scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A evolución dos retratos de Franco dende 1936 ata 1975

Pérez Prado, Raquel

Abstract

As artes plásticas e o cartelismo tiveron, durante o Franquismo, como cometido principal a lexitimización e perpetuación da figura de Franco como Xefe de Estado e Caudillo salvador de España. Este traballo pretende, por tanto, facer un recorrido polos diversos retratos de Franco que se foron difundindo polo país dende o comezo da Guerra Civil española, en 1936, ate a súa morte á altura de 1975. Buscando esa consolidación no poder a través da arte, elaborouse cuidadosamente unha iconografía propia que bebe do pasado glorioso de España, con figuras como Santiago Matamouros ou o Cid Campeador, así como dos réximes totalitarios imperantes durante os primeiros anos de vida do Franquismo, é dicir, da Alemaña nazi e a Italia fascista.

Full text

A evolución dos retratos de Franco dende 1936 ata 1975 Facultade de Xeografía e Historia Xullo 2021 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Historia da Arte Traballo de fin de grao Alumna: Raquel Pérez Prado Tutor: Juan Manuel Monterroso Curso académico: 2020/2021 A evolución dos retratos de Franco… RESUMO As artes plásticas e o cartelismo tiveron, durante o Franquismo, como cometido principal a lexitimización e perpetuación da figura de Franco como Xefe de Estado e Caudillo salvador de España. Este traballo pretende, por tanto, facer un recorrido polos diversos retratos de Franco que se foron difundindo polo país dende o comezo da Guerra Civil española, en 1936, ate a súa morte á altura de 1975. Buscando esa consolidación no poder a través da arte, elaborouse cuidadosamente unha iconografía propia que bebe do pasado glorioso de España, con figuras como Santiago Matamouros ou o Cid Campeador, así como dos réximes totalitarios imperantes durante os primeiros anos de vida do Franquismo, é dicir, da Alemaña nazi e a Italia fascista. Palabras Chave: Caudillo, Guerra Civil, Franquismo, Francisco Franco, iconografía, propaganda. RESUMEN Las artes plásticas y el cartelismo tuvieron, durante el Franquismo, como cometido principal la legitimización y perpetuación de la figura de Franco como Jefe del Estado y Caudillo salvador de España. Este trabajo pretende, por tanto, hacer un recorrido por los diversos retratos de Franco difundidos por el país desde el inicio de la Guerra Civil española, en 1936, hasta su muerte a la altura de 1975. Buscando esa consolidación en el poder a través del arte se elaboró una iconografía propia cuidadosamente, esta bebe del pasado glorioso de España, con figuras como Santiago Matamoos o el Cid Campeador, así como de los régimenes totalitarios imperantes en los primeros años de vida del Franquismo, es decir, de la Alemania nazi y la Italia fascista. Palabras clave: Caudillo, Guerra Civil, Franquismo, Francisco Franco, iconografía, propaganda. ABSTRACT During Franco's regime, the main task of the visual arts and poster art was to legitimise and perpetuate the figure of Franco as Head of State and Caudillo, the saviour of Spain.. A evolución dos retratos de Franco… The aim of this work is, therefore, to review the various portraits of Franco that were disseminated throughout the country from the beginning of the Spanish Civil War, in 1936, until his death, in 1975. In the search for this consolidation of power through art, an iconography of his own was carefully crafted, drawing from Spain's glorious past, with figures such as Santiago Matamoros and El Cid Campeador, as well as from the totalitarian regimes prevailing in the early years of Franco's regime, namely Nazi Germany and Fascist Italy. Key Words: Caudillo, Civil War, Francoism, Francisco Franco, iconography, propaganda. A evolución dos retratos de Franco… ÍNDICE 1. Introdución ................................................................................................................... 1 1.1. Estado da cuestión ................................................................................................. 1 1.2. Metodoloxía ............................................................................................................ 1 1.3. Hipótesis ................................................................................................................. 2 1.4. Obxectivos .............................................................................................................. 2 2. Contexto histórico ........................................................................................................ 3 3. Desenvolvemento do traballo ....................................................................................... 5 3.1 Francisco Franco Bahamonde, “O Xeneralísimo” (1936 -1939) ............................. 5 3.1.1 Cartelismo ......................................................................................................... 7 3.1.2 Pintura ............................................................................................................... 9 3.1.3 Escultura .......................................................................................................... 10 3.2 “¡Franco!, ¡Franco!, ¡Franco”. A forxa dun Caudillo (1939 – 1941) .................... 13 3.2.1 Cartelismo ....................................................................................................... 15 3.2.2 Pintura ............................................................................................................. 17 3.2.3 Escultura .......................................................................................................... 21 3.3 Un home de guerra e un home de paz (1941 - 1955) ............................................. 23 3.3.1 Pintura ............................................................................................................. 26 3.3.2 Escultura .......................................................................................................... 29 3.4 Eterno Caudillo de España (1955 -1975) ............................................................... 31 3.4.1 Pintura ............................................................................................................. 34 3.4.2 Escultura .......................................................................................................... 36 4. Conclusións ................................................................................................................ 38 Bibliografía ..................................................................................................................... 39 Anexo de imaxes ............................................................................................................ 44 A evolución dos retratos de Franco… 1 1. INTRODUCIÓN 1.1. Estado da cuestión Neste camiño polo estudo dos retratos de Franco dende 1936 ata 1975, o libro biográfico realizado polo historiador británico Paul Preston no ano 2017, Franco: Caudillo de España, eríxese como a base sustentante de todo o traballo, constituíndo unha gran fonte de información, obxectiva, evidenciada e actualizada da historia de España en época franquista. Neste aspecto tamén foi de gran axuda o historiador e catedrático da Universidade de Trent en Canadá, Antonio Cazorla, principalmente coa obra Franco: biografía del mito do ano 2015, no que ademáis de facer un percorrido pola historia do franquismo, analiza o poder da propaganda da época. Por outra banda, no estudo iconográfico é indispensable a recopilación da simboloxía franquista ao longo dos corenta anos de dictadura, feita por Zira Box no ano 2010, España año cero. Así mesmo, contamos coa aportación imprescindible dos números 42 - 43 de Archivos de la Filmoteca que leva por nome «Materiales para una iconografía de Francisco Franco» coordinados por Vicente Sánchez - Biosca, onde se fai unha análisis profunda da iconografía franquista ao longo da súa historia, entre os artículos que a conforman cabe destacar as aportacións de José Carlos Mainer e Ángel Llorente Hernández. Todalas fontes aquí recollidas constituen as aportacións máis recentes ao estudo do franquismo, a súa simboloxía e iconografía. Cabe destacar que a investigación neste campo foi máis ben escasa, a pesares de contar con grandes contribucións como as aquí mencionadas así como outras de gran reputación pero difícil acceso. Desta maneira, como podemos ver, para a realización dun estudo pormenorizado da iconografía franquista nas artes aínda queda un longo camiño que andar. 1.2. Metodoloxía O primeiro paso para a realización destas páxinas foi a recadación de un gran número de información que nos permitiu facer unha separación por etapas claramente diferenciadas tendo en conta os procesos sociais, políticos e económicos polos que estaba pasando o país en cada momento. Así, contamos con catro periodos: de 1936 a 1939, caracterizado polo transcurso da Guerra Civil; de 1939 a 1941, nestes anos dase un enxalzamento da ideoloxía fascista grazas á colaboración cos réximes totalitarios occidentais, o fascismo italiano máis o nazismo alemá; A evolución dos retratos de Franco… 2 de 1941 a 1955, este periodo vai dende o inicio da fin das potencias do Eixe, a súa derrota na II Guerra Mundial ata a desfascistazión do réxime e a entrada de España na ONU e, finalmente, de 1955 a 1975, onde presentamos os últimos coletazos do Franquismo. Tras esta división temporal do réxime, procedeuse á selección de obras. O número de obras adicadas ao dictador durante estes anos foi moi numerosa, polo que, ademáis de tódolos exemplos aquí tratados poderíamos mencionar moitos máis como pode ser a escultura de Franco vestido de lexionario en Narón, coñecida como O ladrón das patacas (Fig. 28), ou o cadro de Felix Revello de Toro de Francisco Franco y doña Carmen Polo de 1972 (Fig. 29). Sin embargo, por espazo e tempo, debeuse seleccionar unha serie de obras que desen boa mostra das artes como reflexo da súa época e ferramenta política indispensable para a perpetuación no poder do Caudillo. Desta maneira, en cada apartado do presente traballo contarase con un contexto histórico precedente ao análisis das obras seleccionadas para poder ter unha visión íntegra do poder das artes na España do momento e na difusión do rostro do Xeneralísimo. 