1 Laura Docampo López Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxicoconsecuencialista Facultade de Psicoloxía Máster Universitario en Psicoloxía Especialidade en Intervención Social e Comunitaria Ano 2023 Traballo de fin de máster Investigación empírica Autora do TFM
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 2 Si ve que la primavera se cuela en invierno y no espera Cuidao’ que la flor, de tanto dolor, alza la voz Si ve que la lluvia se ha vuelto caprichosa Se para de golpe, ataca a golpes y el campo llora Seré yo que soy cobarde, discúlpenme Pero es que puedo ver si miro el reloj Que llegamos tarde Que no llegamos (…) TéCanela – Llegamos tarde
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 3 Índice Índice ........................................................................................................................... 3 Resumo ........................................................................................................................ 5 Abstract ....................................................................................................................... 7 Introdución .................................................................................................................. 9 1 Obxectivos e proposta de modelo ...................................................................... 24 Método ....................................................................................................................... 28 2 Participantes ...................................................................................................... 29 3 Materiais e Procedemento .................................................................................. 30 3.1 Procedemento .................................................................................................... 30 3.2 Materiais ........................................................................................................... 31 4 Análise .............................................................................................................. 35 Resultados.................................................................................................................. 37 5 Análises estatísticas e resultados ........................................................................ 37
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 4 Discusión .................................................................................................................... 47 Proposta aplicada ...................................................................................................... 52 Conclusións ................................................................................................................ 60 Referencias bibliográficas ......................................................................................... 62 Índice de figuras ........................................................................................................ 79 Índice de táboas ......................................................................................................... 80 Anexos ....................................................................................................................... 81
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 5 Resumo A escaseza de auga constitúe un problema a nivel global. Os recursos hídricos existentes non son suficientes para facer fronte á crecente demanda. Polo tanto, é necesario buscar fontes de auga alternativas. Unha solución prometedora é a reciclaxe de augas residuais. A auga reciclada é unha solución medioambientalmente respectuosa e economicamente viable para aliviar a presión sobre os recursos de auga potable dispoñibles. Pode ser utilizada para diversos usos que implican distintos graos de contacto, dende regar ou lavar o coche ata ducharse ou beber. Porén, o problema máis significativo para a súa implementación é a falta de aceptación pública. Neste traballo analizáronse as variables psicosociais que afectan á aceptación da auga reciclada para distintos usos, a través dun cuestionario que responderon 400 persoas galegas. Elaborouse un modelo de ecuacións estruturais (SEM) que permitiu identificar dúas vías cognitivas para a aceptación: unha vía axiolóxica, guiada pola obriga moral, e unha consecuencialista, centrada na eficacia percibida da solución. Estas vías interactúan entre si, e vense influídas tanto pola distancia psicolóxica ante a escaseza como pola confianza depositada nas institucións. O modelo tivo un bo axuste e capacidade preditiva para explicar tanto usos de alto contacto (R2 = .65) como de baixo
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 6 contacto (R2 = .50). A eficacia foi a variable máis relevante á hora de predicir a aceptación en ambos casos. Discútense as implicacións destes resultados para a intervención, e ofrécense estratexias para fomentar un uso máis sostible dos recursos hídricos dispoñibles. Palabras chave: Auga reciclada, escaseza de auga, obriga moral, eficacia percibida, aceptación pública. Número de palabras do traballo: 16548
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 7 Abstract Water scarcity is a global issue. Existing water resources fall short of meeting the growing demand. Therefore, it is necessary to explore alternative water sources. One promising solution is wastewater recycling. Recycled or reclaimed water is an environmentally friendly and economically viable approach, which can alleviate the strain on the available potable water supply. Recycled water can serve a range of purposes, from car washing and irrigation to showering and drinking. However, the most significant hurdle to its implementation is the lack of public acceptance. In this study, several psychosocial variables affecting recycled water acceptance were analyzed through a questionnaire, which comprised a sample of 400 Galician people. Through the development of a structural equation model (SEM), two cognitive pathways were identified: the axiological pathway, driven by moral obligation, and the consequentialist pathway, centered around the perceived efficacy of the solution. These pathways interact with each other and are influenced by factors such as psychological distance from scarcity and trust in institutions. The model exhibited a good fit and demonstrated great predictive ability in explaining acceptance levels for both high-
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 8 contact (R2 = .65) and low-contact uses (R2 = .50). Efficacy emerged as the most significant variable in predicting acceptance in both cases. The implications of these findings for intervention are discussed, and some strategies are proposed to foster the adoption of more sustainable practices in utilizing available water resources. Keywords: Recycled water, water scarcity, moral obligation, perceived efficacy, public acceptance.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 9 Introdución A escaseza de auga é un problema a nivel mundial. A día de hoxe, calcúlase que 2000 millóns de persoas viven en países que sofren un alto estrés por escaseza de auga, e 4000 millóns de persoas sofren unha escaseza de auga grave durante polo menos un mes ao ano (Organización das Nacións Unidas [ONU], 2019). Nos últimos anos, produciuse un aumento exponencial da demanda de auga a nivel mundial, que se sitúa en máis do dobre da taxa de crecemento demográfico (ver Figura 1). Este crecemento, xunto coa rápida urbanización, o desenvolvemento económico e as modalidades cambiantes de consumo, continúan impulsando a demanda de auga que, á súa vez, se ve intensificada co cambio climático (ONU, 2019). A ONU avisa de que para o ano 2030, 700 millóns de persoas poderían ser desprazadas por unha escaseza intensa de auga, e que “o estrés pola escaseza de auga afecta a persoas de todos os continentes e require que se tomen medidas inmediatas e colectivas” (ONU, 2019). Unha das medidas propostas para diminuír a presión sobre os recursos de auga doce é aumentar o emprego de recursos hídricos non convencionais, a través de métodos como a reutilización de augas residuais. A propia ONU recolle entre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para a Axenda 2030 o obxectivo 6: “Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible e o saneamento para todos”. Dentro deste obxectivo, propón
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 16 percibida ante a ameaza. Esa vulnerabilidade debería estimular o comportamento proambiental, como unha forma de protexerse ante a ameaza percibida (Bockarjova e Steg, 2014). Polo tanto, as persoas deberían amosar unha maior disposición a aceptar o uso de auga reciclada canto menor sexa a distancia psicolóxica que presentan ante a escaseza. Confianza nas institucións Aínda así, a distancia psicolóxica non é unha variable suficiente para fomentar a adopción da auga reciclada para distintos usos. Cando se percibe unha situación ameazante como psicoloxicamente próxima, a urxencia a actuar será maior. Pero no caso da escaseza de auga, se ben isto pode levar a buscar unha forma de aumentar a dispoñibilidade de recursos hídricos, non ten por que ser necesariamente a través da utilización de auga reciclada. Existen outros moitos métodos que permiten aumentar as reservas de auga (desalinización, rainwater harvesting, stormwater harvesting...), sendo o emprego de auga reciclada o que xeralmente presenta unha menor aceptación entre a cidadanía (Dolnicar e Schäfer, 2006; 2009; Etale et al., 2020; Fielding et al., 2015). Por isto, é necesario ter en conta outros factores que rodean á proposta, como as institucións que a avalan. Cando as persoas se atopan psicoloxicamente próximas a situacións sobre as cales non teñen moito coñecemento ou que constitúen escenarios sociais novidosos ou ameazantes, actívase a demanda epistémica. Isto é, estimúlase un sistema de vixilancia e comeza unha busca de información para paliar a sensación de ansiedade que produce a incerteza sobre como actuar en dito escenario (Douglas et al., 2017; Marcus et al., 2000; Sabucedo et al., 2020). Esta información tenderá a buscarse dentro daqueles grupos que se consideren de referencia nese ámbito en particular, por atribuírlles determinada autoridade ou poder de experto (French e Raven, 1959). Isto pode dar lugar a un proceso de influencia informativa,
