scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

As cantigas de Pero Velho de Taveirós. Edición e estudo

González, Déborah

Full text

As cantigas de Pero Velho de Taveirós. Edición e estudo Déborah González Universidade de Santiago de Compostela 1. O ciclo: problemas de atribución baixo a rúbrica Pero Velho de Taveroos, no f. 35v, col. a, do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B, na bnP, cod. 10991), reprodúcense tres cantigas (B140-B142)1, a última correspondente a unha tenzón entre este autor e o seu irmán, Paai Soarez, segundo a razó que precede ao diálogo2. Porén, unha manicula deseñada entre a rúbrica atributiva (na col. a) e a razó (na col. b) entendeuse destinada a modificar o alcance da atribución (d’heur 1975: 22-23), propoñendo que B140-B141 talvez correspondían ao trobador anterior no cancioneiro, isto é, nuno eanes Cerceo. normalmente, 1 Faltan do Cancioneiro da Vaticana (V, Vat.lat.4803) debido á acefalia do códice, e do Cancioneiro da Ajuda (A) talvez polo carácter desta compilación e acción dos compiladores, aínda que nesta antoloxía poidan observarse textos excepcionais como A37 e A38, de Paai Soarez, que traspasan a canonicidade do xénero de amor (a propósito dos textos «discordantes» en A, véxase brea 2005); ademais da singularidade de B140, que está abrindo o ciclo, hai que ter en conta que, malia adoptar temas e motivos da cantiga de amor, o terceiro cantar desta serie é unha tenzón. 2 entre a bibliografía sobre esta rúbrica, pode consultarse brea 1999: 46, Frateschi Vieira 1999: 131- 134, Monteagudo 2008: 313-339, Souto Cabo 2012: 201-205. Cantares de amigos Estudos en homenaxe a Mercedes Brea Universidade de Santiago de Compostela, 2016, ISbn 978-84-16533-69-5, pp. 441-451 442 CanTareS De aMIGoS Estudos en homenaxe a Mercedes Brea o humanista usou a manciña indicadora para chamar a atención sobre expresións e informacións, e parece improbable que neste folio a súa finalidade fose outra distinta (para máis detalles sobre estas cuestións, pode consultarse González 2013). neste caso concreto, Colocci puido aplicar tal marca polos datos reproducidos nunha razó a todas luces singular, e non apreciando outras causas para dubidar do correcto emprazamento da atribución da col. a, o ciclo B140-B142 poderá entenderse correspondente a Pero Velho (ademais, na Tavola Colocciana, o 140 aparece asociado ao nome deste trobador). 2. Edición Preséntase a edición das composicións de Pero Velho, servindo B como testemuño único para as tres cantigas. os criterios adoptados para a súa fixación corresponden esencialmente aos reproducidos en Ferreiro et alii (2007). I. Par Deus, dona Maria, mia senhor ben talhada (B140, f. 35v, col. a) Par Deus, dona Maria, mia senhor ben talhada, do ben que vos eu quero non entendedes nada, nen do mal, nen da coita que por vós ei levada, 3 e entend’eu mui ben o mal que mi queredes, o ben que vos eu quero, vós non o entendedes, e entend’eu e sei o mal que me queredes. 6 non á, dona Maria, nulh’omen que soubesse o ben que vos eu quero que doo non ouvesse de min, e choraria, se dereito fezesse, 9 [e entend’eu mui ben] o mal que mi queredes, o ben que vos eu quero, vós non o entendedes, [e entend’eu e sei o mal que me queredes.] 