1.3. Hipótesis Percíbese unha evolución na forma de retratar ao Caudillo xa que está íntimamente ligada aos procesos políticos e sociais polos que estaba pasando o país nese momento. Así, vemos o paso dende o retrato do líder absoluto que precisan, a utilización de simboloxía fascista e a sucesiva desfastización trala II Guerra Mundial, a representación do heroe salvador da patria e perpetuador da paz ata os retratos do pai benévelo do seu pobo. 1.4. Obxectivos Mediante toda unha serie de obras de corte aúlico pretendo dar mostra de como as artes poden chegar a actuar como axente lexitimizador dun réxime dictatorial, constituíndo unha arma indispensable para o asentamento no poder de Francisco Franco durante máis de catro decenios e promovendo respecto, obediencia, medo e, incluso, en determinadas ocasións, paixón e aceptación entre a sociedade española do momento. A producción artística de obras adicadas ao Xeneralísimo non so fixo que vivise nas mentes dos cidadáns do momento senón que pervivise, aínda despois de morto, na memoria colectiva do pobo español. A evolución dos retratos de Franco… 3 2. CONTEXTO HISTÓRICO A pesar de non ser, case ata último minuto, a primeira opción, toda unha serie de infortunios e eventualidades — tales como as accidentadas mortes dos xenerais Mola e Sanjurjo — fixeron que Francisco Franco Bahamonde, contra todo pronóstico, conseguira escalar postos, encabezar a cruzada contra o “comunismo” que axexaba o país e convertirse en líder do movemento nacional e o partido único, FET e das XONS, cimentando un réxime de goberno que duraría corenta anos. Para perpetuarse no poder durante esa longa noite de pedra toda unha serie de mensaxes subliminais e directos, directrices e insignias, cánticos e consignas, saíron dende a Oficina de Prensa e Propaganda dende os albores da guerra. O seu primeiro director foi Millán Astray fundador da Lexión e excombatente en África con Franco, máis tarde, tras a unificación no partido único, convertiríase na Delegación Nacional de Prensa e Propaganda que, dende 1938 estaría baixo o cargo de Ramón Serrano Suñer, cuñado do Xeneralísimo. A partir de 1951, a aplicación da censura e difusión da cultura será controlada polo Ministerio de Información e Turismo, cuxo dirixente máis coñecido será Manuel Fraga Iribarne quen exercerá dende 1962 ata 1969. A inminente necesidade de creación de toda unha iconografía entorno á figura de Francisco Franco bebeu do pasado nacional, fortemente idealizado, do que se sentía deudor, así, será en numerosas ocasións comparado con figuras míticas da épica española como O Cid ou Santiago Matamouros. Porén, tamén recolle o rastro iconográfico das dictaduras occidentais do momento, como foron, o Nazismo alemá e o Fascismo italiano — das cales collerá distancia tras o trunfo indiscutible das potencias aliadas na II Guerra Mundial. Por outra banda, tamén resulta interesante a influencia recibida polo mariscal Philippe Petáin, caudillo de Francia durante un breve, pero intenso, tempo e persoaxe profundamente admirado por un xove Franco que se estaba a constituir como Xeneralísimo de España 1 . Cabe destacar a figura de Joseph Goebels, persoaxe clave na difusión propagandística durante o Tercer Reich, que é considerado por moitos estudosos como pai da propaganda política. Estableceu once principios que foron utilizados ata a saciedade, principalmente nos réximes 1 Mainer, J. C., 2002: p. 30. A evolución dos retratos de Franco… 4 totalitarios, mais, tamén moitas veces, en réximes democráticos. A Goebbels débeselle a icónica frase «una mentira mil veces dicha se convierte en una gran verdad» 2 . Entre os once principios establecidos por Goebbels poderíamos destacar: o primeiro, o principio de simplificación e do enimigo único; o quinto principio, a vulgarización, de acordo con Goebbels a propaganda debe ser popular; o noveno principio, o da silenciación, débense silenciar todos aqueles acontecementos que non estén a favor do réxime; o décimo, o principio da transfusión, basearsse no pasado nacional xa coñecido e admirado para a difusión propagandística, e, por último, o onceavo principio, o da unanimidade, que todos compartan a mesma ideoloxía 3 . Esta selección dos principios propagandísticos de Goebbels supoñen unha boa base para a comprensión dos retratos do Caudillo aquí presentados. Ao longo destas páxinas, por tanto, aparece recollido como se representou ao Caudillo nas diferentes etapas que conformaron a historia do Franquismo, dando a súa imaxe óptima en todo momento. Así, a través das aportacións artísticas, podemos facer un seguimento daquel «héroe que había salvado al país de las hordas del comunismo, luego lo había salvado nuevamente de las hordas del nazismo y, posteriormente, se había convertido en padre benévolo de su pueblo» 4 deixando, coas artes ao seu servizo, unha pegada imborrable do seu paso pola España do siglo XX. 2 Vega, E., 2016: p. 1024. 3 Edgar Salas, L., 2018: p. 6. 4 Preston, P., 2017: p. 16. A evolución dos retratos de Franco… 5 3. DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO 3.1. Francisco Franco Bahamonde, “O Xeneralísimo” (1936 – 1939) Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco Bahamonde, máis coñecido como Francisco Franco Bahamonde, nado o 4 de decembro de 1892 na cidade naval galega de El Ferrol, posteriormente coñecida como El Ferrol del Caudillo, pertenceu a esa xeración de militares que creceron baixo a incidencia da pérdida das colonias de 1898, que marcaría profundamente o espíritu patrio do xove Franco, e que tiveron que loitar en África onde, baixo o amparo do exército africanista, comezou a forxar a súa personalidade fría e calculadora xunto coas súas ansias de poder. Os mitos entorno á súa persoa que se crearon no lobby colonial durante estos anos foron moi explotados na Guerra Civil 5 , formando parte da oficina de prensa do Caudillo moitos dos periodistas que enalteceron a súa figura en África como é o caso de Víctor Ruíz Albéniz, sendo indispensable «el papel que Albéniz desempeñó a partir del 1936 a la hora de crear el mito del Caudillo heroico» 6 . Sin embargo, si algo supuxo o enxalzamento do futuro Caudillo foi a victoria e presunta salvación da cidade de Melilla en 1921, quedando na mitoloxía franquista marcada para sempre a gran xesta de Franco no desembarco de Alhucemas que o ascendeu ao xeneralato 7 . A pesar de que os propagandistas franquistas posteriormente puxeran todo o seu empeño en deixar no olvido a todos aqueles que permitiron que Franco poidese chegar a encabezar o 5 Comezou a extenderse entre as tropas de regulares, soldados indíxinas baixo o mando español, que Franco tiña baraka,«una superstición que concede una especie de estado de gracia a determinadas personas» (Cazorla, A., 2015: p. 31), tras un disparo no estómago na batalla de El Biutz, no Val do Rif, en xuño de 1916, do que saíu ileso «normalmente, en África las heridas abdominales eran mortales (...). Unos centímetros en cualquier dirección y habría muerto» (Preston, P., 2017: p. 48). Sin embargo, este incidente supuxo o seu ascenso a comandante pois ser ferido de guerra era na época motivo de ascenso inmediato. 6 Cazorla, A., 2015: p. 44. 7 Como explica Antonio Cazorla (2015) lonxe de ser Franco a cabeza pensante desta operación, o plan xa se estaba xestando nos albores da guerra, en 1909, cando se produce o primeiro levantamento rifeño, sendo aprobado definitivamente en 1921 por unha comisión militar (pp. 60 - 61). Como explica Goded, «la idea de un desembarco en las costas de Alhucemas no se manifestó concretamente en un momento determinado, sino que se fué elaborando por lenta gestación (...) por el conocimiento del terreno, del país y del enemigo» (Goded, M., 1932: p. 136). De feito, Goded (1932), no mesmo libro aclara que «ya en 1911 aparece concretamente como proyecto del Mando la idea de un desembarco en la bahía de Alhucemas» (p.137) polo tanto, un ano antes de que Franco chegara a África. O Desembarco de Alhucemas, coñecido como “Día D”, foi clave para rematar co conflicto rifeño. A evolución dos retratos de Franco… 12 Este busto é proba fehacente da relación de Francisco Franco co réxime alemá, relación que queda sintetizada no pedestal onde se describe ao Caudillo como “dictador fascista”. Foi encargado pola Sociedade Hispano-Marroquí de Transportes (HISMA), considerada unha tapadeira dun pacto hispano-alemá para o suministro de armas ao comezo da Guerra Civil 26 . Francisco Franco, para a súa realización, posou para o artista na cidade de Burgos en 1938. 26 Gómez, J. (9/06/2013): Franco vive en Fráncfort, El País, Berlín. Recuperado de: https://cutt.ly/BnZIpkI ; Rosales. J. C (16(06/2013): La estatua fascista, Granada Hoy. Recuperado de: https://cutt.ly/EnZIaMj A evolución dos retratos de Franco… 13 3.2. “¡Franco! ¡Franco! ¡Franco!”