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 17 que leva ás persoas, especialmente en situacións de incerteza, como é o caso, a aceptar e interiorizar a información recibida (Deutsch e Gerard, 1995; Kaplan e Miller, 1987). Este fenómeno de busca de información é especialmente habitual con relación aos riscos climáticos, xa que as persoas, en xeral, non adoitan estar o suficientemente formadas sobre os mesmos (Andrade et al., 2021; Cologna e Siegrist, 2020; Stoutenborough e Vedlitz, 2014). Os potenciais usuarios e usuarias dos sistemas de auga reciclada habitualmente non dispoñen do coñecemento, os recursos ou a tecnoloxía para avaliar a calidade da auga (Ablo e Etale, 2022; Dolnicar e Schäfer, 2006; Ross, 2005; Ross et al., 2014). Ademais, a auga reciclada non constitúe un recurso de emprego habitual en España, especialmente en Galicia, e a súa orixe adoita levantar certa suspicacia entre os potenciais usuarios da mesma (Asociación Española de Abastecimientos de Agua y Saneamiento, 2017; Fielding et al., 2019). Así, a demanda epistémica estará centrada en saber se é unha alternativa viable, eficaz, segura e que implicacións pode ter o seu uso (Fielding et al., 2019). Porén, esta información tan só será de utilidade se as persoas confían nas institucións que a proveen. Partindo da definición empregada por Ross et al. (2014, p. 62), enténdese a confianza no contexto da aceptación do uso de auga reciclada como “un estado psicolóxico que comprende a intención de aceptar a vulnerabilidade baseándose en expectativas positivas das intencións ou o comportamento da autoridade responsable do esquema de auga reciclada”. A confianza nas institucións ou autoridades encargadas da xestión da auga reciclada para proveer á poboación dunha auga de calidade demostrou estar relacionada coa aceptación para usos tanto potables como non potables (Fielding et al., 2015; 2019; Hurlimann et al., 2008; Nancarrow et al., 2009; Po et al., 2003; Ross, 2005; Ross et al., 2014). Por exemplo, Dolnicar e Schäfer (2006) levaron a cabo un estudo no que pedían aos e ás participantes que ordenaran, segundo preferencia, distintas fontes de auga (auga embotellada, auga da billa, auga desalinizada e auga reciclada). Malia non ser a súa primeira
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 18 opción, o 50% das persoas enquisadas percibían a auga reciclada como apta para beber. Curiosamente, máis de dous terzos dos e das participantes neste estudo declararon confiar nas institucións encargadas de proveer a auga reciclada. Isto indica que, a maior confianza nas institucións encargadas de xestionar a auga reciclada, maior será a aceptación por parte desas persoas, incluso para usos de alto contacto. Porén, no caso de considerar que as institucións poden ter intereses velados e non confiar nelas, tampouco se confiará na información provida polas mesmas (Mankad e Tapsuwan, 2011). De feito, a falta de confianza foi un dos factores que motivou o fracaso dalgúns dos proxectos mencionados anteriormente (Hurlimann e Dolnicar, 2010; Mankad e Tapsuwan, 2011). Así, a confianza nas institucións encargadas da xestión da auga reciclada constitúese como unha variable crucial para a aceptación do seu uso, especialmente cando se dispón doutras alternativas que tamén poden ser consideradas eficaces para poñer solución ao problema. Eficacia percibida Segundo a PMT, as persoas avalían, por un lado, a ameaza e as súas implicacións e, por outro, a capacidade de afrontamento da que dispoñen para facerlle fronte a devandita ameaza. A eficacia atribuída á resposta é unha das principais variables que afectan a esta avaliación da capacidade de afrontamento (Rogers, 1975; 1983). Cando se percibe unha situación como ameazante, a eficacia percibida da resposta a aplicar determina, xunto con outras variables, que finalmente se decida executar dita conduta de protección (Bockarjova e Steg, 2014). No que respecta aos comportamentos proambientais, a evidencia demostra que a eficacia da resposta é unha variable relevante á hora de tomar a decisión de levar a cabo ditos comportamentos (Bockjarova e Steg, 2014; Ngo et al., 2020). Así, as persoas demostran
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 19 maior intención de realizar aqueles comportamentos proambientais que consideran máis eficaces á hora de mitigar o cambio climático, incluso se non constitúen a opción máis eficaz de modo obxectivo (Cologna et al., 2022; de Boer et al., 2016; Truelove e Parks, 2012). De feito, en investigacións como a de Hart e Feldman (2014) comprobouse que, cando non se incluía a eficacia, as comunicacións sobre o cambio climático como unha ameaza non fomentaban cambios actitudinais na audiencia. Na mesma tónica, Chu e Yang (2020) comprobaron que unha menor distancia psicolóxica ante o problema aumenta a intención de levar a cabo comportamentos proambientais, pero o fai a través dun framing de eficacia. Ademais, a percepción de eficacia foi a variable máis importante á hora de decidir implementar un sistema de recollida de auga de chuvia no estudo de Mankad et al. (2013), e tamén resultou de especial relevancia á hora de predicir o emprego de vehículos eléctricos na investigación levada a cabo por Bockarjova e Steg (2014). En xeral, considérase que se a avaliación da eficacia da resposta é positiva, isto levará á acción; no caso de non considerarse suficientemente eficaz para facerlle fronte á ameaza percibida, o que acontecerá será que a persoa minimizará as consecuencias ou riscos percibidos para diminuír o seu nivel de ansiedade ante unha ameaza á que non lle pode facer fronte (Steg e Norlund, 2019). Así, cabe esperar que se se percibe o emprego de auga reciclada como unha solución eficaz á hora de loitar contra a escaseza, a probabilidade de aceptar o seu uso aumente. Influencia axiolóxica A eficacia percibida forma parte dunha forma de avaliación cunha tintura máis consecuencialista: se se percibe que a resposta da que se dispón dará bos resultados, executarase. Porén, existen outras variables que poden influír na decisión de levar a cabo unha conduta, incluso se esta non é percibida necesariamente como eficaz, como poden ser os
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 20 valores das persoas (Sabucedo et al., 2019). En situacións nas que existe certo nivel de incerteza, como é o caso da auga reciclada, as persoas tenden a guiarse polos seus valores, xa que estes lles proporcionan unha base relativamente estable para encamiñar os seus comportamentos e actitudes (Steg e Norlund, 2019; Stern et al., 1995). Diversas investigacións comprobaron que as persoas que se involucran en comportamentos proambientais adoitan amosar uns maiores niveis de conciencia medioambiental, preocupación polo medio ambiente e incluso de obriga ambiental (Fielding et al., 2019; Po et al., 2005). Estes principios guiarán o seu comportamento incluso cando se perciban uns custos elevados derivados da realización de determinado comportamento proambiental, xa que a execución de dita acción estará en sintonía cos seus valores e será considerada moralmente correcta (Steg e Norlund, 2019). O modelo de activación de normas (NAM; Schwartz, 1977; Schwartz e Howard, 1981) propón que as accións proambientais derivan da activación de certas normas persoais, que reflicten sensacións de obriga moral a realizar ditas condutas. Esta sensación de obriga moral é a que fai que algunhas persoas actúen de forma proambiental incluso cando non existen recompensas extrínsecas, e mesmo se a acción en si lles supón uns custos ou un esforzo elevado (Steg et al., 2012; Van der Werff et al., 2013). Aínda que se trata dunha variable pouco explorada no campo da reutilización de augas residuais, a obriga moral xa demostrou incidir en multitude de comportamentos proambientais. Por exemplo, no estudo de Vining e Ebreo (1992), comprobouse que as persoas que decidían participar nun programa de reciclaxe eran aquelas que sentían unha maior obriga persoal a reciclar. Po et al. (2005) tamén atoparon que aquelas persoas que sentían unha maior obriga a protexer o medio ambiente tiñan unha actitude máis positiva de cara á inxestión de vexetais cultivados con auga reciclada. De igual forma, atoparon que a obriga medioambiental contribuía, aínda que debilmente, á intención de beber auga reciclada.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 21 Van der Werff et al (2013), pola súa parte, comprobaron que se trataba dunha variable mediadora entre a identidade e os comportamentos proambientais. Así, esta forza motivacional cara a unha acción determinada, acorde cos propios valores, que leva a realizar unha acción independentemente dos custos que esta supoña, senta a base en moitas ocasións para o comportamento proambiental (Berenguer et al., 2005; Sabucedo et al., 2018; Vilas e Sabucedo, 2012). Esta variable demostrou, no estudo de Vila-Tojo et al. (2022a), o único que inclúe a obriga moral nun contexto de reutilización de augas residuais para distintos usos ata o momento, ser un preditor significativo da aceptación dos usos tanto de alto como de baixo contacto. Polo tanto, en lugar de propoñer un modelo no que se teñan en conta os beneficios da conduta inadaptativa, así como os custos da conduta adaptativa, como ocorre na PMT, nesta investigación proponse que existe unha vía paralela á consecuencialista, na que será a obriga moral a actuar a que guíe a conduta das persoas, independentemente dos custos que esta lles supoña. Ademais, segundo o NAM, as normas persoais teñen un maior peso cando as persoas consideran que as súas accións axudarán a reducir os problemas relevantes (Steg e Norlund, 2019). Sumado a isto, as persoas tratan de ter unha imaxe positiva de si mesmas, coherente cos seus propios valores (Higgins, 1989; de Groot e Thøgersen, 2019). Polo tanto, proponse que, se se percibe a auga reciclada como unha solución eficaz, a obriga moral a empregala será maior, xa que o custo cognitivo de non facelo sería moi elevado, e a propia autoimaxe se vería deteriorada. Aceptación da auga reciclada Todas as variables que se presentaron ata o momento teñen o potencial de influír na realización de determinados comportamentos proambientais. Porén, a súa incidencia será
