década do século en curso se constata unha superioridade porcentual no número de mulleres fronte ao de homes (2020: 107,81%), tendencia que se mantén dende principios de século (2001: 108,16%). Nas seguintes figuras emprégase o formato de pirámide poboacional para expresar a distribución da poboación galega en 2021, utilizando como criterios a idade e o xénero coa finalidade de retratar o perfil demográfico galego. Os datos comezan a deixar claro como as mulleres son maioría a partir dos corenta anos (40-44 anos). Este desequilibrio na proporción vaise incrementando a medida que aumenta a idade (Figura 9). Pola contra, nos nacementos a proporción invértese, pois o número de nenos que nacen é maior ca o número de nenas. 48 ,13 51 ,87 Homes Mulleres 4. A muller na sociedade galega
66 Lingua e xénero Figura 8. Evolución do número de mulleres e homes en Galicia. Evolución do índice de feminidade. 1999-2020. Fonte: IGE/INE. Movimiento natural de la población; INE. Cifras de población. Data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro. Figura 9. Distribución das mulleres e homes por idade da poboación galega en 2021. Fonte: INE. Padrón Municipal de Habitantes de 2021. 107,91 108,16 107,11 107,06 107,82 107,81 106,5 107 107,5 108 108,5 1250000,000 1300000,000 1350000,000 1400000,000 1450000,000 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 mulleres por 100 homes n ANOS Mulleres Homes Mulleres por 100 homes 3,46 4,22 4,66 4,44 4,33 4,69 5,28 6,67 8,49 8,51 7,99 7,38 6,96 6,07 5,60 4,58 3,13 3,53 3,04 3,66 4,08 3,90 3,83 4,21 4,87 6,19 7,94 7,99 7,70 7,26 6,97 6,20 6,06 5,37 4,27 6,48 10,0 8,0 6,0 4,0 2,0 0,0 2,0 4,0 6,0 8,0 10,0 04 59 1014 1519 2024 2529 3034 3539 4044 4549 5054 5559 6064 6569 7074 7579 8084 85 e máis % IDADE Homes Mulleres
67 4.3. O índice de mortalidade entre homes e mulleres vai aproximándose? Prestando agora atención ao índice demográfico de mortalidade en Galicia, obsérvase como, a primeiros de século, a diferenza neste dato por xénero era dun 1,3 (2002), mentres que, na segunda década, a distancia entre os homes e mulleres reduciuse á metade: 0,6 (2020). En definitiva, constátase un lixeiro aumento da taxa de mortalidade ao longo do século en curso, mentres que se reduce a diferenza no índice de mortalidade entre homes e mulleres (Figura 10). Figura 10. Evolución da taxa de mortalidade3 por xénero da poboación galega (2002-2020). Fonte: IGE/INE. Movimiento natural de la población; INE. Cifras de población. Data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro. 76,64 77,39 79,01 80,45 83,74 84,52 85,4 86,28 75 80 85 90 2002 2004 2006 2008 2010 2012 2014 2016 2018 2020 Anos HOME MULLER 3 Taxa de mortalidade: Número de defuncións por cada 1 000 habitantes. 4. A muller na sociedade galega
68 Lingua e xénero 4.4. As mulleres acadan un maior nivel educativo ca os homes? Analizando a evolución da taxa bruta de alumnado que se gradúa na ESO, atopamos que, en 2016, se graduou na ESO o 89,1% das mulleres, fronte ao 76% dos homes. En 2020 graduouse o 92,3% das mulleres e o 83,7% dos homes, o que deita unha diferenza dun 8,6% na taxa bruta do alumnado que acada este título. En definitiva, as mulleres presentan unha menor taxa de fracaso educativo e abandono escolar temperán ca os homes, malia que a diferenza por xénero se reduza co transcurso dos anos (Figura 11). Figura 11. Evolución da taxa bruta do alumnado4 que se gradúa na ESO por xénero (2016-2020). Fonte: IGE/INE. Movimiento natural de la población; INE. Cifras de población. Data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro. 76,0 71,2 75,9 75,3 83,7 89,1 83,3 84,6 87,0 92,3 60 70 80 90 100 2016 2017 2018 2019 2020 % Anos H M 4 Taxa bruta do alumnado que se gradúa na ESO: calcúlase como a relación entre o alumnado que remata os estudos que se citan, independentemente da súa idade, coa poboación total da idade teórica de comezo do último curso de ensino.