. A forxa dun Caudillo (1939 – 1941) O 1 de abril de 1939, Francisco Franco, Caudillo de España, pon fin a catro sanguentos anos de guerra civil que levou consigo máis de medio millón de vidas firmando o parte final de guerra que decía «en el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército Rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado» 27 . Nese mesmo día, recibiu do papa Pío XII un telegrama de felicitación pola súa gloriosa cruzada católica á altura dos cruzados medievais, «decía el santo padre que España, la nación elegida de Dios, había sido guiada por Franco hacia su grandeza católica» 28 , deixando así ratificada a forte unión entre a Igrexa e o Caudillo, convertíndose esta en pilar fundamental do novo réxime basado no nacionalcatolismo 29 . O desfile da Victoria levouse a cabo entre grandes festexos entre o 18 e 19 de maio, cando Franco entrou victorioso en Madrid ataviado co seu uniforme militar de xeneral, a camisa azul da Falanxe e a boina vermella dos carlistas 30 . Nesta señalada data para o Caudillo, éste recibiu da man do bilaureado xeneral Varela a Cruz Laureada de San Fernando tan ansiada por Franco. Porén, o final de guerra lonxe de acabar co derramamento de sangue foi tan so o principio dun longo periodo de represión. Nos anos corenta leváronse a cabo toda unha serie de purgas, contra membros do bando republicano que eles consideraban conspiradores masóns e bolcheviques, executadas baixo o amparo da Lei para a Represión da Masonería e o Comunismo que entrou en vigor en febreiro de 1940 31 . Estes anos tamén estiveron fortemente marcados pola corrupción, a fame, a miseria e as enfermidades — principalmente a tubeculosis que asolou a un gran número de persoas —, Cazorla (2014) na súa obra Cartas a Franco de los españoles de a pie: 1936 - 1954 recolle numerosos testimonios do pobo solicitando clemencia ao Caudillo que deixan boa mostra da situación na que se atopaba o país: 27 Preston, P., 2017: p. 360. 28 Cazorla, A., 2015: p. 129. 29 Núñez de Prado y Clavell, S. 2014: p. 102 - 104. 30 As celebracións remataron o 19 de maio cunha misa na que se entenou o tedeum, nela como menciona Paul Preston (2017) rodeado das reliquias das cruzadas de España como o pendón das Navas de Tolosa de 1212 ou o estandarte de don Juan de Austria pola batalla de Lepanto de 1571, Franco entregoulle a espada da victoria ao cardenal Gomá, quen a colocou no altar maior ante o gran crucifixo do Cristo de Lepanto, «era el heredero contemporáneo de los grandes guerreros del pasado. Era el Cid y el don Juan de Austria de su época» (pp. 367 - 39). 31 Preston, P., 2017: p. 362. A evolución dos retratos de Franco… 14 Clemencia para esta Capital y sus ciento cuatro pueblos por la grave situación que se esta atravesando de hambre y miseria [...]. Pues el pan se viene dando un bollito de cien gramos por persona para 24 horas. El aceite se viene dando dos veces al mes a 33 gramos por persona, el garbanzo, hace dos meses no se da, el arroz lo mismo, las judías hace 6 meses que no se dan, y las lentejas los mismo [...] los culpables son los Jefes de Falange [...] que son los que se están enriqueciendo, mientras el pueblo muere de hambre y miseria [...] ha habido días que han muerto hasta 100 personas diarias y este ha sido el tifus que hemos tenido, tifus de hambre y de miseria reinante que estamos pasando 32 . O triunfo do bando nacional e a implantación do réxime franquista en España coincidiu co estalido da Segunda Guerra Mundial o tres de setembro do mesmo ano. A pesares da profunda simpatía que sentía o Caudillo hacia as potencia do Eixe, e, especialmente, hacia o Führer e o Duce, que se encargou en númerosos momentos de demostrar por medio dos seus discursos, viuse obrigado a tomar unha posición de falsa neutralidade 33 , pois o país estaba sumido nunha crise abismal trala Guerra Civil, problemas que se acentuaron coa adopción dunha política autárquica de corte fascista coa que Franco pretendía poñer fin a tódolos problemas económicos xurdidos no país trala guerra 34 . Realmente a súa intención sempre foi entrar, aínda que fose no último momento, na guerra do lado do Eixe, impulsado polo seu soño de crear un imperio pretendía, unha vez gañada a guerra, beneficiarse do botín. Tras a caída de Francia, ansiaba cada vez máis apoderarse de Xibraltar e o Marrocos francés. Especialmente importante é o histórico encontro en Hendaya, o 23 de outubro de 1940, con Hitler, onde se pretendía debatir as condicións da entrada de España na guerra. Sin embargo, as propostas de España non parecían convencer ao Führer que non pretendía ceder ás ambicións desmesuradas do Caudillo a cambio da súa simple alianza na guerra, «Franco quería entrar en la guerra en el último minuto, sin apenas correr riesgos, con recursos regalados y demandas enormes» 35 . A pesar de que a admiración de Franco por Hitler nunca desminuiu, a fame, as enfermidades, e as malas condicións económicas fixo que España precisase da axuda humanitaria 32 Cazorla, A., 2014: p. 321 - 324. 33 Esta falsa neutralidade valeulle ao Caudillo o título de “Caudillo da Paz”, que axudou a lexitimizar a súa posición, pois, si algo non quería a poboación nese momento era entrar nunha nova guerra. Sin embargo, é de sobra coñecida a axuda española prestada a Alemaña durante estes anos como a utilización das bases aéreas españolas, ademáis de ser unha inagotable fonte de información, especialmente importante para a caída de Francia en xuño de 1940. A posición de neutralidade e os múltiples intentos de entrar na guerra do lado do Eixe do Caudillo entre 1939 e 1941 foron recollidos por Paul Preston na súa obra Franco, Caudillo de España ao longo de 138 páxinas (pp. 360 - 498). 34 «se basaba en un optimismo totalmente erróneo sobre la capacidad de España para sustituir las importaciones, incrementar las exportaciones, confiar en sus propias materias primas y hacer todo esto sin inversión extanjera» (Preston, P., 2017: p. 384). 35 Cazorla, A., 2015: p. 155. A evolución dos retratos de Franco… 15 norteamericana e anglosaxona e o desexo de entrar na guerra do Caudillo se vira frustrado. Así, as potencias aliadas aseguráronse a neutralidade de España na guerra a cambio de víveres. Desta forma, mantivo unha doble relación de dependencia, por un lado mentres se beneficiaba da axuda das potencias aliadas, a súa fe cega na victoria das potencias do Eixe, fixo que continuara prestándolles axuda. Especialmente importante foi o envío da División Azul a loitar a Rusia do lado das potencias do Eixe na invasión nazi da Unión Soviética o 22 de xuño de 1941. Esta, foi unha data decisiva na contienda, Hitler subestimou a capacidade soviética de resistencia e, tras tres longos meses sin decidirse a batalla, Alemaña estaba perdida, a falta de equipación facía que lle resultase imposible poder manter unha longa guerra de desgaste en territorio soviético 36 . A partir de 1942 o rumbo da guerra cambiará de maneira consistencial e con el a actitude do Caudillo hacia o Eixe. 3.2.1. Cartelismo Dende o preciso instante no que Franco entrou victorioso en Madrid, a oficina de propaganda do Novo Estado comezou a traballar incansablemente na creación da imaxe pública de Franco, a glorificación do mesmo e a lexitimación do novo réxime do Caudillo. Cabe destacar o papel esencial que tiña o dictador na súa propia autoglorificación. No contexto dos anos corenta, o propio Caudillo escribiu o guión da película Historia de Jaime de Andrade, levada ao cine baixo o título: Raza (fig. 10). Pretendía ser unha película autobiográfica, mais supuxo un bo exemplo do pasado desexado polo Caudillo, unha imaxe idílica da súa vida, así como o fiel reflexo da ideoloxía oficial do Novo Estado 37 . O seguinte cartel foi elaborado específicamente para a celebración da victoria, trátase do Cartel ofical de la Victoria, de 1939 (fig. 11). Como era de esperar, neste período a propaganda franquista estivo novamente influenciada, máis si cabe, polo cartelismo da Alemaña Nazi como podemos ver si volvemos á imaxe anteriormente analizada As lebe Deutchland! (ca. 1935) (fig. 4). Tómase unha vez máis o mito de xeneral invicto ao que segue unha masa de xente coas 36 Hobsbawn, E., 1995: pp. 47 - 48. 37 A película de Raza foi obxecto de estudo en numerosas ocasións por diversos estudosos do ámbito cinematográfico e histórico. Destaca a aportación de Magí Crusells, quen en 2011 no seu artigo Franco, un dictado de película: nuevas aportaciones, ademáis de analizar o filme e a súa adaptación literaria, a súa difusión e recepción en España e no extranxeiro, tamén establece certos paralelismos coa vida real e coa vida desexada polo Caudillo. A evolución dos retratos de Franco… 16 bandeiras alzadas celebrando a chegada do salvador da patria. Podemos ver nun primeiro plano a imaxe de Franco, lixeiramente en tres cuartos, vestido de xeneral, portando a banda bicolor sobre o seu torso, coa Cruz Laureada de San Fernando sobre o peto esquerdo da chaqueta, así como o xugo e as frechas das FET e das XONS, e o capote-manta da lexión sobre os seus ombros. Na esquina inferior dereita da imaxe, tamén nunha posición destacada, pódese ver un pergamiño, modelo moi utilizado na época, que recolle o parte final de guerra, anteriormente citado 38 . Sobre o mesmo está o novo escudo, símbolo nacional dende febreiro de 1938, como explica Zira Box (2010) o decreto de instauración facía fincapé no escudo como emblema que recolle a tradición e historia de España, recuperando así parte dos contidos simbólicos do escudo dos Reis Católicos. 39 O único elemento, en relación ao escudo, que constitue unha verdadeira novidade é a consignia “una, grande y libre”, unha aportación máis da falanxe ao novo réxime. O segundo plano ten como protagonista ao pobo, a multitude vai portando as bandeiras de todos aqueles que loitaron no bando nacional: a bandeira da falanxe, a carlista e a do protectorado marroquí español. Aínda que, predominantemente, podemos ver a bandeira “rojigualda”, bandeira oficial do bando nacional dende agosto de 1936, tras un decreto firmado, moi ao seu pesar, por Miguel Cabanellas. 40 O encadre que presenta, supón un modelo semellante aos retratos barrocos de batallas como os que se poden atopar no Salón de Reinos, no palacio del Buen Retiro de Madrid, a maior parte deles pertencentes a Diego Velázquez. A maneira de configurar o cadro, establecendo en primeiro plano ao retratado e ao fondo o fragor da batalla, ou, neste caso, da vitoria, pode recordar ás composicións de Zurbarán como a Defensa de Cádiz contra los ingleses, realizada para o Salón de Reinos de Felipe IV en 1634 41 . 