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 22 distinta en función do comportamento estudado. Neste estudo analizarase o efecto destas variables sobre a aceptación do uso de auga reciclada. O emprego de auga reciclada pode dividirse en dous tipos de uso segundo o contacto que se teña coa mesma: usos de alto contacto (AC) e usos de baixo contacto (BC). Os primeiros fan referencia a aquelas utilidades para as que existe un maior grao de contacto humano coa auga, como pode ser ducharse, bañarse nunha piscina ou mesmo bebela. Os segundos abranguen todos aqueles usos que implican un menor grao de contacto con ela, como tirar da cisterna, regar parques e xardíns, ou baldear as rúas (Vila-Tojo et al., 2022b). Xa dende as primeiras investigacións sobre auga reciclada na década dos 70 (Bruvold e Ward, 1970; 1972) quedou demostrado que, en xeral, as persoas amosan unha maior oposición ante aqueles usos que implican contacto físico coa auga reciclada, mentres que outros usos que implican menor contacto adoitan ter un maior grao de aceptación (Hurlimann et al., 2008; Marks, 2004). Diversos estudos demostran que esta tendencia se mantén a día de hoxe, e que a poboación acepta con maior facilidade o emprego de auga reciclada para usos de baixo contacto que para aqueles de alto contacto (Costa Faria e Pena Naval, 2021; Hatton MacDonald et al., 2016; Mankad e Tapsuwan, 2011; Marks, 2004; Ormerod e Scott, 2012; Po et al., 2003; Vila-Tojo et al., 2022a; 2022b). Por exemplo, no estudo de Hurlimann e Dolnicar (2016), estudouse a aceptación da auga reciclada en nove países distintos en comparación con outras fontes alternativas de auga, como a desalinizada e a recollida da chuvia. A auga reciclada, ademais de ser a alternativa cun menor grao de aceptación, tan só se escollía como primeira ou segunda opción naqueles usos que implicaban un menor contacto, como regar as plantas ou tirar da cisterna. Para usos cun maior grao de contacto, a poboación tende a preferir outras alternativas, como a auga desalinizada ou a da chuvia, corroborado tamén por outros estudos como o de Dolnicar e Schäfer (2006). Estas mesmas autoras comprobaron, uns anos máis tarde, que esta tendencia
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 23 se mantiña, xa que, segundo aumentaba o grao de contacto coa auga, as persoas amosaban unha menor disposición a empregar auga reciclada para eses usos (Dolnicar e Schäfer, 2009). Polo tanto, o tipo de uso ao que se dirixa a auga reciclada debe ser considerado como un factor de interese á hora de estudar a aceptación. Aínda que a presenza de investigacións que realizan unha distinción clara entre estes dous grupos de comportamentos é escasa, existen estudos que demostran que se trata de comportamentos diferenciados, e que, polo tanto, se ven afectados de forma diferencial polas distintas variables independentes (Moya- Fernández et al., 2021; Vila-Tojo et al., 2022a). Así, nesta investigación trataranse a aceptación de usos de alto contacto e a aceptación de usos de baixo contacto como dúas variables dependentes diferenciadas.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 24 1 Obxectivos e proposta de modelo O obxectivo xeral deste traballo é explorar as variables psicosociais que inciden na aceptación dos distintos usos da auga reciclada por parte da poboación, así como propoñer estratexias de intervención para fomentar esta última. Para isto, propóñense os seguintes obxectivos específicos: OE1: Analizar a influencia individual e conxunta da distancia psicolóxica, a obriga moral, a confianza nas institucións e a percepción de eficacia sobre a aceptación da auga reciclada tanto para usos de alto como de baixo contacto. OE2: Comprobar se existen unha vía axiolóxica e unha consecuencialista que leven, en última instancia, a aceptar o emprego de auga reciclada. OE3: Comprobar se as dúas vías, a axiolóxica e a consecuencialista, interactúan entre si. OE4: Elaborar, en base aos resultados obtidos, estratexias de intervención que permitan fomentar a aceptación da auga reciclada entre a poboación.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 25 Dúas vías: un modelo axiolóxico-consecuencialista En base á literatura revisada, proponse un modelo psicosocial da aceptación da auga reciclada. No mesmo, establécese que a percepción de eficacia e a obriga moral serán os antecedentes directos da aceptación. Estes, á súa vez, veranse influídos pola confianza nas institucións e a distancia psicolóxica. En consonancia coa PMT, proponse que a distancia psicolóxica afectará á avaliación que fan as persoas sobre a escaseza: se se atopan psicoloxicamente próximas ao problema, considerarano unha ameaza. A percepción de ameaza alentará unha urxencia a actuar para poñerlle solución. Esta urxencia pode facerse efectiva por dúas vías. Por unha banda, é posible que esa proximidade psicolóxica as leve a actuar movidas por un sentido de obriga moral; é dicir, sabendo que existe unha situación ambiental problemática, senten unha obriga a empregar auga reciclada para mellorar dita situación. Por outra banda, é posible que as persoas decidan aceptar a solución en función da eficacia que lle atribúan. Se se percibe a auga reciclada como unha solución eficaz para mitigar os efectos da escaseza de auga, aceptarase o seu uso. Porén, isto virá determinado pola confianza que presenten as persoas ante as institucións que avalan o emprego de auga reciclada; se perciben que esta é promovida por algún interese propio das institucións en lugar de polo seu potencial para frear os efectos da ameaza, non se aceptará o seu emprego (ver Figura 2). Ademais, a percepción de eficacia terá un efecto sobre a obriga moral, de tal forma que, canto máis eficaz se perciba a auga reciclada para loitar contra a escaseza, máis obriga moral se sentirá a utilizala, xa que o custo cognitivo de dispoñer dunha solución que se considera que pode poñer fin ao problema e non utilizala é moi elevado. Ademais, esta obriga moral tamén se verá afectada pola confianza nas institucións, xa que a influencia exercida polas mesmas levará ás persoas a executar aquilo que as institucións nas que confían están favorecendo.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 32 escala tipo Likert de 0 a 10, onde a confianza aumentaba segundo aumentaba a puntuación. A fiabilidade da escala foi elevada, cun α = .90. Eficacia percibida A eficacia foi medida con seis ítems, a través dunha escala tipo Likert de 11 puntos onde 0 = totalmente ineficaz e 10 = totalmente eficaz. Preguntóuselles aos e ás participantes en que medida consideraban que empregar auga reciclada para cada un dos distintos usos (de alto e baixo contacto) era unha solución eficaz para afrontar a escaseza de auga. Eficacia para usos de baixo contacto Esta subescala inclúe tres ítems relacionados con usos de baixo contacto: empregar auga reciclada para regar parques e xardíns, para limpar o coche e para baleirar a cisterna do inodoro. A fiabilidade desta foi elevada, cun α = .87. Eficacia para usos de alto contacto Esta subescala inclúe os tres ítems restantes, referidos a usos de alto contacto: empregar auga reciclada para lavar a roupa, para ducharse ou bañarse e para beber. A fiabilidade, novamente, foi elevada, cun α = .81. Aceptación da auga reciclada A aceptación da auga reciclada foi medida en función da disposición que terían os e as participantes a empregala para distintos usos. Igual que no caso da eficacia, dividiuse en dúas subescalas segundo o grao de contacto dos usos propostos, que posteriormente foron tratadas como variables independentes entre si. Ambas subescalas foron medidas a través dunha escala tipo Likert onde 0 = totalmente en desacordo e 10 = totalmente de acordo.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 33 Aceptación de usos de baixo contacto Esta subescala inclúe os tres ítems relacionados con usos de baixo contacto: empregar auga reciclada para regar parques e xardíns, limpar o coche e baleirar a cisterna do inodoro. A fiabilidade desta escala foi de α = .86. Aceptación de usos de alto contacto Esta subescala inclúe os tres ítems relacionados con usos de alto contacto: empregar auga reciclada para lavar a roupa, ducharse ou bañarse e beber. A fiabilidade desta escala foi de α = .82. Así mesmo, co propósito de definir a mostra, foron medidas distintas variables sociodemográficas, como a idade, o sexo, o nivel de estudos, o lugar de residencia e o nivel de ingresos da unidade familiar. Tamén se pediu ás persoas participantes que se autoubicaran ideoloxicamente nun continuo esquerda-dereita. Na Táboa 1 pode observarse un resumo das principais medidas empregadas.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 34 Táboa 1 Coeficientes α de Cronbach para cada unha das Variables e Ítems de Exemplo Variable Etiqueta Subescalas Exemplo de ítem Nº ítems α Distancia psicolóxica DP Espacial “En que prazo de tempo cre que a escaseza de auga se converterá nun problema realmente grave en Galicia?” 3 .736 Temporal Social Confianza nas insttucións CF “En que grao confía nas seguintes entidades para que xestionen a auga reciclada?” 9 .899 - Eficacia percibida EF Usos de baixo contacto “En que medida cre que utilizar auga reciclada para limpar o coche é unha solución eficaz para afrontar a escaseza de auga?” 3 .868 Usos de alto contacto “En que medida cre que utilizar auga reciclada para ducharse ou bañarse é unha solución eficaz para afrontar a escaseza de auga” 3 .805 Obriga moral OM - “Séntese moralmente obrigado/a a usar auga reciclada co obxectivo de solucionar o problema de escaseza de auga?” 1 Ítem único Aceptación auga reciclada AB Usos de baixo contacto “Aceptaría usar auga reciclada, en lugar de corrente, para regar parques e xardíns?” 3 .857 AA Usos de alto contacto “Aceptaría usar auga reciclada, en lugar de corrente, para beber?” 3 .822 Nota. Na variable de distancia psicolóxica indícanse as subescalas, pero tan só se inclúe un ítem de exemplo por ser usada como escala completa. Nas variables nas que as subescalas foron empregadas como variables diferentes, indícase un ítem por cada unha delas.