12 1 calhada 3 que eu 1 de9 . mha 2 q  u9 3 coyta . uos ey leuada 4 muj bẽ . q  mj q redes 5 u9 . uos nono entẽdedes 7 nullomẽ q  8 q u9 eu q ro q  doo nõ ouuesse 9 demj . d’eito 10 q  mj q redes 11 o bẽ q u9 eu q ro uos nono entẽdedes repertorios: Tavani (1967): 135,1; d’heur (1975): 111. edición crítica: Michaëlis 392 (1990: I, 773). edición con notas críticas: CMGP. déborah gonzález 443 As cantigas de Pero Velho de Taveirós. Edición e estudo Marcas e apostilas: Pero Velho de Taueroos (atribución na col. a), 140 (numeración), XIIIJ syllab con tornel d’una consonantia (sobre o íncipit), tornel (na marxe esquerda) e ángulo no inicio dos vv. 5 e 11. Notas aos versos: 2. no cantar hai unha serie de expresións equívocas: ben, mal, entender e querer. neste verso, hai certa ambigüidade; a primeira parte pode lerse como ‘do moito que vos amo’ ou ‘do beneficio que desexo de vós’. Tamén entender dá cabida a distintas lecturas (‘non tedes coñecemento de nada’ e ‘non comprendedes nada’), pois, nos textos medievais, entender podía significar ‘comprender’, ‘percibir’, ‘reparar en algo’, ‘ter coñecemento de algo’, ‘saber’, ‘namorar a alguén’, ‘cortexar’ (DDGM: s.v. entender). 3. a lección do manuscrito caracterízase pola hipermetría, polo que pensamos que o pronome suxeito pode obeceder a unha adición por atracción a outras pasaxes, como que vos eu quero no verso anterior. esta solución coincide coa de CMGP, fronte á proposta de Michaëlis: qu(e) eu. 4. a segunda parte do verso (o mal que mi queredes) pode lerse como ‘o mal / pouco que me amades’ ou ‘o perxuízo que me desexades’. 8. advírtase que é innecesaria a marca de integración [que] doo, que reproducen Michaëlis e CMGP, pois lese q  abreviado no manuscrito. 10. Michaëlis propuxo [porque vus quero ben,] o mal que mi queredes, e CMGP marcou unha lacuna textual, resultando en ambos os casos un esquema aaabBB. nós xulgamos máis adecuado o modelo aaaBBB, estimando que a omisión afectou ao primeiro hemistiquio dun verso conformante do refrán. Téñase en consideración que este é un texto en que se reiteran insistentemente termos e sintagmas, amosando o gusto do autor polos xogos léxicos, os que, asemade, se poden entrever como unha causa da omisión: sen que a disposición da copia delate unha lacuna, transcribiuse unicamente o hemistiquio en rima o mal que mi queredes, que se reitera en epífora nos vv. 4, 6 e 12. o patrón estrófico e rimático que propoñemos encontra, ademais, certo fundamento na composición seguinte, xa que se observan algunhas afinidades estruturais. a solución que aquí se defende apártase das marcas que sobre o texto deixou a. Colocci, mais hai que ter en conta que a suposta omisión de texto na parte inicial deste verso puido condicionar a súa percepción; ademais, aínda que o humanista levou a cabo unha revisión fiable no cancioneiro, isto non impide pensar nunha ocasional falibilidade — como se observa na aplicación da nota tornel e incluso na marca que identifica o inicio do refrán en textos que poderían ser clasificados na mestría (González 2009)—; nos f olios do cancioneiro B encóntrase outro exemplo na c. I de B129, de nuno eanes Cerceo, artífice dalgúns esquemas métricos singulares no corpus (brea 2014), onde hai un ángulo delimitando un refrán de dous versos, pero a estrutura estrófica respondería a 4+3. 444 CanTareS De aMIGoS Estudos en homenaxe a Mercedes Brea II. Quand’ora for a mia senhor veer (B141, f. 35v, col. a) Quand’ora for a mia senhor veer, —que me non quer leixar d’amor viver, ai, Deus, Senhor!—, se lh’ousarei dizer: 3 «Senhor fremosa, non poss’eu guarir»; eu, se ousar, direi quando a vir: «Senhor fremosa, non poss’eu guarir». 6 Por quantas vezes m’ela fez chorar con seus desejos [e] cuitand’andar, quando a vir, direi-lhi, se ousar: 9 «Senhor fremosa, [non poss’eu guarir»; eu, se ousar, direi quando a vir: «Senhor fremosa, non poss’eu guarir».] 