scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O patrimonio cultural: definicións e usos sociais

Herrero Pérez, Nieves

Abstract

O turismo constitúe hoxe en día en Europa un sector económico estratexicamente deseñado desde as propias institucións do Estado para facer fronte á crise dos sectores produtivos primarios que sofren determinadas rexións europeas como Galicia como consecuencia da integración económica europea. Os valores da natureza, da historia e da tradición, dos que xa temos falado, van ser utilizados na mobilización de fluxos turísticos desde as zonas máis desenvolvidas, industrializadas e urbanizadas cara a aquelas outras rexións que, precisamente polo seu atraso e carácter periférico, conservaron un marcado carácter rural e atesouraron manifestacións históricas e naturais relevantes.

Full text

Nieves Herrero Pérez Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social Facultade de Filosofía unidade didáctica 1 O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS © Universidade de Santiago de Compostela, 2008 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 857-2008 ISBN 978-84-9750-923-7 ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación parcial ou total desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 31 Froufe Quintas, S. (2001.): “La animación comunitaria como acción socioeducativa en los espacios abiertos locales”, Hadaxe, 17, pp. 119-138. *García Canclini, N. (1993): “Los usos sociales del patrimonio cultural”, en Florescano, E.: El Patrimonio Cultural en México, México, F.C.E. pp. 41-61. *García García, J.L. (1998): “De la cultura como patrimonio al patrimonio cultural”, Política y sociedad, nº 27, 9-20. Giddens, A. (1993): Consecuencias de la modernidad. Alianza, Madrid. Greenwood, D.J. (1972): “La cultura al peso: perspectiva antropológica del turismo en tanto proceso de mercantilización cultural”, en Smith, V.L. (Ed.): Anfi triones e invitados, Madrid, Endimión, pp. 257-279. Lash S. e J. Urry 1995: Economías de signos y espacios, Buenos Aires, Amorrortu Neiret, R. (1992): “Le patrimoine valeur ajoutee”, en: R. Neyret (Dir.) :La patrimione atout du developpement, Lyon, Presse Universitaires de Lyon, pp. 7-17. Pose Porto, H. M. (2000): “El departamento de educación y cultura de un pequeño municipio: balance crítico-descriptivo (y algo terapéutico) de una intervención” en: Caride, J. A. (coord.): Educación social y políticas culturales, Santiago de Compostela, pp. 119-139. Prats, LL. (1997): Antropología y patrimonio, Ariel, Madrid. *Prats, LL. (1998): “El concepto de patrimonio cultural”, Política y sociedad, 27:63-76. Prats, LL. (1999): “Antropoloxía aplicada e reproducción da identidade”, em: Galicia fai dousmil anos. O feito diferencial galego III. Antropoloxía, vol 2, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, pp. 135-143. Prats, LL. (2003): “Patrimonio+turismo=¿desarrollo?”. Pasos. Revista de turismo y patrimonio cultural, vol. 1, nº 2, http://www.pasoline.org. *Sierra Rodríguez, X.C. (1999a): “Experiencias de patrimonialización e musealización. Identidade local en concellos non urbanos”, en: Galicia fai dousmil anos. O feito diferencial galego III. Antropoloxía, vol 2, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, pp. 295-327. Sierra Rodríguez, X.C. (1999b): “Museos y patrimonio etnológico. Una propuesta para el desarrollo: los casos de Allariz y Vilar de Santos”, en: Patrimonio Etnológico. Nuevas perspectivas de estudio, Granada, Instituto Andaluz del P.H.-Junta de Andalucía, pp. 192-208. Sierra Rodríguez, X.C. (2001): “O patrimonio cultural e os museos, instrumentos para a construcción e a representación das identidades. Notas sobre (e dende) Galicia”, en Reboredo, X. M.: Etnicidade e nacionalismo. Simposio Internacional de Antropoloxía, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, pp. 527-567. Turner, V. (1980): La selva de los símbolos, siglo XXI, Madrid. Valcárcel Rivero, C. E e X. M. Santos Solla (1998):“Turismo rural, lingua e desenvolvemento rural”, Sémata, 9, pp. 79-106. 30 - UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS sicións de valor e interese sobre o que é ou non digno de conservación e estudo” (1998, 82). Os dominios político e económico explícitos e formalizados ofrecen xa ámbitos moi claros para levar a cabo esta negociación, pero deben estudarse e arbitrarse outros para detectar quen deben ser os potenciais interlocutores das institucións en cada caso (1998, 83) e facer chegar as voces de sectores e grupos e coletivos que quizais non teñen acceso nin participación nos ámbitos formais. Falamos dun proceso complexo que implica “normativas legais, tomas de decisión políticas, regulamentos, procedementos administrativos, estratexias de acción, plans e calendarios, obxectivos de comunicación, técnicas e medios audio-visuais, conferencias, actividades pedagóxicas e todo o entramado de recursos institucionais susceptibles de involucrar aos cidadáns” (Cruces 1998, 86) A animación sociocultural revélase aquí como un instrumento axeitado para levar a cabo accións concretas dentro do deseño das políticas socio-culturais dos concellos (Froufe, 2001; Pose, 2000). BIBLIOGRAFÍA Agudo Torrico, J. (1996): “Patrimonio etnológico e identidades. Los nuevos