Autora: Josefa Moledo Barreiros Titora: Ana Vázquez Rodríguez Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica Facultade de Ciencias da Educación Xullo 2023 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Educación Social Traballo de fin de grao
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica Intervención socioeducativa en personas con adicciones desde la Educación Social: una aproximación a la realidad de una Comunidad Terapéutica Socio-educational intervention in people with addictions from Social Education: an approach to the reality of a Therapeutic Community
Agradecementos Gustaríame dedicar unhas liñas neste documento para expresar o meu máis sincero agradecemento a todas aquelas persoas que, dalgunha forma, fixeron posible a consecución deste traballo. En primeiro lugar, agradecer especialmente ao equipo de Educadores/as Sociais da Comunidade Terapéutica obxecto de estudo, pola súa colaboración e dedicación nesta investigación. A súa participación foi fundamental para a materialización da mesma e, o seu compromiso e a súa profesionalidade, foron unha fonte de inspiración para min e enriqueceron enormemente esta investigación. Ao mesmo tempo, dar as grazas á persoa coordinadora destes/as profesionais, pola súa amabilidade e disposición á hora de facilitarme o contacto con estes/estas profesionais. En segundo lugar, á persoa que me titorizou este traballo, a Profa. Dra. Ana Vázquez Rodríguez, pola súa valiosa orientación e tempo dedicado, facéndome sentir apoiada durante todo o proceso de elaboración do mesmo. As súas correccións e suxerencias foron fundamentais para o perfeccionamento deste estudo.
Índice Resumo ....................................................................................................................... 3 Introdución .................................................................................................................. 8 1. Fundamentación teórica. Unha aproximación ao ámbito das adiccións ......... 9 1.1. As adiccións: conceptualización, características e tipoloxía .......................... 10 1.2. As adiccións a substancias: prevalencia de consumo na poboación española e complexidade dos perfís ......................................................................................... 11 1.3. O consumo abusivo de substancias. Efectos asociados ............................... 13 1.4. Exclusión social e estigma. O xénero como factor decisivo das adiccións .... 14 1.5. O rol da Educación Social na intervención socioeducativa no ámbito das adiccións ................................................................................................................. 16 1.6. A Comunidade Terapéutica como dispositivo asistencial para o tratamento das adiccións con substancias. A resposta da Educación Social ................................... 18 2. Metodoloxía ........................................................................................................ 22 2.1. Participantes ................................................................................................. 24 2.2. Instrumento................................................................................................... 24 2.3. Procedemento .............................................................................................. 26 3. Resultados e discusión ..................................................................................... 27 3.1. O perfil do equipo profesional da Educación Social e do colectivo da CT ..... 28 3.2. As funcións do equipo profesional da Educación Social na intervención socioeducativa co colectivo da CT .......................................................................... 30 3.3. A figura do e da profesional da Educación Social nas adiccións ................... 36 Conclusións .............................................................................................................. 40 Referencias bibliográficas ....................................................................................... 43 Anexos....................................................................................................................... 48
Resumo As Comunidades Terapéuticas (CT) son unha das principais institucións de reinserción das persoas con adiccións, espazos nos que presenta unha especial relevancia a Educación Social. Neste senso, o obxectivo principal da investigación é estudar as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos/das Educadores/as Sociais nunha CT. Con este propósito, desenvolverase un traballo de iniciación á investigación de campo, seguindo unha metodoloxía cualitativa centrada nun estudo de caso, dándolle voz ao equipo de profesionais por medio de entrevistas semiestruturadas. Os resultados indican que a Educación Social é vital nas CT por tratarse dunha disciplina pedagóxica centrada na mellora da calidade de vida do individuo, nas súas necesidades e dereitos, cun apoio integral e constante inmensurable que permitirá a súa incorporación na sociedade. Ese labor vese potenciado pola súa pericia e concienciación sobre a necesidade da intervención socioeducativa neste ámbito, así como polo traballo coordinado no equipo interdisciplinar, fundamental no éxito das actuacións. En conclusión, pola idoneidade da súa figura, é necesario emprender liñas de investigación futuras orientadas a recoñecer e optimizar a súa práctica profesional. Palabras chave: Intervención socioeducativa, adiccións, Educación Social, Comunidade Terapéutica, integración social.
Resumen Las Comunidades Terapéuticas (CT) son una de las principales instituciones de reinserción de las personas con adicciones, espacios en los que presenta una especial relevancia la Educación Social. En este sentido, el objetivo principal de la investigación es estudiar las intervenciones socioeducativas con personas con adicciones desde el rol de los/las Educadores/as Sociales en una CT. Con este propósito, se desarrolla un trabajo de iniciación a la investigación de campo, siguiendo una metodología cualitativa centrada en un estudio de caso, dándole voz al equipo de profesionales por medio de entrevistas semiestructuradas. Los resultados indican que la Educación Social es vital en las CT por tratarse de una disciplina pedagógica centrada en la mejora de la calidad de vida del individuo, en sus necesidades y derechos, con un apoyo integral y constante inmensurable que permitirá su incorporación en la sociedad. Esa labor se ve potenciada por su pericia y concienciación sobre la necesidad de la intervención socioeducativa, así como por el trabajo coordinado en el equipo interdisciplinar, fundamental para el éxito de las actuaciones. En conclusión, por la idoneidad de su figura, es necesario emprender líneas de investigación futuras orientadas a reconocer y optimizar su práctica profesional. Palabras clave: Intervención socioeducativa, adicciones, Educación Social, Comunidad Terapéutica, integración social.
Abstract Therapeutic Communities (TC) are one of the main institutions for the reintegration of people with addictions, spaces in which Social Education has a special relevance. In this sense, the main objective of the research is to study the socio-educational interventions with people with addictions from the role of the Social Educators in a TC. With this purpose, a field research initiation work is developed, following a qualitative methodology focused on a case study, giving voice to the team of professionals through semistructured interviews. The results indicate that Social Education is vital in TCs because it is a pedagogical discipline focused on improving the quality of life of the individual, their needs and rights, with a comprehensive and constant immeasurable support that will allow their incorporation into society. This work is enhanced by their expertise and awareness of the need for socio-educational intervention, as well as by the coordinated work in the interdisciplinary team, fundamental for the success of the actions. In conclusion, due to the suitability of their figure, it is necessary to undertake future lines of research aimed at recognizing and optimizing their professional practice. Keywords: Socio-educational intervention, addictions, Social Education, Therapeutic Community, social integration.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 8 Introdución As adiccións son unha problemática social que está a adquirir un auxe significativo a nivel mundial. Aínda máis, as persoas que se inician nos consumos o fan, cada vez a idades máis temperás (Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas [DGPNSD], 2022). Así, o impacto na súa vida é aínda maior, xerando profundas consecuencias que transcenden á persoa consumidora, incidindo no seu entorno próximo e na sociedade en xeral. Ante esta situación, xorde unha gran preocupación social ao redor das adiccións, mais sen unha verdadeira conciencia sobre a enfermidade, posto que hoxe en día seguen vixentes moitos prexuízos arcaicos sobre o colectivo, que redundan na súa situación inalterábel de exclusión social. Trátase, sen dúbida, dunha realidade complexa que pode afectar a calquera individuo ao longo da súa vida. Asemade, a natureza multifactorial e multidimensional das adiccións precisa dun traballo interdisciplinar para a súa atención integral, no que a figura da Educación Social se volve capital de cara ao proceso de integración social deste colectivo. Non soamente por tratarse dun ámbito de intervención propio destes e destas profesionais, senón pola constancia dos beneficios que aporta o seu labor no proceso terapéutico das persoas con adiccións, ao desenvolveren unha función de acompañamento e apoio crucial no seu percorrido vital; ofrecendo, ademais, unha visión diferente e non estigmatizante das adiccións, que marcará a diferenza na vida de moitas persoas. Neste senso, no marco do presente Traballo de Fin de Grado (TFG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), configúrase unha investigación cuxo obxectivo principal é estudar as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos e das Educadores/as Sociais nunha Comunidade Terapéutica (CT), indagando nas aportacións da Educación Social ao tratamento rehabilitador dos e das usuarios/as. Por conseguinte, ten un firme vínculo coa modalidade de iniciación á investigación de campo, na que se combina a visión teórica con información empírica, permitindo obter un enfoque integral e detallado para coñecer esta realidade. Con este propósito, séguese unha metodoloxía cualitativa centrada nun estudo de caso dunha CT de referencia en Galicia. Con máis precisión, este estudo enmárcase no ámbito da “Educación para a mediación, a inclusión social e a diversidade”, en concreto, no das adiccións, por tratarse dun ámbito profesionalizante e de intervención propio da Educación Social (Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia [CEESG], 2017). De aí a necesidade de reivindicar a súa figura neste campo, podendo facelo o equipo de profesionais, con voz propia, por medio das entrevistas semiestruturadas.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 9 Así, a confección deste traballo constitúe unha oportunidade única para fomentar e afianzar múltiples competencias esenciais para a formación, sendo de necesaria identificación, ademais da totalidade das competencias básicas do Grao de Educación Social da USC (Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, 2022), as xerais, que inclúen: o coñecemento e comprensión dos fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o meu campo formativo e profesional, neste caso, o ámbito das adiccións; a capacidade de análise da realidade na que se desempeña o labor profesional dos e das Educadores/as Sociais, por medio da revisión bibliográfica e do traballo de campo; a aplicación dos coñecementos teóricos e metodolóxicos para a planificación e avaliación de intervencións educativas; e a promoción de accións socioeducativas no contexto comunitario das CT, grazas á investigación neste eido profesional. Finalmente, indicar que a estruturación deste traballo se fundamenta na normativa da USC e da APA 7th edición, ademais de axustarse á modalidade da investigación. Así, inclúese o previo resumo e a presente introdución, á vez que se expón unha fundamentación teórica sobre as adiccións, prestando especial atención ás adiccións con substancias, poñendo o foco no rol da Educación Social na intervención socioeducativa neste ámbito, en especial, no dispositivo asistencial da CT. Seguidamente, descríbese a metodoloxía empregada na investigación, onde se inclúe información sobre os e as participantes, o instrumento e o procedemento de recollida e análise de datos. Posteriormente, preséntanse os resultados e a discusión sobre a intervención socioeducativa na CT dende a resposta da Educación Social. Finalmente, expóñense as conclusións do estudo, onde se incorporan os principais resultados logrados, as súas limitacións e liñas de investigación futuras, ademais das competencias desenvoltas no Grao en Educación Social, seguidas polas referencias bibliográficas que serviron de soporte á investigación e dos anexos que complementan o traballo. 1. Fundamentación teórica. Unha aproximación ao ámbito das adiccións Para iniciarmos é preciso achegarse ás bases teóricas e epistemolóxicas no ámbito das adiccións mediante unha revisión da literatura científica a fin de realizar unha abordaxe holística das adiccións e das súas características básicas. Asemade, é preciso proceder cunha análise da prevalencia do consumo de substancias co gallo de distinguir o perfil do colectivo e da súa percepción social, mais facendo fincapé na perspectiva de xénero como factor condicionante das adiccións. Por último, cómpre reflectir o rol fundamental da Educación Social na prevención de adiccións, o que complementa a vinculación que ten este perfil profesional, particularmente no dispositivo asistencial da CT, para dar unha resposta axeitada ao tratamento das adiccións con substancias.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 16 un descoñecemento das estatísticas reais de mulleres adictas e unha falta de oportunidades para a atención e tratamento orientadas ás súas necesidades (Cantos et al., 2016). 1.5. O rol da Educación Social na intervención socioeducativa no ámbito das adiccións A presenza da Educación Social no eido das adiccións é transcendental e obedece a distintos niveis de consideración. Para comezar, cómpre poñer de manifesto os modelos que fundamentan a intervención no campo das adiccións: o biomédico e o biopsicosocial. O primeiro opta por unha visión reducionista da adicción como unha enfermidade cerebral, mentres que o segundo repara na importancia dos factores psicolóxicos, sociais e biolóxicos, non só no contexto da enfermidade, senón tamén na percepción que se ten sobre a mesma (Asociación Proyecto Hombre, 2015). Deste xeito, dentro do modelo biopsicosocial, o compoñente biolóxico trata de comprender como a raíz da adicción provén do funcionamento do organismo; o psicolóxico, busca as causas desta natureza, como a falta de autocontrol ou o desorde emocional, entre outras; e, á vez, o social, examina como diversos factores, caso do status socioeconómico, a pobreza ou a cultura poden influír na conduta aditiva (Asociación Proyecto Hombre, 2015). Esta perspectiva holística da adicción onde se presta atención á dimensión social, ábrelle as portas ó labor da Educación Social neste ámbito, permitíndolle aportar dende a súa área de coñecemento unha visión socializadora da problemática, fundamental na rehabilitación e inclusión social dos e das afectados/as (Sixto-Costoya & Olivar, 2018). A maiores, evidénciase a relación entre esta disciplina e o ámbito das adiccións a través da propia definición da profesión do CEESG (2021). Así, a Educación Social é un dereito da cidadanía que se concreta nunha profesión pedagóxica que crea contextos educativos e accións de mediación e formación que permiten a incorporación do individuo á sociedade e a promoción cultural e social, perseguindo así a mellora da calidade de vida das persoas. Asemade, sinálase que o equipo de profesionais poden desenvolver o seu labor en diferentes ámbitos, entre eles, as adiccións, velando pola atención das necesidades, potencialidades e expectativas especialmente nas persoas cunha situación vulnerable. Non obstante, débese ter en consideración que a figura do e da Educador e Educadora Social pode desempeñar o seu labor no ámbito das adiccións dende a prevención, o tratamento ou a reinserción, mais en calquera destas áreas debe ser capaz de poñer en práctica unha serie de competencias profesionais para a acción socioeducativa. A tal efecto, a Asociación Internacional de Educadores Sociales (AEIJI, 2011), apunta que estas competencias responden a dúas dimensións fundamentais (ver Figura 3).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 17 Figura 3 Competencias profesionais para a acción socioeducativa dos e das Educadores/as Sociais Nota. Elaboración propia a partir da AEIJI (2011). Este conxunto de competencias adquiridas durante a formación inicial e posterior no desempeño laboral, posibilitan a asunción de múltiples funcións. Entre elas, cabe especificar as vinculadas, de xeito específico, co eido das adiccións (ver Figura 4). Figura 4 Funcións da Educación Social no ámbito das adiccións Nota. Elaboración propia a partir do CEESG (2017). Á vista da Figura 4, contémplase a importancia dunha atención individualizada ás adiccións en liña coa óptica do modelo biopsicosocial, xa que se trata dunha realidade complexa e multidimensional na que poden intervir factores individuais, familiares, sociais e/ou comunitarios. Así, reafírmase a idoneidade do traballo da Educación Social nas adiccións, pois ademais de ser este un ámbito de desenvolvemento propio da profesión, tamén o son outros que poden xogar un papel clave na rehabilitación deste colectivo. Entre eles, segundo
