scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Os xardíns do Buen Retiro

Castiñeiras García, Laura

Abstract

Os xardíns do Buen Retiro, en Madrid, son un emblemático espazo verde cunha rica e diversa historia. A súa evolución histórico-artística reflicte as tendencias e gustos cambiantes ao longo dos séculos. Inicialmente concebidos, no século XVII, coma un espazo de recreo para a realeza española, os xardíns adoptaron o estilo barroco, con elementos como estatuas, fontes e parterres xeométricos. Durante o reinado de Felipe IV constrúense destacadas estructuras, que conservamos na actualidade, como o estanque grande. No XVIII, coa chegada da dinastía de Borbón a España con Felipe V, introducíronse cambios inspirados no estilo francés, con deseños máis simétricos baseados na regra e o compás, inda que conservando elementos barrocos e introducindo o estilo rococó. No XIX, durante o reinado de Isabel II, prodúcese unha importante renovación baixo a influencia do paisaxismo inglés, marcada pola introducción de áreas naturais, sendeiros sinuosos e unha maior integración da natureza. No XX os xardíns sufriron diversas transformacións, incluíndo a adaptación aos diferentes estilos como o neoclásico e o modernismo. Hoxe en día, os xardíns do Buen Retiro continúan sendo un importante destino turístico e un espazo vital para os madrileños, fusionando a súa rica historia coa vida contemporánea da cidade.

Full text

TRABALLO DE FIN DE GRADO GRAO EN HISTORIA DA ARTE CURSO 2023-2024 Os Xardíns do Buen Retiro AUTORA LAURA CASTIÑEIRAS GARCÍA TITOR MIGUEL TAÍN GUZMÁN RESUMO Os xardíns do Buen Retiro, en Madrid, son un emblemático espazo verde cunha rica e diversa historia. A súa evolución histórico-artística reflicte as tendencias e gustos cambiantes ao longo dos séculos. Inicialmente concebidos, no século XVII, coma un espazo de recreo para a realeza española, os xardíns adoptaron o estilo barroco, con elementos como estatuas, fontes e parterres xeométricos. Durante o reinado de Felipe IV constrúense destacadas estructuras, que conservamos na actualidade, como o estanque grande. No XVIII, coa chegada da dinastía de Borbón a España con Felipe V, introducíronse cambios inspirados no estilo francés, con deseños máis simétricos baseados na regra e o compás, inda que conservando elementos barrocos e introducindo o estilo rococó. No XIX, durante o reinado de Isabel II, prodúcese unha importante renovación baixo a influencia do paisaxismo inglés, marcada pola introducción de áreas naturais, sendeiros sinuosos e unha maior integración da natureza. No XX os xardíns sufriron diversas transformacións, incluíndo a adaptación aos diferentes estilos como o neoclásico e o modernismo. Hoxe en día, os xardíns do Buen Retiro continúan sendo un importante destino turístico e un espazo vital para os madrileños, fusionando a súa rica historia coa vida contemporánea da cidade. Palabras Chave: Buen Retiro, Xardín, Parque, Palacio, Obras de arte, Conde-duque, Olivares, ermida, Barroco ABSTRACT The gardens of Buen Retiro, in Madrid, are an emblematic green space with a rich and diverse history. Its historical-artistic evolution reflects changing trends and tastes over the centuries. Initially conceived, in the seventeenth century, as a recreational space for Spanish royalty, the gardens adopted the Baroque style, with elements such as statues, fountains and geometric flowerbeds. During the reign of Philip IV remarkable structures are built, which we conserve today, as the big pond. In the eighteenth century, with the arrival of the Bourbon dynasty in Spain with Philip V, changes were introduced inspired by the French style, with more symmetrical designs based on the ruler and compass, although retaining baroque elements and introducing the Rococo style. In the nineteenth century, during the reign of Elizabeth II, there is a major renovation under the influence of English landscaping, marked by the introduction of natural areas, winding paths and a greater integration of nature. In the twentieth century the garden underwent various transformations, including adaptation to different styles such as neoclassical and modernism. Today, the gardens of Buen Retiro continue to be an important tourist destination and a vital space for locals, fusing its rich history with the contemporary life of the city. Keywords: Buen Retiro, Garden, Park, Palace, Artworks, Conde-duque, Olivares, hermitage, Baroque 1. Presentación 1 1.1 Estado da Cuestión 1 1.2 Obxectivos 2 1.3 Metodoloxía 2 2. Introducción ao Palacio do Buen Retiro 3 2.1 Contexto Histórico 3 2.3 Período construtivo de 1630 a 1633 7 2.4 Período construtivo de 1633 a 1640 8 3. Xardíns e Parque 10 3.1 O Xardín Barroco de Felipe IV 10 3.2 Remodelacións á Francesa coa Chegada dos Borbóns 14 3.3 Destrución e Recuperación do Real Sitio (s. XIX) 19 3.4 De Real Sitio a Parque Municipal: Configuración Actual do Buen Retiro 25 3.5 A Festa nos Xardíns do Buen Retiro 33 4. Conclusións 38 5. Bibliografía 39 6. Webgrafía 42 7. Apéndice Fotográfico 43 1 1. Presentación O Real Sitio do Buen Retiro constituiuse coma un vasto complexo palaciego cuxa única lembranza conservada na actualidade son o Casón, o Salón de Reinos e os xardíns, actualmente coñecidos como Parque do Buen Retiro, sendo o gran pulmón verde dentro de Madrid. A elección deste tema como obxecto de estudo para o meu traballo nace da curiosidade por investigar como foi en orixe este lugar, levando a cabo unha análise da evolución dos xardíns dende o seu nacemento no século XVII ate a actualidade, explicando como os cambios de mentalidade e de monarca influíron ao longo dos séculos na configuración deste espazo. 1.1 Estado da Cuestión Existe abundante documentación para o estudo dos xardíns do Buen Retiro grazas á conservación de numerosos rexistros de pagos para a creación dos mesmos, así como descricións de visitantes contemporáneos ás distintas transformacións do espazo que, xunto ás pinturas, debuxos e gravados da época, nos axudan a reconstruír paso a paso este espazo. As pesquisas previas sobre o Real Sitio do Buen Retiro son variadas, estando o estudo desta antiga posesión real enfocada en tres aspectos principais: por unha banda, existe unha liña de investigación centrada no intento de reconstrución do Palacio do Buen Retiro, intentando coñecer como sería este espazo a través das descripcións e os edificios conservados de dita estructura, é dicir, o Casón e o Salón de Reinos, dentro do cal destaca recente traballo realizado por Carmen Blasco en El Palacio del Buen Retiro de Madrid. Un proyecto hacia el pasado. Por outra banda, a segunda liña de investigación versa sobre a identificación e localización das obras do patrimonio real que decoraban o Palacio no seu interior. Finalmente, a terceira liña trátase da realización dun percorrido histórico e evolutivo dos espazos verdes que compoñían os xardíns do Buen Retiro, dende a súa creación ate a actualidade, tendo en conta tamén os distintos proxectos de reforma. Este liña é a seleccionada como obxecto de estudo no presente traballo. Neste aspecto o principais autores que traballaron sobre este tema son Jonathan Brown e Jonathan Elliot, coa obra Un palacio para el rey: El 2 Buen Retiro y la Corte de Felipe IV, os diversos traballos de Carmen Ariza Muñoz sobre os xardíns, así como as publicacións de Rosario Mariblanca e Consuelo Durán Cermeño. 