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 35 4 Análise Para todas as análises presentadas a continuación, agás cando se informe do contrario, empregouse o software IBM SPSS Statistics (versión 27). Para comezar, levouse a cabo unha revisión e depuración da base de datos. Ao tratarse de datos recollidos por unha empresa externa, o paso inicial foi comprobar que se atopaban rexistradas correctamente todas as variables cos seus respectivos ítems. Posteriormente, comprobouse a presenza de missings ou valores perdidos, a existencia de outliers, e constatouse que non houbera respostas aquiescentes ou incoherentes. Unha vez comprobado que non existían datos que puideran alterar os resultados do conxunto, comezouse coas análises preliminares. O primeiro paso foi crear as escalas na matriz de datos en SPSS para todas as variables cuantitativas, agás a obriga moral, que foi medida a través dun único ítem. A percepción de eficacia e a aceptación foron divididas en función do uso ao que se referiran (de alto ou baixo contacto) como dúas escalas diferentes. Posteriormente, mediuse a consistencia interna das mesmas, empregando o coeficiente α de Cronbach, que foi axustado co parámetro T-cadrado de Hotelling. Unha vez comprobada a consistencia interna, procedeuse a extraer os estatísticos descritivos das distintas variables. Para isto, obtivéronse a media, a mediana e a moda das variables continuas, e as frecuencias e porcentaxes de resposta das variables categóricas. Así mesmo, correlacionáronse as distintas variables entre si para comprobar as relacións existentes entre as mesmas e encamiñar as análises posteriores. Para isto empregouse o coeficiente de correlación de Pearson.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 36 Como paso intermedio, leváronse a cabo dúas regresións múltiples por pasos, unha para cada variable de aceptación (alto e baixo contacto), que incluían tanto a obriga moral como a eficacia percibida para o tipo de usos correspondente, a distancia psicolóxica e a confianza nas institucións. Isto permitiu comprobar que os datos recollidos seguían a mesma dirección que a elaboración teórica. Por último, unha vez comprobado que os datos eran coherentes co modelo formulado, elaborouse un modelo de ecuacións estruturais (SEM), empregando o software IBM SPSS AMOS (versión 26). Utilizouse o método de máxima verosimilitude, e o bootstrapping foi axustado a 1000 repeticións. Este proceso permitiu comprobar a relación directa e indirecta entre as distintas variables independentes e destas coas dependentes. Para todas as análises, a significación estatística computouse cun intervalo de confianza do 95%.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 37 Resultados 5 Análises estatísticas e resultados Preséntase a continuación a análise descritiva das diferentes variables analizadas (ver Táboa 2). Pódese observar que, en xeral, as medias das variables se atopan condensadas nas puntuacións intermedias, agás a percepción de eficacia para usos de baixo contacto e a aceptación para este mesmo tipo de usos, que destacan pola súa elevada puntuación. Así, en consonancia coa literatura, demóstrase que tamén nesta mostra se mantén a preferencia polos usos de baixo contacto antes que os de alto contacto. De feito, a media para a aceptación de estes últimos, así como a percepción de eficacia, representan as puntuacións máis baixas.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 38 Táboa 2 Descritivos das variables Variable M (DT) Distancia psicolóxica 2.48 (.92) Confianza nas institucións 5.75 (1.96) Percepción de eficacia para usos de alto contacto 4.90 (2.64) Percepción de eficacia para usos de baixo contacto 7.98 (2.02) Obriga moral 5.58 (3.26) Aceptación para usos de baixo contacto 8.37 (2.02) Aceptación para usos de alto contacto 4.04 (2.76) Nota. Todas as variables foron medidas nunha escala de 0-10, agás a distancia psicolóxica, que foi medida de 1 a 5. Esta debe interpretarse de forma inversa, é dicir, a maior puntuación, menor distancia psicolóxica. A análise de correlacións de Pearson levada a cabo permitiu comprobar que moitas das relacións entre variables son significativas, se ben non moi intensas (ver Táboa 3). As únicas variables que non demostran ter unha relación significativa son a confianza nas institucións e a distancia psicolóxica, así como a eficacia percibida dos usos de baixo contacto e a aceptación de usos de baixo contacto coa distancia psicolóxica. Ademais, a eficacia de baixo contacto tampouco correlaciona significativamente coa aceptación de alto contacto, aínda que esta relación si se da ao revés (a aceptación de baixo contacto correlaciona significativamente coa eficacia de alto contacto). A obriga moral é a única variable que correlaciona significativamente con todas as demais a un nivel de p < .001.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 39 Táboa 3 Correlacións de Pearson Entre as Variables DP CF EA EB OM AB AA DP - CF .078 - EA .151** .410*** - EB .013 .228*** .113* - OM .259*** .236*** .355*** .232*** - AB .064 .201*** .129** .696*** .279*** - AA .175*** .332*** .804*** .075 .347*** .135** - Nota. DP = distancia psicolóxica; CF = confianza nas institucións; EA = eficacia percibida usos alto contacto; EB = eficacia percibida usos baixo contacto; OM = obriga moral; AB = aceptación usos baixo contacto; AA = aceptación usos alto contacto. ∗ p < .05., ∗∗ p < .01., ∗∗∗ p ≤ .001 Debido á alta correlación entre a aceptación e a eficacia, especialmente no caso do alto contacto (r = .804), contemplouse a posibilidade de que existise colinealidade entre ambas variables, é dicir, que existira unha relación lineal entre elas e, por tanto, estiveran explicando, en parte, a mesma información. Por iso, decidiuse levar a cabo un diagnóstico de colinealidade, para comprobar se se podía continuar co modelo ou se era necesario eliminar algunha das variables. Estas análises informaron de que, malia existir unha relación moi próxima entre ambas, a colinealidade non era un problema (T = .353; VIF = 2.831; Durbin- Watson = 1.910; Gujarati, 2009; Hair et al., 2010), polo que se procedeu coa análise. Ao tratarse dun estudo exploratorio, leváronse a cabo dúas regresións lineais por pasos de forma previa á elaboración en AMOS dos modelos. Isto permitiu comprobar que os datos recollidos eran coherentes coa proposta teórica. Nas regresións incluíronse todos os factores preditores e a aceptación – de baixo ou alto contacto, segundo fora pertinente – como a variable dependente. Na Táboa 4 pódense observar os resultados para os usos de baixo contacto.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 40 Táboa 4 Resultados da Regresión Múltiple para a Aceptación de Usos de Baixo Contacto Variables do modelo β Sig. R2 axustado Modelo 1 Eficacia percibida para usos de baixo contacto .696 .000 .483 Modelo 2 Eficacia percibida para usos de baixo contacto .667 .000 .496 Obriga moral a usar auga reciclada .125 .000 Como se pode observar, a regresión devolveu dous modelos significativos, dos cales o segundo (F (2, 397) = 404.59, p < .001) explicaba unha maior cantidade de varianza da aceptación de alto contacto, case o 50% (R2 = .496). Este modelo incluía a eficacia percibida para usos de baixo contacto e a obriga moral a usar auga reciclada, deixando fóra as outras dúas variables. Isto potencia a teoría de que a distancia psicolóxica e a confianza nas institucións teñen un papel máis distal á hora de predicir a aceptación. Das variables incluídas, a eficacia percibida é a que ten un maior peso (β = .667, p < .001). Porén, a obriga moral tamén fai un aporte significativo (β = .125, p < .001), aínda que non moi elevado, xa que o cambio en R2 é mínimo. Todo isto fai prever que a eficacia percibida será o mellor preditor da aceptación. Por outra banda, na Táboa 5 pódense observar os resultados para os usos de alto contacto.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 41 Táboa 5 Resultados da Regresión Múltiple para a Aceptación de Usos de Alto Contacto Variables do modelo β Sig. R2 axustado Modelo 1 Eficacia percibida para usos de alto contacto .804 .000 .646 Modelo 2 Eficacia percibida para usos de alto contacto .779 .000 .649 Obriga moral a usar auga reciclada .070 .027 Ao igual que no caso anterior, SPSS devolve dous modelos significativos. Estes están compostos polas mesmas variables, é dicir, que o modelo con maior capacidade preditiva (R2 = .649) é o que inclúe a eficacia percibida e a obriga moral a usar auga reciclada (F (2, 397) = 197.687, p < .001). Neste caso, ambos modelos explican unha maior parte da varianza, chegando a predicir case o 65% da aceptación para usos de alto contacto. Novamente, o factor con maior capacidade explicativa é a eficacia percibida (β = .779, p < .001), mentres que a obriga moral ocupa un lugar secundario, diminuíndo o seu peso na regresión e tamén a súa significación estatística (β = .070, p = .027). Isto indica, ao igual que no caso anterior, que a eficacia é a principal variable preditora da aceptación para usos de alto contacto, aínda que a obriga moral tamén fai un aporte significativo. Tamén, novamente, quedan fóra da regresión a distancia psicolóxica e a confianza nas institucións, o que apoia a nosa hipótese de que a súa aportación á aceptación se dará de forma indirecta, a través da eficacia percibida e da obriga moral.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 48 usos de alto contacto, mentres que a aceptación para usos de baixo contacto é bastante elevada (M = 8.37). Isto é coherente tamén cos estudos máis recentes, onde se atopa que a aceptación para usos de alto contacto segue sendo limitada (Moya-Fernández et al., 2021; Verhoest et al., 2022). Para ambos tipos de usos, a eficacia percibida foi a variable con maior poder preditivo. Esta non é unha variable estudada en profundidade dentro do campo da aceptación da auga reciclada, polo que estes resultados cobran especial relevancia. Este estudo permite destacar que unha concepción consecuencialista do emprego deste tipo de auga é un factor crucial para explicar a súa aceptación. A concepción da escaseza de auga como unha ameaza leva a aceptar preferentemente aquelas condutas que se consideran eficaces para loitar contra dita ameaza e, polo tanto, que permiten á persoa protexerse ante a mesma. A PMT demostrou ter poder preditivo no estudo de outros comportamentos proambientais, como a adopción de vehículos eléctricos (Bockarjova e Steg, 2014) ou o comportamento proambiental en xeral (Kothe et al., 2019; Shafiei e Maleksaidi, 2020). Esta investigación aporta evidencia á literatura, establecendo a PMT como un marco interpretativo eficaz á hora de estudar un novo comportamento proambiental: a aceptación da auga reciclada para distintos usos. Ademais, investiga o papel da distancia psicolóxica na aceptación. Artigos recentes suxiren que a distancia ao cambio climático pode estar sendo sobrevalorada (Van Valkengoed et al., 2023). Porén, neste estudo a distancia psicolóxica erixiuse como unha variable significativa en practicamente todos os casos, que se relaciona de forma negativa e indirecta coa aceptación. Por unha banda, ten un efecto indirecto sobre a aceptación a través da percepción de eficacia. Cabe destacar que esta relación tan só se dá nos usos de alto contacto, mentres que nos de baixo contacto non é significativa. Isto pode ser debido a que, ou ben, como resaltan Van Valkengoed et al. (2023), a aportación da distancia psicolóxica na adopción deste tipo de usos estea sobreestimada e non sexa realmente tan relevante á hora de