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 18 o CEESG (2017), cómpre destacar a intervención socioeducativa con familias; o sociolaboral, animación cultural e xestión cultural; a educación para a saúde e saúde mental; e a igualdade. Asemade, no marco do modelo biopsicosocial, a Asociación Proyecto Hombre (2015) defende que debe ser a persoa a protagonista do seu proceso cunha postura activa. Á vez, enuncia que a metodoloxía de tratamento que se levará a cabo tomará como base certos valores como: o respecto, a confianza, a responsabilidade, a colaboración, a comunicación, o intercambio ou a flexibilidade. Xa que logo, indubidablemente, malia existir unha estrutura estándar das sesións, cómpre ter flexibilidade para reaxustar as actuacións perante ás demandas e necesidades dos usuarios e das usuarias, así como realizar o seu seguimento. Para finalizar, resulta substancial facer mención ás calidades que deberían posuír os e as profesionais da Educación Social que desenvolvan o seu labor neste ámbito, na medida en que teñen gran peso na rehabilitación do colectivo. Así pois, apoiándonos en Lacruz (2015) convén salientar as seguintes: tolerancia e respecto; autocontrol emocional; asertividade; integridade e autocrítica; empatía e confianza; escoita activa; entusiasmo; tolerancia á frustración e manexo do estrés; resiliencia; e capacidade de traballo en equipo, entre outras. 1.6. A Comunidade Terapéutica como dispositivo asistencial para o tratamento das adiccións con substancias. A resposta da Educación Social En España, as Comunidades Autónomas (CCAA) contan cun amplo abanico de centros e recursos de atención ás adiccións, tendo cada unha delas competencias para organizar, implementar e avaliar os servizos proporcionados (Ministerio de Sanidad, 2020). Por conseguinte, de aquí en diante o foco de atención disponse no dispositivo asistencial da Comunidade Autónoma de Galicia, por ser o contexto no que se circunscribe o estudo. Así, na rede do Plan de Galicia sobre Drogas o labor asistencial para o tratamento das adiccións estrutúrase en tres niveis, segundo a intensidade coa que se leve a cabo, diferenciando entre: atención ambulatoria, cunha frecuencia de intervención inferior a dúas veces á semana; semirresidencial, se é superior a dúas veces á semana; e residencial, se se realizan diariamente (Oficina do Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas [PGD], 2004). • Dispositivos de primeiro nivel de atención ambulatoria: trátase do recurso vertebrador, a porta de entrada á Rede de Tratamento de Conductas Aditivas de Galicia (Servizo Galego de Saúde [SERGAS], 2012). Dentro desta modalidade destacan as Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UADs), cuxa actividade se atopa descentralizada entre as Unidades Móbiles (UM), os Servizos de Tipo Dispensario (STD) e os Centros Colaboradores para os Programas de Tratamento con Derivados de Opiáceos (PTDO)
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 19 (Oficina do Comisionado do PGD, 2004). A maiores, englóbanse aquí os servizos de Atención Primaria e Especializada, os Servizos Sociais, os xulgados, as organizacións non gobernamentais (ONG) e as institucións penitenciarias (SERGAS, 2012). • Dispositivos de segundo nivel de atención ambulatoria: o acceso obtense por medio da derivación dos dispositivos de primeiro nivel, excepto nos casos seguidos en recursos de saúde mental. Inclúense nesta modalidade as Unidades de Condutas Aditivas (UCAs) e as Unidades de Saúde Mental (SERGAS, 2012). • Dispositivos de terceiro nivel de atención semirresidencial ou residencial: o ingreso efectuarase, preferentemente, por derivación dende os dispositivos especializados en condutas aditivas, a onde se deben remitir novamente. Así pois, forman parte desta modalidade as Unidades de Día (UD), as Unidades de Desintoxicación Hospitalaria (UDH) e as CT (SERGAS, 2012). Afondando nas CT por tratarse do dispositivo asistencial no que se centra o estudo, sinalar que, de acordo coa Oficina do Comisionado do PGD (2004), as persoas que acceden ao seu servizo son aquelas que teñen dificultade para recuperarse nunha modalidade ambulatoria, derivada tanto dos novos hábitos de consumo como pola patoloxía dual. Para completar o circuíto asistencial para o tratamento das adiccións en Galicia (ver Anexo 5), débese facer mención, a maiores dos recursos recollidos nos diferentes niveis, aos recursos complementarios, como son os programas de incorporación social para apoiar o tratamento e a reinserción das persoas estabilizadas (Lorenzo et al., 2008). Xa fundamentada a adecuación e relevancia da profesión nas adiccións, cómpre mencionar que no contexto español a súa presenza nos diversos dispositivos asistenciais é notoria. Moi especialmente, nos centros residenciais ou semi-residenciais centrados no tratamento e rehabilitación das persoas con adiccións (Sixto-Costoya & Olivar, 2018). A tal efecto, o labor socioeducativo que desempeñan os e as Educadores e Educadoras Sociais nas CT, como responsables últimos, xira principalmente ao redor de valores que se relacionan cos tres grandes ámbitos de desempeño (Comas, 2010): • A autonomía (ámbito individual): fronte á dependencia que impulsou o ingreso na CT. • A cooperación (ámbito grupal): fronte ao illamento e/ou a competición asociados ao seu anterior estilo de vida. • O sentido de pertenza (ámbito comunitario): fronte á exclusión sociolaboral sufrida. Especificamente, no ámbito individual os e as Educadores/as asumen a titorización de casos seguindo unha secuencia de fases cunha sistematización na relación entre educador/a-
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 20 educando/a: “acollida (aceptación e coñecemento), establecemento e consolidación do vínculo, apoio e control (heteronomía), autorreforzo e autocontrol (autonomía) e despegue e separación” (Olivar et al., 2008, p. 338). Nesta liña, Olivar e Tembrás (2007) sinalan como elementos chave na intervención e promotores do cambio, o estilo de comunicación adoptado, xunto co contacto necesario co entorno familiar e/ou relacional da persoa. No ámbito grupal, Comas (2010) e Olivar et al. (2008) aseguran que nesta esfera o traballo socioeducativo debe centrarse na dotación de recursos para promover a transformación de actitudes e valores, así como para abordar certas necesidades detectadas por medio das actividades deseñadas, implementadas e avaliadas polo equipo de Educadores/as Sociais dende unha metodoloxía de natureza práctica, activa e colaborativa. Non obstante, é obvia a dificultade que entraña para o ou a profesional dar unha resposta equilibrada ás diversas necesidades das persoas en tratamento. Deste xeito, para a selección dos contidos das actividades, cómpre guiarse polas características dos grupos (Comas, 2010). Ao respecto, o SERGAS (2012) establece que as intervencións de carácter grupal poden centrarse na prevención de recaídas, nas habilidades sociais ou de afrontamento do estrés ou na redución de danos derivados do consumo de substancias. Pola súa parte, na literatura científica deféndese que, o ámbito comunitario ou cotiá, é o espazo que lle corresponde por natureza aos e ás Educadores e Educadoras Sociais, pois é onde desenvolven ao máximo o seu potencial cunha oportunidade educativa ininterrompida ao tratarse dun centro residencial. Así pois, deben aproveitar todas as interaccións posibles na CT, para así converter cada acompañamento nunha poderosa experiencia de aprendizaxe, podendo así a persoa atopar respostas ás súas necesidades grazas a súa función profesional de canalización e orientación (Comas, 2010; Olivar & Tembrás, 2007; Olivar et al., 2008). Por conseguinte, resulta sumamente importante contar no equipo terapéutico cun número suficiente de Educadores e Educadoras Sociais, o que supón que nalgúns recursos para o tratamento de persoas con adiccións a súa figura constitúa o grupo de profesionais máis numeroso (Olivar & Tembrás, 2007). Certamente, trátase dunha figura de especial relevancia na CT, tanto para as persoas en tratamento como para o equipo interdisciplinar: O peso do Educador Social no seo dun equipo multidisciplinar é importante por ser a figura que máis tempo comparte cos suxeitos, que máis lles observa en momentos de distensión e que, en definitiva, máis coñece o seu comportamento cotián. Ao mesmo tempo, é o que máis interactúa con eles, co cal sabe, a través do contacto directo, cal é a mellor maneira de chegar a eles. Polo seu profundo coñecemento dos suxeitos, o Educador Social é o profesional que mellor pode dotar de validez ecolóxica ao traballo de profesionais doutras disciplinas que, limitados a intervencións puntuais, non poden seguir con frecuencia a evolución cotiá dos suxeitos. (Olivar & Tembrás, 2007, p. 234)
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 21 Constátase así a necesidade dun traballo interdisciplinar nas CT, onde o labor da Educación Social se integre no do equipo e na dinámica do recurso, a través de espazos comúns que posibiliten: traballar de xeito coordinado, transferir información entre profesionais e reflexionar conxuntamente sobre a práctica (Olivar et al., 2008). Esta metodoloxía de traballo sinérxica enriquece e fortalece as intervencións, o que beneficia ás persoas en tratamento (Sixto-Costoya & Olivar, 2018). Especificamente, as funcións dos/as Educadores/as Sociais nas CT son diversas e atinxen a múltiples dimensións, tal e como se dispón na Figura 6. Figura 6 Funcións xerais e específicas dos e das Educadores e Educadoras Sociais en CT Nota. Elaboración propia a partir de Adame e Tembrás (2008). Con todo, como se matizou previamente, os e as profesionais no exercicio do seu labor na CT poden atoparse con certas dificultades. Ao respecto, Olivar et al. (2008) refiren que as intervencións adoitan verse limitadas ao observarse casos nos que, pola existencia de diferentes patoloxías, o e a usuario/a encóntrase sobre medicado/a, amosando dificultades para a realización de actividades. A maiores, no eido comunitario, cómpre ter presente que: O traballo socioeducativo en comunidade está suxeito a un continuo cambio e require de innovación constante, de creatividade por parte do educador, que verá máis fácil este labor se a CT como institución lles dota de autonomía para innovar, cambiar e dispoñer de recursos tanto materiais como económicos para levar a cabo estas propostas de mellora para o seu traballo e, en definitiva, para a institución. (Olivar et al., 2008, p. 342) Polo tanto, conclúese que os e as profesionais da Educación Social non deberían supeditar as súas accións ás doutras persoas, pois son quen de, por medio da reflexión, tomar decisións sobre que ensinar e como intervir (Adame & Tembrás, 2008).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 22 Sen dúbida, queda demostrado que a figura da Educación Social na CT é de suma relevancia, polo que resulta esencial un maior recoñecemento social e mesmo económico destes e destas profesionais. Nesta liña, Olivar et al. (2008) subliñan que estes/as profesionais nas CT adoitaban moverse entre dous extremos: a inestabilidade profesional, sobre todo nas CT nas que non se coñece realmente o potencial do labor socioeducativo; e, a permanencia a longo prazo, naqueles centros nos que o ámbito educativo si se encontra ben delimitado. Finalmente, convén mencionar que, a falta de recoñecemento profesional do equipo de Educadores e Educadoras Sociais, pode provocar ademais de inseguridade, un gran esgotamento coñecido como “burnout”. Así, é cardinal previr estas situacións, para que os suxeitos da acción socioeducativa non se vexan prexudicados por mor do esgotamento físico, emocional e mental dos e das profesionais que os acompañan (Olivar et al., 2008). 2. Metodoloxía Unha vez pechado este limiar correspondente á revisión da literatura ao redor do tópico central do traballo, procedeuse coa análise de estudos similares co fin de precisar a metodoloxía de investigación a seguir. Neste senso, denótase, dentro do corpus científico, un baleiro ou fenda de información (information gap) respecto da intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende o rol dos e das profesionais da Educación Social. Xa que logo, faise patente o interese da presente investigación que persegue afondar e complementar os achados máis relevantes, tomando como referencia estudos similares que foron fundamentais para o deseño da investigación (Gómez et al. 2018; Muñoz, 2022; Zamora & Amador, 2021). Así pois, o obxectivo principal desta investigación céntrase en estudar as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos e das Educadores e Educadoras Sociais nunha CT. Para logralo, por medio da entrevista semiestruturada tratarase de coñecer: por unha banda, o perfil do equipo de profesionais da Educación Social e do colectivo ao que atenden; por outra, as claves do seu traballo neste recurso asistencial; e, por último, a importancia do seu rol e competencias no campo das adiccións. Especificamente, as Preguntas de Investigación (PI), correspondentes a cada bloque de contido da entrevista, que guiaron o estudo e permitiron explorar as percepcións dos e das participantes son: • PI1: Cal é o perfil do equipo profesional da Educación Social e do colectivo destinatario da súa intervención na CT? • PI2: Como é a intervención socioeducativa levada a cabo cos/coas usuarios/as da CT dende a óptica do equipo profesional da Educación Social?
