scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Ciencias da Educación

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (Aprobado en Xunta de Facultade o 16-12-04 e ratificado en Consello de Goberno o 17-02-05) TÍTULO PRELIMINAR TÍTULO I. DA XUNTA DE FACULTADE Capítulo I. Do Pleno da Xunta de Facultade Capítulo II. Do funcionamento da Xunta de Facultade Capítulo III. Da Comisión Permanente da Xunta de Facultade Capítulo IV. Das Comisións Delegadas Sección I. Normas xerais Sección II. Das Comisións de carácter estábel TÍTULO II. DA ELECCIÓN E REVOGAMENTO DO DECANO OU DECANA Capítulo I. Da elección do Decano ou Decana Capítulo II. Da revogación do Decano ou Decana TÍTULO III. A REFORMA DO REGULAMENTO DISPOSICIÓNS ADICIONAIS DISPOSICIÓN FINAL TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1.- A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela é un centro universitario que asume e desenvolve a organización das ensinanzas e dos procesos académicos, administrativos e de xestión conducentes á obtención dos títulos oficiais que ten encomendados. Poderá tamén impartir ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos. As ensinanzas que se impartan teñen como finalidade a preparación para o exercicio de actividades profesionais especializadas nos ámbitos educativos, e de prestar un apoio ao progreso cultural e educativo da sociedade galega. 2. A Facultade de Ciencias da Educación, para o cumprimento das funcións que lle confiren a L.O.U. e os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, rexerase polo presente regulamento. Artigo 2 Consonte co proceso de normalización plena da lingua galega, os órganos de xestión e de goberno desta Facultade asumen o idioma galego nas súas manifestacións oficiais, así coma nos seus impresos e documentos. A Facultade promoverá o uso da lingua propia de Galicia no ensino e máis en todas as actividades do centro. Artigo 3 De acordo co artigo 56 dos Estatutos da Universidade de Santiago, son funcións da Facultade as seguintes: A elaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas polo centro e a participación na elaboración daqueloutras compartidas por varios centros. A organización e a xestión dos servizos docentes que lle correspondan. A coordinación, a supervisión e o control da actividade docente na Facultade, e a participación nos procedementos que estableza a universidade para a avaliación da calidade docente. A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula. A promoción de programas de intercambio. A promoción e posta en marcha de medidas para a realización de prácticas externas A realización de actividades de xestión académica que lle encomende a universidade. A administración dos servizos, equipamentos e recursos do centro e o control da súa calidade. O coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro. A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia. A promoción de estudos de postgrao. TÍTULO I. DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 4 A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro e como tal, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Artigo 5 A Xunta de Facultade actúa en Pleno ou en Comisión Permanente. Tamén poderá dotarse de Comisións Delegadas que a asesoren e asistan nas súas funcións, e que poderán ser estábeis ou conxunturais. Artigo 6 A asistencia ás sesións do pleno da Xunta de Facultade constitúe un dereito para tódolos seus membros. Para o cumprimento desta función quedan dispensados de calquera outra actividade universitaria polo tempo que duren as sesións da Xunta. CAPÍTULO I. DO PLENO DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 7 A composición do Pleno da Xunta de Facultade estará composta por: - O Decano que a presidirá e convocará - Os Vicedecanos - O Secretario/a, que o será tamén do Pleno da Xunta - O persoal docente e investigador e investigadores en formación con docencia no centro e censado nel, ou non censado que teña neste un encargo de docencia igual ou superior a nove créditos, distribuído do seguinte xeito: Todo o persoal funcionario docente que representará o 51% da Xunta de Facultade - O persoal docente e investigador a tempo parcial, que representará o 5% - O resto de persoal docente e investigador ou investigadores enformación (profesorado axudante doutor, profesorado colaborador, profesorado contratado doutor, profesorado asociado e visitante) que representará o 9% Unha representación do estudantado do 30% do que o 25% será do 1º e 2º ciclo e o 5% do 3º ciclo - Unha representación do persoal de administración e servizos censados no centro, nunha proporción