38 Franco firmou do seu puño e letra cinco copias do parte de guerra. Un deles, foi entregado a Enrique Giménez - Arnau, secretario de Serrano Suñer no Ministerio de Gobernación. En 2019, este parte final de guerra — que fora custodiado todos estos anos pola familia de Giménez-Arnau — saiu a subasta con un precio inicial de 700 euros, e foi finalmente adquirido polo precio de 25.000 euros. Viana, I. (30/04/2019): Sale a subasta el último parte de la Guerra Civil con la firma de Franco, Abc. Recuperado de: https://cutt.ly/lnZImIB // Pajares, G. (03/05/2019): Franco vende, La Razón. Recuperado de: https://cutt.ly/tnZIIuZ 39 Box, Z., 2010: p. 311 - 312. O escudo, ademáis de presentar a águila de San Xoan, xa presente no escudo da raíña Isabel, e que simboliza a unión do Estado co catolicismo, recupera as dúas columnas de Hércules e o lema Plus Ultra, que simbolizan dende a época de Carlos V o imperio español e, consecuentemente, a expansión de ultramar. A heráldica segue o modelo dos Reis Católicos, suprimindo as armas de Sicilia, que xa non era española, pola cadeas de Navarra. Finalmente, na parte inferior figuraban o xugo e as frechas (Zira Box, 2010: p. 313). 40 Ésta izouse por primeira vez o 15 de agosto de 1936 en Sevilla, entón Franco condensou na bandeira bicolor todos os valores pertencentes á Nova España «el espiritual concepto de la raza hispana, la religión católica, y su pasada y gloriosa historia, aquellas proezas que había tenido su más insigne demostración en la conquista de América y en los imperiales Reyes Católicos» (Zira Box, 2010: p. 290). 41 Palos, J. L. e Carrió - Invernizzi, D., 2008: pp. 104 – 105. A evolución dos retratos de Franco… 17 Entorno a 1939, o Servizo Nacional de Propaganda levou a cabo o cartel Generalísimo Franco (fig. 12). Nel aparece nun primeiro plano a faciana en tres cuartos do Caudillo, de semblante severo, recortada sobre un fondo onde so se poden destacar as cores da bandeira nacional, amarelo e vermello, que se contrapoñen ao retrato en branco e negro do Xeneralísimo. Basado probablemente nunha das moitas fotografías deste estilo feitas ao Caudillo ao longo destes anos, aparece coa expresión seria, a mirada fixa no horizonte e o rostro levemente idealizado. Destaca deste cartel a insignia do Victor, situada na esquina superior esquerda do cartel, emblema oficial do franquismo dende a victoria na Guerra Civil 42 . Sobre o vítor pódese ler Generalísimo Franco e na parte inferior Miles Hispaniae Gloriosus (“Glorioso Soldado de España”). 3.2.2. Pintura A diferenza da primeira etapa, nesta comezamos a ver exemplos de pintura non necesariamente basados nunha fotografía. Algúns dos grandes artistas que realizaron retratos para Franco nestos anos foron José Aguiar ou Fernando Álvarez de Sotomayor. Cabe destacar a paixón desarrollada por Franco nos anos 40 pola pintura, do mesmo xeito que o seu homólogo alemá, probablemente derivado das longas sesións de estudo posando para artistas. 43 O primeiro artista a tratar será o canario José Aguiar (1898-1976) 44 . A súa traxectoria dentro do réxime é de especial interese debido a súa condición de masón, sendo a Masonería perseguida polo réxime franquista que consideraba todo o mal ocasionado a España producto do que eles denominaban o “conturbenio xudeo-masónico-comunista”. 45 Porén, o artistas non 42 David Zurdo e Ángel Gutiérrez (2005) recollen a historia do vítor franquista, inicialmente utilizado no ámbito universitario, principalmente pola Universidade de Salamanca, como símbolo dos doctores. Paradóxicamente, foi Salamanca quen lle adicou por primeira vez un vítor ao Caudillo pasando a simbolizar o recordo do Alzamento Nacional e a victoria conseguida (p. 122). Neste libro tamén se recollen todos os elementos que conforman o emblema do vitor franquista. 43 Conta Paul Preston (2017) que soía poñer un espello detrás dos artistas para poder visualizar como realizaban os retratos, incluso, a modo de anécdota, narra como un día cando un deles esqueceu levarse as súas pinturas «el Caudillo probó suerte» (p. 392). 44 A súa figura foi estudada por De Paz-Sánchez, M. (2006): José Aguiar (1815-1976): Entre la luz y las sombras, Anuario de Estudos Atlánticos, Nº52, pp. 499 - 528, así como o seu pasado masón e obra artística que foi recollida por Martín López, D. (2006): Sobre artistas masones y filomasones en tiempos de represión: José Aguiar, un pintor al servicio de Franco, La guerra civil española 1936-1939. 45 En Canarias a Masonería tivo unha especial influencia, Aguiar pertencía a Loxia de Añaza de Santa Cruz de Tenerife, polo que foi condeado a doce anos baixo vixilancia e reclusión porén, grazas aos seus contactos co réxime, isto non se levou a cabo tal e como se dictou. A evolución dos retratos de Franco… 18 pasou desapercibido para o réxime situándose o seu retrato Francisco Franco (fig. 13), realizado para o Concello de Salamanca en 1939, como un dos máis destacados retratos do Caudillo, tamén exposto no pabellón español da Bienal de Venecia dese mesmo ano, «era la presentación internacional de la imagen del Caudillo » 46 . De novo porta a vestimenta militar, as súas condecoracións, o faxín, a capa máis a espada. Un cambio sustancial nesta imaxe é a representación de corpo enteiro do Caudillo, unha vez máis a idealización fai acto de presenza, esta vez, establecendo un cambio consistencial na constitución do Xeneralísimo que, lonxe da realidade, sae representado moito máis esvelto do que era. Pola contra, chama a atención a lixeira desproporción das súas mans con respecto ao resto do corpo, así como a composición fallida do dedo meñique da man esquerda, que o artista non acertou a rerpesentar. Por outra banda, a súa representación hierática, propia de un home adusto e poderoso, contraponse ao soldado da súa esquerda que aparece axeonllado, en actitude de subordinación ante o Caudillo, mostrándolle ao xeneral os mapas das súas conquistas (fig. 14). Ambos están pintados sobre o fondo dunha paisaxe da que so se pode percibir o fume que nos fala da batalla. Tanto coa composición, a postura, o atuendo e a inclusión do persoaxe axeonllado, José Aguiar, pretende enxalzar a Franco. Desta maneira, podemos establecer paralelismo con retratos como o de Marie Joseph Motier Lafayette (1791), a escultura de Augusto de Prima Porta (s.I d.C), ou a de Carlos V dominando o furor (1564) onde, en todas elas, se incide no enaltecemento do persoaxe representado. En contraposición ás anteriores imaxes analizadas ata agora, é a primeira vez que o Caudillo aparece representado no fragor da batalla, con alusións directas á mesma mediante a presenza do fume, os mapas das emboscadas e, sobre todo, a espada que porta na súa man esquerda. A seguinte obra pictórica ven a cargo do pintor ferrolano, Fernando Álvarez de Sotomayor (1875 - 1960) 47 . En 1939 fixo un dos retratos máis importantes de Franco onde recolle o mito franquista do Alcázar de Toledo (fig. 15). Este episodio convertiuse dende moi pronto en mito lexitimizador do Alzamento Nacional, convertindo a Moscardó, o xeneral ao frente dos 46 Llorente Hernández, A., 2002: p. 55. 47 A carreira artística de Sotomayor, tanto no ámbito nacional como internacional, destacando a súa contribución á historia da pintura chilena do s.XX, foi estudada en profundidade na obra Memorias de Fernando Álvarez de Sotomayor publicada en 2016, trátase dun proxecto interuniversitario que se adentra na vida do artista, membro da Academia de Belas Artes de San Fernando dende 1922 e director do Museo del Prado de Madrid ata en dúas ocasións, así como na súa obra plástica tanto no ámbito galego, como na súa estadía en chile entre 1908 e 1913 ou no contexto do réxime, ao que se sentía moi afín formando parte do bando sublevado dende o mesmo inicio da guerra. A evolución dos retratos de Franco… 19 soldados sitiados, e a Franco, en heroes nacionais, pasando a formar parte da memoria colectiva como un episodio de resistencia numantina durante dous longos meses, destos soldados na súa loita pola patria. O Alcázar de Toledo en ruínas, como aquí o vemos, convertiuse en testimonio da violencia e o terror da guerra, e en imaxe enxalzadora dos valentes soldados nacionais 48 . Cuando haya que escribir la historia del heroísmo de la humanidad habrá que dedicar muchas páginas al Alcázar de Toledo. Bajo los gloriosos escombros, en los subterráneos húmedos, en el esqueleto de las torres, sin más comunicación con el mundo que una radio y un himno que les habla del amacecer de la primavera, resistieron los héroes del Alcázar diez semanas de sitio llevado con todos los recursos bélicos imaginables 49 . Neste contexto, Sotomayor, fai un retrato ecuestre do Xeneralísimo entre os esconbros do Alcázar. O feito de que represente ao Caudillo montado a cabalo entronca cos retratos ecuestres propios dos reis e emperadores do pasado, dende o Imperio Romano, coa escultura ecuestre de Marco Aurelio, pasando polo gran imperio napoleónico ata o glorioso pasado monárquico español, con exemplos como os numerosos retratos deste estilo cos que contamos de Carlos I ou Felipe V. Este retrato ecuestre, en particular, garda referencia coa escultura ecuestre por excelencia de Donatello, o Condottiero Gatamelata (1453), que se atopa en Padua, Italia, e, por outra banda, tamén podemos ver similitudes, principalmente pola posición que toma o animal, co Monumento a Martínez Campos (1907) de Benlliure que se atopa no parque do Retiro de Madrid. O retrato ecuestre dende moi pronto convertiuse nun símbolo de poder do gobernante sobre o pobo, representado no cabalo. Por outra banda, a cor do animal establece un paralelismo co famoso cabalo branco de Santiago, recalcando a máxima franquista da Guerra Civil como unha cruzada contra os impíos, do mesmo xeito que Santiago Apóstol loitou, montado no seu cabalo branco, ao lado dos cristiáns para expulsar aos musulmáns na famosa “Reconquista” 50 . Así represéntase a un Franco victorioso, engalonado co seu traxe militar, que se levanta sobre 48 Consérvanse algunhas fotografías históricas que nos aportan datos sobre o estados do claustro do Alcázar de Toledo (fig. 16). 