scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas

Palacios González, Manuela

Abstract

Este artigo analiza unha serie de descricións, feitas por escritores e escritoras de Irlanda e Galicia, de fotografías de mulleres migrantes. Estas dúas comunidades experimentaron varios episodios de emigración masiva nos dous últimos séculos, pero o papel das mulleres neses movementos migratorios non está aínda suficientemente estudado, especialmente desde unha perspectiva comparada. A análise comparada da experiencia da migración e da súa representación non só nos amosa a relevancia recíproca dos acontecementos e dos seus relatos para as dúas comunidades, senón que permite poñer o foco sobre aspectos salientados nunha pero inadvertidos na outra, achegando deste xeito novos criterios de análise. Este artigo está enmarcado nos debates actuais sobre a perspectiva de xénero nos estudos migratorios e examina o impacto emocional da migración facendo uso das recentes achegas dos estudos de trauma. Ademais de considerar o valor sociolóxico das fotografías como rexistro da experiencia persoal e colectiva, reflexiónase sobre as dúas preguntas máis relevantes que, segundo Susan Sontag (1977), introduciu a fotografía e resultan de crucial importancia para o estudo destes documentos persoais: que merece a pena observar e que temos dereito a observar?

Full text

05 Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Abstract This article discusses a number of descriptions, by Irish and Galician writers, of photographs of migrating women. Ireland and Galicia have experienced several periods of massive emigration in the last two centuries, but the role of women in these flows of migration remains under-examined, especially from a comparative perspective. A comparative analysis of the experience and representation of migration not only shows the mutual relevance of the events and their narratives for both communities but also allows us to identify those aspects which are exposed in one community and neglected in the other, thereby furnishing us with new criteria of analysis. This article is indebted to current debates on gender-oriented studies of migration and examines the emotional impact of migration by drawing on recent proposals in trauma studies. Apart from considering the sociological value of photographs as records of both personal and collective experience, this article delves into two of the most relevant questions which, according to Susan Sontag (1977), were introduced by photography and are of crucial importance for the study of these personal documents: what is worth observing and what are we entitled to observe? Migración Muller Fotografía Galicia Irlanda Trauma Este artigo analiza unha serie de descricións, feitas por escritores e escritoras de Irlanda e Galicia, de fotografías de mulleres migrantes. Estas dúas comunidades experimentaron varios episodios de emigración masiva nos dous últimos séculos, pero o papel das mulleres neses movementos migratorios non está aínda suficientemente estudado, especialmente desde unha Palabras clave Keywords Migration Woman Photography Galicia Ireland Trauma Resumo Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas¹ Manuela Palacios ² Universidade de Santiago de Compostela Article Este artigo é resultado dos proxectos de investigación ‘Exsistere’ e ‘Eco-ficcións’ (Ministerio de Economía y Competitividad ffi 2012-35872, fem 2015-66937-P). Igualmente, está enmarcado na investigación dos grupos ‘Lingua e literatura inglesa e identidade ii’ (r 2014/403) e ‘Discurso e Identidade’ (grc 2015/002 gi-1924) financiados pola Xunta de Galicia. Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá | Avda. Castelao, s/n | 15782 Santiago de Compostela. 1 2 Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 06 perspectiva comparada. A análise comparada da experiencia da migración e da súa representación non só nos amosa a relevancia recíproca dos acontecementos e dos seus relatos para as dúas comunidades, senón que permite poñer o foco sobre aspectos salientados nunha pero inadvertidos na outra, achegando deste xeito novos criterios de análise. Este artigo está enmarcado nos debates actuais sobre a perspectiva de xénero nos estudos migratorios e examina o impacto emocional da migración facendo uso das recentes achegas dos estudos de trauma. Ademais de considerar o valor sociolóxico das fotografías como rexistro da experiencia persoal e colectiva, reflexiónase sobre as dúas preguntas máis relevantes que, segundo Susan Sontag (1977), introduciu a fotografía e resultan de crucial importancia para o estudo destes documentos persoais: que merece a pena observar e que temos dereito a observar? Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios 07 Aínda que o termo ‘emigración’ é o máis común en Galicia nos estudos sobre os movementos migratorios que partiron dela, a crítica internacional adoita empregar o termo ‘migración’ para evitar limitar a súa perspectiva ao fenómeno de marcha ou expulsión. Certamente, a persoa que emigra desde Galicia e Irlanda é á vez inmigrante no país de destino, polo que o termo ‘migrante’ resulta máis flexíbel para acomodar os diferentes tipos e direccións da mobilidade. 