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 49 decidir se se acepta ou non; ou ben porque é posible que, dado que a aceptación para usos de baixo contacto é elevada dende un principio, a cidadanía non precise percibir unha ameaza como próxima para admitir este tipo de usos. De feito, algúns estudos demostran que as persoas, en casos de baixo contacto, incluso atopan beneficios de empregar a auga reciclada. Por exemplo, prefírena ante outras fontes alternativas de auga, como a desalinización, porque consideran que ten un maior número de nutrientes que poden ser positivos para o rego de plantas ou de xardíns (Hurlimann e Dolnicar, 2016; Marks et al., 2003; Massoud et al., 2018). Porén, en casos de alto contacto, esta mesma percepción de que a auga reciclada inclúe certas partículas proveitosas para usos de baixo contacto pode desatar sentimentos de desgusto (yuck factor) e de percepción de riscos para a saúde, como suxiren Fielding et al. (2019), relacionados coa percepción de contaxio, ao considerar que unha vez que a auga estivo en contacto cos residuos, sempre o estará (“Once in contact, always in contact”) (Massoud et al., 2018; Nemeroff et al., 2020; Verhoest et al., 2022). Por exemplo, Dolnicar et al. (2011) atoparon que os e as participantes no seu estudo consideraban que a auga reciclada aínda contiña refugallos humanos incluso despois de ser tratada aos estándares de calidade. Por este motivo, é posible que as persoas non acepten o uso de auga reciclada en situacións de alto contacto a non ser que perciban que existe unha ameaza inminente, que terá efectos na súa zona xeográfica e que lles afectará persoalmente a elas e ás persoas do seu círculo máis próximo. Por outra banda, a distancia psicolóxica tamén exerce o seu efecto a través da obriga moral, de tal forma que, canto máis próxima psicoloxicamente se atope a escaseza de auga, maior obriga moral sentirán os individuos a aceptar a auga reciclada como solución. En contraposición coa perspectiva centrada na eficacia, esta vía de acción ten un cariz máis axiolóxico e está relacionada cos valores fundamentais das persoas. Esta investigación corrobora os resultados atopados por Vila-Tojo et al. (2022a) referentes á influencia da obriga
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 50 moral sobre a aceptación. Ao igual que nos resultados dese estudo, atópase que, se ben a obriga moral ten un aporte significativo e directo, o seu peso non é moi elevado. De Groot e Thøgersen (2019) indican que os constructos relacionados cos valores adoitan ter relacións máis ben febles tanto coa intención condutual como co comportamento. Isto concorda co atopado en relación á obriga moral, aínda que este constructo demostrou ser un preditor forte doutro tipo de comportamentos, como por exemplo, da participación en accións colectivas (Sabucedo et al., 2018; 2019). Aínda así, é necesario ter en conta que si afecta á aceptación, polo que, independentemente de que as mensaxes para fomentar a mesma deban estar centradas principalmente en proporcionar un framing de eficacia, como establecen Chu e Yang (2020), tamén se debería incorporar a idea de que o emprego de auga reciclada é a alternativa moralmente correcta para facer fronte á escaseza. O estudo destas variables permite a elaboración de certas pautas de acción para fomentar o emprego de auga reciclada entre a poboación. Porén, para isto debe ser tida en conta a influencia que exerce a persoa ou organización que transmite a mensaxe. É necesario que se trate dunha entidade na que a poboación confíe, xa que, en caso de non facelo, as recomendacións dadas pola mesma poden ser interpretadas como unha forma de promocionar unha tecnoloxía que pode ter algún tipo de interese para as institucións, e polo tanto, perder a confianza tamén na solución. Diversos estudos indican que, habitualmente, as persoas confían maioritariamente nas institucións científicas para ser asesoradas en temas de consumo de auga reciclada (Cologna et al., 2022; Vila-Tojo et al., 2022a). Así, este pode ser un bo punto de partida para tratar de introducir na sociedade o uso de auga reciclada. A confianza demostrou ter un impacto significativo sobre a eficacia percibida, polo que, se as persoas confían nas institucións encargadas da xestión da auga reciclada, terán unha maior percepción de eficacia da mesma como solución ante a escaseza. Isto, como se comentaba anteriormente, levará, en última instancia, á aceptación. Ademais, aparte de ter un
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 51 impacto pola vía consecuencialista, tamén afecta, en ambos tipos de usos, á obriga moral a usar a auga reciclada, é dicir, tamén ten un efecto indirecto á través da vía axiolóxica. Isto significa que, se as persoas confían nas entidades que propoñen o emprego da auga reciclada, sentiranse máis obrigadas a empregar esa auga tanto para usos de alto como de baixo contacto. Outra aportación que se deriva deste estudo é a existencia dunha relación directa entre eficacia percibida e obriga moral nesta mostra. É dicir, canto máis eficaz perciben a auga reciclada para mitigar os efectos da escaseza, máis obriga moral senten a empregala. Se ben de Groot e Thøgersen (2019) establecen que as normas persoais teñen un maior peso cando as persoas consideran que as súas accións axudarán a reducir os problemas relevantes, este é o primeiro estudo no que se formula unha relación directa entre eficacia percibida e obriga moral. Esta relación resultou ser significativa para ambos tipos de usos, aínda que máis forte no caso dos usos de alto contacto. Isto permite establecer que as persoas non teñen por que decidir aceptar o uso de auga reciclada por un único motivo, senón que a vía consecuencialista e a axiolóxica interactúan entre si, de tal forma que un aumento na primeira tamén se ve reflectido na segunda, e teñen un efecto conxunto sobre a aceptación. En definitiva, o estudo deste modelo permite concluír que, canta menor distancia psicolóxica ante a escaseza de auga, maior confianza nas institucións, maior obriga moral a usar auga reciclada, e maior eficacia percibida da mesma para mitigar as consecuencias da escaseza, maior propensión terán as persoas a aceptar o seu uso, tanto para situacións de baixo como de alto contacto. Isto ten implicacións para a intervención, e especialmente para aquelas institucións ou empresas que busquen promover un uso máis sostible da auga na sociedade galega. Estas implicacións discútense a continuación.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 52 Proposta aplicada A tenor dos resultados obtidos, e baseándonos en intervencións previas, indícanse a continuación unhas liñas de intervención que poderían ser tidas en conta á hora de tratar de implementar un sistema de auga reciclada en Galicia, xa que se espera que aumenten a aceptación pública do mesmo. Stern (2000) indica que as intervencións máis efectivas son aquelas mixtas, que non empregan un único enfoque, senón que combinan varios. Polo tanto, é importante ter en conta que estas liñas de intervención non son excluíntes, senón máis ben complementarias, e que se poden levar a cabo de forma paralela para favorecer a aceptación en distintos sectores da poboación. 1) Comenzar por fomentar os usos de baixo contacto Pódese observar nos resultados que a aceptación para os usos de baixo contacto é alta (M = 8.37). Polo tanto, e seguindo as recomendacións doutras investigacións, como poden ser as de Bruvold e Ward (1970) ou Marks (2004), o máis prudente sería introducir en primeiro lugar os usos de baixo contacto, cos que a poboación se sente suficientemente cómoda e que lles permiten ir familiarizándose co emprego de auga reciclada. Mentres estes
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 53 usos se van normalizando, debe facerse un traballo paralelo no que se fomenten tamén os usos de alto contacto. Isto pode lograrse, tendo en conta os resultados obtidos, aumentando a percepción de eficacia dos mesmos. 2) Problematización da escaseza de auga Se as persoas non consideran que a escaseza é un problema, non estarán dispostas a poñerlle solución, e menos se esta solución implica certos custos (no caso da auga reciclada, por exemplo, superar o desgusto producido pola mesma ou confiar en que é unha alternativa viable e segura para usos de alto contacto tamén). Polo tanto, o primeiro paso é favorecer certa conciencia sobre o problema actual coa auga, resaltando os impactos deste na sociedade (Carmi e Kimhi, 2015; Spence et al., 2012). Galicia, especialmente, é unha rexión na que a auga forma parte da identidade cultural e onde sempre se deu por sentado que non había escaseza, debido ao elevado número de precipitacións. Porén, estas precipitacións cada vez son menores (Meteogalicia, 2022) e, ademais, debe facerse fincapé en que a chuvia non é o mesmo que a auga para consumo doméstico. Debe limitarse tamén o nesgo presentista, dando a entender que un recurso que actualmente parece ilimitado ten unha vida finita. 3) Énfase na eficacia das solucións Porén, non se pode crear unha situación de alarma sen proveer tamén aos cidadáns e cidadás dunha solución. Isto crearía bloqueos nas persoas ou faría que, como estratexia de afrontamento, diminuíran a súa propia percepción de ameaza (Steg e Norlund, 2019). Así, e sabendo que a eficacia é a principal variable preditora da aceptación tanto en usos de alto como de baixo contacto, é primordial ofrecer a auga reciclada como unha alternativa eficaz para solucionar o problema de escaseza (Rainear e Christensen, 2017).