1.2 Obxectivos O obxectivo principal deste traballo é levar a cabo unha análise evolutiva do Real Sitio do Buen Retiro dende a súa construción ate a actualidade, tendo en conta os feitos históricos relevantes ocorridos dende a súa orixe, así como os cambios estilísticos que sofre co paso do tempo en relación co estilo artístico dominante en Europa, influenciados polos gustos persoais dos reis e raíñas que ocuparon o trono español dende o século XVII ate o XXI. 1.3 Metodoloxía Os procesos de investigación a seguir baseáronse nunha ampla revisión bibliográfica das principais fontes, revistas, conferencias, museos, e bases de datos, tanto académicas como patrimoniais, sobre o Real Sitio do Buen Retiro. O Museo de Historia de Madrid e o Museo Nacional do Prado foron, xunto coa Biblioteca Dixital Hispánica, a Biblioteca Miguel de Cervantes e a Biblioteca Nacional de Francia, os principais repositorios consultados para a recopilación de material gráfico histórico sobre o tema de estudo. Foron de gran utilidade tamén os traballos e teses máis actuais publicados no Arquivo Dixital da Universidade Politécnica de Madrid, xunto cos tamén depositados en Dialnet. A visita o pasado mes de febreiro ao Centro de Interpretación do Paisaxe da Luz situado no Palacio de Cibeles, xunto coa visita guiada proporcionada sobre o Paisaxe da Luz dende o Museo de Historia de Madrid tamén foi de gran interese para coñecer a información máis actual sobre este tema. A bibliografía atopada e consultada das distintas bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela axudoume a completar a informacións sobre o tema tratado. Así mesmo, o sistema de citas empregado na realización deste traballo foi a 7ª edición das Normas APA. 3 2. Introducción ao Palacio do Buen Retiro 2.1 Contexto Histórico Para levar a cabo a análise do proceso constructivo do Real Sitio do Buen Retiro cabe remontarse brevemente ao reinado de Felipe II. En 1561 Felipe II decide trasladar a corte de Toledo a Madrid, buscando o establecemento dunha capital dentro do reino. A elección de Madrid como capital posiblemente estivo condicionada pola súa ubicación dentro do reino, pois trátase dun lugar que se atopa a medio camiño nas vías de comunicación co norte –Laredo– e co sur –Sevilla–. Ademais nela xa había un castelo real –o Alcázar– o cal podería habilitarse como residencia da corte e do goberno, un importante centro relixioso –o mosteiro de San Jerónimo–, e, amais, contaba con amplos lugares dispoñobles para a edificación de palacios de recreo, co Pardo ao norte, e Aranjuez ao sur. Cando se produce o traspaso da corte a Madrid a cidade recibiu unha excesiva afluencia de cortesáns e persoas do servizo real, colmatando as vivendas preexistentes no lugar antes de convertirse en capital. En 1561 Madrid contaba cunha poboación que rondaba os 75.000 habitantes, a cal foi aumentando vertixinosa e constantemente ate 1601, momento no que a corte se traslada temporalmente a Toledo, ate 1606. A partir de dita data a corte implantouse definitivamente en Madrid e, xunto coa corte, moitas xentes de Castela emigraron á nova capital. A Coroa tratou de controlar a inmigración, ordenando aos señores que volvesen ás súas facendas, pero non deu resultado. Isto provocou que a poboación duplica o número de habitantes, ascendendo a 150.000 persoas na década de 1617. A edificación de Madrid partía practicamente de cero, situación que propiciaría o desenvolvemento dun urbanismo racional e ordenado pero que non se chegou a desenvolver deste xeito, provocando que o factor económico se alzara como único organizador do seu entramado; este medra en horizontal, convertindo á praza Maior no único espazo organizado e ben ordenado, realizado por Juan Gómez de Mora entre 1617 e 1619, destinada á realización de celebracións e axustizamentos públicos. 4 A partir do reinado de Felipe III tivo a súa auxe unha personaxe que se incorporaría na maioría de monarquías europeas: a figura do valido. O monarca deixou nas mans do seu valido, o duque de Lerma, a xestión económica e política da casa real, feito que aproveitou para crear fortuna e gozar dunha vida chea de luxos. A súa mala xestión provocou case a bancarrota das arcas reais para cando o seu herdeiro accede ao trono. O gran valido de Felipe IV será o Conde-Duque de Olivares, personaxe bastante criticada polo pobo madrileño e pouco agradable aos ollos da maioría de visitantes extranxeiros á corte. Olivares conseguiu inmiscuirse no palacio sendo Felipe príncipe herdeiro, polo que consegue afianzar rapidamente a confianza do monarca, chegando a conseguir o nomeamento, en primeiro lugar, como xentilhome da súa casa. Co paso do tempo, cando Felipe III caeu enfermo, consegue o posto de sumiller de corps real, como se pode apreciar no retrato que lle fai Velázquez (fig. 1), no cal aparece portando a chave dourada que simboliza a súa posición. A finais de 1621 o Conde-Duque é nomeado caballerizo maior, cargo que ostentou anteriormente o duque de Lerma, e que lle confería o acceso constante ao rei. Á morte de seu tío, Baltasar de Zúñiga, convértese no primeiro ministro da Coroa española, obtendo un gran control sobre todas as tarefas competentes da casa real. A partir de aquí, coñecedor do pésimo estado no que se atopaban as arcas reais e o comercio castelá, inicia toda unha serie de reformas coas que pretende mellorar a imaxe da monarquía de cara a Europa, buscando o beneficio propio no proceso. Olivares ten en mente un ambicioso proxecto para o cal necesitaba financiación, apoiándose na súa camarilla, formada por: Jerónimo de Villanueva, protonotario do Consello de Aragón e administrador da conta de gastos secretos do rei; García de Haro, conde de Castrillo, presidente do Consello de Indias; o marqués de Leganés, Diego Mexía, presidente do Consello Supremo de Flandes e primo de Olivares; Ramiro Núñez de Guzmán, duque de Medina das Torres, presidente do Consello de Italia e xenro do conde-duque; Gabriel de Alarcón, secretario da Camara de Castilla; Diego Suárez, secretario do Consello de Portugal1. Todos eles axudárono a conseguir os seus propósitos, ademais de incluir os seus criterios na realización do palacio. A súa 1Simal López, M. (2020). El escenario del valido: el conde-duque de Olivares y el Palacio del Buen Retiro. Cuadernos de Historia Moderna,45(2). p. 574. 5 ambición por crear unha nova casa de campo para o rei podía parecer innecesaria, dado que este xa contaba con varias casas nas cercanías de Madrid. Por unha banda, cara o sur, situada na carretera de Toledo ao borde do río Tajo, situábase Aranjuez, palacio iniciado por Carlos V e posteriormente ampliado por Felipe II, converténdoo “no palacio máis fermoso do seu xénero en España, e quizais no mundo enteiro, segundo o nuncio papal de Camilo Borghese”2. Por outra banda, cara o norte, sitúase o Pardo, unha casa de campo dotada de grandes terreos para a caza debido á abundante fauna que habitaba naquela zona. O problema destes lugares era que Aranjuez requería un gran desprazamento para o rei e a súa corte, e o Pardo era un coto de caza demasiado valioso como para construír sobre os seus terreos. Ao outro lado do Manzanares situábase a Casa de Campo, con abundantes xardíns, agua e terreos para ser edificados. O problema era que estaba perpetuamente vencellada á casa de Lerma, ostentando a alcaidía a perpetuidade, factor que ao Conde-Duque non lle agradaba. Na procura doutro terreo Olivares centrou a súa atención no extremo oriental de Madrid, no emprazamento da igrexa e mosteiro de San Jerónimo. Ademáis, é aprobeitado o acto de celebración da xura de lealdade do herdeiro ao trono –o príncipe Baltasar Carlos–, cuxa cerimonia ten lugar nesa ubicación dende 1528, como factor idóneo para acometer a ampliación das instalacións, sendo Olivares nomeado alcaide do Cuarto Real de San Jerónimo no proceso. 2Brown, J., Elliott, J. H. (2003). Un Palacio para el Rey : el Buen Retiro y la corte de Felipe IV. España: Ediciones Taurus. p. 55 12 foron realizadas cos mesmos materiais e seguindo o mesmo estilo que se empregara na composición do palacio –fachadas de ladrillo visto e cubertas rematadas en chapiteles de pizarra–, quedando cada unha pechada pola súa propia tapia e embelecidas con patios con xardíns e fonte13. A ermida de san Juan Bautista (fig. 12) tiña a función de residencia do alcaide do Buen Retiro, ostentado nese momento por Olivares. Está rodeada por dúas zonas axardinadas, unha delas formando un patio adornado cunha fonte central. Estaba semicircunvalada por un tramo do río Chico. O conxunto de ermida e xardíns era dos lugares máis privados, conectando directamente coas caballerizas situadas preto da Praza Grande do palacio14. Foi construída por Juan de Aguilera, ao igual que a ermida de Santa María Magdalena (fig. 13), ubicada preto da cerca que limita co camiño de Alcalá. Neste caso destaca o volume de árbores plantados na parte posterior do edificio, pechado novamente polas súas propias tapias. Serviu como salón de recepción de hóspedes e de telón de fondo nas representacións teatrais15. Case colindando co palacio aparece a ermida de san Isidro (fig. 14), lugar dende onde partía o Río Chico, cun antepatio que o separaba da galería do palacio e un patio posterior cunha fonte, todo rodeado por árbores. Entre o Ochavado e o Estanque Grande atópase a ermida de san Bruno, construída por Lucas Rodríguez (fig. 15). O seu uso era lúdico debido, principalmente, á súa próxima localización ao Estanque Grande, lugar de grandes festexos. Presenta grandes dimensións, tanto o edificio como o seu xardín posterior, o cal está formado por pares de xardíns de forma rectangular. Situada no extremo sur do Ochavado atópase a ermida de san Pablo16 (fig. 16), primeira das ermidas construídas, rematándose en 1633. É a de máis difícil acceso e tamén a de maior carácter e función relixiosa no momento da súa fundación. Pechando ao sur do Campo Grande atópase a ermida de san Antonio dos Portugueses (fig. 17), construída seguindo as trazas de Alonso Carbonel. Estaba rodeada por unha ría navegable polilobulada que formaba o río Grande, e que comunicaba co Estanque Grande, pola que os monarcas paseaban en 16 No lugar da desaparecida ermida na actualidade atópase a estatua de Narciso. 