3 Introdución: Estudos da migración e interdisciplinariedade Aínda que en Europa o número de mulleres migrantes durante o século xx foi superior ao dos homes (Simon & Bretell 1986: 4), sorprende constatar a escasa atención que recibiu o fenómeno da migración feminina ata mediados dos anos oitenta (Morokvasic 1984).3 Mesmo na fin do século o vector de xénero na migración seguía interesando máis ás ciencias sociais que á investigación historiográfica, chegando a afirmar Donna Gabaccia (1996: 91) que os estudos históricos da migración feminina internacional case non existían. A investigación cuantitativa e os documentos oficiais tampouco daban suficiente información sobre as motivacións para a migración, o seu impacto emocional e físico e as consecuencias económicas dos ingresos xerados polas mulleres en actividades domésticas. Xa no século xxi se lamentaba de igual xeito en España, e concretamente en Galicia, o escaso interese polo papel das mulleres nos fluxos migratorios (Liñares Giraut 2009; Hernández Borge & González Lopo 2008) e investigadoras como María Xosé Rodríguez Galdo (2009: 19) reclamaban a necesidade de revisar categorías de análise como a de ‘emigración familiar’ porque non visibilizaba suficientemente a participación das mulleres no eido laboral. Algo semellante ocorreu en Irlanda onde, en períodos concretos dos séculos xix e xx, emigraron máis mulleres ca homes, pero os estudos históricos só se preocuparon por analizar as reaccións políticas e eclesiásticas á emigración feminina no canto de estudar o fluxo en si (Delaney 2001: 209, 212; Muldowney 2012). Se a investigación histórica sobre a migración se beneficiou das achegas da antropoloxía, a socioloxía e a xeografía, o presente artigo, que se enmarca na disciplina dos estudos literarios, está atento tanto aos debates actuais das ciencias sociais arredor da migración como ás relacións interculturais, ao comparar a migración das mulleres galegas e irlandesas. Esta perspectiva comparada fúndase nunha serie de circunstancias mutuamente relevantes a Galicia e Irlanda tales como as crises agrarias, cos seus efectos sobre os movementos migratorios, e o impacto da moral católica na vida das mulleres. Aínda que non é o obxectivo deste artigo analizar as devanditas circunstancias históricas, económicas e relixiosas, estas constitúen o punto de partida para relacionar Galicia e Irlanda. Ademais da aproximación comparada de base rexional —xeográfica e sociocultural—, este artigo incorpora a perspectiva inter-artística ao dar conta de textos de valor literario e fotografias —de aí o título do artigo: foto-grafías. A crítica de referencia na valoración das fotografías será Susan Sontag, autora da colección de ensaios On Photography ([1977], 1981), pero tamén se ten en conta a función social da fotografía exposta por Pierre Bourdieu en Un art moyen (1965). Por outra banda, Pamela Sharpe (2001: 8-10) identifica unha área de interese na investigación das migracións: o impacto emocional da migración e os efectos da ausencia da persoa migrante na súa contorna de orixe. Neste respecto, o presente artigo fornece unha achega orixinal ao aplicar os estudos do trauma á análise da emigración. Geoffrey Hartman, impulsor dos estudos do trauma no marco da crítica literaria a finais do século xx, alentaba a que a crítica identificase as feridas psíquicas na narración do trauma (2003: 257, 259), cuestión que se tratará aquí á hora de comparar os relatos e fotografías que compoñen o corpus deste traballo. Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 08 A perspectiva relacional e interdisciplinar deste artigo correspóndese á chamada, desde a teoría de sistemas migratorios, a investigar as relacións transnacionais na migración aproveitando a información fornecida, alén dos rexistros oficiais, polos documentos persoais (Harzig 2001: 16-17; Guibernau & Rex 2010: 7). A hipótese deste traballo comparativo é que os resultados obtidos en Galicia e Irlanda non soamente posúen relevancia mutua polas semellanzas sociais e culturais entre estas comunidades, así como polo forte impacto que a emigración tivo nas súas sociedades, senón que a perspectiva comparada permite poñer o foco sobre aspectos salientados nunha comunidade pero inadvertidos na outra, achegando deste xeito novos criterios de análise. Xénese do proxecto foto-grafías A continuación procederase a explicar o desenvolvemento do proxecto fotografías desde a súa concepción, así como as súas motivacións e obxectivos, para seguidamente expoñer os aspectos comparativos máis salientábeis no tocante aos principais eixos deste proxecto: a migración das mulleres galegas e irlandesas e o seu impacto socioeconómico e emocional, así como