scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

As Publicacións Científicas da Universidade de Vigo en Acceso Aberto: Semana do Acceso Aberto 20 ao 26 de outubro de 2025

Tizón, Beatriz

Abstract

A Biblioteca Universitaria de Vigo participa, un ano máis, na Semana Internacional do Acceso Aberto que se celebra do 20 ao 26 de outubro de 2025 en todo o mundo. A finalidade desta iniciativa anual é dar a coñecer e potenciar o acceso aberto no mundo académico e da investigación. Neste contexto, a Área de Servizos Bibliométricos achega un estudo sobre as publicacións en acceso aberto producidas polo persoal investigador da Universidade de Vigo entre 2015 e 2024. O obxectivo é presentar os datos sobre a evolución da participación da Universidade no movemento polo acceso aberto.

Full text

Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Rúa Leonardo da Vinci s/n Campus universitario 36310 Vigo España Tel. 986 130236 [email protected] AS PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN ACCESO ABERTO Semana do Acceso Aberto 20 ao 26 de outubro de 202 5 Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Beatriz Tizón Vázquez Universidade de Vigo, 2 0 de outubro de 202 5 Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Presentaci ón Datos destacados Metodoloxía Fontes e data de recupración dos datos Indicadores As publicacións científicas da Universidade de Vigo en acceso aberto Evolución Evolución comparada Ámbitos temáticos Impacto Revistas e editoriais Indice de táboas e gráficas Táboas Gráficas Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Presentación A Biblioteca da Universidade de Vigo participa, un ano máis, na Semana Internacional do Acceso Aberto que se celebra do 2 0 ao 26 de outubro de 202 5 en todo o mundo. A fnalidade desta iniciativa anual é dar a coñecer e potenciar o acceso aberto no mundo académico e da investigación. Neste contexto, a Área de Servizos Bibliométricos achega un estudo 1 sobre as publicacións en acceso aberto producidas polo persoal investigador da Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024. O obxectivo é presentar os datos sobre a evolución da participación da universidade no movemento polo acceso aberto. O acceso aberto é un movemento que promove o acceso libre e sen barreiras económicas aos resultados da actividade investigadora. Neste estudo incluímos aquelas publicacións en revistas e editoriais que ofrecen o acceso gratuíto aos seus contidos e tamén aq uelas que están depositadas nalgún repositorio público. Comenzamos cunha análise xeral da evolución do número e porcentaxe das publicacións da Universidade de Vigo e describimos esta evolución ao longo do tempo segundo os tipos de acceso aberto. A continuación comparamos a evolución coa media mundial, europea, española e galega e cos datos das outras dúas universidades galegas. De seguido, analizamos os ámbitos temáticos nos que publica máis en acceso aberto a Universidade de Vigo e o impacto desas publicacións en canto a citación en comparación con aqueles documentos que non están en acceso aberto. Para rematar presentamos as revistas nas que máis artigos publicou en aberto o persoal investigador da Universidade de Vigo e a evolución da publicación en aberto nas editoriais coas que a universidade ten algún tipo de acordo ou desconto no pago por publi car. 1 Este estudo forma parte duha serie de análises que se iniciaron en febreiro de 2018 coa publicación do documento Universidade de Vigo: publicacións científicas en acceso aberto Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Datos destacados 9527 Documentos da Universidade Vigo dos anos 201 5 a 2024 indexados en WOS , dispoñibles en acceso aberto 1,09 Impacto normalizado dos documentos da Universidade de Vigo publicados entre 201 5 e 2024 indexados en WOS 1,29 Impacto normalizado dos documentos da Universidade de Vigo publicados entre 201 5 e 2024, indexados en WOS , dispoñibles en acceso aberto 53,62% Porcentaxe de documento da universidade de Vigo, dos publicados entr e 2015 e 2024 e indexados en WOS , dispoñibles en acceso aberto Física (6 6,96%) Ciencias da terra (6 5,59%) Economía e estatística ( 62,05%) Ámbitos temáticos nos que a Universidade de Vigo publicou unha porcentaxe máis elevada de documentos en