Full text
Ciencias da Saúde SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA MATERIA Enfermidades Parasitarias II TITULACIÓN Veterinaria unidade didáctica 2 Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase Pablo Díez Baños e Pablo Díaz Fernández Patoloxía Animal Facultade de Veterinaria de Lugo
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño e maquetación J. M. Gairí Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela ISBN 978-84-15876-47-2 Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 2 ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 3 UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 3 MATERIA:EnfermidadesparasitariasII TITULACIÓN:Veterinaria PROGRAMAXERALDOCURSO Localizacióndapresenteunidadedidáctica BLOQUETEMÁTICOI.PROTOZOOSES UnidadeI.Leishmaniosecanina UnidadeII.Tricomonosebovinaeaviar,HistomonoseeXiardíase UnidadeIII.CoccidiosedeavesemamíferoseCriptosporidiose UnidadeIV.Toxoplasmose,NeosporoseeSarcocistose UnidadeV.Babesiosedecánidos,ruminanteseéquidoseTheileriose BLOQUETEMÁTICOII.ARTROPODOSES Unidade VI. Sarnas sarcóptica, psoróptica e corióptica dos animais domésticos. Demodicose UnidadeVII.Parasitaciónporcarrachas(IxodidoseeArgasidose),pulgasepiollos UnidadeVIII.Miasesdosanimaisderenda(gasterophilose,oestrose,hipodermose emiasestraumáticas) BLOQUETEMÁTICOIII.OUTRASPARASITOSES UnidadeIX.Enfermidadesparasitariasdasabellas UnidadeX.Enfermidadesparasitariasdospeixes ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 4 ÍNDICE Presentación Os obxectivos Os principios metodolóxicos Os contidos básicos 1. Tricomonose 1.1. Tricomonose bovina 1.1.1. Factores de risco 1.1.2. Patoxenia 1.1.3. Signos clínicos e lesións 1.1.4.Diagnóstico 1.1.5. Prevención e control 1.2. Tricomonose aviaria 2. Histomonose 3. Hexamitose 4. Xiardíase 4.1. Patoxenia 4.2. Cadro clínico e lesional 4.3.Diagnóstico 4.4. Tratamento 4.5.Controleprofilaxe Actividades propostas Avaliación da UD Bibliografía
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 5 UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 7 PRESENTACIÓN Estaunidadedidácticadenominada“Tricomonosebovinaeaviar,Histomonosee Xiardíase”formapartedamateriaEnfermidadesparasitariasIIqueseimparteno primeirosemestredo4ºcursodoGraoenVeterinaria.Estamateriaconstade3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses. Cada unha delasestácompostaporvariasunidadesdidácticas. DosgruposdefinidosnoLibroBrancoparaoTítulodeGraoenVeterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación» (ANECA), as materias enfermidades parasitarias I e II forman parte do grupo de sanidadeanimaleestánmoirelacionadascoasmateriasqueintegranestegrupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidades infecciosas, medicina preventiva e policíasanitaria,ezoonosesesaúdepública. Oscontidosdestaunidadedidácticavandirixidosaestudantesde4ºcurso doGraoenVeterinariaconcoñecementospreviosdeenfermidadesparasitariasI, parasitoloxía,epidemioloxía,bioloxíaanimal,microbioloxía,inmunoloxía,citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxía xeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía, farmacia e terapéutica, e serán impartidos en dúassesións de docencia teórica, unha de prácticas clínicolaboratoriaiseunhadeseminarios. Aformaciónqueosalumnosadquirensobreadisciplinadeenfermidades parasitarias achega aoprofesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamentoemedidasdeprevenciónecontroldosprincipaisprocesosparasitarios queafectanósanimais,tantodeformaindividualcomocolectiva,eespecialmente, nesteúltimocaso,postoqueasenfermidadesparasitariasestánentreosprocesos patolóxicosmáiscomúnsdascolectividadesanimais.Asímesmo,oscoñecementos adquiridos no estudodeEnfermidadesparasitariassonbásicosparacontrolaras afeccións que se transmiten dos animais aohome (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade AnimaleSaúdePúblicaVeterinariaqueaadministracióndebeelaborareimplantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana. OSOBXECTIVOS Xeraisdamateria: • obxectivo1.Coñecerosconceptosbásicoseaterminoloxíacientífica queseempreganasprotozooseseartropodoses; • obxectivo2.Coñecerosmecanismospatóxenoseidentificarossignos clínicos e as lesións das principais protozooses e