Full text
Traballo de Fin de Máster COÑECEMENTO, PERCEPCIÓN E ACTITUDES DA ENFERMARÍA NA IDENTIFICACIÓN E NOTIFICACIÓN DE EVENTOS ADVERSOS NAS UNIDADES DE COIDADOS INTESIVOS E URXENCIAS Modalidade: Proxecto de investigación Alumno: Pablo Rodríguez Iglesias Titora: Mª Jesús Núñez Iglesias Convocatoria: Setembro de 2024
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. TÍTULO: Coñecemento, percepción e actitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias. RESUMO: INTRODUCIÓN: Os pacientes tratados na unidade de coidados intensivos (UCI) e nos servizos de urxencias hospitalarias (SUH) están expostos a riscos graves de eventos adversos (EA) co potencial de causar varios tipos de danos. O coñecemento deste aspecto é o primeiro paso para mellorar a seguridade do paciente na UCI e nos SUH. OBXECTIVOS: Determinar os coñecementos e actitudes das enfermeiras sobre os eventos adversos e a súa notificación. MATERIAIS E MÉTODOS: Deseñouse un cuestionario ad hoc sobre “Coñecementos, actitudes e intencións ante os eventos adversos”. A mostra está formada por enfermeiras de UCI e Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A análise dos datos inclúe o cálculo de tres puntuacións: a puntuación de coñecemento, categorizada en coñecementos baixos (<33%), moderados (33%-66%) e bos (>66%); a puntuación de actitude, clasificada como positiva (<2,5), neutral (2,5-3,5) e actitude negativa (>3,5); e a puntuación da intención, categorizada en intención desfavorable (<4), neutral (4-7) e intención favorable (>7). PALABRAS CLAVE: evento adverso, notificación, coñecemento, actitude, percepción, unidade de coidados intensivos, urxencias.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. TÍTULO: Conocimiento, percepción y actitudes de la Enfermería en la identificación y notificación de Eventos Adversos en las Unidades de Cuidados Intensivos y Urgencias. RESUMEN: INTRODUCCIÓN: Los pacientes atendidos en la unidad de cuidados intensivos (UCI) y en los servicios de urgencias hospitalarias (SUH) están expuestos a riesgos graves de eventos adversos (EA) con el potencial de provocar diversos tipos de daños. El conocimiento de este aspecto es el primer paso para mejorar la seguridad del paciente de UCI y los SUH. OBJETIVOS: Determinar los conocimientos y actitudes de las enfermeras sobre los eventos adversos y su notificación. MATERIAL Y MÉTODOS: Se ha diseñado un cuestionario ad hoc sobre "Conocimientos, actitudes e intenciones ante los eventos adversos". La muestra está formada por enfermeras de UCI y Urgencias del Complejo Hospitalario Universitario de Ourense. El análisis de datos engloba el cálculo de tres puntuaciones: la puntuación de conocimientos, categorizada en conocimientos bajos (<33%), moderados (33%-66%) y buenos (>66%); la puntuación de actitud, clasificada en actitud positiva (<2,5), neutral (2,5- 3,5) y negativa (>3,5); y la puntuación de intención, categorizada en intención no favorable (<4), neutral (4-7) e intención favorable (>7). PALABRAS CLAVE: Evento adverso, notificación, conocimiento, actitud, percepción, unidad de cuidados intensivos, urgencias.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. TITLE: Knowledge, perception and attitudes of Nursing in the identification and notification of Adverse Events in Intensive Care and Emergency Units. ABSTRACT: INTRODUCTION: Patients treated in the intensive care units (ICU) and emergency departments (ED) are exposed to serious risks of adverse events (AEs) with the potential to cause diverse types of harm. Knowledge of this aspect is the first step to improving ICU’s and ED’s patient safety. OBJECTIVES: Determine nurses' knowledge and attitudes about adverse events and their reporting. MATERIAL AND METHODS: An ad hoc questionnaire on "Knowledge, attitudes and intentions towards adverse events" has been designed. The sample is made up of ICU and emergency nurses at Ourense’s University Hospital Complex. The data analysis includes the calculation of three scores: the knowledge score, categorized into low (<33%), moderate (33%-66%) and good (>66%) knowledge; the attitude score, classified as positive (<2.5), neutral (2.5-3.5) and negative attitude (>3.5); and the intention score, categorized into unfavorable intention (<4), neutral (4-7), and favorable intention (>7). KEY-WORDS: Adverse event, notification, knowledge, attitude, perception, intensive care unit, emergency.