Full text
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Farmacia Microbioloxía II Ángeles Muñoz Crego, Ysabel Santos Rodríguez, Carlos Ferreirós Domínguez e Mª Teresa Criado Álvarez Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Facultade de Farmacia 11 O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 9788498 879056 ISBN 978-84-9887-905-6
O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 11 Ángeles Muñoz Crego, Ysabel Santos Rodríguez, Carlos Ferreirós Domínguez e Mª Teresa Criado Álvarez Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Facultade de Farmacia
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1108-2012 ISBN 978-84-9887-905-6
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control3 MATERIA: Microbioloxía II TITULACION: Grao en Farmacia PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente Unidade Didáctica: Unidade Didáctica 1. Mecanismos microbianos de patoxenicidade e virulencia Unidade Didáctica 2. Enfermidades infecciosas da pel, tecidos brandos e ollos Unidade Didáctica 3. Enfermidades infecciosas do sistema respiratorio Unidade Didáctica 4. Enfermidades infecciosas do sistema gastrointestinal Unidade Didáctica 5. Enfermidades infecciosas do sistema xenitourinario Unidade Didáctica 6. Enfermidades infecciosas do sistema cardiovascular Unidade Didáctica 7. Enfermidades infecciosas do sistema nervioso Unidade Didáctica 8. Zoonoses Unidade Didáctica 9. Infeccións nosocomiais Unidade Didáctica 10.Enfermidades infecciosas emerxentes e reemerxentes Unidade Didáctica 11. O Laboratorio de Microbioloxía Clínica: patoxénese e control.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control5 INDICE Presentación ................................................................................................ 7 Xustificación ................................................................................................ 7 Obxectivos ................................................................................................... 8 Metodoloxía docente .................................................................................... 9 Contidos ...................................................................................................... 10 1. O Laboratorio de Microbioloxía Clínica: normas de seguridade e hixiene .................................................................................................. 10 2. A microbiota normal de pel e garganta: observación e cultivo ................. 11 2.1. Tinguidura simple e diferencial de Gram .................................. 15 2.2. Illamento e obtención de cultivos puros ................................... 18 3. Mecanismos de patoxenicidade bacteriana ............................................. 21 3.1. Estudo da adherencia mediante aglutinación .......................... 22 3.2. Estudo do crecemento en limitación de ferro .......................... 25 4. Vías e modos de transmisión de patóxenos: o contacto directo ............. 27 5. Valoración da desinfección de alimentos cruz como método preventivo da transmisión de enfermidades gastrointestinais ...................................... 30 6. Recollida selectiva de refugallos, esterilización e reciclaxe do material .. 32 6.1. Métodos físicos ......................................................................... 34 6.2. Desinfección química ............................................................... 35 6.3. Incineración .............................................................................. 36 Avaliación da Unidade Didáctica .............................................................. 38 Recomendacións para o estudo da materia ............................................ 39 Bibliografía básica e complementaria ...................................................... 39
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control7 PRESENTACIÓN Actualmente, a materia Microbioloxía II (4,5 créditos ECTS) impártese no segundo cuadrimestre do segundo curso do Grao en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Está, polo tanto, dirixida ao alumnado de 2º Curso que xa posúe coñecementos previos acadados na Microbioloxía I, que é impartida no primeiro cuadrimestre, e que trata dos aspectos básicos morfolóxicos, fisiolóxicos e xenéticos dos microorganismos. Todos os estudantes de ciencias da saúde deben comprender os fundamentos da enfermidade infecciosa. As infeccións non se poden comprender sen certos coñecementos de Microbioloxía, e a infección é un dos principais mecanismos de produción de enfermidades, que pode afectar a calquera tecido ou órgano do corpo humano. No Grao de Farmacia, este obxectivo trátase de acadar na Microbioloxía II, cuxo programa está claramente dividido en once Unidades Didácticas nas que o profesorado tentará aproximar ao alumno, mediante un enfoque teórico e práctico, as causas e manifestacións das principais enfermidades de orixe infecciosa, as vías de transmisión de patóxenos así como os métodos de prevención e control de enfermidades. Deste modo preténdese simultanear a adquisición de coñecementos teóricos e a adquisición de destrezas na manipulación de microorganismos, así como o traballo en condicións asépticas. A Unidade Didáctica 11 ten como finalidade reforzar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas unidades precedentes. Pareceunos de especial interese para o alumno dispor dun manual práctico de laboratorio que recolla os obxectivos, fundamentos e procedementos de cada unha das clases prácticas que os alumnos van facer. Na presente Unidade Didáctica, concibida como dito manual, os alumnos poderán anotar as súas observacións e resultados. Deste xeito, o alumnado de Microbioloxía II desenvolverá unha maior e mellor conciencia microbiolóxica, que difire de calquera outro tipo de traballo experimental nun laboratorio, e que é o que lle imprime un carácter diferencial a esta disciplina. Este modo especial de actuar no laboratorio permitirá asentar e consolidar os conceptos fundamentais sobre esterilidade e contaminación. XUSTIFICACIÓN Entre as competencias xerais que deben alcanzar os futuros farmacéuticos (http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/titulacions.html?plan=14114&estudio =14115&codEstudio=13670&valor=9) inclúese que sexan capaces de intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario, cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.
14UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control15 2.1. Tinguidura simple e Tinguidura diferencial de Gram Ámbalas dúas tinguiduras fanse a partir dos tubos de TSB que conteñen as mostras de pel e de garganta do Dia 1 ou ben, a partir das placas. 2.1.1. Extensión e Fixación á calor: Nun portaobxectos ben limpo, coa asa de semente previamente esterilizada á chama, colócase unha pequena cantidade de suspensión de bacterias ou dunha colonia (se a mostra procede dunha placa, débese colocar previamente sobre o porta unha pinga de auga destilada ou solución salina). Co asa esténdese a pinga e as bacterias sobre o porta e fixase a extensión coa calor, quentando suavemente á chama do chisqueiro ata que seque. A Tinguidura de Gram faise a partir dos tubos de TSB que conteñen as mostras de pel e de garganta do Dia 1 ou ben, a partir das placas. 2.1.2. Procedemento da tinguidura simple: -Azul de metileno 3 minutos
16UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 2.1.3. Procedemento da Tinguidura diferencial de Gram: -Cristal Violeta de Hucker (colorante inicial) 1 minuto -Lavar con auga destilada -Lugol (mordente) 1 minuto -Decolorar con alcohol-acetona (decolorante) -Lavar con auga destilada -Fucsina/Safranina básica (colorante de contraste) 1 minuto -Lavar con auga -Secar suavemente e sen fregar con papel de filtro Unha vez a preparación está totalmente seca, poñer unha pinga moi pequena de aceite de cedro e observar ao microscopio co obxectivo de inmersión. Despois de utilizar o obxectivo de inmersión, debe limparse con xilol. O mecanismo da Tinguidura de Gram é o amosado no seguinte esquema: Produtos Reacción e coloración das bacterias GRAM + GRAM - 1) Cristal violeta Células cor violeta Células cor violeta 2) Lugol solución iodada Fórmase o complexo CV-I. As células continúan tinguidas de cor violeta. Fórmase o complexo CV-I. As células continúan tinguidas de cor violeta. 3) Alcol Deshidrátanse as paredes celulares. Contráense os poros. Diminúe a permeabilidade. O complexo CV-I non sae das células que continúan tinguidas de cor violeta. Eliminación por extracción de graxas das paredes celulares. Aumenta a porosidade. O complexo CV-I sepárase da célula. 4) Safranina Células non decoloradas; quedan tinguidas de cor violeta. Células decoloradas; tinguidas de cor rosada.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control17 Observacións do alumnado:
18UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 2.2. Illamento e obtención de cultivos puros Na natureza os microorganismos atópanse en comunidades con diferente grao de complexidade. Por iso, é esencial en Microbioloxía utilizar técnicas que garantan a obtención de cultivos puros ou axénicos (constituídos por un único tipo de microorganismo) a partir dos cales poden realizarse estudios sobre un microorganismo concreto. O obxectivo desta práctica é conseguir que o alumno sexa capaz de illar unha bacteria utilizando a técnica de esgotamento en estría. Os medios de cultivo achegan os nutrientes necesarios para a supervivencia dunha gran parte das bacterias. Os compoñentes máis usuais son: Extracto de carne Peptonas Cloruro sódico Tampóns estabilizadores de pH Axentes solidificantes Axentes redutores Axentes selectivos (colorantes, biles, antibióticos...) Azucres Indicadores de pH Os medios clasifícanse: Seguen a composición: Definidos: coñécense con exactitude a identidade das sustancias que os integran. Indefinidos: conteñen sustancias de natureza complexa cuxa composición é difícil de establecer con precisión (extracto de lévedos, extracto de carne...). Seguen seu estado físico: Sólidos Líquidos Semisólidos
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control19 Seguen á súa aplicación: Medios xerais: cobren as necesidades nutritivas da maioría das bacterias. Medios enriquecidos: con sangue, soro, vitaminas… para satisfacer as necesidades nutritivas das bacterias máis exixentes. Medios selectivos: prepáranse engadindo sustancias específicas a un medio de cultivo que permitan que crezan un grupo de bacterias inhibindo algúns outros grupos. Ex: Agar Salmonella-Shigella, Agar Sal-Manitol. Medios diferenciais: a incorporación de certos compostos no medio de cultivo pode dar lugar a un crecemento útil para o diagnóstico ou a unha alteración visible do medio despois da incubación. Ex: Agar Levine (eosina e azul de metileno), Agar MacConkey (sales biliares e cristal violeta). Medios de caracterización: empélanse para examinar certas características metabólicas das bacterias. Ex: Agar Citrato, Agar Kligler. O alumno practicará o illamento en diferentes medios de cultivo tal como se indica de seguido.
20UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control Observacións do alumnado:
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control21 3. Mecanismos de patoxenicidade bacteriana A patoxenicidade é a capacidade dunha bacteria para producir enfermidade infecciosa nun hospedeiro, sendo a virulencia a cuantificación da devandita capacidade. Denomínase infección á multiplicación do patóxeno no interior do hospedeiro. Na maioría das infeccións por bacterias diferéncianse seis fases: colonización, invasión e diseminación, superación dos mecanismos de defensa do hospedeiro, adaptación ás condicións do hospedeiro e lesión. Os factores de virulencia bacterianos segundo sirvan para colonizar, invadir, evitar a resposta inmune ou producir dano clasifícanse en cinco grupos: adhesinas, invasinas, factores para evadir as defensas do hospedeiro (cápsula, resistencia a lise polo complemento, cambios antixénicos…), sideróforos e toxinas. O obxectivo desta práctica é dobre: a) Analizar a capacidade das bacterias para adherirse á superficie das células. b) Comprobar o efecto da libre dispoñibilidade de ferro no crecemento bacteriano. Adhesinas. Os factores de colonización ou adhesinas son moléculas da superficie bacteriana. Algunhas patóxenas, especialmente Gram(-), empregan como adhesinas as fimbrias (Vibrio cholerae, Escherichia coli, Salmonella spp., Neisseria gonorrhoeae e Neisseria meningitidis). Moitas Gram (+) adhírense mediante proteínas da parede (Streptococcus pyogenes emprega as proteínas M e F da parede, mentres Staphylococcus aureus adhírese a través de proteínas e dos ácidos teicóicos). Tamén as cápsulas e as biopelículas poden ser adhesinas (Pseudomonas aeruginosa, adhírese a superficies lisas mediante os polisacáridos mucosos que excreta e crece formando biopelículas e Streptococcus mutans excreta glicano para adherirse á superficie do esmalte dos dentes). Sideróforos. O ferro é un factor nutricional limitante do desenvolvemento das bacterias e, aínda que no noso sangue hai moito ferro, as bacterias patóxenas non poden utilizalo para medrar porque está a formar parte de moléculas de hemoglobina ou de transferrina. As patóxenas capaces de reproducirse no sangue sintetizan sistemas enzimáticos denominados sideróforos, moi eficaces para captar ferro en competencia con estas proteínas do hospedeiro (son exemplos de sideróforos a aerobactina de Escherichia coli, a meningobactina de Neisseria meningitidis, a enteroquelina de Salmonella).
22UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 3.1. Estudo da adherencia mediante aglutinación Material: • Cultivos bacterianos en medio sólido o Escherichia coli o Bacillus sp. • Suspensión de glóbulos vermellos formalinizados • Suspensión de Saccharomyces cerevisae formalinizadas • Tampón fosfato-salino (PBS) • Portaobxectos • Micropipetas (20 – 100μl) • Tubos • Microscopio Con anterioridade: • Sementar na placa a partir dun cultivo puro (illamento ou continuo) • Incubar a 37 ºC durante 24 h Procedemento: a) Recoller unha cantidade abundante do cultivo (3-4 colonias o un asa colmada) b) Suspender en 100 μl de PBS c) Preparar unha suspensión de glóbulos vermellos ou lévedos ao 1% en PBS d) Depositar 40 μl da suspensión de glóbulos vermellos ou lévedos nun portaobxectos e) Engadir 40 μl da suspensión de bacterias f) Mesturar ‘balanceando e rotando’ o portaobxectos (durante 2-10 min) g) Observar macroscopicamente a existencia ou a non existencia de aglutinación h) Observar a aglutinación no microscopio
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control23 Apéndices: Formalinización de glóbulos vermellos 1. Suspender as células ao 10% en PBS 2. Preparar formaldehido ao 3% en PBS 3. Mesturar 1 vol de glóbulos vermellos con 1 vol de formaldehido o 3% 4. Axitar moi suavemente durante 18h a tª ambiente 5. Lavar 5 veces en PBS 6. Resuspender ao 10% en PBS 7. Conservar a 4 ºC Formalinización de lévedos (Saccharomyces cerevisiae) 1. Suspender os lévedos ao 10% en PBS 2. Preparar formaldehido ao 3% en PBS 3. Mesturar 1 vol de glóbulos vermellos con 1 vol de formaldehido o 3% 4. Axitar moi suavemente durante 18 h a temperatura ambiente 5. Lavar 5 veces en PBS 6. Resuspender ao 10% en PBS 7. Conservar a 4 ºC
30UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 5.Valoración da desinfección de alimentos crus como método preventivo na transmisión de infeccións gastrointestinais Preténdese poñer de manifesto o poder desinfectante da lixivia e do ácido acético que, adicionados a certos alimentos crus, poden servir para previr a transmisión de infeccións gastrointestinais. Material: Leituga Vaso de precipitados Solución salina estéril Lixivia desinfectante (Amukina…) Vinagre caseiro Placas de TSA Procedemento: 1. Córtase unha folla de leituga de, aproximadamente, 10 g e resuspéndese nun vaso de precipitados con 20 ml de auga destilada. Antes de introducila, realízase a toma de 3 ml do auga destilada no Tubo 1. 2. Axitar suavemente e, tras 10 minutos, retirar a leituga. 3. A continuación, repártense 3 ml en 5 tubos estériles, que se marcan como Tubos 2 ao 6, sendo o Tubo 2 o control correspondente a auga de lavado; os tubos 3-6 conteñen auga de lavado que vai ser tratada. 4. Engádese 1 pinga de Amukina ao Tubo 3 e 2 pingas ao Tubo 4; repítese a mesma operación co vinagre nos tubos 5 e 6. 5. Esperar 30 min. 6. De cada tubo retíranse 50 ul e seméntanse nas placas de TSA (Placas 1 a 6). 7. Incubar as placas a 37 ºC/24 h e facer reconto do nº total de colonias en cada unha delas. 8. Facer a interpretación dos resultados.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control31 Observacións do alumnado:
32UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 6. Recollida selectiva de refugallos, esterilización e reciclaxe do material É unha regra de seguridade fundamental que ningún material infectado pode saír do Laboratorio de Microbioloxía. Os microorganismos, segundo o seu perigo, clasifícanse en: • Grupo de Risco I (baixo risco individual e comunitario) o Microorganismos que de maneira improbable producen enfermidade humana ou animal de importancia. • Grupo de Risco II (risco individual moderado, risco comunitario limitado) o Patóxenos que poden causar enfermidade humana ou animal pero que é improbable que sexan un risco grave para o persoal de laboratorio, a comunidade, a gandería ou o medio ambiente. • Grupo de Risco III (risco individual alto, comunitario baixo) o Patóxenos que producen enfermidade humana grave que, de ordinario, non se difunden dun individuo afectado a outro. • Grupo de Risco IV (elevado risco individual e comunitario) o Patóxenos que producen enfermidade grave humana ou animal e que poden transmitirse con facilidade. o O nivel de contención usado para previr a infección accidental ou a contaminación ambiental accidental nos RISCO BIOLÓXICO