15 Foi empregada en 1636 por Felipe IV como lugar de recepción da princesa de Carignano. 14 Cruz Yábar, J. M. (2020). Las Ermitas del Buen Retiro en el siglo XVII.: Arquitectura, decoración y función. Instituto de Estudios Madrileños, (53). p. 77. 13 Ascunce. Las Ermitas del Buen Retiro…, p. 12. 13 falúas. É a ermida de maior tamaño e máis monumental de todas, situada sobre unha plataforma flotante –falsa isleta– no centro do estanque formado pola ría, accedéndose a ela mediante unha ponte. Seguía o mesmo estilo característico dos Austrias presente nos outros edificios pero foi embelecida con materiais nobres, como o mármore, o alabastro e o jaspe. Ademais de estar ricamente decorada, posuía tres espazos axardinados, un a cada lado do edificio, formado por pequenos xardíns cuadrangulares, e un xardín posterior onde había plantadas árbores, pechando este espazo catro torretas rematadas en chapiteles17. Finalmente, no extremo sur do xardín, preto do camiño de Vallecas e do Convento de Nuestra Señora de Atocha, atópase a primitiva ermita de san Blas (fig. 18), fundada por Luís de Paredes Paz pola especial protección do santo ante os males de garganta. Está situada no Cerro de San Blas e, ao ser previo á construción do Real Sitio, carece de tapia e zona axardinada propia, se ben ten un paseo que a comunica co Convento de Atocha18. Estas ermidas, ademais da función lúdico-sacra, a nivel formal crean os principais eixos que rexen os xardíns. Deste xeito, a ermida de san Isidro comunica coa de san Bruno, creando a vía este-oeste dos xardíns dende o palacio ate o Estanque Grande. Por outra banda, o eixo norte-sur iníciase na ermida de santa María Magdalena, continuando en liña recta ate a ermida de san Bruno que, á súa vez, conecta coa ermida de san Antonio dos Portugueses, ate rematar na Paxareira e o Corral de Vacas19 (fig. 19). Durante este período o Buen Retiro converteuse no escenario principal da Corte dos Austrias, sendo o lugar de celebracións por excelencia. Tanto o palacio como os xardíns foron lugar de representacións teatrais –celebradas principalmente no Coliseo–, de naumaquias –tanto no Estanque Grande como no Río Grande–, e demais festexos celebrados no lugar. Para a creación das zonas verdes trouxéronse multitude de plantas e árbores de diversos lugares, variando tamén o lugar de procedencia dos xardineiros e enxeñeiros hidráulicos que interviñeron. En 1626 o embaixador de Pastrana trae a Cosme Lotti e ao seu axudante, Pietro Gandolfi, para encargarse da creación de xardíns, 19 Ortiz-Villajos Torresano, E. (2021). El Buen Retiro: un trazado como resultado de su proceso evolutivo. [Trabajo de Fin de Grado, Universidad Politécnica de Madrid]. Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Archivo Digital UPM. pp. 18-22. 18 Ascunce. Las Ermitas del Buen Retiro…, p. 6. 17 Cruz Yábar. Las Ermitas del Buen Retiro en el siglo XVII…, p. 115. 14 do seu mantemento e da creación de xogos hidráulicos; ao final, convértense tamén nos creadores das canles e rías do Buen Retiro, asi como de diversos escenarios moviles e efímeros oara as postas en escena. Á súa morte en 1643 sucédeo Baccio de Bianco –florentino–, enviado polo duque da Toscana, o cal se converte tamén no creador de diversas escenografías. Para a plantación dos xardíns chegan Francisco Rodríguez e Juan de Carmona en 1633 dende Sevilla, sendo o primeiro o xardineiro maior dos Reales Alcázares; máis tarde, en 1658 acudirá o genovés Benedetto Babastrelli con multitude de plantas que foron plantadas nas avenidas próximas ao Gran Estanque. Tamén interviñeron xardineiros de Aranjuez e Flandes, moitos deles chamados por Olivares20. O esplendor que tivo o Buen Retiro durante o reinado de Felipe IV foi, desgraciadamente, en decadencia tras a súa morte. Durante a rexencia de Mariana de Austria o Real Sitio deixou de ser o lugar de residencia da familia real, pasando a ser empregado para a representación de obras teatrais, xa que a rexente escolleu como residencia o Alcázar. Sendo xa monarca Carlos II destaca a creación dunha porta monumental21, actual entrada do Parterre, por mor da chegada a Madrid da segunda esposa do rei, Mariana de Neoburgo. Quizais a obra de maior esplendor realizada durante este reinado sexa a decoración ao fresco da bóveda do Casón polo pintor napolitano Luca Giordano (fig. 20), unha das mellores pinturas barrocas decorativas desta época. Neste momento o Casón tamén estivo sometido a labores de rehabilitación da man do arquitecto José del Olmo22. 3.2 Remodelacións á Francesa coa Chegada dos Borbóns A principios do século XVIII morre Carlos II sen descendencia, o que desencadeou unha loita polo trono español entre os austricistas e os franceses, sendo finalmente os segundos os que se instauran no trono español, personificado en Felipe V. Este novo rei criárase en Francia, na glamurosa corte do seu avó Luís XIV, “o rei sol”. 22 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 70-72. 21 Obra de Melchor de Bueras que data, como consta na porta, de 1690. Actualmente atópase descontextualizada e modificada. 20 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 48-50. 15 Acostumado á vida en Versailles, Felipe V non sentía aprecio polo real sitio, o cal necesitaba de serias intervencións para evitar a súa ruína. Por este motivo o novo monarca decide elixir como residencia o Alcázar, inda que a idea dese castelo-palacio tampouco era de agrado para o rei. Deste xeito encárgalles aos arquitectos franceses René Carlier e Robert de Cotte a realización duns proxectos para a renovación do Buen Retiro seguindo o gusto francés. O propósito que buscaban era crear todo un novo conxunto que unise a zona palaciega e a zona verde, sometendo ambos espazos á regra e ó compás. Os proxectos de Carlier foron desestimados polas enormes dificultades que presentaban para ser executados, dado que requerían a ardúa tarefa de nivel de maior parte do terreo. Por outra banda, o primeiro proxecto presentado por Robert de Cotte (fig. 21) consistía na completa remodelación do parque ao puro estilo Barroco francés, coa creación de dilatados xardíns xeométricos e buscando a creación de perspectivas. Só conservarían do xardín preexistente o Estanque Grande e as súas rías. En canto ao palacio, revestiríase tamén en estilo Barroco clasicista, empregando o mármore como material principal e facendo uso da orde xigante, con frontis nos extremos e balaustrada. Por problemas financeiros o proxecto foi desestimado, pedíndoselle a proxección dunha remodelación máis modesta, para a cal Robert de Cotte realiza un segundo proxecto. Nel (fig. 22) reutilizaríase a primitiva estrutura do palacio, con pequenas modificacións, dotándoo dun patio de armas e tranformando o xardín Ochavado nun parterre francés, a imitación do Parterre Sur de Versailles (fig. 23)23. Destas ideas só se levaron a cabo o desmantelamento do Ochavado e a realización do Parterre24 (fig. 24) entre 1713-171525, o cal se semella máis ao presentado no primeiro proxecto de de Cotte, con pequenas variantes. Consta dunha terraza situada enfronte ao Casón dende a que se accede ao xardín a través do parterre. Está formado por dous lenzos simétricos de parterre bordado cunha fonte a cada lado, colocados a modo de espello. Presenta unha arboleda recta a cada lado, pechando o espazo, que remata nunha 25 A creación do parterre do Buen Retiro é contemporáneo á doutros parterres españois como o de Aranjuez ou da Granxa de San Ildefonso. 24 Trátase dun claro exemplo de xardín de broderie, tipicamente francés. Foi dos primeiros parterres de estilo barroco francés que existeu en España. 23 Ariza Muñoz, C. (2001). Buen Retiro. Fundación Caja Madrid. pp. 49-51. 