scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Os obxectivos de desenvolvemento do milenio. Análise do primeiro obxectivo: fame e pobreza

Briones Mouta, Paula

Abstract

O establecemento dos obxectivos do Milenio significou un relevante impulso na loita contra a pobreza no mundo subdesenvolvido e para favorecer o desenvolvemento. Malia as intencións e progresos, a pobreza segue persistindo en todas as súas dimensión. Por iso, tendo en conta que estamos no ano fixado para o seu cumprimento, este traballo estuda o primeiro obxectivo, dada a súa importancia para a consecución dos outros; e para poder valorar os avances nas metas do Milenio. Os resultados apuntan que, a pesar de terse logrado a primeira meta, predominan os incumprimentos, especialmente a nivel rexional e para o caso de África Subsahariana. Así, a pobreza, a fame e o traballo vulnerable seguen persistindo, afectando anualmente a millóns de persoas do mundo subdesenvolvido e incidindo principalmente sobre colectivos vulnerables como son a infancia e a muller.

Full text

Paula Briones Mouta Os Obxectivos de Desenvolvemento Do Milenio Análise do primeiro obxectivo: fame e pobreza. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xuño 2015 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía Traballo de fin de grao 2 Resumo O establecemento dos obxectivos do Milenio significou un relevante impulso na loita contra a pobreza no mundo subdesenvolvido e para favorecer o desenvolvemento. Malia as intencións e progresos, a pobreza segue persistindo en todas as súas dimensión. Por iso, tendo en conta que estamos no ano fixado para o seu cumprimento, este traballo estuda o primeiro obxectivo, dada a súa importancia para a consecución dos outros; e para poder valorar os avances nas metas do Milenio. Os resultados apuntan que, a pesar de terse logrado a primeira meta, predominan os incumprimentos, especialmente a nivel rexional e para o caso de África Subsahariana. Así, a pobreza, a fame e o traballo vulnerable seguen persistindo, afectando anualmente a millóns de persoas do mundo subdesenvolvido e incidindo principalmente sobre colectivos vulnerables como son a infancia e a muller. Número de palabras: 9.991 3 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Índice Resumo .................................................................................................................... 2 Índice ....................................................................................................................... 3 Índice de abreviaturas .............................................................................................. 5 Índice de táboas, gráficos ou figuras ......................................................................... 6 Introdución .............................................................................................................. 7 Planificación ............................................................................................................. 8 Desenvolvemento do traballo ................................................................................. 10 1 Os ODM: Antecedentes e orixe ............................................................................ 10 2 Análise do ODM1: Erradicar a pobreza extrema e a fame ................................... 12 2.1 A pobreza ..................................................................................................... 13 2.2 O emprego .................................................................................................... 18 2.3 A fame .......................................................................................................... 23 2.3.1 Preocupación pola fame mundial:Situación de partida ......................................... 23 2.3.2 Subalimentación .................................................................................................... 24 2.3.3 Desnutrición ........................................................................................................... 31 2.3.4 ¿Por que uns niveis tan elevados de fame? ........................................................... 32 3 Financiamento e cooperación .............................................................................. 33 3.1 Orixe ............................................................................................................. 33 3.2 Evolución ...................................................................................................... 36 4 Críticas aos ODM .................................................................................................. 38 5 Futuro dos ODM ................................................................................................... 41 4 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Conclusións e ampliación ........................................................................................ 44 Bibliografía ............................................................................................................. 46 5 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Índice de abreviaturas AOD: Axuda Oficial ao Desenvolvemento BM: Banco Mundial CAD: Comité de Axuda ao Desenvolvemento CMA: Cume Mundial da Alimentación FAO: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura ODM: Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio ODM1: Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio 1 ODM8: Obxectivo do Desenvolvemento do Milenio 8 OMS: Organización Mundial da Saúde PNUD: Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas UN: Nacións Unidas 6 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Índice de táboas, gráficos ou figuras Gráfico 1: Evolución da pobreza extrema (1981-2011) ............................................... 14 Gráfico 2: Taxa de emprego vulnerable por rexión 1991-2013 ................................... 19 Gráfico 3: Taxa de emprego vulnerable por sexos 2013 ............................................. 20 Gráfico 4: Traballadores en situación de pobreza extrema ......................................... 20 Gráfico 5: Traballadores por clase económica no mundo subdesenvolvido ............... 21 Gráfico 6: Traballadores por clase económica e rexión, 1991 ..................................... 22 Gráfico 7: Traballadores por clase económica e rexión, 2013 ..................................... 