Acordo do Consello de Goberno do 24-09-2020, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Interno da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) da USC
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 24 de setembro de 2020 aprobou o Regulamento de Réxime Interno da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS), nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 1 / 23
1 REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA USC (EDIUS) A Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante EDIUS) é a unidade encargada da organización académica e administrativa tanto das actividades relativas aos estudos de doutoramento como da oferta e xestión dos programas de doutoramento da USC. A EDIUS xurde da integración das catro escolas de doutoramento creadas ao abeiro do Decreto 91/2017, do 21 de setembro. CAPÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Lexislación aplicable 1. A EDIUS rexerase polo presente Regulamento, no marco do sinalado no seu Acordo de creación, nos Estatutos da USC, no Regulamento dos estudos de doutoramento da USC e na demais normativa xeral que lle resulte de aplicación. 2. O presente Regulamento é de obrigado cumprimento para toda a comunidade universitaria da EDIUS. Artigo 2. Definición 1. A EDIUS é o centro universitario responsable de organizar, planificar, xestionar, supervisar e realizar o seguimento dos estudos e actividades propias do doutoramento da USC, tanto as organizadas pola propia Escola, como as organizadas polos diferentes programas de doutoramento conducentes á obtención do título oficial de doutora ou doutor. Así mesmo, poderá colaborar na formación de investigadoras ou investigadores con todos os axentes implicados nas actividades de I+D+i na USC e con outros organismos nacionais e internacionais cos que existan acordos de cooperación en materia de investigación e formación de doutoramento. 2. A EDIUS desenvolverá a súa propia estratexia, executando as políticas que emanen dos plans estratéxicos da USC, no eido da excelencia nos estudos de doutoramento e a investigación. 3. A EDIUS realizará as súas actuacións baixo os principios de garantía da calidade na formación de doutoramento, fomento da excelencia na investigación, promoción da colaboración interdisciplinaria e interuniversitaria, e impulso da internacionalización da formación de doutoramento e a I+D+i. Artigo 3. Misión e obxectivos 1. A misión da EDIUS é constituírse nunha estrutura organizativa, académica e administrativa para os estudos de doutoramento da USC, aliñada coas estratexias de formación e investigación desta. 2. A EDIUS terá como obxectivos prioritarios: a) Que as doutorandas e doutorandos reciban unha formación acorde coas estratexias de investigación da USC e a Comunidade Autónoma de Galicia, creando as condicións necesarias para que Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 2 / 23
2 desenvolvan unha investigación de calidade, interese e impacto para a sociedade. b) Que o estudantado de doutoramento acaden a súa inserción laboral grazas a unha formación transversal e unha adquisición de competencias ampla. c) Mellorar a visibilidade e internacionalización dos programas de doutoramento da USC. d) Facilitar as sinerxías entre os distintos programas de doutoramento e as liñas de investigación, favorecendo a interdisciplinariedade. e) Xestionar a participación de entidades alleas á USC nas actividades da EDIUS para mellorar a formación do estudantado de doutoramento e as súas posibilidades de inserción laboral. Artigo 4. Competencias Corresponden á EDIUS as seguintes competencias: a) Planificar e deseñar a estratexia da USC para o desenvolvemento das súas ensinanzas de doutoramento. b) Planificar, coordinar, avaliar e difundir a oferta de estudos de doutoramento da USC. c) Promover a internacionalización das ensinanzas de doutoramento. d) Promover accións de colaboración en materia de I+D+i e de formación de doutoramento con outras entidades externas, tanto públicas como privadas (organismos públicos de investigación ou outros organismos, empresas, fundacións, administracións públicas), no ámbito dos programas de doutoramento, segundo a normativa vixente. e) Impulsar a excelencia dos seus programas de doutoramento, así como a calidade das teses elaboradas no marco destes. f) Planificar e coordinar todos os procedementos do ámbito da súa competencia. g) Planificar, coordinar, difundir e supervisar as actividades formativas de doutoramento. h) Asegurar e realizar o seguimento da calidade dos programas e as teses de doutoramento, establecendo os mecanismos de control necesarios. i) Coordinar e supervisar os procesos de verificación, modificación, seguimento e acreditación dos programas de doutoramento. j) Coordinar os procesos de admisión, cambios de dedicación, prórrogas e baixas do estudantado de doutoramento. k) Asesorar e apoiar os programas de doutoramento e as súas comisións académicas (en adiante CAPD). l) Organizar e xestionar os recursos económicos, materiais e os servizos da súa competencia, así como realizar o seu seguimento e control. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 3 / 23