69 4.5. As mulleres teñen máis dificultades para atoparen traballo ca os homes? Analizando a actividade económica segundo o xénero pode constatarse que existe unha maior taxa de inactividade nas mulleres (638,2%) ca nos homes (479,8%). A taxa de paro é meirande nelas, se ben houbo cambios significativos nas últimas décadas. As diferenzas neste indicador a principios do século actual eran moi significativas, chegando ata os dez puntos porcentuais en 2003. As mulleres achegábanse aos vinte puntos de taxa de paro fronte aos homes, que presentaban unha taxa inferior aos dez puntos. Estas diferenzas foron diminuíndo co paso dos anos, de xeito que en 2012 a taxa de paro nos homes foi só algo superior á das mulleres. Dende entón, os niveis globais de paro baixaron; mais a taxa de paro entre as mulleres volveu superar a dos homes (Figura 12). Figura 12. Taxa de paro por xénero (2000-2018). 4.6. Cobran as mulleres o mesmo ca os homes? Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal Tributaria, o salario medio anual das mulleres galegas no ano 2019 era de 17511€; isto é, 4527€ inferior ao dos homes. A finais da segunda década do século en curso, os homes cobraban anualmente 4. A muller na sociedade galega 7,8 9,2 22,3 12,4 15,5 19,1 21,7 14,4 0 5 10 15 20 25 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 % Homes Mulleres
70 Lingua e xénero en Galicia un 25,9% máis ca as mulleres. Desagregando o nivel salarial por sectores, pode observarse como o grupo das entidades financeiras e aseguradoras acada os soldos máis altos, sendo tamén estes sectores onde as distancias por xénero son maiores (con diferenzas por xénero no salario medio 2019: 11264€); porén, no sector da construción e actividades inmobiliarias, as diferenzas son menores (diferenzas por xénero no salario medio 2019: 2185€) (Figura 13). Figura 13. Evolución do salario medio anual por xénero (2000-2020). Fonte: INE. Padrón Municipal de Habitantes de 2021. Data de referencia dos datos: 1 de xaneiro. Correlacionando o salario medio anual co xénero e a idade obsérvase como os ingresos medraron tanto nos homes coma nas mulleres ata chegar á cohorte de idade de 56 a 65 anos, a partir da cal comeza a decrecer. Os homes cobran máis ca as mulleres en todos os tramos de idade, aínda que as maiores diferenzas se sitúan naquelas persoas entre 46 e 55 anos. Neste último tramo o salario medio das mulleres é 5512€ inferior ao dos homes (Figura 14). 3 543 € 5 076 € 4 167 € 0 € 1 000 € 2 000 € 3 000 € 4 000 € 5 000 € 6 000 € 0 € 5 000 € 10 000 € 15 000 € 20 000 € 25 000 € 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 Diferenza no Salario medio anual Salario medio anual Ano Homes Mulleres Diferenza
71 Figura 14. Evolución do salario medio anual segundo as cohortes de idade e o xénero. Fonte: INE. Padrón Municipal de Habitantes de 2021. Data de referencia dos datos: 1 de xaneiro. 4.7. Cales son as situacións de inactividade máis habituais nas mulleres? A primeira conclusión que se pode extraer do estudo das situacións de inactividade dos galegos é a seguinte: esta situación afecta máis ás mulleres ca aos homes. A circunstancia máis frecuente referida por aqueles que entran na categoría de inactivos/ as sería a das persoas que podemos denominar como “retiradas, xubiladas ou pensionistas”. A seguir, a segunda situación de inactividade máis frecuente entre as mulleres é “labores da casa” (179,9%), mentres que esta situación é case residual nos homes (32%) (Táboa 3). De feito, a diferenza observada nesta categoría coincide, en gran medida, coa diferenza global observada entre homes e mulleres no tocante a este índice, o que apunta a que a non incorporación ao mundo laboral e a permanencia no fogar segue a ser unha situación determinada polo xénero. 2 523 € 8 068 € 16 342 € 22 320 € 25 820 € 27.084 € 25 536 € 1 765 € 6 073 € 14 297 € 18 079 € 20 308 € 22 407 € 15 105 € 758 € 1 995 € 2 045 € 4 241 € 5 512 € 4 677 € 10 431 € 0 € 5 000 € 10 000 € 15 000 € 20 000 € 25 000 € 30 000 € Menor de 18 anos De 18 a 25 anos De 26 a 35 anos De 36 a 45 anos De 46 a 55 anos De 56 a 65 anos Maior de 65 anos SALARIO MEDIO ANUAL IDADE Homes Mulleres Diferenza 4. A muller na sociedade galega
72 Lingua e xénero Táboa 3. Situacións de inactividade máis habituais nas mulleres. Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa 4.8. A muller na cultura galega5 Para unha descrición rápida mais reveladora, tomaremos como índice cuantificable os premios. Realizando unha primeira análise dos outorgados en Galicia segregados por xénero, pódese observar que un 67% recaen en homes, un 20% en mulleres e un 13% noutras categorías, nas que se inclúen asociacións, colectividades etc. Tendo en conta só os premios outorgados a mulleres, o 37% correspóndese con premios de artes escénicas e audiovisuais e un 34% son de carácter literario. Esta última categoría ocupa o segundo lugar. Os premios que reciben menos as mulleres son os xornalísticos, cun 3% do total (CCG 2014). Os premios literarios merecen unha especial atención por seren a categoría máis numerosa e polo número de mulleres premiadas. Aínda que no total dos certames literarios resultan galardoadas o 20% das mulleres, cando se trata de premios de literatura infantil e xuvenil esta porcentaxe aumenta ata un 28,4%. No lado oposto están os premios de textos teatrais, nos que só foron galardoadas o 8,1% das mulleres. Analizados os premios e galardóns culturais, detéctase que son moitos máis homes os que reciben algún tipo de recoñecemento deste tipo en Galicia. A meirande parte dos premios literarios, de creación artística, xornalísticos ou de artes escénicas e audiovisuais recaeron en homes. As mulleres só son maioría nalgunha categoría concreta. Inactividade Homes Mulleres Total 479,8 638,2 Estudantes 78,6 85,5 Retirados, xubilados ou pensionistas 308,7 324,9 Labores da casa 32,0 179,9 Outros 52,0 44,0 Non sabe. Non refire estado de inactividade 8,5 4,0 5 Os datos extraídos para este apartado proveñen do informe realizado polo Consello da Cultura Galega en 2014 e que leva por título A muller na cultura galega (II).