16 exedra semicircular onde se situaba un estanque oval enmarcado por dúas rampas curvas. Con isto, a proxección dun xardín francés no Buen Retiro estaría satisfactoriamente resolta, agás a problemática do desnivel que caracteriza a topografía do lugar. A consecuencia disto a pendente cae contra a fachada do Casón (fig. 25), a diferencia dos modelos franceses onde a pendente cae contra ó lado oposto, perdéndose esa sensación de profundidade infinita que caracteriza aos xardíns franceses. Por mor disto, a vista en dirección á avenida que conduce ao Estanque Grande queda cortada, perdendo ese efecto de fusión entre edificio e paisaxe exterior tan característico26. A implantación de calquera dos dous modelos presentados por de Cotte supoñería a aparición por primeira vez en Madrid da composición gradual de palacio-parterre-parque-campo27. Tras a repentina morte, en 1714, da raíña María Luisa de Saboya o rei entrou nunha fonda crise de melancolía, motivo polo cal apremaba a busca dunha nova muller para Felipe V, sendo a escollida Isabel de Farnesio. A nobre princesa italiana amosou rapidamente o seu desagrado polo Buen Retiro e animou ao seu marido a escoller como residencia o Alcázar. Pero o Alcázar tampouco era do agrado de Isabel, polo que instou ao seu marido a levar a cabo a creación dun novo palacio, á italiana, lonxe de Madrid, e con exquisitos xardíns franceses, escollendo ao final a Granxa de san Ildefonso. Por este motivo todos os fondos destinados á rehabilitación e transformación do Buen Retiro nun château francés foron frustrados. Durante o breve reinado de Luís I tivo lugar a transformación do xardín do Patio do Cabalo no recinto do Xogo da Sortija, divertimento que era do agrado do rei. Coa repentina morte do infante a causa da viruela, Felipe V veuse na obriga de retomar a dirección do goberno. Ten lugar nestes anos un incendio na lendaria ermida de san Antonio dos Portugueses, quedando na súa maior parte derruída, reedificándose con bastante presteza. No Nadal de 1734 ten lugar un incendio na Torre Dourada do Alcázar, motivo polo que Felipe V e Isabel de Farnesio se ven na obriga de volver ao Buen 27 Ariza Muñoz, C. (1986). Los jardines del Buen Retiro. Primera parte: Su época como Real Sitio. Ciudad Y Territorio Estudios Territoriales, (69). p. 100. 26 Sanz Hernando, A. (2006). El Jardín Clásico en España. Un análisis arquitectónico. [Tesis Doctoral, Universidad Politécnica de Madrid]. Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Archivo Digital UPM. pp. 603-609. 17 Retiro, levando a cabo as reparacións máis necesarias e decorando os interiores ao estilo rococó, de moda en Francia28. Tamén se realizan reparacións nas ermidas e xardíns de san Juan e san Pablo, plantando naranxos e habilitando o edificio como residencia do intendente Isidro Nicolás de Montújar29. Xa con Fernando VI no trono continúanse as reparacións nos cuartos reais, e acométese a construción dun novo Coliseo por Francisco de Moradillo e o arquitecto maior Juan Ruíz de Medrano, segundo o proxecto de Bonavia en 174730. Coa chegada ao trono de Carlos III o Buen Retiro sofre unha gran modificación. Ademais do cambio no trono ten lugar un cambio na sociedade, pois introdúcense as ideas ilustradas na corte española. Este déspota ilustrado levou a cabo grandes melloras na capital coa construción de paseos arbolados, como o Salón do Prado, o saneamento das rúas, a creación de edificios adicados ás ciencias, como o Real Gabinete de Ciencias Naturais –actual Museo do Prado– etc. Sen embargo neste período o Buen Retiro foi, novamente, abandonado pola familia real, escolléndose como lugar de residencia o novo Palacio Real mandado construír polo seu pai. Porén, o que si fixo este rei foi darlle unha bonita aparencia exterior, cambiando as antigas tapias da Calle de Alcalá e do Prado por novas reixas de ferro, ademais de mandar construír a nova Porta de Alcalá a Sabatini, mellorando o aspecto do concorrido Paseo do Prado. Carlos III abre, por Real Orden do 12 de maio de 1767, os xardíns do Buen Retiro á poboación de Madrid baixo unhas estritas condicións de vestimenta e comportamento, como podemos ver na obra de José del Castillo (fig. 26). Ademais, o Buen Retiro acolle novas funcións como a pedagóxica coa instalación, en 1778, da Escola Pública de Xardinería na zona do xardín de san Juan, sendo o italiano Giuseppe Lumachi o seu primeiro director. Este monarca crea un lugar de inhumación para os traballadores do Real Sitio, polo que cumpre tamén a función funeraria. A función industrial e artística tivo gran peso coa creación da Real Fábrica de Porcelanas, a cal se edifica sobre a antiga ermida de san Antonio dos Portugueses, 30 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 84-87. 29 O arquitecto encargado de levar a cabo as reparación nestes edificios foi Santiago Bonavía, quen tamén interviu noutros reais sitios como Aranjuez ou san Ildefonso. 28 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 81-82. 18 conlevando a desaparición total deste espazo. Por mor do traballo realizado na fábrica e para mellorar as condicións dos traballadores lévase a cabo o drenado da auga que rodeaba a isleta sobre a que se sitúa o edificio. Ten lugar tamén a desaparición da ermida de san Juan Bautista, solar sobre o cal o rei manda edificar, en 1769, os edificios adicados a caballerizas e cuarteis31. Ademáis da construción do Real Gabinete de Ciencias Naturais, Carlos III leva a cabo a edificación de toda unha serie de espazos adicados ao estudo das ciencias, creando no Buen Retiro e nos seus arredores unha zona de estudio, moi acorde coa mentalidade ilustrada. Deste xeito acomete a creación do Real Xardín Botánico, sendo o encargado de levar a cabo o proxecto o arquitecto Juan de Villanueva, xunto co asesoramento botánico de Gómez Ortega e do enxeñeiro militar Tadeo López, culminando a creación deste espazo, situado ao lado do Real Gabinete de Ciencias Naturais, en 1781. Unha das últimas obras que o rei manda construír é un inmoble que acollese ó Real Observatorio Astronómico, cuxas obras se verán paralizadas tras a súa morte en 178832. Co ascenso de Carlos IV ao trono, Floridablanca –primeiro ministro do rei– retoma o aprazado proxecto do Real Observatorio Astronómico que iniciara Carlos III, encargándolle a súa realización a Jiménez Coronado, quen decide ubicalo no solar da antiga ermida de san Blas, comezando as obras en 1790. Durante este período de auxe industrial en Madrid, especialmente no terreo que nos atinxe, consta a existencia dunha Real Fábrica de Coches, inda que son máis ben escasos os datos conservados sobre a súa fundación33. Outro cambio durante este período foi o aumento de xardineiros españois –Juan Milla, Santos Antolín, etc.– dirixindo as actuación do Buen Retiro, xa que dende a chegada dos primeiros borbóns a maioría de artistas ocupando estes cargos eran estranxeiros, especialmente italianos e franceses34. A comezos de século, todos estes avances tecnolóxicos conseguidos polos monarcas ilustrados víronse frustrados 34 Ariza Muñoz. Buen Retiro…, p. 52 33 Sábese que o 12 de agosto de 1800 un incendio destrueu a Fábrica de Coches de SS. MM. No Avapiés e no Almanaque Mercantil de 1806 aparece a primeira referencia a dita fábrica, da cal sabemos que foron producidas tres berlinas e foi rexentada por Antonio Durán Calderón. 32 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 100-101. 31 Ariza Muñoz. Los jardines del Buen Retiro. Primera parte…, pp. 100-102. 19 coa invasión napoleónica, que ten lugar entre os anos 1808-1812. A causa deste suceso Carlos IV abdica en favor do seu fillo, o futuro Fernando VII, quen se ve na obriga de renunciar ao trono en favor do irmá de Napoleón Bonaparte, o cal accede ao trono español co nome de José I. No Plano Xeométrico de Madrid de 1785 (fig. 27) podemos apreciar os cambios que ocorren durante o século XVIII. No lugar anteriormente ocupado polo Ochavado sitúase agora o Parterre, situado fronte ao Casón. Por outra banda tamén aparecen perfectamente identificados os cambios introducidos polo monarca Carlos III, situados dentro dos xardíns, no espazo que antes ocupaba san Antonio dos Portugueses e no cal agora se ubica a Real Fábrica de Porcelanas ou da China35. Tamén aparece perfectamente identificado, fora do perímetro do que actualmente coñecemos como Parque do Buen Retiro, o Real Xardín Botánico. 