3 m) Proxectar as súas actividades na contorna socio-económica. n) Informar e, de ser o caso, propoñer a modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal de Administración e Servizos vinculado á EDIUS. ñ) Contribuír á resolución das discrepancias xurdidas nos programas de doutoramento, na EDIUS e na realización das teses de doutoramento. CAPÍTULO II ESTRUTURA ORGANIZATIVA DA EDIUS Artigo 5. Membros da EDIUS Son membros da EDIUS: a) As doutorandas e doutorandos matriculados na USC. b) O persoal docente e investigador que forme parte dos programas de doutoramento. c) O persoal de administración e servizos adscrito á EDIUS. d) Os membros dos distintos órganos de dirección en que se organiza e estrutura a EDIUS. Artigo 6. Estrutura da EDIUS 1. De acordo co artigo 120 dos Estatutos da USC, son órganos de goberno da EDIUS: a) O Comité de Dirección. b) A dirección. c) A secretaría. 2. A EDIUS organízase en catro seccións, correspondentes aos seguintes ámbitos de coñecemento: a) Ciencias e Enxeñarías. b) Artes e Humanidades. c) Ciencias Sociais e Xurídicas. d) Ciencias da Saúde. 3. A EDIUS contará cos seguintes órganos colexiados complementarios dos órganos de goberno: a) As comisións delegadas do Comité de Dirección: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 4 / 23
4 1º A Comisión Executiva da EDIUS. 2º A Comisión Sectorial de Ciencias e Enxeñarías. 3º A Comisión Sectorial de Artes e Humanidades. 4º A Comisión Sectorial de Ciencias Sociais e Xurídicas. 5º A Comisión Sectorial de Ciencias da Saúde. b) A Comisión de Calidade da EDIUS. 4. Así mesmo, contará cos seguintes órganos unipersoais complementarios dos órganos de goberno: a) A subdirección da sección de Ciencias e Enxeñarías. b) A subdirección da sección de Artes e Humanidades. c) A subdirección da sección de Ciencias Sociais e Xurídicas. d) A subdirección da sección de Ciencias da Saúde. 5. A EDIUS contará cun órgano de asesoramento externo, o Comité Consultivo. Artigo 7. O Comité de Dirección 1. A composición do Comité de Dirección da EDIUS é a seguinte: a) A persoa titular da dirección da EDIUS, que o presidirá. b) A persoa titular da secretaría da EDIUS, que o será tamén do Comité de Dirección. c) As catro persoas titulares das subdireccións das seccións da EDIUS. d) As persoas coordinadoras dos programas de doutoramento adscritos á EDIUS. No caso de programas interuniversitarios de doutoramento, incluirase ás persoas coordinadoras dos mesmos na USC. e) Oito representantes do Persoal Docente e Investigador vinculado aos programas de doutoramento adscritos á EDIUS, dous por cada sección, que pertencerán preferentemente a áreas de coñecemento e programas de doutoramento diferentes. f) Unha representación do estudantado de doutoramento matriculado nos programas de doutoramento adscritos á EDIUS, e que suporá o 25% do número total dos membros do Comité de Dirección. A súa distribución será en número semellante para cada sección, pertenecendo preferentemente a áreas de coñecemento diferentes. g) Un representante do Persoal de Administración e Servizos. h) Un máximo de catro representantes das entidades que colaboran coa USC nos seus estudos Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 5 / 23