acceso aberto entre 201 5 e 2024, segundo WOS Applied Sciences -Basel (125 artigos) Scientific reports (12 1 artigos) Sustainability (120 artigos) Revistas nas que máis artigos publicou en acceso aberto a Universidade de Vigo entre 2015 e 2024 Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Metodoloxía Fontes e data de recuperación dos datos Todos os datos empregados para realizar este estudo foron descargados da base de datos Web of Science mediante a súa ferramenta de análise bibliométrico, InCites, dos días 15 ao 19 de setembro. Incites ofrece distintos indicadores bibliométricos calculados a partir dos datos da producción científica indexada na Web of Science. A Web of Science ( WOS ) é unha base de datos bibliográfica internacional e multidisciplinar que inclúe as coleccións Science Citations Index, Social Science Citation Index, Arts & Humanities Citation Index, Conference Proceedings Citation Index -Science, Conference Proceedings C itation Index -Social Science & Humanities, Book Citation Index e Emerging Sources Citation Index (ESCI). Indicadores Número de documentos en WOS É o número de documentos indexados en Web of Science; inclúe todas as tipoloxías documentais no período analizado. Número de documentos en acceso aberto en WOS Número de documentos indexados en Web of Science como publicacións en acceso aberto. WOS establece varias categorías de documentos en función do acceso aberto. Neste estudo optamos por respectar a denominación empregada en WOS : Gold: artigos publicados en revistas nas que todos os artigos están en acceso aberto, con licenzas Creative Commons. Gold Hybrid: artigos publicados con licenzas Creative Commons en revistas híbridas, é dicir, aquelas nas que non todos os seus contidos son en acceso aberto. Free to read: artigos accesibles de xeito gratuíto en revistas non identificadas como de acceso aberto ou sen licenzas Creative Commons. Green: inclúe tres categorías de documentos depositados en repositorios e polo tanto accesibles de xeito gratuíto, xa sexa na súa versión publicada, aceptada ou previa ao proceso de revisión por pares. Green Only documents: a categoría Green pode solaparse con calquera das anteriores, é dicir, un documento pode ter sido publicado nunha revista híbrida ( Gold Hybrid) e ademais estar depositado nun repositorio ( Green). A categoría que recolle documentos en acceso aberto só porque están en repositorios denomínase Green Only Documents. All Open Access: é o conxunto de documentos das catro categorías anteriores; esta é a categoría que empregamos cando utilizamos o indicador xenérico “documentos en acceso aberto”. Non-Open Access: é o conxunto de documentos que non están incluídos en ningunha das categorías anteriores. Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Porcentaxe de documentos en acceso aberto en WOS Porcentaxe de publicacións en acceso aberto con respecto ao total, e de cada unha das categorías anteriores con respecto ao total de documentos publicados pola Universidade de Vigo indexados en WOS . Número de citas recibidas É o número de veces que un traballo foi citado nos documentos indexados en WOS . Cando nos referimos á Universidade de Vigo , é a suma das citas recibidas polos traballos publicados polas persoas que forman parte da comunidade universitaria. Número de citas por documento Para comparar o impacto das publicacións en acceso aberto co impacto das que non están en acceso aberto, calculamos a media de citas recibidas por ambos grupos de documentos por separado. Porcentaxe de citas dos documentos en acceso aberto Para comparar o impacto das publicacións en acceso aberto co impacto das que non están en acceso aberto, calculamos a porcentaxe de citas que corresponden aos documentos en acceso aberto e comparamos ese dato coa porcentaxe de documentos publicados en aber to con respecto ao total. Porcentaxe de documentos citados Utilizamos este indicador para os artigos publicados pola Universidade de Vigo en cada unha das revistas que se relacionan. Este número indica a porcentaxe de documentos indexados que foron citados cando menos unha vez segundo as citas recompiladas por WOS . Impacto normalizado por ámbito (CNCI) Empregamos o indicador CNCI (Category Normalized Citation Impact) proporcionado por