do 5% do total da Xunta e cun mínimo de dous. Todos os representantes elexidos serano cada dous anos polos mesmos sectores aos que representan, agás os estudantes, que o serán cada ano. Non obstante o anterior, cando o persoal docente e investigador non funcionario, non exceda do 14% formará parte da Xunta sen necesidade de elección. En caso de exceder desa porcentaxe, se o persoal docente e investigador non funcionario a tempo completo non excede do 9% formará parte da Xunta sen necesidade de elección e igualmente o persoal docente e investigador a tempo parcial se non excede do 5%. Artigo 8 A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumplir os requisitos demandados ao sector polo que se foi elexido. Nese caso o seu posto será ocupado, ata o final do período, por quen obtivese máis votos no mesmo sector ou subsector, sempre que cumpra os requisitos, do contrario permanecerá vacante ata que se celebren novas eleccións. Artigo 9 Son competencias do Pleno da Xunta de Facultade, de acordo cos artigos 101 e 102 dos Estatutos da Universidade, as seguintes: a). A elección do Decano ou Decana, de entre os profesores doutores pertencentes a corpos docentes universitarios censados na Facultade, e se é o caso, a súa revogación. b). A elaboración e a aprobación do seu Regulamento de Réxime Interno. c). A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro. d). A elaboración e a aprobación dos proxectos de planos de estudos das titulacións radicadas no centro, consonte coa lexislación vixente e coas normas xerais emanadas do claustro universitario. e). A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións, a creación de Escolas de Especialización Profesional dependentes do centro e a organización de cursos e estudos de postgrao. f). A organización de servicios docentes para a obtención de títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento. g). A programación dos servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión. h). A distribución das asignacións orzamentais concedidas ao centro e o control da súa aplicación. i). O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación. l). A organización de actividades de formación permanente e de extensión. m). A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades. n). A creación de cantas Comisións Delegadas estime oportunas . o). O pronunciamento sobre aqueles asuntos que lle sexan sometidos polo Decanato ou a Comisión Permanente. p). A emisión de informes sobre o cumprimento das obrigas docentes do profesorado cando sexan solicitadas para o recoñecemento dos quiquenios docentes q). Calqueroutra competencia que lle atribúen os Estatutos da Universidade. CAPÍTULO II. DO FUNCIONAMENTO DO PLENO DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 10 O Pleno da Xunta de Facultade convocarao o Decano ou Decana ou na súa ausencia, un Vicedecano ou Vicedecana, con carácter ordinario polo menos unha vez por trimestre, e con carácter extraordinario a iniciativa do Decano ou Decana ou a pedimento de: a) Un tercio dos seus membros independentemente do sector ao que pertenzan b) A maioría simple da Comisión Permanente Nestes casos incluiranse necesariamente os puntos da orde do día que se soliciten Artigo 11 1. Na convocatoria deberá constar a orde do día, data, hora e lugar da reunión. A convocatoria deberá ser entregada, cando menos con setenta e dúas horas de anticipación correspondentes a días hábiles, excepto no caso de Xunta Extraordinaria e Urxente, que será con corenta e oito horas de anticipación. 2. Na convocatoria ordinaria, a documentación ou información relacionada directamente cos asuntos da convocatoria, que impliquen toma de decisións, deberán estar ó dispor dos membros da Xunta, cunha antelación de corenta e oito horas. Artigo 12 1. A orde do día será elaborada polo Decano ou Decana, asistido polo Secretario ou Secretaria e mailo equipo decanal. Nela figurarán as mencións de aprobación da Acta da sesión anterior, asuntos de trámite, peticións e preguntas (agás que a Xunta se convoque con carácter extraordinario, para a elección de Decano ou Decana, ou para a súa revogación). 2. Na orde do día incluiránse as propostas de puntos a tratar sempre que así o solicite a maioría simple da Comisión Permanente ou un tercio dos membros da Xunta de Facultade sempre que non se teña realizado aínda a convocatoria. De terse realizado incluiránse na seguinte convocatoria da Xunta. Artigo 13 1. O pleno da Xunta de Facultade constituirase válidamente en primeira convocatoria coa asistencia da metade dos seus membros, e en segunda convocatoria, que se celebrará media hora despois, aínda que non se diga expresamente, coa presencia dun vinte por cento dos seus membros. En ámbolos dous casos requerirase a presencia do Decano ou Decana e do Secretario ou Secretaria, ou, no seu caso, dos que os sustituan. 2. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, agás que estean presentes tódolos membros da Xunta e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorábel da maioría. Artigo 14 1. O Pleno da Xunta de Facultade será presidida polo Decano ou Decana ou quen faga as súas veces, asistido dunha mesa integrada polos Vicedecanos e Secretario/a. 2. O Decano ou Decana dirixe e ordena o desenvolvemento dos debates. 3. A mesa, tendo en conta a opinión da Xunta de Facultade, interpretará o presente Regulamento en casos de dúbida ou omisión. Tamén decidirá sobre calquera outra cuestión que se lle encomende no presente Regulamento, ou que o Decano ou Decana lle consulte. Artigo 15 1. As decisións pódense tomar por asentimento ou por votación. Para axilizar o procedemento, as votacións poderán ser públicas e a man alzada, ou secretas (cando así sexa solicitado). Serán secretas, en todo caso, cando afecten a persoas concretas. 2. Non se admitirá a delegación de voto nin en membros da Xunta nin en persoas alleas. Tampouco será admitido o voto anticipado. Artigo 16 1. Unha vez debatido un punto da orde do día terá lugar, se procede, a votación, na que só os presentes poderán participar. A votación decidirase por maioría simple, bardante os casos contemplados no apartado 3 deste artigo e no artigo 40. 2. Para a toma de acordos requerirase a presencia do Decano ou Decana e do Secretario ou Secretaria, ou no seu caso, dos que os sustitúan e non poderá realizarse a votación sen a presencia dun vinte por cento dos membros da Xunta de Facultade; unha vez iniciada a votación, ninguén poderá entrar ou saír da sala en tanto aquela non remate. 3. De existiren unicamente dúas propostas, efectuarase unha votación entre ámbalas dúas. Aprobarase a que acade a maioría dos votos 4. De haber máis de dúas propostas, efectuarase unha primeira votación conxunta de todas elas. Posteriormente procederase a unha segunda votación entre as dúas máis votadas, seguindo o procedemento do apartado 3 deste mesmo artigo. 5. En caso de empate, despois dun turno limitado a un dos promotores de cada proposta, procederase a unha nova votación, despois do que, de persistir o empate, decidirá o voto de calidade do Decano ou Decana. Artigo 17 A Xunta de Facultade arbitrará os mecanismos necesarios para que os diversos sectores da mesma estean puntualmente informados dos acordos que se adopten tanto no Pleno da Xunta coma nas Comisións. Artigo 18 1. A Secretaría do Pleno da Xunta será desempeñada polo Secretario ou Secretaria da Facultade que, na súa condición de fedatario ou fedataria dos actos e acordos daquela, levantará Acta de cada sesión. Nos supostos de imposibilidade de asistencia por parte do Secretario ou Secretaria, fará as súas veces outro membro da Mesa da Xunta, mediante designación decanal. 2. En cada Acta especificaranse necesariamente: a) Os membros da Xunta de Facultade, nominalmente designados, que asistiron á sesión, engadindo as súas ausencias comunicadas. b) A orde do día da sesión. c) As circunstancias de lugar e tempo nas que se celebrou. d) Os puntos principais das deliberacións. e) O contido íntegro dos acordos, especificando o número de votos favorábeis a cada unha das propostas. 3. Na Acta figurará, previa a solicitude dos respectivos membros da Xunta, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifican, ou o sentido do seu voto favorábel. Así mesmo, calquera membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que aporte no acto, ou no prazo que sinale a mesa, o texto correspondente. 4. Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular por escrito voto particular, no prazo de corenta e oito horas; voto que se incorporará ao texto aprobado. En todo caso, deberán anunciar a intención do voto particular na propia sesión. 5. Cada Acta será asinada polo Secretario ou Secretaria -ou quen faga as súas veces-, co Visto e Prace do/a Presidente efectivo da sesión. 6. As Actas aprobaránse na seguinte sesión ordinaria da Xunta de Facultade, coas modificacións propostas previamente por escrito polos membros da Xunta, e aprobadas por esta, que reflictan máis adecuadamente o desenvolvemento da sesión. Artigo 19 1. As Actas, unha vez aprobadas, quedarán baixo a custodia do Secretario ou Secretaria da Facultade, e poderán ser consultadas na súa presencia por calquera membro da Xunta de Facultade. 