scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Concrescencia e noción, a epistemoloxía fundamental de A.N. Whitehead e A. Amor Ruibal

Vila Rivas, Claudia Helena

Full text

1 Concrescencia e noción: A epistemoloxía fundamental de A. N. Whitehead e A. Amor Ruibal 2 Por: Claudia H. Vila Director: Andrés Torres Queiruga Dpto. de Filosofía e Antropoloxía Social Universidade de Santiago de Compostela 3 Lista de abreviaturas O emprego de abreviaturas circunscríbese ós títulos das obras de Whitehead e de Amor Ruibal que sinalan a procedencia das citas. Por razóns de coherencia lingüística e de cortesía expositiva, optouse por traducir tódalas citas ó galego, sempre a partir do texto orixinal. No caso de Whitehead, por se tratar do autor que constitúe o obxecto de estudo principal deste traballo, ofrécese asemade en nota ó pé a pasaxe correspondente en inglés. Abreviaturas para as obras de Whitehead Autobiog. ....... ‘Autobiographical Notes’, en SCHILPP, P. A. (ed.), The Philosophy of A. N. Whitehead, La Salle (Ill.), Open Court Publishing Company, 1991, pp. 3-14. AI ....... Adventures of Ideas (New York, The Free Press, 1967). CN ....... The Concept of Nature (Cambridge and New York, Cambridge University Press, 2000). FR ....... The Function of Reason (Boston, Beacon Press, 1958). Imm. ....... ‘Immortality’, en SCHILPP, P. A. (ed.), op. cit., pp. 682-700. MG ....... ‘Mathematics and the Good’, en ibíd., pp. 667-681. MT ....... Modes of Thought (New York, The Free Press, 1968). PR ....... Process and Reality: an Essay in Cosmology (New York, The Free Press, 1985). RM ....... Religion in the Making (Australia, Web Publication by Mountain Man Graphics, 2001). SME ....... Symbolism: Its Meaning and Effect (New York, Fordham University Press, 1985). SMW ....... Science and the Modern World (New York, The Free Press, 1997). Abreviaturas para as obras de Amor Ruibal Prbls. ....... Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, indicándose en cada caso o tomo correspondente das edicións de 19721974, 1993-1999 e, no caso do vol. X, de 1934. 4 XII Wolle die Wandlung. O sei für die Flamme begeistert, drin sich ein Ding dir entzieht, das mit Verwandlungen prunkt; jener entwerfende Geist, welcher das Irdische meistert, liebt in dem Schwung der Figur nichts wie den wendenden Punkt. Was sich ins Bleiben verschliesst, schon ists das Erstarrte; wähnt es sich sicher im Schutz des unscheinbaren Grau’s? Warte, ein Härtestes warnt aus der Ferne das Harte. Wehe -: abwesender Hammer holt aus! Wer sich als Quelle ergiesst, den erkennt die Erkennung; und sie fürht ihn entzückt durch das heiter Geschaffne, das mit Anfang oft schliesst und mit Ende beginnt. Jeder glückliche Raum ist Kind oder Enkel von Trennung, den sie staunend durchgehn. Und die verwandelte Daphne will, seit sie Lorbeern fühlt, dass du dich wandelst in Wind. XII Arela o troco. Déixate inflamar pola lapa que algo de ti arrebata facéndoo escintilar na transformación. Os espíritos creadores que dominan a terra Nada aprecian máis na figura que o punto de inflexión. Aquilo que se aferra á permanencia, eis que está xa irto. ¿Seica se coidara seguro ó abeiro da nimiedade do gris? Agarda: durísimo aviso chega dende o remoto da dureza. ¡Ai de quen! ¡O martelo inminente vén de se erguer! Quen mana de si como fonte, é recoñecido polos coñecedores, e fascinado é conducido a través da creación gozosa que acotío remata cun principio e encomeza cun final. Cada espazo é neto ou fillo venturoso dunha separación que o suca marabillada. E Dafne, transfigurada, arela, pois se sente loureiro, que te tornes ti vento. RAINER MARIA RILKE, Die Sonette an Orpheus, Wiesbaden, Insel, 1964. 5 Wherever ideas are effective, there is freedom. The speculative methods of metaphysics are dangerous, easily perverted. So is all Adventure; but Adventure belongs to the essence of civilization1. 1 “Aló onde as ideas son operativas, hai liberdade”. “Os métodos especulativos da metafísica son perigosos e resulta doado corrompelos. Así ocorre en toda Aventura. Pero a Aventura pertence á esencia da civilización” (AI, 65 e 295). Índice 1. Presentación ....... 6 1.1. Introdución ....... 6 1.2. Método expositivo ....... 10 2. A función da filosofía: Entre o rigor positivo da ciencia e a cordialidade da evidencia vivida ....... 11 2.1. Ciencia e filosofía: A metafísica como raiceira da “árbore do saber” ....... 14 2.2. A filosofía e as fontes orixinarias da evidencia ....... 17 2.3. O problema da adecuación da linguaxe ....... 19 2.4. A filosofía e a aventura da civilización ....... 24 3. A crítica dos paradigmas modernos e a viraxe organicista da filosofía do proceso ....... 28 3.1. A crítica da filosofía da abstracción ....... 30 3.1.1. A noción clásica de substancia e a falacia da concretez fóra de lugar ....... 30 3.1.1.1. Formulación xeral da cuestión ....... 30 3.1.1.2. As aporías contraintuitivas do determinismo materialista ....... 34 3.1.1.3. O dobre gume da abstracción ....... 37 3.1.2. As teorías da bifurcación da natureza ....... 39 3.1.3. Idealismo subxectivo vs. “realismo cabal” ....... 43 3.1.4. O rexeitamento do dualismo e a reintegración psico-somática ....... 48 3.2. Correlatividade e proceso: Un bosquexo da proposta construtiva da filosofía do organismo ....... 53 3.2.1. Noción de proceso ....... 54 3.2.2. Organicismo ....... 59 3.2.3. A concepción relativista da espazo-temporalidade ....... 61 3.2.4. A continuidade da natureza e a evolución ascendente do ser ....... 63 4. A cosmoloxía do proceso: A ocasión de experiencia como célula básica da realidade ....... 66 4.1. A nosa situación metafísica ....... 68 4.1.1. Os obxectos eternos ....... 69 4.1.2. A función metafísica de Deus: O “Éros” do universo e o Principio de Concreción ....... 75 4.2. Os rudimentos do mundo actual ....... 83 4.2.1. A noción de acontecemento ....... 83 4.2.2. O proceso xenético dos acontecementos: Prehensión e ocasión de experiencia ....... 90 4.2.3. O concepto de valor ....... 100 5. Correlatividade e concrescencia: A fundamentación do coñecemento ....... 103 5.1. Introdución: Ser como experiencia de correlación ....... 103 5.2. O proceso de experiencia: O decatamento sensorial ....... 106 5.3. O carácter situacional do decatamento sensorial: Perspectiva e corporalidade ....... 109 5.4. Expresión ....... 115 5.5. Os modos perceptivos e a densidade bidimensional da experiencia ....... 117 5.5.1. A eficacia causal ....... 117 5.5.2. A inmediatez presentativa ....... 124 5.5.3. A referencia simbólica ....... 126 5.6. A certeza orixinaria e a natureza prerrepresentativa do decatamento sensorial ....... 130 5.7. O progreso do coñecemento: Linguaxe, abstracción e racionalización ....... 134 5.7.1. A linguaxe e a liberación do pensamento ....... 134 5.7.2. A abstracción, motor e lastre do avance do coñecemento ....... 137 5.7.3. O proceso de racionalización: Á revitalización do xeral pola recuperación do concreto ....... 140 5.8. Conclusión ....... 142 6. O dinamismo ascendente do ser e do coñecer: A aventura da Razón especulativa ....... 144 6.1. A Razón, “artista” inspiradora do ritmo evolutivo da vida ....... 146 6.2. O bo vs. o mellor: A interacción dialéctica entre as dúas modalidades operativas da Razón ....... 153 6.3. A vocación omnicomprehensiva da Razón especulativa e a lóxica do descubrimento ....... 158 7. Noción e correlación: A epistemoloxía fundamental de A. Amor Ruibal ....... 163 7.1. Introdución: Entre o espello e os espellismos ....... 163 7.2. Firmemente fincados no real: A correlación orixinaria ....... 167 7.2.1. A categoría do “de seu” e a desactivación da subxectividade na epistemoloxía de Zubiri ....... 170 7.2.2. A correlación orixinaria como lugar natural do proceso experiencial ....... 173 7.3. A raíz do coñecemento: O saber nocional .......177 7.3.1. Prerreflexividade e copertenza ....... 177 7.3.2. Xénese e funcionamento do saber nocional ....... 182 7.3.3. A noción como canle do dinamismo do ser ....... 187 7.4. A xeito de conclusión ....... 190 8. O ideal transcendente do coñecer e a verdade inmanente do ser ....... 192 8.1. Introdución: O dinamismo do coñecemento e o τέλος da razón ....... 192 8.2. O ideal como paradigma de adecuación da ciencia ....... 193 8.3. A vivificación do ideal ou a matriz empírica da abstracción ....... 195 8.4. A bipolaridade da relación cognoscitiva e a constitución do ideal ....... 197 8.5. Inmanencia e transcendencia no ser e no coñecer ....... 199 8.6. O ideal como modelo da evolución ascendente do ser ....... 202 8.7. Deus e o ideal ....... 205 8.8. Conclusión ....... 208 9. Conclusión ....... 210 9.1. Recapitulación final....... 210 9.2. Afectividade e afectación da filosofía....... 212 9.3. A razón entre parénteses ....... 215 Bibliografía ....... 218 6 1. PRESENTACIÓN “Todo o real debe ser experimentábel en algures, e todo o que é experimentado debe ser en algures real”2. 1.1. Introdución A presente investigación está concibida como un proxecto de epistemoloxía fundamental. Asume como tarefa a sondaxe do substrato orixinario da experiencia na procura dos rudimentos de evidencia nos que se condensa o sentido último da actividade intencional. O seu obxectivo (desafío e compromiso) cífrase en lograr traer á diafanidade da palabra e do concepto o dicir vehemente do saber sentido que discorre sen termo na interioridade subxectiva, revelándolle a súa verdade esencial. O saber sentido di da visceral carnadura corpóreo-afectiva da propia vivencia, testemuña a presenza envolvente dunha comunidade de existencias outras, fala incansabelmente da participación desta alteridade inderrogábel nun fondo real ó que asegura pertence asemade a propia inmediatez. Así lle consta ó saber primixenio e así o patentiza á experiencia viva no código mudo do sentir. Corresponde á reflexión tratar de desentraña-las razóns cabais deste saber, aventurándose á súa tradución nas categorías do pensamento discursivo, demasiado abstractas, demasiado sofisticadas e especializadas, quizais, para acoller con xustiza o simple absoluto da verdade primordial. Porque o coñecer segue ó ser, como insistía Amor Ruibal, a teoría epistemolóxica desemboca de maneira natural na reflexión metafísica. A consideración sistemática da estrutura interna da realidade representa a única vía pola que pode accede-lo pensamento ós parámetros e nexos entitativos que dan razón da validez e da existencia en absoluto do fenómeno cognoscitivo, en particular, e do proceso experiencial, en xeral. Do que se trata é de senta-los fundamentos dunha metafísica da experiencia3, “viva” e decididamente “mundana”, resolta a acredita-la súa adecuación con respecto á textura orgánica do real tanto como ás esixencias críticas do seu tempo, procurando integrar e interesar no seu discurso os enfoques e achegas das ciencias empíricas non menos que as intuicións cordiais da vivencia espontánea4. 2 En homenaxe á admiración que experimentaba Whitehead cara a WILLIAM JAMES, e coa finalidade de demostra-lo influxo obxectivo exercido por este último sobre as formulacións whiteheadianas, principiaremos cada sección cunha cita da obra de James que resulte relevante verbo da temática a tratar en cada caso. A tradución, como para tódalas demais citas que aparezan ó longo deste traballo, é nosa. A que aquí figura procede de ‘The Experience of Activity’, en Essays in Radical Empiricism, Lincoln and London, University of Nebraska Press, 1996, p. 160. 3 Esta denominación, por certo, dá título á guía de lectura (The Metaphysics of Experience. A Companion to Whitehead’s Process and Reality, New York, Fordham University Press, 1998) preparada por E. KRAUS para facilita-lo tránsito polas densas páxinas de PR. A expresión é utilizada tamén por V. LOWE na súa xenealoxía o pensamento whiteheadiano (‘The Development of Whitehead’s Philosophy’, en SCHILPP, P. A. (ed.), The Philosophy of A. N. Whitehead, La Salle, Illinois, Open Court Publishing Company, 1991, p. 72). Esta plural converxencia semántica ben pode ser interpretada como proba en favor da adecuación do cualificativo. 4 Aínda sen a vantaxe da distancia e da perspectiva histórica, W. E. HOCKING, quen tivo oportunidade de manter unha relación profesional e cordial con Whitehead durante a súa etapa docente en Harvard, constata que “en tanto resultaba claro que Whitehead estaba entregado ó traballo, necesariamente solitario, de formular unha nova visión do universo, era asemade evidente que non estaba a traballar sobre un único fundamento, senón sobre dous: o dun pensamento altamente técnico e analítico, e o da experiencia común da humanidade” (‘Whitehead as I Knew Him’, en KLINE, G. H. (ed.), Alfred North Whitehead. Essays On His Philosophy, Lanham, University Press of America, 1989, p. 8). J. DEWEY, pola 13 insistir nisto, unicamente provisorio e metodolóxico. De ningún xeito implica, moito menos aínda lexitima, renuncia ou menosprezo da substancialidade das cousas concretas que conforman, coa “obstinación” da súa particularidade, o tecido vivo do real17. Pode tomarse como axioma, entón, a ecuación que iguala “filosofía” a “metafísica”. Aceptada esta sinxela fórmula, resta aínda para á súa intelección axeitada despexa-las incógnitas que fican da banda do “polinomio” metafísico, nas que se cifran o sentido e a función do saber primeiro e fundamental. A correcta resolución do exercicio demostrará que toda teoría metafísica, na medida na que aspire a ser sancionada por unha razón crítica, debe satisfacer alomenos tres requisitos básicos, a saber: -Proporcionar unha comprensión global e unificadora da realidade, en cuxo seo as intuicións e verdades (parciais) procedentes dos diversos ámbitos da actividade humana (científico, ético, estético, relixioso, etc.) poidan non só coexistir nunha mera xustaposición receosa, senón obte-la súa significación cabal por vía da complementación recíproca. -Modela-las súas elaboracións conceptuais a partir da materia prima e primixenia fornecida pola experiencia prerreflexiva, hábitat natural e inalienábel no que transcorre a existencia humana por enteiro, asistida en todo intre pola evidencia viva. -Senta-los fundamentos dunha epistemoloxía disposta a toma-lo pulso da experiencia real para render conta do fenómeno cognoscitivo na súa profundidade visceral. Pasemos, pois, a examinar con maior detalle as obrigas e obxectivos que definen a tripla fronte de traballo á que ten de se aplicar toda proposta metafísica resolta a abandona-la ociosidade do “gabinete” para asumir con seriedade responsábel a cuestión da súa utilidade e xustificación18. 17 Máis adiante haberá ocasión (principalmente na sección 6) de volver con maior detalle sobre estas temáticas. 18 V. LOWE insiste especialmente en que “Whitehead sempre estivo ansioso por demostra-la utilidade da especulación. Mantén que a idea filosófica resulta trivial en tanto non se demostre a súa capacidade de esclarecer e organizar ideas de menor xeneralidade” (‘The Development of Whitehead’s Philosophy’, en SCHILPP, P. A. (ed.), op. cit., p. 31). 14 2.1. Ciencia e filosofía: A metafísica como raiceira da “árbore do saber” “Un dos obxectivos da filosofía é desafia-las medias verdades que constitúen os principios primeiros das ciencias. Non se pode canaliza-la sistematización do saber a través de compartimentos estancos. Tódalas verdades xerais condiciónanse mutuamente, e non cabe definir adecuadamente os límites da súa aplicación á parte da súa correlación con xeneralidades de alcance aínda maior. A crítica dos principios debe adopta-la forma dunha determinación do cabal significado que cumpra asignar ás nocións fundamentais das diversas ciencias, consideradas tales nocións no estatuto respectivo que lles corresponde na súa referencia recíproca. A determinación deste estatuto require dunha xeneralidade que transcende calquera saber especializado” (PR, 10)19. Whitehead amósase disposto a retoma-lo ambicioso (e problemático) proxecto cartesiano de forxar unha metafísica capaz de fornecer dun baseamento firme e real ós desenvolvementos empíricos das ciencias especializadas. A maior amplitude da perspectiva que lle é inherente garante a aptitude da filosofía para desempeña-la función de meta-saber fundamental. Vocacionalmente idealista e, porén, comprometida e minuciosamente mundana, a Razón especulativa sonda prospectivamente a dimensión vertical ou ontolóxica da realidade ó tempo que dilata o seu dominio de acción até abranguer por enteiro o plano da horizontalidade fáctica onde se ordena e expande a “arquitectónica” dos saberes positivos. A lúcida sensibilidade da especulación filosófica observa atentamente a dinámica do acontecer procurando descubrir os factores últimos e irredutíbeis a partir dos cales emerxen as entidades máis aparentes das que se ocupan as ciencias da natureza. Modulado o seu proceder pola conciencia do universal, a filosofía aplícase ó esclarecemento das relacións existentes entre os diversos ámbitos do coñecemento, rastrexando aqueles seus caracteres comúns (metodolóxicos, estruturais, categoriais e, en último extremo, substantivos) que permiten contemplalos como as distintas pólas que prolongan o rexo tronco dun saber unitario. A unidade última do saber científico, por riba da especialización celosa que preside e posibilita o despregamento efectivo da investigación, é o corolario epistemolóxico necesario dunha concepción organicista da realidade. A natureza aparece como totalidade orgánica, ordenación harmoniosa do acontecer cósmico, irredutibelmente plural, nunha unidade dinámica de significación mutua e valor recíproco entre os seus compoñentes particulares. O saber, que segue ó ser (como afirmaba Amor Ruibal) deberá conformarse á súa vez, en consecuencia, como un corpo vivo en crecemento que aprende a coordinar axustadamente a actividade dos seus diversos membros. As sinerxías intrínsecas do devir xeral esixen dos saberes especializados que delas se ocupan a converxencia progresiva, á medida que vaian avanzando no desenvolvemento e profundación das súas pescudas respectivas, cara ó artellamento nunha comprensión unitaria e integradora. Deste xeito, é precisamente o realismo cabal da filosofía, firmemente resolta a preserva-lo seu compromiso coa verdade, plural e unha, o que a induce a reivindica-la 19 “One aim of philosophy is to challenge the half-truths constituting the scientific first principles. The systematization of knowledge cannot be conducted in watertight compartments. All general truths condition each other; and the limits of their application cannot be adequately defined apart from their correlation by yet wider generalities. The criticism of principles must chiefly take the form of determining the proper meanings to be assigned to the fundamental notions of the various sciences, when these notions are considered in respect to their status relatively to each other. The determination of this status requires a generality transcending any special subject-matter” (PR, 10). 1 5 necesidade de colaboración entre as múltiples pólas do saber. Trátase de algo máis que dunha utopía prescindíbel. Na realización efectiva do proxecto omnicomprehensivo da filosofía están en xogo o sentido último e a adecuación en absoluto da actividade cognoscitiva. A verdade parcial, inderrogabelmente valiosa na súa particularidade, defórmase falazmente cando pretende suplanta-las atribucións do todo do que forma parte. Á Razón vaille literalmente a vida20 na consecución, a partir da complementación entre as achegas das súas diversas facetas, dun enfoque cada vez máis amplo e proporcionado sobre a estrutura multidimensional do acontecer. A filosofía aspira a un saber unitario e orgánico en xusta correspondencia coa natureza auténtica do seu obxecto: a unidade orgánica que forma a trama densa do real. O real, lamentabelmente, poucas veces resulta ser sinónimo do “racional”. O modelo proposto pola Razón para a ensamblaxe dos diversos circuítos polos que intenta avanzalo coñecemento atópase lonxe da vixencia efectiva na tensa interacción cotiá entre a especulación filosófica e a pescuda empírica. O labor integrador e fundamentador da reflexión metafísica vese frustrado constante e recorrentemente polo empeño co que as ciencias especializadas defenden a pretendida independencia dos seus dominios respectivos. Deste solipsismo visceral das ciencias particulares, máis que da suposta inadecuación (cando non absurdo) da que con tanta frecuencia se acusa ás formulacións especulativas, proceden a dispersión e a superficialidade que derraman o progreso do saber. O repaso das incidencias históricas da convivencia accidentada entre ciencia e filosofía non induce precisamente ó optimismo á hora de avalia-lo grao de realización fáctica acadado polo ideal normativo do saber, esencialmente dialéctico e cooperativo. Polo mesmo, debe extremarse a cautela cando se trata de aventurar prognósticos de cara ás expectativas de resolución para o que é, máis que desaxuste ocasional, un grave conflito crónico abertamente declarado entrámbalas instancias implicadas, enquistado, cómpre recoñecelo (e desmontar de vez a morea abafadora de “culpas” tópicas que se teñen ido sedimentando sobre a “torre de marfil” da metafísica), por mor do autismo incorrixíbel das teorías empíricas. “Unha cosmoloxía debe ser, ante todo, adecuada. [...]. O seu cometido non é rexeitala experiencia, senón atopa-lo sistema de interpretación máis xeral. A cosmoloxía xeneraliza alén de tódalas ciencias especializadas e proporciona, deste xeito, o sistema interpretativo que expresa a interconexión entre as mesmas. Posto que é o resultado dunha especulación de máxima xeneralidade, actúa como crítica de tódalas especulacións inferiores a ela en xeneralidade. [...]. É así que debería haber unha cosmoloxía presidindo sobre as diversas ciencias. Desafortunadamente, este é un ideal que aínda non ten sido realizado” (FR, 86-87)21. 20 Non en van “estamos no absoluto, nel vivimos e circulamos. O coñecemento que del temos é incompleto, sen dúbida, pero non é externo nin relativo. É o ser mesmo, nas súas fonduras, o que logramos acadar a través do desenvolvemento combinado e progresivo da ciencia e da filosofía” (BERGSON, H., L’Évolution Créatrice, en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963, p. 664). 21 “A cosmology should above all things be adequate. [...]. Its business is not to refuse experience, but to find the most general interpretative system. It generalizes beyond any special science, and thus provides the interpretative system which expresses their interconnection. Cosmology, since it is the outcome of the highest generality of speculation, is the critic of all speculation inferior to itself in generality. [...]. Thus there should be one cosmology presiding over many sciences. Unfortunately, this ideal has not been realized” (FR, 86-87. Esta obra ten sido traducida ó castelán, con excelente introdución –‘Whitehead, o la vindicación de la razón especulativa’- e aparello crítico, por L. GONZÁLEZ PAZOS –Madrid, Tecnos, 1985). 16 Non, non se ten realizado. A metafísica, na súa calidade de ciencia do universal, debería coroa-la xerarquía do saber, estruturando, unificando e supervisando o artellamento dos estratos inferiores. Esta reivindicación non é o produto desatinado dunha ύβρις fílosófica espuria (a forza de vaidosamente gremial), senón unha pretensión xusta e lexítima. A ollada prospectiva da metafisica é a única que acada a enxergar (porque é asemade a única que se decata da necesidade de facelo) os principios xerais nos que residen a razón e sentido últimos das abstraccións coas que operan as ciencias particulares, afianzando o seu vencello orixinario coa substancialidade concreta do real. A ciencia, vítima dos seus propios prexuízos cosmolóxicos, resístese a tomar seriamente en consideración as propostas da filosofía especulativa, aferrándose a unha suficiencia improcedente cuxa obstinación suscita, cando menos, perplexidade. “Podemos preguntarnos se a mentalidade científica do mundo moderno no pasado recente [tan recente que son as súas formulacións as que integran o patrimonio da herdanza cultural que administra aínda a nosa época] non é un exemplo triunfante de limitación provinciana” (SMW, vii)22. A teorización e a investigación empíricas refugan a metafísica. Isto é un feito, e como tal debe ser asumido pola Razón especulativa a fin de esclarece-las súas causas e abrir vías de solución para unha situación profundamente irracional. A arqueoloxía do desaxuste entre ciencia e filosofía non debe omiti-lo recoñecemento da parte de responsabilidade que recae sobre a propia actividade filosófica, demasiado proclive ela mesma a cortar amarras coa experiencia real para se encerrar na vaciedade dun discurso absurdamente abstracto. Precisamente porque principia por se amosar maximamente severa consigo mesma, a Razón especulativa pode aducir tamén poderosas razóns obxectivas coas que desautoriza-la actitude despectiva que exhibe a ciencia con respecto á filosofía. Os achados da pescuda experimental, alén do valor incuestionábel das súas aplicacións técnicas, ensómense nunha inintelixibilidade futil (cando non perigosa) en tanto non son integrados nunha unidade de comprensión máis ampla e máis plena. Pois, en definitiva, “A comprensión metafísica guía a imaxinación e xustifica o propósito. Á parte das presuposicións metafísicas, non pode haber civilización” (AI, 128)23. 22 “We may ask ourselves whether the scientific mentality of the modern world in the immediate past is not a successful example of such provincial limitation” (SMW, vii). 23 “Metaphysical understanding guides imagination and justifies purpose. Apart from metaphysical presuppositions there can be no civilization” (AI, 128). 1 7 2.2. A filosofía e as fontes orixinarias da evidencia Até aquí tense vido afirmando reiteradamente que o cometido ou, máis radicalmente aínda, a vocación xenuína e definitoria da filosofía, é unha vocación metafísica. Agora ben; cómpre entender de maneira axeitada as auténticas implicacións deste talante para poder enfocar e deseñar correctamente o proceder da pescuda filosófica. A metafísica non é, non debería ser, unha especulación dedutiva montada sobre premisas abstractas. O impecábel formalismo da lóxica esvara pola superficie aparente da realidade. A súa transparencia unívoca e paradigmática tórnase opaca cando abandona o mundo transparente dos construtos teóricos, ordenado e simple, para se aplicar sobre a opacidade densa da vida. Simplemente, non cadra. A Razón instrumental que opera nas ciencias especializadas, expeditiva e pragmática pode e aínda debe permitirse, en prol da súa eficacia, dar moitas cousas por supostas. Non así a Razón especulativa, que aspira a acadar unha compresión en profundidade do real, alén de todo condicionamento fáctico. O que procura a Razón na súa aventura filosófica, singradura primeira e última do saber, é o fundamento, o fundamento primordial, substrato almo de toda experiencia e trabe cardinal da racionalidade. Trátase de sonda-la evidencia que subxace á actividade intencional24, intentando remontarse até as súas orixes para descubrir qué é o que o ser, constatándose a si mesmo como experiencia viva e sentinte, dinamismo expresivo e correlativo, sabe de si25. A lóxica presupón a evidencia. Os seus razoamentos meticulosos limítanse a corroborar (suposta a súa corrección) a verdade daquilo que xa se sabía como certo, incapaces de afondar ou esclarecer minimamente, sequera, a índole e a procedencia da certeza inescrutada da que parten con seguranza inexplicada. A lóxica é inxenua. O seu é un proceder meramente receptivo e acrítico ó que só cabe asignar unha función derivativa e accesoria no labor de fundamentación. A esencia da lóxica é o paradoxo: gardiá da coherencia e da consistencia argumental, vive ela mesma da falacia, aferrada a unha Petición de Principio recorrente. As prestixiosas “probas” da lóxica, que non son máis que hábil disposición e administración de premisas que “xa” estaban “aí” para ser aceptadas “sen máis”, de pouco ou nada serven á estratexia prospectiva da pescuda metafísica. Alomenos en tanto fiquen privadas do apoio dunha comprensión real e substantiva das fonduras da verdade nelas mesmas entrañada, cando non ocultada pola súa propia natureza abstractiva. “A Lóxica, concibida como análise adecuada do avance do pensamento, é unha impostura. É un instrumento magnífico, pero require do transfondo do sentido común” (Imm., 700)26. 24 Así o recomenda BERGSON, quen propugna unha metafísica capaz de se constituír como “empirismo verdadeiro”, alicerzada sobre a “experiencia integral” e ordenada a unha sensíbel “auscultación espiritual” da realidade (‘Introduction à la Métaphysique’, en La Pensée et le Mouvant -Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963). 25 “É porque a vida interior da subxectividade constitúe unha esfera de certeza absoluta –chega a afirmar incluso M. HENRYque aquilo do que ela está certa é en si mesmo absolutamente certo temén. [...]. A nosa certeza está na orixe da verdade do ser, e esta precisamente é a razón que [...] nos conduciu a considerar esta certeza como verdade orixinaria e a elaborar unha ontoloxía capaz de facer comprender que é só na subxectividade radical onde pode atopa-la verdade o seu fundamento” (Philosophie et phénoménologie du corps, Paris, Presses Universitaires de France, 1987, pp. 104-105; cursivas engadidas). 26 “Logic, conceived as an adequate analysis of the advance of thought, is a fake. It is a superb instrument, but it requires a bakground of common sense” (Imm., 700). 18 Non se trata de demostra-lo que de seu é patente, o fondo irremontábel do saber vivido, presuposto indefectibelmente por toda posición discursiva. Non sería posíbel. A tentativa requiriría que a Razón, que arraiga ultimamente neste substrato orixinario, puidese trastorna-la súa esencia para efectuar un esforzo meta-racional inconcibíbel. O único que pode e debe face-la Razón en relación con este absoluto primitivo é amosa-la súa evidencia primordial, instando o saber reflexivo a se facer cargo daqueles parámetros incontrovertíbeis que vertebran o enteiro transcurso da existencia cotiá. O talante especulativo ten de deprender a concentra-la súa atención sobre as certezas que adoitan ficar inadvertidas a forza de trivializadas pola expeditividade do sentido común, demasiado atafegado coas miudezas esvaradías do mundo como para ter que se ocupar, por engadido, da realidade infalíbel do obvio. Cómpre esquece-lo evidente. Precisamente porque se sabe que é o que endexamais haberá de fallar. O sentido común ten cousas abondas que levar de conta no dominio da incerteza e do imprevisíbel, o cal se dilata até acaparar case por completo as súas dilixencias. A metafísica debe abandona-lo confinamento nos sofisticados edificios construídos sobre a estada núa da abstracción. Neles non habita a verdade, senón o mito da “pureza” da actividade teorética. A toma de contacto coa verdade viva e profunda do real require, en troques, unha actitude rigorosamente pragmática, entendéndose por “pragmatismo” “Unha apelación a aquela auto-evidencia que se sostén por si mesma na experiencia civilizada” (MT, 106)27. O saber reflexivo afianza a súa substancialidade e sentido por vía da asimilación e elaboración conceptual da evidencia que constitúe o patrimonio inalienábel do saber vivido (na atinada expresión fenomenolóxica). O compromiso coa verdade, que vai coa vida, esixe do pensamento que principie por deixar en suspenso o corpus de prexuízos legados pola tradición. O labor de fundamentación debe mergullarse directamente nas fonduras da experiencia ordinaria para desentraña-lo significado orixinario das certezas e principios básicos que definen a comprensión do mundo á que se abre naturalmente a Razón. A fidelidade ás intuicións da experiencia primixenia debe presidir e acoutar en todo momento as evolucións da especulación filosófica. A recuperación e restauración daquelas verdades inadvertidas, distorsionadas ás veces polos prexuízos intelectualistas, nas que afunde as súas raíces a espontaneidade existencial, constitúe a tarefa máis elemental e ineludíbel á que está chamada a pescuda metafísica. Da súa adecuada execución depende a consecución dunha evidencia realmente viva e substantiva sobre a que alicerza-los desenvolvementos ulteriores da actividade crítica, sistemática e construtiva. 27 “An appeal to that self-evidence which sustains itself in civilized experience” (MT, 106). 19 2.3. O problema da adecuación da linguaxe “O progreso na verdade [...] é principalmente un progreso na elaboración dos conceptos que desbota as abstraccións artificiosas e a parcialidade das metáforas para desenvolver nocións que se fincan máis profundamente na raíz da realidade” (RM, IV, ‘The Development of Dogma’)28. “O principal perigo para a filosofía está na estreiteza na selección da evidencia. Esta estreiteza xorde das idiosincrasias e timideces de determinados autores, determinados grupos sociais, determinadas escolas de pensamento e determinadas épocas na historia da civilización. A evidencia na que se confía vén prexulgada arbitrariamente polos temperamentos dos individuos, polo provincianismo dos grupos e polas limitacións dos esquemas de pensamento” (PR, 337)29. A actividade especulativa non pode arriscarse a construír sobre baleiro. As estruturas abstractas resultan demasiado fébeis para termar do peso rexo do real. A sofisticación conceptual non constitúe garantía ningunha de adecuación, moito menos de profundidade, e con frecuencia ocorre que a artificiosidade do discurso falsea a verdade viva do seu obxecto30. O que se precisa é un fundamento fincado na cerna do ser, palpábel na súa efectividade pola experiencia, primixenio e natural. A raíz primitiva do saber deberá ser rastrexada na entraña densa da realidade, nos estratos proteicos que subxacen á aparencia diáfana do mundo. O achado da prospección non haberá de presentar, de certo, os caracteres da “claridade” e a “distinción”. A sondaxe terá acadado un nivel demasiado fondo. A índole afectiva e prerreflexiva da dimensión orixinaria da experiencia, concrescente e nocional, obriga a unha modificación decisiva nos parámetros tradicionalmente definitorios dos criterios de primordialidade ontolóxica e epistemolóxica. A transparencia minuciosa da conciencia deberá cede-lo seu lugar preeminente ás intuicións vagas e escuras nas que habita a vivencia espontánea. Tan parca na explicitación das súas razóns como pródiga nas seguranzas das que fornece ó saber, a medula sentinte da experiencia, en contacto directo coa substancialidade do mundo, vertebra por enteiro a actividade intencional do suxeito. Este sabe sempre moito máis do que conxunturalmente, a instancias dos modos de conceptualización vixentes, se atopa inclinado a crer. “O noso pensamento consciente é unha abstracción sobre entidades do transfondo da existencia. O pensamento é unha forma de énfase” (MG, 672)31. 28 “Progress in truth [...] is mainly a progress in the framing of concepts, in discarding artificial abstractions or partial metaphors, and in evolving notions which strike more deeply into the root of reality” (RM, IV, ‘The Development of Dogma’). 29 “The chief danger to philosophy is narrowness in the selection of evidence. This narrowness arises from the idiosyncrasies and timidities of particular authors, of particular social groups, of particular schools of thought, of particular epochs in the history of civilization. The evidence relied upon is arbitrarily biased by the temperaments of individuals, by the provincialities of groups, and by the limitations of schemes of thought” (PR, 337). 30 “Nada máis doado que razoar xeometricamente sobre ideas abstractas –constata BERGSON- [...]. Pero este rigor procede de que se está a operar cunha idea esquemática e ríxida, no canto de segui-los contornos sinuosos e móbiles da realidade. ¡Cánto mellor sería unha filosofía máis modesta que fose directa ó obxecto, sen se preocupar polos principios dos que aquel semella depender!” (L’énergie spirituelle, en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963, p. 817). 31 “Our conscious thought is an abstraction of entities from the background of existence. Thought is one form of emphasis” (MG, 672). 2 0 O procedemento de validación ó que deben someterse as hipóteses especulativas presenta como condición fundamental a adecuación da abstracción respecto ás vívidas evidencias libradas á experiencia no transcurso da súa interacción natural co mundo. Ningunha teoría merecerá ser tomada seriamente en consideración en tanto non teña probado a súa axustada referencia á estrutura profunda dos eventos reais e concretos franqueados á aprehensión inmediata. “A filosofía é un intento de tornar manifesta a evidencia fundamental que se refire á natureza das cousas. Toda comprensión repousa sobre o suposto desta evidencia. Unha filosofía correctamente verbalizada mobiliza esta experiencia básica presuposta por tódalas premisas” (MT, 48)32. A “correcta verbalización” é o rodeo laborioso que ten de dá-la pescuda metafísica, á que está vetada a arriscada “vía rápida” da aprehensión intuitiva, para eludi-la trivialidade e o erro. O esforzo, obrigado a rectificar decote os seus extravíos, vén de lonxe. A inadecuación da linguaxe ten sido diagnosticada reiteradamente como o problema crónico da reflexión filosófica, acusado polo pensamento no mesmo arrinque da súa andaina en Grecia. A filosofía carece dun dicir á medida do seu “ver”, capaz de expresar cabalmente as descubertas da potencia prospectiva. A linguaxe, que recorta e torna nidios os contornos dun mundo que ficaría sumido nun caos ingobernábel e indiferenciado de non ter sido alumado pola palabra, resulta rebordada constantemente pola amplitude e a profundidade das intuicións de sentir e pensamento. É este último, en particular, o que constata máis agudamente a precaria insuficiencia dos recursos expresivos que pon á súa disposición a linguaxe convencional. A exigüidade das categorías conceptuais ordinarias, circunscritas ó reduto da facticidade inmediata, constrinxe inevitabelmente as evolucións da actividade especulativa. A Razón comproba impotente cómo a linguaxe da que ela mesma se recibe33 frustra recorrentemente o seu intento de transcende-la continxencia fenoménica cara a aqueles parámetros universais nos que se cifra o sentido último do acontecer. “Os filósofos endexamais haberán de esperar formular de maneira definitiva os primeiros principios da metafísica. A febleza da ollada prospectiva e as deficiencias da linguaxe obstrúen inexorabelmente o camiño. Palabras e frases teñen que ser dilatadas cara a unha xeneralidade allea ó seu uso ordinario, e por moito que tales elementos da linguaxe acaden a se estabilizar como tecnicismos, seguirán a ser metáforas que calando instan a un salto imaxinativo” (PR, 4)34. A linguaxe tense especializado na codificación do concorrido repertorio de circunstancias entre as que está afeito a se move-lo existir cotián na súa interacción coa aparencia máis urxente do mundo. Esta eficiencia ten como contrapartida o feito de que as estruturas lingüísticas manteñen soterrados na preconsciencia aqueloutros elementos entrañados na experiencia en calidade de factores primordialmente constitutivos da mesma. O dicir reflexivo cre poder prescindir da consideración dese fondo discreto do 32 “Philosophy is the attempt to make manifest the fundamental evidence as to the nature of things. Upon the presupposition of this evidence, all understanding rests. A correctly verbalized philosophy mobilizes this basic experience which all premises presuppose” (MT, 48). 