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. ÍNDICE: 1. INTRODUCCIÓN: ................................................................................................... 1 2. XUSTIFICACIÓN E OBXETIVOS: ........................................................................... 4 2.1. Xustificación do Proxecto:...................................................................................... 4 2.2. Obxectivos: ........................................................................................................... 5 3. METODOLOXÍA: ..................................................................................................... 6 3.1. Deseño do Estudo: ............................................................................................... 6 3.2. Ámbito do Estudo: ................................................................................................. 6 3.3. Poboación a Estudo: .............................................................................................. 6 3.4. Cálculo do Tamaño Mostral: .................................................................................. 7 3.5. Criterios de Selección: ........................................................................................... 7 3.6. Procedemento: ..................................................................................................... 8 3.7. Aspectos ético-legais: ............................................................................................ 9 3.8. Análise de datos: ................................................................................................. 10 4. CRONOGRAMA DE TAREFAS: ........................................................................... 11 5. VIABILIDADE, LIMITACIÓNS E CUSTOS: ........................................................... 12 6. RESULTADOS ESPERADOS: ............................................................................... 13 7. BIBLIOGRAFÍA: ................................................................................................... 14 8. ANEXOS: .............................................................................................................. 18
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. ABREVIATURAS: CDR Caderno de Recollida de Datos CHUO Complexo Hospitalario Universitario de Ourense EA Evento Adverso EC Evento Centinela ENEAS Estudo Nacional sobre os Efectos Adversos ligados á Hospitalización EPIDEA Estudo da Prevalencia dos Eventos Adversos na Asistencia Hospitalaria da Comunidade Valenciana EVADUR Estudo de Eventos Adversos ligados á Asistencia nos Servizos de Urxencias de Hospitais Españois ISO International Organization for Standardization OMS Organización Mundial da Saúde SEMES Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias SEMICYUC Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias SERGAS Servizo Galego de Saúde SiNASP Sistema de Notificación e Aprendizaxe para a Seguridade do Paciente SOSP Surveys on Patient Safety Culture SUH Servizos de Urxencias Hospitalarias SYREC Estudo de Incidentes e Eventos Adversos en Medicina Intensiva. Seguridade e Risco no Enfermo Crítico TFM Traballo de Fin de Máster UCI Unidade de Coidados Intensivos
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 1 1. INTRODUCCIÓN: A Organización Mundial da Saúde (OMS) define o concepto de Evento Adverso (EA) como “dano non intencional causado ao paciente como resultado clínico non esperado da asistencia sanitaria e que pode ou non estar asociado a un erro clínico.” [1] A Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (SEMICYUC) amplía o concepto da OMS definindo como EA: “todo incidente imprevisto e inesperado notificado polos profesionais, que causou lesión e/ou incapacidade e/ou prolongación de estancia e/ou exitus, como consecuencia da atención sanitaria e non relacionado coa evolución ou posibles complicacións da enfermidade de base do paciente.” [2] En canto a concepto de Evento Centinela (EC) a International Organization for Standardization, mediante a Norma ISO 179003, defíneo como: “suceso imprevisto que causa a morte ou graves danos físicos ou psicolóxicos ao paciente. Todo EC é un EA pero ás súas consecuencias teñen características que obrigan a unha completa revisión do sucedido para evitar que volvan a producirse novos casos, así como a dar apoio e asesoramento aos profesionais