22 Gráfico 8: Evolución da subnutrición ............................................................................ 25 Figura 1: Metas internacionais do desenvolvemento da CAD ..................................... 11 Figura 2: Os oito ODM ................................................................................................. 12 Figura 3: Os 10 países con maior proporción de pobreza mundial, 2011 ................... 16 Figura 4: Nivel de cumprimento da meta en relación a fame ...................................... 27 Figura 5: Mapa de países en situación de alerta alimentaria ...................................... 31 Figura 6: Táboa de progresos do ODM1 ..................................................................... 42 Táboa 1: Metas do ODM1 ............................................................................................ 12 Táboa 2: Pobreza extrema, países África Subsahariana .................................... 18 Táboa 3: Conceptos referentes á fame ........................................................................ 24 Táboa 4: Obxectivos acordados no Consenso de Monterrei ....................................... 35 7 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Introdución Tras décadas de reunións e conferencias sobre o desenvolvemento mundial, logrouse un consenso na Declaración do Milenio en 2000. Dita Declaración establece oito obxectivos cara 2015, coa intención de cooperar para o desenvolvemento na loita contra a pobreza mundial que afecta ao mundo subdesenvolvido. Entre progresos, estancamentos, retrocesos e críticas chegamos ao ano establecido para o seu cumprimento. Actualmente, a realidade mostra un contexto cambiante onde o crecemento económico e a tecnoloxía están presentes. Nun mundo que crece e progresa a pasos axigantados, a desigualdade, a pobreza e a fame seguen presentes en niveis importantes e mesmo cunha tendencia ao crecemento, cuestionando os progresos do mundo actual. Este traballo pretende achegarse aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM). En particular, céntrase na análise do primeiro deles: “Erradicar a pobreza extrema e a fame”, pois trátase dun obxectivo esencial para lograr o desenvolvemento mundial, e tamén para contribuír a acadar os demais ODM. Este traballo consta de catro apartados, ademais da introdución e conclusións. O primeiro apartado contextualiza os ODM, presentando a súa orixe e definición. O segundo apartado analiza o ODM1, no que se centra este traballo, destacando especialmente a situación actual, tendencias e evolución da fame, tanto a nivel global como rexional. Para iso, utilízanse os datos estatísticos máis actualizados ofrecidos polos organismos oficiais (fundamentalmente, BM). Esta análise permitirá valorar o grao de cumprimento das metas correspondentes ao ODM1 e os avances. O terceiro apartado analiza a orixe e evolución do financiamento como elemento fundamental para acadar os ODM; así como as principais críticas á súa limitada efectividade para conseguir avances no desenvolvemento. Finalmente, abórdanse as críticas aos ODM e as propostas da Axenda de Desenvolvemento Post 2015. 8 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Planificación A continuación, móstrase a planificación seguida na realización deste traballo. 9 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 16 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Figura 3: Os 10 países con maior proporción de pobreza mundial, 2011 En Asia Meridional, India, Bangladesh e Paquistán concentran o maior volume de persoas en extrema pobreza. Na India atópase o 30% do total de persoas en situación de pobreza extrema a nivel mundial 13 . En 1993, a metade da poboación (49.4% ) vivía con menos de 1.25$ diarios, o que supoñía, en termos absolutos, 455,4 millóns de persoas. O aumento da poboación provocou que a taxa caera ata o 41.6% en 2004, pero o número absoluto de pobres aumentou ata 468,6 millóns. Actualmente, compróbase unha diminución destas cifras, iso implica a redución de 167 millóns de pobres extremos dende 1993, debendo ter en conta o gran aumento da poboación 14 . Asemade a taxa reduciuse case á metade. A situación cambia se temos en conta a pobreza moderada, pois o volume de poboación ascendería a 723,4 millóns de persoas en 2011 e a taxa de pobreza moderada cífrase nun 59.2%. Móstrase así a importancia da pobreza na India. En 1991, en Bangladesh 15 o 70.2% da poboación vivía en pobreza extrema (77.2 millóns de persoas). Actualmente, aínda que se reduciu o número de persoas nesa situación, segue tendo moita importancia. Así, en 2010, 65.4 millóns de habitantes (un 43.3%) eran pobres en situación extrema. Se temos en conta o número de habitantes en situación de pobreza moderada, estas cifras son máis elevadas, ao situarse en 115,7 millóns de persoas(75.5% da poboación). 13 Este país caracterízase, xunto con China, país ao que segue, pola maior poboación mundial. 14 En 1990 na India vivían arredor de 890 millóns de persoas e en 2011 a poboación ascendía a 1.220 millóns. 15 Bangladesh era o cuarto país con máis persoas en extrema pobreza en 1991. 17 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio En 1990, en Paquistán, un 64.7% da poboación vivía con menos de 1,25$ diarios (71,9 millóns de persoas). Debe destacarse que Paquistán foi un dos países que máis avanzou na redución da pobreza extrema, diminuíndoa ata situarse en 22,1 millóns de persoas en 2011 16 . Considerando a pobreza moderada, o número de pobres aumenta significativamente ata 87,7 millóns de persoas, cifra que representa algo máis da metade da poboación (50.7%). China caracterízase por ser o país que más avances logrou na loita contra a pobreza extrema. En 1990, un 60.7% da súa poboación eran pobres extremos (689,4 millóns de persoas). A pesar da súa elevada e crecente poboación, foi reducindo a pobreza ata situarse en 84.1 millóns en 2011, unha taxa do 6.3%. A pesar dos avances, China segue sendo o terceiro país con maior número de persoas en situación de pobreza extrema. Esa situación agrávase se consideramos as cifras de pobreza moderada. Así, en 1990, un 85% da poboación china (964,6 millóns) atopábase en estado de pobreza. A singularidade neste caso é que a pobreza moderada foi diminuíndo notablemente ao igual que a extrema. Se temos en conta o conxunto das dúas, no 2011, o número de persoas pobres era de 250.1 millóns (18.6% da poboación). É evidente que o peso da pobreza moderada é importante, pero a pesar de isto, os avances estiveron presentes cunha gran intensidade. África Subsahariana é a rexión con maior proporción de pobreza extrema. Ademais, varios países pertencentes a esta área concentran a maior parte da pobreza extrema a nivel mundial (Táboa 2). Así, os países a destacar son Nixeria, República Democrática do Congo, Etiopía, Tanzania e Madagascar. 