12 Por quanta coita por ela levei e quant’afan sofri e endurei, quando a vir, se ousar, lhi direi: 15 «Senhor fremosa, [non poss’eu guarir»; eu, se ousar, direi quando a vir. «Senhor fremosa, non poss’eu guarir».] 18 1 Qvandora . mha senhr ueer 2 uiu’ 3 ay de9 4 nõ 5 direy . uir 6 nõ 7 uezes 8 cõse9 deseios . cuytãdandar 9 q⁄a doa uir 13 qanta coyta pr . leuei 14 eq⁄anta fam 15 quãdoa uir repertorios: Tavani (1967): 135,2; d’heur (1975): 112. edición crítica: Michaëlis 393 (1990: I, 774). edición con notas críticas: CMGP. Marcas e apostilas: 141 (numeración), D’una consonantia con tornel (sobre o íncipit), tornel (na marxe esquerda), ángulo nos vv. 4 e 6 da cobra I e no cuarto verso das cobras II e III. Notas aos versos: 8. Transmítese hipómetro. Michaëlis estimou como emenda: con seus desejos, cuitan[do] d’andar, que non xulgamos satisfactoria. CMGP integrou unha conxunción no inicio do verso e modificou o xerundio en participio: [e] com seus desejos coitad’andar. Tendo en conta que tanto chorar como andar dependen sintacticamente de fez, pensamos que a mellor solución consiste en estimar a omisión dunha conxunción e que os relacionaría, dando como resultado Por quantas vezes m’ela fez chorar / con seus desejos [e] cuitand’andar; da mesma maneira que Michaëlis, apre- déborah gonzález 445 As cantigas de Pero Velho de Taveirós. Edición e estudo ciamos que con seus desejos é complemento de chorar, e encóntrase un exemplo desta construción no célebre descordo de nuno eanes Cerceo (MedDB2 104,1): «con seus desejos non me veeran / chorar, nen ir triste [...]». ademais, non xulgamos conveniente intervir na parte final do verso, xa que a perífrase andar cuitando é correcta e perfectamente adecuada ao contexto; a construción andar+xerundio achega un matiz de continuidade e mesmo a reiteración da acción, o que serve para incidir na duración e persistencia da coita: ‘fíxome chorar cos seus desexos e andar coitando’. 14. Segundo brea (2008a), o verbo endurar rexístrase en 25 textos, a maior parte do xénero de amor; agás don Dinis e algún trobador vinculado á súa corte, os autores deses cantares localízanse no segundo e no terceiro cuarto do séc. XIII, en coordenadas galegas ou castelán-leonesas —aparecendo tamén os nomes de airas Moniz, Fernan rodriguez de Calheiros e nuno eanes Cerceo—. o significado de endurar é ‘sufrir’, ‘soportar’; habitualmente ten por complemento coita, mal ou, como acontece neste verso, afan. III. Vi eu donas encelado (B142, f. 35v, col. b)3 esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmãao, a duas donzelas mui fremosas e filhas d’algo assaz que andavan en cas dona Maior, molher de don rodrigo Gomez de Trastamar. e dizque se semelhava ũa a outra tanto, que adur poderia omen estremar ũa da outra. e seendo ambas ũu dia folgando per ũa sesta en ũu pomar, entrou Pero Velho de sospeita; falando con elas, chego[u] o porteiro e levantou-o end’a gra[n]des empuxadas e trouve-o mui mal. [Pero Velho] [I] —Vi eu donas encelado que ja sempre servirei porque ando namorado, 3 pero non vo-las direi, con pavor que delas ei, as[s]i mi an lá castigado. 6 [Paai Soarez] [II] –—Vós, que es[s]as donas vistes, falaron-vos ren d’amor? Dizede, se as cousistes, 9 qual delas é [a] melhor? non fostes conhecedor, quando as non departistes. 