implicados, pacientes e/ou familiares.” [3] Os EA e EC son sucesos imprevistos que poden ocorrer calquera día do ano, a calquera hora e en calquera lugar onde se preste atención sanitaria ao paciente. Centraremos o noso proxecto de estudo nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e nos Servizos de Urxencias Hospitalarias (SUH) definíndoos tal que na Táboa 1. Táboa 1: Definicións operativas · UCI: “Organización de profesionais sanitarios que ofrece asistencia multidisciplinar nun espazo específico do hospital, cuns requisitos funcionais, estruturais e organizativos, garantindo as condicións de seguridade, calidade e eficiencia adecuadas para atender pacientes críticos”. · Paciente crítico: “Pacientes que, sendo susceptibles de recuperación, requiren soporte respiratorio avanzado ou soporte respiratorio básico xunto con soporte de, polo menos, dous órganos ou sistemas; así como todo paciente que requira soporte por instauración ou risco de instauración de fallo multiorgánico”.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 2 · SUH: “Organización de profesionais sanitarios que ofrece asistencia multidisciplinar, situada nunha área específica do hospital, que cumpre uns requisitos funcionais, estruturais e organizativos, de forma que garante as condicións de seguridade, calidade e eficiencia adecuadas para atender ás urxencias e emerxencias”. · Urxencia: “Tamén denominada Urxencia Subxectiva: aparición fortuíta, imprevista ou inesperada, en calquera lugar ou actividade, dun problema de saúde de causa diversa e gravidade variable, que xera a conciencia dunha necesidade inminente de atención por parte do suxeito que o sofre ou da súa familia”. · Emerxencia: “Ou Urxencia Vital: Urxencia sanitaria que pon en perigo, real ou potencial, a vida ou funcións biolóxicas importantes dunha persoa e que require asistencia inmediata, cualificada e “in situ” por parte de profesionais capacitados”. (*)Táboa de elaboración propia en consonancia coas definicións recomendadas para cada servizo polo Ministerio de Sanidade. [4] [5] En España, o Estudo Nacional sobre os Efectos Adversos ligados á Hospitalización (ENEAS, 2005) mediu o risco de padecer un EA durante a estancia hospitalaria no 9,3% e identificou unha frecuencia de aparición de 1,4 EA por 100 días de estancia-paciente. A aparición dun EA elevábase até en 7 de cada 100 pacientes atendidos nun ano. Do total de EA un 23% sucedeu na UCI. [6] Múltiples estudos evidencian á UCI como un “servizo de risco” na aparición de EA debido á morbilidade do paciente crítico. [7] [8] [9] [10] Os estudos estiman que entorno o 59% dos EA notificados na UCI son graves. [11] A SEMICYUC, no estudo Incidentes e Eventos Adversos na Medicina Intensiva. Seguridade e Risco no enfermo Crítico. (SYREC, 2007) estima a incidencia dos EA en 2,04 por 100 pacientes-hora de estancia na UCI. O risco de sufrir polo menos un EA durante a ingreso na UCI elevábase até o 40%. Un 21,5% dos EA rexistrados ocasionaron danos temporais e un 3,65% causaron dano permanente ou contribuíron ao pasamento do paciente. [2] No que respecta aos SUH, o estudo ENEAS cuantificou que o 3% dos EA detectados ocorreron neste servizo. Deles, o 55,2% foron EA leves, o 31% EA moderados e o 13,8% EA graves. [6] Algúns autores defenden que dito estudo infraestimou a incidencia nos SUH debido a que non se analizaron pacientes que, sufrindo un EA, tivesen sido dados de alta. [12] A Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES) a través do estudo Eventos Adversos ligados á Atención nos
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 3 servizos de Urxencias de hospitais españois (EVADUR, 2009) estimou que o 12% dos pacientes que acudían ao SUH sufrían un EA e no 54,8% dos casos este EA causáballes algún dano. Un 43% dos EA detectábanse á alta do paciente e un 7,5% das visitas ao SUH eran causadas por EA previos. [13] [14] Os estudos confirman que gran parte dos EA son evitables, entorno ao 42,8%. [6] Existen variacións destacables na evitabilidade do EA en función do servizo: oscilando dende 36,46% no Servizo Cirúrxico, ao 60% na UCI e o 70% no SUH. [2] [13] [15] Segundo o estudo ENEAS, os EA causaron 6,1 estancias adicionais por paciente, das que 2,2 estancias por paciente debéronse a EA evitables. [6] Ademais, o papel da enfermaría é fundamental na detección e notificación de EA. Os datos do Sistema de Notificación e