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 23 • PI3: Cal é o papel do equipo profesional da Educación Social na rehabilitación do colectivo de persoas con adiccións? En concreto, preténdese dar resposta a ditas Preguntas de Investigación a través dunha metodoloxía cualitativa cunha entrevista semiestruturada como instrumento principal de recollida de datos. A súa selección, como sinala Guerrero (2016), débese as súas posibilidades para profundar e comprender os fenómenos no seu ambiente natural, dende a óptica dos suxeitos implicados e en relación cos aspectos que os rodean. Neste senso, convén distinguir a pertinencia do enfoque metodolóxico adoptado para a presente investigación, considerando a súa coincidencia con estudos cardinais no tópico (véxase Aranguren, 2014; Celedon, 2010; García, 2008; Gómez et al., 2018; Mesa, 2018; Santidrián, 2014). Para levar adiante a investigación, faise uso do método de «estudo de caso», en tanto que supón un proceso de indagación caracterizado por un estudo sistemático e exhaustivo de casos dun fenómeno, comprendidos como situacións ou entidades sociais e educativas únicas, que son dignas de recibir interese investigativo co obxectivo de coñecer o funcionamento das súas partes e, así, ter unha representación da realidade, neste caso do labor socioeducativo dos e das profesionais da Educación Social nas CT (Sabariego et al., 2009). Ademais, este método tamén se ve amparado por tratarse dun fenómeno que se produce nun contexto moi específico, sendo este nunha CT de referencia da CA de Galicia que conta cunha traxectoria significativa no tratamento de persoas con adiccións. A súa vez, na composición do seu equipo terapéutico, a figura dos e das profesionais da Educación Social ten un gran peso, contando cunha ampla bagaxe, que permite ofrecer unha visión en perspectiva sobre as intervencións socioeducativas que se desempeñan nese campo. En xeral, o exposto formou parte dun proceso de investigación composto por catro fases diferenciadas (ver Anexo 6). En primeiro lugar, a fase preparatoria, que comprendeu a selección da temática, xunto coa súa xustificación, a formulación dos obxectivos e Preguntas de Investigación, a revisión da literatura científica e a redacción do marco teórico. De igual forma, incorpora a fase de planificación e deseño na que se precisou o enfoque metodolóxico da proposta, a selección da mostra e a elaboración do instrumento de recollida de información. A continuación, a terceira etapa conformaría a análise da información e a sucesiva obtención dos resultados. En último lugar, a fase informativa comprendeu a presentación e discusión dos resultados, así como a redacción das conclusións e propostas de mellora. Nesta liña, unha vez concretado o enfoque metodolóxico adoptado, procederase coa identificación da mostra seleccionada dentro da poboación obxecto de estudo e, de seguido, coa determinación do instrumento para a recollida de información, feito que comportará unha serie de pasos (procedemento).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 24 2.1. Participantes A selección da mostra realizouse por conveniencia, mediante unha mostraxe non probabilística intencional, posto que o equipo profesional da Educación Social desta CT galega foi escollido conforme á dispoñibilidade de acceso ao mesmo, derivada do propósito de implementar as entrevistas presencialmente polos beneficios que comporta, seguindo certos criterios de interese para a investigación (Sabariego, 2009). Entre eles: o posto de traballo (Educador/a Social), o ámbito de intervención (adiccións), o recurso asistencial (Comunidades Terapéuticas), o territorio (CA de Galicia) e a experiencia laboral na CT superior a un ano. Deste xeito, conforman a mostra do presente estudo os e as Educadores e Educadoras Sociais que desempeñan o seu labor nunha CT de rehabilitación de persoas con adicción da Comunidade Autónoma de Galicia por máis dun ano. Finalmente, a mostra do estudo está composta por catro (4) Educadores/as Sociais, posto que se concentra o estudo nunha mesma entidade, resultando suficiente o índice de saturación da información. As características do equipo profesional participante na investigación detállanse na Táboa 5. Táboa 5 Datos xerais do equipo profesional da Educación Social participante Sexo Franxa de idade Anos de experiencia laboral na CT Participante 1 H 55 > 21 Participante 2 M 25 - 54 9 Participante 3 H 55 > 28 Participante 4 M 25 - 54 4 Nota. Nesta táboa recóllense os datos do equipo profesional da Educación Social entrevistado, divididos en función das variables: sexo, segundo sexa home (H) ou muller (M); franxa de idade, menos de 25 anos, entre 25 e 54 anos ou 55 anos ou máis (seguindo a clasificación do Instituto Nacional de Estadística [INE, 2023]); e, por último, os anos de experiencia laboral na CT. 2.2. Instrumento O instrumento de recollida de información, neste caso unha entrevista semiestruturada deseñada ad hoc, foi seleccionada con base no obxectivo e Preguntas de Investigación, á tipoloxía de datos a recadar e á mostra. Así pois, esta técnica é útil á hora de recoller información de carácter pragmático, tanto sobre a forma de actuar dos individuos, como do xeito no que reconstrúen, por medio das prácticas individuais, o sistema de representacións
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 25 sociais (Alonso, 1995). Adicionalmente, seguindo a Massot et al. (2009), o emprego deste tipo de entrevista máis dinámica e flexible, permitirá obter información máis rica en matices, feito que, consecuentemente, facilitará unha maior interpretación dos datos no contexto de estudo. A confección da entrevista require da elaboración do documento de consentimento informado (ver Anexo 7), a través do cal se asegura, en todo momento, a protección dos datos, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (Jefatura del Estado, 2018). En xeral, para o deseño das entrevistas partiuse dunha revisión preliminar da literatura científica, por medio da cal se determinou a información esencial a consultar aos e ás participantes. Deste xeito, determináronse cuestións recollidas no marco teórico, en especial nos apartados nos que se vincula á profesión da Educación Social co ámbito das adiccións e co recurso da CT (véxase apartado 1.5 e 1.6). Nesta liña, para o seu deseño, tomáronse como referencias de interese os traballos de Muñoz (2022) e Zamora e Amador (2021). Así pois, o propósito xeral que se persegue coa entrevista é coñecer as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos profesionais da Educación Social nunha CT. Para iso, configúrase a mesma en tres bloques de contido, nos cales se abordan diversas cuestións de interese permitindo así cada bloque dar resposta ás Preguntas de Investigación (PI) xa matizadas e, consecuentemente, ao obxectivo xeral da investigación. Deste xeito, por unha parte, o primeiro bloque englobaría cuestións acerca do perfil do colectivo e do equipo profesional da Educación Social na CT, indagando tamén no seu recoñecemento profesional. Por outra parte, o segundo bloque afonda nas funcións e tarefas destes/as profesionais na CT, atendendo á vez ás limitacións no seu desempeño e ao axuste das súas intervencións ás necesidades do colectivo. Asemade, repararase en se participan no seguimento dos e das usuarios/as unha vez culminan o proceso na CT. Por último, o terceiro bloque céntrase no papel da Educación Social na rehabilitación do colectivo da CT, profundando en: o axuste do seu rol, as técnicas e estratexias de intervención, as características actitudinais e persoais, a importancia da súa figura na CT, a pertinencia da incorporación de máis profesionais da súa disciplina e a optimización do seu labor na CT. Ademais, daríase apertura á mesma por medio dunha serie de cuestións referidas aos datos sociodemográficos, que permiten contextualizar en maior profundidade á persoa entrevistada. Finalmente, para concluír a entrevista, ofrécese un espazo aberto por se a persoa estima necesario engadir algún aspecto ou reflexión non contemplada durante o seu desenvolvemento. Desta forma, queda conformado o guión final da entrevista (ver Anexo 8).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 32 etc. Entre eles, as súas respostas coinciden nos tres primeiros, por consideralos como aqueles que teñen un maior impacto na rehabilitación do colectivo. De feito, a P.4 sinala: Unha das que máis lles gusta a eles porque é como a evidente é “Prevención de Recaídas”. (P.4) O anterior pode ter a súa explicación en que, tal e como indicaba a ASAM (2019), a adicción, ao igual que outras enfermidades crónicas, adoita implicar ciclos de recaída e remisión. De aí que os e as usuarios/as mostren interese especialmente neste grupo, ao temer non ser capaces de manterse abstinentes unha vez retomen a súa vida fóra da CT. Ademais, este feito está moi ligado a outro dos compoñentes das condutas aditivas: a perda de control ou sentimento de compulsión, relacionado co “craving”, é dicir, co desexo intenso de consumir, potenciado se non se fai unha boa xestión emocional, tal e como apuntan P.2 e P.4: Todos se deberían traballar penso, pero “Xestión Emocional” é fundamental para o control de impulsos, toma de decisións… Todo se podería aunar en “P.R”. Ás veces hai unha sesión grupal onde todo xira arredor diso sen pórlle ese nome, porque “Autoestima” tamén é “P.R”, “HH.SS” tamén é “P.R”... Entón bueno, dentro de “P.R” entraría absolutamente todo o que se traballa aquí. (P.2) Baixo a miña mirada, non sería “P.R” a única fundamental. De feito, para min “Xestión Emocional” sería fundamental para poder levar a cabo todo o traballo que teñen detrás. (P.4) De facto, é fundamental a existencia dunha serie de programas nos que o colectivo se implique durante o proceso. Tales actuacións que concordan na súa maioría coas recollidas polo SERGAS (2012), permiten contribuír a rehabilitación do e da usuario/a, ao fomentar a súa competencia e autocontrol sobre o consumo, á vez que un novo estilo de vida (Oficina do Comisionado do PGD, 2004). Agora ben, o cumprimento deste propósito non sería posible unicamente a través dos programas grupais, xa que na CT resulta determinante aproveitar todas as interaccións, independentemente do tempo e do espazo, para a súa transformación en posibles aprendizaxes. Nisto repara especialmente o P.1, quen sinala: A veces nos encandilamos moito con iso -referíndose aos programase, sen embargo, na CT ten moito máis peso e moita máis relevancia, seguramente, o día a día, as rutinas, que estean ocupados, que se coiden, que fagan deporte… Que participen nas actividades tamén, por suposto [...], son espazos para compartir e para sacar valor deles pero, son un espazo máis. (P.1) Non obstante, é importante recuperar a apreciación de Comas (2010), quen destaca que para a selección dos contidos das actividades os e as profesionais da Educación Social deben guiarse polas características dos grupos e as situacións que se consideren de relevancia na CT. A maiores, sendo necesaria unha estrutura estándar das sesións, o equipo de profesionais deben contar con flexibilidade para brindar outras oportunidades de aprendizaxe de acordo coas demandas e necesidades das persoas atendidas (Asociación Proyecto Hombre, 2015). Ao respecto, a P.2 aclara o seguinte sobre os programas:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 33 Depende do que queiran traballar [...]. Profundizan segundo as súas necesidades e o que queiran facer, que iso tamén é importante. (P.2) Por conseguinte, o feito de ter en consideración as necesidades do colectivo destinatario de cara á realización das intervencións, favorecerá un maior axuste das intervencións socioeducativas ás mesmas. Nisto tamén reparan o P.3 e a P.4: A ferramenta principal, son eles e determinan o que hai que traballar en cada momento. Entón, hai que aproveitar moi ben esas demandas que nos fan e non ceñirnos sempre ao guión. (P.3) Dende o labor que nós levamos, sempre intentamos pois iso, centrarnos na persoa, nas súas necesidades e facer a intervención en base a elas. Sempre poñéndonos nos seus zapatos e podendo darlle a mellor axuda dende as nosas mans. (P.4) Así pois, os e as Educadores/as Sociais consideran que, polo xeral, si se dá un axuste ás necesidades do colectivo que inicia tratamento na CT, posto que dende o papel que lles corresponde, velan por que iso sexa así, tratando de ter un impacto real sobre as persoas que atenden. Con todo, son conscientes de que non sempre son capaces de logralo co conxunto dos e das usuarios/as, pois moitas veces as circunstancias non o permiten ou, incluso, todo o que fan pode non ser suficiente para certas persoas. A pesar de todo, a actitude do equipo resultará decisiva nesta cuestión e, xustamente, a P.4 déixao en claro en diferentes ocasións: Sempre podemos estar en constante mellora para poder axudar ás persoas. Nalgúns momentos podes chegar a unha persoa mellor e noutros non tanto, porque non estás no teu mellor momento, porque non escollestes as mellores palabras… (P.4) Ver o que fas mal, recoñecelo e cambialo. Se unha intervención non saíu ben, pois non dicir que foi culpa do usuario que non nos entendeu. A culpa nunca vai ser do usuario, a persoa usuaria é a quen tes que axudar [...]. A veces adoitamos poñer palabras que as persoas non entenden e non nos temos que empeñar en que as entendan, senón en mirar de cambiar nós esas palabras. (P.4) A perspectiva desta Educadora Social saca á luz certas calidades que definen o rol da súa profesión, así como a súa finalidade, na medida en que grazas a elas alcanzarase unha mellora na rehabilitación do colectivo. Estas características son, atendendo a súa resposta neste caso, a integridade e a autocrítica, en liña coas subliñadas por Lacruz (2015). A súa vez, para a atención das necesidades do colectivo da CT a totalidade dos e das Educadores/as Sociais son conscientes da pertinencia de levar a cabo un traballo interdisciplinar, sobre todo, tendo en conta a diversidade de problemas e dificultades que presentan as persoas usuarias. De aí que resulte esencial coordinarse para a súa óptima atención e acompañamento cunha metodoloxía de traballo sinérxica que sexa quen de enriquecer e fortalecer as intervencións, o que beneficia directamente ás persoas en tratamento (Sixto-Costoya & Olivar, 2018).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 34 O traballo interdisciplinar é fundamental, claro. É que moitas veces veñen con problemas en diversas áreas e cantos máis a pensar e actuar, mellor. (P.1) Importante e imprescindible, refírome, aquí o traballo ten que ser en equipo. Como Educadora Social, sempre vai ter que ser en equipo. (P.4) Como calquera elemento sinérxico, se falta alguén, pódeste quedar coxo. E se faltamos nosoutros non che digo nada. (P.3) Tal e como afirma a P.4, e segundo o contemplado por Adame e Tembrás (2008), dentro das funcións dos e das Educadores/as Sociais nas adiccións e, especialmente na CT, tense que poñer en marcha un traballo en equipo inter e multidisciplinar, así como en rede cos dispositivos doutros niveis do recurso asistencial ou outros ámbitos. Volvendo ás tarefas e funcións propias da Educación Social na CT, é importante pór o foco en se os e as profesionais desempeñan funcións que non lle corresponden ao seu perfil. Ao respecto, o equipo coincide en que todas as funcións que realizan son necesarias para un bo funcionamento da CT, ademais dunha mellor atención das persoas usuarias. Con todo, recoñecen que en ocasións desempeñan funcións que “pola regra” non lle corresponderían, mais considéranas tan precisas como outras. En certo xeito, as razóns principais polas que isto é así poden derivarse de ser a figura que máis tempo está na Comunidade e a que máis momentos comparte cos e coas usuarios/as, ligado a súa principal función na CT, o acompañamento. Neste senso, cómpre destacar as seguintes aportacións: No… Como esa función de acompañar é moi ampla e moi variada, pois é verdade que fas moitas cousas, pero todas esas accións poden ser un espazo tamén para acompañar, para intervir. (P.1) Nós como Educadoras cociñamos, fregamos, barremos [...]. Refírome, a Educadora Social é unha persoa que che acompaña nos diferentes momentos e ámbitos da túa vida. Na túa vida non só hai programas de autoestima [...]. Entón para min dende a miña perspectiva non, son necesarias. (P.4) Bueno, a veces si que temos que facer fronte a problemas sobre todo cando estamos na soidade, que non temos Psicóloga ou Psiquiatra á man. Que bueno, aínda que haxa chamadas telefónicas, no impasse de que ocorre un feito ata que podan intervir a veces pasan incluso moitas horas. (P.3) Neste contexto, é necesario deterse na resposta do P.3, que destaca que, malia a capacitación dos e das profesionais da Educación Social para actuar neste contexto, o feito de ter que facer fronte a esixencias excesivas sen os coñecementos ou recursos necesarios, pode provocar síntomas de “burnout” (véxase Olivar et al., 2008). Ademais, considerando a heteroxeneidade do colectivo de actuación, esta situación pode afectar ós/ás usuarios/as por mor de non contar coa atención integral requirida no momento por parte da área psicolóxicapsiquiátrica. Así, aínda coa pronta intervención socioeducativa que en ocasións pode resolver a situación, noutros quizais simplemente a poida conter e, noutros, tal vez non sexa suficiente.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 35 Neste senso, cuestionóuselle aos e ás profesionais da CT se consideraban que podían desempeñar outras funcións por ter a capacitación requirida para as mesmas e non o fixesen. Sobre isto, o equipo contempla que posúen unha ampla marxe de liberdade para obrar. Non hai ninguén, nin a nosa responsable que é a Psicóloga clínica que nos poña un límite aí, confía na nosa capacidade e na nosa forma de obrar e, nese sentido, temos bastante liberdade [...]. Se non o fago é porque aínda non se me ocorreu pero si que teño a potestade para poder facelo. (P.4) Con respecto ao que se espera dun Educador Social? Vamos sobrados de tarefas [...], facemos de todo. Sería unha envexa para calquera Educador Social. (P.3) Non obstante, no seu desempeño profesional, os profesionais entrevistados/as adoitan encontrarse con certas dificultades. Por unha banda, cómpre resaltar aquelas que dependen do ou da profesional e sobre as cales é importante que a persoa traballe para resolvelas ou enfrontalas do mellor xeito posible. Así, a P.2 e a P.4 fan referencia á necesidade de formación adecuada, ademais de permanente. Isto garda relación co recollido por Olivar et al. (2008), que fan alusión a que o labor socioeducativo na CT está suxeito a un cambio constante, polo que é imprescindible a capacitación para innovar e crear continuamente. Ligado ao anterior, P.2 e P.3 consideran que outra das limitacións ten que ver coas dúbidas propias do proceso, o traballo interdisciplinar e a comunicación entre o equipo como elementos claves. Por outra banda, atópanse as limitacións alleas ao/á profesional pero, aínda así, este debe tratar de mellorar a súa resposta co gallo de mitigar a súa envergadura. Entre estas, a P.4 e o P.1 salientan as barreiras que o e a usuario/a establece, xa que a súa situación adoita ser complicada. Neste senso, convén ter presentes as verbas de Olivar et al. (2008), que atinxen a que moitas veces o labor profesional se ve limitado polas patoloxías do colectivo derivadas da súa sobre medicación, supoñendo unha dificultade para a realización das actividades na CT. Á vez, cómpre engadir as consecuencias das substancias, que alteran o funcionamento cerebral, incidindo nos ritmos de sono-vixilia que afectarán a súa activación, repercutindo tamén nas funcións cognitivas superiores (Mendoza & Vargas, 2017). Para responder a esta dificultade, o P.1 considera que ademais de ter paciencia e darlles tempo e espazo, o traballo interdisciplinar xoga un papel decisivo. Asemade, este participante engade que ás veces non contan cos recursos e co presuposto suficiente para as intervencións, sendo un obstáculo xa identificado en estudos similares no tópico (Olivar et al., 2008). Con todo o exposto constátase que o equipo de Educadores e Educadoras Sociais da CT compren coa totalidade de funcións e competencias profesionais indisociables desta figura profesional (Adame & Tembrás, 2008; AEJI, 2021). Mais as súas funcións van máis alá con este colectivo unha vez que culminan o proceso terapéutico na CT?
