scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Grupos e equipos de traballo

Hermo López, María Teresa

Abstract

Esta unidade didáctica denominada Grupos e equipos de traballo forma parte da materia optativa Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro e cuarto curso dentro da titulación de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder obter o máximo aproveitamento, en xeral, recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo, Socioloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto lle permitirá ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas a impartir. A materia versa sobre os grupos e equipos de traballo dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos. Dividirase en partes: • Na primeira parte, dáse un enmarque conceptual da psicoloxía dos grupos, faise unha breve recensión histórica e téñense en conta os procesos que interveñen no comportamento dos individuos. Trabállanse definicións e conceptos. • Posteriormente verase a implicación do comportamento dos individuos cando forman un grupo, as características distintivas de grupos e equipos así como as vantaxes e inconvenientes de pertencer a grupos e equipos de traballo. • Paralelamente comezarase a traballar a nivel práctico os aspectos relacionados cos procesos que interveñen no comportamento humano: percepción, aprendizaxe, comunicación, etc para máis adiante extrapolalo aos grupos de traballo nas organizacións. Esta primeira unidade é introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación vén xustificada pola necesidade de acadar un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos e que nos servirán como introdución das prácticas. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que pode favorecer a adquisición de coñecementos semellantes e ademais unha linguaxe común e unha actitude positiva cara á materia.