33 Véxase infra., 5.7.1. . 34 “Philosophers can never hope finally to formulate these metaphysical first principles. Weakness of insight and deficiencies of language stand in the way inexorably. Words and phrases must be stretched towards a generality foreign to their ordinary usage; and however such elements of language be stabilized as technicalities, they remain metaphors mutely appealing for an imaginative leap” (PR, 4). 2 1 saber co que o suxeito “sente” que pode e debe contar en todo intre como soporte e garantía de todo o seu ser, obrar e coñecer. Deste xeito, é precisamente a constancia vehemente deste apoio primixenio infalíbel a que induce o suxeito a adopta-lo económico expediente de o “esquecer”, de o excluír dos circuítos do trafego consciente. As certezas nas que afunde as súas raíces a racionalidade fican relegadas ó transfondo afectivo da experiencia como un “algo” inexplícito cuxa obviedade exime a linguaxe, absorbida no servizo ós intereses inmediatos da rutina vital, da necesidade de se ocupar na súa formulación expresa. Trátase do que “sempre-está-aí” e que, en consecuencia, non precisa ser nomeado. Simplemente, presuponse. Ocorre o contrario cos ingredientes mudábeis e prescindíbeis da experiencia. A súa inestabilidade problemática tórnaos en obxectos prioritarios da linguaxe, á que corresponde fixalos nos seus manexábeis rexistros para os facer comparecer perante o pensamento sempre que este os requira. A palabra confire poder; esta é a verdade absolutamente positiva que subxace á fe na maxia que caracteriza a mentalidade mítica. O Verbo divino é creador, en tanto que o discurso finito que o secunda aspira a comprender, apropiar e propicia-lo mundo aprehendéndoo na precisión asequíbel do concepto. Este é o paradoxo do mundo creado pola linguaxe: salienta nun primeiro plano o trivial e o continxente, postergando, en troques, o verdadeiramente primordial cara á sombra e o silencio. Tampouco adoitamos ter presente que precisamos respirar para vivir, o cal non impide que o noso organismo inspire e expire con rítmica continuidade. Pero se este proceso fisiolóxico elemental é recoñecido na súa importancia vital pola ciencia experimental tanto como polas máximas do sentido común, non ocorre o mesmo coa función, analogamente vital, dos rudimentos do proceso de experiencia35. A reflexión transixe complicemente co simplismo inxenuo da actitude natural e tórnase ela mesma neglixente. E con neglixencia procede non só no dominio epidérmico das ciencias empíricas, senón tamén, e o que resulta máis grave (unha vez que ela é a que asume a responsabilidade de se internar nas ultimidades da experiencia), no da especulación filosófica. O “bo facer” de todo oficio require do artesán que prepare con aplicado coidado as ferramentas precisas para o seu traballo. De xeito que tamén o labor do filósofo terá que principiar por acondicionar convenientemente o instrumental conceptual que pon á súa disposición a linguaxe ordinaria, afinando e mesmo refundindo, de ser necesario, as estruturas do dicir do trivial e rutineiro. O obxectivo desta disciplina verbal, crítica e ó tempo audazmente imaxinativa, é fornecerse dun sistema categorial capaz de artellar rexamente as intuicións máis cordiais da experiencia viva co rigor do pensamento especulativo. Na súa xénese fáctica tanto como no seu ideal de adecuación normativa, “Toda abstracción deriva a súa importancia da súa referencia a un certo transfondo de sentir” (MG, 679)36. 35 “Os aspectos das cousas máis importantes para nós –constata WITTGENSTEIN pola súa bandafican ocultos pola súa simplicidade e carácter cotián. (Pódese non reparar en algo por telo sempre á vista). Os fundamentos racionais da pescuda non chaman a nosa atención en absoluto” (Investigaciones filosóficas (edc. bilingüe), Barcelona, Crítica, 1988, Iª parte, § 109. 36 “Every abstraction derives its importance from its reference to some background of feeling”(MG, 679). 2 2 A vida sabe moito máis do que o pensamento analiza. Do que se trata é de facer aflorar no saber explícito aquelas certezas difusas e impositivas polas que consta ó suxeito a súa copertenza constitutiva, nun proceso dinámico de creación recíproca, cunha realidade-outra que o transcende sen lle resultar por iso allea. Lonxe de se conformar cunha misión demostrativa cinguida ás tautoloxías do pensamento abstracto, como pretendera o Wittgenstein do Tractatus, a filosofía ponse ó servizo do “místico” para se tornar amosativa. A aspiración que a tensa e define non é nin proba-lo que xa de seu está probado para o “saber-sentido” (valla esta denominación para o conxunto das nosas certezas prerreflexivas), nin manipular con destreza os construtos discursivos. A da filosofía é unha aventura de desocultamento. A vocación que a chama e xustifica é a de rescatar da subsunción na abstracción os feitos reais e concretos cos que se atopan directamente vencelladas as evidencias fundamentais da experiencia. A filosofía xorde como reacción ó abraio perante o feito de que resulta máis doado acada-la verdade que a palabra. Na verdade vívese. É plenitude actual e absoluta, realidade evidente. A linguaxe procúrase. Ten a consistencia dunha miraxe, que aparece nidia e rotunda na distancia para irse esvaendo nunha inanidade decepcionante ó se achegar para a examinar de preto. A verdade dá máis, di máis, moito máis, do que a palabra, prosaicamente conxuntural e utilitaria, pode acoller. A palabra non atinxe as fonduras do ser. Esnaquiza perante a magnitude da intuición da unidade, da infinitude, da Beleza. A historia do pensamento transcorre inzada pola falacia porque a tentativa de salva-la desproporción entre a verdade real e a linguaxe adoitou outorgar primacía á palabra, pregando a ela a verdade ó custo de a reducir a unha abstracción insubstancial. Non é a verdade a que ten que “cadrar”, a que teña que ser fanada, baleirada e adaptada. É a palabra a que debe ser refundida, unha e outra vez, na forxa da verdade viva. Se fose posíbel parafrasear aquí a Hegel, habería que dicir que a filosofía é, ante todo, “o esforzo do concepto”. “A Filosofía é un intento de expresa-la infinitude do universo en termos das limiticións da linguaxe” (Autobiog., 14)37. “Os termos de relación da Realidade deben ficar sepultados baixo as anquilosadas presuposicións do pensamento verbalizado. A verdade da Beleza suprema fica alén dos significados do dicionario” (AI, 267)38. No fondo, como presentira Heidegger, o “lote” que ten asignado o destino ó filósofo vén irmandarse co que caeu en sorte e anima ó poeta39: 37 “Philosophy is an attempt to express the infinity of the universe in terms of the limitations of language” (Autobiog., 14). 38 “The relata in Reality must lie below the stale presuppositions of verbal thought. The truth of supreme Beauty lies beyond the dictionary meanings of words” (AI, 267). 39 Así parece entendelo tamén PAUL RICOEUR, quen sinala que “alén desta función de fundamentación [na que se pon ó servizo da actividade teórica], a palabra linda cunha función de creación: a través da literatura e das artes prosegue a invención e a descuberta dun sentido do home que escapa a toda planificación de parte da comunidade e supón un risco supremo para o artista e para a sociedade na que habita. O verdadeiro creador non é o que di as necesidades xa coñecidas dos homes do seu tempo, [...] senón aquel cuxa obra representa unha innovación con respecto ó coñecemento sancionado e aceptado da realidade humana. [...] A función poética da palabra [...] está na raíz do proxecto de civilización” (‘Travail et parole’, en Histoire et vérité, Paris, Éditions du Seuil, 1964, p. 232; o segundo e o terceiro subliñados son do autor). 2 9 lembranza), ó cabo parciais por mor da súa circunstancialidade vital, remata sempre por estorba-los novos descubrimentos. E, o que é máis grave: por corta-los vencellos da reflexión co dinamismo real da súa matriz socio-histórica. Respecto á autoridade: como aseveraba Parménides, o pensar identifícase co ser. Por isto mesmo, e porque por fin se ten tornado evidente que non abonda coa autoridade para paraliza-lo movemento de exploración da verdade, desbotamos, en troques, o conservadurismo parmenídeo. O pensar, como o ser, é creatividade en movemento, proceso vivo, rexeneración continua. A lucidez da que en todo intre dá boa proba o talante especulativo de Whitehead está disposta a subscribi-lo “manifesto” deconstrutivo da vangarda do pensamento. O proxecto construtivo da filosofía do proceso (cualificábel tamén con igual propiedade como filosofía do organismo, como se verá no seu momento) precisa dun terreo limpo para poder sentar solidamente os seus alicerces. As estruturas prestixiosas da metafísica tradicional ocupan demasiado espazo inutilmente nos modelos da razón. Son edificios obsoletos, inadecuados para a apertura ás liñas de avance da ciencia contemporánea, tanto como para a acollida das evidencias cordiais da experiencia espontánea. Ó rigor crítico non lle resta outra opción que derruílos. Esta sección está deseñada en coherencia coa dinámica deconstrutivo-construtiva que caracteriza o pensamento creativo. A exposición desenvolverase, por tanto, en dúas frontes, os dous momentos coordinados dunha estratexia unitaria. Analizaráse, en primeiro lugar, a refutación das doutrinas tradicionais fronte ás que se define, por contraposición, a filosofía do proceso. En concreto, e no que se refire ás cuestións de índole máis estritamente metafísica, o esforzo da negación dirixirase fundamentalmente contra a noción aristotélica de “substancia” e o seu avatar moderno no mecanicismo materialista, para se concentrar a seguir, xa no dominio da epistemoloxía, nas “teorías da bifurcación da natureza”, no idealismo subxectivo e no dualismo mente-materia. Completada a tarefa crítica, terá quedado disposto un baseamento axeitado para establecer e calibra-la firmeza das teses positivas da filosofía do organismo. 3 0 3.1. A crítica da filosofía da abstracción 3.1.1. A noción clásica de substancia e a falacia da concretez fóra de lugar 3.1.1.1. Formulación xeral da cuestión “O carácter ‘substancial’ das cousas actuais non ten que ver primariamente coa predicación de calidades. Refírese ó feito inflexíbel de que todo canto se ten establecido como actual deberá ser conformado, na medida adecuada, pola actividade autocreativa” (SME, 36-37)54. É xa case un lugar común (e, a forza de común e frecuentado, tamén de tregua) nas polémicas da historiografía filosófica, afirmar que a entrada na Modernidade supón unha ruptura drástica cos parámetros do pensamento precedente. Cómpre desconfiar do lugar común: o prezo da súa accesibilidade adoita se-la simplificación (ou o simplismo), cando non a mera trivialidade. A “viraxe copernicana” que confire ó suxeito estatuto de prioridade ontolóxica e epistemolóxica fronte ós obxectos do realismo antigo e medieval, privados agora de autonomía e consistencia, impacta con tanta forza na conciencia histórica que impide a esta decatarse de que, no verdadeiramente substancial (e nunca mellor dito), a metafísica moderna mantén aínda unha débeda importante coa súa matriz greco-escolástica. A obriga, innegábel, vén selada polo concepto de substancia. A orixe do concepto tradicional de substancia, asumido durante séculos como un presuposto “natural” non só pola especulación filosófica senón tamén polo “subconsciente” metafísico das teorías científicas, remóntase, como é sabido, á época grega. Máis en concreto, á consagración definitiva que recibe na lóxica aristotélica a que até entón era unha doutrina carente de formulación sistemática explícita. Aristóteles localiza na predicación a relación vertebradora da estrutura última da realidade. O que sostén a versatilidade efémera do acontecer son as substancias, os núcleos de permanencia en cuxa estabilidade estática reside a consistencia do real. A agregación destas unidades entitativas, núas e autónomas, conforma a rexa solidez que subxace á aparencia do mundo. A mutabilidade do devir afecta unicamente a certos aspectos cualitativos continxentes, ocasionalmente vencellados ás substancias a título de “atributos”. Estes últimos predicaríanse dos seus referentes substantivos como algo extrínseco, continxente e, en rigor, irrelevante. O que importa á realidade, e en consecuencia ó pensamento que aspira a secundala discursivamente, son as substancias, ese fondo estraño da natureza que escapa á evidencia dos sentidos e que só resulta concibíbel por un esforzo (perplexo) da razón. Polo demais, a relación de predicación, estritamente binaria e meramente accidental, abonda para esgota-lo repertorio das posibilidades organizativas do ser. A pouco que se examine a cuestión, axiña fica de manifesto que a doutrina da substancia non é senón o produto dunha confusión, da máis grave confusión de principio na que pode incorre-la actividade teorética, a saber: Tomar por entidades de 54 “The ‘substantial’ character of actual things is not primarily concerned with the predication of qualities. It expresses the stubborn fact that whatever is settled and actual must in due measure be conformed to by the self-creative activity” (SME, 36-37). 3 1 existencia real e efectiva os que non son máis que construtos abstractos. O procedemento abstractivo, xusto é recoñecelo, é necesario e connatural á mente finita. Pero isto non autoriza a conceder á abstracción a última palabra en materia da realidade “que é o caso”, esquecendo que a validez dos seus produtos circunscríbese en exclusiva a un plano puramente metodolóxico. A extrapolación non é lexítima, por máis que teña sido operada recorrentemente ó longo de dous milenios de tradición especulativa. A noción clásica de substancia veuse converter, deste xeito, no exemplo máis eminente do que Whitehead denomina a falacia da concretez fóra de lugar (“Fallacy of Misplaced Concreteness”)55. “Esta falacia consiste en ignora-lo grao de abstracción implícito na consideración dunha entidade real como mera exemplificación de certas categorías de pensamento. Hai aspectos das realidades que ficarán simplemente desestimados en tanto restrinxámolo pensamento a esas categorías. De xeito que o éxito da filosofía, cando o pensamento se restrinxe ás súas categorías, ten de ser avaliado en función da medida na que consiga evitar esta falacia” (PR, 7-8)56. Así, no caso que nos ocupa, “Tense introducido unha distinción na natureza que en realidade non existe en absoluto. Unha entidade natural é simplemente un factor nun feito, un factor considerado en si mesmo. Desconectado do complexo, é unha mera abstracción. Pois non se corresponde co substratum do factor, senón co factor mesmo, nu no pensamento. De xeito que o que non é máis que un mero procedemento da mente para verte-lo decatamento sensorial ó coñecemento discursivo, vén ser transformado nun trazo fundamental da natureza” (CN, 16)57. 55 Non resulta difícil rastrexar neste motivo o influxo do xenio irónico de W. JAMES, quen denuncia con vehemencia a banalidade (se non simple falsidade) na que incorre o pensamento cando se entrega, cegado pola soberbia intelectualista, ó “perverso culto á abstracción” (‘The Pragmatist Account of Truth and Its Misunderstandings’, en The Meaning of Truth, New York, Prometheus Books, 1997, p. 205). “Permítaseme –propón Jamesdá-lo nome de ‘abstraccionismo vicioso’ a un xeito de usa-los conceptos que pode ser descrito como segue: Concibimos unha situación concreta salientando un certo factor destacado ou importante e clasificándoa en función do mesmo. A continuación, no canto de engadirmos ós seus caracteres previos tódalas consecuencias positivas que resultan do novo xeito de a concibir, procedemos a un uso privativo do noso concepto, reducindo a riqueza orixinal do fenómeno ás suxestións núas da denominación abstracta, tratándoo como un caso de ‘nada máis que’ ese concepto e actuando como se tódolos outros caracteres a partir dos cales se ten abstraído o concepto tivesen sido suprimidos. A abstracción, cando funciona deste xeito, tórnase nun medio de estancamento, máis que de avance, para o pensamento. Mutila as cousas. Crea dificultades e atopa imposibilidades. E máis da metade dos problemas que ocasionan ós lóxicos e ós metafísicos os paradoxos e crebacabezas dialécticos do universo derívanse, estou convencido, desta causa relativamente simple. O emprego viciosamente privativo dos caracteres abstractos e dos nomes de clase é, estou persuadido, un dos pecados orixinais máis graves da mente racionalista” (‘Abstractionism and “Relativismus”’, en Ibíd., pp. 249-250). A denominación expresa de “falacia” para o “pecado” capital da ΰβρις abstractiva aparece en ‘A Word More About Truth’, onde James presenta a “falacia da oposición das abstraccións ás cousas concretas a partir das cales teñen sido abstraídas”, como a exhibición ilusionista pola que “principia o enteiro abracadabra [hocus pocus] da Erkenntnisstheorie, para proseguir sen ulteriores restricións de parte das consideración concretas” (Ibíd., pp. 144 e 143). 56 “This fallacy consists in neglecting the degree of abstraction involved when an actual entity is considered merely so far as it exemplifies certain categories of thought. There are aspects of actualities which are simply ignored so long as we restrict thought to these categories. Thus the success of philosophy is to be measured by its comparative avoidance of this fallacy, when thought is restricted within its categories” (PR, 7-8). 57 “A distinction has been imported into nature which is in truth no distinction at all. A natural entity is merely a factor of fact, considered in itself. Its disconnection from the complex of fact is mere abstraction. It is not the substratum of the factor, but the very factor itself as bared in thought. Thus what 3 2 A riqueza viva do real reborda sempre a inmutabilidade ríxida do concepto. A sobriedade elemental da “montaxe” da substancia debería ter inducido a intuición especulativa a desconfiar dela. Non cabe demorar xa máis o perentorio recoñecemento de que aquilo que se agochaba trala primeira e principal das categorías aristotélicas era sinxelamente unha ficción, artificio teórico carente, precisamente, de substancialidade. Engadado pola comodidade e a eficacia das súas simplificacións abstractivas, o pensamento remata por se instalar nunha concepción da realidade deformada e empobrecida, cando non falseada radicalmente. A metafísica da substancia disgrega a estrutura orgánica e interrelacional da natureza. Con análoga seguranza, sempre asistida pola fe irracional nas virtualidades representativas da abstracción, pretende contemplalo devir creativo no que se plasma o carácter procesual do real como un fluxo continxente de aparencias que non afecta de maneira relevante a medula do ser. No atinxente ós eventos particulares, estes son despoxados da súa verdade concreta: alén da extensión, as restantes calidades redúcense á inanidade de accidentes transitorios, se cadra proxectados pola actividade subxectiva. Unha metafísica adecuada non precisa a noción de substancia. É máis: non pode permitirse admitila no seu repertorio categorial. Alomenos en tanto non se proceda a unha remodelación en profundidade do seu significado tradicional, a unha redefinición radical que reconcilie a substancia co valor irredutíbel do concreto, coa relatividade mutua, en definitiva: coa vida. Esta é a misión que toma sobre si a filosofía do organismo, dende a que se propugna que “Se é que temos que procura-la substancia en algures, eu atoparíaa nos acontecementos, que son, en certo sentido, a substancia última da natureza” (CN, 19) 58. Sobre esta idea abundarase con maior detalle na vindeira sección. Pero valla agora a resolta afirmación que vimos de citar para enxerga-lo sentido que adquire a reacción whiteheadiana contra a noción clásica de substancia. Do que se trata é de fluidifica-lo monolitismo irto daquel soporte estático de determinacións accesorias, tornándoo unha pulsación particular do proceso, unha trama dinámica e interrelacional59. Pero o prexuízo da substancia non limitou o seu radio de acción ó imaxinario da especulación estritamente metafísica. Logrou introducirse tamén na epistéme (na acepción foucaultiana do termo) inescrutada da ciencia moderna, onde adoptou unha forma mimética revestida coa aparencia dun rigor obxectivo absoluto. O is a mere procedure of mind in the translation of sense-awareness into discursive knowledge has been transmuted into a fundamental character of nature” (CN, 16). 58 “If we are to look for substance anywhere, I should find it in events, which are in some sense the ultimate substance of nature” (CN, 19). 59 AMOR RUIBAL leva a cabo, no contexto do seu correlacionismo, unha deconstrución crítica minuciosa do monolitismo tradicional da substancia (por así o chamar) que transcorre por vieiros paralelos ós que segue a desenvolvida polo propio Whitehead. Por iso non é estraño que as propostas en positivo ó respecto resulten significativamente similares en ambos autores. Para Amor Ruibal, neste sentido, “a substancia en si mesma non está, nin pode estar para nós, constituída doutra maneira que como resultante de elementos entre si relativos”, pois, na súa mesma esencia, procesual e orgánica, “a substancia non é máis que a permanencia de relacións obxectivas no ente, que sosteñen a identidade do mesmo en medio das modificacións actuais ou posíbeis. Esta permanencia está rexida polas leis peculiares de cada ente” (Prbls. V, 476 e 480). 3 3 substancialismo metafísico transfigúrase en mecanicismo materialista, que pode ser caracterizado como “A cosmoloxía científica fixa que presupón como feito último unha materia bruta irredutíbel, ou material, estendida no espazo nun fluxo de configuracións. En si mesmo tal material carece de sensibilidade, de valor e de finalidade. Fai meramente o que fai seguindo unha rutina fixa imposta por relacións externas que non agroman da natureza do seu ser” (SMW, 17)60. Velaquí a verdade última do mundo das substancias tal e como é posta cruamente ó descuberto pola óptica materialista: Todo se ensome en última instancia, alén da banalidade das nosas representacións sensíbeis, en “Unha sucesión de configuracións instantáneas de materia –ou de material-” (SMW, 50)61. O materialismo mecanicista xorde ó abeiro dun dos avatares da “falacia da concretez fóra de lugar”, a saber: o Principio da localización simple. Este postula que a relación dun evento calquera dado co espazo e co tempo e, en xeral, coas restantes instancias do acontecer fáctico, queda definida exhaustivamente pola especificación precisa dos seus “aquí” e “agora” (pretendidamente) unívocos e puntuais, sen necesidade de os referir a ningunha outra conxuntura. O corolario desta premisa é unha cosmovisión atomista na que o ser aparece fragmentado nunha pluralidade de unidades inconexas e perfectamente independentes entre si. O mecanicismo aférrase a un enfoque estaticista e ahistórico que ignora a natureza procesual de todo canto vai no ser. A característica fundamental dos acontecementos (as unidades primarias que con-forman o real), porén, é precisamente a súa extensionalidade, isto é, o seu despregárense no transcurso dun lapso ou duración por completo irredutíbel a unha instantaneidade illábel. Irredutíbel, mesmo, a un agregado de instantaneidades. O instante, o punto inextenso amputado da profundidade do presente no que palpita o pasado inmediato e que se verte xa cara ó futuro inminente, é unha enxoita abstracción. Se a pescuda experimental aceptase realmente, con tódalas súas consecuencias, o suposto da localización simple, non podería eludir graves dificultades no seu proceder cotián. Ende ben, a ciencia é inxenua e semella non tomar en serio as implicacións das súas conviccións metafísicas subterráneas. Só así se explica que siga a aplicar e a dar por válido o método indutivo, inadmisíbel nunha concepción atomista como a que vimos de examinar. Se fose certo que o cabal alcance dun evento concreto esgota na súa mesmidade inmediata e illada, exenta de toda conexión esencial con outras entidades, ¿con que baseamento postular unha relación xenética, é máis, calquera relación en absoluto, entre o evento en cuestión e outros fenómenos en aparencia similares? A ciencia sobrevive e afianza o seu crecemento vigoroso en virtude do seu acharse sustentada por unha racionalidade previa, máis lúcida e máis rexa (e máis “irrazoábel” tamén, allea ó escepticismo especulativo e ás súas sofisticacións discursivas) que a que constrúe en abstracto a teoría. 60 “The fixed scientific cosmology which presupposes the ultimate fact of an irreducible brute matter, or material, spread through space in a flux of configurations. In itself such a material is senseless, valueless, purposeless. It just does what it does do, following a fixed routine imposed by external relations which do not spring from the nature of its being” (SMW, 17). 61 “A succession of instantaneous configurations of matter –or of material” (SMW, 50). 3 4 3.I.1.2. As aporías contraintuitivas do determinismo materialista As incoherencias tórnanse máis desacougantes, por atinxiren aquí o plano existencial, cando se intenta concilia-lo determinismo das teses materialistas coa autonomía da vontade que constitúe unha vivencia incontrovertíbel nos organismos complexos. Tomemos o caso máis próximo: Supoñamos que o corpo humano, instrumento da realización no mundo da acción promovida pola interioridade subxectiva, se atopase el tamén, como toda realidade material, encadeado rixidamente ós condicionamentos ambientais e, en xeral, ás leis cegas que rexen as evolucións dos fenómenos físicos. Sería obrigado conceder, entón, que a liberdade é ilusoria, con ela esvaecería sen volta todo rastro de responsabilidade persoal sobre os móbiles e consecuencias do noso obrar e habería que considerar tamén (se cadra con alivio) que a moral non é máis que un lastre de sensentidos. O razoamento é impecábel. Pero a reflexión non pode ficar indiferente ante o feito de que as súas conclusións repugnen ás intuicións máis entrañábeis da experiencia humana. De xeito que haberá que principiar a sopesa-la posibilidade de que a causa dese desaxuste entre razón e corazón, perante o que se desalentara Pascal con demasiada precipitación, resida na presenza inadvertida da falsidade entre as premisas da teoría. É posíbel e razoábel subscribi-la causa da liberdade. Amais da vehemencia da evidencia espontánea, pode aducirse no seu favor o aval da propia pescuda experimental. O rigor científico esixe que as hipóteses respondan á peculiar idiosincrasia dos feitos rexistrados pola observación. Agora ben; a confrontación dos resultados empíricos cos postulados mecanicistas, lonxe de corrobora-la súa validez, pon de manifesto a súa total inadecuación. As únicas entidades que caen no dominio do materialismo mecanicista prestándose a ofrecer unha exemplificación satisfactoria do mesmo son os esquemas abstractos deseñados pola teoría. As cousas reais, pola contra, posúen de seu unha consistencia que non se deixa reducir pola abstracción. Unida a esta “obstinación”62, a complexidade acadada pola organización da relatividade constitutiva 62 Whitehead toma de William James, “ese xenio adorábel” (that adorable genius –SMW, 2), o expresivo cualificativo “stubborn” (que se converterá nun tópico recorrente na súa propia obra). O influxo de James, cara a quen profesaba unha admiración cordial da que estaba disposto a dar fervoroso testemuño en todo momento, é unha constante no pensamento de Whitehead. A extraordinaria intuición filosófica de James, demasiado viva para “acougar” na exploración e elaboración sistemática dos seus propios achados, deixou espallado ó longo da súa produción teórica un amplo repertorio de fecundas suxestións que serían retomadas pola filosofía do organismo para as desenvolver nas súas implicacións cabais. Entre elas, as máis significativas, ó noso xuízo, serían as seguintes: o modelo relacional e procesual da realidade, concibida como tecido (ou fluxo) vibrante de núcleos de experiencia; a copertenza orixinaria entre suxeito e obxecto (o “estar-xa” da realidade na experiencia é o que promove –entende Jameso xurdimento da idea, rendibilizada existencialmente con segura “familiaridade” pola vivencia inmediata – acquaintancee traballada conceptualmente, no transcurso do seu proceso de verificación, polo coñecemento reflexivo –knowing about); a (re)creación do mundo na unidade de experiencia; o realismo “do sentido común”; a primacía do sentir e da experiencia sensíbel; a noción dinámica e correlacional de substancia; a reivindicación do concreto e o compromiso coa particularidade plural e irredutíbel da facticidade; a función da perspectiva; a imaxe do acontecer cósmico como magna Aventura e participación nun proxecto común; o holismo do significado e a noción de verdade como coherencia; o concepto de valor; a crítica ó intelectualismo idealista e ós excesos do pensamento abstracto (incluídos os motivos de “vicio”, “falacia”, etc.); o teísmo. Non sorprende, pois, que J. B. COBB (Jr.) afirme que 35 dos eventos concretos nos niveis ontolóxicos máis elevados reborda definitivamente o simplismo do modelo determinista. A realidade é coextensiva coa espontaneidade. As elaboracións da razón só teñen garantida a súa correspondencia co real na medida na que se acollan ó marco flexíbel dun materialismo orgánico. “A doutrina da filosofía do organismo é que, por moito que se dilate o alcance da esfera da causación eficiente na determinación dos compoñentes dunha concrescencia – os seus datos, as súas emocións, as súas apreciacións, as fases da súa finalidade subxectiva-, alén da determinación destes compoñentes fica sempre a reacción final da unidade autocreativa do universo. Esta reacción final completa o acto autocreativo imprimindo o cuño decisivo da énfase creativa sobre as determinacións da causa eficiente. Cada ocasión presenta unha medida de énfase creativa proporcional á súa medida de intensidade subxectiva” (PR, 47)63. “segundo Whitehead, os movementos filosóficos proceden frecuentemente en dous tempos. Hai un xenio que inaugura o movemento e un sistemático que o segue. En relación con James, semella que el mesmo se ten atribuído este último papel, aceptando moitas das ideas clave de James para as desenvolver de maneira rigorosa” (‘Alfred North Whitehead’, en STENGERS, I. (coord.), op. cit., p. 28). O propio Whitehead, de feito, chega a establecer, no marco da fundación da tradición filosófica norteamericana, unha comparanza audaz da relación entre Platón e Aristóteles coa relación (invertida a orde cronolóxica real dos seus compoñentes) entre James e Peirce (Carta a Ch. Hartshorne, publicada en KLINE, G. H. (ed.), op. cit., pp. 198-199). Malia que se de suxerir paralelismos históricos se trata, dende aquí aventurariámonos a contempla-la tríada James-Whitehead-Hartshorne (sen necesidade esta vez de alterala secuencia temporal) como avatar contemporáneo aproximado daquela trindade auroral irrepetíbel conformada por Sócrates, Platón e Aristóteles (o xenio intuitivo e asistemático, o xenio sistemático - filósofo rigoroso con verbo de poetae o sistematizador prosaicamente lúcido e escrupuloso). O que non se comprende doadamente é que un fino intérprete como V. LOWE insista en que “por máis que Whitehead ten moi boa opinión da obra de Alexander e se ten amosado asemade sensíbel á vívida orixinalidade de James e Bergson, eu non atopo nos seus escritos metafísicos ningunha proba clara da súa influencia, nin na escolla dos problemas, nin no esencial das solucións” (‘The Development of Whitehead’s Philosophy’, en SCHILPP, P. A. (ed.), op. cit., p. 26). Permitíndose, polo demais, facer abstracción do feito de que Whitehead recoñece explicitamente (SMW, 148) en Bergson o introdutor no imaxinario especulativo da noción biolóxica de “organismo” (central nas formulacións whiteheadianas), e aínda desestima-lo revelador “ar de familia” (como o denominaría Wittgenstein) existente entre a creatividade xeral e o élan vital que promove a aventura ascendente dunha realidade concibida expresamente como mobilidade e devir creativo; entre o sentir whiteheadiano e a intuición que, en calidade de contacto directo e comprensión empática da vida concreta, constitúe, a xuízo de Bergson, o modo de coñecer primordial; entre as elaboracións respectivas dámbolos autores verbo do concepto de duración como condensación da totalidade temporal no absoluto do presente; ou entre a crítica vehemente que un e outro dirixen contra as inadecuacións do pensamento abstracto, expresión dunha intelixencia irremisibelmente pragmática e pragmaticamente simplista e fosilizadora, incapaz de acada-la verdade profunda do real. A influencia de Alexander se cadra non sexa tan impregnante, pero resulta moi significativa no caso doutro dos tópicos básicos da analítica experiencial whiteheadiana. Non cómpre forza-la interpretación para detecta-las resonancias das modalidades de vivencia postuladas por Alexander (enjoyment vs. contemplation) no transfondo da oposición entre o sentir da eficacia causal e as evolucións da actividade consciente a partir dos produtos da inmediatez presentativa. Sen esquecer que as unidades básicas conformadoras do real na concepción dinámica e emerxentista de Alexander son, como no modelo whiteheadiano, acontecementos de magnitude espazo-temporal. 63 “The doctrine of the philosophy of organism is that, however far the sphere of efficient causation be pushed in the determination of components of a concrescence –its data, its emotions, its appreciations, its purposes, its phases of subjective aimbeyond the determination of these components there always remains the final reaction of the self-creative unity of the universe. This final reaction completes the selfcreative act by putting the decisive stamp of creative emphasis upon the determinations of efficient cause. Each occasion exhibits its measure of creative emphasis in proportion to its measure of subjective intensity” (PR, 47). 3 6 Os principios do materialismo orgánico permiten á filosofía do proceso integrar nun modelo coherente o enfoque obxectivo da ciencia e a intuición que descobre na espontaneidade creativa a esencia do acontecer. Vexamos de qué xeito: “Os entes durábeis e concretos son organismos, de maneira que o plano do conxunto inflúe sobre os caracteres dos diversos organismos subordinados que o integran. No caso dun animal, os estados mentais intégranse no plano do organismo total, modificando así os planos dos sucesivos organismos subordinados até acada-los últimos organismos mínimos, tales como os electróns. [...]. O electrón corre cegamente tanto dentro como fóra do corpo; pero dentro do corpo corre de acordo co seu carácter dentro do corpo, é dicir, de acordo co plano xeral do corpo, o cal inclúe o estado mental. O principio de modificación, porén, ten validez xeral dentro da natureza, e non constitúe propiedade privativa ningunha dos corpos vivos” (SMW, 79)64. Un organismo é un sistema de sociedades, unha estrutura de actividade con-formada pola agrupación coordinada dunha pluralidade de núcleos de experiencia. Non é momento agora de se deter nunha análise de detalle do significado destes termos técnicos da semántica do proceso. Interesa salientar, para o problema que nos ocupa, que os pulos e inercias particulares dos compoñentes máis rudimentarios do sistema orgánico (que tenderían de seu, por mor do seu carácter elemental, a ser arrastrados polos determinismos físicos) son asimilados e re-canalizados polo dinamismo global do conxunto. O propósito e a espontaneidade autoprodutiva son as razóns últimas ás que remite a actividade dun organismo desenvolvido. A riqueza de estímulos e virtualidades obtida pola unidade de experiencia que preside o conxunto orgánico como resultado da confluencia das achegas dos subniveis primitivos, posibilita ó sistema como un todo rachar coa suxeición que impón a función especializada ós membros particulares. O progreso da organización redunda sempre, para calquera organismo, nunha intensificación da súa actividade conceptual. Isto é, na afinación da súa capacidade de concepción e avaliación de propósitos, vencellada co polo mental da entidade en cuestión. A dipolaridade físico-mental é unha estrutura ontolóxica detectábel en todo existente real e concreto, se ben o grao de desenvolvemento que presenta a mentalidade é proporcional á complexidade do organismo que en cada caso se estea a considerar. Comprenderase mellor o sentido destas afirmacións se se ten en conta que a noción de “mentalidade”, neste contexto, non é equivalente nin implica a de autoinmediatez consciente. O polo mental dunha entidade dada é, simplemente, aquel plano da súa experiencia no que xermolan a apetición e o pulo en prol da propia realización que definen e sosteñen a tensión existencial65. 