Aprendizaxe para a Seguridade do Paciente (SiNASP) no ano 2022 indica que enfermaría comunicou o 65% de todos os incidentes notificados. [16] Nos hospitais galegos, no ano 2023, o 60,2% dos incidentes foron notificado por enfermaría. [17] A vixilancia do paciente por parte da enfermaría colócanos nunha posición de primeira liña para a detección de EA. Non obstante algúns estudos mostran que enfermaría, a pesar de realizar a maior parte das notificacións (entorno ao 70% dos incidentes), non notifica a maioría dos EA (entorno 60% dos EA notificados foron comunicados por médicos). [18] [19] [20] [21] No presente Traballo de Fin de Máster (TFM) elaboraremos un Proxecto de Estudo de Investigación co que tratar de analizar os coñecementos do persoal de enfermaría con respecto á identificación e notificación de EA, así como a súa percepción e actitudes fronte aos mesmos. Centraremos o noso estudo en dous servizos específicos: as UCI, debido ao importante risco de sufrir un EA (40%) ou sufrir danos graves ou permanentes a causa dun EA (33,78%); e o SUH que conta cunha gran taxa de EA evitables (70%), onde diversos autores están de acordo na infradetección de EA e onde os EA son causa destacable de 2ª atención no servizo (7,5%). [2] [6] [13]
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 10 3.8. Análise de datos: Os resultados presentaranse como a media ± desviación estándar (DE) ou o número e a porcentaxe, segundo corresponda. Atendendo as respostas, calculáranse tres puntuacións: puntuacións de coñecementos, actitudes e intencións. As puntuacións de coñecemento categorizaranse como baixas (<50%), moderadas (50%-60%) e bos coñecementos (>60%); as puntuacións de actitude, que van de 1 (máis positiva) a 5 (máis negativa), clasificáranse en positiva (<2,5), neutral (2,5-3,5) e actitude negativa (>3,5); e as puntuacións de intención, que van de 0 (intención inferior) a 10 (intención superior), clasificáranse en non favorable (<4), neutro (4-7) e intención favorable (>7). Cada unha das puntuacións será comparada entre as características demográficas mediante ANOVA, Mann-Whitney U ou test T de Student. Utilizarase a regresión loxística bivariada para coñecer as relacións entre as características demográficas e as puntuacións de coñecemento, actitude e intención. En relación ás propiedades psicométricas do cuestionario calcularase o coeficiente α de Cronbach e estudarase a reproducibilidade test-retest mediante o coeficiente de correlación intra-clase. Un valor p inferior a 0,05 considerarase significativo. Utilizarase o software IBM SPSS Statistics (versión 24, IBM, Madrid, España).
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 11 4. CRONOGRAMA DE TAREFAS: A Táboa 3 que se mostra a continuación representa o plan de traballo coa programación de actividades dividido en catro etapas, así como a súa duración no tempo. Os meses represéntanse con números. A cor, como se pode ver na Táboa 4, delimita a tarefa a realizar e os membros participantes do equipo de investigación. Táboa 3: Cronograma de Tarefas TAREFAS 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Deseño do Proxecto de Investigación ORGANIZACIÓN Envío do Proxecto ao Comité de Ética para a súa revisión e autorización EXECUCIÓN Recrutamento da mostra Recollida de datos Análises e interpretación dos datos INFORME FINAL Elaboración do informe final Presentación e difusión dos resultados (*) Táboa de elaboración propia. Táboa 4: Lenda de Cores Autor do TFM Autor do TFM + Investigadores colaboradores do SERGAS (nº = 3 Enfermeiras do Servizo) e da USC (nº = 2 PDI) Autor do TFM + Investigadores colaboradores da USC (nº = 2 PDI) (*) Táboa de elaboración propia.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 12 5. VIABILIDADE, LIMITACIÓNS E CUSTOS: Este proxecto de investigación terá un custo estimado de 2000 €, que inclúe gastos de programas estatísticos, todos os gastos de material de oficina e consumibles e os gastos de publicación e difusión tendo en conta unha única revista científica de acceso aberto. Estes custos especifícanse na Táboa 5. Preténdese sufragar os gastos mediante a solicitude de axudas a sociedades como a SEMICYUC, SEMES o outras sociedades ou fundacións privadas. A viabilidade deste proxecto baséase na relación custo-beneficio positiva. Táboa 5: Custos estimados Recursos necesarios Anualidade (€) Material Funxible Material de oficina 300 Material Inventariable Mantemento e licencias de software 500 Divulgación de resultados 1200 TOTAL 2000 (*) Táboa de elaboración propia.