scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Introdución. Sobre a verdade do texto e a verdade material

González, Déborah

Full text

Introdución Sobre a verdade do texto e a verdade material Déborah González – Universidade de Santiago de Compostela Na súa contribución titulada “I Canzonieri: De<nizione di genere e problemi di edizione”, D’Arco Silvio Avalle1 presentaba a doppia verità do libro medieval como unha realidade complexa constituída polo que o <lólogo italiano denominaba “a verdade dos protagonistas”, que relacionaba con aquela a que se aspira na edición crítica da obra de cada trobador, e “a verdade dos testemuños”, que correspondería ao texto legado por cada un dos manuscritos2, e que, sen dúbida, ten repercusión en todo tipo de edición que se faga do texto. O presente volume leva por título Verdades duplas. A verdade do texto e a verdade material, oGecéndose convenientemente matizado co subtítulo Cancioneiros e 7agmentos galego-portu- gueses. Tal designación obedece, por un lado, á vontade de evocar a reIexión de Avalle e, por outra parte, á intención de incidir na procura da “verdade do texto”, vista esta en relación coa actividade <lolóxica, a crítica textual e a hermenéutica, con apoio da “verdade material” revelada por cada cancioneiro ou Gagmento manuscrito, que poderá ser relativa á constitución e preservación dos contidos no seu interior ou versar sobre a copia nun testemuño concreto e o proceso da súa materialización. Precisamente pola información que facilita, o exame material dos cancioneiros que legan as cantigas repercute en bene<cio da edición destas, e igualmente pode favorecer a perspectiva sobre os casos de variación e ante a ocorrencia de calquera “pertur- 1Recollido en La doppia verità. Fenomenologia ecdotica e lingua letteraria del medioevo romanzo, Firenze: SISMEL, Edizioni del Galluzzo / Fondazione Ezio Franceschini, 2002, pp. 155-173, o estudo “I Canzonieri: de<nizione di genere e problemi di edizione” aparecera previamente no volume misceláneo La critica del testo. Problemi di metodo ed esperienze di lavoro. Atti del Convegno di Lecce, 22-26 ottobre 1984, Roma: Salerno Editrice, 1985, pp. 363-382. 2En palabras de Avalle: “Alle varie operazioni di disintegrazione e di ricomposizione del libro medievale <nalizzate all’edizione critica di singoli autori, andrà quindi aMancata un’altra operazione, forse più modesta, ma non meno produttiva di senso, e cioè il riconoscimento della verità delle singole antologie, indipendentemente da quella, occulta e molto spesso problematica, degli autori in esse compresi. E tutto questo non per una forma di malinteso bedierismo, ma in omaggio al principio di quella che oserei de<nire la ‘dopia verità’ dei documenti del passato: la verità dei protagonisti, che è quella cui aspirano le edizioni critiche di singoli autori, e la verità dei testimoni per il momento aMdata (tranne le poche eccezioni dovute al fatto di costituire dei ‘codices unici’) alle edizionni diplomatiche o semidiplomatiche”, p. 166 da edición de 2002. 5 Déborah González bación” que poida darse (lagoas, alteracións na sucesión das pezas, modi<cacións de esencia ou orde de elementos paratextuais, etc.). Cada libro manuscrito é un artefacto cultural único polas súas características materiais e polas especi<cidades que presente no plano textual, sen esquecer a concorrencia doutro tipo de singularidades derivadas de contidos musicais e/ou dun programa decorativo e iconográ<co. O códice medieval non debe ser visto polo <lólogo como un simple soporte no que é legado o texto literario, pois a observación minuciosa do plano material concede información valiosa sobre o proceso de materialización da copia, pode brindar datos oportunos para o estudo da constitución e transmisión dun texto ou dun conxunto textual, así como tamén oGecer pistas de tipo cultural (sobre as coordenadas cronolóxicas, xeográ<cas e sociais de produción, sobre scriptoria e centros de recepción, etc.). Na actividade <lolóxica tampouco debe desatenderse a presentación da copia en cada un dos testemuños manuscritos, no que <can implicados a identi<cación e o estudo da variación e de variantes (aspecto que as edicións dixitais permiten ilustrar de xeito particular). De tal maneira, alén de colaborar nunha percepción máis completa sobre o aspecto físico dun testemuño determinado, o exame material exercido desde