12 3 Foi publicada nun traballo anterior dedicado ás tenzóns de Paai Soarez de Taveirós (González 2012a); non comportando modificacións na edición do texto, remitimos á anotación aos versos que se encontra nese lugar, así como ás referencias bibliográficas correspondentes ás edicións críticas anteriores. 446 CanTareS De aMIGoS Estudos en homenaxe a Mercedes Brea [III] —ambas eran-nas melhores que omen pode cousir, brancas eran come flores; 15 mais, por vos eu non mentir, non-nas pudi departir: tanto son bõas sen[h]ores! 18 [IV] —ali perdeste-lo siso quando as fostes veer, ca no falar e no riso 21 poderades conhec[er] qual á melhor parecer, mais fali[u]-vos i o viso. 24 1 Dy 5 pauos 6 asy 7 iusts . esas 8 falarõn9 9 consists 10 qats 11 concheçedor 12 q⁄adeas . de pansts 18 sam . senres 21 tano falar 22 conhec 24 falyu9 1 en celladao 2 ia . senp’ . seruirey 3 por q  4 po . nõ . uolas . direy 5 cõ . q  . ey 6 mhã 7 Uos . q  8 rem 10 he 11 nõ . fosts 12 nõ 13 anbas . erã nas melhores 14 q  . omẽ 15 brãcas . erã 16 mays . uos . nõ mẽtir 17 nõ nas . depart’ 18 tãto 19 aly . pdestelo . syso 20 q⁄a doas . ueer 21 enorriso 23 qal . parec’ 24 mays . hyouyso repertorios: Tavani (1967): 115,11 e 135,3; d’heur (1973): 113. Marcas e apostilas: 142 (numeración), manicula á esquerda da razó, na marxe superior do folio. obsérvanse marcas destinadas a corrixir a segmentación versal no interior das cobras II, III e IV. 3. Motivos e retórica das cantigas as tres cantigas reúnen a particularidade de basearse en temas e motivos tradicionalmente vinculados á materia amorosa. o tema principal do primeiro texto é o amor e a dor do poeta, así como a incomprensión da súa senhor. Porén, B140 debe verse na vertente anticortés, xa que se dirixe explicitamente a dona Maria —no íncipit e no v. 7—, o que supón a ruptura do obrigado segredo da identidade feminina. no v. 1, a dama é evocada como mia senhor ben talhada, caracterización que aparece nalgunhas cantigas de amor e de amigo, mais tamén en varios escarnios e textos «fronteirizos». Desde o punto de vista retórico, sobresae o uso de distintas técnicas de reiteración, enfatizándose os conceptos ben e mal, querer e entender, principalmente no refrán, que se caracteriza por unha repetición case literal do seu primeiro e terceiro verso. ademais, os dous verbos reaparecen no segundo verso do refrán, que recolle ecos dos vv. 2 e 8, propiciándose unha anáfora pola que se destaca o ben dedicado polo trobador. non é de menor artificio o emprego repetido e equívoco do verbo entender. en xeral, a lectura do texto deixa entrever unha armazón retórica estudada e ideada como déborah gonzález 447 As cantigas de Pero Velho de Taveirós. Edición e estudo un «enredo» de reiteracións, deixando percibir certo gusto de Pero Velho polos xogos léxicos. esta impresión parece confirmarse ante a técnica disposta na composición seguinte. B141 é unha cantiga de amor canónica, onde o amador suspirante se pregunta se ha de ser quen de confesar o seu amor e sufrimento a aquela a quen ama. a figura feminina é evocada baixo as fórmulas tradicionais mia senhor e senhor fremosa (brea 1990) —engadíndose a repetición equívoca Senhor do v. 3—. o tópico da coita derivada do amor plásmase a través da declaración que me non quer leixar d’amor viver, o verso de refrán Senhor fremosa, non poss’eu guarir (que se repite seis veces), e a incorporación de vocabulario asociable á experiencia da dor e da ansiedade: coita, chorar con seus desejos, cuitand’andar, afan, sofrer e endurar. Tamén sobresae o campo da visión da muller (algo que acontecerá, igualmente, na terceira cantiga), a través da reaparición do