artropodoses dos animais; establecer as diagnoses diferenciais baseándose nos datos recollidosnaanamnese,naexploraciónfísicaregradadoanimalenos ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 6 8 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase factores epidemiolóxicos que inflúen na enfermidade e nos resultados de laboratorio, obxectivo 3. Identificar os factores de risco asociados á aparición de parasitoses no animal ou no colectivo, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade; obxectivo 4. Decidir en función do cadro clínico qué tipo de mostras teñen que tomarse e como debe facerse. Remitir de forma adecuada as mostras ó laboratorio e os seus correspondentes informes; obxectivo 5. Aplicar as normas de bioseguridade básicas na toma de mostras sospeitosas e a súa manipulación, tanto en condicións de campo como na sala de necropsias, matadoiros e no laboratorio, obxectivo 6. Coñecer, seleccionar e prescribir tratamentos e, no seu caso, vacinas necesarias para a loita antiparasitaria, tendo en conta as interaccións, contraindicacións e efectos secundarios dos diferentes protocolos terapéuticos; obxectivo 7. Deseñar estudos epidemiolóxicos e programas sanitarios fronte as principais enfermidades parasitarias. Os obxectivos específicos da unidade docente son: obxectivo 1. Coñecer os mecanismos patóxenos dos principais protozoos flaxelados que afectan aos animais domésticos; obxectivo 2. Identificar os signos clínicos e as lesións das infestacións por estes parasitos; obxectivo 3. Coñecer os factores de risco asociados á aparición destas parasitacións e as principais medidas de control; obxectivo 4. Coñecer as técnicas de laboratorio que se empregan no diagnóstico das infestacións por estes protozoos; obxectivo 5. Valorar a repercusión negativa que teñen a tricomonose, histomonose e xiardíase sobre os parámetros produtivos e sanitarios dos colectivos animais, considerando os aspectos económicos e de benestar animal; obxectivo 6. Saber previr, controlar e erradicar os procesos causados por estes endoparasitos nos animais de compañía. Os obxectivos específicos 1 e 2 encádranse no obxectivo xeral 2 da materia enfermidades parasitarias, os obxectivos 3 e 4 encádranse nos obxectivos xerais 3 e 4, respectivamente. O obxectivo 6 relaciónase cos obxectivos xerais 6 e 7. ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 7 UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 9 OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS Os contidos da unidade didáctica impartiranse mediante: Clases teóricas: leccións maxistrais de tipo expositivo-interrogativo que, debido ó seu carácter obrigatorio, se desenvolverán na aula a un grupo completo, cunha duración aproximada de 50 minutos. As clases desenvolveranse en base a presentacións multimedia e abordarán os contidos desta unidade didáctica: proxectaranse contidos orixinais escritos e material gráfico. O alumno terá acceso a un resumo impreso de ditos temas a través do campus virtual. Prácticas clínico-laboratoriais: os contidos prácticos desta unidade desenvolveranse nunha sesión práctica de tres horas de duración nas que entre outras cousas, os alumnos terán oportunidade de aprender as principais técnicas de diagnose, interpretación de resultados, elaboración de informes e pautas de control das infeccións por protozoos flaxelados. Son tamén de carácter obrigatorio, e o alumno deberá presentar unha memoria das prácticas realizadas que se comentará persoalmente cos profesores encargados, antes da avaliación final do alumno. Seminarios: para esta unidade proporanse 1 ou 2 traballos que estarán supervisados directamente por un profesor da materia sobre distintos aspectos de especial interese ou actualidade relacionados con estes parasitos. Os traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de como máximo tres alumnos. Deben entregar o traballo por escrito e, posteriormente, expoñelo ó resto dos seus compañeiros. Titorías: nas titorías os alumnos terán a oportunidade de resolver e consultar todas as dúbidas xurdidas durante a elaboración dos traballos así coma nas sesións teóricas ou prácticas. Ademais, os alumnos disporán dun servizo de titorías virtuais para formular preguntas ou realizar