Full text
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 171 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS Copyright: © 2018 CSIC. La edición electrónica de esta revista se distribuye bajo los términos de una licencia de uso y distribución Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional (CC BY 4.0). Cómo citar/Citation: Adrián Ares LegAspi, “O Tombo do mosteiro de San Xoán da Cova (Vedra). Notas paleográficas e rexestos”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 65, núm. 131 (2018), págs. 171-203, https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS, LXV Núm. 131 (enero-diciembre 2018), págs. 171-203 ISSN: 0210-847X https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS* Adrián Ares LegAspi Universidad de Sevilla ORCID iD: http://orcid.org/0000-0003-0241-4883 * Esta investigación foi posible grazas ao financiamento do V Plan Propio de Investigación da Universidade de Sevilla e ao proxecto de investigación I+D+I do Ministerio de Economía e Competitividade: IECAS. Iglesia y Escritura en el Reino de Castilla: siglos XIII-XVII (HAR2013-41378-P).
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 172 ADRIÁN ARES LEGASPI O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS resumo A finalidade deste traballo é, dunha banda, o estudo da escritura do tombo inédito de San Xoán da Cova (segunda metade do século XV), a través da súa consulta directa e a aplicación dunha metodoloxía paleográfica. Para unha análise máis completa, iniciamos o traballo cunha breve síntese da materialidade do códice e dalgúns aspectos da diplomática do mesmo (certas fórmulas, as clases de notarios que interveñen ou a tipoloxía dos documentos copiados). Tras isto, analizaremos os modelos gráficos empregados no libro, as súas características, a posible identificación das mans ou os motivos que explican a aparición destas grafías. Doutra banda, o segundo obxectivo é a elaboración dos rexestos dos documentos do libro, os cales reflicten a gran diversidade documental trasladada. Observaremos, polo tanto, que os modelos góticos, principalmente, a cortesá, foron os máis utilizados na redacción do códice, en relación coa súa función administrativa, o carácter notarial dos documentos copiados ou o uso do galego. Estas conclusións complétanse coa existencia dun claro multigrafismo (bastarda-latín, cortesá-galego) entre os notarios apostólicos deste libro como consecuencia da súa formación e apreciable trala comparación deste tombo con outras fontes notariais de Santiago. pALAbrAs cLAve: Paleografía, Codicoloxía, notariado, tombo, San Xoán da Cova. EL TUMBO DEL MONASTERIO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS Y REGESTOS resumen La finalidad de este trabajo es, por un lado, el estudio de la escritura del tumbo inédito de San Xoán da Cova (segunda mitad del siglo XV), a través de su consulta directa y la aplicación de una metodología paleográfica. Para un análisis más completo, iniciamos el trabajo con una breve síntesis de la materialidad del códice y de algunos aspectos de la diplomática del mismo (ciertas fórmulas, las clases de notarios que intervienen o la tipología de los documentos copiados). Tras ello, analizaremos los modelos gráficos empleados en el libro, sus características, la posible identificación de las manos o los motivos que explican la aparición de estas grafías. Por otro lado, el segundo objetivo es la elaboración de los regestos de los documentos del libro, los cuales reflejan su gran diversidad tipológica. Observaremos, por lo tanto, que los modelos góticos, principalmente, la cortesana, fueron los más utilizados en la redacción del códice, en relación con su función administrativa, el carácter notarial de los documentos copiados o el uso del gallego. Estas conclusiones se completan con la existencia de un claro multigrafismo (bastarda-latín, cortesanagallego) entre los notarios apostólicos de este libro como consecuencia de su formación y apreciable tras la comparación de este tumbo con otras fuentes notariales de Santiago. pALAbrAs cLAve: Paleografía, Codicología, notariado, tumbo, San Xoán da Cova. THE CARTULARY OF SAN XOÁN DA COVA’S MONASTERY (VEDRA). PALAEOGRAPHICAL NOTES AND DOCUMENTARY ABSTRACTS AbstrAct The aim of this research is, on the one hand, to study the handwriting of the unpublished San Xoán da Cova’s cartulary (second half of the 15th century), through its direct analysis and a palaeographical methodology. In order to develop a more comprehensive analysis, we present a short initial study of some codicological issues of the codex, as well as of some other diplomatic subjects: documentary clauses, the different kinds of scribes or the types of the copied documents. After that, we will examine the graphic models, their features, the possible identification of their author or the reasons behind their occurrence. On the other hand, our second goal is to elaborate the abstracts of the documents within this cartulary, which will reflect their great range of types. Therefore, we will see that gothic scriptures, cortesana above all, were the most commonly used in this codex. This trait is reflective of the administrative role of the cartulary, the notarial nature of the documents or the use of Galician. These conclusions are complemented with the existence of an evident multigraphism (bastarda-Latin, cortesana-Galicia) among the Apostolic notaries acting in this book, as a result of their formation, and noticeable through the comparison of this cartulary with other notarial sources from Santiago. Key words: Palaeography, Codicology, scribes, cartulary, San Xoán da Cova.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 173 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS Recibido/Received: 27/09/2017 Aceptado/Accepted: 12/03/2018 1 Arquivo Histórico diocesAno de sAntiAgo, Fondo de San Martiño, Priorado de Sar, carpeta 46, documento 11. 