73 Outros datos complementarios de interese para retratar minimamente a posición da muller na cultura galega amosan que as mulleres teñen unha presenza importante na Administración do ámbito cultural; mais esta segue a ser pobre entre vogais de órganos consultivos. As mulleres son maioría entre o persoal técnico e administrativo e tamén entre cargos directivos e intermedios. Mentres na área de cultura dos concellos galegos a responsabilidade recae, case na metade dos casos, nelas, nas empresas culturais agremiadas a maioría dos cargos directivos están ocupados por homes e, no caso específico dos medios de comunicación, a presenza de mulleres é case anecdótica. Figura 15. Distribución por xénero en diferentes ámbitos culturais 28% 27% 28% 38% 23% 34% 72% 73% 72% 62% 77% 66% 0% 25% 50% 75% 100% Cluster Audiovisual Galego Editoriais galegas Medios de comunicación de Galicia Libros en galego no ISBN en 2013 Longametraxes de produción galega segundo o sexo do director Orquestras sinfónicas galegas Mulleres Homes 4. A muller na sociedade galega
80 Lingua e xénero cando eran pequenas tiña unha menor presenza de galego ca no caso dos homes. O IPTLG amosa como esta desincronía se constatou en todas as xeracións introducidas na análise. A redución da presenza do galego nos usos familiares foi semellante para o sexo feminino e masculino, mais a desincronía foi especialmente evidente cos proxenitores (IPTLG= 88%). Figura 19. Presenza do galego no contexto familiar segundo o xénero e índice de paridade da transmisión lingüística do galego*. Selección de persoas entre 25 e 54 anos. Fonte: Adaptación propia do IGE-2018. *Para a obtención do índice de paridade da transmisión lingüística do galego (IPTLG) emprégase a formula: 100 x Lingua utilizada para dirixirse a elas cando eran nenas pola familia / Lingua utilizada para dirixirse a eles cando eran nenos pola familia. 100% sería o índice de paridade total na transmisión interxeracional do galego. A introdución na análise da evolución dos procesos de substitución do galego polo castelán utilizando como referencia o contexto familiar do IGE (2018) proporcionounos un marco explicativo que permite comprendermos como foi o proceso ao longo do tempo. Os datos indican como as persoas nadas entre mediados dos sesenta e finais dos setenta sufriron, en maior medida, ese proceso de ruptura da transmisión interxeracional. Analizando os resultados expostos na figura 20, obsérvase como na cohorte das persoas nadas a finais dos sesenta ata mediados/finais dos setenta (+9%) houbo unha maior transmisión do galego como lingua inicial cos nenos ca coas nenas. Hai, xa que logo, unha coincidencia do pico deste fenómeno co intre de grande emigración do rural ao urbano galego, especialmente no denominado eixo atlántico. 64,2% 48,2% 40,6% 39,5% 69,4% 54,8% 43,9% 43,5% 92,5% 88,0% 92,5% 90,8% 85% 86% 87% 88% 89% 90% 91% 92% 93% 35% 40% 45% 50% 55% 60% 65% 70% Avoas/ós coa entrevistada/o cando eran pequenas/os Nais/Pais coa entrevistada/o cando eran pequenas/os Entrevistada/o coa parella Entrevistada/o coas fi llas/os IPTL PRESENZA DO GALEGO Muller Home IPTLG
81 Figura 20. Evolución da presenza do galego no contexto familiar segundo o xénero. Selección de persoas entre 25 e 54 anos. Fonte: Adaptación propia do IGE-2018. A escolla de variables relacionadas coa vivenda habitual e nivel educativo tamén ten unha certa incidencia sobre a relación do xénero coa transmisión lingüística do galego. O territorio inflúe certamente sobre a presenza do idioma galego como lingua inicial na lingua de transmisión familiar; así, naqueles hábitats que se poden categorizar como rurais (menos de 10000 habitantes) a familia transmítelles maioritariamente aos descendentes a lingua galega, acadando cifras superiores aos setenta e cinco puntos porcentuais. Pola contra, nos hábitats urbanos as cifras baixan dos corenta puntos, verificándose unha redución case á metade. Hai unha relación directamente proporcional. Canto maior é o lugar de residencia da persoa enquisada, máis incidencia sobre a transmisión interxeracional da lingua adquire o parámetro xénero. Nas pequenas localidades non se marcan as diferenzas na transmisión segundo o xénero de xeito evidente, mentres que nas localidades urbanas e mesmo periurbanas e vilegas a transmisión do galego aos homes é significativamente maior ca no caso das mulleres (Figura 21). De feito, o índice de paridade (IPTLG) nos contextos rurais acada cifras próximas ao 95% fronte á cifra próxima ao 87,1% dos ámbitos urbanos. 65,1% 68,7% 51,5% 56,4% 37,6% 38,7% 64,6% 68,4% 52,2% 56,6% 41,8% 43,2% 66,5% 74,2% 57,3% 66,3% 45,6% 51,0% AVÓS COA ENTREVISTADA CANDO ERA PEQUENA AVÓS CO ENTREVISTADO CANDO ERA PEQUENO PROXENITORES COA ENTREVISTADA CANDO ERA PEQUENA PROXENITORES CO ENTREVISTADO CANDO ERA PEQUENO ENTREVISTADA COAS FILLAS/OS ENTREVISTADO COAS FILLAS/OS 19931983 19831974 19741964 5. A importancia da muller na transmisión lingüística interxeracional
82 Lingua e xénero Figura 21. Presenza do galego no contexto familiar e índice de paridade da transmisión lingüística do galego (IPTLG) segundo xénero e territorio. Selección de persoas entre 25 e 54 anos. Fonte: Adaptación propia do IGE-2018. *Para a obtención do Índice de paridade da transmisión lingüística do galego (IPTLG) emprégase a formula: 100 x Lingua utilizada para dirixirse a elas cando eran nenas pola familia / Lingua utilizada para dirixirse a eles cando eran nenos pola familia. Cómpre engadirmos á análise o factor do nivel educativo acadado como parámetro relevante en confluencia co xénero. Pode constatarse unha correlación inversamente proporcional entre o nivel educativo dos proxenitores e a transmisión do galego como lingua inicial. Mentres que os proxenitores con estudos primarios empregaron maioritariamente o galego cos descendentes, acadando cifras próximas aos setenta puntos porcentuais, no caso das persoas con estudos superiores a transmisión do galego baixaba aos cincuenta puntos. Porén, a análise de resultados permite constatar que entre as persoas con estudos superiores a conduta lingüística vén menos determinada polo xénero ca entre as persoas con estudos primarios, entre as cales a diferenza de conduta si está determinada de maneira importante polo parámetro xénero (Figura 22). 77,4% 58,7% 54,7% 33,9% 82,3% 65,2% 61,8% 38,9% 94,1% 90,1% 88,6% 87,2% 80% 90% 100% 30% 50% 70% 90% Menos de 10.000 habitantes Entre 10.000 e 20.000 habitantes Entre 20.000 e 50.000 habitantes Máis de 50.000 habitantes IPTLG LINGUA DOS PROXENITORES CANDO ERA NENO/A Mulleres Homes IPTLG
