Resolución da Secretaría Xeral do 26-11-2019 pola que se autoriza a modificación do calendario académico do Grao en Farmacia da Facultade de Farmacia. Curso académico 2019-2020
Full text
O calendario escolar 2019/2020 aprobado polo Consello de Goberno o 29 de marzo de 2019 establece que o calendario será único para os estudos adaptados ao EEES. Non obstante, no apartado 5 establece que cada centro, en función das súas características e/ou circunstancias, poderá propoñer unha adaptación deste calendario que terá que ser autorizada pola Secretaría Xeral. Recibida a solicitude de cambio da Facultade de Farmacia, esta Secretaria Xeral resolve: Autoriza a realizar os seguintes cambios no calendario académico para o Grao en Farmacia: - Materia G2081524 Prácticas Tuteladas: Primeiro período de apertura de actas: do 14/02/2020 ao 18/02/2020 Segundo período de apertura de actas: do 17/07/2019 ao 21/07/2019 - Materia G2081525 Traballo de Fin de Grao: Segundo período de defensa, ampliar ata o 24/07/2020 Segundo período de actas, ampliar ata o 30/07/2020 Polo que se refiere ao prazo de entrega de TFG para a súa defensa no mes de setembro, non se entende procedente a ampliación do prazo previsto no calendario xa que non permite asegurar que a tramitación interna previa á defensa se poda realizar en tempo. A SECRETARIA XERAL Dulce María García Mella Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). DECANO DA FACULTADE DE FARMACIA, RESPONSABLE DA UNIDADE DE APOPIO Á XESTION DE CENTROS E DEPARTAMENTOS, VICERREITORA DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA, VICERREITOR DE PROFESORADO, VICERREITORA DE TITULACIÓNS, XEFE DO SERVIZO DE XESTIÓN DE OFERTA E PROGRAMACIÓN ACADÉMICA, XEFE DO SERVIZO DE XESTIÓN ACADÉMICA Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/76F7-E206-476C-8D0E Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 76F7-E206-476C-8D0E 1 / 2
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/11/2019 18:35:00. CSV: 76F7-E206-476C-8D0E Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/76F7-E206-476C-8D0E Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 76F7-E206-476C-8D0E 2 / 2