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 36 Ao respecto, os e as participantes converxen nas súas respostas, indicando que a súa figura desaparece da vida dos e das usuarios/as unha vez rematan o tratamento na CT, salvo en situacións puntuais nas que se comunican coa CT para informarlles da súa condición. Deste feito pode deducirse tanto, unha mostra de gratitude, dada a relevancia que tiveron os e as Educadores/as no seu proceso rehabilitador, como tamén a necesidade dunha rede de apoio. Ante esta realidade obsérvase unha disparidade de opinións sobre a necesidade dun seguimento tras o recorrido da persoa usuaria pola CT. Neste senso, cómpre resaltar as verbas do P.3 que destaca a función de catalizador propia da Educación Social neste ámbito: Ocasionalmente chámannos. Aínda que eu prefería desaparecer [...]. Para min sería o ideal [...]. Porque o factor de enganche non podemos ser tampouco os terapeutas. A min sempre me gustou definirme como un catalizador [...], neste caso un Educador que intervén entre dous momentos para que o terceiro sexa diferente. Entón, se eres parte dese cambio non podes quedarte nese cambio porque senón logo sofres o enganche emocional do paciente pola súa parte. (P.3) As testemuñas neste eido encóntranse en conformidade coa realidade do que se espera da súa figura: por un lado, debe dotar da máxima autonomía posible ao suxeito para que poida desenvolverse con normalidade; e, por outro, como principal figura de referencia, deben levar a cabo un acompañamento durante todo o proceso, ata chegar á fase de despegue e separación, a cal debe promoverse de xeito progresivo (Olivar & Tembrás, 2007). En tales circunstancias, é posible contemplar un punto intermedio, onde podería aplicarse un seguimento periódico, especialmente nos primeiros meses tras o paso pola CT, pois non se debe esquecer a situación de exclusión social na que se encontran moitas das persoas que acceden a tratamento. Por iso, ante a posible carencia de redes de apoio, un acompañamento distendido pode constituír a pedra angular fronte unha posible recaída. 3.3. A figura do e da profesional da Educación Social nas adiccións A CT de referencia conta cun equipo sólido de Educadores/as Sociais, que por medio da súa vontade e dedicación conseguiron, co paso do tempo, definir notablemente o seu rol na entidade. Así o evidencia a P.4, que asocia esta cuestión ao feito de ser a figura profesional máis numerosa, así como a que máis tempo comparte co colectivo, coincidindo co exposto por Olivar e Tembrás (2007). Se ben se mostran satisfeitos/as polo logro acadado, son conscientes de que é susceptíbel de perfeccionarse aínda máis. Ademais, é necesario reparar nas respostas do P.3 e da P.2, que mostran a outra cara da moeda: Foise perfilando á medida que fomos avanzando e fomos recoñecidos, pero vamos, este é un traballo moi silencioso. (P.3) Os compañeiros que levan máis anos xa se encargaron de delimitalo moi ben [...]. Penso que a nivel sociosanitario está ben entre comiñas. Antes dixen, si, si que está ben, pero é verdade que non
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 37 temos o recoñecemento a nivel Xunta de Galicia ou Consellería que debería ser [...]. Aquí na empresa si porque é privada, pero a nivel público non aparece o Educador Social. (P.2) Unha vez máis, obsérvase a necesidade de seguir reivindicando a figura da Educación Social e a súa presenza nos diferentes ámbitos de intervención social pois, tal e como evidencian Sixto-Costoya e Olivar (2018), resulta pouco cuestionable a idoneidade desta profesión no ámbito das adiccións. Non obstante, é obvio que dita presenza non se corresponde co seu recoñecemento. Así pois, aínda queda un arduo camiño que percorrer. A propósito da idoneidade do seu perfil neste eido, convén facer mención ás calidades e estratexias máis determinantes que empregan o equipo de profesionais da Educación Social para contribuír á rehabilitación do colectivo, as cales, naturalmente, se encontran moi ligadas aos valores que definen á profesión. Así, pese a facer uso dun amplo abanico delas, convén destacar aquelas que se corresponden con outros estudos neste eido (Lacruz, 2015). Por unha banda, cómpre sinalar a empatía, o respecto e a tolerancia, relacionando esta última coa capacidade de non xulgar á persoa. Estas son esenciais xa que non se debe esquecer que se trata dun colectivo vulnerable e moi estigmatizado pola súa condición. Neste senso, é imprescindible a escoita activa por parte do equipo, validando as emocións da persoa como condición esencial fronte á exclusión social da que adoitan partir. Ademais, ligado a isto último, é preciso traballar a iniciativa por medio da dinamización e da realización de cuestións. Escoitar máis do que falo, xa que normalmente as persoas o que necesitan é falar. Falar e poder expresarse, vendo que se validan as súas emocións sempre. (P.4) Eu creo que dinamizo moi ben, que me expoño moito ao paciente ao nivel da pregunta. Intento traballar a iniciativa deles, non a miña, porque a iniciativa deles é a que teñen que traballar. (P.3) Trátase de calidades fundamentais, en tanto que o labor socioeducativo na CT debe orientarse cara a promoción da autonomía da persoa, onde esta debe cooperar e manter unha postura activa, como protagonista do seu proceso para, así, sentirse partícipe (Comas, 2010). Ademais, para promover o cambio no suxeito, en concordancia cos achados de Olivar e Tembrás (2007), arguméntase a oportunidade que ofrece a comunicación para a intervención: Sobre todo nas intervencións individuais coas persoas e incluso grupais, do humor, de poder falar con eles abertamente e tranquilamente, dende a calma. (P.4) Por outra banda, reconsiderando que a función que mellor define o rol do e da Educador/a Social na CT é o acompañamento constante, apúntase tamén á importancia da proximidade profesional, que se sustenta, segundo o P.1, no saber estar, saber acercarte e afastarte cando sexa necesario; mentres que a P.2 o define así:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 38 Ser empática e non xulgar, escoitar e… sempre cunha distancia, non deixas de ser profesional e nós ao pasar tanto tempo, tanta cercanía, é complicado que a veces se respecte á figura. (P.2) A súa vez, todas estas estratexias vense potenciadas polas características actitudinais e persoais que complementan os seus perfís. Así pois, entre as aportacións do equipo volven a tomar un peso importante algunhas das estratexias xa mencionadas, como o respecto ou a escoita activa. En xeral, extráese unha visión global sobre que un/unha profesional desta disciplina debe ser unha persoa activa e proactiva, que mostre actitude e iniciativa, sen temer ao erro e, en caso de existiren, ter capacidade de reflexionar sobre eles, facendo uso da autocrítica e responsabilizándose do seu labor. Ademais, é esencial manter constantemente un estilo de traballo colaborativo, onde a comunicación aberta co resto do equipo e, incluso, co propio colectivo, sexa a base, permitíndolles prosperar con maior seguridade. Igualmente, para traballar neste contexto e con este colectivo, o P.3 indica que a observación é crucial. En definitiva, tomando como referencia outro dos aspectos máis importantes que salienta a P.4, é esencial valorar e ter interese pola realidade deste colectivo, aínda que non sempre é suficiente. Neste senso, o P.1 considera que resulta necesario ter un certo recorrido vital: Hai cousas que non se poden aprender e transmitir “en pack”, en talleres… Entón unha certa experiencia vital si que pode ser útil. (P.1) A estas alturas, non debería seguir en interdito a importancia da figura da Educación Social no ámbito das adiccións e, en especial, neste recurso asistencial, polo valor que lle aportan ao mesmo. Así pois, o conxunto de profesionais entrevistados/as concordan en que o seu papel é fundamental e imprescindible para alcanzar a rehabilitación do colectivo. Ao equipo aportámoslle todo [...]. Non pode existir unha CT sen Educadores Sociais. (P.2) Agora mesmo, tal e como está feito este servizo, sen a Educadora Social non o habería. (P.4) Por ende, a súa figura dentro do equipo interdisciplinar é vital xa que, como sinalaban Olivar e Tembrás (2007), o feito de seren eles/elas quen comparten máis tempo coas persoas usuarias, implica a esixencia de ter un coñecemento máis profundo do colectivo. De aí que poidan dotar de validez ecolóxica as funcións do resto de profesionais que interveñen de xeito máis puntual. Ademais, isto permitiralle ao equipo realizar intervencións máis axustadas ás diversas necesidades do colectivo, tal e como apunta un dos participantes: Damos continuidade e soporte ás actividades, os que dalgunha maneira de cara ao resto do equipo podemos achegar información nun momento determinado sobre o que está a pasar con cada persoa en cada momento… Ás veces, podemos adaptarnos ou axustarnos mellor ás necesidades. (P.1) Polo tanto, constátase de novo a relevancia de levar a cabo un traballo coordinado, onde se transfira información entre profesionais e se reflexione de xeito común sobre a
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 39 práctica (Olivar et al., 2008). Non obstante, pese a seren conscientes do peso da súa figura no equipo profesional, en conxunto valoran a necesaria incorporación dun maior número de Educadores/as Sociais. Débese reparar neste aspecto xa que o motivo polo que o consideran preciso radica unicamente nunha mellor atención das persoas usuarias. Isto é un claro reflexo da súa vocación, onde velan, ante todo, por unha atención integral e digna do colectivo, encontrándose en sintonía coa finalidade da súa profesión aportada polo CEESG (2021). Así, a P.2 salienta certas vantaxes que suporía a incorporación de máis profesionais do seu eido: Isto permitiríanos crear máis, innovar, modificar, facer máis cousas, máis programas, adaptarnos máis. Facemos tratamento individualizado, pero máis aínda. Se houbese saídas estaría moi ben. Refírome, saídas en compañía dos Educadores. (P.2) Isto garda relación co exposto acerca da posibilidade dun seguimento periódico tras a saída do suxeito da CT. Pois, o feito de poder ir establecendo un contacto paulatino coa realidade fóra do centro, cun acompañamento e orientación por Educadores/as Sociais, probablemente facilitaría a súa posterior adaptación a un novo estilo de vida na súa contorna social. Se ben resulta substancial prestar atención ás verbas do P.3, quen malia considerar necesaria a presenza de máis profesionais da Educación Social, puntualiza: Cando nos convertemos en máis os terapeutas que os pacientes é incómodo, tanto para o profesional como para o paciente, por ese aplastamento. Pero si, hai que telo en conta e aquí eu calculo que farían falta polo menos dous Educadores máis, pero non para estar moitos á vez, senón para estar en momentos concretos. (P.3) Así pois, a súa aportación é de gran valor xa que, se nos baseamos na necesidade de buscar a comodidade da persoa usuaria, que facilitará, a súa vez, a adherencia ao tratamento conseguindo con maior éxito a súa rehabilitación, débese ter en consideración a importancia de buscar un equilibrio entre o persoal e a ratio de pacientes para, como ben dicía el, non atafegar ao colectivo. Sobre isto, a alternativa que brinda pode resultar pertinente. Adicionalmente, ao parecer destes/as profesionais, a súa figura na CT aínda podería optimizarse de cara a favorecer a rehabilitación das persoas con adiccións e, a forma de facelo, baixo a súa óptica, encóntrase en sintonía, principalmente, coas dificultades que identificaron á hora de intervir. Así pois, o P.1, P.2 e P.4 reparan na necesaria formación constante para realizar unha atención o máis completa posible. Ao respecto, a P.2 menciona a necesidade de dispoñer de recursos de busca de emprego, feito que se volve aínda máis indispensable con este colectivo xa que, como recollía Rubio (2001), padecer unha adicción conduce á creación dun estigma entorno á persoa consumidora, afectando á vida sociolaboral. A propósito do seu proceso de inclusión social, os e as Educadores/as Sociais deben ser quen de ter as competencias e coñecementos para guiar á persoa na procura dun
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 40 emprego, en caso de non telo. A maiores, a P.4 repara na importancia de contar con máis recursos, o que lles permitiría potenciar as súas intervencións, ao que o P.1 engade que tamén lles brindaría máis posibilidades como equipo para confrontar, compartir e deseñar novas propostas. Trátase dunha cuestión de relevancia, tendo presentes os cambios volátiles da sociedade e a necesidade de dar unha resposta aos mesmos dende a Educación Social, o cal require dunha actualización constante para facer fronte da mellor forma ás demandas e necesidades emerxentes, especialmente cun colectivo caracterizado pola súa diversidade. A modo de peche, unha vez evidenciada a relevancia e a pertinencia da intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social no recurso das Comunidades Terapéuticas, condúcenos á importancia de seguir reforzando a identidade deste colectivo profesional, canto máis, cando aínda non existe un recoñecemento nítido da súa figura neste ámbito e neste recurso. Así o pronuncia unha das Educadoras Sociais: Penso que nos temos que dignificar porque ninguén o vai facer por nós. Temos que estar moi orgullosas do que somos e que se nos note. Iso implica tamén recoñecer o que non podemos facer [...]. Penso que todo o que se pode facer neste recurso é importante e temos que levalo con moitísimo orgullo. Defender a nosa profesión! (P.2) Conclusións A presente investigación de campo tivo como propósito último proporcionar unha visión detallada do estado actual do obxecto de estudo. Así, os resultados permitiron obter un maior coñecemento e comprensión do fenómeno centrado nas ópticas dos e das profesionais da Educación Social que desempeñan o seu labor no ámbito das adiccións nunha CT de Galicia. Neste senso, o traballo pon en evidencia o perfil do equipo profesional da CT, marcado por unha ampla bagaxe profesional desenvolta na propia entidade, entendendo esta permanencia como un símbolo de recoñecemento, por parte da institución, do potencial socioeducativo co colectivo de persoas con adiccións. Con todo, non senten o mesmo recoñecemento profesional da súa figura por parte da Administración, esbozando un pasado e unha realidade susceptible de mellora, pese á consolidación da profesión. Asemade, a través da fundamentación teórica e das nocións dos profesionais, realizouse unha aproximación ao perfil do colectivo destinatario das intervencións na CT. Malia ser unha cuestión complexa de definir, é clara a maior proliferación do consumo por parte do sexo masculino, así como o dobre estigma que sofren as mulleres, onde, en especial, a Educación Social, debe traballar dende a perspectiva de xénero para ofrecer unha atención integral e diferenciada acorde as súas necesidades. Moito máis cando os perfís se encontran en constante evolución, onde a patoloxía dual se abre camiño. Nesta conxuntura, é crucial
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 41 que os e as Educadores/as Sociais, por seren profesionais con gran peso na rehabilitación do colectivo, se formen continuamente para responder axustadamente a súa condición. Ademais, deben dar a coñecer a afectación da modalidade de tratamento mixto á súa adherencia e á recuperación das mulleres, reivindicando así a necesidade dun cambio do sistema asistencial, creándose máis recursos individualizados por xénero, polos beneficios que comporta. Do mesmo xeito, apreciouse o enfoque e índole dos labores socioeducativos na CT, tendo o equipo de Educadores/as Sociais a oportunidade de esclarecer o amplo abanico de funcións que levan a cabo con e para os/as usuarios/as, potenciado ao tratarse dun centro residencial, no que se realiza un acompañamento ininterrompido que se traduce nunha oportunidade educativa constante. Igualmente, a formación coa que contan, sumada á confianza que a totalidade do equipo terapéutico deposita neles/as, proporciónalles gran liberdade de decisión e acción, adoptando así unha dinámica de traballo flexible. Isto, non debe entenderse como unha cesión ou abandono de criterios e obxectivos terapéuticos, senón como unha diversidade de estratexias de intervención, favorables para dar unha cobertura o máis axustada posible a un colectivo tan diverso como o son as súas necesidades. Co paso dos anos, os Educadores e as Educadoras Sociais definiron a súa posición na institución, perfilándoa ata o punto de chegar a ser os e as profesionais de referencia para as persoas usuarias. Non obstante, dada a natureza multifactorial e multidimensional das adiccións, o traballo interdisciplinar é decisivo á hora de brindar unha atención integral e de calidade. Xa que logo, é crucial tecer redes e crear espazos de diálogo entre o equipo, que permitan a reflexión sobre a praxe, vendo o seu froito na rehabilitación do colectivo. No estudo do caso desta CT, denótase este estilo de traballo colaborativo, cunha elevada comunicación entre as partes e un alto grao de identificación coa misión e valores da entidade. A raíz do estudo das intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol da Educación Social na CT, evidénciase a súa pertinencia no equipo profesional deste recurso, pola transcendencia do seu papel na rehabilitación do colectivo. Así pois, estes/as profesionais, non se deteñen tanto no onde ou como traballar, senón no para que, tendo claro que o seu obxectivo estriba na rehabilitación para a reinserción do colectivo, para a mellora da súa calidade de vida. A loita por conseguilo é, en definitiva, a maior guía da súa praxe. Por tanto, polo inestimable valor que aportan os e as Educadores/as Sociais ao colectivo, así como ao equipo profesional e, en si, á institución, xa que sen a súa figura, tal e como están concibidas hoxe en día as CT, estas non perdurarían no tempo; pon de manifesto a necesidade de seguir reivindicando a relevancia da súa figura neste ámbito e neste contexto en particular. Para iso, é importante o reforzamento da súa identidade profesional, empezando por facelo eles/as mesmos/as, sentíndose orgullosos/as e conscientes do labor que