83 Figura 22. Presenza do galego no contexto familiar e índice de paridade da transmisión lingüística do galego (IPTLG) segundo xénero e nivel educativo. Selección de persoas entre 25 e 54 anos. Fonte: Adaptación propia do IGE-2018. *Par a obtención do Índice de paridade da transmisión lingüística do galego (IPTLG) emprégase a formula: 100 x Lingua utilizada para dirixirse a elas cando eran nenas pola familia / Lingua utilizada para dirixirse a eles cando eran nenos pola familia. 64,8% 50,7% 47,5% 72,8% 54,0% 48,9% 89,1% 93,9% 97,0% 30% 50% 70% 90% 110% Primeira etapa de educación secundaria e inferior Segunda etapa de educación secundaria e postsecundaria Educación superior Muller Home IPTLG 5. A importancia da muller na transmisión lingüística interxeracional
84 Lingua e xénero
85 6. As competencias bilingües en Galicia Este apartado ten como finalidade principal establecermos e analizarmos as competencias lingüísticas da poboación galega, entendendo por tales as habilidades comprensivas e, nomeadamente, as produtivas. A medición das competencias pode facerse de dous xeitos claramente diferenciados: a partir dos datos autodeclarados polos participantes nunha avaliación, o que leva a unha avaliación autopercibida, ou ben a través de probas competenciais xulgadas externamente. Malia que o nivel de obxectividade ligado ao segundo procedemento resulta útil dende moitos puntos de vista, cando se trata de analizarmos comportamentos lingüísticos ligados a percepcións e actitudes, a análise autopercibida adquire unha enorme relevancia. A autopercepción exprésase a través dun ítem que valora cada unha das destrezas orais e escritas, tanto receptivas coma expresivas, en cada unha das linguas, tanto propias coma adquiridas, e a través dunha escala numérica de carácter ordinal que serviría para graduar o dominio. Nas baterías demolingüísticas galegas a escala máis habitual era a seguinte: P. 16 Cal é o seu dominio do galego? Con posibilidade de responder nas catro destrezas Nas enquisas macrosociolingüísticas fálase de dominio (efectivo) en calquera das destrezas a partir da suma das alternativas “bastante” e “moito”. Noutras enquisas recollíase información sobre as competencias en galego na familia nas dúas xeracións precedentes (o pai, a nai, o avó e avoa) con alternativas que abranguían dende ningún (dominio) ata moito dominio nas catro destrezas1. Moito Bastante Pouco Nada N.P. Enténdeo 4 3 2 1 9 Fálao 4 3 2 1 9 Leo 4 3 2 1 9 Escríbeo 4 3 2 1 9 1 A) Ningún dominio; B) Pode entender o galego; C) Pode entendelo e falalo; D) Pode entendelo, falalo e lelo; E) Pode entendelo, falalo, lelo e escribilo; F) Pode entendelo, lelo e escribilo; G) Non procede, non sabe ou non contesta.
86 Lingua e xénero Os principais traballos sociolingüísticos galegos amosan unha situación paradoxal. Unha lingua, a galega, que non deixa de perder falantes –arredor de 250000 só na última década, de acordo ao Instituto Galego de Estatística (IGE 2008; 2013; 2018)– experimenta, pola contra, unha mellora xeneralizada nas competencias autodeclaradas (Figura 23). Curiosamente, ambos os procesos son máis acusados nas xeracións máis novas (Monteagudo, Loredo e Vázquez 2018), cada vez máis competentes na lingua segundo a súa propia percepción, mais cun uso cada vez menor. Sen dúbida, a presenza do galego na escola xoga, aquí, un papel fundamental, pola súa relevancia na adquisición lingüística. Respecto á mellora das competencias en Galicia co paso das xeracións (baby boomers, millennial, centennial e alphas), diferentes estudos sitúan a introdución do galego no ensino como un punto de inflexión no caso das competencias en lectura e escritura (Silva, Buela, Loredo e Morán 2008). As políticas lingüísticas de ámbito autonómico entenderon, decote, que a harmonía lingüística en Galicia depende de que todos os galegos e galegas desenvolvan unhas competencias parellas nas dúas linguas oficiais que permitan a libre elección dos individuos nas súas interaccións cotiás, facendo, así, innecesaria a intervención política noutros aspectos (Lorenzo 2005). Por iso, dende a promulgación no ano 1983 da Lei de Normalización Lingüística, as sucesivas normas educativas situaron a adquisición parella dos dous idiomas cooficiais como un obxectivo educativo prioritario. Así, o decreto vixente (Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia) introduce como principio a “garantía da adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de Galicia” (Art. 4.1: 9.243). Mais, a pesar de que se asuma como obxectivo educativo a consecución de competencias plenas nas dúas linguas cooficiais, as avaliacións de se este obxectivo se está efectivamente a cumprir non foron frecuentes na sociolingüística galega e, polo xeral, con resultados parciais. Por suposto, queda fóra da cuestión estritamente competencial o feito de que competencia e uso non van da man, como sen dúbida demostran os datos sociolingüísticos, polo que pode afirmarse que unha postura en liña coas directrices europeas na súa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, que adopte un posicionamento ecolingüístico orientado á preservación da riqueza lingüística e a diversidade cultural, non pode restrinxirse ao marco restritivo das competencias e debe considerar os aspectos de valoración, percepción social e uso. A figura 23 retrata, de xeito claro, como as persoas das xeracións máis novas teñen unhas mellores destrezas en expresión escrita, mentres as competencias en expresión oral en galego se valoran como moi altas, sen que se produzan cambios nesa