5 e programas de doutoramento a través de convenios. 2. Para a elección dos representantes mencionados nas líneas e), f) e g) do número anterior, observarase o disposto no Regulamento electoral xeral da USC, debendo efectuarse a devandita elección polos membros dos seus respectivos sectores nunha votación directa e secreta. As persoas electas serán nomeadas pola reitora ou reitor. 3. A designación dos representantes do apartado h) será realizada por proposta do Comité de Dirección da EDIUS de entre o persoal das entidades colaboradoras. 4. Para os efectos de constituír o Comité de Dirección da EDIUS, salvo no caso mencionado na línea h) do número 1, estarán censados na Escola: a) O persoal docente e investigador da USC en servizo activo vinculado aos programas de doutoramento adscritos á EDIUS, nos termos que determina o Regulamento dos estudos de doutoramento da USC. b) As doutorandas e doutorandos matriculados nos programas de doutoramento adscritos á EDIUS. c) O Persoal de Administración e Servizos que desenvolva a súa actividade na EDIUS. 5. Todos os representantes elixibles serano por dous anos, renovables ata un máximo de 8 anos. 6. A condición de membro do Comité de Dirección perderase ao cesar a vinculación coa EDIUS ou ao deixar de cumprir os requisitos requiridos no sector polo cal se foi elixido. 7. Son competencias do Comité de Dirección da EDIUS: a) Elixir á persoa titular da dirección e, de ser o caso, proceder a súa remoción. b) Aprobar o Regulamento de réxime interno, que deberá ser ratificado polo Consello de Goberno da USC, así como o Código de boas prácticas da EDIUS. c) Supervisar a xestión dos restantes órganos de goberno e órganos complementarios da EDIUS. d) Elaborar e aprobar as liñas xerais da política académica da EDIUS, establecendo o seu modo de funcionamento e asegurando o cumprimento da súa misión e obxectivos. e) Promover a implantación, modificación ou extinción das ensinanzas de doutoramento e da súa organización académica, segundo criterios de oportunidade, calidade e sustentabilidade. f) Informar sobre as propostas de novos programas de doutoramento e a modificación ou extinción dos existentes. g) Supervisar as actividades da EDIUS e dos seus programas de doutoramento. h) Organizar os servizos docentes para a obtención dos títulos de doutoramento, así como coordinar e supervisar a actividade docente e de dirección das teses de doutoramento do Persoal Docente e Investigador vinculado á EDIUS, e controlar o cumprimento das súas obrigas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 6 / 23
6 i) Aprobar o Sistema de Garantía Interno de calidade (SGIC) e o Manual de procesos da EDIUS. j) Executar as competencias que o propio SGIC asigna ao Comité de Dirección. k) Determinar os procedementos para presentar, avaliar, defender e cualificar as teses dos programas de doutoramento adscritos á EDIUS. l) Elaborar a proposta de membros do Comité Consultivo. m) Propoñer ou informar sobre a modificación do Regulamento dos estudos de doutoramento da USC, antes da súa aprobación polo Consello de Goberno, do Regulamento de réxime interno e do Código de boas prácticas da EDIUS, así como de cantas normativas e procedementos regulen o funcionamento dos programas e estudos de doutoramento da USC. n) Velar polo cumprimento do Código de boas prácticas da EDIUS e mediar nos conflitos que se presenten no ámbito das súas competencias. ñ) Programar os servizos e equipamentos da EDIUS, e supervisar a súa xestión. o) Distribuír as asignacións orzamentarias concedidas á EDIUS e controlar a súa aplicación. p) Organizar a programación das actividades abertas de formación en investigación da EDIUS, impulsando especialmente as de carácter máis transversal e interdisciplinario, así como estruturar a súa xestión a través dunha unidade específica que contará cun responsable de coordinación da devandita programación, elixido de entre os seus membros. q) Aprobar a memoria anual da EDIUS. r) Designar os membros elixibles da Comisión Executiva e da Comisión de Calidade da EDIUS. s) Calquera outra competencia que se lle atribúa nos Estatutos da USC e no Regulamento dos estudos de doutoramento da USC. Artigo 8. A dirección da EDIUS 1. A persoa titular da dirección da EDIUS representa a Escola, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria, e preside e coordina a actuación do Comité de Dirección, da Comisión Executiva, da Comisión de Calidade e das comisións sectoriais, executando os seus acordos. 2. A persoa titular da dirección será elixida polo Comité de Dirección, consonte o artigo 123.2 dos Estatutos da USC, e nomeada polo reitor ou reitora, por un período de catro anos renovable por unha sola vez, de entre o persoal docente e investigador da EDIUS co título de doutora ou doutor con vinculación permanente á Universidade que reúna a condición de investigadora ou investigador de recoñecido prestixio. Esta última condición acreditarase xustificando a posesión de polo menos tres períodos de actividade investigadora recoñecidos consonte ao Real Decreto 1086/1989, do 28 de agosto, ou, no caso de non resultar de aplicación este criterio de avaliación, deberanse acreditar méritos equiparables ao sinalado. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 7 / 23