64 “The concrete enduring entities are organisms, so that the plan of the whole influences the very characters of the various subordinate organisms which enter into it. In the case of an animal, the mental states enter into the plan of the total organism and thus modify the plans of the successive subordinate organisms until the ultimate smallest organisms, such as electrons, are reached. [...].The electron blindly runs either within or without the body; but it runs within the body in accordance with its characetr within the body; that is to say, in accordance with the general plan of the body, and this plan includes the mental state. But the principle of modification is perfectly general throughout nature, and represents no property peculiar to living bodies” (SMW, 79). 65 O panexperiencialismo é, se cadra, a tese máis controvertida da filosofía do organismo. As interpretacións simplistas poden converter en caricatura absurda a que é, en realidade, unha cauta tentativa que responde a “un sentido menos abstracto e máis vital [con respecto ó que subxace ás concepcións tradicionais] da comunidade esencial entre ocasións de experiencia de diversos graos de especialización” (DEWEY, J., ‘The Philosophy of Whitehead’, en SCHILPP, P. A. (ed.), op. cit., p. 647). Para Whitehead, “emerxencia” é a denominación dun problema, non a fórmula dunha solución. Do nada, 37 A inercia e o instinto flexibilízanse e ceden perante o propósito. Pero tampouco é menos certo que a apetición e a espontaneidade creativa son moduladas (non constrinxidas) pola efectividade do medio: a realidade é un tecido dinámico de relacións. Todo ten o seu lugar, se ben na medida e no momento apropiados, no axustado organigrama do acontecer. 3.I.1.3. O dobre gume da abstracción A doutrina metafísica da substancia, sancionada cientificamente na súa tradución ás fórmulas do materialismo determinista, desprega unha árida realidade que poucos, nin sequera os teóricos máis severos unha vez que dan por rematada a súa xornada no gabinete ou no laboratorio66, consentirían en habitar: “Os corpos son percibidos dotados de calidades que en realidade non posúen, calidades que son, de feito, [segundo pretende o materialismo] pura creación da mente. nada se xera. A experiencia humana non aparece instituída supetamente na facticidade do ser, sen pasado e sen raíces. Como todo canto vai na vida, a experiencia, mesmo (ou sobre todo) nas súas manifestacións máis complexas, ten unha xénese minuciosa que procede mediante o desenvolvemento progresivo das virtualidades latentes nunha forma primitiva e rudimentaria. O ser humano non constitúe un caso illado á marxe da natureza. A conciencia e a razón expresan, nun grao maximamente sofisticado, os parámetros que artellan a dinámica xeral do acontecer, non os derrogan. É por isto que “a hipótese de traballo [de Whitehead] é que a estrutura de todo organismo é análoga á da ocasión de experiencia. Non vexo –afirma V. LOWEqué outra hipótese sería compatíbel co obxectivo de preserva-la coherencia da experiencia humana co resto da natureza” (‘The Development of Whitehead’s Metaphysics’, en Ibíd., p. 108). Así enfocada a cuestión, “o problema –entende L. VANZAGOé poder recupera-los graos inferiores [do proceso experiecial] sen lles atribuír de maneira indebida caracterísiticas antropomórficas. O modelo de Whitehead, porén, non semella correr este risco, xa que supón máis ben unha xeneralización dos coñecementos derivados das ciencias naturais que unha universalización do tipo de coñecemento propiamente humano. Así, pódese falar de experiencia, no sentido metafísico, mesmo para procesos descritos en termos de transferencia de enerxía”. Atento ó equilibrio delicado no que se mantén este posicionamento, onde abonda a mínima inadecuación hermenéutica para trastornar por completo o sentido do conxunto reducíndoo á condición de mito antropomórfico inverosímil e inaceptábel, Vanzago engade aínda: “A gnoseoloxía whiteheadiana non se estrutura sobre a xeneralización da experiencia humana, [...] senón que se aplica, pola contra, a unha des-antropomorfización da experiencia, devolvendo a experiencia á natureza. Sen que isto signifique, porén, naturalismo inxenuo. Polo mesmo, a etiqueta de panpsiquismo debe ser rexeitada completamente, se con ela se significa a atribución de capacidades perceptivas a cada unha das formas e graos da materia. [...]. Isto transformaría a metafísica de Whitehead nunha fábula onde se podería falar de flores que experimentan emocións e de pedras que falan” (‘Temps et Perception. Problèmes d’Interprétation de la Métaphysique de Whitehead’, en STENGERS, I. (coord.), op. cit., pp. 92 e 101). 66 Esta incoherencia existencialmente salvífica dos científicos, incapaces de “tomaren en serio” na súa rutina vital os presupostos máis “irrenunciábeis” do seu labor profesional, foi posta de manifesto en reiteradas ocasións, non sen certa ironía, por parte da fenomenoloxía. Como sinala RICOEUR, “a percepción é a matriz común de tódalas ‘actitudes’. É no mundo percibido, no mundo que envolve a miña existencia carnal, onde se erixen os laboratorios e os cálculos do sabio, as casas, as bibliotecas, os museos e as igrexas. Os ‘obxectos’ da ciencia están nas ‘cousas’ do mundo: os átomos e os electróns son estruturas que dan conta deste mundo-aquí-vivido-por-min-en-carne-e-espírito. O propio sabio non pode discernilos máis que por medio dos instrumentos que ve, toca e entende como ve saír e porse o sol, como entende unha explosión, como toca unha flor ou un froito. Todo ten lugar neste mundo. É tamén no mundo-da-miña-vida onde unha estatua é bela, onde é heroica unha morte, onde é humilde a pregaria. [...]. O mundo-da-miña-vida é neste sentido o humus de tódolos meus actos, o chan de tódalas miñas actitudes, o estrato primordial, anterior a toda multiplicidade cultural” (‘Note sur le voeu et la tâche de l’unité’, en Histoire et vérité, Paris, Éditions du Seuil, 1964, pp. 194-195). 3 8 Así, a natureza acredita co mérito que en rigor deberíamos reservar para nós mesmos. [...]. Os poetas están por completo equivocados. Deberían autodedicarse os seus cantos, tornándoos odas de felicitación pola excelencia da mente humana. A natureza é prosaico asunto, sen sons, sen aromas, sen cores; nada máis que o trafego da materia, sen termo nin sentido. Por moito que se pretenda matizalo, este é o resultado práctico da filosofía científica típica que pechou o século XVII” (SMW, 54)67. Un resultado certamente inasumíbel que choca coas evidencias da experiencia viva e deixa a reflexión ensumida no desconcerto. Ende ben, a perplexidade é aquí síntoma de que o pensamento rematou por se alienar en relación cos produtos da súa propia actividade proxectiva. As representacións contraintuitivas do mundo desolado da res extensa non veñen ditadas polo “en-si” inapelábel das cousas, senón pola decisión, perfectamente impugnábel, de asignar un estatuto ontolóxico inapropiado ós construtos da abstracción. O procedemento abstractivo é connatural á mente humana. A atención selectiva e a organización do material obxectivo conforme a certos criterios de orde e relevancia evitan a disgregación do proceso experiencial saturado polo cúmulo de información deitada polo medio. A abstracción é a salvación dun entendemento finito que se rende perante a evidencia abafadora de que “A complexidade da natureza é inesgotábel” (PR, 106)68. A abstracción non só é lexítima, senón necesaria. A nitidez dos sobrios modelos abstractos permite ó pensamento discerni-las estruturas esenciais e orientarse na densa complexidade do acontecer. Agora ben; disto non se desprende que haxa que conceder ós construtos abstractos estatuto de realidades substantivas. O erro xorde, xustamente, cando se confunde aquilo que non é máis que un concepto, artificial e aproximativo, co que de seu son as cousas concretas69. Extensión, atomicidade, inercia, necesidade inescapábel: abonda con este sucinto repertorio de categorías para esgota-lo mundo simple da substancia, ou, se se prefire, o mundo simplista da abstracción. O balance co que se salda a este nivel a especulación non semella moi satisfactorio, de certo, pero cómpre ter en conta que non hai que o considerar definitivo. A teoría debe retornar aínda ás fontes orixinarias da evidencia, a aquel fondo da experiencia viva no que o mundo se revela como comunidade orgánica, 67 “The bodies are perceived as with qualities which in reality do not belong to them, qualities which in fact are purely the offspring of the mind. Thus nature gets credit which should in truth be reserved for ourselves. [...]. The poets are entirely mistaken. They should address their lyrics to themselves, and should turn them into odes of self-congratulation on the excellency of the human mind. Nature is a dull affair, soundless, scentless, colourless; merely the hurrying of material, endlessly, meaninglessly. However you disguise it, this is the practical outcome of the characteristic scientific philosophy which closed the seventeenth century” (SMW, 54). 68 “The complexity of nature is inexhaustible” (PR, 106). 69 AMOR RUIBAL advirte expresamente contra o escepticismo no que se vai envolvendo a actividade teórica á medida que se desentende da referencia real, substanciosamente concreta, da que obteñen verdade e vida as súas abstraccións. “Esa percepción concreta do obxecto concreto –insiste Amor Ruibal-, é non só o baseamento práctico do noso coñecer, senón tamén de toda teoría que recoñeza o valor obxectivo das ideas. É necesario que a última análise de tódolos predicados abstractos, de tódolos nomes abstractos, e de tódalas ideas abstractas, nos conduza á percepción dun suxeito concreto, e como tal concreto. Sen isto, é imposíbel toda noción da realidade, e resulta consecuencia lexítima a doutrina do subxectivismo idealista” (Prbls., V, 346). 45 “Aquilo acerca do que pensamos é un mundo conceptual común” (SMW, 88; cursivas engadidas)81. Un mundo privado de referencia substantiva, construído en función da confluencia (inexplicábel) da actividade dos suxeitos nunha comunidade de sentido. É certo que se postula a participación de tódolos núcleos subxectivos nunha mesma estrutura de racionalidade. Pero esta conxectura involucra un compromiso ontolóxico demasiado forte para un escepticismo que se pretenda coherente. En rigor, o idealismo extremo carece de argumentos tanto para fundamenta-la comunicación intersubxectiva, como para avala-la “fe” na existencia dunha realidade externa. As súas razóns esgótanse na lóxica do solipsismo. O enfoque idealista é un enfoque maximamente abstracto: reduce ou prescinde do mundo, reduce ou prescinde da intuición espontánea, reduce ou prescinde mesmo das certezas nas que se funda a racionalidade. E os excesos da abstracción, como xa se ten sinalado, son sempre refutados polas razóns da experiencia viva e concreta, aberta ás fonduras do real. Pois, en definitiva, “Apelamos en última instancia á experiencia inxenua” (SMW, 89)82. En particular, son tres os argumentos que pode aducirse basicamente contra o escepticismo idealista. Vexamos de cáles se trata: 1º.- A intencionalidade83 constitutiva das vivencias e iniciativas de toda índole (pragmática ou puramente contemplativa, instintiva ou consciente) testemuña de maneira inequívoca que o suxeito se fai cargo da presenza real e efectiva do mundo. Dun mundo que o interpela dende o seu “aí” irredutíbel, complementando os dinamismos subxectivos e, á súa vez, deixándose acadar por eles. A interioridade experienciante decátase de que todo o seu ser recíbeo dunha exterioridade que a transcende e cara á que proxecta toda a súa tensión existencial: “Na nosa experiencia sensíbel coñecemos algo fóra da nosa personalidade e alén dela” (SMW, 89)84. 2.- O pulo á acción xorde na interioridade subxectiva como resultado do seu acusa-la necesidade de apropiar e asimila-lo outro de si, ese “algo” outro que fica fóra, que atrae, que se resiste porque é de seu consistente85 e que cómpre asimilar. O sentido de todo obrar, xa que logo, 81 “What we do think about is a common conceptual world” (SMW, 88). 82 “The ultimate appeal is to naïve experience” (SMW, 89). 83 “Os actos do Eu son dunha natureza tal que se rebordan a si mesmos, de xeito que non hai intimidade de conciencia –entende MERLEAU PONTY-. A conciencia é de parte a parte transcendencia, e non transcendencia pasiva [...], senón transcendencia activa”. “O que descubro e recoñezo polo Cogito non é a inmanencia psicolóxica, a inherencia de tódolos fenómenos a ‘estados de conciencia privados’, [...] –non é nin sequera a inmanencia transcendental, a pertenza de tódolos fenómenos a unha conciencia constituínte, [...]-, é o movemento profundo de transcendencia que é o meu ser mesmo, o contacto simultáneo co meu ser e co ser do mundo” (op. cit., pp. 431 e 432; cursivas engadidas). 84 “In our sense-experience we know away from and beyond our own personality” (SMW, 89). 85 “A determinación do ser do mundo como termo transcendente do movemento –afirma neste sentido M. HENRY-, como termo resistente ó esforzo, é unha determinción esencial que non presupón nada máis”. “Este termo resistente constitúe o fundamento do real, a esencia das cousas, e isto de maneira primordial. 4 6 “Semella orixinarse nun instinto de autotranscendencia” (SMW, 90)86. Porque ó suxeito lle consta que hai cousas-outras, que estas son tan reais como el mesmo e, aínda máis, que resultan vitais para o seu propio ser, pode chegar a se desenvolve-la iniciativa pragmática, preparada para se medir e, de ser preciso, dobregar, á que se experimenta como unha valiosa existencia independente. 3º.- Para a observación máis elemental, é un feito manifesto que o devir cósmico prosegue imperturbabelmente o seu curso con independencia da circunstancia de ficar ou non reflectido no saber dun espectador eventual. O mundo non precisa ser sostido pola mirada da conciencia. O mundo é firme de seu: sostívose por si mesmo nas súas idades remotas e sostense na súa “soidade”, tamén, naquelas rexións do universo nas que aínda non teñen xermolado nin o pensamento nin a vida. A serena autosubsitencia do mundo demostra a súa consistencia ontolóxica. E así o “sabe” (porque o vive) o suxeito. A presenza previa, envolvente e autónoma, da natureza externa constitúe a evidencia fundamental da experiencia. “A natureza é o que observamos na percepción a través dos sentidos. Na percepción sensorial decatámonos de algo que non é pensamento e que se autocontén perante o pensamento. Esta propiedade de se auto-conter perante o pensamento constitúe o baseamento da ciencia natural. Pois significa que a natureza pode ser concibida como sistema pechado cuxas relacións intrínsecas son independentes do feito de seren obxecto do pensamento” (CN, 3)87. A natureza auto-contense para a mente: Reserva para si o misterio do seu poder creador, mantense sempre nunha transcendencia irreductíbel. Nin a substancialidade nin a orde do acontecer natural dependen en ningún sentido relevante da actividade construtiva do suxeito cognoscente. O “aí” e o “así” do mundo moderan, coa súa impositividade rotunda, as pretensións desmedidas da subxectividade. Por todo isto, cómpre concluír que [...]. Porque a determinación do real como aquilo que resiste é unha determinación a priori, estamos seguros de que tal determinación endexamais haberá de ficar ausente da nosa experiencia do real e de que, ben ó contrario, a fornecerá sempre de fundamento. Esta última certeza repousa á súa vez non sobre unha esixencia da razón, senón sobre a natureza mesma da nosa experiencia do real, sobre o feito de que o movemento é a intencionalidade orixinaria, unha intencionalidade en certo sentido permanente da vida do ego, de xeito que aquilo que nos é dado na experiencia presenta inelutabelmente o carácter esencial de ser dado ó noso movemento. A vida concreta que fai experiencia interna e transcendental de si como movemento subxectivo fai simultaneamente experiencia do mundo como termo transcendente do movemento, como continuo resistente” (Philosophie et phénoménologie du corps, Paris, Presses Universitaires de France, 1987, pp. 101 e 103; o primeiro e o cuarto subliñados son do autor). 86 “Seems to issue in an instinct for self-transcendence” (SMW, 90). 87 “Nature is that which we observe in perception through the senses. In this sense-perception we are aware of something which is not thought and which is self-contained for thought. This property of being self-contained for thought lies at the base of natural science. It means that nature can be thought of as a closed system whose mutual relations do not require the expression of the fact that they are thought about” (CN, 3). 47 “O proceso de experiencia consiste na recepción de obxectos na unidade desa ocasión complexa que constitúe o proceso mesmo. Este proceso créase a si mesmo, pero non crea os obxectos que recibe en calidade de factores da súa propia natureza” (AI, 179)88. Fronte ás vacilacións escépticas do idealismo, Whitehead prescribe para a filosofía a necesidade de adoptar un lúcido realismo cabal (thoroughgoing realism, en SME, 10), capaz de vence-la estrañeza do pensamento perante a natureza. Agora ben; esta estrañeza, verdadeira alienación, só será superada de maneira definitiva cando o suxeito logre liberarse da que é a súa alienación máis grave e radical: a alienación con respecto ó seu propio corpo. O suxeito crítico debe decidirse a se emancipar da tutela dos prexuízos intelectualistas e a asumir, xunto coa súa “maioría de idade”, a completude real da súa persoa na súa densidade existencial íntegra. O maior triunfo da “falacia da concretez fóra de lugar”89 foi conseguir que o suxeito chegase a se contemplar a si mesmo como a un abstracto “ego cogitante”. O corpo é a firme raiceira que finca a subxectividade no mundo e o mundo, con igual primordialidade, na cerna da subxectividade. Sendo el mesmo unha porción da natureza e inmerso nunha interacción dialéctica co seu medio, o corpo franquea a facticidade externa á interioridade experienciante. O suxeito é atinxido de maneira efectiva polas interpelacións do mundo porque este pulsa o seu corpo. A experiencia do corpo propio é para o suxeito a experiencia da súa pertenza a unha realidade sólida que excede os límites da propia inmediatez90. “Para a teoría organicista, a percepción máis primitiva é ‘senti-lo corpo a funcionar’. Este é un sentir do mundo antecedente; trátase da herdanza do mundo en calidade de sentir complexo, isto é, é o sentir de sentires derivativos. A percepción ulterior, máis sofisticada, é ‘senti-lo mundo contemporáneo’. Esta inmediatez de presentación principia ela mesma pola presentación sensorial do corpo actual. Cando Descartes dixo: ‘este corpo é meu’, debería ter dito tamén: ‘este mundo actual é meu’. O meu proceso de ‘ser eu mesmo’ consiste na miña orixinación a partir da miña posesión do mundo” (PR, 81)91. “O corpo é o organismo cuxos estados regulan o noso coñecemento do mundo. A unidade do campo perceptual, en consecuencia, ten de ser unha unidade de experiencia corporal. Ó decatármonos da experiencia corporal, decatámonos asemade dunha serie de 88 “The process of experiencing is constituted by the reception of objects into the unity of that complex occasion which is the process itself. The process creates itself, but it does not create the objects which it receives as factors in its own nature” (AI, 179). 89 Véxase supra, 3.1.1. . 90 “O coñecemento do mundo polo corpo e o coñecemento orixinario do corpo non son [...] dous coñecementos diferentes; antes ó contrario, o segundo é a substancia mesma do primeiro. A experiencia transcendente é ela mesma unha experiencia interna transcendental, a experiencia orixinaria é unha experiencia na que nos é presente o ser do mundo tanto como o ser do corpo, por máis que o modo de presenza sexa radicalmente diferente nun e noutro caso: o corpo enos presente na inmanencia absoluta da subxectividade, o mundo, no elemento do ser transcendente” (HENRY, M., Philosophie et phénoménologie du corps, Paris, Presses Universitaires de France, 1987, p. 130). 91 “For the organic theory, the most primitive perception is ‘feeling the body as functioning’. This is a feeling of the world in the past; it is the inheritance of the world as a complex of feeling; namely, it is the feeling of derived feelings. The later, sophisticated perception is ‘feeling the contemporary world’. Even this presentational immediacy begins with sense-presentation of the contemporary body. Just as Descartes said, ‘this body is mine’; so he should have said, ‘this actual world is mine’. My process of ‘being myself’ is my origination from my possession of the world” (PR, 81). 4 8 aspectos da totalidade espazo-temporal en canto reflectidos dentro da vida corporal” (SMW, 91)92. A adecuación ós feitos representa o requisito ineximíbel que debe satisfacer unha epistemoloxía cabal. A tarefa prioritaria para o proxecto de fundamentación do coñecemento non pode ser outra, entón, que restituír á corporeidade o estatuto de condición de posibilidade radical do proceso de experiencia que con toda xustiza lle corresponde. A recuperación do corpo propio é a única vía pola que a subxectividade pode recuperar, e mesmo acadar a apropiar, o problemático mundo-outro, esa alteridade inobviábel, punxente ou incitante, que perde definitivamente o seu carácter de “estrañeza” no contacto vivo co corpo. 3.1.4. O rexeitamento do dualismo e a reintegración psico-somática “A desastrosa separación de corpo e mente, fixada no pensamento europeo por Descartes, é a responsábel da cegueira da ciencia” (MT, 154)93. Non cabe dubidar verbo das consecuencias danosas que ten carrexado o prexuízo dualista, inducindo o individuo á alienación e extraviando, até a falsidade, o labor hermenéutico das ciencias humanas. Malia que non é xusto, en rigor, imputar toda a responsabilidade a Descartes. Descartes limítase a reformular conforme ás regras do “xogo lingüístico” da Modernidade unha idea que, rescatada por Platón do esoterismo órfico para a introducir no dominio do pensamento discursivo, levaba xa máis de dous milenios exercendo o seu influxo poderoso sobre a especulación filosófica e sobre o conxunto das manifestacións da cultura. Isto non impide recoñecer que o dualismo cartesiano se atopa efectivamente á base do materialismo mecanicista da ciencia moderna, prestándolle aval metafísico. Foi así que a ciencia coidou poder demostrar experimentalmente (e converter en dogma positivo) algo que até entón fora unha hipótese especulativa sancionada pola razón (como non-contraditoria e mesmo como verosímil), pero entregada, en última instancia, ó dominio da crenza. Perante o enfoque dualista, mente e materia fican circunscritas hermeticamente a cadansúa esfera entitativa, sen que exista posibilidade de interferencia entre os seus radios de acción respectivos. A observación empírica non rexistra indicios que denoten a implicación da mente nos sucesos naturais. A tensión subxectiva, a finalidade e a actividade creativa son elementos alleos ás evolucións do devir fáctico. Disto dedúcese con toda lóxica a inoperatividade e incluso a total ausencia da mente na natureza. 92 “The body is the organism whose states regulate our cognisance of the world. The unity of the perceptual field therefore must be a unity of bodily experience. In being aware of the bodily experience, we must thereby be aware of aspects of the whole spatio-temporal world as mirrored within the bodily life” (SMW, 91). 93 “The disastrous separation of body and mind which has been fixed on European thought by Descartes, is responsible for this blindness of science” (MT, 154). 4 9 Esta inferencia é lexítima, e tamén o son as razóns que levan á investigación empírica a adopta-lo modo de proceder que conduce a ela como a unha conclusión necesaria. Os cálculos da teoría teñen de recorrer ós esquemas simplificados para facer cadra-la densidade do real nos límites do seu alcance prospectivo. Pero a complexidade sutil da vida escapa ás redes raras do concepto e dos sistemas abstractos. É por iso que a filosofía debe tomar en sentido estrito a súa vocación meta-física e remontarse (se cadra habería que dicir: retornar) ás fontes orixinarias da evidencia. A aquelas evidencias primixenias (fundantes, primitivas) nas que residen as razóns últimas polas que non se pregunta a ciencia, precisamente por as dar por supostas acotío. O problema xenérico da relación mente-materia ten a súa plasmasción real e concreta na integración entre a tensión subxectiva e a efectividade somática no existente particular. Do que se trata, por tanto, é de sondar cómo vive o suxeito a interacción entre a súa dimensión mental (afectiva, volitiva, cognoscitiva, etc.) e esa porción da natureza que identifica, de maneira espontánea, como o corpo “propio”. Descubrirase entón que “Esta división tallante entre mentalidade e natureza carece de fundamento na observación inmediata. Atopámonos a nós mesmos vivindo na natureza” (MT, 156)94. “O individuo humano constitúe un feito unitario, corpo e mente. Esta apelación á unidade é o feito fundamental, sempre presuposto e raramente formulado de maneira explícita” (MT, 159; cursivas engadidas)95. Fundamental, inexplícito: velaquí as notas definitorias do feito que vertebra a precomprensión (na acepción heideggeriana) que ten o suxeito do seu propio ser, do feito que viabiliza coa súa obviedade o transcurso completo da existencia cotiá. A da evidencia é unha xénese pasiva, como ben a caracterizara a fenomenoloxía96. O ego cogitante perecería na contemplación estéril da súa mesmidade se non se soubese tamén ego encarnado que percibe, sente e pode porque é corpo entretecido co mundo. Corpo e mente cooperan na produción desa realidade complexa e unitaria que é o ser humano, efectividade fáctica e interioridade experienciante. A interacción entre os funcionamentos respectivos de “soma” e “psique” é asumida polo suxeito con tan segura naturalidade, a forza de a experimentar como infalíbel, que a conciencia permítese “desentenderse” dela. O fundamental, por indefectíbel, dase por suposto: é o necesario, o que “é debido”. Á atención consciente abóndalle con se achar acaparada pola inestabilidade problemática dos restantes aspectos accesorios da experiencia. As pulsacións do corpo marcan o ton e o ritmo dos procesos do psiquismo. Tanto a actividade perceptiva como a conformación “visceral” (e nunca mellor dito) dos estados afectivos áchanse en estreita dependencia dos condicionamentos fisiolóxicos. A subxectividade asómase ó mundo dende o seu “acontecemento perceptivo” (percipent event, en CN, 107), enclave que non só abrangue o seu soporte corpóreo, senón tamén a 94 “This sharp division between mentality and nature has no ground in our fundamental observation. We find ourselves living within nature” (MT, 156). 95 “The human individual is one fact, body and mind. This claim to unity is the fundamental fact, always presupposed, rarely explicitly formulated” (MT, 159). 96 Véxanse, p. ex., as penetrantes análises de P. RICOEUR en ‘Appendice consacré à Husserl (in E. BREHIER, Histoire de la Philosophie allemande)’, ‘Husserl et le sens de l’histoire’, ‘Analyses et problèmes dans Ideen II’ e ‘Études sur les Méditations Cartésiennes de Husserl’, en À l´École de la Phénoménologie, Paris, J. Vrin, 1986. 50 súa conxuntura espazo-temporal peculiar. É o corpo, prolongación el mesmo da efectividade do medio sensíbel, o que fornece da materia prima coa que a interioridade experienciante elabora as súas representacións acerca do que “é o caso” alén da súa inmediatez97. “A percepción sensorial é un resultado da dependencia da nosa experiencia con respecto ós funcionamentos corporais” (MT, 159)98. “Sentimos co corpo. Poderá darse acaso unha espacialización máis específica nun certo órgano sensorial, pero en calquera caso o ‘con’ do corpo constitúe un elemento omnipresente, malia que elusivo, na nosa percepción da inmediatez de presentación. Este ‘con’ representa a marca de orixe do sentir do que se trate, entrañada polo mesmo na súa forma subxectiva e no seu dato obxectivo” (PR, 311-312)99. Pero o suxeito non só está afeito a contar co seu corpo como co instrumento prehensivo imprescindíbel. Decátase, amais, de que pode dispor del como instrumento expresivo presto a traslada-los seus propósitos ó mundo. O corpo “responde” e executa eficientemente na realidade-outra os planos preparados para ela polo núcleo subxectivo. O corpo non é un estraño: os seus padecementos non lle son alleos á mente. Antes ó contrario, os poderes de esta resultan menoscabados a consecuencia dos trastornos somáticos. A fatiga do corpo entorpece ou bloquea a axilidade do pensamento; a dor do corpo acapara intransixentemente a atención da conciencia, desactivándoa para o resto dos elementos potencialmente relevantes do contorno; o malestar do corpo interfire cunha onda de irritación ou de angustia no discorrer ordinario dos procesos subxectivos. Todos temos experimentado nalgunha ocasión a repercusión das perturbacións fisiolóxicas sobre os nosos estados afectivos, sobre a nosa lucidez, sobre as nosas actitudes conscientes. A vehemencia coa que o corpo fai patentes as súas demandas100 comina a admitir que “Atopámonos nun gozo saudábel da vida en razón do funcionamento saudábel dos nosos órganos internos. [...]. O estado emocional xorde, precisamente, porque estes non están a producir ningunha sensación directamente asociada a eles mesmos. [...]. Este 97 A peculiar ambivalencia experiencial da corporalidade, cuxas evolucións transcorren sen solución de continuidade entre dous dominios ónticos claramente diferenciados para a subxectividade, é tamén enfatizada por BERGSON, quen chama a atención sobre o feito de que “a súa superficie [a do corpo], límite común do exterior e do interior, é a única porción da realidade extensa que é á vez percibida e sentida” (Matière et Mémoire, en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963, p. 205). 98 “All sense perception is merely one outcome of the dependence of our experience upon bodily functionings” (MT, 159). 99 “We feel with the body. There may be some further spacialization into a particular organ of sensation; but in any case the ‘withness of the body’ is an ever present, though elusive, element in our perception of presentational immediacy. This ‘withness’ is the trace of the origination of the feeling concerned, enshrined by that feeling in its subjective form and in its objective datum” (PR, 311-312). 100 O visceral atoparse do corpo agrava a finitude inherente á perspectiva perceptiva do suxeito, tinguíndoa co seu pathos pulsional peculiar. En razón do estreitamento así operado sobre a apertura orixinaria do ser-no-mundo, RICOEUR propón a denominación de “peche afectivo” (fermeture affective) para o fenómeno da autoinmediatez sentinte do corpo, cuxa substancia densa, saturada de si mesma, reverte inevitabelmente sobre a transparencia derramada da conciencia (‘Négativité et affirmation originaire’, en Histoire et vérité, Paris, Éditions du Seuil, 1964). 51 sentir directo da derivación da emoción a partir do corpo cóntase entre as nosas experiencias fundamentais” (MT, 159-160)101. A autosuficiencia do ego cogitante é un mito, o mito dunha razón inmadura que se deixa arrastrar pola abstracción. A filosofía cabal debe restaurar no suxeito aquel saber que o acompañou sempre, malia que velado ás veces polos prexuízos, en calidade de certeza inalienábel: o saber do seu “ser-corpo”. Non se desbota a posibilidade de que a alma (ou a mente), sostida por unha instancia transcendente, poida acadar unha sobreexistencia alén da disgregación do corpo concreto no que se achara incardinada. A esperanza palpita acubillada no corazón do pensamento whiteheadiano102. Mais, sexa como sexa, o certo é que polo momento, “aquí” e “agora”, atafegados co noso transcurso empírico e intra-mundano, todo canto podemos, coñecemos e somos llo debemos á eficacia leal e discreta do corpo. “O feito fundamental para a filosofía é que a experiencia mental, na súa complexidade íntegra, derívase ou resulta modificada por tal funcionamento [o fisiolóxico]. É así que o noso sentir básico é esta sensación de derivación, que é a que insta á reivindicación da unidade de corpo e mente” (MT, 160)103. Até aquí tense considerado unicamente media verdade ou, mellor dito (posto que toda “media verdade” implica unha “media mentira” coa que consente complicemente deixándoa na sombra), unha soa das facetas do problema. Do exterior ó interior: a efectividade das cousas da natureza (principiando polo propio corpo) modela substancialmente e tingue afectivamente a interioridade experienciante. Amosouse cómo pulsa o corpo as cordas tenues da mente. Cómpre agora, para pecha-lo círculo da comprensión, inverte-lo sentido da pescuda: Do interior ó exterior, para comprobar cómo a actividade subxectiva remodela e tingue de finalidade as cousas da natureza. Trátase de esclarecer “Cómo os sucesos mentais son operativos condicionando o curso subseguinte da natureza” (MT, 156)104. As condicións de posibilidade e os contidos dun acto de experiencia dado non se circunscriben ós elementos achegados polo “acontecemento perceptivo”. Malia que estes desempeñan unha función primordial, non abondan para dar razón da riqueza e a unidade global do proceso. 101 “We find ourselves in a healthy enjoyment of life by reason of the healthy functionings of our internal organs. [...]. The emotional state arises just because they are not providing any sensa directly associated with themselves. [...]. This direct feeling of the derivation of emotion from the body is among our fundamental experiences” (MT, 159-160). 102 Véxase, p. ex., AI, 208 ou PR, 350-351. A posibilidade da subsistencia autónoma do “polo mental” da persoa é unha das premisas básicas dos desenvolvementos da filosfía do proceso tal e como teñen sido formulados, entre outros, por Ch. Hartshorne ou D. R. GRIFFIN, autores que recoñecen explícita e reiteradamente a débeda do seu pensamento para cos posicionamentos whiteheadianos, en xeral, e en relación con esta cuestión, moi en particular. Reenchantment without Supernaturalism. A Process Philosophy of Religion (Ithaca and London, Cornell University Press, 2001), de GRIFFIN, constitúe un testemuño significativo en favor desta interpretación. A obra ofrece, polo demais, un estudo comparado exhaustivo das achegas respectivas de Whitehead e Hartshorne, concentrándose especialmente no ámbito da filosofía da relixión. 103 “For philosophy, the one fundamental fact is that the whole complexity of mental experience is either derived or modified by such functioning. Also our basic feeling is this sense of derivation, which leads to the claim for unity, body and mind” (MT, 160). 104 “How mental occurrences are operative conditioning the subsequent course of nature” (MT, 156). 52 “A nosa experiencia inmediata tamén reclama derivación doutra fonte. [...]. Esta segunda fonte é o estado mental que precede directamente o presente inmediato da experiencia consciente” (MT, 160)105. O estado mental inmediatamente anterior á ocasión de experiencia actual proxecta sobre esta última a súa calidade definitoria peculiar. Deste xeito, fornece a nova ocasión dun corpus de directrices intencionais (emocións, intereses, propósitos, expectativas) en función das cales artellar e dotar de significación os contidos obxectivos destilados para o seu propio presente polos funcionamentos corporais. A operatividade desta superposición (ou extensión, na terminoloxía técnica de Whitehead) do pasado sobre a actualidade emerxente garante a coherencia do proceso autocreativo da existencia. Se a nova ocasión de experiencia pode chegar a se conformar como algo máis que como mera reiteración do seu mundo antecedente, iso débese á intervención prospectiva do seu polo mental. A prehensión conceptual non só ofrece á síntese experiencial o seu modelo ideal de realización (que prescribe, entre outras cousas, a necesidade de adecuación con respecto ó seu pasado inmediato), senón que descobre na compacidade do fáctico aquelas potencialidades latentes, ou alternativas incumpridas, que mellor poden plenifica-la propia apetición. “Debemos partir dunha noción da actualidade como proceso. Este proceso entraña unha vertente física constituída polo pasado que perece para se transformar nunha creación novidosa. E entraña asemade unha vertente mental constituída pola Alma co seu repertorio de ideas” (AI, 275)106. “Toda realidade é esencialmente bipolar, física e mental, polo que a herdanza física vén esencialmente acompañada por unha reacción conceptual, en parte conforme a ela e en parte introdutora dun novo contraste relevante, pero sempre introducindo énfase, valoración e propósito. A integración das vertentes física e mental nunha unidade de experiencia constitúe unha autoformación que é un proceso de concrescencia” (PR, 108)107. A mente rescata a experiencia da trivialidade para a converter na “aventura” da procura da novidade. Pero só en virtude da súa condición encarnada pode a vocación transformadora da mente actuar como poder real capaz de promove-lo avance creativo da vida. 105 “Our immediate experience also claims derivation from another source. [...]. This second source is our own state of mind directly preceding the immediate present of conscious experience” (MT, 160). 106 “We should start from the notion of actuality as in its essence a process. This process involves a physical side which is the perishing of the past as it transforms itself into a new creation. It also involves a mental side which is the Soul entertaining ideas” (AI, 275). 107 “Each actuality is essentially bipolar, physical an mental, and the physical inheritance is essentially accompained by a conceptual reaction partly conformed to it, and partly introductory of a relevant novel contrast, but always introducing emphasis, valuation, and purpose. The integration of the physical and mental side into a unity of experience is a self-formation which is a process of concrescence” (PR, 108). 