a mediación das artes literaria e fotográfica na representación e configuración do fenómeno migratorio. A análise de textos literarios e fotografías fíxose simultaneamente para Galicia e Irlanda, pero os seus resultados apareceron en publicacións que trataron a cuestión galega e a irlandesa por separado, razón pola que este artigo aborda por primeira vez a aproximación comparativa á migración das mulleres galegas e irlandesas. Así, as colaboracións galegas, cos seus relatos, fotografías e análises respectivas, foron publicadas como capítulo de libro en Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega, editado por Ana Acuña (Palacios 2014), e as colaboracións irlandesas foron recollidas noutro capítulo do libro Ex-sistere: Women’s Mobility in Contemporary Irish, Welsh, and Galician Literatures, editado por María Jesús Lorenzo Modia (Palacios 2016). Nestas publicacións previas reprodúcense os relatos e fotografías que achegaron escritoras e escritores de Galicia e Irlanda, mentres que no presente artigo só se salientan os aspectos comparativos máis importantes resultantes da análise deses textos escritos e visuais. A idea do proxecto foto-grafías, no que unha serie de escritores e escritoras describen e comentan unha fotografía dunha muller emigrante, naceu dunha observación que fixo a escritora galega Lupe Gómez nunha enquisa sobre mulleres escritoras e viaxe que eu enviara a varias poetas e narradoras galegas en 2010. Interesábame daquela estudar, entre outros aspectos, a relación entre a experiencia galega da emigración e a actitude actual cara á viaxe por parte das escritoras galegas. Á pregunta de se a súa familia vivira a experiencia da emigración, Gómez respondeu coa historia do seu tío-avó Pedro. Porén, a súa era unha historia reconstruída a partir dunhas poucas fotos, escasas conversas familiares e moita fantasía: ‘na miña casa sempre se mantivo un reino de silencio sobre esa persoa’, ‘nas pouquísimas fotos que teño visto de Pedro en Bos Aires hai como “un aire de película” e el parece un “actor de cine”’ (Palacios 2010: 154). Cartas e fotografías son os documentos persoais que máis abundan nos relatos sobre a emigración pero, ao non contar cunha historia de vida en primeira persoa, unha alternativa era restituír esas experiencias da emigración a través das narracións elaboradas por escritoras a partir das fontes orais no seo familiar. Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios 09 No caso da historia de Pedro, merecía análise o silencio que a familia gardara sobre a súa vida por mor do seu exilio tras participar no bando republicano durante a Guerra Civil. Aínda que o silencio familiar sobre os seus membros exiliados fose unha situación frecuente e comprensíbel debido ás represalias sufridas, interesaba indagar na relación entre trauma e testemuño ou, pola contra, silencio, así como a posta en práctica da prohibición, explícita ou implícita, de falar sobre o exiliado.4 Gómez suplía, logo, a falta de relatos familiares coa súa interpretación desinhibidamente fantasiosa das poucas fotografías de Pedro que gardaba a familia. Fronte a unha aproximación historiográfica que puidese desbotar este tipo de reconstrucións dos acontecementos porque están faltas de recordos e sobradas de fantasía, a perspectiva literaria deste estudo descubriu en descricións como a de Gómez un interese suplementario: non só se podería coñecer a relación entre exilio e silencio, senón que se poderían observar os mecanismos psicolóxicos de defensa fronte ao esquecemento e as estratexias narrativas dispoñíbeis para reconstruír a historia do exiliado. Pero para que nacera esta reconstrución da historia de Pedro e dada a ausencia dos relatos familiares, era imprescindíbel un obxecto persoal e a foto era o único documento persoal co que contaba Gómez para elaborar esa historia. Paralelamente ás enquisas ás escritoras galegas, enviáranse outras semellantes a unha serie de escritoras irlandesas, as cales forneceron interesantes historias familiares e, de xeito salientábel, relatos sobre mulleres migrantes. En concreto, a escritora Rita Kelly comentaba como a emigración irlandesa chegou a ser tan elevada que foi percibida como un proceso ‘natural’ e un patrón de vida inevitábel.5 As escritoras irlandesas falaban ademais de nais, tías, avoas e irmás emigrantes e Kelly mesmo salientaba que moitas destas mulleres emigraran soas. Á importancia do vector de xénero nos discursos sobre a migración, tan relevante a este proxecto que daquela se centraba na relación de muller e estranxeiría, uniuse o interese polo papel que desempeñaba a fotografía na produción de relatos sobre a emigración. A fotografía comentada por Kelly na enquisa —a escritora irlandesa reelaborou o texto posteriormente para a súa publicación (Palacios 2016: 157-159)— era a da súa avoa Margaret Rabbitte, quen emigrara soa aos Estados Unidos arredor de 1890. As principais semellanzas entre os relatos de Gómez e Kelly