7 3. A persoa titular da dirección cesará por decisión do reitor ou reitora, logo do acordo do Comité de Dirección, adoptado por maioría absoluta dos seus membros ou por petición propia. 4. En caso de vacante, ausencia temporal ou enfermidade, a persoa titular da dirección será substituída por unha das persoas titulares das subdireccións, designada previamente por aquela ou, no seu defecto, polo reitor ou reitora. 5. Son competencias da dirección da EDIUS: a) Representar a Escola. b) Dirixir a política académica da EDIUS, velando polo cumprimento da súa misión, obxectivos e funcións. c) Dirixir e realizar a xestión ordinaria da EDIUS, liderando, coordinando e supervisando as actividades desta segundo a estratexia marcada polo Comité de Dirección. d) Presidir as reunións do Comité de Dirección, da Comisión Executiva, da Comisión de Calidade e das comisións sectoriais, así como executar os seus acordos. e) Propoñer ao reitor ou reitora o nomeamento e cesamento das persoas titulares da secretaría e das subdireccións. f) Coordinar os distintos axentes implicados nos estudos de doutoramento, coordinadores dos programas de doutoramento e calquera outro órgano ou servizo con competencias en materia de estudos de doutoramento. g) Velar polo respecto dos dereitos e o cumprimento dos deberes de todos os membros da EDIUS e, en particular, do Código de boas prácticas desta. h) Controlar o cumprimento das obrigas docentes e discentes nos estudos de doutoramento. i) Controlar o axeitado mantemento do patrimonio da EDIUS e xestionar os seus recursos humanos e materiais. j) Autorizar os gastos dentro do orzamento anual da EDIUS. k) Elaborar a memoria anual da EDIUS. l) Exercer as restantes funcións que se deriven do seu cargo, así como aqueloutras que lle atribúan os Estatutos da Universidade ou a lexislación universitaria. 6. As competencias da dirección da EDIUS estenderanse a todos os asuntos concernentes ao goberno e á administración da Escola que non estean atribuídos a outros órganos, sen prexuízo do previsto para a Comisión Executiva no artigo 10.3.ñ). Artigo 9. A secretaría da EDIUS 1. A persoa titular da secretaría da EDIUS dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración da Escola. Na súa condición correspóndelle: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 8 / 23
8 a) A convocatoria das sesións dos órganos colexiados da EDIUS. b) O despacho dos asuntos coa persoa titular da dirección. c) A redacción, autorización e custodia das actas das sesións. d) A expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos ou feitos que consten nos documentos oficiais da EDIUS. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle encomenden a dirección, a lexislación vixente e este Regulamento. 2. A persoa titular da secretaría será nomeada polo reitor ou reitora, por proposta da persoa titular da dirección, de entre o persoal docente e investigador ou o persoal funcionario de administración e servizos dos subgrupos A1 e A2 que preste servizos na EDIUS. 3. A persoa titular da secretaría cesará por decisión do reitor ou reitora, ben logo da proposta da persoa titular da dirección da EDIUS ou ben por petición propia. 4. En caso de vacante, ausencia ou enfermidade, a persoa titular da secretaría será substituída polo membro da EDIUS que determine a persoa titular da dirección. Artigo 10. A Comisión Executiva da EDIUS 1. A EDIUS contará cunha Comisión Executiva para a xestión ordinaria das súas competencias, formada por: a) A persoa titular da dirección da EDIUS, que a presidirá. b) A persoa titular da secretaría da EDIUS, que actuará tamén como secretaria da Comisión Executiva. c) As persoas titulares das catro subdireccións da EDIUS. d) Os oito representantes do Persoal Docente e Investigador no Comité de Dirección da EDIUS mencionados no artigo 7.1.e). 2. A Comisión Executiva encargarase de adoptar as decisións académicas relativas aos programas de doutoramento adscritos á EDIUS no ámbito das súas competencias, para o que poderá solicitar os informes que considere oportunos. 3. No marco do disposto no número anterior, a Comisión Executiva desenvolverá, en particular, as seguintes funcións: a) Autorizar a admisión a trámite das teses de doutoramento. b) Designar e nomear os membros dos tribunais de tese. c) Autorizar a defensa de teses de doutoramento. d) Aprobar a organización, contidos e requisitos mínimos esixibles ás teses de doutoramento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 9 / 23
