scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Guía de axuda para a formalización da solicitude de avaliación da calidade investigadora á CNEAI

Universidade de Santiago de Compostela. Biblioteca Universitaria

Abstract

A presente guía explica os pasos a seguir para presentar a solicitude de avaliación da actividade investigadora á "Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora" (CNEAI)

Full text

Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.1 Guía de axuda para a formalización da solicitude de avaliación da calidade investigadora á CNEAI 1. Ruta de acceso web 2. Índice da solicitude 3. Datos do solicitante 1 4. Datos do solicitante 2 5. Tramo de avaliación único 6. Tramos de avaliación normal 7. Tipos de aportación 8. Sinatura 9. Confirmación e presentación da solicitude 10. Incidencias Prazo de presentación  Do 07 de decembro de 2016  Ata o 17 de xaneiro de 2017 Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.2 1. Ruta de acceso web 1. Sede electrónica 2. Trámites e Servizos 3. Para profesorado, investigadores e titulados universitarios 4. Profesorado de enseñanzas universitarias, investigadores e con titulación universitaria 5. Convocatoria Sexenios Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora (Convocatoria 2016) 6. Formulario de solicitude e consulta de solicitudes 7. Iniciar nova/Modificar solicitude Para participar neste trámite cómpre estar rexistrado na sede electrónica do Ministerio de Educación con DNI ou NIE. Hai diferentes posibilidades: - Usuario rexistrado en Cl@ve. - Usuario con certificado dixital: deberá acceder a través de Cl@ve onde se poderá autenticar. - Usuario rexistrado (accederá co DNI e contrasinal). - Usuario non rexistrado. Pulse o botón "Rexistrarse" e siga as instrucións. - Incidencias: usuario rexistrado con anterioridade, pero con problemas de acceso. Pulse o botón "Axuda" e siga as instrucións. Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.3 A primeira vez que accedamos deberemos premer en “Nueva solicitud” e ir introducindo os datos solicitados no formulario. Só se permitirá xerar unha solicitude por participante. Na pantalla inicial veremos a nosa listaxe de solicitudes (neste caso unha soa), e nos informará do seu estado actual e as diferentes accións que podemos realizar sobre ela. Estas accións irán cambiando en función do estado da solicitude. A solicitude créase co estado “En borrador”, o que implica que podemos modificala cantas veces queiramos e en periodos temporales diferentes. De feito a sesión expira a miúdo, polo que cómpre gardar os cambios con frecuencia para non perder os datos. 2. Índice da solicitude A maneira máis sinxela de coñecer o contido da nosa solicitude é mediante o índice situado na parte superior esquerda da páxina. Seguintes accesos 1ª vez Navégase picando sobre o número da páxina Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.4 3. Datos do solicitante 1 Os campos obrigatorios están marcados con asteriscos, se falta algún campo ou hai erros, o sistema lanzará unha advertencia para corrixilo:  Se hai erros, implica que os datos introducidos non son correctos, ben pola súa propia definición ou en relación con outros campos. Neste caso non permite gardar, nin navegar ata que se solucione o problema. Aparecen sobre un fondo rosado.  Tamén poden aparecer mensaxes (sobre un fondo amarelo), indicando que certos datos son obrigatorios para confirmar a solicitude, pero permítennos gardar e navegar. Ao pulsar sobre a Axuda abrirase unha xanela na que aparecerá a información existente sobre o campo. Os datos de dirección énchense mediante un tipo especial de campo denominado buscador. Ao pulsar sobre o botón Buscar ábrese unha nova pantalla que vai permitir filtrar os resultados. Para pasar o valor ao campo correspondente, pulsaremos en Aceptar (algúns destes campos están relacionados entre si, como provincia e localidade, p. ex.) Os datos de comunicación/notificación utilízanse para poñerse en contacto con vostede, é importante comprobar que estan ben informados e que son de acceso habitual. Para completar a páxina é imprescincible engadir o tipo de convocatoria, xa sexa ordinaria ou de convenio. Elixa a súa e prema en “Añadir tipo de convocatoria” Pódese volver ao índice premendo aquí Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.5 Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.6 4. Datos do solicitante 2 Cómpre ter preparados estes documentos antes de acceder á aplicación, xa que a sesión expira con frecuencia (perderase o non gardado) Tamén se debe empregar o buscador para engadir a área de coñecemento e o campo polo que se desexa ser avaliado Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.7 5. Tramo de avaliación único (sempre que exista) Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.8 6. Tramos de avaliación normal Poderanse incorporar ata 5 tramos de avaliación normal ou ordinaria. As validacións entre tramos refírense sempre aos anos comprendidos en cada un. Deben completarse os tramos en orde cronolóxica, por iso non se permite incorporar un novo tramo ata que non se cumprimentou o primeiro e último ano do tramo anterior. Ao incorporar un novo tramo indícase en que páxina se creou. É necesario incorporar, polo menos, un tramo de avaliación con polo menos unha aportación. Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela Páx.9 7. Tipos de aportación  Aportación artículo  Aportación libro  Aportación patente  Aportación de tipo extraordinario  Aportación de tipo varios Cada aportación irá acompañada dun «breve resumo», co máximo que establece a aplicación telemática (4000 caracteres), que conteña os obxectivos e resultados máis sobresaíntes da investigación. Poderanse substituir os resumos individualizados por un só que se refira a todas elas. (Art. 3.1) Cómpre telos preparados nun documento de texto (sen formato) do que copiar e pegar, xa que facelo desde un pdf ou da web pode dar erros (ver apartado de incidencias) Cada solicitante poderá incluir ata dúas aportacións substitutorias debidamente referenciadas e identificadas como tais, que poidan remprazar a outras tantas das presentadas en primeiro termo e que o proceso de avaliación poida considerar de calidade insuficiente para alcanzar a puntuación mínima requirida. (Art. 3.1) Pode eliminar a aportación premendo aquí O ficheiro xustificativo debe conter o artigo completo. O tamaño máximo admitido para este arquivo é 1 Mbyte. No caso de superar o tamaño permitido, achegue só a primeira e última páxina. Este ano o ficheiro xustificativo é opcional. O campo DOI non é obrigatorio porque non todas as aportacións van ter DOI, mais é recomendable poñelo sempre que o teñan, xa que axuda á identificación unívoca do documento na web.