2 V. Antonio López Ferreiro, Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela, vol. 2, Santiago, Seminario Conciliar Central, 1899, páx. 259. Neira Pereira afirma que o mosteiro estaba dedicado a San Xoán Bautista e que se ergueu nun lugar situado nas proximidades da actual ponte do ferrocarril de Gundïán (concello de Vedra). Henrique neirA pereirA, Vedra. Da prehistoria ós inicios do século XX, Vedra, Concello de Vedra, 2007, páx. 82. 3 V. A. López Ferreiro, Historia de la Santa…, páx. 257; Fernando López ALsinA, La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2013, páx. 184. 4 V. H. neirA pereirA, Vedra. Da prehistoria..., páx. 82. 5 José Freire cAmAnieL, El monacato gallego en la Alta Edad Media, A Coruña, Fundación Barrié, 1998, páxs. 691-692. 6 V. H. neirA pereirA, Vedra. Da prehistoria..., páx. 90. Porén, para Barreiro de Vázquez Varela, a anexión tivo lugar durante o reinado de Afonso VII: Bernardo bArreiro de vázquez vAreLA, “Historia del Real Priorato de Sar”, Galicia diplomática, 2 (1883), páx. 21. Pedret Casado sitúaa en 1494: Paulino pedret cAsAdo, “Santa María la Mayor y Real de Santiago”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 4 (1949), páx. 343; mais Neira Pereira di sobre esta última data que posiblemente non se refire á anexión, (...) senón a unión de dereitos e rendas. H. neirA pereirA, Vedra. Da prehistoria..., páx. 91. 7 V. H. neirA pereirA, Vedra. Da prehistoria..., páx. 90. Na actualidade, é complicado reconstruír a historia deste tombo1 e o contexto e oficina documental no que se creou, debido á desaparición do mosteiro en 1572 trala subida do río Ulla2. Varios autores sitúan a fundación de San Xoán da Cova non posteriormente ao último terzo do século IX ou comezos do X3, aparecendo a primeira mención da súa igrexa, segundo Neira Pereira, nun documento de 8684; mais Freire Camaniel dubida da fiabilidade dalgún deses documentos5. Respecto á historia arquivística do Tombo de San Xoán da Cova, foi de especial relevancia a anexión deste cenobio ao de Santa María a Real de Sar, producida, segundo Neira Pereira, en 14056. Neste senso, cabe a posibilidade de que a iniciativa de confeccionar un libro onde copiar os documentos relativos á facenda da institución xurdise incluso do mosteiro de Sar, co fin de mellorar a xestión de todo o patrimonio adquirido ao longo da Baixa Idade Media7. Sexa como for, non é de estrañar que o tombo acabara entre os fondos do Priorado de Sar, pois, tralo derrubamento do cenobio, todos los bienes y heredades pasaron a Santa María
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 174 ADRIÁN ARES LEGASPI de Sar8. Non obstante, no traballo de Barreiro de Vázquez Varela sobre o arquivo do mosteiro de Sar nada se di sobre o tombo, polo que, pode que este códice non se atopara en Santa María de Sar a finais do século XIX9. No referente á escrituración do tombo, parece que non se produciu nun único momento, senón que debeu de ser un proceso acumulativo. A ordenación dos documentos copiados non segue un criterio cronolóxico nin cada notario intervén de maneira continuada, senón que a súa aparición se intercala en función dunhas circunstancias descoñecidas. A subscrición notarial do primeiro documento é a única na que aparece unha data, 7 de xullo de 1444. Porén, cremos que, atendendo aos modelos gráficos empregados, o libro debeuse de rematar antes do último terzo do século XV10. Partindo desta situación, os obxectivos deste traballo son, dunha banda, estudarmos cales son as tipoloxías documentais que aparecen no tombo, quen foron os notarios responsables da súa validación e os modelos gráficos empregados na escrituración; e, doutra, recollermos os rexestos dos documentos. cArActeres externos O Tombo de San Xoán da Cova (320 x 240 mm) presenta un estado de conservación regular, debido á contracción do pergameo, ás manchas de humidade ou a perforacións e roturas do soporte causadas por insectos ou por eivas do pergameo anteriores á súa fabricación. Ademais, o tratamento de gran parte dos folios durante a súa elaboración foi defectuoso, atopando cadernos con marcas de pelo. O códice componse de catro cadernos con bifolios de formato in folio: dous cadernos de dez bifolios cada un e outros dous de seis bifolios cada un, cumpríndose, ademais, a lei de Gregory. Esta organización non está relacionada co contido do volume, pois o texto está escrito de seguido, independentemente do final dun caderno e o comezo do seguinte. Todos os cadernos están cosidos a un pergameo marrón que funciona como encadernación e asegurados ao seu lombo mediante dúas tiras de coiro. O pergameo da encadernación ten na súa parte dianteira unha pestana do mesmo material (polo que, a membrana foi confeccionada con esa forma) que serve de peche do libro ao atarse a un pequeno cordón da parte traseira. 8 Hipólito de sá brAvo, El monacato en Galicia, A Coruña, Librigal, 1972, páxs. 382 e 383. 9 V. Bernardo bArreiro de vázquez vAreLA, “Archivo del Real Monasterio de Sar”, Galicia diplomática, 1 (1882), páx. 5. 10 Ademais, os notarios que aquí interveñen traballaron en Santiago e na súa Terra ao longo da primeira metade do século XV. V. María Xosé Justo mArtín e Manuel LucAs áLvArez, Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela: pergameos da serie BENS do Arquivo Histórico Universitario (anos 1237-1537), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1991.