a <loloxía pode repercutir en bene<cio da valoración crítica do texto, a súa correcta interpretación e <xación. En síntese, se o labor ecdótico non debe prescindir dos indicios que proporciona o plano material e a materialización da copia en cada testemuño, a investigación que se realice desde a <loloxía material debe poñerse ao servizo da hermenéutica e da edición crítica do texto. Constituído por oito contribucións, este monográ<co foi concibido para explorar a verdade textual e a verdade material dos cancioneiros galego-portugueses, tendo en consideración tanto os códices da lírica trobadoresca como os ricos manuscritos das Cantigas de Santa Maria, colaborando na <xación dun mellor coñecemento crítico dos cancioneiros e dos textos. Na descrición e análise do libro medieval, a expresión “lagoa” ou “estado lacunar” non debería ser aplicada para facer referencia, indistintamente e sen maiores precisións, tanto ás carencias <sicamente marcadas como aos espazos sen texto, tal como chama a atención Maria Ana Ramos no seu estudo, “Cancioneiros. Entre lacunas e ausências textuais. O indício de uma letra de espera”. Nel establece unha plausible distinción entre a privación derivada dunha degradación material, que, con base nos indicios que proporcione o propio cancioneiro manuscrito, pode suporse mediante unha conjectura de proximidade, e aqueles lugares onde se pode estimar unha “ausencia textual” con apoio na observación doutros testemuños, o que a investigadora chama conjectura à distância. Con pertinencia para o estudo da lírica galego-portuguesa, estas consideracións son ilustradas por Ramos a través da exposición e análise de varios casos localizados no Cancioneiro da Ajuda: a ausencia textual da cantiga A69 no caderno II; a “alteración” que se observa a partir da inclusión do caderno VII na sucesión de fascículos con numeración primitiva; e atendendo á zona <nal do cancioneiro, caracterizada pola incorporación de ciclos breves, Ramos examina o indicio deixado por unha letra de espera, aínda claramente vi- 6 Sobre a verdade do texto e a verdade material sible na marxe dun folio eliminado ou perdido. Estimando que esta sería a letra inicial da cantiga que inauguraría un novo ciclo de composicións, a análise comparativa co sector de B serve de apoio para que a investigadora portuguesa conxecture a inclusión (e posterior perda) da obra lírica dun novo trobador no Cancioneiro da Ajuda. Este mesmo códice será obxecto de atención por parte doutras autoras no interior do volume, coa pretensión de dar resposta a distintas cuestións. De maneira destacada, a observación da nota marxinal $jda escrita no f. 44r do Cancioneiro da Ajuda e asociable á <nda da cantiga A172 (Senhor e lume destes olhos meus, de Joan Soarez Coelho) foi o estímulo que levou a Ângela Correia a preguntarse pola plani<cación e materialización da copia das <ndas no manuscrito lisboeta (“Planeamento, execução e avaliação: as <ndas no Cancioneiro da Ajuda”). Máis en concreto, a investigadora leva a cabo un exame e valoración dos tres factores que poden aparecer marcando distintivamente estas estrofas conclusivas de cantiga no interior de A: en primeiro lugar, sobresae a particular distribución textual condicionada polo espazo previsto para a pauta musical; os outros dous aspectos analizados no estudo, que resultan menos constantes segundo as observacións de Correia, son: por unha parte, a disposición textual que non encontra correspondencia coa segmentación versal; por outra, o deseño ou a previsión dunha maiúscula de corpo especí<co. Ademais de reIexionar sobre a reprodución destas secuencias <nais no material utilizado e a proxección e execución da súa transcrición en A, nas súas conclusións Correia propón unha nova perspectiva sobre o valor da referida nota escrita nas marxes deste manuscrito. Varios estudos atenderán a cuestións diversas con repercusión para un mellor coñecemento da tradición manuscrita da obra dun trobador concreto. Pola súa parte, e sen deixarmos totalmente o cancioneiro medieval A, Carmen de Santiago Gómez dedica a súa análise á produción de Joan Soarez Somesso (“Lagoas e dislocacións. Unha aproximación material aos textos de Johan Soarez Somesso”), trobador activo na primeira metade do século XIII que encontra a súa obra testemuñada, de xeito desigual, en A e no apógrafo quiñentista B: mentres que este último reproduce 24 cantigas