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 54 4) Ter en conta o compoñente moral Como xa se comentou anteriormente, as persoas en moitas ocasións actúan de forma proambiental porque senten unha obriga moral a facelo. Se se apela aos valores medioambientais das persoas, e se presenta o emprego de auga reciclada como a decisión correcta ante a escaseza de auga, conseguirase aumentar a disposición da cidadanía a empregala (Gutiérrez Karp, 1996; Vila-Tojo et al., 2022a). 5) Promover o seu uso dende entidades confiables A confianza nas institucións encargadas da xestión e promoción da auga reciclada é un aspecto chave, como se comprobou tamén durante esta investigación e moitas outras. É imprescindible que a execución das liñas de intervención anteriormente comentadas veña dada por parte dun axente de confianza para a cidadanía (Ablo e Etale, 2020; Hurlimann et al., 2008; Liu et al., 2018). A ciencia adoita ser o axente máis confiable (Cologna e Siegrist, 2020), polo que constituiría un bo punto de partida a presentación desta fonte alternativa de recursos hídricos por parte das institucións científicas. É recomendable evitar que a súa promoción veña por parte de empresas privadas, xa que normalmente a poboación considera que poden ter intereses velados no seu fomento, e pode non confiar nelas. 6) Seguir un proceso transparente e involucrar á cidadanía En liña co anterior, é especialmente relevante, para lograr que a poboación confíe nas institucións encargadas da xestión da auga reciclada, que o proceso sexa o máis transparente posible. Que se provea información sobre como se leva a cabo o proceso de depuración; se se trata dun sistema de IPR ou DPR; en caso de ser IPR, canto tempo pasará a auga no lugar do seu depósito de forma previa a ser extraída e tratada novamente; que riscos pode carrexar o consumo de auga reciclada e de que maneira se vai garantir que non ocorran; en que se invirte o diñeiro recadado; etc. Ademais, durante todo este procedemento, a cidadanía debería
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 55 estar involucrada na toma de decisións, xa que isto aumentará o seu compromiso co proxecto e favorecerá o seu éxito (Po et al., 2003; Ross et al., 2014). Seguir estas liñas de intervención favorecerá unha implementación paulatina, pero segura, da auga reciclada como unha nova alternativa ao emprego de auga potable, recurso escaso e de necesaria conservación. Na Táboa 7 preséntanse uns exemplos de estratexias de intervención baseados nestas liñas.
56 Táboa 7 Exemplos de intervencións e liñas de intervención implicadas Exemplo de intervención Liñas de intervención implicadas Incluír billas só de auga reciclada nas administracións públicas, acompañadas dun cartel que indique que o seu uso é a opción moralmente correcta, como por exemplo: “O simple xesto de escoller lavar as mans coa auga desta billa permitirá mitigar a escaseza de auga nun X%. Estamos nunha situación crítica. Escolle a opción correcta.” 2) Problematízase a situación lembrando á comunidade que se está nunha situación de escaseza. 3) Trabállase a percepción de eficacia, ao aportar estatísticas sobre canto permitirá mitigar a escaseza este xesto. Ademais, isto supón dar unha solución ao problema que se está resaltando. 4) Foméntase un sentido de obriga moral a usar auga reciclada, enmarcándoa como a opción correcta. 5) Foméntase a confianza nas institucións ao comprobar que se implementa en edificios públicos e que elas tamén farán uso da mesma. Elaborar workshops ou talleres nos que se permita á poboación familiarizarse coa auga reciclada (tocándoa, cheirándoa e incluso bebéndoa) e normalizar o seu emprego para distintos usos. 1) Relacionado co fomento dos usos de baixo contacto, tamén debe ser tido en conta que os enfoques coercitivos non funcionan, senón que producen o resultado contrario, xerando reactancia. Polo tanto, debe ser ofrecido de forma voluntaria. Debe incitarse á xente a participar do seu uso de forma atractiva e creativa.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 57 Comercializar produtos de baixo contacto con auga reciclada. Por exemplo, poderían comercializarse pompeiros cuxa auga xabonosa estea composta por auga reciclada. Ao levar xabón, é máis probable que as persoas o perciban como máis seguro ou máis “limpo”, e é unha aproximación máis sinxela ao público infantil, que en moitas ocasións é un punto de reactancia elevado para os e as adultas á hora de aceptar ou non o uso de auga reciclada. 1) Comezar con usos de baixo contacto e ben considerados socialmente (relacionados co ocio, voluntarios). Así, pode ser que despois o seu uso sexa extrapolable a outros de alto contacto, como pode ser lavar as mans (inclúe os mesmos compoñentes, auga e xabón). Ofrecer incentivos económicos ou sociais ao emprego de auga reciclada para distintos usos. Isto debería ser feito coa previa certeza de que as persoas confían na institución que os ofrece, e debería evitarse que proviñeran de empresas privadas. Ademais, podería empezarse por fomentar os usos de baixo contacto, e un tempo máis tarde, cando xa estea normalizado na sociedade, pasar a incentivar os de alto contacto tamén. 1) Favorecer inicialmente os usos de baixo contacto. 5) Se se promove dende entidades confiables e ademais se ofrece un incentivo, é máis probable que as persoas adopten o seu uso.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 64 Bockarjova, Marija., e Steg, Linda. (2014). Can Protection Motivation Theory predict proenvironmental behavior? Explaining the adoption of electric vehicles in the Netherlands. Global Environmental Change, 28, 276-288. https://doi.org/10.1016/j.gloenvcha.2014.06.010 Bruvold, William H., e Ward, Paul C. (1970). A report of an initial study. Public attitudes toward uses of reclaimed wastewater. Water & Sewage Works, 117(4), 120-122. Bruvold, William H., e Ward, Paul C. (1972). Using Reclaimed Wastewater: Public Opinion. Journal (Water Pollution Control Federation), 44(9), 1690–1696. Carmi, Nurit., e Kimhi, Shaul. (2015). Further Than the Eye Can See: Psychological Distance and Perception of Environmental Threats. Human and Ecological Risk Assessment: An International Journal, 21(8), 2239-2257. https://doi.org/10.1080/10807039.2015.1046419 Chu, Haoran., e Yang, Janet Z. (2020). Risk or Efficacy? How Psychological Distance Influences Climate Change Engagement. Risk Analysis, 40(4), 758-770. https://doi.org/10.1111/risa.13446 Cologna, Viktoria., e Siegrist, Michael. (2020). The role of trust for climate change mitigation and adaptation behaviour: A meta-analysis. Journal of Environmental Psychology, 69, 101428. https://doi.org/10.1016/j.jenvp.2020.101428 Cologna, Viktoria., Berthold, Anne., e Siegrist, Michael. (2022). Knowledge, perceived potential and trust as determinants of low- and high-impact pro-environmental behaviours. Journal of Environmental Psychology, 79, 101741. https://doi.org/10.1016/j.jenvp.2021.101741
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 65 Costa Faria, Daniella., e Pena Naval, Lilliana. (2022). Wastewater reuse: Perception and social acceptance. Water and Environment Journal, 36(3), 433-447. https://doi.org/10.1111/wej.12776 Criado, Caroline. (2019). La mujer invisible. Descubre cómo los datos configuran un mundo por y para los hombres. Seix Barral. De Boer, Joop., De Witt, Annick., e Aiking, Harry. (2016). Help the climate, change your diet: A cross-sectional study on how to involve consumers in a transition to a lowcarbon society. Appetite, 98, 19-27. https://doi.org/10.1016/j.appet.2015.12.001 de Groot, Judith I. M., e Thøgersen, John. (2019). Values and Pro-Environmental Behaviour. En Linda. Steg e Judith. de Groot (Eds.), Environmental Psychology: An Introduction (pp. 167-178). Wiley. Deutsch, Morton., e Gerard, Harold B. (1955). A Study of Normative and Informational Social Influences upon Individual Judgement. Journal of Abnormal and Social Psychology, 51(3), 629-636. https://doi.org/10.1037/h0046408 Dishman, C. Michael., Sherrard, Joseph. H., e Rebhun, Menahem. (1989). Gaining Support for Direct Potable Water Reuse. Journal of Professional Issues in Engineering, 115(2), 154-161. https://doi.org/10.1061/(ASCE)1052-3928(1989)115:2(154) Dolnicar, Sara., e Schäfer, Andrea I. (2006). Public perception of desalinated versus recycled water in Australia. CD Proceedings of the AWWA Symposium 2006.