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 175 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS A escritura realízase a liña tendida e non existe xustificación nin pautado, agás no volto do primeiro folio e no recto do segundo. Aínda así, o tamaño das marxes é bastante regular, sendo máis ampla a inferior, onde se atopa a rúbrica do escribán ante quen pasa o traslado do documento. Outros compoñentes da páxina son: a foliación na esquina superior dereita do recto do folio; liñas de cancelación, debuxos de mans nas marxes que resaltan partes dalgún asento ou anotacións marxinais que mencionan o lugar onde se escriturou o documento, o seu tema ou calquera outro dato de relevancia. cArActeres internos dos documentos A lingua dos documentos é o galego agás unha carta de seguridade e defensa do arcebispo Lope de Mendoza de 1444, en castelán. Ademais, a redacción realízase en estilo subxectivo: en primeira persoa do singular ou do plural. A meirande parte dos documentos son cartas de aforamento, nas que os membros do mosteiro de San Xoán da Cova ceden a posesión e gozo dun ben (terras, muíños, casas...) a cambio dunha renda anual en moeda ou de parte da produtividade xerada. Por isto, o habitual é que os documentos se escrituren dentro do cenobio, xuntados o prior e cóengos en cabido, ou ben nalgún outro lugar do seu dominio. Estes contratos realízanse de xeito vitalicio, chegando incluso a perpetuarse até tres xeracións máis. O novo adquirinte dos bens deberá de cumprir unhas condicións, das cales a máis importante é o pago da renda acordada. Igualmente, outros posibles requisitos son a obrigación de reparar os inmobles aforados, labrar as terras cedidas ou a imposibilidade de traspasar ou subarrendar o aforado nestes contratos. Porén, as cartas de foro non son as únicas tipoloxías documentais copiadas neste tombo, senón que podemos atopar confirmacións e rectificacións de foros, devolucións de bens, apeos, cartas de venda, de traspaso, de doazón ou sentenzas xudiciais. En canto á expresión da data crónica, este códice testemuña o paso da datación a través da era hispánica á cristiá. Só tres documentos empregan a primeira fórmula, correspondéndose todos con contratos da segunda metade do século XIV, mentres que na década de 1390 xa desaparecera por completo este estilo de datación. Isto demostra que en Galicia, na esfera da diplomática notarial, séguese a lexislación disposta por Xoán I, quen en 1385 prohibe definitivamente o uso da era hispánica11. Ademais, cabe salientar a utilización do sistema de feiras para indicar o día da semana. Neste caso, só nunha carta de foro subscrita o xoves 17 11 V. Jesús domínguez ApAricio, “La datación cronológica”, en Ángel Riesco Terrero (ed.), Introducción a la paleografía y la diplomática general, Madrid, Síntesis, 1999, páx. 291.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 176 ADRIÁN ARES LEGASPI de xullo de 1400, atopamos a referencia ao día da semana mediante a expresión “quinta feira”. Finalmente, en vista dos modelos documentais copiados, podemos afirmar que a función que pretendía cumprir o tombo era a de “cartulario-dossier”, é dicir, que reúne los documentos necesarios para defender una causa determinada o ilustrar un aspecto concreto de la administración12. Polo tanto, o principal obxectivo era, dunha banda, conservar as escrituras sobre as que se asentaba a facenda do cenobio e, doutra, facilitar a xestión da mesma; podendo ser promovida esta actividade incluso polo mosteiro de Santa María de Sar trala anexión mencionada ao inicio. Natureza administrativa do códice que queda de manifesto no tratamento menos coidado dos caracteres externos do volume13. notArios Antes de nada, debemos de distinguir entre os notarios responsables de validar o traslado no códice dos documentos orixinais e os amanuenses encargados de poñer por escrito esas copias, dos cales descoñecemos a súa identidade. Dúas funcións –validación e escrituración– que soen corresponderse con dúas figuras distintas. Mais neste libro existe un caso no que ambas as tarefas coinciden nun único personaxe: Fernán Pérez, que redacta os asentos da súa propia man. A segunda diferenciación é a relativa aos dous tipos de notarios que validaron as copias: os nomeados polo arcebispo compostelán e os apostólicos, ou, segundo a clasificación de Lucas Álvarez, notarii episcopi nombrados por la Iglesia (e) notarii appostolica auctoritate, nombrados por autoridad pontificia o por delegación recibida por los obispos14, respectivamente. A actividade de ambos os dous no ámbito compostelán está probada xa dende o século XIII e seguiu a ser unha constante ao longo da Idade Media e Moderna15. Os notarios de creación arcebispal que interveñen neste códice son os clérigos16: Pero Afonso (6 docu- 12 Elena E. rodíguez díAz, “Los cartularios en España: Problemas y perspectivas de investigación”, en Elena E. Rodríguez Díaz y Antonio Claret García Martínez (eds.), La Escritura de la Memoria: Los Cartularios, Huelva, Universidad de Huelva, 2011, páx. 18. 13 V. ibíd. páx. 24. 14 Manuel LucAs áLvArez, “El notariado en Galicia hasta el año 1300 (una aproximación)”, en Notariado público y documento privado: de los orígenes a al siglo XIV. Actas del VII Congreso Internacional de Diplomática, Valencia, 1986, vol. 1. Valencia, Conselleria de Cultura, Educació i Ciència, 1989, páx. 343. 15 Para afondar nos tipos de notarios en Santiago, v. ibíd. páxs. 331-480; Mercedes Vázquez Bertomeu, Notarios, notarías y documentos en Santiago y su tierra en el siglo XV, A Coruña, Seminario de Estudos Galegos, 2001; María López díAz, “Una aproximación a la institución notarial de Santiago: escribanos y notarios a mediados del siglo XVIII”, Estudios Mindonienses, 8 (1992), páxs. 421-456. 16 Esta era unha das grandes diferenzas entre os notarios apostólicos e o resto de oficiais do seu rango, pois, como recolle García Valverde, en el Concilio de Basilea celebrado en 1431 se dirige a “los clérigos, notarios y otras personas eclesiásticas”, lo cual indica la pertenencia de estos oficios al estado clerical.