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 48 Anexos Anexo 1. Idade Media de Inicio no Consumo de Substancias Psicoactivas Táboa 1 Idade media de inicio no consumo de distintas substancias psicoactivas na poboación de 15 - 64 anos (anos). España, 2022. Substancia Sexo masculino Sexo feminino Total da poboación Tabaco 16,4 16,7 16,6 Alcohol 16,0 17,0 16,5 Hipnosedantes con ou sin receta 34,7 35,2 35,0 Hipnosedantes sin receta 30,0 31,6 30,8 Opioides con ou sin receta 34,8 35,7 - Opioides sin receta 26,3 24,5 - Cannabis 18,0 18,8 18,3 Éxtasis 20,5 20,7 20,5 Alucinóxenos 20,9 21,0 21,0 Anfetaminas 20,3 19,7 20,1 Cocaína (polvo e/ou base) 20,9 21,7 21,1 Cocaína en polvo 21,0 21,7 21,1 Cocaína base 21,2 20,2 21,0 Setas máxicas 22,2 22,1 22,2 Metanfetaminas 22,3 21,9 22,2 GHB 23,5 20,1 22,8 Heroína 20,8 23,2 21,1 Inhalables volátiles 19,4 21,2 19,8 Nota. Elaboración propia a partir de EDADES (2022).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 49 Anexo 2. Prevalencia de Consumo de Substancias Psicoactivas Táboa 2 Prevalencia de consumo de substancias psicoactivas segundo o sexo (masculino / feminino) e o grupo de idade (15-34 anos / 35-64 anos) (%). España, 2022. Substancia Sexo masculino Sexo feminino Idade entre 1534 anos Idade entre 35-64 anos Tabaco 74,4 64,8 39,5 38,8 Cigarrillos electrónicos 13,6 10,7 - - Alcohol 94,9 91,4 78,9 75,3 Hipnosedantes con ou sin receta 19,0 28,0 7,2 16,0 Hipnosedantes sin receta 3,6 3,6 1,3 1,4 Opioides con ou sin receta 14,7 16,9 3,6 8,3 Opioides sin receta 1,7 1,3 0,5 0,6 Cannabis 48,8 32,9 19,1 6,6 Éxtasis 7,4 2,9 1,8 0,3 Alucinóxenos 7,7 3,1 1,1 0,3 Anfetaminas 6,9 2,3 1,1 0,3 Cocaína (polvo e/ou base) 17,4 6,6 - - Cocaína en polvo 17,1 6,3 3,1 2,0 Cocaína base 2,5 0,9 0,2 0,2 Setas máxicas 4,6 1,9 0,7 0,2 Metanfetaminas 2,0 0,6 0,5 0,2 GHB 1,1 0,3 0,2 0,1 Heroína 1,1 0,2 0,0 0,1 Inhalables volátiles 1,4 0,4 0,5 0,1 Nota. Elaboración propia a partir de EDADES (2022).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 50 Anexo 3. Clasificación das Drogas Segundo o seu Efecto no Sistema Nervioso Central Táboa 3 Clasificación das drogas segundo o seu efecto no Sistema Nervioso Central (SNC) Tipo Substancias Efecto sobre o Sistema Nervioso Central (SNC) Depresoras Alcohol, opiáceos (heroína), GHB, hipnosedantes Dificultan o funcionamento habitual do cerebro ao inhibir os mecanismos que axudan a manter o estado de vixilia, pasando por un proceso gradual de adormecemento cerebral (relaxación, somnolencia, sedación, ata a anestesia e o coma). Estimulantes Cocaína, anfetaminas, metanfetaminas, nicotina (tabaco) Alixeiran o funcionamento habitual do cerebro ao provocar euforia e incrementar o estado de alerta, así como a actividade motriz. A súa vez, reducen a sensación subxectiva de cansazo e fame, ademais de poder causar maior dificultade para durmir ou hiperactividade. Perturbadoras Cannabis, alucinóxenos (setas máxicas), inhalantes volátiles, éxtasis Alteran o funcionamento habitual do cerebro ao producir distorsións na percepción, nos estados emocionais e na organización do pensamento. Nota. Elaboración propia a partir de Concello de A Coruña (2019) e Gobierno de las Islas Baleares. Consejería de Salud y Consumo (2022).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 51 Anexo 4. Tres Vertentes do Estigma do Colectivo de Persoas con Adicción a Substancias Figura 1 Tres Vertentes do Estigma do Colectivo de Persoas con Adicción a Substancias Nota. Elaboración propia a partir de Pascual e Pascual (2017).
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 52 Anexo 5. Esquema de Funcionamento do Circuíto Asistencial para o Tratamento das Adiccións en Galicia Figura 5 Esquema de Funcionamento do Circuíto Asistencial para o Tratamento das Adiccións en Galicia Nota. Elaboración propia a partir de Lorenzo et al., 2008; Oficina do Comisionado do PGD, 2004; SERGAS, 2012.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 53 Anexo 6. Fases do estudo Táboa 4 Temporalización das fases do estudo Nota. Nesta táboa refléxase, aproximadamente, o tempo dedicado a cada fase do traballo de investigación.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 54 Anexo 7. Documento de Consentimento Informado DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO INFORMADO Esta entrevista forma parte do estudo “Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica (CT)” que se elabora no marco dos Traballos de Fin de Grao en Educación social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no presente curso académico 2022-23 baixo a supervisión da Profa. Dra. Ana Vázquez Rodríguez (Departamento de Pedagoxía e Didáctica). O obxectivo desta investigación céntrase no estudo das intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos/das Educadores/as Sociais nunha CT. Para que sexan útiles os resultados é necesario que respondas con sinceridade. O tempo requirido é de 20-30 minutos aproximadamente. Tras ler esta cabeceira aceptas participar nesta investigación, coñecendo que: A estudante Josefa Moledo Barreiros, abaixo asinante, do Grao en Educación Social da USC xestionará o tratamento dos datos recollidos na entrevista baixo a seguintes condicións: 1. A participación é voluntaria e anónima. Deste xeito todos os datos relativos a persoas relacionadas, directa ou indirectamente coa investigación serán xestionados de forma totalmente confidencial. 2. Poderás deixar de responder cando o consideres pertinente. 3. Non existirá ningunha recompensa ou beneficio económico pola túa participación no estudo. 4. Os datos serán utilizados para realizar a investigación e poderán ser compartidos coa comunidade científica e académica. 5. De conformidade co disposto na lexislación, a USC protexerá e garantirá o dereito fundamental á protección de datos. O tratamento de datos faise de acordo co Regulamento da Unión Europea 2016/679, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. O rexistro de actividades de tratamento que fai a USC pode consultarse en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html 6. Liches o aviso legal dispoñible na ligazón que segue e aceptas os termos expostos: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos 7. Os datos de contacto do delegado de protección de datos da USC son: Marcos Almeida Cerreda (
[email protected]). 8. Baixo a lexislación vixente, a estudante non revelará a persoas alleas información referida a datos de carácter persoal, ni utilizará ou dispoñerá dela dun xeito ou con finalidade distinta á esixida polas accións formativas e científicas. Esta obriga subsistirá aínda despois de rematadas as mesmas, respondendo en caso de incumprimento do deber de secreto fronte á entidade, sen prexuízo das responsabilidades que por igual causa puideran derivarse ante a Axencia Española de Protección de Datos. Sinatura estudante: Sinatura persoa participante: Nome completo: En , a de de 2023
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 55 Anexo 8. Entrevista Semiestructurada a Educadores/as Socias dunha Comunidade Terapéutica ENTREVISTA SEMIESTRUCTURADA A seguinte entrevista forma parte dun estudo realizado no marco do Traballo Fin de Grao (TFG) titulado “Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica (CT)” correspondente ao Grao en Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o presente curso académico 2022-2023, baixo a supervisión da Profa. Dra. Ana Vázquez Rodríguez do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. O obxectivo da investigación é estudar as intervencións socioeducativas con persoas con adiccións dende o rol dos/das Educadores/as Sociais nunha CT. A través desta entrevista pretendemos coñecer, primeiramente, o perfil dos/as profesionais da Educación Social e do colectivo ao que se dirixen as intervencións socioeducativas na CT de referencia para, posteriormente, por de manifesto as claves do seu traballo neste recurso asistencial, atendendo ás tarefas e funcións propias da Educación Social para axudar ás persoas con adiccións. Finalmente, analizarase o rol e as competencias específicas do/da Educador/a Social nas adiccións. De acordo co disposto no documento de consentimento informado, o estudo será realizado baixo a máis estrita confidencialidade, conservando o anonimato e empregando os datos para o propósito da investigación. Ademais, antes de comezar, solicítase o seu permiso previo para gravar a entrevista co fin de realizar posteriormente a transcrición para a análise e interpretación da información recollida. Bloque I. Perfil do/a profesional da Educación Social e do colectivo ao que se dirixen as intervencións socioeducativas na Comunidade Terapéutica (CT). Para comezar a entrevista, as seguintes preguntas teñen como obxectivo coñecer tanto o teu perfil como profesional da Educación Social na Comunidade Terapéutica, como as características do colectivo ao que se dirixen ás intervencións socioeducativas dende a Educación Social na Comunidade Terapéutica. 1. En primeiro lugar, canto tempo levas traballando na Comunidade Terapéutica? 2. Respecto a túa relación contractual coa empresa, no teu contrato figura como posto de traballo “Educador Social” ou outro perfil? O grupo profesional é o que lle corresponde á profesión? 3. Consideras, pois, que este recoñecemento profesional da figura do Educador/a Social se reflicte nas condicións laborais? DATOS SOCIODEMOGRÁFICOS Sexo/Xénero Idade Anos de experiencia laboral
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 56 4. Antes de exercer o teu labor profesional neste centro, tiñas experiencia previa traballando con colectivos ou contextos similares? 5. Con respecto aos colectivos de actuación, cal é, en xeral, a realidade dos/das usuarios/as con adicción/s que acceden a tratamento na CT? Atendendo, principalmente, ao seu perfil e necesidades máis salientables. 6. É o xénero unha variable determinante no perfil dos/as usuarios/as da CT? Bloque II. Intervención socioeducativa cos e coas usuarios/as da Comunidade Terapéutica como profesionais da Educación Social A continuación, as cuestións que se formulan teñen que ver co traballo con este colectivo en concreto dende as tarefas e funcións propias da Educación Social, é dicir, cales son as claves da intervención socioeducativa para axudar ás persoas con adiccións. 7. Que función ou funcións identifican ao/á Educador/a Social nesta Comunidade Terapéutica? 8. Dende as CT deséñanse, impleméntanse a avalíanse programas grupais de intervención. Están incluídas estas tarefas nas funcións como Educadores/as Sociais ou as realizan outros/as profesionais? 9. Un/unha usuario/a que finalice o tratamento, en que programas tería traballado? Entre eles, cales son os que máis se deben tratar ou teñen un maior impacto na súa rehabilitación? 10. Consideras que algunhas das funcións que desempeñas non lle corresponden ao teu perfil profesional? (En caso de resposta afirmativa, cales son esas funcións e por que non lle corresponden como Educador/a Social). 11. Contemplas outra/s función/s que poderías desenvolver como Educador/a Social por ter a capacitación requirida para a súa execución e non leves a cabo? (En caso de resposta afirmativa, cales son esas funcións e os motivos polos que non pode desempeñar dita/ditas función/funcións). 12. Ao comezo falábamos sobre as principais necesidades dos/das usuarios/as. Dende a perspectiva da Educación Social, estimas que as intervencións socioeducativas se axustan a ditas necesidades? É importante o traballo interdisciplinar no equipo da CT para a atención das súas necesidades? 13. En xeral, con que dificultades ou limitacións se pode encontrar o/a Educador/a Social na súa intervención socioeducativa na CT? Como as solucionades ou consideras que se poden solucionar? 14. Unha vez que a persoa culmina o proceso terapéutico na CT, realízase un seguimento a través dos recursos externos á mesma? O/a Educador/a Social participa dalgún xeito nese seguimento ou perde o contacto coa persoa cando esta finaliza o seu tratamento neste recurso asistencial? Bloque III. O papel dos e das profesionais da Educación Social na rehabilitación do colectivo de persoas con adiccións.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 57 Para finalizar a entrevista, as seguintes preguntas están destinadas a indagar sobre a importancia da figura do/a Educador/a Social no campo das adiccións, a través da análise do rol e das competencias que che definen como profesional neste eido. 15. Consideras que o rol do e da Educador/a Social na CT se encontra ben definido ou pensas que se debería perfilar ou axustar? 16. No exercicio das túas funcións na CT, de que técnicas e/ou estratexias de intervención fas uso para contribuír á rehabilitación do/da usuario/a? Se tiveses que priorizar, cales sopesas que son máis importantes para traballar con este colectivo? 17. Que características actitudinais e persoais consideras que debe posuír o/a Educador/a Social para poder contribuír á CT por medio do seu traballo? 18. En si, cal cres que é a importancia do/da Educador/a Social na CT? É dicir, que pensas que aporta a figura do/da Educador/a Social tanto no proceso terapéutico das persoas con adiccións como ao equipo interdisciplinar da CT? 19. Valoras necesaria a incorporación ao equipo interdisciplinar dun maior número de Educadores/as Sociais? Por que? 20. Para rematar, de que xeito pensas que se podería optimizar o labor da figura do/da Educador/a Social na CT de cara a favorecer a rehabilitación do colectivo de persoas con adiccións? Por último, deixamos un espazo aberto por si estimas necesario engadir algún aspecto ou comentario que non se contemplara durante o desenvolvemento da entrevista. Moitas grazas pola túa colaboración.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 64 coñecemos polas súas dificultades, chegan aquí polas súas dificultades pero bueno, o primeiro eu penso que é o respecto. Logo penso que en certos recursos, onde digamos que as persoas teñen unha carga importante de problemas, as persoas que traballamos aquí deberíamos de ter un certo recorrido vital, porque é verdade que enfrontarse a situacións complicadas é difícil, sobre todo se non tes un certo recorrido vital. É complicado entender, afrontar situacións que a veces se dan nestes contextos... Os problemas son o centro, por iso é complicado. Como falábamos antes é verdade que hai cousas que non se poden aprender e transmitir “en pack”, en talleres… Entón unha certa experiencia vital si que pode ser útil. Logo, pois moitas veces as cualidades das persoas que, por exemplo, aquí somos un equipo moi variado entón é verdade que a veces para chegar a distintas persoas, en distintos momentos, a veces é máis fácil achegarse a un que a outro ou outra e, non todos temos que ter as mesmas cualidades, nin as mesmas capacidades, porque ao ser un equipo podemos complementarnos e iso pode ser beneficioso nun momento determinado. Penso que no noso caso é útil e interesante. Entrevistadora: En si, cal cres que é a importancia do Educador/Educadora Social na CT? É dicir, que pensas que aporta a figura do Educador/Educadora Social tanto no proceso terapéutico das persoas con adiccións como ao equipo interdisciplinar da CT? Entrevistado 1: Pois o que vimos falando. Somos os que estamos aquí, damos continuidade e soporte ás actividades, os que dalgunha maneira de cara ao resto do equipo podemos achegar información nun momento determinado sobre o que está a pasar con cada persoa en cada momento… Ás veces podemos adaptarnos ou axustarnos mellor ás necesidades, ou ás veces aproveitar esas cousas que pasan como oportunidades para aprender e para mellorar os recursos persoais… Penso que aportamos valor, un valor moi importante a este recurso. Entrevistadora: Valoras necesaria a incorporación ao equipo interdisciplinar dun maior número de Educadores/Educadoras Sociais? Entrevistado 1: Pois algún máis ao mellor si. De feito, aquí fomos máis xa. É verdade que se deixou de facer o turno de noite que supoñía un montón de horas e, polo tanto, necesitaba persoal. Pero bueno, ao final sobre todo en determinados períodos a verdade é que costa dar resposta a todos os turnos e todos os momentos. Entrevistadora: En liñas xerais, en que cres que beneficiaría contar cun maior número de Educadores e Educadoras Socias no equipo interdisciplinar?