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 66 Dolnicar, Sara., e Schäfer, Andrea I. (2009). Desalinated versus recycled water: Public perceptions and profiles of the accepters. Journal of Environmental Management, 90(2), 888-900. https://doi.org/10.1016/j.jenvman.2008.02.003 Dolnicar, Sara., Hurlimann, Anna., e Grün, Bettina. (2011). What affects public acceptance of recycled and desalinated water? Water Research, 45(2), 933-943. https://doi.org/10.1016/j.watres.2010.09.030 Douglas, Karen M., Sutton, Robbie M., e Cichocka, Aleksandra. (2017). The Psychology of Conspiracy Theories. Current Directions in Psychological Science, 26(6), 538-542. https://doi.org/10.1177/0963721417718261 Etale, Anita., Fielding, Kelly., Schäfer, Andrea. I., e Siegrist, Michael. (2020). Recycled and desalinated water: Consumers’ associations, and the influence of affect and disgust on willingness to use. Journal of Environmental Management, 261, 110217. https://doi.org/10.1016/j.jenvman.2020.110217 Fielding, Kelly S., Gardner, John., Leviston, Zoe., e Price, Jennifer. (2015). Comparing Public Perceptions of Alternative Water Sources for Potable Use: The Case of Rainwater, Stormwater, Desalinated Water, and Recycled Water. Water Resources Management, 29(12), 4501-4518. https://doi.org/10.1007/s11269-015-1072-1 Fielding, Kelly S., Dolnicar, Sara., e Schultz, Tracy. (2019). Public acceptance of recycled water. International Journal of Water Resources Development, 35(4), 551-586. https://doi.org/10.1080/07900627.2017.1419125
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 67 Fragkou, Maria Christina., e McEvoy, Jamie. (2016). Trust matters: Why augmenting water supplies via desalination may not overcome perceptual water scarcity. Desalination, 397, 1-8. https://doi.org/10.1016/j.desal.2016.06.007 French, John. R. P., e Raven, Bertram. (1959). The Bases of Social Power. En Dorwin. Cartwright (Ed.), Studies in Social Power (pp. 150-167). Institute of Social Research. Gujarati, Damodar N., e Porter, Dawn C. (2009). Basic Econometrics (5ª ed.). McGraw-Hill Irwin. Gutierrez Karp, David. (1996). Values and their effect on pro-environmental behavior. Environment and Behavior, 28(1), 111-133. https://doi.org/10.1177/0013916596281006 Hair, Joseph., Black, William., Babin, Barry J., e Anderson, Rolph E. (2010). Multivariate Data Analysis (7ª ed.). Pearson Education. Hart, P. Sol., e Feldman, Lauren. (2014). Threat Without Efficacy? Climate Change on U.S. Network News. Science Communication, 36(3), 325-351. https://doi.org/10.1177/1075547013520239 Hatton MacDonald, Darla., Rose, John M., Lease, Haidee J., e Cox, David N. (2016). Recycled wastewater and product choice: Does it make a difference if and when you taste it? Food Quality and Preference, 48, 283-292. https://doi.org/10.1016/j.foodqual.2015.10.004 Higgins, E. Tory. (1989). Self-discrepancy Theory: What Patterns of Self-beliefs Cause People to Suffer? Advances in Experimental Social Psychology, 22, 93-136. https://doi.org/10.1016/S0065-2601(08)60306-8
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 68 Hu, Li-tze, e Bentler, Peter M. (1998). Fit Indices in Covariance Structure Modeling: Sensitivity to Underparameterized Model Misspecification. Psychological Methods, 3(4), 424-453. https://doi.org/10.1037/1082-989X.3.4.424 Hurlimann, Anna., e Dolnicar, Sara. (2010). When public opposition defeats alternative water projects – The case of Toowoomba Australia. Water Research, 44(1), 287-297. https://doi.org/10.1016/j.watres.2009.09.020 Hurlimann, Anna., e Dolnicar, Sara. (2016). Public acceptance and perceptions of alternative water sources: A comparative study in nine locations. International Journal of Water Resources Development, 32(4), 650-673. https://doi.org/10.1080/07900627.2016.1143350 Hurlimann, Anna., Hemphill, Elizabeth., McKay, Jennifer., e Geursen, Gus. (2008). Establishing components of community satisfaction with recycled water use through a structural equation model. Journal of Environmental Management, 88(4), 1221-1232. https://doi.org/10.1016/j.jenvman.2007.06.002 Instituto Galego de Estatística. (2023, 17 de febreiro). Indicadores de poboación. Galicia e provincias. Ano 2022. https://www.ige.gal/igebdt/esq.jsp?paxina=002001&c=0201004&ruta=verPpalesResulta dos.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=722&R=1%5b14:15:0:10:11:12:4:5:6:7:8:16:9:17%5d &C=9912%5ball%5d&F=T%5b1:0%5d;2:0&S=&c=0201004
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 69 Jones, Charlotte., Hine, Donald. W., e Marks, Anthony. D. G. (2017). The Future is Now: Reducing Psychological Distance to Increase Public Engagement with Climate Change: Reducing Psychological Distance. Risk Analysis, 37(2), 331-341. https://doi.org/10.1111/risa.12601 Kaplan, Martin F., e Miller, Charles E. (1987). Group Decision Making and Normative versus Informational Influence: Effects of Type of Issue and Assigned Decision Rule. Journal of Personality and Social Psychology, 53(2), 306-313. https://doi.org/10.1037/0022-3514.53.2.306 Kemp, Byron., Randle, Melanie., Hurlimann, Anna., e Dolnicar, Sara. (2012). Community acceptance of recycled water: Can we inoculate the public against scare campaigns?: Community acceptance of recycled water. Journal of Public Affairs, 12(4), 337-346. https://doi.org/10.1002/pa.1429 Kothe, Emily J., Ling, Mathew., North, Madelon., Klas, Anna., Mullan, Barbara A., e Novoradovskaya, Lisa. (2019). Protection motivation theory and pro‐environmental behaviour: A systematic mapping review. Australian Journal of Psychology, 71(4), 411- 432. https://doi.org/10.1111/ajpy.12271 Krawczyk, Michał. (2017). Are all researchers male? Gender misattributions in citations. Scientometrics, 110, 1397-1402. https://doi-org.ezbusc.usc.gal/10.1007/s11192-016- 2192-y
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 70 Liu, Xiaojun., He, Yuqi., Fu, Hanliang., Chen, Baiyu., Wang, Mengmeng., e Wang, Zelin. (2018). How Environmental Protection Motivation Influences on Residents’ Recycled Water Reuse Behaviors: A Case Study in Xi’an City. Water, 10(9), 1282. https://doi.org/10.3390/w10091282 López-Ruiz, Samara., Moya-Fernández, Pablo J., García-Rubio, Miguel A., e González- Gómez, Francisco. (2020). Acceptance of direct potable water reuse for domestic purposes: Evidence from southern Spain. International Journal of Water Resources Development, 37(5), 772-792. https://doi.org/10.1080/07900627.2020.1799762 Mankad, Aditi., e Tapsuwan, Sorada. (2011). Review of socio-economic drivers of community acceptance and adoption of decentralised water systems. Journal of Environmental Management, 92(3), 380-391. https://doi.org/10.1016/j.jenvman.2010.10.037 Mankad, Aditi., Greenhill, Murni., Tucker, David., e Tapsuwan, Sorada. (2013). Motivational indicators of protective behaviour in response to urban water shortage threat. Journal of Hydrology, 491, 100-107. https://doi.org/10.1016/j.jhydrol.2013.04.002 Marcus, George E., Neuman, W. Rusell., e MacKuen, Michael. (2000). Affective Intelligence and Political Judgment. The University of Chicago Press. Marks, June S. (2004). Advancing Community Acceptance of Reclaimed Water. Water: Journal of the Australian Water Association, 31(5), 46-51. Marks, June., Cromar, Nancy., Fallowfield, Howard., e Oemcke, Darren. (2003). Community experience and perceptions of water reuse. Water Supply, 3(3), 9-16. https://doi.org/10.2166/ws.2003.0002
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 71 Massoud, May A., Kazarian, Arine., Alameddine, Ibrahim., e Al-Hindi, Mahmoud. (2018). Factors influencing the reuse of reclaimed water as a management option to augment water supplies. Environmental Monitoring and Assessment, 190(9), 531. https://doi.org/10.1007/s10661-018-6905-y McDonald, Rachel I., Chai, Hui Yi., e Newell, Ben R. (2015). Personal experience and the ‘psychological distance’ of climate change: An integrative review. Journal of Environmental Psychology, 44, 109-118. https://doi.org/10.1016/j.jenvp.2015.10.003 Menegaki, Angeliki N., Mellon, Robert C., Vrentzou, Anna., Koumakis, George., e Tsagarakis, Konstantinos P. (2009). What’s in a name: Framing treated wastewater as recycled water increases willingness to use and willingness to pay. Journal of Economic Psychology, 30(3), 285-292. https://doi.org/10.1016/j.joep.2008.08.007 Meteogalicia. (2022). Informe climatolóxico ano 2022 [Informe]. https://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/clima/informes/estacions/anuais/2022_e s.pdf Moya-Fernández, Pablo., López-Ruiz, Samara., Guardiola, Jorge., e González-Gómez, Francisco. (2021). Determinants of the acceptance of domestic use of recycled water by use type. Sustainable Production and Consumption, 27, 575-586. https://doi.org/10.1016/j.spc.2021.01.026 Nancarrow, Blair E., Leviston, Zoe., e Tucker, David I. (2009). Measuring the predictors of communities’ behavioural decisions for potable reuse of wastewater. Water Science and Technology, 60(12), 3199-3209. https://doi.org/10.2166/wst.2009.759