comentarios acerca dos temas impartidos. OS CONTIDOS BÁSICOS 1. Tricomonose 1.1. Tricomonose bovina A tricomonose bovina é unha enfermidade de transmisión sexual de distribución mundial causada polo protozoo flaxelado Tritrichomonas foetus. Considérase unha das máis importantes causas de fallo reprodutivo temperán en gando bovino de carne manexado en extensivo. No macho, o parasito localízase ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 8 10 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase principalmente nas criptas prepuciais, e no tracto xenital nas femias, transmitíndose de xeito mecánico durante o coito. O macho actúa como portador asintomático durante longos períodos de tempo (probablemente durante toda a súa vida), mentres que as femias, que eliminan o parasito 1-5 meses despois da infección, sofren as consecuencias negativas, é dicir, aborto, morte embrionaria temperá ou infertilidade temporal. A tricomonose bovina é aínda moi común onde o gando se mantén baixo un sistema de manexo tradicional. En Europa, a aplicación da técnica de inseminación artificial e de programas de control eficaces reduciron a súa incidencia en tal medida que se considerou como case erradicada. Non obstante, nos últimos anos denunciouse un incremento do número de rabaños afectados, principalmente aqueles que se manexan en extensivo, en pastos comunais e onde se practica a monta natural. 1.1.1. Factores de risco Idade do macho: o epitelio das criptas prepuciais prégase e faise máis profundo coa idade, o que favorece o desenvolvemento e implantación do parasito. Por iso, os touros de máis de tres anos posúen unha maior probabilidade de permanecer como portadores asintomáticos durante longos períodos de tempo. Raza: algúns autores sinalaron maiores prevalencias en touros da especie Bos taurus que en touros Bos indicus. Realizar exames intravaxinais en varias vacas empregando a mesma luva ou levar a cabo unha inseminación artificial con seme contaminado. Débese sinalar que a taxa de transmisión de machos a femias depende da dose infectante, e pode variar entre un 30% e un 70%. Prácticas de manexo: emprego de sementais compartidos e pastos comunais, non respectar un período de corentena nin realizar probas diagnósticas naqueles animais de nova adquisición. 1.1.2. Patoxenia Actualmente os mecanismos patóxenos do parasito aínda se descoñecen, pero poderían deberse a: Unha acción mecánica directa. Certas encimas segregadas polo parasito. Alteración do medio uterino tras a resposta inflamatoria do hospedeiro. Citotoxicidade mediada por citocinas. ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 9 UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 11 1.1.3. Síntomas e lesións No macho: T. foetus localízase na superficie da mucosa do prepucio e pene, nas secrecións e na uretra distal, posto que non posúe a capacidade de invadir o epitelio. Por iso a resposta inflamatoria é escasa e caracterizada por un infiltrado moderado de neutrófilos, macrófagos e linfocitos no subepitelio do pene e prepucio. Non se observa unha redución da calidade do seme nin outros signos clínicos; por todo iso os machos permanecen como portadores asintomáticos durante períodos prolongados, ás veces durante toda a vida do animal. Na femia: O protozoo pódese localizar en todo o aparato xenital, concentrándose no colo do útero e no moco cérvico-vaxinal. O proceso adoita ser autolimitante; o animal elimina o parasito 1-5 meses despois a infección, aínda que permanece sensible a futuras reinfeccións. Cabe sinalar que un 1% pode permanecer como portador durante máis dunha xestación. Aínda que hai femias que non mostran ningún tipo de sintomatoloxía clínica, a infección pode causar trastornos reprodutivos, entre os que se encontran: Infertilidade temporal, cando o embrión se perde ao inicio da xestación (xeralmente aos 50-70 días), sen que o animal mostre signos clínicos. Por iso, o que o gandeiro aprecia é que a femia non queda preñada tras múltiples cubricións. Expulsión do feto, ás veces momificado, aínda que é menos frecuente; retención de placenta. Nestes casos adoita haber un vaxinite, cervicite e/ou endometrite moderada, ás veces acompañada, de descarga vulvovaxinal mucosa ou