3.3 Destrución e Recuperación do Real Sitio (s. XIX) No paso do século XVIII ao XIX ten lugar o período máis cruento e destrutivo para o Real Sitio. Coa chegada da 5ª División do exército francés a Madrid, o mariscal de Francia, e cuñado de Napoleón, Joaquín Murat, escolle como lugar de acuartelamento das súas tropas o Buen Retiro, convertendo o lugar de recreo e descanso da familia real española e, dende Carlos III, da poboación madrileña, no seu cuartel xeral. A ocupación do real sitio polas tropas francesas supuxo o destrozo das estancias palaciegas, as cales xa se atopaban a estas alturas bastante degradadas, e dos xardíns, invadidos polas tendas de campaña que deron cabida aos soldados xunto á artillería pesada que trouxeron consigo. A construción máis afectada durante a invasión foi, sen dúbida algunha, a Real Fábrica de Porcelana, convertida en baluarte e rodeada por unha dobre muralla defensiva como se pode apreciar no plano de Madrid de ca. 1813 (fig. 28). Instalado na corte, José Bonaparte ordena a tala masiva de árbores no Buen Retiro para aproveitar o espazo con fins militares, destruíndo plantacións tan antigas 35 A Real Fábrica aparece mencionada de ambas formas, xa que as porcelanas elaboradas nela coñecíanse tamén co nome de chinerías, pola influencia oriental na súa decoración. 20 como a propia creación do real sitio36. As noticias da inminente chegada dos exércitos ingleses, capitaneados polo xeral Wellington, fixeron fuxir a José I de Madrid deixando un pequeno destacamento militar no Retiro. Coa derrota dos franceses e, consecuentemente, a vitoria inglesa do xeral Wellington, antes de retirarse a unha base de operación próxima a Valladolid, ordena incendiar todos os edificios do Retiro, especialmente o que quedaba da Real Fábrica de Porcelanas, xa que pola súa calidade a porcelana española lideraba o mercado destes obxectos na época, situándose por riba da inglesa e sendo, por ende, a súa principal rival. A destrución do que quedaba do Buen Retiro tras a Guerra de Independencia foi culminada polo xeral Hill o 30 de outubro de 1812, deixando o lugar en absoluto estado ruinoso37. Tras a definitiva expulsión dos exércitos franceses de España retorna, dende o seu exilio en Valençay, Fernando VII en marzo de 1814 para afrontar o goberno. O seu reinado caracterizouse por ser de corte absolutista. En canto ao Retiro, o primeiro que fai é ordenar unha rigorosa avaliación do estado da real posesión. Logo das terribles noticias do informe realizado polo arquitecto maior de palacio, Antonio López Aguado, o monarca decide derrubar todos aqueles edificios considerados irrecuperables, conservando unicamente as caballerizas e cuarteis dedicados á garda real, o Casón e a ala norte do palacio no patio do Xogo da Pelota –actual Salón de Reinos–38. Por outra banda, animado pola súa segunda esposa, María Isabel de Braganza, emprende a creación dun lugar onde albergar o Real Patrimonio e onde puidera ser exposto ao público, escollendo o edificio proxectado por Juan de Villanueva, inicial Real Gabinete de Ciencias Naturais, como o lugar idóneo, e tamén recupera as obras do Real Observatorio Astronómico. Así mesmo, é importante a intervención que realiza no Real Xardín Botánico, totalmente descoidado tras o paso dos franceses pola capital, e que durante este período recuperará o esplendor do que gozaba en épocas pasadas. Para afrontar o custo das obras de recuperación, este rei arrenda certos establecementos para poder financiar as intervencións39. 39 Ariza Muñoz. Buen Retiro…, p. 62. 38 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 129-130. 37 Ariza Muñoz. Los jardines del Buen Retiro. Primera parte…, p. 102. 36 Ariza Muñoz, C. (2008). Los espacios verdes del Madrid de la invasión francesa. Anales del Instituto de Estudios Madrileños, (48). pp. 94-95. 21 En canto ao destino dos xardíns a comezos do século XIX impera unha nova moda en Europa, procedente de Inglaterra e coñecido como xardín inglés, o cal se vai caracterizar por explorar os accidentes do terreo, con camiños sinuosos, presentando a natureza de forma salvaxe e natural pero estando domesticada pola man do home40. Destaca a construción de elementos arquitectónicos para decorar o xardín con “caprichos”, rochas, estatuas e bancos para contemplar e desfrutar da paisaxe, creando ruínas ou grutas finxidas que lembren á antigüidade clásica, e unha paisaxe que esperte os sentidos e a emoción, efecto moi vinculado co incipiente romanticismo. Deste xeito, o estilo arquitectónico que predominará nas construcións deste espazo serán de corte neoclasicista ou romántico, inspirándose en edificios clásicos por unha banda, e en obras exóticas ou medievais por outra. O rei non era alleo a esta nova moda e encarga aos seus arquitectos, especialmente a Isidro González Velázquez, a creación duns xardíns inspirados nestas tendencias para o Buen Retiro. Para a realización deste proxectos escolleuse un amplo espazo acotado polo Estanque Grande e polas actuais rúas O’Donell e Menéndez Pelayo, sendo de uso exclusivo da familia real e coñecido co nome do “Reservado”. Ao tratarse dun espazo restrinxido para a monarquía, delimítase mediante a colocación de tapias para impedir o acceso de persoas alleas. Esta zona tórnase a mellor coidada e recuperada durante este período, onde máis vai abundar a plantación de árbores e plantas, ademais de onde se van erixir unha serie de construcións de carácter exótico, e que serán coñecidas como os caprichos fernandinos41. Trátanse de sete construcións que encarga o rei para esta zona, comezando coa Montaña Artificial (fig. 29), situada ao noroeste do Reservado e caracterizada pola presencia dunha cascada artificial. Como o seu nome indica, consiste nun falso montículo que oculta no seu interior un espazo cupulado ao que se accede mediante unha porta tripartita. Exteriormente presenta dous camiños, para subir e para baixar, que dan acceso á parte superior do montículo, onde se levantou unha construción con forma de templete que funcionaba como mirador privado42. Preto desta atópase a Casita do Pescador (fig. 30), unha pequena casa 42 Ariza Muñoz, C. (2020). El reservado de los Jardines del Buen Retiro (Madrid): la Montaña Artificial. Anales del Instituto de Estudios Madrileños, (60). pp. 138-143. 41 Añón Feliú. El Parque del Buen Retiro…, p. 255. 40 Mariblanca. Historia del Buen…, p. 137. 28 Bosco sitou diante do pabellón un estanque, en cuxo centro situou un templete árabe, sendo este o único elemento que non se conserva na actualidade59. Na década dos 80 levouse a instalación de iluminación a gas en todo o parque, feito moi reclamado polos transeúntes dende a municipalización do espazo. Poucos anos despois decatáronse da vantaxe que supoñía a iluminación eléctrica, comezando a instalación deste novo sistema, que non se veu finalizado ate comezos do século XX. Ademais, fóronse renovando paulatinamente as antigas tapias que delimitan o espazo do parque por novas reixas de metal, levando a cabo a reforma e construción de novos accesos, como é o caso da monumental Porta de España, feita con materiais nobres, ou a Porta de Hernani, de ferro, proxectadas por José Urioste y Velada60. Tamén Urioste ordena, a finais de século, a demolición da Casa Rústica e Persa, un dos caprichos mandados construír por Fernando VII, debido ao grave estado de ruína no que se atopaba, convertendo o espazo que ocupaba nunha nova zona axardinada61. Non é este o único “capricho” que se perdeu, tamén o embarcadoiro real desapareceu, situándose actualmente o Monumento a Afonso XII, do que falarei máis adiante. A Casa do Pobre e do Rico tampouco se conserva na actualidade, pois demoleuse por problemas estruturais. A Casita do Pescador, a Montaña Artificial –ou dos Gatos–, a Casa de Feras ou a Casa do Contrabandista consérvanse na actualidade, inda que profundamente reformadas, desempeñando funcións distintas ás que tiñan en orixe, como é o caso da Casa do Contrabandista, convertida, en primeiro lugar, no Balneario de Augas Osixenadas e, actualmente, nun restaurante coñecido co nome de Florida Park (fig. 44). Entrando xa no século XX, o Retiro non sufriu grandes cambios en comparación co século anterior, senón que as intervencións realizadas no seu terreo foron máis ben enfocadas a labores de mellora e embelecemento. Lévase a cabo principalmente o axardinamento da zona sueste, dado que boa parte deste terreo nunca estivo urbanizado. Unha figura de gran importancia para o parque dende inicios de século ate mediados será Cecilio Rodríguez, nomeado xardineiro maior en 1914 e, máis tarde, director do 61 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 209-210. 