2. Calquer membro da Facultade poderá solicitar por escrito certificación dos acordos da Xunta de Facultade. As certificacións expedidas polo Secretario/a da Xunta, co Visto e Prace do Decano ou Decana só darán fe dos acordos aprobados pola Xunta. Con anterioridade á preceptiva aprobación da Acta tamén poderán emitirse certificacións sobre os acordos que se adoptaron, facéndose constar neste caso tal circunstancia. CAPÍTULO III. DA COMISIÓN PERMANENTE DA XUNTA DE FACULTADE Artigo 20 1. A Comisión Permanente da Xunta de Facultade estará integrada por: a) O Decano ou Decana. b) Os Vicedecanos ou Vicedecanas. c) O Secretario ou Secretaria, que o será tamén da Comisión Permanente. d) Unha representación proporcional dos distintos sectores integrantes da Xunta, non podendo exceder o número total dos seus membros dun tercio dos membros da Xunta de Facultade. 2.- A representación dos distintos sectores será o 51% en representación do Persoal docente e investigador funcionario; o 5% do persoal docente e investigador a tempo parcial; o 9% do resto do Persoal docente e investigador e investigadores en formación; o 25% en representación dos estudantes de 1º e 2º ciclo; o 5% en representación dos estudantes de 3º ciclo e o 5% en representación do Persoal de Administración e Servizos Artigo 21 A Comisión Permanente será elixida entre os membros da Xunta de Facultade. Todos os representantes na Comisión Permanente será elixidos polos mesmos sectores aos que representan. O período no que desempeñarán o seu posto será o mesmo que o establecido para ser membro do Pleno da Xunta de Facultade. Artigo 22 A Comisión Permanente é competente para: Coñecer e decidir sobre os asuntos de trámite. Coñecer e adoptar acordos sobre calquera asunto que, sendo competencia da Xunta e non estando reservado expresamente ao Pleno, lle fora delegado por este. Asesorar en toda as cuestións que o Decano ou Decana lle someta no exercicio das súas competencias. Coñecer e decidir sobre os asuntos que lle sexan presentados polas Comisións Delegadas e elevalos, no seu caso, ao Pleno. Artigo 23 En canto o Pleno da Xunta de Facultade non se pronuncie en sentido contrario, enténdese que delega as súas competencias na Comisión Permanente, agás as que se mencionan nas letras a), b), c), d), e), h), n) e o) do art. 9 deste Regulamento, que establece as competencias da Xunta de Facultade e que non poderán ser delegadas. Artigo 24 O Decano ou Decana da Facultade informará ao Pleno da Xunta de Facultade na primeira sesión que este celebre con posterioridade á última celebrada pola Comisión Permanente, de todas as actuacións da Comisión. Artigo 25 1. A Comisión Permanente constituirase válidamente en primeira convocatoria coa asistencia da metade dos seus membros, e en segunda convocatoria, que se celebrará media hora despois, aínda que non se diga expresamente, coa presencia dun vinte por cento dos seus membros. En ámbolos dous casos requerirase a presencia do Decano ou Decana e do Secretario ou Secretaria, ou, no seu caso, dos que os sustituan. 2. A Comisión Permanente reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez cada dous meses, e con carácter extraordinario sempre que o Decano ou Decana o considere oportuno, ou a pedimento de un tercio dos membros da Comisión Permanente. 3. A convocatoria ordinaria da Comisión Permanente farase como mínimo con 48 horas de antelación. En todos os demais aspectos referidos ao funcionamento da mesma, estarase ao previsto neste Regulamento para o Pleno da Xunta de Facultade. 4. Previa solicitude razoada ao Decano ou Decana da Facultade, calquera membro da Xunta de Facultade poderá intervir ante os e as compoñentes da Comisión Permanente, en relación con algún dos asuntos da orde do día, tendo dereito a ser escoitado, sempre e cando se informe ao respecto no inicio da sesión, e sexa aceptado por maioría. 5. A representación dos diversos sectores na Comisión Permanente rexirase polo establecido no Regulamento electoral da Universidade 6. Os membros da Comisión Permanente cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros da Xunta e, tanto se demiten como se cesan, ocuparán os postos vacantes os seguintes da lista de candidatos presentados no seu momento. De non existir, procederase á elección do substituto dentro do sector correspondente, no prazo de tempo máis breve posíbel. CAPÍTULO IV. DAS COMISIÓNS DELEGADAS SECCIÓN 1: Normas xerais Artigo 26 1. O Pleno da Xunta de Facultade creará Comisións Delegadas. A súa función é emitir informe, coordenar, estudiar e elaborar propostas de carácter operativo sobre os asuntos que este regulamento ou os órganos competentes de goberno da Facultade lles encomenden. Para o desempeño dos seus cometidos, as comisións contarán coa colaboración do persoal de Administración adscrito á Facultade. 