Full text

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos Psicoloxía dos Grupos e Equipos de Traballo Mª Teresa Hermo López Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (Adscrita á USC) 1 Grupos e equipos de traballo 9788498 877434 ISBN 978-84-9887-743-4 Grupos e equipos de traballo 1 Mª Teresa Hermo López Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (Adscrita á USC) ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2011 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 2221-2011 ISBN 978-84-9887-743-4 UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo - 3 MATERIA: Psicoloxía dos Grupos e Equipos de Traballo TITULACIÓN: Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Grupos e equipos de traballo Definición Características dos grupos e equipos Vantaxes e inconvenientes dos equipos de traballo Unidade II. Tipos de grupos laborais Formais-informais Comités Grupos de discusión Círculos de calidade Grupos autoxestionados Equipos virtuais Equipos interfuncionais Outros equipos Unidade III. Estrutura e dinámica dos grupos laborais Formación, desenvolvemento e ambiente grupal Estrutura grupal Unidade IV. Rendemento grupal Rendemento real e potencial dun grupo Facilitación, productividade e grupos laborais Incremento da eficacia nos equipos de traballo Disfuncións de grupos e equipos de traballo Unidade V. Técnicas grupais en contextos organizacionais Técnicas de formación e desenvolvemento do clima grupal Técnicas creativas Técnicas de toma de decisións UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 Os principios metodolóxicos ...................................................................... 8 Os contidos básicos .................................................................................. 10 1. Definición. Conceptos xerais 1.1. Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo ........................ 10 1.2. Procesos que interveñen no comportamento humano .......... 10 1.3. Definición. Análise histórica ................................................... 11 2. Características dos grupos e equipos de traballo ............................ 12 2.1. Grupos e equipos de traballo ................................................ 12 2.1.1. Características xerais dun grupo ................................ 12 2.1.2. Características xerais dun equipo .............................. 13 3. Vantaxes e inconvenientes dos equipos de traballo ........................ 13 3.1. Vantaxes do traballo en equipo ............................................. 13 3.2. Inconvenientes do traballo en equipo .................................... 13 Actividades propostas ............................................................................... 14 Avaliación da unidade didáctica ............................................................... 15 Anexos ......................................................................................................... 16 Bibliografía .................................................................................................. 16 UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo - 7 PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada Grupos e equipos de traballo forma parte da materia optativa Psicoloxía dos grupos e equipos de traballo que se imparte no primeiro cuadrimestre do terceiro e cuarto curso dentro da titulación de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para poder obter o máximo aproveitamento, en xeral, recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo, Socioloxía do Traballo e Comportamento Organizacional xa que isto lle permitirá ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas a impartir. A materia versa sobre os grupos e equipos de traballo dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos. Dividirase en partes: x Na primeira parte, dáse un enmarque conceptual da psicoloxía dos grupos, faise unha breve recensión histórica e téñense en conta os procesos que interveñen no comportamento dos individuos. Trabállanse definicións e conceptos. x Posteriormente verase a implicación do comportamento dos individuos cando forman un grupo, as características distintivas de grupos e equipos así como as vantaxes e inconvenientes de pertencer a grupos e equipos de traballo. x Paralelamente comezarase a traballar a nivel práctico os aspectos relacionados cos procesos que interveñen no comportamento humano: percepción, aprendizaxe, comunicación, etc para máis adiante extrapolalo aos grupos de traballo nas organizacións. Esta primeira unidade é introdutoria e pretende servir de apoio para o resto do temario. A súa incorporación vén xustificada pola necesidade de acadar un dominio daqueles contidos teóricos e metodolóxicos que se consideran básicos e que nos servirán como introdución das prácticas. E ademais pola conveniencia de crear un contexto inicial uniforme, que pode favorecer a adquisición de coñecementos semellantes e ademais unha linguaxe común e unha actitude positiva cara á materia. OS OBXECTIVOS Obxectivos xerais da materia x Que os alumnos adquiran diversos coñecementos que dende a Psicoloxía dos Grupos e do traballo explican e describen os comportamentos dos individuos cando participan ou interveñen en grupos ou en equipos de traballo. x Que os alumnos coñezan o manexo dalgunhas ferramentas ou técnicas necesarias para a comprensión do papel e do comportamento do individuo neste contorno (a través da valoración dos resultados en simulacións, dinámicas de grupo, etc.). 14 - UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo x Conformismo derivado do desexo de pertencer ao grupo. x Responsabilidade ambigua. x Aparición de conflitos no intento de resolver problemas. ACTIVIDADES PROPOSTAS Para un mellor seguimento destes tres bloques de contidos da unidade didáctica os alumnos teñen que realizar os exercicios propostos antes ou despois da explicación dos contidos expostos na aula. As prácticas que se realizarán ao longo do curso servirán para que o propio alumno sexa consciente das vicisitudes da pertenza e da participación real no grupo e no el equipo de traballo. Entre as actividades terán que: diferenciar distintos tipos de comportamento, desenvolver habilidades de comunicación e tirar conclusións aplicadas dos textos entregados. Definición. Conceptos Xerais Procesos que interveñen no comportamento x Exercicios de percepción, unha vez realizados terán que indicar con que parte do explicado se corresponde e por que nos interesa tratalo. Por exemplo para observar a interacción e como imos modelando o que pensamos, facemos, etc.. x Exercicios de comunicación: aspectos non lingüísticos (texto), comunicación non verbal (dinámica de pequeno grupo) e comunicación verbal (roll-paying e dinámica de pequeno grupo). Realizaranse distintas actividades na aula que poñan de manifesto como se produce a comunicación e que aspectos temos que ter en conta para a interacción nos grupos de traballo e as barreiras que temos que solucionar. Definición x Antes da explicación teórica do tema formularanse distintas cuestións e solicitarse a realización, por parte dos alumnos, dun breve traballo escrito no que se contemple a definición de grupo xunto coa resposta ás cuestións, para entregalo e poñelo en común na aula e facer comparación entre as distintas definicións atopadas e así facilitar o avance dos contidos.