49 Sánchez-Biosca, V., 2009: p. 155. Esta cita pertence ao filme feito en 1938 por Joaquín Reig Gozalbés titulado España heroica. Realizado puramente con afán propagandístico convertiuse nun dos filmes máis importantes do periodo da Guerra Civil, chegando a exportarse internacionalmente. 50 Resulta moi interesante o estudo realizado por Herbers Klaus no ano 2015 Santiago Matamoros: ¿mito o realidad de la Reconquista? No que analiza a figura de Santiago Matamoros, retrotraéndose ás súas orixes coa coñecidísima lenda da Batalla de Clavijo do ano 844 na que grazas a unha suposta intervención do apóstol, montado no seu cabalo branco, e coa súa espada de prata, conseguiu rematar con 70 000 sarracenos. Como Herbers afirma «sólo cuando la Reconquista había ya prácticamente terminado, se extendió el tipo iconográfico del ‘matamoros’ (...) el Apóstol montado a caballo y armado de una espada aparece en una época en que las grandes batallas de la Reconquista ya pertenecían al pasado» (p. 318). A evolución dos retratos de Franco… 20 as ruínas do Alcázar de Toledo levando as riendas da situación, e as riendas do pobo, con semblante serio e decidido. O seguinte retrato trátase do cadro de Ignacio Zuloaga (1870 - 1945) 51 , Francisco Franco, de 1940 (fig. 17) 52 . Ignacio Zuloaga foi un membro activo do réxime, traballou en numerosas ocasións para el facendo encargos, tanto obsequios dirixidos a personalidades como Hitler ou J. H. Hayes como retratos membros do goberno, como este que estamos a ver ou o de Millan Astray, ambolos dous moi parecidos compositivamente 53 . Na exposición de Zuloaga de 1941 no Museo de Arte Moderno de Madrid estivo esta obra exposta xunto cunha de Serrano Súñer e outra de Carmen Polo. Igual que pasaba no retrato de José Aguiar e, probablemente aquí con máis presenza da idealización, Franco aparece considerablemente máis alto e esvelto do que era en realidade. Aparece representado nunha paisaxe rocosa, elemento moi común nos retratos do artista, probablemente se trate de Cuelgamuros onde ía a construir por estos anos a súa obra máis destacada: o Val dos Caídos. Aparece representado en actitude triunfante, ca man esquerda na cadeira, agarrando a faixa de cor carmín, e a dereita suxeitando a bandeira nacional que rodea o corpo do dictador na súa caída. Hai unha diferencia considerable co resto de retratos aquí analizados, xa non porta o traxe militar ao completo senón que vai ataviado coa camisa azul falanxista, o faxín de xeneral e a 51 A vida e obra do artista vasco quedou recollida polo seu biógrafo, Enrique Lafuente Ferrari, en 1990, baixo o título La vida y el arte de Ignacio Zuloaga. Nel, o autor fai un percorrido pola súa biografía, os seus antepasados, a súa infancia e formación, as súas estancias en Roma, Madrid, Bilbao, Andalucía, París, Londres... que axudaron a conformar a súa personalidade artística, así como unha análise da súa obra pictórica. Chama a atención o feito de que o biógrafo non trátase ao longo do libro a colaboración de Zuloaga co réxime, nin siquiera alude ao cadro que estamos a tratar, a pesar de ser este un atractivo primordial, ao mencionar as obras que formaron parte da exposición do 41 da que di que «coronaba de una manera pública la posición del maestro eibarrés en España en estos últimos años de su vida. Figuraron en esta mostra las obras más importantes de su pintura de esta época» (p. 144). Aínda á altura de 2019, a relación entre Zuloaga e o réxime segue a ser un tema tabú como podemos ver no artigo de H. Riaño, P. (18/10/2019): El tabú de la alianza Zuluoga y Franco, al descubierto, El País. Recuperado de: https://cutt.ly/wnZIHKW 52 Como sae recollido no inventario, proporcionado pola Xunta de Galicia en novembro de 2020, dos bens albergados no Pazo de Meirás sabemos que éste cadro atopábase no antigo fogar de Emilia Pardo Bazán, posteriormente residencia da familia Franco, e, actualmente, tras moitos anos de loita, devolto ao pobo. Pan, J. M. (10/12/2020): El Pazo de Meirás ya es público, La Voz de Galicia. Recuperado de: https://cutt.ly/vnZIFuI . Hoxe en día, moitos destos retratos, entre os que se atopa o de Zuloaga, mantennos o Goberno nos sótanos da Administración ata que se chegue a un acordo nos debates sobre cal debería ser o seu paradoiro final debido a súa doble dicatomía: por unha banda, representan a exaltación da sublevación militar do 1936 e do dictador, polo tanto, van en contra da inminente entrada en vigor da Lei de Memoría Democrática, de acordo co publicado no seu anteproxecto, e, por outra banda, contan con un alto valor artístico que tamén aparece recollido na mesma como excepción á súa eliminación ou retirada. De momento non se sabe a qué ámbito pertencen ditos retratos. Rama, L. (08/12/2020): ¿Qué ocurrirá con el cuadro de Franco que oculta el Gobierno en sótanos de la Administración?, Voz Populi. Recuperado: https://cutt.ly/ZnZIZyB 53 Novo González, J., 2006: pp: 238 - 241. Neste artigo publicado na revista Ondare, Novo González, realizou un exhaustivo estudo de gran interés pola anexión e utilización de Ignacio Zuloaga polo réxime. A evolución dos retratos de Franco… 21 boina carlista, a presenza de todos estos símbolos supón a unión de tódolos bandos que loitaron no bando nacional durante a guerra na súa persoa. Di Ángel Llorente (2002) que este foi o retrato que catapultou á fama a Zuloaga, convertíndose nun dos artistas predilectos do réxime e no retrato máis difundido do dictador durante estos anos 54 . 3.2.3. Escultura Do paso do Caudillo pola historia de España tamén se poden mencionar as seguintes mostras de arte escultórico. A primeira escultura en analizar é obra do valenciano Mariano Benlliure (1862 - 1947) 55 , Franco Salvador de España, de 1940 (fig. 18). Escutlura en mármol feita por encargo do Casino de Madrid 56 . Antes de realizar a escultura, Benlliure sempre realizaba un boceto ou debuxo da mesma, «para Benlliure el dibujo era una importante herramienta de trabajo y pocas veces un fin en sí mismo» 57 . Posteriormente, como explica Lucrecia Enseñat (2013) procedía ao modelado en barro e finalmente facía un vaciado en xeso «a partir del cual ya se daba paso al proceso de fundición o a un más preciso y detallado sacado de puntos si la esculpía en mármol o madera» (p. 70). Por desgracia non se conservan moitos dos bocetos ou modelos en barro de Benlliure debido á fraxilidade do material así como á reutilización dos mesmos para novos modelos. Trátase do busto do dictador, ao que lle faltan os brazos a ambos lados, realizado en mármol nun modelado moi brando que presenta un tono amable no sfumato utilizado no rostro e indumentaria — pódese ver que a penas se para nos detalles da camisa ou das súas 54 Llorente Hernández, A., 2002: p. 61. 55 Con motivo do 150 aniversario do artista levouse a cabo no ano 2013 unha exposición monográfica de Benlliure en Madrid e Valencia, dúas das cidades máis importante na súa vida artística, comisariada por Lucrecia Enseñat Benlliure e Letizia Azcue Brea. Grazas a esta exposición fíxose un estudo en profundidade do artista e a súa obra, baixo o título Mariano Benlliure: El dominio de la materia (Madrid: Dirección General de Patrimonio Histórico; Valencia: Consorcio de Museo de la Comunitat Valenciana, 2013). A diferencia doutros artistas a súa figura e fama non se poden vincular diractamente ao réxime pois xa tiña unha carreira definida previa ao Alzamento. Aquí fan un percorrido pola súa vida e obra, non so no ámbito militar, senón tamén relixioso e civil. Por outra banda, tamén resulta interesante o libro de Vicente Vidal Corella, Los Benlliure y su época, publicado en 1977, que recolle a traxectoria artística da familia Benlliure en xeral, dende o seu pai Juan Antonio Benlliure Tomás ata Mariano Benlliure e os seus tres irmáns: Blas, José e Juan Antonio. 56 Na Biblioteca privada do Casino de Madrid atópase esta escultura xunto coa de Sanjurjo, ambas feitas por Mariano Benlliure. Álvarez, M.J. (20/02/2015): La biblioteca privada del Casino de Madrid, ABC. Recuperado de: https://cutt.ly/6nZIVAB 57 Enseñat Benlliure, L., 2013: p. 25. A evolución dos retratos de Franco… 28 similitudes en canto á súa composición coa obra do pintor renacentista italiano, Tiziano, La Gloria (1551 – 1554). A seguinte obra a tratar leva a firma do artista boliviano Arturo Reque Meruvia, máis coñecido como Kemer, trátase do mural Alegoría de la Cruzada realizado entre 1948 e 1949 e que se atopa no Archivo Histórico Militar de Madrid (Fig. 21) 82 . Aquí «como guerrero medieval, como cruzado, como nuevo Cid con su espada entre las manos» 83 aparece representado, centrando a composición, o Caudillo de España, rodeado por unha aureola e sendo protexido, nin máis nin menos, que por Santiago Matamouros a lomos do seu cabalo branco presente na parte superior. Como xa vimos ao longo deste traballo, non é extraña a comparativa do Xeneralísimo co apóstol, que xa se ven producindo dende os albores da guerra, mesmo no chamamento á mesma como “cruzada” nacional. Presenta similitudes co cartel de Adolf Hitler no que o dictador alemá aparece ataviado como cabaleiro teutónico, constitúe unha das poucas veces nas que este aparece representado como cruzado (Fig. 22). Franco aparece ataviado a imaxe e semellanza dos cruzados do Medievo, como afirma Pedro García Martín, «se hizo retratar (...) como gran maestre de las antiguas Órdenes Militares (...) empuñando la espada capitana de las nuevas milicias: Ejército, Iglesia, Falange y Carlismo» 84 . A escena recolle diferentes episodios de gran impostancia para o bando nacional como a representación da Catedral de Oviedo trala Revolución de Asturias do 1934, que para moitos representou o inicio da Guerra Civil, ou o asedio ao Alcázar de Toledo en 1936, ambalas dúas na esquina superior esquerda da imaxe. Por outra banda, presenta iconografía fácilmente recoñecible como a roda alada vinculada tradicionalmente ao deus do olimpo Hermes, que simboliza a industria, concepto recalcado polas chemineas fumeantes das fábricas, trátase dunha representación da idea de progreso. Ademáis, podemos ver unha cruz, que recalca o concepto de cruzada nacional. Todos estos símbolos están presentes na esquina superior dereita da imaxe. 