60 Esta porta será posteriormente modificada seguindo o deseño de Cecilio Rodríguez, quen incluíu catro pilares de granito coronadas con xarróns, dando acceso a un novo xardín que mestura a forma rectangular e circular rodeado de cuajos de flores e setos recortados en boj. 59 Añón Feliú. El Parque del Buen Retiro…, p. 259. 29 departamento de Parques e Xardíns, posto que manterá ate 1946. A el débese o acondicionamento e reforma de diversas zonas. En 1915 realiza o xardín da Rosaleda, próximo á rotonda do Anxo Caído, a imitación do Bosque de Bolonia de París, situando este novo xardín no espazo que ocupaba, dende 1877, a estufa do Marqués de Salamanca. Un ano despois transpórtanse os restos da basílica románica de San Isidoro de Avilés ao Retiro, situándoas preto da Montaña Artificial. Quizais a obra de maior transcendencia feita por Cecilio Rodríguez foi a ampliación e remodelación da Casa de Fieras. Inicia este proceso en 1918 dado que o estado do antigo zoolóxico real era lamentable e bastante criticado pola opinión pública. Comeza reformando o acceso á Casa de Fieras mediante un par de pilares decorados con leóns a cada lado, dando acceso a unha plazoleta semicircular con bancos corridos, alicatados en azulejos sevillanos, seguindo a recuperación de elementos artísticos evocadores do estilo neosevillano, de moda ao longo da primeira metade do século por mor de figuras como Jean-Claude Nicolas Forestier, responsable do rexurdimento do xardín español e creador deste estilo62. Este tipo de alicatado empregouse en todo o recinto como elemento decorativo. Tamén proxectou unha gran ampliación do recinto en forma de xardín, chegando ate o pequeno castelo que albergaba o Instituto Meteorolóxico, colocando diversos estanques de inspiración oriental por toda a zona. Así mesmo, reforma a glorieta do Monumento ao xeral Martínez Campos, engadindo pérgolas con plantas trepadoras e cambiando o pavimento por empedrado de cores, levando a cabo tamén a plantación de flores de tempada. En 1934 acomete obras de embelecemento do Paseo de México xa que, debido ao gran desnivel que presentaba, os días de moita choiva ese espazo convertíase case nun pequeno regato de lodo, polo que interveñen con labores de nivelación do terreo e colocan unha fonte para canalizar a auga que se acumulaba no espazo, decorando todo isto mediante a plantación de flores. A destacar tamén temos a realización da denominada Praza de Mármore (fig. 45), de estilo clásico, que actualmente está moi empobrecida, xa que o pavimento orixinal de mosaico de estilo greco-romano foi substituído por adoquinado de pedra, sendo o único que se conserva deste espazo a fonte de dobre taza realizada en mármore63. 63 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 251-252. 62 Ariza Muñoz. Buen Retiro…, pp. 129-130. 30 Paralelamente ás labores desempeñadas polo xardineiro maior ten lugar a auxe de construcións de monumentos conmemorativos, convertendo o Retiro nun lugar de homenaxe de figuras ilustres. Debido á proliferación deste tipo de estatuas, o Buen Retiro converteuse case nun museo ao aire libre64. Sen dúbida algunha, o máis reseñable de todos é o xa mencionado Monumento a Afonso XII (fig. 46), realizado polo arquitecto José Grases Riera entre 1902 e 1922. Escolleuse como emprazamento para a colocación deste monumento o Estanque Grande, concretamente o lugar que ate ese momento ocupara o Embarcadoiro Real realizado por Isidro González Velázquez por orde de Fernando VII. Consiste nun enorme hemiciclo presidido pola estatua ecuestre do monarca, decorando os muros da estrutura unha serie de relevos con distintas alegorías. Consecuencia da demolición do embarcadoiro real levouse a cabo a construción, en 1917, dun novo embarcadero na orilla septentrional; traxicamente perdeuse a causa dun incendio en 1920, tendo lugar en 1926 a construción do novo e actual embarcadoiro realizado por Luís Bellido y González (fig. 47)65. En 1904 ten lugar a destrución da zona de recreo situada no denominado “Xardín do Buen Retiro”, zona verde creada tras a enaxenación deste espazo en época de Isabel II, para a construción do Palacio de Comunicacións de Cibeles, edificio que actualmente alberga á sede do Concello de Madrid. A raíz disto, créase no Parque de Madrid, en 1905, unha zona de recreo que substitúe ao antigo Xardín do Buen Retiro, un lugar con pago de entrada onde había espectáculos, concertos, patinaxe, etc. Tratábase dunha zona acotada e que abranguía dende o paseo que parte da porta de Lagasca ate a praza de Nicaragua e, dende esta, polo paseo paralelo, ao lado septentrional do Estanque Grande. O límite oriental ía dende este punto á Fonte da Saúde e, dende aquí, á porta de Hernani, que era un dos accesos a este recinto, xunto coa porta da praza da Independencia66 (fig. 48). Tras a morte de Cecilio Rodríguez, o espazo axardinado resultante da ampliación da Casa de Fieras pasou a denominarse Xardíns de Cecilio Rodríguez, en memoria do xardineiro maior. Ademais tamén se procedeu á instalación dun busto 66 Ariza Muñoz. Buen Retiro…, p. 157. 65 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 214-220. 64 Ariza Muñoz. Buen Retiro…, p. 145. 31 conmemorativo coa efixie do xardineiro en honra a todos os anos que estivo traballando para o Concello e a súa labor no mantemento e mellora do parque. Na década dos 50 realízanse diversas plantacións nos xardíns de Cecilio Rodríguez con flores de tempada, sendo tamén neste momento cando se abren ao público, os cales se mantiveran pechados, sen motivo aparente, ate este momento67. Nos anos 60 instálanse en varias zonas estruturas máis pequenas para o divertimento da poboación, insertando zonas infantís con randeeiras, balancíns, castelos, etc. A mediados desta década, con Herrero Palacios como responsable de Parques e Xardíns, empréndense grandes reformas que volven a modificar a fisionomía do parque. Por unha banda, suprímense os viveiros próximos á Praza de Mármore, xa que se consideraba que afeaban a zona, cortando tamén as cañerías que proporcionaban auga mediante o sistema de regadío “a manta”68. Coa súa supresión implántase finalmente unha nova rede distribuidora de auga coa que se pode realizar o rego por aspersión. Cara o extremo sueste do xardín atópase unha zona que, ao igual que ocorrera no Campo Grande, nunca estivera debidamente urbanizada, pois empregábase como estercolero. Neste momento sométese este espazo a unha profunda reforma e, aproveitando os ondulantes desniveis do terreo, créase un novo xardín paisaxístico. Este novo espazo caracterízase pola abundante cantidade de árbores coníferas, motivo polo cal recibe o nome de Xardín de Plantas Vivaces, ademáis de que se procedeu á plantación de numerosas plantas e flores. Tamén se instalaron estanques e se crearon sendeiros con enlosados. Xunto a este xardín tamén se levou a cabo a creación do chamado Huerto do Francés, situado preto da fonte do Anxo Caído, empregado actualmente como zona de invernadoiros e viveiros para o cultivo de plantas e flores. En 1969 péchase definitivamente a Casa das Feras, polo que se transladan os animais á Casa de Campo. Consecuentemente lévase a cabo unha nova intervención no zoolóxico, convertendo as súas instalacións en dependencias para a ampliación da Oficina de Parques e Xardíns e adaptando o resto de zonas ao espazo axardinado. Estes novos xardíns inaugúranse o 29 de xullo de 1976, recibindo o nome do arquitecto que 68 Tamén denominado rego por inundación, é unha técnica de rego tradicional que consiste no avance de agua sobre una parcela chá e sen desaugadoiro. 67 Mariblanca. Historia del Buen…, p. 255 32 acometeu a reforma, Herrero Palacios69. Unha importante transformación desta década foi a creación do Centro Deportivo Municipal La Chopera, conformado por diferentes espazos dedicados aos deportes –pista de tenis, de fútbol, canchas de baloncesto, etc.