InCites. Este indicador calcúlase comparando as citas obtidas por un documento coa media das citas recibidas polos documentos do mesmo tipo, ano de publicación e ámbito te mático. Preséntase coma un número decimal no que o valor 1 indicaría a media mundial. Así, obter un 1,2 indica que a Universidade recibe un 20% máis de citas que a media mundial, e un 0,9 indica que recibe un 10% menos que a media mundial. Os documentos qu e non recibiron ningunha cita, obteñen un CNCI=0. Empregamos este indicador para comparar o impacto normalizado medio dos documentos en acceso aberto co impacto normalizado medio dos que non están en acceso aberto. Este indicador tamén nos serve para establecer grupos de documentos e calcular a porcentaxe de documentos da universidade que se sitúan en cada grupo. Comparamos a porcentaxe de documentos en acceso aberto e non acceso aberto en cada grupo. Por último, incluímos tamén este indicador na relación de revistas nas que a Universidade de Vigo publicou máis artigos en acceso aberto, como media do impacto normalizado obtido por todos os artigos da universidade publicados en cada unha desas revistas entre 201 5 e 2024. Impacto normalizado por revista (JNCI) O indicador JNCI compara o número de citas obtidas por un documento coa media das citas que obtiveron o total dos artigos publicados nesa mesma revista o mesmo ano. Preséntase coma un número decimal no que o valor 1 indicaría a media de citas recibidas pol os artigos Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos desa revista. Así, obter un 1,2 indicaría que ese artigo recibe un 20% máis de citas que a media da revista, e un 0,9 indicaría que recibe un 10% menos que a media. Empregamos este indicador na relación de revistas nas que a Universidade de Vigo publicou máis artigos en acceso aberto; é a media do JNCI obtido por todos os artigos da Universidade publicados en cada unha desas revistas entre 201 5 e 2024. Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos As publicacións científicas da Universidade de Vigo en acceso aberto Evolución O volume e a porcentaxe de publicacións da Universidade de Vigo en acceso aberto indexadas en Web of Science presentan por primeira vez unha inflexión descendente dende o inicio da súa análise sistemática. En 2015, o 33,38% da produción científica anual estaba dispoñible en acceso aberto. Esta porcentaxe experimentou un incremento sostido ata 2023, cando acadou o 74,66%. Porén, en 2024 rexistrouse unha lixeira diminución ata o 70,3%, o que supón unha redució n de 2 puntos porcentuais respecto ao exercicio pr ecedente. No conxunto do período analizado, a taxa media de documentos da Universidade publicados baixo algunha modalidade de acceso aberto sitúase no 53,62%. Táboa 1. Evolución do número de publicacións da Universidade de Vigo indexadas en WOS, do número das publicacións da Universidade de Vigo en acceso aberto indexadas en WOS e da porcentaxe de publicacións en acceso aberto . Ano Número de documentos en WoS Número de documentos en AA en WoS % de documentos en AA en WoS 2015 1414 472 33,38% 2016 1455 495 34,02% 2017 1504 581 38,63% 2018 1477 628 42,52% 2019 1600 764 47,75% 2020 1818 1002 55,12% 2021 2108 1429 67,79% 2022 2144 1544 72,01% 2023 1859 1388 74,66% 2024 1741 1224 70,3% Total 17120 9527 53,62% Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Impacto Unha das formas de medir o impacto das publicacións científicas é o reconto de citas. Para este estudo empregamos tres indicadores calculados a partir do número de citas: a media de citas por documento, o impacto normalizado (CNCI) e a porcentaxe de citas recibidas polos documentos en acceso aberto. No gráfico e táboa seguinte observamos que os documentos en acceso aberto reciben de media máis citas que os documentos que non o están. Tamén podemos comparar no gráfico o CNCI medio dos documentos en acceso aberto co CNCI medio dos documentos que non están en acceso aberto. Por outra banda, calculamos a porcentaxe das citas que corresponde aos documentos en acceso aberto con respecto ao total de citas recibidas polas publicacións da Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024, e comparamos esa porcentaxe coa porcentaxe de documentos en acceso aberto. Gráfica 8. Media de citas recibidas polos documentos publicados cada ano pola Universidade de Vigo, e CNCI medio dos documentos publicados cada ano, distinguindo entre os documentos que están e non están en acceso aberto . Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Táboa 5. Número de documentos en acceso aberto, número de citas obtidas polos documentos en acceso aberto, porcentaxe de documentos en acceso aberto e porcentaxe de citas obtidas polos documentos en acceso aberto con respecto ao total de citas recibidas po las publicacións da Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024, indexadas en WOS Ano Nº de documentos en WoS Nº de documentos en AA Nº de citas total Nº de citas en AA % de documentos en AA % citas en AA 2015 1414 472 31494 11840 33,38% 37,59% 2016 1455 495 37005 21497 34,02% 58,09% 2017 1504 581 33014 17500 38,63% 53,01% 2018 1477 628 37507 23991 42,52% 63,96% 2019 1600 764 29089 16222 47,75% 55,77% 2020 1818 1002 42334 30706 55,12% 72,53% 2021 2108 1429 42515 32187 67,79% 75,71% 2022 2144 1544 32665 23807 72,01% 72,88% 2023 1859 1388 17316 14312 74,66% 82,65% 2024 1741 1224 4791 3562 70,30% 74,35% Total 17120 9527 307730 195624 53,62% 64,65% Na gráfica seguinte, amosamos a porcentaxe de documentos que se sitúan en cada categoría CNCI, desde os documentos que non recibiron ningunha cita (CNCI=0) ata aqueles con CNCI superior a 8. Os catro grupos situados na parte dereita da gráfica inclúen os documentos que recibiron un número de citas superior á media (CNCI > 1). Amosamos a diferenza en cada caso entre os documentos en acceso aberto e os que non o están. Gráfica 9. Porcentaxe de documentos publicados pola Universidade de Vigo entre 2014 e 2023 en cada categoría segundo o CNCI . Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Revistas e editoriais A táboa seguinte inclúe as revistas con máis de 50 artigos da Universidade de Vigo publicados en acceso aberto entre 201 5 e 2024, con datos de porcentaxe de documentos citados, impacto normalizado por ámbito temático e impacto normalizado por revista. Entre a relación das revistas destacan Applied Sciences-Basel, Scientific Reports e Sustainability. Táboa 6. Títulos das revistas nas que a Universidade de Vigo publicou máis de 50 artigos en acceso aberto entre 201 5 e 2024, coa porcentaxe dos artigos citados cando menos unha vez, e o impacto normalizado por ámbito temático (CNCI) e por revista (JNCI) . Revista Editorial Nº de artigos da Universidade de Vigo % de documentos citados Impacto normalizado por ámbito (CNCI) Impacto normalizado por revista (JNCI) APPLIED SCIENCES - BASEL MDPI 125 88,8 0,70 1,36 SCIENTIFIC REPORTS NATURE PORTFOLIO 121 99,17 1,25 1,04 SUSTAINABILITY MDPI 120 95,83 0,62 0,88 FOODS MDPI 114 99,12 1,17 1,23 SENSORS MDPI 98 95,92 0,76 0,88 INTERNATIONAL JOURNAL OF ENVIRONMENTAL RESEARCH AND PUBLIC HEALTH MDPI 87 97,7 0,77 0,89 PLOS ONE PUBLIC LIBRARY SCIENCE 85 96,47 0,87 0,89 MOLECULES MDPI 72 97,22 1,04 1,62 SCIENCE OF THE TOTAL ENVIRONMENT ELSEVIER 66 100 1,29 0,86 PLANTS -BASEL MDPI 56 96,43 1,28 1,27 ASTRONOMY & ASTROPHYSICS EDP SCIENCES S A 53 96,23 18,17 13,73 IEEE ACCESS IEEE -INST ELECTRICAL ELECTRONICS ENGINEERS INC 53 86,79 1,24 1,06 INTERNATIONAL JOURNAL OF MOLECULAR SCIENCES MDPI 52 96,15 0,66 1,01 ENERGIES MDPI 52 94,23 0,41 0,92 MATHEMATICS MDPI 51 82,35 1,00 0,52 Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Moitas das revistas que publican artigos en acceso aberto cobran aos autores e ás autoras os gastos de edición, o que se coñece como APC ( article processing charges). Varias editoriais teñen establecido un desconto no pago de APCs para os membros da Universidade de Vigo, ou ben, desde 2021, acordos polos que inclúen no pago das subscricións os gastos de publicación. É o que se coñece como acordos transformativos 2 . Nas gráficas seguintes analizamos a evolución do número de artigos publicados pola Universidade de Vigo nas editoriais coas que ten algún tipo de acordo ou desconto para o pago por publicar. Distinguimos entre os artigos publicados en revistas en acceso ab erto (Gold), revistas híbridas ( Gold-Hybrid), artigos accesibles de xeito gratuíto en revistas non identificadas como de acceso aberto ou sen licenzas Creative Commons ( Free to read) e artigos que non están en acceso aberto ( Non-open access documents). Gráficas 10 a 19. Evolución do número de artigos da Universidade de Vigo publicados en acceso aberto nas editoriais coas que ten algún tipo de acordo ou desconto no pago por publicar, por tipo de publicación en aberto . 