82 Esta non é a única obra que Reque Meruvia realizou para o enxalzamento do Caudillo e o bando nacional, son numerosas as obras atopadas adicadas á pervivencia da memoria e enaltación do bando sublevado, algunhas delas, principalmente no ámbito da acuarela do cal era un gran coñecedor, fóron recollidas por Rafael Mendoza Yusta nunha publicación para o nº 19 da revista Arte, arqueología e historia. 83 Gómez Moreno, A., 2010: p. 216. 84 García Martín, P., 2014: p. 764. A evolución dos retratos de Franco… 29 Por outra banda, atopámonos con toda unha chea de persoaxes que representan todos aqueles que dunha forma ou outra colaboraron na victoria dos sublevados. Desta maneira, está presente a infantería do Exército de Terra, o Exército de Mar e as forzas aéreas; tamén a guardia moura 85 ; a Falanxe Tradicionalista e das Xons e os requetés carlistas, todos eles repartidos ao longo da composición. A Igrexa Católica tamén conta co seu protagonismo nas figuras do fraile franciscano e a monxa; así como os intelectuais tradicionalistas que contan con un lugar na composición ao lado da monxa, e, por último, a presenza dunha enfermeira en representación da sección feminina. Todos estos persoaxes aquí recollidos están localizados no lado dereito da imaxe 86 . 3.3.2. Escultura No campo escultórico, nesta etapa, volvémonos a atopar co escultor, anteriormente tratado, Moisés de Huerta. Desta vez, será obxecto de estudo a súa obra Estatua Ecuestre del General Francisco Franco, realizada para a Academia General Militar de Zaragoza entre 1942 e 1948 (Fig. 23) 87 . Este encargo propiciado polo alcalde de Zaragoza, Francisco Caballero, en setembro de 1942 levaba por fin honrar a memoria do primeiro director da Academia 88 . Para a súa realización, o goberno convocou un concurso nacional «Concurso de bocetos de estatua ecuestre S. E. el Jefe del Estado y Caudillo de España» que gañou Moisés de Huerta 89 . Trátase dunha escultura ecuestre, xénero que como levamos vendo ao longo deste traballo, o réxime botou man en númerosas ocasións para a representación do Xefe do Estado español e Caudillo de España. Nela aparece Franco, co corpo erguido e mirada ao frente, subido a lomos dun cabalo que 85 Como García Martín (2014) cuestiona na revista eHumanista , que o artista pintara a Santiago apóstol na parte superior e a guardia moura xusto á dereita, tendo en conta que Santiago é coñecido como Santiago Matamoros, pola súa “labor” na Cruzada contra a invasión moura (p. 764). 86 Pódese establecer unha relación entre esta obra e as esculturas realizadas por Pompeo Leoni para o Escorial, como o grupo escultórico de Felipe II máis a súa familia, pois constituen exemplos do concepto de “oración perpetua”. 87 Máis dun ano antes de ser aprobada a Lei de Memoria Histórica, en decembro de 2007, esta escultura foi retirada da súa posición orixinal, na entrada principal da Academia Militar de Zaragoza, para ser trasladada ao Museo Privincial de Zaragoza. Defensa retira la estatua de Franco de la Academia Militar de Zaragoza. (24/08/2006). El País. Recuperado de: https://cutt.ly/KnZI5AH 88 Franco foi director da Academia Militar de Zaragoza dende 1928, cando foi nomeado por Primo de Rivera, ata 1931, cando a Segunda República, e, en particular, o ministro de guerra da mesma, Manuel Azaña, decreta o peche da Academia. Finalmente, tras poñer fin á guerra, foi Franco quen tomou a decisión de reabrila e a primeira promoción data de 1942. (Sanz, J. de A., 2004: p. 169) 89 O boceto gañador foi portada do número 1 de outubro de 1944 de ABC, polo “día do Caudillo” (Fig. 24). A evolución dos retratos de Franco… 30 aparece coa cabeza gacha e en actitude rampante, toda a escultura ten unha sensación de impulso hacia diante. Como explica Jesús de Andrés Sanz (2004) no proxecto orixinal, Franco aperecía portando un casco militar co escudo franquista no frente, e ía envolto nunha capa, representado en actitude guerreira portando o escudo, a cruz e a espada «acordes con el clima bélico que en ese momento reinaba» mais, finalmente, probablemente tras as sesións nas que o mesmo Franco posou para o escultor, éste decidira correxir algunhas partes da súa figura, como a eliminación do casco e a capa 90 . No ano 1947 presentouse a escaiola no Palacio de Cristal de Madrid «a la que había aplicado una pátina verdosa que le daba un aspecto broncíneo y que se aproximaba bastante al resultado final» 91 . Ao ano seguinte da presentación, comunícaselle ao Concello a finalización da mesma, e procédese á súa colocación na entrada da Academia Militar de Zaragoza. A estatua foi inaugurada o 15 de decembro de 1948 92 . É importante sinalar que no longo proceso que vai dende o concurso, en 1942, ata que a obra se ve finalmente realizada, en 1948, efectúase a derrota das potencias do Eixe durante a II Guerra Mundial, polo que o réxime tivo que ir depurando do réxime todo aquelo de corte fascista que o caracterizaba — o saúdo fascista co brazo en alto, eliminación de iconografía de corte fascista, o poder omnipresente da Falanxe que é remplazado polo Movimento Nacional... — polo que cabe pensar que a estatua tamén sufrira un proceso de depuración simbólica, ata a versión última de 1948. Si en 1942, cuando surgió la idea de levantar el monumento a Franco, el régimen invocaba cada vez que tenía oportunidad sus orígenes forjados en la victoria militar en la guerra, en 1948, cuando al fin se inaugura, ha perdido fuerza el exhibicionismo bélico anterior a 1945 93 . 90 Sanz, J. de A., 2004: p. 171 - 172. 91 Sepúlveda Sauras, M. I., 2005: p. 119. 92 O NODO do 3 de xaneiro de 1949 fíxose unha retransmisión do proceso de elaboración e presentación da escultura ecuestre de Moisés de Huerta aquí tratada. NODO (03/01/1949): “Arte y milicia”, Rtve, 313, min. 00: 10: 57. Recuperado de: https://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-313/1469446/ 93 Sanz, J. de A., 2004: p. 172. A evolución dos retratos de Franco… 31 3.4. ETERNO CAUDILLO DE ESPAÑA (1955 - 1975) Tras os primeiros pasos hacia a recuperación da imaxe de España ante o panorama internacional presentados no apartado anterior — sendo clave a admisión de España na ONU en 1955 — un momento fundamental, que evidenciou ese beneplácito internacional ao réxime, foi a visita do presidente Eisenhower a España en 1959, «el hombre que tan cálidamente saludó a Hitler en Hendaya en 1940 y el que lo derrotó en 1945 eran ahora amigos» 94 . Nese mesmo ano, España decide, finalmente, poñer fin ao sistema autárquico que viña imperando dende os anos corenta, e que fora razón principal pola que o país estaba sumido nunhas condicións de vida baixísimas 95 . O fin deste sistema virá da man do famoso Plan de Estabilización, que da comezo aos marabillosos anos sesenta, caracterizados por ser a época na que se da o «milagro económico español», en palabras de Antonio Cazorla, o producto interior bruto incrementouse anualmente, de media, un 7%, chegando a posicionarse como o segundo máis alto da OCDE, depois de Xapón 96 . Mais, non todo era de cor rosa, había unha España revolucionaria que comezaba a emerxer paralelamente a esa imaxe de opulencia que o réxime quería exportar. A relación coa Igrexa e a Santa Sede particularmente, comezou a ser turbulenta trala firma por parte de Juan XXIII do Concilio do Vaticano II en 1959, no que facía referencias a «salarios justos y vida digna para los trabajadores de la industria y la agricultura, a la función redistributiva de los impuestos y a los derechos sindicales» 97 . Isto, uniuse á explosión de folgas obreiras e estudantís ao longo dos anos sesenta, moitas delas apoiadas polo PCE e instigadas por CCOO, principales baluartes de contestación antifranquista na época — sendo clave no resurximento dese novo movemento 94 Cazorla, A., 2015: p. 218. 95 Este cambio xa se comeza a percibir coa remodelación do gabinete de Goberno realizado en 1957, feito en sintonía coa súa man dereita, Carrero Blanco, esta mutación do goberno, coa integración dos chamados “tecnócratas”, vinculados en gran parte ao Opus Dei, non so supuxo un cambio no sistema económico do país, que abandoaba a autoarquía e daba a benvida ao capitalismo moderno, senón que tamén «marcó el comienzo de su transición de político activo a figura simbólica» (Preston, P., 2017: p. 725). 96 Cazorla, A., 2015: pp. 257 - 258. 