2. As Comisións Delegadas poderán ser de carácter estábel ou conxuntural. As Comisións de carácter estábel serán renovadas cada vez que haxa eleccións ao Decanato. 3. As Comisións de caracter estábel serán a Académica; a de Asuntos Económicos, de Administración e Servicios; a de Validacións; a de Actividades Culturais; a de Coordinación do Prácticum, e a de Normalización Lingüística. A Comisión de Biblioteca da Facultade rexerase polo Regulamento da Biblioteca Universitaria, segundo o art. 150.3 dos Estatutos da Universidade de Santiago ao non establecerse unha regulación directa por este Regulamento. 4. Á marxe destas Comisións de carácter estábel, o Pleno da Xunta de Facultade poderá decidir a creación de Comisións de carácter conxuntural para resolveren sobre situacións puntuais ou asuntos concretos. Artigo 27 1. Os membros das Comisións Delegadas teñen que ser membros do Pleno da Xunta de Facultade. Sen embargo, estas Comisións poden invitar a outras persoas a participaren nelas, con voz mais sen voto, sempre que a decisión sexa adoptada maioritariamente. 2. Os membros das Comisións Delegadas serán elixidos por cada un dos sectores no Pleno da Xunta de Facultade. Ademais dos compoñentes especificados para cada caso, elixidos por sectores en listas abertas e votando como máximo dous tercios dos postos a cubrir, formará parte delas o Decano ou Decana - ou a persoa do equipo decanal en quen delegueque será quen presida. 3. Cada Comisión elixirá ao seu Secretario ou Secretaria. Artigo 28 1. Para a asistencia e participación nas Comisións Delegadas, todos os seus membros serán convocados por escrito cunha antelación de setenta e duas horas, e nos casos de urxencia, apreciados polo seu Presidente ou Presidenta, cunha antelación de corenta e oito horas de acordo co establecido no artigo 11 deste Regulamento. 2.- As Comisións Delegadas constituranse en primeira convocatoria coa maioría dos seus membros e en segunda convocatoria, que será media hora máis tarde, coa presencia dun tercio dos seus membros 3. As Comisións Delegadas adoptarán os seus acordos, informes, propostas e recomendacións por maioría simple, sendo preciso que en todo o momento da súa actuación exista o quorum sinalado no punto anterior. SECCIÓN 2. Das comisións de carácter estábel Artigo 29 1. A Comisión Académica estará composta polo Decano ou Decana -ou membro do equipo decanal en quen delegue-, seis membros do profesorado, catro do alumnado -un ou unha deles pertencente ao terceiro ciclo-, un membro do personal de Administración e Servicios, e un ou unha do persoal investigador en formación. 2. Correspóndelle á Comisión Académica todo o relacionado co desenvolvemento da actividade docente e co coñecemento da actividade investigadora realizada polo profesorado e os departamentos adscritos ao Centro, agás a resolución de validacións ou adaptacións de estudos. 3. En particular, informará sobre a reforma e seguemento dos planos de estudos, coñecerá e informará sobre calendarios de exames e horarios, coñecerá e informará sobre a programación das materias correspondentes ás titulacións radicadas no Centro, analizará e promoverá a mellora da calidade didáctica e desenvolverá aqueloutras funcións que expresamente lle sexan delegadas polo Pleno da Xunta. 4. O rendemento académico do estudantado ha de ser avaliado mediante criterios que figuren de modo explícito na programación de cada materia. Calquera alumno ou alumna ten dereito á revisión dos exames, tanto parciais como finais na súa presenza e dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados seguindo o procedemento establecido no artigo 17 da “Normativa básica para a ordenación do proceso de ensino/aprendizaxe e avaliación do rendemento”. 5. En canto ao estudo e resolución das reclamacións do alumnado sobre as cualificacións académicas, atenderase ao disposto no artigo 38 dos Estatutos da Universidade, na “Normativa básica para a ordenación do proceso de ensino/aprendizaxe e da avaliación do rendemento académico dos estudantes” e na “Normativa para articular os procedementos extraordinarios de avaliación e a revisión das cualificacións”, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade e as normas que poidan ser de aplicación no futuro. Artigo. 30 A Comisión de Validacións estará integrada por catro profesores, o Decano ou persoa en quen delegue, o Secretario ou Secretaria do Centro, tres membros do alumnado, dos cales un será do