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 72 Nemeroff, Carol., Rozin, Paul., Haddad, Ben., e Slovic, Paul. (2020). Psychological barriers to urban recycled water acceptance: a review of relevant principles in decision psychology. International Journal of Water Resources Development, 36(6), 956-971. https://doi.org/10.1080/07900627.2020.1804841 Ngo, Chinh C., Poortvliet, P. Marijn., e Feindt, Peter H. (2020). Examining the Effectiveness of Climate Change Communication with Adolescents in Vietnam: The Role of Message Congruency. Water, 12(11), 3016. https://doi.org/10.3390/w12113016 Organización das Nacións Unidas. (s.d.). Objetivo 6: Garantizar la disponibilidad de auga y su gestión sostenible y el saneamiento para todos. Objetivos de Desarrollo Sostenible. https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/water-and-sanitation/ Organización das Nacións Unidas. (2019). Informe de los Objetivos de Desarrollo Sostenible [Informe]. https://unstats.un.org/sdgs/report/2019/The-Sustainable-Development-Goals- Report-2019_Spanish.pdf Organización das Nacións Unidas. (2021). Informe Mundial de las Naciones Unidas sobre el Desarrollo de los Recursos Hídricos 2021. El valor del agua [Informe]. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000378890 Ormerod, Kerri Jean., e Scott, Christopher A. (2012). Drinking Wastewater: Public Trust in Potable Reuse. Science, Technology, & Human Values, 38(3), 351-373. https://doi.org/10.1177/0162243912444736 Po, M. (2005). Predicting community behaviour in relation to wastewater reuse: What drives decisions to accept or reject? CSIRO Land and Water.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 73 Po, Murni., Kaercher, Juliane., e Nancarrow, Blair. (2003). Literature review of factors influencing public perceptions of water reuse. CSIRO Land and Water. https://doi.org/10.4225/08/5867f411b42b6 Po, Murni, Nancarrow, Blair E., Leviston, Zoe, Porter, Natasha B., Syme, Geoffrey J., e Kaercher, Juliane D. (2005). Predicting community behaviour in relation to wastewater reuse: What drives decisions to accept or reject? CSIRO Land and Water Qadir, Manzoor., Drechsel, Pay., Jiménez Cisneros, Blanca., Kim, Younggy., Pramanik, Amit., Mehta, Praem., e Olaniyan, Oluwabusola. (2020). Global and regional potential of wastewater as a water, nutrient and energy source. Natural Resources Forum, 44(1), 40-51. https://doi.org/10.1111/1477-8947.12187 Rainear, Adam. M., e Christensen, John. L. (2017). Protection Motivation Theory as an Explanatory Framework for Proenvironmental Behavioral Intentions. Communication Research Reports, 34(3), 239-248. https://doi.org/10.1080/08824096.2017.1286472 Rogers, Ronald W. (1975). A Protection Motivation Theory of Fear Appeals and Attitude Change. The Journal of Psychology, 91(1), 93-114. https://doi.org/10.1080/00223980.1975.9915803 Rogers, Ronald W. (1983). Cognitive and physiological processes in fear appeals and attitude change: A revised theory of protection motivation. En John T. Cacciopo e Richard E. Petty (Eds.), Social Psychophysiology: A Sourcebook (pp. 153-177). Guilford. Ross, Victoria. (2005). The Determinants of Trust and Satisfaction with Drinking Water Quality. CSIRO Australian Research Centre for Water in Society. https://doi.org/10.4225/08/586be838ce07c
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 80 Índice de táboas Táboa 1. Coeficientes α de Cronbach para cada unha das Variables e Ítems de Exemplo.....34 Táboa 2. Descritivos das Variables.........................................................................................38 Táboa 3. Correlacións de Pearson entre as Variables..............................................................39 Táboa 4. Resultados da Regresión Múltiple para a Aceptación de Usos de Baixo Contacto...................................................................................................................................40 Táboa 5. Resultados da Regresión Múltiple para a Aceptación de Usos de Alto Contacto...................................................................................................................................41 Táboa 6. Índices de Axuste de Ambos Modelos.....................................................................43 Táboa 7. Exemplos de Intervencións e Liñas de Intervención Implicadas.............................56
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 81 Anexos
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 82 Anexo 1. Aprobación do comité de bioética.
Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxico-consecuencialista Laura Docampo López 83 Anexo 2. Consentimento informado. A Universidade de Santiago de Compostela está a realizar un estudo en liña sobre a dispoñibilidade de auga e os usos que facemos dela. Esta investigación forma parte do proxecto de investigación "Proxecto Innovaugas 4" e está dirixido polo Catedrático José Manuel Sabucedo Cameselle. Como este é un cuestionario de opinións, non hai respostas correctas ou incorrectas. As súas respostas son anónimas e serán utilizadas para fins estritamente académicos respectando a lexislación vixente1. Para que este traballo sexa útil para o coñecemento científico necesitamos que responda coa máxima sinceridade. Por iso pedímoslle que responda a esta enquisa nun lugar tranquilo e que non consulte as súas respostas con ninguén. Completar este cuestionario levaralle aproximadamente 15 minutos. Participar é voluntario e pode abandonar a tarefa en calquera momento pechando o navegador, sen que iso supoña ningún prexuízo nin medida na súa contra. Enviando unha mensaxe a esta dirección de correo “
[email protected]” ten dereito a solicitar información sobre este estudo2. Se responde ao cuestionario dende un teléfono móbil, recomendámoslle que utilice a posición horizontal da pantalla do seu dispositivo. Moitas grazas por participar nesta investigación e por responder coa máxima honestidade. 1De conformidade coa Lei de Protección de Datos e Garantías dos Dereitos Dixitais e co Regulamento UE 2016/679, os datos solicitados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de xestión dos datos de investigación, cuxa finalidade é a xestión dos datos das investigacións en actividades científicas, históricas, culturais e lingüísticas para crear resultados de investigación con fins científicos. O responsable do tratamento é o Vicerreitorado de Investigación e Innovación, cuxos datos de contacto son: Edificio CACTUS, 1ª Planta, 15782 Santiago de Compostela,
[email protected] O delegado de Protección de Datos é D. José Julio Fernández Rodríguez, [email protected] A base de xustificación do tratamento e o consentimento das persoas interesadas. Salvo previsión legal os datos non serán transferidos. As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede electrónica da USC https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar as reclamacións que consideren oportunas. Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recolleitos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar na web http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html Se non se proporcionan os datos requiridos e as autorizacións para o seu tratamento, a solicitude non poderá ser tramitada. 2Pode solicitar o seguinte: consultar o proceso de conservación da súa información unha vez finalizado o estudo; solicitar a anonimización ou destrución da súa información; coñecer os resultados xerais da investigación. Quere continuar? Pulse seguinte tras responder á pregunta. (Ao responder e enviar o cuestionario outorga o consentimento informado de participar neste estudo). ☐ Non ☐ Si