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 13 6. RESULTADOS ESPERADOS: 1) Os resultados que deriven deste proxecto poden contribuír a mellorar a calidade da atención xa que é sabido que o establecemento dunha cultura de seguridade nas institucións de saúde é unha das principais estratexias das organizacións que teñen a misión de mellorar a calidade da atención sanitaria. 2) Os EA repercuten nunha redución da seguridade do paciente. Estimar a súa frecuencia, características, evitabilidade e impacto é un medio para identificar obxectivos de mellora na calidade da atención. [33] A partir dos resultados poderase coñecer o nivel de seguridade do paciente e a necesidade de formar ás enfermeiras sobre EA e a súa notificación. 3) Esperase publicar os resultados e poder contribuír ao coñecemento sobre o tema de estudo.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 14 7. BIBLIOGRAFÍA: 1. World Health Organization. The conceptual framework for the international classification for patient safety. Ficha Técnica. Xenebra, 2009. [Citado o 18 de xuño de 2024]. [Dispoñible na ligazón: https://www.who.int/publications/i/item/WHO-IER-PSP-2010.2 ] 2. Colomer C, Agra Y, García MJ, Fernández-Quero P. Ministerio de Sanidad y Política Social. Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias (SEMICYUC). Incidentes y eventos adversos en medicina intensiva. Seguridad y riesgo en el enfermo crítico. SYREC 2007. Informe. Madrid, maio de 2009. [Citado o 18 de xuño de 2024]. [Dispoñible na ligazón: https://semicyuc.org/wp-content/uploads/2018/12/syrec_0.pdf ] 3. Norma UNE 179003:2013. Servicios Sanitarios. Gestión de Riesgos para la Seguridad del Paciente. 2013. [Citado o 19 de xuño de 2024]. 4. Palanca I, Esteban A, Elola J. Ministerio de Sanidad y Política Social. Unidades de cuidados intensivos. Estándares y recomendaciones. Madrid, 2010. NIPO: 840-10-098-6. 5. Palanca I, Elola J, Mejia F. Ministerio de Sanidad y Política Social. Unidad de urgencias hospitalaria. Estándares y recomendaciones. Madrid, 2010. NIPO: 840-10-057-3. 6. Aranaz JM, Aibar C, Vitaller J, Ruiz P. Estudio Nacional sobre los Efectos Adversos ligados a la hospitalización. ENEAS 2005. Informe. Febreiro de 2006. NIPO: 351-06-009-2 7. Graf J, von den Driesch A, Koch KC, Janssens U. Identification and characterization of errors and incidents in a medical intensive care unit. Acta Anaesthesiol Scand. 2005;49(7):930-9. 8. Bracco D, Favre JB, Bissonnette B, Wasserfallen JB, Revelly JP, Ravussin P, et al. Human errors in a multidisciplinary intensive care unit: a 1-year prospective study. Intensive Care Med. 2001;27(1):137-45 9. Osmon S, Harris CB, Dunagan WC, Prentice D, Fraser VJ, Kollef MH. Reporting of medical errors: an intensive care unit experience. Crit Care Med. 2004 Mar;32(3):727-33.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 15 10. Beckmann U, Gillies DM, Berenholtz SM, Wu AW, Pronovost P. Incidents relating to the intrahospital transfer of critically ill patients. An analysis of the reports submitted to the Australian Incident Monitoring Study in Intensive Care. Intensive Care Med. 2004 Aug;30(8):1579-85. 11. Gutiérrez-Cía I, Aibar-Remón C, Beamonte A, Obón-Azuara B, Sánchez-Polo CM, Júdez Legaristi D. Incidencia de efectos adversos en una unidad de medicina intensiva. Rev Calid Asist. 2007;22(6):277–86. 12. Tomás S, Gimena I. La seguridad del paciente en urgencias y emergencias. An. Sist. Sanit. Navararra. 2010;33(1):131-148. 13. Tomás S, Chanovas M, Roqueta F, Alcaraz J, Toranzo T. Sociedad Española de Urgencias y Emergencias. EVADUR: eventos adversos ligados a la asistencia en los servicios de urgencias de hospitales españoles. Emergencias. 2010;22:415-28. 14. Requena J, Aranaz JM, Gea MT, Miralles JJ, Limón R, Rey M, et al. Efectos adversos asociados a la asistencia sanitaria en los servicios de urgencias hospitalarios. Revista Mapfre Medicina, 2007;18: 89-97. 15. Aranaz JM, Ivorra F, Compañ AF, Mirallesa JJ, Gea MT, Limón R et al. Efectos adversos en cirugía mayor ambulatoria. Cir Esp. 2008;84(5):273–8. 