53 3.2. Correlatividade e proceso: Un bosquexo da proposta construtiva da filosofía do organismo “A unidade do mundo está a experimentar no seu conxunto un acrecentamento. O universo medra decote no cuantitativo por medio das novas experiencias que se van enxertando na masa previa. Pero con frecuencia son precisamente estas novas experiencias as que permiten á masa acadar unha forma máis consolidada”108. “O obxectivo da filosofía do organismo é formular unha cosmoloxía coherente baseada nas nocións de ‘sistema’, ‘proceso’, ‘avance creativo cara á novidade’, ‘res vera’ (no sentido cartesiano), ‘feito obstinado’, ‘unidade individual de experiencia’, ‘sentir’, ‘tempo como perecer perpetuo’, ‘duración como re-creación’, ‘propósito’, ‘universais e formas de definición’, ‘particulares –i.e., res veraecomo axentes últimos do feito obstinado’” (PR, 128)109. “Esta doutrina do organismo é o intento de describi-lo mundo como un proceso de xeración de entidades reais individuais, cada unha delas co seu logro absoluto de autorrealización. Esta finalidade concreta do individuo non é máis que unha decisión referida a un alén de si” (PR, 60)110. A sensibilidade cabal xermolada ó abeiro das novas evidencias (en realidade as máis primitivas) insta a abandona-la desmesura abstracta do subxectivismo tanto como o simplismo abstracto da cosmoloxía materialista. Esta renuncia saudábel permitirá á reflexión desprenderse do lastre de aporías que arrastrara ó fracaso a ambiciosa empresa do pensamento moderno. É xusto esixir agora que se ofreza unha alternativa positiva, un proxecto metafísico novo, rigoroso e audaz, concibido non como reforma conxuntural (e como tal superficial e conservadora) dos seus predecesores, senón como remoción auténtica dos fundamentos. Neste apartado ensaiarase un achegamento ós principios básicos da filosofía do proceso. A exposición concentrarase naqueles parámetros xerais que posibilitan unha comprensión adecuada da intención global da proposta organicista. O estudo dos conceptos máis específicos, rigorosamente técnicos, requiriría unha profundidade e amplitude de tratamento que aquí non se lles pode dedicar. A filosofía do proceso nace co propósito explícito de superar definitivamente todos aqueles dualismos en aparencia inconciliábeis que beirearan de perplexidade a historia da metafísica111. O Un e o múltiple, o universal e o particular, permanencia e troco, 108 WILLIAM JAMES, ‘A world of Pure Experience’, en Pragmatism and Other Writings, New York, Penguin Books, 2000, p. 335. 109 “The aim of the philosophy of organism is to express a coherent cosmology based upon the notions of ‘system’, ‘process’, ‘creative advance into novelty’, ‘res vera’ (in Descartes’ sense), ‘stubborn fact’, ‘individual unity of experience’, ‘feeling’, ‘time as perpetual perishing’, ‘endurance as re-cretion’, ‘purpose’, universals and forms of definiteness’ ‘particulars –i.e., res veraeas ultimate agents of stubborn fact’” (PR, 128). 110 “This doctrine of organism is the attempt to describe the world as a process of generation of individual actual entities, each with its own absolute self-attainment. This concrete finality of the individual is nothing else than a decision referent beyond itself” (PR, 60). 111 Trátase, en consecuencia, dun modelo que reflicte de xeito paradigmático a vocación comprehensiva que caracteriza, a xuízo de W. JAMES, o auténtico talante especulativo: “Aquilo que procura o noso 54 idealidade e facticidade, mente e materia, sentir e razón, son integrados agora nunha unidade de comprensión que afirma contar con argumentos para probarse ela mesma xusta plasmación discursiva da que é, de feito, a unidade dialéctica do acontecer. É absurda a pretensión de disolve-la antinomia real polo procedemento de suprimir conceptualmente unha das instancias enfrontadas. As simplificacións resultan en demasiadas ocasións falaces, e o equilibrio tenso no que se mantén a virtude tórnase vicio ó escorar cara ós extremos. Todo ten o seu lugar lexítimo na realidade, pero na medida xusta e ó seu debido tempo. Esta é, precisamente, unha das leccións máis valiosas que poden extraerse da reflexión sobre o proceso. 3.2.1. Noción de proceso “Hai dúas clases de proceso, proceso macroscópico e proceso microscópico. O proceso macroscópico consiste na transición da actualidade constituída á actualidade en constitución, en tanto que o proceso microscópico consiste na transformación de condicións que son meramente reais en actualidade determinada. O primeiro proceso efectúa a transición do ‘actual’ ó ‘meramente real’, en tanto que o segundo efectúa o crecemento do real cara ó actual. O primeiro proceso é eficiente; o segundo, teleolóxico. [...]. O primeiro proceso proporciona as condicións que rexen realmente a constitución, en tanto que o segundo proporciona os fins constituídos en actualidade” (PR, 214)112. “As realidades do Universo son procesos de experiencia, sendo cada proceso un feito individual. O Universo como un todo é o avance conxunto destes procesos” (AI, 197)113. O proceso consiste no tránsito da posibilidade á actualidade. O movemento é inesgotábel. Nel ten lugar a (re)creación do substrato obxectivo do universo, que se condensa e expande en cada ocasión de experiencia particular. Toda existencia concreta participa, co don do seu valor específico, na con-formación da comunidade orgánica total, da que ela mesma se recibe. A “aventura”114, dirixida á procura de formas de realización cada vez máis logradas e dunha harmonía cada vez máis cumprida, é ambiciosa. De aí que precise mobilizar tódalas instancias particulares do acontecer. O universo enteiro intervén na emerxencia de cada nova ocasión de experiencia (ou ocasión de actualización) particular, fornecéndoa dos materiais necesarios para intelecto non é nin a variedade nin a unidade, tomada cada unha delas individualmente, senón a totalidade. Nisto, a familiaridade coas diversidades da realidade resulta tan importante como a comprensión da súa conexión. A curiosidade vai pari passi coa paixón sistematizadora” (‘The One and the Many’, en Pragmatism and Other Writings, New York, Penguin Books, 2000, p. 59). 112 “There are two species of process, macroscopic process, and microscopic process. The macroscopic process is the transition from attained actuality to actuality in attainment; while the microscopic process is the conversion of conditions which are merely real into determinate actuality. The former process effects the transition from the ‘actual’ to the ‘merely real’; and the latter process effects the growth from the real to the actual. The former process is efficient; the latter process is teleological. [...]. The former process provides the conditions which really govern attainment; whereas the latter process provides the ends actually attained” (PR, 214). 113 “The actualities of the Universe are processes of experience, each process being an individual fact. The whole Universe is the advancing assemblage of these processes” (AI, 197). 114 A de “aventura” é unha noción especialmente cara ó pensamento whiteheadiano. Con ela intenta suxerirse o risco apaixonante inherente ó proceso global, que avanza cara ó seu destino de Beleza e Harmonía arrostrando a traxedia e desafiando a ameaza perpetua do mal. 61 orgánica que acolle e harmoniza definitivamente, neutralizando os conflitos entre o que é de seu “obstinadamente” finito, tódolos existentes particulares. A actitude relixiosa xenuína, propiamente natural, é reverencia perante “Unha rectitude intrínseca á natureza das cousas, funcionando en calidade de condición, de crítica e de ideal” (RM, II, ‘The Description of Religious Experience’)132. A especulación limítase a explorar á luz do rigor crítico aquela verdade primordial que descobre na cerna da vivencia emotiva. O valor que irradia da harmonía do conxunto orgánico non anula nin atenúa a significación dos seus compoñentes particulares. O efecto é xustamente o inverso: a orixinalidade do singular resulta potenciada polo contraste fecundo co outro de si. A perfección da harmonía total require a participación de todas e cada unha das individualidades concretas coa achega do seu logro peculiar de valor, limitado e insubstituíbel. 3.2.3. A concepción relativista da espazo-temporalidade “É evidente que podo emprega-la linguaxe de Leibniz e dicir que todo volume espella en si mesmo todo outro volume no espazo. Consideracións exactamente análogas se aplican ás duracións no tempo. Un instante de tempo, carente de duración, é un construto da imaxinación lóxica. Cada duración temporal espella en si mesma tódalas outras duracións” (SMW, 65)133. A filosofía do proceso descobre no espazo-tempo a condición estrutural que posibilita e sostén a configuración orgánica do universo que é o caso. A natureza sintética e correlativa entrañada (sen que haxa lugar ó paradoxo) na individualidade irredutíbel da existencia concreta ten a súa orixe na tripla virtualidade inherente á armazón espazo-temporal do acontecer. Vexamos en qué sentido: 1º.- As cousas están separadas e diferenciadas en razón das posicións que ocupan respectivamente no organigrama espazo-temporal. A función separativa do espazo-tempo garante así a autenticidade do existente individual, confinado na súa coordenada particular e inalienábel. 2º.- Agora ben; se o universo é unha comunidade orgánica e non un agregado de átomos inconexos, isto débese ó carácter prehensivo do espazo-tempo. A superposición (ou extensión) dos eventos que duran no tempo e a cosimultaneidade no espazo da multiplicidade dos procesos particulares de realización fundan a continuidade e a coherencia do devir. 132 “A righteousness in the nature of things, functioning as a condition, a critic, and a ideal” (RM, II, ‘The Description of Religious Experience’). 133 “It is evident that I can use Leibniz’s language, and say that every volume mirrors in itself every other volume in space. Exactly analogous considerations hold with respect to durations in time. An instant of time, without duration, is an imaginative logical construction. Also each duration of time mirrors in itself all temporal durations” (SMW, 65). 62 3º.- A localización espazo-temporal dunha entidade dada é a que confire a esta a súa determinación específica, a limitación en razón da cal é xustamente “iso” que é e ningunha outra cousa. Esta de-finitude orixinal vén modulada pola perspectiva que lle é imposta ó existente particular pola súa posición no tramado do real. A perspectiva, plasmación do carácter modal do espazo-tempo, determina cómo teñen de aparecer e ser asimilados para a síntese autoprodutiva da individualidade os materiais ofrecidos polo medio. En suma: un evento concreto é o que é porque prehende o que prehende, e prehende o que prehende por ter emerxido á actualidade nunha certa conxuntura espazo-temporal. “O aspecto de B dende A é o modo no que B entra na composición de A. Isto constitúe o carácter modal do espazo, conforme o cal a unidade prehensiva de A é a prehensión en unidade dos aspectos de tódolos demais volumes dende a perspectiva de A” [e o mesmo vale, na dimensión temporal, para as duracións] (SMW, 65)134. De todo isto infírese que nin o espazo nin o tempo poden ser concibidos como magnitudes absolutas rixidamente unívocas. Malia que a imaxinación especulativa se resiste a abandonar esta cómoda representación reificante135, os achados da ciencia contemporánea, coincidindo (sequera por unha vez) coa intuición da vivencia espontánea136, poñen de manifesto que os conceptos dun espazo e dun tempo absolutos son unicamente iso: “conceptos”, produtos da abstracción, valedoiros no dominio hipotético dalgunhas teorías, pero carentes de referente real. Son esquemas útiles e “razoábeis”, non se pretende negalo. Pero non acadan a capta-lo significado primixenio da espazo-temporalidade tal e como é descuberto pola experiencia orixinaria. Son as cousas concretas, coas súas relacións respectivas, as que espacializan e temporalizan substancialmente 137. “A facticidade física de cada rexión do espazo-tempo é unha composición daquilo que as entidades físicas de todo o Universo significan para esa rexión” (AI, 158)138. Pois, en definitiva, o real, o ultimamente real e significativo, son os innúmeros espazos e os innúmeros tempos despregados e vividos polos existentes concretos no transcurso do seu proceso de realización. 134 “The aspect of B from A is the mode in which B enters into the composition of A. This is the modal character of space, that the prehensive unity of A is the prehension into unity of the aspects of all the other volumes from the standpoint of A” (SMW, 65). 135 O propio Newton chegou a censa-lo Espazo e o Tempo absolutos, nos seus Principios de Filosofía Natural, como atributos da Divindade. 136 Son especialmente reveladoras, a este respecto, as análises da espacialidade e a temporalidade vividas levadas a cabo pola Fenomenoloxía. 137 A reflexión whiteheadiana revélase neste punto debedora das elaboracións de Bergson verbo da natureza esencialmente relativa e vivencial da espazo-temporalidade; abundan as referencias na obra bergsoniana (non en van a noción de “duración” é un dos seus piares básicos), pero para o contexto no que se moven as consideracións que agora nos ocupan remitimos principalmente a La Pensée et le Mouvant, pp. 1336 e ss. (en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963). 138 “The physical fact at each region of space-time is a composition of what the physical entities throughout the Universe mean for that region” (158). 63 3.2.4. A continuidade da natureza e a evolución ascendente do ser “Os diferentes modos de funcionamento [puramente físico, biolóxico, sensitivo, mental] [...] son producidos por diferentes modos de organización”. De xeito que sempre é posíbel discernir “... ... Unha continuidade entre estes distintos modos. [...]. A diferenza nos aspectos da natureza [apréciase] conforme imos mudando a escala de observación. Cada escala de observación preséntanos os efectos medios propios da mesma” (MT, 157-158)139. A realidade do progreso: Velaquí a “aposta” á que xoga a filosofía do proceso o sentido último das súas formulacións. A aposta é forte, pero tamén cabal. Se se mantén en firme é porque pode avala-la súa seguranza con razóns e porque sabe recoñecer e eludi-los tópicos da inxenuidade. A filosofía do proceso non é neglixentemente optimista. O seu compromiso realista obrígaa a enfrontar coa máxima seriedade o problema do mal. Cómpre contar coa posibilidade do colapso entrópico, para o mundo físico tanto como para o cultural. Non cabe sequera desbota-lo risco da decadencia irreversíbel. E, malia todo, a aposta mantense en firme. A intuición prospectiva detecta a operatividade dun pulo perfectivo que mobiliza os dinamismos do acontecer cósmico en prol da produción de formas de realización cada vez máis elevadas. A tendencia ascendente do devir xeral obedece a un mecanismo puramente natural, artellado polas sinerxías inherentes á estrutura profunda da realidade e, máis radicalmente, polos parámetros que definen a “situación metafísica” do universo que é o caso. Entre estes últimos, interesa aquí referirse a dous factores primordiais, a saber: -Un fondo de enerxía creativa, participado por todo canto é, que promove a emerxencia incesante do novo. Os eventos concretos son modalizacións ou condensacións particulares que canalizan, na medida da súa de-finitude característica, o potencial insondábel e indeterminado da creatividade xeral. “A ‘creatividade’ é o principio da novidade. Unha ocasión actual é unha entidade novidosa distinta de calquera outra na ‘multiplicidade’ que ela unifica. Así, a ‘creatividade’ introduce a novidade no contido da multiplicidade que constitúe disxuntivamente o universo. O ‘avance creativo’ resulta da aplicación deste principio último da creatividade a cada unha das situacións novidosas que na súa virtude se orixinan” (PR, 21)140. -Unha entidade supremamente actual, identificada por Whitehead coa Divindade, que desempeña as funcións de Principio de Concreción (ou de determinación) e Poder Persuasivo, urxindo todos e cada un dos existentes 139 “The diverse modes of functioning [...] are produced by diverse modes of organization”. [...]. “... A continuity between these different modes”. [...]. “... The difference in the aspects of nature according as we change the scale of observation. Each scale of observation presents us with average effects proper to that scale” (MT, 157-158). 140 “‘Creativity’ is the principle of novelty. An actual occasion is a novel entity diverse from any entity in the ‘many’ which it unifies. Thus ‘creativity’ introduces novelty into the content of the many, which are the universe disjunctively. The ‘creative advance’ is the application of this ultimate principle of creativity to each novel situation which it originates” (PR, 21). 64 particulares a acada-la plenitude do seu τέλος ideal. Deus dinamiza os mecanismos inerciais da facticidade pechada sobre si mesma, arredándoos da vía morta da entropía e fluidificando decote a súa medula creativa. Pois “Deus é o órgano da novidade e aspira á intensificación” (PR, 67)141. “Sen a intervención de Deus, nada novo habería no mundo, como tampouco ningunha orde. O transcurso da creación manteríase nun nivel morto de ineficacia, co equilibrio e a intensidade paulatinamente excluídos por mor das correntes contrapostas de incompatibilidade. Os sentires híbridos novidosos derivados de Deus, coas súas valoracións derivativas correspondentes, constitúen o fundamento do progreso” (PR, 247)142. Agora ben, Deus procura persuadir, pero non compele. Non hai lugar para o providencialismo, moito menos para o determinismo, nun universo impregnado pola creatividade até nos seus rudimentos máis elementais. De xeito que tampouco é posíbel contar con garantía ningunha verbo do éxito final da aventura. A aposta conserva íntegro todo o seu risco. Xunto con Whitehead, un dos autores que maior atención ten dedicado a estas temáticas é P. Teilhard de Chardin, cuxas elaboracións143 en torno ás condicións de posibilidade e a estrutura do progreso amosan fundadamente a razoabilidade da aposta. Para Teilhard, no transcurso irreversíbel do proceso cósmico consúmase de maneira progresiva a plenificación expansiva do ser. A sucesión dos fitos ontolóxicos verifícase con orde e continuidade a partir do incremento paulatino da complexidade organizativa nos diferentes estratos do acontecer. As novas posibilidades de realización implicadas en modos de interacción cada vez máis sofisticados rebordan as formas que definían a súa matriz, conducindo o sistema no seu conxunto a un decisivo “punto crítico”. Ten lugar entón o tránsito a un nivel ontolóxico superior, o cal emerxe sobre o baseamento daqueloutro máis primitivo que vén de quedar superado. Cada unha destas “esferas concéntricas” (tal como as denomina Teilhard) presenta unha característica específica, irredutíbel ós parámetros entitativos até o momento existentes. Nela se cifra a superioridade da “esfera” novidosa con respecto ás figuras previas abranguidas, ou contidas, na amplitude do seu “diámetro”. Os estadios que van quedando atrás aparecen co carácter do rudimentario á luz das cotas entitativas gañadas pola evolución, pero isto non menoscaba o recoñecemento do seu valor necesario e fundamental. Ningún traballo é van ou ocioso na aventura do ser en prol da consecución de formas de realización cada vez máis plenas. Non é posíbel “queimar etapas”. O esforzo é continuo, pero cada nova fase, cada nova estación culminada, supón un logro cualitativamente diferente. 141 “God is the organ of novelty, aiming at intensification” (PR, 67). 142 “Apart from the intervention of God, there could be nothing new in the world, and no order in the world. The course of creation would be a dead level of ineffectiveness, with all balance and intensity progressively excluded by the cross currents of incompatibility. The novel hybrid feelings derived from God, with the derivative sympathetic valuations, are the foundations of progress” (PR, 247). 143 Véxase, p. ex., El fenómeno humano, Madrid, Taurus, 1965. 6 5 O ser transfigúrase cada vez que traspón os limiares dun novo nivel de organización. A razón que medita sobre a evolución non se desconcerta perante o misterio da “discontinuidade”, senón que se marabilla perante os prodixios da orde. 66 4. A COSMOLOXÍA DO PROCESO: A OCASIÓN DE EXPERIENCIA COMO CÉLULA BÁSICA DA REALIDADE “A unidade e a multiplicidade áchanse aquí absolutamente coordinadas. Ningunha é primordial nin máis esencial que a outra”. “ ‘O mundo é Un’, por tanto, na xusta medida na que o experimentamos concatenado, Un, en relación coas múltiples conxuncións definidas que aparecen. Pero é non-Un, asemade, en relación coas múltiples disxuncións definidas que atopamos. A unidade e a multiplicidade [do mundo] refírense así a aspectos que poden designarse separadamente. O mundo non é nin un universo puro e simple, nin un multiverso puro e simple”144. “Non debemos esquecer, ó considerármo-lo carácter último das nosas experiencias de actividade, que cada unha delas non é senón unha porción dun mundo máis amplo, un elo na vasta cadea de procesos de experiencia dos que está feita a historia. Cada proceso parcial, para aquel que o vive, defínese pola súa orixe e polo seu obxectivo; pero para un observador cunha mente de alcance máis amplo que viva fóra del, este obxectivo non aparece senón como parada provisional, en tanto que a actividade subxectiva pasa a ser observada na súa continuación en actividades obxectivas que se van arredando no alén”145. Remontarse á altura dos tempos profundando até o núcleo atemporal da experiencia. Alén da física, alén do tempo. Na cerna orixinaria do ser, constantemente rexenerada e rexeneradora, como todo canto vai na vida, perden a súa significación as magnitudes positivas. Na súa procura do absoluto a metafísica debe tornarse tamén meta-cronía. Pero precisamente en razón da necesidade de transcender (o que implica asemade abranguer) todo tempo, non pode coidarse eximida do deber de acolle-las demandas da súa época, as que redundan no aquilatamento da súa adecuación tanto como as críticas. Velaquí o desafío proposto por Whitehead á actividade especulativa. A da metafísica é unha vocación fundamentadora, omnicomprehensiva. É, ou alomenos debería selo, con resolución innegociábel. Malia que poida semellar pretensioso (e mesmo neciamente pretensioso) dende a óptica das ciencias especializadas, a medida de adecuación dunha teoría metafísica vén determinada pola súa capacidade para descubrir e artellar discursivamente os principios últimos que rexen o devir xeral, en relación cos cales obtén a súa intelixibilidade a ocorrencia particular. A perspectiva da especulación é ambiciosa. Aspira a se dilatar até abrangue-la dimensión do universal, para xustificar aquel vello e solemne título (case obsoleto na nosa época prosaica e “desencatada” pola ciencia) que a nomeaba “cosmoloxía”. A amplitude deste horizonte non esgota o alcance da comprensión que procura a metafísica. Un horizonte é un límite ideal, unha nitidez núa e abstracta. Proporciona os eixes de coordenadas que definen a magnitude auténtica de canto se proxecta sobre o seu dominio, pero non é menos certo que, contemplado en si mesmo, sen referencia ós puntos concretos e minuciosamente substantivos que o integran, aparece como un baleiro carente de valor. É por isto que a metafísica, amais de universal, quérese concreta. Sabe que non debe escatimar esforzos para afina-la sutileza dos seus enfoques 144 WILLIAM JAMES, ‘The one and the Many’, en Pragmatism and Other Writings, New York, Penguin Books, 2000, pp. 62 e 67; o primeiro subliñado é noso. 145 WILLIAM JAMES, ‘The Experience of Activity’, en Essays in Radical Empiricism, Lincoln and London, University of Nebraska Press, 1996, pp. 172-173; cursivas engadidas. 6 7 e lograr así enxergar os rudimentos elementais nos que se (re)crea con verdadeira orixinariedade, na escala do “micro”, a substancia viva do real. A metafísica “cabal” que defende o seu precario dereito no panorama escéptico da cultura contemporánea reclama para si, á súa maneira, a cualificación cordial de “ciencia da experiencia” (se ben prescindindo, moi significativamente, da restritiva especificación hegeliana “da conciencia”). O ideal da converxencia da normatividade abstracta do xeral coa substancialidade viva do concreto nun único e mesmo modelo especulativo, sólido dende os seus fundamentos e ponderadamente axustado en tódalas proporcións, preside o transcurso completo da audaz “aventura” na que embarca Whitehead á metafísica. Amosar de qué xeito e en qué sentido logra efectivamente arrincar esta á súa inercia milenaria constitúe o cometido desta sección. O labor analítico concentrará a súa atención sobre a noción de acontecemento, pedra angular da cosmoloxía whiteheadiana. E posto que a unidade do acontecer máis elemental, e por tanto máis orixinaria, é a ocasión de experiencia (ou ocasión actual) comprobarase que a pescuda metafísica desemboca, de maneira absolutamente natural (é dicir, por necesidade interna), no dominio da epistemoloxía146. A sondaxe do proceso de (re)creación da realidade-total revelará que este afunde as súas raíces no proceso autocreativo do fenómeno experiencial. Agora ben, non é posíbel ocuparse co rigor preciso desta temática específica, complexa e abondosa de seu en dificultades técnicas, sen poder dar por suposta unha certa familiaridade con aqueles parámetros últimos que definen, na concepción whiteheadiana, a conxuntura cosmolóxica que vertebra o universo que é o caso. Será conveniente, pois, principia-la investigación cun exame da nosa situación metafísica. 146 A engrenaxe entrámbolos saberes resulta case que tautolóxica no caso dunha metafísica que se di da experiencia e dunha epistemoloxía que senta como principio que “a relación suxeito-obxecto é un modo particular da interconexión xeral das enerxías que constitúen o proceso das entidades actuais” (DEWEY, J., ‘The Philosophy of Whitehead’, en SCHILPP, P. A. (ed.), op. cit., p. 654). 68 4.1. A nosa situación metafísica “A realidade, impregnada de espírito, é creación”147. “A orde do mundo non é accidental. Non hai nada actual que teña acadado a súa calidade de tal sen algunha medida de orde. [...]. A orde do mundo, a profundidade da realidade do mundo, o valor do mundo no seu conxunto e nas súas partes, a súa beleza, o entusiasmo da vida, a paz da vida, a vitoria sobre o mal, áchanse todos vencellados entre si, e non accidentalmente, senón en razón desta verdade: que o universo presenta unha creatividade con liberdade infinda e un reino de formas con infindas posibilidades; pero que esta creatividade e estas formas son incapaces de acadar actualidade á parte da harmonía ideal absoluta, a cal é Deus” (RM, III, ‘The Creative Process’)148. O proceso: devir inesgotábel, movemento creativo expansivo, dinamismo omniabranguedor. Mais todos estes termos (“proceso”, “devir”, “movemento”, “dinamismo”) son en si mesmos, se ben se mira, baleiros. Carecen da substancialidade do concreto, da definición entitativa que soamente a apelación a un principio de orde e determinación pode proporcionar, dun τέλος capaz de mobiliza-la súa vocación esencial cara á súa realización efectiva. Carecen, en suma, de todos aqueles caracteres en virtude dos cales pode falarse da realidade como dun “transcorrer” (de algo), dun “despregarse” (como algo), dun “avanzar” (cara a algo). Non é posíbel prescindir da consistencia deses tenaces algos. A viabilidade ontolóxica do proceso entraña necesariamente a existencia dun material de traballo sobre o cal aplica-los seus dinamismos, dunha figura que acoute o seu movemento, dun sentido instando o seu devir. De non ser posíbel rastrexa-la presenza efectiva destes elementos, o cosmos demudaríase perante a razón nun caos inconcibíbel. Ende ben, non é isto o que ocorre no universo que se abre de feito ó noso coñecemento, alomenos nesta súa idade actual na que se desprega a “aventura” da civilización. A prospección especulativa descobre na totalidade cósmica forma e substancialidade, tensión e finalidade, e acada aínda a localiza-la súa orixe na interacción reciprocamente realizadora entre os factores que integran os dous estratos que constitúen o dominio do real. A realidade revélase na súa contextura máis aparente e inmediata como facticidade. O que é o caso patentemente é un denso mundo fenoménico, actual e temporal, conformado por unha multiplicidade fluente de ocasións de experiencia (ou de actualización). Nelas acontece a emerxencia progresiva á actualidade das infindas virtualidades do ser latentes no Reino da Idealidade, que adquiren así a efectividade que é o don privativo do concreto. 147 HENRI BERGSON, La Pensée et le Mouvant, en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963, p. 1275. 148 “The order of the world is no accident. There is nothing actual which could be actual without some measure of order. [...]. The order of the world, the depth of the reality of the world, the value of the world in its whole and in its parts, the beauty of the world, the zest of life, the peace of life, and the mastery of evil, are all bound together –not accidentally, but by reason of this truth: that the universe exhibits a creativity with infinite freedom, and a realm of forms with infinite possibilities; but that this creativity and these forms are together impotent to achieve actuality apart from the completed ideal harmony, which is God” (RM, III, ‘The Creative Process’). 69 A solidez palpábel do actual e do fáctico sostense unicamente en virtude do seu se achar vertebrada e dinamizada por unha estrutura profunda, fundante e intemporal, que regula e viabiliza a súa continxencia. Esta medula cósmica está integrada por tres instancias primordiais: Deus, os obxectos eternos e a creatividade xeral. Pouco se dirá aquí acerca da máis básica e impregnante delas, a creatividade xeral. Tampouco se estende o propio Whitehead na explicitación da súa natureza, se cadra porque non é necesario, ou posíbel, facelo. Como a φύσις das antigas cosmoloxías gregas, a creatividade é a enerxía inextinguíbel que traspasa o universo vivificándoo, arredándoo do anquilosamento entrópico e impulsándoo constantemente alén da súa inmediatez fáctica. Participada e efectivizada por todos e cada un dos existentes concretos, promove a emerxencia progresiva á actualidade do caudal de potencialidades do ser. Na macro-escala do devir xeral tanto como no microcosmos da experiencia particular, a creatividade representa a vida do organismo e a razón absoluta do proceso. “A ‘creatividade’ é o universal dos universais que caracteriza ultimamente a facticidade. Trátase daquel principio último en virtude do cal a multiplicidade que constitúe disxuntivamente o universo convértese nunha ocasión actual que unifica conxuntivamente o universo” (PR, 21)149. “O tránsito da natureza, que é só un outro nome para a forza creativa da existencia, non se limita a operar na estreita marxe dun presente instantáneo e definido. A súa presenza activa, que está agora a aprema-la natureza cara a adiante, ten de ser procurada a través do todo [...]. Non é posíbel meditar acerca do tempo e do misterio do tránsito creador da natureza sen experimentar unha emoción embargadora perante os limites da intelixencia humana” (CN, 73)150. Si haberemos de nos demorar, en troques, no estudo da natureza e función dos outros dous factores que definen, xunto coa creatividade xeral, a tripla condición de posibilidade da nosa conxuntura metafísica. Vexamos, pois, o papel que desempeñan Deus e o Reino da Idealidade habitado polos obxectos eternos na economía global da concepción metafísica whiteheadiana. 4.1.1. Os obxectos eternos “É o fundamento da posición metafísica que defendo que a comprensión da actualidade require unha referencia á idealidade. Os dous reinos son intrinsecamente inherentes á situación metafísica global” (SMW, 158). 149 “‘Creativity’ is the universal of universals characterizing ultimate matter of fact. It is that ultimate principle by which the many, which are the universe disjunctively, become the one actual occasion, which is the universe conjunctively” (PR, 21). 150 “The passage of nature, which is only another name for the creative force of existence, has no narrow ledge of definite instantaneous present within which to operate. Its operative presence, which is now urging nature forward, must be sought for throughout the whole [...]. It is impossible to meditate on time and the mistery of the creative passage of nature without an overwhelming emotion at the limitations of human intelligence” (CN, 73). 7 0 “O estatuto metafísico dun obxecto eterno é o de posibilidade para unha actualidade. Cada ocasión actual presenta un carácter definido en función do xeito no que tales posibilidades [os obxectos eternos] resultan actualizadas nela” (SMW, 159)151. Whitehead postula a existencia dun Reino do posíbel no que residirían eternalmente os modelos de orde e determinación que inspiran os eventos emerxentes do mundo temporal (concibidos como condensacións ou modos de individualización da enerxía creativa subxacente) na súa actividade autoprodutiva. Os obxectos eternos ingresan nas ocasións de experiencia152 (ou participan estas –se se prefire a terminoloxía platónicada esencia daqueles) e inciden así positivamente no desenvolvemento do proceso sintético das mesmas. “O funcionamento dun obxecto eterno na autocreación dunha entidade actual é a ‘ingresión’ do obxecto eterno na entidade actual” (PR, 25)153. A ingresión da idealidade no real concreto admite graos e modos diversos, decantados sempre en función da idiosincrasia peculiar de cada acontecemento particular. A presenza efectiva dun certo obxecto eterno nunha ocasión de experiencia pode canalizarse a través de dúas vías heteroxéneas e, malia posuíren estatutos de primodialidade epistemolóxica diferentes, complementarias: a prehensión conceptual, directa e indefectíbel, e a prehensión física, derivativa e, no atinxente ós seus contidos, continxente. Da prehensión conceptual (cómpre advertir que nestes niveis ontolóxicos absolutamente primarios o termo “conceptual” se acha exento por completo de toda connotación vencellada co “intelectual”) obtén a entidade emerxente o propósito que dotará de definición o seu proceso de realización. A fase inicial do desenvolvemento da ocasión de experiencia consiste na captación ou contemplación directa que é ofrecida ó seu polo mental154 do feixe de obxectos eternos máis axeitado para a actualización no seu caso concreto. 151 “The metaphysical status of an eternal object is that of a possibility for an actuality. Every actual occasion is defined as to its character by how these possibilities are actualised for that occasion” (SMW, 159) 152 A noción de “ocasión de experiencia” denota o caso máis elemental da categoría xeral de “acontecemento”. Máis adiante haberá ocasión de analizar con detalle o significado destes conceptos. 153 “The functioning of an eternal object in the self-creation of an actual entity is the ‘ingression’ of the eternal object in the actual entity” (PR, 25). 154 Téñase presente que na concepción dipolar da realidade propugnada pola cosmoloxía whiteheadiana asígnase a toda entidade actual unha dobre natureza ou dimensión físico-mental. Esta é unha estrutura ontolóxica que se verifica, e importa insistir nisto, en todo existente real e concreto, se ben o grao de desenvolvemento da mentalidade varía notabelmente (dende un mínimo inapreciábel até a sofisticación acadada, p. ex., no caso humano) en función da complexidade do organismo que se estea a considerar. Compréndese mellor o sentido deste posicionamento se se ten en conta que a noción de “mentalidade”, na semántica whiteheadiana, non é equivalente (nin sequera implica) á de auto-inmediatez consciente. A conciencia e a experiencia reflexiva son unicamente as manifestacións sofisticadas, ontoloxicamente continxentes, da actividade mental (ou conceptual) nos organismos superiores. O polo mental dunha entidade dada é, simplemente, aquel plano da súa experiencia no que xorden e se artellan a apetición e o pulo en prol da propia realización que sosteñen e dotan de sentido a tensión existencial (véxase, p. ex., PR, 45, 85, 108, 224, 239, 244, 277, 285, 308, 345, 348). A “violencia” perpetrada por Whitehead contra o uso consuetudinario dos conceptos filosóficos é un concorrido lugar común para os tópicos e a crítica doada en relación co seu pensamento metafísico (véxase, p. ex., HUGHES, P., ‘Is Whitehead’s psychology adequate?’ ou URBAN, W. M., ‘Whitehead’s philosophy of language and its relation to his metaphysics’, en SCHILPP, P. A. (ed.), op. cit.). Outros intérpretes posúen suficiente sensibilidade especulativa para comprender que “forxando novas palabras, apelando á axuda dunha inspiración poética ás veces 77 constitúe ela mesma un feito, polo que condiciona a creatividade. É así como a posibilidade que transcende a realidade do feito temporal adquire relevancia real para o avance creativo” (PR, 31)174. Na ausencia dun Principio de Concreción (ou de Limitación), capaz de redimir da súa inanidade a potencialidade infinda e indeterminada aplicándolle o tórculo da finitude, a emerxencia do concreto, isto é, da existencia real e actual, carece de viabilidade en absoluto. Todo proceso de realización é necesariamente finito, por canto consiste na concreción fáctica dun “algo” definido. A ocasión de experiencia (a entidade actual máis elemental) constitúese a modo de síntese perspectivisticamente decantada do substrato obxectivo do seu mundo antecedente, no cal se atopa presente, en graos e tipos de modalización diversos, a totalidade dos obxectos ideais. Perante a actividade prehensiva da ocasión emerxente ábrese así un abano de contidos virtualmente infindo, un infindo de posibilidades no que nada fica excluído, en principio, para a conformación do seu devir autocreativo. Agora ben, tal infinitude, lonxe de redundar na plenitude entitativa do suxeito incipiente, provocaría inevitabelmente a saturación e o colapso da súa receptividade, imposibilitando a prosecución (e mesmo o comezo) da actividade sintética. O individuo disgregaríase na indeterminación. A actualidade, que é concreción e efectividade, require sempre a medida dun propósito, dun criterio discriminador en función do cal seleccionar un valor particular de entre a mera trivialidade á que se reduce, tomada no seu conxunto, a hoste do posíbel. Sen definición, sen propósito, sen os contornos nidios da finitude, o mundo ensómese no caos, no nada absoluto. Ende ben, non é este o caso. En consecuencia, dada a actualidade do mundo coa súa constelación de valores harmonizados, a especulación cóidase autorizada a inferir que sobre o transcurso do devir cósmico se proxecta a acción dun Principio de Limitación. Este daría a prehender a cada novo evento emerxente un feixe finito de obxectos eternos, a xeito de paradigma de realización. En virtude desta súa “finalidade subxectiva” (subjective aim), a nova ocasión de experiencia acada a discernir no seu medio aqueles elementos pertinentes para o seu proceso de autoprodución, chegando así a se configurar, desbotado o cúmulo de posibilidades irrelevantes, como individualidade concreta dotada dun valor específico. “O valor é o don da finitude, a cal constitúe a condición necesaria para a actividade” (MG, 674)175. “Deus é o principio de concreción; é dicir, El é a entidade actual da que cada concrescencia temporal recibe o obxectivo inicial do que arrinca a súa autocausación. Tal obxectivo determina as graduacións iniciais de relevancia dos obxectos eternos para o sentir conceptual e constitúe, asemade, o suxeito autónomo na fase primaria dos seus sentires coas súas avaliacións conceptuais e propósitos físicos iniciais. Deste xeito, a 174 “The primordial created fact is the unconditioned conceptual valuation of the entire multiplicity of eternal objects. This is the ‘primordial nature’ of God. By reason of this complete valuation, the objectification of God in each derivate actual entity results in a graduation of the relevance of eternal objects to the concrescent phases of that derivate occasion. Apart from God, eternal objects unrealized in the actual world would be relatively non-existent for the concrescence in question. For effective relevance requires agency of comparison, and agency belongs exclusively to actual occasions. This divine ordering is itself matter of fact, thereby conditioning creativity. Thus possibility which transcends realized temporal matter of fact has a real relevance to the creative advance” (PR, 31). 