16 O que supón unha redución de máis da metade de persoas en situación extrema. 18 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Táboa 2: Pobreza extrema, países África Subsahariana Aínda que aquí nos centramos nos países que concentran as cifras máis altas de pobreza extrema, “ son frecuentes altas taxas de pobreza en países pequenos, fráxiles e afectados por conflitos. E ás veces carécese de enquisas de fogares, frecuentes e de calidade, que recollan os detalles sobre o ingreso e o consumo nestes países, o cal obstaculiza, os esforzos para deseñar e poñer en práctica políticas e programas apropiados para combater a pobreza” 17 . En definitiva, acabar coa pobreza extrema mundial supón grandes esforzos a nivel global e necesita dunha importante proporción de axuda. Como se cita no último informe do BM e en palabras de Jim Yong Kim : “Para acabar coa pobreza extrema, a máis tardar en 2030, cada semana terán que saír da pobreza 1 millón de persoas. Cada semana durante os próximos 16 anos (...)” 18 . 2.2 O emprego O desemprego ou o emprego indecente preséntanse como limitacións na loita contra a pobreza. O estancamento nun emprego de baixa calidade e que vai en contra dos 17 Informe PNUD 2014, p.9 18 Banco Mundial (2014): Informe Banco Mundial 2014. 19 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio dereitos humanos fomentará a súa incidencia. Débese loitar por un pleno emprego digno para todos, tratando de reducir o emprego vulnerable 19 . O emprego vulnerable ocupaba unha porcentaxe importante sobre o total do emprego en 2013, representaba un 56% sobre o total do emprego nos países en desenvolvemento e un 9,8% nos países desenvolvidos. Analizando rexionalmente (Gráfico 2), malia diminución do emprego vulnerable no período 1991-2013, o certo é que os progresos recentes non foron moi notables, xa que a taxa apenas se viu alterada ao longo do período 2010-2013. Os maiores progresos déronse no Este de Asia; mentres que África Subsahariana e o Sur de Asia, presentan as maiores taxas e ademais os progresos na súa redución apenas son visibles. Gráfico 2: Taxa de emprego vulnerable por rexión 1991-2013 Debemos ter en conta que o emprego vulnerable non afecta igualmente a mulleres e homes. Como mostra o Gráfico 3, as mulleres presentan unha peor situación relativa. A brecha entre ambos é maior no caso de África Subsahariana, e especialmente no Norte de África. 19 Entendendo por emprego vulnerable a suma dos traballadores con emprego independente máis os traballadores familiares non remunerados. 20 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Gráfico 3: Taxa de emprego vulnerable por sexos 2013 Analizando o colectivo dos traballadores en situación de pobreza extrema a nivel mundial, constátase unha diminución tanto en termos absolutos como relativos dende 1991 ata a actualidade, tendencia que se prevé que continúe nos próximos anos 20 . Gráfico 4: Traballadores en situación de pobreza extrema Atendendo á clase social á que pertencen os distintos traballadores (Gráfico 5), malia aos avances rexistrados, os pobres extremos seguen representando unha parte importante dos traballadores do mundo subdesenvolvido. Pero o cambio estase a 20 Prevese unha taxa do 10% en 2018. 21 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio notar: en 1991 a maior parte dos traballadores do mundo subdesenvolvido atopábanse en situación de pobreza, especialmente en pobreza extrema; e en 2013 a maior parte dos traballadores son de clase desenvolvida media. Aínda así, seguen predominando os traballadores en situación de pobreza ou próximos a ela. Gráfico 5: Traballadores por clase económica no mundo subdesenvolvido A análise por rexión dos traballadores segundo a súa clase social, permite constatar ese cambio das clases sociais dos traballadores entre de o 1991 e 2013 (Gráficos 6 e 7). En 1991 na maioría das rexións predominaban traballadores en situación de pobreza (especialmente extrema), pero en 2013 a clase desenvolvida media e a próxima á pobreza son as predominantes. O cambio é substancial para o Este de Asia. 22 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Gráfico 6: Traballadores por clase económica e rexión, 1991 Gráfico 7: Traballadores por clase económica e rexión, 2013 23 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 2.3 A fame 2.3.1 Preocupación pola fame mundial:Situación de partida 21 O interese pola existente fame mundial comeza a tomar forza a mediados dos anos 90; cando dito problema empeza a formar parte das axendas políticas internacionais. Antes da súa incorporación como un dos obxectivos primordiais na Declaración do Milenio do ano 2000, a loita contra a fame mundial xa adquiriu importancia nas preocupacións mundiais en 1996. Neste ano celebrouse en Roma o Cumio Mundial sobre a Alimentación, que senta as bases para loitar contra este problema, fixándose o compromiso de reducir á metade o número de persoas en situación de fame, tomando como referencia os datos correspondentes ao período 1990-1992, e datando o límite para o 2015. O ODM1 estableceu como meta 1.c reducir á metade a proporción mundial de persoas en situación de fame. Esta meta dos ODM é moito menos ambiciosa que a establecida en 1996, posto que a esixencia é maior en termos absolutos que relativos 22 . Cabe dicir que a preocupación pola fame xa estaba presente aínda en tempos máis atrás, incorporado nos conceptos de seguridade alimentaria 23 e dereito á alimentación. Este primeiro concepto nace tras a segunda guerra mundial, pero a alza do seu estudo comeza ca crise mundial do petróleo dos anos 70, debido ao impacto que esta tivo sobre os prezos dos cereais e produtos alimenticios en xeral. A última meta do ODM1 refírese á redución da fame mundial. Para a súa análise débense ter en conta varios indicadores que, en conxunto, mostrarán os síntomas da inseguridade alimentaria existente. Primeiramente, aproximarémonos ao significado do termo fame. Xeralmente, enténdese por fame a privación de alimentos, mais existen múltiples conceptos que se refiren á fame. Algúns dos máis usados son os seguintes 24 : 21 Sánchez A. & Vivero, J. L. (2011). La alimentación. Avanzar hacia la soberanía alimentaria en GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; DURÁN, G.; SÁNCHEZ, Á. (Coord.). La economía mundial en transformación (1ª ed., pp. 140-179). Madrid: Paraninfo 22 Cuantitativamente, para o promedio de 1990-1992, no mundo 1010.6 millóns de persoas pasaban fame, polo que a meta da CMA consiste en reducir dita cifra en 505.3 millóns de persoas. Polo contrario, estimando una poboación de 7.300 millóns para o 2015 a meta do ODM1 consistiría en reducir a fame en 318,8 millóns de persoas. Este último cálculo realizouse tendo en conta que a prevalencia da taxa de fame para o 1990-1992 era do 18.6% e a poboación de 5.364 millóns. 