son, por unha parte, a referencia á escaseza de fontes orais directas, aínda que no caso de Kelly non se alude a ningún tipo de tabú sobre a vida da persoa emigrante, e, por outra, ese suplemento imaxinativo polo que as poetas achegan suposicións que elas mesmas recoñecen como de pouca base real. Entre as principais diferenzas é de salientar, por unha banda, o feito de que a protagonista da experiencia migratoria no relato de Kelly sexa unha muller, o que leva a introducir numerosas consideracións sobre as circunstancias específicas da migración feminina no relato, e por outra banda a detallada información antropolóxica que a autora nos dá sobre hábitos e prácticas culturais tanto na terra de orixe como na de destino. Kelly comeza por expresar as súas dúbidas sobre a fiabilidade dunha fotografía para coñecer de veras a personalidade da muller retratada, o cal lle serve de escusa, ou mesmo lexitimación, para especular sobre aspectos varios da vida íntima da súa avoa: ‘The photograph seems very sexy to me. I think this woman had great reserves of sexual energy’ (Palacios 2016: 158). Isto non quere dicir que Kelly deixe voar a imaxinación sen preocuparse polo contexto social e histórico porque, pola contra, o seu relato fornece información moi precisa sobre a dieta rural en Irlanda a Relatos semellantes doutras escritoras galegas e irlandesas, como Marilar Aleixandre e Lia Mills, sobre o silencio familiar arredor da cuestión do exilio leváronme a escribir posteriormente o artigo ‘Exilio e tabú’ (Palacios 2013), no que analizo a relación entre trauma, silencio e o oficio de escritora, así como as diversas estratexias narrativas empregadas polas autoras para pronunciar o impronunciábel e restituír e re-construír a historia do exiliado nun exercicio de responsabilidade moral. 4 Explica Kelly (2010) na súa resposta á enquisa que lle enviei: ‘This is a particular reality for the West of Ireland, where emigration was always high —still continues to be— because of difficult economic circumstances, large families and very little land. […] it becomes a natural process for people to go. They/we grow into that pattern. We feel that if we do not go/leave, then our siblings will’. Reproducido aquí co permiso da escritora. 5 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 10 finais do século xix, sobre a vestimenta e o impacto das modas que viñan de Londres e París, así como sobre os tipos de traballos dispoñíbeis en Estados Unidos para as emigrantes irlandesas. Destes relatos de Lupe Gómez e Rita Kelly resultan de especial interese os seguintes aspectos: a complexa ancoraxe da historia nas fotografías e nos relatos, o reiterado recurso á fotografía para contar as historias da emigración, a relevancia destes documentos persoais e historias individuais para construír a historia colectiva, os diferentes graos de ficción que as autoras decidían incorporar nos seus textos e as posíbeis xustificacións para combinar o relato de base social e histórica coa especulación imaxinativa e, finalmente, os traballos da memoria que, como ben afirma Josefina Cuesta (2014: 34-38), non consisten só no recordo, senón tamén no silencio e o esquecemento. Foi entón cando naceu o proxecto foto-grafías co obxecto de rescatar as experiencias das mulleres migrantes galegas e irlandesas, así como para estimular a produción de discursos sobre elas, porque a nosa obriga desde o ámbito académico non é só estudar o que nos transmitiu a historia senón tamén facilitar os espazos e medios para que se poida restituír e reconstruír o pasado desde o maior número de puntos de vista posíbeis. As especialistas en literatura de viaxes e autobiografía (Siegel 2004; Lawrence 1994; Morris 1993) veñen salientando os efectos das discriminacións de xénero e clase na difusión da experiencia feminina de mobilidade. Moitos dos relatos de mulleres sobre as súas viaxes e desprazamentos víronse restrinxidos ao medio oral, o espazo doméstico e o contexto familiar, xa que as mulleres non contaban ou ben co nivel formativo ou ben co acceso aos medios de publicación e o prestixio intelectual que fixesen perdurar as súas narracións. Kristi Siegel (2004: 2) mesmo sinalou o paradoxo de que algunhas historias de mulleres viaxeiras perdurasen no tempo precisamente porque as escribiran homes intelectuais de prestixio e non as propias mulleres que viviran a experiencia da viaxe. Por esta razón, un dos obxectivos do proxecto foto-grafías foi reconstruír a experiencia das mulleres migrantes para difundila alén da oralidade e do seo familiar por outros medios —a escrita e a fotografía— e noutros espazos —a esfera pública. Ademais das consideracións xa expostas, os obxectivos do proxecto foto-grafías eran os de indagar na intersección de xénero e mobilidade no que respecta ao corpo (idade, sexualidade e reprodución, enfermidade, alimentación, as fames), así como o grao de axencialidade da muller no deseño da viaxe e a percepción que ten dela como