175 “All value is the gift of finitude which is the necessary condition for activity” (MG, 674). 7 8 transición da creatividade dun mundo actual á concrescencia novidosa correlativa, áchase condicionada pola relevancia da avaliación conceptual omniabranguedora de Deus en relación coas posibilidades de transmisión particulares do mundo actual” (PR, 244)176. A análise da función ordenadora desempeñada no acontecer cósmico pola instancia identificada como Principio de Concreción, alén de esclarece-los mecanismos artelladores da emerxencia do concreto, permite á especulación enxergar algunhas das dimensións da insondábel natureza divina. Deus, o fundamento actual (pois a efectividade só pode provir da consistencia da actualidade) e intemporal que encarreira o fluír creativo do proceso, revélase, dende este ángulo, como Intelixencia activa e omniabranguedora, dedicada á contemplación das esencias eternas e á avaliación das posibilidades combinatorias das mesmas en relación co valor que podería xera-la súa inserción nunha conxuntura fáctica. Para Whitehead non cabe dúbida, neste sentido, de que “O obxectivo de Deus é a consecución de valor no mundo temporal” (RM, III, ‘Value and Purpose of God’; cursivas engadidas)177. Deus latexa co corazón do mundo, inmersos ambos nunha aventura conxunta cuxos logros reverten sobre a propia natureza divina, plenificando o que en si mesmo non sería máis que un intelecto abstracto infindo, ensumido nunha meditación estéril acerca de meros posíbeis. É así que tamén existe un τέλος para a actividade divina. Non podería ser doutro xeito. A coherencia rigorosa do sistema prescribe a aplicación universal da súa normatividade. Deus, na súa calidade de entidade supremamente actual, é precisamente quen menos podería acharse eximido do seu cumprimento. As leis cósmicas teñen a súa aplicación paradigmática e eminente na realidade divina: “Deus non debe ser tratado como unha excepción a tódolos principios metafísicos, invocada para evita-lo seu colapso. El constitúe a súa exemplificación principal” (PR, 343)178. En consecuencia, e posto que representa a perfección da actualidade, Deus é tamén de-finitude, isto é, determinación específica e limitación. A limitación de Deus consiste na súa bondade infinda (como exclusión ou carencia de todo mal), plasmada no propósito de promover en todos e cada un dos existentes particulares un firme pulo en prol da consumación óptima dos seus procesos de realización respectivos. Do amor solícito, e só del, é de onde nace a inspiración do sublime Poeta179. O Amor e a Beleza transfiguran o ronsel de derramo, sufrimento e conflito que vai deixando tras de si o 176 “God is the principle of concretion; namely, he is that actual entity from which each temporal concrescence receives that initial aim from which its self-causation starts. That aim determines the initial gradations of relevance of eternal objects for conceptual feeling; and constitutes the autonomous subject in its primary phase of feelings with its initial conceptual valuations, and with its initial physical purposes. Thus the transition of the creativity from an actual world to the correlate novel concrescence is conditioned by the relevance of God’s all-embracing conceptual valuations to the particular possibilities of transmission from the actual world” (PR, 244). 177 “The purpose of God is the attainment of value in the temporal world” (RM, III, ‘Value and Purpose of God’). 178 “God is not to be treated as an exception to all metaphysical principles, invoked to save their collapse. He is their chief exemplification” (PR, 343). 179 Verbo desta imaxe, véxase PR, 346, onde o propio Whitehead permite ó pensamento internarse nas paraxes do dicir poético. 7 9 devir accidentado do mundo, abafado pola finitude, que se revira contra el tornada en mal positivo. A banalidade arrepiante da traxedia do acontecer, tan perpetua na súa condición esencial como efémera nas súas circustancias concretas, rexenérase, acollida no “reino dos ceos” da natureza consecuente divina, nunha Aventura conmocionante que xustifica o doroso esforzo investido. Nada hai que “esperar” de Deus, posto que xa se atopa El mesmo entregado, dende sempre e por enteiro, ó amor devecido do mundo. O “Reino” non ten aínda que “vir”, postergado indefinidamente pola inmadureza desesperanzada dos tempos. O Amor activo e operativo (pois en ningunha outra cousa podería consisti-lo medio celestial) constitúe o presente real e absoluto no que vive (ou polo que vive) e latexa o corpo redimido do mundo. “O amor de Deus polo mundo [...] é a providencia particular para as ocasións particulares. O que se fai no mundo transfórmase nunha realidade no ceo, e a realidade do ceo retorna ó mundo. En razón desta relación recíproca, o amor do mundo transmítese ó ceo, e reflúe novamente sobre o mundo. Neste sentido, Deus é o gran compañeiro –o camarada no sufrimento, que comprende” (PR, 351)180. Na medida en que os eventos particulares secunden os dinamismos da Divindade, o universo no seu conxunto funcionará como comunidade orgánica vivente, engrenado pola adaptación mutua entre os individuos. En Deus residen a razón última das leis xerais que regulan o acontecer natural e a orixe dos criterios de determinación que rexen en particular para cada proceso concreto. Asistíndoa con solicitude xa dende o nivel ontolóxico máis elemental, Deus modula a transición creativa por medio da cal avanza o proceso global, paso a paso e constantemente, cara a cotas novidosas de valor e plenitude. “Debemos concibi-lo Eros divino como contemplación activa de tódolos ideais, tensado en prol da realización finita dos mesmos, cada un no seu momento apropiado. [...]. Esta síntese do ideal co real é precisamente aquilo que ten lugar en cada ocasión finita” (AI, 277)181. O proceso global transcorre como a grande Aventura do universo en canto unidade orgánica, lanzado á exploración das posibilidades inesgotábeis do ser, mobilizado en tódalas súas febras particulares en prol do ideal da Beleza. E Beleza significa constelación harmoniosa dos valores individualmente acadados, superación definitiva, marcada indelebelmente pola traxedia, da colisión e do conflito, das incompatibilidades inevitábeis que menoscaban o que é obstinadamente finito, da frustración, do derramo, das precariedades todas, en suma, que laceran a cerna do ser como múltiples avatares do mal. Whitehead estima que a especulación está lexitimada a se amosar razoabelmente optimista e a apostar, en consecuencia, polo éxito desta empresa colectiva. Xa que, ó cabo, esta evoluciona inspirada polo “Éros” divino, que rescatará, estañará e emendará 180 “The love of God for the world [...] is the particular providence for particular occasions. What is done in the world is transformed into a reality in heaven, and the reality in heaven passes back into the world. By reason of this reciprocal relation, the love in the world passes into the love in heaven, and floods back again into the world. In this sense, God is the great companion –the fellow sufferer who understands” (PR, 351). 181 “We must conceive the divine Eros as the active entertainment of all ideals, with the urge to their finite realization, each in its due season. [...]. This synthesis of the ideal with the real is just what happens in each finite occasion” (AI, 277). 80 os fracasos dolorosos cos que puidesen terse saldado os procesos individuais, transfigurándoos mediante a súa inserción na harmonía do conxunto. A esperanza pugna por se tornar certeza mediante “... O concepto dunha Aventura no universo en canto Todo unitario. Esta Aventura abrangue tódalas ocasións particulares, pero situándose, como feito actual, alén de todas elas. [...]. Na Unidade da Aventura está incluído o Eros, que é a forza viva que insta á realización óptima de tódalas posibilidades. [...]. A Unidade da Aventura inclúe como compoñentes tódalas realidades individuais, coa relevancia correspondente ó feito persoal ou social ó que pertenzan. A relevancia dos compoñentes individuais vén requirida pola propia esencia da Beleza. [...]. É así que a Beleza incorpora a renovación derivada do Avance do Mundo Temporal” (AI, 295)182. Nas formulacións verbo do “Eros divino” transparéntanse, unha vez máis, as reminiscencias platónicas que impregnan o pensamento whiteheadiano. Whitehead concibe a Deus como o “Eros do universo”, solícita presenza inmanente que insta os existentes particulares, dende a súa mesma cerna, a se esforzaren en prol da consecución dos seus ideais de valor correspondentes. O poder de Deus, exento de toda veta coactiva, non é senón a persuasión amorosa que El exerce sobre todos e cada un dos membros individuais do grande organismo que é o universo no seu conxunto, inducíndoos a cooperar na construción da harmonía global. “A Aventura do Universo principia co soño e colleita Beleza tráxica. Este é o segredo da unión do Entusiasmo coa Paz: Que o sufrimento chega ó seu fin nunha Harmonía de Harmonías. A experiencia inmediata deste Feito Final [...] constitúe o sentido da Paz. Deste xeito o mundo é persuadido cara a todas cantas perfeccións son posíbeis para as súas diversas ocasións individuais” (AI, 296)183. “Deus, cuxa existencia se funda no valor, ten de ser concibido como persuasión cara a unha coordinación ideal” (Imm, 694)184. Agora ben; Deus procura persuadir, pero non compele, posto que se por unha banda “O poder de Deus é a veneración que El inspira” (SMW, 192)185, tampouco é menos certo que “A veneración de Deus non é unha regra de seguranza” (SMW, 192)186. 182 “... ... The concept of an Adventure in the Universe as One. This Adventure embraces all particular occasions, but as an actual fact stays beyond any of them. [...]. The Unity of Adventure includes the Eros which is the living urge towards all possibilities, claiming the goodness of their realization. [...]. The Unity of Adventure includes among its components all individual realities with the importance of the personal or social fact to which it belongs. Such individual importance in the components belongs to the essence of Beauty. [...]. Thus Beauty has always within it the renewal derived from the Advance of the Temporal World” (AI, 295). 183 “The Adventure of the Universe starts with the dream and reaps tragic Beauty. This is the secret of the union of Zest with Peace: -That the suffering attains its end in a Harmony of Harmonies. The immediate experience of this Final Fact [...] is the sense of Peace. In this way the world receives its persuasion towards such perfections as are possible for its diverse individual occasions” (AI, 296). 184 “God, whose existence is founded in value, is to be conceived as persuasive towards an ideal coördination” (Imm., 694). 185 “The power of God is the worship He inspires” (SMW, 192). 186 “The worship of God is not a rule of safety” (SMW, 192). 81 En virtude da espontaneidade irreductíbel que lle é inherente en razón da súa participación na enerxía creativa que traspasa medularmente a totalidade do ser, a individualidade particular pode optar por se enquistar no seu valor singular, pugnando cegamente por illalo e arrincalo das súas relacións co conxunto orgánico. Este desaxuste redunda necesariamente no trastorno da orde xeral, distorsionándoa coa dor do conflicto e a escisión, coa consecuente ralentización, estancamento ou mesmo inversión, no peor dos casos, do avance cara ó establecemento da harmonía. As entidades concretas son autocreadoras: a súa liberdade constitutiva pode resistirse ou oporse ó impulso do Éros divino. Non existe ningún providencialismo determinista que veña trivializa-lo risco da aventura, a gravidade crucial do proceso. “Por canto a experiencia individual non é desestimábel, a autonomía do suxeito na modificación da súa finalidade subxectiva inicial debe ser tomada en consideración. Cada acto creativo entraña a encarnación do universo nunha unidade, e nada hai por riba del a título de condición final” (PR, 245)187. “A espontaneidade, a orixinalidade na decisión, é consubstancial a toda ocasión actual. Ela constitúe a expresión suprema da individualidade” (AI, 258)188. Terase observado que en ningún intre foi suxerida a identificación da Divindade coa Creatividade xeral189. Esta equiparación é rexeitada expresamente nas formulacións whiteheadianas. Deus non acapara nin esquilma o caudal creador. A liberdade non é atributo privativo da Divindade nun universo polo demais apreixado na inercia. Deus e a enerxía creativa son dúas instancias independentes, malia que intimamente vencelladas, que se completan mutuamente e sosteñen a estrutura profunda da situación metafísica que é o caso. Posto que Deus non esgota o poder creador asimilándoo con exclusividade á súa propia esencia, fica aberto un espazo de liberdade, e tamén de responsabilidade, para os existentes concretos. Estes, na súa calidade de condensacións ou modos finitos da corrente creativa que irriga o universo, decantan o seu proxecto entitativo conforme ás iniciativas dos seus propios dinamismos autoprodutivos, cuxa espontaneidade non pode ser absorbida nin polos condicionamentos fácticos do mundo antecedente, nin polos parámetros ideais ofrecidos polo Éros divino. O valor final da realización particular depende do acerto dunha cadea de decisións “improvisadas” orixinalmente polo suxeito nos intersticios flexíbeis da necesidade. 187 “As soon as the individual experience is not negligible, the autonomy of the subject in the modification of its initial subjective aim must be taken into account. Each creative act is the universe incarnating itself as one, and there is nothing above it by way of final condition” (PR, 245). 188 “Spontaneity, originality of decision, belongs to the essence of each actual occasion. It is the supreme expression of individuality” (AI, 258). 189 D. R. GRIFFIN suxire unha interesante similitude entre as elaboracións whiteheadianas a este respecto e a crítica heideggeriana á concepción onto-teolóxica da metafísica occidental: “Paralelo a este rexeitamento por parte de Whitehead e dos seus seguidores da identificación do ser cun ente supremo, resulta o rexeitamento da mesma, aínda máis explícito, por parte de Heidegger e mailos seus. A tradición ‘onto-teolóxica’, aduce Heidegger, ten esvaído a diferenza ‘ontolóxica’ fundamental entre o ser (Sein) e os entes (Seinde), o que resulta exactamente paralelo á distinción whiteheadiana entre a creatividade e as entidades actuais. Unha vez que se comprende esta diferenza, insiste Heidegger, a ecuación entre o ser mesmo (esse ipsum) e calquera ente, mesmo un ente necesario (esse ipsum subsistens), tórnase inintelixíbel” (op. cit., p. 270). 82 Deste xeito, deslexitimada a identificación de Deus co fluxo creador e convertido este último en fondo estrutural común do que participarían tanto a única entidade atemporalmente actual (Deus), como os diversos eventos temporais en transo de actualización, o sistema consegue eludi-la sombra ingrata do providencialismo. Ingrata por canto entraña un grave menoscabo da dignidade entitativa de tódalas instancias implicadas, e isto mesmo no propio plano metateórico. A razón especulativa debería sela primeira en acusa-la incomodidade e exercer-la autocrítica, reparando en que o determinismo resulta se-lo expediente máis rápido para despacha-la cuestión delicada da liberdade. Pero son aínda máis ingratas as consecuencias que se desprenden do providencialismo para os afectados de maneira substantiva: para o conxunto do acontecer fenoménico, que se ve despoxado de toda espontaneidade, pasando a estar suxeito ós designios do “absolutismo” divino, e, se cadra sobre todo, para o propio Deus. Non só porque aparece como tirano inapelábel, todo o benévolo que se queira (pero tirano ó fin e ó cabo), senón tamén porque recae sobre El a responsabilidade última de todo canto é o caso. A Deus habería que atribuír os “méritos” relativos ó avance e ós logros de harmonía acadados polo proceso global tanto como o seu reverso amargo, no que se amorean as perturbacións de toda índole que estorban, minguan ou frustran as realizacións particulares e, a través delas, as evolucións do conxunto. Na distinción entre a Divindade e a creatividade fúndase a garantía ontolóxica que permite á especulación reivindica-la liberdade, a auténtica liberdade, dos existentes mundanos, e eximir a Deus da responsabilidade sobre o mal. 83 4.2. Os rudimentos do mundo actual Ó longo desta pescuda temos frecuentado con naturalidade unha serie recorrente de tópicos da semántica do proceso (“acontecemento”, “ocasión de experiencia”, “concrescencia”, “prehensión”, “valor”, etc.), sen nos deter nun tratamento específico dos mesmos. A omisión non é grave: dado o nivel de xeneralidade no que se moveu até agora a consideración, foi posíbel utiliza-los devanditos conceptos cunha certa laxitude, axustada, cando resultou preciso, mediante un esbozo sumario do contorno do seu fondo de sentido. Optouse, pois, por deseña-lo procedemento expositivo en coherencia co principio organicista segundo o cal a comprensión das partes presupón a referencia de estas ó todo no que se integran, por entendermos que sería preferíbel, en prol da intelixibilidade do discurso, posterga-la análise das nocións máis técnicas en tanto non se tivese presentado o seu marco teórico global190. Chegados a este estadio do noso percorrido pola metafísica whiteheadiana, coidamos que xa é posíbel abordar con proveito un estudo en detalle dos seus conceptos esecíficos. 4.2.1. A noción de acontecemento “O mundo actual temporal pode ser analizado nunha multiplicidade de ocasións de actualización. Estas son as unidades actuais primarias das que se acha composto o mundo temporal. Chamemos a unha ocasión tal ‘ocasión epocal’. O mundo actual será entón unha comunidade de ocasións epocais. No mundo físico unha ocasión epocal é un acontecemento físico definido, limitado tanto no espazo como no tempo. [...]. As ocasións epocais son as unidades primarias da comunidade do actual [...]. Cada unidade presenta na súa natureza unha referencia a tódolos restantes membros da comunidade, de xeito que cada unha delas é un microcosmos que representa o universo enteiro” (RM, III, ‘A Metaphysical Description’; cursivas engadidas)191. “A esencia da actualidade real, isto é, do que que é completamente real, é proceso. De xeito que cada cousa actual ten de ser entendida unicamente en termos do seu devir e perecer. Non hai ningún alto no que a actualidade sexa meramente unha mesmidade estática” (AI, 274; cursivas engadidas)192. 190 E. KRAUS advirte expresamente da imposibilidade para a analítica das formulacións whiteheadianas de eludi-lo círculo hermenéutico, consecuencia necesaria da “circularidade dos elementos fundamentais do esquema metafísico. Whitehead non presenta unha serie graduada de conceptos a través da cal poder moverse de maneira lineal, senón que a comprensión de cada un deles supón a comprensión previa dos outros. O lector debe saltar ó círculo especulativo” (Op. cit., p. xx). 191 “The actual temporal world can be analyzed into a multiplicity of occasions of actualization. These are the primary actual units of which the temporal world is composed. Call each such occasion an ‘epochal occasion’. Then the actual world is a community of epochal occasions. In the physical world each epochal occasion is a definite limited physical event, limited both as to space and time [...]. The epochal occasions are the primary units of the actual community [...]. Each unit has in its nature a reference to every other member of the community, so that each other member of the community, so that each unit is a microcosm representing in itself the entire all-inclusive universe” (RM, III, ‘A Metaphysical Description’). 192 “The very essence of real actuality –that is, of the completely realis process. Thus each actual thing is only to be understood in terms of its becoming and perishing. There is no halt in which the actuality is just its static self” (AI, 274). 84 Os acontecementos son as unidades básicas que constitúen a trama fluente e correlacional da realidade193. Con esta premisa fundamental, a filosofía do proceso desafía o hábito intelectual (apéndice metodolóxico do materialismo mecanicista) de analiza-los feitos que se presentan á experiencia inmediata disecándoos nos tres factores ós que se supón se reducen en proporcións netas; a saber: materia, espazo e tempo. A ciencia moderna (e instada por ela, a propia filosofía) creu poder asignar a cada un destes elementos, en desconexión dos outros, un significado substantivo, como se verdadeiramente fose posíbel acha-los devanditos parámetros illados na natureza, nun “estado puro” inconcibíbel. Pero o certo é que aquilo que se ofrece orixinariamente ó acto prehensivo e que aparece, en consecuencia, en calidade de evidencia directa para a experiencia, é o acontecemento concreto como unidade dinámica e orgánica. Un acontecemento é algo que advén e prosegue, un proceso creativo en curso, o despregamento espacializado, consumado progresivamente no transcurso dunha duración temporal, dunha estrutura definida integrada por unha sucesión de módulos (ou aspectos) obxectivos e subxectivo-afectivos. O acontecemento é o concreto que emerxe e devén. Representa a condensación ou modalización da enerxía creativa xeral nun núcleo de efectividade particular no que se opera, decantada pola perspectiva que lle brinda (ou impón) a súa conxuntura espazo-temporal, unha reconfiguración orixinal do mundo actual do evento en cuestión. Ese “algo-que-ten-lugar” no que se cifra a esencia xenérica (se é lexítimo aquí o emprego de tal categoría) do acontecemento, consiste no artellamento no espazo-tempo dunha certa serie de factores. Todo acontecemento consta de diversos factores (ou “obxectos”) correlacionados entre si, discerníbel cada un deles na súa especificidade individual para a penetración abstractiva da mente cognoscente, pero vencellados mutua e indisolubelmente (e así é como os prehende a experiencia espontánea) na súa concorrencia ocasional nunha pulsación particular do devir. A substancialidade e a intelixibilidade mesma dun acontecemento calquera dado, residen nesta referencia recíproca que se establece entre os seus elementos integrantes. Os obxectos son os factores que participan ou “ingresan” nos acontecementos. Neste sentido, pode dicirse que un acontecemento é unha situación para un obxecto ou conxunto de obxectos. O concepto de obxecto, polo demais, ten unha ampla extensión na semántica whiteheadiana. Caen no seu dominio todas aquelas entidades que, malia achárense inmersas nas evolucións do devir creativo, posúen unha determinación quidativa que se amosa inmune ó poder transformador do mesmo. 193 A arqueoloxía levada cabo por A. PARMENTIER en relación coa xénese deste modelo, revela que “os desenvolvementos da teoría da relatividade conduciron a Whitehead a concibi-la natureza como constituída por entidades-acontecemento, carentes de realidade alén das súas relacións recíprocas e capaces de ocupar en certa maneira todo o seu contorno. No interior desta relacionalidade de eventos (ou, mellor, para retoma-la terminoloxía metafísica, de entidades actuais) as relacións, é dicir, as prehensións, son concibidas como magnitudes orientadas (vectores) indicando unha transmisión, e a transmisión ela mesma explica a causalidade. [...]. Esta entidade actual, asemade, este ‘elemento primordial’, é un sistema que, como unha nota musical, precisa para existir de todo o período no cal se manifesta; é concibido [o microsistema primordial] como o fluxo e refluxo vibratorio dunha enerxía subxacente que Whitehead denominará creatividade”. “A teoría da relatividade conduce así a Whitehead a concibi-las realidades útimas (as entidades actuais) como ‘unidades prehensivas’ no interior dun continuum extenso constituído polo conxunto das súas relacións (das cales a espacialidade e a temporalidade non son máis que aspectos abstractos)” (op. cit., pp. 541 e 542). 8 5 É así que comparten o ríxido estatuto da obxectualidade realidades tan heteroxéneas como os elementos cualitativos e formais da índole máis elemental (pénsese, p.ex., nun matiz de cor ou de son), denominados por Whitehead “obxectos dos sentidos”, ou os “obxectos científicos”, isto é, aquelas entidades, produto de sofisticados exercicios abstractivos e refractarias á experiencia directa (o cal non significa que carezan de referente empírico194), coas que as nosas teorías procuran dar conta dos rudimentos da facticidade natural (un electrón, poñamos por caso). Á categoría de “obxecto” pertencen asemade as estruturas complexas de eventos e sociedades de eventos cuxa durabilidade e estabilidade inducen á experiencia común, afeita a tratar coa súa presenza cotiá, a os considerar como os obxectos “por excelencia”. Estes serían os “obxectos físicos”. É precisamente esta natureza peculiar dos obxectos, como entidades cuxa autoidentidade se mantén inalterada a través dos trocos que acompañan a súa ocorrencia nos acontecementos, a responsábel da tendencia a anquilosa-la realidade identificando as súas células básicas con elementos inmutábeis, estáticos e, en último termo, abstractos. Este é un enfoque erróneo e metafisicamente estéril. A pescuda dos obxectos “puros”, no seu (hipotético) illamento nu á marxe dos avatares fácticos, non é máis que un absurdo especulativo que esvara sobre a contextura auténtica da realidade. Só poden darse obxectos situados nos acontecementos concretos. Importa insistir, xa que logo, en que o estatuto ontolóxico que corresponde cabalmente ós obxectos é o de meros factores nos acontecementos. Son estes últimos, as unidades orgánicas xeradoras de valor, os que deben ser considerados como as células básicas do actual. O pensamento, sempre proclive a confundi-las súas enxoitas simplificacións abstractivas coa verdade substantiva, adoita concentra-la súa atención nos obxectos por mor do seu carácter estábel, definido nidiamente e analizábel exhaustivamente, desestimando, en troques, a importancia primordial dos acontecementos concretos, cuxa particularidade problemática dificulta, e aínda inviabiliza, a súa clasificación baixo categorías sistemáticas. A disgregación e reificación dos acontecementos, da organicidade dinámica do concreto, conduce á deformación radical da comprensión da natureza, ou o que é o mesmo, ó falseamento radical da verdade do real. Este é o risco que axexa constante e inadvertidamente á ciencia (e tamén, é xusto recoñecelo, á propia filosofía), arrastrada en demasiadas ocasións pola súa débeda para co método abstractivo a corta-la prudente ancoraxe no chan firme da experiencia directa. 194 En relación co valor representativo dos conceptos científicos, caso particular do problema xeral do acceso cognitivo á realidade, as formulacións whiteheadianas mantéñense en todo momento na liña das chamadas teorías da referencia directa (véxase, p. ex., a excelente presentación que ofrece C. LAFONT en La razón como lenguaje). Os nosos conceptos obedecen á detección ou captación efectiva dun certo aspecto da realidade. Desempeñan unha función denotativa cabalmente fidedigna, que pode resultar distorsionada polas súas concomitancias connotativas. As caracterizacións estimadas adecuadas nun certo estadio da evolución da actividade cognoscitiva para dar conta do referente dun concepto dado, poden revelarse erróneas ulteriormente. Isto non invalida a virtualidade ostensiva do concepto, o valor indicial constitutivo que posúe de seu e que lle permite introducir e manter no discurso a presenza dun “algo” determinado. O concepto “está-por-algo”, por un “algo” insistente, fincado nun “aí” irredutíbel na cerna do real, facéndose constar con vehemencia. O real é de seu tenazmente obstinado (por recuperármo-la expresiva cualificación de W. James) e pode por iso imporse á linguaxe. Os conceptos están artellados sobre o eixe das cousas cabalmente existentes e rematarán por iso, a forza de xirar ó seu arredor, por se cinguir cada vez máis axustadamente a elas. A do coñecer é unha empresa tentativa e progresiva, pero ó cabo viábel. 86 Para a experiencia directa, ou decatamento sensorial (sense-awareness), o correlato intencional inmediato é, indefectibelmente, unha duración. Por “duración” ten de entenderse a totalidade simultánea da natureza nun certo lapso do seu transcurso, ou, se se prefire, na densidade proteica dun dos seus presentes. Todo presente entraña na súa substancialidade a herdanza do pasado inmediato, sobre a que opera o metabolismo do acontecer actual transformándoa no xermolo do futuro inminente195. Na súa calidade de plasmación íntegra dunha certa fase do devir xeral, o despregamento dunha duración adopta a forma de artellamento orgánico dunha pluralidade de elementos finitos: estes son os acontecementos. Deste xeito, e na medida en que toda duración se acha entretecida constitutivamente con outras duracións (as que reverberan nela dende o mundo antecedente e as que a partir dela se proxectan cara ó futuro), infírese que tamén tódolos acontecementos particulares están interrelacionados entre si. En xeral, pode dicirse que calquera acontecemento dado contén en si mesmo, a título de partes integrantes, outros acontecementos, achándose inserido el mesmo, á súa vez, noutro(s) evento(s) de maior complexidade ou alcance relacional. As relacións entre os acontecementos poden ser de diversos tipos. De entre eles pode salientarse a relación de extensión, consistente na superposición, dados dous eventos sucesivos calquera, daquel que emerxe ou prosegue o seu curso no presente inmediato sobre aqueloutro, en transo de consumación ou xa esgotado, que constitúe o seu baseamento obxectivo no pasado. Nesta relación xenética fundamental, en virtude da cal os dinamismos e logros de realización que definiron as fases precedentes do devir resultan asimilados positivamente, vivificados e rexenerados na novidade emerxente, reside a clave da continuidade do proceso xeral. “Toda cousa real particular é algo en razón da súa actividade. Disto resulta que a súa natureza consiste na súa relevancia para as outras cousas, e a súa individualidade, na súa síntese das outras cousas na medida na que estas sexan relevantes para ela” (SME, 26)196. “Non hai un conxunto completo de ocasións actuais. Posto que o feito fundamental e inescapábel é a creatividade en virtude da cal non pode haber ‘moitas cousas’ que non estean subordinadas nunha unidade concreta. De xeito que o conxunto de tódalas ocasións actuais constitúe, pola propia natureza das cousas, o punto de partida para outra concrescencia que obtén a súa unidade concreta desas múltiples ocasións actuais” (PR, 211)197. 195 Whitehead proscribe o concepto de “instantaneidade” do dominio da reflexión metafísica. O “instante”, o punto inextenso nun fluxo temporal discontinuo e atomizado, onde o significado e o alcance de cada unidade se clausuran sobre si mesmos, é un construto abstracto. Como toda abstracción, o “instante” pode (e probablemente “debe”) ser recoñecido como recurso metodolóxico lexítimo, útil ós cálculos da teoría. Pero non procede intentar esclarece-lo sentido profundo da temporalidade real, vivida, tomando como referente o que non é máis que un expediente abstractivo, necesariamente simplificador e superficial. 196 “Every actual thing is something by reason of its activity; whereby its nature consists in its relevance to other things, and its individuality consists in its synthesis of other things so far as they are relevant to it” (SME, 26). 197 “There is not one complete set of things which are actual occasions. For the fundamental inescapable fact is the creativity in virtue of which there can be no ‘many things’ which are not subordinated in a concrete unity. Thus a set of all actual occasions is is by the nature of things a standpoint for another concrescence which elicits a concrete unity from those many actual occasions” (PR, 211). 9 3 penumbra que remite a unha intensa experiencia difusamente aprehendida. A simplicidade da conciencia clara non é medida da complexidade da experiencia completa. Este carácter da nosa experiencia suxire, asemade, que a conciencia é a coroa da experiencia, acadada só ocasionalmente, e non o seu baseamento necesario” (PR, 267)215. “A conciencia xorde cando un sentir sintético integra os sentires físicos e os conceptuais. Na súa elucidación da percepción consciente, a filosofía tradicional fixou exclusivamente a súa atención sobre a faceta puramente conceptual, creándose así dificultades na teoría do coñecemento” (PR, 243)216. Toda experiencia arraiga e se desenvolve sobre un substrato eminentemente emocional217, afectivo218. O suxeito experienciante séntese afectado polo obxecto experienciado: este atínxeo, suscita nel un interese (concern) estritamente vital219, revestido dunha significación orixinariamente visceral (na dobre acepción, literal e figurada, do termo220). A atracción ou a repulsión, o apetito ou a retracción temerosa, son os pulos primarios que o contacto co “outro” provoca de maneira espontánea na mesmidade experienciante. En función destas actitudes elementais, o suxeito avalía a 215 “Consciousness flickers; and even at its brightest, there is a small focal region of clear illumination, and a large penumbral region of experience which tells of intense experience in dim apprehension. The simplicity of clear consciousness is no measure of the complexity of complete experience. Also this character of our experience suggests that consciousness is the crown of experience, only occasionally attained, not its necessary base” (PR, 267). 216 “Consciousness arises when a synthetic feeling integrates physical and conceptual feelings. Traditional philosophy in its account of conscious perception has exclusively fixed attention on its pure conceptual side; and thereby has made difficulties for itself in the theory of knowledge” (PR, 243). 217 O termo que utiliza Whitehead (véxase, p. ex., AI, pp. 232 e ss. ) para designa-los compoñentes desta dimensión primordial da vivencia é “emoción viva” (living emotion). O elemento emocional desempeña unha función fundamental na metafísica da experiencia whiteheadiana, resolta a se constituír, en aberto desafío ó intelectualismo kantiano, como “crítica do sentir puro” (The philosophy of organism aspires to construct a critique of pure feeling, PR, 113). As formulacións de Whitehead sitúanse unha vez máis sobre o ronsel da sutil intuición de W. JAMES, quen propugna que “son o interese e a importancia que as experiencias teñen para nós, as emocións que excitan e os propósitos ós que serven, os seus valores afectivos, en definitiva, os que regulan basicamente as súas evolucións como ‘pensamentos’ de noso a través das nosas diversas correntes de conciencia” (‘The Place of Affectional Facts’, en Essays in Radical Empiricism, Lincoln and London, University of Nebraska Press, 1996, p. 151). 218 Así o entende á súa vez a fenomenoloxía, cuxas análises tornan manifesto que “posto que cada Erlebnis ten unha tonalidade consubstancial, a afectividade, lonxe de resultar dunha achega extrínseca ó pensamento, constitúe, pola contra, unha determinación eidética deste último. Non hai lugar á distinción entre Erlebnisse afectivas e outras que non o serían, posto que as nosas experiencias, en tanto representan as nosas diversas maneiras de vivir, entrañan todas aquel que é precisamente o carácter primordial da vida, ó que chamamos aquí, a falla de mellor denominación, tonalidade afectiva” (HENRY, M., Philosophie et phénoménologie du corps, Paris, Presses Universitaires de France, 1987, p. 200; cursivas engadidas). 219 “As sensacións –observa MERLEAU PONTY-, as ‘calidades sensíbeis’, lonxe de se reduciren á experimentación dun certo estado ou dun certo quale indicíbeis, ofrécense cunha fisionomía motriz e envoltas nunha significación vital”. “O sentir reviste a calidade dun valor vital, aprehéndea primeiramente na súa significación para nós, para esta masa pesada que é o noso corpo, e de aí provén que [o sentir] entrañe sempre unha referencia ó corpo. [...]. O sentir é esa comunicación vital co mundo que nolo fai presente como lugar familiar da nosa vida. A el deben a súa espesura o obxecto percibido e o suxeito que percibe. [O sentir] é o tecido intencional que intentará desentraña-lo esforzo do coñecemento” (op. cit., pp. 242-243 e 64-65). 