87 autopercepción ao longo do tempo, malia que as avaliacións externas constaten, pola contra, unha competencia oral en galego peor entre a mocidade ca entre as persoas de máis idade. Respecto ao uso, o número de galegofalantes vai reducíndose co paso das xeracións. Figura 23. Evolución da porcentaxe de galegofalantes habituais (só galego + máis galego) e evolución da destreza autopercibida efectiva en galego nas destrezas de expresión oral e escrita (bastante + moito) segundo o ano de nacemento da persoa enquisada. Fonte: Figura recollida de Loredo e Silva (2020, p. 14) e Loredo e Vázquez-Grandío (2022, p. 137) realizada dunha adaptación propia dos resultados do IGE (2019). A competencia lingüística converteuse, nas últimas décadas, en obxecto de atención preferente na investigación académica, na práctica pedagóxica e nas políticas lingüísticas e educativas. Estes son os tres ámbitos nos que se debe actuar de maneira conxunta para garantirmos que todo o alumnado remate a educación obrigatoria con capacidade para empregar dunha forma correcta, adecuada e eficazmente, as linguas oficiais de Galicia e para valorar a diversidade lingüística e o papel da lingua galega como factor de identidade colectiva. Toda a lexislación galega (Lei de Normalización 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% % Ano de nacemento Lingua habitual Falar Escribir 6. As competencias bilingües en Galicia
88 Lingua e xénero Lingüística, sucesivos decretos reguladores do uso escolar das linguas, currículos das distintas etapas educativas) remite a este mesmo mandato, polo que resulta imprescindible dispormos dun coñecemento rigoroso e científico da competencia bilingüe do alumnado que permita valorar o grao en que se está a acadar ese obxectivo e, de ser necesario, elaborarmos programas de intervención social e educativa orientados a superar as insuficiencias detectadas. Os datos sociolingüísticos máis abundantes no ámbito da avaliación das destrezas son os referidas á autopercepción (por exemplo: Monteagudo, Loredo, Gómez e Vázquez-Grandío 2021). As diferenzas na avaliación das competencias foron substantivas, especialmente entre os primeiros estudos (Seminario de Sociolingüística, RAG 1994) e os posteriores (Seminario de Sociolingüística da RAG 2007) e consistiron na incorporación de linguas estranxeiras (LE) e no proceso de avaliación. A maiores, existen outros traballos importantes como a serie do IGE (2003, 2008, 2013 e 2018) que leva por título Coñecemento e uso do galego, onde se inclúe unha valoración do enquisado ou enquisada sobre a súa competencia en galego. Mais a autoavaliación ten un carácter claramente subxectivo e perdeuse a oportunidade de realizar un diagnóstico propiamente multilingüe, no que se inclúa unha avaliación das competencias en castelán (LC) e na/s lingua/s estranxeira/s (LE); é dicir, unha avaliación dos enquisados e enquisadas cunha finalidade multilingüe. Existe outra liña de traballo procedente do Instituto Nacional de Estadística (INE) cunha aplicación de cada dez anos coa Enquisa de Características Esenciais da Poboación e as Vivendas (ECEPV 2001, 2011, 2021). A información derivada da aplicación de probas específicas ao final do ensino obrigatorio coa finalidade de comprobar a adquisición de competencias bilingües ao final do ensino obrigatorio é limitada, xa que se restrinxe a xeracións moi concretas e/ ou a zonas de Galicia moi delimitadas (vex.: Noia 1980; Loredo, Fernández e Suárez 2005; Esteban 1997), mesmo nalgún caso analízase exclusivamente algunha destreza, como pode ser a expresión escrita (Loredo, Fernández e Suárez 2005), a léxica (Esteban 1997) ou as interferencias lingüísticas (Silva 2006), entre outras. O traballo de Loredo, Fernández e Suárez (2005) avaliou as destrezas en expresión escrita en galego e castelán na comarca de Santiago. Os resultados sinalaron que o alumnado obtén unhas puntuacións medias semellantes en ambas as linguas. Porén, as puntuacións máis altas son para a lingua castelá nas destrezas formais (por exemplo, en ortografía e corrección) mentres que as máis altas en galego concentrábanse nas destrezas comunicativas (por exemplo, en fluidez e capacidade de significar). A investigación de Iglesias (2018) indicaba a existencia de diferenzas nos rapaces
89 segundo o contexto de residencia. Os nenos e nenas residentes en contextos urbanos e periurbanos tiñan unha maior probabilidade de acadar unha gran competencia oral activa en castelán fronte a unha menor competencia en galego, e esta probabilidade agravábase naqueles descendentes de familias castelanfalantes. Os resultados indicaban a existencia dun alumnado que acadaba un vocabulario básico en galego, mais é incapaz de producir expresións complexas nesta lingua (p. 465). Tamén existen algúns traballos de avaliación do bilingüismo galego-castelán dende a perspectiva psicolingüística (Fraga, Igoa e Acuña 2004; Teijido, Alameda e Fraga 2002; Outón e Suárez 2011). Estes últimos autores e autoras avaliaron a comprensión lectora bilingüe en galego e castelán na educación primaria utilizando como parámetros a velocidade e exactitude e obtendo como resultados que é deficitaria en ambas as dúas linguas, pero especialmente deficitaria en galego no segundo parámetro. No ano 2009 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia asinou un convenio co Instituto de Calidade Educativa (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para: “avaliar de xeito comparado a competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán para coñecer a súa relación con variables sociolingüísticas, socioeconómicas e pedagóxicas”. Esta avaliación supuxo –e así se presentou publicamente– un informe cero da situación neste eido, xa que non tivera precedentes importantes en relación á avaliación das competencias bilingües en galego e castelán en Galicia ao final do ensino obrigatorio e utilizando unha metodoloxía de avaliación mediante expertos e expertas fronte a datos procedentes de estímulos de avaliación baseados en escalas de autovaloración. Unha década despois, este estudo de avaliación das competencias lingüísticas bilingües púidose replicar co mesmo procedemento e unha mostra con características semellantes. Os resultados xerais do estudo en 2009 indicaban que: a) A competencia oral era mellor ca a escrita nas dúas linguas; b) As destrezas orais e escritas en castelán eran superiores á media da escala, aínda que as escritas nun nivel moi xusto; c) A competencia escrita en galego non acadaba ese nivel intermedio; d) As subcompetencias máis relacionadas co código (gramática e léxico) situábanse en galego na banda máis baixa, mentres en castelán eran das máis altas (Silva 2010, p. 207). e) Un traballo posterior, baseado nunha reanálise dos datos anteriores, (Loredo e Silva 2014) comparaba diferentes factores para poder establecer a súa relación sobre a competencia gramatical e léxica en galego e castelán 6. As competencias bilingües en Galicia