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 177 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS mentos), Fernán Pérez (77) e Afonso González (1)17. Mentres que os apostólicos son: Afonso Eanes de Calo, Gómez González de Dómez, Xoán Branco e Lopo Martínez de Riotorto. A primeira vista, non existe unha relación directa entre o tipo de notario responsable do traslado e o ano de escrituración do mesmo nin a súa tipoloxía documental. Polo que, tal vez, o recurso a un ou outro escribán tivo que ver con motivos circunstanciais que determinaron a escolla dun dos oficiais anteriormente enumerados. O que si parece claro é que o feito de que Fernán Pérez subscriba a meirande parte dos asentos, e moitas das intervencións do resto dos notarios sexan en traslados de documentos nos que Fernán Pérez era un dos outorgantes, demostra que o principal encargado do códice era este escribán, mentres que os outros deberon a súa participación a factores puntuais. Ademais, a solución de acudir a figuras alleas á institución para a escrituración dos documentos era a consecuencia da non existencia, ao contrario do que acontecía noutros cenobios galegos18, de notarios nomeados polo mosteiro. Pero Afonso era notario público xurado da cidade de Santiago e, como tal, correspondíalle a escrituración da documentación producida na vila compostelá, mais non é de estrañar que tamén exercera nos territorios circundantes, facendo ben visible a súa figura no alfoz compostelán19. Pola súa banda, Fernán Pérez era notario público xurado na Terra de Tabeirós e Ribadulla, un dos distritos territoriais do señorío arcebispal. Segundo Vázquez Bertomeu, estes notarios de distritos rurais exercían a súa angueira en el ámbito judicial como asistentes de los jueces locales y en el servicio a particulares e instituciones menores que acuden al notario más cercano20. Este último sería o caso do mosteiro de San Xoán da Cova. A inexistencia de notarios propios, a súa condición de ‘institución menor’ e a súa localización poden ser as causas que están detrás do recurso a un notario de distrito rural. Finalmente, Afonso González era “notario do arçobispado de Santiago e súa prouençia”, o cal, como sostén Vázquez Bertomeu, puido significar que o seu radio María Luisa gArcíA vALverde, “Los notarios apostólicos de Granada a través de las legislaciones civil y eclesial”, Historia, Instituciones, Documentos, 37 (2010), páx. 91. 17 Só existe un documento en todo o tombo sen subscrición notarial que certifique o traslado. 18 Un exemplo de mosteiros que si crearon notarios foi o de San Vicenzo de Pombeiro. V. Manuel LucAs áLvArez, “Notariado y notarios en el monasterio de Pombeiro”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 40 (1992), páxs. 45-61. Outro mosteiro que, ao igual que San Xoán da Cova, non tiñan notariado propio foi o de San Clodio do Ribeiro. V. Manuel LucAs áLvArez y Pedro LucAs domínguez, El monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: estudio y documentos, A Coruña, Edicios do Castro, 1996. 19 V. M. vázquez bertomeu, Notarios, notarías y documentos..., páx. 19. 20 Ibíd. páx. 21. A actividade de Fernán Pérez responde perfectamente a esta realidade, pois non só se cingue á esfera de San Xoán da Cova, senón que tamén interviu en documentación de carácter xudicial. V. Mª. X. Justo mArtín e M. LucAs áLvArez, Fontes documentais..., docs. 283 e 284.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 178 ADRIÁN ARES LEGASPI de acción se circunscribiu a toda a provincia eclesiástica, escriturando, ademais, todo tipo de negocios21. Neste caso, o máis característico da súa intervención é a referencia á súa condición de escusador ou substituto do notario público Pero Afonso, práctica habitual no contexto compostelán22. De feito, este non é o único documento do tombo no que atopamos a actuación dun escusador, xa que Fernán Pérez menciona nunha subscrición que o documento “pasou por ante Rui Pérez, meu escusador” (fol. 53r.), mais desta vez non temos testemuños directos da súa participación nin goza de ningún título oficial, polo que posiblemente este Rui Pérez fose un escribán en formación, ou criado, comezando o seu cursus honorum23. En canto aos notarios apostólicos, estes escribiron un total de 12 documentos. A pesar deste baixo número, non debemos de esquecer que estamos a falar de catro notarios apostólicos nunha soa fonte, polo que –cremos nós– isto pode demostrar a masiva irrupción deste tipo de notarios na documentación da diocese compostelá no século XV apuntada por Vázquez Bertomeu24. Non é estraño velos intervindo na escrituración desta fonte, xa que, como recolle a mencionada investigadora, o exercicio máis habitual dos notarios apostólicos se centra en las diligencias concernientes a rentas y beneficios eclesiásticos –de asentamiento preferentemente rural25. modeLos gráFicos26 En liñas xerais, todas as mans que interveñen no libro empregan escrituras documentais correspondentes ao ciclo gráfico gótico, xa fose cun maior grao de cursividade ou ben de hibridación con modelos librescos. O recurso ás grafías cursivas parece estar en clara sintonía coa finalidade do volume27, posto que se opta por unha escritura de rápida elaboración, deixando a un lado tipoloxías máis coidadas propias de cartularios máis solemnes ou de institucións capaces de custear 21 V. M. vázquez bertomeu, Notarios, notarías y documentos..., páx. 23. 22 V. ibíd. páx. 23. 23 Para este tipo de procedementos curriculares, v. M. López díAz, “Una apoximación...”, páx. 454. 24 V. M. vázquez bertomeu, Notarios, notarías y documentos..., páx. 21. 25 Ibíd. páx. 36. Algo similar é o que acontece nesta época no mosteiro de Ferreira de Pallarés, cando a partir de 1416 aparecen os notarios apostólicos traballando na oficina do centro. V. José Ángel rey cAíñA, “Scriptores y notarios en el monasterio de Ferreira de Pallares”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 39, núm. 104 (1991), páxs. 92 e 93. 