As mulleres científicas: esas descoñecidas da historia
Full text
XXVII CONGRESO DE ENCIGA 67 as mulleres cienTÍficas: esas descoÑecidas da HisToria Bermejo, Manuel R.; Romero, María J.; Romero, Carmen; González-Noya, Ana M.; Pedrido, Rosa; Fernández García, M. Isabel; Gómez Fórneas, Esther; Maneiro, Marcelino; Rodríguez, Laura; Pintos Barral, Xoana; Departamento de Química Inorgánica, Universidade de Santiago de Compostela Fernández, Beatriz I.E.S. Ánxel Fole García Seijo, M. Inés I .E.S. Monte Castelo Cando abrimos un libro de Ciencias o que máis chama a atención non son as súas espléndidas láminas, ou a cantidade de fórmulas químicas ou físicas, ou as ecuacións matemáticas que presentan; o que realmente é rechamante é a clamorosa ausencia das mulleres ao longo das páxinas do texto. Nos textos podemos atopar axiomas, teoremas, principios, hipóteses, leis, teorías, descubrimentos, formulacións, ecuacións, categorizacións, ...etc., mais todas van seguidas, habitualmente, dun nome masculino. Os teoremas de Thales ou Pitágoras; o principio de Avogadro; a hipótese de De Broglie; as teorías de Darwin ou Maxwel; as formulacións químicas de Fourcroy ou Lavoisier, as ecuacións químicas de Berzelius ou de Guldberg e Waage, o planeta Urano descuberto por William Herschel; …etc. Todos, todos son descubrimentos de autoría masculina. Signifi ca o anterior que as mulleres están impedidas para a Ciencia? Contan con algún impedimento ou condicionamento xenético que as invalide para realizar constructos científi cos? Foron separadas, por algunha razón, da carreira científi ca ao longo da historia? Dalgún xeito cómpre pensar ou meditar en voz alta sobre este importantísimo feito social. Non pode ser que a sociedade actual prescinda da potencialidade científi ca, do pensamento creador, de máis da metade da poboación humana. Non pode ser que máis de 3.600 millóns de mulleres non aparezan para nada na Historia da Ciencia e, pola contra, apareza unha signifi cativa participación dos restantes 3.400 millóns de homes. Nesta comunicación imos considerar moitas mulleres, moi valiosas cientifi camente falando, que por colocarse detrás dun home, ou porque os homes lles roubaron os seus descubrimentos, non aparecen recoñecidas na Historia da Ciencia. Entre estas citaremos a: Carolina Lucrecia Herschel, escurecida polo seu irmán William; Marie Anne Paulze Lavoisier –como ela quere ser chamada– fóra da historia; Rosalind Franklin, cuxos datos cristalográfi cos pirateados por Watson e Crick, servíronlles para resolver a estrutura do ADN, pero eles ignorárona; Mileva Maric, a
Boletín das Ciencias 68 primeira muller de Albert Einstein, quen lle axudou a resolver todos os problemas matemáticos das súas ecuacións -tanto do efecto fotoeléctrico como da teoría da relatividade-, e que tampouco está na historia; Lise Meitner, estreita colaboradora de Otto Hann -recoñecido como o pai da fisión nuclear e premio Nobel de Química-, quen non só a ignorou senón que nin sequera a defendeu da persecución nazi por ser xudía. Abonda esta mínima representación dalgunhas mulleres modernas -todas elas viviron nos últimos 250 anos da historia da humanidadepara comprender o que queremos presentar e discutir nesta comunicación: reflexionar sobre o descoñecemento histórico das mulleres científicas na época moderna, para tentar sacalas do limbo do esquecemento onde se atopan. Comezaremos por presentar como vemos e comprendemos cal foi o papel da muller na construción do pensamento científico ao longo da historia e remataremos cunha breve reflexión sobre como está na actualidade o papel da muller científica. Confíamos en que a nosa opinión e o noso posicionamento poidan actuar coma revulsivo fronte ao conformismo actual.