23 O glosario da FAO define seguridade alimentaria como” situación que se da cando todas as persoas teñen, en todo momento, acceso físico, social e económico a suficientes alimentos seguros e nutritivos para satisfacer as súas necesidades alimenticias e as súa preferencias en canto a alimentos, co fin de levar unha vida sa e activa”. 24 Para medir os avances nesta meta do ODM-1 utilízanse como indicadores a subnutrición e desnutrición, considerando a FAO o termo fame como sinónimo de subalimentación crónica. 24 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Táboa 3: Conceptos referentes á fame 2.3.2 Subalimentación 2.3.2.1 Perspectivas xerais Analizando os datos proporcionados pola FAO sobre o número de subnutridos, constátase unha tendencia xeral á súa diminución no período 1990-2013 (Gráfico8), aínda que se poden identificar subperíodos con distinto comportamento: na década dos 90 os avances na redución da fame foron positivos, xa que se acompañaban dunha tendencia progresiva e decrecente. Na década dos 2000 esta tendencia viuse desacelerada e os progresos comezaron a ser máis lentos. Así, partindo dunha situación inicial, en 1990-1992 de 1010,6 millóns de persoas subnutridas, pasouse a 25 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 808,40 millóns para o 2011-2013, que en termos relativos equivale a pasar dun 18.6% sobre o total da poboación mundial a un 11.4% 25 . Gráfico 8: Evolución da subnutrición A pesar dese panorama un tanto negativo, non debemos esquecer a existencia dos progresos, xa que se conseguiu reducir a fame crónica en 216 millóns de persoas dende 1990-1992 ata a actualidade; unha redución dun 21.4% que tivo lugar no contexto dunha poboación mundial crecente 26 . Ademais, aínda que, en termos absolutos, a fame ocupa unha posición importante no mundo, impedindo cumprir a meta do CMA para 2015; se analizamos a evolución en termos relativos, tal e como recolle a meta 1C dos ODM, a situación é máis positiva, pois esa meta case se vería lograda. Para acadala habería que situarse nun 9.3%, e tendo en conta as predicións para 2014-1016, quedaríanse a só 0,6 puntos porcentuais. A fame distribúese heteroxéneamente a nivel mundial, concentrándose en rexións concretas, que pertencen principalmente a zonas en vías de desenvolvemento. Nas rexións desenvolvidas, a proporción de subnutridos tendeu a ser inferior ao 5% da poboación. Concretamente no período 2010-2012, 15.7 millóns de persoas atopábanse en situación de subnutrición no mundo desenvolvido; cifra a ter en conta, pero insignificante en comparación coas rexións subdesenvolvidas. 25 Ademais, segundo as predicións da FAO, no período 2014-2016, aínda un 10.9% da poboación mundial sufriría subnutrición, o equivalente a 794,6 millóns de persoas. Entón, a pesar dos progresos, a realidade aínda se atopa moi afastada da meta proposta. 26 Concretamente cifra en 1.9 billóns de persoas durante este tempo. 32 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio logrou; concretamente a súa parte sur, que é a rexión con máis nenos nesta situación. Así, partía inicialmente de 85,9 millóns e descendeu a 52,6 millóns en 2013, establecéndose como a rexión asiática con maior avance en termos absolutos; en termos relativos é a única rexión de Asia que aínda non cumpre a meta, pero atópase a punto de lograla. O maior progreso en termos relativos en Asia, tivo lugar na rexión oriental, que pasou dun 15,6% (21,3 millóns) en 1990 ao 2.7% (2,5 millóns) en 2013. En xeral, todas as rexións asiáticas lograron unha importante redución, tanto en termos absolutos como relativos. Pola contra, África tivo un progreso limitado, debido á evolución negativa da parte subsahariana. Esta partía en 1990 dunha porcentaxe do 28.9%, que só diminuíu ata un 21.1% en 2013. En termos absolutos a situación empeora, pois o número de nenos menores de 5 anos, con peso insuficiente aumentou progresivamente, pasando de 26,4 millóns en 1990 a 32,5 millóns en 2013. En cambio, a rexión norte avanzou positivamente en termos relativos e absolutos, reducindo á metade o número e predominio de nenos nesta situación. A situación para América Latina e o Caribe tamén foi positiva; dun 7.3% en 1991 (4,1 millóns) pasou a rexistrar en 2013, un 2.7% (1,4 millóns), cumprindo a meta para este indicador. A pesar destes avances contra a desnutrición global, aflora cun maior peso en canto a número de nenos, a desnutrición crónica 42 . Reduciuse o número de nenos que a padecen en 96 millóns; contaba en 1990 con 256 millóns (39.9%) e rexistrou en 2013 161 millóns (24.5%) 43 . Os progresos máis importantes danse en Asia, tanto en termos relativos como absolutos. Pola contra, África subsahariana, a pesar de reducir lixeiramente o predominio desta desnutrición, aumentou o número de nenos a 57,7 millóns para 2013. 2.3.4 ¿Por que uns niveis tan elevados de fame? 21 Ao longo do tempo aportáronse diversas explicacións sobre as cifras tan elevadas de fame mundial. Durante un amplo período, dende a época de Malthus, considerábase que a fame era consecuencia dunha produción de alimentos insuficiente, debido ao crecemento exponencial da poboación ou a ocorrencia de catástrofes naturais. Segundo esta teoría, no mundo non se producían alimentos suficientes para todos, o que causaba as cifras de fame existentes. Co paso dos anos demostrouse que isto non era totalmente correcto. A poboación medra de forma exponencial pero, o certo é que se producen alimentos suficientes para alimentar á totalidade da poboación. Así, chegada a década dos 70, achácase o 42 A desnutrición crónica reflexa un retraso no crecemento. 