15 será efectuado polo reitor ou reitora. 7. Nos programas de doutoramento que conten coa colaboración doutros organismos, centros, institucións e entidades con actividades de I+D+i, públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros, poderá formar parte das CAPD o persoal investigador vinculado a eses organismos, sempre que acredite cumprir os mesmos requisitos que o persoal investigador adscrito á USC ou conte con méritos equiparables, no caso de que non lle resulte de aplicación a posesión do período de actividade investigadora. A súa representación na CAPD será como máximo dun membro por cada institución o entidade colaboradora. Artigo 19. Composición das CAPD dos programas de doutoramento interuniversitarios 1. A composición das CAPD dos programas de doutoramento interuniversitarios determinarase mediante acordo dos reitores ou reitoras das universidades participantes ou segundo o indicado no correspondente convenio de colaboración. 2. En todo caso, a composición das CAPD reguladas neste artigo deberá incluír, como mínimo, un membro da USC que cumpra os requisitos establecidos no artigo 18.1. Ademais, deberá nomearse un membro da CAPD que cumpra os requisitos establecidos no artigo 21.2 como coordinador do programa de doutoramento na USC. 3. Para a elección da representación da USC nas CAPD reguladas neste artigo, o profesorado da USC dos distintos ámbitos de investigación do programa elaborará unha proposta cos seus respectivos representantes. Artigo 20. Competencias das CAPD Corresponden ás CAPD as seguintes funcións e competencias: a) Deseñar, organizar, coordinar e propoñer á EDIUS o conxunto de actividades que conforman o programa, incluíndo liñas de investigación, actividades formativas, relación de persoal investigador que asumirá a titoría e a dirección de teses de doutoramento, criterios de admisión e selección dos estudantes, e toda canta información sexa requirida pola USC en cumprimento da normativa vixente. b) Revisar e manter actualizada a información referente ao programa de doutoramento e transmitila á EDIUS nos prazos e polo procedemento establecidos. c) Propoñer ao reitor ou reitora o nomeamento da persoa coordinadora do programa de doutoramento. d) Realizar o proceso de valoración de méritos e admisión dos estudantes no programa de doutoramento, mediante a aplicación dos criterios e dos procedementos de selección establecidos na memoria de verificación, os cales serán públicos. e) Asignarlle un titor ou titora a cada estudante admitido no programa de doutoramento e un director ou directora de tese nos prazos establecidos polo Regulamento dos estudos de doutoramento da USC. f) Valorar as solicitudes de cambio ou renuncia na designación da titora ou titor e da directora Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 16 / 23
16 ou director. g) Establecer, se procede, os complementos específicos de formación que os estudantes de doutoramento deben cursar para ser admitidos no programa de doutoramento. h) Establecer, se procede, os requisitos de formación transversal e de formación específica no ámbito do programa que a doutoranda ou doutorando debe cursar tras ser admitido no programa de doutoramento. i) Supervisar a organización das actividades de formación específicas do programa de doutoramento. j) Realizar anualmente a avaliación do documento de actividades e do desenvolvemento do plan de investigación de cada doutorando ou doutoranda, tendo en conta os informes que para tal efecto deberá emitir a persoa que titoriza a tese e aquela que a dirixe. k) Autorizar as estadías e as actividades en institucións de ensinanza superior ou centros de investigación de prestixio, incluídas as necesarias para a obtención da mención de “Doutoramento Internacional” ou cotutela no título de doutor ou doutora. Estas estadías e actividades deberán contar cun informe previo e ser avaladas pola director ou directora da tese e polo titor ou titora. l) Avaliar a memoria preceptiva para acreditar a relación das teses con mención de “Doutoramento Industrial” cun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental realizados nunha empresa ou administración pública. m) Informar a realización de estudos de doutoramento a tempo parcial no programa de doutoramento, cando proceda. n) Informar, de ser o caso, as prórrogas na duración dos estudos de doutoramento e a concesión de baixas temporais ou definitivas, segundo o disposto no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo cal se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e