experiencia forzosa, ou ben de auto-afirmación, mesmo liberadora. Importantes son tamén as circunstancias que favorecen ou dificultan a viaxe como, por exemplo, os factores económicos, as obrigas familiares, as restricións fronteirizas para mulleres que viaxan soas, con ou sen fillos e, en xeral, o control social sobre a muller e as expectativas arredor do seu comportamento. No tocante á experiencia da migración, cumpría analizar cales eran os momentos seleccionados para o recordo, o estado anímico e afectivo provocado polo desprazamento, o sentimento de pertenza ou alienación na sociedade de destino, os vínculos transnacionais que a emigrante mantén entre a sociedade de orixe e de destino, as motivacións para o retorno, así como as circunstancias das mulleres que quedan agardando pola volta do ou da emigrante —nais, esposas e fillas— (análises dispoñíbeis en Palacios 2014 e Palacios 2016). No presente artigo, serán dous os aspectos de especial relevancia para a análise comparativa que se comentarán máis adiante: a representación e configuración do corpo feminino e o impacto emocional, mesmo traumático, da migración. Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios 11 Con todos eses obxectivos en mente comecei por solicitar a nove escritores e escritoras de Galicia que comentasen a fotografía dunha muller da súa contorna que emigrara e, posteriormente, fixen outro tanto con nove escritoras de Irlanda. Se incluín a escritores galegos neste traballo foi para involucralos tamén neste proxecto feminista de restitución da experiencia das mulleres. Como algún escritor irlandés declinou o convite a participar, propúxenme comprobar se unha mostra exclusivamente feminina ofrecería resultados diferentes dos da mostra mixta galega. Para as dúas mostras escollín a profesionais dos distintos xéneros da escrita (poesía, narrativa, teatro e ensaio) e diferentes idades. O obxectivo do presente artigo é precisamente comparar e contrastar estas colaboracións de escritores e escritoras de Galicia e Irlanda. Corpus galego e irlandés de relatos e fotografias: unha aproximación comparada Para a compilación de relatos galegos, acompañados as máis das veces das fotografías que describen, contouse coa xenerosa colaboración de Luz Pichel (1947), Helena Villar Janeiro (1940), Mario Regueira (1979), Ramón Nicolás (1966), Lorena Souto (1983), Arturo Casas (1958), Martín Veiga (1970), Mercedes Queixas (1968) e María Reimóndez (1975). Como na proposta feita a escritores e escritoras se suxería un enfoque amplo sobre a mobilidade feminina que abranguese non só a emigración senón tamén outras experiencias de desprazamento e viaxe, foron os cinco primeiros autores os que se centraron nas vivencias de mulleres emigrantes, mentres que os catro restantes se referiron a outras experiencias de mobilidade feminina por razóns de traballo, estudos e actos de guerra. Por se trataren de desprazamentos realizados ben en distancias curtas ben polo desexo de viaxar, as catro narracións derradeiras non serían consideradas propiamente historias da emigración. Para a compilación irlandesa, contei coa amábel colaboración das escritoras Paula Meehan (1955), Rita Kelly (1953), Celia de Fréine (1948), Evelyn Conlon (1952), Lorna Shaughnessy (1961), Máighréad Medbh (1959), Catherine Phil MacCarthy (1954), Mary O’Donnell (1954) e Lia Mills (1957). Das nove escritoras irlandesas, seis optaron por se referir a historias de emigración provocadas pola falta de oportunidades laborais en Irlanda, outras dúas comentaron a experiencia de mulleres monxas nas misións católicas, e un derradeiro caso conta o abandono do país de orixe por complexas circunstancias persoais e identitarias. Comparando os tipos de mobilidade nestas colaboracións, pódese afirmar que a súa variedade é semellante nas compilacións galega e irlandesa, se ben o desprazamento das mulleres nas historias irlandesas comporta sempre a viaxe a outros países e mesmo a terras moi distantes. Ao se tratar de mostras reducidas de autores e autoras, as coincidencias nas ocupacións das mulleres migrantes chaman especialmente a atención. Tal é o caso nos relatos de Helena Villar Janeiro e Mario Regueira sobre mulleres que traballaron como amas de cría aleitando os fillos doutras mulleres da burguesía na sociedade de destino, pero debendo para iso deixar na terra de orixe os seus propios fillos (Palacios 2014: 122-124).6 Un caso semellante, por se tratar tamén dunha nai que emigra soa e deixa os fillos no país de orixe ao coidado do home, é o relatado por Luz Pichel (120-122). Pola contra, na compilación de relatos irlandeses non hai ningún caso con esta ocupación de ama de cría e o episodio que se relata de Na discusión deste corpus, todas as citas dos relatos galegos proceden de Palacios 2014, mentres que as dos relatos irlandeses proveñen de Palacios 2016. De agora en diante, as citas galegas e irlandesas levarán só o número de páxina. 