scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Discurso do Reitor da Universidade de Santiago de Compostela don Antonio López Díaz no Acto Académico de Apertura do curso 2023-2024

López Díaz, Antonio

Full text

1 DISCURSO DO REITOR – Antonio López Díaz APERTURA DO CURSO 2023-2024 Pazo de Fonseca – 15.09.2023 – 12.00 h Presidenta do Consello Social da USC, Presidente do Consello Social da UVIGO Vicerreitoras e Vicerreitores. Secretaria Xeral, Prof. Milagros Fernandez Pérez, Presidente do Consello do Estudantado. Membros dos equipo de goberno e persoal directivo das universidades. Ex reitores Casares, Viaño, Decanas e Decanos, Directoras e Directores de Departamentos Alcaldesa de Compostela, Alcaldesa de Lugo, Vicesecretaria da Mesa do Parlamento. Presidente do Consello Consultivo Xerente do SERGAS Arcebispo de Santiago Voceiros municipais do PSOE e do PP, Membros da Corporación municipal de Compostela Membros das forzas e corpos de seguridade Profesorado, persoal de administración e servizos, estudantes, donas e señores, Este ano 2023 e o curso que hoxe inauguramos vén cargado de efemérides que paga a pena salientar, na medida en que foron determinantes para a conformación da Universidade que somos. 2 Cúmprense 90 anos dende que o 1 de outubro de 1933 tivera lugar no Paraninfo da Universidade o acto protocolario de inauguración do curso académico 1933-1934. Unha inauguración de curso que resultou singular por diversas circunstancias, e particularmente porque foi a última inauguración de curso que contou coa voz da representación estudiantil, nese acto protocolario, a través do discurso do estudante de Dereito, Francisco Fernández del Riego. O discurso, editado en 2013 coincidindo co centenario do nacemento do seu autor, levaba por título “La Universidad gallega en el momento actual”, un discurso pronunciado en castelán por razóns de protocolo oficial, como fixo constar o seu autor, cando reivindicaba o dereito a expresarse libremente en galego ou castelán, demandando para Galicia e a súa universidade un decreto de bilingüismo como o que fora concedido a Cataluña. A liña esencial do discurso centrábase na necesidade de darlle á Universidade Compostelá a categoría de Universidade Galega, e non a dunha universidade simplemente colocada en Galicia, por usar as palabras de Vicente Risco en El problema político de Galicia (1930). Esta galeguización apostaba pola cultura e o universalismo, coa mirada posta en Europa, pola autonomía, e tamén pola modernidade. A posibilidade de que unha representación do estudantado tivese voz naquel acto abriuse por unha Real Orde de 18 de setembro de 1930, publicada na Gaceta de Madrid do día seguinte, 19 de setembro, na que se autorizaba ao Reitor e á Xunta de Goberno das Universidades do Reino para acordar libremente e para ordenar e regulamentar no seu caso como escoitar nos actos solemnes de inauguración a voz xuvenil e o alento científico xeneroso dun representante auténtico da clase escolar de cada unha das Facultades. A nosa Universidade foi pioneira na incorporación desta forma de proceder e xa en outubro dese mesmo ano de 1930 púidose escoitar a voz de Ricardo Carvalho Calero, daquela estudante do último curso de Dereito, falar en representación da FUE (Federación Universitaria 3 Escolar). Seguíronlle no ano seguinte José Casal Aboy, en 1932 Ugaldes da Facultade de Ciencias, para en 1933 recaer esa responsabilidade, como xa dixemos, en Francisco Fernández del Riego, a quen neste ano 2023 se adica o Día das Letras Galegas. Máis aló da puxanza do movemento estudantil, particularmente da FUE, moito tivo que ver nesta práctica a figura do Reitor Rodríguez Cadarso, que tomara posesión do cargo o 22 de marzo de 1930 e que nos deixou polo desgraciado accidente de 15 de decembro de 1933, ao despeñarse en Lubián o coche que o levaba a Madrid para asistir ao Congreso dos Deputados, no que ocupaba un escano pola ORGA. Non é casualidade que a voz do estudantado se escoitase só nas inauguracións do curso que tiveron lugar durante o seu mandato, curto no tempo, pero de fondo impacto, non sempre recoñecido, para a conformación da Universidade que somos. Hoxe, vimos de asistir a un momento simbólico pero transcendental como é recuperar a voz do estudantado no acto solemne