2 A Biblioteca Universitaria de Vigo ofrece un servizo de información e asesoramento sobre os descontos para publicar en acceso aberto. Tamén ofrece unha serie de guías, ás que se accede desde a guía Descontos para publicar en acceso aberto Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Gráfica 20. Evolución do número de artigos da Universidade de Vigo publicados en acceso aberto nas editoriais coas que ten algún tipo de acordo ou desconto no pago por publicar Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos Índice de táboas e gráficas Táboas Táboa 1. Evolución do número de publicacións da Universidade de Vigo indexadas en WOS , do número das publicacións da Universidade de Vigo en acceso aberto indexadas en WOS e da porcentaxe de publicacións en acceso aberto . Táboa 2. Evolución do número de publicacións da Universidade de Vigo por tipo de acceso aberto, segundo os datos de WOS . Táboa 3. Evolución das porcentaxes de documentos en acceso aberto pola Universidade de Vigo, media mundial, media dos países da Unión Europea e Reino Unido (UE -28), media das institucións españolas e media do Sistema Universitario de Galicia (SUG) . Táboa 4. Evolución do número e a porcentaxe de documentos en acceso aberto pola Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña . Táboa 5. Número de documentos en acceso aberto, número de citas obtidas polos documentos en acceso aberto, porcentaxe de documentos en acceso aberto e porcentaxe de citas obtidas polos documentos en acceso aberto con respecto ao total de citas recibidas po las publicacións da Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024, indexadas en WOS . Táboa 6. Títulos das revistas nas que a Universidade de Vigo publicou máis de 40 artigos en acceso aberto entre 201 5 e 2024, coa porcentaxe dos artigos citados cando menos unha vez, e o impacto normalizado por ámbito temático (CNCI) e por revista (JNCI) . Gráficas Gráfica 1. Evolución do número de publicacións da Universidade de Vigo indexadas en WOS , distinguindo as que están en acceso aberto das que non están, e evolución da porcentaxe de publicacións en acceso aberto . Gráfica 2. Evolución do número de publicacións da Universidade de Vigo por tipo de acceso aberto, segundo os datos de WOS . Gráfica 3. Evolución da porcentaxe de documentos de cada categoría de acceso aberto con respecto ao total de documentos da Universidade de Vigo publicados entre 201 5 e 2024 indexados en WOS . Gráfica 4. Distribución das publicacións da Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024 indexadas en WOS , segundo as categorías de acceso aberto . Gráfica 5. Evolución das porcentaxes de documentos da Universidade de Vigo en acceso aberto, da media mundial, da media dos países da Unión Europea e Reino Unido (UE -28), da media das institucións españolas e da media do Sistema Universitario de Galicia (S UG) . Gráfica 6. Evolución do número e porcentaxe de documentos publicados en acceso aberto pola Universidade de Vigo, pola Universidade de Santiago de Compostela e pola Universidade da Coruña . Gráfica 7. Porcentaxe de documentos publicados en acceso aberto pola Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024, indexados en WOS , por ámbitos temáticos . Gráfica 8. Media de citas recibidas polos documentos publicados cada ano pola Universidade de Vigo, e CNCI medio dos documentos publicados cada ano, distinguindo entre os documentos que están e non están en acceso aberto . Gráfica 9. Porcentaxe de documentos publicados pola Universidade de Vigo entre 201 5 e 2024 en cada categoría segundo o CNCI . Gráficas 10 a 19. Evolución do número de artigos da Universidade de Vigo publicados en acceso aberto nas editoriais coas que ten algún tipo de acordo ou desconto no pago por publicar, por tipo de publicación en aberto . Gráfica 20. Evolución do número de artigos da Universidade de Vigo publicados en acceso aberto nas editoriais coas que ten algún tipo de acordo ou desconto no pago por publicar . Biblioteca Universitaria Área de Servizos Bibliométricos