verbo veer en lugares estratéxicos do texto: veer é rimante no íncipit e mantén unha en relación de rima derivada con vir, rimante do refrán; este último reprodúcese no interior do sintagma quando a vir, que é eco exacto da expresión que se repite en anáfora nos vv. 9 e 15, incidindo ademais na noción temporal do momento en que o namorado poderá ver a dama. a figura do mederoso que teme confesar o seu amor perfílase a través do verbo ousar, reiterado en varios políptotos dentro de estruturas condicionais, e mesmo se pode entender reforzado pola súplica exclamativa ai, Deus, Senhor! no v. 3. aínda en relación ao tópico da confessio amoris, participarían as numerosas repeticións do verbo dicendi: dizer (v. 3) e direi (vv. 5, 9, 11, 15 e 17). a terceira das composicións de Pero Velho, o diálogo que mantén con Paai Soarez, presenta unha clara impronta da ideoloxía cortés, así como fondas coincidencias temáticas coa provenzal De las serors d’En Guiran (Silva 1993: 130). a razó que precede a tenzón galega detalla que as dúas filhas-d’algo se encontraban na cas dona Maior, isto é, a corte galega de rodrigo Gomez de Trastámara, probablemente promotor do trobadorismo desde as décadas iniciais do séc. XIII (Frateschi Vieira 1999; Souto Cabo 2012: 199-206); dise tamén que eran tan semellantes entre si que dificilmente eran distinguibles. Un día, mentres descansaban nun pomar, Pero Velho tratou de conversar con elas pero o porteiro do pazo obrigouno a marchar. Malia este cómico final recoñecido pola rúbrica e que, atendendo á casuística das cantigas de amor, o esperable sería que se loase a unha única senhor, no diálogo a exaltación de dúas donas dista de estar proposta desde unha xocosidade satírica; por isto, pensamos o cantar talvez respondeu sobre todo a unha finalidade encomiástica. este obxectivo —honorar a dúas damas da nobreza— parece ser tamén aquel do texto provenzal. 448 CanTareS De aMIGoS Estudos en homenaxe a Mercedes Brea entre os tópicos principais da tenzón pode apreciarse aquel da superioridade das damas da corte; atendendo a esta intención, Pero Velho evitaría caer na descortesía de dar prioridade a unha sobre a outra, e tratou de levar a cabo un enxalzamento de ambas mediante a hipérbole (que se subliña mediante o encabalgamento nos vv. 13-14); a abstracta perfección feminina —habitual das cantigas de amor— matízase lixeiramente neste texto a través do símil brancas eran come flores. este detalle da descriptio puellae é moi infrecuente entre os trobadores peninsulares, polo que parece significativo que este motivo da cor branca —que no diálogo empregou Pero Velho (utilizado, así mesmo, na referida tenzón provenzal)—, apareza igualmente na célebre cantiga de Paai Soarez No mundo non me sei parella. a estes procedementos destinados a enfatizar a beleza e condición das donas, engádese a reiteración en posición de rima do comparativo melhor (vv. 10 e 23) e melhores (v. 13), así como a exclamación tanto son bõas sen[h]ores! no v. 18. Por outro lado, no discurso de Paai Soarez sobresae un persistente inquirimento, xa que, exercendo un rol semellante ao dos cousidores nas cantigas de amor4, trata de coñecer a identidade feminina e as preferencias no corazón do seu interlocutor. Desde o inicio desta tenzón, incídese na percepción visual, aspecto xa destacado por M. brea (2008b), como momento en que se estableceu un contacto coas donas, plasmándose mediante a repetición léxica en lugares destacados do discurso, como Vi eu donas encelado no íncipit e as rimas derivadas vistes-veer-viso, cousistes-cousir, departistes-departir, conhecedor-poderades conhec[er]. Por último, sobresae a falta de apostrófes nos inicios estróficos do diálogo, particularidade que comparte esencialmente con outra peza singular no corpus das tenzóns galego-portuguesas: Vós que soedes en corte morar (brea 2009: 101-103). 