96 Lingua e xénero Figura 28. Lingua habitual segundo xénero. Fonte: Adaptación do IGE-2018 Figura 29. Evolución da lingua habitual segundo xénero dende 2008 ata 2018. Fonte: Adaptación propia do IGE-2008, 2013, 2018. 31,0% 23,2% 22,9% 22,3% 0,7% 29,7% 20,0% 23,4% 26,0% 0,9% 0% 5% 1 0% 1 5% 2 0% 2 5% 3 0% 35% Galego Galego + Castelán + Castelán Outras Home Muller 31 29,7 31,68 30,05 30,55 29,41 23,19 20,03 21,79 18,45 28,08 24,92 22,87 23,39 21,84 22,16 21,83 23,02 22,27 26,01 23,48 28,24 18,29 21,68 0,67 0,87 1,21 1,1 1,24 0,97 0% 25% 50% 75% 100% Home Muller Home Muller Home Muller 2018 2013 2008 Galego Galego + Castelán + Castelán Outras
97 7.2. As diferenzas nas prácticas lingüísticas por ámbitos de uso segundo o xénero Ao estudarmos as prácticas lingüísticas dos galegos e galegas nos diferentes contextos obsérvase a existencia de condutas lingüísticas distintas por xénero segundo o contexto analizado. Nos ámbitos máis próximos, como o familiar, é onde o idioma galego está máis presente e tamén onde o índice de paridade lingüística amosa usos de homes e mulleres máis semellantes; pola contra, nos contextos máis públicos e laborais o galego emprégase globalmente en menor medida e o índice de paridade lingüística indica que neste contexto as condutas de homes e mulleres amosan maior diverxencia. As mulleres fan menor uso do galego ca os homes nos ámbitos de carácter laboral, tanto nos horizontais coma nos verticais (Figura 30). Figura 30. Presenza do galego por ámbitos de uso e xénero. Índice de paridade lingüística do galego (IPL) Fonte: Adaptación do IGE-2018 7.3. Acomodación ou converxencia lingüística Malia as dificultades metodolóxicas do estudo da acomodación lingüística constatadas por traballos previos (por ex. Ferreira 2016), considerouse necesario explorarmos os procesos de acomodación lingüística e as percepcións de uso do idioma galego, tanto no pasado próximo coma na actualidade, polo que implica respecto ao futuro 0,70 0,75 0,80 0,85 0,90 0,95 1,00 0,3 0,4 0,5 0,6 0,7 0,8 0,9 1 IPL PRESENZA DO GALEGO ÁMBITOS Home Muller IPL 7. As linguas de Galicia e o xénero
98 Lingua e xénero da lingua e a súa presenza no espazo social. Inicialmente, partimos dunha noción de “acomodación lingüística” restritiva, xa que só dispuñamos dun ítem, autoinformado, que non abarcaba a totalidade do concepto. Logo pasamos a facer unha achega a aspectos de opinión e motivación para os que nos basearemos nunha enquisa aplicada polo Consello da Cultura Galega á mocidade na que se preguntaba sobre as intencións de comunicar nunha ou noutra lingua. A enquisa demolingüística aplicada polo IGE en 2018 á poboación galega incorporaba algúns ítems que nos permiten obter datos sobre o fenómeno da acomodación lingüística, xa que se preguntaba directamente aos enquisados ou enquisadas polos cambios de lingua habitual, sobre se a persoa a mantiña ou a mudaba cando falaba ou lle respondía a un interlocutor que se expresaba no outro idioma. Os resultados indican a existencia dunha conduta maioritaria de acomodación, excepto nos treitos de idade máis novos. Por outra banda, tamén se observa a existencia dunha meirande acomodación nos tramos de idade intermedios, onde se producen un maior número de relacións laborais. De xeito aparentemente paradoxal con respecto a datos analizados con anterioridade, o fenómeno da acomodación lingüística deita resultados superiores nos homes ca nas mulleres, mais seguramente isto obedece a que a acomodación se verifica principalmente cara ao castelán, e o índice maior de uso do castelán como lingua habitual entre as mulleres explica o menor índice do fenómeno de acomodación. Mudan en menos ocasións de idioma porque xa falan de partida castelán como lingua habitual en maior medida ca os homes (Figura 31). Figura 31. Acomodación á lingua do interlocutor segundo o xénero e idade. Índice de paridade lingüística. Fonte: Adaptación do IGE-2018 37,32 62,68 66,12 65,85 60,47 37,13 59 62,74 62,9 56,38 0,99 0,94 0,95 0,96 0,93 0,90 0,91 0,92 0,93 0,94 0,95 0,96 0,97 0,98 0,99 1,00 0 10 20 30 40 50 60 70 IPL ACOMODACIÓN Home Muller IPL De 5 a 14 anos De 15 a 29 anos De 30 a 49 anos De 50 a 64 anos De 65 ou máis anos
99 8. Conclusións Neste traballo propuxémonos realizar unha primeira aproximación á interseccionalidade entre as categorías de lingua e xénero en Galicia. Con este fin, recorremos ás fontes secundarias, extraendo os datos dispoñibles sobre a cuestión, compilándoos e interpretándoos, de xeito que se atopen reunidos e permitan, no seu conxunto, extraermos unha serie de conclusións iniciais que poidan servir como punto de partida para futuras investigacións. Os estudos macrosociolingüísticos dos que puidemos botar man incorporan o xénero entre as súas variables, pero non realizaron un tratamento directo sobre o tópico. De feito, non é infrecuente que se aluda á cuestión para xustificar a súa tanxencialidade, ou que non se considere no estudo, como ocorría a comezos de século no traballo de Iglesias (2002), que explica do seguinte xeito a non incorporación desta variable: A pesar de que unha das variables utilizadas na gran maioría dos estudos sociolóxicos é o xénero, no noso caso non a tivemos en conta, debido a que os estudios cuantitativos levados a cabo ata o de agora indican que en Galicia non introduce diferencias significativas nos usos lingüísticos e menos aínda nas actitudes [...] (Iglesias 2002, p. 78). Con todo, a observación dunha serie de disparidades consistentes nos resultados das principais variables demolingüísticas entre mulleres e homes derivou en que nos traballos máis recentes comezase a terse en conta o xénero e os nosos resultados confirman, tamén, de modo incuestionable, a súa relevancia, porque, se ben é certo que non pode trazarse, de xeito radical, unha conduta e actitude lingüística diferenciada, si se amosan disparidades estables e consistentes que se manteñen no tempo. Tal como indicou Suárez (2010, p. 31): Os datos presentados permiten concluírmos que, malia non seren cuantitativamente avultadas, as diferenzas de xénero nos usos lingüísticos son reiteradas e consistentes co modelo sociolingüístico de xénero (Suárez 2010, p. 31).