26 Imos diferenciar neste apartado entre os responsables de validar as copias e os amanuenses que escrituran os traslados. 27 Este tipo de escrituras é, segundo Rodríguez Díaz, unha constante nos cartularios de xestión baixomedievais. V. E. E. rodríguez díAz, “Los cartularios en España…”, páx. 22. Vinculación que se aprecia tamén en distintas fontes notariais de concellos e igrexas de Galicia do século XV. María Beatriz vAquero díAz, “A escritura na Idade Media galega”, en Pablo Sánchez Ferro (dir.), Entre liñas: unha ollada á historia da cultura escrita en Galicia. Da Idade Antiga ao século XVIII, Vigo, Universidade de Vigo, 2006, páx. 56.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 179 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS un libro de tales características. A isto habería que engadir o uso do galego como posible causa no emprego da cortesá, pois este sería, segundo Alonso Pequeno e Vázquez Bertomeu, o modelo gráfico identificado con esa lingua28, xerando, así, algunhas diferenzas gráficas respecto das formas peninsulares, principalmente no uso das abreviaturas29. Respecto das escrituras dos notarios que certifican os traslados, son todas cortesás30, mais con diferenzas entre elas en función da aparición dalgúns elementos de modelos máis caligráficos. Os notarios nomeados polo arcebispo realizan unhas escrituras máis pesadas, letras con aspecto máis redondeado e con máis nexos que ligaduras (os frecuentes do sistema gótico: co, t+vogal, d+vogal ou superposición de curvas contrapostas como bo, po)31. Pero Afonso executa unha escritura de trazos grosos con preferencia polas formas máis redondeadas do s de sigma ou do d de dobre bucle (fig. 1). Ademais, é moi particular a hibridación con elementos de escrituras máis caligráficas que dá lugar á eliminación dos bucles nos caídos das letras f, p, q, r..., á aparición de bucles nos ascendentes de b ou l e ao uso do g das escrituras notariais do século XIV cun bucle moi alongado cara á esquerda por debaixo da liña de escritura. A man de Afonso González posúe unhas características similares, mais desta vez predominan os d con alzado inclinado cara a atrás a modo de trazo caligráfico e o g perde gran parte do bucle (fig. 2). Mentres tanto, a escritura de Fernán Pérez é máis filiforme e tende a facer unha gran separación entre palabras (fig. 3). A morfoloxía das súas letras é claramente a da cortesá (d e p de dobre bucle, s de sigma, emprego do sistema gótico de maiúsculas...), mais os elementos caligráficos e chancelerescos dos escribáns anteriores son agora moito máis marcados: os trazos verticais do f, p, ou q alónganse ocupando varias liñas de escritura, os ascendentes do d encúrvanse amplamente cara á esquerda e o caído do h fuga desmesuradamente cara á dereita por debaixo da liña32. No referente aos notarios apostólicos, a redondez dos trazos, a separación entre letras e o emprego da cortesá segue a ser algo común a todas as mans, mais nesta 28 V. Mercedes ALonso pequeno e Mercedes vázquez bertomeu, “Lingua e escritura na Compostela do século XVI”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 48, núm. 114 (2001), páx. 126. 29 María Beatriz vAquero díAz, Historia da escritura na Galicia medieval, Santiago de Compostela, Gallaeciae Monumenta Historica, 2014, páx. 17. 30 Escritura que, no momento no que se confecciona o tombo, xa se tiña introducido en Galicia. V. Mª. B. vAquero díAz, “A escritura na Idade Media...”, páx. 62. 31 Estas son as características típicas do século XV: “preferencia polo trazo groso, deseño descuidado das letras, tendencia á separación dos signos e gusto polas formas redondeadas”. M. ALonso pequeno e M. vázquez bertomeu, “Lingua e escritura...”, páx. 126. 32 Outros investigadores demostraron que estes mecanismos tamén foron frecuentes noutras zonas da Coroa de Castela, como en Sevilla. V. Carmen del cAmino mArtínez, “La escritura de la documentación notarial en la época colombina”, en Vitto Piergiovanni (ed.), Tra Siviglia e Genova: notaio, documento e commercio nell’età colombiana, Milán, Giuffrè, 1994, páx. 500.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 186 ADRIÁN ARES LEGASPI Fernández e María Fernández, a metade das viñas de Terrádego, de Pai Acheire e de Currelo; e a outra metade de todas elas aos seus pais, pola quinta parte do viño anual e o décimo de cada metade de viñas. [45r.] 8 1400, xullo, 17. Xoves. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gonzalo Rodeiro, mercador, e á súa muller, María Rodríguez, veciños de Santiago, todo o terreo pertencente ao mosteiro na rúa de Baldomar (Santiago) por 3 marabedís anuais. [39r.] 9 1402, marzo, 30. [s. l.] Gonzalo Rodeiro, mercador, e a súa muller, María Rodríguez, veciños de Santiago, traspasan a Pedro Roxino, carniceiro na rúa de Vilarente (Santiago), e aos seus fillos, Afonso e Gonzalo, a casa que fixera o primeiro na rúa de Baldomar (Santiago), co seu terreo e eixido por 3 marabedís anuais. [40r.] 10 1403, xaneiro, 1. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gonzalo Pérez de Socastro, escudeiro, unha herdade en Vila de Sete (Santa Cruz de Ribadulla) por 3 fanegas de pan, media de millo e media de cereal anualmente. [21v.] 11 1408, outubro, 28. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Pedro Fero, mercador, e á súa muller, Teresa Suárez, veciños de Santiago, unha casa e horta na rúa de Baldomar por 20 marabedís anuais. [22r.] 12 1412, xaneiro, 31. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Martín Fagúndez, mercador, e á súa muller, Constanza Gómez, veciños de Santiago, o formal dunha casa na Ponte Ulla por 5 marabedís anuais. [24v.]