43 PNUD (2014): Informe 2014. Objetivos de desarrollo del Milenio 33 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio predominio de fame a outras causas. Aparecen enfoques que establecen como causas “a incapacidade de acceso de determinados grupos aos alimentos, como consecuencia fundamental da pobreza ou discriminación da muller, así como aos conflitos armados ou a discriminación política” 44 . Neste sentido destaca a aportación de Amartya Sen en 1981 45 ; levou a cabo a investigación de dous períodos de fame importantes, a época de fame de Etiopía e a de Bengala, para constatar que non eran debidas á carencia de alimentos. Para el, “as titularidades 46 eran a capacidade para conseguir comida a través dos medios legais existentes nunha sociedade”44, polo que a falta ou diminución destas titularidades eran o motivo da existencia da fame. Os alimentos existían en número suficiente, o problema era ter a capacidade para adquirilos. Actualmente considérase que a fame existe pola confluencia de diversos factores interrelacionados, como o alto predominio de pobreza que limita o acceso aos alimentos polos colectivos que a sofren. Ademais, moitos autores coinciden en que a persistencia da fame é motivo de causas políticas, pois en moitas ocasións non se levan a cabo unhas políticas eficientes para evitalo ou sinxelamente se levan a cabo de forma incorrecta, empeorando a situación21. Debemos ter en conta tamén, que no ano 2008 tivo lugar a crise mundial do alimentos, que se manifestou nun aumento dos seus prezos, limitando o acceso a eles. Debido á dependencia dos alimentos que ten o mundo subdesenvolvido, a subida dos prezos provocou unha caída dos ingresos, agravando a situación. A consecuencia inmediata traduciuse no aumento das persoas en situación de fame. 3 Financiamento e cooperación 3.1 Orixe Para facer posible o desenvolvemento mundial e para facilitar a consecución dos ODM é necesaria a contribución dos países desenvolvidos. Por iso é fundamental a creación dun sistema de financiamento e cooperación 47 . 44 Pérez de Armiño, K. 2000. Diccionario de acción humanitaria y cooperación al desarrollo. 45 A aportación é aTeoría das Titularidades; esta teoría contrapoñíase á idea malthusiana sobre a fame. 46 Distinguía Sen tres tipos de titularidades ou formas de conseguir alimentos, aquelas que se baseaban na produción (alimentos que producía a propia familia), as de intercambio (capacidade para mercar os alimentos no mercado con cartos que proveñen da realización ou traballo de outras actividades) e as transferidas (herdanzas). 47 Cabe sinalar que os conceptos de financiamento e cooperación non significan o mesmo, malia á súa semellanza. Mentres a axuda baséase en simples transferencias de recursos, a cooperación abarca algo moito máis amplo, non consistente só nunha mera transmisión de recursos. Véxase Alinso, J.A. (2009). 34 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Tanto se falamos de cooperación como de axuda, debemos situarnos no período posterior á Segunda Guerra Mundial. Nun contexto de descolonización de Asia e África, abandónase a axuda como relación entre metrópole e colonia e, avánzase na busca de recursos e instrumentos financeiros para fomentar, esta vez de forma voluntaria, o desenvolvemento das zonas do Sur, que xunto ca promoción dun crecemento económico pretendía lograr unha maior estabilidade tanto social como política nun contexto de Guerra Fría 48 . Este afán polo desenvolvemento materializábase mediante os impulsos efectuados polos gobernos e a creación de organizacións institucionais coñecidas como ONGs. Para falar dun sistema de financiamento xa institucionalizado debemos retroceder ata o ano de formación do CAD 49 , co que nace a AOD 50 , que se encargaría de proporcionar financiamento, por parte dos países industriais, mediante doazóns ou créditos cara ás zonas máis desfavorecidas, sempre baixo unhas condicións establecidas por dito organismo. Desde o seus inicios a AOD sufriu unha evolución irregular no tempo. Inicialmente, ao constituírse como axuda principal, seguiu unha senda expansiva, pero co paso do tempo e coa entrada de novos tipos de financiamento do desenvolvemento foi perdendo peso. Neste sentido, no período que vai dende a creación do CAD ata 1991, esta axuda mostrou progresos positivos, aínda que debemos ter en conta que isto foi posible grazas ao aumento do número de países membros do CAD. Dende este momento comeza unha diminución das achegas, facendo que a AOD teña un retroceso 51 . Por aquel tempo, a axuda non se sustentaba nas bases dun verdadeiro afán polo desenvolvemento, senón que toda colaboración proporcionada se movía polas relacións políticas existentes entre as rexións derivabadas do contexto da Guerra Fría. A cooperación e a axuda tiña unha cara oculta, o que provocou múltiples críticas e unha falta de confianza e credibilidade na eficacia da AOD 52 . Falábase, en torno a 1997, da “fatiga da axuda” xa que tras varias décadas a AOD considerábase insuficiente e ineficaz, mostrando as cifras relativas máis baixas da súa historia52. Culpábase disto ás 48 Unceta, K. (2003): El sistema de cooperación frente a la crisis del desarrollo, Revista de Economía Crítica, Nº1, pp. 189-200. 49 CAD: Instancia da OCDE, creada en 1960, que se encarga da axuda para o desenvolvemento. 50 Debemos distinguir entre axuda bilateral e multilateral, sendo a primeira á xestionada polos gobernos donantes sendo este quen decida cara onde vai destinada a axuda e que instrumentos utilizar; por outro lado a segunda, é aquela que os gobernos transmiten a institucións das cales son socios, sendo estes últimos os que se encargan da súa xestión. Véxase Alonso, J. A. (2009). 51 Alonso, J.A. (dir.) (2009). Financiación del desarrollo: viejos recursos, nuevas propuestas, Madrid: Siglo XXI de España: Fundación Carolina. 52 Sanahuja, J. A. (2009): ¿Más y mejor ayuda?: Los Objetivos del Milenio, la Declaración de París y las tendencias en la cooperación al desarrollo, Eikasia: revista de filosofía, Nº 28, pp. 125-161. 