100 Lingua e xénero Tanto na transmisión interxeracional coma no eido das competencias, das prácticas e das actitudes lingüísticas, constátanse diferenzas medibles no comportamento lingüístico de homes e mulleres e estas diferenzas responden a unha pauta clara e recoñecible no ámbito da interseccionalidade. Os colectivos subalternos tenden a procurar un reforzo simbólico a través da asimilación ao ámbito favorecido noutro campo da xerarquización social, de xeito que as mulleres amosan unha preferencia polas variantes lingüísticas máis prestixiosas. Isto, que noutros ámbitos se estudou nos eixos da variación diastrática e diafásica, en contextos de linguas en contacto, coma o do galego, con xerarquización entre linguas, acaba tendo unha plasmación nos usos e na escolla de código. Ao intentarmos atender a esta dimensión de xeito directo, o tratamento dos datos estatísticos e a presenza limitada do tema nos traballos cualitativos precedentes aparellou dificultades para desenvolvermos unha análise máis fonda (véxase p. ex.: Vázquez-Grandío 2018: 104). En relación ás actitudes lingüísticas implícitas, os traballos precedentes realizados con xente nova amosan que os marcadores sociais asociados ao acento galego son máis potentes cando se avalía unha muller e, simultaneamente, detéctase que o xuízo sobre este aspecto é máis crítico cando quen o emite é tamén unha muller. Todo conflúe para ratificar que as mulleres serían máis proclives a sufriren discriminación pola súa conduta lingüística, o que, á súa vez, determina as súas actitudes e mesmo os seus xuízos sobre as linguas (Seminario de Sociolingüística, RAG 2003: 67-68). A pesar do dito, a principal conclusión deste traballo é a necesidade de deseñarmos estudos empíricos que corrixan a desatención que tradicionalmente a sociolingüística galega tivo cara ás cuestións de xénero. Os datos dos que dispoñemos foron xerados no marco de investigacións que non tiñan como finalidade esta cuestión, o que distorsiona a realidade que queremos estudar e dificulta a súa correcta análise e valoración. Precisamos de fontes primarias e de traballos empíricos que permitan comprendermos en profundidade os mecanismos en xogo para, a partir deles, podermos deseñar intervencións que avancen simultaneamente na igualdade de xénero e en actitudes lingüísticas que, desbotando prexuízos, poidan favorecer a identificación coa lingua propia e o neofalantismo como mecanismos necesarios para a normalización e a revitalización lingüística. Os traballos centrados nas actitudes lingüísticas falan dunha evolución das actitudes explícitas ou deliberativas que semella ser favorable ao longo destes últimos anos; mais as actitudes implícitas, automáticas e/ou sen control manteñen un signo negativo cara á lingua propia. É ben sabido que, mentres que as primeiras son máis
101 maleables, estas últimas permanecen máis estables ao longo do tempo e son máis resistentes a calquera intervención, sendo a discrepancia entre estes dous polos un posible indicador dun proceso de cambio en progreso (McKenzie 2018). As prácticas lingüísticas e a construción da identidade atópanse intimamente vinculadas e non son independentes da propia construción do xénero a través da súa posta en práctica social, que inclúe a acción lingüística. Os estudos máis recentes sobre o proceso de substitución do galego durante a segunda metade do século pasado amosan que os factores migratorios do rural ao urbano, os procesos de urbanización e industrialización, a presión da escola (tanto dentro como fóra da aulas) e os medios de comunicación e, en definitiva, a asociación da competencia e uso do castelán coa educación e o progreso social, tiveron un gran peso na construción dos preconceptos arraigados contra o noso idioma e que están moi relacionados cos procesos diglósicos (Subiela 2010). Unha primeira revisión das bases de datos secundarias proporcionounos unha visión xeral da demolingüística galega (Ramallo e Vázquez 2020), o estudo da súa evolución ao longo dos anos (Monteagudo, Loredo, Vázquez 2016) e permitiu a explotación das principais variables, especialmente aquelas relacionadas co territorio e a idade (Monteagudo, Loredo, Nandi e Salgado 2019). Esta primeira parte do noso traballo achegounos unha visión das fortalezas e debilidades da demolingüística galega e dos nosos estudos sociolingüísticos. Entre as primeiras, atopamos unha forte difusión da situación demolingüística do galego, mesmo no plano divulgativo en prensa, aínda que sería interesante analizarmos como se produce e que efectos ten dentro da sociedade. En canto ás debilidades, atopamos unha escaseza de traballos que analicen unha serie de temáticas específicas, como a do xénero, malia ser esta unha das variables sociais transversais máis importantes. Os desafíos para a persistencia da lingua galega como lingua propia e habitual no noso territorio relaciónanse con déficits de transmisión interxeracional e con usos decrecentes da lingua propia por parte de sectores cada vez máis amplos da poboación máis nova, identificándose un efecto perceptible do xénero en ambos os dous fenómenos. Este último factor (a diminución do emprego da lingua propia entre a xente nova) estúdase neste traballo, na medida do posible, realizando unha descomposición da influencia da idade e tratando de dar resposta a preguntas sobre a relación entre a data de nacemento e as mudas lingüísticas. Neste sentido, o foco de interese semella desprazarse da adolescencia, que concitou tradicionalmente unha enorme atención, cara á infancia, que se revela de vital importancia para os procesos de adquisición e substitución (Monteagudo, Loredo, Gómez e Vázquez-Grandío 8. Conclusións