(Anexo I) Características dos grupos x Entrega, despois da exposición do tema, de distintos textos: “a presión do grupo na percepción dun estímulo ambiguo”, “ansiedade e afiliación” para que o analicen e despois se comente na aula para tirar conclusión sobre os distintos fenómenos da interacción dos individuos. x Entrega dun texto antes da explicación por parte do profesor “condiciones ambientais e produtividade”, os alumnos terán que intentar tirar unha explicación para logo coas súas achegas completar a exposición sobre algunhas características dos grupos. UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo - 15 Vantaxes e inconvenientes dos equipos de traballo x Realizarase unha pequena dinámica con dous grupos, en función dos alumnos asistentes, a partir da cal elaborarán unha listaxe das vantaxes e inconvenientes atopados na pertenza ao grupo formado, contrastando a información, para continuar coa exposición dos contidos teóricos. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Realizase unha avaliación integral. Terase en conta o cumprimento de obxectivos da unidade didáctica a través do material escrito entregado polos alumnos, a súa observación directa nas activades propostas: dinámicas de grupo, roll-playing (participación, implicación, aplicación de coñecementos...) e as distintas cuestións realizadas durante o desenvolvemento da unidade didáctica. A asistencia á clase expositiva será obrigatoria e tamén ás clases interactivas para poder superar a unidade didáctica e a materia. Os casos excepcionais haberá que xustificalos. A avaliación terá lugar ao comezo da unidade didáctica (inicial), ao longo do seu desenvolvemento (procesual) e ao seu remate (final). No que respecta á avaliación inicial, terá lugar na primeira sesión de clase e realizarase a través da formulación dunha serie de preguntas e afirmacións relacionadas coa materia a tratar sobre as que o alumnado deberá contestar ou manifestar a súa conformidade ou discrepancia e os motivos que sustentan esta, establecendo así un pequeno debate dentro da aula do que poidamos recoller información sobre as súas ideas previas e coñecementos sobre a psicoloxía do grupos e equipos de traballo. Tamén nos axudará a constatar as súas actitudes cara á materia. A avaliación procesual levarase a cabo de maneira continuada tendo en conta as posibles consultas realizadas a través da titoría, a participación activa do alumnado resolvendo as actividades de lectura, a realización de traballos e dinámicas grupais. A información recadada será utilizada para valorar o grao de interiorización dos contidos traballados e introducir, de ser o caso, os reaxustamentos necesarios para un mellor desenvolvemento dos obxectivos. A avaliación final comprende a dimensión teórica e realizarase a través dun exame final, co resto das unidades didácticas, que terá en conta as competencias específicas da materia que están relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos. Suporá unha valoración dun 70% da cualificación final. Como criterios de avaliación final que completan a proba escrita establécense os seguintes: x Desempeño, interese e participación dos alumnos en cada unha das actividades propostas na clase (prácticas, traballos, lecturas, dinámicas, etc). x Nos traballos asignados aos alumnos para a súa posterior exposición valorarase: calidade tanto do seu contido como da organización, a súa coherencia e a súa exposición. 16 - UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo Esta parte estará valorada con un 30%. Será preciso ter aprobado a parte do exame ( 5 sobre 10) para poder superar a materia. ANEXOS Anexo 1 DIRECTRICES DO TRABALLO DE CARÁCTER TEMÁTICO Poden formar grupos de tres persoas. Definición de Grupos. O traballo debe contar cos seguintes apartados: 1. Portada Extensión máxima: 1 páxina. Debe incluír título, nome e apelidos dos compoñentes do grupo, denominación da materia e nome dos profesores da materia; curso, titulación á que pertence, ano académico e data de entrega do traballo. Todos estes elementos deben ser distribuídos na portada a criterio do grupo. 2. Índice Extensión máxima: 1 páxina. Debe recoller todos os apartados do traballo que constitúen as epígrafes e especificar a páxina concreta de cada un. Cada epígrafe e subepígrafe debe ter un título propio, adecuado ao contido. 3. Introdución ou presentación Extensión máxima: 2 páxinas Incluirá o obxectivo xeral do traballo e se é preciso os obxectivos particulares. Pode destacar a importancia do tema ou a súa xustificación. 4. Contidos Extensión máxima: 8 páxinas. Incluirá o desenvolvemento dos contidos xerais e específicos e distribuirase en epígrafes. 5. Conclusións Extensión máxima 1 páxinas. 6. Bibliografía e referencias Extensión máxima: 1 páxina. Só se poden incluír libros, revistas ou documentos utilizados e citados no traballo. Debe elaborarse seguindo a normativa de revistas profesionais e científicas. As páxinas web deberán incluír ademais data de consulta. UNIDADE DIDÁCTICA I. Grupos e equipos de traballo - 17 BIBLIOGRAFÍA x ALCOVER, C. M. Y OTROS. (2004). Introducción a la Psicología del Trabajo. McGraw-Hill. x AYESTERÁN, S.(1993). Individualizacion y grupalidad: dos dimensiones que definen la estructura y la dinamica del grupo. Psicothema. 1993. Vol. 5,nº.1, (199-211) x AYESTARÁN, S. (ED.) (1996). El grupo como construcción social. BARCELONA:PLURAL. x BLANCO, A.; CABALLERO, A. Y DE LA CORTE (2005). Psicología de los grupos. Madrid: Pearson Prentice-Hall x BLANCHET, A. TROGNON, A. (1996) La Psicología de los Grupos. Biblioteca Nueva x BALLENATO, G. (2005). Trabajo en Equipo. dinámica y participación en los grupos. Ediciones Pirámide. x GIL, F. E AL. (COORDS.) (1999). Introducción a la psicología de los grupos. Madrid: Pirámide x GIL, F. E ALCOVER, C. M. (Coordinadores). 2003. Introducción a la Psicología de las Organizaciones. Alianza Editorial. x GIL, F. (2007). Prácticas de Psicología de los Grupos: Experiencias. Pirámide x LUTHANS, F. (2008). Comportamiento Organizacional. McGraw-Hill. x ROBBINS, S. P. (2009). COMPORTAMIENTO ORGANIZACIONAL. Pearson - Prentice Hall. x KIRSTEN, R, MÜLLER-SCHWARZ, J. (1991) ENTRENAMIENTO DE GRUPOS. Ediciones Mensajero. x ZARCO, V. E RODRÍGUEZ, A (Directores). 2008. Psicología de los Grupos y de las Organizaciones. Pirámide. x Papeles del Psicólogo (2011).Vol. 32. Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos Psicoloxía dos Grupos e Equipos de Traballo Mª Teresa Hermo López Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo (Adscrita á USC) 1 Grupos e equipos de traballo 9788498 877434 ISBN 978-84-9887-743-4