mucopurulenta Piómetra en menos do 10% dos casos 1.1.4. Diagnóstico O diagnóstico clínico é pouco útil, posto que a maioría dos animais infectados non mostran sintomatoloxía clínica, ou esta é moderada e pouco específica. A nivel de rabaño pódese apreciar un descenso da fertilidade, caracterizado por un incremento do número de vacas repetidoras e do período entre partos e unha redución no número de xestacións. Tamén aparecen de xeito ocasional abortos e casos de piómetra. O diagnóstico parasitolóxico baséase na observación do parasito directamente ou tras realizar un cultivo. Recoméndase recoller mostras dos machos debido a que o parasito persiste nestes animais por tempos prolongados. Así, a mostra de elección é esmegma prepucial recollida mediante raspado ou aspiración; obtéñense mellores resultados se se respectan 1-2 semanas de repouso sexual, pois se incrementa o número de parasitos. Existen multitude de problemas asociados á recollida de mostras, medio de cultivo, temperatura de almacenamento e tempo transcorrido ata o seu procesado que dificultan o UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 11 1.1.3. Síntomas e lesións No macho: T. foetus localízase na superficie da mucosa do prepucio e pene, nas secrecións e na uretra distal, posto que non posúe a capacidade de invadir o epitelio. Por iso a resposta inflamatoria é escasa e caracterizada por un infiltrado moderado de neutrófilos, macrófagos e linfocitos no subepitelio do pene e prepucio. Non se observa unha redución da calidade do seme nin outros signos clínicos; por todo iso os machos permanecen como portadores asintomáticos durante períodos prolongados, ás veces durante toda a vida do animal. Na femia: O protozoo pódese localizar en todo o aparato xenital, concentrándose no colo do útero e no moco cérvico-vaxinal. O proceso adoita ser autolimitante; o animal elimina o parasito 1-5 meses despois a infección, aínda que permanece sensible a futuras reinfeccións. Cabe sinalar que un 1% pode permanecer como portador durante máis dunha xestación. Aínda que hai femias que non mostran ningún tipo de sintomatoloxía clínica, a infección pode causar trastornos reprodutivos, entre os que se encontran: Infertilidade temporal, cando o embrión se perde ao inicio da xestación (xeralmente aos 50-70 días), sen que o animal mostre signos clínicos. Por iso, o que o gandeiro aprecia é que a femia non queda preñada tras múltiples cubricións. Expulsión do feto, ás veces momificado, aínda que é menos frecuente; retención de placenta. Nestes casos adoita haber un vaxinite, cervicite e/ou endometrite moderada, ás veces acompañada, de descarga vulvovaxinal mucosa ou mucopurulenta Piómetra en menos do 10% dos casos 1.1.4. Diagnóstico O diagnóstico clínico é pouco útil, posto que a maioría dos animais infectados non mostran sintomatoloxía clínica, ou esta é moderada e pouco específica. A nivel de rabaño pódese apreciar un descenso da fertilidade, caracterizado por un incremento do número de vacas repetidoras e do período entre partos e unha redución no número de xestacións. Tamén aparecen de xeito ocasional abortos e casos de piómetra. O diagnóstico parasitolóxico baséase na observación do parasito directamente ou tras realizar un cultivo. Recoméndase recoller mostras dos machos debido a que o parasito persiste nestes animais por tempos prolongados. Así, a mostra de elección é esmegma prepucial recollida mediante raspado ou aspiración; obtéñense mellores resultados se se respectan 1-2 semanas de repouso sexual, pois se incrementa o número de parasitos. Existen multitude de problemas asociados á recollida de mostras, medio de cultivo, temperatura de almacenamento e tempo transcorrido ata o seu procesado que dificultan o ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 16 18 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase eliminación de feces de consistencia normal. Tamén se pode apreciar distensión e dor abdominal, e ocasionalmente náuseas e vómitos. Os animais afectados poden mostrar anorexia, atraso no crecemento, pelo sen brillo, deshidratación, fatiga ou febre. Os signos clínicos do proceso poden quedar enmascarados ou agravarse debido á concomitancia con outras infeccións víricas ou bacterianas. De todos os xeitos, débese recordar que unha elevada porcentaxe de animais infectados non mostran ningunha sintomatoloxía, e por iso denomínanse reservorios ou portadores. Na necropsia pódese apreciar enterite mucoide con acurtamento e destrución de microvilosidades e infiltración de células inflamatorias. 