– e integrados no espazo mediante a colocación de paneis translúcidos e de cor verde para integrarse coa natureza que o rodea. O Parterre sofreu unha nova reforma, promovida por Pita Romero, para solventar os problemas de inundacións que sufría esta zona coa choiva, para o cal se crearon desaugadoiros. Tamén sufre un cambio no seu aspecto externo (fig. 35), cambiando o seu deseño orixinal por outro, a imitación do parterre norte de Versailles (fig. 49). Coincidindo cos inicios do novo século e como consecuencia dos traballos de escavación dirixidos por Alain Kermorvant, recuperouse unha antiga noria co seu pozo, alberca e pileta de decantación pertencente á desaparecida Real Fábrica de Porcelanas (fig. 50)70. Actualmente estas estruturas atópanse restauradas e son un dos máis recentes atractivos para os visitantes do parque. Nos seguintes 24 anos o maior cambio fisionómico do parque foi a creación do Monumento ás vítimas dos atentados do 11 de Marzo de 2004, constituído pola creación dun novo xardín, denominado do Recordo, no cal colocaron unha árbore en honra de cada un dos 191 falecidos no atentado (fig. 51). Polo demais as últimas intervencións realizadas no parque correspóndense coas tarefas de conservación e mantemento, sendo unha das últimas as levadas a cabo na estatua ecuestre de Alfonso XII situada no Estanque Grande. Como último, pero non menos importante, cabe destacar a declaración do Parque do Buen Retiro e o Paseo do Prado como Patrimonio Mundial da UNESCO na categoría de Paisaxe Cultural, das Artes e das Ciencias, o 25 de xullo de 2021. Este recoñecemento serviu para a posta en valor deste espazo, empregado dende as súas orixes no século XVI ate a actualidade como principal lugar de recreo e divertimento da poboación madrileña. 70 Muñoz Mena, P., Marín Perellón, F. J. (2005). El Parque del Buen Retiro: Estudio Histórico y Arqueológico en el Huerto del Francés. La Real Fábrica de Porcelanas. Instituto de Estudios Madrileños, (39). pp. 209-214. 69 Mariblanca. Historia del Buen…, pp. 260-261. 33 3.5 A Festa nos Xardíns do Buen Retiro Foron numerosas as celebracións que tiveron como marco os xardíns do Buen Retiro dende os seus inicios. Hai que ter en conta que tivo o seu momento de esplendor durante o reinado de Felipe IV, período no que se levaron a cabo multitude de corridas de touros, loitas de animais, máscaras, cabalgatas, xogos de cañas, de lanzas, de sortija, etc., celebrados todos eles con gran ostentación. Isto está directamente vinculado coa sociedade da época, unha sociedade plenamente barroca, motivo polo cal o teatro foi unha das máximas actividades artísticas durante o século XVII, representándose as obras con gran artificio e pompa. Existen dous motivos principais que explican a cantidade de festas que se levan a cabo neses tempos. Por unha banda, existían diversos motivos polos que o Conde-Duque de Olivares quería manter alonxado das tarefas de goberno ao monarca, entreténdoo con diferentes banquetes, corridas de touros e representacións teatrais que eran do seu agrado. Por outra banda, ás grandes festas da Corte, engádense as verbenas, bailes, xogos de cañas, touros, máscaras, etc., coa organización de festexos que tratan de distraer ao pobo dos seus males e embobalo en admiración cara os que poden ordenar tanto esplendor ou diversión gozosa. A festa é un divertimento que despista aos que mandan e aos que obedecen, e a estes e aos outros créalles a ilusión de que inda queda riqueza e poder71. Igualmente foron moi importantes as representacións teatrais que tiñan lugar no Coliseo, na isleta do Estanque Grande ou ben no mesmo Salón de Reinos. Non faltaron tampouco as naumaquias no estanque, de claras reminiscencias romanas, acontecendo estas celebracións en datas determinadas –durante o Carnaval, en san Pedro, san Juan, etc.–, ou esporadicamente, pero resultaban costosísimas. Todo isto fai que o Buen Retiro fora visto polo pobo coma un oasis de luxos, diversións e derroches en medio do empobrecemento e da decadencia da Vila e de todo o Reino72. Os xardíns foron creados como lugar de divertimento do rei, sendo as ermidas e o Estanque Grande os lugares principais nos que se desenvolvían diferentes espectáculos como naumaquias, mascaradas, recepcións ou merendas. Neste contexto de 72 Ariza Muñoz. Los jardines del Buen Retiro. Primera parte…, p. 97. 71 Maravall, J. A. (2012). La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica. Ariel. p. 386. 34 celebracións tiveron gran importancia as ermidas situadas no xardín, dada a función lúdico-mística que presentaban, sendo lugar de recepcións reais e demais tipo de celebracións. Un caso paradigmático é o da ermida de san Pablo, lugar no que inicialmente só habitaban un ou dous ermitáns, un deles cura, o cal aparece nos Arquivos do Buen Retiro73. Sen embargo, entre os anos 1656 e 1667, prodúcese a profanación deste espazo para ser transformado nun lugar de carácter lúdico e profano, convertendo parte dela nun recinto teatral. A súa localización próxima a palacio, no Ochavado, fixo habitual a presencia de cortesáns nas súas inmediacións, o que favoreceu a creación dun ambiente idóneo para as celebracións. Deste xeito, créase un gran vestíbulo que funcionaba coma gran salón da ermida, cuxa fachada se renovou por completo. Tanto o salón como a fachada foron pintadas ao fresco polos cuadraturistas boloñeses Mitelli e Colonna, traídos a España por mediación de Diego de Velázquez durante a súa segunda viaxe a Italia, quenes semellaron arquitecturas finxidas, con temas mitolóxicos como se pode ver no gravado de Meunier (fig. 52). A ermida de san Pablo deixou de ser un lugar afastado e escondido no xardín Ochavado para pasar a ser un centro de ocio e divertimento para a corte. Para isto créase unha enorme praza dianteira en cuxo centro se colocou a coñecida como fonte de Narciso, debido á escultura representando a esta personaxe mitolóxica que coroaba a fonte, xerando un lugar onde poder reunir a toda a corte74. Tamén nesta praza de acceso ao lugar dos festexos da ermida se situou a estatua de Carlos V e o Furor (fig. 53) –actualmente na rotonda do Museo do Prado–, obra de Leone Leoni, que aparece representada na obra de Domingo de Aguirre (fig. 54). Por outra banda, e debido a súa estratéxica localización no paseo que comunica o Estanque Grande co palacio, a ermida de san Bruno acolleu numerosas celebracións. A súa situación próxima ao estanque fixo que, tras a representación de naumaquias, se continuaran os festexos no solar da ermida; hai constancia de que na parte posterior dela situábase unha sala de burlas, onde a través de condutos secretos se mollaba aos espectadores sen que estes se decatasen. Tamén hai constancia da celebración dunha 74 Ascunce. Las Ermitas del Buen Retiro…, p. 21. 73 Durán Cermeño, C. (2002). Jardines del Buen Retiro. Doce Calles. p. 39. 35 festa de aire rústico nas inmediacións, organizadas pola condesa de Olivares durante a celebración do Entroido de 1637, segundo relata Antonio León de Pinelo: “El lunes corrió la fiesta a cargo de la condesa de Olivares, quien la dispuso en la ermita de S. Bruno: consistió en bailes, unha pantomima de boda gallega y una loa del licenciado Francisco de Benavente, cuyos interlocutores eran Manuel Cortizos, guarda de dicha ermita, el veedor y un alabardero tudesco. Hubo también comedia compuesta y estudiada por hijos de vecino”75. Neste mesmo ano tamén se levou a cabo a celebración dunha festa nos xardíns da ermida de san Isidro, igualmente organizada pola condesa de Olivares. A ermida da Magdalena foi o lugar por antonomasia de recepción de personaxes ilustres, sobre todo estranxeiras. Debido á súa cercanía coa entrada a Madrid a través da Porta de Alcalá foi lugar de encontro do rei e os seus visitantes, como a xa mencionada recepción da princesa de Carignano en 1636. Ademais este inmoble foi empregado no Entroido de 1636 por Olivares para celebración dunha mascarada en honra a Felipe IV “... con doce mujeres, recopilado en tres compañías cómicas lo más escogido de las habilidades, tramoyas, bailes, entremeses y comedias de todo el año”76. A ermida de san Antonio dos Portugueses tería dúas funcións profanas. Por unha banda, servir de mirador para a caza no campo grande, grazas á súa situación nunha cota alta con respecto ao nivel do resto de terreo do Buen Retiro, que permitía observar aos animais que se atoparan no cazadero real. Por outra, ao igual que o resto de ermidas, serviu como lugar de festexos do Conde-Duque, como por exemplo, a celebración dun banquete, constatada por Bernardo Monanni, na que os invitados foron vinte e oito militares e se dispuxeron dezaseis mesas con quinientos pratos con comida suficiente para alimentar a setecentas persoas, servindo ata trinta viños diferentes, cos que se fixeron brindis en copas de tamaño excepcional77. 77 Brown y Elliott. Un Palacio para el Rey…, p. 228 76 León Pinelo. Anales de Madrid desde…, p. 310. 