35 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio políticas de desenvolvemento dirixidas polos distintos gobernos receptores e á súa incapacidade para utilizar esa axuda de forma correcta, desviándoa cara outros usos distintos do desenvolvemento das súas rexións e incluso relacionándoos ca corrupción48. Parecía entón necesaria a reformulación das súas bases, pero tívose que esperar ata o xurdimento dos ODM para ver como se volve poñer sobre a mesa a necesidade de promover unha maior e mellor axuda e financiamento que fomente o cumprimento dos obxectivos e, polo tanto do desenvolvemento dos máis pobres51. Por iso, leváronse a cabo dúas reunións para asentar as bases dun financiamento que facilitase a consecución dos ODM. A primeira ten lugar en 2002, trátase da Conferencia Internacional de Financiamento para o Desenvolvemento que tivo lugar en Monterrei, e que derivou no Consenso de Monterrei. Nese documento recolléronse os puntos referentes ao financiamento que aparecen na táboa 4: Táboa 4: Obxectivos acordados no Consenso de Monterrei A pesar do avance que supoñía unha reflexión deste tipo, as innovacións levadas a cabo foron escasas. Máis que incorporar novas propostas, insistiuse en temas de financiamento que xa estaban presentes, como a importancia do comercio e do investimento exterior, como principais fontes cara á consecución do desenvolvemento, dando un papel importante ao financiamento privado52¡Error! Marcador no definido.. Reafirmouse a necesidade de achegar o 0.7% do PIB como axuda, por parte de cada país. Neste sentido, tanto a UE como EEUU comprometéronse a realizar un aumento da súa axuda51. Ademais, propúxose duplicar a axuda ao desenvolvemento ata alcanzar uns 100.000 millóns de dólares52. Seis anos despois ten lugar, en Doha, a Conferencia de seguimento para aplicar o Consenso de Monterrei. Novamente, esta conferencia non achegou case nada novo en canto ao financiamento. Aínda que unha vez máis a magnitude de axuda formou parte do debate, comprometéndose a UE a aumentala ao 0,56% do PNB para 2010 e ao 0,7% para 2015. Temas relativos á cooperación, como a referente á Sur-Sur, ou á que deben achegar os países de ingresos medios tamén foron abordados51. 36 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio En 2005 levárase a cabo un novo cumio 53 para examinar os progresos logrados en materia dos ODM. Isto fortaleceu o valor que se derivaba dos ODM ante as tentativas de países como EEUU por eliminalos e manterse a favor do desenvolvemento tan so a través da AOD 54 .51 3.2 Evolución Debido á persistencia de lograr as metas baseadas en meros resultados cuantitativos, o cumprimento dos ODM atópase moi vinculado á axuda, esquecéndose da importancia que teñen os cambios estruturais ou políticos. Así, a cooperación tamén pasa por alto isto último, centrándose na magnitude dos fluxos necesarios para cumprir os ODM, deixando de lado a preocupación pola mellora nos instrumentos financeiros necesarios para lograr un camiño estable cara ao desenvolvemento. Os esforzos por cambiar esta situación son mínimos, de xeito que un importante número de donantes se negan a firmar novos acordos en materia de axuda e buscar alternativas de instrumentos que melloren o financiamento no referente ás necesidades dos países en situación de pobreza54. A pesar do que representa a axuda de cara aos ODM e a importancia coa que se valora, se analizamos o conxunto da súa evolución podemos ver que os progresos non foron memorables. Se nos fixamos na evolución da AOD dende o Consenso de Monterrei, observamos que aumentou considerablemente ata 2005, cando alcanza o seu máximo (106.800 millóns de dólares). Parece pois que unha mellora está presente, pero se un se fixa no que representa esta cifra sobre o total do PIB dos donantes pode comprobar que os progresos foron ben limitados. Máis empeora esta situación se temos en conta as magnitudes dos últimos anos, pois caracterízanse por un descenso das cifras absolutas51. Tendo en conta isto, e que parte do incremento da axuda de 2005 debeuse á axuda de emerxencia polo tsunami asiático e polo alivio da débeda, podemos deducir que a eficacia da AOD, que os altos dirixentes tanto valoran, non é demasiado destacable. Ademais, debe indicarse que está perdendo forza no referente a favorecer o desenvolvemento, mentres se produce un aumento cara ao apoio do humanitario, o terrorismo e as situacións de emerxencia52. En consonancia co anterior podemos dicir que “parte dos problemas que afectan ao sistema internacional de axuda radica nas institucións, máis que nos recursos”52. Atopámonos ante un sistema de axudas voluntario onde as regras comúns e un 53 O chamado Cumio do Milenio +5 54 Unceta, K.; Martínez, M.J. e Zabala, I. (2011): “Objetivos del milenio, financiación del desarrollo, y eficacia de la ayuda 2000-2010: necesidad de un análisis integrado y de un enfoque alternativo”, Actas XIII Reunión de Economía Mundial La Gobernanza Global: Cooperación y Conflicto en el Sistema Económico Mundial. San Sebastián: Universidad del País Vasco. 37 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio consenso sobre o tema non están presentes. Falta unha política encargada de coordinar a axuda internacional, pois na actualidade cada un dos donantes é o encargado de establecer os seus límites e coordinar a súa axuda. Trátase dun sistema descentralizado onde cada vez teñen cabida un maior número de donantes, que dirixen a súa axuda cara multitude de aspectos distintos, provocando unha fragmentación que causa un aumento dos custos e contribuíndo, polo tanto, a que o total de dotacións se reduza52. Ante esta crise da cooperación, derivada das críticas cara á súa eficacia para promover o desenvolvemento, lévase a cabo a Declaración de París no ano 2005. Nela establecéronse uns principios básicos de cara a mellorar a eficacia da axuda; trátase da apropiación, o aliñamento, a harmonización, a xestión por resultados e a mutua rendición de contas. Con eles establécese unha maior vinculación entre os países donantes e os receptores. Adicionalmente, tratáronse temas que de novo orixinan críticas, entre os que destaca a importancia que se lle dá ao Estado como principal actor e coordinador da cooperación, deixando de lado o papel doutros actores como a sociedade civil ou as ONG. Xunto a isto, a Declaración de París deixa o rastro dunha “visión tecnocrática da cooperación e da xestión da axuda” 55 . Ademais, a Declaración só fai referencia á mellora da eficacia da AOD, pero deixa fóra das súas intencións outras formas de financiamento importantes como o investimento exterior, o comercio, a débeda ou as cada vez máis importantes remesas de inmigrantes54. En xeral, a cooperación esquécese de problemas de fondo fundamentais para seguir unha senda eficaz cara ao desenvolvemento e á consecución dos ODM e erradicación da pobreza. Nun mundo onde a cooperación se basea simplemente en axuda, é necesario avanzar noutros tipos de cooperación en temas de comercio, dereitos humanos ou protección ao medio ambiente, que miren pola súa eficacia e loiten por un mellor funcionamento. Ademais, no referente aos fluxos de axuda é necesario establecer un consenso global e estable, onde exista un sistema de control. Á vez é necesario avanzar cara á consecución de políticas coherentes que non actúen de forma contraditoria no referente ao desenvolvemento54. Queda, polo tanto, moito camiño por andar en temas de cooperación; para iso é necesario unha renovada visión dela, que abarque de maneira íntegra unha concepción diferente do visto ate agora. 