contenidos ideológicos del trabajo etnográfico en Andalucía” en E. Aguilar Criado (coord.) De la construcción de la Historia a la práctica de la Antropología en España, VII Congreso de Antropología Social, Zaragoza, pp. 219-234 *Aguilar Criado, E. (2003): “La cultura como recurso en las políticas de desarrollo rural. Una lectura desde la globalización”, en: Cultura y política, Actas 9 Congrés d’Antropologia, Barcelona, edición en CDRom, ICA/ FAAEE. Ariño Villarroya, A. (2004): “La promoción del patrimonio y la cultura popular” en X. Bouzada Fernández Cultura y participación, Consello da cultura Galega, pp. 51-77. Ballart, J. (1997): El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona. Ballart Hernández e J. Juan i Tresserras (2001): Gestión del patrimonio cultural, Barcelona, Ariel. Bermejo Barrera, J. C. (2002): “Sobre el buen uso de los monumentos arqueológicos”, Gerión, nº1, pp. 11-32. *Cruces, F. (1998): “Problemas en torno a la restitución del patrimonio. Una visión desde la antropología”, Política y sociedad, 27, pp. 77-87. Durkheim, E. (1982): Las formas elementales de la vida religiosa, Madrid, Akal. Escalera Reyes, J. (1993): “Espacios Naturales-Espacios Sociales: Por un Tratamiento Integral del Patrimonio Ecológico-Cultural de Andalucía. El Caso del Parque Natural de la Sierra de Aracena y los Picos de Aroche (Huelva)”, en González Rumbo, I. (Coord.): Parques Naturales Andaluces. Conservación y Cultura, Junta de Andalucía, pp. 11-17. UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 3 MATERIA: ANTROPOLOXÍA, PATRIMONIO CULTURAL E EDUCACIÓN. PATRIMONIO ETNOGRÁFICO E CONSTRUCIÓN DAS IDENTIDADES LOCAIS TITULACIÓN: LICENCIATURA EN PEDAGOXÍA / DIPLOMATURA EN EDUCACIÓN SOCIAL / MÁSTER EN SERVIZOS CULTURAIS PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica UNIDADE I. O patrimonio cultural: defi nicións e usos sociais Tema I: Os conceptos de cultura e patrimonio. Tipos de patrimonio. A constitución do ámbito do patrimonio. Do patrimonio como valor esencial ao patrimonio como construción social. A natureza e a historia como fontes de sacralidade. Tema II: Os axentes a as dinámicas de patrimonialización. Tipos de axentes. Dinámicas patrimonializadoras das institucións políticas: construción de identidades e desenvolvemento económico apoiado no turismo. O patrimonio como ámbito de participación e reflexividade. Tema III: Museos e outras formas de representación dos fenómenos culturais. A interpretación do patrimonio. Tema IV: O patrimonio etnográfico no ámbito local: iniciativas para a súa recuperación e dinamización. Elementos de patrimonialización. Arquivos da memoria. Tema V: Marcos legais para a protección do patrimonio: a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Tema VI: Análise de casos en Galicia. UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 29 cións relacionadas co patrimonio. Porén, moitas veces, fan un uso irresponsable e oportunista del, poñendo en marcha dinámicas patrimonializadoras a corto prazo orientadas exclusivamente polo interese “nas inauguracións, no clientelismo e na rendibilidade electoral” (Ll. Prats 1999, 142) que non se apoian na asistencia técnica e xestora de especialistas, nin se enmarcan nun planeamento global axeitado. Entre as consecuencias máis nefastas deste uso oportunista do patrimonio encóntrase a folclorización e espectacularización da cultura e a redución das manifestacións culturais a meras imaxes para o consumo, “auténticos simulacros” (Bermejo, 2002, 24) dos que se substrae o sentido interno que as constitúe. Isto tradúcese na construción de imaxes ruralizantes e esencialistas do noso pasado, nun “folclorismo de degustación” na gráfica expresión de Sierra (1999a, 311), que prefabrica versións das identidades locais, útiles ideoloxicamente porque producen un ben de doado consumo turístico, pero baleiras que pouco ou nada teñen que ver coa historia real, a diversidade e o cambio que existe en toda sociedade local. O éxito das políticas do patrimonio, entendendo por tal a consecución de efectos verdadeiramente dinamizadores, esixe a súa integración nunha planificación global do territorio e nunha estratexia política, económica e socio-cultural estimada viable para este (Sierra, 1999a, 298) coa coordinación de accións e de axentes sociais e políticos implicados. Sen esquecer nunca que a finalidade de todo proxecto de desenvolvemento debe ser a mellora das condicións de vida locais. Como afirman Ballart e Tresserras (2001, 204), o turismo é un consumidor intensivo do territorio e debe planificarse o seu desenvolvemento cunha visión a longo prazo que precise os obxectivos económicos que se queren cumprir, os espazos que hai que protexer, así como a identidade que se quere costruír. Neste sentido resulta esencial a converxencia entre as políticas educativas, culturais e turísticas. É necesario educar e sensibilizar á poboación respecto a valores culturais da propia zona que en moitos casos ignora. Pero tamén é necesario “converter o que é culturalmente significativo para a comunidade en patrimonialmente relevante” (Prats 2005, 25). Isto esixe estudar e afondar na recuperación e fortalecemento da memoria local para que esta poida nutrir o patrimonio desde os significados culturais e os