de inauguración do curso universitario en Compostela, 90 anos despois. Sinalaba a Real Orde de 1930 que “No se integra la Universidad con el Profesorado y los doctores del Claustro, sino también con los alumnos.. y son los universitarios llamados a una intervención significativa y objeto, en conjunto, de toda la afectuosa atención de sus maestros, todos colaboradores en las tareas científicas”, Estes fundamentos teñen hoxe toda a súa virtualidade e están detrás da normativa máis recente tanto de ámbito interno (Estatuto do Estudantado) como da normativa universitaria de ámbito nacional. Se a iso engadimos a constitución efectiva do Consello do Estudantado na nosa Universidade, e a conformación dos seus órganos de goberno, colexiados e tamén unipersoais, concorren todos os elementos para recuperar algo que nunca se debeu perder. Eu quero agradecer a magnífica disposición, dende o primeiro momento, do presidente do Consello do Estudantado, Emilio Vázques para que isto 4 fose posible. Quero tamén felicitalo polo seu discurso, que nos pon de manifesto o compromiso do estudantado coa súa alma mater. Tanto a súa demanda dunha visión do estudantado como algo máis que meros alumnos, e como elementos constituintes esenciais da institución universitaria, no senso xa defendido por Afonso X, como a demanda do compromiso financeiro necesario, na liña dese 1 % comprometido pola LOSUE, para que a Universidade poida seguir funcionando como ascensor social, son plenamente compartidas pola nosa comunidade universitaria mirando cara ao futuro ao que aspiramos. Outra coincidencia entre esta inauguración e a de 1933 é que a quenda rotatoria das Facultades determinou que fose a de Filosofía e Letras a protagonista en 1933, mentres que este ano 2023 recolle o testemuño a nosa facultade de Filoloxía, xurdida do tronco común que aquela representaba. Pero algo nos diferencia, xa que en 1933 o profesor Moralejo non puido ler o seu discurso, porque, como nos recorda del Riego, cando comezou a súa lección, “produciuse un enorme boureo de protesta que lle impediu continuala”, obrigando mesmo ao Reitor Cadarso a ler parte da mesma. O incidente, pola crispada reacción do profesorado, estivo a piques de costarlle o cargo ao Reitor, que chegou a presentar a demisión, que non foi aceptada, e, como pon de manifesto o Prof. Monteagudo, levou á practica extinción da FUE e o xurdimento da Federación de Estudantes Galegos, do que era dirixente Fernández del Riego, co facho ergueito de Sementar os ares novos da propia cultura, primeiro na alma mater, e nas Escolas Normais de Mestres e logo nas escolas e Institutos de Galicia. Afortunadamente hoxe a Profesora Milagros Fernández Pérez puido expoñer con normalidade a súa lección maxistral sobre a Linguística Xeral Proxectada, cousa da que todos nos alegramos. En tempos coma os que vivimos, pouco propicios para o discurso matizado e para as sutilezas discursivas e conceptuais, cobra pleno sentido a aseveración coa que a profesora Fernández Pérez cerra o seu discurso: "Falar non é sen máis organizar palabras e elaborar discursos ou escribir 5 textos. O sentido de sermos seres sociais en interacción está na comunicación. Hai que facerse entender e hai que desenvolver destrezas para comprender". Se mo permite a profesora, atreveríame a engadir que, se falar é algo máis que elaborar discursos, dialogar é algo máis, ou cando menos debería ser algo máis que simplemente intercambiar mensaxes como se intercambian as balas desde as trincheiras. Por iso creo que desde a Universidade debemos reivindicar sempre, e máis aínda en tempos convulsos, o valor da palabra, a capacidade que, como seres humanos, temos para argumentar, para persuadir, para convencer (tamén, por suposto, para deixarse convencer), para comprender pode ser moito máis efectiva unha sutil suxestión que un seco imperativo. Unha segunda efeméride ten que ver con que o 12 de outubro vindeiro se cumprirán 100 anos da constitución en Ortoño, no veciño concello de Ames, do Seminario de Estudos Galegos. Un grupo de intelectuais, boa parte deles vencellados coa Universidade, que foi quen de facer agromar unha institución que buscaba poñer a Galicia como eixe da investigación e do coñecemento, precisamente na mesma liña apuntada por Fernández del