Resolución reitoral do 09-12-2022 de delegación de competencias do Servizo de Xestión Académica
Full text
RESOLUCION REITORAL DO 09/12/2022 SOBRE DELEGACION DAS COMPETENCIAS DO SERVIZO DE XESTIÓN ACADÉMICA DA USC Na Resolución do 21 de abril de 2022 pola que se delegan competencias en determinados órganos universitarios publicada no DOG do 26 de abril de 2022 figura no seu apartado décimo cuarto unha delegación en favor da xefatura do Servizo de Xestión Académica. Tendo en conta que con efectos do 08 de decembro de 2022 a praza de xefe de servizo quedou vacante e que as súas funcións serán asumidas de forma provisoria por Dna. Noelia Prol Vázquez, xefa dA Sección de Admisión e Xestión do Servizo de Xestión Académica mediante Resolución da Xerencia do 05 de decembro de 2022, procede que se dicte a presente Resolución para que as funcións delegadas ao xefe do Servizo de Xestión Académica sexan exercidas pola xefa da Sección de Admisión e Xestión en tanto se manteñan estas circunstancias. Á vista do anterior, esta Reitoría RESOLVE Primeiro.- As competencias delegadas ao xefe de Servizo de Xestión Académica mediante a Resolución Reitoral do 21 de abril de 2022 serán asumidas dende o 09 de decembro de 2022 pola xefa de Sección de Admisión e Xestión do Servizo de Xestión Académica durante o tempo no que se manteña a asunción temporal de funcións deste posto. Segundo.- Nas resolucións que se diten en virtude desta resolución de delegación farase constar unha referencia tanto á presente resolución como á Resolución xeral de delegación e consideraranse ditadas polo órgano delegante. Disposición derrogatoria.- Esta resolución derroga a do 29 de abril de 2022 sobre delegación das competencias do Servizo de Xestión Académica. Disposición final.- Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Taboleiro de anuncios electrónico da USC. O Reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5135-50E8-4C1B-8E79 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5135-50E8-4C1B-8E79 1 / 2
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 09/12/2022 15:14:03. CSV: 5135-50E8-4C1B-8E79 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5135-50E8-4C1B-8E79 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5135-50E8-4C1B-8E79 2 / 2