contextos sociais nos que se insire de maneira que este non resulte algo alleo á poboación. Nos proxectos de recuperación do patrimonio a memoria local e, en xeral, o patrimonio etnográfico non material do que esta forma parte, é sempre o grande esquecido a prol dunha visión monumentalista que privilexia os aspectos materiais máis acordes coa sociedade do espectáculo. Nesta liña Ll. Prats propón considerar o patrimonio como un instrumento integral de planificación local e “eixo vertebrador” do desenvolvemento en todos os sentidos, pero basicamente económicos, urbanísticos e simbólico-identitarios (1995, 13). A restitución enténdese desde esta perspectiva, tal e como sinala F. Cruces, como o “conxunto de mecanismos encamiñados a inducir ao longo do proceso algunha participación dos grupos sociais implicados” e “como un proceso de intercambio no que unha diversidade de axentes negocian po- 28 - UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS e impedir que cambie subtraéndoa ao paso do tempo, e é un símbolo de cohesión e grandeza. O modelo MERCANTILISTA considera o patrimonio en relación coa súa capacidade de xerar riqueza e pode velo tanto como un obstáculo ou como un elemento de valorización do espazo do que se poden obter beneficios. O modelo PARTICIPACIONISTA é o que concibe o patrimonio e a súa preservación en relación coas necesidades globais da sociedade e considera que a selección do que se preserva e o xeito de facelo debe decidirse a través dun proceso democrático. Este último modelo é efectivamente o que se corresponde cunha sociedade democrática comprometida coa busca da participación dos cidadáns nos distintos ámbitos da organización da vida social e, neste caso, das políticas nas que se integra a planificación e xestión do PC. Podemos achegarnos a este modelo a través do concepto clásico de restitución. A “restitución do patrimonio” defínese tradicionalmente como unha fase das actuacións técnicas sobre o patrimonio xunto coas de investigación, conservación e difusión. A restitución fai referencia á necesidade de que os valores do patrimonio revertan en beneficio da poboación local sobre a que este se asenta (Cruces,1998, 79). O contexto actual anteriormente descrito outorga novos significados e unha nova dimensión a este concepto que podemos resumir na frase de Neyret (1992), segundo a cal as actuacións sobre o patrimonio deben valorar non só “o pasado das pedras” senón tamén “o futuro dos seres humanos”. Así, hoxe en día a restitución preséntase tamén como restitución económica na medida en que o patrimonio se converte, como acabamos de ver, nunha fonte económica xeradora de ingresos a través do turismo. Pero á vez a protección e recuperación de manifestacións culturais orientadas pola súa conversión en produtos ou destinos turísticos pode contribuír á calidade de vida dos seus habitantes pola mellora do contorno, ao coñecemento e revalorización do propio, etc... Así, os procesos de activación patrimonial impulsados polo turismo son tamén procesos de activación e recreación das identidades nos que as poboacións enfróntanse ao sentido do seu pasado e ó deseño do futuro. O patrimonio e as manifestacións culturais locais móstranse non só como elementos de atracción do outro, do visitante e do turista e, por tanto, de proxección da sociedade cara a fóra, senón tamén como novos elementos de articulación e cohesión da propia sociedade local cara a dentro e como ámbito para a construción do “nosoutros” na que necesariamente debe basearse o éxito de calquera proxecto colectivo. Non cabe dúbida de que os poderes políticos locais son axentes con gran poder de intervención no deseño e execución dos proxectos de desenvolvemento local baseados nos usos turísticos do patrimonio. Deles dependen aspectos tan fundamentais como a dotación de recursos, a negociación con outras administración e poderes, a selección e contratación de técnicos cualificados e as medidas para facer efectiva a integración da poboación local (Sierra 1999a, 316). Como ocorre noutros lugares, en Galicia os poderes locais son cada día máis conscientes do atractivo e amplo consenso que suscitan as actua- UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................7 Sentido da unidade no conxunto do programa .........................................8 Os obxectivos ...............................................................................................8 Os principios metodolóxicos .....................................................................9 As actividades ..............................................................................................9 Os contidos básicos .................................................................................11 1. Os conceptos de cultura e de patrimonio ....................................11 2. tipos de patrimonio ......................................................................14 3. A constitución do ámbito do patrimonio ......................................19 3.1. Do patrimonio como valor esencial ao patrimonio como construción social ....................................................19 3.2. A natureza e a historia como fontes de sacralidade .........21 4. Axentes e dinámica de patrimonialización ..................................23 4.1. Dinámicas patrimonializadoras das institucións gubernamentais ................................................................25 4.1.1. Promover imaxes comunitarias ..............................25 4.1.2. O desenvolvemento económico apoiado no turismo ..............................................................26 5. O patrimonio como ámbito de participación e reflexividade ........27 Bibliografía .................................................................................................30 UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 27 O turismo constitúe hoxe en día en Europa un sector económico estratexicamente deseñado desde as propias institucións do Estado para facer fronte á crise dos sectores produtivos primarios que sofren determinadas rexións europeas como Galicia como consecuencia da integración económica europea. Os valores da natureza, da historia e da tradición, dos que xa temos falado, van ser utilizados na mobilización de fluxos turísticos desde as zonas máis desenvolvidas, industrializadas e urbanizadas cara a aquelas outras rexións que, precisamente polo seu atraso e carácter periférico, conservaron un marcado carácter rural e atesouraron manifestacións históricas e naturais relevantes. O desenvolvemento deste tipo de turismo, así como a protección, revalorización e potenciación dos recursos nos que se basea, resulta ser un obxectivo importante da Política Agraria Común (PAC), que se concreta como tal nas accións centrais de moitos programas de desenvolvemen- to rexional da Unión Europea, como o Leader (Relacións entre Accións de Desenvolvemento da Economía Rural) e o Proder (Programas de Desenvolvemento e Diversificación da Economía Rural), de aplicación nas zonas incluídas dentro do Obxectivo 1 (rexións agrícolas atrasadas), no que se atopa clasificada Galicia. Nestes programas deséñase un novo modelo de mundo rural, non centrado exclusivamente na produción agraria, senón baseado na diversificación de actividades económicas e na revalorización de recursos ata agora infrautilizados como paisaxes, arquitectura popular, festas e rituais, artesanía, gastronomía, etc. (Aguilar Criado 2003, 2). A pregunta acerca do risco ou da oportunidade que ofrece esta nova situación divide desde hai tempo aos estudosos do fenómeno turístico. O turismo de masas do século pasado centrado nos valores de sol e praia, deu abundantes mostras e exemplos dos riscos, nas graves consecuencias que tivo a especulación inmobiliaria coa destrución da paisaxe e na urbanización e uniformación a gran escala de lugares e espazos que perderon as pegadas da súa historia e a súa configuración idiosincrásica. Tampouco supón un risco menor a mercantilización da cultura, que pode comportar a súa conversión nun produto de consumo rexido exclusivamente pola lei da oferta e da demanda, redutora das dimensións máis propias da cultura (Greenwood, 1972). As políticas turísticas pretenden orientarse hoxe por parámetros diferentes como son o desenvolvemento endóxeno e sostible e a implicación da poboación local. O PATRIMONIO COMO ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN E 5. REFLEXIVIDADE Seguindo a García Canclini (1993) podemos establecer os seguintes modelos de actuación sobre o patrimonio que poden seguir os distintos axentes que interveñen nos procesos de patrimonialización: Para o modelo que podemos cualificar como TRADICIONALISTAMONUMENTALISTA, o patrimonio encerra unha esencia que hai que gardar 26 - UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS representacíón lexitimación IDENTIDADE HISTORIA PATRIMONIO (símbolo e soporte) selección Nos traballos de campo debemos descubrir estes procesos de construción identitaria atendendo especialmente aos recursos patrimoniais que se utilizan para simbolizar as afirmacións da identidade. O desenvolvemento económico apoiado no turismo4.1.2. Un novo foco de interese das administracións públicas sobre o patrimonio vén dado hoxe en día polo importante papel que este pode cumprir no desenvolvemento económico a través da súa asociación co turismo. O turismo é unha nova forma de viaxe que nace coa modernidade. Primeiro foi unha práctica limitada ás clases altas das sociedades máis avanzadas pero progresivamente foi estendéndose entre amplas capas da poboación. Isto foi posible grazas tanto a cambios tecnolóxicos como a condicións de tipo social. Entre os primeiros hai que destacar o desenvolvemento dos medios de transporte e a construción de vías de comunicación. Entre as segundas, o aumento do tempo de ocio e as vacacións pagadas dos traballadores. Os sociólogos S. Lash e J. Urry (1995) destacan a grande importancia que posúen non só o turismo senón a mobilidade en xeral, como fenómeno cultural propio da sociedade moderna e no que se expresan moitas das súas características específicas. Expresións como “turismo rural”, “ecoturismo”, “turismo verde” “turismo de natureza” ou “turismo cultural” refirense a un novo modelo que está a reemplazar o modelo anterior dominante nos anos 60-70 do século pasado denominado de “sol e praia”. No mundo anglosaxón resúmese o paso dun ó outro modelo falando da substitución dos tres “s” (sun, sand, sea) polos tres “n” (natureza, nostalxia, nirvana). O novo