220 Xa que a vehemencia do sentir ten a súa orixe na intensidade das sensacións somáticas. O “corpototal” (por así o chamar), con tódolos seus procesos fisiolóxicos, estruturas anatómicas e mesmo hábitos perceptivos adquiridos, constitúe a canle prehensiva primordial. Whitehead rexeita as teorías sensorialistas da percepción, cos seus parcos “cinco sentidos” supeditados á hexemonía da vista. 9 4 pertinencia da inclusión na súa síntese autoprodutiva do obxecto no que identifique o correlato das mesmas. Da asimilación (ou da ausencia por rexeitamento) do elemento prehendido, emana unha tonalidade afectiva peculiar que reflicte o modo no que aquel é acollido (ou desbotado) e vivido polo suxeito prehensor221. A integración da pluralidade destes sentires222 (feelings) nunha unidade de contrastes orixina a denominada “forma subxectiva” (subjective form) da ocasión de experiencia. Estas consideracións condúcennos directamente ó concepto de “prehensión”, pedra angular da epistemoloxía whiteheadiana. Sobre ela se asenta todo o peso da estratexia de fundamentación do coñecemento. A prehensión, á que cabe definir xenericamente como “O modo xeral no que unha ocasión de experiencia pode incluír, como parte da súa propia esencia, outra entidade calquera” (AI, 234)223, representa o momento fundante e primordial do fenómeno experiencial. Na súa calidade de modo de actividade absolutamente previo en relación coa aparición eventual dos funcionamentos conscientes, a operación prehensiva pon de manifesto a activapasividade que caracteriza a subxectividade nese seu fondo orixinario no que palpita a apertura ó mundo. A prehensión é unha percepción non-cognoscitiva: o acto prehensivo consiste nun “se dar de conta”, no decatamento difuso (por contraposición á nitidez de detalle que ofrecen os sentidos especializados), por parte da interioridade experienciante, do seu ser atinxida por unha alteridade que, malia así afectala, a reborda irremisibelmente. Mediante a prehensión, activada no “corpo-total” (por así o chamar), o suxeito obtén constancia cumprida do rexo “estar-aí” dun mundo tan real como el mesmo, dun mundo que, se ben fica no exterior do claustro subxectivo, é apropiado para este polos dinamismos prehensivos, que descobren e avalían a relevancia das potencialidades do contorno para a propia síntese autocreativa. A prehensión, modulada polo ideal entitativo (o subjective aim) da ocasión emerxente, constitúe ela mesma unha hermenéutica rudimentaria que tingue a obxectividade cara á que se tende co vívido sentir(se) da afectividade primordial. 221 “Para percibírmo-las cousas, cómpre as vivamos –afirma MERLEAU PONTY-. Rexeitamos, porén, o idealismo sintético, por canto deforma [...] a nosa relación vivida coas cousas. [...]. Vivir unha cousa non é nin coincidir con ela, nin a pensar de parte a parte. [...]. Do que se trata é de que o suxeito que percibe, sen abandona-lo seu lugar nin o seu punto de vista, na opacidade do seu sentir, se tenda cara a esas cousas das que non posúe a clave por adiantado e cuxo proxecto, non obstante, porta en si mesmo, abríndose a un Outro absoluto preparado por el mesmo dende o máis fondo do seu ser” (op. cit., p. 376; cursivas engadidas). 222 Seguindo a suxestión de A. PARMENTIER (op. cit., p. 584; para a análise pormenorizada do concepto de sentir, véxanse as pp. 224 e ss.), traducímo-lo termo inglés feeling (sentimento), que morfoloxicamente é o xerundio substantivado do verbo to feel (sentir), pola forma infinitiva correspondente na nosa lingua. Son dúas as motivacións que subxacen a esta opción léxica. Preténdese, en primeiro lugar, eludi-las connotacións tópicas que entraña de maneira inevitábel o concepto de “sentimento”, para dilata-la extensión do seu significado alén do dominio da “mera emotividade”. En segundo lugar, coidamos que a forma infinitiva resulta máis adecuada para captar e expresa-la dimensión activa inherente ó fenómeno da sensibilidade, tradicionalmente adscrito a un suposto transfondo meramente pasivo do proceso experiencial. A remoción dos hábitos de pensamento constrinxentes, ou simplemente obsoletos, a forza de consuetudinarios, principia sempre por unha remoción dos usos lingüísticos. 223 “The general way in which the occasion of experience can include, as part of its own essence, any other entity” (AI, 234). 95 “Unha prehensión [...] é referente a un mundo externo, e neste sentido dirase que ten ‘carácter vectorial’; [a prehensión] entraña emoción, propósito, avaliación e causación” (PR, 19)224. O decatamento vehemente que ten lugar na prehensión non precisa ser obxecto (e de feito non adoita selo) dunha formulación explícita no rexistro do saber consciente. É precisamente esta natureza prediscursiva e elemental a que induce a identifica-la prehensión como o rudimento orixinario, absoluta e estritamente vital, do proceso experiencial. Abstraído da súa efectividade viva e concreta, calquera acto prehensivo se amosa susceptíbel de ser analizado en tres compoñentes esenciais, a saber: -Un suxeito prehensor, como fondo de espontaneidade sentinte do proceso. -Un obxecto prehendido, “o dado” en cada caso pola alteridade transcendente á que se abre a ocasión prehensora. -E, por último, a forma subxectiva, ou tonalidade emocional, destilada pola integración (ou polo rexeitamento) do obxecto prehendido, á cal corresponde un papel determinante na configuración definitiva da calidade específica da síntese experiencial. “A concrescencia, absorbendo os datos derivados na privacidade inmediata, consiste na asociación dos datos a modos de sentir suscitadores da síntese privada. Estes modos subxectivos de sentir non son meramente receptivos en relación cos datos en calidade de feitos alleos, senón que envolven os secos ósos coa carne dun ser real dotado de emoción, de propósito, de apreciación” (PR, 85)225. A prehensión é a fase primaria na autorrealización do evento emerxente. O proceso complétase (aínda no nivel preconsciente) mediante unha serie de operacións sintéticas de avaliación, escolla e integración do material obxectivo, cuxo resultado final é a cristalización dunha nova entidade actual. Ten lugar entón o momento efémero de plenitude subxectiva da ocasión de experiencia, consistente na vivencia da súa individualidade orixinal, do seu “para-si” definitivo (por emprega-la terminoloxía hegeliana). Isto é o que significa na semántica whiteheadiana o concepto de “satisfacción” (satisfaction). A síntese experiencial transcorre a xeito de asimilación e adaptación recíproca entre os contidos achegados respectivamente polas prehensións físicas (nas que se obxectiva a facticidade do mundo antecedente) e as prehensións conceptuais (que fornecen a espontaneidade autocreativa dos propósitos conforme ós cales decanta as súas evolucións). O axuste progresivo entre estes compoñentes da potencia prehensiva permite ó suxeito calibra-lo valor dos datos empíricos que ten á súa disposición, que 224 “A prehension [...] is referent to an external world, and in this sense will be said to have ‘vector character’; it involves emotion, and purpose, and valuation, and causation” (PR, 19). 225 “The concrescence, absorbing the derived data into immediate privacy, consists in mating the data with ways of feeling provocative of the private synthesis. These subjective ways of feeeling are not merely receptive of the data as alien facts; they clothe the dry bones with the flesh of a real being, emotional, purposive, appreciative” (PR, 85). 9 6 serán asimilados ou postergados en función da súa relevancia para a apetición ou finalidade subxectiva (subjective aim) que preside e artella o proceso no seu conxunto. “A entidade actual é guiada na súa autocreación polo ideal de si mesma en canto satisfacción individual e en canto creador transcendente. A vivencia deste ideal é a ‘finalidade subxectiva’ en razón da cal a entidade actual constitúe un proceso determinado” (PR, 85)226. “Esta finalidade subxectiva non é primariamente intelectual; trátase dun engado para o sentir. Este engado para o sentir constitúe o xermolo da mente” (PR, 85)227. O substrato preconsciente da experiencia entraña indefectibelmente unha veta retrospectivo-prospectiva que fluidifica e dilata a densidade do seu presente. Tanto a lembranza como a anticipación interveñen positivamente na síntese autoprodutiva, presentando ó suxeito un feixe vehemente de demandas, alternativas e expectativas, tan perentoriamente reais como as que proveñen directamente da circunstancia actual. A profundidade e a riqueza da experiencia resultan irredutíbeis á inmediatez trivial do “claro e distinto” e do “aquí e agora”, caracteres que abondaban, a xuízo da epistemoloxía tradicional, para esgotar por completo o contido e o alcance do “dato”. O pasado inmediato áchase incorporado activamente na ocasión presente, que retoma, remodela e prolonga cara á súa sucesora no futuro inminente a substancialidade e as tensións proxectadas sobre ela mesma polas súas predecesoras228. A memoria e a anticipación canalizan a medula da identidade persoal dos organismos complexos e, nun plano máis xeral, a continuidade e a regularidade do acontecer natural. Pois, para cada ocasión de experiencia, “O pasado dinamizaba a súa experiencia, en tanto portaba en si mesmo unha intención non-realizada” (AI, 183)229, de maneira que “Cada momento da experiencia revélase el mesmo como transición entre dous mundos: o pasado inmediato e o inmediato futuro” (AI, 192)230. O proceso de experiencia representa o tránsito dende a reactualización do adquirido no pasado que se vén de superar, e co que se está a se fundir xa a achega novidosa do presente, cara a unha realización máis plena do valor actual no futuro incipiente. En todo caso, é na fase intermedia desta pasaxe onde palpita o intre esencial do proceso. A 226 “In its self-creation the actual entity is guided by its ideal of itself as individual satisfaction and as transcendent creator. The enjoyment of this ideal is the ‘subjective aim’, by reason of which the actual entity is a determinate process” (PR, 85). 227 “This subjective aim is not primary intellectual; it is the lure for feeling. This lure for feeling is the germ of mind” (PR, 85). 228 “Todo novo proxecto –observa P. RICOEUR neste sentidoxorde nun mundo xa aí, nun mundo de proxectos sedimentados; parte da miña enerxía vital consómese na vixilancia orgánica mediante a cal manteño presentes, condensadas en certa maneira, as miñas propias realizacións previas” (‘Méthode et tâche d’une phénoménologie de la volonté’, en À l´École de la Phénoménologie, Paris, J. Vrin, 1986, p. 76). 229 “The past was energizing in his experience as carrying in itself an unfulfilled intention” (AI, 183). 230 “Each moment of experience confesses itself to be a transition between two worlds: the immediate past and the immediate future” (AI, 192). 97 encrucillada do presente é o lugar senlleiro no que frutifica a actualización da nova concreción. E é tamén nela, na súa extensión puntual, onde o núcleo experienciante consuma a posesión cabal da súa mesmidade. “A entidade actual finaliza o seu devir cun sentir complexo que entraña un vencello completamente determinado con cada elemento do universo, sendo este vencello unha prehensión positiva ou negativa. Esta finalización constitúe a ‘satisfacción’ da entidade actual” (PR, 44)231. “[A satisfacción] constitúe o feito último, peculiar da entidade. A noción de ‘satisfacción’ é a noción da ‘entidade en canto concreta’, abstraída do ‘proceso de concrescencia’; é o resultado separado do proceso, polo que perde a actualidade da entidade atómica, que é proceso tanto como resultado” (PR, 84)232. “Ningunha entidade actual pode ser consciente da súa propia satisfacción, posto que tal coñecemento sería un compoñente no proceso e habería de alterar, en consecuencia, a satisfacción. Con respecto á entidade en cuestión, a satisfacción só pode ser considerada como unha determinación creativa que pauta as obxectivacións da entidade alén de si mesma. Noutras palabras, a ‘satisfacción’ dunha entidade só pode ser analizada en termos da utilidade desa entidade” (PR, 85)233. A satisfacción (satisfaction), ou vivencia da propia inmediatez, é o sentir (feeling) que impregna a síntese autocreativa ó acada-lo cénit efémero da actualidade. Efémero, de certo, xa que a culminación do ciclo dunha ocasión de experiencia sáldase indefectibelmente para esta coa perda da súa inmediatez, coa extinción da tensión subxectiva que vertebrara o seu proceso de realización. Isto non significa que este último se resolva na inanidade. Se fose así, a “realidade” reduciríase a unha aglomeración absurda de escintileos do intranscendente. Pero o metabolismo do proceso global (enténdase aquí: cósmico) require, e en consecuencia garante, a preservación e a perennidade do valor obxectivo inherente a todas e cada unha das realizacións particulares. Todo canto emerxe á actualidade pasa a ser un factor prehensíbel e potencialmente relevante para outras entidades en transo de con-formación. Existir consiste no exercicio ou desempeño da propia efectividade como novidade no mundo. A esencia obxectiva da mesmidade particular repercute (reverbera, bate, afecta, resoa) sobre o outro de si. É por isto que a teoría metafísica ten de conceder a todas e cada unha das ocasións actuais esa vixencia indelébel do seu logro de valor que Whitehead denomina “inmortalidade obxectiva”. A unidade xurdida a partir dunha síntese perspectivística do diverso remata, deste xeito, por ficar incorporada ela mesma ó caudal do múltiple, do cal haberán de emerxer, 231 “The actual entity terminates its becoming in one complex feeling involving a completely determinate bond with every item in the universe, the bond being either a positive or a negative prehension. This termination is the ‘satisfaction’ of the actual entity” (PR, 44). 232 “[Satisfaction] is the ultimate fact, individual to the entity. The notion of ‘satisfaction’ is the notion of the ‘entity as concrete’ abstracted from the ‘process of concrescence’; it is the outcome separated from the process, thereby losing the actuality of the atomic entity, which is both process and outcome” (PR, 84). 233 “No actual entity can be conscious of its own satisfaction; for such knowledge would be a component in the process, and would thereby alter the satisfaction. In respect to the entity in question the satisfaction can only be considered as a creative determination, by which the objectifications of the entity beyond itself are settled. In other words, the ‘satisfaction’ of an entity can only be discussed in terms of the usefulness of that entity” (PR, 85). 9 8 en sucesión constante, outras novas concrecións do “un” particular. Endexamais se esgota o poder (re)xenerador do proceso, posto que “A creatividade do mundo é a emoción palpitante do pasado precipitándose cara a un novo feito que o transcende” (AI, 177)234. Non cabe dar por concluída a análise dos dinamismos da ocasión de experiencia sen unha referencia á noción de concrescencia (presentada xa no apartado anterior). ”Concrescencia”, en definición do propio Whitehead, non é senón “A noción de moitas cousas que se funden nunha unidade complexa” (AI, 236)235, na procura dunha harmonía de contrastes, tinguida pola vehemencia afectiva da forma subxectiva, que maximice a intensidade do proceso. Esta será sempre proporcional á orixinalidade creativa coa que se logre rendibiliza-la variedade dos elementos que conforman o substratum obxectivo do dato, de cara á plenificación entitativa do organismo emerxente. “O seu ben [o da síntese experiencial] reside na realización dun volume de moitos sentires que se fortalecen mutuamente na súa integración nunha unidade novidosa” (AI, 275)236. O proceso de concrescencia consiste na emerxencia dunha individualidade orgánica orixinal a partir da asimilación e reintegración do diverso operada con-formativamente por un núcleo de espontaneidade experienciante. En definitiva, e para dicilo máis brevemente: concrescencia é crecemento conxunto do múltiple que devén “un”. As nocións de prehensión e concrescencia entrañan de seu un forte compromiso ontolóxico e epistemolóxico, cualificado polo propio Whitehead como un “realismo cabal” (thoroughgoing realism, en SME, 10). A forza de cabal, o pensamento ten de ser respectoso e atento. Ten de saber escoitar, manterse á escoita atenta e respectosamente, como insistía Heidegger, auscultando o pulso do ser, do real, da vida. O que a conciencia non percibe máis que como eco confuso, vai adquirindo rotundidade e definición a medida que se presta oído ós estratos profundos da experiencia que permanecen aínda en contacto vivo e directo coa cerna do ser. A voz da evidencia non é orixinariamente “clara” nin “distinta”, pero a misión da filosofía consiste, precisamente, en escoitala, acollela e tratar de descifra-la súa mensaxe. O da filosofía é un labor de tradución. Inténtase, na medida limitada do posíbel, verte-la intuición ó concepto, o saber ostensivo ó saber minuciosamente positivo, a evidencia do sentir, muda e absoluta, á evidencia da razón, discursiva e irremisibelmente parcial. Esta parcialidade necesaria non obsta á comprensión do fundamental. A evidencia fala da realidade fundante da pertenza mutua constitutiva entre suxeito e mundo. Entre un suxeito que xa non poderá volver ser concibido como instancia preeminente e autosuficiente que dispón perante si unha colección ordenada de leves obxectos, e un mundo que demanda 234 “The creativity of the world is the throbbing emotion of the past hurling itself into a new trascendent fact” (AI, 177). 235 “The notion of many things acquiring complete complex unity” (AI, 236). 236 “Its good resides in the realization of a strength of many feelings fortifying each other as they meet in a novel unity” (AI, 275). 9 9 o recoñecemento da consistencia que de seu posúe, na súa calidade de presenza sólida e previa que nutre e con-forma a substancialidade da interioridade experienciante. Aquilo que aparecía perante a reticencia escéptica do noumenalismo como unha alteridade transcendente inexpugnábel, vén ser descuberto, agora, instalado con serena naturalidade no propio claustro subxectivo. O mundo, ó que o suxeito prerreflexivo asigna de maneira espontánea un estatuto de realidade idéntico ó que se aplicaa si mesmo, perde definitivamente o carácter de estrañeza. O mundo é a raíz da subxectividade. Así lle consta, sen necesidade de formulacións expresas, á experiencia orixinaria, e así debe reflectilo expresamente a teoría co rigor da fundamentación discursiva. Pero esta é só unha das facetas da correlación primordial, posto que, se por unha banda o suxeito debe todo canto substancializa a súa actualidade ó patrimonio obxectivo do mundo, tampouco é menos certo que é unicamente na experiencia particular onde se consuma e (re)crea, enriquecida por unha nova perspectiva, a unidade vivente do mundo. “O universo no seu conxunto áchase constituído polos elementos que se revelan na análise das experiencias dos suxeitos. O proceso é o devir da experiencia” (PR, 166; cursivas engadidas)237. A copertenza orixinaria que liga suxeito e mundo mantenos entrañados indisolubelmente nun proceso dialéctico de creación recíproca. Nun proceso que pugna por construí-la diferenza do novidoso e a autenticidade do singular sobre o fondo dunha unidade primordial. A unidade é punto de partida e τέλος dinamizador para todas cantas “aventuras”238 emprende e prosegue o acontecer nas súas varias dimensións. Porque é viva e real, ideal e aventura irrenunciábel, a unidade é múltiple. Non hai lugar para paradoxos, moito menos para va retórica. A unidade é múltiple. “Hai” a unidade potencial da extensión cabal do fáctico, e a unidade actual que se condensa, define e concreta na perspectiva particular; a unidade do Todo, e a unidade experiencial; a unidade traumática dun conxunto mutilado traxicamente polo mal, e a unidade perfecta na Harmonía e na Beleza á que aspira o proceso global, alentado polo seu Eros divino. A comprensión da unidade, que presupón a captación do ritmo do crecemento orgánico 237 “The whole universe consists of elements disclosed in the analysis of the experiences of subjects. Process is the becoming of experience” (PR, 166). 238 A de “aventura” é unha das nocións que tinguen de lirismo a metafísica whiteheadiana, onde non se vacila en transforma-lo Primeiro Motor da cosmoloxía clásica en sublime Poeta (“Deus non crea o mundo: sálvao; ou, máis exactamente, el é o poeta do mundo, ó que guía con tenra paciencia conforme á súa visión de verdade, beleza e bondade” -He [God] does not create the world, he saves it: or, more accurately, he is the poet of the world, with tender patient leading it by his vision of truth, beauty, and goodness, PR, 346). “Aventura” non é senón unha outra denominación para o Proceso, despregamento azaroso do real cara ó seu ideal de Beleza e Harmonía. O Proceso é unha “Aventura” porque representa unha aposta contra a trivialidade e a entropía, porque o seu transcurso equivale á busca perpetua, e porque a súa persistencia tenaz, arrostrando a adversidade, supón todo un desafío. O seu avance resulta retardado e aínda frustrado polas perdas inevitábeis, pola destrución, polo conflito. Non hai garantías contra o risco, non hai Providencia ningunha que poida erradica-la positividade do Mal, obstáculo inescapábel e metafisicamente necesario, xurdido na encrucillada da pluralidade, a liberdade e a finitude. Nada hai que poida atenua-la gravidade transcendental da Aventura, nada hai que poida salvala do seu acharse entregada por completo a si mesma. O propio Eros divino, Poeta inspirador da magna Aventura, participa da súa Traxedia e asiste expectante ó seu lento triunfo, unindo o seu propio destino á ruta que vai abrindo traballosamente o devir interminábel. 100 da realidade, debe converterse non no criterio de adecuación (sempre modificábel conxunturalmente) da metafísica, senón na súa vocación definitoria e innegociábel. A ela intentan facer xustiza as nocións de “prehensión” e “concrescencia”, por máis que o rigor do concepto non abonda (ende ben) para disipa-la perplexidade da reflexión perante o misterio da natureza do real. “O mundo da experiencia é idéntico ó mundo de alén da experiencia. As categorías teñen que elucidar este paradoxo da conectividade das cousas: a pluralidade das cousas e a unidade do mundo, no exterior e no interior [da experiencia]” (AI, 228)239. “A experiencia non é a relación entre un suxeito experienciante e un algo externo a el, senón que é ela mesma o ‘todo inclusivo’ requirido pola conectividade dos ‘moitosen-un’. [...]. A conectividade das cousas non é máis que a súa conxunción nas ocasións de experiencia” (AI, 233)240. 4.2.3. O concepto de valor “Todo ten algún valor para si mesmo, para os outros e para a totalidade. Isto é o que caracteriza o significado da actualidade” (MT, 111)241. “Cada unha das entidades ou factores do universo é esencialmente relevante para a existencia de tódalas demais” (Imm., 682)242. O de “valor” é un concepto fundamental nunha cosmoloxía que declara explícita e reiteradamente o propósito243 de gradua-lo seu enfoque conforme ós parámetros da estética. A noción de valor refírese ó feito de que toda realización concreta ten a súa xustificación en si mesma e constitúe un “fin-en-si”. O universo whiteheadiano, 239 “The world within the experience is identical with the world beyond experience. The categories have to elucidate this paradox of the conectedness of things -the many things, the one world without and within” (AI, 228). 240 “Experience is not a relation of an experient to something external to it, but is itself the ‘inclusive whole’ which is the required conectedness of ‘many in one’. [...]. The conectedness of things is nothing else than the togetherness of things in occasions of experience” (AI, 233). 241 “Everything has some value for itself, for others, and for the whole. This characterizes the meaning of actuality” (MT, 111). 242 “All entities or factors in the universe are essentially relevant to each other’s existence” (Imm., 682). 243 Semella que para Whitehead a Beleza representa a categoría suprema do ser, a excelencia entitativa máxima, inclusiva do Ben (e non á inversa, como postulara Platón). Sempre xeneroso no recoñecemento das achegas alleas, Whitehead declárase, para esta cuestión, admirativo debedor da súa dona: “O efecto da miña esposa sobre o meu punto de vista ante o mundo ten sido tan fundamental que debe ser amentado en calidade de factor esencial no meu rendemento filosófico. [...]. A súa intensa vida ensinoume que a beleza, moral e estética, constitúe a finalidade da existencia. E que a amabilidade, o amor e a satisfacción artística son algúns dos seus modos de realización” (The effect of my wife upon my outlook on the world has been so fundamental, that it must be mentioned as an essential factor in my philosophical output. [...]. Her vivid life has taught me that beauty, moral and aesthetic, is the aim of existence; and that kindness, and love, and artistic satisfaction, are among its modes of attainment, Autobiog., 8). A afinidade co posicionamento de W. JAMES resulta aquí particularmente significativa, por canto atinxe o plano das actitudes vitais da persoa: “Posto que polo xeral non somos escépticos –suxire James-, deberíamos dar un paso máis e confesarmos con franqueza os motivos das nosas fes respectivas. Eu confeso con franqueza o meu: Non podo menos que considerar que todas elas [as nosas fes], no fondo, son de índole estética e non lóxica” (‘Absolutism and Empiricism’, en Essays In Radical Empiricism, Lincoln and London, University of Nebraska Press, 1996, p. 276; cursivas engadidas). 101 inspirado por un Poeta divino “cabalmente realista”, instaura xa, na facticidade presente do seu devir fenoménico, aquel arelado “Reino dos Fins” que Kant reservaba, no seu pesimismo saudoso, para unha utópica orde nouménica. O valor é un ingrediente consubstancial á actualidade, a toda determinación entitativa que emerxe á existencia efectiva. É precisamente este vencello esencial entre o valor e a realización concreta o que desautoriza a postulación dun estándar supraempírico de valor, en función do cal establecer xerarquías de significación e relevancia entre os diversos eventos particulares. Non existe nada tal como o valor, paradigma de plenitude senlleiro e abstracto, universal e inmutábel. O que “hai” de feito, e o único, en consecuencia, que pode aprehender e plasma-lo discurso (alomenos na medida na que pretenda ser un dicir con sentido), son os valores, os infindos valores reais e concretos, relativos á especificidade substantiva das entidades particulares. Xa que o valor ten a súa raíz na orixinalidade coa que a ocasión de experiencia (re)crea en si mesma, dende a súa perspectiva peculiar, a vida do seu medio. A estrutura orgánica e correlacional do real implica, con necesidade metafísica, que “Todo o que existe nalgún sentido ten dúas vertentes, a saber: a súa mesmidade individual e a súa significación no universo” (MT, 111)244. É por iso que o valor dunha entidade concreta calquera desprégase sempre nunha dobre dimensión, tal como explicamos a seguir: -O valor constitúe, na súa orixe, un sentir privado circunscrito á esfera subxectiva. Trátase dun carácter que xorde na inmediatez da auto-experiencia, vencellado coa vivencia da propia actualidade. Toda individualidade é valiosa en e para si mesma, xa que a súa realización entitativa supón, alén da plenificación da apetición que activara o seu proceso de autoprodución, o seu ingreso na comunidade do actual en calidade de fito orixinal e inderrogábel. Pode considerarse, entón, que “O valor é inherente á actualidade. Ser unha entidade actual significa ter un auto-interese. Este auto-interese é un sentir de auto-valoración; trátase, pois, dunha tonalidade afectiva. O valor das cousas alén da mesmidade propia é un valor derivativo, cifrado na virtualidade que lles é inherente de contribuíren ó auto-interese máximo. O auto-interese da ocasión epocal particular é o interese por aquilo no que devén a súa existencia. É a vivencia máxima da propia actualidade” (RM, III, ‘Value and Purpose of God’)245. Fica así de manifesto a estreita implicación existente entre o valor na súa faceta subxectiva e a “satisfacción”, o gozo intenso e efémero da propia inmediatez co que se consuma o ciclo vital da ocasión de experiencia. 244 “Everything that in any sense exists has two sides, namely, its individual self and its signification in the universe” (MT, 111). 245 “Value is inherent in actuality itself. To be an actual entity is to have a self-interest. This self-interest is a feeling of self-valuation; it is an emotional tone. The value of other things, not one’s self, is the derivative value of being elements contributing to this ultimate self-interest. This self-interest is the interest of what one’s existence, as in that epochal occasion, comes to. It is the ultimate enjoyment of being actual” (RM, III, ‘Value and Purpose of God’). 102 -Agora ben, a exigüidade do “en-si” e a transitoriedade do “para-si” (por acudir ás categorías hegelianas, ás que tan alleo se proclamaba Whitehead) son rebordadas pola proxección e a afirmación da interioridade no “fóra-de-si”, prescrita pola interrelacionalidade constitutiva do real. É por isto que o valor posúe tamén unha dimensión obxectiva, consistente na importancia potencial para os outros daquilo que semellaba esgotarse, en principio, no interese da mesmidade particular. Toda realización concreta remata por se converter, en virtude da súa “inmortalidade obxectiva”, nun factor operante, en modos e graos diversos, na xénese dos eventos ulteriores. En definitiva: nada é irrelevante. Todas e cada unha das ocorrencias particulares se revisten, únicas e irrefutábeis, de grave significación. A fragmentariedade da de-finitude ten un peso específico que a mantén cohesionada coa comunidade viva do acontecer. Nada hai prescindíbel, nada é trivial ou desprezábel. Todo ten o seu lugar na configuración da totalidade orgánica, para cada cousa hai unha valiosa misión que cumprir na aventura colectiva do proceso global. 109 5.3. O carácter situacional do decatamento sensorial: Perspectiva e corporalidade “A experiencia humana é un acto de autoorixinación que inclúe a totalidade da natureza, limitado pola perspectiva dunha rexión focal localizada no corpo” (AI, 225)256. A perspectiva, acoutada pola conxunturalidade peculiar que preside a emerxencia do concreto, é o cicel da finitude. Con isto quere dicirse que o carácter específico dunha actualidade calquera dada vén determinado, xustamente, pola súa perspectiva, isto é, pola singular posición que lle sexa dado ocupar no organigrama espazo-temporal. A perspectiva non supón un accidente azaroso do ser, senón que posúe unha significación ontolóxica substantiva. Estar enclavado nun certo nó do acontecer cósmico, equivale a estar relacionado dun xeito definido e definitorio coas restantes entidades que conforman o tramado do real, na dimensión do fáctico tanto como na do posíbel. O existente concreto modula a súa substancialidade conforme ó artellamento que presenta a súa correlatividade constitutiva co outro de si. A perspectiva dunha ocasión de experiencia expresa o que o universo na súa totalidade é para esa entidade concreta. Ou, se se prefire, o cómo todos e cada un dos factores integrantes da realidade interveñen, positiva ou negativamente, no seu proceso de concrescencia. Se as ocasións whiteheadianas, que son todo fiestras, fiestras polas que transitan libremente, nun e noutro sentido, a luz e as correntes, resultasen equiparábeis ás mónadas leibnizianas, cabería caracteriza-la perspectiva como a maneira na que unha mónada espella, cos biseis e claroscuros propios do seu azougue, a extensión completa do que é. Na graduación da perspectiva resólvese definitivamente a indeterminación da entidade emerxente, por canto o seu enfoque é o que define o alcance e a orientación da actividade prehensiva, aberta, en principio, á potencialidade infinda do mundo. “Do mesmo xeito que cada ocasión constitúe unha síntese de tódolos obxectos eternos baixo a limitación de gradacións de actualidade, cada ocasión constitúe, asemade, unha síntese de tódalas ocasións baixo a limitación de gradacións de tipos de entrada. Cada ocasión sintetiza unha totalidade de contido baixo as súas propias limitacións de modo” (SMW, 175; cursivas engadidas)257. A existencia do singular desprégase a xeito de concreción substantiva dunha perspectiva sobre a totalidade do real. O acto de decatamento sensorial (senseawareness), baseamento do proceso experiencial na súa calidade de contacto prehensivo primario da interioridade experienciante coa facticidad externa, atópase sempre decantado perspectivisticamente. No decatamento sensorial ten lugar o discernimento dun certo factor particular do acontecer, detectado na súa relevancia para a propia síntese autoprodutiva pola atención focalizada en función da perspectiva. A multitude confundente dos restantes elementos do contorno pasa a ser relegada, en troques, ó transfondo vago do discerníbel non-actualizado, o que evita a dispersión da 256 “Human experience is an act of self-origination including the whole of nature, limited to the perspective of a focal region, located within the body” (AI, 225). 257 “In the same way that every occasion is a synthesis of all eternal objects under the limitation of gradations of actuality, so every occasion is a synthesis of all occasions under the limitation of gradations of types of entry. Each occasion synthesizes the totality of content under its own limitations of mode” SMW, 175). 110 receptividade. A perspectiva avalía a importancia dos diversos elementos que aparecen perante ela, discrimina, selecciona, asigna prioridades, ordena. É por isto que, malia despregaren todos eles os seus horizontes respectivos sobre un único e mesmo substrato real, “Cada mundo actual é relativo ó punto de vista” (PR, 193)258. Á marxe da índole variábel dos obxectos que poden actuar como correlatos intencionais da actividade prehensiva, todo acto de decatamento sensorial implica, en xeral, a concorrencia de dous factores fundamentais, a saber: -Unha duración, ou totalidade da natureza cosimultánea coa ocasión de experiencia que sexa o caso. -E un acontecemento perceptivo (percipient event), isto é, o “aquí” ou enclave corpóreo da interioridade experienciante. A idiosincrasia peculiar da constitución e dos funcionamentos somáticos do acontecemento perceptivo, xunto coa súa posición na duración na que el mesmo participa a título de factor activo, condicionan o acceso da subxectividade á facticidade circundante, determinando o ángulo perspectivístico e incluso a actitude ou reacción afectiva asumidas perante a mesma. Pero vexamos cómo caracteriza o propio Whitehead este que é o instrumento prehensivo primordial: “Trátase do concepto dun factor definido da natureza. Este factor é un acontecemento que constitúe o foco na natureza do acto de decatamento, sendo percibidos tódolos demais acontecementos en referencia a el” (CN, 107)259. O acontecemento perceptivo vertebrador do “dende” da actividade prehensiva non se identifica simplemente co “corpo-sen-máis” (por así o chamar). O corpo, a nosa carnalidade máis patentemente “propia”, áchase sempre incardinado nunha conxuntura espazo-temporal determinada, inmerso nunha interacción dinámica con tódolos demais eventos que toman parte nela, tal e como o prescribe o principio da relatividade universal do real. Sobre eles exerce o seu influxo, absorbendo, á súa vez, o influxo de canto o rodea. Os restantes elementos ambientais son tamén constitutivos, a través da mediación do corpo, sensíbel e reactivo, da especificidade da situación perceptiva da ocasión actual. Pois, ó cabo, “O corpo é esa porción da natureza coa que coopera intimamente cada intre da experiencia humana” (MT, 115)260. O corpo, o a priori corporal (así o recoñeceu e dignificou a fenomenoloxía), é o “aquí” por antonomasia da experiencia, o eixe que artella as liñas da perspectiva261. O 258 “Each actual world is relative to standpoint” (PR, 193). 259 “This is the concept of a definite factor in nature. This factor is an event in nature which is the focus in nature for that act of awareness, and the other events are perceived as referred to it” (CN, 107). 260 “The body is that portion of nature with which each moment of human experience intimately coöperates” (MT, 115). 261 “O ser encarnado do home, e non a conciencia ou a pura subxectividade, é o feito orixinario”. “O home [...] é un suxeito encarnado, o seu coñecer áchase situado no universo, as cousas sonlle dadas baixo perspectivas orientadas a partir do seu propio corpo. ¿Non debería este, en consecuencia –pregunta retoricamente M. HENRY-, constituí-lo tema dunha pescuda que tivese por obxecto o home real, non o 111 corpo debe ser valorado como a raiceira que finca a subxectividade no mundo e que asimila o mundo para a subxectividade. A copertenza orixinaria que entraña mutuamente a suxeito e mundo ten a súa condición de posibilidade no feito da corporeidade262, na circunstancia fundante, inherente á actividade experiencial, de emerxer e se desenvolver por enteiro dende o vívido e eficaz soporte dun corpo. É por isto que cabe entender con escrupulosa literalidade a afirmación de que a realidade externa, relativizada a súa aparencia de transcendencia absoluta, áchase incorporada no propio claustro subxectivo, unha vez que “O corpo é unha parte do mundo exterior, continua con el. [...]