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 65 Entrevistado 1: Pois fundamentalmente a cubrir mellor os espazos, pois estamos falando dun recurso que funciona todos os días do ano, de 8 da mañá a 12 da noite, sendo moitas horas de traballo e moitas veces hai que estar a moitas cousas... entón digamos que repartido é máis fácil e mellor, habendo máis tempo para atender ás persoas e facelo con máis calma. Entrevistadora: Para rematar, de que xeito pensas que se podería optimizar o labor da figura do Educador/Educadora Social na CT de cara a favorecer a rehabilitación do colectivo de persoas con adiccións? Entrevistado 1: Supoño que como noutros recursos o tema de que nos formemos continuamente, de que teñamos oportunidades tamén como equipo porque a veces iso tamén escasea. Oportunidades que teñamos para confrontar, compartir, deseñar e redeseñar... que a veces iso bótase en falta… Tempo para repensarnos e incluso para prepararnos, para ir facendo novas apostas. Entrevistadora: Por último, deixamos un espazo aberto por si estimas necesario engadir algún aspecto ou comentario que non se contemplara durante o desenvolvemento da entrevista. Entrevistado 1: Valorar as persoas de prácticas, pois son importantes tamén. Sobre todo facendo boas preguntas tamén che fan pensar e pode ser interesante para non quedarse a veces no que xa estás e no que xa fas. Por iso moi ben, moi ben por poñerlle ganas. Entrevistadora: Con esta aportación damos por rematada a entrevista. Moitas grazas pola túa colaboración. Entrevistado 1: Grazas a ti.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 66 Anexo 10. Transcrición da Entrevista Semiestructurada a Educadores/as Socias dunha Comunidade Terapéutica Entrevistadora: A presente entrevista consta de tres bloques de preguntas diferenciados. Para dar comezo á mesma, o primeiro destes bloques ten como obxectivo coñecer tanto o teu perfil como profesional da Educación Social na Comunidade Terapéutica, como as características do colectivo ao que se dirixen as intervencións socioeducativas dende a Educación Social na CT. Así pois: - En primeiro lugar, canto tempo levas traballando na Comunidade Terapéutica? Entrevistada 2: Dez anos faría en Nadal porque comecei aquí a cubrir fins de semana, vacacións… Entrevistadora: Respecto a túa relación contractual coa empresa, no teu contrato figura como posto de traballo “Educador Social” ou outro perfil? O grupo profesional é o que lle corresponde á profesión? Entrevistada 2: Si, estou como Educadora Social. Agora si, é certo que o grupo profesional é o que lle corresponde. Entrevistadora: Consideras, pois, que este recoñecemento profesional da figura do Educador/a Social se reflicte nas condicións laborais? Entrevistada 2: Agora si. Entrevistadora: Antes de exercer o teu labor profesional neste centro, tiñas experiencia previa traballando con colectivos ou contextos similares? Entrevistada 2: DATOS SOCIODEMOGRÁFICOS DA PARTICIPANTE 2 Sexo/Xénero: Muller Idade: entre 25 e 54 anos Anos de experiencia laboral: 9
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 67 Si, traballei como Educadora Social indo a dar charlas en centros. Non con esta empresa, con outra. Ía a dar charlas en centros educativos, taller de familias… Si, estiven con menores dando apoio e reforzo escolar con algunha problemática ou dificultade. Entrevistadora: Con respecto aos colectivos de actuación, cal é, en xeral, a realidade dos usuarios e usuarias con adicción/adiccións que acceden a tratamento na CT? Atendendo, principalmente, ao seu perfil e necesidades máis salientables. Entrevistada 2: De todo tipo. Si que é verdade que despois cando fas o cuestionario inicial, o pasas e despois ves os datos pois dis: “pois hai máis homes”. Iso está clarísimo, hai máis homes. Pero tamén ten que ver cunha cuestión de xénero, quero dicir, sería todo debatible pero si que hai máis homes de 40 e pico anos. Perfil? Pois de todo tipo de substancias, situacións familiares… Pero si, predomina homes e desa idade. Entrevistadora: En canto ás necesidades máis salientables dos usuarios e usuarios con adiccións que acceden a tratamento na CT, gustaríache mencionar algunha? Entrevistada 2: Quizais a necesidade de encontrarse consigo mismo, non sei, de parar, pararse un tempo. En común poderían ter esa, a necesidade de parar e encontrar o seu camiño. Entrevistadora: Á seguinte cuestión de certo xeito xa lle destes resposta anteriormente, pois esta ten que ver con que se o xénero é unha variable determinante no perfil dos usuarios e usuarios da CT. Douche espazo por se estimas necesario engadir algo ao respecto que non contemplaras. Entrevistada 2: Si, totalmente, é unha variable moi determinante. Debería haber recursos e axuda específica. Sería necesaria baixo o meu punto de vista. Deberían ser tratamentos diferenciados xa dende que accedes a un servizo comunitario ou a un centro de saúde xa debería de estar totalmente diferenciado porque as necesidades son diferentes. Entrevistadora: A continuación, dando paso ao segundo bloque, as cuestións que se formulan teñen que ver co traballo con este colectivo en concreto dende as tarefas e funcións propias da Educación Social, é dicir, cales son as claves da intervención socioeducativa para axudar ás persoas con adiccións. Deste xeito: - Que función ou funcións identifican ao/á Educador/a Social nesta Comunidade Terapéutica? Entrevistada 2:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 68 Todas as que se che poidan ocorrer: acompañamento, apoio, guía… Non sei, todas, pero basicamente a de acompañar, sobre todo nun centro como este onde teñen a liberdade de escoller o que queren. Non somos nós as que lle dicimos se teñen que facer isto ou o outro, máis ben é un: “ti que queres?”, e logo axúdaslle para que segundo os seus obxectivos e necesidades poidan acadalos. Entrevistadora: Dende as CT deséñanse, impleméntanse a avalíanse programas grupais de intervención. Están incluídas estas tarefas nas funcións como Educadores/Educadoras Sociais ou as realizan outros/outras profesionais? Entrevistada 2: Si claro, facémolas nós. Nesta Comunidade si. Entrevistadora: Un/unha usuario/a que finalice o tratamento, en que programas tería traballado? Entrevistada 2: Depende do que queira traballar, pero os básicos e comúns de “Prevención de Recaídas”, “Habilidades Sociais”, “Autoestima”, “Control de Ansiedade”... A nivel xeral, pero despois profundizan segundo as súas necesidades e o que queiran facer, que iso tamén é importante. Pero, a nivel xeral, todos traballarían a nivel grupal nestes temas. Entrevistadora: Entre eles, cales son os que máis se deben tratar ou teñen un maior impacto na súa rehabilitación? Entrevistada 2: Todos se deberían traballar pero “Xestión Emocional” é fundamental para o control de impulsos, toma de decisións… Todo se podería aunar en “Prevención de Recaídas”. Ás veces hai unha sesión grupal onde todo xira arredor diso sen pórlle ese nome, porque “Autoestima” tamén é “Prevención de Recaídas”, “Habilidades Sociais” tamén é “Prevención de Recaídas”... Entón bueno, dentro de “Prevención de Recaídas” entraría absolutamente todo o que se traballa aquí. Todo é fundamental baixo o meu punto de vista. Entrevistadora: Consideras que algunhas das funcións que desempeñas non lle corresponden ao teu perfil profesional? Entrevistada 2: No, incluso máis que poderíamos facer. Outra cousa é que ás veces este é un centro no que ás veces fas un pouco máis. Hoxe fago unha cousa que supostamente non me debería corresponder…? Pois bueno, non o vexo así vamos. Evidentemente, fanse cousas que pola regla non che tocaría facer? Si, pero… estamos nunha Comunidade. Entrevistadora:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 69 Contemplas outra/s función/s que poderías desenvolver como Educador/a Social por ter a capacitación requirida para a súa execución e non leves a cabo? Entrevistada 2: Sabes o que pasa? Que aquí máis ou menos como é un sitio, así tan entre comiñas, que che dan a liberdade para ir facendo pois… bueno... hai cousas que secadra estrictamente polo libro non as fai a Educadora Social, pero bueno, depende… É que aquí temos liberdade para facer, entón hai cousas que non debes e que fas… non sei, é complexo. A verdade é que esta pregunta resúltame un pouco complicada. Hai cousas que igual se houbese outros perfís profesionais, por exemplo, integración social, pois sería xenial. Habería cousas que podería facer o fin de semana, como dinamización, por exemplo. O integrador ou integradora social podería facelo, pero, existe o perfil? Non, entón fágoo eu. Ademais, hai que ter en conta que estou capacitada, teño a titulación… Igual os días que non está a Traballadora Social fago cousas que lle competen a ela? Pois si, pero non vexo que sexa algo tan delimitado e tan… Entrevistadora: Ao comezo falábamos sobre as principais necesidades dos usuarios e usuarias. Dende a perspectiva da Educación Social, estimas que as intervencións socioeducativas se axustan a ditas necesidades? Entrevistada 2: Penso que si, penso que o que non se fai non é por falta de traballo noso, senón igual polo ambiente, polas circunstancias… Por exemplo, ti podes traballar cunha persoa o ocio e o tempo libre aquí e planificar de cara cando saia pero, despois non depende tanto de nós, da nosa intervención ou da nosa búsqueda, senón do que poida ser. Pero si, considero que si. Entrevistadora: É importante o traballo interdisciplinar no equipo da CT para a atención das súas necesidades? Entrevistada 2: Si, o traballo en equipo é fundamental. Por iso che dicía antes, quizais aínda que estea ou non delimitado que entre todas logremos… Dá igual se con quen vai a falar a persoa é comigo, coa Psicóloga, coa Enfermeira… que ao final nos coordinemos de tal forma que poidamos atender o mellor posible á persoa. Entrevistadora: En xeral, con que dificultades ou limitacións se pode encontrar o/a Educador/a Social na súa intervención socioeducativa na CT? Como as solucionades ou consideras que se poden solucionar? Entrevistada 2:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 70 Si non tes a formación adecuada, ou si non tes as habilidades para levar a cabo unha intervención estás fastidiado. Vas de culo, con perdón, se pensas que co que estudas unicamente vai chegar. Tes que ter ademais un perfil, penso. É que non todo o mundo vale para este traballo! Hai que ter vontade, tes que ter formación, a maiores de que estudes ou non unha carreira. De feito, penso que en moitas ocasións nós mesmas traballando disto nos autolimitamos cando somos un perfil súper necesario e preparadísimo, pero ás veces pois pensas que te quedas porque iso é o que sabes, o que che ensinaron, e no… Tes que intentar sempre ir un pouquiño máis alá, pero claro depende da persoa. Terás que intentar formarte na medida do posible ou consultar cun compañeiro para saber como el o fai, ou coa Psicóloga. “Pois pasou isto, ti como farías? Non sei como devolver”. Sobre todo non meterte en xardíns que non manexes, se ves que tes algunha carencia a nivel persoal ou profesional, sempre pedir consello e intentar mellorar. Tamén as dificultades que se pode encontrar un Educador Social, unha Enfermeira, será por falta de recursos. Pero penso que o primeiro que mencionaba se trata dunha cuestión a solucionar a nivel individual, sabes? Da vontade do propio ou da propia profesional. Entrevistadora: Unha vez que a persoa culmina o proceso terapéutico na CT, realízase un seguimento a través dos recursos externos á mesma? O/a Educador/a Social participa dalgún xeito nese seguimento ou perde o contacto coa persoa cando esta finaliza o seu tratamento neste recurso asistencial? Entrevistada 2: Perdemos o contacto, é unha pena pero si. O único contacto que temos é cando eles ou elas son as que se poñen en contacto con nós, porque eles queren persoalmente chamar e dicir: “pois estou ben”. Aínda fai unha semana estaba eu de turno e chamou un chico que estivo fai... non sei, catorce anos practicamente. “Bueno, vaime así, vaime asá, lémbrome de vós…”. Pero porque chama el, pola nosa parte en realidade non existe ese tipo de seguimento. Entrevistadora: Para finalizar a entrevista, e dando paso ao terceiro bloque de cuestións, as seguintes preguntas están destinadas a indagar sobre a importancia da figura dos Educadores e Educadoras Sociais no campo das adiccións, a través da análise do rol e das competencias que vos definen como profesionais neste eido. Así pois: - Consideras que o rol do Educador/Educadora Social na CT se encontra ben definido ou pensas que se debería perfilar ou axustar? Entrevistada 2: Eu penso que está… Os compañeiros que levan máis anos xa se encargaron de delimitalo moi ben. Outra cousa é que ata fai pouco non conseguíramos poñerlle o nome á categoría correspondente e equiparar o salario ao que debería ser. Si que baixo o meu punto de vista, e volvendo a unha pregunta anterior cando me dicías se cría que se axustaban as condicións… Penso que a nivel sociocanitario