97 O Concilio do Vaticano II daba os primeiros pasos para a desvinculación da Igrexa e a política, ademáis de apostas pola liberdade de culto. Todo isto non foi moi ben visto polo dictador, quen creía que a Igrexa lle debía lealtade por habela salvado do “xugo” comunista. A grandes rasgos, «la nueva orientación de la Iglesia conciliar fue un golpe decisivo (...) anunció el fin de la legitimización clerical del régimen con la que Franco había podido contar desde 1936» (Preston, P., 2017: p. 764, 781). Por outra banda, á altura de abril de 1968, o papa Pablo VI, solicita a Franco que renuncie ao seu privilexio na elección de obispos. O xiro da Igrexa á esquerda despertou un anticlericalismo de ultradereita no seo do franquismo, por exemplo, na organización de Blas Piñar, Fuerza Nueva (Ibid. pp. 799 - 800). A evolución dos retratos de Franco… 32 obreiro revolucionario as do ano 1962, que comezaron en Asturias e o País Vasco 98 — esta eclosión de rebeldía hacia o Goberno desmontou o mito da invulnerabilidade do réxime polo que veu acompañada dunha forte presenza do brazo “xusticeiro” do Estado: a represión. O papel represivo do réxime en xeral, e de Franco en particular, quedou particularmente retratado na primavera de 1963, coa tortura e execución de Julián Grimau, quen fora un alto dirixente do Partido Comunista condeado a morte por “rebelión militar”. Este suceso xerou unha ondada de contestación a nivel internacional en oposición á represión desmesurada do réxime Franquista 99 . Xunto co IV Congreso do Movemento Europeo de 1962 celebrado en Munich, denominado polo diario Arriba «Conturbenio de Munich» ao que pronto se sumaron outros noticieiros como o ABC (Fig. 25), pola participación de 118 políticos españoles antifranquistas para a discusión da entrada de España na Comunidade Económica Europea (CEE), supuxeron un cambio na concepción do réxime e unha maior axitación e concienciación mundial cara o mesmo. Rematou na supresión durante un período de dous anos do artículo 14 do Fuero de los Españoles relativo ao permiso libre de residencia e, consecuentemente, no exilio forzoso de políticos implicados como Gil Robles ou Dionisio Ridruejo. Este momento convertiuse nun fito na historia democrática do país 100 . Por outra banda non podemos esquecer a presión exercida ao réxime pola creación da organización vasca Euskadi Ta Askatasuna (ETA) 101 , quenes se decantan pola loita armada a partir dos anos sesenta. En decembro de 1973 prodúcese o atentado etarra a Luis Carrero Blanco 102 . A morte do almirante supuxo un forte batacazo para o dictador, quen tiña todas as esperanzas postas na súa persoa para a supervivencia do réxime trala súa morte 103 . Tras o salto 98 Estas folgas do ano 62 como di Paul Preston (2017) «marcaron el final de los sindicatos verticales falangistas y el nacimiento de un nuevo movimiento obrero clandestino» (p. 762). 99 Para máis información sobre o proceso e as consecuencias da detención, tortura e execución de Julián Grimau, resulta moi interesante o estudo realizado por Machado, X. (2013): Las tensiones entre el “apeturismo” y el “inmovilismo” franquistas: El caso Grimau, Historia del presente, nº 22, pp. 139 - 150. 100 Cazorla, A., 2015: p. 259. 101 A organización etarra contou, nun primeiro momento, con un gran número de seguidores e foi especialmente importante para a reivindicación do País Vasco como pobo, en palabras de Zubiaga Garate, M. (2009), «por un lado tenemos ya una institución legítima, y, por otro, un pueblo plural y diferenciado cuyos diversos y parciales intereses aquella trata de gestionar» e sigue «la hegemonización ética lograda por el sistema gripa el motor de la radicalización democrática, una radicalización que necesariamente debe construir un pueblo cuya legitimidad se opone a la de la institución que se desea democratizar» (p. 69). 102 Acometido na rúa Claudio Coello de Madrid, tras a saída da súa misa diaria das nove no convento dos Xerónimos, unha explosión fixo saltar polos aires o vehículo a máis de vinte metros, rematando na cornisa do patio interior do convento, e ocasionando a morte do almirante, o chófer e máis o escolta (Pinilla García, A. 2004: p. 27). 103 Pinilla García, A., 2004: p. 27. A evolución dos retratos de Franco… 33 polos aires do presidente, Franco viu como todo o que tiña “atado y bien atado” estábase a desmoronar 104 . Carrero Blanco, será sustituído no seu posto a día 28 de decembro por Arias Navarro 105 . No ámbito cultural, en 1962 entrará Manuel Fraga Iribarne, en sustitución de Gabriel Arias Salgado, como ministro de Información e Turismo, e convertirase nunha figura esencial no réxime, será o maior promotor das bienais de arte e o turismo cultural de masas 106 . Durante estos anos, ademáis, apostará por unha certa liberalización da prensa, a través da famosa Lei de Prensa do 1966, na que se daba un xiro ao poder da censura, sendo esta posterior á publicación 107 . Fraga formaba parte do sector “aperturista” do goberno, que constituían aqueles que «pretendían llevar a cabo una serie de reformas para adecuar el régimen a los nuevos desafíos nacionales e internacionales (...) con el fin de reafirmar la consolidación del régimen» 108 . En 1967 apróbase, baixo un referendum, celebrado a día 14 de decembro de 1966, a Lei Orgánica do Estado, que viña a culminar o proceso consitucional iniciado coa aprobación do Fuero do Traballo de 1938, doctrina fundamental do Franquismo 109 . A Lei Orgánica do Estado ten como principal obxectivo a sucesión nunha Monarquía tradicional, católica e representativa basada nos principios do Movemento: Artículo primero I. El Estado español, constituído en Reino, es la suprema institución de la comunidad nacional. [...] Artículo sexto El jefe del Estado es el representante supremo de la Nación [...] ostenta la Jefatura Nacional del Movimiento y cuida de la más exacta observancia de los Principios del mismo y demás Leyes fundamentales del Reino, así como la continuidad del Estado y del Movimiento Nacional [...] 110 . 104 Frase icónica do dictador, pronunciada no anual discurso de nadal do ano 1969. Por aquel entonces, a imaxe de dictador activo, sempre presente e indestructible estábase a desmoronar a consecuencia da enfermidade de Parkinson que sufría. 105 Preston P., 2017: pp. 826 - 828. 106 Del é o eslogan máis recoñecido dos anos sesenta en España para atraer o turismo: “Spain is different” «Si en 1950 apenas llegan a España 750. 000 turistas, en 1960 se superan ya los seis millones de visitantes, y al acabar la década, se llegará a los 24», todo isto contribuiu ao milagro económico dos anos 60 no país (Criado, M. A., 2006: p. 7). 107 Preston, P. 2017: pp. 766, 790. «Fraga era considerado como la persona que podía resolver el insoluble problema que suponía mantener la censura de prensa en una sociedad que cambiaba a una velocidad vertiginosa» (Preston, P., 2017: p. 766) 108 Machado, X., 2013: p. 139. 109 O referendum contou co 88% do voto a favor e o 1, 81% en contra. Unha vez máis, con un proceso de votación cuestionable chegando incluso a recollerse en algunhas localidades o voto do 120% do electorado local «fenómeno que fue explicado (...) por el fenómeno de los votantes transeúntes» (Preston, P., 2017: p. 793). 110 BOE, 11 de enero de 1967, pp. 466 - 467. A evolución dos retratos de Franco… 34 Os anos finais de vida do Caudillo no estiveron exentos de contratempos. O coñecido como Proceso de Burgos, en decembro de 1970, contra dezaseis militantes de ETA 111 , máis, as últimas sentencias de morte firmadas por Franco, uns meses antes da súa defunción, que se cobraron a vida de tres membros do Frente Revolucionario Antifascista e Patriótico (FRAP) 112 e dous membros da ETA, sumiron os seus últimos anos de vida nun intenso clima de enfrontamento 113 . Mais, finalmente, o Caudillo morre, tras unha longa agonía, ás cinco e vintecinco da madrugada do 20 de novembro de 1975. Arias Navarro, entre bágoas, será o encargado de transmitir ao pobo español a noticia, así como, o testamento político do que fora Caudillo de España 114 . 3.4.1. Pintura Nos anos sesenta en España prodúcese unha maior apertura dentro do mundo da arte hacia as tendencias que xa se viñan dando no resto de Europa, isto é, as vangardas artísticas. Resulta realmente revelador o discurso inaugural da I Bienal Hispanoamericana celebrada en Madrid entre octubre de 1951 e febreiro de 1952, escrito polo Ministro de Educación do momento, Joaquín Ruíz - Giménez, que ostentou o cargo ata 1956. Nel, fai un alegato contra a total intromisión do estado na creación artística e unha defensa aférrima da experimentación artística tendo sempre presentes os valores do Movemento: [...] el Estado tiene que huir de dos escollos, [...]: el indiferentismo agnóstico y la intromisión totalitaria. El primero se inhibe ante la Verdad, y también ante la Belleza; el segundo las esclaviza, haciendo de las obras de la inteligencia y del arte unos serviles instrumentos de política concreta. [...] En nuestra situación concreta, nos parece que esta ayuda a la autenticidad debe adoptar dos direcciones: por una parte, estimular el sentido histórico [...]; por otra parte, fortificar el sentido nacional [...]. Lo cual no representa, ni mucho menos, desviar a los artistas de las corrientes universales del arte, sino tan sólo procurar estén atentos a sus valores propios 115 . 111 Xulgados por tenencia ilícita de armas, roubo, terrorismo, rebelión militar e o asesinato de Melitón Manzanas, xefe da Brigada de Investigación social de San Sebastián (Fernández Soldevilla, G., 2020: pp. 27 - 30). 112 O FRAP nace, tras os Xuízos de Burgos, en 1971, consolidándose a partir de 1973, co obxectivo, recollido no seu programa político, de «derrocar a la dictadura fascista y expulsar al imperialismo yanqui mediante la lucha revolucionaria» (Domínguez Rama, A., 2010: p. 400) 113 As últimas execucións do Franquismo, tiveron unha contestación internacional maior, si cabe, que o caso de Julián Grimau que xa lle quitara o sono na primavera do 1963: «Quince países europeos retiraron a sus embajadores. Hubo manifestaciones y ataques contra las embajadas de España en la mayoría de los países de Europa. En las Naciones Unidas, el presidente de México, Luis Echevarría, exigió la expulsión de España de la organización. El papa Pablo VI pidió clemencia, al igual que todos los obispos de España. (...) Franco hizo caso omiso de todo ello» (Preston, P., 2017: p. 840). 