Riego no seu discurso de dez anos despois. Todos temos unha débeda de gratitude con estes intelectuais comprometidos coa ciencia e con Galicia, que souberon mesturar ambas as ideas para facer así o que a Universidade non fora quen de facer ata aquel momento: Contribuír dende o coñecemento a fortalecer a idea de Galicia. Non cabe dúbida de que hoxe a Universidade de Santiago é claramente unha Universidade Galega, na que a nosa lingua propia acadou o recoñecemento como lingua oficial, e na que a cultura galega, así como a realidade de Galicia, constitúen un eixe fundamental das nosas actividades docentes e investigadoras nos distintos ámbitos do coñecemento. Pero aínda mais, a Universidade quere poñer todas as súas potencialidades ao servizo do desenvolvemento económico e social do noso país, apostando pola transferencia do coñecemento como unha 6 panca poderosa para esa transformación. Apostas polo desenvolvemento sostible, pola transformación dixital, pola igualdade efectiva entre xéneros ou pola loita contra o cambio climático son, entre outros, eixes estratéxicos nos que a Universidade debe implicarse xuntamente coa sociedade á que serve. Este curso que inauguramos formalmente conéctanos tamén con outra data de referencia no que se refire ao acceso da muller á Universidade. Cúmprense 100 anos neste curso desde que Luisa Cuesta Gutiérrez rematara os seus estudos de Dereito na nosa Universidade, nos que se matriculara logo do seu traslado á nosa cidade para dirixir a Biblioteca Universitaria, despois de ter estudiado Filosofía e Letras en Valladolid, e de ter superadas as probas para o acceso ao corpo de Bibliotecarios. Sumábase así a outras pioneiras no ámbito da Farmacia (Manuela Barreiro Pico) ou da Medicina (Elisa e Jimena Fernández de la Vega). Pero o que agora queremos resaltar é o feito de que Luisa Cuesta se converteu en 1924 na primeira muller que ocupou un posto de profesora na nosa Universidade, como Axudante na Facultade de Dereito ata 1930, en que volta a Madrid para dirixir a Biblioteca Nacional. Ao mesmo tempo, formou parte das poucas mulleres que se vincularon e traballaron no ilusionante proxecto que supuxo o Seminario de Estudos Galegos. Esa ventá de aire fresco e ilusionante que se abriu na segunda metade dos 20 e a primeira dos 30 do século pasado, favoreceu que esta pioneira fose seguida por outras: - 1930: o Dolores Lorenzo Salgado (Sección de Químicas 1930); o María Pura Lorenzana Prado (Filosofía e Letras, sección de Historia, 1930, mentres estudaba Dereito) permanece só un curso por trasladarse a Madrid para facer o doutoramento. Retoma a docencia universitaria dende 1939 ata 1956. 7 - 1933/34: o Teresa Fernández Rodriguez e Celsa Pérez Moreiras en Farmacia adscritas á materia de Análises Clínicas. o Concepción Carnero Valenzuela (Auxiliar de Química Orgánica) o Natividad Mejuto Larrauri (Axudante de Química Orgánica e Química Teórica) na facultade de Ciencias. - 1934: o Elisa Díaz Riva en Física Experimental o Antonia Ferrín Moreiras en Física Teórica. Depurada en 1937 e readmitida en 1940. Foise a Madrid rematando como Catedrática de Matemáticas nunha escola de Maxisterio. o Sara Soto Noya en Complementos de Física. Esa ventá pechouse violentamente en 1936 e, nas verbas de Delgado Gurriarán, podemos dicir que logo de anos de ensoños, eses cinco anos de inxenuidades foron seguidos por tres de morte e infindos, que acabaron sendo corenta, de noxo. É tamén o momento de recoñecer a estas pioneiras no acceso da muller á Universidade, unha transformación na que moito se ten avanzado, pero na que aínda temos moito camiño por percorrer. Se do pasado cambiamos a mirada cara ao futuro, e situados no inicio deste curso 2023-24, podemos dicir con Goethe que “Todos os comezos teñen o seu encanto”, por canto supoñen un proxecto novo que comeza.. E, como sinalaba a Secretaria Xeral no remate da apretada memoria, na que soubo condensar todo un curso de actividade universitaria, afrontamos este 2023/2024 co reto da adaptación á LOSUE, recentemente aprobada, empezando pola necesaria reforma estatutaria. Aínda que todos conviremos en que a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario non supón un cambio radical do modelo universitario que coñecemos, paréceme a min que, máis aló de