de amor e unha sátira, que aparece igualmente no primeiro sector, con atribución a Joan Soarez, a serie lírica que se reproduce no Cancioneiro da Ajuda está limitada a 17 composicións, localizadas entre lagoas privativas de texto. Destacarase que a presenza dislocada da sátira no testemuño italiano e a diverxencia no número de pezas transmitidas por cada un dos cancioneiros levarán a investigadora á formulación dunha nova conxectura destinada a explicar a ausencia en A dunha parte dos textos transmitidos por B. Fronte aos supostos principios que inicialmente puideron regular a confección das primeiras antoloxías, os apógrafos B e V dan indicios da transformación que experimentaría a “norma”, ante unha sorte de apertura nos criterios sociolóxicos e literarios para a selección e inclusión de autores e textos. Un exemplo disto encóntrase no traballo de Yara Frateschi Vieira (“Singularidades na preservação do corpus trovadoresco: as cantigas de Vidal, Judeu d’Elvas”), dedicado á 7 Déborah González transmisión das dúas cancións de Vidal, atribuíbles a este trobador grazas á particular rúbrica explicativa que as acompaña, e na que tamén se recoñece a vontade de mandalas escribir con afán de preservalas, a pesar de que, como subliña Vieira, se declare ter un coñecemento incompleto delas. A partir da inclusión das dúas pezas de Vidal entre as composicións de Fernando Esquio, a ausencia dun paratexto propiamente atributivo e a formulación particular do explicativo, Vieira leva a cabo unha exposición analítica sobre as rúbricas explicativas que conteñen información atributiva, identi<cando certos trazos enunciativos comúns entre algunhas das prosas. En último termo, a contribución convida a reIexionar sobre aspectos relacionados coa organización e incorporación de materiais nunha última etapa do proceso de compilación, así como sobre o(s) ámbi- to(s) onde puido propiciarse o cultivo e a recepción da lírica trobadoresca na súa fase <nal. Segundo a conclusión da investigadora, sería posible estimar un espazo meridional distinto dos centros señoriais e rexios coñecidos para fases anteriores. Localizado na conxecturada compilación de reis e magnates por A. Resende de Oliveira, o cancioneiro profano de Afonso X foi xa adxectivado como “irrequieto”3 precisamente polas non poucas particularidades con que se nos presenta, e boa parte das numerosas cuestións que suscita teñen captado a atención da crítica especializada de maneira recorrente. Na contribución titulada “La tradición manuscrita de la poesía profana alfonsí: un problema de <lología material”, o editor crítico da produción afonsina de carácter profano, Juan Paredes, retoma varios casos seleccionados que poderán resultar ilustrativos da conveniencia de ter presente a copia do(s) apógrafo(s), así como tamén posibles aspectos condicionantes no proceso da súa materialización (como a intervención dos copistas que a levaron a cabo, o sistema de copia empregado para a elaboración de B e V, etc.). Na súa exposición, trata problemas de diferente natureza: en primeiro lugar, ante as di<cultades detectadas na canción satírica Mester avia don Gil, testemuñada unicamente no apógrafo B (B457), o autor conxectura a interpolación dunha nota marxinal. O segundo caso comentado corresponde á celebre composición O que da guerra levou cavaleiros, que no interior do cancioneiro B ten o seu inicio no folio 110v, onde se le unha nota que sinala a súa continuación no “recolocado” folio 37r, no que as estrofas da cantiga se presentan riscadas. Por último, trata aínda da copia de B478, consistente unicamente no íncipit, incidindo na relación deste con V61. Malia a súa elocuente “desorde” e ocasional “disrupción”, os apógrafos B e V non deixan de ser os únicos testemuños directos da produción de Afonso X como trobador profano, o que non deixa de outorgarlles un carácter certamente valioso e excepcional. Se atendemos a libros manuscritos e cancioneiros confeccionados co patrocinio do Rei Sabio no seo do seu scriptorium, boa parte deles encerran unha elaborada complexidade no que toca á súa xestación e transmisión, do que as Cantigas de Santa Maria non constitúen precisamente unha excepción. En “‘Deus, Deus! 3Débese precisamente a António Resende de Oliveira (“O Irrequieto Cancioneiro Profano do Rei Sábio”. Revista Portuguesa de História XLIV, 2013, pp. 257-277). 