55 Unceta, K.; Martínez, M.J. e Zabala, I. (2011): “Objetivos del milenio, financiación del desarrollo, y eficacia de la ayuda 2000-2010: necesidad de un análisis integrado y de un enfoque alternativo”, Actas XIII Reunión de Economía Mundial La Gobernanza Global: Cooperación y Conflicto en el Sistema Económico Mundial. San Sebastián: Universidad del País Vasco. p.17. 38 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 4 Críticas aos ODM Unha das críticas máis frecuentes contra os ODM é o seu carácter xeral. Foron creados coa intención de fomentar o desenvolvemento naquelas rexións máis pobres, consideradas de baixo ingreso e con extremas carencias; pero o certo é que dentro da pobreza coexisten limiares distintos, onde o grao de desenvolvemento é diferente segundo a rexión. Neste sentido, é posible que os obxectivos non sexan adecuados para todas as rexións en desenvolvemento, pois as necesidades cambian segundo a situación de cada unha. Isto é de especial importancia naquelas zonas ou países de ingreso medio, onde a pesar da presenza de carencias básicas, son outros os problemas que fan que a rexión se atope estancada e non poida despegar. Problemas dunha mala xestión de base estrutural, como a persistencia de desigualdades sociais ou unha falta de goberno e institucións eficientes, que colocan a ditos países nunha situación de vulnerabilidade exterior56. Nesta mesma liña, predomina a idea de que os ODM non teñen suficientemente en conta a persistencia das desigualdades nestas rexións. Así a crítica sentencia que a consecución dun crecemento económico que non logra poñer fin ás desigualdades sociais provocará unha acentuación da pobreza. As desigualdades provocan situacións de marxinación e discriminación, que en suma acaban por xerar pobreza, e de aí a base da anterior afirmación. Deste xeito, conseguir incrementar o PIB dunha sociedade para mostrar que está tendo un crecemento que á vez reflexa un descenso da pobreza é un erro. Quizás este non sexa o mellor indicador á hora de medir os avances na loita contra a pobreza, pois esquécese das desigualdades sociais das que vimos falando. Así, medir o nivel de pobreza mediante este indicador pode proporcionar falsas expectativas sobre o avance, xa que é posible que mostre un crecemento, pero este pode estar repartido de forma desigual, facendo que os ricos sexan os que acumulen os ingresos mentres os pobres sigan estando na mesma situación. Conséguese así que as desigualdades, xa existentes, se vexan incrementadas co paso do tempo. Entón os ODM deberían contemplar as desigualdades non só como a carencia de ingresos tal e como mostra a primeira das metas, senón como desigualdades sociais, onde colectivos se atopan desprazados e marxinados socialmente por mor delas 56 . A crítica tamén fala dun sistema top-down, é dicir, un sistema de decisións dende arriba cara abaixo, onde as rexións afectadas non se involucran no proceso e son outros os que toman as rendas. Os países ou rexións implicadas non teñen case participación nin voz á hora de plasmar as súas prioridades54. Neste sentido, isto mostra unha conduta paradoxal, xa que as rexións con problemas son quen realmente coñecen os puntos débiles, os fallos de cada parte da súa rexión; pero, en cambio son 56 Luque, E. (2008): Pobreza. Los objetivos del milenio: El rostro oculto del Banco Mundial, El Viejo topo, Nº. 243, pp. 64-69. 39 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio outros os que, alleos aos problemas, se encargan de buscar a solución dalgo que non viven directamente na súa pel. Tamén o propio termo pobreza suscita certas críticas. Segundo estas, o termo debería ser acuñado por aqueles que a sofren e a viven día a día e non polas grandes institucións que ven de lonxe o problema. A cuestión é que o propio significado da pobreza e o que implica a aparición dun control por parte dos que non se atopan en tan difícil situación. E é debido a este control que as decisións sexan top-down e que se proporcione unha definición non totalmente correcta de pobreza, que non mostre a complexidade que si existe na realidade diaria 57 . Críticos dos ODM tamén insistiron en que non se levaron a cabo análises detalladas deles para ver se realmente a elección era a correcta e saber se eran viables ou non. Sinálase tamén neste sentido, que as metas deberían ser marcadas de maneira prioritaria, para que como no caso actual, de cara ao período final en caso de presentarse unha inviabilidade no cumprimento de todas as metas, se poida optar por fomentar aquelas de maior e máis rápida importancia 58 . Por outro lado, insístese en que unha correcta loita contra o desenvolvemento non debe sosterse tan só baixo o piar da axuda financeira. Por suposto que é algo necesario pero que á larga pode ter consecuencias negativas e provocar un estancamento do proceso. Tal e como establece Reinert estamos a esquecer a loita contra os problemas internos que xeran a pobreza, e en vez de atacar ao seu causante estamos a loitar contra os síntomas que esta nos ofrece. “A economía paliativa substituíu en boa medida á economía en desenvolvemento” 59 . Para poder evitar a tempo os efectos negativos, a longo prazo é de vital importancia tratar a orixe do problema, porque obvialo acabará por xerar consecuencias de maior magnitude. En moitos casos certas características da estrutura produtiva soen ser as causantes da pobreza, polo que as solucións deben dirixirse cara estas. Neste sentido, son varios os problemas que derivarían do método da axuda financeira. Utilizar o financiamento como motor do crecemento, non é sostible en todos os casos, pois moitos países pobres son incapaces de utilizar o capital brindado polos ricos dunha maneira rendible xa que teñen carencias no ámbito industrial e dos servizos59. 