16. Fernández Maíllo MM, Bañeres Amella J. Fundación Avedis Donabedian. Ministerio de Sanidad. Sistema de Notificación y Aprendizaje para la Seguridad del Paciente (SiNASP) Incidentes de seguridad notificados en 2022. Informe. Novembro de 2023. [Citado o 20 de xuño de 2024] [Dispoñible na ligazón: https://seguridaddelpaciente.sanidad.gob.es/proyectos/financiacionEstudios/sist emasInformacionNotificacion/incidentesEASNS/docs/SINASP2022.pdf ] 17. Losada-Castillo I, Roca Bergantiños O. Servizo Galego de Saúde. Sistema de Notificación e Aprendizaxe para a Seguridade do Paciente - SiNASP Informe de avaliación ano 2023 Informe. Maio de 2024 [Citado o 20 de xuño de 2024] [Dispoñible na ligazón: https://www.sergas.es/Asistenciasanitaria/Documents/1651/Informe_avaliacion_SINASP_2023.pdf ] 18. Pronovost PJ, Thompson DA, Holzmueller CG, Lubomski LH, Dorman T, Dickman F, et al. Toward learning from patient safety reporting systems. J Crit Care. 2006 Dec;21(4):305-15.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 16 19. Rishoej RM, Hallas J, Juel Kjeldsen L, Thybo Christesen H, Almarsdóttir AB. Likelihood of reporting medication errors in hospitalized children: a survey of nurses and physicians. Ther Adv Drug Saf. 2018 Mar;9(3):179-192. 20. Hewitt T, Chreim S, Forster A. Sociocultural Factors Influencing Incident Reporting Among Physicians and Nurses: Understanding Frames Underlying Self- and Peer-Reporting Practices. J Patient Saf. 2017 Sep;13(3):129-137. 21. Rowin EJ, Lucier D, Pauker SG, Kumar S, Chen J, Salem DN. Does error and adverse event reporting by physicians and nurses differ? Jt Comm J Qual Patient Saf. 34(9):537-45. 22. Organización Mundial de la Salud. Resolución WHA72.6. Asamblea Mundial de la Salud (72ª ed). Punto 12.5 del orden del día: Acción mundial en pro de la seguridad del paciente. 28 de maio de 2019. [Citado o 20 de xuño de 2024] [Dispoñible na ligazón: https://apps.who.int/gb/ebwha/pdf_files/WHA72- REC1/A72_REC1-sp.pdf ] 23. Organización Mundial de la Salud. Plan de acción mundial para la seguridad del paciente 2021-2030: hacia la eliminación de los daños evitables en la atención de salud. Xenebra, 2022. ISBN 978-92-4-006250-4. 24. Roca Bergantiños O, Losada-Castillo I. Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Estratexia galega de seguridade e calidade asistencial 2024-2028. Santiago de Compostela, 2023. [Citado o 20 de xuño de 2024]. [Dispoñible na ligazón: https://www.sergas.es/Asistenciasanitaria/Documents/1768/Estratexia_gal_seguridade_e_calidade_asistencial_2 024-28.pdf] 25. Requena J, Aranaz JM, Gea MT, Limón R, Miralles JJ, Vitaller J. Evolución de la prevalencia de eventos adversos relacionados con la asistencia en hospitales de la Comunidad Valenciana. Rev Calid Asist 2010;25(5):244–9. 26. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Revisión Sistemática de Eventos Adversos y Costes de la No Seguridad: Las infecciones asociadas a la atención sanitaria. Informe. Madrid, 2015. NIPO: 680-15-137-5 27. Allué N, Chiarello P, Bernal E, Castells X, Giraldo P, Martínez N, et al. Impacto económico de los eventos adversos en los hospitales españoles a partir del Conjunto Mínimo Básico de Datos. Gac Sanit.;28(1):48–54.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 17 28. Aiken LH, Sloane DM, Bruyneel L, Van den Heede K, Griffiths P, Busse R, et al. RN4CAST consortium. Nurse staffing and education and hospital mortality in nine European countries: a retrospective observational study. Lancet. 24;383(9931):1824-30. 29. Moumtzoglou A. Factors impeding nurses from reporting adverse events. J Nurs Manag.;18(5):542-7. 30. de Paiva MC, Popim RC, Melleiro MM, Tronchim DM, Lima SA, Juliani CM. The reasons of the nursing staff to notify adverse events. Rev Lat Am Enfermagem.;22(5):747-54. 31. Santos J, Menezes H, Milhome A.S, de Oliveira R, dos Anjos JP, Tavares T. Conhecimento dos enfermeiros sobre Evento Adverso e desafios para a sua notificaçâo. Cogitare Enferm. 2016 Oct/dec; 21(4):01-08. 32. Bañeres J, Cavero E, López L, Orrego C, Suñol R. Ministerio de Sanidad y Consumo. Sistemas de Registro y Notificación de Incidentes y Eventos Adversos. Madrid. [Citado o 15 de xullo de 2024]. [Dispoñible na ligazón: https://seguridaddelpaciente.sanidad.gob.es/en/proyectos/financiacionEstudios/ sistemasInformacionNotificacion/incidentesEASNS/docs/sistemasregistronotifica cionincidentesea.pdf ] 33. San Jose-Saras D, Valencia-Martín JL, Vicente-Guijarro J, Moreno-Nunez P, Pardo-Hernández A, Aranaz-Andres JM. Adverse events: an expensive and avoidable hospital problem. Ann Med. 2022 Dec;54(1):3157-3168.