8 Sobre a verdade do texto e a verdade material non me maravillo’. Internal transmission and textual criticism in the Cantigas de Santa Maria”, Stephen Parkinson céntrase en tres milagres da colección mariana de Afonso X (as cantigas 335, 204 e 124), que, transmitidos nos manuscritos E e T-F, oGecen distintas di<cultades desde o punto de vista textual e ecdótico, e cuxa análise convida a ter presente un tipo de variación con raíces no proceso de (re)elaboración das pezas no interior do propio scriptorium. Os tres casos son detalladamente expostos por Parkinson, amosando que a variación detectada neles pode verse en relación co que o autor denomina internal transmission, isto é, o manexo de redaccións intermedias no obradoiro das cantigas afonsinas (unha variación intrinsecamente ligada ao propio proceso creativo dos textos, desde a perspectiva da crítica xenética). Se para o milagre 335 propón a existencia de, polo menos, dúas versións intermedias entre a redacción primitiva e a copia dos cancioneiros E e F, para o milagre 204, exemplo de cantiga sometida a unha reelaboración textual e estilística consciente, o investigador estima un número aínda maior. Non menos complexa é a problemática do reGán de 124, pois para este ten en conta non só a repetición da secuencia na transcrición da cantiga no interior dos códices T e E, senón tamén a súa reprodución na táboa de contidos de E. En conxunto, a exposición feita por Parkinson sobre os tres casos ilustra a intricada complexidade da tradición textual subxacente aos libros das Cantigas. Con outra <nalidade, os manuscritos afonsinos das Cantigas de Santa Maria son obxecto de investigación por parte de Elvira Fidalgo e Antonio Fernández Guiadanes. Máis concretamente, en “Os copistas do códice T das Cantigas de Santa María”, os autores centran o seu interese nas mans que executarían a transcrición do Códice Rico (RBME T-I-1). Tendo en consideración estudos paleográ<cos anteriores sobre este cancioneiro, Fidalgo e Fernández Guiadanes efectúan un exame paleográ<co que os conduce a unha nova proposta sobre o número e as zonas de intervención dos distintos copistas no índice, no corpo textual que se estende polos folios do cancioneiro T, así como das lendas que glosan as súas miniaturas. As súas conclusións deseñan un cadro máis complexo e diverso do que ata agora se tiña contemplado para este rico manuscrito afonsino, pois, ademais de detectar a participación dalgunha man non recoñecida ata o momento, segundo a súa hipótese, terían intervido dous copistas na confección de cada un dos tres sectores examinados (i.e., índice, cantigas e lendas), o que, de fac- to, duplica as que se viñan estimando na transcrición de cada sector. A investigación sobre aspectos da materialización dun determinado libro medieval e a presentación do texto oGecido por un testemuño concreto poderá, eventualmente, verse bene- <ciada por novas posibilidades procedentes das humanidades dixitais. Como sinala Helena Bermúdez Sabel no seu estudo, titulado “L’édition numérique au service de la philologie matérielle. Modèles de la lyrique galégo-portugaise”, o ecosistema dixital concede novas posibilidades de presentación e consulta da información, como a que a propia a investigadora nos amosa na súa contribución. En concreto, tras a revisión de modelos de edición dixital de tipo paleográ<co, Bermúdez Sabel ilustra os avances que concede un novo prototipo de edición hi- 9 Déborah González perdiplomática: a presentación de DIGA (Édition hyperDIplomatique de la lyrique GAlégo-Por- tugaise) faise a través dunha pequena mostra consistente na edición dixital dun folio dos cancioneiros A e B, e entre as súas singularidades sobresae a vinculación moito máis estreita entre a imaxe dixital do folio manuscrito e a súa correspondente transcrición, así como a posibilidade que se brinda ao usuario de seleccionar que información desexa visualizar en todo momento, con opcións de visualización e consulta descoñecidas noutros modelos de edición dixital paleográ<ca en uso. Por último, queremos expresar o noso agradecemento a todos os autores que contribuíron coas súas respectivas investigacións a este monográ<co dedicado ao estudo dos cancioneiros e Gagmentos galego-portugueses desde unha perspectiva <lolóxica e da <loloxía material. Entre eles, de maneira especial, a Maria Ana Ramos, con quen nos recoñecemos en débeda na súa concepción e posta en marcha. 10