57 Dubois, A. (2006): La dimensión normativa del desarrollo en la globalización: una visión crítica de los objetivos del milenio, Revista de dirección y administración de empresas, Nº 13, pp. 33-52. 58 Bhagwati, J. (2010): Hora de reflexionar: los Objetivos de Desarrollo del Milenio son difíciles de objetar, pero eso no significa que definan un programa eficaz para el desarrollo, Finanzas y desarrollo: publicación trimestral del Fondo Monetario Internacional y del Banco Mundial, Vol. 47, Nº 3, pp. 1-3. 59 Reinert, E. (2008): Economía paliativa: los objetivos del milenio andan desencaminados, en E. Reinert: La globalización de la pobreza. Cómo se enriquecieron los países ricos y por qué los países pobres siguen siendo pobres, (pp. 241-274). Barcelona: Crítica. 40 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio Tamén E. Reinert fala do “colonialismo do benestar” en referencia ao termo acuñado por Robert Paine. Reinert utilízao para referirse a situación dos países pobres ante esta axuda financeira da que vimos falando. Neste caso acúñase este termo porque afirman que poida estar dándose unha dependencia económica por parte dos países pobres, os cales podían estar en situación de colonia actual. Ante isto os ricos son os que teñen o poder, podendo acabar con esta axuda en calquera momento, causando graves consecuencias sobre os países de baixos ingresos. De esta maneira o que se pretende mostrar e que ante estas políticas paliativas conséguese “un mecanismo extremadamente poderoso dos países pobres polos ricos”59. Moitos apuntan a que o logrado co último dos obxectivos e conseguir manter ás rexións en desenvolvemento baixo control. En xeral, as políticas establecidas polos países ricos de cara á consecución dos ODM son moi criticadas, tachadas de neoliberais, e que ás veces vogan en sentido contrario ao desenvolvemento. Algúns exemplos son os seguintes: Por un lado, coa liberalización do comercio global, os grandes beneficiarios acabaron por ser os países ricos. É importante ter en conta o momento adecuado para que un país se abra ao exterior, xa que “facelo demasiado pronto pode dar lugar á desindustrialización, á diminución de salarios e problemas sociais cada vez maiores” 60 . O que sucedeu nestes casos foi que as rexións desenvolvidas conseguiron un fácil acceso aos abundantes mercados de materias primas do Sur; en cambio, o Sur conta con grandes restricións ás exportacións das súas materias primas cara esas rexións ricas. Neste sentido, “canto máis longo e extenso foi o proceso de liberalización, máis devastadoras foron as consecuencias para os países pobres” 61 . Os indicadores encargados de medir os avances de cada obxectivo tamén soen ser obxecto de crítica. Por un lado, porque se consideran selectivos e, por outro, porque non todos son medibles, e aqueles que si o permiten moitas veces non ofrecen datos fiables ou simplemente non reflexan a realidade que se está a vivir, debido a que están a suceder outras cousas que ditos indicadores non teñen en conta. Por último, tamén en canto aos indicadores, considero que estes non recollen o significado real do problema. Intentamos solucionar a fame e a pobreza medindo os logros en termos relativos, cando en realidade as cifras absolutas mostran uns avances máis lentos ou incluso retrocesos en certas rexións, tal e como se mostrou nos anteriores apartados. Conscientes do crecemento da poboación que se vén dando, 60 Sotelo, I. (coord.) (2006): Objetivos de desarrollo del milenio: una responsabilidad compartida, Madrid: Fundacion Carolina. 61 Cavero, T. (2011): Erradicar la pobreza extrema y el hambre, Economía exterior: estudios de la revista Política Exterior sobre la internacionalización de la economía española, Nº 55, 20102011, pp. 61-70. 41 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio deberíamos ter en conta a influencia que ten sobre as taxas, e inclinarnos por uns indicadores máis exactos á hora de medir os progresos. En relación ao anterior, a meta marcada para analizar a pobreza mundial considero que tamén é algo limitada. Ao considerar pobreza extrema á xente que ten uns ingresos diarios inferiores a 1.25$ estamos reducindo moito o abano de persoas en condicións igualmente malas, pois todos aqueles que se atopan lindando esta cifra non son tidos en conta á hora de acadar a meta. Como xa vimos no segundo apartado deste traballo, si tiveramos en conta a xente que vive con menos de 2$ ao día as cifras aumentarían, ocupando o número de pobres unha magnitude destacada. Falta preguntarse entón, que facemos con todas as persoas que se atopan no límite do considerado pobreza extrema? Non debemos erradicar igualmente esa pobreza? Quizais retomar a medición da pobreza ou os límites que esta abarca poida ser un tema de importancia. Como resposta a isto, Dugois comenta que ditos límites existen como produto da tolerancia que cada rexión considera soportable, é dicir, tendo en conta os intereses de estas porque “a pobreza forma parte da orde social, polo que alterar eses límites atopará moitas resistencias”57. En definitiva as críticas son múltiples, mostrando unha serie de carencias que os ODM veñen tendo dende o seu establecemento. Tendo en conta isto, e ante a iniciativa de crear unha nova axenda post-2015, quizais fose necesario atender todas estas chamadas de atención por parte de críticos entendidos e revisar o feito ata agora, atender aos fallos e crear unha axenda que se aproxime máis ao demandado polas críticas. Encamiñarse na consecución dunhas metas viables, atendendo a carencias de todo tipo dunha forma máis profunda. 5 Futuro dos ODM Para facer unha síntese global dos avances do primeiro obxectivo podemos utilizar a táboa de progresos 62 que presenta a UN e así ter unha maneira máis visual do ocorrido ata o 2014. 62 Tal e como mostra a lenda as cores indican o progreso alcanzado na consecución da meta, e as letras indican o grao de adianto que se logrou ata a actualidade. 48 Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio O título escríbese aquí Unicef: http://www.unicef.es/ Unicef (2011): La desnutrición infantil. Causas, consecuencias y estrategias para su prevención y tratamiento.