modelo responde á necesidade de saída e afastamento das grandes cidades por parte dos “urbanitas” e está orientado pola busca de experiencias relacionadas cos valores da “autenticidade”, da natureza incontaminada, das raíces históricas e da tradición. Entre os moitos contrastes que existen entre o primeiro modelo de desenvolvemento turístico e o actual está o feito de que mentres o primeiro foi impulsado directamente pola iniciativa privada empresarial, o actual caracterízase polo intervencionismo estatal e o control directo que as administracións exercen sobre o deseño e o financiamento das iniciativas (Valcárcel Rivero e Santos Solla 1998). UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 7 PRESENTACIÓN O patrimonio cultural (PC) está converténdose nunha realidade cada vez máis presente e importante na sociedade actual. Isto ten que ver con cuestións culturais moi actuais como por exemplo o multiculturalismo, a reivindicación das identidades ou o interese polas tradicións e o pasado. Pero tamén ten que ver con aspectos económicos como o desenvolvemento rural e o turismo. O patrimonio é hoxe en día un recurso que non pode pasar desapercibido nos programas integrais para un desenvolvemento endóxeno e sustentable. Isto leva a que aumente o abano de especialistas que deben adquirir na súa formación un marco conceptual que permita comprender a natureza do PC, o conxunto de aspectos que engloba, así como a súa significación e usos na sociedade. Os contidos desta unidade didáctica pretenden ofrecer unha formación inicial e básica en torno a estes aspectos. Forman parte das materias “Antropoloxía, Patrimonio Cultural e Educación” e “Patrimonio Etnográfico e construción das identidades locais” que se ofrecen como optativas na Licenciatura en Pedagoxía, na Diplomatura en Educación Social (a primeira) e no Posgrao en Servizos Culturais (a segunda), da Universidade de Santiago. Polo que respecta á titulación de Servizos Culturais resulta claro que hoxe en día unha parte importante da demanda de produtos e servizos relacionados coa cultura está centrada no PC e, en particular, nas manifestacións da cultura propia de Galicia que integran o chamado patrimonio etnográfico. No caso da Educación Social e da Pedagoxía, o PC faise relevante en ámbitos como a animación sociocultural e a xestión cultural local. Educar e sensibilizar no valor do PC é educar no respecto á diversidade cultural, na identificación das persoas co legado do pasado e a memoria. Promover o patrimonio en ámbitos locais representa un xeito de fomentar a sociabilidade e o encontro interxeracional. O enfoque desta UD é o propio da área específica de coñecemento da Antropoloxía Socio-Cultural. Na medida en que o PC abarca manifestacións culturais de diverso tipo son varias as áreas de coñecemento implicadas no estudo e análise do patrimonio: a Arqueoloxía, a Arquitectura, a Historia, a Historia da Arte, etc... O característico da Antropoloxía é que introduce unha visión intercultural e comparativa e se interesa pola produción social do patrimonio así como polo seu uso e valor social, contemplándoo como un ámbito no que se entrelazan e converxen moitos outros fenómenos sociais: as identidades sociais, o poder e as desigualdades, os valores cambiantes, a economía, etc... 8 - UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS SENTIDO DA UNIDADE NO CONXUNTO DO PROGRAMA Esta unidade didáctica abarca dous temas primeiros do programa, referidos ás definicións e concepcións do patrimonio cultural (tema 1) e os axentes e dinámicas de patrimonialización (tema 2). Nela adquiriremos as ideas e conceptos máis básicos respecto do que é o PC e os seus usos na sociedade. Abordaremos un conxunto de definicións verbo do PC así como dos diversos tipos de patrimonio que comprende. Preténdese igualmente achegar os elementos do marco conceptual que debe utilizar o alumnado para analizar os casos reais que serán obxecto do seu traballo persoal na materia. Os contidos deseñáronse coa intención de proporcionar ó alumnado instrumentos para a observación e análise crítica da realidade. Presentaremos unha concepción do PC “procesal”, “construtivista” e “participacionista”. Isto implica aclarar a diferenza que existe entre cultura e patrimonio e as razóns e contextos que explican que unha determinada manifestación cultural se converta en patrimonio: que grupo social a considera como tal, que valores e sentidos lle atribúe, que accións leva a cabo para que se recoñezan eses valores, etc... Observaremos o PC como un ámbi- to político sobre o que se reflicten diversos intereses e identidades sociais. Pretendemos sensibilizar na idea de que a xestión profesional do patrimonio debe seguir criterios rigorosos de respecto á realidade histórica e cultural. Pero tamén debe promover a participación social e democrática, de xeito que o patrimonio se converta nun ámbito no que poidan recoñecerse a diversidade de individuos e grupos que forman parte da sociedade. Aplicaremos esta mirada á sociedade actual sinalando as súas características xerais que permiten comprender a importancia que adquiren os procesos de patrimonialización particularmente en Galicia, a diversidade de axentes que os promoven (organismos internacionais, administracións