102 Lingua e xénero 2021; Loredo, Gómez e Baldomir 2018). Este foco sobre a infancia coincide, tamén, co que acontece co xénero, pois é nos primeiros anos de socialización cando se produce, de xeito máis poderoso e determinante, a transmisión e a construción dos patróns culturais de xénero. Cómpre, ademais, sinalarmos a necesidade, para estudos futuros, de afondarmos na “terceira vaga”, tanto na concepción do xénero coma no deseño dos estudos sociolingüísticos, superando, en ambos os campos, o binarismo e incorporando a complexidade total da identidade humana e das propias linguas. Queremos, finalmente, deixar constancia do enorme potencial que existe na propia idea de interseccionalidade. Malia que, como vimos sinalando e como se ten indicado en numerosas ocasións, é frecuente que un colectivo subalterno procure reforzos simbólicos noutro eido socialmente xerarquizado, tamén o é que a pertenza a un colectivo subalterno teña a capacidade de facernos máis conscientes da existencia e o funcionamento doutras discriminacións e, neste intre no que se atopan en auxe o ecofeminismo e a ecolingüística, semella posible atoparmos vías e deseñarmos estratexias que sirvan para que a conciencia da discriminación de xénero contribúa, tamén, a sensibilizar a sociedade cara á discriminación lingüística, estendendo a loita pola igualdade a unha causa máis global de defensa da diferenza e da diversidade: de xénero, de lingua, de raza, de clase... A situación actual do galego e as tendencias amosadas polos estudos sociolingüísticos nos últimos anos póñennos ante unha situación na que a persistencia da lingua propia pasa por revertermos os comportamentos lingüísticos. Non abonda, xa, con mantermos os usos; cómpre acadarmos neofalantes, reconquistarmos, para o galego, unha xeración perdida que, por múltiples factores, se instalou maioritariamente no idioma dominante. Así que, en liña co sinalado por Ahlers (2012, p. 259), semella relevante pórmos en relación o xénero cos procesos de revitalización lingüística. A lingua e o xénero interseccionan nas prácticas sociais e, mesmamente por iso, cómpre procurarmos o espazo iluminador no que conflúen a teoría de xénero e a sociolingüística. Ambas as disciplinas afondan na desigualdade social e denuncian a distribución xerárquica do poder. Discursos como o ecofeminismo e a ecolingüística encerran un enorme potencial para que a adopción dun idioma como lingua habitual sexa un acto consciente, comprometido, aliñado con outras causas e discursos que conflúen na loita pola igualdade, pola valoración da inmensa riqueza da diversidade humana e da súa plasmación lingüística e cultural.
103 A defensa da diversidade lingüística, en liña coa propia normativa europea e cos principios da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, pasa, en cada territorio, por adoptar e preservar a lingua propia. É máis doado chegarmos á conciencia deste feito pola asimilación a outras subalternidades e a outros discursos de loita contra a discriminación. Velaí, pois, o potencial para procurarmos unha alianza entre a loita feminista pola igualdade de xénero e a normalizadora da preservación do idioma galego. Ambas as causas amosan evidentes e suxestivos paralelismos, diso non cabe dúbida, e os datos analizados neste estudo indican, ás claras, que a erradicación da discriminación de xénero sería, de feito, beneficiosa para combatermos a diglosia e que os dous procesos, o da conquista da igualdade entre mulleres e homes e o da preservación da lingua propia, poden actuar en sinerxia ao se atoparen interdeterminados e relacionados de múltiples xeitos. 8. Conclusións
104 Lingua e xénero
105 9. Referencias bibliográficas Ahlers, J. C. (ed.) (2012): Gender and endangered languages. Monográfico especial da revista Gender and Language. 6(2). Dispoñible en: https://journal.equinoxpub. com/GL/issue/view/1209 Álvarez Blanco, R. (coord.) (2017): Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia. Consello da Cultura Galega. Dispoñible en: http://consellodacultura. gal/publicacion.php?id=4293 Aubrey, J. S. e Harrison, K. (2004): The gender-role content of children’s favorite television programs and its links to their gender-related perceptions. Media Psychology. 6(2), 111-146. Dispoñible en: https://doi.org/10.1207/ s1532785xmep0602_1 Ayestarán, M. e de la Cueva, J. (1974): Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974. Sevilla: Instituto de Ciencias de la Familia. Basanta, N. (2015): Igualdade de xénero e didáctica das linguas. Aproximación ás tarefas comunicativas desde a lingüística sociodiscursiva. Revista Galega de Filoloxía, 16, 11-41. Dispoñible en: https://doi.org/10.17979/rgf.2015.16.0.1377 Baxter, R. N. (2010). Tradución e erocentrismo: Quen traduce que(n) e como na Galiza. En: X. M. Mosquera Carregal (ed.). Lingua e xénero: VI Xornadas sobre lingua e usos. A Coruña: Universidade da Coruña, pp. 115-136. Bourdieu, P. (1985): ¿Qué significa hablar? Economía de los intercambios lingüísticos. Madrid: Akal. Castro Vázquez, O. (2010): Galego+non sexista: como e por que avanzarmos cara a unha outra representación de xénero na lingua. En: X. M. Mosquera Carregal (ed.), Lingua e xénero: VI Xornadas sobre lingua e usos. A Coruña: Universidade da Coruña, pp. 33-62. Crenshaw, K. (1991): Mapping the Margins: Intersectionality, Identity Politics, and Violence against Women of Color. Stanford Law Review. 43(6), 1241-1299. Dispoñible en: https://doi.org/10.2307/1229039 Díaz Guedella, N. (2017): A influencia do ensino no proceso de adquisición lingüística. Cumieira. Cadernos de Investigación da Nova Filoloxía Galega. 2, pp. 85-104. Dispoñible en: http://webh03.webs.uvigo.es/wp-content/uploads/
112 Lingua e xénero 5. A importancia da muller na transmisión lingüística interxeracional 75 5.1. A lingua inicial 76 5.2. O retroceso na transmisión interxeracional do galego 78 5.3. O papel do xénero da transmisión da lingüística do galego 79 6. As competencias bilingües en Galicia 85 6.1. A importancia do xénero nas autovaloracións lingüísticas 92 7. As linguas de Galicia e o xénero 95 7.1. A fortaleza demográfica do idioma galego 95 7.2. As diferenzas nas prácticas lingüísticas por ámbitos de uso segundo o xénero 97 7.3. Acomodación ou converxencia lingüística 97 8. Conclusións 99 9. Referencias bibliográficas 105 10. Índice 111