scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Caderno IV. California dreamin’ (on such a winter’s day). Conexión norteamericana: dous poemas de Julian Palley traducidos do inglés ao galego

Vladu, Adina Ioana

Full text

56 | EVOHÉ Caderno IV. California dreamin’(on such a winter’s day). Conexión norteamericana Dous poemas de Julian Palley traducidos do inglés ao galego por ADINA IOANA VLADU ulian Palley (California, 1925-2014) foi poeta en inglés e hispanista estadounidense. Publicou obras sobre o grupo do 27 -en especial Salinas e Guillén-, poesía mexicana -en particular Rosario Castellanose narrativa española e hispanoamericana. Estudou o anxo e o eu na poesía de José Ángel Valente, a quen convidou a realizar varias actividades literarias e docentes na Universidade de California-Irvine, onde exerceu moitos anos como profesor. Ademais, traduciu do galego ao inglés poemas de Claudio Rodríguez Fer recollidos no libro Deathless Loves (Amores sen morte). O CARRÁN Contemplo o carrán no seu picado nas augas da baía, a ver visións que o ollo humano non ve, e logo ascender ás veces cunha presa no peteiro, e outras veces non, sempre disposto a afundirse unha e outra vez, ou ben a garza verde, sosegada nas augas docemente ondeantes, co sol sobre o plumaxe na longa espera inmóbil de horas e horas, acaso, ata albiscar a presa: será mellor empregar, coma o carrán, todo o enxeño e ímpeto no intento, para logo ascender en novas cazarías, ou ben, cal garza, agardar quedo nas augas pouco profundas da orela que emerxan de entre as sombras peixes? THE TERN Watching the tern dive bomb into the bay’s surface, seeing what is hidden to our eyes, then ascending at times with a catch in its beak, at times without, and then position to dive again and again, or like the green heron, quiet in the gently moving water, taking the sun on its feathers as it waits perhaps for hours and hours, unmoving, for the prey to appear before its vision: is it better, like the tern, to strive with all skill and strength, then to ascend to hunt again, or, like the heron, to wait motionless on the shallow shore for the shadowy fish to appear? J José Ángel Valente | 57 Fondo: VERMEER, J.; Moza con colar de perlas (1664). VERMEER Non hai mapa, ningunha sombra hai. A habitación, baleira, inalterada. A luz dunha xanela docemente inunda o rostro virado cara arriba. As dobras do vestido con forro de armiño reciben o toque constante do sol. Os ollos, mirando cando un espello, cando a xanela, deixan entender unha inocencia ensimesmada, un orgullo da propia beleza, un afago de perlas. O mundo chama de detrás das cores da vidreira. A ventá que aprisiona e á vez protexe, deixa pasar un intercambio mudo coa rúa buliciosa. A mirada do artista acariña a figura da muller que sente o corpo tomado pola luz. Os brazos nus, alzados, destellan os reflexos destes raios. O brocado da cadeira espella os dedos do sol. A súa arte toda un xogo sobre a muller, a luz e a xanela. O sol prosegue a longa discusión coa parede. There is no map no shadow cast. The bare room is undisturbed. Light from a window softly bathes her upturned face. Folds of her dress, its ermine lining, receive the sun’s insistent touch. Her eyes, half focused on a mirror, half on the window, insinuate a self centered innocence, pride in her beauty, a flattery of pearls, The world beckons through the stained glass. The window that imprisons as it shelters, allows mute commerce with the busy street. The artist’s gaze caresses the young woman as she senses the light enter her body. Her naked upraised arms hold a glisten that returns its rays. The chair’s brocade picks up the sun’s fingers. All his art a play of woman, light and window. The sun pursues its long argument with the wall.