4.3. Diagnóstico O diagnóstico clínico é difícil e orientativo, xa que o cadro clínico dun animal con xiardíase é similar ao orixinado por outros enteropatóxenos. Por iso, para alcanzar un diagnóstico atinado, é imprescindible acudir ao laboratorio. Existen diferentes técnicas para a detección de Giardia: a) Coproloxía: baséase na observación de quistes e trofozoítos en feces. Ás veces resulta complicado posto que a identificación do parasito non sempre é doada; ademais a eliminación é intermitente e existe unha elevada porcentaxe de animais asintomáticos. Pódense realizar dúas técnicas: • Extensión ou suspensión das feces en soro salino: esta técnica pode usarse para avaliar a presenza de trofozoítos, a forma activa e móbil do parasito con forma de bágoa, que pode encontrarse en feces diarreicas acabadas de eliminar. Débese ter en conta que esta forma só sobrevive durante un curto período de tempo fóra do seu hospedeiro, polo que se recomenda realizar esta técnica nos 30 minutos seguintes á obtención das feces. O emprego de feces refrixeradas ou recollidas varias horas antes do seu exame microscópico conterá trofozoítos mortos e resultará negativa. Para realizar este método recoméndase tomar unha mostra da superficie das feces ou da zona que conteña moco, xa que os trofozoítos son máis comúns nestas áreas. Pódese engadir Lugol ou azul de metileno á mostra para favorecer a visualización das estruturas internas do parasito. • A concentración mediante flotación en Sulfato de Cinc (ρ=1,18) ou en sacarosa (ρ =1,27) é unha técnica moi axeitada para demostrar a presenza de quistes do protozoo, elipsoidais e moi resistentes no ambiente. A solución de sulfato de Cinc altera en menor medida a morfoloxía do quiste. Pódese engadir unha gota de Lugol para tinguir as organelas ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 17 UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 19 internas do parasito, facilitando a súa identificación. Varios estudos sinalaron no can unha eliminación media de 700-2000 quistes por gramo. Debido a que a excreción fecal de quistes é esporádica, a sensibilidade deste método é relativamente baixa cando se analiza unha única mostra, pero increméntase ata o 90% se se repite a análise durante tres días alternos (3 mostras en 5 días). b) A inmunofluorescencia directa mostra uns excelentes parámetros de rendemento diagnóstico, cunha sensibilidade do 100% e unha especificidade do 99,8%. Por esta razón, varios investigadores considérano como o método de referencia para identificar o protozoo en feces de animais de compañía. c) Dentro do diagnóstico inmunolóxico, as técnicas que detectan antíxenos en feces (coproantíxenos) son os máis empregados na actualidade. Adoitan ser de doado emprego e mostran unha baixa porcentaxe de falsos positivos e negativos (aproximadamente un 2%). Non obstante, estas técnicas deben ser complementarias e nunca deberían substituír ás técnicas microscópicas (extensión e flotación). A detección de anticorpos en soro (ELISA, IFI,…) non son moi comúns debido á súa persistencia e á presenza de reaccións cruzadas. d) As técnicas de PCR permiten amplificar o ADN de Giardia en mostras fecais, permitindo coñecer a especie implicada e o seu potencial zoonótico. e) Mediante endoscopia pódese realizar unha aspiración directa do contido do duodeno, que se procesará polas técnicas antes citadas. 