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 71 está ben entre comiñas, vale? Antes dixen, si, si que está ben, pero é verdade que non temos o recoñecemento a nivel Xunta de Galicia ou Consellería que debería ser, pois non estamos recoñecidos dentro do cadro de persoal. É dicir, aquí na empresa si porque é privada, pero a nivel público que isto depende dunha entidade pública, non aparece o Educador Social. Quero dicir, que aínda faltaría nese sentido acadar iso que me parece súper importante. Que pasa? Que dun día para outro… Entrevistadora: No exercicio das túas funcións na CT, de que técnicas e/ou estratexias de intervención fas uso para contribuír á rehabilitación do usuario ou usuaria? Entrevistada 2: Puf, eu que sei. Intento ser empática, non xulgar, escoitar… Procuro sobre todo responder ás necesidades da persoa, pero sempre escoitando, intentando aprender o que non sei ou se me escapa, lendo, investigando como mellor… “Esta persoa necesita isto? Pois vamos a buscar unha solución”. Entrevistadora: Se tiveses que priorizar, cales sopesas que son máis importantes para traballar con este colectivo? Entrevistada 2: Non sei dicirche, é un pouco complicado. Pero ser empática, non xulgar… Pero a empatía é complicada tamén. Ser empática e non xulgar, escoitar e.. sempre cunha distancia, non deixas de ser profesional e nós ao pasar tanto tempo, tanta cercanía, é complicado que as veces pois se respecte á figura. Non por nada, pero si que é verdade que somos a persoa que estamos máis cerca. Pero é moi importante que cando traballemos o fagamos, a min díxomo unha vez “Suxeito 1”: “ti traballa como se fora o teu tío, a túa nai, o teu primo”. É dicir, con distancia pero tendo en conta o que lle gustaría a esa persoa recibir. Sempre sendo profesionais, porque non son os nosos colegas, pero hai que ser moi respectuosos tamén coa persoa que temos ao lado, intentar facer sempre todo o mellor que saibamos. Supoño que se define en iso, empatía, saber escoitar… Entrevistadora: Que características actitudinais e persoais consideras que debe posuír o/a Educador/a Social para poder contribuír á CT por medio do seu traballo? Entrevistada 2: Unha persoa activa, proactiva, que busque sempre… unha “Entrevistada 4”, unha “Suxeito 2”. Cada un ten o seu, pero si que para min sería a Educadora ou Educador perfecto, que sempre… “Entrevistada 4” por exemplo, porque é a última que chegou, máis xoven… sempre está disposta a escoitar. Se vexo que me equivoco pois doulle unha volta, todo o que me poida dicir a persoa reflexionalo, buscar ser cercana pero á vez que iso non me leve a abrir demasiado a man... Porque ter uns límites para eles e elas mesmas para que consigan facer unha vida o máis ordenada posible é esencial. Dende o cariño, sempre, que é moi complicado ás veces tamén, pero non sei. Responsable, ser unha persoa que fora
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 72 responsable para e con absolutamente todo, para poder trasladarlles iso a e eles tamén. Responsable, activa, proactiva, cerca pero á vez marcando límites… Entrevistadora: En si, cal cres que é a importancia do/da Educador/a Social na CT? É dicir, que pensas que aporta a figura do/da Educador/a Social tanto no proceso terapéutico das persoas con adiccións como ao equipo interdisciplinar da CT? Entrevistada 2: O noso traballo é fundamental. Unha das persoas que máis nos achegamos ás persoas, máis cercanas, as que ás veces nos podemos dar de conta do que lles está pasando e poder, pois, aínda que non teñas as habilidades para darlle resposta a algo porque non tes a formación, a capacidade, así como que non estamos aquí para facelo todo porque… iso tamén é un erro. A xente ás veces chega aquí e quere ou pensa “x” e iso ás veces é unha cuestión que non nos compete, por iso hai tantas diferentes profesións aquí. Pero si que podo ao mellor recollelo, derivalo, decirlle a miña compañeira: “pois mira isto é importante que o vexas”, etc. Pero é fundamental porque esa cercanía nos permite saber como está a persoa, poder escoitala e no caso de non ser quen de dar resposta derivalo… Non sei, a cercanía aquí fai moitísimo. De feito, a xente que chama faino recordándose de nós, do ben que a tratamos. A xente o que quere é que a traten ben e non custa tanto. E, ao ser un colectivo que ao final… iso. É iso, ao equipo aportámoslle todo. Cada profesional, no seu recuncho, ten a súa parte e entre todos e todas facemos o bloque, para min, perfecto. Que podería haber máis? Si, pero non pode existir unha Comunidade, ou eu non o vexo, sen Educadores Sociais. Entrevistadora: Valoras necesaria a incorporación ao equipo interdisciplinar dun maior número de Educadores/as Sociais? Por que? Entrevistada 2: Neste momento co número de persoas que atendemos estaría ben algún máis. Un par deles por turno de fin de semana, tres por semana… Pero claro, eu que sei, por pedir, o ideal sería. Isto permitiríanos crear máis, innovar, modificar, facer máis cousas, máis programas, adaptarnos máis. Facemos tratamento individualizado, pero máis aínda. Non sei, se houbese saídas xa sería a leche, estaría moi ben. Refírome a saídas en compañía dos Educadores. Entrevistadora: Para rematar, de que xeito pensas que se podería optimizar o labor da figura dos Educadores e Educadoras Sociais na CT de cara a favorecer a rehabilitación do colectivo de persoas con adiccións? Entrevistada 2: As persoas temos que vir formadas e moi ben formadas en adiccións, en bo trato á persoa, nunha serie de valores que, como che dicía antes, como non se traian da casa, chungo... Pero, a maiores, unha ten
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 73 que ter a vontade de seguir aprendendo sempre, senón logo unha chega aquí e en temas de animación sociocultural ou outro montón de cousas que ás veces parecen unha tontería pero que teñen moito que ver co traballo que vimos a desenvolver, e non se ve capaz. Ter recursos de búsqueda de emprego… Penso que todo pasa pola formación, que penso que non ten porque ser de xeito formal senón que a propia persoa pode ter vontade, interese… e así serlles unha ferramenta o máis completa posible. Entrevistadora: Por último, deixamos un espazo aberto por si estimas necesario engadir algún aspecto ou comentario que non se contemplara durante o desenvolvemento da entrevista. Entrevistada 2: Eu penso que nos temos que dignificar porque ninguén o vai facer por nós. Temos que estar moi orgullosas do que somos e que se nos note. Iso implica recoñecer tamén o que non podemos facer, que algo se nos escape e dicir: “pois ata aquí non chego”, e derivar, pedir axuda… Pero despois sempre ter ganas de facer, incluso partindo de pelar unha pataca, que ás veces parece que eres menos Educador Social por pelar unha pataca e non. Penso que todo o que se pode facer neste recurso é importante e temos que levalo con moitísimo orgullo. Defender a nosa profesión! Hai que preguntarlles aos usuarios, penso que somos fundamentais. Todas as profesións que hai aquí o son e nós uns máis. Entrevistadora: Con esta aportación damos por rematada a entrevista. Moitas grazas pola túa colaboración. Entrevistada 2: Non hai de que. Grazas a ti, foi un pracer.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 80 Que características actitudinais e persoais consideras que debe posuír o Educador/Educadora Social para poder contribuír á CT por medio do seu traballo? Entrevistado 3: Actitude, non ter medo ao erro, comunicar o erro, comunicar o éxito ou o bo facer e, sobre todo, a observación. Ti observa, mira, pregunta, nunca quedes cunha pregunta na boca. Cando che digan algo e ti non o entendas, non pasa nada que non o entendas. Pregunta, preguntar é fundamental, tanto a usuarios como profesionais. Iso sería o ideal. Tamén a iniciativa. Cando te encontras xente que lle tes que dicir o que ten que facer, bueno, é lento, complicado pero non me importa. Pero a actitude determina cando á xente lle dis o que hai que facer ou lle preparas un traballo e, sinxelamente, xa ten a disposición de facelo e, a medida que o desenvolve, pregunta. Iso é o que me interesa a min, xente con actitude, disposta a preguntarche continuamente pero porque traballa, non espera a que lle digan o que hai que facer. A algunhas persoas díselle e a outras indícaselle, cando indicas e cho fan é unha gozada. Ese é ao resumo que quería chegar e non chegaba. Entrevistadora: En si, cal cres que é a importancia do Educador/Educadora Social na CT? É dicir, que pensas que aporta a figura do Educador/Educadora Social tanto no proceso terapéutico das persoas con adiccións como ao equipo interdisciplinar da CT? Entrevistado 3: Información, moita, moita información. Aportamos información tanto para Educadores, como Psicólogos, Psiquiatras, Enfermeiras… para quen sexa. É o maior ou un dos maiores aportes. Iso de que cando entramos xa sabemos como vai a Comunidade, ese entender a atmosfera do que ocorre en cada momento. No fondo é a observación, que é fundamental como dicía antes. Ti observa para logo intervir. Intervir a cegas a veces hai que facelo pero é complicado. Hai que ter sempre plan A e plan B, un Educador Social sempre. Co equipo, ademais da transmisión da información está o facer. Se hai que coller unha escoba, o mesmo a colle a Psicóloga, como a Enfermeira, como nosoutros. Iso é importante. É unha chorrada dito así pero é un feito tan importante visto así. A veces ata son os usuarios quen che quitan de facelo, estrañados e cuestionando por que o fas e, basicamente porque manchei, e se mancho barro. Isto por dicir o máis mínimo, pero coas cousas máis importantes é exactamente o mesmo. Ademais hai unha cousa, hai intervencións que dá igual quen as faga. Non soamente depende do sentido común senón da profesionalidade de cada persoa. Se algúen se está afogando, tes que salvarlle a vida sexas o que sexas. Entón, hai outro tipo de actuacións terapéuticas que son dese mesmo rango, témolas que saber facer todos, ao menos para conter a situación moitas veces. A veces pódese procrastinar e iso é bo. Pero bueno, se ves que hai un incendio, apágao. Entrevistadora:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 81 Valoras necesaria a incorporación ao equipo interdisciplinar dun maior número de Educadores/as Sociais? Por que? Entrevistado 3: Si, claro que si. Moitas veces o número non é bo. A veces cando nos convertemos en máis os terapeutas que os pacientes é incómodo. É incómodo tanto para o profesional como para o paciente, por ese aplastamento. Pero si, hai que telo en conta e aquí eu calculo que farían falta polo menos dous Educadores máis, pero non para estar moitos á vez, senón para estar en momentos concretos. En momentos concretos sería necesario que houbese sempre dous Educadores, en cada turno, incluso por que non ao mellor algunha noite? Non o sei, non o sei. Entrevistadora: Para rematar, de que xeito pensas que se podería optimizar o labor da figura do Educador/Educadora Social na CT de cara a favorecer a rehabilitación do colectivo de persoas con adiccións? Entrevistado 3: Buf, na miña téñoo claro porque xa o estamos facendo realmente, que pasa polo que che dixen antes, sobre todo ese factor de convivencia é o que nos determina e nos fai ser moito máis eficaces como Educadores Sociais. É o todo porque claro, cando o ves todo, cando actúas en todo e cando estás en todo, cando eles mesmos che solicitan para ese todo, pois ostras, que máis podo pedir. Entrevistadora: Por último, deixamos un espazo aberto por si estimas necesario engadir algún aspecto ou comentario que non se contemplara durante o desenvolvemento da entrevista. Entrevistado 3: Creo que máis ou menos xa cho dixen todo pero, para traballar nisto hai que estar disposto a facerte preguntas, polo menos as que vaias a facer. Tes que estar disposto a ceder tempo porque hai cousas que levan moito tempo e a veces hai que facer tempo, incluso a costa da túa vida persoal… Bueno, ben, iso vaste facendo eficaz co paso dos anos, a veces vas aprendendo eses atallos para poder rentabilizar o que lle ocorre ao usuario. Que máis che podería dicir? Pois estar disposto a deixar fóra os teus propios problemas persoais, aquí tes que traballar co que lle ocorre aos demais, non co que che ocorre a ti. Improvisamos moito pero improvisamos sobre a experiencia que xa temos, ou sexa que realmente o único que temos que abrir é a carteira de cheques e ir sacando segundo as necesidades. Aínda que pareza que improvisamos moito, hai moitas cousas que xa están completamente determinadas para cando ocorran esas improvisacións. Aínda que pareza que eu improviso moito, non improviso absolutamente case nada. Todo o que vou facer, vou a dicir ou, incluso, ás veces algún tipo de broma, téñoa preparada. Non son tan osado, entón teño moito coidado en sempre preparar todo o que vaia a facer. Algunha vez improvisei? Home claro que si, pero bueno son cousas sinxelas
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 82 realmente. Pero outras veces esas improvisacións que parece que chegan do aire, non chegan do aire senón de moitos anos de saber o que ocorre en cada momento para poder aplicar en cada momento. Dende unha orde (porque ás veces ordénase, non nos enganemos, ás veces hai que ordenar), ata un chiste ou un beneplácito que lles das polo que sexa. Sempre hai que ter plan B e plan A, e telos sempre na manga, recórdao. E logo a túa mentalidade xa posta aí: “que vou facer? Isto, isto e isto e, con que se van a rir? Con isto, con isto e con isto”. Eu actúo moitas veces e ademais eu creo que se me nota. Por iso debo estar disposto a todo iso. Entrevistadora: Moitas grazas por esta aportación, con ela damos por rematada a entrevista. A maiores agradecer a túa colaboración. Entrevistado 3: Vaia rollo che soltei (risa). Solteiche un rollo de tres pares de narices, pero con moito gusto.