públicas, sociedade civil, etc...), así como as dinámicas ás que responden (construír identidades sociais, turismo, desenvolvemento local, etc...). OS OBXECTIVOS Distinguir a concepción construtivista e participacionista do PC • da concepción esencialista e monumentalista. Diferenciar os distintos tipos de patrimonio e enumerar as mani-• festacións que comprenden. Relacionar o auxe actual do patrimonio con características pro-• pias da sociedade actual. Identificar manifestacións patrimoniais situadas en ámbitos lo-• cais como recursos para o desenvolvemento e a dinamización socio-cultural. Analizar a estrutura social e institucional da que depende a pos-• ta en valor do PC. UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 25 A xestión do patrimonio desenvólvese nun tema específico do programa desta materia. En correspondencia co carácter introdutorio desta UD e o seu énfase na súa produción e usos sociais, aquí preguntarémonos polos intereses e obxectivos aos que responden e ás dinámicas xeradas polas administracións públicas en relación co patrimonio. Estes intereses e obxectivos articúlanse en torno a dúas grandes liñas de actuación: a promoción de imaxes comunitarias e o desenvolvemento económico apoiado no turismo. Dinámicas patrimonializadoras das institucións 4.1. gubernamentais Promover imaxes comunitarias4.1.1. Xa vimos que o patrimonio constitúese como un ámbito social específico no século XIX en vinculación directa cos nacionalismos e o seu afán de lexitimarse e representar a identidade común a través dos monumentos e dos símbolos do pasado. A promoción de imaxes comunitarias segue a ser hoxe en día un interese moi presente nas actuacións das administracións públicas en relación co patrimonio. Os proxectos colectivos esixen sempre cohesionar aos grupos en torno a obxectivos comúns, fomentando sentimentos de pertenza que consigan atenuar as diferenzas que existen no interior dos grupos humanos. Mostrar a historia que se comparte e mobilizar afectos e sentimentos en relación cos acontecementos históricos resulta ser unha estratexia básica para a construción do nosoutros. Nesta tarefa, como xa vimos atrás, o patrimonio convértese nun instrumento privilexiado. Así por exemplo, a participación das institucións políticas na revalorización actual do Camiño de Santiago á que nos referíamos anteriormente ten moito que ver coa construción política de Europa e a promoción dunha identidade común europea entre os cidadáns. Na nova conxuntura política o Camiño convértese nun elemento de gran virtualidade para ser presentado como símbolo das raíces culturais e dos ideais comúns de Europa. Se prestamos atención ao discurso que utilizan os políticos cando falan do Camiño, veremos que o interpretan de xeito completamente diferente á Igrexa, obviando os aspectos relixiosos e presentando como expresión da meta común, das crenzas compartidas, do espazo de encontro e comunicación que representa Europa. A partir dos delineamentos que viñemos desenvolvendo podemos trazar un esquema que nos axuda a fixar a vinculación esencial que existe entre os termos identidade-historia e patrimonio nos procesos de construción das identidades colectivas 24 - UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS Por sociedade civil entendemos o conxunto de organizacións non gubernamentais que interactuan nun contexto social determinado. Organizacións encadrables nesta categoría cuxa actuación pode ter incidencia sobre o patrimonio son por exemplo as asociacións cívicas de diverso tipo como as asociacións de veciños ou as asociacións culturais. Unha asociación de veciños pode contemplar complementaria ou puntualmente algunha actuación sobre o patrimonio. As asociacións culturais poden ser xeneralistas (ocúpanse en xeral da cultura e do patrimonio) ou ben sectoriais, de xeito que a súa actuación se centra especificamente sobre un determinado ben patrimonial. Un exemplo deste último caso é precisamente o das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. Os traballos realizados na materia ao longo destes anos puxeron de relevo a importancia que está tendo en Galicia o movemento asociativo como impulsor dos procesos de patrimonialización, así como a diversidade de accións que este leva a cabo: reivindicativas, educativas e sensibilizadoras, promotoras e xestoras, mesmo investigadoras. Estas accións poden chegar a ter un grande efecto dinamizador sobre os contornos locais. Como afirma A. Ariño, moitas veces estas asociacións “mobilízanse para defender bens pouco recoñecidos polas políticas vixentes e para sensibilizar ao conxunto da sociedade ante os riscos de deterioro do seu contorno e identidade” (2002, 64). O seu ámbito de actuación é, pois, con moita frecuencia o espazo público local e esta responde á tentativa de producir un espazo social próximo dotado de significatividade e calidade de vida. A empresa privada contemplou frecuentemente o patrimonio como un obstáculo para as súas actuacións. Un exemplo claro disto podémolo ver nas limitacións referentes ao uso de solo asociadas á protección de bens patrimoniais inmobles que poden afectar ás empresas construtoras. Non obstante, hoxe en día isto está cambiando, sobre todo con respecto á empresa turística e outros sectores