4.4. Tratamento Considerando o potencial zoonótico do protozoo, no caso de que se identifique Giardia nun exame fecal, tanto se o animal manifesta sintomatoloxía clínica coma se é asintomático, débese aplicar un tratamento (táboa 2). O metronidazol é o fármaco máis empregado no control da xiardíase, aínda que varios autores sinalaron que a súa eficacia sobre o parasito é reducida (50-70%). Por iso é recomendable utilizar o fenbendazol á dose indicada durante 5 días como primeira opción. A combinación de fenbendazol e metronidazol administrada durante 5 días parece ser máis eficaz na redución dos signos clínicos e da eliminación de quistes, aínda que algúns clínicos só o recomendan cando a aplicación dun destes dous fármacos individualmente non logra suprimir a infección polo parasito. De todos os xeitos, é importante recordar que a infección con Giardia non induce unha resposta inmunitaria permanente, polo que unha reinfección podería confundirse cunha infección resistente ao tratamento. UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 19 internas do parasito, facilitando a súa identificación. Varios estudos sinalaron no can unha eliminación media de 700-2000 quistes por gramo. Debido a que a excreción fecal de quistes é esporádica, a sensibilidade deste método é relativamente baixa cando se analiza unha única mostra, pero increméntase ata o 90% se se repite a análise durante tres días alternos (3 mostras en 5 días). b) A inmunofluorescencia directa mostra uns excelentes parámetros de rendemento diagnóstico, cunha sensibilidade do 100% e unha especificidade do 99,8%. Por esta razón, varios investigadores considérano como o método de referencia para identificar o protozoo en feces de animais de compañía. c) Dentro do diagnóstico inmunolóxico, as técnicas que detectan antíxenos en feces (coproantíxenos) son os máis empregados na actualidade. Adoitan ser de doado emprego e mostran unha baixa porcentaxe de falsos positivos e negativos (aproximadamente un 2%). Non obstante, estas técnicas deben ser complementarias e nunca deberían substituír ás técnicas microscópicas (extensión e flotación). A detección de anticorpos en soro (ELISA, IFI,…) non son moi comúns debido á súa persistencia e á presenza de reaccións cruzadas. d) As técnicas de PCR permiten amplificar o ADN de Giardia en mostras fecais, permitindo coñecer a especie implicada e o seu potencial zoonótico. e) Mediante endoscopia pódese realizar unha aspiración directa do contido do duodeno, que se procesará polas técnicas antes citadas. 4.4. Tratamento Considerando o potencial zoonótico do protozoo, no caso de que se identifique Giardia nun exame fecal, tanto se o animal manifesta sintomatoloxía clínica coma se é asintomático, débese aplicar un tratamento (táboa 2). O metronidazol é o fármaco máis empregado no control da xiardíase, aínda que varios autores sinalaron que a súa eficacia sobre o parasito é reducida (50-70%). Por iso é recomendable utilizar o fenbendazol á dose indicada durante 5 días como primeira opción. A combinación de fenbendazol e metronidazol administrada durante 5 días parece ser máis eficaz na redución dos signos clínicos e da eliminación de quistes, aínda que algúns clínicos só o recomendan cando a aplicación dun destes dous fármacos individualmente non logra suprimir a infección polo parasito. De todos os xeitos, é importante recordar que a infección con Giardia non induce unha resposta inmunitaria permanente, polo que unha reinfección podería confundirse cunha infección resistente ao tratamento. ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 18 20‐UNIDADEDIDÁCTICAII.Tricomonose,HistomonoseeXiardíase FÁRMACODOSEVANTAXESINCONVENIENTES Metronidazol15‐25mg/kpv 12‐24h;5‐7 días Actividade bactericidae antiinflamatoria ♦TóxicodoSNC: vómitos,anorexia ♦Resistencias ♦Posibleefecto teratóxeno Tinidazol44 mg/kpv/24h 76d. IdemIdem Ipronidazol126mg/lauga bebida Adlibitum7d Furazolidona4mg/kpv/12h; 7‐10d. ♦Efectossecundarios: vómitosediarrea ♦Efectomutaxénicoe carcinoxénico Fenbendazol50 mg/kpv/24h; 3‐5d. Usoaprobadoen cans Eficazfrontea nematodose cestodos ♦Máiseficazqueo metronidazolencans ♦Nonavaliadoen felinos Albendazol25mg/kpv/ 12h; 2d. 50vecesmáis efectivoqueo metronidazol ♦Posibleefecto teratóxeno ♦Usononaprobado encarnívoros Oxfendazol11,3mg/kg nunhaoudúas doses Moieficaz experimentalmente Nontóxico Febantel15mg/kg/24h 3días Comercializado xuntoa prazicuantele pirantel Quinacrina9mg/Kg/24h; 6dCan 11mg/kg/24h; 12dGato ♦Noneliminaa infecciónengatos ♦Provocaanorexia, letarxiaefebre Táboa2.Fármacosrecomendadosparaotratamentodaxiardíase ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 19 UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase - 21 A subministración de axudas con alto contido en fibra pode reducir os signos clínicos de xiardíaseen cans, debido a que impiden que os protozoos contactencoasmicrovilosidadesediminúenosobrecrecementobacteriano. 