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 83 Anexo 12. Transcrición da Entrevista Semiestructurada a Educadores/as Socias dunha Comunidade Terapéutica Entrevistadora: A presente entrevista consta de tres bloques de preguntas diferenciados. Para dar comezo á mesma, o primeiro destes bloques ten como obxectivo coñecer tanto o teu perfil como profesional da Educación Social na Comunidade Terapéutica, como as características do colectivo ao que se dirixen as intervencións socioeducativas dende a Educación Social na CT. Así pois: - En primeiro lugar, canto tempo levas traballando na Comunidade Terapéutica? Entrevistada 4: Levo 4 anos. Entrevistadora: Respecto a túa relación contractual coa empresa, no teu contrato figura como posto de traballo “Educador Social” ou outro perfil? O grupo profesional é o que lle corresponde á profesión? Entrevistada 4: Educadora Social, si. Entrevistadora: Consideras, pois, que este recoñecemento profesional da figura do Educador/Educadora Social se reflicte nas condicións laborais? Entrevistada 4: Si, ou sexa, realmente na función que aquí compren os Educadores Sociais si. En función as fases que teñen que cumprir as funcións dun Educador ou Educadora Social aquí si. Entrevistadora: Antes de exercer o teu labor profesional neste centro, tiñas experiencia previa traballando con colectivos ou contextos similares? Entrevistada 4: No porque xa empecei aquí ao acabar a carreira. DATOS SOCIODEMOGRÁFICOS DA PARTICIPANTE 4 Sexo/Xénero: Muller Idade: entre 25 e 54 anos Anos de experiencia laboral: 4
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 84 Entrevistadora: Con respecto aos colectivos de actuación, cal é, en xeral, a realidade dos usuarios/usuarias con adicción/s que acceden a tratamento na CT? Atendendo, principalmente, ao seu perfil e necesidades máis salientables. Entrevistada 4: Agora mesmo o perfil cambiou, eu fai pouco que comecei a traballar nisto, hai catro anos. Se lle preguntas a “Entrevistado 1” ou a “Entrevistado 3” que teñen moitos anos aquí diranche un perfil totalmente distinto. Dende que eu comecei a traballar o perfil en adiccións é o dunha persoa con patoloxía dual que suma un problema de saúde mental a nivel, como pode ser, esquizofrenia, bipolaridade ou un trastorno da personalidade xunto cun trastorno de adicción. De feito, pois quizais nestes últimos anos vese moito tamén o deterioro cognitivo, a falta de hábitos e rutinas no seu día a día por mor de paternalización por parte dos pais, por abandono do sistema… Sobre todo ademais o perfil soe ser sobre persoas entre uns… 40 a 50 anos… bueno, 35 a 50. Os máis novos a verdade non hai moitos casos de xente moi nova que veña, hai un en cada 15 máis ou menos. Ese sería así un pouco o perfil, sobre todo o de patoloxía dual sumado a outra adicción como pode ser ludopatía ou adicción ao sexo. Entrevistadora: É o xénero unha variable determinante no perfil dos/as usuarios/as da CT? Entrevistada 4: Si, pero o xénero xa é unha variable determinante en calquera ámbito da vida como muller. De feito, nas adiccións xogan cunha dobre discriminación, a de ser muller e a de sufrir o estigma de todo o que conleva unha adicción. Un home, por así dicilo, aquí se seguimos o estereotipo para conseguir os cartos cando necesitaba facer un consumo, era a través do roubo ou a través da violencia e, a muller era a través da cosificación, da venta do seu propio corpo, normalmente. Pero en si o xénero aquí xoga un papel fundamental e moi complicado. De feito, hai dúas prazas para mulleres cando hai catorce prazas. Pero… tanto no ámbito de adiccións como prisión, ou se vas a calquera outro colectivo específico, o papel das mulleres queda relegado. De feito, este tratamento ou calquera aínda que se intente individualizar, tería que estar aínda máis individualizado ao perfil dunha muller. Refírome, polo contexto totalmente diferente, soen ser as mulleres coidadoras, soen ser quen teñan máis responsabilidades e aquí moitas veces asumen outra vez o papel, ese rol de coidadora. Entrevistadora:
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 85 A continuación, dando paso ao segundo bloque, as cuestións que se formulan teñen que ver co traballo con este colectivo en concreto dende as tarefas e funcións propias da Educación Social, é dicir, cales son as claves da intervención socioeducativa para axudar ás persoas con adiccións. Deste xeito: - Que función ou funcións identifican ao Educador/Educadora Social nesta Comunidade Terapéutica? Entrevistada 4: Para min, xa che diría que o papel fundamental do Educador Social é o acompañamento, é a presenza. Pero se lle preguntas ás persoas que hai aquí, aos usuarios, diríanche que é a figura, seguramente, de profesionais a principal. Somos as persoas que estamos 16 horas ao día con eles, acompañándoos nas actividades, nas propostas, nas dinámicas e en todo. Somos a súa persoa de referencia na maioría das ocasións. Somos as persoas que os despertamos ás oito da mañá (aínda que lles fastidie), as que cando están chorando porque teñen unha mala chamada coa súa familia somos os que estamos detrás apoiándoos e moitas veces de onde sacamos, detrás das historias, como poden encadear o futuro. A Educadora Social o que xera son ferramentas para cando saian fóra podan levalas con eles e levalas a cabo. Eu creo que dende aquí iso se cumpre, refírome, unha vez máis, para eles se lle preguntas somos a figura principal aquí. Está a Traballadora Social, a Psicóloga que fai unha labor fundamental aquí pero, á hora do traballo, da responsabilidade que eles ven, ven a nosa figura. Entrevistadora: Dende as CT deséñanse, impleméntanse a avalíanse programas grupais de intervención. Están incluídas estas tarefas nas funcións como Educadores/Educadoras Sociais ou as realizan outros/outras profesionais? Entrevistada 4: O equipo de Educadores en conxunto somos os que preparamos os programas, os implementamos e avaliamos. De feito, agora estamos comezando co “Cortex” para traballar a “Estimulación cognitiva”. Á par que fai a Enfermeira a parte deste novo grupo que se está formando, nós levamos outros grupos. Implementámolo nós, fixemos nós os obxectivos, marcámolos e agora cando cerre o grupo facemos a avaliación. Pero é sempre a Educadora Social, somos quen levamos case todos os grupos aquí. Entrevistadora: Un/unha usuario/usuaria que finalice o tratamento, en que programas tería traballado? Entrevistada 4: Dende aquí como traballos o que lle chamamos aquí moitas veces son programas que levamos a cabo que son sobre todo para enfatizar nas habilidades sociais, na xestión emocional, na prevención de recaídas… e logo hai tamén outra parte importante que estamos empezando agora con este programa que che dicía de estimulación cognitiva. Despois levamos a cabo outros programas que tratan de forma transversal a autoestima, a intelixencia emocional, a resiliencia, a xestión do ocio, a través doutras
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 86 actividades pero quizais os bloques fundamentais de dinámicas que levamos aquí son esas, nas que máis traballamos. Entrevistadora: Entre eles, cales son os que máis se deben tratar ou teñen un maior impacto na súa rehabilitación? Entrevistada 4: Seguramente unha das que máis lles gusta a eles porque é como a evidente é “Prevención de Recaídas” pero, para min profesionalmente, baixo a miña mirada, non sería “Prevención de Recaídas” a única fundamental. De feito, para min “Xestión Emocional” sería a fundamental para poder levar a cabo todo o traballo que teñen detrás, porque unha recaída non é: “Ola son unha persoa que se encontrou unha substancia aquí ao meu lado e consumín”, senón: “Ola son unha persoa que tiven unha mala xestión e non souben resolver a situación, utilicei isto que coñezo de sempre para paliar o meu problema”. O máis importante é afondar na raíz emocional, de feito para min sería a sesión principal, igual que “Habilidades Sociais”, que moitas veces aquí para min é un dos puntos clave nos que se nota que van mellorando. Pois ás veces chegan sendo… bueno, desde unha perspectiva moi brusca, moi agresiva e, despois, van pouco a pouco empatizando bastante máis e levando un estilo máis asertivo. Entrevistadora: Consideras que algunhas das funcións que desempeñas non lle corresponden ao teu perfil profesional? Entrevistada 4: Non, porque por exemplo hai veces que aquí ven xente de prácticas e ven que nós como Educadoras cociñamos, fregamos, barremos, poñemos lavadoras, limpiamos cristais, facemos asambleas, facemos grupos e levamos a cabo intervencións. Refírome, a Educadora Social é unha persoa que che acompaña nos diferentes momentos e ámbitos da túa vida. Na túa vida non só hai programas de autoestima, na túa vida o que máis hai seguramente sexa limpar os cristais, cociñar porque o necesitas, cociñar unha persoa que ten un trastorno de alimentación necesita que alguén a poida acompañar nese proceso... Entón, para min dende a miña perspectiva non, son necesarias. Entrevistadora: Contemplas outra/s función/s que poderías desenvolver como Educador/a Social por ter a capacitación requirida para a súa execución e non leves a cabo? Entrevistada 4: A verdade é que non sei como opinarán os meus compañeiros e compañeiras pero, para min dende aquí a Educadora Social ten bastante liberdade en canto aos programas que nós facemos. Eu chego á Comunidade e eu fago o meu programa, eu fago as miñas actividades en función ao meu criterio e máis ao criterio conxunto que temos as Educadoras Sociais. Pero non hai ninguén, nin a nosa responsable que é a Psicóloga clínica que nos poña un límite aí, confía na nosa capacidade e na nosa forma de obrar e, nese sentido, temos bastante liberdade. Entón non temos, para min, algo que me
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 87 gustaría facer e que non o fago, se non o fago é porque non se me ocorreu pero si que teño a potestade para poder facelo. Entrevistadora: Ao comezo falábamos sobre as principais necesidades dos/das usuarios/as. Dende a perspectiva da Educación Social, estimas que as intervencións socioeducativas se axustan a ditas necesidades? Entrevistada 4: Por unha banda si e por outra non. Refírome, sempre podemos estar en constante mellora para poder axudar ás persoas. Nalgún momento podes chegar a unha persoa mellor e noutros non tanto, porque non estás no teu mellor momento, porque igual non escollestes as mellores palabras… Sempre vas a poder facer unha mellor intervención, pero eu penso que dende aquí, polo menos dende a labor que nós levamos, sempre intentamos pois iso, centrarnos na persoa, nas súas necesidades e facer a intervención en base a elas. Sempre poñéndonos nos seus zapatos e podendo darlle a mellor axuda dende as nosas mans que poidamos facer. Entrevistadora: É importante o traballo interdisciplinar no equipo da CT para a atención das súas necesidades? Entrevistada 4: Importante e imprescindible, refírome, aquí o traballo ten que ser en equipo. Como Educadora Social, sempre vai ter que ser en equipo. Dende o traballo coa Enfermeira porque unha persoa, como che digo que hai moita patoloxía dual, unha persoa que teña esquizofrenia, que estea nun momento que non se sabe como está, que se poida estar descompensando, eu como Educadora se non o sei por parte da Enfermeira ou da Psicóloga ou mesmo da Médica, eu non sei como afrontalo ou como levalo. Eu se de repente vexo certas actitudes na persoa que eu non sei identificar, podo tratar á persoa dunha maneira que non é a correcta se a min nadie me informa. Por iso aquí o traballo en equipo é imprescindible, así como por parte da Traballadora Social, pois poder axudar a implementar axudas, subvencións... O traballo en equipo aquí debería ser, e en xeral en case todos os sitios, sobre todo na Educación Social, debería ser interdisciplinar. Entrevistadora: En xeral, con que dificultades ou limitacións se pode encontrar o Educador/Educadora Social na súa intervención socioeducativa na CT? Como as solucionades ou consideras que se poden solucionar? Entrevistada 4: Sobre todo aquí o límite vaicho a poñer a persoa usuaria, vai ser ata onde a persoa queira chegar. Aquí somos bastantes Educadores e Educadoras co cal as persoas que aquí están usuarias poden decidir coa persoa coa que máis cómodos se senten para falar. A veces o límite é iso, o que che poñen as persoas usuarias, que quizais non eres a persoa máis axeitada para abordar esa intervención. Iso para min é un dos maiores límites. É que a veces é iso, refírome, unha das maiores limitacións que eu a
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 88 veces vexo é que temos que ser conscientes como Educadoras da importancia que teñen as nosas palabras nas persoas. As persoas que aquí chegan fano nunha situación de moitísima vulnerabilidade e as nosas palabras van a facer algo neles, que nós digamos certas cousas pode significar para a outra persoa algo importante, co cal temos que ser bastante consecuentes e ter moita cautela do que dicimos. Pola miña curta experiencia para paliar isto, sobre todo trátase de seguir formándote pero non soamente seguir formándote a nivel académico, senón aquí. Dende aquí ver que algo fas mal, recoñecelo e cambialo. Se unha intervención non saíu ben, pois non dicir que foi culpa do usuario que non nos entendeu. A culpa nunca vai a ser do usuario, a persoa usuario é a quen tes que axudar, se a persoa usuaria non nos entendeu probablemente fomos nós quen nos explicamos mal. A veces adoitamos poñer palabras que as persoas non entenden e non nos temos que empeñar en que as entendan, senón en mirar de cambiar nós esas palabras. Entrevistadora: Unha vez que a persoa culmina o proceso terapéutico na CT, realízase un seguimento a través dos recursos externos á mesma? O Educador/Educadora Social participa dalgún xeito nese seguimento ou perde o contacto coa persoa cando esta finaliza o seu tratamento neste recurso asistencial? Entrevistada 4: Dende a Comunidade non o facemos, faise dende as unidades externas. Nós cando unha persoa acaba aquí o tratamento, derívase a súa unidade de referencia. Imaxínate, dende a nosa entidade, dende a Comunidade Terapéutica marcha unha alta para a Unidade de Santiago de Compostela. Pois nós aquí seríamos quen farían os papeis de alta, conforme esta persoa pasou os tres meses aquí e cumpriu cos obxectivos e, logo, pasa directamente á Unidade de Santiago e, dende alí, levarían o seu caso. Nós dende aquí facemos o tratamento deses tres meses, posto que non temos tampouco recursos para poder facelo despois. O recurso da Comunidade é exclusivamente para estes tres meses. Despois si que é verdade que moita xente nos chama, nos comenta, nos pregunta para dicirnos como lles vai. Incluso, moitas veces nos chaman para pedir axuda ou para comentar como están porque hai veces que non teñen senón a quen recorrer. Entrevistadora: Para finalizar a entrevista, e dando paso ao terceiro bloque de cuestións, as seguintes preguntas están destinadas a indagar sobre a importancia da figura dos Educadores e Educadoras Sociais no campo das adiccións, a través da análise do rol e das competencias que vos definen como profesionais neste eido. Así pois: - Consideras que o rol do Educador/Educadora Social na CT se encontra ben definido ou pensas que se debería perfilar ou axustar? Entrevistada 4: É un pouco o que digo, agora mesmo ou polo menos como funciona esta Comunidade, o perfil do Educador Social quizais é o que máis marcado está. Porque é iso, é a persoa que está as 16 horas,
Intervención socioeducativa en persoas con adiccións dende a Educación Social: unha aproximación á realidade dunha Comunidade Terapéutica 89 saben perfectamente que a Educadora é a que vai estar na cociña se fai falta, a persoa que che vai a dar as clases, a mesma que estará na túa asamblea para devolverche, a persoa que che acompañará cando marches pola porta, a persoa que se hai unha expulsión tamén estará para cando marches… Sempre vai a ser un referente nese punto, entón está moi marcado, ao igual que está moi marcado o perfil da Psicóloga que é a directora da Comunidade, tamén o está o noso. Entrevistadora: No exercicio das túas funcións na CT, de que técnicas e/ou estratexias de intervención fas uso para contribuír á rehabilitación do usuario/usuaria? Entrevistada 4: Sobre todo nas intervencións individuais coas persoas e incluso grupais, do humor, de poder falar con eles abertamente e tranquilamente, dende a calma. Tamén por exemplo algo que a min neste tempo me puido servir para as intervencións coas persoas usuarias foi escoitar, escoitar máis do que falo, xa que normalmente as persoas o que necesitan é falar. Falar e poder expresarse, vendo que se validan as súas emocións sempre. Refírome, se me din: “teño medo a volver a recaer”, non son eu quen para dicirlle que non vai a recaer ou que non ten por que ter medo, esa é a súa emoción e é o que senten, vamos a vivir con ela e vamos a xestionala. Entrevistadora: Se tiveses que priorizar, cales sopesas que son máis importantes para traballar con este colectivo? Entrevistada 4: O máis importante aquí é a empatía. Que vexas as circunstancias da outra persoa e que realmente te poñas na súa pel, non xulgar dende os ollos do que debería ser, porque o debería ser pódenos levar a moitos lados pero aquí ven xente que está mal e familias que veñen nunha situación moi vulnerable, que pasan moitas precariedades... Entón teste que pór dende a súa pel, dende o seu contexto, non dende o teu. Entrevistadora: Que características actitudinais e persoais consideras que debe posuír o Educador/Educadora Social para poder contribuír á CT por medio do seu traballo? Entrevistada 4: Para min unha persoa que traballe aquí debe ser unha persoa que escoite, unha persoa que sexa proactiva, unha persoa que estea presente coas persoas, que estas a valoren e ao mesmo tempo ela valore ás persoas que aquí están. Ou para min o imprescindible dunha Educadora é que as persoas usuarias noten que nos importan. Refírome, eu cando fago as intervencións algo que me gusta facer é que a persoa note que eu estou completamente atenta a el e que é unha persoa que me importa, por iso estou disposta a escoitala, xa que moitas veces esa falta de confianza e de autoestima pola súa parte lévaos a non contar e a non expresar como se senten.