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control33 laboratorios clínicos, de investigación e de docencia debe axustarse para contrarrestar o risco biolóxico potencial dos microorganismos que se manexan no laboratorio. Con independencia do nivel de bioseguridade, é importante recordar a necesidade dunha pulcra e esmerada limpeza do material microbiolóxico así como a recuperación do material reciclable e a eliminación do material desbotable. Debe haber no laboratorio catro tipos de recipientes para produtos infectados: 1. Cestos ou bolsas dun só uso para desbotar cultivos e mostras. 2. Recipientes dun só uso para desbotar portaobxectos, pipetas pasteur e pequenos obxectos de vidro. 3. Pipeteiros para pipetas de vidro recuperables. 4. Bolsas de plástico para materiais combustibles, tales como caixas ou envoltorios, que poidan estar contaminados. Todos os obxectos sucios ou contaminados deben recollerse en recipientes adecuados, provistos de tapa. O material de vidro, tubos, matraces e pipetas, sepárase do resto do material recolléndose nun colector vertical ou horizontal cheo dunha solución desinfectante, por exemplo unha solución diluída en lixivia, na que permanecerá antes do seu lavado durante 24 horas. Nivel de Seguridade Biolóxica Laboratorio de Microbioloxía Exemplo de Laboratorio Microorganismos Nivel 1 Docencia Escherichia, Bacillus … Nivel 2 Hospital Universitario Salmonella, Mycobacterium,… Nivel 3 Laboratorio de referencia C. psitacci, Brucella… Nivel 4 Máxima seguridade Virus Ebola, Marburg, Lassa
34UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control Como os obxectos contaminados conteñen, con frecuencia, cantidades importantes de materia orgánica (procedente dos medios de cultivo) que protexen aos microorganismos dos axentes físicos ou químicos utilizados na súa contamiación, non pode asegurarse a total destrución das formas vexetativas e moito menos das esporas. Por iso, recoméndase utilizar maiores concentracións de desinfectante e tempos máis longos de tratamento que para a desinfección ou a esterilización de material limpo. Os métodos de descontaminación de residuos máis empregados son: 6.1. Métodos físicos 6.1.1. Calor húmida en autoclave Xeralmente utilízase para a descontaminación de instrumentos, equipos e material que sexan estables á calor, así como de material desbotable. Para tal obxecto colócase este material en recipientes adecuados e introdúcense no autoclave someténdoos á acción do vapor de auga a unha atmosfera de sobrepresión (121 ºC) en ciclos máis prolongados do habitual (1 hora en lugar de 30 minutos).
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control35 6.1.2. Calor seca por aire quente en forno de esterilización O aire quente é un método efectivo para esterilizar tanto pos secos e substancias aceitosas libres de auga como para calquera tipo de cristalería, como pipetas, frascos e xiringas. Así mesmo, a calor seca non erosiona a superficie de vidro das xiringas non desbotables e non corroe o fío do material punzocortante (bisturís, tesoiras) como o fai o vapor. Os obxectos ou sustancias esterilizados por este procedemento son postos nun forno de esterilización a unha temperatura de ao redor de 170 °C durante 2-3 horas (dependendo do material) para asegurar a esterilización. Unha vez efectuado este tratamento, procédese ao seu lavado para eliminar toda materia estraña, mergullando o material en auga quente xabronosa ou utilizando deterxentes, mestura crómica ou calquera outro procedemento enérxico, tanto mecánico como químico. Aclárase ben con abundante auga e déixase escorrer e secar a temperatura ambiente. No caso das pipetas, e antes de ser lavadas, debe extraerse con axuda dun arame ou pinzas especiais, o anaco de algodón que teñen na embocadura. 6.2. Desinfección química Algúns dos obxectos sucios e contaminados (portaobxectos, pipetas, etc.), logo de lavados, mergúllanse nunha mestura sulfocrómica onde se deixan 24 horas ao cabo das cales se lavan con auga e déixanse escorrer. Os portaobxectos sécanse cun pano de fío limpo, procurando que non queden fíos sobre a superficie. O material que contén colorantes trátase, segundo as condicións do material, durante un tempo variable cunha solución que pode ser de ácido clorhídrico, nítrico ou mestura sulfocrómica. O resto do material (tubos de plástico, xiringas, etc.) trátase con distintas solucións desinfectantes como hipoclorito sódico, formol, etc., pero debe recordarse que se utilizan a concentracións superiores ás utilizadas con outros fins.
36UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control 6.3. Incineración O principal problema con este método é asegurarse de que os residuos chegan realmente ao incinerador e que son completamente incinerados. Sería raro que o incinerador estivese controlado polo persoal de laboratorio; en ocasións, nin sequera o está polo propio persoal do centro (ex. un hospital), senón que se atopa a certa distancia da institución. Os incineradores non sempre son eficientes. Acháronse entre as cinzas materiais incombustibles e da súa aparición pode dubidarse de se serían suficientemente quentados para matar todos os microorganismos. O tiro de aire pode arrastrar microorganismos á atmosfera se está demasiado cargado ou a carga mal distribuída. Recoméndase que os incineradores para material infeccioso dispoñan de retroquemadores, de maneira que queimen o seu propio fume e convertan súas emanacións en inocuas. Parece aconsellable utilizar a incineración para materiais que se autolavaron ou se desinfectaron previamente.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control37 CRONOGRAMA DE TRABALLO Laboratorio de MICROBIOLOXÍA II LUNS MARTES MÉRCORES XOVES O Laboratorio de Microbioloxía Clínica: Normas de seguridade e hixiene. 2. Tinguidura Gram Observación do crecemento 7. Recollida selectiva de residuos, esterilización e reciclaxe do material 1. Obtención de mostras de microbiota normal (pel e garganta) 3. Illamento e obtención de cultivos puros 5. Estudo de mecanismos de virulencia bacterianos: adherencia e captación de ferro Lectura e interpretación de resultados 4. Lectura e interpretación de resultados 5. Lectura e interpretación de resultados 6. • Observación en fresco • Tinguidura simple 4.Transmisión de patóxeno por contacto 6. A desinfección na prevención de infeccións gastrointestinais EXAME Tempo estimado: 4 h 4 h 4 h 2 h
38UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDACTICA Avaliación da Unidade Didáctica O último día de laboratorio, tras comentar en conxunto os resultados finais, o alumno deberá realizar un exame de 10 preguntas sobre as prácticas desenvolvidas no laboratorio, que terá unha puntuación máxima de 2 puntos. Avaliación da materia Microbioloxía II 1. O alumnado non será avaliado se non realiza as prácticas de laboratorio. 2. A avaliación consistirá en: a) Realización dun exame teórico sobre os contidos das clases expositivas. b) Valoración da actitude e destrezas demostradas durante as prácticas e o exame práctico. c) Avaliación continua durante as clases interactivas. d) Control regular da asistencia ás clases expositivas. Puntuación Exame de Teoría 60% Destrezas no laboratorio e exame de prácticas 20% Asistencia* 10% Clases Interactivas 10% *Comprobarase a asistencia en dez ocasións ao azar durante as clases expositivas Para aprobar a materia, o alumnado deberá aprobar o exame e, unha vez sumadas as notas dos outros apartados, alcanzar o 50% da puntuación total. En caso de que o alumno suspenda a materia, a nota correspondente as prácticas de laboratorio manterase ata que a supere.
UNIDADE DIDÁCTICA 11: O laboratorio de microbioloxía clínica: patoxénese e control39 RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA Aconséllase ao alumnado que, durante as primeiras clases expositivas, se familiarice co vocabulario propio da materia. Por ser unha materia de poucos créditos, a información que se dá nas clases expositivas está moi condensada, polo que se recomenda a asistencia continuada e o estudo semanal para un maior aproveitamento da materia. Tamén se aconsella a consulta frecuente dalgún dos libros recomendados na bibliografía. En canto ás clases prácticas, é esencial que o alumno presente unha actitude responsable durante as horas que pasará no laboratorio, do que se desprenderá a adquisición de destreza na manipulación dos microorganismos. Respecto das clases interactivas, o alumno beneficiarase dunha actitude participativa, sendo o momento máis adecuado para a súa intervención na aula. BIBLIOGRAFIA BÁSICA E COMPLEMENTARIA Básica G. PRATS (2006) Microbiología Clínica. Editorial Panamericana, S.A. W.J. SPICER (2009) Microbiología Clínica y Enfermedades Infecciosas. Elsevier España, S.L. Complementaria M. COMIS, J. PRIETO e J. BARBERAN (1995) La infección en imágenes. Vol. I e II. Grupo Bristol-Myers Squibb. L.M. PRESCOTT, J.P. HARLEY e D.A. KLEIN (2002) Microbiología. 5ªEd. McGraw-Hill-Interamericana de España, S.A. M.T. MADIGAN, J.M. MARTINKO, P.V. DUNLAP e J.P. Brock (2004). Biología de los Microorganismos. 12ªEd. Pearson Educación, S.A. C. GAMAZO, I. LOPEZ-GOÑI e R. DIAZ (2005) Manual Práctico de Microbiología. 3ª Ed. Masson. J.K. STRUTHERS e R.P. WESTRAN (2005) Bacteriología Clínica. Masson S.A.