4.5.Controleprofilaxe OxeitomáiseficazdeprevirainfecciónporGiardiaéevitarainxestiónde quistesqueseencontrannoambiente,medianteaadopcióndemedidashixiénicas. Estasformasde parasito son moiresistentes nomedio,manténdose infectantes máis de dous meses cando as condicións de temperatura e humidade son adecuadas.Ademais,acloracióndaaugadebebidanonécompletamenteeficazna eliminacióndasformasderesistenciadoprotozoo.Oparasitopódeseinactivarnas superficiescontaminadasmedianteaaplicacióndevaporoudesinfectantesabase decompostosdeamoniocuaternario;ofervidodaaugadebebidataméneliminao parasito. Taménsedebendetectaretratarseosanimaisenfermosoantesposible parareduciracontaminaciónambiental.Aaplicacióndebañosrecoméndasepara eliminarosposiblesrestosfecaisequistesquepoidanquedaradheridosápelaxe do animal. Finalmente, as feces dos animais deben recollerse diariamente e eliminarsedeformacorrecta. ACTIVIDADESPROPOSTAS Oalumnodebeasistirásclasesteóricase,ademais,debecompletaromaterialque sellefacilitanocampusvirtualcoasanotaciónstomadasnaclaseeabibliografía recomendada. É aconsellable que os alumnos elaboren esquemas de cada unha destasprotozooses,parafixa‐losconceptosmáisimportantesdecadaunhadelas. Recoméndasequeoalumnadoelaborecadrossinópticosqueinclúanosprincipais signosclínicosetratamentosdasinfecciónsporestesprotozoosflaxelados. O alumno debe asistir e participar activamente nas clases prácticas e realizar unha memoria que entregará cando se presente ao exame práctico. Na memoriaquedaránrecollidastodasasactividadesdesenvolvidaspoloalumnoen cadaprácticaedebencompletalascoabibliografíadeconsulta. Aclaseprácticaconsistiránunhapequenaexposiciónnaqueseintroducirá o tema e se tratarán os aspectos que se desenvolverán durante a sesión. O alumnadoaprenderáarecollerasmostrasmáisaxeitadas,erealizaráastécnicas máiscomúnsparaaidentificacióndestesparasitos. Todos os alumnos deben asistir á exposición oral dos seminarios. Os alumnos encargados da elaboración do seminario deben presentalo por escrito; unhavezcorrixidopoloprofesor,debenprepararaexposiciónoral. Algúnsdostemassuxeridosversaránsobreaimportanciadatricomonosebovinae dahistomonosecomoenfermidadesemerxentes,eosavancesnodiagnósticoda xiardíasenosanimaisdomésticoseasúarelacióncoaSaúdePública. ÍNDICE
Unidade didáctica 2Tricomonose bovina e aviar, Histomonose e Xiardíase 20 22 - UNIDADE DIDÁCTICA II. Tricomonose, Histomonose e Xiardíase AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA Os contidos teóricos avaliaranse mediante un exame composto por 5- 8 preguntas de desenvolvemento, das cales unha podería corresponder a esta unidade didáctica. Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar o exame a nota mínima deberá ser 5 sobre 10. A avaliación das prácticas farase tendo en conta a asistencia así como a participación do alumno nas sesións prácticas e mediante unha proba oral na que se formularán dúas cuestións relacionadas coa unidade, asemade valorarase o caderno de prácticas. Tamén se terá en conta a comprensión dos procesos que se levan a cabo e do fundamento das técnicas utilizadas, a limpeza e a orde no traballo e o coidado do material de laboratorio e dos equipos empregados. BIBLIOGRAFÍA BOWMAN, Dwight D. (2011). Georgis Parasitología para veterinarios, Madrid: Elsevier España. CORDERO, Miguel e Francisco Antonio ROJO (coords.) (1999): Parasitología Veterinaria, Madrid: McGraw-Hill Interamericana. FOREYT, William J. (2001). Veterinary Parasitology Reference Manual, Ames, Iowa: Iowa State University Press. KAUFFMAN, Johannes (1996). Parasitic Infections of Domestic Animals, Basel: Virkhäuser Verlag. LEVINE, Norman D. (1985). Veterinary Protozoology, Ames, Iowa: Iowa State University Press. TAYLOR, Michael A., Robert L. COOP e Robert L. WALL (2013). Veterinary Parasitology, Oxford: Wiley-Blackwell. Recomendacións da Companion Animal Parasite Council para o tratamento da xiardíase: http://www.capcvet.org/capc-recommendations/giardia ÍNDICE
Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade VICERREITORÍA DE ESTUDANTES, CULTURA E FORMACIÓN CONTINUA