4. Estrutura estrófica, métrica e fórmulas de rimas B140 e B141 son cantigas de refrán, mentres que B142 é de mestría —como cabe esperar no molde dialóxico da tenzón—. B140 consta de dúas cobras de seis versos, os tres últimos conformantes do refrán. Son versos de longa medida, de 13 e 12 sílabas, combinados ordenadamente: 13’a13’a13’a12’b13’b12’b. os vv. 1 e 3 de refrán caracterízanse polo paralelismo case literal. o cantar de amor B141 consta de tres cobras de seis versos decasílabos agudos; o autor serviuse da mesma fórmula de 4 Sobre miscradores e cousidores na lírica galego-portuguesa, véxase brea 1992 e 2008b. déborah gonzález 449 As cantigas de Pero Velho de Taveirós. Edición e estudo rimas que na composición anterior: aaabbb. Igualmente se aprecia unha coincidencia —neste caso, absoluta— entre os vv. 1 e 3 do refrán5. a tenzón que establece Pero Velho con Paai Soarez caracterízase por apartarse das tendencias formais dos diálogos galego-portugueses (González 2012b): con catro cobras singulares de 6 versos heptasílabos, combina ordenadamente rimas graves e agudas segundo a fórmula ababba —a presenta rimas graves, b agudas—. 5. Cabo a obra de Pero Velho ofrece un potencial ata agora pouco explotado6, malia encontrarse entre os primeiros autores reproducidos no cancioneiro B, e remontando ás primeiras épocas do trobadorismo en Galicia7. na breve produción chegada ata nós deste autor, percíbese o uso de esquemas estróficos elaborados e particulares, certo gusto polas técnicas de repetición e a incorporación de xogos léxicos. recorreu á introdución de elementos que poden verse contrarios á práctica canónica (B140) e da súa iniciativa parte unha das que poden considerarse entre as primeiras mostras conservadas de tenzón da escola galego-portuguesa (B142), que, en hipótese, puido ser elaborada coa intención de homenaxear a dúas damas presentes na cas dona Maior. 5 o uso de modelos estróficos en que os versos son especialmente longos e os refráns alcanzan os tres versos podería responder a certa inclinación ou gusto non exclusivo deste autor. así, comprobamos que Paai Soarez utilizou o decasílabo e o esquema de rimas aaabCC na cantiga A ren do mundo que melhor queria (115,2). nuno eanes Cerceo tamén usou cobras con refráns de tres versos en Senhor, que coitad’ og’ eu no mundo vivo (104,9), e Senhor, esta coita, que ei (104,7). o verso longo reaparece en Mia senhor fremosa, direi-vus ũa ren (104,2) de nuno eanes Cerceo, co esquema aabb (segundo os datos tirados da MedDB2). 6 Un estudo detallado do ciclo, desde o punto de vista temático e formal, no marco da produción dos trobadores contemporáneos intúese frutífero, pois, neste traballo, puidemos xa apreciar algunhas coincidencias (en motivos, expresións lingüísticas, esquemas, fórmulas...) con outros autores da época, como Paai Soarez e nuno eanes Cerceo. 7 aínda que dese período quedan puntadas por enfiar, a bibliografía a este respecto está gañando peso e relevancia, especialmente nos últimos anos. entre outros traballos: brea 1994, 1997, 2013, aos que se engadirá un próximo traballo pendente de publicación; Frateschi Vieira 1999, Monteagudo 2008 e 2013, Souto Cabo 2012.