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 187 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS 13 1416, febreiro, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán Pérez e á súa muller, Maior Rodríguez, veciños da Ponte Ulla, un terreo e un formal dunha casa na Ponte Ulla por 18 soldos vellos. [44r.] 14 1416, xullo, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gonzalo Pérez, fillo de Maior Rodríguez, veciño da Ponte Ulla, unha parte da herdade do Chao, pola quinta parte do viño anual. [48v.] 15 1418, marzo, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán da Obra, alfaiate, e á súa muller, Inés González, veciños de Santiago, unhas casas na rúa de Mazarelos por 2 libras anuais. [21r.] 16 1418, maio, 7. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, criado de Pero Afonso, notario de Santiago, os casais de Codesedas e Folgoso (freguesía de Santa María de Figueiras) por 40 marabedís, un par de capóns e a metade do viño producido anualmente. [1r.] 17 1418, setembro, 20. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova piden ao arcebispo de Santiago, ou a calquera autoridade no seu nome, que valide un traspaso de Gonzalo Afonso a Martín Fagúndez feito con anterioridade43. [33v.] 18 1419, xaneiro, 30. [s. l.] Gonzalo Afonso, veciño da Ponte Ulla, traspasa a metade dunha viña que tiña arrendada do mosteiro de San Xoán da Cova na Ponte Ulla por non labrala a Martín Fagúndez, mercador, veciño de Santiago, coas mesmas obrigas que tiña o primeiro. [33r.] 43 Nunha nota marxinal sinálase que o documento referido é o: 1419, xaneiro, 30. [s. l.] [33r.] Posiblemente haxa un erro no ano dalgún destes dous documentos, pois, segundo esa anotación marxinal, en 1418 solicitaríase a validación dun documento de 1419.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 188 ADRIÁN ARES LEGASPI 19 1419, xullo, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova consenten a venda realizada o 8 de xullo de 1419 por parte de Xoán Foupete, alfaiate, veciño da Ponte Ulla, e a súa muller, Constanza García, a Afonso Fernández, clérigo de San Breixo de Lamas, dunhas viñas. [59r.] 20 1419, xullo, 8. [s.l.] Xoán Foupete, alfaiate, veciño da Ponte Ulla, e a súa muller, Constanza García, venden a Afonso Fernández, clérigo de San Breixo de Lamas, unhas viñas por 800 marabedís. [59v.] 21 1419, xullo, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Afonso Fernández, clérigo de San Breixo de Lamas, a metade dunha casa e pardiñeiro na Ponte Ulla por 3 marabedís anuais. [59v.] 22 1419, xullo, 31. [s. l.] Constanza Mosqueira, muller de Gonzalo Afonso, veciños da Ponte Ulla, ratifica o traspaso que o seu marido fixera a Martín López dunha metade dunha viña no burgo da Ponte Ulla. [40v.] 23 1420, outubro, 4. Lugar de Folgoso, freguesía de Santa María de Figueiras. Apeo dos bens dos lugares de Folgoso e Codesedas, en Santa María de Figueiras. [2r.] 24 1422, xaneiro, 19. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior Fernández, unha viña en Grandal pola quinta parte do viño anual e o décimo. [6v.]
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 189 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS 25 1422, maio, 18. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Estevo Pedreiro e á súa muller, Teresa Rodríguez, unha cortiña na Fonte do Lavadoiro pola cuarta parte do viño anual. [52r.] 26 1424, febreiro, 4. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gonzalo Afonso de Reboredo e á súa muller, Constanza Afonso, veciños do couto de San Martiño, a viña do Telleiro pola quinta parte do viño anual e o décimo. [36r.] 27 1424, febreiro, 12. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e xurado de Santiago, e á súa muller, Inés Fernández, as viñas do Pumar pola cuarta parte do viño anual e o décimo. [37v.] 28 1426, xullo, 2. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Teresa Ares, abadesa de San Xurxo de Codeseda, e a Gómez Fernández, mercador, e á súa muller, Teresa Suárez, veciños de Santiago, o casal da Cabra (Santa Cruz de Ribadulla) por unha oitava parte do pan, metade de millo e metade de centeo, anualmente. [23r.] 29 1427, marzo, 19. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Sancha Afonso, viúva de Fernán do Lameiro, veciña da Ponte Ulla, e ao seu fillo, Vasco do Lameiro, a viña do Telleiro pola cuarta parte do viño anual e o décimo e máis un lagar na Ponte Ulla por 4 marabedís anuais. [45v.] 30 1430, xaneiro, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Afonso Boo e á súa muller, Aldara Oanes, veciños da Ponte Ulla, a viña de Pai Acheire pola quinta parte do viño anual e o décimo. [42v.]
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 190 ADRIÁN ARES LEGASPI 31 1430, febreiro, 2. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Roi Fernández e á súa muller, María Oanes, veciños da freguesía de San Miguel de Rarís, o casal de Reis, na dita freguesía, por 30 marabedís anuais. [36v.] 32 1430, marzo, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gonzalo da Filla e á súa muller, Sancha Afonso, a viña do Fontao pola sétima parte do viño anual e o décimo. [49r.] 33 1430, abril, 24. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Estevo Pedreiro e á súa muller, Teresa Rodríguez, a viña do Lavadoiro pola quinta parte do viño anual e o décimo. [52v.] 34 1430, maio, 29. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Sancha Afonso e ao seu fillo, Vasco de Lameiro, veciños da Ponte Ulla, unha casa derrubada na Ponte Ulla por 12 marabedís anuais. [46r.] 35 1430, maio, 29. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Sancha Afonso e ao seu fillo, Vasco de Lameiro, veciños da Ponte Ulla, a cortiña da Cuba por 4 marabedís anuais. [46v.] 36 1430, agosto, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Vasco do Lameiro, fillo de Fernán do Lameiro e Sancha Afonso, a metade dunha horta na Ponte Ulla pola cuarta parte do viño anual. [47r.]