modificacións puntuais que van dende a duración dos mandatos ou a fórmula de elección de 8 determinados cargos universitarios, hai varios eixes fundamentais nesa nova regulación: a) Por unha banda, unha amplísima remisión ás decisions que adopte cada Universidade no deseño dos seus Estatutos. Iso significa, por exemplo, que imos ter que decidir sobre cuestións tan relevantes como a forma de organizarse a Universidade, en canto a Centros ou Departamentos, ao non regularse legalmente unha estrutura común. b) Unha aposta clara pola investigación, e moi especialmente pola transferencia do coñecemento. Isto debe materializarse na consideración destas actividades como estruturais na Universidade, do mesmo xeito que a actividade docente. Esa liña, que se complementa coa estabilización de boa parte do persoal ligado a actividades de investigación, na que xa estamos comprometidos, debe vir tamén acompañada dun financiamento basal da investigación, algo que reiteradamente vimos poñendo de manifesto e que dotaría de coherencia ao sistema. c) A reformulación das categorías de persoal docente e investigador coa vista posta na redución da precariedade e da temporalidade. É verdade que nestas cuestións hai moita diferenza entre unhas Universidades e outras, e no noso caso o uso comedido das modalidades de contratación temporal vainos facilitar o tránsito ao novo réxime, aínda que cos custos derivados da redución de capacidade docente de certas figuras. Unha vez máis quero insistir en que en materia de persoal o noso principal reto segue a ser resolver con éxito a necesaria remuda xeracional na que estamos inmersos. d) Por último, unha peza clave vai ser atopar os mecanismos e os consensos necesarios entre os distintos niveis de goberno implicados para facer realidade, como un primeiro paso, o obxectivo de destinar o 1% do PIB para o ensino universitario. Boa parte das medidas introducidas na LOSUE están condicionadas directamente a poder dispoñer destes recursos. Debemos ter en conta que os datos poñen de manifesto que por cada euro investido en Universidades 9 Ademais da reforma estatutaria, que, por ser importante, non debe paralizarnos na nosa actividade universitaria, constituirá outra liña mestra de actuación para o curso que empezamos, a concreción dos proxectos de infraestruturas (Cidade da Saúde, traslado de Formación do Profesorado, etc) que nos permitan dispoñer de proxectos de execución e proceder á licitación das primeiras fases desas obras. Ese esforzo investidor só é posible se mantemos a contención do gasto corrente, unha empresa na que, con esforzo e certas incomodidades, todos estamos comprometidos e, ao mesmo tempo, se contamos coas achegas da Administración Autonómica, sexa a través do plan de infraestruturas acordado como complemento do plan de financiamento 2022-2026, ou ben como aportacións específicas por tratarse de proxectos básicos para o SUG, e para o país e que precisan dese compromiso decidido dos nosos gobernantes. Por último, pero non menos importante, imos manter a ampliar as actuacións de carácter social destinadas a asegurar a efectiva igualdade de oportunidades no acceso á educación superior. Por unha banda, imos manter as axudas para o estudantado coa condición de refuxiado ou en situacións de especial necesidade, tanto a convocatoria xeral, como o fondo dotado para atender situacións excepcionais que acabamos de implantar. Por outra banda, e particularmente nun momento no que o acceso ás solucións habitacionais para os nosos estudantes presenta cada vez máis dificultades e incrementa substancialmente o seu custo, imos seguir mantendo a oferta de máis de mil prazas en residencias propias da Universidade e a prezos que, para quen se atope nos tramos máis baixos de renda se sitúan en 46 euros mes se o cuarto é compartido ou 62 se é individual. E, ao mesmo tempo, imos incrementar substancialmente o número dos bonos comedor destinando 500.000 euros, para deste xeito axudar aos que máis o necesitan, para que as circunstancias sociais ou económicas non sexan un obstáculo na súa formación. Remato o meu discurso e con el este acto que, ademais da formalidade de dar comezo a un novo curso académico, quixo ser unha homenaxe da Universidade a un mariñao, Fernández del Riego, e tamén ao Seminario