114 Preston, P., 2017: pp. 841 - 849. 115 Ruíz-Giménez, J., 1952: pp. 163 - 164. A evolución dos retratos de Franco… 35 Neste novo contexto de apertura tomaremos como exemplo o retrato a Francisco Franco feito polo artista lucense, Tino Grandío 116 , en 1973 (Fig. 26). Este artista móvese no mundo da experimentación, chegando incluso a pasar por unha fase abstacta entre 1959 ata 1961, ata chegar á súa madurez artística na que destacou pola simplicidade das formas e a gama dos grises 117 , é nesta etapa na que se asenta o retrato aquí tratado. A obra foi un encargo do presidente do goberno, Luis Carrero Blanco 118 . O cadro, feito a partir de fotografías do Caudillo, retrata ao Xeneralísimo xa anciá, pintado de corpo enteiro, ataviado coa vestimenta de almirante e sedente nun sofá de dimensións considerables respecto á súa figura xunto a unha mesa con un floreiro 119 . Probablemente ao tratarse de un encargo oficial, Grandío, decidiu fuxir un pouco das grandes manchas de cor, presentes principalmente no corpo do dictador cuxa figura so se distingue po estar contorneada, e decide pararse na descripción dalgunhas partes, como na faciana de perfil do mesmo. Destaca a importancia que lle concede o artista á luminosidade, que ven da esquina superior dereita do cadro. O fondo, que se constitúe como un espazo indeterminado, presenta unha degradación tonal que vai do gris ao verde incluso con toques amarelados na zona onde inxire a luz con maior intensidade, é dicir, xunto ás frores 120 . Trátase dunha obra bidimensional, onde prima a sensación de planitude 121 . A Fundación Abanca describe así o estilo do artista nesta obra: El autor tenía como una de sus premisas fundamentales a la hora de crear la huida del academicismo, unificando recursos de la abstracción con la neofiguración de ascendencia expresionista. Así, haciendo referencia a la primera influencia, hay una valoración del proceso creativo del cuadro, la textura se convierte en un recurso expresivo más, trata de manera extenuante la luz y matiza con precisión el color. De la segunda, utilizada la bidimensionalidad, con la consecuente sensación de plenitud e indeterminación espacial, que emplea para dar una visión crítica de la realidad, casi caricaturesca 122 . 116 Para máis información sobre o artista da Terra Chá, a vida e obra de Tino Grandío aparece recollida nunha pequena biografía feita por Jorge Gómez Iparraguirre para a Xunta de Galicia. 117 Beatriz de San Ildefonso Rodríguez, (s.f.), Real Academia de la Historia (RAH). 118 Existe outra versión, recollida por Gómez Iparraguirre, J. (2005) que di que este cadro foi un encargo de A. M. Compoy para realizar unha iconografía do xefe de Estado e o príncipe de España á altura de 1973 (p. 60). 119 Como anécdota, cabe destacar que, tiña tanta confianza no valor da súa obra que chegou a afirmar que «es tan buen retrato que compañeros míos como Díaz Canejo o Cristino Mallo han dicho que el día de mañana, si el día de mañana existe, lo comprará el Partido Comunista» (Gómez Iparraguirre, J., 2005: p. 60). 120 Presenta similitudes co cadro realizado por Francisco de Goya no ano 1800, La Condesa de Chinchón. Ambolos dous aparecen representados sobre un espazo indeterminado, de fondo neutro, sedentes nun sillón considerablemente máis grande que os corpos dos protagonistas, así mesmo, Goya quixo reflexar «la soledad y la fragilidad de la retratada al colocarla en una habitación vacía» (Ribeiro, A., (s.f), Museo del Prado) 121 Franco: Tino Grandío, 1973, (s.f.), Abanca Colección de Arte. 122 Ibid. A evolución dos retratos de Franco… 36 Collendo esas últimas liñas, non se trata, como podemos ver, dun retrato oficial ao uso, pois o artista ofrece unha visión caricaturesca da realidade. A pequenez do Caudillo nese gran sillón, anciá, ao lado das frores, algunhas delas xa marchitas, estanos a falar da fugacidade do tempo, «ningún jefe de estado, y mucho menos un jefe de estado con tradición de mando, admitiría este retrato suyo en ninguna dependencia oficial, porque está haciendo alusión a la temporalidad, a la pequeñez, a la relatividad» 123 . Na biografía do artista feita por Jorge Gómez Iparraguirre, o autor compara esta obra coa Finis gloriae mundi de Valdés Leal, denominando á de Tino Grandío como unha «versión moderna» da mesma, así como, ve na obra de Grandío unha recuperación do concepto barroco de vanitas, a fugacidade da vida pero tamén do poder 124 . E, o certo é que, a estas alturas, o Caudillo xa so era unha sombra do que fora. 3.4.2. Escultura Non se atopan grandes diferencias, no referente á escultura, nos retratos do Xeneralísimo respecto aos anteriores periodos estudados. O xénero ecuestre segue a ser un dos máis cultivados, con esculturas como a de Ferrol de Federico Coullaut-Valera Mendigutía que databa de 1967, retirada en 2002 da vía pública por efecto da Lei de Memoria Histórica. A pesar de ser posterior á morte do Caudillo, é imperativo facer mención da escultura realizada por Enrique Novo Álvarez para a cidade de Melilla en 1978 (Fig. 27) 125 . Trátase dunha escultura exenta do dictador, realizada en bronce. Vemos no tratamento plástico a un xove Franco, coa perna esquerda en diante, con decisión mirando ao fronte, ataviado coa vestimenta oficial dun comandante e portando ao pescozo uns prismáticos. Porta o que semella ser un libro na súa man esquerda e o bastón de mando na súa man dereita. Chama a atención, da mesma maneira que pasaba coa anteriormente analizada obra de Tino Grandío, as dimensións notablemente inferiores que presenta respecto ás obras plásticas ás que nos tiña acostumados o dictador. Esta peza constituía, ata febreiro do ano 2021, a única estatua do dictador en pé en territorio español, isto débese a que a obra estaba adicada ao comandante da lexión que salvou a Melilla 123 De Cora, J., 2019. 124 Gómez Iparraguirre, J., 2005: pp. 60 - 61. 125 Resulta canto menos chamativo que a escultura fose colocada na vía pública de Melilla baixo o mandando de Adolfo Suárez como presidente do goberno, e o D. Juan Carlos de Borbón como rei de España, e no mesmo ano no que se estaba a facer a Constitución Española de 1978. A evolución dos retratos de Franco… 37 das tropas marroquís de Abd El Krim en 1921, e non ao dictador acérrimo que mantivo a nación en corenta anos de dictadura, todo isto aparece recollido na placa conmemorativa que se atopa aos pés do comandante: «Melilla al comandante de la legión D. Francisco Franco Bahamonde 1921 - 1977» 126 . Non obstante, como xa se especificou no primeiro apartado, a realidade do acontecido en Melilla en 1921 non é tan simple como a do heroe único que aquí queren presentar, como explica Antonio Cazorla (2015) «este monumento es una falsificación del pasado hecha para mayor gloria del Caudillo», ao que suma, «la realidad fue más compleja y menos glamurosa» 127 . 126 Estaire, O. (22 de Febreiro de 2021): Melilla aprueba retirar la última estatua de Franco que sigue en pie en España, El País. Recuperado de: https://cutt.ly/enZOpkq 127 Cazorla, A., 2015: p. 39. ANEXO DE IMAXES Fig. 1. Jalón Ángel, El glorioso Capitán de España, conductor de esta cruzada inmortal…, Flecha, nº14, 25 de abril de 1937. [Fotografía]. Recuperado de: Donet Donet, L., 2013: p. 21. Fig. 2. Anónimo, Francisco Franco. El colegio Champagnat de Buenos Aires, Argentina, a los cruzados de la causa de Franco, Buenos Aires, 1937. [Fotografía]. Recuperado de: Donet Donet, L. 2013: p. 21 Fig. 3. Anónimo, Franco sobre la muchedumbre, Nueva España, xuño 1938 [cartel]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: p. 56. Fig. 4. K. Stauber, As lebe Deutchland!, Ministerio Imperial para la Ilustración Popular y la propaganda, ca. 1935. [Cartel]. Recuperado de: https://cutt.ly/whmHGHL Fig. 5. Jalón Ángel, Foto oficial de Franco, Delegación de Estado e Prensa, 1938. [Fotografía]. Recuperada de: https://cutt.ly/Wn0o6UE Fig. 6. Anónimo, Retrato de Franco, ca.1938. [Pintura]. Recuperado de: https://www.ciberjob.org/suple/arte/maestros/jfrances/franco.htm Fig. 7. Moisés de Huerta, Francisco Franco, Plaza Mayor de Salamanca, 1937. [Escultura]. Llorente Hernández, A., 2002: p. 52. Fig. 8. Georg Kolbe, General Franco, 1938. [Escultura]. Recuperada de: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Kolbe-Franco.png Fig. 9. Arnor Breker: Busto de Adolf Hitler, 1938. [Escultura]. Recuperado de: https://cutt.ly/5nCnta5 Fig. 10. Sáenz de Heredia, J. L., Raza, 1955. [Cartel]. Recuperado de: https://www.abc.es/play/pelicula/raza-38042/ Fig. 11. Cartel oficial de la Victoria, 1939. [Cartel]. Recuperado de: Donet Donet, L.: Franco: la consolidación en el poder a través de la imagen (1936-1951), Valencia: Universitat de Valencia, 2013 Fig. 12. Servizo Nacional de Propaganda, Generalísimo Franco, ca. 1939. [Cartel]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: p. 51 Fig. 13. José Aguiar, Francisco Franco, 1939. [Pintura]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: p. 46. Fig. 14. José Aguiar, Francisco Franco, 1939. [Plano detalle mapa]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: p. 46. Fig. 15. Retrato del Generalísimo Franco, 1939. [Pintura]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: p. 59. Fig. 16. Misa castrense en las ruinas del Alcázar de Toledo, Toledo, Julio de 1939, Archivo Histórico Provincial de Toledo. [Fotografía]. Recuperada de: https://cultura.castillalamancha.es/node/7384 Fig. 17. Ignacio Zuloaga, Francisco Franco, 1940. [Pintura]. Fig. 18. Mariano Benlliure, Franco Salvador de España, 1940. [Escultura]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: p. 62. Fig. 19. Manuel Álvarez Laviada, Generalísimo Franco, 1941. [Escultura]. Recuperado de: Llorente Hernández, A., 2002: 63 Fig. 20. José Bellver, retablo maior da Igrexa da Santa Cruz de Valencia, 1941. [Pintura]. Recuperado de: Donet Donet, L. 2013: p. 26.