. De maneira que, se quixésemos ser meticulosamente exactos, non poderíamos delimitar ónde principia un corpo e ónde remata a natureza externa” (MT, 21)263. A superación definitiva da alienación que con tanta frecuencia padeceu o “obxectoego” con respecto ó mundo de cousas outras que constitúe a súa matriz natural, consumarase unicamente na medida na que logre pór fin á alienación con respecto ó corpo propio decretada polos prexuízos dualistas. Todo canto ten no seu haber a mesmidade subxectiva procede da substancialidade fundante do mundo que a transcende. E todo canto é, pode e coñece a interioridade experienciante verbo desa nutricia presenza externa, débello á efectividade do corpo, ó seu inalienábel ocorrer en e dende unha corporeidade264. A débeda para co corpo resulta inobviábel. Os mecanismos fisiolóxicos sosteñen e condicionan por enteiro o “metabolismo” experiencial. O corpo, na súa calidade de fina antena prehensiva, franquea ó mundo-(xa non de todo)-outro o acceso á subxectividade. Como fiel instrumento expresivo, o corpo traslada eficazmente á exterioridade as diversas iniciativas intencionais (pragmáticas, cognoscitivas, puramente contemplativas) que arrincan do núcleo subxectivo. A tensión dos procesos fisiolóxicos, as peculiaridades anatómicas, os trastornos ocasionais e mesmo os hábitos perceptivos e as aptitudes de toda índole que poida ter adquirido o corpo, repercuten de maneira directa sobre a contextura obxectiva coa que se presentan perante a interioridade experienciante os materiais prehendidos. Os estados e a bagaxe xeral (chamémola así) da circunstancia corpórea determinan asemade a natureza da reacción afectiva visceral (na dobre acepción, literal e figurada, do termo) do suxeito perante os datos que recibe do seu mundo circundante, esa realidade “allea” e envolvente que principia xa no seu propio corpo. home abstracto do idealismo, senón este ser de carne e óso que somos cada un de nós mesmos?” (Philosophie et phénoménologie du corps, Paris, Presses Universitaires de France, 1987, pp. 4 e 10; os dous primeiros subliñados son nosos). 262 “O corpo propio está no mundo –di MERLEAU PONTYcomo o corazón no organismo: mantén continuamente en vida o espectáculo visíbel, anímao e nútreo intimamente, formando con el un sistema” (op. cit., p. 235). 263 “The body is part of the external world, continuous with it. [...]. Also, if we are fussily exact, we cannot define where a body begins and where external nature ends” (MT, 21). 264 “O mundo que nos é dado orixinariamente é xustamente o mundo do corpo, un mundo cuxo ser non é en orixe senón o termo transcendente do movemento”. “[O corpo] garda en si mesmo o segredo do acceso a tódolos obxectos do seu contorno, é a clave do universo e estende o seu poder sobre todo canto existe”. “O mundo é así a totalidade dos contidos de tódalas experiencias do meu corpo, o termo de tódolos meus movementos, reais ou posíbeis” (HENRY, M., Philosophie et phénoménologie du corps, Paris, Presses Universitaires de France, 1987, pp. 101, 135 e 133). 112 En definitiva: se o suxeito non pode menos que recoñece-la intimidade do vencello que o liga ó mundo externo, é porque a isto o instan as demandas invasivas do corpo, ese fragmento vívido da natureza sobre o que recaen directamente as interpelacións do contorno. A unidade entre o ego-que-pensa e o corpo que pode e obra con eficacia, unidade inconcibíbel, a forza de incrustada de aporías, para a sutileza perplexa da epistemoloxía moderna, é vivida intensamente, en troques, pola experiencia espontánea. Esta apropiación instintiva da súa extensión somática patentiza ó núcleo subxectivo a copertenza carnal que entretece o seu ser co da realidade que, “da outra banda”, mobiliza a vehemencia da súa actividade intencional. A consistencia do mundo non é motivo de desacougo para a sabedoría primitiva que asiste en todo momento á experiencia, para ese saber humilde e poderoso que se sente corpo, corpo inmerso na natureza, amasado cos materiais da natureza e, ó tempo, modelador da mesma. O escepticismo é simplemente un afectado exercicio teórico, incapaz, en último extremo, de se amosar coherente co seu propio xogo265. O corpo, en canto vivo, endexamais podería acharse ensumido nun “estar-aí” indiferente e pasivo, reaccionando mecanicamente perante os estímulos do medio, como presenza cóusica abandonada de si á iniciativa da natureza. A vida, a vida que se concreta e focaliza nun corpo, é, primaria e primordialmente (tal e como o reflicte a noción spinoziana de conatus), actividade de autoafirmación e expansión, pulo en prol da conservación e plenificación do propio ser. O existente concreto pugna por imprimilo seu carácter sobre o contorno, procurando acondicionalo en función das propias necesidades e facéndoo depositario da “inmortalidade obxectiva” dos seus logros entitativos. Un corpo vivo é sempre un corpo expresivo, un ámbito versátil de manifestación para a interioridade experienciante. Porque o corpo é propio, préstase a trasladar eficientemente á facticidade externa as apeticións, propósitos e iniciativas creativas da subxectividade. Pode tomarse como adecuada definición do corpo a afirmación que o presenta concisamente como “Esa rexión do mundo que constitúe o campo primario da expresión humana” (MT, 22)266. Un corpo animal é un organismo, no sentido específico que adquire este termo no pensamento whiteheadiano. A sinxela ecuación “corpo = organismo”, tautolóxica nos usos da linguaxe ordinaria, non é trivial no espazo semántico no que se move esta investigación. Aquí, falar de “organismo” é falar dunha unidade complexa, dun sistema de sociedades de ocasións actuais (ou unidades elementais de experiencia), cuxa coordinación interna frutifica na produción dun núcleo experienciante ó que é inherente unha perspectiva que abrangue e unifica, sen consistir por iso nunha mera xustaposición das mesmas, as perspectivas parciais dos elementos particulares que integra. “Un corpo áchase composto de varios centros de experiencia que se impoñen reciprocamente os resultados da súa actividade autoexpresiva” (MT, 23)267. 265 Como apunta oportunamente WITTGENSTEIN, “quen quixese dubidar de todo, nin sequera chegaría a dubidar. O propio xogo da dúbida presupón xa a certeza” (Sobre la certeza -edc. bilingüe-, Barcelona, Gedisa, 1995, § 115. 266 “That region of the world which is the primary field of human expression” (MT, 22). 267 “The body is composed of various centres of experience imposing the expression of themselves on each other” (MT, 23). 113 O organismo vivo transcorre como intenso fluxo e refluxo de sentires. A súa estrutura adopta a forma dunha rede vibrante de prehensións e expresións, de expresións que exteriorizan no ámbito común os produtos da tensión experiencial de cada un dos elementos particulares do conxunto, e de prehensións que captan estas manifestacións para os restantes membros do sistema. A interacción coordinada, na medida en que afianza a complementación e a relevancia mutua entre os elementos simples, promove a emerxencia dunha unidade de sentir (ou de vivencia) capaz de organizar e redefinir conforme ós parámetros dun proxecto global os dinamismos dos niveis inferiores. Esta unidade complexa é o que adoita denotarse co concepto de “suxeito de experiencia”. A superioridade da sociedade de ocasións que funciona nun organismo como centro unificador e dominante radica na variedade da súa experiencia. Nela conflúen as pulsións, marcadamente especializadas, procedentes de tódolos sub-organismos particulares, o que lle permite obter unha perspectiva máis axustada sobre a situación do conxunto orgánico e desenvolver, en consecuencia, unha maior capacidade de reacción perante os estímulos do medio. O efecto da coordinación e da variedade de experiencia redunda na intensificación da actividade creativa (ou conceptual) do polo mental do suxeito. Até o punto que cabe considerar que o que define a intelixencia é precisamente o seu vencello esencial coa novidade. A habilidade que demostra espontaneamente a mentalidade complexa á hora de deseña-las súas estratexias de acción en resposta ós desafíos suscitados pola circunstancia externa, proporciona argumentos sólidos cos que avalar esta tese. Sobre todo se a isto se engaden as virtualidades inherentes ó poder imaxinativo, capaz de xerar e introducir na compacidade do fáctico posibilidades do ser e do facer até o momento inusitadas. “En razón do corpo, co seu milagre de orde, os tesouros do ambiente pasado aflúen á ocasión vivente. A ruta final de ocasións perceptivas se cadra sexa unha sarta de eventos a vadiar polos espazos ‘baleiros’ nos intersticios do cerebro. Nin se atafega nin bole. Resulta axitada polas intensidades do seu sentir privado, de atracción ou de aversión. Á súa vez, esta culminación da vida corporal transmítese como elemento de novidade polas avenidas do corpo. A súa única utilidade para o corpo consiste na súa vívida orixinalidade: é o órgano da novidade” (PR, 339)268. O fenómeno da potencia creativa, intuición prospectiva que penetra na opacidade do “dado” para descubrir aquelas alternativas latentes que agardan a seren actualizadas, acada as súas realizacións máis notábeis no caso da experiencia humana. Whitehead suxire mesmo que “A definición do xénero humano é que nesta clase de animais a actividade central ten sido desenvolvida na dirección da súa relación coa novidade” (MT, 26)269. 268 “It is by reason of the body, with its miracle of order, that the treasures of the past environment are poured into the living occasion. The final percipient route of occasions is perhaps some thread of happenings wandering in ‘empty’ space amid the interstices of the brain. It toils not, neither does it spin. It is shaken by its intensities of private feeling, adversion or aversion. In its turn, this culmination of bodily life transmits itself as an element of novelty throughout the avenues of the body. Its sole use to the body is its vivid originality; it is the organ of novelty” (PR, 339). 269 “The definition of mankind is that in this genus of animals the central activity has been developed on the side of its relationship to novelty” (MT, 26). 114 A afinación progresiva da actividade conceptual culmínase coa elaboración das ambiciosas directrices que inspiran e mobilizan a aventura270 da civilización. Se cadra sexa este o maior dos “prodixios” da evolución: o tránsito dende o “cruamente” biolóxico cara a unha aposta arriscada polo ideal e o sentido. A transfiguración, que con razón admira ó pensamento, non é o don arbitrario dunha intervención sobrenatural. Trátase, “simplemente”, do resultado final da lóxica infalíbel da orde. Non é pouco o que esta ten posto en xogo, unha vez superado o serodio repertorio de variábeis do instinto. Pois, malia tódalas súas limitacións, “A vida dun ser humano recibe o seu valor, a súa importancia, do xeito no que os ideais aínda non realizados modelan os seus propósitos e matizan as súas accións” (MT, 27)271. 270 Xa se ten aludido á posición cordialmente central que ocupa a noción de “aventura” no pensamento whiteheadiano. Con ela intenta suxerirse o risco apaixonante inherente ó proceso global, que avanza lastrado pola traxedia do mal cara ó seu destino final de Beleza e Harmonía. 271 “The life of a human being receives its worth, its importance, from the way in which unrealized ideals shape its purposes and tinge its actions” (MT, 27). 11 5 5.4. Expresión “Nada hai no mundo real que sexa meramente un feito inerte. Toda realidade está aí para o sentir: promove o sentir e é sentida. Como tampouco hai nada que pertenza meramente á privacidade do sentir dunha actualidade individual. Todo se orixina na privacidade. Pero o que así ten sido orixinado, impregna publicamente o mundo” (PR, 310)272. O pulo expresivo, conxugado en artellamento rítmico coa actividade prehensiva, representa o momento de autoafirmación entitativa que completa o ciclo do proceso experiencial. Nesta ambivalencia receptivo-expresiva reside o fecundo paradoxo do acto de experiencia concreto. As evolucións con-formativas da ocasión actual, que transcorren a xeito de (re)creación novidosa da unidade do diverso, redundan no esmiuzamento expansivo da unidade global como resultado da agregación ó caudal do múltiple da súa propia realización particular. O sentir da importancia provén da inmanencia da infinitude no finito, do múltiple no “un” singular; noutras palabras: da impositividade coa que o “outro” aborda a mesmidade experienciante, facéndolle consta-lo seu valor. O movemento experiencial invértese na súa oscilación dialéctica e dá lugar ó fenómeno da expresión. Co concepto de “expresión” signifícase a actividade do existente particular que pugna por plasma-lo seu carácter sobre as demais realidades do contorno, rebordando os límites da súa inmediatez efémera para proxecta-lo seu influxo sobre o novo que xorde e prosegue. A expresión posibilita a inmanencia do finito nas restantes finitudes que o transcenden, o que vale por dicir: na totalidade que se rexenera inesgotabelmente, até o infindo. A actividade expresiva, o pulo espontáneo (verdadeira urxencia) en prol da exteriorización e difusión, naquilo que é sentido como “o outro” de si, de algo que semellaba esgota-lo seu alcance e significación nos circuítos privados da interioridade experienciante, constitúe a manifestación máis primaria da tensión vital. A vida é expresividade, afán de autoafirmación do existente particular, que precisa comproba-la efectividade do propio ser corroborada pola alteridade, da que demanda recoñecemento e resposta. A apropiación e asimilación (no sentido máis etimolóxico do termo, como “facer similar”) das cousas outras, ou, no extremo inverso, o se converte-lo “un-mesmo” en propiedade do outro, nun factor incorporado perennemente ó patrimonio obxectivo do mundo, para salvar, dun ou doutro xeito, a plenitude perecedoira da autoinmediatez, son apeticións inherentes á raíz máis rexa do existir. Así o require, con necesidade ontolóxica, a dinámica da actividade autocreativa que subxace a todo acontecer273. Nun universo minuciosamente correlacional, cuxo proceso transcorre como crecemento sinérxico dun sensíbel organismo, “A esencia do ser consiste en acharse implicado na acción causal sobre outros seres” (AI, 120)274. 272 “There is nothing in the real world which is merely an inert fact. Every reality is there for feeling: it promotes feeling; and it is felt. Also there is nothing which belongs merely to the privacy of feeling of one individual actuality. All origination is private. But what has been thus originated, publicly pervades the world” (PR, 310). 273 Véxase supra, 4.2. . 274 “The essence of being is to be implicated in causal action on other beings” (AI, 120). 116 Pero o que interesa verdadeiramente a unha pescuda fundamental verbo do fenómeno da expresividade, é o feito de que nel se transloce, de maneira especialmente sintomática, a certeza acerca do estar-aí dun mundo externo que in-corpora o propio núcleo subxectivo. Ó suxeito cónstalle a existencia de “o outro de si”. Decátase, sen acubilla-la menor dúbida ó respecto, de que “iso outro” posúe peso ontolóxico de seu. Porque é manifestamente real, realmente grave e aínda gravosa, a alteridade afecta e “importa”. Esixe ser tida en conta. “O outro” é a presenza grave e inobviábel que opón resistencia á expansividade da mesmidade, limitándoa, estimulándoa e revelándolle, tamén, a medida do seu propio ser. O mundo é o caso. Mantense “no seu”, tenazmente independente, e faise sentir como imprescindíbel. Así o sabe o suxeito. Deste recoñecemento dá boa proba o pulo instintivo cara á expresión de si, que procura informar a ese mundo que aparece tan “importante” acerca da propia existencia e necesidades, instándoo a as tomar en consideración. Facendo patente nela a súa propia realidade, o suxeito prepara o acondicionamento e a dominación desa consistencia allea na que lle vai un interese estritamente vital. No pulo expresivo reside e se manifesta de xeito inequívoco “A evidencia fundamental da nosa presuposición dun mundo externo” (MT, 21)275. Sentimos ou vivimos con previedade absoluta en relación con calquera saber explícito a nosa copertenza íntima cun mundo de cousas outras que nos transcende sen nos ser por iso completamente estraño. O mundo está aí, fica aí, real e resistente, obstinado, patentizando coa súa solidez fundante a precaria continxencia dos focos de experiencia particulares que o aluman ocasionalmente. O mundo é o incontrovertíbel. Agora ben; nada disto implica que sexa indiferente ás evolucións da tensión subxectiva. O mundo, que é tan consistente como fecundo e fluído, déixase acadar á súa vez pola acción expansiva da interioridade experienciante276. Na aventura inculminábel do proceso global hai sempre un lugar para a participación creativa de todas e cada unha das súas ocorrencias particulares. 275 “The most fundamental evidence of our presupposition of the world without” (MT, 21). 276 Esta dialéctica de constitución recíproca é obxecto de prolixos desenvolvementos no ámbito da fenomenoloxía, en cuxas análises “vémonos sempre conducidos a unha concepción do suxeito como ekstase e a un vencello de transcendencia activa entre o suxeito e o mundo. O mundo é inseparábel do suxeito, pero dun suxeito que non é máis que proxecto do mundo, e o suxeito é inseparábel do mundo, pero dun mundo proxectado por el mesmo. O suxeito é ser-no-mundo (être-au-monde) e o mundo é ‘subxectivo’ na medida en que a súa textura e articulacións son deseñadas polo movemento de transcendencia do suxeito” (MERLEAU PONTY, op. cit., 491-492). 11 7 5.5. Os modos perceptivos e a densidade bidimensional da experiencia “Na percepción pura situámonos verdadeireiramente fóra de nós mesmos, [...] palpámo-la realidade do obxecto nunha intuición inmediata”277. 5.5.1. A eficacia causal “Unha parte da nosa experiencia está á man e ben definida na nosa conciencia, polo que resulta doado reproducila a vontade. O outro tipo de experiencia, malia que insistente, é vago, obsesionante e ingobernábel. O primeiro tipo, a pesar de toda a súa decorativa aparencia sensíbel, é estéril. Amosa un mundo oculto tras una pantalla adventicia produto dos nosos funcionamentos corporais. O outro tipo vén recargado polo contacto coas cousas pasadas, as cales apreixan a nosa inmediatez. Este último tipo de experiencia, o modo da eficacia causal, é o que predomina nos organismos viventes primitivos” (SME, 43-44)278. A análise en profundidade do fenómeno experiencial revela o que cabe denomina-la súa densidade bidimensional. Nos organismos máis desenvolvidos, o acto de experiencia concreto confórmase a xeito de superposición entre as producións respectivas dos dous modos perceptivos inherentes á súa constitución somática: a eficacia causal e a inmediatez presentativa. Dúas vías prehensivas que, malia achárense vencelladas intimamente e seren complementarias entre si, non comparten estatuto de orixinariedade ontolóxica nin poden ser adscritas a un mesmo nivel de primordialidade epistemolóxica279. “A percepción nesta forma primaria é a conciencia da eficacia causal do mundo externo, en razón da cal o perceptor se define como concrescencia a partir dun dato constituído definitivamente. O carácter vectorial do dato é a eficacia causal. [...]. De xeito que percepción, neste sentido primario, é percepción do mundo establecido no pasado, constituída polas súas tonalidades afectivas e eficaz en razón das mesmas. A 277 HENRI BERGSON, Matière et Mémoire, en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963, p. 222; cursivas engadidas. 278 “One part of our experience is handy, and definite in our consciousness; also it is easy to reproduce at willl. The other type of experience, however insistent, is vague, haunting, unmanageable. The former type, for all its decorative sense-experience, is barren. It displays a world concealed under an adventitious show, a show of our own bodily production. The latter type is heavy with the contact of the things gone by, which lay their grip on our immediate selves. This latter type, the mode of causal efficacy, is the experience dominating the primitive living organisms” (SME, 43-44). 279 Se cadra sexa nesta diagnose verbo da dinámica do metabolismo experiencial onde resulte máis significativo, por atinxir de maneira directa o núcleo do labor de fundamentación, o paralelismo entre a analítica whiteheadiana e as formulacións da fenomenoloxía, en xeral, e de MERLEAU PONTY, moi en particular. Tamén para este último, “a ‘función simbólica’ ou ‘función de representación’ sostén os nosos movementos, pero non representa un termo último para a análise, senón que repousa, á súa vez, sobre un certo chan, sendo o erro do intelectualismo a facer repousar sobre ela mesma, separándoa dos materiais nos que se realiza, sen recoñecer en nós, a título orixinario, unha presenza do mundo sen distancia”. “Por baixo dos actos expresos mediante os cales poño diante de min un obxecto á súa distancia, nunha relación definida cos outros obxectos e provisto de caracteres definidos e observábeis, por baixo das percepcións propiamente ditas, hai [...], para as soster, unha función máis profunda, sen a cal faltaría o índice de realidade ós obxectos percibidos [...] e en virtude da cal adquiren estes relevancia ou valor para nós. Trátase do movemento que nos leva alén da subxectividade, que nos instala no mundo con anterioridade a toda ciencia e a toda verificación, mediante unha sorte de ‘fe’ ou de ‘opinión primordial’ [a Urglaube ou Urdoxa de Husserl]” (op. cit., pp. 145 e 395). 118 percepción, neste sentido do termo, será denominada ‘percepción no modo da eficacia causal’” (PR, 120)280. No substrato preconsciente da experiencia, fundante e radical, desprega a súa actividade o sentir (ou mellor, se cadra: o saber-sentido) da eficacia causal. A eficacia causal opera a xeito de decatamento mudo e rudimentario, obstinadamente insistente. Dela deriva de maneira directa a certeza da realidade do propio ser na realidade do mundo. A vehemencia perentoria deste modo perceptivo patentiza ó suxeito a presenza dun ámbito externo de cousas-outras, reais no mesmo grave e inescapábel sentido que a súa propia existencia. A apertura orixinaria entre suxeito e mundo mantense franca en virtude da mediación indefectíbel do sentir da eficacia causal, que impregna a interioridade experienciante coa atmosfera densa do seu medio circundante. A da eficacia causal é unha experiencia saturadora, case podería dicirse que invasiva. Non en van ten a súa sé no corpo-total (ou “acontecemento perceptivo”), ese sensíbel instrumento prehensivo en contacto vívido coa natureza da que el mesmo é parte. Como froito deste sentir primario e primordial xermola, na entraña escura e profunda do ser, a certeza inconmobíbel da imbricación radical entre a subxectividade e o mundo, a certeza da miña realidade na realidade-matriz do mundo, máis alá de toda razón. O da eficacia causal é un saber demasiado primitivo, demasiado sentido, como para precisar de avais ou traducións, sequera, de índole discursiva. O sentimento reborda a razón porque cala máis fondo que ela na cerna do real. As elaboracións whiteheadianas verbo do modo perceptivo da eficacia causal anticipan281 a teoría da afectividade orixinaria de P. Ricoeur, coa súa tese central da ambivalencia “paradoxal” do sentimento282. Todo sentir é, en rigor, un sentirse, un modo de se vivi-la propia intimidade como resultado da súa afección por unha alteridade. O sentimento revela a copertenza esencial entre suxeito e mundo, cunha evidencia inacadábel por completo para a representación283. 280 “Percetion in its primary form is consciousness of the causal efficacy of the external world by reason of which the percipient is a concrescence from a definitely constituted datum. The vector character of the datum is this causal efficacy. [...]. Thus perception, in this primary sense, is perception of the settled world in the past as constituted by its feeling-tones, and as efficacious by reason of those feeling-tones. Perception, in this sense of the term, will be called ‘perception in the mode of causal efficacy’” (PR, 120). 281 Pois, como observa D. R. GRIFFIN, “o termo sentir [sendo o sentir o vehículo da percepción da eficacia causal] suxire tanto que algo é sentido como que é sentido cunha emoción” (op. cit., p. 80). 282 AMOR RUIBAL tiña constatado xa, pola súa banda, a ambigüidade entrañada no fenómeno do sentir, paradoxo fundante da racionalidade que revela ó suxeito o absoluto vehemente da autoinmediatez na xusta medida na que é atinxido por unha alteridade que o transcende. “As sensacións no seu dobre elemento –di Amor Ruiballevan para nós unha representación de exterioridade, cuxo baseamento non é outro [...] que a proxección espacial concomitante, como noción primitiva e indispensábel en toda a nosa vida cognoscitiva. A diferenza entre o valor significativo das sensacións e o afectivo está en que, aquel fainos distingui-los obxectos de nós, facéndoos polo tanto independentes do noso ser, namentres este é inseparábel de nós, facendo que o noso corpo sexa coñecido como noso e contraposto ós obxectos exteriores. [...]. Esta oposición de direccións entrámbalas funcións da sensación, a unha cara á individualidade do que sente, e a outra cara á individualidade da cousa sentida, son o principio da distinción do eu e do non eu; pois [...] o labor cognoscitivo, á inversa do que se cre noutras hipóteses filosóficas, non é [...] o de aproxima-lo suxeito e o obxecto, partindo do seu illamento e oposición, senón pola contra partindo da mutua indistinción dende o punto de vista cognoscitivo, e do seu enlace preconsciente de relatividade dende o punto de vista real, as funcións cognoscitivas veñen ter por obxecto primeiro e último o illar e distinguir, caracterizando a individualidade do eu e a do non eu” (Prbls. V, 157). 283 “O sentimento é a manifestación sentida dunha relación co mundo máis profunda que a da representación que institúe a polaridade de suxeito e obxecto. Esta relación co mundo atravesa todos eses fíos secretos ‘tendidos’ entre nós e os demais seres que denominamos, precisamente, ‘tendencias’. Estes vencellos antepredicativos, prerreflexivos, preobxectivos, non podemos aprehendelos máis que a través 12 5 global no metabolismo experiencial. Referímonos á percepción sensorial298 e ós seus produtos, ó mundo “sen fondo” que aparece en inmediatez presentativa. Malia que o grao de sofisticación acadado pola nosa rutina vital de organismos sumamente complexos semella demostra-lo contrario (afeitos como estamos a programar tódalas nosas estratexias cognoscitivas e pragmáticas a partir das informacións proporcionadas polos órganos dos sentidos especializados), o certo é que a percepción sensorial, en rigor, só pode ser considerada como estrutura ontoloxicamente continxente e función epistemolóxica derivativa e accesoria. “O mundo dado na presentación sensorial non é o da experiencia orixinaria. [...]. Primeiro domina a faceta causal da experiencia, en tanto que a presentación sensorial vai adquirindo sutileza” (SME, 49)299. De xeito que “Calquera doutrina cosmolóxica que sexa fiel ós feitos ten que admitir este carácter artificial da percepción sensíbel” (MT, 133)300. O resultado da percepción sensorial é o despregamento dun mundo contemporáneo proxectado sobre un espazo e un presente abstractamente unidimensionais. Esta comparecencia ordenada do mundo, denominada por Whitehead “inmediatez presentativa” (presentational immediacy), caracterízase pola súa claridade e precisión. A (re)presentación sensorial rexistra con minuciosidade a riqueza cualitativa da facticidade circundante, facendo aparece-los seus elementos integrantes como individualidades definidas e diferenciadas nidiamente. Agora ben, esta rotundidade de contornos non ten a súa orixe no “de-seu” das cousas reais (que, como xa se dixo, son nós dinámicos de relación), senón no feito de que a escasa potencia prospectiva dos sistemas sensoriais especializados non acada a penetrar naquelas profundidades da realidade nas que esta se revela como tramado relacional. Perante a percepción sensorial, o mundo redúcese á dimensión “plana” (por así dicir) da súa inmediatez presentativa, simple xustaposición de individualidades delimitadas tallantemente que só de maneira ocasional e puramente extrínseca se relacionan entre si. Concorrencia incomprensíbel de cousas atomizadas, exentas, na exclusividade absoluta dos seus “aquí-agora” respectivos, de calquera obriga conformativa para co poder xenético do pasado ou para coa potencialidade do futuro. Whitehead rexeita expresamente a exaltación da percepción sensorial promovida pola epistemoloxía moderna, pondo ó descuberto a irrelevancia ontolóxica e experiencial de “A vacuidade estéril do mundo que pasa en presentación sensorial” (SME, 49)301, 298 O termo “sensorial” será empregado en adiante nunha acepción restritiva que circunscribe o seu ámbito de aplicación ós funcionamentos dos sentidos especializados. Resérvase o cualificativo “sensíbel” para denota-lo fenómeno da aprehensión por vía do “corpo-total” tal como ten lugar no sentir da eficacia causal. 299 “The world given in sense-presentation, is not the aboriginal experience. [...]. First the causal side of experience is dominating, then the sense-presentation gains subtlety” (SME, 49). 300 “Any cosmological doctrine which is faithful to the facts has to admit this artificial character of sense perception” (MT, 133). 126 circunstancia que obedece ó feito de que “A percepción sensorial, malia a súa prominencia na conciencia, é un produto superficial da experiencia” (AI, 280)302. O que se amosa na representación sensorial é un mundo insubstancial, espallado no satinado abano dunha sincronía sen profundidade, privado da significación e da consistencia que só a referencia a unha estrutura de eventos establecida previamente pode proporcionar. Arrincada dos seus vencellos coa solidez fundante da realidade antecedente, a instantaneidade estendida espacialmente do presente crébase nunha aparencia fragmentaria incapaz de dar razón de si. Nada revela a inmediatez presentativa verbo da esencia do real. Esgota o seu alcance nun escorzo trivial e artificioso que esvara pola superficie das cousas, converténdoas en esquemas abstractos de calidades. A percepción sensorial limítase a salienta-los trazos accesorios e mudábeis do mundo circundante, que son, a fin de contas, os que mellor pode administra-la énfase selectiva da conciencia e os que máis docilmente responden á iniciativa pragmática do suxeito perceptivo. 5.5.3. A referencia simbólica “A referencia simbólica [...] ten de ser concibida principalmente como elucidación dos perceptos no modo da eficacia causal mediante a intervención fluctuante dos perceptos no modo da inmediatez presentativa” (PR, 178)303. “A inmediatez presentativa representa unha intensificación da importancia das relacións que estaban xa no dato, malia que vagamente e con escasa relevancia. Neste feito, que a ‘inmediatez presentativa’ opera co mesmo dato que a ‘eficacia causal’, reside a razón última de que haxa un ‘fundamento’ común para a ‘referencia simbólica’. Os dous modos expresan o mesmo dato con proporcións de relevancia diferentes” (PR, 173)304. A inmediatez presentativa, na súa calidade de mero esbozo abstracto da exterioridade fáctica, nidio a forza de simplificado, non produciría máis que o efecto dunha volúbel miraxe de non se achar complementada (ou mellor: suplementada) polo soporte medular e persistente que lle presta o sentir da eficacia causal. Tampouco resulta menos certo que as vagas intuicións destiladas polo modo perceptivo máis primitivo endexamais abondarían por si mesmas, por vehementes que fosen, para elabora-las sofisticadas estratexias de interacción co medio das que se serven acotío os organismos máis desenvolvidos. A eficacia e a sutileza que caracterizan a actividade das formas de vida 301 “The barren emptiness of the world passing in sense-presentation” (SME, 49). 302 “Sense-perception, despite its prominence in consciousness, belongs to the superficialities of experience” (AI, 280). 303 “Symbolic reference [...] is chiefly to be thought of as the elucidation of percepta in the mode of causal efficacy by the fluctuating intervention of percepta in the mode of presentational immediacy” (PR, 178). 304 “Presentational immediacy is the enhancement of the importance of relationships which were already in the datum, vaguely and with slight relevance. This fact, that ‘presentational immediacy’ deals with the same datum as does ‘causal efficacy’, gives the ultimate reason why there is a common ‘ground’ for ‘symbolic reference’. The two modes express the same datum under different proportions of relevance” (PR, 173). 12 7 superiores teñen a súa condición de posibilidade no proceso espontáneo de referencia simbólica (symbolic reference) que coordina as informacións procedentes, respectivamente, da percepción sensorial e da eficacia causal. Posto que, en realidade, “A separación da experiencia emotiva da intuición presentativa obedece a unha sofisticada abstracción do pensamento” (PR, 162-163)305. A adecuación da correspondencia entre os elementos achegados por un e outro dos modos perceptivos presupón a existencia dalgún tipo de intersección entrámbolos conxuntos de ítems. Posto que é un único e mesmo mundo o que todos eles obxectivan, deben participar todos dunha estrutura común, en virtude da cal asignar ás instancias particulares de cada un dos dominios perceptivos un correlato pertinente pertencente ó outro. Este patrimonio común que comparten tódolos perceptos e sostén o proceso de referencia simbólica consta dun substrato obxectivo, integrado polos obxectos eternos exemplificados nos datos sensíbeis, e dun organigrama formal, artellado conforme ás coordenadas espaciais. Con todo, de rastrexárense as vías polas que a interioridade experienciante obtén estes rudimentos básicos da percepción, ficaría de manifesto, unha vez máis, a primordialidade do sentir da eficacia causal: “Os datos sensoriais requiridos pola percepción sensorial inmediata entran na experiencia en virtude da eficacia do ambiente. Este ambiente inclúe os órganos do corpo” (SME, 52)306. Constatación que obriga á reflexión a reitera-la súa renuncia definitiva ós prexuízos intelectualistas e a recoñecer, en desagravio do deostado corpo (gaiola da mente e lastre da vontade, máquina torpe cando non mediador falaz), que “A experiencia corporal é o baseamento de nosa existencia. [...]. Non se trata primariamente dunha experiencia de datos sensoriais claros e distintos” (MT, 114)307. Os datos destilados pola experiencia da eficacia causal son proxectados polos mecanismos da percepción sensorial na forma dun mundo ordenado e diáfano. As presenzas rotundas, malia que vagas, captadas pola intuición orixinaria adquiren así definición e precisión de contornos, converténdose, en consecuencia, en obxectos previsíbeis e manipulábeis, susceptíbeis de seren perfectamente abranguidos, medidos e ponderados polos cálculos do entendemento. Neste cómodo control ó que se presta o mundo que comparece en inmediatez presentativa estriba a causa da preponderancia atribuída tradicionalmente á percepción sensorial, un hábito, ou prexuízo, no que incorre non só a inxenua “actitude natural” do sentido común, senón a propia reflexión epistemolóxica, sempre proclive (como o é, en xeral, toda actividade teórica) a se deixar arrastrar pola súa débeda coa abstracción. 305 “The separation of the emotional experience from the presentational intuition is a high abstraction of thought” (PR, 162-163). 306 “The sense-data, required for the immediate sense-perception, enter into experience in virtue of the efficacy of the environment. This environment includes the bodily organs” (SME, 52). 307 “Our bodily experience is the basis of the existence. [...]. It is not primarily an experience of sense data in the clear and distinct sense of that term” (MT, 114). 128 A sutileza da percepción sensorial permite ó suxeito arrebatar ó mundo a iniciativa que este posuía e exercía de maneira impositiva no modo da eficacia causal. A afinación progresiva da potencia conceptual e da facultade abstractiva, responsábeis da parcial (fragmentaria tanto como interesada) e meticulosa versión do mundo no código da inmediatez presentativa, franquea o acceso ós estadios superiores do coñecemento e estimula o xurdimento da conciencia. Resumindo: No proceso experiencial conflúen os funcionamentos de dous modos perceptivos. Deles, o sentir da eficacia causal representa a vía prehensiva primixenia, fundante e esencial. En virtude da súa operatividade infalíbel, o suxeito “apálpase” entretecido constitutivamente cun mundo real antecedente. O modo da eficacia causal entraña un contacto directo coa alteridade, traducido na certeza da efectividade dun dinamismo interrelativo que integra e configura canto acontece, incluída a propia interioridade experienciante. Este é un saber primitivo, obstinadamente vehemente, que adoita escapar, malia a súa primordialidade (ou xustamente en razón da mesma), ás formulacións conscientes. En contraste coa accesoriedade das estruturas perceptivas que fan cristaliza-la inmediatez presentativa, ten de atribuírse á eficacia causal prioridade epistemolóxica absoluta e unha necesidade ontolóxica indiscutíbel: “A percepción sensorial é unha característica propia dos organismos máis avanzados, namentres que tódolos organismos teñen a experiencia da eficacia causal por medio da cal o seu funcionamento resulta condicionado polo medio” (SME, 5)308. “O modo perceptivo da inmediatez presentativa xorde nas fases tardías, integradoras e produtivas, do proceso de concrescencia. O modo perceptivo da eficacia causal ten de ser rastrexado na constitución do dato en virtude do cal unha entidade perceptiva concreta vén se-lo caso. Así pois, debemos adscribi-lo modo da eficacia causal á constitución fundamental dunha ocasión, de xeito que teñan de posuílo, en xermolo, mesmo os organismos de menor rango; o modo da inmediatez presentativa, en troques, require da actividade máis sofisticada dos estadios tardíos do proceso, polo que o posúen tan só os organismos de rango relativamente elevado” (PR, 172)309. E, non obstante, son os caracteres inherentes á percepción sensorial os que propician o desenvolvemento da actividade do polo mental da experiencia, no que reside o poder de concibir alternativas, de introduci-la novidade e fluidifica-la rixidez do fáctico, de impulsar, en definitiva, o avance creativo do proceso global. “O modo perceptivo da inmediatez presentativa é estéril en certo sentido. A súa obxectivación do mundo contemporáneo carece –á marxe da transferencia simbólicados elementos constitutivos da forma subxectiva, de elementos afectivos, apreciativos, finalísticos. Os vencellos do nexo obxectivado exhiben unicamente a definición das relacións matemáticas. [...]. Pero nun outro sentido este modo perceptivo posúe unha significación impresionante. Posto que exhibe o complexo das relacións matemáticas sistemáticas que participan en tódolos nexos da nosa época cósmica, no significado 308 “Sense-perception is mainly a characteristic of more advanced organisms; whereas all organisms have experience of causal efficacy whereby their functioning is conditioned by their environment” (SME, 5). 