no Regulamento dos estudos de doutoramento da USC. ñ) Proporcionar asesoramento académico e científico a estudantes de doutoramento, titores e directores de teses. o) Identificar necesidades de atención e orientación das súas doutorandas e doutorandos e transmitilos á dirección da EDIUS para executar as actividades específicas de acollida e orientación que sexan necesarias. p) Formular e aplicar os requisitos de calidade das teses de doutoramento do programa de doutoramento para o seu traslado á memoria de verificación. q) Emitir o informe de autorización de inicio de trámite para a presentación e exposición pública da tese de doutoramento. r) Propoñer os membros dos tribunais de tese. s) Informar o establecemento de convenios específicos do programa de doutoramento con outras universidades ou institucións. t) Elaborar e aprobar anualmente o informe de xestión e o informe de seguimento ou Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 17 / 23
17 acreditación do programa de doutoramento conforme ao SGIC da EDIUS. u) Facer as propostas de modificación ou extinción do programa de doutoramento, que serán remitidas ao órgano competente na USC para a súa valoración. v) Elaborar a memoria para a verificación ou modificación do programa de doutoramento segundo a normativa vixente. w) Contribuír á resolución das discrepancias xurdidas no programa de doutoramento e na realización das teses de doutoramento adscritas ao mesmo. x) Calquera outra función que lle encomende o órgano competente en materia de estudos de doutoramento da USC ou se lle asigne en cumprimento do Regulamento dos estudos de doutoramento da USC e as demais disposicións legais vixentes. Artigo 21. A coordinación do programa de doutoramento 1. Cada programa de doutoramento contará cunha persoa coordinadora, nomeada polo reitor ou reitora por un período de catro anos renovable por unha sola vez, que presidirá a CAPD e a representará no ámbito de investigación ao que pertenza. 2. A CAPD, na primeira sesión ordinaria que celebre logo da súa renovación ou logo do cesamento da persoa coordinadora do programa de doutoramento, proporá ao reitor ou reitora unha nova persoa coordinadora de entre os seus membros que reúnan os seguintes requisitos: a) Ter vinculación permanente coa USC e dedicación a tempo completo. b) Ter dirixido polo menos dúas teses de doutoramento. c) Estar en posesión de, como mínimo, dous períodos de actividade investigadora recoñecidos de acordo co Real Decreto 1086/1989, do 28 de agosto, ou equivalente. 3. No caso de non efectuarse unha proposta de persoa coordinadora pola CAPD, será nomeada persoa coordinadora o membro daquela de maior categoría e antigüidade que cumpra os requisitos establecidos no número anterior. 4. Só se poderá ser persoa coordinadora dun único programa de doutoramento. 5. Nos programas de doutoramento interuniversitarios, a designación da persoa coordinadora efectuarase por acordo dos reitores ou reitoras das universidades participantes ou no modo indicado no correspondente convenio de colaboración. 6. As persoas coordinadoras dos programas de doutoramento cesarán polas seguintes causas: a) Finalización do seu mandato polo transcurso do prazo de catro anos. b) Dimisión. c) Resolución do reitor ou reitora logo de acordo adoptado pola CAPD por maioría absoluta dos seus membros, que incluirá a proposta de nomeamento dunha nova persoa coordinadora. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 18 / 23
18 d) As demais causas legalmente establecidas. 7. A persoa coordinadora poderá delegar o exercicio das súas funcións, baixo circunstancias excepcionais e debidamente xustificadas ante a EDIUS, no membro da CAPD que designe. Artigo 22. A secretaría da CAPD 1. A persoa titular da secretaría da CAPD será nomeada polo reitor ou reitora, por proposta da persoa coordinadora de entre os membros daquela, por un período de catro anos renovable por unha soa vez. 2. No caso de non efectuarse unha proposta de persoa titular da secretaría pola persoa coordinadora, será nomeado como tal o membro da CAPD de menor categoría e antigüidade. 3. A persoa titular da secretaría é a encargada de dar fe dos actos e acordos da CAPD. Na súa condición correspóndelle: a) A convocatoria das sesións da CAPD por orde da persoa titular da presidencia. b) O despacho dos asuntos coa persoa titular da presidencia. c) A redacción, autorización e custodia das actas das sesións. d) A expedición das certificacións das consultas, ditames, acordos aprobados e de todos os actos que consten nos documentos oficiais da CAPD. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle delegue a persoa coordinadora do programa de doutoramento ou lle atribúa a demais normativa aplicable. 4. A persoa titular da secretaría cesará por decisión do reitor ou reitora, ben logo da proposta da persoa coordinadora da CAPD, ben por petición propia ou por calquera das demais causas legalmente establecidas. 5. En caso de ausencia da persoa titular da secretaría nunha sesión da CAPD, a presidencia designará a outro membro do órgano para que actúe como secretario ou secretaria accidental. CAPÍTULO IV RÉXIME DE XUNTANZAS DOS ÓRGANOS COLEXIADOS DA EDIUS Artigo 23. Convocatorias e sesións 1. A asistencia ás xuntanzas dos órganos colexiados da EDIUS constitúe un dereito e un deber para todos os seus membros. Para o cumprimento destas funcións procurarase a menor interferencia nas obrigas docentes programadas. Cando a natureza dos asuntos o requira, poderase invitar a outros membros da comunidade universitaria con voz pero sen voto. 2. Os órganos colexiados da EDIUS serán presididos pola persoa titular da dirección da Escola e, en caso de ausencia, esta será substituída, para esa sesión, polo membro de superior categoría e antigüidade. En caso de ausencia ou vacante da persoa titular da secretaría do órgano colexiado, esta Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 19 / 23
19 será substituída, para esa sesión, polo membro do órgano que determine a presidencia. 3. Todos os órganos colexiados poderán celebrar as súas sesións, adoptar acordos e remitir actas tanto de forma presencial como a distancia. Facilitarase que os membros dos órganos colexiados participen nas xuntanzas mediante videoconferencia. Nas sesións que celebren os órganos colexiados a distancia, os seus membros poderán atoparse en distintos lugares, a condición de que se asegure por medios electrónicos a identidade dos membros e o contido das súas manifestacións, o momento en que estas se producen, así como a interacción e comunicación entre eles en tempo real, e a dispoñibilidade dos medios durante a sesión. Considéranse medios válidos os telefónicos, o correo electrónico e os medios audiovisuais. En todo caso, para cada sesión a presidencia determinará que medios técnicos non presenciais se poderán utilizar para garantir a interacción de todos os membros nesa reunión. 4. Os órganos colexiados da EDIUS reuniranse por iniciativa da persoa titular da presidencia ou por pedimento dun terzo dos seus membros. 5. As convocatorias dos órganos colexiados da EDIUS serán enviadas aos seus membros cun mínimo de dous días naturais de antelación por correo electrónico, xunto coa orde do día redactada pola persoa titular da secretaría, co visto e prace da persoa titular da presidencia. Xuntarase á convocatoria toda a documentación necesaria para a información dos membros do órgano, ben a través do correo electrónico, ben a través do repositorio institucional. 6. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, agás que estean presentes todos os membros do órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto co voto favorable da maioría. 7. O Comité de Dirección da EDIUS celebrará, polo menos, tres sesións ordinarias durante o curso académico en período lectivo. Artigo 24. Réxime de adopción de acordos 1. Para a validez da constitución dos órganos colexiados da EDIUS será necesaria a presenza de, polo menos, a metade dos seus membros, en primeira convocatoria, mais as persoas titulares da presidencia e a secretaría, o quen legalmente as substitúan. De non reunirse o quórum suficiente na primeira convocatoria, o órgano colexiado constituirase en segunda convocatoria, media hora despois, sempre que participen polo menos un 30% dos seus membros, incluídas as persoas titulares da presidencia e a secretaría, ou quen legalmente as substitúan. 2. As sesións ordinarias dos órganos colexiados da EDIUS iniciaranse, de ser o caso, co informe da persoa titular da presidencia. Seguidamente, pasarase ao exame, debate e, de ser o caso, votación dos puntos establecidos na orde do día da convocatoria. 3. Corresponderá á presidencia establecer a orde de intervencións e moderar o debate, conceder e retirar a palabra, e precisar os termos ou propostas obxecto de votación. No exercicio da devandita competencia, poderá establecer unha orde pechada de intervencións e asignar tempos determinados a cada unha delas, garantindo, polo menos, un dereito de réplica por alusións. 4. Os acordos dos órganos colexiados poderanse adoptar por asentimento ou mediante Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 20 / 23