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 191 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS 37 1430, agosto, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán Rodríguez e á súa muller, Elvira Fernández, veciños de Santiago, unha viña na Ponte Ulla pola cuarta parte do viño anual e o décimo. [25v.] 38 1430, agosto, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán Rodríguez do Ciquelo, mercador, veciño de Santiago, a viña do Telleiro pola quinta parte de viño anual e o décimo. [54v.] 39 1430, agosto, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán Rodríguez do Ciquelo, mercador, veciño de Santiago, a viña do Grandal pola quinta parte do viño anual e o décimo. [54v.] 40 1430, agosto, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán Rodríguez do Ciquelo, mercador, veciño de Santiago, a viña de Frademea pola quinta parte de viño anual e o décimo. [55r.] 41 1430, agosto, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Margarida, sobriña de Roi González, cóengo, o bacelo do Chao pola quinta parte do viño anual e o décimo. [58r.] 42 1430, novembro, 8. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Estevo Pedreiro e á súa muller, Teresa Rodríguez, unha herdade na Ponte Ulla pola sexta parte do viño anual e o décimo do viño. [53r.] 43 1431, abril, 6. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller,
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 192 ADRIÁN ARES LEGASPI Maior Fernández, a viña do Telleiro pola quinta parte do viño anual e o décimo. [8r.] 44 1431, abril, 16. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller Maior Fernández, unha casa na Ponte Ulla por 8 marabedís anuais. [3r.] 45 1431, abril, 16. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior Fernández, as viñas do Chao, do Pumar, de Calo e do Telleiro, pola quinta parte do viño anual e o décimo e cada unha e dúas casas de lagar na Ponte Ulla por 2 marabedís anuais. [7r.] 46 1431, xullo, 15. [s. l.] Constanza Rodríguez, muller de Álvaro Gómez, vende a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior Fernández, unha eira de viñas e cerdeiras na Ponte Ulla por 600 marabedís anuais. [11r.] 47 1431, xullo, 16. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Estevo Pedreiro e á súa muller, Teresa Rodríguez, unha cortiña na Fonte do Lavadoiro, pola cuarta parte do viño anual. [53v.] 48 1432, xullo, 28. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior Fernández, unha casa na rúa da Figueira (en San Miguel dos Agros) por 8 marabedís anuais. [9r.] 49 1432, xullo, 28. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 193 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS Fernández, a metade dunha viña en Domes e a metade da viña da Agra pola quinta parte do viño anual e o décimo cada unha. [9v.] 50 1432, xullo, 28. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova confirman o aforamento feito de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior Fernández, de todas as casas e herdades que o notario tiña na freguesía de Santa María de Figueiras. [10r.] 51 1433, febreiro, 1. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gómez Martínez, cambiador, veciño de Santiago, a viña do Telleiro pola décima parte do viño anual. [16r.] 52 1433, febreiro, 7. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Fernán Pérez, notario da terra de Tabeirós, e á súa muller, Maior Fernández, unha casa na Ponte Ulla por 6 marabedís anuais. [4r.] 53 1433, febreiro, 11. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán Domínguez e á súa muller, Dominga Pérez, veciños da Ponte Ulla unha leira pola quinta parte do producido anualmente e o décimo. [56r.] 54 1433, maio, 9. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Xoán García, mercador, e á súa muller, Teresa Rodríguez, veciños da freguesía de San Martiño dos Groves, todas as herdades, casas, casares, chantados e viñas que ten o mosteiro na dita freguesía por 50 marabedís anuais. [31r.] 55 1433, xullo, 17. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a María Rodríguez, muller de Gonzalo Rodeiro, e ao seu fillo, Gonzalo,
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 194 ADRIÁN ARES LEGASPI unha cortiña na rúa da Trindade (Santiago) e o terreo e formal dunha casa na mesma rúa por 4 marabedís anuais. [34v.] 56 1433, agosto, 6. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gómez Martínez, cambiador, e á súa muller, Maior de Paz, veciños de Santiago, todo o lugar de Caldelas (Santa Baia de Codeso) por 25 marabedís anuais e un muíño por 7 marabedís anuais. [16v.] 57 1433, agosto, 6. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Gómez Martínez, cambiador, e á súa muller, Maior de Paz, veciños de Santiago, a metade do couto de Pousada de Ribeira (freguesía de San Pedro de Ribeira) e a outra metade a Xoán Afonso e á súa muller, Teresa Afonso, por 80 marabedís anuais por todo o couto. [17v.] 58 1433, agosto, 7. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Teresa González e a Mariña González, criadas de Gonzalo García, cóengo do dito mosteiro, unha casa e a súa cortiña na Ponte Ulla por 9 marabedís anuais, un lagar por 4 marabedís, as viñas do Telleiro polo sexto e décimo do viño anual e as viñas de Dómez pola sexta parte do viño anual e o décimo. [43v.] 59 1434, xaneiro, 5. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Rodrigo de Agrelo e á súa muller, Teresa Tareixa, a viña do Telleiro, pola cuarta parte do viño anual e o décimo. [51r.] 60 1434, xaneiro, 6. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Lopo Rosa, alfaiate, e á súa muller Inés Rodríguez, moradores na rúa da Moeda Nova (Santiago), a viña do Forno, na Ponte Ulla, pola cuarta parte do viño anual e o décimo. [38r.]