empresariais asociados a ela pola importancia que, como veremos, está a adquirir o patrimonio para o desenvolvemento turístico. As organizacións e institucións gobernamentais: estrutúranse en diferentes niveis en función da organización administrativa e territorial de cada país. Teñen un gran poder de actuación sobre o patrimonio. Este poder radica na capacidade que posúen de lexislar, financiar, xestionar e desenvolver programas e actuacións amplos no marco das políticas culturais, urbanísticas e de desenvolvemento. No caso de Galicia, estas organizacións e institucións sitúanse en catro niveis administrativos: internacional ou supraestatal (como a Unesco, o Consello de Europa ou a Unión Europea), nacional español ou estatal, autonómico galego e local ou municipal. Cada un destes niveis posúen competencias, nuns casos específicas, noutros compartidas, que teñen que ver co que se denomina a xestión do patrimonio cultural. O concepto de xestión do patrimonio refírese ao conxunto de actuacións programadas co obxectivo de conseguir unha óptima conservación de bens patrimoniais e un uso destes bens axeitado ás esixencias sociais contemporáneas (Ballart Hernández e Juan i Tresserras 2001, 15). UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 9 Interesarse e sensibilizarse polo valor do PC de Galicia, así • como polo que existe no contexto máis próximo. OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A UD, como en xeral a materia, pretende establecer unha corres-• pondencia moi estreita entre o desenvolvemento da teoría e a observación na realidade de casos de posta en valor do PC. Isto perseguirase distribuíndo e coordinando o traballo na materia entre as CLASES PRESENCIAIS, a realización dun TRABALLO DE CAMPO por parte do alumnado e as TITORÍAS. CLASES PRESENCIAIS: consistirán na explicación dos conti-• dos teóricos por parte da profesora así como na exemplificación destes contidos en casos prácticos. Preténdese que estes sexan achegados en gran parte polo alumnado que deberá ir presentando nas clases aspectos parciais resultado da elaboración progresiva dos seus traballos. Tamén se utilizará a Internet como un instrumento asiduo para facer localizacións e buscas de casos. TRABALLO DE CAMPO: o alumnado, ben individualmente ou en • grupo, deberá realizar un traballo de campo que terá por obxecto observar e analizar un caso de posta en valor do patrimonio que se estea producindo nunha sociedade local próxima ou á que se poida ter un fácil acceso. Preténdese que as contribucións particulares sirvan para enriquecer a experiencia da clase no seu conxunto, elaborando deste xeito entre todos un mapa e un diagnóstico da diversidade de actuacións sobre o patrimonio que se están producindo na actualidade en Galicia. O traballo desenvolverase ao longo do curso e será orientado • e supervisado mediante a asistencia obrigatoria a TITORÍAS. Nelas daranse as directrices para elaborar o proxecto inicial e indicaranse as distintas actividades que se deberán realizar nas distintas fases do traballo. Estas actividades parciais serán recollidas polo alumnado nun cartafol que se deberá entregar ao final do curso xunto co traballo rematado. AS ACTIVIDADES Estas actividades son as indicadas tanto para o estudo dos contidos da UD como para a fase inicial de elaboración do traballo de campo que se corresponde con eles. Buscar na rede o uso de conceptos como “patrimonio cultural”, • “patrimonio etnográfico”, “patrimonio etnolóxico”, “patrimonio natural”, “patrimonio arqueolóxico” e outros termos asociados á pa- 16 - UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS cepto. Desde as novas achegas inténtase fuxir dos enfoques “arqueoloxistas” que, como di Agudo Torrico, priorizan o interese polos compoñentes culturais que testemuñan un pasado en vías de extinción (1996, 221). Desde os novos enfoques o patrimonio etnográfico estaría integrado por aqueles elementos culturais que, como resultado da transmisión xeracional, isto é, como resultado dunha tradición3, dotan dun carácter diferencial aos grupos humanos. Ten que ver cos elementos de identidade e diferenciación de grupos ou colectivos. Pero a identidade non debe entenderse aquí como unha esencia que non cambia e por tanto representada unicamente polas manifestacións do pasado, senón como resultado do mantemento de elementos de continuidade a través dos cambios e do paso do tempo. Transformación e continuidade resultan do uso e da adaptación constante dos elementos culturais por parte dos individuos. Estes toman os recursos culturais dos que dispoñen pero adáptanos e transfórmanos continuamente ás novas circunstancias. Debemos pois adoptar unha visión dinámica do patrimonio etnográfico considerándoo non como algo que pertence ao pasado e que unicamente se pode conservar en museos senón como un legado que se está a incorporar ao presente de xeitos diferentes. Trátase dunha visión tanto máis necesaria en Galicia, un contexto no que se produciron rupturas bruscas co pasado que levaron a ignorar ou mesmo a desprezar moitas manifestacións culturais que hoxe en día se están a recuperar e a transformar ó descubrirse como recursos valiosos para construír o presente e o futuro. Os traballos de campo nesta materia pretenden estudar