20 votación. En casos xustificados e por petición dun dos membros do órgano, a votación poderá ser de forma secreta. 5. Non se admitirá a delegación de voto nin o voto anticipado dos membros do órgano. 6. Para ser válida a adopción de acordos, deberase acadar o quórum establecido. Os acordos serán adoptados por maioría de votos, agás nos casos en que a normativa aplicable esixa unha maioría cualificada. Nas votacións en que se produza empate, a persoa titular da presidencia poderá exercer o voto de calidade ou aprazar o tema de que se trate. 7. Os acordos dos órganos colexiados da EDIUS serán executados pola persoa titular da dirección desta e os acordos das CAPD serán executados pola persoa coordinadora do correspondente programa de doutoramento. 8. O réxime de recursos administrativos contra as decisións dos órganos será o establecido no artigo 73 dos Estatutos da USC. Artigo 25. Actas 1. De cada sesión que celebren os órganos colexiados da EDIUS, a persoa titular da secretaría, ou quen a substituíse na sesión, levantará unha acta que especificará necesariamente os asistentes, a orde do día da xuntanza, as circunstancias de lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais das deliberacións e o contido dos acordos adoptados. 2. Na acta figurará, á solicitude dos respectivos membros do órgano colexiado, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifiquen ou o sentido do seu voto. Así mesmo, calquera membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que achegue no acto, ou no prazo que sinale a presidencia do órgano, o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar na acta ou xuntándose copia a esta. 3. Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular voto particular por escrito, no prazo de dous días, que se incorporará ao texto aprobado. 4. As actas, asinadas pola persoa que actuase como secretaria da sesión e co visto e prace da presidencia, serán enviadas por correo electrónico aos membros do órgano colexiado, entendéndose aprobadas na mesma sesión á que se refiren, se aqueles non formulan reparos no prazo que se estableza para o efecto. De formularse reparos á acta, esta será sometida á consideración do órgano colexiado, xunto coas alegacións presentadas, na seguinte sesión ordinaria que se celebre. 5. Nas certificacións de acordos adoptados emitidas con anterioridade á aprobación da acta farase constar expresamente tal circunstancia. CAPÍTULO V A REFORMA DO REGULAMENTO Artigo 26. Iniciativa O presente Regulamento pode ser reformado por proposta da persoa titular da dirección da Escola, por proposta do Consello de Goberno ou por solicitude dun 25% dos membros do Comité de Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 21 / 23
21 Dirección. Artigo 27. Procedemento O proxecto de reforma do Regulamento será sometido ao Comité de Dirección para a súa aprobación pola maioría absoluta dos seus membros. Artigo 28. Aprobación No caso de que o proxecto de reforma do Regulamento fose aprobado polo Comité de Dirección, será remitido ao Consello de Goberno da USC para a súa ratificación. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Disposición adicional primeira. Desenvolvemento do Regulamento Corresponderá ao Comité de Dirección da EDIUS o desenvolvemento de cantas disposicións non previstas neste Regulamento sexan necesarias para a súa aplicación. Disposición adicional segunda. Normativa aplicable En todo o non disposto no presente Regulamento de Réxime Interno aplicarase o establecido no Regulamento dos estudos de doutoramento da USC, nos Estatutos da USC e na lexislación xeral universitaria vixente. Disposición adicional terceira. Aplicación do capítulo IV ás CAPD Os artigos 23, 24 e 25 serán de aplicación ás CAPD e poderán complementarse con outras disposicións aprobadas por estas, logo de informe dos órganos competentes da EDIUS. DISPOSICIÓN DERRADEIRA Disposición derradeira única. Entrada en vigor O presente Regulamento, unha vez aprobado polo Consello de Goberno, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no taboleiro electrónico da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 22 / 23
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29/09/2020 09:50:04. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28/09/2020 17:44:53. CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/CE87-7E10-45BB-BAAF Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: CE87-7E10-45BB-BAAF 23 / 23