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 195 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS 61 1434, xaneiro, 7. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Vasco López de Burgos, xurado de Santiago, e á súa muller, Inés González, a metade do lugar do Castro e a Xoán Gómez da Caña e á súa muller, Maior Fernández, veciños de Santiago, unha cuarta parte dese mesmo lugar, por 20 marabedís en total. [37r.] 62 1436, marzo, 22. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Pedro Pedreiro e á súa muller, María Pedreira, a cortiña do Cerdido do Outeiro por 12 marabedís anuais, a quinta parte do viño e o décimo. [53v.] 63 1436, marzo, 28. San Martiño dos Groves. Pescuda sobre as herdades do mosteiro en San Martiño dos Groves. [32r.] 64 1436, xullo, 18. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Martín López, cardeal de Santiago, as viñas das Pereiras e de Pai Chentre44 pola cuarta e quinta parte do viño anual, respectivamente. [28v.] 65 1436, xullo, 18. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova obrigan a Martín López, cardeal de Santiago, a pagar de forma vitalicia ao mosteiro, polo aforamento que xa tiña dunhas herdades no lugar do Outeiro, a quinta parte do viño anual e o décimo. [29r.] 66 1436, xullo, 18. Mosteiro de San Xoán da Cova. O prior e cóengos do mosteiro de San Xoán da Cova aforan de forma vitalicia a Martín López, cardeal de Santiago, a metade dunha casa de lagar na Ponte Ulla por 2 marabedís anuais. [29v.] 44 Posiblemente sexa outra forma do topónimo Pai Acheire, que aparecerá máis adiante.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 202 ADRIÁN ARES LEGASPI García Valverde, María Luisa, “Los notarios apostólicos de Granada a través de las legislaciones civil y eclesial”, Historia, Instituciones, Documentos, 37 (2010), págs. 87-108. Justo Martín, María Xosé e Lucas Álvarez, Manuel, Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela: pergameos da serie BENS do Arquivo Histórico Universitario (anos 1237-1537), Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1991. López Alsina, Fernando, La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2013. López Díaz, María, “Una aproximación a la institución notarial de Santiago: escribanos y notarios a mediados del siglo XVIII”, Estudios Mindonienses, 8 (1992), págs. 421-456. López Ferreiro, Antonio, Historia de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela, 12 vols., Santiago, Seminario Conciliar Central, 1899. Lucas Álvarez, Manuel, “Características paleográficas de la escritura gótica gallega. Escritorios notariales compostelanos”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 5 (1950), págs. 53-86. Lucas Álvarez, Manuel, “El notariado en Galicia hasta el año 1300 (una aproximación)”, en Notariado público y documento privado: de los orígenes a al siglo XIV. Actas del VII Congreso Internacional de Diplomática, Valencia, 1986, vol. 1. Valencia, Conselleria de Cultura, Educació i Ciència, 1989, págs. 331-480. Lucas Álvarez, Manuel, “Paleografía gallega. Estado de la cuestión”, Anuario de Estudios Medievales, 21 (1991), págs. 419-470. Lucas Álvarez, Manuel, “Notariado y notarios en el monasterio de Pombeiro”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 40 (1992), págs. 45-61. Lucas Álvarez, Manuel e Lucas Domínguez, Pedro, El monasterio de San Clodio do Ribeiro en la Edad Media: estudio y documentos, A Coruña, Edicios do Castro, 1996. Neira Pereira, Henrique, Vedra. Da prehistorio ós inicios do século XX, Vedra, Concello de Vedra, 2007. Pedret Casado, Paulino, “Santa María la Mayor y Real de Santiago”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 4 (1949), págs. 339-348. Rey Caíña, José Ángel, “Scriptores y notarios en el monasterio de Ferreira de Pallares”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 39, núm. 104 (1991), págs. 77-93. Rodríguez Díaz, Elena E, “Los cartularios en España: Problemas y perspectivas de investigación”, en Elena E. Rodríguez Díaz e Antonio Claret García Martínez (eds.), La Escritura de la Memoria: Los Cartularios, Huelva, Universidad de Huelva, 2011, págs. 13-35. Sá Bravo, Hipólito de, El monacato en Galicia, A Coruña, Librigal, 1972. Sanz Fuentes, María Josefa, “La escritura gótica documental en la Corona de Castilla”, en María Josefa Sanz Fuentes e Miguel Calleja Puerta (coords.), Paleografía II: las escrituras góticas desde 1250 hasta la imprenta. V Jornadas de la Sociedad Española de Ciencias y Técnicas Historiográficas, Oviedo, 18 y 19 de junio de 2007, Oviedo, Universidad de Oviedo, 2010, págs. 107-126. Smith, Marc, “L’écriture de la chancellerie de France au XIVe siècle: observations sur ses origines et sa diffusion en Europe”, en Otto Kresten e Franz Lackner (eds.), Régionalisme et internationalisme: problèmes de paléographie et de codicologie du Moyen Âge, Viena, Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaten, ÖAW, 2008, págs. 279-298.
Cuadernos de Estudios Gallegos, LXV, núm. 131 (2018), págs. 171-203. ISSN: 0210-847X. https://doi.org/10.3989/ceg.2018.131.06 203 O TOMBO DO MOSTEIRO DE SAN XOÁN DA COVA (VEDRA). NOTAS PALEOGRÁFICAS E REXESTOS Vaquero Díaz, María Beatriz, “A escritura na Idade Media galega”, en Pablo Sánchez Ferro (dir.), Entre liñas: unha ollada á historia da cultura escrita en Galicia. Da Idade Antiga ao século XVIII, Vigo, Universidade de Vigo, 2006, págs. 45-77. Vaquero Díaz, María Beatriz, Historia da escritura na Galicia medieval, Santiago de Compostela, Gallaeciae Monumenta Historica, 2014. Vázquez Bertomeu, Mercedes, Notarios, notarías y documentos en Santiago y su tierra en el siglo XV, A Coruña, Seminario de Estudos Galegos, 2001.