75 León Pinelo, A de. (1971). Anales de Madrid desde el año 447 al de 1658. Instituto de Estudios Madrileños. p. 310. 36 Amais das ermidas, as fontes, estanques e canles navegables do Buen Retiro tiveron gran importancia como lugares para divertimento da corte. Xunto cos paseos en falúas e góndolas realizados polos reis, tamén foron relevantes as representacións teatrais que tiveron por escenario o Estanque Grande. Coñecemos, a través da correspondencia entre Bernardo Monanni e Francesco Medici conservada no Archivo Estatal de Florencia, o estreo da obra teatral de Calderón de la Barca “El mayor encanto, amor” no Gran Estanque do Buen Retiro nas festas teatrais de 163578. Para a representación foi o florentino Cosme Lotti o encargado de crear as tremoias e demais elementos do aparato escénico necesarios para a representación. O estreo da obra ía a realizarse na noite de San Juan, unha das datas marcadas no calendario de festexos, pero non foi ate o 29 de Agosto que tivo lugar a representación a causa de diversos aprazamentos relacionados coa guerra franco-española que se estaba a desenvolver. A isleta central coa que contaba o estanque foi revestida de corais e moluscos para a representación da fábula que, xunto coas tremoias creadas por Lotti, fixeron deste un espectáculo único e custosísimo na súa realización, asistindo ao espectáculo segundo nos conta Monanni “le Maestà Loro, Dame, Signori, Ambasciatori, Grandi, Titolati, et tutti quelli che vi furono convitati, o vi poterono entrare”79. Isto indícanos que a representación só se levou a cabo unha vez, xa que o máis normal era que o primeiro día se representase ante os reis, embaixadores e membros da corte; o segundo aos integrantes do Consello e o terceiro ao pobo. Amais, a carta de Monanni indica a propagación dun pequeno incendio que probablemente, xunto co alto custo da escenificación, provocou a única representación desta obra no Estanque Grande. Existe unha maqueta no Museo de Historia de Madrid que representa este acontecemento (fig. 55). Tamén consta a recreación de batallas navais no estanque, como podemos ver no gravado de Meunier (fig. 56). Consérvase documentación sobre o envío dun navío dende Sevilla, denominado “El Santo Rey Don Fernando”, para o estanque do Retiro, e 79 Fragmento tomado de la carta de Bernardo Monanni, del 4 de agosto de 1635, Archivio di Stato di Firenze, Fondo Mediceo, filza 4.960. (Citado en Ulla-Lorenzo, A. (2014). Las fiestas teatrales del Buen Retiro en 1635: el estreno de El mayor encanto, amor de Calderón de la Barca. Revista del Instituto de Lengua y Cultura Españolas, 30(1)). 78 Ocupou o cargo de secretario de varios embaixadores toscanos en España dende a década dos anos 20 ate 1645. 37 “para que nada faltase, tenía dos anclas, seis piezas de artillería encabalgadas y una escala portátil”80. Xunto con isto tamén se celebraban neste lugar espectáculos de luces mediante fogos de artificio, os cales adquirían maior espectacularidade ao reflectirse na auga do estanque, como podemos deducir do entremés de Quiñones de Benavente no que di: “El estanque del Retiro / donde el agua y el fuego / se han hecho amigos”81. Como xa mencionei anteriormente, o Buen Retiro foi quedando á marxe da celebración de eventos ao ser rexeitada como principal residencia real dos sucesivos monarcas españois dende finais do XVII e principios do XVIII. Sen embargo na actualidade o Parque do Retiro goza de gran actividade, acollendo multitude de acontecementos en diversas instalacións. Existe un calendario de actividades e eventos, publicado na páxina web do Concello de Madrid, ubicados no Retiro, sendo tres os lugares predilectos. Por unha banda, e o que ten maior número e diversidade de actividades ao ano, o Centro Cultural Casa de Vacas. Por outra banda no Templete do Buen Retiro organízanse ciclos de concertos musicais. O terceiro lugar é o Teatro de Títeres, no cal se levan a cabo representacións para o público infantil. A zona na que se desenvolven este tipo de actividades correspóndese co espazo acotado dende o século XIX como zona de recreo (fig. 48). En canto ás festas, seguen celebrándose anualmente as festividades de san Juan e san Isidro, patrón de Madrid, levándose a cabo algunhas das actividades programadas no recinto do Buen Retiro, como foi o espectáculo de fogos artificiais tirados dende o Monumento a Alfonso XII. Na actualidade este tipo de eventos, como festas ou espectáculos de fogos, xa non se celebran por mor da conservación do patrimonio. 81 Huertas Vázquez, E. L. (2005). El parque del Buen Retiro: Fiestas Teatrales en el Retiro Calderoniano. Instituto de Estudios Madrileños, (39). p. 226. 80 Gestoso y Pérez, J. (1890). El navío "El Santo Rey D.Fernando" : memorias históricas sevillanas del siglo XVII. Depósito de Investigación Universidad de Sevilla. p. 10. 44 Fig. 2. La Villa de Madrid. Corte de los Reyes Católicos de Espanna. Anónimo, 1622. Instituto Geográfico Nacional. Fig. 3. Proceso de ampliación do cuarto Real de San Jerónimo dende 1630 a Xaneiro de 1633 (segundo Carlier). 45 Fig. 4. Praza principal e dependencias do palacio do Buen Retiro en decembro de 1633 (segundo Carlier). Fig. 5. O palacio do Buen Retiro coas ampliacións de 1634-1640 (segundo Carlier). 46 Fig. 6. Vista del Palacio Real y Jardines del Buen Retiro. Atribuído a Jusepe Leonardo, ca. 1637. Galería de las Colecciones Reales. Fig. 7. El palacio del Buen Retiro. Louis Meunier, 1665-1668. Biblioteca Digital Hispánica. 47 Fig. 8. Madrid. El palacio del Buen Retiro desde el Jardín de la Reina. Biblioteca Digital Miguel de Cervantes. Fig. 9. Templete Chinesco do Xardín do Príncipe do Real Sitio de Aranjuez. Wikimedia Commons. 48 Fig. 10. Góndola napolitana de Carlos II, ca. 1688. Patrimonio Nacional. Fig. 11. O palacio e parque do Buen Retiro no plano de Madrid. Pedro Teixeira, 1656. Instituto Geográfico Nacional. 49 Fig. 12. Ermida de san Juan Bautista no Plano de Teixeira, 1656. Fig. 13. Ermida de Santa María Magdalena no Plano de Teixeira, 1656. Fig. 14. Ermida de san Isidro no Plano de Teixeira, 1656. 50 Fig. 15. Ermida de san Bruno no Plano de Teixeira, 1656. Fig. 16. Ermida de san Pablo no Plano de Teixeira, 1656. Fig. 17. Ermida de san Antonio dos Portugueses no Plano de Teixeira, 1656. 51 Fig. 18. Ermida de san Blas no Plano de Teixeira, 1656. Fig. 19. Esquema de ejes. Ejes negros: principales. Ejes azules: secundarios. En amarillo quedan resaltadas las ermitas del Buen Retiro. Plano base: Plano de Teixeira, 1656. Elena Ortiz-Villajos Torresano, 2021. 52 Fig. 20. Bóveda coa Apoteose da Monarquía Española. Luca Giordano, Giordano, ca. 1697. [Pintura ao fresco, Pintura ao seco]. Museo Nacional del Prado. Fig. 21. Plan général du premier projet pour le palais du Buen Retiro. Robert de Cotte, ca 1712. Biblioteca Nacional de Francia. 53 Fig. 22. Madrid, Buen Retiro: proposition non retenue d'un nouveau palais orienté Est-Ouest. Robert de Cotte, ca. 1712. Biblioteca Nacional de Francia. 60 Fig. 34. O embarcadero de Isidro González Velázquez na obra Embarque Real en el estanque grande del Retiro. [Óleo sobre lienzo]. José Ribelles y Helip, 1819-1820. Museo Nacional del Prado. Fig. 35. Vista actual do Parterre. Google Maps. 61 Fig. 36. Vista del Real Observatorio de Madrid. Isidro González Velázquez, 1879. Biblioteca Digital Hispánica. Fig. 37. Fuente de la Salud del Buen Retiro. Isidro González Velázquez, 1817. Memoria de Madrid. 62 Fig. 38. Fonte da Gruta. Patrimonio Cultural y Paisaje Urbano. Ayuntamiento de Madrid. Fig. 39. Fonte da Alcachofa do Buen Retiro. 63 Fig. 40. Fonte das Galápagos do Buen Retiro. 64 Fig. 41. Fuente del Ángel Caído. Francisco Jareño e Ricardo Bellver, 1877. Memoria de Madrid. Fig. 42. Palacio de Velazquez no Buen Retiro. Ricardo Velázquez Bosco. 65 Fig. 43. Vista aérea do Palacio de Cristal e o seu estanque no Buen Retiro. 66 Fig. 44. Florida Park, antiga Casa do Contrabandista, na actualidade. Fig. 45. Plaza de Mármol del Buen Retiro. Patrimonio Cultural y Paisaje Urbano. Ayuntamiento de Madrid. 67 Fig. 46. Monumento a Alfonso XII. Fig. 47. Embarcadero actual del Buen Retiro. Patrimonio Cultural y Paisaje Urbano. Ayuntamiento de Madrid. 68 Fig. 48. Límite da Zona de Recreo no Plano con puertas y viales: Jardines del Buen Retiro. Ayuntamiento de Madrid. 69 Fig. 49. Parterre Norte de Versailles. Parterres y Caminos. Palacio de Versailles. Fig. 50. Noria de la desaparecida Fábrica de Porcelanas.