309 “The perceptive mode of presentational immediacy arises in the later, originative, integrative phases of the process of concrescence. The perceptive mode of causal efficacy is to be traced to the constitution of the datum by which there is a concrete percipient entity. Thus we must assign the mode of causal efficacy to the fundamental constitution of an occasion so that in germ this mode belongs even to the organisms of the lowest grade; while the mode of presentational immediacy requires the more sophistical activity of the later stages of process, so as to belong only to organisms of a relatively high grade” (PR, 172). 129 máis amplo do termo. [...]. O descubrimento da auténtica relevancia das relacións matemáticas reveladas pola inmediatez presentativa foi o primeiro paso na conquista intelectual da natureza. Naceu entón a ciencia exacta. Á parte destas relacións na súa calidade de feitos da natureza, a ciencia é un sensentido, un conto narrado por un parvo e crido por tolos” (PR, 326-327)310. Pagado xusto recoñecemento ás certezas subministradas polo sentir da eficacia causal e rehabilitada así a dimensión fundante, corpórea e prerreflexiva, do proceso experiencial, pode e debe afirmarse tamén, sen risco de reincidir na alienación intelectualista, que son as posibilidades desfechadas pola actividade representativa da percepcion sensorial as que viabilizan as complexas operacións mentais capaces de promover e soster na súa grave aventura o avance da civilización. 310 “The perceptive mode of presentational immediacy is in one sense barren. So far as –apart from symbolic transferenceit discloses the contemporary world, that world, thus objectified, is devoid of all elements constitutive of subjective form, elements emotional, appreciative, purposive. The bonds of the objectified nexus only exhibit the definiteness of mathematical relations. [...]. But in another sense this perceptive mode has overwhelming significance. It exhibits that complex of systematic mathematical relations which participate in all the nexus of our cosmic epoch, in the widest meaning of that term. [...]. The discovery of the true relevance of the mathematical relations disclosed in presentational immediacy was the first step in the intellectual conquest of nature. Accurate science was then born. Apart from these relations as facts in nature, such science is meaningless, a tale told by an idiot and credited by fools” (PR, 326-327). 130 5.6. A certeza orixinaria e a natureza prerrepresentativa do decatamento do real “Sabémonos nós mesmos criaturas nun mundo de criaturas. [...]. Un mundo de moitas actualidades coordinadas” (MT, 108)311. Esta afirmación condensa o contido da certeza fundamental que subxace a todo acto de experiencia fornecendo a tensión subxectiva das garantías precisas para persistir na súa iniciativa de autoafirmación perante si mesma e perante o mundo que a interpela. Non acubillámo-la menor dúbida acerca da realidade do centro experienciante que vivimos como o propio “eu”. Temos constancia patente do arraigo desa mesmidade que somos nunha alteridade que a transcende, nun mundo con peso ontolóxico de seu que mantén connosco unha interacción fluída. E recoñecemos sen reserva, asemade, a participación efectiva nese ámbito externo total doutras unidades de experiencia ás que atribuímos de maneira espontánea un estatuto de realidade idéntico ó que aplicamos á nosa propia inmediatez. Cómpre concluír entón que “O estadio primario do discernimento non é cualitativo, senón que consiste nunha aprehensión vaga da realidade, seccionándoa nun triplo esquema, a saber: ‘O Todo’, ‘Iso Outro’ e ‘Este-Eu” (MT, 110)312. Velaquí o denso saber que opera infalibelmente (no dobre sentido de que asiste en todo momento ó suxeito e de que non hai nel lugar para o erro) no substrato preconsciente da experiencia. Son as presenzas sólidas testemuñadas pola eficacia causal as que dotan de referencia substantiva real os factores cualitativos que, despregados sobre a superficie máis aparente do mundo, acaparan de ordinario a atención da conciencia. As determinacións coas que traballa a percepción consciente, tan nidias como leves e inestábeis, presupoñen un certo “algo”, un eixe rotundo de sentido, a consistencia discreta dun obstinado “qué”. Os caracteres cualitativos son meros sinais cos que se anuncia ós funcionamentos sensoriais especializados unha compacta existencia-outra que se atopa realmente “aí”, constituíndo mundo, como foco de actividade sentinte e expresiva cuxa significación auténtica non se reduce, nin se deduce deles, sequera, ós trazos “planos” cos que alude a ela a inmediatez presentativa. As profundas intuicións da vivencia orixinaria adoitan ficar veladas para a consideración explícita da reflexión consciente. Este, que é un feito natural (e, como tal, pragmaticamente saudábel), ocasiona graves dificultades á tentativa de esclarece-los fundamentos últimos do coñecemento. O esforzo prospectivo da pescuda filosófica vese traizoado recorrentemente pola linguaxe, que ten forxado e afinado todo o seu instrumental categorial tendo en perspectiva os intereses dominantes da rutina cotiá da cultura, absorbidos, coa prudencia do “bo sentido”, polos aspectos mudábeis e accesorios das cousas. A razón pragmática vive na (re)presentación sensorial do mundo. O mudábel e accesorio, discernido clara e distintamente, amósase tamén predictíbel e controlábel, máis aínda: manipulábel. De aí a importancia de dicilo, de nomealo, de telo poder de o arrincar ó caos indiferenciado do mundo mudo, designándoo de maneira sinxela e certeira, para facelo comparecer perante a potencia planificadora do 311 “We know ourselves as creatures in a world of creatures. [...]. A world of many coördinated actualities” (MT, 108). 312 “The primitive stage of discrimination is not primarily qualitative. It is the vague grasp of reality, dissecting it into a threefold scheme, namely, ‘The Whole’, ‘That Other’ and ‘This-My-Self’ ” (MT, 110). 131 entendemento cando resulte preciso. Isto é o que se espera da resolta diafanidade da palabra. Non é estraño que a mentalidade inxenua cedese ó abraio perante o seu misterio e a investise nos seus mitos coa auréola da maxia313. Á mitoloxía pertence tamén (disimulada a súa condición fantástica polo prosaísmo do discurso conceptual) o ideal moderno do fundamento “claro e distinto”. Aferrada a el, a metafísica tense tornado “supersticiosa”, revestida de seriedade dogmática perante vas palabras. A claridade e a distinción circunscriben o seu radio de aplicación lexítimo ós desenvolvementos analíticos e dedutivos propios dos estadios últimos (polémicos, abstractos e en definitiva secundarios) do labor de fundamentación. A procura dos principios terá de deprender a se mover, en troques, entre as certezas difusas da experiencia espontánea, internándose na entraña escura do sentir preconsciente que se mantén en vivo contacto coas fonduras do real. Dese xeito chegará a descubrir que “‘Totalidade’, ‘Exterioridade’ e ‘Interioridade’ son as caracterizacións primarias de ‘o importante’. Non hai que as concibir como conceptos analíticos claros. A experiencia alborece con estes presupostos difusos e deles se serve para guia-la claridade crecente da análise detallada. Son presupostos no sentido de que expresan a obviedade que exhibe a experiencia. Hai a totalidade do feito real; hai a exterioridade dos diversos feitos; hai a interioridade desta actividade experienciante incardinada no seo da totalidade” (MT, 116)314. Estas nocións primixenias (o Un-total, o múltiple, a autoinmediatez) constitúen as tres facetas, imbricadas indisolubelmente entre si, dunha mesma e única evidencia. Non cabe conceder á certeza do ego un grao superlativo de apodicticidade con respecto ás outras dúas instancias implicadas no contido da certeza orixinaria. As desmesuras do subxectivismo rematan sempre por acurrunchar contra os muros do solipsismo a reflexión empeñada en se alienar da súa matriz na experiencia viva. Da gravidade dos resultados desta ύβρις ego-céntrica dan boa proba as aporías que asediaron a epistemoloxía moderna. A pescuda epistemolóxica debe principiar por sonda-las profundidades do saber vivido, habitualmente refractarias á claridade proxectada pola actividade consciente. Os funcionamentos da percepción sensorial, en troques, deberán ser postergados a un segundo plano da consideración por mor da súa accesoriedade en relación coa medula 313 A fascinación perante o poder da palabra é denunciada por BERGSON na medida na que redunda nunha banalización do pensamento. A vizosidade do discurso logra arrinca-lo Homo Sapiens das mans industriosas do Homo Faber para o tornar nun vaidoso Homo Loquax, pretensioso “razoador” nato para quen a profundidade do mundo se esgota na xeografía dúctil e abranguíbel do seu dicir, chegando mesmo a crer que pode reconstruír e “consagrar” definitivamente nos seus repertorios categoriais o movemento enteiro da vida. O Homo Loquax é o idólatra da palabra, pero da palabra convencional, fosilizada, despoxada da sensíbel flexibilidade coa que xurdira ó abeiro da intuición, unha palabra demasiado tosca para servir á imaxinación prospectiva e indiferente ó poder suxestivo da metáfora. Incapaz, en definitiva, de promove-la renovación conceptual da que dependen esencialmente o avance e a profundación do saber (véxase La Pensée et le Mouvant, en Oeuvres, Paris, Presses Universitaires de France, 1963, pp. 1336 e ss.). 314 “ ‘Totality’, ‘Externality’ and ‘Internality’ are the primary characterizations of ‘that which matters’. They are not to be conceived as clear, analytic concepts. Experience awakes with these dim presuppositions to guide its rising clarity of detailed analysis. They are presuppositions in the sense of expressing the sort of obviousness which experience exhibits. There is the totality of actual fact; there is the externality of many facts; there is the internality of this experiencing which lies within the totality” (MT, 116). 132 do proceso experiencial. Son dúas as razóns que poden ser aducidas para avala-lo diagnóstico da superficialidade deste modo perceptivo. Vexamos de cáles se trata: -1º.- O valor cognitivo da inmediatez presentativa esgótase no dunha mera demostración de cómo son afectadas as estruturas perceptivas do suxeito por unha serie de determinacións procedentes (segundo se supón: ningunha evidencia pode achegar este modo perceptivo para inducir a maiores seguranzas ó respecto) da efectividade dun mundo externo. Tales determinacións, ou “datos” (malia que tampouco resulta posíbel xustificar aquí esta denominación), nada revelan acerca da causa da súa comparecencia ante a subxectividade, e nada din, tampouco, acerca da consistencia substantiva do seu (de novo: suposto) referente obxectivo. A percepción sensorial limítase a producir unha configuración cualitativa peculiar na intimidade do claustro experienciante, a organizar unha “representación” ou “función” (na ilustrativa metáfora humeana) efémera no escenario privado da conciencia. O argumento (as afeccións subxectivas) é real, e real é tamén o espectador (disto non lle cabía dúbida á filosofía que coidou poder converte-lo ego cogito no fundamento inconmobíbel de toda certeza). Pero nada se sabe acerca da realidade dos “feitos” que orixinaron conxecturabelmente a trama (segundo nos sentimos inclinados a crer naturalmente). A percepción sensorial non pode dar razón de si. Se verdadeiramente houbese que se cinguir á levidade intranscendente dos caracteres da inmediatez presentativa, nada habería capaz de induci-lo suxeito a postula-la existencia dunha realidade externa (moito menos a se sentir inmerso nela, tal como lle ocorre á vivencia espontánea) dotada do poder, exercido constantemente, de afecta-la propia inmediatez. Os elementos cos que opera a percepción sensorial semellan carecer todos eles de peso ontolóxico de seu, á vista do xeito no que son procesados na síntese experiencial. O grao de relevancia que manteñan e aínda o feito mesmo da súa comparecencia perante a interioridade subxectiva obedecen o designio da atención consciente. É tamén a conciencia a que decide cómo teñan de entra-los “datos” sensíbeis a formar parte da súa particular representación da realidade. Os chamados datos (que o son, de certo, mais non por obra da percepción sensorial315) convértense, ó seren administrados pola conciencia, sempre selectiva e abstractiva, mudábel nos seus intereses e propósitos, nas manexábeis teselas cualitativas coas que aquela compón e remodela decote o seu “mosaico” do mundo. E, como ocorre con todo mosaico, todo se xoga na superficie e conforme ó arbitrio do artífice. “A conciencia é un proceso de abstracción, constantemente cambiante, que opera sobre a calidade cambiante dun denso proceso de existencia substancial. Enfatiza. E, se esquecémo-lo fondo subxacente, o resultado é a trivialidade” (MT, 108)316. 315 Xa que é o “corpo-total”, na súa calidade de instrumento prehensivo do modo da eficacia causal, o que proporciona a materia prima obxectiva do proceso experiencial. 316 “Consciousness is an ever-shifting process of abstracting shifting quality from a massive process of essential existence. It emphasizes. And yet, if we forget the background, the result is triviality” (MT, 108). 133 -2º.- Por outra banda, e fronte á “evidencia” transparente á que se ateñen cegamente os hábitos de pensamento herdados da tradición moderna, o certo é que “Somos conscientes de algo máis que de claridade. A importancia da claridade non xorde en tanto non a temos interpretado en termos dos amplos resultados que impregnan vagamente o total da existencia” (MT, 108)317. O suxeito sente a presenza efectiva do mundo. Sabemos, sen sospeitar sequera o que podería significa-la dúbida a este respecto (observación que vale tamén para a autosinceridade existencial do escéptico “teórico”), do “estar-aí” do mundo e do estarmos nós mesmos con el, participando activamente nel, formando parte integrante del. Soamente porque se atopa avalada en todo momento pola sólida solvencia deste saber primixenio pode arriscarse a inmediatez presentativa a ofrece-la “claridade e distinción” das súas leves garantías ás graves demandas da vida real. Cómpre revisa-lo estatuto epistemolóxico atribuído tradicionalmente ós diversos modos perceptivos. Non obtémo-la evidencia que certifica a existencia de cousas-outras a partir do que se amosa (en rigor: “suxire”) perante a diafanidade da conciencia. Non é no dominio abstracto das representacións sancionadas polo saber explícito onde teña de se procura-lo verdadeiramente orixinario: “A experiencia sensorial [...] engade viveza e apunta cara a unha actividade do sentir que xa se posuía” (MT, 109)318. “Polo que atinxe ó xuízo consciente, a referencia simbólica supón a aceptación da evidencia dos perceptos no modo da inmediatez como evidencia para a localización e discriminación dos vagos perceptos no modo da eficacia” (PR, 179)319. A percepción sensorial desprega tódalas súas producións dando por suposta a referencia ás densas presenzas (cuxos contornos intenta definir á súa maneira), inobviábeis e ingobernábeis, que se lle revelan e impoñen dende a penumbra do sentir preconsciente. Porque o suxeito intúe que pode e ten que contar en todo momento con esas sólidas realidades, deseña tódalas súas estratexias cognitivas e pragmáticas con vistas á exploración, apropiación e, de ser posíbel, dominación, dese “algo” que sabe “xa-aí”. “Aí”, como exterioridade-outra constitutiva da interioridade propia. Na súa análise das razóns da percepción sensorial, a reflexión vese remitida novamente a aquel substrato almo da experiencia substancializado polas evidencias da eficacia causal. Delas, e só delas, reciben o seu sentido, consistencia e referencia real os esquemas fragmentarios da inmediatez presentativa. 317 “We are conscious of more than clarity. The importance of clarity does not arise until we have interpreted it in terms of the vast issues vaguely haunting the fullness of existence” (MT, 108). 318 “The sensory experience [...] adds vividness and points to an activity of feeling already possessed” (MT, 109). 319 “So far as concerns conscious judgment, the symbolic reference is the acceptance of the evidence of percepta, in the mode of immediacy, as evidence for the localization and discrimination of vague percepta in the mode of efficacy” (PR, 179). 134 5.7. O progreso do coñecemento: Linguaxe, abstracción e racionalización Primordialidade significa, na semántica da certeza, constancia da realidade do propio ser. Constancia, asemade, da realidade dun mundo que transcende e sostén dende a raíz a propia mesmidade experienciante, que vive só en, por e para (nos casos máis adversos: contra) el. Só en relación con el. En calquera caso. Nos estratos primitivos da súa experiencia, o suxeito vive intensamente a apertura constitutiva que o franquea á exterioridade. O mundo exerce a súa efectividade sobre a interioridade subxectiva, deixándose acadar, á súa vez, pola actividade expansiva de esta. A correlación orixinaria de todo canto vai no ser é testemuñada constante e vehementemente, sen palabras, pola completa tensión existencial do suxeito. Sen palabras. Coa rotundidade inequívoca do ostensivo. Estes son os rexos alicerces sobre os que se asentan o proceso de experiencia, en xeral, e o fenómeno cognoscitivo, en particular. Malia que se cadra resultaría máis apropiado falar de “raíces” no canto de “alicerces”, en razón do carácter xenuinamente natural do que aquí se ten proposto como “fundamento”, exento de contrafortes adicionais produto da suplementación teórica. Pero a filosofía non pode dar por rematada a súa tarefa de fundamentación en tanto non teña explicado cómo xorden no substrato básico da experiencia os dinamismos cuxo desenvolvemento progresivo desemboca nas manifestacións máis elevadas da actividade cognoscitiva. O obxectivo é lograr asistir reconstrutivamente á trasposición do limiar ou “punto crítico” (como o denomina Teilhard de Chardin320) que conduce á transfiguración daquilo que aparecía como fenómeno cruamente biolóxico (a experiencia sensíbel) nun foco de intelixencia e sentido. O emerxer da conciencia representa o fito que marca o comezo das aventuras da civilización. Este apartado final proponse estuda-lo papel que desempeñan a linguaxe, o procedemento abstractivo e o proceso de racionalización, “chaves mestras” da intelixencia humana, no movemento natural de avance do coñecemento a partir do saber elemental que endexamais deixará de actuar, por alto que se remonte o “voo” da razón, como o seu fundamento primordial. 5.7.1. A linguaxe e a liberación do pensamento “A liberdade de pensamento veu posibilitada pola linguaxe: grazas a ela achámonos liberados da suxeición completa á inmediatez do modo e da circunstancia” (MT, 35)321. A linguaxe é, en certo sentido, unha función da memoria. O seu cometido consiste en codificar, para facer comparecer novamente perante o pensamento, aquelas experiencias que pertencen a un pasado xa consumado, aínda que non do todo extinto. O “eumesmo” que se ten sido reafírmase, testemuñado pola memoria articulada en linguaxe, no “eu-mesmo” actual que o herda e supera, pero que non pode permitirse esquecer “de 320 El fenómeno humano, Madrid, Taurus, 1965. 321 “Freedom of thought is made possible by language: we are thereby released from complete bondage to the immediacies of mood and circumstance” (MT, 35). 141 da intensidade e da profundidade da experiencia no seu conxunto. Remove as profundidades” (MT, 123)336. A vida, que non en van posúe prioridade ontolóxica con respecto á conciencia, é sempre máis forte que os construtos abstractos ós que intenta cinguila o esforzo reflexivo. Namentres a teoría vacila perante contrafácticos e consideracións artificiosamente escépticas, a vida habita serenamente na evidencia, no saber seguro do que é en esencia a realidade: efectividade concreta, tramado correlacional, actualidade en proceso. As certezas destiladas pola eficacia causal endexamais deixan de estar presentes para a conciencia. Ou mellor: endexamais deixan de operar con discreta infalibilidade dende o seu fondo inescrutado. Por máis que a forma do dicir e do saber explícitos, abstractos, aparente o contrario, as tendencias naturais de pensamento e acción non abandonan os seus presupostos primitivos, senón que deseñan integramente conforme a eles as liñas que definen o seu proceder. Así o testemuña masivamente o transcurso da nosa rutina existencial. Pero cómpre dar un paso máis aínda de cara á consumación do labor de fundamentación. Non abonda coa asimilación instintiva pola actividade consciente das certezas constitutivas do seu fundamento primixenio. Alomenos polo que atinxe á filosofía, o saber non pode contentarse con ficar na confianza despreocupada da “actitude natural”. A reflexión, na medida na que se propoña acadar unha comprensión auténtica da verdade profunda do real, terá de se aplicar á elucidación e elaboración conceptual das evidencias coas que está habituada a conta-la experiencia en tódalas súas manifestacións. Incluída a teorética. Coa axuda da abstracción, a razón remóntase sobre o concreto para tomar unha prudente distancia respecto á praxe cotiá e á aparencia constritiva do fáctico. A distancia esvae a contextura efervescente do mundo e intensifica, en troques, a nitidez das súas liñas esenciais. Só a distancia que todo o abrangue, transformando a perspectiva en panorama, pode satisface-la vocación de universalidade inherente á razón. Pero nin a abstracción, nin a distancia, nin o universal, sequera, constitúen fins en si mesmos. Unha razón cabal só ve neles medios, lugares de tránsito, “estacións” necesarias para o “esforzo do concepto”. O valor do universal cífrase na virtualidade de alumar nas súas xustas proporcións a significación substanciosa do acontecer singular. Se a razón procura a distancia, é porque espera poder así retornar máis preto. Máis preto do “aquí”, do “isto”, do “agora”, máis preto do real, preto até lograr palpa-la súa cerna mesma, a súa verdade profunda e absoluta, a verdade da vida, concreta e procesual. 336 “That the abstraction is preserved with its adequate relevance to the concrete sense of value attainment from which it is derived. In this way, the effect of the abstraction stimulates the vividness and the depth of the whole of experience. It stirs the depths” (MT, 123). 142 5.8. Conclusión “O autocoñecemento inherente ó acontecemento corporal é o coñecemento de si mesmo como unidade complexa cuxos ingredientes inclúen toda a realidade alén dela, restrinxida pola limitación dun módulo de aspectos. Sabémonos nós mesmos unha función de unificación dunha pluralidade de cousas distintas de nós” (SMW, 150151)337. A evidencia é o lugar natural da experiencia. O suxeito habita na certeza inalienábel da copertenza constitutiva que o entraña cun mundo consistente de seu e substancializador da propia inmediatez. Este é o contido do saber vivido, fundante e primordial, que avala en todo momento a razoábel resolución da actividade intencional. A reflexión ten de deprender a se facer cargo dos presupostos que integran o seu patrimonio natural, ese saber grave e solvente sempre presto a “responder”, discreto e eficaz, dende os estratos subterráneos da vivencia prerreflexiva. A experiencia séntese ser, séntese participando na comunidade do ser xunto con outras moitas existencias reais como ela mesma, como ela mesma sentintes, afectantes e afectivas. Así o testemuña vividamente o sentir impositivo da eficacia causal, tanxido polas interpelacións dunha alteridade transcendente e non obstante íntima, substancia e medida da propia actualidade. O coñecer, que “segue ó ser”, non consiste senón na apropiación explícita polo pensamento desta verdade palpábel na que se cifra a significación primordial do existir. O pensamento, afeito a se medir coas dificultades inherentes á sofisticada aridez do discurso especulativo, detense perplexo perante a sinxeleza do evidente. Afeccionado ós paradoxos, o que é de seu máis doado semella resultar para el o máis difícil. A falla de naturalidade que veu padecendo o pensamento no seu decurso histórico é a responsábel de que só poida asumir como reto arriscado (cando os seus prexuízos non o inducen a o refusar como absurdo) o que é en realidade o “lote” que corresponde cabalmente ó seu destino. Para a razón intelectualizada (alienada) é toda unha “aventura” o se asomar ás fonduras do sentir nas que se move con seguranza a vivencia espontánea. Unha aventura inusitada e ambiciosa que require coidadosos preparativos. Ante todo, cómpre proceder ó acondicionamento axeitado dos recursos categoriais cos que adoita traballa-la teoría, rebordados acotío pola substancia viva do mundo coa que acode a eles a experiencia intuitiva. Este labor de refundición conceptual non supón unha mera propedéutica, moito menos unha circunstancia metodolóxica accesoria. A súa execución atinxe de maneira directa ó núcleo substantivo do proxecto prospectivo. Nela vaille a vida á reflexión. O “esforzo do concepto” debe trocarse baixo a supervisión crítica da razón nun esforzo do sentir, único capaz de auscultar e acoller en si o pulso vivente do real338. 337 “The self-knowledge inherent in the bodily event is the knowledge of itself as a complex unity, whose ingredients involve all reality beyond itself, restricted under the limitation of its pattern of aspects. Thus we know ourselves as a function of unification of a plurality of things which are other than ourselves”(SMW, 150-151). 338 O contraste entre a sabedoría insondábel da vida, segura e inxenua, e o escepticismo artificioso do pensamento analítico, superficial e vacilante, fica reflectido magnificamente na perplexa relación que se establece entre dous dos personaxes de Cortázar, condensada na pasaxe que citamos a seguir: “Hai ríos metafísicos, ela nádaos como esa andoriña está nadando o ar, xirando alucinada en torno ó campanario, deixándose caer para se levantar mellor co impulso. Eu describo e defino e desexo eses ríos, ela nádaos. Eu búscoos, atópoos, míroos dende a ponte, ela nádaos. E non o sabe, igualiña á andoriña. Non necesita saber coma min, pode vivir na desorde sen que ningunha conciencia de orde a reteña. Esa desorde que é a 143 Nada estraño se demanda do pensamento. Non o precipitamos na alienación nin o confrontamos con retos perigosos. Tampouco pretendemos desacougalo con paradoxos. Non lle reservámo-lo difícil. Do que se trata, xustamente, é de que deprenda a se conformar co doado. Entregámoslle simplemente o seu, a súa certeza orixinaria, sinxela e rotunda. Entregámolo a el mesmo ó seu, reintegrámolo á súa matriz natural, entrañada na cerna do mundo. Procuramos tan só a súa verdade esencial. Para iso deberá relaxa-la rixidez da súa actitude abstractiva, dilata-la exigüidade fragmentaria dos seus conceptos e tornar así o seu saber en noción, limpa canle para o “discorrer” daquelas evidencias que substancializan a súa febra viva. súa orde misteriosa, esa bohemia do corpo e a alma que lle abre de par en par as verdadeiras portas” (Rayuela, Madrid, Cátedra, 1997, cap. 21, p. 234). 144 6. O DINAMISMO ASCENDENTE DO SER E DO COÑECER: A AVENTURA DA RAZÓN ESPECULATIVA “A significación dunha vida humana para propósitos comunicábeis e publicamente recoñecíbeis é o froito da unión entre dous pais que, por separado, son estériles. Os ideais tomados, en si mesmos, non producen realidade, e as virtudes, por si soas, non producen novidade. E digan o que digan os orientalistas e os pesimistas, o certo é que aquilo que ten unha significación máis profunda -alomenos comparativamentena vida semella selo seu carácter de progreso, ou esa unión estraña da realidade coa novidade ideal que se vén continuando de momento en momento até o presente. O recoñecemento da novidade ideal constitúe a tarefa do que chamamos intelixencia”339. “A priori non resulta evidente de seu que a única tarefa da nosa mente en relación coas realidades teña que ser copialas. [...]. A esencia da demanda [do real] non sería a copia, senón o enriquecemento do mundo antecedente. [...]. Por que non habería de se-la misión do pensamento acrecentar e eleva-la existencia, no canto de a imitar ou reduplicar simplemente?”340. “Nin sequera a perfección pode atura-lo tedio da repetición indefinida. Para soste-la civilización coa intensidade do seu entusiasmo inicial é preciso algo máis que erudición. A Aventura, entendida como procura de novas perfeccións, resulta esencial” (AI, 258)341. “Sen a Aventura, a civilización ensómese na plena decadencia” (AI, 279)342. Sondadas as fonduras da vivencia subxectiva e identificados os rudimentos primordiais do proceso experiencial, a pescuda epistemolóxica ten de se aplicar aínda, antes de dar por concluído o seu labor de fundamentación, ó estudo da dinámica intrínseca das manifestacións ulteriores do fenómeno cognoscitivo. A xenética da evidencia, adscrita a un dominio puramente biolóxico en razón do carácter absolutamente primitivo e vital do seu obxecto, debe deixar paso a unha arqueoloxía da racionalidade civilizadora. Máis hermenéutica que enxoitamente empírica, por canto transcende a significación inmediata do feito de experiencia, esta nova ciencia “árquica” procurará detectar e seguir no seu ciclo natural as sinerxías que promoven o xurdimento e desenvolvemento sostido da cultura. A presente sección está concibida a xeito de complemento para as consideracións verbo da linguaxe, a abstracción e o proceso de racionalización coas que se pechou o “núcleo duro” do proxecto de fundamentación. O obxectivo agora é examina-la función desempeñada por aquela instancia denominada por Whitehead “Razón”343 no movemento de avance do coñecemento, o que vale por dicir: na magna aventura da 339 WILLIAM JAMES, ‘What makes a life significant’, en Pragmatism and Other Writings, New York, Penguin Books, 2000, p. 300. 340 WILLIAM JAMES, ‘Humanism and Truth’, en The Meaning of Truth, New York, Prometheus Books, 1997, pp. 79-80. 341 “Even perfection will not bear the tedium of indefinite repetition. To sustain civilization with the intensity of its first ardour requires more than learning. Adventure is essential, namely, the search for new perfections” (AI, 258). 342 “Without Adventure, civilization is in full decay” (AI, 279). 343 Tense optado aquí por respecta-la decisión de Whitehead de escribir este termo sempre con maiúscula. 14 5 civilización344. A Razón será quen teña de responder acerca das virtualidades da actividade cognoscitiva para modular e impulsa-lo proceso plural e versátil da realización do ser. Todo coñecer é un poder. Pero cando o poder se aliena do coñecemento e, en consecuencia, do seu propio ser, remata sempre por se tornar nun perigo para si mesmo e para o mundo sobre o que proxecta o seu afán de dominación. A ύβρις do poder alienado procura con frecuencia facer do coñecemento o seu cómplice, precipitádoo no erro e trastornando a súa función natural na dinámica do acontecer. A Razón, potencia crítica e creativa, traballa infatigabelmente en prol da libre expansión da imaxinación conceptual que constrúe o saber. A ela compete evita-lo estancamento ou mesmo involución deste último a mans dos intereses espurios do poder (sexa este da índole que sexa, incluído, e sobre todo, o dunha Razón minguada no sentido que se explicitará a seguir), removendo así un obstáculo capaz de alterar e frustra-lo decurso progresivo do real. 344 PAUL RICOEUR ensaia unha reconstrución do concepto de razón implícito nas formulacións husserlianas que sitúa estas, baixo a nosa óptica, en extraordinaria proximidade á concepción whiteheadiana. A natureza e o τέλος da razón teñen un significado homoxéneo nas doutrinas respectivas de Whitehead e de Husserl. Para ambos, a razón defínese pola súa vocación omnicomprehensiva, polo seu compromiso militante co ideal, pola infinitude da aspiración que a tensa e mobiliza, instándoa sen termo a se sobrepor á banalidade, á frustración fáctica e á traxedia na aventura da súa realización histórica. “A razón –resume Ricoeuré sempre esixencia dunha orde total, e a este título eríxese como ética do pensamento especulativo e torna intelixíbel a ética. Esta é a veta platónica e kantiana que Husserl retoma e prolonga ó englobar baixo o termo razón os catro ou cinco trazos que temos presentado de maneira dispersa na análise anterior: 1º. A razón é máis que unha crítica do coñecemento: é a tarefa de unificación de tódalas actividades significantes: especulativas, éticas, estéticas, etc.. A razón abrangue por enteiro o campo da cultura do cal representa o proxecto indiviso. [...]. Na Krisis a razón adquire, en virtude do seu carácter total, un acento ‘existencial’: ela abrangue ‘as cuestións do sentido ou do sensentido do total da existencia humana’ (§ 2). [...]. 2º. A razón é comprendida dinamicamente como ‘devir-racional’. [...]. ‘A filosofía [...] é a toma de conciencia da humanidade, o movemento da razón cara ó seu desenvolvemento gradual’. [...]. 3º. A razón ten un acento ético que se expresa frecuentemente co termo responsabilidade. [...]. 4º. Unha tarefa de carácter ético implica un tempo de carácter dramático. [...]. A historia completa da filosofía é un combate entre a comprensión da tarefa como infinda e a súa redución naturalista [...]. O drama ten a súa orixe no feito de que a realización da tarefa entraña a ameaza da súa propia perda. Todo éxito é ambiguo. [...]. 5º. Infinitude da tarefa, movemento de realización da razón, responsabilidade do querer, perigo da historia: todas estas categorías da razón culminan nunha nova noción do home [...]: O home como correlato das súas ideas infindas” (‘Husserl et le sens de l’histoire’, en À l´École de la Phénoménologie, Paris, J. Vrin, 1986, pp. 36-39). 146 6.1. A Razón, “artista” inspiradora do ritmo evolutivo da vida “Hai na natureza unha tendencia ascendente, en dirección oposta á da decadencia física. Na nosa experiencia achamos unha apetición que efectúa unha causación final cara a certos fins ideais que caen fóra das tendencias meramente físicas. [...]. Pero unha mera apetición cega sería o produto do azar e non conduciría a ningures. Na nosa experiencia achamos a Razón e a imaxinación especulativa. Ten lugar unha discriminación de apeticións conforme a unha regra de adecuación. O reino da Razón é vacilante, vago e difuso. Pero esta aí” (FR, 89-90)345. “O transcurso do tempo é a viaxe do mundo cara á incorporación de novas ideas no feito actual. Esta aventura pode ser ascendente ou descendente. Todo aquilo que deixa de ascender tórnase incapaz de garanti-la súa propia preservación, precipitándose inevitabelmente cara á decadencia. [...]. O universo amósanos dous aspectos: por unha banda, derrámase fisicamente, por outra, ascende espiritualmente” (RM, IV, ‘Conclusion’)346. A enerxía creativa que traspasa a totalidade cósmica condénsase na conciencia como Razón. A Razón é aquel factor da realidade experienciante cuxa operatividade contrarresta e mesmo acada a corrixir en certa medida a intrínseca tendencia inercial e entrópica que escora o universo cara á decadencia paulatina. A lúcida intuición deste devalo incita a dilixencia da Razón, comprometida innegociabelmente coa novidade, a plenitude e a vida. Consumida polo desgaste inherente á súa propia actividade, a estrutura profunda do universo físico vaise deteriorando sen volta. Esgótanse os focos primixenios de enerxía, diminúe e mesmo se inverte o dinamismo expansivo, suspéndense os procesos da materia inerte. Este é un feito previsto polos cálculos da teoría e constatado rigorosamente pola observación experimental347. En contraste coa involución na que semellan ensumírense os rudimentos inanimados do cosmos, naqueloutras parcelas da realidade abranguidas nos dominios da vida e a mentalidade resulta posíbel verifica-la existencia dun ritmo de rexeneración348 constante 345 “There is in nature some tendency upwards, in a contrary direction to the aspect of physical decay. In our experience we find appetition, effecting a final causation towards ideal ends which lie outside the mere physical tendency. [...]. But mere blind appetition would be the product of chance and would lead nowhere. In our experience we find Reason and speculative imagination. There is a discrimination of appetitions according to a rule of fitness. The reign of Reason is vacillating, vague and dim. But it is there” (FR, 89-90). 346 “The passage of time is the journey of the world towards the gathering of new ideas into actual fact. This adventure is upwards and downwards. Whatever ceases to ascend, fails to preserve itself and enters upon its inevitable path of decay. [...]. The universe shows us two aspects: on one side it is physically wasting, on the other side it is spiritually ascending” (RM, IV, ‘Conclusion’). 347 Whitehead era perfectamente consciente disto. Non en van seguiu sempre con especial interese as evolucións da física contemporánea, nas que chegou a participar a título de investigador activo e creativo. Polo demais, este lúcido recoñecemento do risco inobviábel de colapso que ameaza o universo físico demostra claramente que a aposta polo progreso da filosofía do proceso non é produto dun optimismo iluso empeñado en volve-las costas á realidade. 348 A análise da dinámica do acontecer natural efectuada por AMOR RUIBAL establece neste punto un diagnóstico significativamente similar ó ofrecido pola interpretación whiteheadiana. “O principio de actividade nas cousas –observa Amor Ruibalpode facer que os efectos superen a realidade empírica da causa en que orixinariamente aquela se manifesta. Isto advertímolo na simple evolución cotiá de cada ser que nace, medra, frutifica e morre. [...]. Esa actividade non é de efectos ilimitados; e unha vez pechado o ciclo da evolución, extínguese paulatinamente e cesa de actuar, non sen proporcionar nos seus froitos novos xermolos de vida ulterior. [...] Se aínda nos individuos dunha clase ou orde dada a evolución posíbel ten os seus límites de progresión, e a súa liña de descenso, estes límites non faltan nin poden faltar [Document text truncated for crawler view.]