estes procesos de recuperación e transformación, así como os novos valores e usos que adquiren estes elementos do patrimonio etnográfico de Galicia. Unha clasificación que se adoita aplicar a todos estes tipos de patrimonio e atende á materialidade ou non dos elementos é a que consiste en diferenciar entre patrimonio material e patrimonio inmaterial ou tamén patrimonio tanxible ou intanxible. Trátase dunha diferenciación que reproduce a que xa vimos entre cultura material e inmaterial. O material e o inmaterial son dúas dimensións que están sempre presentes en calquera manifestación cultural e son inseparables. Como vimos anteriormente no exemplo da caza, as ferramentas son elementos materiais pero o seu uso implica elementos como coñecementos e normas que son inmateriais. Do mesmo xeito, manifestacións culturais inmateriais como rituais ou sistemas de crenzas, concrétanse en accións materiais ou obxectos. Pensemos por exemplo en todos os obxectos que podemos atopar nunha igrexa e que están asociados ás crenzas e rituais relixiosos: imaxes de santos, libros ou postais de devoción, petos de ánimas, exvotos, etc... A efectos de clasificación podemos recoñecer, non obstante, que hai manifestacións culturais nas que pesa máis un ou outro destes aspectos materiais ou inmateriais. En referencia ao patrimonio material diferénciase entre patrimonio moble e inmoble. A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia integra no que denomina bens mobles os obxectos removibles ou transportables (como libros, cadros, xoias, tecnoloxía, etc…) que poden estar agrupados en forma 3 Etimoloxicamente a palabra tradición procede do latín trans do que significa transmitir, entregar, facer pasar a mans de outro, e con este sentido, dunhas xeracións a outras. UNIDADE 1. O PATRIMONIO CULTURAL: DEFINICIÓNS E USOS SOCIAIS - 17 miscelánea ou monográfica e poden integrar coleccións ou museos. Os bens inmobles, pola súa banda, comprenden edificios ou construcións localizadas nun territorio. A lei usa as seguintes categorías nas que poden ser clasificados este bens inmobles: monumento, conxunto histórico, xardín histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico, ou zona paleontolóxica. Dentro do apartado dedicado ao patrimonio etnográfico, a lei galega refírese ao que denomina bens inmobles de carácter industrial, os cales inclúen “ os restos físicos do pasado tecnolóxico produtivo e industrial galego”. Podemos pensar aquí como exemplos típicos nos hórreos ou nos conxuntos de batáns e muíños para moer o gran ou asociados á produción téxtil e que constitúen un foco común de iniciativas restauradoras e patrimonializadoras en moitos concellos de Galicia. O patrimonio etnográfi co inmaterial inclúe segundo a lei “coñecementos, actividades, prácticas, saberes e calquera outras expresións que procedan de modelos, técnicas, funcións e crenzas propias da vida tradicional de Galicia”. Se os batáns e os muíños son parte do patrimonio etnográfico material os saberes acerca da súa fabricación, funcionamento e usos son tamén parte do patrimonio, así como outros aspectos asociados a esas actividades como celebracións, festas, refráns, contos etc... Outros exemplos de patrimonio etnográfico inmaterial e que nos poden servir para orientar o traballo de campo que debemos realizar nesta materia son os coñecementos, normas e ideas relativos a aspectos culturais, como a organización social (diferenzas entre homes e mulleres, a unidade familiar, as etapas da vida, etc...), as celebracións cíclicas colectivas ou festas do ciclo anual (entroido, festas parroquiais, romarías), a cosmovisión (prácticas curativas, crenzas, a morte e o máis alá, a bruxaría, etc...). Debemos coñecer ben todas estas diferenciacións de uso común pero cómpre resaltar que organizacións como a Unesco4 non utilizan a categoría de patrimonio etnográfico mostrando preferencia pola de patrimonio cultural máis abarcante. Efectivamente esta categoría ten a vantaxe de evitar as connotacións do uso etnocéntrico e arqueoloxista do concepto de patrimonio etnográfico ao que xa nos temos referido e de equiparar baixo este epígrafe o valor de manifestacións culturais moi diferentes pertencentes tamén a moi diversos tipos de sociedades. Para a Unesco o patrimonio cultural abarca monumentos, grupos de edificios, sitios que teñen valor histórico, estético, arqueolóxico científico, etnolóxico ó antropolóxico, con independencia de a que tipo de sociedade pertenzan. Para rematar coas aclaracións respecto ás diversas categorías de patrimonio engadiremos algo sobre o patrimonio natural. Seguindo novamente a definición da Unesco, podemos dicir que este comprende formacións físicas, biolóxicas e xeolóxicas excepcionais, hábitat de especies animais e vexetais ameazadas e zonas que teñan valor científico, de conservación ou estético. Non obstante, non podemos considerar o patrimonio natural como unha categoría completamente separada do patrimonio cultural e mesmo, 4 O nome desta organización internacional responde ás siglas de United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization. É a organización da que se valen as Nacións Unidas (ONU) para promocionar a educación, a ciencia e a cultura. Cfr.www.unesco.org/archive/conventio-es.pdf