6 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 12 muller coidadora dunha anciá non comporta o aspecto traumático de ter que deixar os propios fillos na terra de orixe. Sábese, con todo, que as migrantes irlandesas dominaron o mercado de amas de cría nos Estados Unidos durante o século xix (Golden 2001: 72). A ausencia da figura da ama de cría neste corpus de relatos irlandeses pódese deber ao reducido da mostra, pero consultados en correspondencia privada tanto escritores e escritoras como especialistas en historia e ciencias sociais en Irlanda, evidenciouse a escaseza de estudos en Irlanda sobre esta ocupación, polo que podería haber unha certa amnesia colectiva ante un tema incómodo e silenciado. En calquera caso, a aproximación comparada permite identificar novas cuestións de análise do fenómeno migratorio ao debater nunha comunidade aspectos que semellan esquecidos na outra. Os relatos de Helena Villar Janeiro e Mario Regueira sobre as amas de cría, xa que logo, non só son de gran relevancia en Galicia polo que contan senón tamén en Irlanda polo que alí se cala. A migración galega de mulleres que viaxan soas, deixando home e fillos na terra de orixe, constitúe unha modalidade destacábel do protagonismo da muller nos fluxos migratorios e evidencia a necesidade de estudar a migración feminina alén de categorías máis frecuentes como a da emigración familiar. Tanto Pichel como Villar Janeiro e Regueira comentan de xeito explícito as remesas que estas mulleres enviaban aos seus fogares, salientando así a súa axencialidade económica e xustificando, ao paso, a necesidade de emigrar debido ás penurias sufridas en Galicia: ‘O home dáballe mala vida e ela non podía ver as fillas pasando fame’, di Regueira (123). Outro aspecto a salientar na ocupación de ama de cría é a da considerábel distancia social entre a clase da migrante e a da familia que a emprega. Porén, non se refiren nos relatos galegos situacións de confrontación entre as partes senón, todo o contrario, relacións de afecto, comprensión, apoio e recompensa. Fala Villar Janeiro ‘da señora, que quixo premiar daquela a fidelidade da ama de cría’ (123) e Regueira dinos da súa tataravoa: ‘Choraba polos recantos dunha grande mansión até que o rei de alén mar a escoitou e lle deixou cartos para volver’ (124). Sónia Ferreira (2012: 127) alude ao ‘saudosismo’ ou mitificación da experiencia migratoria e, nestes relatos, parece como se se transmitise, dunha xeración á seguinte, unha certa idealización das relacións entre empregadores e migrantes. Pola contra, Janet Golden (2001: 97) refírese á elevada mortalidade infantil en Estados Unidos, mesmo a finais do século xix, entre os fillos biolóxicos das amas de cría e cualifica como criminal o mercado laboral estimulado polas clases podentes, que salvaban os seus fillos a costa dos das empregadas migrantes, na súa maioría irlandesas. Unha liña de traballo moi frutífera para a análise tanto dos relatos galegos como irlandeses é a dos estudos do trauma, liña especialmente relevante aos estudos da migración, pero que non adoita ser empregada nos mesmos dun xeito explícito. Á hora de identificar as feridas psíquicas na narración do trauma, tal e como suxire Hartman (2003: 257, 259), obsérvase que, no relato de Luz Pichel sobre unha nai que ten que abandonar os seus propios fillos para ir coidar dos alleos noutro continente, abundan as pegadas do trauma: manifestacións deliberadas de pathos (‘Ela nunha caixa grande mercada por Santa Lucía, defunciones’, 122), confesións de culpabilidade (‘Nunca vos tive que tener dejado. Muero triste por iso’, 122), heteroglosia e sinais de conflito lingüístico que o son á vez dun choque cultural, económico e de clase (‘agora voy algo mejor’, 122), confusións intencionadas dos acontecementos (‘Métea no cadaleito, non a mete no cadaleito’, 122) e, finalmente, descualificacións (‘gorda, fea’, 122). Con todo, outros relatos sobre nais separadas das súas crianzas, como o de Helena Villar Janeiro, Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios 13 temperan o dramatismo da situación cunha narración relativamente impersoal (‘Nacera en 1872, casara con Secundino aos 20 anos e tiña agora 34’, 122) e a descrición obxectiva e exhaustiva. Pola súa parte, Mario Regueira contrarresta o pathos dos acontecementos con elementos metaficcionais do conto infantil e a tradición oral (‘no medio das brétemas dos relatos, sempre penso que os presidentes de alén mar son para nós como os reis dos contos’, 124), pero a subxectividade dos xuízos, a indeterminación de feitos e circunstancias que envolven o relato na néboa e a construción dunha heroína valente e protectora dos seus (‘disposta a que ningún home de chapeu nos fixese pasar fame de novo’, 124) favorecen unha lectura emotiva. Afirma R.W. Connell (2005), no seu estudo sobre a masculinidade, que nos países occidentais prósperos os homes están a recibir das mulleres moito apoio emocional sen sentiren a obriga social de corresponder a ese afecto