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 18 8. ANEXOS: Anexo I: Cuestionario ad hoc de elaboración propia Este cuestionario ten como finalidade valorar os seus coñecementos, actitudes e percepción sobre os Eventos Adversos (EA) e a súa notificación. O carácter desta enquisa é anónimo e voluntario. Entendese que vostede da o seu consentimento e acepta participar no noso estudo respondendo a esta enquisa. Os resultados finais serán postos non seu coñecemento e serán divulgados no ámbito científico. Sección 1: Datos socio-demográficos e formación Datos socio-demográficos: Por favor, indique os seguintes datos socio-demográficos: ▯ Idade: ▯ Sexo: Formación Académica: Por favor, indique cal é a súa formación académica como enfermeiro/a. Se posúe varios niveles de formación sináleos: ▯ Diplomado/a ▯ Graduado/a ▯ Máster ▯ Realizando estudos de doutorado ▯ Grao de Doutor/a ▯ Outra formación académica (especifique cal): Especialidade: Por favor, indique si é enfermeiro/a especialista. No caso afirmativo indique que especialidade: ▯ Si ▯ Especialidade de: ▯ Non Formación continuada sobre EA e a súa notificación: Por favor, indique si recibiu ou non formación continuada sobre EA e a súa notificación. En caso afirmativo indique cal ou cales: ▯ Non ▯ Si ▯ Formación impartida pola propia unidade ▯ Formación impartida por responsables da seguridade do paciente e/ou calidade do hospital ▯ Formación impartida por ACIS ▯ Formación impartida polo Ministerio de Sanidade ▯ Outras (indique cal):
Proxecto de Investigación: Coñecemento, percepciónón e aptitudes da Enfermaría na identificación e notificación de Eventos Adversos nas Unidades de Coidados Intensivos e Urxencias Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría. 19 Si contestou afirmativamente que recibiu formación continuada sobre EA e a súa notificación, indique cando a recibiu: ▯ >1 ano ▯ 1-5 anos ▯ >5 anos Sección 2: Área de traballo Aprender das experiencias tamén é contribuír á mellora do clima da seguridade. Por favor, indique cal é a súa área ou unidade de traballo actual. Si traballa en varias unidades, pense naquela na que transcorre a maior parte de seu tempo de traballo: ▯ UCI ▯ Urxencias ▯ Varias unidades, pero principalmente UCI ▯ Varias unidades, pero principalmente Urxencias Por favor, indique canto tempo leva traballando na súa área ou unidade de traballo actual: ▯ <1 ano ▯ 1-5 anos ▯ 6-10 anos ▯ >11 anos Sección 3: Coñecemento sobre EA Esta sección está deseñada para estimar o seu coñecemento sobre os EA. Para cada unha das seguintes afirmacións, escolla a opción coa que estea de acordo. Se non sabe a resposta, simplemente elixa a opción “Non sei”: Un EA é unha lesión relacionada coa asistencia sanitaria máis que coas complicacións da enfermidade do paciente. ▯ Verdadeiro ▯ Falso ▯ Non sei Incidente ou “near miss” é a acción ou omisión que podería ter feito dano ao paciente, pero non llo causou como consecuencia do azar, a prevención ou a mitigación da mesma. ▯ Verdadeiro ▯ Falso ▯ Non sei Os EA supoñen unha redución da seguridade do paciente. ▯ Verdadeiro ▯ Falso ▯ Non sei Os pacientes na UCI teñen un risco especial de sufrir EA. ▯ Verdadeiro ▯ Falso ▯ Non sei