e engade que no caso dos homes ‘a taboo on free expression of emotions, especially vulnerability, continues (this is perhaps now changing)’ (2005: 247). Nos relatos galegos de autoría masculina non é infrecuente atopar a expresión de afectos e emocións. Se ben é certo que o contexto familiar e confesional dos relatos favorece a carga emotiva, atópanse en textos como o de Ramón Nicolás un grao de empatía coa muller desprazada da súa terra natal, unha capacidade tan extraordinaria para se poñer no lugar dela e unha expresión privilexiada dos afectos (‘Quíxome moito e eu a ela tamén’, 127) que revelan un contra-discurso con respecto á tradicional represión das emocións que o patriarcado impón aos homes. Na súa análise do discurso amoroso, Roland Barthes (2007) lamenta o descrédito da sentimentalidade na modernidade, e salienta o poder transgresor de quen se expón a expresar os seus sentimentos. Suzanne Clark (1991) coincide neste potencial transgresor da sentimentalidade e salienta a súa dimensión ética. Refírese Clark á represión do sentimental por parte de escritores e lectores que temen caer nunha especie de ‘maternal indulgence’ (1991: 8). Nos relatos dos escritores galegos da mostra analizada exprésanse desinhibidos sentimentos de unión con figuras maternas, sexan estas avoas, bisavoas ou tataravoas, polo que se pode suxerir que a reconstrución das historias das mulleres migrantes favorece un discurso transgresor fronte ás estratexias patriarcais que pretenden tanto silenciar esas historias como reprimir a expresión dos afectos. Esta sentimentalidade non resulta da práctica colonial de feminización do colonizado tal e como a describe Helena Miguélez- Carballeira (2013) para o caso galego, máis ben todo o contrario porque se trata dun rexeitamento da lóxica colonial e patriarcal na liña da ética da proximidade e os afectos que a mesma Miguélez-Carballeira (2010), seguindo a Eve Kosofsky Sedgwick (2003), expón na introdución á tradución inglesa do poemario Non son de aquí [I Am Not from Here] de María do Cebreiro (2010). Se entre os relatos galegos se daba a coincidencia ocupacional de dúas amas de cría, na compilación irlandesa son dous os relatos sobre monxas enviadas polas súas ordes relixiosas a misións católicas en partes afastadas do mundo, ocupación da que non hai caso ningún na compilación galega. Curiosamente as dúas historias de misioneiras van escritas en verso, porque nalgún momento das súas vidas as autoras Máighréad Medbh e Catherine Phil MacCarthy quixeron homenaxear por medio dun poema a vida aventureira, a personalidade emprendedora e relativamente autónoma, así como o traballo cos grupos desfavorecidos das súas parentes misioneiras. Estas dúas historias permiten barallar a hipótese de que o traballo asistencial nas misións ofrecese a algunhas mulleres unha alternativa á Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 20 Obras citadas ACUÑA, Ana, ed., 2014. Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega (Berlin: Frank & Timme). ALIAGA SÁEZ, Felipe Andrés, ed., 2013. Cultura y migraciones. Enfoques multidisciplinarios (Santiago: Universidade de Santiago de Compostela). BABIANO, José & Ana FERNÁNDEZ ASPERILLA, 2009. ‘Mujeres y trabajo en la emigración española a Europa de los años sesenta’, en Liñares Giraut 2009: 81-100. BALTRUSCH, Burghard, ed., 2013. Lupe Gómez: libre e estranxeira. Estudos e traducións (Berlin: Frank & Timme). BARTHES, Roland, 2007. Le discours amoureux (Paris : Éditions du Seuil). BOLAND, Eavan, 2007. Domestic Violence (Manchester: Carcanet). BOURDIEU, Pierre et al., 1965. Un art moyen. Essai sur les usages sociaux de la photographie (Paris: Éditions de Minuit). BROWN, Laura S., 1995. ‘Not Outside the Range: One Feminist Perspective on Psychic Trauma’, en Caruth 1995: 100-112. CARUTH, Cathy, ed., 1995. Trauma: Explorations in Memory (Baltimore: The Johns Hopkins University Press). CIXOUS, Hélène & Catherine CLÉMENT, 1975. La jeune née (Paris: Union Générale d’Editions). CLARK, Suzanne, 1991. Sentimental Modernism. Women Writers and the Revolution of the Word (Bloomington: Indiana University Press). CONNELL, R.W., 2005. Masculinities (Berkeley: University of California Press). CUESTA, Josefina, 2014. ‘Una aproximación a las memorias’, en Acuña 2014: 17-44. DELANEY, Enda, 2001. ‘Gender and Twentieth-Century Irish Migration, 1921-1971’, en Sharpe 2001: 209-223. FERREIRA, Sónia, 2012. ‘Memória, identidade e género no seio de uma comunidade operária’, en Godinho 2012: 119-132. FRAILE GIL, José Manuel, 2000. Amas de cría (Urueña: Fundación Joaquín Díaz). GABACCIA, Donna, 1996. ‘Women of the Mass Migrations: From Minority to Majority, 1820-1930’, en Hoerder & Moch 1996: 90-111. Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios 21 GODINHO, Paula, coord., 2012. Usos da memória e prácticas do património (Lisboa: Edições Colibri). GOLDEN, Janet, [1996] 2001. A Social History of Wet Nursing in America. From Breast to Bottle (Columbus: Ohio State University Press). GÓMEZ, Lupe, 2001. Fisteus era un mundo (Vigo: Promocións Culturais Galegas). GUIBERNAU, Montserrat & John REX, eds., 2010. The Ethnicity Reader. Nationalism, Multiculturalism & Migration (Cambridge: Polity Press). HARTMAN, Geoffrey H., 2003. ‘Trauma within the Limits of Literature’, European Journal of English Studies 7(3): 257-274. HARZIG, Christiane, 2001. ‘Women Migrants as Global and Local Agents. New Research Strategies on Gender and Migration’, en Sharpe 2001: 15-28. HENKE, Suzette A., 1998. Shattered Subjects: Trauma and Testimony in Women’s Life-Writing (London: Macmillan). HERNÁNDEZ BORGE, Julio & Domingo L. GONZÁLEZ LOPO, eds., 2008. Mujer y emigración: una perspectiva plural (Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela). HOERDER, Dirk & Leslie P. MOCH, eds., 1996. European Migrants: Global and Local Perspectives (Boston: Northeastern University Press). JEFATURA DEL ESTADO (Gobierno de España), 2015. ‘Ley Orgánica 11/2015, de 21 de septiembre, para reforzar la protección de las menores y mujeres con capacidad modificada judicialmente en la interrupción voluntaria del embarazo’, Boletín Oficial del Estado, Nº 227, Sección I: 83586-83587. KELLY, Rita, 2010. Resposta á enquisa sobre migración e viaxe enviada por Manuela Palacios. 16 de maio. Sen publicar. KOSOFSKY SEDGWICK, Eve, 2003. Touching Feeling: Affect, Pedagogy, Performativity (Durham & London: Duke University Press). KRISTEVA, Julia, 1985. ‘Stabat Mater’, trad. Arthur Goldhanner, Poetics Today 6 (1/2): 133-152. LAWRENCE, Karen R., 1994. Penelope Voyages. Women and Travel in the British Literary Tradition (Ithaca & London: Cornell University Press). LILLO, Natacha, 2004. ‘Espagnoles en banlieu rouge. L’intégration à travers le parcours des femmes (1920-2000)’, Les Cahiers du CEDREF 12: 191- 209. Eds. Zaidman & Bachelet. http://cedref.revues.org/557. Consulta 25-09-2015. LIÑARES GIRAUT, Amancio, coord., 2009. El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas (Vigo: Grupo España Exterior). Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 22 LORENZO MODIA, María Jesús, ed., (2016). Ex-sistere: Women’s Mobility in Contemporary Irish, Welsh, and Galician Literatures (Cambridge: Cambridge Scholars Publishing). MARÍA DO CEBREIRO, 2010. I Am Not from Here, trad. Helena Miguélez- Carballeira (Exeter: Shearsman). MIGUÉLEZ-CARBALLEIRA, Helena, 2010. ‘“I am not from here”: A Translation for María do Cebreiro’, en María do Cebreiro 2010: 7-14. __, 2013. Galicia, a Sentimental Nation. Gender, Culture and Politics (Cardiff: University of Wales Press). MILES, Margaret, 1986. ‘The Virgin’s One Bare Breast: Female Nudity and Religious Meaning in Tuscan Early Renaissance Culture’, en Suleiman 1986: 193-208. MOROKVASIC, Mirjana, 1984. ‘Birds of Passage Are Also Women’, International Migration Review 18 (4): 886-907. MORRIS, Mary, ed., 1993. Maiden Voyages: Writings of Women Travelers (New York: Vintage Books). MULDOWNEY, Mary, 2012. ‘“Very Humiliating for the Country”: Differing Perspectives on the Emigration of Irish Women to Britain during the Second World War’, en Ó hAodha & O’Callaghan 2012: 55-71. NOGUEIRA, María Xesús, 2014. ‘Apuntamentos Nómades. Viaxe e literatura nas escritoras galegas’, en Acuña 2014: 153-177. Ó HAODHA, Mícheál & John O’CALLAGHAN, eds., 2012. Narratives of the Occluded Irish Diaspora. Subversive Voices (Oxford: Peter Lang). PALACIOS GONZÁLEZ, Manuela, 2010. ‘Con Lupe Gómez en Santiago de Compostela. A escritora e a viaxe’, Boletín Galego de Literatura 44: 153-162. Entrevista. Reproducida en Baltrusch 2013: 151-157 __, 2013. ‘Exilio e tabú’, en Aliaga 2013: 127-137. __, 2014. ‘Cuestión de enfoque: fotografía, muller e viaxe’, en Acuña 2014: 117-152. __, (2016). ‘Stand Still: Photographs of Irish Migrating Women’, en Lorenzo Modia 2016: 154-188. RODRÍGUEZ GALDO, María Xosé, 2009. ‘Lugar y presencia de las mujeres españolas en la emigración exterior’, en Liñares Giraut 2009: 17-38. SARASÚA, Carmen, 2001. ‘Leaving Home to Help the Family? Male and Female Temporary Migrants in Eighteenth- and Nineteenth-Century Spain’, en Sharpe 2001: 29-59. Galicia 21 Issue F ‘14–‘15 Foto-grafías: mulleres migrantes galegas e irlandesas Manuela Palacios 23 SHARPE, Pamela, ed., 2001. Women, Gender and Labour Migration. Historical and Global Perspectives (London & New York: Routledge). SIEGEL, Kristi, ed., 2004. Gender, Genre, & Identity in Women’s Travel Writing (New York: Peter Lang). SIMON, Rita J. & Caroline BRETELL, eds., 1986. International Migration: the Female Experience (Totowa, NJ: Rowman & Allanheld). SONTAG, Susan, 1977. On Photography (New York: Farrar, Straus & Giroux). 1981. Sobre la fotografía, trad. Carlos Gardini (Barcelona: Edhasa). SOUTO, Lorena, 2013. Mensaxe electrónica á autora. 26 de marzo. SULEIMAN, Susan Rubin, ed., 1986. The Female Body in Western Culture: Contemporary Perspectives (Cambridge & London: Harvard University Press).